scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

A tradución no ámbito Galeusca: análise cuantitativa e cualitativa das traducións entre galego, catalán e éuscaro

Rodríguez Vila, Diego

Abstract

[GL]Galiza, País Vasco e Cataluña son tres nacións que experimentaron situacións políticas e sociolingüísticas moi semellantes ao longo da súa historia. Após a ditadura franquista, conformáronse como “nacionalidades históricas” dentro do estado español grazas á promulgación de cadanseu Estatuto de Autonomía durante a Segunda República. Ademais, posúen cadansúa lingua propia distinta do castelán, coa que coexisten nunha situación diglósica que é enfrontada mediante cadansúa Lei de Normalización Lingüística. Estas circunstancias compartidas propiciaron diversas asociacións entre nacións, desde os Pactos Galeusca, no eido do nacionalismo político, até a Federación Galeusca, no eido literario. Neste contexto de minorización lingüística, a tradución ten un papel fundamental na consolidación de cadanseu campo literario e na normalización de cadansúa lingua. A teor disto, neste traballo analizaranse as sinerxías entre estas comunidades a través da tradución: vaise estudar que obras se traducen, quen o fai e as motivacións de fondo. Centrarase o estudo nas traducións desde e cara ao galego, empregando como base, por unha banda, o corpus da Biblioteca galega de tradución (Bitraga) da Universidade de Vigo, que recolle as traducións literarias publicadas desde 1980 até a actualidade, e pola outra, a Base de datos de libros editados en España da Axencia Española do ISBN. O obxectivo final do traballo é a análise dos factores que rexen estas prácticas tradutivas, tendo en conta a planificación lingüística, as políticas de tradución, os sistemas editoriais, así como calquera outro factor que poida influír. Da mesma maneira, analizaranse as tendencias sobre a escolla das obras traducidas e o equilibrio entre a importación e a exportación de textos.

Full text

Grao en Lingua e Literatura Galegas Traballo de Fin de Grao A tradución no ámbito Galeusca: análise cuantitativa e cualitativa das traducións entre galego, catalán e éuscaro Autor: Diego Rodríguez Vila Titora: Dolores Vilavedra Fernández Curso 2022/2023 1 Grao en Lingua e Literatura Galegas Traballo de Fin de Grao A tradución no ámbito Galeusca: análise cuantitativa e cualitativa das traducións entre galego, catalán e éuscaro Autor: Diego Rodríguez Vila Titora: Dolores Vilavedra Fernández Curso 2022/2023 2 Índice [GAL] ..................................................................................................................................... 5 [CAT] ..................................................................................................................................... 6 [EUS] ..................................................................................................................................... 7 [ESP] ...................................................................................................................................... 8 [ENG] ..................................................................................................................................... 9 1. Introdución ........................................................................................................................... 11 2. Marco teórico ....................................................................................................................... 13 2.1 Contexto sociolingüístico e político en Galeusca .......................................................... 13 2.2 Campo literario e mercado editorial .............................................................................. 17 2.2.1 Evolución do mercado editorial en Galiza (1980-2019) ......................................... 19 2.2.2 Políticas de tradución no ámbito Galeusca ............................................................. 20 3. Metodoloxía ......................................................................................................................... 25 3.1 Análise crítica das bases de datos do ISBN e de Bitraga ............................................... 27 4. Análise das prácticas de tradución no eido Galeusca .......................................................... 30 4.1 A literatura infantil e xuvenil ......................................................................................... 34 4.2 A literatura para público adulto ..................................................................................... 39 4.2.1 Do catalán ao galego ............................................................................................... 39 4.2.2 Do éuscaro ao galego .............................................................................................. 42 4.2.3 Do galego ao catalán e ao éuscaro .......................................................................... 45 4.3 O castelán como lingua de interposición ....................................................................... 50 5. Conclusións .......................................................................................................................... 52 Bibliografía .............................................................................................................................. 55 Fontes ................................................................................................................................... 55 Referencias bibliográficas .................................................................................................... 55 Anexo 1. Autorías máis traducidas da LIX .............................................................................. 58 Anexo 2. Nómina de obras traducidas e autorías de LA.......................................................... 62 3 4 5 [GAL] Título: A tradución no ámbito Galeusca: análise cuantitativa e cualitativa das traducións entre galego, catalán e éuscaro. Resumo: Galiza, País Vasco e Cataluña son tres nacións que experimentaron situacións políticas e sociolingüísticas moi semellantes ao longo da súa historia. Após a ditadura franquista, conformáronse como “nacionalidades históricas” dentro do estado español grazas á promulgación de cadanseu Estatuto de Autonomía durante a Segunda República. Ademais, posúen cadansúa lingua propia distinta do castelán, coa que coexisten nunha situación diglósica que é enfrontada mediante cadansúa Lei de Normalización Lingüística. Estas circunstancias compartidas propiciaron diversas asociacións entre nacións, desde os Pactos Galeusca, no eido do nacionalismo político, até a Federación Galeusca, no eido literario. Neste contexto de minorización lingüística, a tradución ten un papel fundamental na consolidación de cadanseu campo literario e na normalización de cadansúa lingua. A teor disto, neste traballo analizaranse as sinerxías entre estas comunidades a través da tradución: vaise estudar que obras se traducen, quen o fai e as motivacións de fondo. Centrarase o estudo nas traducións desde e cara ao galego, empregando como base, por unha banda, o corpus da Biblioteca galega de tradución (Bitraga) da Universidade de Vigo, que recolle as traducións literarias publicadas desde 1980 até a actualidade, e pola outra, a Base de datos de libros editados en España da Axencia Española do ISBN. O obxectivo final do traballo é a análise dos factores que rexen estas prácticas tradutivas, tendo en conta a planificación lingüística, as políticas de tradución, os sistemas editoriais, así como calquera outro factor que poida influír. Da mesma maneira, analizaranse as tendencias sobre a escolla das obras traducidas e o equilibrio entre a importación e a exportación de textos. Palabras chave: tradución, Galeusca, galego, catalán, éuscaro. 6 [CAT] Títol: La traducció a l’àmbit Galeusca: anàlisi quantitativa i qualitativa de traduccions entre gallec, català i basc. Resum: Galícia, el País Basc i Catalunya són tres nacions que han viscut situacions polítiques i sociolingüístiques molt semblants al llarg de la seva història. Després de la dictadura franquista, es van conformar com a "nacionalitats històriques" dins l'estat espanyol gràcies a la promulgació dels seus Estatuts d'Autonomia durant la Segona República Espanyola. A més, cadascuna té la seva llengua pròpia, diferent del castellà, amb la qual conviuen en una situació diglòssica que s'enfronta mitjançant les seves Lleis de Normalització Lingüística. Aquestes circumstàncies compartides van donar lloc a diverses associacions entre nacions, des dels Pactes Galeusca, a l'àmbit del nacionalisme polític, fins a la Federació Galeusca, a l'àmbit literari. En aquest context de minorització lingüística, la traducció té un paper fonamental en la consolidació del camp literari de cada nació i en la normalització de cada llengua. Amb això en ment, aquest treball analitzarà les sinergies entre aquestes comunitats a través de la traducció: estudiarem quines obres es tradueixen, qui ho fa i les motivacions subjacents. L'estudi se centrarà en les traduccions des de i cap al gallec, a partir, d'una banda, del corpus de la Biblioteca Galega de Tradución (Bitraga) de la Universitade de Vigo, que recull les traduccions literàries publicades des del 1980 fins a l'actualitat, i de l'altra, la Base de dades de llibres editats a Espanya per l'Agència Espanyola de l'ISBN. L'objectiu final del treball és l'anàlisi dels factors que regeixen aquestes pràctiques de traducció, tenint en compte la planificació lingüística, les polítiques de traducció, els sistemes editorials, així com qualsevol altre factor que pugui influir. De la mateixa manera, s'analitzaran les tendències d'elecció de les obres traduïdes i l'equilibri entre la importació i l'exportació de textos. Paraules clau: traducció, Galeusca, gallec, català, basc. 7 [EUS] Izenburua: Itzulpengintza Galeusca esparruan: galego, katalan eta euskarazko itzulpenen analisi kualitatibo eta kuantitatiboa. Laburpena: Galiza, Euskal Herria eta Katalunia historian zehar egoera politiko eta soziolinguistiko oso antzekoak izan dituzten hiru nazio dira. Diktadura frankistaren ostean, “nazionalitate historiko” moduan egokitu ziren estatu espaniolaren baitan Bigarren Errepublikan izandako Autonomia Estatutu aldarrikapenari esker. Gainera, hirurek gaztelania ez den hizkuntza propio bat daukate, eta honekin elkarbizi dira bakoitzaren Normalizazio Linguistiko Legeen bitartez egoera diglosikoari aurre egiten zaiolarik. Egoera partekatu hauek nazioen arteko elkarteak bultzatu zituen, izan Galeusca Ituna, nazionalismo politikoaren eremuan, zein Galeusca Federazioa, eremu literarioan. Minorizazio linguistiko testuinguru honetan, itzulpengintzak funtsezko zeregina du bakoitzaren literatura arloan eta bakoitzaren hizkuntza normalizazioan. Honekin ados, lan honetan komunitateen arteko sinergiak aztertuko dira itzulpengintzaren bitartez: itzultzen diren obrak zeintzuk diren, zeinek egindakoak diren eta atzetik zer motibazio duten ikasiko da. Galegotik eta galegora egindako itzulpenetan zentratuko da azterketa, alde batetik Biblioteca galega de tradución (Bitraga) da Universidade de Vigo-ren korpusean, 1980az geroztik argitaratutako literatura itzulpenak jasotzen dituena, eta bestetik Agencia Española del ISBN- k Espainian editatutako liburuen datu-basean oinarrituz. Lanaren helburu nagusia itzulpen-praktika hauek zuzentzen dituzten faktoreen analisia da, planifikazio linguistikoa, itzulpengintza politikak, argitalpen sistemak edota eragina izan dezakeen beste edozein faktore kontutan hartuz. Honela, itzulitako obren hautu-tendentzia eta testuen arteko inportazio eta exportazioaren arteko oreka aztertuko da. Hitz gakoak: itzulpengintza, Galeusca, galego, katalan, euskera. 8 [ESP] Título: La traducción en el ámbito Galeusca: análisis cuantitativo y cualitativo de las traducciones entre gallego, catalán y euskera. Resumen: Galicia, País Vasco y Cataluña son tres naciones que han experimentado situaciones políticas y sociolingüísticas muy parecidas a lo largo de su historia. Tras la dictadura franquista, se conformaron como “nacionalidades históricas” dentro del estado español gracias a la promulgación de sus Estatutos de Autonomía durante la Segunda República. Además, poseen lenguas propias distintas al castellano, con lo que coexisten en una situación diglósica que es enfrentada mediante leyes de normalización lingüística. Estas circunstancias compartidas han propiciado diversas asociaciones entre naciones, desde los Pactos Galeusca, en el ámbito del nacionalismo político, hasta la Federación Galeusca, en el ámbito literario. En este contexto de minorización lingüística, la traducción tiene un papel fundamental en la consolidación de sus campos literarios y en la normalización de sus lenguas. De acuerdo con esto, en este trabajo se analizarán las sinergias entre estas comunidades a través de la traducción: se estudiará qué obras se traducen, quién lo hace y las motivaciones de fondo. Se centrará el estudio en las traducciones desde y hacia el gallego, empleando como base, por un lado, el corpus de la Biblioteca galega de tradución (Bitraga) de la Universidade de Vigo, que recoge las traducciones literarias publicadas desde 1980 hasta la actualidad, y por otro, la Base de datos de libros editados en España de la Agencia Española del ISBN. El objetivo final del trabajo es el análisis de los factores que rigen estas prácticas traductivas, teniendo en cuenta la planificación lingüística, las políticas de traducción, los sistemas editoriales, así como cualquier otro factor que pueda influir. De la misma manera, se analizarán las tendencias sobre la selección de obras traducidas e el equilibrio entre la importación y la exportación de textos. Palabras clave: traducción, Galeusca, gallego, catalán, euskera. 15 (1983/2006) e das Illas Baleares (1983/2007), así como a Lei Foral de Navarra (1982/2001) 7 , que tamén inclúen consideracións sobre o catalán/valenciano, como “lingua propia e oficial”, e sobre o éuscaro, só oficial nas zonas vascófonas. Estabelecida a oficialidade, “las regiones con lengua cooficial dejan los detalles de la reglamentación a leyes autonómicas (que alguna vez se hacen esperar)” (Kremnitz 2012: 52). Daquela, como apunta Kremnitz (2012: 69): Euskadi adopta, ya en 1982, una Ley básica de normalización del uso del Euskera, y Catalunya adopta en 1983 una Llei de normalització lingüística a Catalunya, como lo hace Galicia [coa Lei de Normalización Lingüística (1983)], mientras que Navarra, las Islas Baleares y la Comunidad Valenciana esperan hasta 1986 para adoptar leyes comparables, pero mucho más restrictivas, para la lengua propia respectiva. As diferenzas na extensión das linguas propias provocaron tamén diferenzas na fereza das devanditas leis: mentres que en Cataluña se aspiraba a converter o catalán na primeira lingua pública, en Euskadi, cunha menor difusión do éuscaro, cumpría só asegurarlle un espazo na vida pública (ib.). Hai tamén diferenzas neste aspecto debidas á conformación dos primeiros gobernos autonómicos: nos casos catalán e vasco “los partidos no estatales obtienen mayorías relativas o absolutas en los parlamentos, y por eso las políticas de afirmación autonómica se acentúan, dando ambas autonomías una importancia clave a las lenguas autóctonas” (Kremnitz 2012: 57). Por contra, en Galiza, nas Illas Baleares, Navarra e no País Valenciano, “afirmaciones rotundas por parte de los gobiernos sucesivos no iban acompañadas de una política coherente” (ib.), cun desinterese na promoción efectiva das linguas propias. Malia estas disparidades, a argumentación de van Hooft non deixa de ser certa (2001: 42): El reconocimiento de la cooficialidad del Euskera, Galego y Català (sic.) fue el primer paso hacia el proceso de restauración y normalización de tres lenguas que hasta ese momento habían sido relegadas al ámbito familiar y a la marginalidad a pesar de los intentos de mantenerlas a flote realizados, en muy precarias condiciones, por un pequeño grupo de escritores, editores, hablantes y lectores en cada uno de los dominios lingüísticos de dichas lenguas. Desta maneira, “los primeros años de la democracia fueron dedicados en cada uno de los dominios lingüísticos antes mencionados a la recuperación y el fortalecimiento de la[s] infraestructuras e instituciones culturales y de enseñanza” (van Hooft 2001: 43). Así, promocionáronse as linguas oficiais no ensino primario, medio e universitario e creáronse radios e televisións autonómicas (Euskal Telebista – ETB, TV3, Radio Catalunya, RTVG…). A escola e os medios audiovisual son, abofé, “mecanismos de cohesión social” que “maiormente poden contribuír de xeito loábel [á] promoción das linguas” (Ramallo 2016: 9). 7 Tamén, o novo Estatuto catalán, aprobado en 2006. 16 No ámbito literario, recuperáronse e creáronse infraestruturas editoriais, estabelecéronse subvencións directas ou indirectas a autores e editoriais, premios literarios e xornais e revistas literarias que “tratarán de reconstruir los desechos y sentar las bases para formar en unos casos y recuperar en otros una población que hable y consuma literatura en su lengua vernácula” (van Hooft 2001: 43). Con todo, a pesar de existir un marco legal favorábel, a situación non está exenta de conflito, nomeadamente pola alternancia entre gobernos a prol da política lingüística contra a diglosia, como os de ERC, os dos abertzales ou o do PSOE-BNG, e gobernos en contra, como os do PP (Kremnitz 2012: 69-71). Por exemplo, “hai motivos evidentes de alarma na situación das linguas oficiais no sistema educativo, en concreto o galego en Galicia e o catalán en País Valenciano e Illas Baleares” (Ramallo 2016: 8), por mor do desprazamento das linguas propias, a pesar do compromiso do Estado ao asinar a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias en 2001, consistente no ensino na lingua propia, co castelán como materia curricular. 17 2.2 Campo literario e mercado editorial Após a “longa noite de pedra” franquista, onde o mercado editorial galego, catalán e vasco tiñan unha actividade mínima de supervivencia (van Hooft 2001: 44), a reconstrución destes sistemas literarios e das súas infraestruturas foi consecuencia, coa chegada da democracia, da promulgación dos Estatutos de Autonomía e das Leis de Normalización Lingüística. Desde o Estado das autonomías, “en cuanto a la edición de títulos, las estadísticas de los tres dominios lingüísticos confirman que ha tenido lugar un claro y positivo desarrollo. […] El año 1978 es el punto de inflexión, notándose de forma evidente el inicio de la recuperación editorial” (van Hooft 2001: 44). Pasouse, daquela, dunha fase inicial “filolóxica”, onde se traducía para acumular capital simbólico e para prestixiar a lingua como vehículo capaz de reproducir discursos literarios universais de alto capital simbólico (Galanes Santos 2015: 47), a unha nova “fase comercial”, coa ampliación do mercado editorial como consecuencia da oficialidade destes idiomas e a súa entrada no ensino (Lema 2009 ápud Galanes Santos 2015: 51) 8 . Con todo, os avances déronse de maneira desigual e sempre por baixo dos do mercado castelán: como apunta van Hooft (2001: 44) o peso da edición en catalán é de arredor dun 15% en relación ao mercado castelán, mentres que no caso do éuscaro e do galego é de arredor dun 2,5%. Canto ás traducións, arredor do 20% de todos os títulos publicados en galego anualmente son traducións literarias (Galanes Santos 2015: 49), con cifras semellantes para o catalán (entre un 18% e un 25%, segundo Comellas 2016: 134) e algo máis elevadas para o éuscaro (entre un 25% e un 38%, segundo Manterola 2016: 183). Ademais, no caso galego, hai un claro desequilibro entre a importación e a exportación; a primeira supón en media un 66% do total da tradución (Galanes Santos 2015: 50). Primeiramente, nos anos 80, a entrada nas escolas destas linguas “condujo a una repentina y elevada demanda de textos en la lengua vernácula, inicialmente centrada sobre todo en libros de texto y otro material escolar, así como en literatura dirigida a un público infantil y juvenil” (Montero Küpper 2015: 18). Así, nesas primeiras décadas o número de traducións de literatura infantil e xuvenil (LIX) é moi superior ao das obras de literatura para público adulto (LA), e así se mantén ao longo destes corenta anos. A LIX presenta un volume de obra traducida cun valor medio de 65,3% das traducións ao galego, evolucionando desde un 80-60% a comezos de 1980 até un certo equilibro entre LIX e LA nos últimos anos (Galanes Santos 2015: 52). 8 Séguese neste traballo a cronoloxía da tradución nos sistemas en proceso de normalización cultural, orixinal de Lema (2009) e que emprega Galanes Santos (2015), posto que “el tipo mayoritario de traducción de un periodo puede servir para diagnosticar la situación de un sistema literario minorizado en ese momento” (2015: 45). 18 A LIX conta cunhas dinámicas propias dentro do mercado literario, con frecuentes alianzas editoriais no marco estatal para producir materiais de LIX simultaneamente en todas as linguas a través da coedición (Galanes Santos 2015: 52; Mociño 2015) tanto entre editoriais autóctonas, como Galaxia, La Galera e Elkar (Luna Alonso 2012: 133-135) como en editoriais españolas que comezan a operar nestas comunidades baixo un selo creado ad hoc, como Obradoiro- Santillana-SM, Rodeira-Edebé-Marjal, Tambre-Edelvives... (Galanes Santos 2015: 53). Tamén, nos últimos anos, entran con forza no mercado da LIX proxectos editoriais como Kalandraka (1998) ou OQO (2005) dedicados especialmente a este tipo de literatura, o cal a ollos de Galanes Santos (2015: 53) constitúe a introdución, polo menos neste xénero, da tradución galega na “fase autónoma” de Lema (2009) 9 . Estudaranse con máis vagar estas editoriais, coas súas coleccións, e a coedición no apartado dedicado á LIX. En xeral, a edición en lingua galega corre a cargo de editoriais privadas galegas como Galaxia, e Edicións Xerais, mais tamén hai edición por parte das institucións públicas (arredor dun 10% de toda a edición en galego) así como por parte de editoriais privadas do ámbito estatal (arredor dun 15%; Montero Küpper 2015: 19). Nos outros dous ámbitos, a situación é semellante, con editoras propias como Elkar, Susa, Erein ou Pamiela, para o éuscaro, ou Bromera, Barcanova, Cruïlla ou La Galera, para o catalán, aínda que no mercado editorial en lingua catalá haxa un pulo maior por parte das institucións públicas (Comellas 2016). Cómpre sinalar tamén as sinerxías existentes entre estas nacións, como as mencionadas alianzas de coedición ou a Federación Galeusca, formada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG, 1980), a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC, 1997) e a Euskal Idazleen Elkartea (EIE, 1982). Abofé, entre estas tres comunidades xéranse “mecanismos de solidariedade non só ideolóxica, senón tamén a nivel de mercado” (González Fernández 2001 ápud Buján Otero 2007: 909), xerando intercambios alternativos ao sistema dominante e potenciando a tradución entre estas linguas sen mediación do castelán. Así e todo, se ben a colaboración en Galeusca tivo moita forza na primeira transición, como indica Rábade Villar (2016: 271-272): en la actualidad las conexiones entre Galicia, Euskadi y Cataluña son muy débiles en el ámbito editorial. [...] Cuando estas conexiones tienen lugar el sentido del intercambio no suele ser ni simétrico ni recíproco, y parece obedecer antes a la voluntad de agentes individuales que a la planificación institucional o comercial 9 “A fase autónoma ou de importación e exportación, xorde como consecuencia da consolidación do campo literario galego como un campo con institucións, axentes e valores propios, capaz de xerar un discurso literario e simbólico que atenda ás súas necesidades” (Lema 2009 ápud Galanes Santos 2015: 56) 19 2.2.1 Evolución do mercado editorial en Galiza (1980-2019) Tracemos unha breve cronoloxía do mercado editorial galego no Estado das autonomías. Neses primeiros anos 80, cos comezos da etapa comercial, non hai unha planificación clara das traducións en Galiza; esta necesidade subsídiase primeiramente mediante a iniciativa persoal de persoas escritoras ou do ámbito académico, como Carlos Casares ou Xohana Torres (Montero Küpper 2015: 23). Nesta altura, impórtanse obras sen unha política de tradución ben meditada, pois o fin primordial era proveer a sociedade galega de textos literarios en lingua galega, nomeadamente LIX (Montero Küpper 2015: 25). Por suposto, a actividade non se limitou a traducir a eito; tamén se crearon asociacións como a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) da man de Xulián Maure 10 ou se buscou a colaboración con organismos académicos, como a Universidade de Vigo, a través da creación dunha titulación de Tradución e Interpretación e dunha revista Viceversa de tradución (Montero Küpper 2015: 24). Así, sentábanse as bases para “satisfacer las exigencias de la demanda gracias a la presencia de profesionales formados en la Universidade de Vigo y una mayor formación en lenguas extranjeras en general” (Montero Küpper 2015: 20). Na seguinte década, como indica Montero Küpper (2015: 25), las editoriales parecen encauzar una planificación para la edición y selección de traducciones: las colecciones (creación y traducción) que nacen al final de la década de los 80 o principios de los años noventa y que quieren ofrecer un espacio específico para los textos clásicos, demuestran esa intención de las editoriales de perfilar una política de traducción. Estas buscan satisfacer las demandas y necesidades de la sociedad a la vez que delimitan su espacio en el mercado Así, nos 90 enfócase a tradución cara aos textos canónicos da literatura universal e tamén cara ao público adulto, ampliando o mercado editorial alén da LIX. Posteriormente nacen tamén iniciativas editoriais, como Rinoceronte Editora (2005), Urco Editora (2007) ou El Patito Editorial (2007), “que eligen los textos que quieren traducir siguiendo criterios diferentes: [...] cubrir espacios culturales poco o nada representados en gallego” ou tendo “como criterio principal de elección el género literario (literatura fantástica y ciencia ficción, así como cómic respectivamente)” (Montero Küpper 2015: 26). As dúas décadas do século XXI correspóndense, daquela, coa etapa de profesionalización da tradución en Galiza, sendo a primeira delas “la única en la que se dio un intento de planificación de la traducción y en que el aumento de dotación económica es notable” (Galanes Santos 2015: 10 Tamén, cofundador de Edicións Xerais, uns dos motores da tradución galega nesta época. 20 52). Por unha banda, créanse novas asociacións, como a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI, 2001), que busca “mitigar la situación de precariedad laboral con la que se enfrentaban muchas profesionales de la traducción e interpretación en el cambio de siglo” (Montero Küpper 2015: 26), mais tamén cobra forza a ATG, apoiada e con influencia na Xunta en cuestións como a financiación das traducións da Biblioteca Virtual Galega (Bivir), a presentación de candidaturas para o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura, ou a redacción de lexislación específica, como a Lei do libro e do Plan de Lectura (ib.). Tamén se afianza nesta etapa a LA, consolidando “a partir de 2004 valores próximos a 100 obras/bienio, como umbral mínimo de títulos traducidos, lo que nos hace pensar en la emergencia de un público adulto formado en gallego con interés por la literatura universal traducida” (Galanes Santos 2015: 52) Isto, como apunta esta autora, é “un signo de normalización del sistema cultural: la consolidación de un público adulto que demanda obra literaria traducida” (ib.). Con todo, a partir da década de 2010, a tendencia á alza inverteuse; no inicios destes dez anos, “la edición en lengua gallega sumaba una media de unos 2220 títulos anuales con una tendencia porcentual a la baja [...], incluso por debajo de la edición en euskera 11 ” (Montero Küpper 2015: 19). No caso das traducións, a comezos da década minguou o seu volume “hasta el punto de que el número de traducciones de LIJ se reduce hasta la mitad” (Galanes Santos 2015: 52). Esta redución explícase, segundo estas autoras, “por la crisis económica [de 2008-2014] así como por los cambios discursivos en el ámbito del poder político” (Montero Küpper 2015: 19), particularmente á “reducción significativa de líneas de ayuda institucional, que se ha visto disminuida también en un 50%” (Galanes Santos 2015: 52, Rábade Villar 2016: 277). 2.2.2 Políticas de tradución no ámbito Galeusca No decurso da actividade de tradución nos casos galego, catalán e éuscaro teñen unha importancia vital as políticas de tradución, isto é, “las actuaciones y las pautas o directrices preliminares que marcan las líneas generales en las decisiones de una entidad pública o privada en materia de traducción” (Montero Küpper 2015: 22-23), por seren sistemas culturais subalternos. Ímonos centrar nas políticas de tradución institucionais, que adoitan concretarse na convocatoria de premios de tradución, na subvención da actividade tradutora e na promoción e o apoio loxístico. 11 No caso da edición e da tradución vasca tamén se percibe, ademais, unha diminución desde o 2011 polas mesmas razóns ca no caso galego (Manterola 2016: 180). 21 Os premios de tradución son políticas culturais que reforzan as medidas enfocadas na importación de novos textos. Como explica Montero Küpper (2015: 27): “constituyen, de manera parecida a los galardones de creación, una estrategia para avalar la calidad de un texto traducido y de partida a la vez que visibilizan el hecho traductor”, incentivando a lectura e a actividade tradutora, ao mesmo tempo que amplían horizontes no proceso de conformación e rexeneración do sistema cultural galego. No ámbito da Administración estatal 12 , o Ministerio de Cultura convoca dous premios específicos para a tradución, nos que poden optar traducións a calquera das linguas estatais: o Premio Nacional á Mellor Tradución (desde 1985) e o Premio Nacional á Obra dun Tradutor (desde 1989). Estes galardóns contan cun maior prestixio ca os convocados polas institucións autonómicas, ao contaren cunha maior difusión que un galardón desta índole (Montero Küpper 2015: 27). Trátanse, con todo, de estratexias políticas que buscan “manifestar una (supuesta) normalidad para con las diferentes culturas en el Estado español, puesto que se convoca explícitamente para todas las lenguas cooficiales españolas” (ib.); así e todo, só dúas traducións catalás e dúas galegas obtiveron este premio, fronte a unha maioría de traducións ao castelán (Montero Küpper 2016: 65). No caso da Administración autonómica galega, Montero Küpper aduce o seguinte (2015: 28): Las autoridades gallegas no han prestado una debida atención a este incentivo para las traducciones o las autorías de las traducciones. Así, desde hace veinte años no existe ningún premio de traducción convocado por la Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia. Y el único premio de traducción creado por el gobierno gallego, el Premio de Traducción Ramón Cabanillas, no logró cumplir su propósito al ser extremadamente fugaz. Efectivamente, para este premio só houbo convocatorias entre 1989 e 1994. Ademais de que o resto de premios non contemplan a actividade tradutora, existen sospeitas de “clientelismo” nestes premios literarios (González-Millán 1994 ápud Montero Küpper 2015: 27-28), o que lles resta prestixio en favor dos galardóns estatais. Algunhas institucións non gobernamentais tamén crean os seus propios premios segundo os seus intereses na autoría das traducións, tipo de texto, edición... (Montero Küpper 2015: 30). Por exemplo, a UVigo convoca o Premio de Poesía e de Relato Curto, que inclúe a modalidade de tradución literaria desde 1998; a Fundación Plácido Castro convoca un premio desde 2001; 12 Neste traballo non se recollen as iniciativas no ámbito europeo por non teren demasiada influencia na tradución entre galego, catalán e éuscaro, que si recolle na súa achega Montero Küpper (2016). 22 A AGE tamén convoca desde 2005 o Premio Lois Tobío á Tradución na convocatoria anual do Premio Da Edición; finalmente, a AELG incorpora a tradución no seu premio desde 2006 (Montero Küpper 2015: 30-32). No ámbito das organizacións estatais, “los Premios Nacionales de la Crítica han marcada el tono con sus cuatro secciones dedicadas a las literaturas escritas en castellano, catalán, vasco y gallego, sentando, de esta manera, precedente en la labor de promocionar y difundir conjntamente estas cuatro literaturas” (van Hooft 2001: 46). En Cataluña, pola contra, hai varios premios de tradución por parte de entidades públicas, como o Premi Ciutat de Barcelona do Instituto de Cultura de Barcelona, con modalidade de tradución desde 1995, ou o Premio Rafel Jaume da AELC, desde 1985, aínda que non así do Departament de Cultura da Generalitat (Montero Küpper 2016: 67). Ademais, para a extratradución, o Institut Ramon Llull, encargado da promoción da cultura catalá no estranxeiro, convoca un premio de tradución literaria do catalán desde o 2012 (ib.). Igualmente, en Euskadi o Instituto Etxepara, ocupado da promoción exterior da cultura vasca, promove en colaboración con Laboral Kutxa desde o 2015 o Premio de Tradución Etxepare Laboral Kutxa para as traducións da literatura vasca. Ademais, as autoridades de Euskadi conceden desde 1997 un premio para intratraduciones, o Euskadi Literatura Sariak (‘Premio Literario Euskadi’), que contempla a modalidade de mellor tradución literaria ao éuscaro (Montero Küpper 2016: 67-68). No que concirne á política de subvencións, compártese o exposto por Montero Küpper (2015: 33-34), aplicábel tamén aos mercados vasco e catalán: Las editoriales gallegas actúan en un mercado globalizado cuyos productos dependen en gran medida de las opciones impuestas por los mercados y comunidades económicamente más favorecidas. El mercado del libro gallego forma parte de un sector circunstancialmente desfavorecido por lo que precisa una discriminación positiva [...] A la mencionada discriminación positiva se puede acceder mediante un apoyo económico que les compete especialmente al Estado español y al Gobierno gallego. Así, o Estado convoca axudas á tradución e edición en linguas extranxeiras de obras españolas redactadas en calquera lingua 13 e, desde 1986 e até 2012, axudas específicas para a tradución entre linguas españolas, que se aplican de maneira recíproca a todas as linguas oficiais do estado desde 1991 (Montero Küpper 2015: 34). O número de traducións ao galego subvencionadas por esta axuda oscilou entre 3-5 volumes por convocatoria, dotadas dunha media aproximada de 1000€ por libro (ib.). 13 Aínda que cun desentendemento da internacionalización das culturas subalternas (Montero Küpper 2016: 71). 23 As axudas da Administración galega, en cumprimento do artigo 20 da LNL, “constituyen las medidas principales a la traducción editorial e incluyen tanto las iniciativas para promover la traducción al gallego como las iniciativas de internacionalización del capital cultural gallego” (Montero Küpper 2015: 35). Até 2006, o goberno galego subvencionaba para a edición en xeral, mais entón dáse “una reorientación de estas subvenciones reflejada en la Lei do libro gallega de 2006 que, además de la traducción literaria desde y al gallego, también hace explícita referencia a la promoción de la traducción de textos científicos y técnicos” (ib.). Xa que logo, nos anos 2005-2008 as axudas aumentan considerabelmente, mentres que a partir de 2009 comezan os recortes derivados da crise económica (Montero Küpper 2015: 36). A subvención para a importación nestes anos é, en valor medio, 98.000€ por ano (un 57% sobre o total), aínda que nos últimos anos nunca se chega a adxudicar a suma total das subvencións (ib.). Montero Küpper (2015, 2016) fai unha análise pormenorizada dos problemas nas subvencións por mor dos criterios de adxudicación. Vaise salientar un deles: a predilección por “textos significativos” de “carácter universal” (Montero Küpper 2015: 37), o que explica o gran número de clásicos literarios subvencionados e, asemade, a selección de obras que xa forman parte do sistema cultural literario a través dunha versión española (Montero Küpper 2015: 38). Sería interesante, porén, fuxir do repertorio hexemónico para poñer en valor a autonomía do sistema literario galego: “Abandonar la hegemonía cultural significaría colocarnos en una situación privilegiada ya que nos permite ampliar nuestro horizonte cultural completando con importaciones el espectro literario y científico que ofrece la cultura dominante” (Montero Küpper 2015: 41). A Administración catalá, particularmente o Departament de Cultura da Generalitat de Catalunya a través da Oficina de Suport a la Iniciativa Cultural, tamén convoca subvencións anuais para a intratradución de obras literarias, cun orzamento semellante ao galego mais para linguas “non españolas” (Montero Küpper 2016: 69-70), ao consideraren que a tradución no ámbito español lle compite ao Ministerio de Cultura. No caso da extratradución, con todo, dáse un apoio loxístico a través do Institut Ramon Llull a través de actividades de formación, promoción da presenza da cultura catalá en feiras do libro e subvencións, cun orzamento xeneroso en comparación co galego ou vasco, 220.000€ (Montero Küpper 2016: 70). O goberno vasco, pola súa banda, tamén ofrece subvencións para a intratradución tanto para o castelán como para o éuscaro, o que “resulta insólito desde el punto de vista de otras comunidades con lengua propia” (Montero Küpper 2016: 68) ao reservar arredor dun 20% da contía da subvención como mínimo para o castelán. O goberno de Euskadi tamén colabora con 24 proxectos como Literatura Unibertsala, da Asociación de Tradutores Vascos (EIZIE), que promoveu a tradución de 150 obras clásicas. Para a extratradución, tamén hai subvencións do Instituto Etxepare desde 2012 (Montero Küpper 2016: 68-69). No tocante ao apoio loxístico e a promoción, no nivel estatal hai apoio promocional nalgunhas revistas literarias e xornais, como Ínsula, con seccións fixas e monográficos de literatura vasca, galega e catalá, coa inclusión de Jon Kortazar, Anxo Tarrío Varela e Jaume Pont no seu comité de redacción (van Hooft 2001: 46-48). O mesmo apoio tamén se dá no ámbito periférico, con monográficos sobre a literatura vasca na revista Grial (1998, nº 140) ou sobre a poesía galega, na revista vasca Zurgai (1993; ib.). Alén disto, no ámbito gubernamental autonómico, a Xunta de Galicia, por exemplo, patrocina obradoiros de tradución de textos literarios, a formación de tradutoras e tradutores literarios na UVigo, plataformas informativas en liña, como a colección Galician Classics, aínda que centrándose só na exportación (Montero Küpper 2015: 39). A modo de conclusión deste apartado, nestes 40 anos os mercados literarios galego, catalán e vasco experimentaron unha lenta recuperación, primeiramente pola necesidade de LIX, mais despois consolidándose na fase comercial no caso da LA, nomeadamente do xénero narrativo. Estas transformacións producíronse nun “reducido horizonte temporal y, salvo algunas iniciativas puntuales, sin el soporte de una política de traducción institucional continuada, más allá del apoyo financiero por la vía de la subvención” (Galanes Santos 2015: 61). Ademais, obsérvase un certo declive na tradución na última década por mor da crise económica e política. 31 Figura 2. Total de traducións por ano. Elaboración propia. Na primeira década do novo milenio é cando se traducen máis obras entre estas comunidades, sendo o ano 2001 o annus mirabilis da tradución en Galeusca, coa tradución de 64 obras desde e cara ao galego (fig. 2). O aumento nas subvencións reflíctese no das obras traducidas, con valores medios de 14 títulos/anos na intratradución do catalán e na extratradución cara a esta lingua, 6,5 na extratradución cara ao éuscaro e 4,5 na intratradución. Con todo, a partir de 2010 danse de novo uns datos de traducións menores aos da década anterior, cunha tendencia á baixa: 7,1 traducións/ano para o catalán desde o galego, 6,9 do catalán ao galego, 4,3 do galego ao éuscaro e 1,6 do éuscaro ao galego. Canto ao equilibrio entre intra e extratraducións, obsérvase que, agás no comezo deste período, cunha elevada importación de LIX catalana, a exportación é sempre superior á importación, como é habitual nas periferias ibéricas (Galanes Santos 2015: 57): Solo en el caso del español se mantiene la posición de intercambio y que, contrariamente, a lo que ocurría en la exportación, en la importación el marco de referencia es el circuito europeo [inglés, francés, alemán, italiano, portugués...], quedando las lenguas de la península relegadas a posiciones más subalternas. A distribución de xéneros traducidos recóllese na fig. 3, para a LIX, e na fig. 4, para a LA. Na LIX, os xéneros predilectos son os narrativos: os contos, relatos e álbums ilustrados (LIT_Narrativa_Relato_LIX, 60%) seguidos da novela infantoxuvenil, un 37% do total, en consonancia cos datos de Galanes Santos (2015: 53-54). A tradución do xénero poético, teatral e de banda deseñada para o público infantil é anecdótica, así como do xénero divulgativo, con 15 títulos (vid. Galanes Santos 2015: 54). 32 Figura 3. Distribución de xéneros na LIX. Elaboración propia. No caso da LA, pola contra, se ben a suma dos subxéneros narrativos (Novela, Relato e Contos) mantén o liderado, con porcentaxes de 31%, 12% e 2% respectivamente, o xénero máis traducido é o poético, un 38% do total. Desde un punto de vista editorial, a poesía é máis barata de editar que a narrativa, se ben tamén ten menor éxito. Ademais, na conformación das literaturas emerxentes a poesía é un dos xéneros predilectos, o que acaba conformando asemade a caracterización destas literaturas nas comunidades meta como emerxentemente poéticas. Figura 4. Distribución de xéneros na LA (datos agrupados). Elaboración propia. A tradución da poesía en forma de antoloxías multiautoriais ou de autor/a permite tamén a introdución de parte do canon literario ou das novas xeracións nestes mercados, aínda que é unha tendencia común a todas as linguas (Buján Otero 2007: 903). Como indica Teresa Seara 33 (2001: 101 ápud Buján Otero 2007), a antoloxía é “o vehículo máis adecuado para ofrecer mostrar plurais doutras literaturas, recompilar autores e obras esquecidos no tempo ou tamén para achegarnos o quefacer de poetas de sistemas literarios alleos a nós”. Se ben a tradución poética foi importante nas primeiras décadas destes corenta anos, nos últimos anos percíbese un “debilitamento del horizonte peninsular como objeto de las relaciones interliterarias” (Rábade Villar 2016: 283). Fronte ao modelo antolóxico de poetas de Galeusca, o recente conflito catalán pola independencia política tivo consecuencias na esfera literaria (Rábade Villar 2016: 284): Aunque reconozcamos, en la estela de Pierre Bourdieu, la autonomía de la literatura con respecto a la economía y a la política, probablemente la crisis del modelo territorial del Estado ha tenido también consecuencias profundas en las dinámicas de exportación e importación en el ámbito peninsular. Frente al paradigma Galeuska, las últimas tensiones identitarias entre el centro y las periferias estatales no se han traducido en una reactivación simbólica de los vínculos entre las comunidades históricas. Se diría, más bien, que en una relación inversamente proporcional, las reivindicaciones políticas han reactivado el centralismo literario, y esto no solo en lo que atañe a las iniciativas estatales sino, como hemos visto, también a las periféricas, cada vez más renuentes a tomarse entre sí o consideradas en su conjunto como objeto susceptible de antologación. Ademáis de narrativa e de poesía, tamén hai bastantes traducións de ensaio literario, fundamentalmente no eixo catalán-galego, cun 13% das traducións. O teatro (3%), a banda deseñada (a tradución ao galego de Azken garaipena de Julen Ribasen en 2014, co título A victoria final da man de Urco Editora) e outras modalidades textuais (un diario ficcional de Suso de Toro, Mai més: diari urgent d'una catàstrofe, traducido ao catalán en 2003) case non teñen relevancia nas traducións no ámbito Galeusca. En xeral, como vemos, o xénero privilexiado nas traducións é o narrativo, cunha tendencia á alza agás no caso do relato para público adulto, segundo os datos de Galanes Santos (2015: 54). Esta autora achega varias xustificación a esta suba na tradución de narrativa para público adulto: por unha banda, a irrupción no mercado de proxectos editoriais dedicados especialmente á tradución de novela, como Rinoceronte Editora ou Faktoría K de Libros, que tamén repercute “en los catálogos y colecciones de editoras de más larga trayectoria, que se vieron impelidas a aumentar el volumen de traducciones de obra narrativa de público adulto para dar respuesta a la demanda de los lectores formados ya en gallego en las décadas anteriores” (Galanes Santos 2015: 55). Así, o impulso de pequenas editoras, sumado a un incipiente público adulto e a un impulso institucional na dotación de axudas permite que a tradución entre, para este xénero, nunha etapa máis comercial. 34 4.1 A literatura infantil e xuvenil A LIX, como se sinalou antes, supón o groso das traducións desde e cara ao galego desde a década dos 80 (Mociño 2015: 109) e, ademais, “réxese en xeral, e especialmente no caso galego, por normas e costumes ben diferentes ós que regulan a literatura para adultos” (Buján Otero 2007: 900). As causas disto son, como sinala Buján Otero, o reducido prezo da produción destes libros “pouco extensos que ademais gozan de subvencións” e a súa “grande acollida no mercado, especialmente por cubrir a demanda de lectura obrigatoria en galego para o sector do ensino” (ib.). Deste xeito, “ante a demanda e a insuficiencia de material de creación propia, as editoriais botan man da traducción para satisfacer as necesidades creadas no ámbito educativo” (ib.). Cómpre sinalar que o mercado catalán ten moito peso na importación de LIX ao galego, sendo o segundo máis importante a nivel xeral, por detrás do castelán pero por diante do inglés (ib.). A delimitación xenérica da LIX é, canto menos, problemática. Fóra das pretensións de considerala un xénero só segundo o público albo 19 , dentro da LIX atopamos narrativa (contos, novelas, coleccións de relatos...), poesía, teatro, álbums ilustrados... aínda que, como se indicou no apartado anterior, a meirande parte correspóndese co xénero narrativo. Ademais, moitas veces se clasifican baixo a LIX obras non necesariamente literarias, como “publicaciones didácticas, formativas, pedagógicas o simplemente material escolar, con una función instrumental y no literaria” (Mociño 2015: 108). Segundo Mociño (2015: 109), hai catro vías principais na importación e exportación de LIX: a coedición e multiedición, as autotraducións (moi importantes na tradución de e ao castelán mais con pouco peso no caso que nos atinxe), a importación (moitas veces, adaptada) de clásicos universais e “los aspectos más relevantes que presenta la contemporaneidad” (ib.), como as novas editoriais plenamente inseridas na etapa autónoma da tradución. Como indica esta autora (Mociño 2015: 109), La coedición fue el recurso con el que se inició en Galicia la importación de LIJ. A ella recurrieron las editoras gallegas para poder ofrecer a la infancia y juventud obras cuyos costes le resultaban inasumibles, pero que eran necesarias para la formación de lectorado en la lengua propia, la defensa de la cultura y, sobre todo, para la normalización lingüística. 19 É igualmente problemática a delimitación da LA só polo público á que está dirixida. Asúmense ambos como convención tanto editorial (as editoriais elaboran coleccións diferentes segundo o público ao que as dirixen) como académica, ao aparecer en todos os traballos consultados. 35 Desde os anos 60 déronse os primeiros contactos entre La Galera (que nesa altura editaba en catalá e éuscaro) e Galaxia, coas coñecidas traducións de Xohana Torres 20 . Este achegamento consolídase en 1979 coa sinatura dun acordo para editaren de maneira conxunta, xunto a editora vasca Elkar, coa colección A Chalupa 21 (Luna Alonso 2012: 133-135). Algúns exemplos desta colaboración son os títulos El gos Tupí i el llop Crispí e Rin eta Krixpin (1983), traducións da obra de Carlos Casares O can Rin e o lobo Crispín, O cazador (1992), tradución de El caçador, de María Angels Gardella ou A tenda da Pepa (1984), tradución de Joxepi dendaria, de Mariasun Landa. Estes acordos acaban afianzándose nos anos oitenta e noventa (Galanes Santos 2012: 210) coa creación de Editores Asociados, “formada por Galaxia, Llibros del Pexe, Elkarnean, La Galera, Xordica, Bromera y Tàndem” (Luna Alonso 2012: 135), que publicaron numerosas traducións baixo as coleccións La mar ou ¿E que? 22 , como Sóc adoptada e Alaba adoptatua naiz (2004), traducións de Eu son adoptada, de Xosé Antonio Neira Cruz ou Vou ter unha irmanciña (2002), tradución de Arreba txiki bat dut, de Txiliku. Nesta época estendéronse os selos editoriais específicos para as comunidades bilingües de editoras de ámbito estatal como Alfaguara (Obradoiro en Galiza, do grupo Santillana), Altea, Anaya, Edebé (Rodeira) ou Edelvives (Tambre) “que alternarían la traducción de obras de su fondo editorial en castellano con las de creación propia en la línea iniciada por SM (Xerme Edicións en Galicia).” (Luna Alonso 2012: 135). Esta última, por exemplo, adaptou o seu premio e colección El Barco de Vapor con tres convocatorias novas: El Vaixell de Vapor, O Barco de Vapor e Baporea. Nelas publicáronse moitos títulos, como El laboratori del doctor Nogueira e Nogueira doktorearen laborategia (2000, trad. de O laboratorio do doutor Nogueira, de Agustín Fernández Paz), Les coses de Ramón Lamote e Ramon Lamoteren gauzak (1986/1989, trad. de As cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín) ou El llapis de la Rosalia e Rosaliaren arkatza (2007/1994, trad. de O lapis de Rosalía, de Antón Cortizas). A partir dos anos 90 producíronse cambios no sector editorial, cun maior apoio polas institucións do fomento da lectura e da proxección exterior da LIX. Nese tempo, como indica Luna Alonso (2012: 137-138), las cifras de LIJ gallega exportada aumentan considerablemente. Esto se debe en gran parte a la capacidad de renovación de Edicións Xerais, apoyado por el grupo Anaya, a la consolidación de muchas editoras 20 Véxanse os traballos de Montse Pena “A muller contra a marea, Xohana Torres pioneira da literatura infantil galega” (2010) e de Dolores Vilavedra “70 anos de literatura galega” (2020) na revista Grial. 21 La Xalupa e Txalupa saila, en catalán e éuscaro. 22 I què? e Eta zer?, respectivamente. 36 como Baía Edicións (1990), que solo edita en gallego, o al nacimiento de Kalandraka, especializada en álbum ilustrado para primeros lectores. Kalandraka (1998), editorial galega, comeza en 2000 a publicar no resto das linguas peninsulares, coeditando con Pamiela (vasco) e Edicions Hipòtesi (catalán; Luna Alonso 2012: 140) e continúa o seu labor coa distribución internacional destas a través de diferentes selos editoriais. Equilibra a súa edición de clásicos (vid. infra), por unha banda, coa creación de obras novas (Luna Alonso 2012: 140-141) a través de coleccións como Libros para soñar 23 . Por exemplo, traduciu Avós, de Chema Heras, a todas as linguas peninsulares en 2002 (Avis e Amama eta aitita). Tamén importou LIX ao galego, como no caso de A lúa de Xoán (2015, La lluna d’en Joan, de Carme Solé Vendrell 24 ) ou de Bechopoemas e outras bestas (2019, Xomorropoemak eta beste piztia batzuk, de Leire Bilbao). De Kalandraka xurde OQO Editora en 2005, coa vocación da exportación internacional de textos galegos (Luna Alonso 2012: 142). Colabora no mercado vasco co selo editorial navarro Txalaparta, por exemplo, nas traducións da obra de Marisa Núñez Folla (Patacrúa): Chocolata e Loboferoz foron traducidos como Xocolata e Llopferoç (2006), Txokolata (2017) e Otsomaltzur (2017). A LIX dá acollida a clásicos universais, como indica Mociño (2015: 109), adaptándoos para a rapazada, non só nas comunidades galega, vasca e catalá, senón en todos os mercados de LIX. A inclusión de clásicos nestas coleccións supón unha dobre garantía de éxito: “o renome da obra garante o interese do comprador, e o tipo de colección no que se insire supón en certa medida unha garantía de compra” (Buján Otero 2007: 901). Deste xeito, adáptanse clásicos universais da LIX, como O traxe novo do rei (El vestit nou del rei e Erregearen traje berria, en versión de Xosé Ballesteros no ano 2001), e tamén se traducen obras canónicas de LA na cultura orixe. No caso galego, os exemplos máis representativos son Memorias dun neno labrego (Memòries d'un nen de pagès, en 1985, e Mutiko baserritar baten oroitzapenak, en 1988) e Cartas a Lelo (Cartes a Nel·lo, 1995), de Xosé Neira Vilas, mais tamén se importan clásicos pasados polo filtro da LIX: do catalán tradúcense as obras de Manolo de Pedrolo Xogo sucio, Traxecto final, Círculo vicioso e Mecanoescrito de segunda orixe na colección Árbore da Editorial Galaxia 25 e do éuscaro, algunhas obras de Bernardo Atxaga, como Cando a serpe mira o paxaro ou Memorias dunha vaca. 23 Llibres per a somniar e Amets egiteko liburuak, respectivamente. 24 Premio Generalitat De Catalunya de Ilustración e unha das 100 obras da LIX española do s. XX segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. 25 Estas obras foron lecturas obrigatorias do bacharelato nos anos 90 (Buján Otero 2007: 901). 37 No anexo 1 pódense consultar as tres táboas coas autorías máis traducidas do catalán, do éuscaro e do galego, respectivamente. No caso do catalán, traducíronse 339 obras (fronte ás 60 obras de LA, o cal supón o 85% da tradución 26 ) de 158 autores e autoras diferentes. En media, hai algo máis de dúas obras por autoría, con 97 autores e autoras que só contan cunha única tradución (máis do 60%). Entre as máis traducidas están as obras de Teresa Sabaté i Rodié (17 obras traducidas), Montse Ganges (13), Teresa Duran i Aremengol (12), Joles Sennell (12) e Pasqual Alapont (10), das que se escolman as primeiras traducidas ao galego, as últimas e as galardoadas na táboa 1 do anexo. As e os tradutores que máis traduciron desde o catalán, dun total de 99, foron María do Carme Hermida Gulías (26 traducións), José Ignacio Chao Castro (25), Xoán Babarro (16), Damián Villalaín (14), Francisco Xavier Senín Fernández (13) e Manuel Rico Verea (12), en editoriais como Sotelo Blanco, Galaxia, Xerais, Combel, Argos Vergara, Baía e Rodeira. Como se verá máis abaixo, a tradución do éuscaro é principalmente de títulos de LIX, “con títulos como Helena e o solpor de Juan Kruz Iguerabide (Galaxia, Costa Oeste, 2001) e O paxaro no corno do touro de Joxan Ormazábal (Galaxia, Col. Bambán, 1999).” (Buján Otero 2007: 907). Desta lingua traducíronse 60 obras (fronte ás 21 de LA, un 74% do total) de 27 autorías diferentes, cunha media semellante de traducións/autoría (algo máis de dúas) e de autores/as cun só título traducido (18, un 60%). As autorías cimeiras son Mariasun Landa (12 obras traducidas), Patxi Zubizarreta (8), Bernardo Atxaga (5) e Juan Kruz Igerabide (5), de quen se escolman as obras máis representativas na táboa 3 do anexo. Moitos deles son tamén autores de obras de LA, como Atxaga, e tradutores de LIX e LA ao éuscaro. Das 32 persoas tradutoras de LIX vasca, as máis prolíficas foron José Ignacio Chao Castro 27 (7 traducións), Xesús Carballo Soliño (7) e María do Carme Torres París (6), baixo editoriais como Galaxia, Xerais, Faktoría K de Libros (selo de Kalandraka) e Ir Indo. Finalmente, na exportación da LIX galega hai 235 obras traducidas ao catalán (78% fronte ás 67 obras de LA) e 129 ao éuscaro (80,6% fronte ás 31 de LA) de 98 autorías diferentes (89 ao catalán, 52 ao éuscaro) e cunha media de 2,5 obras por autoría. 39 destas persoas só viron a súa obra traducida unha vez, cunha porcentaxe moito menor ca nos casos anteriores (39% fronte aos valores anteriores de máis de 60%). O canon da LIX galega está conformado por autoras e autores consagrados nos Premios Nacionais de LIX como Paco Martín (1985, Das cousas de Ramón Lamote), Xavier P. Docampo (1995, Cando petan na porta de noite), Fina Casalderrey 26 Consonante co dato de Comellas (2016: 137), 87%. 27 Tradutor, daquela, tanto do catalán como do éuscaro. 38 (1996, O misterio dos fillos de Lúa) e Agustín Fernández Paz (2008, O único que queda é o amor), xunto a outros como Antonio García Teijeiro e Antón Cortizas (Luna Alonso 2012). Particularmente, no espazo Galeusca as autorías máis traducidas son Agustín Fernández Paz (55 obras traducidas ao éuscaro e ao catalán), Fina Casalderrey (38), Xosé Ballesteros (15), Marilar Aleixandre (13) e Xavier P. Docampo (11), de quen escolmamos algunhas obras salientábeis na táboa 3 do apéndice 1. Canto ás persoas que traducen, no caso catalán salientan, das 102 totais, Josep Franco Martínez (26 traducións), Ariadna Martín Sirasols (23), Pau Joan Hernàndez (19), Albert Jané (9) e Francesc Boada i Moret (8), nas editoriais Edicions Bromera, OQO, La Galera, Kalandraka, Cruïlla e Barcanova. No caso vasco, das 49 persoas tradutoras destacan Koldo Izaguirre Urreaga (27 traducións), Joxantonio Ormazabal (11), Arkaitz Gokoetxeak (9) e Manu López Gaseni (8), baixo selos editoriais como Elkar, Kalandraka, Erein ou Pamiela. O avance da LIX e da súa tradución nestes corenta anos foi moi marcado, pasando desde algunhas traducións puntuais ao desenvolvemento dun mercado propio e autónomo. En palabras de Mera (2004) recollidas por Luna Alonso (2012: 147), “de ser marxinal, un subproduto de escaso interese editorial, nas mans duns cantos iniciados conscientes da importancia do que tiñan entre mans, pasamos a ver que estamos nun momento no que a nosa literatura para os máis novos é pioneira alén fronteiras” (Mera 2004 ápud Luna Alonso 2012: 147). A relación co resto das linguas ibéricas é forte, malia que as traducións “todavía no son suficientemente representativas, a pesar de apuestas como las de Kalandraka” (Luna Alonso 2012: 144). Cumpriría, na opinión desta autora, un apoio institucional do goberno autonómico máis claro, como o que realizou en 2008 para a importación e a exportación de LIX (2012: 144-146). Xaora, pese o panorama de tradución masiva de LIX fronte á reducida tradución de LA, que pode resultar desesperanzador, Consentla (1996 ápud Buján Otero 2007) defende que potenciar a LIX ten un efecto proveitoso “a curto, medio e longo prazo, ó irmos gañando lectores futuros para o galego”, como os que apareceron nas décadas dos 90 e do novo milenio. 39 4.2 A literatura para público adulto A LA, de catálogo máis reducido, vai ser analizada de xeito pormenorizado, tendo en conta os circuítos e as direccións de tradución coa nómina completa, que pode consultarse no anexo 2. 4.2.1 Do catalán ao galego Figura 5. Traducións do catalán ao galego por ano. Elaboración propia. Como se pode observar na figura 5, no circuíto catalán en galego publícanse cada ano menos de 5 obras (agás no 2019, con 6 obras traducidas), cunha media de 1,5 títulos por ano. A tendencia a alza é clara: mentres que na primeira década só se publicaron 3 obras, na segunda xa se publicaron 21, na primeira década do milenio, outras 21, e na última década estudada, 15, constatando así unha desaceleración das traducións por mor dos cambios nas políticas de tradución e da crise económica. O dato de traducións do último ano estudado, 2019, excepcional por superar a tradución de LA á de LIX, deixa entrever unha certa recuperación que haberá que contrastar no futuro, a teor das circunstancias derivadas da pandemia de COVID-19. As 60 obras traducidas de 51 autoras e autores distribúense xenericamente como se indica na seguinte figura 6. O xénero máis traducido é a poesía (33%), seguido da novela (32%) e do ensaio (25%). Canto á nómina autorial, “do catalán predominan as obras e autores clásicos ou autores pertencentes ó canon da literatura de orixe” (Buján Otero 2007: 902). É curioso que a meirande parte desta nómina só conta cun único título traducido, achegando unha panorámica da literatura catalá ao público galego mais sen afondar en ningunha autoría canónica, agás 40 contados casos, os de Quim Monzó, Antoni Marí, Rafael Lluís Ninyoles Monllor, Miquel Àngel Riera e Jordi Sierra i Fabra, de quen se traduciron dúas ou tres obras. Figura 6. Distribución de xéneros na LA do catalán ao galego. Elaboración propia. No narrativo, aínda que hai unha colectánea de contos (Contos de África) e de relatos (Vinte e nove contos, de Quim Monzó ou Se comes un limón sen facer xestos, de Sergi Pàmies), o formato máis exitoso é a novela. Salientan as dos autores máis consagrados como Manuel de Pedrolo (Mecanoscrito da segunda orixe, tamén traducido como LIX), Quim Monzó (A magnitude da traxedia, Mil cretinos), Joan Perucho (Monstruario fantástico, moi achegado estética e persoalmente a Cunqueiro segundo Buján Otero 2007: 902), Mercè Rodoreda (A praza do diamante, cunha adaptación cinematográfica previa segundo Vilavedra 2015) ou Jesús Moncada (Camiño de sirga). Tamén destacan o poeta Miquel Àngel Riera (Fuxida e martirio de San Andreu Milá, na colección “Grandes do noso tempo” de Xerais), Antoni Marí (O vaso de prata), o autor de LIX Jordi Sierra i Fabra (As palabras feridas, O que eu creo (de todo)), Jaume Cabré (Señoría), Jaume Cela (Silencio no corazón), Antoni García Llorca (A besta moura), Pere Tobaruela (Poñente) 28 ou Rafael Arnal (Puta miseria), que saíron ao prelo da man de editoras consolidadas como Galaxia, Xerais, Edicións Positivas ou Edicións do Cumio. Tamén outras editoras máis pequenas, como Hugin e Munin (As valgadas bravas, de Raimon Casellas), Ézaro (A pel fría, Albert Piñol), Doutor Alveiros (Pan negro, de Emili Teixidor, Premio Nacional de Literatura en 2004 e adaptado ao cinema) ou Faktoría K de 28 Este autor catalán tamén conta con obras orixinais en galego, nomeadamente de LIX xunto a Ledicia Costas (Pereledi) e a Ana Isabel Boullón, tradutora desta novela ambientada en Galiza. 47 toma o segundo lugar, cun 31% de novela, 13% de relatos e 2% de contos no caso catalán (46% en total) fronte ao caso vasco, cunha menor porcentaxe de novelas (16%) en favor da colección de relatos (23%) e de contos (3%; 42% de narrativa en total). O ensaio é un xénero menor (9% ao catalán, 6% ao éuscaro), aínda que por diante do teatro (2% e 7%) e doutras modalidades textuais, como o diario (Mai més, diari urgent d'una catàstrofe, de Suso de Toro). Canto á nómina de autorías, ao catalán traducíronse obras de 45 autores/as, mentres que ao éuscaro, só de 23. En conxunto, traducíronse 55 autorías diferentes, entre as que destacan a narrativa e o ensaio de Suso de Toro (Treze campanades, Home sense nom e Esdevenir humil: rituals per a després de Déus, de narrativa, e Mai més, Espanyols tots, Una altra idea d’Espanya e La Literatura, des de dins, de ensaio, só ao catalán), Manuel Rivas (Què vols de mi, amor?, Ella maleïda ànima, El llapis del fuster e Els llibres fan de mal cremar, en catalán) e Castelao (Coses, Gauzak, Betiko Biak [Os dous de sempre], Zirtzilak. Kristalezko begia [Retrincos. Un ollo de vidro] e Beti Galizan [Sempre en Galiza]) 32 , cunha preferencia polos dous primeiros no circuíto catalán, narradores actuais de moito éxito no mercado ibérico e internacional, e polo último, no vasco, nos primeiros anos da democracia, posibelmente pola súa importancia na política en Galeusca. Ademais destes tres autores, na narrativa temos unha representación tanto do canon literario galego como das novas apostas da narrativa contemporánea. Así, traducíronse obras de Blanco Amor (La gresca), Carlos Casares (Il·lustríssima e Déu assegut en una butaca blava), Méndez Ferrín (Bretanya, Esmeraldina, L’amor del rei Artús i altres relats, Mugaldeko jendea [Arraianos] e Tagen atarako itzulera [Retorno a Tagen Ata], este último subvencionado por Bilbao Bizkaia Kutxa), Otero Pedrayo (La literatura breu de ficció de R. Otero Pedrayo), Carlos G. Reigosa (Crim a Compotel·la), Vicente Risco (El porc dempeus), Álvaro Cunqueiro (Han-hemengo jendea [Xente de aquí e de acolá]), Rafael Dieste (Intxixuen Artxibotik [Dos arquivos do trasno]) ou Ánxel Fole (Kriseiluaren argipean [Á lus do candil]). Da narrativa contemporánea, hai traducións de Domingo Villar (L’últim vaixell), Xosé María Álvarez Cáccamo (La llum dels extraviats), Diego Ameixeiras (Digueu’m alguna cosa bruta), Francisco Castro (El cor de la Blancaneu e Iridium, esta última en catalán e en éuscaro), Xurxo Xoán Estévez Gantes (Espiral de dèries), Agustín Fernández Paz (para público adulto, No hi ha nit tan llarga), Teresa Moure (Herba d’enamorar), Víctor Omgbá (Carreró sense sortida), Alfonso Pexegueiro (L’illa de les dones folles), Séchu Sende (La venedora de paraules e Made 32 Curiosamente, Rosalía de Castro, que por veces personifica a literatura galega, só conta cunha antoloxía traducida ao éuscaro, posto que a súa obra xa fora traducida ao catalán por Joan Martí i Trenchs en 1917 (BC). 48 in Galiza, en éuscaro), María Solar Núñez (L’expedició del doctor Balmis), Carlos Vila Sexto (Les set morts), Fernando Manuel Cimadevila Botana (Amets-lapurra [O ladrón de soños]) e Iolanda Zúñiga (Vides Post-it e Post-it bizitzak), así como a colección de contos de Chinto Contes per a nens que s’adromen de seguida. Daquela, fronte ao caso da importación, na exportación hai un certo equilibrio entre a narrativa máis canónica do século pasado e as novidades editoriais. As editoras que se centran na narrativa galega son Bromera, Proa e Tàndem, na catalanofonía, e Susa, Pamiela e Elkar, na vascofonía. De novo, na poesía hai que salientar as antoloxías poéticas de autorías emerxentes e consolidadas, como Sis poetes gallecs, Poetes gallecs d’avui, Poemes de Luis Pimentel i Celso Emilio Ferreiro ou Galegoz heldutako poemak [Poemas náufragos]. Nas antoloxías multiautoriais, a miúdo se acompañan poemas galegos con outros do ámbito lusófono (Poesia galaico portuguesa e Poesia gallega, portuguesa i brasilera moderna), do ámbito ibérico (Bruixes brúixoles – Brújulas brujas e La Nit de la poesia) ou do ámbito Galeusca (Poesia antologia = Antologia poètica publicada pola Federación Galeusca, Antologia, con textos de Celso Emilio Ferreiro, Gabriel Aresti e Salvador Espriu, ou Poetak ibiltariak [Poetas itinerantes]). Tamén hai antoloxías de autor/a, como a de Fermín Bouza-Brey (1992), Martín Codax (1983, en catalán e éuscaro), Celso Emilio Ferreiro (1991, en catalán), Luís Pimentel (1982, en catalán), Luís G. Tosar (Invocació d’un temps, 2001), Rosalía de Castro (2017, en éuscaro) ou Manuel María (2005, en éuscaro). Algunhas destas antoloxías tradúcense ás catro linguas oficiais de España, como Cançons per a quatre morts=Lau heriontzentzat kantak, de José Sesto López, ou La desaparició de la neu=Elurraren urtzea, de Manuel Rivas. Quérese sinalar tamén a tradución da antoloxía de Xavier R. Baixeras, tradutor usual entre galego e catalán e un dos poucos casos de autotradución en Galeusca 33 . Alén da tradución de antoloxías poéticas, tamén se traducen libros de poemas da literatura galega, tanto de autorías consagradas como de novas creadoras. Do primeiro grupo existen traducións de Álvaro Cunqueiro (Herba aquí o allà), José María Díaz Castro (Nimbes e Argikoroak), Ángel José Valente (Cantigues d’enllá), Uxío Novoneyra (Bazterrak [Os Eidos]) ou mesmo Lois Pereiro 34 (Poesia última d’amor i malaltia e Akaberako poesia amodioaz eta gaitzaz). Finalmente, do segundo grupo contamos con poemarios como os de Fran Alonso 33 Abofé, “a menudo los mediadores son asimismo poetas susceptibles no solo de antologar una determinada literatura nacional, sino también de ser acogidos como objeto de selección por esa misma tradición poética.” (Rábade Villar 2016: 281). É tamén o caso da poesía de Llompart, do catalán, e da LIX de Ormazabal, do éuscaro. 34 Traducido após a celebración do seu Día das Letras Galegas, compartindo a mesma motivación de tradución que outros autores canónicos como Celso Emilio Ferreiro ou Eduardo Blanco Amor. 49 (Balada solitària), Xosé María Álvarez Cáccamo (Foc blanc), Miguel Ano Fernán-Vello (Llibre dels paisatges vius), Cesáreo Sánchez Iglesias (El rostre de la terra), Miriam Ferradáns (Noms de fum), Gonzalo Hermo (Celebració e La vida salvatge) ou Claudio Rodríguez Fer (autoeditado en diversas linguas na editora A cabeleira, entre elas o éuscaro, coas obras Adatsa (Zatiak) e Halabiz, kamarada). Xaora, aínda que moitas destas obras poéticas foron editadas en editoriais ben consolidadas, como Susa, Erein e Pamiela, no caso vasco, ou Bromera e Edicions 62, no caso catalán, percíbese a “proliferación de pequeñas casas editoriales que [...] conviven con sellos más tradicionales pero que, frente a estos, han sabido edificar su prestigio en la apuesta por valores poéticos diferenciales” (Rábade Villar: 272-273), como Godall Edicions, Edicions del Buc ou Denonartean, de recente creación e cunha política editorial centrada na importación de textos poéticos innovadores, segundo recollen en cadanseu sitio web. Finalmente, cómpre salientar algunhas das obras ensaísticas e teatrais traducidas do galego. Alén da tradución ao éuscaro de Sempre en Galiza, existen outros ensaios sobre o nacionalismo (Manuel Martinez Murguia: Euskal jatorrikoa eta Galiziako Abertzaletasunaren Aintzindari [Manuel Martínez Murguía: de estirpe vasca e berce do nacionalismo galego], de Xosé Estévez), a economía (La fal·làcia de l’economicisme, de Carlos Mella), o feminismo (Feminicidi: Un nou ordre patriarcal en temps de submisió, de Carme Adán) e a filosofía (Les pors, de Xavier Vila-Coia, autotraducido e autoeditado en catalán). As traducións de teatro son basicamente de obras canónicas, como Procés a Jacobusland, de Blanco Amor, Berengela izeneko otarantza baten ibilketak eta biribilketak. Maitaza Zorabituaren pastorala [Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. Auto do maio esmaiolado], de Manuel María, e Agurreok maitemindu bear ez [Os vellos non deben de namorarse], de Castelao. Na exportación da literatura galega no ámbito Galeusca, hai que sinalar o labor de Josep María Llompart (6 traducións), Lluïsa Soás (4), Pau Joan Hernàndez (4), Xavier R. Baixera (3) e Josep Franco Martínez (3), no ámbito catalán, e o de Koldo Izaguirre Urreaga (8), Ramón Etxezarreta, Bego Montorio e Íñigo Roque (2 cada un), no ámbito vasco. Estes mediadores culturais intentaron traspor unha imaxe da literatura galega que equilibra o canon literario orixe e a contemporaneidade. 50 4.3 O castelán como lingua de interposición Na figura 13 obsérvanse as distintas porcentaxes sobre a direccionalidade das traducións segundo as linguas orixe e meta, isto é, sobre se a tradución entre galego, catalán e éuscaro é directa ou se media unha tradución intermedia. Este dato só aparece parcialmente en Bitraga e, ademais, en moitas das obras non aparece referido. Aínda que se podería elucubrar sobre se a obra dunha mesma persoa tradutora é ou ben directa, ou ben indirecta, o que permitiría reducir bastante esta indeterminación, sería unha operación pouco fiábel: cando Bitraga non marca a direccionalidade é normalmente porque existen traducións a outras linguas do mesmo texto orixe (case sempre, ao castelán, mais tamén a outras linguas ibéricas nos casos de coedición) ou cando o ISBN etiqueta que a tradución é do ou ao castelán, o cal é un indicio (pouco claro) de que a tradución podería ser indirecta. Daquela, decidiuse non manipular os datos e manter a súa ambigüidade. Figura 13. Porcentaxe de traducións directas, indirectas e dubidosas entre o catalán e o galego (laranxa), o éuscaro e o galego (verde), o galego e o catalán (azul) e o galego e o éuscaro (gris). Elaboración propia. No caso da importación cara ao galego, polo menos un 37%, no caso do catalán, e un 25%, no caso do éuscaro, son traducións directas. En particular, a poesía e o ensaio (no caso do catalán) é o que se traduce máis habitualmente sen mediación doutra lingua; nestes xéneros as traducións son directas 81% e 66% das veces para o catalán, mentres que a tradución poética do éuscaro é directa nun 71% dos casos. As traducións indirectas son máis comúns na tradución da literatura vasca, con case un cuarto das traducións mediadas polo castelán, nomeadamente de LIX, mais tamén de narrativa adulta (Manterola 2016: 183): salientan tres obras de Bernardo 51 Atxaga, O fillo do acordeonista, Sete casas en Francia e Obabakoak, traducidas a partir da versión castelá; de feito, toda a obra deste autor, representante por excelencia da literatura vasca, foi traducida indirectamente (agás dúas obras, das que Bitraga non indica a direccionalidade) pola dificultade de atopar tradutoras entre galego e éuscaro. No caso da exportación da literatura galega, os datos son máis optimistas: arredor da metade das obras son traducidas directamente, sendo a metade restante incerta. Non hai tantas diferenzas entre xéneros, agás nos casos das traducións indirectas, que maiormente se corresponden coa narrativa infantoxuvenil. Tampouco se aprecia unha evolución da tendencia ao longo do tempo: as traducións indirectas danse desde comezos do período (a Homenaxe a Martín Codax, traducida ás dúas linguas e publicada en 1983) até case finais (Passin i vegin, de 2014, e Otsomaltzur, de 2018, ambos relatos de LIX). A interposición do castelán é denunciada por autores e autoras destes tres ámbitos (vid. Buján Otero 2007: 906, Comellas 2016: 136 e as citas anteriores deste apartado): esta lingua funciona “como altavoz pero también como filtro” (Comellas 2016: 136) para estas tres comunidades, o cal acrecenta a súa condición de subalternidade, influíndo na escolla de textos que xa fosen validados pola cultura hexemónica e invisibilizando as linguas de orixe das que se traduce. Cumpriría subverter esta situación escollendo obras que non pertenzan ao repertorio hexemónico, formando tradutoras que fagan o seu labor sen versións intermedias e reforzando as relacións entres estas comunidades. 52 5. Conclusións Neste traballo intentouse achegar unha panorámica das relacións entre as nacións de Galeusca no ámbito literario a través da tradución, nas últimas 40 décadas. Esta análise foi posíbel grazas ás bases de datos de Bitraga e do ISBN que, a pesar dos seus erros e da dificultade de navegar polas súas interfaces, constitúen dúas ferramentas moi acaídas na investigación das traducións no ámbito galego e estatal. Se ben o obxecto de estudo é amplo, achegáronse algunhas conclusións importantes, como a importancia da LIX neste circuíto, nomeadamente nos comezos do período democrático mais tamén cara ao final, coa “fase autónoma” da man de editoriais como Kalandraka ou OQO. Tamén, canto á LA, debulláronse as nóminas de obras e autorías traducidas, que buscan un equilibrio entre a transposición dos canons literarios de orixe e a innovación editorial, cun forte peso do xénero poético, do narrativo e do ensaístico, moitas veces motivado por razóns ideolóxicas por mor das semellanzas sociopolíticas entre estas comunidades. A exportación da literatura galega, tanto en números como en nómina, parece máis forte que á importación, onde os criterios de escolla son máis reducidos: os best-sellers da literatura vasca e as autorías máis sonadas da catalá. Con todo, en todos os circuítos o castelán actúa como mediador da tradución e das escollas, o cal é un síntoma da subalternidade destes sistemas literarios. Finalmente, acusouse un debilitamento das relacións en Galeusca na última década, posibelmente explicábel pola crise económica de 2008 e pola redución das axudas e subvencións ás editoriais que traducen, por mor de cambios ideolóxicos nos gobernos autonómicos. A modo de resumo, as razóns para as escollas das traducións na exportación da literatura galega cara a espazos periféricos como o catalán e o vasco, segundo Galanes Santos (2012), son principalmente tres: o éxito comercial e a calidade literaria (isto é, a canonicidade), a empatía ideolóxica e cultural entre nacións minorizadas (“La función de estas traducciones es, en nuestra opinión, revitalizar un ideario cultural próximo en un espacio más minorizado que el de origen”, Galanes Santos 2012: 212) e a LIX con función normalizadora. Pola contra, na importación de literatura foránea ao mercado galego, para Buján Otero (2007: 909), ademais do canon literario fonte, sinala outras razóns: a referencia directa a Galiza, como a das obras da colección Galicia no espello de Galaxia, a novela Poñente ou os ensaios sobre a cuestión nacional de Laiovento; a estética achegada dalgúns autores como Joan Perucho, achegado a Castelao, ou Lluís Alpera, a Méndez Ferrín; a edición de obras periféricas ou destinadas a formar parte da periferia no público meta, como a maioría de antoloxías poéticas; os intereses 53 persoais sobre determinados sistemas literarios, como as iniciativas persoais de Xavier Rodríguez Baixeras; os premios literarios, cun peso moi importante na importación da novela vasca; ou a circulación de traducións dentro de determinados círculos editoriais, como no caso das coedicións na LIX ou no da Federación Galeusca. As razóns que expoñen estas autoras, ás que habería que engadir a mediación castelá, non se limitan á importación ou á exportación, senón que son comúns a ambos circuítos e sintetizan bastante ben as tendencias tradutivas entre estas comunidades. Unha das cuestións que resta por responder, coa que conclúen moitas das achegas consultadas, é se se está a traducir axeitadamente, isto é, se hai un plan e uns criterios nas escollas por parte dos axentes culturais implicados. No referente á importación, Buján Otero (2007: 909) defende que, “anque hai elementos comúns nas escollas, semella non existir unha sistematización”, confirmando na década de 2000 o que denunciara Susana Cruces na época 1981-1991: “o que denota o panorama das importacións ata aquí exposto é a total ausencia de calquera directriz teórica que rixa a selección das mesmas. Tradúcese un pouco ao azar, por motivacións persoais ou apetencias propias, nin tan sequera por moda” (Cruces 1993 ápud Buján Otero 2007: 909). Con todo, non hai que esquecer os profundos cambios que experimentou a tradución en Galiza nos últimos 40 anos: “Los resultados de estas transformaciones son, en términos generales exitosos, si utilizamos como parámetro para medirlo la retroalimentación, es decir, la visibilidad de la cultura gallega en el exterior” (Galanes Santos 2015: 61). Así e todo, aínda quedan moitos ocos por encher, como a tradución teatral ou de moitas das autorías canónicas e máis comerciais, como Domingo Villar ou as últimas galardoadas no Día das Letras Galegas, por poñer dous exemplos. Esta falta de sistematización parece estenderse na década dos 2010, coa baixada do orzamento nas axudas á tradución e, xa que logo, da nómina traducida. Malia os esforzos de certos axentes moi comprometidos coa tradución (editoras e tradutoras), a ausencia de apoios claros da administración e os cuestionábeis criterios de adxudicación de axudas, que premian indistintamente tanto traducións innovadoras cun certo impacto no mercado editorial galego como outras traducidas do castelán ou do portugués, “perfectamente accesibles na súa lingua orixinal” (Buján Otero 2007: 910), imposibilita a creación de plans ríxidos para a tradución. En palabras de Galanes Santos (2015: 61), “se hace necesaria una planificación rigurosa con objetivos claros que tenga en cuenta los antecedentes enunciados, todos los agentes implicados en la traducción, en tanto que sector cultural estratégico, además de la tensión entre globalización y diferencia”. 54 En suma, nestes corenta anos a tradución no ámbito Galeusca incrementouse notabelmente tanto en números como en axentes e xéneros traducidos, coa chegada e posterior supremacía da LIX. Os datos do último período, motivados pola ausencia dun apoio institucional suficiente, parecen síntoma dun certo debilitamento das relacións entre Galiza, Euskadi e Cataluña, que se cadra habería que reforzar para un beneficio común de cadanseus sistemas literarios e culturais. 55 Bibliografía Fontes Bitraga = Montero Küpper, Silvia (coorda.) (2003-actualidade): Biblioteca da tradución galega (BITRAGA). Vigo: Universidade de Vigo, Facultade de Filoloxía e Tradución. <http://bibliotraducion.uvigo.es/bibliotraducion/> [Consulta: 06/07/2023] BC = Catàleg de la Biblioteca de Catalunya. Barcelona: Generalitat de Catalunya. <https://www.bnc.cat/Catalegs> [Consulta: 06/07/2023] BUSC = Catálogo da Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. <https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria> [Consulta: 06/07/2023] EDI-RED = Editores y Editoriales Iberoamericanos (siglos XIX-XXI) – EDI-RED. Alacant: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. <https://www.cervantesvirtual.com/portales/editores_editoriales_iberoamericanos/> [Consulta: 06/07/2023] ISBN = Base de datos de libros editados en España. Madrid: Axencia Española do ISBN. <https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/libro/isbn/base-de-datos-de-libros.html> [Consulta: 06/07/2023] NdN = NOR da NOR. Euskal itzulpengintzaren datu-basea (2014-actualidade). Donostia: Asociación EIZIE. <https://nordanor.eus/> [Consulta: 06/07/2023] Referencias bibliográficas Buján Otero, Patricia (2007): “A traducción literaria ó galego dende outras linguas da Península”, en Helena González Fernández Árbore / María Xesús Lama López (coordas), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Bacelona 28 ó 31 de maio de 2003, vol. 2. Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona), 899-910. <https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2944875> [Consulta: 20/06/2023] Comellas Casanova, Pere (2016): “La traducción literaria en el ámbito catalán (y un apunte sobre el aranés)”, en Iolanda Galanes Santos / Ana Luna Alonso / Silvia Montero Küpper 56 / Áurea Fernández Rodríguez (edas.), La traducción literaria. Nuevas investigaciones. Granada: Editorial Comares, 133-152. Galanes Santos, Iolanda (2012): “Minorías y mercados emergentes para la traducción de obra gallega”, en Áurea Fernández Rodríguez / Iolanda Galanes Santos / Ana Luna Alonso / Silvia Montero Küpper (edas.), Traducción de una cultura emergente. La literatura gallega contemporánea en el exterior. Berna: Peter Lang, 201-222. Galanes Santos, Iolanda (2015): “Literaturas extranjeras en la cultura gallega”, en Ana Luna Alonso / Áurea Fernández Rodríguez / Iolanda Galanes Santos / Silvia Montero Küpper (edas.), Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega. Berna: Peter Lang, 43-61. Kremnitz, Georg (2012): “Convergencias / Divergencias de comunidades lingüísticas en el marco español”, en Henrique Monteagudo (ed.), Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 43-74. Losada, Basilio (2015): “Prólogo”, en Ana Luna Alonso / Áurea Fernández Rodríguez / Iolanda Galanes Santos / Silvia Montero Küpper (edas.), Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega. Berna: Peter Lang, 7-8. Luna Alonso, Ana (2012): “ La proyección de la literatura infantil y juvenil gallega”, en Áurea Fernández Rodríguez / Iolanda Galanes Santos / Ana Luna Alonso / Silvia Montero Küpper (edas.), Traducción de una cultura emergente. La literatura gallega contemporánea en el exterior. Berna: Peter Lang, 129-148. Luna Alonso, Ana / Áurea Fernández Rodríguez (2015): “La literatura importada en Galicia desde 1980”, en Ana Luna Alonso / Áurea Fernández Rodríguez / Iolanda Galanes Santos / Silvia Montero Küpper (edas.), Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega. Berna: Peter Lang, 9-13. Manterola Agirrezabalaga, Elizabete (2016): “La traducción literaria en el País Vasco”, en Iolanda Galanes Santos / Ana Luna Alonso / Silvia Montero Küpper / Áurea Fernández Rodríguez (edas.), La traducción literaria. Nuevas investigaciones. Granada: Editorial Comares, 177-204. 63 Bonet, Blai Antoloxía poética 2001 Baixeras, Xavier R. Edicións Espiral Maior Poesía Cabré, Jaume Señoría 2002 Martínez Torres, Mª Dolores Editorial Galaxia, S.A. Novela Casellas, Raimon As valgadas bravas 2013 Castillo, Eduard del Editorial Hugin e Munin Novela Castillo, David 5 temas de Miles en Santiago 2007 Interlingua; Noraktrad; Varela Puñal, Diana Imagine Ediciones Poesía Cavallé, Joan O teléfono: Monólogo en doce instancias 1995 Molexón, Antonio Elsinor Teatro Teatro Cela, Jaume Silencio no corazón 1999 García Bugarín, Leandro Editorial Galaxia, S.A. Novela Costa i Llobera, Miquel Un vol d'inefable poesia 2002 Baixeras, Xavier R. Edicións Espiral Maior Poesía Cucarella, Vicent Economía para un futuro sustentable: chaves para entender a economía do noso tempo 2019 Harguidey, Breixo Edicións Laiovento Ensaio Duran, Xavier O nacionalismo na era tecnolóxica 1999 Garazo, Antón Edicións Laiovento Ensaio Fontana, Josep A construción da identidade e outros traballos de historia 2007 Garazo, Antón Edicións Laiovento Ensaio 64 Galin Gener, Pau Home ao mar: válido para unha viaxe 2016 Estévez Vilariño, Brais; Rivas Rodríguez, Aitor Asociación Cultural Estaleiro/Esta leiro Editora Poesía García Llorca, Antoni A besta moura 2009 González Fernández, Helena Editorial Galaxia, S.A. Novela Gas Serra, Anna Lingua de ántrax 2019 Blanco Casás, Antón Urutau Poesía Huguet, Josep; Serra Sala, Joan Maria Os nacionalismos perigosos 2001 Garazo, Antón Edicións Laiovento Ensaio José, Eduard Obxectivo: Estadio Olímpico 1992 Bernárdez, Carlos L. Edicións do Cumio Novela Llompart, Josep M. Antoloxía poética de Josep Maria Llompart 2001 Baixeras, Xavier R. Edicións Espiral Maior Poesía Llorca, Vicenç O entusiasmo reflexivo: metáfora e sentido na fin do século 1996 Fernán-Vello, Miguel Anxo Edicións Espiral Maior Ensaio Marí, Antoni O vaso de prata e outras obras de misericordia 1992 López Dobao, Xosé Antón Sotelo Blanco Novela Tríptico 2012 Baixeras, Xavier R. Faktoría K de Libros Poesía Moncada, Jesús Camiño de sirga 1997 Baixeras, Xavier R. Edicións Xerais de Galicia Novela 65 Montanyà Atoche, Xavier Piratas da liberdade 2019 Sabaté, Onofre Edicións Positivas, S.L. Ensaio Monzó, Quim A magnitude da traxedia 1991 Marqués Tallón, Manuel Edicións Positivas, S.L. Novela Mil cretinos 2008 González Fernández, Helena Edicións Xerais de Galicia Novela Vinte e nove contos 2008 Lama López, María Xesús Sotelo Blanco Relatos Ninyoles Monllor, Rafael Lluís Estructura social e política lingüística 1991 García Cancela, Xermán Ir Indo Edicións Ensaio Idioma e poder social 2005 García Negro, María Pilar Edicións Laiovento Ensaio Pàmies, Sergi Se comes un limón sen facer xestos 2008 López Dobao, Xosé Antón Edicións Xerais de Galicia Relatos Pàmies, Teresa Rosalía non estaba alí 1996 Pociña López, Andrés Xosé Ediciós do Castro Ensaio Pedrolo, Manuel de Mecanoscrito da segunda orixe 1988 Moreno, María Victoria Editorial Galaxia, S.A. Novela Pere-Peyró, Josep Desertos: Deserto de Paxaros. Pranto de Paxaros 2002 González Gómez, Xoán Xesús Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor Teatro Perucho, Joan Monstruario fantástico. Gaiola 1998 Baixeras, Xavier R. Editorial Galaxia, S.A. Relatos 66 para animaliños felices Pla, Josep Viaxe por Galicia: de Ribadeo a Tui 1999 García Bugarín, Leandro Editorial Galaxia, S.A. Ensaio Riera, Miquel Àngel Fuxida e martirio de San Andreu Milá 1992 Baixeras, Xavier R. Edicións Xerais de Galicia Novela Antoloxía poética 2002 Baixeras, Xavier R. Edicións Espiral Maior Poesía Rodoreda, Mercè A praza do diamante 1995 Vilaboi Freire, Pilar Edicións Positivas, S.L. Novela Roig Martínez, Xavier A ditadura da incompetencia 2010 Lado Lago, Antón 2.0 Editora Ensaio Rosselló- Pòrcel, B. Obra poética 2002 Baixeras, Xavier R. Edicións Espiral Maior Poesía Royo, Jesús Unha lingua é un mercado 1997 Rubinos Conde, Miguel; Martínez Seixo, Ramón Anxo Edicións Xerais de Galicia Ensaio Salvat- Papasseit, Joan Divisas e poemas 2003 Coira Nieto, Amparo; Coira Nieto, José Antonio Tris-Tram Poesía Sánchez Piñol, Albert A pel fría 2007 Pacheco, Mercedes Ézaro Novela Sierra i Fabra, Jordi As palabras feridas 2017 Domínguez Dono, Xesús Editorial Galaxia, S.A. Novela O que eu creo (de todo): Reflexións 2018 Acevedo, Carlos Faktoría K de Libros Novela 67 inmorais de Xavier Piñeiro Traba Sort i Jané, Josep O nacionalismo español 1997 Garazo, Antón Edicións Laiovento Ensaio Susanna, Álex Miradas que duran - Mirades que duren 2019 Rodríguez, Luciano Edicións Espiral Maior Poesía Teixidor, Emili Pan negro 2011 Castillo, Eduard del Doutor Alveiros Novela Tobaruela i Martínez, Pere Poñente 2011 Boullón Agrelo, Ana Isabel Edicións Xerais de Galicia Novela Tusón, Jesús Mal de linguas: arredor dos prexuícios lingüísticos 1990 Sousa Fernández, Xulio César Edicións Positivas, S.L. Ensaio Vadell i Vallbona, Pau Coas costas dobradas 2019 Hermo, Gonzalo Chan da Pólvora Poesía Vallès, Tina A memoria da árbore 2019 Baixeras, Xavier R. Faktoría K de Libros Novela Ventura, Jordi Seis rostros do nacionalismo en Europa: parangóns do nacionalismo 2006 Garazo, Antón Edicións Laiovento Ensaio Verdaguer, Jacint A Altántida 1995 Rodríguez López, Manuel Xunta de Galicia Poesía Villangómez Llobet, María Un voo de paxaros 2001 Baixeras, Xavier R. Edicións Espiral Maior Poesía 68 Táboa 5. Nómina de autorías e obras da literatura vasca traducida ao galego Autor/a Título (tradución) Ano Tradutor/a Editorial Xénero Alberdi Estibaritz, Uxue O xogo das cadeiras 2018 Xubín, Isaac Hugin e Munin Novela Atxaga, Bernardo O fillo do acordeonista 2004 Nicolás Rodríguez, Ramón Edicións Xerais de Galicia, S.A. Novela Obabakoak 2008 Nicolás Rodríguez, Ramón Faktoría K de Libros Relatos Sete casas en Francia 2009 Nicolás Rodríguez, Ramón Faktoría K de Libros Novela autoría múltiple A ponte das palabras, poesía vasca 1990-2000 2000 Jiménez Aleixandre, María; Villar, Rafael; Estévez, Eduardo; Kortázar, Jon Letras de Cal Poesía Antoloxía poética = Poesia antologia = Antologia poètica: (1990-2003): Galeusca. 2004 Estévez, Xosé Pamiela Argitaletxea (Federación Galeusca) Poesía Alén da fronteira: sete poetas vascos 2012 Xubín, Isaac Faktoría K de Libros Poesía Poetas itinerantes 2016 Xubín, Isaac Consello da Cultura Galega Poesía 69 Cano, Harkaitz Pasaia blues 2013 Xubín, Isaac Editorial Hugin e Munin Novela Elorriaga, Unai Un tranvía cara a SP 2003 Loureiro, Ramón Editorial Galaxia, S.A. Novela O pelo de Van't Hoff 2004 Carballo Soliño, Xesús Editorial Galaxia, S.A. Novela Vredaman 2006 Carballo Soliño, Xesús Editorial Galaxia, S.A. Novela Etxepare, Bernard Linguae Vasconum Primitiae 2014 González González, Manuel Euskaltzaindi a Poesía Juaristi, Felipe Viaxe 2007 Interlingua; Noraktrad; Varela Puñal, Diana Imagine Ediciones Poesía Lertxundi Esnal, Anjel Felicidade perfecta 2006 Carballo Soliño, Xesús Editorial Galaxia, S.A. Novela Madariaga, Juan Ramón eSPedición: o poder dunha montaña 2017 Xubín, Isaac Editorial Hugin e Munin Novela Ribasen, Julen A vitoria final 2014 Cid Abasolo, Karlos; Pichel Gotérrez, Ricardo Urco Editora Banda deseñada Sarrionandia, Joseba Tempo de exilio 2014 Xubín, Isaac Faktoría K de Libros Poesía Serrano, Asier Frechas no tellado 2007 Interlingua; Noraktrad; Varela Puñal, Diana Imagine Ediciones Relatos 70 Uribe, Kirmen Bilbao-New York- Bilbao 2010 Xubín, Isaac Edicións Xerais de Galicia, S.A. Novela A hora de espertarmos xuntos 2017 Xubín, Isaac Edicións Xerais de Galicia, S.A. Novela 71 Táboa 6. Nómina de autorías e obras da literatura galega traducida ao catalán Autor/a Título (tradución) Ano Tradutor/a Editorial Xénero Adán, Carme Feminicidi: Un nou ordre patriarcal en temps de submisió 2019 ? Triangular Edicions Ensaio Alonso Villaverde, Francisco Balada solitària 2007 Iglesias Ferrer, Fina Universitat de Barcelona Poesía Álvarez Cáccamo, Xosé María Foc blanc 1994 Trigo, Xulio Ricardo; Júlia Cortès Edicions Bromera, S.L. Poesía La llum dels extraviats 2000 Baixeras, Xavier R. Arola Editors S.L. Relatos Ameixeiras Novelle, Diego Digue'm alguna cosa bruta 2013 Valls i Alecha, Esteve Pulp Books Novela Autoría múltiple [Poesía galaico portuguesa: antología del segle XII al XIX] 1984 Llompart, Josep María Edicions 62 Poesía [Poesia gallega, portuguesa i brasilera moderna: antologia] 1988 Llompart, Josep María Edicions 62 Poesía Sis poetes gallecs 1990 Susanna, Álex; Baixeras, Xavier R. Columna CAT Poesía Bruixes brúixoles - Brújulas brujas 1995 González Felip, Marisol; Martínez, Lola Derzet i Dagó Poesía 72 La Nit de la poesia: 11 poetes a la Vaqueria 2001 Baixeras, Xavier R. Arola Editors S.L. Poesía Antoloxía poética = Poesia antologia = Antologia poètica: (1990-2003): Galeusca. 2004 Aralla, Raúl Pamiela Argitaletxea (Federación Galeusca) Poesía Poetes gallecs d'avui: antologia 2008 Costa-Pau, Manuel Llibres del Segle Poesía Baixeras, Xavier R. Xavier Rodríguez Baixeras 2006 Baixeras, Xavier R. Aula de Poesía Jodi Jové; Vicerectorad d'Activitats Culturals i Projecció Universitària Poesía Blanco- Amor, Eduardo Eduardo Blanco Amor e o teatro: Commemoració Lletres Gallegues 1993 [Procés a Jacobusland] 1995 Ventura, Joaquim Universitat de Barcelona Teatro La gresca 2014 Silvestre Llinares, Jaume El Gall Editor Novela Bouza-Brey Trillo, Fermín Mínima antologia poètica 1992 Ventura, Joaquim Universitat de Barcelona Poesía 79 Dieste, Rafael Intxixuen Artxibotik 1993 Izaguirre Urreaga, Koldo Elkar Relatos Estévez, Xosé Manuel Martinez Murguia: Euskal jatorrikoa eta Galiziako Abertzaletasunaren Aintzindari 2000 Izaguirre Urreaga, Koldo Colección Uxue Ensaio Ferreiro, Celso Emilio [Antologia/ Gabriel Aresti, Salvador Espriu, Celso Emilio Ferreiro] 1988 Etxezarraga, Jesus Erein Argitaletxea, S.A. Poesía Fole Sánchez, Ánxel Kriseiluaren argipean: studoko ipuinak 2010 Navascués, Josemari Alberdania; Elkar Contos María, Manuel Berengela izeneko otarantza baten ibilketak eta biribilketak. Maitaza Zorabituaren pastorala 1985 Izaguirre Urreaga, Koldo Antzerti Teatro Antoloxía homenaxe: 32 poemas galegos coa súa traducción ao euskara 2005 Izaguirre Urreaga, Koldo Fato Cultural Galego Daniel Castelao Poesía Méndez Ferrín, Xosé Luís Mugaldeko jendea 1998 Montorio, Bego Elkar Novela Tagen atarako itzulera 2000 Urrutia Badiola, Andrés Labayru Fundazioa Novela 80 Novoneyra, Uxío Bazterrak. Os Eidos I 1988 Izaguirre Urreaga, Koldo Pamiela Argitaletxea Poesía Rivas, Manuel Elurraren urtzea 2009 Kortázar, Jon Alfaguara Poesía Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel Agurreok maitemindu bear ez 1984 Labayen, Antonio M. Editorial Eusko Jaurlaritza Teatro Betiko Biak 1984 Etxezarreta, Ramón Susa Novela Zirtzilak. Kristalezko begia 1986 Izaguirre Urreaga, Koldo Susa Relatos Beti Galizan 1986 Montorio, Bego Susa Ensaio Gauzak 1987 Etxezarreta, Ramón Susa Relatos Rodríguez Fer, Claudio Adatsa (Zatiak) 2015 Juaristi, Antton; Marcellán, Ane; Ugarte, Yurre A cabeleira Poesía Halabiz, kamarada 2017 Arkotxa, Aurelia; Lakarra, Joseba Andoni A cabeleira Poesía Sánchez Pereiro, Lois Akaberako poesia amodioaz eta gaitzaz 2013 Sestorain Zestau, Joxemari Cenlit Ediciones Poesía Sende, Séchu Made in Galiza 2012 Rodríguez, Txerra Txalaparta Relatos 81 Sesto López, José Lau heriotzentzat kantak 2008 San Martín, Juan; Jiménez, Edorta Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados Poesía Zúñiga, Iolanda Post-it bizitzak 2014 Roque, Íñigo Pasazaite Relatos