scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Regulamento de Réxime Interno do "Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares"

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

1 REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO “CENTRO SINGULAR DE INVESTIGACIÓN EN QUÍMICA BIOLÓXICA E MATERIAIS MOLECULARES” (Aprobado polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 17-2-2010, modificado na sesión do 25-3-2010) TÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS . Artigo 1.- Constitución, natureza e réxime xurídico 1. O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares constitúese como Centro Singular de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela ao abeiro do previsto no artigo 41 da Lei Orgánica 6/2001 de 21 de decembro de Universidades. 2. O centro rexerase por: a) A Lei Orgánica de Universidades e as súas disposicións regulamentarias b) A Lei de Fomento da Investigación e do Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. c) Os Estatutos da USC e os seus decretos e normas de desenvolvemento. d) O presente Regulamento de Réxime Interno 3. O centro formará parte dunha rede de centros de excelencia en investigación denominada Rede de Centros Singulares de Investigación promovidos pola USC como eixo fundamental na creación do CAMPUS VIDA, Campus de Excelencia Internacional cun perfil investigador orientado cara ás ciencias e tecnoloxías da vida. Artigo 2.- Obxecto, ámbito de actuación e vixencia.- O obxectivo científico global do centro é o abordaxe de investigación transdisciplinar, básica e aplicada, sobre problemas científica e tecnolóxicamente relevates no ámbito da química biolóxica e sintética e no desenvolvemento de novos materiais funcionais. Os obxetivos básicos específicos do centro son entre outros: a) O desenvolvemento de proxectos de investigación financiados con fondos procedentes de convocatorias competitivas ou de contratos con entidades públicas ou privadas nos ámbitos anteditos. b) A transferencia e valorización dos resultados de investigación baseados na protección do coñecemento e o emprendemento. c) A formación de investigadores no seu ámbito de especialización. d) A colaboración con outros centros académicos do seu entorno. e) A creación de alianzas estratéxicas con outros axentes públicos e privados da investigación e o desenvolvemento tecnolóxicos. f) A difusión da investigación a través de cursos, seminarios, conferencias e xornadas, e outras actividades dirixidas ao público en xeral. 2 g) A internacionalización da investigación a través do establecemento e participación en redes de investigación e en proxectos de investigación consorciados. h) Calquera outra actividade relacionada coa investigación e o desenvolvemento tecnolóxico en química biolóxica e en materiais moleculares. TITULO II ÓRGANOS DE GOBERNO Artigo 3.- Órganos de goberno 1.- O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares estará rexido polos seguintes Órganos de Goberno: o Comisión Reitora. o Presidente da Comisión Reitora. 2. A Comisión Reitora será o órgano superior de goberno do centro, estará inicialmente formada por a) O/a Presidente/a, que será o/a Reitor/a da Universidade de Santiago de Compostela ou persoa na que delegue. b) O(s)/a(s) Vicerreitor(es)/a(s) con competencias en materia de investigación da USC, que poderá actuar como Vicepresidente/a. c) Un vogal en representación do Consello de Goberno da USC, nomeado polo Reitor. d) Un vogal en representación do Consello Social da USC. e) O Director Científico do centro. Asistirá ás reunións da Comisión Reitora, con voz pero sen voto, o Xestor Técnico do centro, que actuará como Secretario da Comisión. No futuro poderán incoroporarse á Comisión Reitora representantes doutras institucións e entidades públicas ou privadas que contribúan significativamete ao sostemento do centro e participen dos seus obxectivos. No suposto da incorporación de novos membros ao goberno do centro, a Comisión Reitora decidirá o número de representantes que corresponderán a cada un deles, que serán designados pola institución correspondente. Garantirase en calquera caso que a lo menos o 50% dos membros sexa persoal vinculado á USC, coa oportuna redistribución de compoñentes da Comisión Reitora, se fora a necesario.. 3.- A Presidencia da Comisión Reitora corresponderá ao/á Reitor/a da USC. 3 4.- Actuará como Secretario o Xestor Técnico do centro. Corresponde ao Secretario a elaboración e custodia de actas, a certificación dos acordos co visto e prace do Presidente e cantas funcións lle encomende o Presidente ou a Comisión Reitora. 5.- A perda da condición pola que foi elixido na entidade que representa, determina automaticamente a perda da condición de membro da Comisión Reitora. Artigo 4.- Competencias dos órganos de goberno 1.- Sen menoscabo das competencias que, de acordo coa normativa vixente, sexan propias dos órganos superiores de goberno da USC, son competencias da Comisión Reitora do centro,: a) A aprobación do programa xeral de actividades e do Plan Estratéxico do centro e as súas modificacións. b) A aprobación da proposta de orzamento de ingresos e gastos, así como a liquidación do mesmo, que acompañado da memoria de actuación, trasladará anualmente ao Consello de Goberno da USC. c) A aprobación de cantos convenios sexan precisos para o cumprimento dos seus fins, conforme o procedemento establecido na usc. d) O artellamento de programas que reciban achegas do sector público comunitario, estatal, autonómico ou local, e dos sectores privados, universitarios ou organizacións internacionais. e) Propor ao Consello de Goberno da USC á incorporación doutras entidades públicas ou privadas á Comisión Reitora, de acordo co previsto no presente regulamento. f) Propor ao Consello de Goberno da USC a modificación do presente regulamento de réxime interno. g) Propor ao Reitor o nomeamento e cese do/a Director/a Científico/a e establecer os mecanismos para a súa selección. h) Aprobar, a proposta do Director Científico e co informe favorable da Comisión Científica Externa a incorporación de novos investigadores ao Centro. A adscripción de PDI da USC ao centro terá que ser en todo caso autorizada polo Consello de Goberno da Universidade. i) Aprobar as medidas propostas pola Comisión Científica Externa e avaliar os seus resultados. j) Promover os vínculos do centro con outras institucións. k) Calquera outras necesarias para o cumplimento dos seus fins. 2.- Son competencias do Presidente do Comisión Reitora: a) Representar legalmente ao centro nos actos, convenios e contratos en que este debe intervir e ante as autoridades e tribunais de toda clase, para o que poderá outorgar os apoderamentos que estime oportunos. b) Velar polo estrito cumprimento do presente regulamento, dos acordos adoptados 4 pola Comisión Reitora e, en xeral, das norma aplicables en cada caso. c) Executa -los acordos adoptados pola Comisión Reitora. d) Ordena-los pagamentos non delegados no Director Científico. e) Aproba-las transferencias e as xeracións de crédito non delegados no Director Científico. f) Autorizar, co seu visto e prace, as actas das reunións e as contas e o inventario de bens. g) Convocar, fixar a orde do día, presidir e moderar as sesións do Comisión Reitora, dispoñendo de voto dirimente en caso de empate. Tamén poderá presidir as sesións doutros órganos colexiados que puideran crearse en función das necesidades de xestión. h) Exercer, en casos de urxencia, as accións administrativas precisas para a defensa dos dereitos do centro, dando oportuna conta á Comisión Reitora na primeira sesión que se celebre. i) Outras funcións que lle sexan encomendadas pola Comisión Reitora. As facultades do presidente da Comisión Reitora, relacionadas coa xestión e administración do Centro, para a dirección constante e inmediata da súa actividade poderán ser delegadas ou apoderadas a favor do Director Científico ou da persoa que aquel libremente determine. 4.- O/A Vicepresidente/a substituirá á/ao Presidente/a nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade deste/a. Tamén asumirá as funcións que lle sexan singularmente encomendadas pola Presidencia ou pola Comisión Reitora. 5.- O Secretario terá como funcións levantar acta dos acordos, expedir certificacións e convocar as reunións por orde do Presidente. Artigo 5.- Sesións A Comisión Reitora reunirase, polo menos, unha vez ó semestre en sesión ordinaria e sempre que o presidente o estime oportuno ou o soliciten, ó menos, un terzo dos seus membros. As convocatorias para as sesións da Comisió Reitora, xa sexan as ordinarias ou as extraordinarias, faraas o Presidente, ou quen teña delegadas as súas funcións, mediante notificación a cada un dos membros, por calquera medio que permita a constancia da súa recepción. 5 As sesións convocaranse con, alomenos, seis días de anticipación á data en que deba celebrarse, agás nos casos de recoñecida urxencia a xuízo do Presidente. Na convocatoria indicaranse os puntos a tratar, o día, a hora e o lugar de celebración. Asemade o Presidente da Comisión poderá convocar ás súas sesións a calquera persoa que estime oportuno para os temas relacionados con algún punto da orde do día. Entenderase validamente constituído a Comisión Reitora para tomar acordos cando en primeira convocatoria concorran á sesión a maioría dos seus membros, e entre eles, necesariamente o Presidente e o Secretario ou quen faga as súas funcións. En segunda convocatoria, a constitución da Comisión será válida cando asistan un terzo dos seus membros, e entre eles, o Presidente. A Comisión Reitora adoptará os seus acordos por maioría cualificada de dous terzos dos membros presentes, excepto aqueles que esixan una unanimidade. Artigo 6.- Sesións especiais Cando estean reunidos e presentes a totalidade dos membros da Comisión Reitora, poderán constituírse como tal. Nese mesmo acto procederán a fixa-la orde do día da Comisión e delo levantarase a correspondente acta. Artigo 7.- Votos No caso de incorporarse outras entidades no goberno, os votos dos membros da Comisión Reitora poderán delegarse tanto en representantes da entidade que representan como doutra entidade distinta. A delegación deberá constar expresamente e por escrito e o voto delegado considerarase a efectos de quórum. A ponderación dos votos poderá modificarse, previo acordo da Comisión Reitora, en función da integración de novos membros. TÍTULO III ÓRGANOS DE DIRECCIÓN, XESTIÓN E CONSULTIVOS Artigo 8.-O Director Científico: 1. O Director Científico do Centro será nomeado polo Reitor, a proposta da Comisión Reitora, e co informe favorable da Comisión Científica Externa. O nomeamento será por períodos de catro anos, prorrogables. 6 2. Serán funcións do Director Científico do centro as seguintes: a) Exercer a Dirección do centro, promovendo a sua proxección exterior. b) Asistir as reunións da Comisión Reitora do centro e executar os acordos adoptados no seu ámbito. c) Organizar e coordinar os medios materiais e persoais de que se dispoña para cubrir os obxectivos do centro. d) A autorización e disposición de gastos e pagamentos dentro dos límites establecidos polo Comisión Reitora e polas normas da USC. e) Propor a contratación de persoal investigador, de apoio á investigación e administrativo do centro, de acordo cos cauces establecidos na USC: f) Propor a adquisición de infraestruturas para o centro. g) Elaborar a memoria científica anual e a planificación estratéxica do centro. h) Desenvolver mecanismos e procedementos que promovan a captación de recursos, o mantemento dun alto nivel científico, así como o establecemento de sinerxias e colaboracións entre grupos de investigación do centro ou entre estes e grupos externos. i) Trasladar aos investigadores as directrices oportunas co fin de que a actividade investigadora desenvolvida no centro se adecúe ao Plan estratéxico do centro e aos obxectivos científicos do mesmo, todo eso de acordo coa Comisión Reitora e co informe da Comisión Científica Externa. j) Calquera outra función que lle fora expresamente encomendada ou delegada pola Comisión Reitora. Artigo 9.- O Xestor Técnico 1. O Xestor Técnico do centro, que poderá tamén selo doutros Centros Singulares de Investigación da USC, será responsable da xestión especializada da actividade do centro e da coordinación do persoal de apoio técnico e administrativo. 2. Serán funcións do Xestor Técnico do centro, as seguintes: a) A coordinación da xestión económica e administrativa. b) Elaborar a proposta de estrutura organizativa da administración do centro, de conformidade coas necesidades que se deriven dos obxectivos establecidos pola Comisión Reitora. c) Elaborar o proxecto de orzamento anual do centro e sometelo á aprobación do Comisión Reitora. d) Promover a búsqueda de financiamento do centro, xestionar as axudas que o centro como tal poda percibir. e) A xestión técnica especializada, a xestión administrativa e a xestión económica, das actividades de investigación que se desenvolvan no centro. 7 f) Impulsar a transferencia dos resultados de investigación e asesorar en temas de propiedade intelectual, industrial e de transferencia dos resultados de investigación. g) A elaboración dunhas normas de traballo e de utilización de espazos no centro, que terán que ser aprobadas polo Comisión Reitora, e o control do seu cumprimento. h) Asegurar o cumprimento das normas de prevención de riscos e de seguridade no traballo. i) Asistir ao Director Científico nas súas funcións. Artigo 10.- Comisión Científica Externa 1. A Comisión Científica Externa será un órgano asesor integrado por personalidades de recoñecido prestixio científico no ámbito de actuación do centro. Será nomeado polo Comisión Reitora, que establecerá o seu réxime de funcionamento. 2.- A designación dos membros do Comisión Científica Externa farase por un período de catro anos, renovables. 3.- Serán funcións da Comisión Científica Externa os seguintes: a. Asesorar ao Director Científico e ao Comisión Reitora sobre a definición temática e orientación da investigación a desenvolver no centro así como sobre calquera outro aspecto que se considere oportuno b. Asistir ao Director e ao Comisión Reitora sobre o seguimento da evolución da investigación e do centro e da transferencia dos resultados da investigación. c. Avaliar periodicamente a actividade científica dos grupos adscritos ao centro, e emitir os correspondentes informes de valoración. d. Informar sobre o interese da adscrición de novos investigadores titulares e/ou asociados ao centro. TÍTULO IV PERSOAL Artigo 11.- Tipos de persoal: 1. O centro estará integrado por persoal investigador, persoal de apoio á investigación e persoal de administración destinado nese centro. Artigo 12.- Persoal investigador: 1. Serán investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares: a) O persoal docente e investigador (PDI) da USC que se adscriba, que se incorporará ao centro en base aos criterios e procedementos que a tal fin se establezan, que en calquera caso incluirán un proceso de selección supervisado pola Comisión Científica Externa. A adscripción ao centro afectará unicamente ao desenvolvemento da actividade investigadora, sen que supoña 8 a perda da súa adscrición ao Departamento da USC ao que pertenza e sen menoscabo das súas obrigas docentes. O persoal docente e investigador da USC inicialmente adscrito ao centro se relaciona nun documento anexo. b) Os investigadores adscritos ao centro a través de convocatorias públicas de captación de recursos humanos ou contratados para a mellor consecución dos seus obxectivos. c) Persoal doutras institucións coas que se poidan establecen convenios ou acordos específicos de colaboración, que se adscribirán ao mesmo en base aos criterios e procedementos que a tal fin se establezan, que en calquera caso incluirán un proceso de selección supervisado polo Comisión Científica Externa. 2. A adscrición do PDI ao Centro implicará o compromiso de aceptación das normas específicas de funcionamento e organización, de traballo e de xestión de espazos e instalacións que en cada caso se establezan, o que quedará debidamente documentado a través dun compromiso de adscrición. 3. A adscrición de novo PDI, tralo correspondente proceso de selección, será autorizada polo Consello de Goberno á vista dos compromisos de adscrición e dos informes dos departamentos correspondentes. 3. A adscrición do PDI da USC ao centro pode finalizar: a) A instancias do Comisión Reitora do centro, na base das recomendacións da Comisión Científica Externa e/ou do Director Científico. b) A instancias do interesado/da, por calquera causa, cun preaviso de 9 meses, salvo que haxa un acordo para establecer outro prazo. c) Por perda da vinculación coa universidade. 4. As contratacións temporais de persoal investigador faranse de acordo cos criterios establecidos pola Comisión Reitora, agás que xa se teña aprobado ou se aproben planes concretos ou solicitudes de axudas que impliquen a contratación de persoal, e sempre de acordo coa lexislación vixente. 5. O Director Científico do centro, seguindo as indicacións da Comisión Científica Externa, establecerá o modelo de organización científica do Centro e, de selo caso, designará entre o persoal investigador do centro, aos investigadores principais, xefes de grupo e/ou responsables de área. Artigo 13: Persoal de apoio á investigación 9 1. O centro poderá contar con persoal de apoio á investigación con destino no centro, ou contratado temporalmente para obra ou servizo determinado, que levarán a cabo tarefas de apoio técnico. 2. O Director Científico, coa axuda do Xestor Técnico será o responsable de identificar as necesidades de persoal de apoio á investigación, na procura do mellor funcionamento do centro e da incentivación e apoio específico a áreas e liñas de investigación. 3. As contratacións faranse tendo en conta as propostas do Director Científico e de conformidade coa lexislación vixente. Artigo 14.- Persoal de administración 1. O centro poderá contar con persoal de administración con destino no centro, ou contratado temporalmente para obra ou servizo determinado, que levarán a cabo tarefas de apoio administrativo. Este persoal estará dirixido e coordinado polo Xestor Técnico. 2. O Xestor Técnico será o responsable de identificar as necesidades de persoal de administración, na procura do mellor funcionamento do centro e da incentivación e apoio específico a áreas e liñas de investigación. 3. As contratacións faranse tendo en conta as propostas do Director Científico e de conformidade coa lexislación vixente. Artigo 15.- Proxección e visibilidade 1. En calquera publicación ou difusión dos resultados científicos (artigos, comunicacións, relatorios, participación en congresos, aparición en medios de comunicación) e en xeral, en todos os documentos que se xeren con motivo da súa actividade, o persoal investigador adscrito fará constar sempre a súa pertenza ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares e ao Departamento universitario que corresponda. 2. En ningún caso poderá utilizarse a imaxe corporativa do centro para fins diferentes dos indicados no punto anterior, agás autorización expresa por parte do Director Científico. TÍTULO V RÉXIME ECONÓMICO Artigo 16.- Recursos: 1. Serán ingresos do centro: a) As achegas da USC establecidas nos correspondentes contratos programa, que gardarán relación cos custes indirectos asociados ás actividades de