Full text
Traballo Fin de Grao Unha introdución á Regresión Modal Ramón Daniel Regueiro Espiño 2020/2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
GRAO DE MATEMÁTICAS Traballo Fin de Grao Unha introdución á Regresión Modal Ramón Daniel Regueiro Espiño Xullo 2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Traballo proposto Área de Coñecemento: Estatística e Investigación Operativa Título: Unha introdución á Regresión Modal Breve descrición do contido Nun contexto clásico, a función de regresión defínese como o valor esperado da variable resposta condicionada ao valor da variable explicativa. Asemade, o tratamento inferencial dos modelos de regresión adóitase facer baixo unha perspectiva paramétrica, xeralmente lineal. Non obstante, a media condicionada pode non resultar sempre axeitada para resumir a relación entre as variables, por exemplo cando a distribución da variable resposta condicionada á explicativa é asimétrica ou multimodal. Porén, nestes casos o estudo da moda ou modas condicionais pode supoñer unha mellor alternativa para modelar a relación entre as variables. Aínda que no escenario da regresión modal tanto o enfoque paramétrico como o non paramétrico son posibles, o modelado non paramétrico aparece de xeito máis natural, dado que a estimación da regresión modal se pode abordar mediante a maximización dun estimador flexible da densidade condicional, como pode ser o estimador tipo núcleo. Neste TFG presentarase unha introdución aos modelos de regresión modal non paramétricos, para o que resulta necesaria unha revisión previa da estimación non paramétrica da densidade. iii
Índice xeral Resumo vii Prefacio ix 1. Introdución: contexto da regresión modal 1 1.1. Introdución aos modelos de regresión en media . . . . . . . . . . . . . . . . 1 1.2. Algúns exemplos ilustrativos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4 1.3. Ilustración con datos reais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10 1.4. Conclusión e motivación do TFG . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12 2. Revisión da estimación tipo núcleo 13 2.1. Estimación tipo núcleo da densidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13 2.2. Estimación tipo núcleo da densidade condicional . . . . . . . . . . . . . . . 18 2.3. Selección da fiestra de suavizado . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21 3. Regresión modal non paramétrica 25 3.1. Introdución á regresión modal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25 3.2. Estimación mediante o algoritmo mean-shift .................. 27 3.3. Efecto dos parámetros de suavizado . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 32 3.4. Medidasdeerro.................................. 33 3.5. Selección de fiestras de suavizado . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 39 3.6. Estudodesimulación............................... 40 3.7. Ilustración con datos reais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 47 3.8. Conclusións.................................... 48 A. O algoritmo mean-shift como método de gradiente 51 Bibliografía 53 v
Resumo A regresión modal xorde como alternativa á regresión en media para tratar de modelar relacións entre variables nos casos nos que esta poida non ser adecuada, dado que a media condicional non é sempre unha medida resumo que representa fielmente a relación entre as mesmas. Este traballo ten como obxectivo presentar a regresión modal non paramétrica. Comezamos mostrando varias simulacións e un caso real onde a regresión en media paramétrica non é adecuada, para abordar así a estimación da densidade non paramétrica. Co fin de contextualizar a metodoloxía da regresión modal, farase unha análise da estimación tipo núcleo da densidade e da densidade condicional, destacando a forma de seleccionar unha fiestra de suavizado adecuada. Para isto, introduciranse varios criterios de erro e diferentes métodos de selección. Para concluír, desenvolverase a estimación modal non paramétrica. Para introducir a regresión modal, farase unha breve alusión ao modelo linear unimodal. Posteriormente, ilustrarase o principal algoritmo para a construción do modelo non paramétrico multimodal, o mean-shift. A continuación, describiranse varias medidas de erro, as cales deben definirse para conxuntos no canto de puntos, coa idea de poder facer unha selección adecuada das fiestras. Mostraranse dous métodos de selección do ancho de banda cuxa idea xeral coincide co da estimación tipo núcleo. Finalmente, ilustrarase a regresión modal non paramétrica sobre os exemplos, simulados e real, onde a regresión en media paramétrica non era adecuada. Abstract Modal regression appears as an alternative to mean regression in order to try to model relationships between variables in cases where mean regression may not be adequate, since the conditional mean is not always a summary measure that faithfully represents the relationship between them. The aim of this work is to introduce nonparametric modal vii
4CAPÍTULO 1. INTRODUCIÓN: CONTEXTO DA REGRESIÓN MODAL e CA0= (X0X)−1X0A0= (X0X)−1(AX)0=0=AC0. Aplicando estas dúas igualdades na ecuación (1.1), temos que Var(b) = σ2(X0X)−1+σ2AA0=Var(ˆ β) + σ2AA0. Como os elementos da diagonal de AA0son positivos, ao ser a suma dos cadrados dos elementos de cada fila, verifícase que a varianza do estimador bconsiderado é estritamente maior que a do estimador de mínimos cadrados. Entón, o estimador obtido polo método de mínimos cadrados é óptimo. Fronte aos modelos paramétricos, que requiren de hipóteses relativamente fortes, encóntrase o modelo de regresión non paramétrico. Neste caso, as únicas hipóteses que se teñen que cumprir son a suavidade da función m, que se traduce na súa continuidade e na súa diferenciabilidade, e que a media condicional do erro sexa nula, Y=m(X) + ε, E(ε|X=x)=0. Nótese que este relaxamento de hipóteses lévanos a poder tratar un maior número de situacións, pero perdemos a posibilidade de empregar métodos tan eficientes como os da regresión paramétrica. 1.2. Algúns exemplos ilustrativos Procedemos a mostrar tres exemplos de simulacións, recollidas en [Zhou e Huang, 2019], onde un modelo de regresión en media non ten por que ser o adecuado para mostrar as relacións entre as variables explicativas e a variable resposta. Modelo C1: Este caso correspóndese co modelo: Y=X+X2−1 + ε, con ε∼Γ(α, β),(1.2) onde o erro non é simétrico. Simuláronse, co programa R, cincocentos datos do intervalo [−2,2] seguindo unha distribución X∼U(−2,2) e tomando como parámetros α= 3 e β= 2. Represéntanse tanto a densidade dos erros como o conxunto de datos simulados na Figura 1.1.
1.2. ALGÚNS EXEMPLOS ILUSTRATIVOS 5 Estimación Erro estándar Valor tPr(>|t|) Intercepto 0,4935 0,0594 8,31 9 ·10−16 x1,0205 0,0353 28,88 <2·10−16 x21,0032 0,0343 29,26 <2·10−16 Cadro 1.1: Estimacións dos coeficientes, erro estándar, estatístico de contraste para H0: β= 0 ep-valor asociado ao contraste do modelo polinómico de grao 2 de regresión en media para a simulación recollida na ecuación (1.2). 0246810 0.0 0.1 0.2 0.3 0.4 0.5 (a) -2 -1 012 02468 X Y (b) Figura 1.1: Gráfica da función de densidade dos erros do modelo recollido na ecuación (1.2) e nube de puntos dos datos da simulación e modelo paramétrico axustado asociado do Cadro 1.1. Visualmente, observando a Figura 1.1, parece que o modelo axustado, de regresión en media polinómico de grao 2, encaixa axeitadamente nos nosos datos. Ademais, a proporción da varianza explicada do modelo, o R2−axustado, é 0,788, o cal xeralmente sería bastante elevado. Non obstante, ao ser un modelo simulado, e tomar como modelo o baseado na nosa simulación, podemos considerar que non é o adecuado. Para comprobar isto, realizamos un test de normalidade aos residuos obtidos.
6CAPÍTULO 1. INTRODUCIÓN: CONTEXTO DA REGRESIÓN MODAL -2 024 0.0 0.1 0.2 0.3 0.4 (a) -3 -2 -1 0123 -1 012345 146 122 (b) Figura 1.2: Histograma dos residuos do modelo recollido no Cadro 1.1 e normalidade dos residuos do modelo recollido no Cadro 1.1. Como se pode ver na Figura 1.2, os residuos do modelo non verifican a hipótese de normalidade, é dicir, non teñen unha distribución normal. Cabe destacar que no histograma se intúe a forma asimétrica positiva da distribución Gamma, lembremos que a súa función de densidade asociada é f(x) = λ(λx)α−1e−λx Γ(α)para x > 0. Isto corrobórase ao aplicarlle un test Shapiro-Wilk3aos residuos do modelo axustado. O p-valor obtido é de 3,593 ·10−15, o cal implica que os residuos do modelo non seguen unha distribución normal a calquera nivel de significación dos empregados habitualmente. Relacionado co anterior, o p-valor de todos os coeficientes é o suficientemente pequeno para o contraste de significación, da orde de 10−16 ou inferior, como para poder afirmar que a un nivel de significación dos considerados habitualmente, todos os coeficientes serían significativos. Isto lévanos á conclusión de que si hai unha relación entre as variables, pero o modelo ˆy= 0,4935 + 1,0205 x+ 1,0032 x2, recollido no Cadro 1.1, non ten por que ser o adecuado. Cabe destacar o elevado valor do intercepto en comparación co verdadeiro, o cal tiña valor −1. Modelo C2: O modelo empregado neste caso é: Y=X+X2+εcon ε∼0,5·N(0,1) + 0,5·N(−6,1).(1.3) 3Este test estúdase na materia obrigatoria de 3ocurso de Inferencia Estatística.
1.2. ALGÚNS EXEMPLOS ILUSTRATIVOS 7 -10 -5 05 0.00 0.05 0.10 0.15 0.20 (a) -2 -1 012 -5 05 X Y (b) Figura 1.3: Gráfica da función de densidade dos erros do modelo recollido na ecuación (1.3) e nube de puntos dos datos da simulación e modelo paramétrico axustado asociado do Cadro 1.2. A diferenza da simulación anterior, o erro si é simétrico. Porén, é multimodal. A simulación realizouse nas mesmas condicións que no modelo anterior, cincocentos datos obtidos dunha distribución X∼U(−2,2). Ao igual que no caso anterior, axustouse un modelo polinómico de orde 2. Os resultados do axuste poden verse no Cadro 1.2. Estimación Erro estándar Valor tPr(>|t|) Intercepto −3,0680 0,2129 −14,41 <2·10−16 x0,8911 0,1254 7,11 4,13 ·10−12 x21,1305 0,1221 9,26 <2·10−16 Cadro 1.2: Estimacións dos coeficientes, erro estándar, estatístico de contraste para H0: β= 0 ep-valor asociado ao contraste do modelo de regresión en media para a simulación recollida na ecuación (1.3). Observando a Figura 1.3, podemos supoñer que o modelo de regresión en media obtido, ˆy=−3,0680 + 0,8911 x+ 1,1305 x2, non se adecúa axeitadamente aos nosos datos. Isto podémolo corroborar neste caso co pequeno valor do R2−axustado,0,2136. Cabe destacar que, visualmente, pola forma na que se distribúen os datos, pode intuírse que unha única curva non se amoldará axeitadamente a estes.
8CAPÍTULO 1. INTRODUCIÓN: CONTEXTO DA REGRESIÓN MODAL -2 -1 012 0.0 0.1 0.2 0.3 0.4 0.5 (a) -3 -2 -1 0123 -1.5 -1.0 -0.5 0.0 0.5 1.0 1.5 63 483 (b) Figura 1.4: Histograma dos residuos do modelo recollido no Cadro 1.2 e normalidade dos residuos do modelo recollido no Cadro 1.2. Na Figura 1.4 podemos ver que os residuos do modelo non verifican a hipótese de normalidade. Nótese que no histograma dos residuos se poden intuír as dúas modas, así como a distribución formada pola mestura de normais recollidas na ecuación (1.3). Ao igual que no exemplo anterior, o p-valor de todos os coeficientes, recollido no Cadro 1.2, permítenos afirmar que, cun nivel de significación habitual, todos os coeficientes son significativos. A pesar disto, o feito de que non é unha distribución normal corrobórase ao realizar un test Shapiro-Wilk sobre os residuos estandarizados do modelo asociado, obtendo un p-valor inferior a 2,2·10−16. En consecuencia, a distribución dos residuos do modelo non é normal e non podemos aplicar os resultados habituais de inferencia sobre o modelo. Modelo C4: Este modelo é unha extensión do caso anterior á situación onde o erro está xerado coa mestura de tres normais e con pesos diferentes. Así, o modelo empregado é: Y=X+X2+εcon ε∼0,5·(0,0,52)+0,3·N(−3,0,52)+0,2·N(−6,0,52).(1.4)
1.2. ALGÚNS EXEMPLOS ILUSTRATIVOS 9 -10 -5 05 0.00 0.05 0.10 0.15 0.20 (a) -2 -1 012 -6 -4 -2 0246 X Y (b) Figura 1.5: Gráfica da función de densidade dos erros do modelo recollido na ecuación (1.4) e nube de puntos dos datos da simulación e modelo paramétrico axustado asociado do Cadro 1.3. Unha vez feita a simulación, ao igual que nos outros dous modelos, de cincocentos datos dunha distribución X∼U(−2,2), obtemos os resultados mostrados no Cadro 1.3 ao axustar un modelo polinómico de orde 2. Estimación Erro estándar Valor tPr(>|t|) Intercepto −1,9767 0,1512 −13,07 <2·10−16 x0,9793 0,0860 11,38 <2·10−16 x20,9594 0,0832 11,54 <2·10−16 Cadro 1.3: Estimacións dos coeficientes, erro estándar, estatístico de contraste para H0: β= 0 ep-valor asociado ao contraste do modelo de regresión en media para a simulación recollida na ecuación (1.4). Ao seguir a mesma estrutura que o modelo C2, vemos que a análise que podemos facer do modelo é semellante. A estimación da regresión en media, recollida no Cadro 1.3, mediante o modelo ˆy= 1,9767 + 0,9793 x+ 0,9594 x2non é adecuada, como se mostra visualmente na Figura 1.5. Isto vese confirmado polo baixo valor do R2−axustado, 0,3415. En consecuencia, podemos concluír que o modelo non explica a meirande parte das observacións simuladas.
10 CAPÍTULO 1. INTRODUCIÓN: CONTEXTO DA REGRESIÓN MODAL -2 -1 012 0.0 0.1 0.2 0.3 0.4 0.5 0.6 (a) -3 -2 -1 0123 -2 -1 01 33 13 (b) Figura 1.6: Histograma dos residuos do modelo recollido no Cadro 1.3 e normalidade dos residuos do modelo recollido no Cadro 1.3. Ademais de non explicar a maior parte das observacións, e ao igual que sucedía nos dous modelos considerados anteriormente, os residuos non teñen unha distribución normal, como se pode comprobar na Figura 1.6. Ao observar o histograma dos residuos, nótase que este ten certo parecido coa mestura de normais correspondente á ecuación (1.4) así como a súa representación gráfica, recollida na Figura 1.5. Neste caso, e a diferenza do modelo C2, o feito de que na mestura das normais non se lle outorgue o mesmo peso a cada unha delas tradúcese nunha significativa diferenza de alturas das modas no histograma. Para corroborar o intuído de forma visual, podemos realizar un test Shapiro-Wilk sobre os residuos do modelo. Neste caso, obtemos un p-valor inferior a 2,2·10−16, polo que se corrobora que os residuos do modelo non verifican a hipótese de normalidade a ningún nivel de significación dos habituais. En consecuencia, ao igual que no modelo anterior, non podemos considerar válidos os resultados habituais de inferencia sobre este modelo. 1.3. Ilustración con datos reais Procedemos a mostrar, de forma similar ao realizado cos modelos das simulacións, un exemplo con datos reais onde a regresión en media non é unha opción adecuada. Para isto, empregamos os datos de velocidade e fluxo de vehículos dun carril dunha autoestrada californiana, mostrados en [Einbeck e Tutz, 2006]. Os diagramas de velocidade e fluxo son empregados habitualmente na enxeñaría de tráfico. Neste caso concreto, mediuse a velocidade, en millas por hora, e o fluxo, en vehículos por carril e hora, en intervalos de trinta segundos. Así, a cuestión de interese é ser capaz de
1.3. ILUSTRACIÓN CON DATOS REAIS 11 explicar o diagrama de velocidade e fluxo destas observacións. Na Figura 1.7 pode intuírse que, cando o fluxo é baixo, non hai signo de asociación. Porén, un aumento do fluxo parece implicar unha diminución da velocidade. Neste caso, como non coñecemos unha posible forma do modelo, e co fin de facer unha exploración maior sobre as observacións, comparamos distintos modelos polinómicos de grao 1, 2 e 3, onde a variable resposta é a velocidade e a variable explicativa é o fluxo de tráfico. Comparando estes modelos, mediante o Criterio de Información de Akaike (AIC), obtemos que o modelo de regresión linear simple é o que ten un menor AIC, entón é o máis adecuado dos tres empregados. A continuación, procedemos a ilustrar este modelo, cuxos valores se recollen no Cadro 1.4. Estimación Erro estándar Valor tPr(>|t|) Intercepto 57,3565 0,8061 71,15 <2·10−16 x−0,0015 0,0005 −2,88 0,0040 Cadro 1.4: Valores do modelo de regresión en media para o modelo asociado á velocidade e fluxo. 500 1000 1500 2000 2500 10 20 30 40 50 60 70 Fluxo Velocidade Figura 1.7: Nube de puntos dos datos da velocidade e fluxo cos posibles modelos polinómicos de grao 1 en vermello, de grao 2 en azul, e de grao 3 en verde.
12 CAPÍTULO 1. INTRODUCIÓN: CONTEXTO DA REGRESIÓN MODAL Neste caso, tal e como se recolle no Cadro 1.4, o modelo paramétrico de regresión en media correspóndese con ˆy= 57,3565 −0,0015 x. Todos os estimadores son significativos e o R2−axustado é0,005526. Debido a isto, podemos afirmar que este modelo explica menos do un por cento da varianza. O valor baixo do R2−axustado podía ser intuído visualmente, observando a Figura 1.7. Ademais, se realizamos un test Shapiro-Wilk sobre os residuos estandarizados, obtemos un p-valor inferior a 2,2·10−16. Isto implica que os residuos non seguen unha distribución normal e os resultados habituais de inferencia non poden ser aplicados, xa que non se verifica a hipótese de normalidade dos residuos do modelo. 1.4. Conclusión e motivación do TFG Deste capítulo, podemos concluír que a regresión en media non é sempre unha opción adecuada. Isto pode deberse a varios motivos, entre eles, como se mostra no modelo simulado C1, porque o erro do modelo sexa asimétrico, ou porque o erro non sexa normal, como pode ser o modelo simulado C2 ou o modelo C4. Ademais, esta falta de validez non sucede exclusivamente no plano teórico, senón que tamén se pode encontrar en datos recollidos na realidade, o cal mostramos cos datos de velocidade e fluxo de vehículos nunha autopista californiana na Sección 1.3. Este feito lévanos a valorar a posibilidade de construír outros modelos, onde a medida empregada non sexa a media. Isto motiva a aparición, entre outras posibilidades, da regresión modal, que emprega a moda no canto da media para facer estimacións.
Capítulo 2 Revisión da estimación tipo núcleo Unha vez vistos varios exemplos onde a regresión en media non ten por que ser unha opción axeitada, cabe preguntarse se hai outros métodos que poidamos empregar para facer estimacións. En concreto, faremos uso da estimación tipo núcleo da densidade (condicional) para introducir a regresión modal non paramétrica no seguinte capítulo. No que segue, presentaremos algúns conceptos básicos da estimación tipo núcleo da densidade e da densidade condicional que faciliten a comprensión do terceiro capítulo. 2.1. Estimación tipo núcleo da densidade Os contidos desta sección están baseados en [Wand e Jones, 1995]. Comezamos considerando unha variable aleatoria Xe unha mostra aleatoria simple X1, ... , Xn. Daquela, podemos definir o estimador tipo núcleo da densidade como unha función da forma ˆ fn(x, h) = Pn i=1 K((x−Xi)/h) nh ,(2.1) onde h∈Ré o ancho de banda e Ké unha función, denominada función núcleo, que verifica RK(x)dx = 1. Nótese que a construción do estimador da forma expresada na ecuación (2.1) permite estimar densidades que non pertencen a unha familia paramétrica. Ademais, o valor de h, o cal determina a escala do núcleo, decidirá a suavidade do estimador. Aínda que a expresión máis habitual sexa a referida na ecuación (2.1), definindo a función de núcleo reescalada, Kh(x) = K(x/h) h, podemos expresar o estimador tipo núcleo da densidade da seguinte maneira: ˆ fn(x, h) = Pn i=1 Kh(x−Xi) n. Cabe destacar que, xeralmente, a función núcleo é unha función densidade de probabilidade e é simétrica con respecto ao cero. Neste caso, se Ké a densidade dunha variable 13
20 CAPÍTULO 2. REVISIÓN DA ESTIMACIÓN TIPO NÚCLEO onde hxehyserían as fiestras correspondentes para as variables XeY, respectivamente, é dicir, controlan a suavidade da estimación. Se substituímos na ecuación (2.16), obtemos que o estimador que construímos é ˆ fn(y|x) = 1 hy n X j=1 wj(x)Ky−Yj hy,(2.17) onde wj(x) = Kx−Xj hx Pn i=1 Kx−Xi hx, j = 1, ... , n. Vexamos agora as propiedades asintóticas deste estimador. Para isto, supoñeremos que hx→0,hy→0en→ ∞. Ademais, consideremos que as funcións f(y|x), fM(x)sexan funcións L2e o suficientemente regulares. Se a función m(x)tamén é o suficientemente regular, tal e como se recolle en [Hyndman et al, 1996], podemos expresar o nesgo mediante a igualdade E(ˆ fn(y|x)) −f(y|x) = h2 xσ2 K 2 2(fM)0(x) fM(x) ∂f(y|x) ∂x +∂2f(y|x) ∂x2+h2 y h2 x ∂2f(y|x) ∂y2! +O(h4 x) + O(h4 y) + O(h2 xh2 y) + O1 nhx, (2.18) e a varianza mediante a igualdade Var(ˆ fn(y|x)) = R(K)f(y|x) nhxhyfM(x)[R(K)−hyf(y|x)]+O1 n+Ohy hxn+Ohx hyn.(2.19) Logo, se sumamos o cadrado da ecuación (2.18) e a ecuación (2.19), obtemos unha nova medida do erro, o erro cadrático medio asintótico. Este defínese da seguinte maneira: ECMA(ˆ fn(y|x)) = h4 xσ4 K 4 2(fM)0(x) fM(x) ∂f(y|x) ∂x +∂2f(y|x) ∂x2+h2 y h2 x ∂2f(y|x) ∂y2!2 +R(K)f(y|x) nhxhyfM(x)[R(K)−bf(y|x)] + O1 n+Ohy hxn +Ohx hyn+O(h6 x) + O(h6 y) + O(h2 xh4 y) + O(h4 xh2 y) + O1 nhx, o cal é consistente se ás hipóteses mencionadas anteriormente se lles engade que, cando n→ ∞, se verifique nhxhy→ ∞. Podemos mencionar que, ao igual que na estimación tipo núcleo da densidade, canto máis grande sexa a fiestra seleccionada, o nesgo é máis grande e a varianza máis pequena.
2.3. SELECCIÓN DA FIESTRA DE SUAVIZADO 21 2.3. Selección da fiestra de suavizado Na Sección 2.1 mostramos diferentes criterios de erro para a estimación tipo núcleo. Ademais, ilustramos a importancia de escoller un ancho de banda óptimo e chegamos a un ancho de banda óptimo, de forma teórica, para o ECMIA: hECMIA =R(K) µ2(K)2R(f00)n1/5 . Porén, na práctica non podemos calculalo, xa que precisariamos coñecer a segunda derivada da propia función que pretendemos estimar. Polo tanto, é necesario empregar outros métodos que, dependendo do criterio de erro empregado, nos darán un bo ancho de banda co cal facer estimación tipo núcleo. Procedemos a introducir varios destes métodos. Métodos de tipo Plug-In: Na expresión da fiestra óptima para o ECMIA o que se descoñece é R(f00). Entón, coñecendo este termo, ou unha aproximación del, poderemos obter o ECMIA, ou unha aproximación deste. Estes métodos baséanse en asumir que e R(f00)é dunha forma concreta, para obter o hóptimo nese caso. Deste tipo, introducimos a regra do polgar e a regra de Sheather e Jones, recollidas en [Wand e Jones, 1995]. A regra do polgar, ou de Silverman, baséase en substituír a integral descoñecida pola integral correspondente dunha densidade N(0, σ). Así, temos que R(f00) = 3 8√πσ−5, e o ancho de banda correspóndese con: hECMIA =8√πR(K) 3µ2(K)2n1/5 ˆσ, onde ˆσé unha estimación de σ. Destacamos que este método tende a sobresuavizar a función que pretendemos estimar. A regra de Sheather e Jones é un método iterativo que consiste en estimar de forma non paramétrica R(f00). Se denotamos por Ψr=E(f(r)(X)), integrando por partes obtemos que R(f00)=Ψ4. De supoñermos que a función que pretendemos estimar é normal con desviación típica σ, podemos asumir que Ψr=(−1)r/2r! (2σ)r+1(r/2)!√π. Mediante un proceso iterativo backward, estimando da seguinte maneira: ˆ fr n(Xi) = 1 n n X j=1 L(r) h(Xi−Xj),
22 CAPÍTULO 2. REVISIÓN DA ESTIMACIÓN TIPO NÚCLEO onde hé unha fiestra que pode ser estimada ao coñecer un posible estimador de ˆ Ψr+2 e Lé unha función núcleo. Cabe mencionar que, pese á suposición da normalidade de f, necesaria para estimar ˆ Ψr0, e da regularidade de f, na práctica este método dá resultados xeralmente satisfactorios. Aproximación de erros: Este tipo de métodos fundaméntanse en facer aproximacións para seleccionar fiestras óptimas, no canto de basearse en posibles estimacións das expresións de fiestras óptimas. Destacamos o método de validación cruzada. O método de validación cruzada consiste en aproximar as medidas do erro a partir dunha mostra, calculando os erros cometidos para cada dato ao facer a estimación sobre a mostra considerada obviando ese dato concreto. Así, a partir do erro integrado, expresado na ecuación (2.3), e para un hfixado, obtemos a seguinte igualdade: ECI(h) = Zˆ f2 n(x)dx −2Zˆ fn(x)f(x)dx +Zf2(x)dx =R(ˆ fn)−2Zˆ fn(x)f(x)dx +R(f). (2.20) Nótese que na ecuación (2.20), R(f)é independente do hseleccionado. Logo, ao intentar obter a fiestra óptima, podemos omitilo. Desta maneira, a fiestra óptima é: hECI =arg mínhR(ˆ fn)−2Zˆ fn(x)f(x)dx.(2.21) Nótese que temos as seguintes igualdades: R(ˆ fn) = 1 n2hX i,j K∗KXi−Xj h(2.22) eZˆ fn(x)f(x)dx =E(ˆ fn(x)).(2.23) Ao non dispoñermos doutra mostra ˜ X1, ... , ˜ Xm, independente de X1, ... , Xn, que nos permita aproximar a cantidade da ecuación (2.23) por 1 m m X i=1 ˆ fm(˜ Xi), podemos estimar o valor de f(Xi)empregando a mostra sen o dato i-ésimo. Así, se ˆ f−i ndenota o estimador núcleo obtido a partir da mostra salvo o dato i-ésimo, tense que podemos realizar a estimación ˆ E(ˆ fn(x)) = 1 n n X i=1 ˆ f−i n(Xi).
2.3. SELECCIÓN DA FIESTRA DE SUAVIZADO 23 Desta maneira, obtemos a función CV (h) = 1 n2hX i,j K∗KXi−Xj h−2 n n X i=1 ˆ f−i n(Xi).(2.24) Entón, a fiestra óptima para este método é o hque minimiza a función CV . Cabe mencionar que as problemáticas das fiestras obtidas por este método son unha alta variabilidade e unha tendencia a infrasuavizar a función a estimar. Finalmente, cómpre lembrar que tanto os criterios de erro como os selectores da fiestra mostrados non son os únicos existentes. Por exemplo, outro posible criterio de erro é o erro absoluto medio, que se define como E(|ˆ f(x, h)−f(x)|), e outro método de selección de fiestra é o Bootstrap, baseado en técnicas de remostraxe. Así e todo, os descritos nesta sección son varios dos principais e máis empregados.
24 CAPÍTULO 2. REVISIÓN DA ESTIMACIÓN TIPO NÚCLEO
Capítulo 3 Regresión modal non paramétrica Como vimos no primeiro capítulo, a regresión en media non é sempre unha boa opción para o modelado da relación entre dúas variables, xa que require de hipóteses que non sempre se verifican. Porén, existen métodos alternativos ao da regresión en media, por exemplo, a regresión modal. Neste capítulo, introduciremos este concepto e profundizaremos no algoritmo mean-shift, un método de estimación baseado na regresión en moda. 3.1. Introdución á regresión modal A moda dunha distribución é o valor ou valores nos cales a función densidade de probabilidade acada un máximo local. Desta maneira, supoñamos que queremos estudar a relación entre unha variable resposta Ye unha variable explicativa Xmediante regresión modal. A diferenza doutras medidas de tendencia central, como poden ser a media ou a mediana, pode suceder que a moda non tome un único valor. A causa disto, é necesario diferenciar entre buscar unha única moda condicional global, o que recibe o nome de regresión unimodal, ou buscar as modas locais condicionais, o que se coñece como regresión multimodal. Se f(x, y)é a densidade conxunta das nosas variables e esta é o suficientemente regular, dúas veces continuamente diferenciable, podemos definir as modas condicionais locais nun punto xcomo M(x) := y;∂ ∂y f(y|x)=0,∂2 ∂y2f(y|x)<0.(3.1) Notemos que, a diferenza dos métodos de regresión considerados anteriormente, neste caso M:D→ P(Y), onde Dé o soporte de XeP(Y)denota partes de Y. Así, o rango da función son subconxuntos de Y, polo que podemos ter, para certo xdado, máis dun elemento de Ycontido na súa imaxe. O feito de considerar que Ypode ser unimodal ou 25
26 CAPÍTULO 3. REGRESIÓN MODAL NON PARAMÉTRICA multimodal xogará un papel crucial na estimación que realicemos. Por outro lado, aínda que na definición dada na ecuación (3.1) empreguemos a densidade condicional de Ypara o xdado, podemos ter unha expresión equivalente empregando unicamente a densidade conxunta: M(x) = y;∂ ∂y f(x, y)=0,∂2 ∂y2f(x, y)<0.(3.2) Cabe destacar que, tal e como se recolle en [Chen, 2018], as estimacións unimodais e multimodais teñen vantaxes e desvantaxes diferentes. Por un lado, o estimador construído no caso unimodal adoita ter unha expresión máis simple e facilmente interpretable. Por outro lado, a regresión multimodal detecta mellor as relacións entre a variable explicativa e a variable resposta. Isto nótase especialmente cando hai varias modas, como poden ser os modelos C2 e C4 do capítulo inicial, ou cando a relación entre a variable explicativa e a resposta ten unha expresión complicada. Desta maneira, na estimación multimodal, ao considerar modas locais, as rexións de predición tenden a ser considerablemente menores, a cambio de ter funcións máis dificilmente interpretables e de carácter máis complexo. Unha vez introducidos estes conceptos, procedamos a construír o modelo linear da regresión modal. Este modelo é un caso concreto de regresión unimodal, é dicir, asumimos que só existe unha única moda. Tanto o modelo como as súas propiedades veñen recollidas en [Lee, 1989]. Supoñamos que o soporte de Ysexa real, S⊆R, e que a nosa variable explicativa X ten soporte compacto D⊂R. Deste xeito, e analogamente ao correspondente da regresión en media, o noso modelo pode construírse como Moda(Y|X=x) = β0+βx, (3.3) onde β0∈Reβ∈Rson os parámetros a estimar e Moda(Y|X=x)denota a moda global de Ypara un certo xdado. Sen entrar en detalle, pódese mencionar que este modelo se pode xeneralizar para máis dunha variable explicativa con soporte compacto D0⊂Rd. Para isto, considérase o modelo Moda(Y|X=x) = β0+β0x, con x∈D0, onde Xdenota o conxunto de variables explicativas. Con todo, e ao igual que para a regresión en media, o modelo paramétrico é excesivamente ríxido e non sempre é unha opción axeitada. Por exemplo, pódese intuír que no caso do modelo C2 simulado, recollido na ecuación (1.3), non será adecuado. Aínda que existan estimadores non paramétricos para a regresión unimodal, os cales nos permitirían relaxar
3.2. ESTIMACIÓN MEDIANTE O ALGORITMO MEAN-SHIFT 27 algunha hipótese, continuariamos asumindo a existencia dunha única moda. Co fin de non asumir esta hipótese, centrarémonos no problema da regresión multimodal. Para intentar dar unha solución axeitada a este problema, podemos definir un modelo de regresión modal non paramétrico considerando os estimadores tipo núcleo. Así, substituíndo a densidade conxunta mediante un estimador tipo núcleo na ecuación (3.2), obtemos o seguinte modelo: c Mn(x) = y;∂ ∂y ˆ fn(x, y)=0,∂2 ∂y2ˆ fn(x, y)<0.(3.4) Definido desta maneira, pode darse o caso, mencionado anteriormente, de que c Mn(x) conteña máis dun elemento da variable resposta. Os estimadores que teñen esta propiedade coñécense como estimadores de avaliación múltiple. Ademais, como indicamos no capítulo anterior, as diferentes ˆ fnson funcións regulares. Deste xeito, o estimador recollido na ecuación (3.4) é de avaliación múltiple e regular. Estas propiedades resultan en que o modelo de regresión modal non paramétrica sexa máis versátil que os considerados anteriormente. Se a variable explicativa ten soporte en D⊂R, un posible estimador é o obtido a partir da aplicación do estimador unidimensional produto de estimadores tipo núcleo. Así, neste caso concreto, ˆ fn(x, y) = 1 nhxhy n X i=1 K1x−Xi hxK2y−Yi hy, onde K1eK2son funcións núcleo radialmente simétricas e hx, hy>0son as fiestras consideradas, respectivamente. 3.2. Estimación mediante o algoritmo mean-shift Pese a que a regresión multimodal teña propiedades boas, como a súa versatilidade, a obtención do estimador c Mn(x)pode non ser sinxelo, xa que require do cálculo de máximos locais dunha estimación mediante unha función núcleo multivariante. Isto dificúltase, principalmente, porque a ecuación a resolver non ten solución explícita. Debido a isto desenvolvéronse, e desenvólvense, algoritmos asociados a métodos numéricos co fin de aproximar as estimacións. Un exemplo é o algoritmo mean-shift, que procedemos a mostrar a continuación. Supoñamos que XeYteñen soporte real e f(x, y)é a súa función densidade conxunta. Supoñamos, ademais, que temos unha mostra (X1, Y1), ... , (Xn, Yn)de vectores aleatorios independentes e identicamente distribuídos. Consideraremos funcións núcleo radialmente simétricas K2, é dicir, K2(x) = ckK(kxk2),∀x∈D,
28 CAPÍTULO 3. REGRESIÓN MODAL NON PARAMÉTRICA con ckconstante positiva. Denominaremos á función K: [0,∞)→Rperfil de K2. Un posible exemplo ilustrativo de función núcleo radialmente simétrica é a función Gaussiana, neste caso teriamos K2(x) = (2π)−1/2exp(−x2/2). Logo, a constante positiva sería ck= (2π)−1/2e o perfil de K2sería K(x) = exp(−x/2). Outro exemplo de función núcleo radialmente simétrica é a función Epanechnikov, K2(x) = 3 4(1 −x2)I(|x|<1) = 3 4(1 −x2)I(x2<1). A partir da ecuación (2.14), tal e como vén recollido en [Einbeck e Tutz, 2006], podemos estimar a densidade condicional no caso univariante como ˆ fn(y|x) = ˆ fn(x, y) ˆ fn(x)=Pn i=1 K1x−Xi hxK2y−Yi hy hyPn i=1 K1x−Xi hx,(3.5) onde K1eK2son os núcleos asociados aos estimadores de XeY, respectivamente. Da ecuación (3.5), dedúcese a expresión ˆ fn(y|x) = ck hy n X i=1 pi(x)K y−Yi hy2!, onde pié unha función de peso non dependente da variable resposta. Ademais, considerando a primeira das condicións recollidas na ecuación (3.1), temos que ∂ˆ fn(y|x) ∂y =2ck h3 y n X i=1 pi(x)K0 y−Yi hy2!(y−Yi) = 0. Logo, temos que a ecuación anterior é equivalente á seguinte, a cal ten como primeiro membro o estimador modal buscado, ym(x) = Pn i=1 pi(x)K0ym−Yi hy2Yi Pn i=1 pi(x)K0ym−Yi hy2.(3.6) Se denotamos ym≡ym(x),g=−K0eG(y) = cgg(y2), con cgconstante positiva, podemos expresar a ecuación (3.6), con ω(ym) = ymcomo ω(y) = Pn j=1 Kx−Xj hxGy−Yj hyYj Pn j=1 Kx−Xj hxGy−Yj hy.(3.7) A función ωasí definida é unha ponderación das observacións onde os pesos varían segundo a proximidade ao punto avaliado. Porén, a ecuación ω(ym) = ymnon pode resolverse analiticamente. Por mor disto, aplícase un proceso iterativo calculando medias locais mediante o algoritmo mean-shift.
3.2. ESTIMACIÓN MEDIANTE O ALGORITMO MEAN-SHIFT 29 Para poder aplicar o algoritmo, definimos a función mean-shift como ω(y)−y. Neste caso, un máximo local da función densidade condicionada é un cero desta función. Logo, basta aplicar un proceso iterativo1da forma yl+1 =ω(yl), l ∈N. Cabe resaltar o feito de que, xeralmente, a función densidade fnon é cóncava. A causa disto, non podemos asegurar a converxencia ao máximo global deste método gradiente. Isto débese a que se fé cóncava, entón −fé convexa e o algoritmo mean-shift é equivalente a aplicar un método gradiente de descenso a −f. Pero ao non poder asegurarmos que −fé convexa, non se teñen por que verificar as condicións dos resultados de converxencia para o método gradiente de descenso2. Desta maneira, temos que este método ten carácter local. Cada moda local ten unha rexión de atracción, é dicir, unha veciñanza na cal, se o punto inicial considerado pertence a ela, o método converxerá a esa moda local. Para o caso multimodal, ao pretender obter máis dunha moda nun xconcreto, e como cada punto inicial do algoritmo converxe a unha única posible estimación modal, temos que considerar diferentes y0(x). Consideraremos y(1) 0(x), ... , y(p) 0(x)puntos de inicio, verificando que y(1) 0(x)< ... < y(p) 0(x). Así, para cada t∈ {1, ... , p}, faremos iteracións y(t) l+1(x) = ω(y(t) l(x)), con l= 1,2, ... ata que se verifique o criterio de converxencia considerado. Deste xeito, obteremos ˆy(1) m, ... , ˆy(p) mestimacións e poderemos estimar a función de regresión multimodal para o punto xcomo c Mn(x) = {ˆy(1) m(x), ... , ˆy(p) m(x)}. Claramente, ten que verificarse que psexa o suficientemente grande para que teñamos alomenos un punto inicial no cal haxa converxencia a cada moda local. Notemos, ademais, que pode darse que para varios puntos iniciais distintos converxamos á mesma moda local, obviando así outras posibles estimacións, dependendo de en que rexións de atracción de cada moda local se encontre cada punto inicial. O caso multimodal máis simple é no cal só consideramos dúas modas locais. Neste caso, basta considerar un punto inicial como o valor superior da distribución da nosa mostra e outro como o valor inferior, xa que converxerán á moda local de maior valor e á moda local de menor valor, respectivamente. Emporiso, de considerarmos máis de dúas modas locais, non temos unha forma refinada de obtelas máis aló de considerar un gran número 1Este é un algoritmo de iteración funcional para puntos fixos, estudado na materia obrigatoria de Cálculo Numérico nunha Variable de 2ocurso. 2Os resultados de converxencia do método gradiente de descenso son contidos da materia obrigatoria de 3ocurso Métodos Numéricos en Optimización e Ecuacións Diferenciais.
36 CAPÍTULO 3. REGRESIÓN MODAL NON PARAMÉTRICA tense que OP(Ri)quere dicir que Xi=YiRiverifica que a secuencia {Yi;t∈T}está limitada en probabilidade e oP(Ri)indica que {Yi;i∈T}converxe en probabilidade a cero. Tanto estas definicións, como unha análise das súas propiedades, veñen recollidas en [Van der Vaart, 1998]. Para enunciar e demostrar os seguintes resultados supoñeremos que podemos escoller unha fiestra de tal xeito que h:= hx=hy. Esta suposición, tal e como se afirma en [Zhou e Huang, 2019], resulta en estimacións modais peores. Seguindo o traballo de [Chen et al., 2016], vexamos como podemos asegurar a existencia de certas cotas do erro teóricas. Teorema 3.2 (Taxa do erro puntual, de [Chen et al., 2016]).De verificarse as condicións previas, (A1), (A2), (A3), (K1) e (K2), se definimos o proceso estocástico An(x) := (1 ∆n(x)|∆n(x)−m´axz∈M(x){|f−1 yy (x, z)|,ˆ fy,n(x, z)|}|,se ∆n(x)>0, 0,se ∆n(x)=0. Daquela, se kˆ fn−fk(∗) ∞,2é o suficientemente pequeno, tense que supx∈DAn(x) = OP(kˆ fn− fk(2) ∞). Ademais, fixado x∈D, se nh6 log n→ ∞ eh→0,∆n(x) = O(h2) + OPq1 nh4. A partir da expresión do erro puntual recollida na ecuación (3.8), se o soporte da variable explicativa é D, podemos considerar o erro cadrático integrado como ECI =ZD ∆2(x)dx. Logo, definindo o erro uniforme, ∆S, como ∆S= supx∈D∆(x)tense o seguinte resultado. Teorema 3.3 (Taxa do erro uniforme, de [Chen et al., 2016]).Se se ten que nh6 log n→ ∞ e h→0, baixo as condicións (A1), (A2), (A3), (K1) e (K2), entón ∆S=O(h2) + OP rlog n nh4!. Para a súa demostración, empregaremos o seguinte resultado, que non demostraremos, recollido en [Giné e Guillou, 2002]. Teorema 3.4. Asumindo (K1), que a secuencia de bandas regulares {hn;n∈N}verifica hn→0,nhn |log hn|→ ∞,|log hn| log log n→ ∞,hn≤ch2npara algún c > 0, e que fé unha función densidade limitada en Rd, tense que l´ım sup n→∞ snhn log h−1 nkf−ˆ fnk∞=C, onde C2≤r2ckfk∞kKk2 2para unha constante rdependente da característica VC do espazo de funcións considerado.
3.4. MEDIDAS DE ERRO 37 Demostración. (do teorema da taxa do erro uniforme, de [Chen et al., 2015]) Supoñamos que se verifica o teorema da taxa do erro puntual. Sexa no número de observacións consideradas, x∈Dun punto fixado e yjunha moda local estimada como ˆyj. Entón, ∆n(x) = m´ax j{|f−1 yy (x, yj)||ˆ fy,n(x, yj)|}+oP(1) = m´ax j{|f−1 yy (x, yj)||(ˆ fy,n(x, yj)−E(ˆ fy,n(x, yj))|+B(x, yj))}+oP(1), onde B(x, yj) = |E(ˆ fy,n(x, yj))−fy(x, yj)|=O(h2)denota o nesgo e OP(kˆ fn−fk∗ ∞,2∆n(x)) implica oP(1). Se fyy(x, yj)−1está limitado, entón |fyy(x, yj)−1|B(x, yj) = O(h2)e tense a igualdade ∆n(x) = m´ax j{|f−1 yy (x, yj)||ˆ fy,n(x, yj)−E(ˆ fy,n(x, yj))}+O(h2) + oP(1), onde O(h2)indica o nesgo e é independente do punto x. Así, se consideramos o supremo sobre x∈D, e denotando Z= sup x∈D m´ax j{|fyy(x, yj)−1||ˆ fy,n(x, yj)−E(ˆ fy,n(x, yj))|}, tense que ∆n=Z+O(h2) + oP(1).(3.9) Designemos o espazo de funcións F0=(u, v)7→ gx,y(u, v) = f−1 yy (x, y)·Kkx−uk hK(1) y−v h, y ∈M(x), x ∈R, e sexa o proceso empírico Gn(g) = 1 √n n X i=1 g(Zi)−E(g(Zi))!, g ∈ F0. Entón, Z= sup x∈D m´ax j{|fyy(x, yj)−1||ˆ fy,n(x, yj)−E(ˆ fy,n(x, yj))|} =1 h4√nsup g∈F0|Gn(g)|. Como se ten (A1), (K1) e (K2), F0é de clase VC con constante C2 K λ2. En consecuencia, polo teorema previo, Z= sup x∈D m´ax j{|fyy(x, yj)−1||ˆ fy,n(x, yj)−E(ˆ fy,n(x, yj))|} =OP rlog n nh4!. Aplicando isto á ecuación (3.9), tense ∆n=O(h2) + OP rlog n nh4!, tal e como queriamos demostrar.
38 CAPÍTULO 3. REGRESIÓN MODAL NON PARAMÉTRICA De xeito análogo ao caso da estimación non paramétrica da densidade, podemos definir o erro cadrático medio integrado como ECMI(ˆ M) = EZx∈D ∆2(x)dx. Ademais, verifícase o seguinte resultado. Teorema 3.5 (Taxa do ECMI, de [Chen et al., 2016]).Nas condicións (A1), (A2), (A3), (K1), e (K2), e se se verifica nh6 log n→ ∞ eh→0, tense que ECMI(ˆ M) = O(h4) + O1 nh4. Demostración. Polo teorema da taxa do erro puntual, tense que E(∆2 n(x)) = O(h4) + O1 nh4=Nesgo2(x) + Var(x). Pódese demostrar que, ao igual que na regresión en media non paramétrica, o nesgo e a varianza teñen a mesma taxa de converxencia. Enunciemos agora, sen demostración, un corolario destes resultados para a estimación da densidade conxunta suavizada, ˜ f(x, y) = E(ˆ fn(x, y)). Neste caso, consideraremos f M(x) = E(c Mn(x)),˜ ∆n(x) = Haus(f M(x),c Mn(x)),˜ ∆n= supx∈D˜ ∆n(x)e^ ECMI(c Mn) = ERx∈D˜ ∆2 n(x)dx. Corolario 3.6 (Taxas de erro para modas condicionais suavizadas, de [Chen et al., 2016]). Nas condicións do teorema da taxa do ECMI, tense que: √nh4sup x∈D˜ ∆n(x)−m´ax z∈ f M(x){˜ f−1 yy (x, z)ˆ fy,n(x, z)}=OP(εn,2), ˜ ∆n(x) = OP r1 nh4!, ˜ ∆n=OP rlog n nh4!, ^ ECMI(c Mn) = O1 nh4, onde εn,2= sup x,y |ˆ fyy,n(x, y)−˜ fyy(x, y)|. Deste xeito, se consideramos as estimacións suavizadas obtemos taxas de converxencia mellores.
3.5. SELECCIÓN DE FIESTRAS DE SUAVIZADO 39 3.5. Selección de fiestras de suavizado Unha vez definidas as medidas de erro, vexamos como podemos facer unha selección adecuada de h= (hx, hy)para estas medidas de erro. En primeiro lugar, mostraremos un método de validación cruzada, recollido en [Zhou e Huang, 2019]. Notemos que o esquema básico do método é igual ao análogo empregado para a estimación da densidade condicional descrito no Capítulo 2. Supoñamos que temos (X1, Y1), ... , (Xn, Yn)observacións independentes e identicamente distribuídas. Daquela, escollemos a fiestra que minimiza a función CV (h) = 1 n n X i=1 d2(ˆ M−i(Xi), Yi)N2 −i(Xi)p(Xi),(3.10) onde ˆ M−i(Xi)é a estimación obtida ao aplicar o algoritmo mean-shift sobre a mostra sen o valor i-ésimo con parámetro de suavizado h,N−i(Xi)é o número de elementos de ˆ M−i(Xi) epé unha función de peso non dependente da variable resposta. Logo, o valor de h= (hx, hy)que minimice a función recollida na ecuación (3.10) daranos unhas posibles fiestras adecuadas. Este método, tal e como se mostra en [Zhou e Huang, 2019], de momento, non ten unha xustificación teórica que avale a súa consistencia. De feito, no modelo simulado, recollido na ecuación (1.2), non semella consistente para o ECI. Así, habería aberta unha liña de investigación consistente en probar a consistencia, ou inconsistencia, de CV ou atopar un criterio de validación cruzada mellor. Ante o feito de que este método poida non ser adecuado en certas ocasións, procedemos a mostrar outro posible selector de ancho de banda empregando un método Bootstrap. A idea xeral deste selector é aproximar un criterio de erro global mediante remostraxe, o que lle dá nome ao método, e buscar a fiestra que minimiza esta aproximación. De todos os xeitos, como se menciona en [Alonso-Pena, 2020], este método é computacionalmente lento. Para a súa explicación, consideraremos un criterio de erro baseado no erro puntual e similar ao erro cadrático integrado. Este erro, que denominaremos erro cadrático integrado ponderado, defínese como ECIp(h) = ZD ∆2(x)f(x)p(x)dx, (3.11) onde hé unha fiestra concreta e punha función de peso. A diferenza do ECI, introducimos na definición deste criterio de erro a función de densidade co fin de darlle unha importancia maior ao erro puntual cometido onde a función de densidade sexa maior.
40 CAPÍTULO 3. REGRESIÓN MODAL NON PARAMÉTRICA Supoñamos que temos (X1, Y1), ... , (Xn, Yn)observacións independentes e identicamente distribuídas. Sexa ho ancho de banda considerado, entón, podemos obter unha estimación c M(x)de M(x)mediante mean-shift considerando como fiestra h. Deste xeito, definimos a función A(h;X, Y, c M, M) = 1 n n X i=1 ∆(Xi)2p(Xi).(3.12) Pero, ao igual que na estimación non paramétrica da regresión en media, descoñecemos os M(Xi). Para solventar isto, consideramos θmostras obtidas mediante remostraxe, {(X, Y (i)); i= 1, ... , θ}. Cabe mencionar que, sen ser a única posibilidade, a forma empregada é unha estimación en media paramétrica da densidade condicional. Así, unha posible estimación de Aé ˆ A(h) = 1 θ θ X i=1 A(h;X, Y (i),c M(i),c M∗), onde c M(i)denota a estimación modal da i-ésima mostra obtida mediante remostraxe e c M∗denota a estimación modal obtida ao considerar as modas da estimación da densidade condicional. 3.6. Estudo de simulación Para ilustrar a idea do erro puntual e como varía segundo o tamaño da mostra, vexamos o erro local cometido na estimación para x∈ {0,1,5,−1,5}, empregando o algoritmo meanshift. Para isto, en cada un dos modelos descritos no primeiro capítulo, C1, C2 e C4, realizáronse cincocentas simulacións con n= 100,n= 250 en= 500. Vexamos agora a evolución do erro puntual segundo aumenta o tamaño da mostra para cada modelo. Co fin de escoller anchos de banda adecuados, empregouse en cada simulación en Ra función moderegbw do paquete lpme, de [Zhou e Huang, 2019]. Esta función selecciona a fiestra óptima a partir dunha grella delas empregando o método de validación cruzada visto na sección anterior, e recollido na ecuación (3.10). Erro puntual para o modelo C1: Neste caso, na Figura 3.3, podemos observar que para o modelo C1, recollido na ecuación (1.2), existen similitudes entre os erros puntuais para x=−1,5,x= 0 ex= 1,5. Comparando os diagramas de caixa para os distintos x, parece observarse que unha maior cantidade de observacións non se traduce necesariamente nun erro puntual menor, pois, para os tres puntos, a mediana dos erros non se aproxima a cero cando aumenta n. Non
3.6. ESTUDO DE SIMULACIÓN 41 obstante, tense que os erros puntuais se concentran nun intervalo menor. Isto resulta en que o posible erro máximo cometido nunha estimación sexa cada vez menor. Este feito nótase especialmente no caso de x=−1,5, onde, para n= 100, chegamos a ter estimacións onde o erro puntual é superior a 2. Non obstante, para n= 500, e x=−1,5, o erro puntual non chega a ser superior a 1, o cal indica unha redución notable do erro puntual máximo cando aumenta n. 100 250 500 0.0 0.5 1.0 1.5 2.0 2.5 3.0 (a) 100 250 500 0.0 0.5 1.0 1.5 2.0 2.5 3.0 (b) 100 250 500 0.0 0.5 1.0 1.5 2.0 2.5 3.0 (c) Figura 3.3: Diagramas de caixa dos erros puntuais cometidos aplicando o algoritmo meanshift para 500 simulacións do modelo C1 en x=−1,5,x= 0 ex= 1,5respectivamente. Unha posible explicación deste fenómeno é que estamos ante un caso unimodal e o hyempregado é excesivamente grande. Deste xeito, como explicabamos ao falarmos da importancia da selección dos parámetros, isto lévanos a que a estimación modal se aproxima a unha estimación en media. Neste caso, e aínda que a moda do erro sexa cero, este non está centrado. Isto pode verse xa que a media da distribución Γ(3,2) é3 2= 1,5, e como o erro considerado na ecuación (1.2) é Γ(3,2) −1, a súa media é un medio. Por outro lado, a moda da distribución Γ(3,2) é un, e tense que a moda do erro do modelo é cero. En consecuencia, asume que o modelo a estimar é Y= 0,5 + X+X2+ε. (3.13) Cabe resaltar que, de ser certa a explicación deste feito, teriamos un exemplo onde o criterio de validación cruzada non é axeitado para seleccionar unha fiestra adecuada neste caso. Pois, como mencionamos ao introducilo, ao non termos unha xustificación teórica que o apoie, non podemos afirmar que funcione correctamente en todos os casos.
42 CAPÍTULO 3. REGRESIÓN MODAL NON PARAMÉTRICA 0.0 0.5 1.0 1.5 01234 (a) Estimación tipo núcleo da densidade dos erros puntuais para x=−1,5 0.0 0.5 1.0 1.5 01234 (b) Estimación tipo núcleo da densidade dos erros puntuais para x= 0 0.0 0.5 1.0 1.5 01234 (c) Estimación tipo núcleo da densidade dos erros puntuais para x= 1,5 Figura 3.4: Estimación tipo núcleo para 500 simulacións do modelo C1 do erro puntual. En azul, para n= 100, en vermello para n= 250 e en verde para n= 500 . n x =−1,5x= 0 x= 1,5 100 0,48 0,52 0,47 250 0,50 0,51 0,48 500 0,50 0,50 0,49 Cadro 3.1: Medias dos erros puntuais para cada punto e tamaño mostral. Aplicando a función density de R, a cal nos proporciona unha estimación tipo núcleo da densidade dos erros, obtemos para os tres puntos as gráficas recollidas na Figura 3.4. Podemos observar que a nosa intuición de que había unha concentración maior dos erros puntuais nunha mesma franxa cando aumenta n, pero sen ter unha mellora dos erros puntuais cometidos, parece ser a correcta. De feito, observando o Cadro 3.1, temos que nos casos de x= 1,5ex=−1,5incluso se produce un pequeno, pero non significante, aumento das medias. Erro puntual para o modelo C2: No modelo C2, recollido na ecuación (1.3), temos que para os tres valores de xconsiderados hai unha clara redución do erro puntual cometido conforme aumentamos o valor de n. Isto obsérvase na Figura 3.5 e para os tres casos, ao ser menor a mediana conforme aumenta o tamaño da mostra. Ademais, o aumento da mostra tamén parece reducir o número de casos, puntuais, onde o erro pode ser considerado atipicamente grande.
3.6. ESTUDO DE SIMULACIÓN 43 100 250 500 0123456 (a) 100 250 500 0123456 (b) 100 250 500 0123456 (c) Figura 3.5: Diagramas de caixa dos erros puntuais cometidos aplicando o algoritmo meanshift para 500 simulacións do modelo C2 en x=−1,5,x= 0 ex= 1,5respectivamente. 0.0 0.5 1.0 1.5 01234 (a) Estimación tipo núcleo da densidade dos erros puntuais para x=−1,5 0.0 0.5 1.0 1.5 01234 (b) Estimación tipo núcleo da densidade dos erros puntuais para x= 0 0.0 0.5 1.0 1.5 01234 (c) Estimación tipo núcleo da densidade dos erros puntuais para x= 1,5 Figura 3.6: Estimación tipo núcleo para 500 simulacións do modelo C2 do erro puntual. En azul para n= 100, en vermello para n= 250 e en verde para n= 500 . n x =−1,5x= 0 x= 1,5 100 0,56 0,48 0,92 250 0,34 0,29 0,45 500 0,24 0,22 0,31 Cadro 3.2: Medias dos erros puntuais para cada punto e tamaño mostral. Tanto a Figura 3.6 como o Cadro 3.2 confirman o observado no diagrama de caixas. Tense que o aumento do tamaño mostral implica un descenso significativo da media dos erros puntuais en cada un dos tres puntos considerados.
44 CAPÍTULO 3. REGRESIÓN MODAL NON PARAMÉTRICA Erro puntual para o modelo C4: Do mesmo xeito que no modelo C2, observando os diagramas de caixas dos erros chegamos á conclusión de que hai unha diminución dos erros ao aumentar o tamaño da mostra. Isto corrobórase ao observar o Cadro 3.3. Esta similitude pode deberse a que os dous modelos son mesturas de normais, a diferenza do modelo C1, no cal se empregou unha distribución Gamma. Con todo, neste caso si que continúa habendo estimacións cuxo erro puntual se afasta de forma atípica cando aumenta o tamaño mostral, de forma máis destacada no punto x= 1,5. 100 250 500 0123456 (a) 100 250 500 0123456 (b) 100 250 500 0123456 (c) Figura 3.7: Diagramas de caixa dos erros puntuais cometidos aplicando o algoritmo meanshift para 500 simulacións do modelo C4 en x=−1,5,x= 0 ex= 1,5respectivamente. 0.0 0.5 1.0 1.5 2.0 2.5 3.0 01234 (a) Estimación tipo núcleo da densidade dos erros puntuais para x=−1,5 0.0 0.5 1.0 1.5 2.0 2.5 3.0 01234 (b) Estimación tipo núcleo da densidade dos erros puntuais para x= 0 0.0 0.5 1.0 1.5 2.0 2.5 3.0 01234 (c) Estimación tipo núcleo da densidade dos erros puntuais para x= 1,5 Figura 3.8: Estimación tipo núcleo para 500 simulacións do modelo C4 do erro puntual. En azul para n= 100, en vermello para n= 250 e en verde para n= 500.
3.6. ESTUDO DE SIMULACIÓN 45 n x =−1,5x= 0 x= 1,5 100 1,21 1,02 1,61 250 0,63 0,50 1,00 500 0,39 0,38 0,68 Cadro 3.3: Medias dos erros puntuais para cada punto e tamaño mostral. Vexamos agora cal sería a estimación modal para as tres simulacións realizadas, as cales compararemos coas nosas observacións e coas modas teóricas. Para isto, empregaremos as fiestras obtidas no caso puntual e aplicarémolas ao conxunto de datos de cada unha das tres simulacións. Cabe lembrar que o selector empregado para a obtención do ancho de banda é o de validación cruzada. Estimación modal para o modelo C1: Como adiantabamos ao valorar o erro puntual, a estimación modal obtida con este método para este caso non é moi adecuada. Esta afirmación pode apoiarse visualmente ao observar a Figura 3.9, onde a estimación modal para o modelo se asemella moito máis á estimación en media do modelo recollido na ecuación (3.13). Noutras palabras, recolle a estimación en media do modelo (1.2) asumindo que os erros deste están centrados. -2 -1 012 02468 X Y Figura 3.9: Moda teórica, en azul para a ecuación (1.2), en verde media do modelo recollido na ecuación (3.13), estimación modal, en vermello, e nube de puntos dos datos da simulación. Estimación modal para o modelo C2: Fronte ao modelo paramétrico da regresión en media, recollido na Figura 1.3, a estimación modal da Figura 3.10 adáptase de forma máis axeitada ás nosas observacións,
52 APÉNDICE A. O ALGORITMO MEAN-SHIFT COMO MÉTODO DE GRADIENTE gativos, podemos expresar a estimación do gradiente como ˆ ∇f(x)≡ ∇ˆ fn(x) = 2ck nh3 n X i=1 (x−xi)K0 x−xi h 2!.(A.1) Deste xeito, se definimos a función g(x) = −K0(x), podemos definir unha función tipo núcleo radialmente simétrico do xeito G(x) = cgg(kxk2), onde cgé unha constante normalizadora. Así, substituíndo na ecuación (A.1), e supoñendo que n X i=1 g x−xi h 2!é estritamente positivo, temos que ˆ ∇f(x) = 2ck nh3 n X i=1 (xi−x)g x−xi h 2!=2ck nh3"n X i=1 g x−xi h 2!#"Pn i=1 xig(x−xi h2) Pn i=1 g(x−xi h2)−x#. Aplicando a ecuación (3.7) neste caso concreto, temos que ˆ ∇f(x) = 2ck nh3"n X i=1 g x−xi h 2!#[ω(x)−x]. Para concluír, se denotamos por ˆ fga estimación tipo núcleo da densidade fmediante a función tipo núcleo G, temos que ˆ ∇f(x) = ˆ fg(x)2ck h2cg (ω(x)−x), e queda probado que é un método gradiente.
Bibliografía [Alonso-Pena, 2020] Alonso-Pena, M. (2020). An introduction to nonparametric multimodal regression. Boletín de Estadística e Investigación Operativa 36, 5-23. [Boyer, 1987] Boyer, C. (1987). Historia de la Matemática. Alianza Editorial. [Chen et al., 2016] Chen, Y.-C., Genovese, C. R., Tibshirani, R. J., e Wasserman, L. (2016). Nonparametric modal regression. The Annals of Statistics, 44, 489–514. [Chen et al., 2015] Chen, Y.-C., Genovese, C. R., Tibshirani, R. J. e Wasserman, L. (2015). Supplement to “Nonparametric modal regression”. DOI:10.1214/15-AOS1373SUPP. [Chen, 2018] Chen, Y-C. (2018). Modal regression using kernel density estimation: A review. WIREs Computational Statistics, 10, e1431. [Comaniciu e Meer, 2002] Comaniciu, D. e P. Meer (2002). Mean shift: A robust approach toward feature space analysis. IEEE Transactions on Pattern Analysis and Machine Intelligence, 24, 603–619. [Cristóbal, 1992] Cristóbal, J. (1992). Inferencia Estadística. Servicio de Publicaciones Universidad de Zaragoza. [Einbeck e Tutz, 2006] Einbeck, J. e Tutz, G. (2006). Modelling beyond regression functions: an application of multimodal regression to speed-flow data. Journal of the Royal Statistical Society, Series C (Applied Statistics), 55, 461-475. [Giné e Guillou, 2002] Giné, E. e Guillou, A. (2002). Rates of strong uniform consistency for multivariate kernel density estimators. Annales de l’Institut Henri Poincare (B) Probability and Statistics, 38, 907–921. [Haussler, 1995] Haussler, D. (1995). Sphere packing numbers for subsets of the Boolean nn-cube with bounded Vapnik–Chervonenkis dimension. Journal of Combinatorial Theory, Series A, 69, 217–223. 53
54 BIBLIOGRAFÍA [Hyndman et al, 1996] Hyndman, R., Bashtannyk, D. e Grunwald, G. (1996). Estimating and Visualizing Conditional Densities. Journal of Computational and Graphical Statistics, 5, 315-336. [Lee, 1989] Lee, M. (1989). Mode Regression. Journal of Econometrics 42, 337-349. [R] R Core Team (2018). R: A language and environment for statistical computing. R Foundation for Statistical Computing. [Van der Vaart, 1998] Van der Vaart, A. (1998). Asymptotic Statistics (Cambridge Series in Statistical and Probabilistic Mathematics). Cambridge University Press. [Wand e Jones, 1995] Wand, M. e Jones, M. (1995). Kernel Smoothing. Chapman & Hall. [Zhou e Huang, 2019] Zhou, H. e Huang, X. (2019). Bandwidth selection for nonparametric modal regression. Communications in Statistics - Simulation and Computation, 48, 968-984.