scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Busca de preditores da reiteración de conduta suicida atendida nun servizo de urxencias hospitalario

Castro Bouzas, Manuel

Abstract

As cifras de conduta suicida e de suicidio están medrando, facendo necesario o seu estudo para unha máis axeitada intervención. Recolleuse información dos episodios atendidos por este motivo no Servizo de Urxencias Hospitalario da ASF entre os anos 2012 ó 2014, así como a evolución deses usuarios durante 4 anos recollendo distintos factores sociodemográficos, clínicos, asistenciais e psicométricos. Cos mesmos describíuse a realidade asistencial sobre esta problemática no período indicado, así como a esculca dos diferentes factores que poden estar relacionados coa súa evolución, en canto reiteración dun novo episodio da mesma como tamén en relación cun probable suicidio. Os resultados indican que o reintento dáse nun 30% da poboación estudada, e o probable suicidio no 2,7%, véndose influído por distintos factores.

Full text

ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA USC Manuel Castro Bouzas Tese de doutoramento Busca de Preditores da Reiteración da Conduta Suicida Atendida nun Servizo de Urxencias Hospitalario Santiago de Compostela, 2023 Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica TESE DE DOUTORAMENTO BUSCA DE PREDITORES DA REITERACIÓN DA CONDUTA SUICIDA ATENDIDA NUN SERVIZO DE URXENCIAS HOSPITALARIO Manuel Castro Bouzas ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PROGRAMA DE DOUTORAMENTO EN NEUROCIENCIA E PSICOLOXÍA CLÍNICA SANTIAGO DE COMPOSTELA ANO 2023 DECLARACIÓN DO AUTOR DA TESE D. Manuel Castro Bouzas Presento a miña tese, seguindo o procedemento axeitado ao Regulamento e declaro que: 1) A tese abarca os resultados da elaboración do meu traballo 2) De ser o caso, na tese faise referencia ás colaboracións que tivo este traballo 3) Confirmo que a tese non incorre en ningún tipo de plaxio doutros/as autores/as nin de traballos presentados por min para a obtención doutros títulos 4) A tese é versión definitiva presentada para a súa defensa e coincide a versión impresa coa presentada en formato electrónico 5) Non teño ningún conflito de interese en canto o tema abordado nesta tese En Santiago de Compostela, 30 de abril de 2023 Asdo. Manuel Castro Bouzas AUTORIZACIÓN DA DIRECTORA/TITORA DA TESE Dna. Estrella Romero Triñanes En condición de: Titora e Directora Título da tese: BUSCA DE PREDITORES DA REITERACIÓN DA CONDUTA SUICIDA ATENDIDA NUN SERVIZO DE URXENCIAS HOSPITALARIO INFORMA Que a presente tese correspóndese co traballo realizado por D. MANUEL CASTRO BOUZAS, baixo a miña dirección e titorización, e autorizo a súa presentación, considerando que reúne os requisitos esixidos no Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, e que como directora/titora non incorre nas causas de abstención establecidas na Lei 40/2015 En Santiago de Compostela, a 30 de abril de 2023. 7 ÍNDICE Dedicatoria .................................................................................................13 Agradecementos ........................................................................................ 15 Abreviaturas ............................................................................................... 17 Resumo .......................................................................................................19 Resumen .....................................................................................................21 Abstract .......................................................................................................23 1. Introdución ............................................................................................25 2. Aspectos históricos sobre o suicidio ...................................................29 3. As condutas suicidas e suicidio: definicións e modelos ...................35 4. Epidemioloxía da conduta suicida: cifras e métodos ........................43 4.1. Epidemioloxía da conduta suicida ............................................44 4.1.1. Suicidios consumados: epidemioloxía e métodos ......44 4.1.2. Tentativas suicidas: epidemioloxía e métodos ............47 4.1.3. Ideación suicida: epidemioloxía ...................................54 4.1.4. Condutas suicidas de modo conxunto: epidemioloxía ..............................................................56 4.1.5. Suicidio e condutas suicidas: breve recapitulación ....56 8 4.2. Evolución da conduta suicida e do suicidio en España e en Galicia ...................................................................................58 5. Factores de risco e de protección ........................................................65 5.1. Factores demográficos ................................................................67 5.1.1. Xénero ..............................................................................67 5.1.2. Idade .................................................................................69 5.2. Factores académicos e asociados ó desempeño laboral .........70 5.2.1. Nivel académico ..............................................................70 5.2.2. Situación e condicións laborais .....................................71 5.2.3. Clase social e nivel socioeconómico ............................ 72 5.3. Factores das relacións familiares e sociais ...............................72 5.3.1. Estado social, relacional e familiar ...............................73 5.3.2. Apoio social .....................................................................74 5.3.3. Antecedentes Familiares ................................................75 5.4. Factores individuais e biográficos .............................................76 5.4.1. Orientación sexual .........................................................76 5.4.2. Ser vítima de violencia, de abusos físicos e/ou sexuais ..........................................................................76 5.4.3. Variables individuais: Variables cognoscitivas ............77 5.4.4. Variables de Personalidade ............................................77 5.4.5. Variables de conduta normativa xuvenil e autocontrol ......................................................................78 5.5. Factores relacionados co medio ambiental e circunstancias estresoras ............................................................79 5.5.1. Modelos de conduta suicida no ambiente máis achegado .......................................................................... 79 5.5.2. Sucesos vitais ...................................................................79 5.5.3. Reaccións desadaptativas ...............................................80 5.6. Factores asociados a saúde física e mental ..............................81 5.6.1. Mala saúde física e a existencia de doenzas crónicas ..................................................................... 81 5.6.2. A presenza xenérica de trastorno mental e a hospitalización ................................................................ 82 5.6.3. Uso problemático de alcol, tabaco e xogo ...................84 15 AGRADECEMENTOS Quero agradecer ás seguintes persoas o seu apoio mantido, a pesar do tempo pasado: A Estrella Romero Triñanes, Directora desta Tese, polo seu alento nos momentos fráxiles e paciencia nos difíciles A María Ángeles Luengo Martín, que me acompañou en moitos proxectos previos, e non por iso rendeuse, dándome o pulo inicial neste derradeiro intento A Antonio Rial Boubeta polos consellos e axuda na metodoloxía, e por mostrarme o valor dunha relación a pesar do tempo pasado. A Antonio María Núñez Pérez, por iniciar e ilusionar en novos proxectos, a pesar de que despois non os vexa moitas veces rematados A Santiago Lago Canzobre, por iniciarme na Psicoloxía Clínica, un inicio sen o cal non estaría onde estou A Miguel Angel Talavera Valverde, polo alento e ánimo para continuar cando todo me pedía deixalo En fin, a todos por animarme a pesar do “para que queres isto cos teus anos?” ou as variantes infinitas en galego de “que necesidade tes?”. 17 ABREVIATURAS ASF: Área Sanitaria de Ferrol, actualmente Distrito Sanitario de Ferrol BDI: Beck’s Depression Inventory BGHA: Brown-Goodwin life History of Aggression BHS: Beck’s Hopelesness Scale BIS-11: Barratt Impulsiveness Scale, 11th version BSSI: Beck’s Scales for Suicidal Ideation CES-D: Center of Epidemiological Studies – Depression Scale CIE 10: Catálogo Internacional de Enfermidades, 10ª versión DSM: Diagnostic and Statistical Manual da American Psychiatric Association DT: Desviación típica HAD: Hospital Anxiety and Depression Scale IMELGA: Instituto de Medicina Legal de Galicia INE: Instituto Nacional de Estadística IPDE: International Personality Disorders Examination MINI: Mini International Neuropsychiatric Interview MONSUE: Monitoring Suicidal Behaviour in Europe NEO-PIR: Neo Personality Inventory - Revised OMS: Organización Mundial da Saúde OR: Odds Ratio PEI: Personalidade Emocionalmente Inestable RR: Risk Ratio, tamén coñecido como Hazard Ratio SCL 90-R: Sympton CheckList 90 - Revised SERGAS: Servizo Galego de Saúde SIS: Suicide Ideation Scale 18 SRSS: Holmes-Rahe Social Readjusment Rating Scale SPSS: Statistical Package for the Social Sciences SUH: Servizo de Urxencias Hospitalarias TCI: Temperament and Character Inventory TOC: Trastorno Obsesivo - Compulsivo UCI: Unidade Coidados Intensivos UHA: Unidade de Hospitalización de Agudos VD: Variable Dependente v.g.: Verbi Gratia VIH: Virus da Inmunodeficiencia Humana VPN: Valor Prognóstico Negativo: VPP: Valor Prognóstico Positivo 19 BUSCA DE PREDITORES DE REITERACIÓN DE CONDUTA SUICIDA NUN SERVIZO DE URXENCIAS HOSPITALARIO RESUMO A crecente frecuencia dos episodios de conduta suicida, e o suicidio, estase a converter nun problema prioritario de saúde pública. A investigación previa recolle diversos factores de risco e protectores, así como diferentes evolucións, mais a súa abordaxe debera ser dende o estudo na poboación albo, das súas características e posibles determinantes da súa evolución. Para tal fin recolleuse información de tódolos episodios atendidos por conduta suicida no Servizo de Urxencias Hospitalario da Área Sanitaria de Ferrol entre os anos 2012 ó 2014 co obxecto de describir cal era a realidade asistencial nese período, para a continuación comprobar cal foi a súa evolución e que factores influiron na mesma. A partir de a) a recollida sistematizada de información sociodemográfica e clínica dos episodios mediante as variables utilizadas no MONSUE; b) o uso de instrumentos psicométricos (BDI, BHS e IPDE) e c) o posterior seguimento (grazas á historia clínica Ianus), púidose construír unha base de datos que analizar. Esta análise posibilitou: (1) unha descrición das características dos episodios de conduta suicida que demandaron atención urxente e do seu manexo posterior, así como canto peso asistencial se lle atribúe; (2) a descrición da evolución durante un período de catro anos en relación con novos episodios, describindo patróns e indicando que variables están asociadas a un reintento; e (3) describir a evolución no mesmo período 20 cando hai un posible suicidio, sinalando de novo que variables estarían asociadas con este resultado fronte o feito de seguir vivo. Os resultados ofrecidos permiten sinalar un perfil asistencial, así como delimitar tempos para a intervención e en que casos sería máis crítico ofrecela. Palabras Clave: Suicidio, Conduta Suicida, Factores de Risco, Seguimento 21 BUSCA DE PREDICTORES DE REITERACIÓN DE CONDUCTA SUICIDA EN UN SERVICIO DE URGENCIAS HOSPITALARIO RESUMEN La creciente frecuencia de los episodios de conducta suicida, y el suicidio, se está convirtiendo en un problema prioritario de salud pública. La investigación previa recoge diversos factores de riesgo y protectores, así como diferentes evoluciones, mas su abordaje debería ser desde el estudio en la población diana, de sus características y posibles determinantes de su evolución. Para tal fin se recogió información de todos los episodios atendidos por conducta suicida en el Servicio de Urgencias Hospitalario de la Área Sanitaria de Ferrol entre los años 2012 y 2014 con el objeto de describir cual era la realidad asistencial en ese período, para a continuación comprobar cual fue su evolución y que factores influyeron en la misma. A partir de a) la recogida sistematizada de información sociodemográfica y clínica de los episodios mediante las variables utilizadas en el MONSUE; b) el uso de instrumentos psicométricos (BDI, BHS y IPDE) y c) el posterior seguimiento (gracias a la historia clínica Ianus) se pudo construir una base de datos que analizar. Este análisis posibilitó: (1) una descripción de las características de los episodios de conducta suicida que demandaron atención urgente y de su manejo posterior, así como determinar el peso asistencial se le atribuye; (2) la descripción de la evolución durante un período de cuatro años en relación con nuevos episodios, describiendo patrones e indicando qué variables están asociadas 22 a un reintento; y (3) describir la evolución en el mismo período cando hay un posible suicidio, señalando de nuevo qué variables estarían asociadas con este resultado frente el hecho de seguir vivo. Los resultados ofrecidos indicarían un perfil asistencial y permiten delimitar tiempos para la intervención, y en qué casos sería más crítico ofrecerla. Palabras Clave: Suicidio, Conducta Suicida, Factores de Riesgo, Seguimiento 23 SEARCHING FOR PREDICTIVE FACTORS OF SUICIDAL NEW ATTEMPTS IN A HOSPITAL EMERGENCY SERVICE ABSTRACT The growing frequency of suicidal behaviour episodes, together with suicide, is becoming a foremost issue for public health. Previous research has considered diverse risk and protective factors, as well as different evolutions, but the approach should start from the study of the target population, its characteristics, along with possible determinants of its evolution. To this end, we collected information of all the episodes of suicidal behaviour attended to in the Emergency Service of the Hospital in the Health Care Area of Ferrol between the years 2010 and 2014 in order to describe the assistance reality during that period, and next check the evolution and what factors had an influence on it. From a) the systematic collection of social - demographic and clinical information of the episodes through the variables used in MONSUE; b) the use of psychometric tools (BDI, BHS and IPDE); and c) the posterior follow-up (thanks to clinical record software IANUS) we could create a database to be used. Such analysis allowed (1) a description of the characteristics of the suicidal behaviour episodes that required urgent assistance and their posterior management, as well as determining the assistance services involved; (2) the description of the evolution during a period of four years related with new episodes, describing patterns and indicating what variables are linked to new attempts; and (3) describing the evolution, 24 during the same period, of when a new suicide may be attempted, indicating again what variables might be linked to the result opposed to remaining alive. The results obtained would show an assistance profile, as well as delimit intervention time and in what cases such intervention would be more critical. Key Words: Suicide, Sucidal Behaviour, Risk and Protective Factors, Follow-up 31 Aspectos históricos sobre o suicidio tratamento deste tema dende un punto de vista sociolóxico, considerando o contexto social no que o suceso tiña lugar como a principal influencia, e obviando desta maneira a estrita individualidade sobre tal decisión e retirando calquera outro elemento de responsabilidade moral. Nesta obra apareceron elementos hoxe considerados xa clásicos, dividindo o suicidio en diferentes tipos. Nesta liña Durkheim describe o suicidio considerado altruísta, nos que a conduta do individuo estaría motivada por unha alta integración das normas para o ben da sociedade ou do grupo (incluiríanse aquí os suicidios de honra ou os seppuku xaponeses). Outro tipo considerado foi o suicidio anómico, que se daría en contextos nos que a estrutura social non sostén ó individuo, como nos casos de crise económica, de inestabilidade ou caída de réximes políticos ou a perda de referentes achegados. Descríbese o suicidio denominado egoísta, nos que habería unha baixa integración social por parte do suxeito, e que cadra con situacións de tensións ou presións polo entorno. E, finalmente, menciona o fatalista, en persoas con alta integración nunha sociedade que, por outra banda, non se adecúa ás súas necesidades ou características, ou mesmo as rexeitan, véndose sometidos a unha presión esmagadora: sociedades onde non se acepta a homosexualidade ou os dereitos dunha minoría. Neste caso poden ser sometidos incluso a vivir unha dobre vida ou verse expostos á chantaxe (máis información en Karthick & Barwa, 2017). Partindo do previo vanse abandonando os elementos relixiosos e morais, coa carga de culpa, que tinxían o suicidio. E incorpórase a influencia dos contextos e valores sociais, xunto con outros elementos procedentes da tamén incipiente psicopatoloxía. Considérase a súa asociación coa melancolía ou con outros cadros que hoxe designaríamos probablemente como cadros delirantes agudos, e tamén con outros como os accesos epilépticos. Esquirol fixera mención de todas estas circunstancias con diversos exemplos (v.g. na páxina 113 sobre a epilepsia ou da melancolía na 162 da súa obra Tratado Completo de las Enagenaciones Mentales de Esquirol do ano 1847, publicado pola Imprenta de Sordo-Mudos en Madrid). De mans de pioneiros como foran Pinel e Esquirol, este camiño foi continuado por outros alienistas, fundamentalmente dentro do ámbito Manuel Castro Bouzas 32 francófono, ata chegar á publicación no ano 1932 de Psychopathologie du suicide por Achille-Delmas. Esta obra defendeu a postura de que o suicidio era un signo ou síntoma máis dun cadro psicopatolóxico, perdendo calquera categoría autónoma de seu; e situando ás tentativas suicidas non letais como unha resposta comprensible dende a razón polas circunstancias da vida da persoa ou polos obxectivos a conseguir (Baca García et al., 2005). E nesta andaina a Socioloxía, como xa se dixo, introducira na comprensión e explicación da conduta suicida ás forzas sociais, retirando do escenario conceptos morais ou relixiosos de tipo individual. Incorpora vivencias que ocasionan sufrimento, como o alcoholismo ou as circunstancias económicas adversas. Isto facilitou as intervencións de distintos profesionais baixo unha perspectiva de saúde. A propia evolución do estudo foi, posteriormente, incorporando novos elementos de carácter psicopatolóxico e doutras forzas, paradoxalmente, xa de carácter individual ou familiar (como as explicacións hereditarias da loucura e da melancolía). Isto levou a un certo desleixo e abandono das explicacións de corte sociolóxico, introducindo outros elementos de carácter intrapsíquico para explicar a conduta suicida. Neles a mesma xustificaríase por un desequilibrio entre as pulsións de vida e morte (Freud), entre as instancias consciente e inconsciente (Jung) ou como unha resposta extrema de agresividade introxectada (Menninger). A súa simplicidade fixéronas inicialmente atractivas, mais a insuficiencia para abranguer un fenómeno tan complexo levou ó seu progresivo abandono (cando menos como un explicandum omnia), incorporándose novos elementos, como a súa función comunicativa de malestar emocional (Ramos et al., 1993). Posteriormente comezan introducirse nos modelos explicativos os ele - mentos cognitivos, mediante os cales a persoa interpreta a situación que lle rodea. E como estes elementos en determinadas situacións inflúen na ausencia de percepción de control, ben pola aparente irresolubilidade dos problemas presentes como pola insuficiencia dos recursos para o seu manexo. E a aparición neste contexto do concepto de desesperanza como un factor relevante na xénese da conduta suicida. A relevancia da desesperanza, acompañada de máis compoñentes (da súa proxección 33 Aspectos históricos sobre o suicidio negativa cara o futuro ou do nesgo sobre a valoración da situación ou dos recursos dispoñibles), xurdiu inicialmente dende o ámbito da aplicación clínica incorporando elementos tanto condutuais como cognitivos (como Beck co seu modelo cognitivo sobre a depresión no 1979; Seligman no ano 1974 co modelo de indefensión aprendida; ou Lazarus e Folkman no 1984 coa súa formulación sobre as valoracións e afrontamento de estrés). Na actualidade os estudos sobre o fenómeno da conduta suicida incorporan, cando menos na teoría, todos estes elementos incluíndo os biolóxicos, inda que as distintas investigacións céntranse xeralmente nun só destes aspectos descoidando o resto. Pódese lamentar esta falta de integración dos diferentes elementos (ou non e atribuíla a condicións metodolóxicas). Pero o que parece máis claro é que a valoración sobre o suicidio (ou sobre as condutas suicidas) está, cando menos na nosa práctica clínica, fóra de marcos morais ou relixiosos. E isto, ó igual que supuxo aló polo século XIII o levantamento da posible interdición relixiosa para o traballo con cadáveres, non pode senón redundar nunha investigación menos condicionada por posicións alleas ó marco científico. 35 3. AS CONDUTAS SUICIDAS E SUICIDIO: DEFINICIÓNS E MODELOS Unha posible introdución sería comezar por definir eses termos, ou cando menos por definir o suicidio. Un xeito é indo ós dicionarios. Así, podemos ler no dicionario da RAG o significado de “suicidio” atopando o seguinte: 1. Acción de suicidarse (o que, polo tanto, me remite a outra palabra); e 2. por extensión, feito de pór en perigo a propia vida. E se imos a “suicidarse” atopamos que nos volven enviar a suicidar e, tras sinalar que é un verbo pronominal, por fin indícanos 1. Privarse da vida de maneira voluntaria; sinónimo matarse. Se por outra banda acudimos ó dicionario da RAE no mesmo infórmase da (tradución propia) orixe no latín moderno suicidium, e este do latín sui (de si mesmo), e de -cidium (morte ou asasinato). Como significados que aparecen 1. Acción e efecto de suicidarse (outra remisión); 2. Acción ou conduta que prexudica o pode prexudicar moi gravemente a quen a realiza. E suicidarse como 1. Tirarse voluntariamente a vida. E se finalmente optaramos por utilizar o Oxford Dictionary of English atopariamos varios significados, engadindo en liñas xerais os mesmos datos etimolóxicos, pero sinalando (de novo tradución propia) 1. Acción de matarse intencionalmente. Engádese tamén “Curso de acción que é desastrosamente daniño para un mesmo ou para os propios intereses”. Manuel Castro Bouzas 36 Recapitulando o anterior compróbase que, no ámbito lingüístico, as definicións de suicidio amentan tanto a acción de matarse como aqueloutras que nos prexudican claramente (v.g. unha decisión suicida no ámbito económico). Pero estas definicións omitirían aspectos relevantes no ámbito clínico. Así un deles podería ser a intencionalidade, cando menos inicial, da persoa que realiza tal conduta de rematar coa propia vida, aínda que non acadara tal efecto. Ou se, atendendo a tales definicións, unha idea ou unha comunicación pode ser cualificada de suicida. Rematando este breve paseo polo ámbito dos dicionarios, a OMS no ano 1969 definiu acto suicida como calquera acto realizado por unha persoa que se manca a si mesma, independentemente da intensidade da intención letal e do coñecemento do verdadeiro móbil. Aquí inclúese como elemento clave a intención. Posteriormente Slakieu (1999) incorporou no suicidio o elemento de resultado, sendo un posible produto dunha situación de crise que arrisca a vida da persoa. Enténdese aquí situación de crise como un estado persoal de alteración e desorganización, caracterizado pola incapacidade da persoa para xestionar unha situación concreta utilizando os seus recursos habituais e que é vivida con intenso malestar, valorando as opcións de resolución de modo dicotómico: continuar ou rematar. Engadindo neste contexto desesperanza, a opción de rematar con todo pode ser considerada como a única alternativa baixo o control real da persoa, e que pode ser expresada ou realizada de diferentes modos. Pero a pesar do indicado, a posible definición ou modelos non están, como se mencionará máis adiante, definitivamente pechados Outra posibilidade sería o uso da expresión “conduta suicida”, co obxecto de avanzar un termo que puidera englobar baixo o mesmo epígrafe aquelas condutas que, con carácter anticipatorio (comunicación) ou manifesto (tentativa), estiveran asociadas cunha posible consecuencia da mesma (suicidio consumado). Asumo que esta postura pode ser discutible, mais pretendería sinalar que estes tres aspectos deberan ser considerados como presentacións dun mesmo fenómeno subxacente: o desexo de fuxir dunha situación que se considera insalvable co obxectivo de evitar unha progresión no malestar e no que o método implicaría a morte. 37 As condutas suicidas e suicidio: definicións e modelos Tomando como base el modelo de Wenzel et al. (2009) e partindo do descrito anteriormente proporíase como modelo unha progresión por un mínimo de catro momentos, sen atender á duración ou intensidade en cada un deles. 1) Dáse a existencia dun episodio de malestar emocional, xunto coa percepción de incontrolabilidade do medio, desesperanza, nesgos atencionais e rebordo de recursos. Sería un momento inicial no que interveñen tanto elementos internos como situacionais. 2) A persoa pasa considerar á morte entre as opcións para “saír” desa situación (descrita ás veces en termos difusos ou análogos como “marchar”, “desaparecer” ou “durmir para non recordar”) e, dependendo de diversas variables, pasar á comunicación da mesma. Sería aquí cando falaríamos da ideación suicida. A comunicación desa intencionalidade é necesaria xa que non temos outra maneira fiable de acceder á esta ideación suicida, inda que iso non desbotaría o estudo doutras posibilidades como o estudo dos microacenos na liña de Paul Ekman (Ekman, 2003). 3) A persoa realiza unha tentativa (que pode ser impulsiva ou con diferentes niveis de planificación, e tamén con distintos niveis letalidade obxectiva probable) dependendo no limiar de tolerancia. No proceso de toma de decisións considero que inflúen tanto elementos individuais (v.g. variables de personalidade, existencia de psicopatoloxía, vivencia de descontrol) como ambientais (v.g. acceso a medios, oportunidade, rede social). Neste sentido incorporaríanse factores que poden actuar incrementando ou diminuíndo o risco e que serán abordados en posteriores apartados. 4) O resultado do momento anterior pode ser a recuperación en termos de saúde (por baixa letalidade do intento, por arrepentimento ou por rescate) ou a morte por consecuencia directa ou indirecta da tentativa realizada. Unha das dificultades no estudo destas condutas suicidas (ideación, tentativa e resultado) é que a aparente univocidade dos termos non resiste unha revisión bibliográfica. Pódense atopar diferentes termos para o que Manuel Castro Bouzas 38 se pode considerar condutas suicidas, o que para min engade confusión. Ou un mesmo termo con diferentes significados. Así nas obras consultadas xunto a suicide, aparecen termos como self-harm, self-inflicted harm, suicidal behaviour, parasuicide ou mesmo near fatal deliberate self harm (Douglas et al., 2004). E a isto se lle pode engadir behaviour ou attempt actuando os devanditos termos como adxectivos. Cando se atenden ás definicións operativas é posible observar que en nas mesmas aténdese fundamentalmente ó resultado final, e non á intención (se cadra imposible de coñecer) no momento da tentativa. Por exem - plo, seguindo a descrición operativa de near fatal deliberate self harm (Douglas et al., 2004), a mesma é definida como un episodio asociado a unha conduta que xeralmente provocaría a morte, ou que afectara a un área vital ou que implicara o seu ingreso nunha UCI. Mesmo sinálase (Douglas et al., 2004) como un precedente claro dun suicidio consumado. Entón, ¿por que non se lle chama suicidal attempt? Probablemente estamos ante diferenzas cualificables como artificiosas. Continuando co exemplo previo, con estes near fatal deliberate self harm (Douglas et al., 2004) atopouse que foron o 8% dos episodios atendidos nun Servizo de Urxencias. O método usado foi no 74% o uso de fármacos, un 11% cortarse e no restante 15% referíronse distintos métodos (incluíndo aforcamento ou precipitación). Clinicamente o 41% dos casos non tiña ningún diagnóstico, mentres que o 33% tiña de diagnóstico primario depresión, e un 7% respectivamente personalidades patolóxicas, problemas co alcol e reaccións desadaptativas. E as variables significativas atopadas foron a adopción de medidas para evitar que os descubriran (OR 2,84), a existencia de episodios previos (OR 1,79) e estar solteiro (OR 1,94). Todas estas variables, como se verá, non son nada diferentes das amentadas noutros traballos que estudan expresamente as condutas suicidas. A esta multiplicidade terminolóxica pódese engadir a discusión de se esta realidade estaría mellor descrita dun modo categorial ou dimensional. Para intentar unificar e homoxeneizar cando menos a nomenclatura Silvermán e colaboradores propuxeron no ano 2007 (citado en Guía de Práctica Clínica de Prevención y Tratamiento de la Conducta Suicida, 2010) a definición de conduta relacionada co suicidio como “Conduta 39 As condutas suicidas e suicidio: definicións e modelos autoinfrinxida potencialmente daniña na que hai probas (implícitas ou explícitas) de que a) a persoa pretendía amosar a súa intención de se matar para conseguir outra meta, ou b) a persoa intentaba con máis ou menos determinación matarse”. E dende este marco sinaláronse diversas categorías, graduando segundo intencionalidade, implicación, expresión da mesma e resultado (adaptado desa Guía de Práctica Clínica de Prevención y Tratamiento de la Conducta Suicida, 2010). Neste caso, sobre ideación suicida, Silverman sinalou tres posibles variables que considerar para o seu estudo. En primeiro lugar a intencionalidade (sen intencionalidade, indeterminada ou sinalando algunha intencionalidade de actuación); en segundo lugar con que frecuencia (casual, transitoria ou persistente); e en terceiro lugar a implicación do suxeito (pasiva ou activa). A isto poderíamos engadir que esta ideación sexa expresada ou comunicada a outras persoas. A nomenclatura suxerida para cada combinación aparece no cadro 3.1. Cadro 3.1 Nomenclatura proposta para os diferentes tipos de Comunicación Suicida (baseada na Guía de Práctica Clínica de Prevención y Tratamiento de la Conducta Suicida, 2010) SEN INTENCIONALIDADE SUICIDA INTENCIONALIDADE SUICIDA INDETERMINADA PROBABLE INTENCIONALIDADE SUICIDA EXPRESIÓN Ameaza suicida tipo I Ameaza suicida tipo II Ameaza suicida tipo III PROPOSTA DE PLAN Plan suicida tipo I Plan suicida tipo II Plan suicida tipo III Nota bene: A expresión pode variar do verbal ó non verbal, e a actitude da persoa pode variar de máis activa a máis pasiva Relativo á conduta manifesta, e seguindo o mesmo esquema, proporíase estoutra nomenclatura, tal e como se describe no cadro 3.2. Manuel Castro Bouzas 40 Cadro 3.2 Nomenclatura proposta para os diferentes tipos de Tentativa Suicida (baseada na Guía de Práctica Clínica de Prevención y Tratamiento de la Conducta Suicida, 2010) SEN INTENCIONALIDADE SUICIDA INTENCIONALIDADE SUICIDA INDETERMINADA PROBABLE INTENCIONALIDADE SUICIDA RESULTADO SEN LESIÓNS Autolesión Tipo I Conduta suicida Tipo I Tentativa suicida Tipo I RESULTADO CON LESIÓNS Autolesión Tipo II Conduta suicida Tipo II Tentativa suicida Tipo II RESULTADO MORTE Morte autoinfrixida accidental Morte autoinfrixida indeterminada Suicidio consumado Se ben pódese considerar que esta proposta achega unha visión máis completa do fenómeno suicida, tamén incorpora elementos non sempre dispoñibles e dificilmente obxectivables: a ideación debe ser comunicada, a intencionalidade manifesta só pode ser inferida posteriormente ó momento, e o resultado pode depender de factores alleos ó episodio (unha doenza preexistente ou un imprevisto que impide o rescate). Fóra dun enfoque categorial poderíase concibir o fenómeno suicida como un continuo no que habería unha posible secuencia. Seguindo a Farberow (1969) falaríase de ideación (ou comunicación), tentativa e resultado. A manifestación deste fenómeno dependería das vivencias e bagaxe previas da persoa e máis das circunstancias ambientais. Ó abeiro do previo, proponse o seguinte modelo, partindo dunha situación previa de crise e de malestar emocional: · A primeira fase coa presenza de ideas de morte e comunicación das mesmas, de haber oportunidade, con diferentes niveis de estruturación e planificación. · A segunda fase, na que se daría a tentativa suicida, con diferentes niveis de letalidade obxectiva e atendendo a oportunidade e organización · A terceira fase, atendendo ó resultado da tentativa: pode ser tanto recuperación como morte (por consecuencia directa ou indirecta da tentativa realizada) 47 Epidemioloxía da conduta suicida: cifras e métodos máis anciáns) e a situación de saúde, tanto física como psíquica (as taxas de morte por suicidio das persoas cun diagnóstico de esquizofrenia ou de epilepsia son parellas). 4.1.2. Tentativas suicidas: epidemioloxía e métodos No referente ás tentativas suicidas a OMS en Europa recolleu entre os anos 1985 – 1992 (Schmidtke et al., 1996) unhas taxas estandarizadas de 186 episodios/100.000 persoas de máis de 15 anos no caso das mulleres, e de 136 no dos homes, atendendo a aqueles episodios que implicaron algún tipo de asistencia sanitaria. Posteriormente, entre os anos 1989 e 1993, as taxas foron de 190 para o xénero feminino e 140 para o masculino; e no período 1995 a 1999, de 209 e 170 respectivamente. Obsérvase aquí unha tendencia á alza, sendo máis pronunciada no xénero masculino . Entre as diferentes poboacións europeas (Schmitdtke et al, 2004) as taxas máis elevadas por idade e sexo atopadas foron de 607 na cidade de Helsinqui (Finlandia) para os homes de 25-34 anos; e para as mulleres nos 15-24, con taxas de 832 en Francia ou de 839 en Liubiana (actual Eslovenia). As ratio home: muller abanearon entre 1:2,2 a 1:0,8. Por outra banda a súa relación co suicidio consumado non está clara, recolléndose que as tentativas son entre 10 e 40 veces máis numerosas, consonte cun estudo multicéntrico realizado en varios países europeos (Platt et al., 1992). Unha revisión posterior (Chan et al., 2007) de publicacións entre os anos 1995 e 2004 atoparon unhas taxas promedio de 61,4 intentos no caso do xénero feminino fronte ós 57,7 no caso do masculino. Atopouse tamén unha importante variabilidade, xa que as taxas foran dende os 32,3 casos recollidos en Biscaia ata os 116,9 de Estocolmo. Esta revisión, igualmente, achegaba unha relación home:muller de 2:3; e a atopada entre tentativa e suicidio fora de de 2-4:1, sensiblemente inferior a sinalada previamente. Un estudo epidemiolóxico posterior en 6 países europeos (incluído España) atopou unha prevalencia global para as tentativas de suicidio do 1,81% (Bernal et al., 2006), cifras parellas ás informadas en Australia (Fairweather-Smichdt & Kaarin, 2012) comprendidas entre 0,4% e 1,6% Manuel Castro Bouzas 48 sobre tentativas nos 12 últimos meses. No mesmo pais, non obstante, en mulleres atopáranse cifras superiores, de case o 4%, cando se preguntaba sobre os 14 días previos (Barroilhet et al., 2012) Na poboación adolescente en EEUU, en senllos estudos epidemiolóxicos (Borowsky et al., 2001; Bausch & Gutiérrez, 2010) atopouse que o 3,6%-4% dos adolescentes indicaran cando menos unha tentativa suicida, con cifras máis elevadas no grupo de raza branca (1,9% para os homes e un 5,6% para as mulleres) ou no caso de colectivo LGTBI con cifras de ata o 31% (Liu & Mustanski, 2012) con tentativas previas. Nesta poboación en concreto quixera salientar un estudo epidemiolóxico en EE.UU (Barnes et al., 2010) onde se estuda a ausencia ou presenza dalgúns posibles factores de risco (presenza de doenzas físicas crónicas, de trastornos mentais e da suma de ámbolos dous) e a súa influencia na aparición de ideación e tentativas suicidas, obtendo as seguintes cifras: Poboación sen ningún diagnóstico ideación 17% tentativa 3,5% Poboación doenza física crónica ideación 25% tentativa 5,5% Poboación trastorno mental ideación 62% tentativa 24% Poboación coas dúas condicións ideación 64% tentativa 30% A importante variación nas cifras nestas idades proporcionan un exemplo do papel que poden ter diferentes factores de risco (independentemente de que foran estes en concreto ou dos posibles mecanismos de actuación) nunha mesma poboación. Preto desta estaría a poboación universitaria, na que un 3,3% recoñeceu ter realizado unha tentativa suicida previa (Lee et al., 2008) Noutras idades, como en poboación maior de 55 anos (Corcoran et al., 2010) as cifras para as tentativas foron 67,4 nos homes e 88,1 nas mulleres por cada 100.000 habitantes. Neste caso as ratios home e muller foron de 7-8:10, ata que por riba dos 85 mudaron claramente a 28:10. Se atendemos á presenza en medios asistenciais, no ámbito hospitalario (Borges et al., 2000) detectáronse tentativas previas no 6,1% das persoas atendidas, sendo do 2,2% se a pregunta atinxía ós últimos 6 meses. 49 Epidemioloxía da conduta suicida: cifras e métodos No Servizo de Urxencias o peso deste motivo de consulta é relevante: o 0,5% dos episodios urxentes rexistrados en EEUU entre os anos 1997 e 2006 foron por conduta suicida, correspondendo un total de 4,5-5,7 hospitalizacións por cada 100.000 habitantes e ano (Weber et al., 2013). En Canadá as cifras foron 3,2/1000 urxencias nos homes e de 4,5/1000 urxencias das mulleres (Newman & Bland, 2004). E se nos centramos no caso de adolescentes as cifras aumentan indo do 7,2% ó 9% ( Horwitz et al., 2015; King et al., 2014). Cando falamos de medios asistencias relacionados coa saúde mental obtéñense cifras superiores, de modo parello ó atopado no suicidio. En poboación clínica adolescente en tratamento ambulatorio (Dinya et al., 2009) atopouse que un 17,6% realizou tentativas suicidas; e se son hospitalizados (Ivarsson et al., 1998; 018) as cifras soben ata o 28% ou mesmo ó 35% (e tras un mínimo 2 anos o 21% dos homes e o 46% das mulleres realiza unha nova tentativa). Pero outros traballos (Liu & Mustanski, 2012) atopan cifras tan altas no eido ambulatorio como do 31,3% de tentativas ó longo da vida. E no caso de adultos ingresados nunha UHA (Zeppegno et al., 2015) atopouse que o 14,8% fora por tentativa suicida; e que nos memos as tentativas previas realizadas chega ser tan elevadas como do 50,9% das mulleres e do 35,6% dos homes (Baldessarini et al., 2017). Cando atendemos ás poboacións con diagnósticos de trastorno mental as cifras mantéñense igualmente elevadas. Principiando polos diagnósticos de tipo afectivo, atópase que entre o 26% e o 37,2% dos adultos cun diagnóstico de depresión realizaron algunha tentativa ó longo da súa vida (Fountoulakis et al., 2004; Park et al., 2014; Yildirim et al., 2014), sendo do 10% cando se recollen só tentativas recentes. Isto acontece igualmente nos adolescentes (Soylu et al., 2013) cando nun período de 6 meses o 27% informa ter realizado cando menos unha tentativa. Noutro grupo diagnóstico, o de trastorno bipolar, as cifras son en xeral máis altas, atopándose tales tentativas no 34,9% dos pacientes atendidos de xeito ambulatorio e entre o 44% e o 51% de xeito hospitalario (Acosta et al., 2012). Durante un seguimento mínimo de 2 anos (Tidelman et al., 2014) atopouse que o 4,1% dos homes e o 6,9% das mulleres realizaran cando menos unha tentativa suicida. Unha revisión posterior informou Manuel Castro Bouzas 50 de prevalencia de tentativas entre o 25$ e o 50% das persoas con este diagnóstico (Latalova et al., 2014), e traballos posteriores achegaron cifras preto dese rango, do 22,3% (Popovic et al., 2015). En relación co grupo de trastornos psicóticos, no caso da esquizofrenia, atopouse que entre o 23 e 24% dos pacientes estables realiza unha tentativa (Margetić et al., 2012; Yoo et al., 2015). E nunha revisión de traballos sobre adolescentes de alto risco de psicose ou cun diagnóstico de esquizofrenia (Taylor et al., 2015) atopáronse tentativas no 11,6% da mostra. No grupo de trastornos adictivos (Bolognini et al., 2002; Darke & Torok, 2013) a presenza de tentativas previas atopouse entre o 20,1% e 31,5% dos homes e entre o 38,5% e 41,2% das mulleres, aumentando cando se combinan varias substancias (Yazdizli et al., 2010) ou cando o consumo é endovenoso (Darke & Torok, 2013), atopándose no 51,7% dos consumidores por esta vía de cocaína e no 86,3% dos de heroína. Tamén atopáronse tentativas previas no 17,1% daqueles que están en tratamen- to por alcol (Demírbas et al., 2003) e no 35,8% dos de xogo patolóxico (Black et al., 2015). No grupo de trastornos da conduta alimentaria as cifras en diferentes traballos (Ahrén-Moong et al., 2008; Milos et al., 2004; Runfola et al., 2014) van dende o 9,2% de tentativas previas ata o 26,3%, sendo máis habituais as cifras na parte superior do rango, frecuentemente asociadas a condutas purgativas. No caso dos TOC en adolescentes (Apter et al., 2003) a cifra de tentativas suicidas nos últimos 6 meses fora do 10,3% nos pacientes hospitalizados (cifras altas respecto a poboación xeral, mais inferiores ás doutros grupos diagnósticos). As cifras noutros traballos (Kamath et al., 2006; Pavan Kumar et al., 2015) en adultos con este diagnóstico sinalan entre un 21,2% e un 27% ó longo da vida, se ben outros estudos achegan cifras inferiores do 9% (Brakoulias et al., 2017) ou do 11,7% en 44 anos (Fernández de la Cruz et al., 2017). Unha categoría diagnóstica, que ó tempo é un síntoma bastante presente noutras categorías, é a de insomnio. Nun estudo epidemiolóxico (Wojnar et al., 2003) onde se estudaba o insomnio nos seus tres tipos clásicos (de conciliación, de mantemento e espertar cedo) atopouse que nos últimos 12 meses entre o 1,7% e o 1,8% das persoas con 51 Epidemioloxía da conduta suicida: cifras e métodos insomnio realizaran unha tentativa suicida, independentemente do tipo de insomnio. Esta presenza frecuente de tentativas tamén acontece nos cadros somáticos. Atopáronse cifras de tentativas previas no 1% na diabetes (Pompili et al., 2009), do 5% ó 8% en dor crónica (Smith et al., 2004; De Filippis et al., 2008), do 26,5% ó 48% en fibromialxia (Calandre et al., 2015; Triñanes et al., 2014), do 5% ó 20% en epilepsia (Duarte Wigg et al., 2014; Jones et al., 2003; Oliveira et al., 2011), arredor do 13% en persoas con cancro (Recklitis et al., 2006; Sengül et al., 2014) ou entre o 5% e o 10% en VIH (Alderete-Aguilar et al., 2017). Cifras parellas son informadas en adolescentes con doenzas crónicas (Barnes et al., 2010), indicando tentativas no 4,7% e o 7,1% dos mesmos. Neste grupo inclúense ás persoas que sufriron un traumatismo cranioencefálico, nas que referiron tentativas nun 3% no primeiro ano (Kesinger et al., 2016) ata o 17,4% ó cabo de 5 anos (Simpson & Tate, 2002). E no caso dos intentos en medios controlados con finalidade terapéutica, como as UHA, atopáronse tentativas nos primeiros 14 días no 5,6% dos ingresos (Stewart et al., 2011), estimándose na Alemaña un total de 529 tentativas por cada 100.000 ingresos e ano (Neuner et al., 2008). Cando se examinan os métodos das tentativas, de novo atópanse importantes variacións entre países. No estudo WHO/Euro Multicentre Sutdy of Suicidal Behaviour (Schmitdtke et al., 2004) os métodos das tentativas foran envelenamento non agresivo (polo 56% dos homes e o 82% das mulleres), cortarse (un 16% e un 9%), envelenamento con substancias agresivas como pesticidas (5% e 3%) e por métodos violentos (homes un 24% e mulleres nun 15%). Pero esta fotografía dista de ser homoxénea en todo o territorio europeo: en Noruega o método en case o 88% das tentativas en homes ou o 15,3% das mulleres fora cortarse (Schmitdtke et al, 2004). Na descrición dos métodos neste caso obsérvase como o método mais usado é o envelenamento con fármacos. Esta predominancia detéctase de xeito estable ó longo do tempo e en diferentes países europeos (Bergen et al., 2012b; Buron et al., 2016; Chan et al., 2007; Chun et al., 2012; Deisenhammer et al., 2009; Haw et al., 2015; Lin et al., 2016; Tsirigotis Manuel Castro Bouzas 52 et al., 2013; Zeppegno et al., 2015) con cifras que van do 41,6% ó 82% das tentativas, superándose na maioría dos traballos o 70%. Estes datos repítense de modo parello en EEUU e Canada (Colman et al., 2004; Miranda et al., 2014; Newman & Bland, 2004; Olfson et al., 2017; Weber et al., 2013) con cifras que van do 61% ó 83,9%. E noutro medio cultural como Taiwan (Chen et al., 2010; Lin et al., 2016) obtivéronse resultados levemente inferiores abaneando entre case o 44% e preto do 65%. Ademais de nos territorios mencionados, esta predominancia nas tentativas polo uso de fármacos como medio mantense para os dous xéneros (Lin et al., 2016) do que van do 49,5% ó 77,2% en homes e do 76,5% ó 88,8% en mulleres. E tamén é o máis usado en adolescentes (Morgan et al., 2017), en maiores de 55 anos (Bergen et al., 2012b; Corcoran et al., 2010). E tamén cando se recollen os datos nos Servizos de Urxencias (Aseglu et al., 2013; Carroll et al., 2016; Quinlivan et al., 2017) con cifras sempre superiores ó 81%. O segundo método máis frecuente é mediante cortes. As cifras nos diferentes traballos en Europa abanean entre o 10% e o 25% (Buron et al., 2016; Carroll et al., 2016; Chun et al., 2012; Deisenhammer et al., 2009; Newman & Bland, 2004; Quinlivan et al., 2017; Tsirigotis et al., 2013; Zeppegno et al., 2015), sendo máis frecuente entre os homes (Bergen et al., 2012b; Lin et al., 2016; Zeppegno et al., 2015) entre o 7% e o 28% das súas tentativas fronte o 3,5% e 11,5% das mulleres. Atópase un certo descenso coa idade pasando do 12,3% en adolescentes (Morgan et al., 2017) ó 9% en idades máis avanzadas (Bergen et al., 2012b). Resultados parellas déronse nos EEUU e en Canada ( Colman et al., 2004; Miranda et al., 2014; Olfson et al., 2017) con cifras que van do 15% ó 26%; e en países como Taiwán onde dáse arredor do 20% (Chen et al., 2010; Lin et al., 2016), aquí sen diferenzas entre xéneros. Algúns traballos (Bergen et al., 2012b; Haw et al., 2015; Miranda et al., 2014) indicaron unha combinación dos dous métodos entre o 2% e 7,9% dos episodios estudados. O aforcamento, a diferenza do atopado nos suicidios, aparece con moita menos frecuencia, con algunha excepción (Tsirigotis et al., 2013) na que se chega informar de valores do 25,2%. Polo xeral indícanse cifras 53 Epidemioloxía da conduta suicida: cifras e métodos inferiores ó 5%: un 2-3% para homes e 0,5% e 1,7% para mulleres (Buron et al., 2016; Deisenhammer et al., 2009; Lin et al., 2016). Por último mencionar a categoría heteroxénea doutros métodos, cunha grande variabilidade tanto nos seus contidos como na súa natureza, e que nalgúns casos poden incluír métodos cruentos. As cifras abanean dende o 1,1% ata o 16,4% (Bergen et al., 2012b; Buron et al., 2016; Chun et al., 2012; Colman et al., 2004; Deisenhammer et al., 2009; Lin et al., 2016; Miranda et al., 2014; Morgan et al., 2017; Olfson et al., 2017; Tsirigotis et al., 2013; Zeppegno et al., 2015), sendo maior a súa presenza en homes ca en mulleres. Hai casos particulares, como o uso de pesticidas, moi vinculado ó medio rural e que en Taiwan, (Chen et al., 2010) chegou estar presente en máis do 27% das tentativas. Como resumo podo sinalar que aquí as cifras tamén son moi variables atendendo ó método utilizado, ó territorio estudado e ó momento histórico: as cifras en Europa indican un aumento ata o inicio do século XXI e posterior diminución ata cifras aproximadas de 65 intentos/100.000 habitantes no caso das mulleres e duns 55 no caso dos homes, sendo estas tentativas maiores no caso dos adolescentes e por riba dos 55 anos (cifras que falan dun 30% máis). As porcentaxes de tentativas ó longo da vida están no 1-2% da poboación xeral, e nos adolescentes de modo global no 4% (máis altas nas mulleres ca nos homes, e máis naqueles adolescentes con doenzas crónicas). Atópanse cifras máis elevadas en minorías ou cando hai algún diagnóstico de trastorno mental (con tentativas recentes valores entre o 10-20%, e con historia de tentativa entre o 30% e o 50% con períodos prolongados de exame); e algo inferiores con diferentes doenzas somáticas, con cifras entre o 5% e o 10%. Asemade son responsables de carga asistencial, tanto de episodios de urxencias como de hospitalizacións (do 5%, e sendo superior no caso de adolescentes) e dun 15% das hospitalizacións en UHA. Os métodos empregados son algo diferentes dos suicidios. Salientan o envelenamento con fármacos, presente no 60% das tentativas dos homes e no 80% das das mulleres; e como segundo o cortarse, no 20% das tentativas dos homes e un 10% das tentativas das mulleres; e outros métodos no 20% restante dos homes e no 15% das mulleres. Manuel Castro Bouzas 54 4.1.3. Ideación suicida: epidemioloxía En relación coa ideación (e comunicación) en diferentes países europeos detectouse a presenza de ideas suicidas recentes entre o 7,8% e 9,5% na poboación xeral (Bernal et al., 2006; Casey et al., 2008) mentres que en China, referiron ideación suicida cualificada como grave o 3,8% dos homes e o 5,8% das mulleres nos últimos meses (Gong et al., 2011). En Corea, pero en poboación universitaria, a porcentaxe para ámbolos dous xéneros foi de 9,8% nun período de 2 semanas (Lee et al., 2008). Outros dous estudos epidemiolóxicos, en Australia (Fairweather- Smichdt & Kaarin, 2012), atoparon prevalencias de ideación suicida nun período de 12 meses en tres grupos de idade. Así para os 20 – 24 anos atopáronse cifras de 2,8% – 12,5% para os homes e de 5,9% – 13,4% para as mulleres; para os 40 a 44 anos, entre 3,2% – 8,9% fronte 3% – 8’8%; e no grupo de 60 a 64 anos 1,5% – 3,9% para os homes e fronte 0,4% – 2,1%. Obsérvase como a ideación vai diminuíndo claramente para ámbolos dous sexos a medida que medra a idade. En estudos con adolescentes atopáronse estas ideas no 2,9% dos mozos e no 4,7% das mozas nos últimos 12 meses (Fuller-Thompson et al., 2013) ou 6,7% en Chile (Barroilhet et al., 2012). No caso de adolescentes do colectivo LGTBI aumentarían ata o 37,8% nun período de 4 meses (Liu & Mustanski, 2012). En situacións que implican un cambio vital, como o embarazo sinálanse porcentaxes do 4,1% no preparto e do 3,4% no posparto (Kim et al., 2015), se ben en mostras atendidas en dispositivos clínicos foron referidas ata polo 33% da mostra (Newport et al., 2007). A súa presenza en cadros somáticos polo xeral é máis elevada cá atopada na poboación xeral. É referida no 21,4% dos pacientes con trastornos cardiovasculares (Rodrigues Nascimento et al., 2015); no 19% con dor crónica (Smith et al., 2004); no 44,6% das persoas cun diagnóstico de fibromialxia (Hassett et al., 2014); e ó cabo dun ano no 10,8% a 11,2% das persoas con cancro (Kim et al., 2013). Cando os cadros somáticos son neurolóxicos as cifras son parellas. Están presentes nas 2 primeiras semanas no 8,2%, pero soben ó 22,7% e o 32,8% ós 5 anos nos traumatismos cranioencefálicos (Kesinger et al., 55 Epidemioloxía da conduta suicida: cifras e métodos 2016; Mackelprang et al., 2014;); ou no 12,2% no caso da epilepsia (Jones et al., 2003). No caso da combinación de doenza crónica e adolescencia, as cifras non son menores (Barnes et al., 2010), cunha prevaleza no 10,4% dos rapaces e un 26,2% das rapazas. Cando estúdase a poboación cun diagnóstico de trastorno mental as cifras son algo superiores. Mencionan estas ideas no último mes o 18% dos homes e o 25,6% das mulleres atendidas por depresión (Park et al., 2015), estando tamén presentes no 19% dos adolescentes con tentativas previas (Soylu et al., 2013). Tamén son informadas do 29,4% ó 50% das persoas con trastorno bipolar (Acosta et al., 2012; Umameheswari et al., 2014); do 21,2% ó 46,1% dos atendidos por trastorno obsesivo compulsivo (Gupta et al., 2014; Pavan Kumar et al., 2015); polo 25,9% dos suxeitos con trastornos da conduta alimentaria (Milos et al., 2004); polo 27,4% con xogo patolóxico (Black et al., 2015); ou polo 22,5% das persoas estables con esquizofrenia (Margetić et al., 2012), pero que subirían ata o 66,1% nun período de 2 semanas dos adolescentes considerados en risco (Taylor et al., 2015). Por último, sobre a presenza de demanda específica por ideación suicida, sinalar que no Servizo de Urxencias dun Servizo de Psiquiatría (King et al., 2014) o 7% das asistencias foron por este motivo. A modo de resumo os datos indican que na poboación xeral un 8% experimenta algún tipo de ideación suicida, tanto en adolescentes como en adultos, mais esas cifras poden subir en caso de cambio vital, ou no caso de sufrir algunha doenza somática ou se ten un diagnóstico de trastorno mental, no que esa cifras multiplicaríase por 2 ou 3. O impacto asistencial no Servizo de Urxencias estaría no 7% da súa actividade. 4.1.4. Condutas suicidas de modo conxunto: epidemioloxía Cando se informan de modo conxunto as cifras atopadas son superiores ás referidas á ideación e tentativas por separado. A prevalencia das mesmas no último ano foi informada no 10% da poboación (Jones et al., 2008); pero soben ó 14,3% cando se examina ó longo da vida (MacLean Manuel Castro Bouzas 56 et al., 2011; Silva et al., 2017), sendo as cifras superiores no xénero feminino ca no masculino En mostras clínicas de adolescentes e adultos informouse da presenza de condutas suicidas entre o 31% e o 50%, sendo superiores igualmente en mulleres (Jones et al., 2008; de Klerk et al., 2011). Asemade no grupo de adolescentes, o 17,6% da actividade que demandaron dun Servizo de Urxencias foi por condutas suicidas (Dinya et al., 2009). No caso de consumo de substancias atopáronse estas condutas no 47% dos usuarios (Dragisic et al., 2015), con datos por xéneros que van dende o 33% ó 42% no caso dos homes ata o 58% das mulleres (Evren et al., 2011; Landheim et al., 2006). 4.1.5. Suicidio e condutas suicidas: breve recapitulación Dos datos extraídos da literatura revisada sobre a situación (fundamentalmente en países occidentais) pódense tirar unhas breves impresións, algunhas xa mencionadas durante a exposición: a. A variabilidade nas cifras: dependendo dos países, idades e sexo as cifras varían. Nesta variabilidade pode influír o fenómeno tal e como se dá realmente, pero tamén a definición do obxecto do estudo (por exemplo, o apartado anterior de condutas suicidas que equipara manifestacións suicidas de diferente impacto), o período de observación (últimas dúas semanas, últimos mes, durante toda a vida) ou método de recollida (enquisa, ítem dun cuestionario ou rexistro de historias clínicas). Considerando o previo tal variabilidade resulta comprensible, pero tamén dificulta achegarse a un meirande coñecemento deste fenómeno, que asemade vese sometido a variacións históricas: nos últimos anos apréciase un incremento tanto nas cifras achegadas de suicidios como de tentativas. b. A progresión do fenómeno, comprobado como as cifras de prevalencia son maiores en ideación suicida, seguidas das tentativas e finalmente dos suicidios. Sería compatible cun modelo en banzos da intensidade do malestar, que necesitaría traspasar dun determinado limiar para a realización dunha conduta suicida 63 Epidemioloxía da conduta suicida: cifras e métodos Táboa 4.2.5 Métodos nas tentativas suicidas na Área Sanitaria de Ferrol ano 2012 (adaptado de de Alba et al., 2013) Homes % Mulleres % Total % Sobredose fármacos 21 52,5 72 82,3 72 70,6 Cortes 9 22,5 7 11,3 16 15,7 Aforcamento 4 10 1 1,6 5 4,9 Outros violentos 5 12,5 2 3,2 7 11,3 Outros 1 2,5 1 1,6 2 2 Total 40 39,2 62 60,8 102 100 Nota: As porcentaxes redondeáronse ata o primeiro decimal Apréciase que son métodos parellos, tanto no orde como na opción por sexos, ós informados no resto de Europa. O consumo de fármacos maioritario no sexo feminino respecto ó masculino (82,3% fronte 52,5%) e a predominancia de métodos cruentos nos homes (45% neles fronte 16,1%). Como resumo os autores acharon unhas cifras levemente inferiores de suicidio para España en comparanza coas indicadas para outros países europeos, se ben as taxas en Galicia son máis achegadas a estas (uns 11 por cada 100.000 habitantes). E outro tanto respecto das tentativas, estas si claramente máis elevadas en Galicia en comparanza coas do resto do Estado, e tamén en relación co resto de Europa (arredor de 100/100.000 habitantes). Verbo os métodos, atópanse algunhas diferenzas en función das zonas analizadas, como unha maior presenza de aforcamentos e menor de armas de fogo en comparanza con Navarra (Goñi-Sarriés et al., 2018). O método máis frecuente segue a ser o aforcamento, en máis do 54% dos casos, e que xunto coa precipitación totalizan non menos do 70%. Sobre as tentativas, cando menos os episodios recollidos no valioso traballo de de Alba et al (2013) sinálase o predominio do uso de fármacos noutro 70%, e sumando aforcamento e precipitación apenas superan o 16%. 65 5. FACTORES DE RISCO E DE PROTECCIÓN As devanditas cifras sinalan a magnitude do problema tanto do suicidio como das condutas suicida. Se consideramos preocupantes as cifras dos falecidos en accidentes de automóbil como referencia estamos perante unha realidade máis alarmante aínda. As mesmas igualmente apuntarían á presenza de factores que poden estar influíndo na súa manifestación. A conduta suicida non acontece nun baleiro nin exprésase de modo homoxéneo nos diferentes individuos, nin no mesmo suxeito ó longo do tempo. Resulta razoable ver a influencia de factores que actuarían favorecendo ou dificultando a súa execución, incluíndo variables biolóxicas, demográficas, sociais, psicolóxicas e ambientais. Algunhas das mesmas pódense considerar non mudables, mais outras poderían ser obxecto de intervención. No modelo xa descrito de Mann et al. (1999) a expresión da conduta suicida considérase dentro dun modelo de vulnerabilidade individual ó estrés (por diferentes motivos). Esta vulnerabilidade, nun caso particular, interactuaría con diferentes circunstancias (internas ou externas) influíndo na probabilidade da expresión dalgunha das condutas suicidas (ideación ou tentativa, independentemente do resultado desta última). Este modelo, descrito xeralmente como de diatese-estrés, facilita a organización dos distintos factores atopados, e mesmo podería axudar na reflexión sobre a súa modificación. Manuel Castro Bouzas 66 Os factores poden considerados de risco ou protectores, e mesmo poden variar segundo outras variables, e actúan mutatis mutandis de modo conxunto. Como exemplo, e tomando os datos do estudo de Borowsky et al. (2001) con adolescentes, o mesmo fornece distintas prevalencias atendendo a grupo racial e xénero. Mais ó previo engadíanse combinacións de factores de risco (v.g. unha doenza ou sucesos negativos na escola) e protectores (v.g. contacto positivo cos pais e coa familia) que afectarían á prevalencia: · Varios factores protectores, poucos factores de risco: Entre 0,2% e 0,6% nos diferentes grupos étnicos; no 0,3% dos mozos e no 0,6% das mozas · Ningún factor protector, poucos factores de risco: Entre 0,7% e 2,9% nos diferentes grupos étnicos; no 1,7% dos mozos e no 3,4% das mozas. · Varios factores protectores, varios factores de risco: Entre 3,5% e 4,7% nos diferentes grupos étnicos; no 4,6% dos mozos e no 8,9% das mozas. · Ningún factor protector, varios factores de risco: Entre 18,3% e 20,4% nos diferentes grupos étnicos; no 21,3% dos mozos e no 35,5% das mozas A información achegada sinala que os factores protectores diminúen unhas 5 veces o impacto de distintos factores de risco, atopándose que o máis protector é o benestar emocional (Borowsky et al., 2001). Tamén sinala que o risco cero non existe e que a relación entre os diferentes factores dista de ser sinxelamente aditiva. Tendo presente, xa que logo, esta interacción entre distintos factores de risco e de protección revisaranse os mesmos divididos por grupos ad hoc. Outra agrupación e redacción son posibles, dependendo de se lle dar máis importancia a unha dimensión ou a outra. Por exemplo, ó xénero (e sinalando posteriormente esta variable nun subgrupo como o dos trastornos afectivos); ou falar inicialmente dos trastornos afectivos (e posteriormente comentar a relevancia do xénero). En todo caso pretenderase a claridade na exposición e a non reiteración dos mesmos datos. 67 Factores de risco e de protección 5.1. Factores demográficos 5.1.1. Xénero Como xa se mencionara no apartado de epidemioloxía, dous dos achados máis frecuentes nos diferentes estudos son a meirande presenza de mulleres cando se estuda a presenza de condutas suicidas (ideación e tentativa) e, pola contra, a meirande presenza de homes nos suicidios consumados. Ó previo engadiríase a relación entre xénero e o método utilizado: nos homes métodos máis cruentos (aforcamento, precipitación) e, pola contra, nas mulleres, máis silandeiros (envelenamento con fármacos). Comezando neste caso sobre as tentativas a presencia feminina resulta predominante en diferentes traballos, e tanto en poboación xeral como na clínica, con cifras comprendidas entre o 59,2% e o 79,6% do total (Aseglu et al., 2013; Bo et al., 2010; Carroll et al., 2016; Haw et al., 2006; Haw et al., 2015; Hu et al., 2016; Miranda et al., 2014; Morgan et al., 2017; Nuns & Loas, 2005; Singh et al., 2016; Teti et al., 2014; Tsirigotis et al., 2011; Victor & Klonsky, 2014; Zeppegno et al., 2015). Este achado dáse igualmente cando o que se recolle é asistencia sanitaria en poboación adolescente e máis adulta (Choi et al., 2016; Keilp et al., 2012; King et al., 2014; Margarit Soler et al., 2015; Villar Cabeza et al., 2017; Villar Cabeza et al., 2018; Zeppegno et al., 2015), relación que se mantén cando se fala de reiteración onde son máis do dobre (da Silva et al., 2008). De tódolos xeitos, pode haber factores que modulen ese predominio, como pode ser a orientación sexual (King et al., 2008), como se amentará máis adiante. Emporiso na poboación clínica este predominio do xénero feminino non está tan claro. Hai autores que nas UHA atopan este predominio (Baldessarini et al., 2017) fronte outros no que a diferenza non acada significación (Pompili et al., 2008; Preti et al., 2010). Outro tanto acontece cos diferentes grupos diagnósticos. En poboación adolescente con síntomas psicóticos non se atopou relación entre xénero e tentativas (Taylor et al., 2015) nin no caso de trastornos psicóticos en adultos estables clinicamente ou ingresados (Margetić et al., 2012; Singh et al., 2016b; Yoo et al., 2015). E incluso, no caso do TOC (Fernández de Manuel Castro Bouzas 68 la Cruz et al., 2017), ser muller foi un factor protector en canto tentativas de suicidio (RR 0,59), e de risco cando se falaba de suicidio consumado. Nos trastornos afectivos si aparece xeralmente un predominio do xénero feminino, se ben tamén aquí achouse algunha excepción (Pompili et al., 2016). No caso de depresión atopouse un predominio no caso de tentativas previas (Popovic et al., 2015); e no caso do trastorno bipolar, infórmanse ata 7 veces máis tentativas nas mulleres (Aaltonen et al., 2016; Acosta et al., 2012; Schaffer et al., 2015). Unha relación positiva entre xénero feminino e tentativas foi tamén atopada en poboación con dependencia de substancias (Darke & Torok, 2013). Nalgúns casos o xénero pode estar máis asociado a outra variable. Así, nun estudo sobre altas hospitalarias en urxencias tras tentativas (Weber et al., 2013) o xénero masculino estaba asociado ás mesmas (OR 1,7) cando se asociaba con consumo problemático de substancias ou cun diagnóstico de esquizofrenia (OR 1,7); mentres o xénero feminino mantiña a significación asociado con reaccións desadaptativas (OR 1,5) ou con calquera diagnóstico de trastorno mental (OR 3,67) No tocante ós suicidios, atopouse que os homes realizan entre o 58,2% e o 83,2% dos mesmos (Goñi-Sarriés et al., 2018; Teti et al., 2014), optando ata preto dun 90% por métodos violentos no seu primeiro intento fronte cifras inferiores no caso das mulleres suicidas (Goñi-Sarriés et al., 2018). Nunha metaanálise sinálouse que o xénero masculino implicaría un RR 2,05 en relación co suicidio respecto das mulleres (Chan et al., 2016). No caso de poboacións clínicas e suicidio, o predominio do xénero masculino é informada no caso de depresión (Hawton et al., 2005) e de trastorno bipolar (Aaltonen et al., 2016; Schaffer et al., 2015). No caso esquizofrenia, se ben algún traballo non atopou esta relación (Loas et al., 2009), si pareceuse confirmar en revisións posteriores (Hor & Taylor, 2010; Gómez-Durán et al., 2012 ). Unha excepción a este predominio masculino atopouse nun estudo de seguimento de persoas cun diagnóstico de TOC (Fernández de la Cruz et al., 2017), onde o factor de risco foi o de ser muller (RR 1,35). Como resumo, nas tentativas aparecen en xeral con máis frecuencia as mulleres, se ben pode haber algunhas excepcións (como os cadros con 69 Factores de risco e de protección síntomas psicóticos ou o TOC). E nos suicidios, os homes, coa posible excepción do TOC. Pero ese factor, o xénero, é susceptible de ser modulado por outras variables. 5.1.2. Idade A influencia do factor idade está sometido, probablemente, a cambios que dificultan obter unha imaxe clara: varios dos estudos xa examinados de carácter epidemiolóxico atopan con frecuencia unha maior presenza de condutas suicidas nos máis novos e máis suicidios a medida que vai medrando a idade, cun meirande incremento por riba dos 75 anos (Bobes et al., 2004). Mais a coincidencia non é plena. Na ideación suicida os datos indican que a idade converteríase nun factor protector, con reducións significativas na poboación xeral, máis claras por riba dos 30 anos (Casey et al., 2006; Hittika et al., 2004), cun OR de 0,58. E tamén a asociación entre menor idade e maior ideación non só na poboación xeral (Keilp et al., 2012), senón tamén en embarazadas (Kim et al., 2015) ou en persoas con trastornos afectivos (Aaltonen et al., 2016). Hai que considerar que cando menos algún autor acha a relación contraria na poboación xeral (Gong et al., 2011), ou non se atopa nalgunha poboación clínica, como en persoas con traumatismo cranioencefálico (Simpson et al., 2002). En relación coas tentativas, mentres que os estudos epidemiolóxicos apuntaban a máis tentativas nos máis novos (Schmitdtke et al, 2004), os realizados con rexistros clínicos atoparon un incremento nas asistencias para homes e mulleres por riba dos 55 anos no Reino Unido (Harriss et al., 2003), como en China (Bo et al., 2010) e nos EE.UU. (Choi et al., 2016), se ben neste caso por riba dos 75 anos. Probablemente esta discrepancia sexa debida a diferenzas na metodoloxía (estudo epidemiolóxico fronte rexistros clínicos) No medio hospitalario as relacións entre idade e tentativas non aparecen de modo claro. Hai autores que atoparon en dispositivos hospitalarios unha relación protectora para a idade entre 30 e 45 anos (Borges et al., 2000); pero fronte outros que non confirmaron tal relación (Preti et al., Manuel Castro Bouzas 70 2010) ou mesmo foi a contraria, asociando tentativas con maior idade (Baldessarini et al., 2017). En grupos clínicos como os trastornos afectivos atopouse relación entre menor idade e un meirande número de tentativas (Schaffer et al., 2015). Pero non noutros grupos examinados, como o de insomnio (Wojnar et al., 2003); ou o de esquizofrenia. Neste último grupo algúns autores atopan esa relación (Gómez-Durán et al., 2012), máis outros non avalan este achado (Loas et al., 2009; Margetić et al., 2012; Singh et al., 2016b; Yoo et al., 2015). En resumo, a relación da idade pode variar dependendo do tipo de conduta suicida examinada e da fonte da información. Parece máis frecuente a ideación na xente máis nova, e os suicidios nos máis vellos. Pero sobre as tentativas hai unha meirande variación nas conclusións, sen concordancia entre os diferentes traballos e poboacións. 5.2. Factores académicos e asociados ó desempeño laboral Neste apartado recolleranse os distintos achados relativos ós niveis formativos e de nivel de ocupación e variables asociadas ó mesmo, incluíndo estatus social. 5.2.1. Nivel académico No tocante á posible relación entre nivel académico e ideación suicida na poboación xeral atopouse que ter máis de 9 anos de estudos tiña efecto protector (Hintikka et al., 2004), cunha prevalencia nos 6 meses previos entre os que tiñan menos de sete anos de estudos do 7,8%, mentres que entre 7 e 9 anos a prevalencia fora de 2,1% (Gong et al., 2011). E en poboación clínica con traumatismo cranioencefálico atopárase que o non rematar educación secundaria sería un factor de risco (Mackelprang et al., 2014). Consideradas as condutas suicidas en xeral foi tamén atopado o efec- to protector da educación superior durante un período de tres anos en poboación clínica atendida de xeito ambulatorio (de Klerk et al., 2011). 71 Factores de risco e de protección En canto as tentativas suicidas na poboación adolescente e universitaria o propio contacto cun centro educativo tería un efecto protector, mentres que sucesos negativos no propio centro serían un factor de risco (Borowsky et al., 2001), igual ca unha redución no rendemento académico asociouse con tentativas suicidas previas (Lee et al., 2008). Nas poboacións clínicas no caso do diagnóstico de TOC atopouse que ter educación primaria fronte a secundaria nas tentativas era un factor protector (RR entre 0,59 e 0,68); mais respecto dos suicidios o efecto era de risco (RR entre 1,35 e 1,40) (Fernández de la Cruz et al., 2017). Respecto do diagnóstico de esquizofrenia a relación atopada deuse entre un maior nivel educativo e un aumento tanto nas tentativas (Yoo et al., 2015) como no suicidio (Hor & Taylor, 2010). Como conclusión teriamos que un meirande nivel de estudos e de relación académica estaría positivamente asociado a un menor risco de condutas suicidas, e que unha redución no rendemento académico cun incremento. Mais nalgunhas poboacións clínicas a relación non é tan sinxela. 5.2.2. Situación e condicións laborais Sobre o ámbito laboral unha metaanálise de traballos publicados entre 1999 e 2017 atopou a relación entre ideación suicida e a inestabilidade e a sobrecarga laborais, un baixo nivel de apoio laboral e o exceso de control; estando esta última tamén asociada a suicidio consumado (Milner et al., 2018). Situacións como estar no paro ou cun traballo precario están asociados a atencións nun Servizo de Urxencias por tentativa suicida, atopándose no 24,7% ó 65,9% fronte o 4% ó 15% dos que acoden por outros motivos (Bo et al., 2010; Carroll et al., 2016; Newman & Bland, 2004). Situación que tamén se dá con ideación suicida no caso de persoas seropositivas ó VIH (Kelly et al., 1998). En poboacións clínicas, trala alta dun centro psiquiátrico entre aqueles que se suicidaran o 49% estaban no paro, fronte o 19% dos que non o fixeran (Green et al., 2015). Referidos a persoas con diagnóstico de esquizofrenia o tratamento ambulatorio e estar en situación laboral de Manuel Castro Bouzas 72 activo tivo un efecto protector (de Klerk et al., 2011) pero non no caso de asistencia nun Servizo de Urxencias (Zeppegno et al., 2015), onde a relación protectora foi con estar no paro. E no caso de depresión (Singh et al., 2016b) non se atopou relación ningunha entre o suicidio e a súa situación laboral No referente ás condicións laborais parecen estar asociadas unhas condicións laborais adecuadas cun menores cifras de condutas suicidas. Mais coa situación laboral, paro fronte activo, a relación pode estar mediada por outras variables como pode ser a situación clínica. 5.2.3. Clase social e nivel socioeconómico Os estudos sinalan unha relación entre ideación e tentativa suicidas en persoas que se identifican con clase social baixa, referindo unha mala situación económica nun 9,3% fronte o 0,3% que a cualifica como boa (Gong et al., 2011). Isto atópase en poboación universitaria (Lee et al., 2008) en embarazadas (Soylu et al., 2013); e tamén en adolescentes (Beautri, 1999) como en adultos (Horwitz et al., 2015) atendidos nun Servizo de Urxencias. En estudos con adolescentes (Morgan et al., 2017) a incidencia de hospitalizacións por conduta suicida fora un 38,2% máis elevada nas zonas máis deprimidas economicamente en comparanza coas que menos; e en adultos unha boa calidade de vida ten efecto protector (Gong et al., 2011) con tentativas ou con suicidio (Zhang & Li, 2013). Non obstante en persoas con esquizofrenia non se atopou esa relación (Hor & Taylor, 2010) Na mesma liña en poboación clínica adulta nunha UHA ter un alto nivel de ingresos era protector fronte tentativa suicida; e pola contra ser migrante era de risco (Preti et al., 2010). En resumo, a meirande nivel socioeconómico, menor presenza de condutas suicidas, se ben esta relación podería non darse en tódalas poboacións. 79 Factores de risco e de protección No relativo á ideación suicida diversos estudos relacionan coa mesma unha maior presenza de episodios de conduta violenta (Beautrais, 1999; Borowsky et al., 2001) ou do diagnóstico de conduta disocial (Dinya et al., 2009). Este diagnóstico, antes dos 15 anos, é un factor biográfico que aparece asociado tamén con ideación suicida posteriormente na idade adulta, en persoas con trastorno por dependencia de substancias, fundamentalmente alcol (de Klerk et al., 2011; Yazdizli et al., 2010). Encol as condutas suicidas na poboación infanto-xuvenil a relación áchase coa presenza de cadros asociados a dificultades no autocontrol e/ ou na adecuación ó entorno social, como a existencia no 24% de diagnóstico de TDAH ou no 9,7% do de trastorno de conduta social, segundo se recolleu nunha revisión (Hawton et al., 2013), se ben sinalábase a importante heteroxeneidade entre os traballos revisados. Respecto deste último diagnóstico, no noso medio atopouse no 8,5% das tentativas en adolescentes (Villar Cabeza et al., 2017). 5.5. Factores relacionados co medio ambiental e circunstancias estresoras Menciónanse aquí aquelas situacións que se presentan no medio onde se desenvolve o suxeito, e que incluirían tanto a exposición a situacións ou modelos determinados que implicarían a mobilización de recursos persoais para a adaptación ó medio. 5.5.1. Modelos de conduta suicida no ambiente máis achegado Atopouse en EE.UU que a presenza no seu ambiente de información sobre o acceso a armas e a existencia de condutas suicidas por parte dos seus amigos estivo asociado en adolescentes á realización de tentativas suicidas (Borowsky et al., 2001). 5.5.2. Sucesos vitais No relativo a ideación suicida un achado frecuente é a relación entre unha meirande presenza de sucesos vitais e a probabilidade de calquera Manuel Castro Bouzas 80 tipo de conduta suicida (Casey et al., 2006). E como, segundo os mesmos autores, un baixo nivel dos mesmos tería un valor protector cando menos nas mulleres. A parellas conclusións chegaron traballos posteriores (De Filippis et al., 2008; Gong et al., 2011). Esta relación tamén se atopou no colectivo de persoas homosexuais (King et al., 2008) no que o risco é máis do duplo ós 12 meses (RR 2,05) como de persoas con cancro, mesmo un ano trala súa recuperación (Recklitis et al., 2006). Un tipo específico de suceso é o de embarazo non planeado, que no caso de mulleres embarazadas asóciase coa presenza desta ideación (Newport et al., 2007), pero tamén no caso de complicacións tralo parto (Kim et al., 2015). No relativo a tentativas suicidas, o que se atopou tanto en dispositivos asistenciais como en Servizos de Urxencias foi unha meirande presenza de perdas afectivas e a súa relación co diagnóstico dun trastorno mental (Bo et al., 2010), atopándose o mesmo en persoas cun diagnóstico de depresión (Park et al., 2015) ou nas ingresadas nunha UHA (Preti et al., 2010). En todo caso a existencia de eventos vitais negativos asociaríanse tanto con tentativas como con suicidio consumado (Teti et al., 2014). 5.5.3. Reaccións desadaptativas As reaccións excesivas a circunstancias ou demandas ambientais, baixo diferentes etiquetas diagnósticas, son informadas con frecuencia durante a exploración clínica da poboación con condutas suicidas. Nunha revisión sobre tentativas suicidas este tipo de cadros fora atopado entre o 24,7% e 38,3% da poboación infanto-xuvenil e no 25,8% dos adultos (Hawton et al., 2013; Villar Cabeza et al., 2017). Na mesma liña van as valoracións realizadas no Servizo de Urxencias (Weber et al., 2013), nos que este tipo de reaccións era seis veces máis frecuentes nos episodios por conduta suicida ca naqueloutras por outro motivo. 81 Factores de risco e de protección 5.6. Factores asociados a saúde física e mental Serán descritos neste apartado aqueles factores relativos á saúde e ó benestar do individuo. Neste caso sería relevante lembrar aquí un traballo mencionado previamente (Bausch & Gutiérrez, 2010), no que as doenzas físicas e os trastornos mentais actuaban de modo conxunto, con pesos diferentes, nunha mostra de adolescentes, tanto en ideación como en tentativa. Esta circunstancia estaría igualmente presente nos seguintes apartados. 5.6.1. Mala saúde física e a existencia de doenzas crónicas En xeral a vivencia de ter mala saúde física ou dun diagnóstico potencialmente ameazador sitúa ós individuos nunha posición de vulnerabilidade, neste caso asociado a unha meirande probabilidade subxectiva de sufrimento ou morte. Comezando coa ideación suicida esta mala saúde manifestábase 2,4 veces máis naquel sector da poboación xeral que manifestaba peor percepción da súa saúde (Hintikka et al., 2004). Isto tamén acontecía en persoas que sufriran traumatismo cranioencefálico (Mackelprang et al., 2014), mesmo sen ter relación relación coa gravidade do mesmo (Simpson & Tate, 2002). E, pola contra, a percepción dun mellor benestar físico e emocional, asociaríase cando menos en adolescentes (Borowsky et al., 2001) cun menor número de condutas suicidas. A existencia dunha doenza crónica na vida cotiá do individuo pode igualmente afectar na aparición de ideas deste tipo. Isto tense atopado en persoas con dor crónica (Smith et al., 2004), con cancro de mama (Recklitis et al., 2006) e doutros tipos (Sengül et al., 2014), con cefalea (Brennan & Sullivan, 2008), con diabetes (Pompili et al., 2009), con fibromialxia (Calandre et al., 2015; Triñanes et al., 2014) ou polas eivas consecuencia dun traumatismo cranioencefálico tras 5 anos (Kesinger et al., 2016). Este impacto pode perdurar, no caso do cancro en idades infantís, ata a idade adulta (Recklitis et al., 2006). A relación entre tentativas e percepción dunha mala saúde física atopouse nos pacientes dun hospital xeral (Borges et al., 2000), en adolescentes Manuel Castro Bouzas 82 (Borowsky et al., 2001) e en persoas maiores (Deuter & Procter, 2015). Na mesma liña os resultados no Servizo de Urxencias (Haw et al., 2006), onde se informa que as doenzas previas están presentes no 15,3% dos atendidos por episodios de conduta suicida fronte o 1,6% dos que o foron por outros motivos; ou afirman ter menor vigor físico no caso dos homes (Stefanello et al., 2007). E o mesmo dicir coa relación entre tentativas e doenzas crónicas (Teti et al., 2014), atopándose relación con doenzas respiratorias graves ou con hipertensión arterial, pero tamén cun maior número de doenzas diagnosticadas (MacLean et al., 2011). Mención aparte o impacto da dor como un factor independente, pero con frecuencia presente neste tipo de cadros (Brennan & Sullivan, 2008). Pero esta asociación tamén é atopada no caso do suicidio, como no caso da fibromialxia (Hassett et al., 2014). Unha metaanálise sinalou ós problemas físicos graves ou crónicos como un factor de risco que dobra (RR 1,99) a probabilidade de suicidio (Chan et al., 2016). 5.6.2. A presenza xenérica de trastorno mental e a hospitalización Nalgúns dos traballos previamente amentados suxírese unha meirande presenza de condutas suicidas en poboación con diagnóstico establecido de trastorno mental (de modo global) ou naqueles que estaban hospitalizados nunha UHA. Neste senso achouse relación entre ideación e a presenza de diagnósticos de trastornos mentais en mostras de mulleres embarazadas (Kim et al., 2015), persoas con traumatismo cranioencefálico previo (Simpson & Tate, 2002) ou en persoas seropositivas a VIH (Kelly et al.; 1998). No relativo a tentativas, tamén son frecuentes os diagnósticos no caso de adolescentes (Borowsky et al., 2001), ata 3 veces máis frecuentes (Dinya et al., 2009). E no caso de poboación clínica, un maior número de hospitalizacións previas (Teti et al., 2014). Á unha conclusión parella chegouse cando se fala globalmente das condutas suicidas: na poboación xeral (Jones et al., 2008); ou nas altas dos Servizos de Urxencias, onde chegan ser os diagnósticos 14 veces 83 Factores de risco e de protección máis frecuentes (Weber et al., 2013), informándose de prevalencias dalgún trastorno mental entre o 69,5% e o 86% dos usuarios atendidos por conduta suicida (Bo et al., 2010; Weber et al., 2013; Bi et al., 2017). En concreto a existencia dun diagnóstico asociouse con máis episodios previos, maior intensidade depresiva, menor calidade de vida e tentativas con menor impulsividade (Bo et al., 2010). Indicar que algún traballo non atopa tales diferenzas (Zeppegno et al., 2015), se ben a causa podería ser a inusualmente elevada porcentaxe de diagnósticos no grupo de comparanza (86%). Cifras semellantes foron atopadas nunha revisión, con diagnósticos no 83,9% da poboación adulta e no 81,2% da infanto-xuvenil (Hawton et al., 2013), e que poden chegar ata o 91,8% (Villar Cabeza et al., 2017) neste último grupo, sendo ademais un factor de risco (RR 2,47) nun seguimento de 6 meses (Villar Cabeza et al., 2018) En mostras clínicas a conduta suicida asociouse cun maior número de diagnósticos de trastornos mentais e con peores puntuacións en escalas psicopatolóxicas (de Klerk et al., 2011). Nun estudo prospectivo (Lundin et al., 2011) en homes recolleu que a situación ós 18-21 anos en relación con calquera diagnóstico de trastorno mental asociábase con tentativa de suicidio ós 22-39 anos (RR 4,4) e ós 40-57 (RR 2,6); mentres que con suicidio dábanse nos dous intervalos (RR 3,3 e 2,1). Outra variable é o número de ingresos previos, asociándose a un maior número de suicidios trala alta nun período de 10 anos (Green et al., 2015). Un traballo sobre suicidio consumado indican non só esta maior presenza de diagnósticos de trastornos mentais fronte a poboación xeral, senón que particularmente a existencia de trastornos por personalidade patolóxica, que fora informada no 4,6% fronte o 0,5% dun grupo control, e sendo este efecto moito máis intenso en mulleres (OR 38,1) ca en homes (OR 15,9) (Doyle et al., 2016). Un traballo realizado sobre soldados israelíes (Weiser et al., 2015) atopou que criterios como de ter un diagnóstico dun trastorno mental, ou referir ideación ou tentativas autolíticas previas non afectaban por separado ó risco de suicidio nun período de 12 meses en comparanza co grupo de referencia (non diagnóstico, non ideación, non tentativa). Pero a situación Manuel Castro Bouzas 84 mudaba na conxunción de diagnóstico de trastorno mental con ideación previa (RR 4,5) ou con tentativa previa (RR 6,4) nese período de un ano. En conclusión a presenza dalgún diagnóstico de trastorno mental nas persoas que presentan condutas suicidas é un achado estable nos diferentes traballos, suxeríndose que canto maior fora a complexidade ou gravidade (v.g. número de diagnósticos ou de hospitalizacións), tamén maior a probabilidade das mesmas. 5.6.3. Uso problemático de alcol, tabaco e xogo Os estudos examinados relacionan o uso problemático de substancias legais e de xogo, coas diferentes condutas: ideación suicida con consumo problemático de alcol na poboación xeral (Hintikka et al., 2004), en adolescentes (Borowsky et al., 2001; Fuller-Thompson et al., 2013) e na poboación atendida en hospital (Borges et al., 2000). Na relación co conxunto de condutas suicidas infórmase tamén desta relación na poboación xeral co alcol (Jones et al., 2008), en adolescentes (King et al., 2014), en persoas maiores (Deuter & Procter, 2015), cunha prevalencia estimada do 26%, e sendo superior en homes (Hawton et al., 2013). No caso da poboación homosexual (King et al., 2008) esta asociación supón, ós 12 meses, un RR 4 para mulleres e de 1,61 para homes. Cando os datos se tomaron nun Servizo de Urxencias o consumo de alcol presentouse no 47% - 54%; fronte o 16,6% dos atendidos por outros motivos (Carroll et al., 2016; Newman & Bland, 2004). O mesmo foi atopado nunha UHA de adultos (Blasco-Fontecilla et al., 2011). Esta relación entre uso problemático de alcol e condutas suicidas tamén atopouse en poboacións clínicas, como no caso de depresión (Hawton et al., 2005), trastorno bipolar (Aaltonen et al., 2016; Schaffer et al., 2015) e a relación máis alta nas persoas con esquizofrenia (Hor & Taylor, 2010). Nun estudo prospectivo (Lundin et al., 2011) coa situación de dependencia de alcol ós 18-21 anos asociouse con tentativas ós 22-39 anos (RR 12,2) é ós 40-57 anos (RR 4); mentres que co suicidio si no primeiro período (RR 4,2) e non no segundo. E do revés, o trastorno por alcol é máis frecuente no caso de suicidio (Doyle et al., 2016). 85 Factores de risco e de protección No relativo ó tabaco en adolescentes (Fuller-Thompson et al., 2013) atopouse unha maior presenza de fumadores e ex-fumadores en adolescentes que informaban de ideas de suicidio nos últimos 12 meses, e que estaba mediado pola presenza ou ausencia de síntomas depresivos; atopándose tamén este resultado en poboación adulta (Silva et al., 2017) E rematando con condutas adictivas, as persoas en tratamento por xogo patolóxico referiron unha meirande presenza de ideación suicida e de tentativas suicidas en comparanza cun grupo control (Black et al., 2015). A modo de resumo podemos indicar que a presenza dun patrón de abuso de substancias legais ou de xogo patolóxico en condutas suicidas é superior ó esperable en poboación tanto xeral como clínica, e de modo particularmente claro en adolescentes. Este consumo, sobre todo o de alcol, asociaríase tanto a condutas como a suicidio consumado. 5.6.4. Uso problemático doutras drogas O uso de substancias asociouse a diferentes condutas suicidas, tanto só como en relación con outros cadros clínicos. No caso de ideación a relación co uso aparece en persoas con trastornos da conduta alimentaria (Milos et al., 2004). E no caso das tentativas en persoas con insomnio (Wojnar et al., 2003), en persoas ingresadas nun UHA (Blasco-Fontecilla et al., 2011; Preti et al., 2010) e con traumatismo cranioencefálico (Kesinger et al., 2016) Os traballos que consideraron de modo global as condutas suicidas na poboación xeral atoparon que o consumo de drogas informado era máis do dobre en comparanza co grupo control, e que cando se asociaban a outros trastornos mentais a suba era máis do triplo (Jones et al., 2008; MacLean et al., 2011; Stefanello et al., 2007; Teti et al., 2014). Esta relación tamén se atopou en adolescentes (Beautrais, 1999), sobre todo asociado ó consumo cannabis (Borowsky et al., 2001). E no caso da poboación de orientación homosexual os trastornos asociados ó consumo de drogas (agás o alcol) asociáronse a un incremento en tentativas suicidas (RR para homes 2,41; para mulleres 3,5) (King et al., 2008). De modo xeral unha metaanálise atopou un d Cohen significativo cando se indicaba Manuel Castro Bouzas 86 consumo ó longo da vida (d Cohen: 0,23) fronte a uso presente (d Cohen: 0,15) (Victor & Klonsky, 2014). Nas persoas con episodios de conduta suicida o diagnóstico de dependencia a drogas atópase no 11,4%, obténdose porcentaxes máis altas en homes (Hawton et al., 2013; Newman & Bland, 2004). Entre outros factores relacionados máis presentes no grupo de conduta suicida estarían consumo de substancias previo ós 15 anos e unha adicción establecida antes dos 18 (Landheim et al., 2006), así como unha maior frecuencia nos consumos e abano de tóxicos usados (Darke & Torok, 2013). En grupos clínicos como no caso da depresión achégase a relación con calquera tipo de drogas, sendo cerca do dobre no caso das ilegais (Hawton et al., 2005; Popovic et al., 2015); e igual no caso de trastorno bipolar (Aaltonen et al., 2016; Schaffer et al., 2015). Tamén no caso de esquizofrenia (Hor & Taylor, 2010), atopando algún traballo ata case 100 veces máis (Taylor et al., 2015). No caso de persoas con diagnóstico de TOC seguidos 44 anos os resultados en relación coa dependencia de tóxicos recolleron para as tentativas un RR 1,82 e para os suicidios consumados un RR 3,96.(Fernández de la Cruz et al., 2017) Un estudo prospectivo (Lundin et al., 2011) o diagnóstico de dependencia de drogas ós 18 – 21 anos supuxo que entre os 22 e 39 anos se atopara un RR 8,4 para a tentativa de suicidio, e RR de 9,2 para o suicidio; e entre os 40 e 57 anos supuxo risco para o caso do suicidio cun RR 4,9. Este tipo de relación, con outra metodoloxía, víuse apoiado no caso do suicidio nun traballo posterior (Teti et al., 2014). Concluír que a presenza de dependencia a drogas (fundamentalmente ilegais) actúa incrementando as condutas suicidas e os suicidios tanto na poboación xeral como nas clínicas. 5.6.5. Trastornos e síntomas psicóticos Recóllese que aproximadamente o 6% dos adultos, (e o 2,4% dos nenos e adolescentes) que presentan condutas suicidas cumpren criterios dalgún trastorno psicótico (Hawton et al., 2013), cifra que sobe ata un 13,2% das tentativas atendidas en Urxencias (Bi et al., 2017). 87 Factores de risco e de protección Respecto dos síntomas, en persoas ingresadas nunha UHA atopouse que unha menor frecuencia de alucinacións e delirios e unha maior presenza de síntomas negativos tiñan efectos protectores (Preti et al., 2010), sendo isto último constatado nun seguimento dun ano (Acosta et al., 2009). A desesperanza, medida a través do BHS, amosaba un efecto de risco (Acosta et al., 2009), sen atoparse relación con outras variables sociodemográficas, antecedentes familiares ou insight e reintentos. No tocante ó diagnóstico de esquizofrenia, na relación coas tentativas os traballos non amosan un cadro uniforme: uns sinalan unha maior taxa de tentativas (Loas et al., 2009; Margetić et al., 2012) e outros non atopan diferenzas (Hor & Taylor, 2010). O cadro si resulta mais uniforme en can- to a relación positiva entre tentativas e unha maior cantidade de efectos secundarios da medicación (como acatisia ou parkinsonismo), con baixa adherencia ó tratamento, cun maior número de hospitalizacións, cun maior número e intensidade das alucinacións e da actividade delirante, con humor depresivo e con ter máis insight; e actuarían como protectores a presenza de síntomas negativos ou a estabilidade nos síntomas con adherencia ó tratamento (Hor & Taylor, 2010; Gómez-Durán et al., 2012; Loas et al., 2009), datos algúns xa indicados previamente. Non obstante, non se atoparon relacións entre as puntuacións do PANSS e suicidios (Loas et al., 2009) nin con tentativas previas (Margetić et al., 2012). E sobre os reintentos, os mesmos déronse en comorbilidade co consumo de substancias (Bolognini et al., 2002) ou coa existencia dun TOC (Fernández de la Cruz et al., 2017), neste caso co risco incrementado de suicidio (RR 1,46). De seu, nun seguimento durante 10 anos a taxa de tentativas foi de 18,8%, suicidándose un 1,4%, sen atoparse relacións con sexo ou idade (Klonsky et al., 2012), a diferenza do xa indicado para a poboación xeral En conclusión, a relación entre síntomas psicóticos e condutas suicidas pode estar asociado a cadros con maior intensidade da dimensión psicótica (delirios, alucinacións) e maior insight e trastornos asociados á medicación, actuando neste senso os síntomas negativos como un factor protector. Manuel Castro Bouzas 88 5.6.6. Cadros afectivos – os trastornos bipolares. Os cadros afectivos van ser abordados en dous grandes grupos: por unha banda os trastornos bipolares e pola outra os trastornos depresivos. Ámbolos dous forman parte dos diagnósticos máis frecuentes mencionados nas diferentes revisións bibliográficas. E no caso dos trastornos bipolares as ideas de suicidio estarían presentes no 29,4% desta poboación (Acosta et al., 2012) asociándose a maior psicopatoloxía meirande ideación (Lewitzka et al., 2017) e en concreto coas puntuacións en irritabilidade e hostilidade (Umameheswari et al., 2014). Como elemento protector o insight, así como a irrelevancia no tocante ás tentativas do tempo de evolución ou no número de hospitalizacións (Acosta et al., 2012). No relativo ás tentativas e o 34,9% das persoas cun diagnóstico de trastorno bipolar farían unha tentativa ó longo da súa vida (Acosta et al., 2012); e cando menos un traballo en poboación universitaria (Lee et al., 2008) atopou relación entre tentativas suicidas e puntuación elevada en bipolaridade. Engadir que este diagnóstico menciónase no 7,3% dos adolescentes e o 6,4% dos adultos dos que realizan tales tentativas (Hawton et al., 2013), sendo máis frecuente o tipo II e predominando a tentativa na fase depresiva (Aaltonen et al., 2016; Pompili et al., 2012). Dos atendidos nos Servizos de Urxencias recóllese dez veces máis este diagnóstico nas tentativas fronte os atendidos por outras causas (Weber et al., 2013), cunha prevalencia do 9,9% das tentativas (Bi et al., 2017). En poboación con clínica somática a existencia do diagnóstico previo de trastorno bipolar asóciase con conduta suicida en persoas con epilepsia (Jones et al., 2003) ou con traumatismo cranioencefálico (Mackelprang et al., 2014). Sobre as tentativas e síntomas psicopatolóxicos danse relacións parellas, aparecendo a maior relación coa presenza de síntomas mixtos (ata 6 veces máis frecuentes), implicación en condutas de risco persoal, principiar cun primeiro episodio de manía, un patrón de ciclación rápida e a presenza de axitación psicomotriz (Aaltonen et al., 2016; Hawton et al., 2005; Popovic et al., 2015; Schaffer et al., 2015). Nun seguimento entre 2 e 3 anos atopáronse as seguintes variables asociadas a un maior risco de tentativa suicida (Tidelman et al., 2014): 95 Factores de risco e de protección Outros traballos, centrados en diagnósticos específicos, acharon cifras diferentes: 25% de personalidades disociais nos atendidos por conduta suicida fronte o 7,5% dos atendidos por outro motivo (Newman & Bland; 2004). Emporiso a categoría máis citada é a de personalidade emocionalmente inestable tipo límite, indicándose en relación coas tentativas un d Cohen de 0,63 (Victor & Klonsky, 2014). Aparece asociada como factor de risco a diferentes diagnósticos como trastornos adictivos (Evren et al., 2011), trastornos afectivos (Aaltonen et al., 2016; Popovic et al., 2015) e ós trastornos bipolares (Aaltonen et al., 2016; Schaffer et al., 2015). Ou presentes en medios asistenciais, como nun dispositivo ambulatorio no que foi entre dúas e tres veces máis frecuente en relación coa conduta suicida (de Klerk et al., 2011). O diagnóstico de personalidades patolóxicas entre os 18 e 21 anos en homes asóciase a 5,5 veces máis tentativas de suicidio entre os 22 e 39 anos, pero non para suicidio nese intervalo nin posterior (Lundin et al., 2011). Non obstante, no caso de comorbilidade con TOC confirmouse unha maior realización de tentativas (RR 1,4) e tamén de suicidio (RR 1,65) (Fernández de la Cruz et al., 2017) Nun estudo prospectivo de 10 anos nun grupo de persoas con catro tipos de personalidades patolóxicas (límite, evitativa, esquizotípica e anancástica) atopouse que o 21,6% tiveran tentativas de suicidio e que un 1,4% faleceran por suicidio, atopándose relacionados o número de intentos con personalidade tipo límite e con altos niveis de impulsividade (Boisseaua et al., 2012). Posteriormente (Ansell et al., 2015) comparouse a existencia e número de tentativas de dous grupos (con trastornos depresivos e con personalidades patolóxicas) obtendo nun modelo multivariado no que a personalidade emocionalmente inestable tipo límite asociábase con maior probabilidade de tentativas. mentres que un maior número de suicidios asociouse con personalidade narcisista. Finalmente recollendo información clínica sobre suicidio consumado, Doyle et al. (2016) atoparon maior presenza, comparado cun grupo control, dun maior número de personalidades patolóxicas (4,6% fronte o 0,5%); ademais salientaban o diagnóstico de personalidade tipo límite (sendo 37 veces máis frecuente), e dándose a relación máis forte coa Manuel Castro Bouzas 96 combinación de personalidade patolóxica e trastorno por consumo de alcol, cun OR 45,4. 5.7. Uso de fármacos A relación entre uso (ou abuso) de fármacos e conduta suicida pode resultar chocante, xa que unha mesma medida pode ser ó tempo terapéutica e factor de risco para a tentativa suicida. Atopouse que en adultos ingresados por tentativas de suicidio nunha UHA o abuso da medicación pautada era case 5 veces máis frecuente (Preti et al., 2010). En persoas con trastornos afectivos asociábanse con polifarmacia (consumo > 3 moléculas) e con TEC (Popovic et al., 2015), relación que se repite en persoas con trastorno bipolar (Acosta et al., 2012). Tamén relacionouse ideación e un maior uso de antidepresivos e de benzodiacepinas no caso de persoas con dependencia de alcol (Yazdizli et al., 2010), e no caso da esquizofrenia máis uso de benzodiacepinas (Loas et al., 2009). Nunha revisión (Coupland et al., 2015) sobre a relación entre antidepresivos e conduta suicida nun período de cando menos 12 meses sinalaron taxas de tentativas por cada 100.000 de 737 para as mulleres e de 517 para os homes; e de suicidio de 9 e 43 respectivamente. Lembremos que as cifras amentadas de tentativas estaban entre 57 e 61 por cada 100.000; e os suicidios consumados 8 para as mulleres e 15 para os homes. Por moléculas (Coupland et al., 2015) hóuboas que non amosaron influencia nas tentativas (o citaloprán, o escitaloprán, a fluoxetina ou a paroxetina). A amitriptilina amosou protección (RR 0,71); e asociouse a meirande risco a trazodona (RR 1,73), a mirtazapina (RR 1,7), a desvenlafaxina (RR 1,85) e a combinación de dúas ou máis moléculas (RR 1,94). E sobre os suicidios (Coupland et al., 2015) salientaron a trazodona (RR 1,73), a desvenlafaxina (RR 2,23) e a mirtazapina (RR 3,7), e non o resto. O risco foi meirande en tódolos grupos considerados (tricíclicos, ISRS e outros) nos 28 primeiros días tralo comezo e tralo remate do tratamento en tódolos grupos; e maior nas doses máis altas no caso dos ISRS (RR 1,91) e protector cando as doses eran inferiores nun 50% ás terapéuticas (RR 0,79). 97 Factores de risco e de protección Neste traballo (Coupland et al., 2015) atopáronse nos primeiros días unha taxa de tentativas e de suicidio para os ISRS de 1,38% e de 0,05% respectivamente; para os tricíclicos, de 1,37% e 0,04%; para a categoría de outros, 2,70% e 0,17%; e na combinación de fármacos chegou ó 2,97% e 0,11%. 5.8. Factores relacionados con condutas suicidas previas As tentativas previas supoñen probablemente o factor preditivo que máis se atopa en calquera tipo de conduta suicida. No caso da ideación suicida previa esta asociouse con tentativas posteriores (OR 4,59) en poboación universitaria (Lee et al., 2008) e en asociación con puntuacións no SIS (Harriss et al., 2003), Tamén confirmouse esta relación en persoas con distimia (Park et al., 2014) e en poboación oncolóxica (Sengül et al., 2014). E, por outra banda, as tentativas previas foron un factor de risco para a ideación actual en persoas con trastorno bipolar (Umameheswari et al., 2014). No caso dos servizos asistenciais os traballos revisados achegan cifras de episodios previos que se sitúan arredor do 50% naquelas persoas atendidas por realizar unha tentativa suicida (Carroll et al., 2016; da Silva et al., 2008; Douglas et al., 2004; Haw et al., 2006; Horwitz et al., 2015; Newman & Bland, 2004), parellas nos maiores de 60 anos (Hawton & Harriss, 2006) e en adolescentes (Borowsky et al., 2001), se ben no noso medio refírense cifras algo inferiores, entre o 18% (Margarit et al., 2015) e o 38,8% (Villar Cabeza et al., 2017). E soben lixeiramente se consideramos as Urxencias atendidas por un Servizo de Psiquiatría, presentes no 66% fronte o 18% de por outros motivos (Newman & Bland, 2004). E dentro dos tipos de conduta suicida, a de cortarse é a máis asociada a tentativas previas (Victor & Klonsky, 2014). Estes antecedentes previos tamén están asociados con reintentos no caso das persoas con trastornos afectivos (Hawton et al., 2005), cun maior número de intentos nos casos diagnosticados de personalidades patolóxicas (Grimholt et al., 2017) e en adolescentes (Villar Cabeza et al., 2018) cun RR 2,35. Manuel Castro Bouzas 98 Un estudo metaanalítico concreta esta relación con ideación suicida cun d Cohen de 1,17 e con tentativas posteriores, d Cohen de 0,54 (Victor & Klonsky, 2014). Esta relación estenderíase ó suicidio consumado (Teti et al., 2014). Tentativas previas foran detectadas no 31,9% das persoas que se suicidaran en Navarra (Goñi-Sarriés et al., 2018), pero téñense informado cifras de ata o 58% (Green et al., 2015). Tras unha tentativa, atopouse en maiores de 60 anos unha maior probabilidade de morte (Hawton & Harriss, 2006), e no caso de persoas con esquizofrenia as tentativas amosaron relación con suicidio (Loas et al., 2009). Finalmente un estudo metaanalítico sinalou no caso de tentativas previas (autolesivas ou suicidas) un RR entre 1,68 e 2,7 respecto do suicidio consumado (Chan et al., 2016). 5.9. Conclusións sobre os factores de risco Ó comezo deste apartado citaba un traballo (Borowsky et al., 2001) no que as diferentes combinacións de factores asociáronse a distintas taxas de tentativas suicidas. Igual acontecería para os factores mencionados en calquera das categorías contempladas de condutas suicidas: a maior número de factores, maior presenza destas condutas. Considero que cómpre agora un resumo dos diferentes factores no que se recollan os distintos achados en relación coas condutas suicidas e cos suicidios. Sinalar que cando se fala de medios asistenciais ou diagnósticos, significa que incrementan inda máis a presenza de tales condutas en grupos que xa de seu teñen cifras superiores á poboación xeral. · Xénero: As mulleres son maioría nas condutas autolíticas; e os homes nos suicidios, tendendo asemade máis a métodos máis cruentos ca elas. Estas relacións aparecen en diferentes medios asistenciais e grupos clínicos (trastornos afectivos, dependencia de substancias); non obstante atopáronse algunhas excepcións como no caso da esquizofrenia ou do TOC. · Idade: As tentativas son máis frecuentes en idades máis novas e os suicidios nas máis avanzadas. Esta relación aparece xeralmente en diferentes dispositivos asistenciais e grupos diagnósticos. 99 Factores de risco e de protección · Nivel académico e condicións laborais: Manter un vínculo tanto académico como laboral, así como unha calidade positiva, son factores protectores. E o seu deterioro, factores de risco. Pode haber algunhas excepcións (depresión, esquizofrenia) a esta influencia. · Nivel socioeconómico: A meirande nivel socioeconómico, maior protección; e menor, máis risco. De novo, coa posible excepción da esquizofrenia. · Estado social, relacional e familiar: Polo xeral o contar con apoio do entorno, tanto da parella como da familia, ten un efecto protector. O estar só, a perda da parella ou un mal ambiente familiar (familia desestruturada, maltrato) medran o risco de calquera conduta suicida, sobre todo en adolescentes e idade avanzada. · Apoio social: Na mesma liña que a anterior, o percibir un importante apoio é un factor protector; e pola contra, o indicar illamento social ou ausencia de fogar, de risco. · Antecedentes familiares: En xeral a existencia de antecedentes familiares dalgún trastorno mental (fundamentalmente afectivos) ou da realización de tentativas suicidas son factores de risco · Orientación sexual minoritaria: As condicións ambientais que sofre a homosexualidade asócianse cun meirande risco de conduta suicida, levemente maior en mulleres. · Ser vítima de violencia e abuso (físico e/ou sexual) atópase como factor de risco. · Rixidez cognitiva, como un posible factor de risco · Determinadas dimensións de personalidade, como neuroticismo (niveis elevados), introversión (niveis elevados), expresión de carraxe, hostilidade ou impulsividade incrementan o risco en diferentes poboacións. · Conduta impulsiva ou disocial na adolescencia como factor de risco posterior, se ben con frecuencia acompañado de consumo de alcol. · Exposición ambiental a tentativas doutras persoas ou a medios como un factor de risco, máis na adolescencia. Manuel Castro Bouzas 100 · A presenza ou ausencia de sucesos vitais recentes como factor de risco ou de protección, segundo sexa. Isto acontece en distintos grupos clínicos, etarios e asistenciais. · Reaccións desadaptivas como factor de risco, en probable conexión co previo. · A saúde física e o padecer doenzas crónicas como un factor bipolar: percibir ter unha boa saúde sería un factor protector, mentres que o contrario supón un risco. Isto pode acontecer de xeito independente á súa gravidade, sendo máis frecuente en cadros que implicarían dor ou malestar. · O diagnóstico de trastorno mental, en xeral, está asociado cun maior posible risco de condutas autolíticas ou de suicidios, relación que se mantén en diferentes idades e grupos clínicos. · Adiccións legais como o alcol, o tabaco e o xogo patolóxico están asociadas a un maior risco de condutas autolíticas (incluíndo suicidio consumado), sendo máis frecuente co alcol. · As adicción a substancias aparecen frecuentemente asociadas ás condutas autolíticas e ós suicidios. · Trastornos e síntomas psicóticos aparecen vinculados ás tentativas e suicidios consumados, sobre todo o diagnóstico de esquizofrenia (máis con elementos de mala evolución e síntomas positivos ou con efectos secundarios por mor dos neurolépticos). E por outra banda tería un efecto protector a predominancia de síntomas negativos e boa adherencia a un proxecto terapéutico. · Os trastornos bipolares aparecen asociados a un incremento das tentativas suicidas, incrementándose en fase depresiva ou cando a súa evolución resulta máis disfórica (síntomas mixtos, ciclación rápida, axitación psicomotriz). Non afectaría o tempo nin o número de hospitalizacións. · Os trastornos e síntomas depresivos manteñen o risco en diferentes poboacións, aumentando en función da intensidade e presentación clínica. · Os trastornos de ansiedade teñen unha relación complexa coas condutas autolíticas: parecen asociadas ás máis leves (ideación) 101 Factores de risco e de protección pero non tan claramente a tentativas ou suicidios. O diagnóstico máis asociado foi o de trastorno por estrés postraumático. · No caso do trastorno obsesivo compulsivo (TOC) parece que hai un incremento do risco ó longo do tempo, máis no caso de mulleres. · Os trastornos da alimentación asociaríanse coas tentativas cando os mesmos implican unha maior presenza de episodios de descontrol (enchentes) ou de control agresivo do peso (purgantes, vómitos). · O insomnio incrementaría o risco de tentativas suicidas na poboación xeral. · As personalidades patolóxicas descritas nos sistemas diagnósticos están asociadas a tentativas e a suicidios, sendo as máis amentadas as personalidades emocionalmente inestables (tanto a impulsiva como a tipo límite). · O uso de polifarmacia e de fármacos antidepresivos asóciase con maior presencia de condutas suicidas e de suicidios tanto na súa introdución como na súa retirada. · A ideación suicida previa de modo non tan claro, pero as tentativas previas teñen un claro peso na reiteración de condutas suicidas e no suicidio. 103 6. ESTUDOS DE SEGUIMENTO Os datos revisados nas páxinas anteriores atenderon á detección, tanto en estudos transversais como lonxitudinais, de posibles factores de risco en relación con calquera tipo de conduta suicida ou sobre o suicidio. Agora presentaranse outro tipo de traballos, centrados na evolución tras un episodio de conduta suicida. Nos mesmos recolléronse datos en diversas poboacións, con diferentes metodoloxías e distintos períodos de tempo, dende 7 días ata case 20 anos. Tal diversidade permitirá ofrecer unha visión ampla da evolución do fenómeno e do atopado en canto asociacións cun posible resultado: de non reintento fronte reintento, e mesmo, fronte suicidio. Para facilitar a exposición atenderase á división dos estudos e resultados atendendo á duración do seguimento: ata 3 meses, ata 6 meses, ata 1 ano, ata 2 anos, ata 3 anos, ata 6 anos, ata os 10 anos e por riba dos 10 anos. E, por outra banda, as variables que se atoparon con valor preditivo serán expostas do mesmo xeito que os xa amentados factores de risco. 6.1. Seguimentos ata tres meses Nun seguimento de adolescentes e adultos novos atendidos por conduta suicida (Hu et al., 2016) durante 7 días atopouse que a reiteración para as idades entre os 10 e 19 anos fora de 6,8% para o xénero feminino e Manuel Castro Bouzas 104 do 4,1% para o masculino; e para as idades ente 20 e 29 anos, de 9,9% e 6,2% respectivamente. As variables asociadas ó reintento nos dous grupos etarios foron (por orde) tentativas previas e xénero feminino e tentativas previas. E para ámbolos sexos personalidade emocionalmente inestable tipo límite e trastornos asociados a estrés. Outros factores que só afectaron a algún dos subgrupos foron trastorno bipolar, trastornos do control de impulsos, trastorno depresivo, trastornos de ansiedade e trastornos asociados a substancias. Nun entorno específico como o das UHA, atopouse que 14 días tralo ingreso (Stewart et al., 2011) un 10% dos adultos fixera unha tentativa de suicidio e un 4% suicidárase nese período de tempo. Asociáranse coa existencia de tentativas previas e oportunidade (o 46% foran no cambio de quenda, cando a observación é menor), sendo factor protector a maior idade. Non se atopara relación con xénero, tipo de ingreso, existencia de doenzas físicas ou diagnósticos específicos. Noutro grupo de adultos (Randall et al., 2012) seguido durante 3 meses atopouse relación entre reintentos e as escalas de ansiedade, hostilidade e somatización do Brief Sympton Inventory; impulsividade co Barrat Impulsiveness Scale, pero non con desesperanza do BHS. Un seguimento ambulatorio de poboación clínica indicou cifras de suicidio do 0,09% ós 30 días e do 0,12% ós 3 meses (Tran et al., 2014). Como resumo neste período de tempo as cifras de reintento estarían arredor do 4% e 9%, sendo máis altas en mulleres, e as de suicidio estarían arredor do 0,1% en función do contexto. O reintento estaría asociado a factores comúns (oportunidade, sexo feminino e tentativas previas) así como determinados grupos diagnósticos (afectivos, vinculados a estrés e impulsividade) 6.2. Seguimentos de tres ata seis meses Neste tempo a taxa de reintentos atopada estivo entre o 17% e o 30% (Cooper et al., 2006; Quinlivan et al., 2017; Steeg et al., 2018); e a de suicidios entre o 0,18% e o 0,8% (Cooper et al., 2006; Steeg et al., 2018; Tran et al., 2014). 111 Estudos de seguimento E finalmente nun estudo durante 30 anos (Wenze et al., 2011) seguindo a persoas con condutas suicidas (aproximadamente 1/3 por ideación) atopouse que nos primeiros 9 – 12 anos un 6,6% morrera por suicidio consumado (sen diferenzas de se na episodio índice se dera ideación ou tentativa); e ós 30 anos o 7,8% por suicidio. Os factores de risco estudados non atoparon relación entre xénero, tipo de convivencia, emprego ou diagnóstico de trastornos mentais (agás psicose) e suicidio; pero si con tomar precaucións no primeiro intento para non ser descuberto e con trastorno psicótico. 6.9. Breve recapitulación dos estudos de seguimento Examinados os estudos no seu conxunto obsérvase que, de xeito aproximado, a cifra de reintentos nas primeiras dúas semanas situaríase no arredor do 10% e que subiría no primeiro mes ata o 15%, para estabilizarse entre o terceiro e sexto mes no 20 – 22%, con pequenas variacións ata o 25% no remate do primeiro ano. Tras ese primeiro ano pode seguir aumentando pero cunha pendente moito menor. As cifras serían diferentes para un medio hospitalario (que serían máis altas) que para un ambulatorio. A mediana de días deica o primeiro reintento estaría entre os 32 e 78 días. En todo caso nos 6 primeiros meses daríanse entre o 70- 80% de tódolos reintentos. Os factores de risco para as tentativas aparecen de modo consistente referíndose ó xénero feminino, aumentando coa idade. Na esfera socioeconómica destacan ter ingresos baixos ou vivir só. No eido clínico a existencia dun diagnóstico de trastorno mental, sendo máis altos as personalidades patolóxicas, os trastornos psicóticos e os trastornos afectivos. De igual xeito no seu manexo e intensidade niveis elevados de desesperanza, tratamento con psicofármacos ou con ingreso hospitalario. No eido de saúde ter unha mala saúde. E finalmente sobre os antecedentes de conduta suicida o feito de ter tentativas previas, utilizar os cortes como método – sobre todo se demandan intervencións cirúrxicas - ou se a súa organización foi coidadosa. A semellanza do anterior os suicidios tamén se dan no primeiro mes ata un 0,2%, ata cun 10% dos mesmos os primeiros 5-10 días. A cifra Manuel Castro Bouzas 112 segue subindo ata un 0,8% nos primeiros 3-6 meses, nos que se dan o 50% dos suicidios cunha mediana respecto o anterior intento duns 120 días. Ó cabo de 12 meses as cifras abanearían entre o 1,1 – 1,6%. E neste caso, a diferenza do apartado de tentativas, a cifra segue subindo ata chegar a un 2-3% ó cabo de 4 anos, e seguirá subindo de modo máis acusado ata un 4% nos homes e un 2% nas mulleres nos 6 anos. E serán un 5-6% nos homes e un 3% nas mulleres ós 8-11 anos. Ós 12 anos a cifra rondará o 7% e ós 30 preto do 8%. Os factores de risco aquí en parte son os xa amentados como propios do suicidio, e tamén de modo relativamente estable, principiando polo xénero masculino e aumentando coa idade. Na esfera socioeconómica ter ingresos baixos, vivir só, ter conflitos, incapacidade laboral ou non ter fogar. No eido clínico a existencia dun diagnóstico de trastorno mental sendo máis altos a dependencia alcohólica, os trastornos psicóticos e os trastornos afectivos. De igual xeito no seu manexo e intensidade o tratamento con psicofármacos ou con ingreso hospitalario. No eido de saúde ter unha mala saúde. E finalmente sobre os antecedentes de conduta suicida o feito de ter tentativas previas, utilizar métodos cruentos, se a súa organización foi coidadosa ou se houbo reintentos nos primeiros meses. De feito a presenza de tentativas previas de seu asóciase cun incremento da probabilidade de morte por calquera causa. 6.10. Resultado das revisións sobre seguimento tras unha tentativa Outras fontes examinadas foron as diversas revisións realizadas (hei de lembrar que a estratexia de busca da información non foi orientada nin por alcance nin por criterios metodolóxicos de escolla para realizar unha revisións sistemática sobre o tema), utilizadas asemade co obxecto de comprobar a adecuación dos datos achegados ó estado de saber actual neste eido e de poder completar a información recollida dos estudos individuais A revisión de Begui et al. (2013) de traballos entre 1991 e 2009 (Begui et al., 2013) atopa que o reintento suicida relacionábase coa repetición previa, ser vítima previa de abuso sexual, desempeñar un pobre 113 Estudos de seguimento funcionamento global, estar diagnosticado dun trastorno mental (especialmente de depresión ou ansiedade con consumo de alcol ou drogas). E no relativo a suicidio, o mesmo atoparíase relacionado con maior idade, antecedentes previos de tentativas suicida e intensa ideación suicida. Unha traballo posterior (Carroll et al., 2014b) indicou que a incidencia global de tentativas de suicidio e de suicidios consumados tras ser atendidos por tentativa nun hospital tras un ano era de 16,3% e 1,6% respectivamente. Por sexo ó ano a incidencia para ámbolos dous sexos era semellante para as tentativas, pero no caso de suicidio nos homes era do 2,7%, moi superior á das mulleres. Asemade nas tentativas non había diferenzas por riba ou por baixo dos 36 anos, mais si nos suicidios, sendo superior nas idades maiores (2,4%). E as cifras de reintentos informadas eran maiores nos autoinformes (21,9%) ca nas recollidas en informes de actividade asistencial. Por outra banda non se atoparon diferenzas na metodoloxía de estudo (cohorte fronte aleatorizados), dispositivo (urxencias fronte hospitalizados) ou países (Europa fronte outros países). O traballo de Larkin et al. (2014) revisou 129 traballos prospectivos e iniciados nun hospital, publicados ata o ano 2010 indicando unha meirande probabilidade de reintento no caso da presenza de vivir só, impulsividade, personalidade patolóxica, esquizofrenia, dependencia de alcol, BHS > 9, antecedentes previos de tratamento psiquiátrico e tratamento psiquiátrico actual e episodios previos. Obtiveron os autores resultados negativos en canto nivel educativo, gravidade do intento, precipitantes ou antecedentes familiares de suicidio. E noutra revisión con 64 artigos (Carroll et al., 2014) que examinaba a influencia do manexo hospitalario e o reintento e o suicidio atopouse que de modo global non influían nos mesmos nin a realización de valoración psicosocial, ou proceder a un ingreso hospitalario. Nunha metaanálise de traballos publicados ata abril de 2016 (Wittl et al., 2018) estudaron os factores que podían influír en menores de 20 anos, derivándose as seguintes conclusións en relación con reintento: · Factores demográficos (idade, sexo, situación dos pais, académica): Ningunha asociación. · Factores sociais: Non ser criado polos dous pais. Manuel Castro Bouzas 114 · Factores biográficos: Abuso sexual, sendo protector ausencia de tentativas previas. · Factores clínicos: Desesperanza de modo continuado, puntuación elevada en ideación suicida, personalidade emocionalmente inestable tipo límite, calquera outro trastorno de personalidade e calquera trastorno do humor. Neste traballo non atoparan unha asociación significativa con deixar nota, se fora premeditado ou impulsivo, se fora derivado a tratamento, se fora unha tentativa grave ou usar un método violento. As revisións examinadas non iluminan un escenario moi diferente do xa descrito. Por unha banda indican unha cifras de tentativa e de suicidio ó cabo dun ano algo inferiores, pero non sensiblemente diferentes. E tamén que se ben nos traballos examinados atópase un incremento nas cifras de suicidio parello á duración seguimento, cando menos nunha revisión (Carroll et al., 2014) non se confirmou isto. Sobre os factores de risco os achados son moi parellos ós mencionados previamente. De modo global améntanse a preponderancia do xénero feminino do caso das tentativas, as idades superiores para os suicidios, vivir só ou en circunstancias biográficas difíciles, un pobre funcionamento global (social, laboral, académico), ter diagnosticado un trastorno mental (trastornos afectivos, de consumo de substancias, de personalidade patolóxica e de trastornos psicóticos), niveis elevados de desesperanza, estar baixo tratamento psiquiátrico e ter unha historia previa de tentativas. Outros factores non son indicados como claramente relevantes. Así pois, e como conclusión, os resultados mencionados previamente e os indicados nas devanditas revisións parecen apuntar en direccións parellas. 115 7. A DETECCIÓN E PROGNÓSTICO DOS REINTENTOS Pódese sinalar que, trala revisión dos factores que inflúen na aparición e reaparición das condutas suicidas, as variables poden ser divididas en relativas á propia persoa (sexo, idade), á propia evolución da persoa no seu entorno (rendemento académico e laboral, nivel de recursos económicos e sociais), a experiencias no seu entorno social (tanto ameazantes como de seguridade e apoio), ó seu malestar físico (fundamentalmente mala saúde física ou doenzas crónicas, máxime cando inclúen dor) e psicolóxico (a presenza de diagnósticos de trastorno mental – sobre todo os que implicarían descontrol da vivencia afectiva e cognitiva, descontrol condutual, reaccións desadaptativas ou desesperanza), ó seu afrontamento (uso de psicofármacos) e a súa historia previa específica (existencia de episodios previos). Con estas variables distintos factores ambientais poden favorecer a expresión condutual (modelos desta conduta no entorno, consumo de alcol ou doutras substancias, accesibilidade ó medio). Sobre o devandito podemos preguntarnos sobre a capacidade, dende un entorno clínico, para influír na evolución tralo episodio de conduta suicida, para devalar a probabilidade dun novo episodio. Para iso sería útil o desenvolvemento de estratexias e instrumentos de valoración que foran factibles no ámbito clínico, co obxecto de detectar aqueles casos Manuel Castro Bouzas 116 que tiveran un risco incrementado dun novo episodio. Isto facilitaría unha distribución do esforzo terapéutico para diminuír tal posibilidade. O primeiro paso sería poder realizar unha avaliación no propio Servizo de Urxencias. Este feito non é neutral, xa que hai factores que afectan á probabilidade de ser ou non avaliado no Servizo de Urxencias tras unha tentativa (Kapur et al., 2008): é máis probable se o método foi unha sobredose de antidepresivos e se tes máis de 55 anos; e menos nos casos de alta voluntaria, se as gardas do psiquiatra son requiridas, se o método foi cortarse ou se a persoa está no paro. Mais fóra do previo, se ben hai traballos que suxiren a validez de ítems sinxelos relativos á conduta suicida recollidos na valoración de ideación suicida (Desseilles et al., 2012), o máis frecuente é o uso de instrumentos máis complexos ou de conxuntos de variables para intentar predicir ese risco. Nunha valoración de diferentes escalas en Canadá (Cochrane-Brink et al., 2000) atopouse que para a detección de condutas suicidas os puntos de corte e as cifras relativas a sensibilidade e espeficidade foran para o BDI > 30 (sensibilidade 100% e 55%), para o BHS > 15 (sensibilidade 100% e especificidade 71%) e para BSSI (Escala de Beck para a Ideación Suicida) > 24 (sensibilidade 100% e especificidade 90%). Os valores prognósticos negativos (VPN) foron do 100%, mais os positivos (VPP) foron do 36% para o BDI, do 45% para o BHS e do 71% para o BSSI. Unha revisión posterior atopou cifras comparables (Randall et al., 2011). Nun seguimento medio de 10 anos sobre poboación clínica co BDI atopouse que o seu ítem 9 (referido a conduta suicida) cun valor > 0 tiña unha sensibilidade de 81% e unha especificidade do 54%; e se o valor fora superior a 1 a sensibilidade pasa ó 28% e a especificidade ó 93% (Green et al., 2015). E con outra mostra, a 18 meses, cun valor > 2, do 25% e 88% respectivamente, cun VPN do 73% e VPP do 47% (Green et al., 2015). No BHS, unha revisión sistemática atopou que cun punto de corte >9 a sensibilidade para conduta suicida era do 78% e a especificidade de 42% (McMillan et al., 2007). Non obstante non sempre se atopa esta relación (Randall et al., 2012). No caso do BSSI comprobouse que, 15 meses tras un episodio de conduta suicida, cun punto de corte en >5 obtívose unha sensibilidade 117 A detección e prognóstico dos reintentos do 96%, especificidade do 20%. E neste caso o VPN foi 92%, pero VPP do 29,1% (de Beurs et al., 2016). Co Brief Sympton Inventory e o BIS-11 nun estudo prospectivo de 3 meses dende un Servizo de Urxencias atopouse que as variables psicopatolóxicas de Ansiedade, Hostilidade e Somatización do primeiro e a puntuación total do BIS-11 estarían asociadas a reiteración (Randall et al., 2012). O uso da subescala de suicidio do MINI comprobouse durante un ano de seguimento, atopando para un punto de corte de 6 puntos unha sensibilidade entre 69% e 73%, especificidade do 62% ó 73%, VPP foron do 43% e VPN do 86% (Roaldset et al., 2012). Outro enfoque son as listaxes de variables. Así a Manchester Self Harm Rule e ReAct Self Harm Rule recollen como variables a existencia de antecedentes de conduta autolesiva previa, de tratamento psicofarmacolóxico previo, uso de benzodiacepinas como método na tentativa e de calquera tratamento psicofarmacolóxico no momento actual. Nun período de seis meses a sensibilidade cun punto de corte superior a 0 estivo entre o 94 – 97%, e a especificidade 20 – 26%, cun VPP 34-35% e VPN 94-95% (Cooper et al., 2006; Quinlivan et al., 2017). E a tres anos a sensibilidade e especificidade informadas foron do 89% e do 21%, cun VPP do 22% e VPN 88% (Bilén et al., 2013). Co SADS Person Scale (orixinal e modificada) os valores atopados foron sensibilidade do 16 ó 28%, e de especificidade do 79-90%, así como VPP entre 36 e 40% e VPN do 72% para ámbolos dous (Quinlivan et al., 2017). Unha metaanálise (Runeson et al., 2017) e o traballo de Steeg et al. (2018), posteriores, obtiveron case as mesmas cifras para a Manchester Self Harm Rule e a SADS Person Scale. Outro conxunto de criterios foi o Södersjukhuset Self-Harm Rule, que inclúe 4 variables (antecedentes previos, tratamento psicofarmacolóxico actual con antidepresivos, estar en tratamento psiquiátrico e ser muller) sinalando ós 6 meses unha sensibilidade do 90% e especificidade do 18%, cun VPP do 22% e un VPN do 88% (Bilén et al., 2013). Outra posibilidade é o uso combinado de distintas escalas para, usándoas a modo de pool de ítems, atopar unha combinación dos mesmos que Manuel Castro Bouzas 118 permita discriminar poboación en risco ou non. Fontecilla et al. (2012) exploraron a relación con conduta suicida dos reactivos dun conxunto de instrumentos (cuestionario do IPDE, a Holmes-Rahe Social Readjusment Rating Scale ou SRSS), Brown-Goodwin life History of Aggression (BGHA), 11º versión do Barratt Impulsiveness Scale ou BIS-11), atopando dos 161 ítems iniciais unha escala formada por 26 elementos (5 ítems da SRRS, 14 do IPDE, 2 do BGHA, 5 da BIS-11) xunto coa idade. Na fase de construción atoparon unha sensibilidade de 81,5% e de especificidade de 92,7%; e na de comprobación as cifras variaron (máis na especificidade) ata 89,8% e 77,3% (Blasco-Fontecilla et al., 2012). Nun traballo posterior, usando os ítems do IPDE e da escala de eventos vitais de Holmes e Rahe e incorporando diferentes técnicas estatísticas atopáronse diferentes cifras, dependendo da técnica e dos reactivos que se incluían, de sensibilidade e especificidade: os datos en sensibilidade foron dende o 72,1% coas árbores de decisión ata o 78,3% coa rede elástica; e na especificidade dende o 83,1% coa regresión lineal ata o 87% coa rede elástica (Delgado-Gómez at al., 2012). No tocante ó suicidio sinalouse que o BHS por riba de 9 tiña unha sensibilidade do 80%-89% e unha especificidade do 42% - 46% (McMillan et al., 2007; Chan et al., 2016; Runeson et al., 2017). E no caso da Suicide Intent Scale (SIS) identificouse unha sensibilidade do 73% e especificidade do 64% (Chan et al., 2016). Nun período de 6 meses comprobouse a sensibilidade da Manchester Self Harm Rule e ReAct Self Harm Rule respecto do suicidio cos puntos de corte orixinais (>0) obtendo unha sensibilidade para o primeiro do 89% e para o segundo do 78%; e unha especificidade do 11% e para o segundo do 18%, cun VPP de 0,5 – 0,4% e o VPN maiores do 99% (Quinlivan et al., 2017). Tamén se incluíu o SADS Person (orixinal e modificada) cuns valores se sensibilidade do 33% para o primeiro e do 0% para o segundo, e unha especificidade do 75-90%, así como VPP inferiores a 1 e VPN do superiores ó 99% para ámbolos dous (Quinlivan et al., 2017). Fóra das escalas, tamén se avaliou o xuízo clínico no Servizo de Urxencias para predicir conduta suicida en persoas que tiveran unha tentativa. Un traballo cun seguimento de 6 meses comprobou que o xuízo 119 A detección e prognóstico dos reintentos clínico do profesional (nunha escala de 10 puntos, >5 considerouse de risco) obtén unha sensibilidade do 74% e unha especificidade do 64%, cun VPP do 47% e un VPN de 85% (Quinlivan et al., 2017). Tamén se examinou o propio xuízo do paciente á pregunta de “Como cre de posible volver facer un intento nos vindeiros 6 meses?” coa mesma escala: e a sensibilidade atopada foi de 69% e a especificidade do 44%, cun VPP de 44% e VPN de 83% (Kim et al., 2017). Posteriormente Woodford et al. (2017) nunha meta-análise estimou, tras 3 a 24 meses, unha sensibilidade do 31%, unha especificidade do 85%, PPV do 21% e VPN de 89% En xeral, coas diferentes probas psicolóxicas obtivéronse un VPP para as tentativas con valores entre 27,5% e o 38,9%; e para o suicidio do 3,7%, co mellor resultado no BHS (Carter et al., 2017), indicándose que ningunha escala funciona ben de abondo como para ser indicada de xeito habitual (Quinlivan et al., 2016). A modo de resumo, pódese falar de catro tipos de estratexias distintas. A primeira e utilizar algún dos instrumentos xa existentes. Fóra do uso dun único ítem (v.g. o 9 do BDI) os instrumentos revisados (BDI, BHS, BSSI, apartado de suicidio da MINI, SIS) atopan en xeral cifras de sensibilidade superiores ó 70%, mais a especificidade obtida polo xeral é do 40-60%, o que se traduce nun VPP do 30-40% e VPN superior ó 70%. Isto é, descarta aceptablemente ben a persoas que non están en risco de reiteración (inda que cómpre lembrar que non existe o risco cero), pero inclúe un número elevado de falsos positivos, o que pode ser aceptable se a medida a introducir fora asumible polo sistema e a mesma non supuxera risco para a persoa. O devandito refírese á reiteración, xa que en relación co suicidio consumado as cifras son moito mellores para o VPN, pero moi baixas para o VPP. A segunda estratexia consiste no uso dun conxunto establecido de criterios, como o SADS Person, Manchester Self Harm Rule ou o Södersjukhuset Self-Harm Rule. Estas escalas (bardante a SADS Person, que amosa xusto o contrario) teñen unha sensibilidade arredor do 90%, unha especificidade do 20%, un VPP do 30% e un VPN do 85%. Repítense os problemas xa sinalados no parágrafo previo tanto no caso de reintento como no do suicidio. Manuel Castro Bouzas 120 A terceira estratexia é a do desenvolvemento dun instrumento ad hoc formado por reactivos de distintos cuestionarios e/ou variables (Blasco- Fontecilla et al., 2012; Delgado-Gómez at al., 2012) e que, combinados con diferentes estratexias matemáticas, obterían resultados positivos, se ben non atopei aplicacións posteriores en medios clínicos. O cuarto, e último, é o xuízo clínico tanto por parte do usuario como do profesional. Achegáronse cifras relativamente altas, sobre todo no relativo a VPP. Mais unha metaanálise rebaixa claramente as expectativas ó nivel dos instrumentos referidos previamente (Woodford et al., 2017) Segundo o previo a capacidade de predición destas estratexias resulta neste momento baixa en canto a probabilidade de novo episodio ou de suicidio, non facilitando a derivación a unha intervención preventiva posterior. Polo tanto o estudo de preditores segue sendo un desafío relevante para a posta en práctica de accións preventivas no medio clínico. 127 Metodoloxía Táboa 9.2 Tarxetas sanitarias por sexo e territorios na área Sanitaria de Ferrol (ano 2018) Home % Muller % Total % Área % Ferrol – Narón 50210 47,4 55704 52,6 105914 55,6 149,56 9,62 Resto Ferrolterra 23184 48,6 24483 51,4 47667 25 474,16 30,5 Ferrolterra 73394 47,8 80187 52,2 153581 80,6 623,72 40,12 Eume 12033 48,8 12606 51,2 24639 12,9 538,62 34,65 Ortegal 5953 48,6 6285 51,4 12238 6,4 392,16 25,23 Total ASF 91380 48 99078 52 190458 1554,5 Nota: Homes e mulleres, porcentaxe respecto ó concello; Total, porcentaxe respecto á ASF; Área, área en quilómetros cadrados e porcentaxe sobre a área total da ASF. Pódese comprobar que a Área Sanitaria de Ferrol ten unha poboación avellentada, con porcentaxes de maiores de 64 anos dende case o 25% dos concellos de Ferrol e Narón ata o 36% do Ortegal, manténdose o total da Área no 27%; e sendo a poboación de menos de quince anos algo menos do 11% no conxunto da ASF, e sendo só do 7% no Ortegal. En canto o reparto da poboación polos territorios indicados case o 56% está nos dous maiores concellos (Ferrol e Narón), que co resto da bisbarra de Ferrolterra acada o 80% de toda a poboación. E con amplas diferenzas na densidade de poboación, que vai dende os 31 habitantes por quilómetro cadrado do Ortegal ata os 708,2 nos concellos de Ferrol e Narón. Estas cifras describen unha Área Sanitaria con importantes variacións nos extremos das idades, moi avellentada no Ortegal, cunha baixa densidade; e máis nova e urbana nos concellos de Ferrol e Narón. 9.4. Rede asistencial implicada A poboación da ASF é asistida nas demandas de atención urxente hospitalaria polo Servizo de Urxencias situado no Hospital Arquitecto Marcide. Este dispositivo atende de modo continuado e por quendas de profesionais as diferentes demandas, sendo as vías de acceso a derivación Manuel Castro Bouzas 128 dun profesional de Atención Primaria (tanto en horarios de mañá como de tarde) ou por un profesional dos Puntos de Atención Continuada (que realizan atención urxente ambulatoria en toda a ASF), a indicación do Servizo 061 (que poden ser mobilizados polo Servizo de Urxencias 112, frecuentemente en contextos de accidentes de tráfico) ou por iniciativa propia do usuario (opción esta última desaconsellada para evitar a sobrecarga do dispositivo hospitalario). A asistencia das condutas suicidas no Servizo de Urxencias é atendida inicialmente polos profesionais adscritos directamente a tal Servizo. Grosso modo danse dous tipos de situacións nos episodios atendidos. O primeiro tipo son aqueles episodios que pola súa gravidade e compromiso somático demandan atención por parte dun Servizo Médico específico (v.g. Medicina Interna, Traumatoloxía ou Cirurxía) en función da valoración do Servizo de Urxencias, e procedéndose á hospitalización do Servizo correspondente, ou na Unidade de Coidados Intensivos (UCI). Neste caso a prioridade é asegurar o sostén vital, e a asistencia por parte do Servizo de Psiquiatría acontece posteriormente, e dende o Programa de Interconsulta e Enlace. O segundo tipo son aquelas condutas suicidas (ideación ou tentativa) que non son tributarias de intervención por un Servizo somático, ou ben nas que esta intervención é inicial e recortada no tempo (como uns puntos de sutura no caso de corte ou un lavado de estómago no caso de sobredose ou envelenamento). Nelas, cando a situación o permite, requírese a asistencia do médico psiquiatra de garda (a atención está cuberta as 24 horas), quen trala valoración ofrece diferentes opcións terapéuticas atendendo ás condicións do caso: pode ser alta do Servizo de Urxencias con derivación a un dispositivo ou programa asistencial, ou ingreso hospitalario na UHA da ASF. O procedemento de recollida de datos para esta tese comezou unha vez completado o proceso previo. 9.5. Definición e criterios de inclusión no estudo Os datos foron recollidos de todos aqueles usuarios atendidos no Servizo de Urxencias polos psiquiatras do Servizo de Psiquiatría por episodios de 129 Metodoloxía conduta suicida entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2014. O seguimento, ó ser de 4 anos para tódolos usuarios, implicaron que foran deica un mínimo do 1 de xaneiro de 2016 e ata o 31 de decembro de 2018. Os criterios de inclusión e exclusión foron os que se describen a continuación. 9.5.1. Criterios xerais de selección de participantes inicial · Usuarios rexistrados no libro de gardas do Servizo de Psiquiatría da ASF no que conste como motivo de asistencia episodio de conduta relacionada co suicidio durante o período indicado. · A petición da asistencia do facultativo de garda do Servizo de Psiquiatría ten que ser realizada polo Servizo de Urxencias. · Os usuarios deben ter a súa asistencia sanitaria inicial nos Servizos Públicos da Área Sanitaria de Ferrol. · Que teñan unha idade igual ou maior a 16 anos. 9.5.2. Criterio específico de exclusión de participantes inicial · Petición de asistencia ó facultativo de garda do Servizo de Psiquiatría realizado por outro servizo hospitalario (v.g. Medicina Interna, Traumatoloxía ou UCI). 9.5.3. Criterios específicos de selección de participantes no exame psicométrico · Que a persoa fora derivada, dentro do protocolo de conduta suicida, para valoración psicométrica. · Os usuarios deben ter a súa asistencia sanitaria habitual nos Servizos Públicos da Área Sanitaria de Ferrol. · Que se puidera contactar coa persoa e que acudira á consulta · Que puidera ler e escribir. · Que cubrira voluntariamente os instrumentos psicométricos. Manuel Castro Bouzas 130 9.5.4. Criterios específicos de exclusión de participantes no exame psicométrico · Os denominados transeúntes, isto é, usuarios doutras Áreas Sanitarias que se atopan de modo incidental na de Ferrol. · Aquelas persoas que non teñen asistencia na rede publica, bardante da de Urxencias. Aquí inclúense, por exemplo, MUFACE, ISFAS ou outros colectivos non incluídos na asistencia que proporciona o Servizo Galego de Saúde. O motivo é a imposibilidade de facer un seguimento daquelas persoas que están fóra do sistema. · Que teña unha situación psicopatolóxica aguda que imposibilite a valoración psicométrica. · Que teña un diagnóstico que implique deterioro cognoscitivo de etioloxía orgánica (demencia, delirium) ou atraso mental. · Que estea incapacitado xudicialmente 9.5.5. Criterios específicos de selección de participantes no seguimento de 4 anos · Que a persoa fora derivada, dentro do protocolo de conduta suicida, para valoración. · Os usuarios deben ter a súa asistencia sanitaria habitual nos Servizos Públicos da ASF. 9.5.6. Criterios específicos de exclusión de participantes no seguimento de 4 anos · Os denominados transeúntes, isto é, usuarios doutras Áreas Sanitarias que se atopan de modo incidental na de Ferrol. · Aquelas persoas que non teñen asistencia na rede publica, bardante da de Urxencias. Aquí inclúense, por exemplo, MUFACE, ISFAS ou outros colectivos non incluídos na asistencia que proporciona o Servizo Galego de Saúde. 131 Metodoloxía 9.6. Procedemento de recollida de datos sociodemográficos e clínicos A recollida de datos tivo dous momentos diferentes neste proceso. O primeiro foi dentro do proxecto inicial: entre os anos 2012 a 2014 recolléronse os datos de tódolos usuarios atendidos por conduta suicida polos facultativos do Servizo de Psiquiatría no Servizo de Urxencias, onde eran informados de que se ía contactar con eles para un protocolo específico sobre suicidio e proporcionaban un número de teléfono de contacto. O seguimento destes pasos por parte dos profesionais, nun medio asistencial, non foi constante; e non tódolos usuarios facilitaron un número de contacto. En todo caso, cando foi posible e tras contactar con eles, foron citados para a recollida daqueles datos que non constaban no informe de alta e para realizar a valoración clínica e psicométrica. 9.6.1. Recollida de datos sociodemográficos e clínicos Para a recollida dos datos sociodemográficos e clínicos seguiuse o listado de variables do MONSUE, con certas modificacións e incorporacións (Anexo 2 e 3). O MONSUE é, fisicamente, unha folla de recollida de datos baseada na utilizada no WHO/EURO Multicentre Study on Suicidal Behaviour (Schmidtke et al., 1996). Ten corenta ítems que poden ser divididos en tres grupos de variables. Nun primeiro grupo recóllense datos demográficos, biográficos, académicos e laborais. Na segunda parte rexístrase información sobre o episodio de conduta suicida actual, historial previo e manexo dos episodios. E o último grupo atinxe ós diagnósticos clínicos presentes. O formato inicial adaptouse simplificándose as opcións de resposta e engadíndose información sobre asistencia sanitaria previa. A información foi a expresada directamente polo usuario ó clínico e rexistrada nas notas de curso clínico ou no informe de alta do SU nalgúns casos; e noutros foi recollida durante a exploración posterior, incorporándose en todo caso ó historial clínico electrónico, de acceso restrinxido ós profesionais do SERGAS. Manuel Castro Bouzas 132 9.6.2. Instrumentos psicométricos Nun segundo momento, tralo episodio atendido, administráronse sempre que foi posible e cos criterios xa expresados, unha batería de instrumentos clínicos (Anexo 4). Consonte as suxestións da Guía de Práctica Clínica de Prevención y Tratamiento de la Conducta Suicida (2010) utilizáronse instrumentos para medir intensidade de humor depresivo, da desesperanza e a existencia de patróns disfuncionais de personalidade. Cadanseu aspecto pretendeu ser estudado mediante o BDI, BHS e IPDE. Sobre o Beck’s Depression Inventory (BDI) indicar que foi un instrumento publicado inicialmente no ano 1961, e posteriormente reformulado no ano 1978 para o estudo da depresión (Sanz e Vázquez., 1998). Nesta versión incluíronse 21 ítems, aparecendo en cada ítem 4 afirmacións ordenadas de menor a maior malestar. O usuario debe escoller aquela afirmación que describa mellor o vivido nos últimos 7 días. A puntuación total tírase da suma dos 21 ítems, cun abano que vai dende 0 ata 63. Traduciuse a diferentes linguas, como o castelán (Beltrán et al., 2012; Bonicatto et al., 1998; Bonilla et al., 2004; Sanz e Vázquez., 1998) ou o portugués (Castro et al., 2010; Vieira da Silva et al., 2008). Foi applicado en distintas condicións clínicas, tales como doenzas coronarias (Rodrigues Nascimento et al., 2015), dor crónica e fibromialxia (Hassett et al., 2014; Smith et al., 2004; Triñanes et al., 2014), cancro (Gilbar & Eden, 2001; Recklitis et al., 2006), epilepsia (Pompili et al., 2007) ou trastornos bipolares (Acosta et al., 2012; Latalova et al., 2014) No instrumento atopáronse fiabilidades por riba dun α de Cronbach de 0,75 (Richter et al., 1998), sendo máis frecuentes por riba de 0,83 (Beltrán et al., 2012; Bonicatto et al., 1998; Bonilla et al., 2004; Faraci & Tirrito, 2013; Sanz e Vázquez., 1998; Vieira da Silva et al., 2008). Asemade as correlacións ítem - total son polo xeral superiores a 0,30 (Bonicatto et al., 1998; Bonilla et al., 2004; Sanz e Vázquez., 1998), e chegan acadar 0,62. De igual xeito as correlacións con outros instrumentos que medirían depresión adoitaron ser maiores ca 0,58 (Richter et al., 1998). Así coa escala de Depresión do SCL 90-R foi de 0,68 (Bonicatto et al., 1998); coa proba de Zung entre 0,68 e 0,89 (Sanz e Vázquez., 1998); co CES-D 0,69 (Bonilla et al., 2004); ou coa Depresión do HAD, 0,65 (Mystakidou 133 Metodoloxía et al., 2007). E con outros instrumentos heteroaplicados as correlacións abanearon entre 0,56 e 0,76 (Richter et al., 1998). Cando se introducen outros instrumentos que miden aspectos parciais da depresión os valores son menores, pero no senso esperable. Así coa BHS o valor foi 0,43 (Bonicatto et al., 1998); ou con escalas (Bonilla et al., 2004) que miden pensamento disfuncional os valores comprenderon entre 0,4 ou 0,52; ou en adolescentes con condutas de evitación entre 0,44 – 0,56 (Beltrán et al., 2012). A validez discriminante foi algo insatisfactoria: con outros instrumentos que medirían ansiedade atopáronse correlacións entre 0,14 e 0,71 (Richter et al., 1998; Sanz e Vázquez., 1998; Mystakidou et al., 2007). Os puntos de corte poden depender de áreas xeográficas, como se indicou no Proxecto ODIN (Nuevo et al., 2009). Neste senso suxírense puntos de corte (como 16 ou 18) para maximizar posibilidades diagnósticas, estando por riba destes puntos entre o 5,9% e o 14,5% da poboación (Bonicatto et al., 1998; Sanz e Vázquez., 1998). Cos puntos 12/13 atopouse unha sensibilidade do 100% e unha especificidade do 99%, se ben dentro do grupo “clínico” atopouse un 38,5% que non cumprían criterios de depresión (Lasa et al., 2000). Para diferentes poboacións clínicas atopáronse outros puntos de corte: no caso de infarto o punto de corte de 10 permitía unha sensibilidade de 0,8 e unha especificidade de 0,61, cunha prevaleza de depresión do 15,8% (Aben et al., 2002). E con adicción a opiáceos, as puntuacións 9/10 obtiveron un 100% de sensibilidade e unha especificidade do 24,1% (Barral et al., 2016). Na súa composición factorial atópase un factor xeral de depresión (Richter et al., 1998) se ben con diferentes solucións factoriais, que varían dende as monofactoriais (Faraci & Tirrito, 2013; Nuevo et al., 2009), a bifactoriais (Bonicatto et al., 1998; Morley et al., 2002; Vieira da Silva et al., 2008), trifactoriais (Comeche Moreno et al., 2012) ou tetrafactoriais (Bonilla et al., 2004). No tocante á relación coas condutas suicidas en distintos estudos epidemiolóxicos atopouse que unha puntuación no BDI superior a 12 asociábase con ideación suicida (Casey et al., 2006; Hintikka et al., 2004; Lee et al., 2008; Singh et al., 2008). A puntuación correlacionou con tal Manuel Castro Bouzas 134 ideación un 0,31 na poboación xeral 0(Keilp et al., 2012) e un 0,7 na adolescente (Lee et al., 2012). E a mesma relación atopouse nos dispositivos de urxencias (Haw et al., 2006; Newman & Bland, 2004); e en distintas condicións somáticas como a epilepsia (Jones et al., 2003), os trastornos vasculares (Rodrigues Nascimento et al., 2015), a dor crónica (Smith et al., 2004), a fibromialxia (Calandre et al., 2015; Triñanes et al., 2014) e o cancro (Gilbar & Eden, 2001; Recklitis et al., 2006). Esta relación positiva tamén se atopou con tentativas, cando menos en persoas con cancro (Sengül et al., 2014) ou con epilepsia (Duarte Wigg et al., 2014). No caso do diagnóstico de trastorno mental tamén se teñen encontrado relacións significativas: correlacións con ideación suicida do 0,73 no caso das drogodependencias (Demírbas et al., 2003); ou con tentativas no caso de depresión (Pompili et al., 2016; Yildirim et al., 2014). Pero non sempre é así: hai resultados discordantes en trastorno bipolar (Acosta et al., 2012; Pompili et al., 2016) ou na esquizofrenia (Hor & Taylor, 2010; Loas et al., 2009; Yoo et al., 2015). Finalmente asociouse a reintento tanto a puntuación no ítem 9 (Green et al., 2015) como a global (da Silva et al., 2008), se ben este efecto non iría alén dos 2 anos (Wojnar et al., 2003). O Beck’s Hopelesness Scale (BHS) é un instrumento desenvolto por Beck e colaboradores no ano 1974 e que consta de 20 afirmacións sobre o presente e o futuro ós que a persoa ten que responder se lle parecen verdadeiras ou falsas xusto no momento de cubrilo, co obxecto de medir desesperanza. A puntuación pode abanear entre 0 e 20 puntos, indicando as puntuacións máis elevadas un maior nivel de desesperanza, estimándose que unha puntuación superior a 9 sería suxestiva dun risco incrementado de suicidio. Este instrumento utilizouse en diferentes condicións clínicas: diabetes (Pompili et al., 2009), cancro (Gilbar & Eden, 2001; Nissim et al., 2010; Recklitis et al., 2006), traumatismos cranioencefálicos (Simpson et al., 2002), epilepsia (Pompili et al., 2007), trastornos depresivos e bipolares (Acosta et al., 2012) ou esquizofrenia (Kao et al., 2012) No caso do BHS atópanse en xeral fiabilidades por riba de α de Cronbach de 0,82 para distintas poboacións (Bonicatto et al., 1998; 135 Metodoloxía Córdova & Rosales, 2011; Kao et al., 2012; Kolcalevent et al., 2017; Nissim et al., 2010). As correlacións con outros instrumentos que medirían intensidade de síntomas depresivos foron dende 0,43 e 0,48 co BDI (Bonicatto et al., 1998; Gilbar & Eden, 2001); con Depresión 0,57 e con Ansiedade 0,52 do HAD (Kao et al., 2012); e coa escala de Calgary un 0,78 nunha mostra de persoas con esquizofrenia (Acosta et al., 2009). Respecto dos factores que poden compoñer o BHS atopáronse distintas solucións factoriais (Hanna et al., 2011), indo dende as unifactoriais (Innamorati et al., 2013; Szabo et al., 2015), bifactoriais (Kao et al., 2012; Nissim et al., 2010) e trifactoriais (Boduszek & Dhingra, 2016; Córdova & Rosales, 2011; Fernández de la Cruz et al., 2017). Estas variacións tamén foron atopadas en poboacións con condutas suicidas (Hanna et al., 2011) A puntuación no BHS asóciase en adolescentes con ideación e tentativa suicidas (Barroilhet et al., 2012), mentres que na poboación xeral só con ideación (Keilp et al., 2012; Woosley et al., 2014). A mesma relación en diferentes condicións clínicas somáticas: diabetes (Pompili et al., 2009), cancro (Gilbar & Eden, 2001; Recklitis et al., 2006) ou traumatismo cranioencefálico (Kelly et al., 1998). No caso dos trastornos mentais tamén se indica relación positiva con ideación no caso da depresión (Aaltonen et al., 2016; Soylu et al., 2013) e do TOC (Pavan Kumar et al., 2015); pero tamén con tentativas no grupo das personalidades patolóxicas (Grimholt et al., 2017) e de trastorno bipolar (Acosta et al., 2012; Pompili et al.; 2012). No caso da esquizofrenia os datos son discordantes (Hor & Taylor, 2010; Yoo et al., 2015). No relativo a dispositivos asistenciais atopouse relación con tentativas suicidas nos Servizos de Urxencias en poboación adulta (Borges et al., 2000; Newman & Bland, 2004) e en adolescentes (King et al., 2014), asociándose con maior letalidade (Jaiswal et al., 2016). Por último, en relación con reintento, atopouse que un BHS>9 asociábase ó mesmo nun período de 6 meses en adolescentes (Hutch-Bocks et al., 2007) e de dous anos en adultos (Wojnar et al., 2003). O terceiro instrumento obtívose do International Personality Disorders Examination (IPDE). Este é unha entrevista semiestruturada, resultado dun longo proceso de deseño (Loranger et al., 1991) baixo os Manuel Castro Bouzas 136 auspicios da Organización Mundial da Saúde (OMS), e que consta dunha serie de preguntas sobre un total de 6 eidos (Traballo, Self, Relacións Interpersoais, Afecto, Proba de Realidade e Control de Impulsos), nos que se mide o cumprimento dos 157 criterios presentes nos diferentes diagnósticos dos trastornos de personalidade tanto do sistema CIE 10 como do DSM III-R (e posteriormente DSM IV). A duración estimada de toda a entrevista estaría arredor das 3 horas no caso de pasar tódalas preguntas, sendo relevante a información dos últimos 5 anos (Loranger et al., 1997). As propiedades psicométricas son consideradas adecuadas (Loranger et al., 1991) para cada un dos sistemas se ben nos ensaios de campo comprobáronse distintas cifras na poboación clínica para as mesmas categorías en diferentes sistemas: v.g. trastorno por personalidade paranoide 2,4% (CIE 10) fronte 5,9% (DSM III-R); ou histriónico con 4,3% fronte 7,1%. Non obstante, noutras categorías as cifras foron máis coincidentes (Trastorno por personalidade dependente 4,6% fronte 4,5%; ou Personalidade anancástica con 3,6% fronte 3,1%). Para poder reducir en certo modo todo ese tempo ofreceuse como unha posible alternativa o pase previo dun Cuestionario de Varrido, que no caso do CIE 10 consistía en 59 ítems ós que había que contestar Verdadeiro ou Falso nos últimos 5 anos (a versión do DSM IV tiña 77 ítems). O obxectivo era escoller as preguntas da entrevista relativas ós posibles diagnósticos detectados no cuestionario e eliminar a suxeitos que moi probablemente non tiñan ningún diagnóstico de personalidade patolóxica. Advírtese claramente no Manual que os cuestionarios baixo ningún concepto pódense utilizar para realizar diagnósticos de seu, nin para realizar estimacións dimensionais (Loranger et al., 1991). Como conclusión sinalar que o conxunto de instrumentos escollido contan con claro aval en canto a súa pertinencia. O MONSUE en canto o seu uso nun dos estudos máis amplos en Europa sobre a conduta suicida co aval da OMS. E outro tanto respecto o IPDE, na súa versión do CIE 10. Sobre o BDI e BHS son instrumentos non só recollidos na Guía de Práctica Clínica mencionado, senón que tamén están avalados por unha ampla bibliografía e para diferentes poboacións. 143 11. RESULTADOS 11.1. Epidemioloxía da conduta suicida no servizo de urxencias nos anos 2012 a 2014 Como xa se indicara o 1 de xaneiro de 2012 iníciase a recollida sistemática de tódolos casos atendidos por conduta suicida no Servizo de Urxencias hospitalarias, co obxecto de establecer a cifra de tentativas dentro da Área Sanitaria de Ferrol e poder poñela en relación coa poboación atendida dentro da mesma. Neste caso a recollida pódese considerar universal, non así o seu seguimento (ver criterios de inclusión e máis de exclusión). O derradeiro día para este obxectivo de rexistro foi 31 de decembro de 2014. Neste período foron recollidos un total de 630 episodios de conduta suicida atendidos nese Servizo de Urxencias, correspondendo 233 (37%) a aqueles realizados por homes e 397 (63%) por mulleres, cunha relación de 10:17. Tamén indicar que 607 episodios (96,3%) foron realizados por persoas cumprían os criterios de inclusión para o seguimento posterior, sendo excluídos do mesmo os restantes 23 (3,7%). Centrándonos nos datos descritivos deste período analizáronse tódolos episodios atendidos (630), independentemente da súa posterior inclusión no apartado de seguimento. Os mesmos foron realizados por 462 persoas: 181 homes (39,2%), cunha media de 1,28 episodios por suxeito; e 281 mulleres (60,8%), sendo a media de 1,41 episodios. Estamos ante unha relación 10 homes por 15-16 mulleres. Neste apartado vaise Manuel Castro Bouzas 144 tratar como unidade de análise o episodio, independentemente de que se unha mesma persoa realizou máis dun episodio. O número de episodios por categorías durante o período de estudo, e atendendo a xénero, ven indicado na Táboa 11.1.1 Táboa 11.1.1. Número de suxeitos e de episodios de conduta suicida 2012 – 2014 por xénero Homes Mulleres Total Número de suxeitos Número de episodios 181 (39,2%) 233 (37%) 281 (59,8%) 398 (63 %) 462 630 Episodio único % sobre suxeitos % sobre episodios 145 80,1% 62,5% 218 77,6% 54,8% 363 78,6% 57,6% Dúas tentativas % sobre suxeitos % sobre episodios 25 13,8% 21,6% 39 13,9% 17,6% 64 13,9% 20,3% 3 ou máis tentativas % sobre suxeitos Nº episodios (media) % sobre episodios 11 6,1%1 37 (3,4) 15,9% 24 8,5%2 102 (4,3) 25,6% 35 7,6% 139 (4) 22,1% Episodios (media e DT)* 1,43 (0,900) 1,65 (1,615) 1,49 (0,72) *t de Student, graos de liberdade, p: -1,905; 449,269; 0,057 (sen asumir igualdade de varianzas) Nota 1. Houbo 10 suxeitos con 3 tentativas e 1 con 7 tentativas; 2. Houbo 11 con 3 tentativas, 4 con 5 tentativas, 1 con 6 e outro con 7 tentativas, e 2 con 8 tentativas. Obsérvase como algo máis do 6% dos homes son responsables do 16% das tentativas, pero resulta particularmente chamativo como o 8,5% das mulleres realicen máis da cuarta parte de tódalas tentativas dentro do seu xénero. O número de episodios atendidos en cada un dos anos estudados preséntanse na Táboa 11.1.2 145 Resultados Táboa 11.1.2. Episodios de conduta suicida por ano e xénero Homes N = 233 Mulleres N=397 Total N=630 Anos N % N % N % Ano 2012 60 25,9 122 30,7 182 28,9 Ano 2013 76 32,8 143 35,9 219 34,8 Ano 2014 96 41,4 133 33,4 229 36,3 Chi cadrado; graos de liberdade, (p): 4,145; 2, (0,126) Non se atopan mudas significativas entre os anos, tendendo no caso dos homes a unha meirande presenza no último ano (ano 2012 cunha relación de 10:20 e no ano 2014 de 10:14). Cos datos previos, e tomando como base a poboación da ASF do ano 2014, é posible calcular as taxas brutas e as estandarizadas para Europa da OMS de conduta suicida (tal e como veñen definidas no Boletín Epidemiológico OMS, 2002). E, sen considerar os episodios atribuídos a ideación suicida, calculalas de tentativas suicidas, como se recolle na Táboa 11.1.3. Táboa 11.1.3. Taxas brutas e estandarizadas de conduta suicida por anos e sexos (casos/100.000 hab.) Variable 2012 2013 2014 Taxas brutas conduta suicida 107,1 126,1 130,4 Taxas estandarizadas de conduta suicida 101,6 117,5 120,6 Taxas brutas conduta suicida en homes 74,17 91,47 108,78 Taxas brutas conduta suicida en mulleres 139,41 160,02 151,53 Taxas brutas tentativas suicidas 87,5 107,7 105,3 Taxas estandarizadas tentativas suicidas 83,2 101 97,3 Taxas brutas tentativas suicidas en homes 64,28 71,69 74,17 Taxas brutas tentativas suicidas en mulleres 110,32 140,62 132,14 Nota: Consideráronse tentativas suicidas os códigos de episodio entre X60 e X84 Manuel Castro Bouzas 146 Obsérvase que nas taxas podemos atopar unha variación de case un 7% entre as taxas brutas e as estandarizadas para Europa. E ó eliminar a categoría de ideación suicida as taxas redúcense nuns 20 puntos, manténdose arredor do 6% a variación entre a bruta e a estandarizada Na diferenza por xéneros, obsérvase como a prevalencia nas mulleres case dobra á dos homes (o caso máis evidente no ano 2013). Asemade, as cifras anuais, postas en relación con outra actividade asistencial como é asistencia no Servizo de Urxencias, fornécennos a información da Táboa 11.1.4. Táboa 11.1.4. Relación dos episodios de conduta suicida con outra actividade asistencial no SU Variable 2012 2013 2014 Total de urxencias hospitalarias atendidas 33.059 30.951 31.218 Total de urxencias do Servizo de Psiquiatría 785 764 754 % de urxencias S. Psiquiatría respecto do total 2,37% 2,47% 2,41% Episodios de conduta suicida atendidos urxencias 182 219 229 % respecto das urxencias do S. Psiquiatría 23,2% 28,7% 30,4% % respecto do total de urxencias hospitalarias 0,55% 0,71% 0,73% Neste caso engadir que no total a porcentaxe de episodios atendidos por ideación suicida foron o 5,1% do total das asistencias urxentes do Servizo de Psiquiatría (0,12% do total de urxencias), sendo as tentativas o 22,2% restante. Polo demais na táboa apréciase como a porcentaxe das condutas suicidas supoñen entre o 0,5 e 0,7% de tódolos episodios atendidos, e que supoñen de modo global arredor dunha cuarta parte da actividade asistencial do Servizo de Psiquiatría. Se comparamos as cifras obtidas dos episodios coas dos suicidios (mencionados na páxina 41, Táboa 4.2.3) obtemos unha relación 1 suicidio por cada 8-9 tentativas nos anos 2012 e 2014, e levemente inferior no 2013 (1: 7-8). Se só consideramos as tentativas obtemos un total de 1: 7-8. Estas cifras, en todo caso, representarían a franxa inferior, xa que non se inclúen aqueles suicidios que acontecen no Partido Xudicial de 147 Resultados Betanzos (Partido Xudicial que ten o territorio dividido entre a ASF e a Área Sanitaria da Coruña). Neste momento principiamos coa análise do perfil de episodios recollidos durante os tres anos indicados, iniciando coas variables socio-de- mográficas dos episodios presentadas na Táboa 11.1.5. Táboa 11.1.5. Variables socio-demográficas dos episodios de conduta suicida atendida en SU - I Variables % χ2 (gl) Significación Xénero Masculino 37 42,692 (1) <0,001 Feminino 63 Rangos de idade1 Ata os 24 anos 10 199,016 (4) <0,001 25 ata 34 anos 16,7 35 ata 49 anos 40,2 50 ata os 65 anos 23,3 65 anos en diante 9,8 Pais de orixe España 96,3 535,391 (1) <0,001 Outro 3,7 Crianza na nenez Con ámbolos dous proxenitores 88,9 782,634 (2) <0,001 Con un dos proxenitores 6,2 Doutro tipo24,9 Estado social Solteiro 28,3 139,904 (3) <0,001 Viúvo 7,3 Divorciado ou Separado 23,3 Casado ou Parella Estable 41,1 Crenzas relixiosas Non indica crenza relixiosa 50,2 0,009 (1) n.s. Indica crenza relixiosa 49,8 1.Media da idade 44,53 (15,603), mediana 44. 2. Con outros familiares, adoptados ou en institución. Manuel Castro Bouzas 148 Neste caso o perfil resultante é o dunha muller entre 35 e 65 anos, orixinaria de España, criada polos seus pais e con parella estable ou, pola contra, solteira. A información sobre onde vive e tipo de convivencia preséntase na Táboa 11.1.6. Táboa 11.1.6. Variables socio-demográficas dos episodios de conduta suicida atendida en S. Urxencias - II Variables %χ2 (gl) Significación Área de Residencia Ferrol e Narón 66,3 881,889 (4) <0,001 Resto Bisbarra Ferrol 16 Bisbarra do Eume 10,8 Bisbarra do Ortegal 4,0 Fóra de concellos da ASF 2,9 Mudanza nos últimos 12 meses Non mudanza 77 167,422 (1) <0,001 Si mudanza 23 Convivencia habitual últimos 12 meses Só 13,9 433,166 (3) <0,001 Con fillos e/ou parella 61,3 Con proxenitores ou familiares 17,1 Outros tipos de convivencia17,3 Convivencia no episodio Só 21,6 257,462 (3) <0,001 Con fillos e/ou parella 52,1 Con proxenitores ou familiares 18,6 Outros tipos de convivencia17,8 1.Con amigos, compartir vivenda ou nalgún tipo de institución. Os episodios son realizados con máis frecuencia polos veciños de Ferrol e Narón (11 puntos máis sobre o correspondente da poboación total). Maioritariamente non se mudaron nos últimos 12 meses e conviven 149 Resultados habitualmente con fillos ou parella, atopándose no momento do episodio unha redución neste tipo (se ben mantense maioritaria) xunto cun incremento nas persoas que viven soas. Pódese salientar, asemade, ese case 3% de atencións a persoas que residen fóra da ASF. Examinadas as variables sobre a actividade desempeñada polos individuos atópanse os resultados que se presentan na Táboa 11.1.7. Táboa 11.1.7 Valores de actividade e situación formativo-laboral nos episodios de conduta suicida atendida no Servizo de Urxencias Variables %Χ2 (gl) Significación Nivel académico Analfabeto/Básicos incompletos 8,1 236,725 (3) <0,001 Ata ESO completa 47,1 Bacharelato ou FP 34,6 Universitarios 10,3 Tipo de ocupación laboral Directivos, técnicos medios 17,8 43,205 (3) <0,001 Sector Servizos, ó público 37,6 Sector Primario, artesáns 14,2 Non cualificado 30,4 Tipo de vínculos económicos Activo con contrato 26,3 48,968 (4) <0,001 Pensionista ou xubilado 29,9 Activo, paro, busca emprego 15 Activo, paro, non busca empreg. 22,3 Outras circunstancias 6,5 Tempo no paro con busca de emprego Ata 6 meses 24,8 1,678 (3) n.s. 7 a 12 meses 20,7 1 a 2 anos 28,9 > 2 anos 25,6 Manuel Castro Bouzas 150 Avanzando no perfil obsérvase que a maioría son persoas cos estudos obrigatorios completos, e cunha cantidade tamén con estudos secundarios, cunha presenza importante de traballadores do sector servizos (comerciais, dependentes) pero tamén con persoas sen especial cualificación profesional. O grupo máis numeroso en canto categoría económica é o de pensionista ou xubilado, seguido do de activos con contrato. Dos que se atopan no paro, refiren diferente implicación na busca de emprego. En todo caso ningún período de tempo de busca aparece con diferenzas significativas. Describindo as circunstancias presentes nos episodios obtéñense as cifras da Táboa 11.1.8. Táboa 11.1.8 Agrupación de tipos de conduta suicida, variables temporais, uso de fármacos e lugar asociados ó episodio Variables %χ2 (gl) Significación Agrupación de condutas suicidas Ideación suicida 18,3 605,508 (4) <0,001 Uso fármacos ou drogas 58,3 Cortes 9,5 Métodos cruentos18,9 Outros 5,1 Trimestre Decembro – Febreiro 28,9 3,613 (3) n.s. Marzo - Maio 23,7 Xuño - Agosto 24,3 Setembro - Novembro 28,3 Días da semana Luns a Mércores 42,4 23,400 (2) <0,001Xoves a Venres 29,5 Sábado e Domingo 28,1 Períodos horarios Madrugada (1- 6 horas) 7,1 132,908 (3) <0,001 Mañá (7-12 horas) 22,7 Tarde (13 – 18 horas) 34,9 Serán - noite (19 – 24 horas) 35,2 151 Resultados Variables %χ2 (gl) Significación No caso de uso de fármacos ¿foran prescritos á persoa? Si 84,3 168,137 (1) <0,001 Non, ou a outras persoas 15,7 Lugar do episodio de conduta suicida Residencia habitual 87,8 814,550 (2) <0,001 Centro ou residencia temporal 2,8 Lugar público 9,4 1. Inclúen aforcamento, afogamento e precipitación O perfil máis habitual da asistencia realizada no Servizo de Urxencias é un episodio na que se utilizaron substancias, xeralmente prescritas, para a tentativa, entre a tarde e a noite (sen apenas diferenzas ó longo dese período) e que foi realizado no domicilio. Non hai case diferenzas entre os distintos días da semana e tampouco nos diferentes trimestres (que cadrarían aproximadamente coas estacións do ano). No relativo ás características clínicas presentes no episodio e valoradas no Servizo de Urxencias temos a que se presentan na Táboa 11.1.9. Táboa 11.1.9 Diagnósticos clínicos de trastorno mental, abuso de substancias e personalidade patolóxica recollidos nos episodios de conduta suicida atendidos no Servizo de Urxencias Variables %χ2 (gl) Significación Diagnóstico de Trastorno Mental (agás F19 ou F60) Si 81,3 246,406 (1) <0,001 Non 18,7 Agrupacións diagnósticas T. Psicóticos ou Bipolares 6,8 186,145 (4) <0,001 T. Depresivos 28,5 T. Ansiedade e Ansioso- Depres. 19,9 Reaccións desadaptativas 37,7 Outros Diagnósticos 7 Manuel Castro Bouzas 152 Variables %χ2 (gl) Significación Diagnostico por uso de substancias Si 25,9 146,692 (1) <0,001 Non 74,1 Substancias Por uso de alcol 54 1,037 (1) n.s. Por uso doutra ou doutras subst 46 Diagnóstico de Personalidade Patolóxica Si 37,9 36,673 (1) <0,001 Non 62,1 Cluster Personalidade Cluster A 2,1 155,393 (3) <0,001 Cluster B 40,2 Cluster C 8,4 Non indicado 49,4 Obsérvase como nos episodios de modo significativo sinálase o diagnóstico dun trastorno mental, se ben non son maioritarios os referidos ó consumo de substancias como ás personalidades patolóxicas. No primeiro caso salientan as reaccións desadaptativas e os trastornos depresivos, que darían conta de 2/3 do total de episodios. No caso das substancias divídense case en partes iguais o consumo de alcol e o doutras substancias. No tocante ás personalidades patolóxicas, en case a metade faise unha indicación xenérica sen concretar: pero cando se específica o indicado é maioritariamente do cluster B, isto é, personalidades emocionalmente inestables, con grande expresividade e impulsividade. Investigados os antecedentes propios e familiares de condutas suicida, os resultados amósanse na Táboa 11.1.10. 255 Anexos ANEXO 2. MONSUE orixinal ANEXO 2. MONSUE orixinal 1 Hospital: ……………………………………………. 2 Departamento: ………………………..…………………………… 3 Nombre y Apellidos: …………………………………..………………….. SI ES POSIBLE PONER ETIQUETA IDENTIFICATIVA 4 Sexo: 01 – hombre 02 – mujer 03 – cambio de hombre a mujer 04 – cambio de mujer a hombre 09 – desconocido 5 Fecha nacimien: (día/mes/año) …….…../……….…/………… 6Edad (años) ……….. 7 Fecha tentativa suicida: ……....../…………/…....... 8 Hora tentativa suicida: ......... (hora) 9 País de nacimiento: ………………………………………….... 10 Años vívidos en país de residencia actual: …………… (años) 1 1 País de procedencia: (si viene de otro país) ………………………………………..….. 12 Nacionalidad: ………………………………………………….. 1 3 Raza: 1 4 País de nacimiento de la madre: (nombre del país) …………………………………………... 15 País de nacimiento del padre: (nombre del país) ………………………………………………….. 1 6 Criado en / por: 01 – familia tradicional 03 – otros familiares 05 – institución 09 – desconocido 02 – familia monoparental 04 – adoptado 06 – otros, especificar…………………………………… 1 7 Lugar de residencia en el momento de la tentativa: (poner nombre de calle / ciudad) Codigo postal: 1 8 Cambio de dirección durante el ultimo año: 01 – no ha habido cambio 02 – cambio de dirección, pero misma ciudad 03 – cambio de dirección, distinta ciudad 04 – cambio de dirección, ciudad extranjera 09 – desconocido 19 Religión: 01 – ninguna (ateo) 07 – hindú 02 – ninguna (indiferente) 08 – griego ortodoxo 03 – protestante 09 – budista 04 – católico 10 – otras, especificar..…...……. 05 – judío 99 – desconocido 06 – musulmán 2 0 Estado civil actual: 01 – nunca casado 03 – divorciado 05 – primer matrimonio 07 – cohabitación legal 02 – viudo 04 – separado 06 – segundo o más matrimonio 09 – desconocido 2 1 Convivencia habitual durante el ultimo año: 01 – sólo 02 – solo con hijos 03 – con pareja sin hijos 04 – con pareja e hijos 05 – con padres 06 – con otros familiares / amigos 07 – institución psiquiátrica 08 – prisión 09 – otra institución 10 – residencia de ancianos 11 – otras, especificar ……………………………. 99 – desconocido 22 Convivencia en el momento de la tentativa suicida: 01 – sólo 02 – solo con hijos 03 – con pareja sin hijos 04 – con pareja e hijos 05 – con padres 06 – con otros familiares / amigos 07 – institución psiquiátrica 08 – prisión 09 – otra institución 10 – residencia de ancianos 11 – otras, especificar ……………………………. 99 – desconocido 2 3 Nivel educativo: (máximo nivel completado) 01 – menos que educación primaria 03 – bachiller superior / FP 09 – desconocido 02 – educación primaria 04 – diplomatura / licenciatura 2 4 Ocupación actual (ó última ocupación): ………………………………………………………………………………………………………………….. 2 5 Ocupación: 1000 – legislador / directivo / gerente 2000 – profesionales científicos / intelectuales 3000 – técnicos y profesionales de nivel medio 4000 – empleados de oficina 5000 – trabajadores en servicios, comerciantes y dependientes 6000 – trabajador cualificado de agricultura / pesca 7000 – oficiales, operarios y artesanos de artes mecánicas y otros oficios 8000 – operadores de instalaciones y maquinaria y montadores 9000 – trabajadores no cualificados 0008 – no aplicable 0009 – desconocido 26 Nivel económico: 01 – empleo permanente a tiempo completo (incl. autónomo) 02 – empleo permanente a tiempo parcial (incl. autónomo) 03 – baja laboral 04 – empleo temporal a tiempo completo 05 – empleo temporal a tiempo parcial 06 – desempleo 07 – estudiante a tiempo completo 08 – servicio militar 09 – preso 10 – discapacitado / jubilado por enfermedad 11 – retirado 12 – ama de casa 13 – no trabaja 14 – otros, especificar………………………………..… 2Duración del tiempo de desempleo: 149 de 164 Nº Historia Manuel Castro Bouzas 256 ANEXO 3. MONSUE modificado ANEXO 3. MONSUE modificado Número de Historia Clínica: X . XXX. XXX (Posteriormente anonimizado) Xénero: (1) Home (2) Muller Data do episodio: día/mes/ano (Posteriormente transformado para anonimizar) Ano: 2012 a 2018 Mes: Vai dende 1 (xaneiro) ata 12 (decembro) Estación-Trimestre: Decembro-Febreiro; Marzo-Maio; Xuño-Agosto; Setembro-Novembro Día da semana: Vai dende 1 (luns) a 7 (domingo) Hora da asistencia: Horas enteiras, sen minutos (Posteriormente transformado) Períodos horarios: Madrugada (1-6 horas); Mañá (7-12 horas); Tarde (13-18 horas); Serán- Noite (19-24 horas) Quenda da tentativa: 1. Mañá (entre as 8:00 e as 15:00); 2. Tarde (entre as 16:00 e as 22:00; 3. Noite (entre as 23:00 e as 7:00) (Posteriormente eliminada) Data da tentativa previa (dd/mm/aaaa): 00/00/0000 se non houbera (Posteriormente transformado para anonimizar) Tempo tentativa previa: días dende a tentativa previa Tipo de Episodio: 1. Episodio único; 2. Episodio inicial; 3. Reintento Idade: Anos Intervalos idade: 1. 15 a 19 anos; 2. 20 a 24 anos; 3. 25 a 29 anos; 4. 30 a 34 anos; 5. 35 a 39 anos; 6. 40 a 44 anos; 7. 45 a 49 anos; 8. 50 a 54 anos; 9. 55 a 59 anos; 10. 60 a 64 anos; 11. 65 a 69 anos; 12. 70 a 74 anos; 13. 75 a 79 anos; 14. 80 a 84 anos; 15. 85 ou máis anos (Posteriormente transformado) Intervalos amplos idade: Ata os 24 anos; 25 ata os 34 anos; 35 ata 49 anos; 50 ata os 65 anos; de 65 anos en diante País de orixe: En que territorio naceu a persoa. 1. España; 2. Resto países. Nacionalidade: 1. España; 2. Resto países. (Posteriormente eliminada) Anos aquí: 1. Menos de 1 ano; 2. Entre 1 e 2 anos; 3. Entre 3 e 5 anos; 4. Máis de 5 anos; (Posteriormente eliminada) País nacemento da nai: 1. España; 2. Resto países. (Posteriormente eliminada) País nacemento do pais: 1. España; 2. Resto países (Posteriormente eliminada) Tipo de Crianza: 1. Familia con ámbolos dous proxenitores; 2. Familia monoparental; 3. Outro tipo, Concello da Tentativa: 1. Ares; 2. Cabanas; 3. A Capela; 4. Cariño; 5. Cedeira; 6. Cerdido; 7. Fene; 8. Ferrol; 9. Mañón; 10. Moeche; 11. Monfero; 12. Mugardos; 13. Narón; 14. Neda; 15. Ortigueira; 16. Pontedeume; 17. As Pontes; 18. San Sadurniño; 19. As Somozas; 20. Valdoviño. (Posteriormente transformada noutra variable) Área de Residencia: Ferrol e Narón, Resto Ferrolterra, Bisbarra do Eume, Bisbarra do Ortegal, Fóra dos Concellos da ASF Cambio de enderezo nos últimos 12 meses: 1. Non mudanza; 2. Si Mudanza Relixión: 1. Non adscrición; 2. Adscrición a unha crenza relixiosa Estado social: 1. Solteiro, sen parella; 2. Viúvo; 3. Separado ou divorciado; 4. Casado ou convivindo con parella estable Convivencia habitual no último ano: 1. Só; 2. Con fillos e/ou con parella; 3. Con proxenitores ou outros familiares; 4. Outro tipo de convivencia Convivencia no momento da tentativa suicida: 1. Só; 2. Con fillos e/ou con parella; 3. Con proxenitores ou outros familiares; 4. Outro tipo de convivencia 151 de 164 257 Anexos Máximo nivel académico completado: 1. Sen estudos primarios; 2. Estudos primarios ou ESO; 3. Estudos medios; 4. Estudos universitarios Ocupación asalariada nos últimos anos: 1. Postos directivos, xerentes; 2. Profesionais liberais, mandos intermedios; 3. Técnicos grao medio; 4. Administrativos; 5. Sector servizos; 6. Sector primario; 7. Traballos cualificados; 8. Traballos non cualificados; 9. Non aplicable (estudantes, xubilados) (Posteriormente transformada noutra variable) Tipo de Ocupación: Directivos e Técnicos Medios; Sector Servizos e de Atención ó Público; Sector Primario e Artesáns; Non cualificado Situación laboral actual: 1. En activo; 2. Parado; 3. Discapacitado; 4. Xubilado; 5. Non procede (Posteriormente transformada noutra variable) Situación contractual: 1. Contrato fixo ou autónomo; 2. Contrato temporal; 3. Baixa; 4. Non procede (Posteriormente transformada noutra variable) Tipo de Vínculos Económicos: Activo con contrato, Pensionista ou Xubilado; Activo, paro e en busca de emprego; Activo, paro e sen busca de emprego; Outras situacións. Desemprego: 1. Menos de 3 meses; 2. 3 a 6 meses; 3. 6 a 12 meses; 4. 1 a 2 anos; 5. 3 ou máis anos (Posteriormente transformada noutra variable) Tempo en busca de emprego: Ata 6 meses, 7 a 12 meses; 1 a 2 anos; Máis de 2 anos Asistencia especializada nos 12 meses previos: 1. Si; 2-Non Conduta de suicidio: R48.85 Ideación suicida, expresión de ideas de suicidio; X60. Intento de suicidio usando analxésicos non opiáceos, antipiréticos ou antirreumáticos; X61. Intento de suicidio usando barbitúricos, anticomiciais, sedantes, hipnóticos, antiparkinsonianos, antidepresivos, neurolépticos ou psicoestimulantes; X62. Intento de suicidio usando cocaína, cannabis, opiáceos ou alucinóxenos; X63. Intento de suicidio usando outras medicacións do SNC; X64. Intento de suicidio usando outras substancias ou produtos biolóxicos non especificados; X65. Intento de suicidio usando alcohol; X67. Intento de suicidio usando gases (escape dun vehículo, butano, braseiros); X68. Intento de suicidio usando pesticidas; X69. Intento de suicidio usando corrosivos ou cáusticos (v.g.lixivia); X70. Intento de suicidio mediante asfixia (aforcamento); X71. Intento de suicidio mediante submersión ou afogamento; X74. Intento de suicidio usando calquera arma de fogo; X78. Intento de suicidio usando un obxecto cortante (coitelo); X79. Intento de suicidio usando un obxecto sen gume (v.g. un martelo); X80. Intento de suicidio mediante defenestración ou precipitación; X81. Intento de suicidio mediante botarse diante dun vehículo ou obxecto en movemento; X82. Intento de suicidio usando o vehículo que se conduce como medio (choque); X83. Intento de suicidio usando outro medio específico (por frío); X84. Intento de suicidio sen especificación do medio. (Posteriormente transformada noutra variable) Agrupación de condutas suicidas: 1. Ideación suicida; 2. Uso de fármacos ou drogas; 3. Cortes; 4. Métodos cruentos (aforcamento, precipitación, ..); 5. Outros métodos Fármacos: 1. Usáronse fármacos prescritos á persoa coa coa conduta suicida; 2. Non, ou prescritos a outras persoas Lugar da conduta suicida: 1. Na súa residencia habitual; 2. Centro ou outra residencia; 3. Nun lugar público (praia, monte) Tentativas previas: 1. Non; 2. Si Número de tentativas previas informadas en toda a vida: 1. Sen tentativas; 2. 1 tentativa; 3. 2 ou máis tentativas 152 de 164 Manuel Castro Bouzas 258 Número de tentativas previas informadas nos últimos 12 meses: 1. Sen tentativas; 2. 1 tentativa; 3. 2 ou máis tentativas Contacto previo: 1. Asistencia non específica de saúde mental; 2. Asistencia específica hospitalaria; 3. Asistencia específica ambulatoria Derivación actual: 1. Asistencia non específica de saúde mental; 2. Asistencia específica hospitalaria; 3. Asistencia específica ambulatoria Diagnostico en urxencias de trastorno mental: agás os relacionados con abuso de substancias e personalidades patolóxicas. 88. Sen valor asignado neste campo; F03. Deterioro cognoscitivo (Demencia; Deterioro cognoscitivo); F19. (cadro tóxico); F20. Esquizofrenias; F22. T. delirante; F23. T. agudo con síntomas psicóticos; F25. T. esquizoafectivo; F30. Episodio (hipo)maníaco; F31. T. bipolar; F32. Episodio depresivo; F33. Depresión recorrente; F34.1. Distimia; F41.0. T. de angustia; F41.2. Síndrome ansiosa – depresiva; F41.9. T. ou cadro de ansiedade sen máis especificación; F42 TOC; F43.0. Reacción a estrés agudo; F43.1. TPET; F43.2. T. adaptativo; F44. T. disociativo; F48. T. neurótico sen máis especificación; F50. T. da conduta alimentaria; F63.0 Ludopatía; F64 T. da identidade sexual; F68.1 T. facticio; F79 Atraso mental; F99 Trastorno mental sen outra especificación. (Posteriormente transformada noutras variables) Trastornos mentais previos: 1. Non ten diagnósticos; 2. Ten un diagnóstico. Agrupación de condutas suicidas: 1. T. Psicóticos ou Bipolares; 2. T. Depresivos; 3. T. Ansiedade ou Ansioso-Depresivo; 4. Reaccións desadaptativas; 5. Outros diagnósticos Diagnóstico por uso de substancias: 1. Non ten diagnóstico; 2. Ten un diagnóstico. Agrupación por uso de substancias: 1. por uso de alcol; 2. Por uso doutra ou doutras substancias Diagnóstico por personalidade patolóxica: 1. Non ten diagnóstico; 2. Ten un diagnóstico. Agrupación por clusters de personalidadeuso de substancias: 1. por cluster A; 2. por cluster B; 3. por cluster C; 4. Non indicado Sucesos relacionados coa tentativa, existencia de... •conflito interpersoal con familia, parella ou amigos. 1, Non; 2. Si •morte ou doenza grave nalgún familiar, parella ou amigos. 1, Non; 2. •doenza física propia. 1, Non; 2. Si •trastorno mental propio. 1, Non; 2. Si •dificultades económicas. 1, Non; 2. Si •maltrato no seu medio. 1, Non; 2. Si •problemas legais. 1, Non; 2. Si •algún outro problema. 1, Non; 2. Si •Non refiren motivo asociado Antecedentes Familiares ata 4º grao: 1. Non; 2. Si Datavalorac psicométrica: IPDE01 ata o IPDE59: 1. Verdadeiro: 2. Falso F60.0: É o número de ítems que puntuaron. As puntuacións oscilaron entre 0 e 6. F60.1: É o número de ítems que puntuaron. As puntuacións oscilaron entre 0 e 9. F60.2: É o número de ítems que puntuaron. As puntuacións oscilaron entre 0 e 6. 153 de 164 259 Anexos F60.3: É o número de ítems que puntuaron. As puntuacións oscilaron entre 0 e 5. F60.3X: É o número de ítems que puntuaron. As puntuacións oscilaron entre 0 e 5. F60.4: É o número de ítems que puntuaron. As puntuacións oscilaron entre 0 e 5. F60.5: É o número de ítems que puntuaron. As puntuacións oscilaron entre 0 e 7. F60.6: É o número de ítems que puntuaron. As puntuacións oscilaron entre 0 e 6. F61: É o número de ítems que puntuaron. As puntuacións oscilaron entre 7 e 43. BDI01 ata o DBI21: Os valores van dende o 0 ata o 3. BHS01 ata o BHS20: 1. Verdadeiro; 2. Falso TOTBDI- É a puntuación total dos valores dos ítems BDI01 ata BDI21. Os valores van dende 0 ata 57 TOTBHS- Os valores van dende 0 ata 20 154 de 164 Manuel Castro Bouzas 260 ANEXO 4. Declaración de Auditoría Clínica por parte da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol 261 Anexos Manuel Castro Bouzas 262 263 Anexos ANEXO 5. Instrumentos utilizados na avaliación psicométrica ANEXO 5. Instrumentos utilizados na avaliación psicométrica B.D.I Ahora quiero que lea cada grupo de frases. Tras leer todas escoja dentro de cada grupo la frase que mejor describa su estado de humor o de sentir en laÚLTIMA SEMANA, incluyendo el día de hoy. Marque con una cruz el número colocado junto a la frase escogida. Por favor, LEA TODAS LAS FRASES antes de escoger. 01 0- No me siento triste. 1- Me siento triste. 2- Estoy triste todo el tiempo y no sé cómo evitarlo. 3- Me siento tan triste y desgraciado que no puedo soportarlo. 02 0- No me asusta el futuro de un modo especial. 1- Me asusta el futuro. 2- Me parece que no hay nada por lo que luchar. 3- El futuro no me ofrece ya ninguna esperanza y las cosas no van a mejorar. 03 0- No me siento un fracasado. 1- Creo que he fracasado más que la mayoría de las personas. 2- Cuando miro hacia atrás, sólo veo fracaso tras fracaso. 3- Soy un completo fracaso como persona. 04 0- Las cosas me satisfacen tanto como antes. 1- Ya no me divierten las cosas tanto como antes. 2- Ya casi nunca obtengo satisfacción con nada. 3- Todas las cosas me aburren o no me dejan satisfecho. 05 0- No me siento especialmente culpable. 1- Me siento culpable en bastantes ocasiones. 2- Me siento culpable en la mayoría de las ocasiones. 3- Siempre me siento culpable. 06 0- No me parece que esté siendo castigado. 1- Me siento como si me fuese a ser castigado. 2- Espero ser castigado. 3- Siento que ya estoy siendo castigado. 07 0- No estoy decepcionado conmigo mismo. 1- Me siento decepcionado conmigo mismo. 2- Estoy a disgusto conmigo mismo. 3- Me detesto. 08 0- No me parece que yo sea peor que los demás. 1- Me critico muchas veces por mis debilidades o por mis errores. 2- Me reprocho continuamente por mis errores. 3- Me culpo por todo lo malo que sucede. 09 0- Ni pienso ni se me ocurre la idea de matarme. 1- Algunas veces pienso en matarme, pero no lo haría. 2- Pienso que sería mejor para todos que muriera. 3- Me suicidaría si tuviese una oportunidad. 158 de 164 Manuel Castro Bouzas 264 10 0- No lloro más que antes. 1- Lloro más de lo que es habitual en mí. 2- Lloro continuamente. 3- Antes era capaz de llorar, pero ahoraya no puedo hacerlo, incluso aunque lo necesite. 11 0- No me enfado ahora más de lo habitual en mí. 1- Me molesto o me irrito más fácilmente que antes. 2- Me siento irritado todo el tempo. 3- Ya ni me irritan las cosas que antes tanto me molestaban. 12 0- No he perdido mi interés por los demás. 1- Ahora las personas me interesan menos que antes. 2- He perdido la mayor parte de mi interés por las demás personas. 3- He perdido todo mi interés por los demás. 13 0- Tomo decisiones con la misma facilidad de siempre. 1- Evito tomar decisiones más que antes. 2- Tomar decisiones me resulta mucho más difícil que antes. 3- Ya no puedo tomar decisiones de ninguna clase. 14 0- Creo que tengo el mismo aspecto de siempre. 1- Creo que ahgora parezco más viejo o poco atractivo. 2- Creo que se han producido cambios permanentes en mi aspecto que me afean. 3- Creo que mi aspecto es horrible. 15 0- Trabajo tan bien como antes. 1- Me cuesta más esfuerzo empezar cualquier actividad. 2- Me tengo que obligar mucho para hacer algo. 3- No consigo trabajar de ningún modo. 16 0- Duermo tan bien como siempre. 1- No duermo tan bien como antes. 2- Despierto 1-2 horas antes de lo habitual y me cuesta volverme a dormir. 3- Despierto varias horas antes de lo habitual, y no consigo volverme a dormir. 17 0- No me siento más cansado de lo normal. 1- Me canso ahora más fácilmente que antes. 2- Me canso en cuanto hago cualquier cosa. 3- No tengo fuerzas para hacer nada. 18 0- Mi apetito es igual que siempre. 1- Mi apetito no es tan bueno como antes. 2- Ahora tengo mucho menos apetito. 3- He perdido completamente el apetito. 19 0- Sigo, más o menos, con el peso de siempre. 1- He perdido más de 2 kilos. 2- He perdido más de 4 kilos. 3- He perdido más de 6 kilos. 159 de 164 As cifras de conduta suicida e de suicidio están medrando, facendo necesario o seu estudo para unha máis axeitada intervención. Recolleuse información dos episodios atendidos por este motivo no Servizo de Urxencias Hospitalario da ASF entre os anos 2012 ó 2014, así como a evolución deses usuarios durante 4 anos recollendo distintos factores sociodemográficos, clínicos, asistenciais e psicométricos. Cos mesmos describíuse a realidade asistencial sobre esta problemática no período indicado, así como a esculca dos diferentes factores que poden estar relacionados coa súa evolución, en canto reiteración dun novo episodio da mesma como tamén en relación cun probable suicidio. Os resultados indican que o reintento dáse nun 30% da poboación estudada, e o probable suicidio no 2,7%, véndose influído por distintos factores.