scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo

Sóñora Rivas, Áurea Antía

Abstract

A estimulación eléctrica transcranial con corrente alterna (tACS) é unha técnica de neuromodulación que permite inducir cambios nas oscilacións cerebrais endóxenas involucradas en diferentes procesos cognitivos. En estudos previos, a estimulación mediante oscilacións theta (4-7 Hz) e gamma (30-80 Hz) tivo a capacidade de modular a memoria episódica (ME) e a memoria de traballo (MT). Entón, o obxectivo deste traballo é determinar a efectividade da HD-tACS-theta (6 Hz) e HD-tACS-gamma (60 Hz) aplicada sobre a cortiza prefrontal dorsolateral (CPFDL) esquerda nunha mostra de 21 persoas novas sas para mellorar o rendemento nunha tarefa de ME e unha de MT. Primeiro, esperábase que a HD-tACS-gamma, en comparación co placebo, mellorase o rendemento da ME e que influíse na amplitude dos potenciais evocados asociados coa memoria de recoñecemento (P600 e LPC) nunha tarefa de tipo vello/novo. Segundo, confiábase en que a HD-tACS-theta mellorase o rendemento da MT en comparación cunha condición placebo nunha tarefa 3-back. Para comprobar estes efectos, todas as persoas participantes pasaron por tres condicións experimentais diferentes de xeito contrabalanceado: HD-tACS-theta, HD-tACS-gamma e HD-tACS-sham (placebo). Os resultados obtidos nas análises estatísticas (t de Student, probas de Wilcoxon) evidencian que a HD-tACS-gamma aplicada sobre o CPFDL esquerdo prexudicou o rendemento na tarefa de ME, relacionándose con menores amplitudes dos compoñentes P600 (provocado polas imaxes “vellas”) e LPC, en comparación con HD-tACS-sham e HD-tACS-theta, indicando que a HD-tACS-gamma pode interferir negativamente cos procesos de recuperación da información e de monitorización post-recuperación. Na tarefa de MT, nin a HD-tACS-theta nin a HD-tACS-gamma tiveron efectos significativos de modulación en comparación co placebo, amosando unha incapacidade da HD-tACS de afectar aos procesos da MT

Full text

Áurea Antía Sóñora Rivas Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Facultade de Psicoloxía Grao en Psicoloxía Ano 2024 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Psicoloxía Traballo de fin de grao Modalidade 2 “Proxecto de investigación empírica e/ou desenvolvemento dun estudo piloto” Autor/a do TFG Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 2 Índice Resumo ............................................................................................................................. 3 Abstract ............................................................................................................................ 5 Introdución ...................................................................................................................... 6 1 Estimulación eléctrica transcranial con corrente alterna (tACS) ............................ 6 2 Memoria episódica e memoria de traballo ............................................................ 9 3 ME, MT e oscilacións cerebrais ............................................................................. 11 4 Efectos da tACS sobre os procesos de memoria .................................................. 11 5 Obxectivo de investigación e hipóteses de traballo ............................................. 17 Método ........................................................................................................................... 18 1 Participantes ......................................................................................................... 18 2 Materiais e Procedemento ................................................................................... 19 3 Análises ................................................................................................................. 24 Resultados ...................................................................................................................... 26 1 Tarefa de ME ......................................................................................................... 26 2 Tarefa de MT ......................................................................................................... 27 Discusión ........................................................................................................................ 30 Conclusións .................................................................................................................... 35 Referencias bibliográficas ............................................................................................ 36 Índice de figuras ............................................................................................................ 50 Índice de táboas ............................................................................................................. 51 Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 3 Resumo A estimulación eléctrica transcranial con corrente alterna (tACS) é unha técnica de neuromodulación que permite inducir cambios nas oscilacións cerebrais endóxenas involucradas en diferentes procesos cognitivos. En estudos previos, a estimulación mediante oscilacións theta (4-7 Hz) e gamma (30-80 Hz) tivo a capacidade de modular a memoria episódica (ME) e a memoria de traballo (MT). Entón, o obxectivo deste traballo é determinar a efectividade da HD-tACS-theta (6 Hz) e HD-tACS-gamma (60 Hz) aplicada sobre a cortiza prefrontal dorsolateral (CPFDL) esquerda nunha mostra de 21 persoas novas sas para mellorar o rendemento nunha tarefa de ME e unha de MT. Primeiro, esperábase que a HD- tACS-gamma, en comparación co placebo, mellorase o rendemento da ME e que influíse na amplitude dos potenciais evocados asociados coa memoria de recoñecemento (P600 e LPC) nunha tarefa de tipo vello/novo. Segundo, confiábase en que a HD-tACS-theta mellorase o rendemento da MT en comparación cunha condición placebo nunha tarefa 3-back. Para comprobar estes efectos, todas as persoas participantes pasaron por tres condicións experimentais diferentes de xeito contrabalanceado: HD-tACS-theta, HD-tACS-gamma e HD-tACS-sham (placebo). Os resultados obtidos nas análises estatísticas (t de Student, probas de Wilcoxon) evidencian que a HD-tACS-gamma aplicada sobre o CPFDL esquerdo prexudicou o rendemento na tarefa de ME, relacionándose con menores amplitudes dos compoñentes P600 (provocado polas imaxes “vellas”) e LPC, en comparación con HD-tACS- sham e HD-tACS-theta, indicando que a HD-tACS-gamma pode interferir negativamente cos procesos de recuperación da información e de monitorización post-recuperación. Na tarefa de MT, nin a HD-tACS-theta nin a HD-tACS-gamma tiveron efectos significativos de modulación en comparación co placebo, amosando unha incapacidade da HD-tACS de afectar aos procesos da MT. Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 4 Palabras clave: HD-tACS, memoria de traballo, memoria episódica, theta, gamma Número de palabras do traballo: 7991 Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 5 Abstract Transcranial alternating current stimulation (tACS) is a neuromodulation technique that can induce changes in endogenous brain oscillations involved in different cognitive processes. In previous studies, stimulation via theta (4-7 Hz) and gamma (30-80 Hz) oscillations had the capacity to modulate episodic memory (EM) and working memory (WM). Therefore, the objective of the current study is to determine the effectiveness of HD- tACS-theta (6 Hz) and HD-tACS-gamma (60 Hz) applied over the left dorsolateral prefrontal cortex (DLPFC) in a sample of 21 healthy young people to improve their performances in an EM task and a MT task (3-back). Firstly, it was expected that HD-tACS-gamma, in comparison to placebo, would improve EM performance, as well as influence the amplitude of event-related potentials associated with recognition memory (P600 and LPC), in an old/new type task. Secondly, it was hypothesized that HD-tACS-theta would enhance MT performance in comparison to placebo in a 3-back task. To evaluate these effects, all participants had to undergo three different experimental conditions in a counterbalanced manner: HD-tACS-theta, HD-tACS-gamma and HD-tACS-sham (placebo). The results obtained in the statistical analyses (Student’s t-test, Wilcoxon signed rank test) show that HD-tACS-gamma applied over the left DLPFC impaired performance in the EM task, which relates to the lower amplitudes found in the P600 (elicited by “old” images) and the LPC components, in comparison to HD-tACS-sham and HD-tACS-theta, indicating that HD- tACS-gamma can negatively interfere with recall and post-recall monitorization processes. In the WM task, neither HD-tACS-theta nor HD-tACS-gamma had any modulation effects in comparison to the placebo condition, showing a lack of capacity to modulate WM processes with HD-tACS. Keywords: HD-tACS, working memory, episodic memory, theta, gamma Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 6 Introdución 1 Estimulación eléctrica transcranial con corrente alterna (tACS) A estimulación eléctrica transcranial con corrente alterna (tACS) é unha técnica de neuromodulación que aplica unha corrente eléctrica sinusoidal débil a unha frecuencia específica sobre o coiro cabeludo, pasando a través do cranio e capas extracorticais ata chegar á cortiza (Elyamany et al., 2021), producindo cambios no potencial de membrana das neuronas, xa que modulan os seus limiares de resposta sen inducir un potencial de acción, o que pode reflectirse en cambios cognitivos e do comportamento (Fertonani e Miniussi, 2017). Isto altera as oscilacións cerebrais, que son fenómenos naturais orixinados pola actividade síncrona de grandes conxuntos de neuronas (Hanslmayr et al., 2019). A tACS está clasificada como un método de estimulación cerebral non invasiva (NIBS) e especificamente como unha técnica de estimulación eléctrica transcranial (tES) (Moliadze et al., 2021) e permite estudar as relacións causais entre as oscilacións cerebrais e as funcións cognitivas subxacentes de maneira relativamente segura (Kuo e Nitsche, 2012; Miniussi et al., 2023), o que é de central interese para este traballo. Para modular oscilacións endóxenas concretas, a frecuencia administrada mediante tACS pode axustarse en función delas. Estas oscilacións clasifícanse segundo as bandas de frecuencia que se poden extraer e visualizar nun EEG (Carretié, 2001), comunmente divididas en: delta (0-4 Hz), theta (4-7 Hz), alfa (8-13 Hz), beta (13-30 Hz) e gamma (30-80 Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 7 Hz) (Klink et al., 2020). As oscilacións dentro das bandas de frecuencia relaciónase con determinadas funcións cognitivas, polo que a súa modulación podería ter efectos específicos nas mesmas (Vosskuhl et al., 2018). Antes de dilucidar os mecanismos biofísicos e fisiolóxicos que facilitan neuromodulación mediante tACS, é importante diferenciar entre os efectos online e offline que esta técnica pode inducir. Os efectos online ocorren durante a estimulación e se limitan a ese período, mentres que os efectos offline obsérvanse despois e son máis duradeiros (Antal e Herrmann, 2016). A tACS inflúe a ambos niveis, destacando que os efectos online teñen unha relación directa coas oscilacións, debido a cambios eléctricos no potencial de membrana mentres se aplica tACS, recrutando neuronas que disparan de xeito sincronizado (Hanslmayr et al., 2019). Estes efectos online inclúen: (1) aumento da amplitude das oscilacións endóxenas ao estimular á mesma frecuencia; (2) modulación de frecuencias doutras bandas diferentes da estimulada (debido ao cross-frequency coupling (CFC) ou emparellamento entre frecuencias); (3) sincronización ou desincronización de áreas cerebrais dependendo de se son estimuladas en fase (os picos coinciden en cada ciclo) ou antifase (os picos non coinciden en cada ciclo); (4) aceleración ou retardación da frecuencia endóxena aplicando unha frecuencia de estimulación lixeiramente diferente, chamado entrainment ou efecto de arrastre (Klink et al., 2020). Estes efectos oscilatorios poden producir cambios cognitivos e do comportamento (Antal e Herrmann, 2016), sendo o efecto de arrastre o máis significativo (Vogeti et al., 2022), o cal aproveita a tendencia natural das oscilacións cerebrais a adaptarse a un estímulo exterior e asumir a súa fase (Tavakoli e Yun, 2017), sendo un proceso polo que a tACS recruta neuronas que disparan de xeito conxunto, aumentando a intensidade do sinal (Hanslmayr et al., 2019). Respecto aos mecanismos que poderían explicar os cambios cognitivos e do comportamento observados trala tACS (efectos offline), suxírese que se explican principalmente pola plasticidade dependente de tempo de disparo (spike-timing dependent plasticity) (Vogeti et al., 2022). Esta forma de plasticidade provoca cambios sinápticos debido a grandes poboacións de neuronas disparando de forma síncrona, modificando a conectividade funcional das redes cerebrais. Este proceso postúlase como un tipo de potenciación a longo prazo (PLP), que aumenta as sinapses entre as neuronas presinápticas e postsinápticas cando as primeiras son estimuladas (Klink et al., 2020; Shirehjini et al., 2023; Vogeti et al., 2022). Segundo Lømo (2003), a PLP é a base neural da aprendizaxe. Daquela, Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 8 estes efectos offline poderían explicar os cambios na actividade oscilatoria endóxena (Vossen et al., 2015) e, polo tanto, os efectos cognitivos a longo prazo, como os observados na memoria de traballo por Pahor e Jaušovec (2018). Non só é necesario considerar os mecanismos biofísicos e fisiolóxicos anteriores para explicar calquera resultado dunha intervención mediante tACS, senón tamén varios parámetros técnicos que poderían influír de xeito diferencial sobre como se producen os efectos online e offline (Miniussi et al., 2013). Por unha banda, a frecuencia de estimulación é crucial, xa que diferentes frecuencias oscilatorias se asocian con procesos cognitivos concretos (Vosskuhl et al., 2018). Por outra banda, outros parámetros importantes son a intensidade da estimulación (Wischnewski et al., 2023), a duración (Antal et al., 2022), e o tamaño, número, forma e localización dos eléctrodos (Paulus et al., 2013; Woods et al., 2016). Ademais, as características da tarefa realizada polos participantes durante a estimulación tamén deben ser consideradas, xa que os resultados da tACS poderían verse afectados en función do proceso cognitivo comprometido pola tarefa (Woods et al., 2016). Unha aproximación empregada por varios estudos recentes é a tACS de alta definición (HD- tACS), que utiliza eléctrodos pequenos que actúan conxuntamente, o que permite facer unha estimulación máis focal e inferencias máis precisas acerca do substrato neural dos efectos, do comportamento ou fisiolóxicos, observados tras a tACS (Wu et al., 2021; Zhang et al., 2022). A tACS foi empregada para estudar as relacións causais entre determinadas frecuencias oscilatorias e funcións cognitivas como a memoria, atención, percepción, toma de decisións, linguaxe e aprendizaxe, demostrando a súa capacidade para alteralas (Wischnewski et al., 2023). Incluso, debido aos seus potenciais efectos para producir cambios duradeiros no cerebro ao longo de varias sesións, ten aplicacións en diversas condicións clínicas, como a esquizofrenia, alzhéimer, demencia ou depresión, especialmente en combinación con adestramento cognitivo (Elmasry et al., 2015; Al Qasem et al., 2022), converténdoa nunha técnica de gran interese. Entre as funcións cognitivas estudadas coa tACS, a memoria foi o obxecto de numerosas investigacións recentes (Hanslmayr et al., 2019). Neste contexto, centrarémonos concretamente na memoria episódica (ME) e na memoria de traballo (MT). Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 9 2 Memoria episódica e memoria de traballo A memoria defínese como “a capacidade (dos animais) para adquirir, almacenar e recuperar diferentes tipos de coñecemento e habilidades” (Ruiz-Vargas, 2010, p. 23). Esta definición implica dúas cuestións. Primeiro, a memoria involucra procesos fundamentais: adquisición ou codificación, que consiste en agregar información ao sistema en forma dunha pegada de memoria; almacenamento, que implica conservar esa pegada ao longo do tempo; e recuperación, que é atopar e rescatar esa pegada (Ruiz-Vargas, 2010). Segundo, manexa diversos tipos de contidos (visuais, verbais, procedementais, etc.). Tendo en conta isto e datos relativos a pacientes amnésicos que amosan que poden conservar unhas capacidades memorísticas á vez que perden outras, a realidade é que a memoria dista moito de ser un sistema unitario (Baddeley et al., 2020). A continuación, contextualizaranse os sistemas de ME e MT. O enfoque do procesamento da información, que equipara o funcionamento da mente humana á dun ordenador (Ballesteros, 2017), é dos máis prominentes no enfoque cognitivo e os modelos desenvoltos baixo este marco son relevantes na investigación neuropsicolóxica (Baddeley et al., 2020). Un dos modelos máis influentes dentro deste enfoque é o modelo modal de Atkinson e Shiffrin (1968), que postula un fluxo bidireccional de información a través de tres almacéns de memoria: rexistro sensorial, memoria a curto prazo (MCP) e memoria a longo prazo (MLP). O rexistro sensorial é un almacén perceptivo de decaemento rápido, do cal a información relevante pasa á MCP, que retén a información por un curto período temporal. Parte da mesma pode transferirse á MLP, almacén relativamente permanente. Dentro da MLP, Squire (1992) propón unha distinción entre memoria declarativa (recordo consciente de feitos do mundo e eventos específicos) e non declarativa (habilidades e hábitos, priming, condicionamento clásico e aprendizaxe non asociativa). Dentro da memoria declarativa, Tulving en 1972 distinguiu entre memoria episódica (ME) e semántica (Baddeley et al,. 2020), sendo a ME un almacén de información espacial e temporalmente situada (Ruiz-vargas, 2010). Atkinson e Shiffrin (1968) non diferenciaron entre MCP e MT, pero Baddeley et al. (2020) si, considerando a MCP como parte da MT, definida como un “sistema para o almacenamento temporal e a manipulación da información” (p. 36), necesaria para realizar Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 16 Dentro das investigacións que comparan dous compoñentes gamma, Park et al. (2022) evidencian que a HD-tACS-gamma (80 Hz) sobre o suco intraparietal dereito mellorou a capacidade da MT espacial en comparación cun compoñente lento (40 Hz) e placebo. Isto suxire que as oscilacións gamma altas asócianse cun maior rendemento da MT. 4.2.3 tACS gamma vs. tACS theta na MT Algúns estudos tamén comparan a tACS-gamma coa tACS-theta para determinar as súas efectividades na modulación da MT. En Pahor e Jaušovec (2018) a tACS-theta, axustada ás frecuencias endóxenas, diminuíu a amplitude na banda theta na rede frontoparietal esquerda e mellorou lixeiramente a MT verbal con estimulación bilateral (frontal ou parietal), mentres que a tACS-gamma non tivo efectos en comparación co placebo. Zeng et al. (2022) amosaron un efecto máis claro da tACS-theta (8 Hz) na rexión prefrontal demostrou ser máis efectiva que a tACS-gamma (40 Hz) e estimulación placebo, no aumento da precisión da MT verbal. 4.2.4 tACS de frecuencias combinadas e MT Finalmente, dous estudos empregan o paradigma de frecuencias combinadas. Kim et al. (2022) aplicaron HD-tACS-theta-gamma (axustada á frecuencia endóxena; rango de 3-8 Hz para theta e 50-100 Hz para gamma) sobre a rexión frontal esquerda, reducindo os TR durante unha tarefa de MT verbal, e suxeriron que a HD-tACS facilitou o mantemento sostido da información codificada. Mentres tanto, Alekseichuk et al. (2016) administraron varios paradigmas combinados (theta sempre a 6 Hz) sobre o CPF esquerdo, identificando que a frecuencia óptima do compoñente gamma para modular a MT está comprendida entre 80 Hz e 100 Hz. Ademais, atoparon que aplicar tACS-theta-gamma é máis efectivo que tACS-theta cando os refachos gamma se superpoñen sobre os picos theta. En resumo, a meirande parte da evidencia suxire que a tACS-theta aplicada sobre áreas frontais e/ou parietais é efectiva para modular a MT, especialmente en tarefas cognitivamente demandantes. Este fenómeno apoia a idea de que a tACS inflúe principalmente en neuronas involucradas na tarefa, con áreas máis específicas da MT activadas en tarefas esixentes (Fertonani e Miniussi, 2017). Porén, a evidencia sobre os efectos de tACS-gamma é contraditoria. De feito, a tACS-theta amósase máis efectiva que a tACS-gamma, mentres que se observa unha maior eficacia na modulación de theta con Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 17 frecuencias máis lentas e de gamma con frecuencias máis rápidas, en consonancia coas teorizacións de Hanslmayr et al. (2019) acerca do rol destas oscilacións na capacidade da MT. 5 Obxectivo de investigación e hipóteses de traballo O obxectivo do presente traballo é determinar os efectos da HD-tACS aplicada sobre o CPFDL esquerdo no rendemento nunha tarefa de ME e outra de MT, comparando as condicións de estimulación theta (6 Hz) e gamma (60 Hz) coa estimulación placebo (sham). Dado que o CPF xoga un papel importante tanto na ME como na MT, tal como se comentou previamente, agárdase que a tACS teña efectos de modulación do comportamento e psicofisiolóxicos en ambos procesos ao aplicarse sobre esa zona. Polo tanto, as hipóteses desenvoltas para o presente traballo son as seguintes: - A HD-tACS-gamma terá efectos positivos sobre o rendemento da ME en comparación coa estimulación placebo (HD-tACS-sham), reflexada en: (1) maior d’, (2) TRs menores nos acertos (TR-HIT) e rexeitamentos correctos (TR-CR), (3) maior amplitude de P600 na condición “vello” (correlato psicofisiolóxico da recuperación en memoria das imaxes previamente memorizadas) e posiblemente (4) maiores amplitudes dos compoñentes tardíos de monitorización (LPC), indicando unha facilitación destes procesos. Non se esperan diferenzas na amplitude do compoñente de familiaridade (N400) e tampouco que HD-tACS- theta ocasione os efectos anteriores, ou ben que sexan menores. - A HD-tACS-theta inducirá mellorías no rendemento da MT en comparación coa estimulación placebo (HD-tACS-sham), reflectíndose en (1) maior d’ e (2) menores TRs nos ensaios correctos (TR-HIT). Agárdase que HD-tACS-gamma non produza estes efectos, ou mesmo que sexan menores. Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 18 Método Como estudante de traballo de fin de grao (TFG) participei no estudo durante a fase de análise de datos, polo que o deseño da investigación así como os datos dos primeiros rexistros fóronme proporcionados. Involucreime no proceso, análise e interpretación dos resultados das tarefas de ME e MT. 1 Participantes Utilizouse unha mostra global de 21 voluntarios sans. Para a tarefa de ME, empregouse unha submostra de 19 e para a de ME outra submostra de 16. Os seus datos sociodemográficos poden observarse na Táboa 1. Táboa 1. Datos sociodemográficos dos e das participantes Mostra global N = 21 Submostra da tarefa de ME N = 19 Submostra da tarefa de MT N = 16 Idade, Media (DT) 26.67 (7.46) 26.89 (7.52) 25.19 (6.92) Sexo, Home/Muller 9/12 9/10 5/11 Nivel educativo, Media Grao + Máster/Licenciatura Grao + Máster/Licenciatura Grao + Máster/Licenciatura Nota. DT: desviación típica; ME: memoria episódica; MT: memoria de traballo. Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 19 Os e as participantes pasaron por un exame previo á estimulación de acordo coas guías de seguridade da tACS, para descartar suxeitos que presenten algún criterio de exclusión, como a presencia de implantes metálicos, antecedentes neurolóxicos e psiquiátricos, consumo de psicofármacos que afecten ao sistema nervioso, problemas dermatolóxicos, embarazo, etc. Os datos dos participantes tratáronse conforme a Lei de Protección de Datos e Garantías dos Dereitos Dixitais e o Regulamento UE 2016/679. Ademais, os participantes firmaron un consentimento informado incluíndo os riscos potenciais da tACS. O comité de bioética da Universidade de Santiago de Compostela aprobou este estudo, que cumpre coas normas establecidas na Declaración de Helsinki. Non se ofreceron beneficios de ningunha clase por participar no estudo. 2 Materiais e Procedemento 2.1 Deseño experimental Adoptouse un deseño unifactorial intrasuxeito para comprobar as hipóteses, empregando “sesión tACS” como factor con 3 niveis (HD-tACS-theta, HD-tACS-gamma, HD-tACS-sham). Todos os participantes foron expostos ás tres condicións experimentais, contrabalanceadas en formato simple cego para evitar que a orde de presentación afectase aos resultados. A inclusión dunha condición control placebo (HD-tACS-sham) permite determinar se a tACS ten efectos sobre a ME e a MT. Ademais, o emprego de dous tipos de estimulación diferentes (HD-tACS-theta e HD-tACS-gamma) facilitará a comparación entre frecuencias para determinar se os cambios provocados pola estimulación a unha frecuencia específica son atribuíbles a esa frecuencia en xeral, ou un efecto xeral da HD-tACS. Os participantes completaron unha tarefa de ME e outra de MT, en cada unha das tres sesións, sentados nunha cadeira co lombo apoiado no respaldo e centrados fronte un monitor de 24 polgadas a un metro de distancia. Realizáronas dentro dunha cámara de Faraday insonorizada. Utilizouse o software Presentation (NeuroBS, INC.) para presentar os estímulos e responderon premendo unha tecla nun dispositivo de resposta estándar (Cedrus, CO San Pedro California). Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 20 Figura 1. Deseño de cada sesión experimental Para evitar os post-efectos acumulativos da tACS, cada sesión foi espazada polo menos por unha semana. A estimulación administrouse durante a fase de codificación da tarefa de ME e a tarefa de MT. Durante a fase de recoñecemento da tarefa de ME se gravou ademais o EEG. A Figura 1 amosa o deseño de cada sesión. Ao finalizar cada sesión, os participantes cumprimentaron un cuestionario adaptado de Fertonani et al. (2015) para recompilar información sobre as sensacións percibidas durante a tACS. 2.2 Tarefa de ME Figura 2. Esquema da tarefa de memoria episódica. Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 21 A tarefa de ME consta de dúas fases: codificación e recoñecemento (ver Figura 2). Na codificación, os e as participantes debían memorizar 90 imaxes presentadas unha por unha na pantalla, representando alimentos, animais ou obxectos comúns. Tras cada imaxe, amosábanse as palabras “Natural” e “Artificial” á esquerda ou á dereita da pantalla (contrabalanceando entre suxeitos), e os e as participantes debían escoller a que categoría pertencía a imaxe anterior (premendo o botón dereito ou esquerdo en función de onde se atopaba a categoría a escoller). Antes do inicio desta fase da tarefa, realizáronse ensaios de proba. Despois de 15 minutos, durante os que os e as participantes non tiñan que realizar ningunha actividade cognitiva concreta, levábase a cabo a fase de recoñecemento, que consistiu nunha tarefa de tipo vello/novo, na que se amosaban as 90 imaxes presentadas previamente, mesturadas aleatoriamente con outras 180 imaxes do mesmo tipo (90 trampa semellantes ás imaxes vellas e 90 totalmente diferentes). Se lles pediu ás persoas participantes que indicaran se cada imaxe era unha que memorizaron previamente ou non. As imaxes aparecían coas expresións “Xa visto” e “Non visto”, que, dependendo da súa posición (á esquerda ou á dereita, contrabalanceado entre suxeitos), indicaban que botón debían premer en función da resposta desexada (Figura 2). Durante esta fase da tarefa, recompiláronse datos condutuais e de EEG. 2.3 Tarefa de MT A tarefa de MT é unha tarefa tipo 3-back, que require monitorización e manipulación da información presentada (Owen et al., 2005). Amosouse unha secuencia semialeatoria de 320 letras maiúsculas en dous bloques de 160 letras cada un, cun minuto de descanso entre o primeiro bloque e o segundo bloque. As letras ían da A á L, excluíndo as letras J e K, o que resultou nun total de 10 letras maiúsculas diferentes de cor branca presentadas unha por unha sobre un fondo negro. Instruíuse aos e ás participantes a responder premendo unha tecla cando a letra coincidise coa que apareceu tres posicións antes e a non responder ante o resto. Previamente, levouse a cabo unha proba de 80 ensaios sen estimulación para verificar que comprenderon as indicacións. A porcentaxe de estímulos diana determinouse aleatoriamente en 25%. Na Figura 3 amósase un esquema desta tarefa. Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 22 Figura 3. Esquema da tarefa 3-back 2.4 Parámetros da HD-tACS Durante a fase de codificación da tarefa de ME e durante toda a tarefa de MT, aplicouse a HD-tACS ás e aos participantes, durante un total de 28 minutos en cada unha das 3 sesións experimentais. A estimulación comezaba un minuto antes da tarefa de MT e remataba aproximadamente un minuto despois da finalización da fase de codificación da tarefa de ME. Utilizáronse catro eléctrodos de 2 cm de diámetro formando unha montaxe 1x3, co eléctrodo central sobre AF3 (segundo o Sistema Internacional 10-20) e os outros tres colocados arredor de forma equidistante (a 5.5 cm). Empregouse un estimulador de múltiples canles StartStim (Neuroelectrics, España), aplicando unha corrente de 2 mA de pico a pico, cunha densidade de corrente de 0.6 mA/cm2. A frecuencia de estimulación variou en cada sesión: utilizouse HD-tACS-gamma a 60 Hz nunha sesión; HD-tACS-theta a 6 Hz noutra, mentres que na sesión de estimulación placebo (HD-tACS-sham), empregouse un patrón de estimulación consistente en dúas Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 23 ramplas de subida e baixada ao inicio e final dos períodos de estimulación, de 30 segundos cada unha, a 30 Hz. 2.5 Rexistro e procesado do EEG Durante a fase de recoñecemento da tarefa de ME, o EEG rexistrouse a través de 27 eléctrodos de Ag/AgCl colocados nun gorro elástico (EasyCap, GmbH, Alemaña) segundo o Sistema Internacional 10-20. O eléctrodo Fpz serviu como terra e os eléctrodos referenciáronse en liña ao mastoide dereito. O electrooculograma horizontal (EOG) rexistrouse con dous eléctrodos nos cantos laterais de ambos ollos, namentres que o EOG vertical rexistrouse con dous eléctrodos colocados supra e infraorbitalmente no dereito. Un amplificador de DC de 16 bits (BrainAmp Brain Products GmbH, Alemaña) dixitalizou continuamente o EEG a unha velocidade de 500 Hz (filtro de paso de banda en liña de 0.01 a 1000 Hz) e a impedancia dos eléctrodos non superou os 10 kΩ. O EEG volveuse referenciar ao eléctrodo mastoide esquerdo durante o procesamento offline. Despois aplicouse un filtro de paso de banda dixital no rango dos compoñentes dos potenciais evocados de interese (0.1- 45 Hz); pendente de 12 dB/octava) e realizouse unha corrección de liña base (-200 a 0 ms). Unha análise de compoñentes independentes (ICA) e unha selección visual de compoñentes de artefactos (algoritmo Infomax; Lee et al., 1999) empregáronse para corrixir os artefactos oculares. O EEG segmentouse en épocas relacionadas co estímulo de 2200 ms (-200 ms preestímulo, 2000 ms postestímulo) para avaliar os compoñentes dos potenciais evocados. As épocas avaliáronse en dúas categorías: acertos (imaxes recoñecidas correctamente como “Xa visto”, ou condición “vello”) e rexeitamentos correctos (imaxes recoñecidas como “Non visto”, ou condición “novo”). Cada época axustouse ao voltaxe medio dos primeiros 200 ms de cada época (liña base preestímulo) e se rexeitaron automaticamente os segmentos que superaban os ±100 μV. De seguido, promediáronse as épocas (cun mínimo de 41 sen artefactos) para as condicións “vello” e “novo”. O programa Brain Vision Analyzer 2.2 foi o utilizado para realizar todo o procesamento offline. Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 24 3 Análises Para avaliar os efectos da HD-tACS sobre a ME e as hipóteses expostas, analizáronse os datos condutuais obtidos na fase de recoñecemento da tarefa de ME. Isto fíxose, por unha banda, mediante a variable d’, parámetro fundamentado na teoría de detección de sinais (Peterson et al., 1954); que avalía a capacidade de poder diferenciar entre un estímulo relevante doutros irrelevantes. A maior d’, mellor rendemento. Analizáronse tamén os tempos de reacción dos acertos (TR-HIT) e dos rexeitamentos correctos (TR-CR). En canto aos efectos da HD-tACS sobre a MT, avaliáronse os datos condutuais obtidos na tarefa 3-back, consistentes tamén en d’ e o tempo de reacción dos acertos (TR-HIT). Para comprobar que a tACS ten efectos sobre as variables anteriormente descritas, realizáronse probas t de Student para dúas mostras relacionadas comparando HD-tACS theta vs. HD-tACS-sham e HD-tACS- gamma vs. HD-tACS-sham en ambas tarefas. Tamén se analizaron as amplitudes promedio dos potenciais evocados de interese durante a fase de recoñecemento da tarefa de ME. N400, P600 e LPC son compoñentes dos potenciais evocados (PEs) e son indicadores funcionais de procesos cognitivos e permiten ver como se desenvolven ao largo do tempo de forma precisa, extraéndose dun EGG namentres se realiza unha determinada tarefa e asociándose a estímulos concretos (Bosch et al., 2023). En primeiro lugar, N400 (390-450 ms nas condicións “vello” e novo”), correlato de familiaridade (unha sensación de ter sido exposto previamente ao estímulo) (Friedman, 2013), foi medido no promedio de F3 e Fp1 (denominada localización Fe). Pola súa parte, P600 (520-700 ms para a condición “vello” e 680-860 para “novo”), medida do recoñecemento consciente cuxa amplitude tamén aumenta a súa positividade cando este é ten éxito (Friedman, 2013), foi avaliado na localización P3. Por último, o compoñente LPC (800- 1650 ms para “vello” e 910-1760 ms para “novo”), que reflexa a monitorización e avaliación de estímulos posterior á recuperación (Goldmann et al., 2003; Havama et al., 2008), foi avaliado tamén en Fe. Para as análises dos PEs, realizáronse probas t de Student para dúas mostras relacionadas para comparar as amplitudes medias de P600-old (“vello”) e P600-new (“novo”) entre as condicións de HD-tACS-theta vs. HD-tACS-sham e HD-tACS-gamma vs. HD- tACS-sham. No caso de N400-old, N400-new, LPC-old e LPC-new, fixéronse probas non Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 25 paramétricas de Wilcoxon para dúas mostras relacionadas (xa que estas variables non superaron unha proba de normalidade previa). As diferenzas entre as condicións experimentais considerábanse significativas se p ≤ 0.05. As análises realizáronse co paquete estatístico IBM SPSS Statistics v.29 para Windows. Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 32 trala aplicación de HD-tACS-gamma son efectos específicos para a frecuencia gamma, e non un efecto xeral da tACS. Ata onde sabemos, na literatura non existen polo momento estudos que analicen os correlatos psicofisiolóxicos da modulación da ME mediante a tACS-gamma en persoas novas. Neste estudo, en consonancia cos resultados condutuais, observouse unha redución na amplitude promedio dalgúns dos potenciais evocados estudados cando se comparou a condición HD-tACS-gamma co placebo, feito non observado na sesión tACS-theta (vs. placebo). Concretamente, a amplitude do compoñente P600 provocado polas imaxes estudadas previamente (e non con P600 con imaxes novas) foi menor na sesión HD-tACS- gamma en comparación co placebo, en contra do que se agardaba. Isto parece confirmar que o declive condutual se relaciona con dificultades no recoñecemento consciente das imaxes previamente memorizadas. Isto parece indicar que a HD-tACS é quen de interferir na codificación ou cos procesos de consolidación rápida que se producen durante e despois da fase de codificación da tarefa de ME. Ademais, tanto nos trazados provocados polas imaxes vellas como polas novas, observouse un decaemento da amplitude promedio do compoñente LPC na sesión HD-tACS-gamma, suxerindo unha monitorización post-recuperación prexudicada. Isto non se observou na sesión HD-tACS-theta. En canto á MT, buscouse estudar se a HD-tACS en frecuencia theta (6 Hz) ou gamma (60 Hz) aplicada sobre o CPFDL esquerdo podería mellorar o rendemento nunha tarefa 3- back en contraposición co placebo. Esperábase que utilizando unha tarefa cunha alta demanda cognitiva como a 3-back, se activasen áreas cerebrais propias da MT susceptibles de ser moduladas pola HD-tACS. Porén, tras aplicar HD-tACS durante esta tarefa, non se atoparon diferenzas significativas no desempeño dos e das participantes (medido a través das variables d’ e TR-HIT). Isto contrasta co agardado, respecto á comparación HD-tACS-theta vs. HD-tACS-sham, pero concorda coas previsións para a comparación HD-tACS-gamma vs. HD-tACS-sham. A ausencia de efectos significativos podería atribuírse ao tamaño reducido da mostra (16 participantes) nesta tarefa, o que diminúe o poder estatístico e a probabilidade de detectar efectos da HD-tACS. De feito, entre os estudos revisados, algúns empregaron mostras pequenas onde tamén se observou unha ausencia de modulación significativa da tACS-theta en comparación con placebo (Kleinert et al., 2017; Zhang et al., 2022). Apoiando esta idea, en Alekseichuk et al. (2016) tamén empregaron HD-tACS-theta (6 Hz) sobre o CPFDL Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 33 esquerdo e atoparon mellorías no rendemento da MT, pero cunha mostra de 47 participantes (tamén cun deseño intrasuxeito). Ademais, Meiron e Lavidor (2014), a pesar de contar cunha mostra de 24 participantes, atoparon efectos da tACS-theta (4.5 Hz) sobre o rendemento da MT, aínda que isto podería deberse a que estimularon o CPFDL de xeito bilateral. Cabe mencionar que tanto en Alekseichuk et al. (2016) como en Meiron e Lavidor (2014) empregan unha densidade de corrente menor que neste estudo (0.32 e 0.06 mA/cm2, respectivamente vs. 0.6 mA/cm2), e en Meiron e Lavidor (2014) tamén empregan unha intensidade de corrente menor (1 mA vs. 2 mA pico a pico). Ambos feitos advirten de que tanto unha menor dispersión de corrente como intensidades maiores poderían ser menos efectivas para modular a MT. Outros estudos que encontraron efectos da tACS-theta sobre a rexión frontal na MT, en comparación co placebo, estimularon ademais outras rexións cerebrais, como a rede frontoparietal, sendo o caso en Violante et al. (2017), en Sahu e Tseng (2021) e en Biel et al. (2022), quen tamén aplicaron tACS-theta a 6 Hz. Porén, nalgúns estudos nos que só estimulan a rexión parietal con tACS-theta atopan efectos (Jaušovec et al., 2014; Tseng et al., 2018). En conxunto, isto suxire que as oscilacións theta da área parietal poderían ser máis importantes ou modulables que as da área frontal. Isto apóiase no estudo de Jaušovec e Jaušovec (2014), onde a tACS-theta (axustada individualmente) sobre a rexión parietal esquerda mellorou a capacidade da MT en comparación coa estimulación frontal esquerda ou placebo. Tamén podería haber unha ausencia de efectos significativos da HD-tACS-theta neste estudo debido a que a frecuencia theta máis rápida (como a de 6 Hz) amosou en Röhner et al. (2018) que pode non ter efectos sobre o rendemento de MT (incluso chegando empeoralo); en comparación con frecuencias máis lentas, que si parecen inducir melloras máis importantes (Bender et al., 2019; Guo et al., 2021; Wolinski et al., 2018). Isto vai en liña co proposto por Hanslmayr et al. (2019), quen suxiren que as oscilacións theta máis lentas poderían aumentar a capacidade de MT. Por outra banda, a ausencia de efectos significativos observados por parte da HD- tACS-gamma no presente estudo contraponse ao atopado na literatura, pudendo estar tamén influenciado pola mostra limitada. Contraponse este resultado co atopado en Hoy et al. (2015), onde tamén estimularon a zona frontal esquerda con tACS-gamma, mellorando o rendemento en MT. Con todo, a frecuencia aplicada foi de 40 Hz en vez de 60 Hz e a Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 34 intensidade de corrente foi menor (1.5 vs 2 mA), así como a densidade (0.043 vs 0.6 mA/cm2). Noutros estudos tamén acharon que a tACS-gamma resulta efectiva, aínda que estimulando áreas diferentes do CPFDL esquerdo, como a rexión temporoparietal (Tseng et al., 2016), a parietal (Thompson et al., 2016) ou o suco intraparietal (Park et al., 2022). Polo tanto, intensidades de corrente menores e dispersións de corrente maiores poderían ser máis efectivas para modular a MT mediante tACS; ou ben poderían ser máis importantes ou modulables as oscilacións gamma doutras áreas diferentes do CPFDL esquerdo. Podemos identificar tres limitacións principais neste estudo. Primeiro, o tamaño da mostra pequeno para ambas tarefas é limitado. Porén, cabe sinalar que se trata dun deseño intrasuxeito, o que minimiza a variabilidade intersuxeito, presente na meirande parte de estudos sobre esta temática. En calquera caso, unha mostra maior permitiría obter resultados máis robustos e cunha capacidade de xeneralización maior. Segundo, a ausencia de datos electrofisiolóxicos obtidos durante a tarefa de MT dificulta a interpretación dos resultados obtidos. Isto debeuse a que o rexistro de EEG concomitante á tACS xera numerosos artefactos, que a día de hoxe non poden ser eliminados matematicamente sen afectar á actividade neural rexistrada. Ampliar as posibilidades de investigación electrofisiolóxica neste campo é de vital interese, e especialmente dada a falta de estudos na modulación da ME, o que permitiría comprender mellor os procesos cognitivos subxacentes aos resultados condutuais. Finalmente, está a presentación consecutiva da tarefa de codificación de ME despois da de MT, durante a cal tamén se recibiu estimulación. Isto podería ter influído no resultado desfavorable da estimulación gamma na tarefa de ME. Entón, sería interesante realizar a tarefa de ME de xeito independente en futuras investigacións para confirmar os resultados atopados. Ademais, poderíase explorar a posibilidade de estimular á mesma frecuencia durante a codificación e o recoñecemento, xa que se demostrou que a congruencia das oscilacións aplicadas en ambas fases mellora o recordo (Javadi et al., 2017). Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 35 Conclusións En conclusión, a estimulación transcranial con corrente alterna (tACS) en frecuencia gamma, aplicada especificamente sobre a cortiza prefrontal dorsolateral (CPFDL) esquerda, pode afectar negativamente os procesos de memoria episódica. Isto maniféstase nun peor rendemento durante a fase de recoñecemento e unha diminución na amplitude do índice neural de recuperación de información previamente almacenada. Estes efectos suxiren que a HD-tACS-gamma interfire cos procesos de codificación en persoas novas, o que dificulta a recuperación posterior da información e afecta, de xeito máis amplo, os procesos de monitorización e avaliación despois da recuperación. Por outra banda, os procesos de memoria de traballo non se viron afectados de xeito significativo nin ao aplicar estimulación gamma nin estimulación theta, amosando unha falta de capacidade da HD-tACS para modular os mesmos. Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 36 Referencias bibliográficas Adrover-Roid, D., Marrón, E. M., Sánchez-Cubillo, I. e García, R. M. (2023). Neurobiología de los sistemas de aprendizaje y memoria. En Redolar, R. D. (Ed). Neurociencia cognitiva (2nd ed.) (pp. 436-476). Editorial Médica Panamericana. Aktürk, T., de Graaf, T. A., Güntekin, B., Hanoğlu, L., e Sack, A. T. (2022). Enhancing memory capacity by experimentally slowing theta frequency oscillations using combined EEG-tACS. Scientific Reports, 12(1), 14199-z. 10.1038/s41598-022-18665-z Al Qasem, W., Abubaker, M., e Kvašňák, E. (2022). Working Memory and Transcranial- Alternating Current Stimulation-State of the Art: Findings, Missing, and Challenges. Frontiers in Psychology, 13, 822545. 10.3389/fpsyg.2022.822545 Alekseichuk, I., Pabel, S. C., Antal, A., e Paulus, W. (2017). Intrahemispheric theta rhythm desynchronization impairs working memory. Restorative Neurology and Neuroscience, 35(2), 147-158. 10.3233/RNN-160714 Alekseichuk, I., Turi, Z., Amador de Lara, G., Antal, A., e Paulus, W. (2016). Spatial Working Memory in Humans Depends on Theta and High Gamma Synchronization in Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 37 the Prefrontal Cortex. Current Biology: CB, 26(12), 1513-1521. 10.1016/j.cub.2016.04.035 Alekseichuk, I., Turi, Z., Veit, S., e Paulus, W. (2020). Model-driven neuromodulation of the right posterior region promotes encoding of long-term memories. Brain Stimulation, 13(2), 474-483. 10.1016/j.brs.2019.12.019 Antal, A., e Herrmann, C. S. (2016). Transcranial Alternating Current and Random Noise Stimulation: Possible Mechanisms. Neural Plasticity, 2016, 3616807. 10.1155/2016/3616807 Antal, A., Luber, B., Brem, A., Bikson, M., Brunoni, A. R., Cohen Kadosh, R., Dubljević, V., Fecteau, S., Ferreri, F., Flöel, A., Hallett, M., Hamilton, R. H., Herrmann, C. S., Lavidor, M., Loo, C., Lustenberger, C., Machado, S., Miniussi, C., Moliadze, V., . . . Paulus, W. (2022). Non-invasive brain stimulation and neuroenhancement. Clinical Neurophysiology Practice, 7, 146-165. 10.1016/j.cnp.2022.05.002 Atienza, M., e Cantero, J. L. (2015). Anatomía funcional de la memoria. En Maestú Unturbe, F., Pereda de Pablo, E., e Pozo Guerrero, F. d. (Eds.). Conectividad funcional y anatómica en el cerebro humano: anlisis de seales y aplicaciones en ciencias de la salud (pp. 161-169). Elsevier. Atkinson, R. C., e Shiffrin, R. M. (1968). Human memory: A proposed system and its control processes, en K. W. Spence e J. T. Spence (eds.), The psychology of learning and motivation: Advances in research and theory (Vol. 2, pp. 89-195). Nueva York: Academic Press. Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 38 Baddeley, A. D. (2000). The episodic buffer: a new component of working memory? Trends in Cognitive Sciences, 4(11), 417-423. Baddeley, A. D., Eysenck, M. W., Anderson, M. C., e Togato, G. (2020). Memoria Alan Baddeley, Michael W. Eysenck, Michael C. Anderson; traducción de Giulia Togato; revisión técnica de Ángel Fernández Ramos y Carlos J. Gómez-Ariza (2nd ed.). Alianza Editorial. Baddeley, A. D., e Hitch, G. J. (1974). Working memory. En G. A. Bower (ed.), The psychology of learning and motivation: Advances in research and theory. (Vol. 8, pp. 47-89). Nueva York: Academic Press. Ballesteros Jiménez, S. (2017). Psicología de la memoria humana / Soledad Ballesteros Jiménez. Universitas. Bender, M., Romei, V., e Sauseng, P. (2019). Slow Theta tACS of the Right Parietal Cortex Enhances Contralateral Visual Working Memory Capacity. Brain Topography, 32(3), 477-481. 10.1007/s10548-019-00702-2 Biel, A. L., Sterner, E., Röll, L., e Sauseng, P. (2022). Modulating verbal working memory with fronto-parietal transcranial electric stimulation at theta frequency: Does it work? The European Journal of Neuroscience, 55(2), 405-425. 10.1111/ejn.15563 Booth, S. J., Taylor, J. R., Brown, L. J. E., e Pobric, G. (2022). The effects of transcranial alternating current stimulation on memory performance in healthy adults: A systematic review. Cortex; a Journal Devoted to the Study of the Nervous System and Behavior, 147, 112-139. 10.1016/j.cortex.2021.12.001 Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 39 Bosch, G. L., Colomé, G. Á., Diego-Balaguer, R. e Rodríguez-Fornells, A. (2023). En Redolar Ripoll, D. (Ed.). Neurociencia cognitiva / Diego Redolar Ripoll (2nd ed.) (pp. 502-536). Editorial Médica Panamericana. Braun, V., Sokoliuk, R., e Hanslmayr, S. (2017). On the effectiveness of event-related beta tACS on episodic memory formation and motor cortex excitability. Brain Stimulation, 10(5), 910-918. 10.1016/j.brs.2017.04.129 Buzsáki, G., e Moser, E. I. (2013). Memory, navigation and theta rhythm in the hippocampalentorhinal system. Nature Neuroscience, 16(2), 130-138. 10.1038/nn.3304 Carretié Arangüena, L. (2001). Psicofisiología / Luis Carretié Arangüena. Pirámide. Carretié Arangüena, L. (2021). Memoria. En Carretié Arangüena, L. (Ed.) Anatomía de la mente: emoción, cognición y cerebro / Luis Carretié Arangüena (3rd ed.). (pp. 139- 167) Pirámide. Chai, W. J., Abd Hamid, A. I., e Abdullah, J. M. (2018). Working Memory From the Psychological and Neurosciences Perspectives: A Review. Frontiers in Psychology, 9, 401. 10.3389/fpsyg.2018.00401 de Lara, G. A., Alekseichuk, I., Turi, Z., Lehr, A., Antal, A., e Paulus, W. (2018). Perturbation of theta-gamma coupling at the temporal lobe hinders verbal declarative memory. Brain Stimulation, 11(3), 509-517. 10.1016/j.brs.2017.12.007 Elmasry, J., Loo, C., e Martin, D. (2015). A systematic review of transcranial electrical stimulation combined with cognitive training. Restorative Neurology and Neuroscience, 33(3), 263-278. 10.3233/RNN-140473 Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 40 Elyamany, O., Leicht, G., Herrmann, C. S., e Mulert, C. (2021). Transcranial alternating current stimulation (tACS): from basic mechanisms towards first applications in psychiatry. European Archives of Psychiatry and Clinical Neuroscience, 271(1), 135- 156. 10.1007/s00406-020-01209-9 Fehér, K. D., e Morishima, Y. (2016). Concurrent electroencephalography recording during transcranial alternating current stimulation (tACS). JoVE (Journal of Visualized Experiments), (107), e53527. Fertonani, A., e Miniussi, C. (2017). Transcranial Electrical Stimulation: What We Know and Do Not Know About Mechanisms. The Neuroscientist: A Review Journal Bringing Neurobiology, Neurology and Psychiatry, 23(2), 109-123. 10.1177/1073858416631966 Fertonani, A., Ferrari, C., e Miniussi, C. (2015). What do you feel if I apply transcranial electric stimulation? Safety, sensations and secondary induced effects. Clinical Neurophysiology: Official Journal of the International Federation of Clinical Neurophysiology, 126(11), 2181-2188. 10.1016/j.clinph.2015.03.015 Friedman, D. (2013). The cognitive aging of episodic memory: a view based on the eventrelated brain potential. Frontiers in Behavioral Neuroscience, 7, 111. 10.3389/fnbeh.2013.00111 Goldmann, R. E., Sullivan, A. L., Droller, D. B. J., Rugg, M. D., Curran, T., Holcomb, P. J., Schacter, D. L., Daffner, K. R., e Budson, A. E. (2003). Late frontal brain potentials distinguish true and false recognition. Neuroreport, 14(13), 1717-1720. 10.1097/00001756-200309150-00012 Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 41 Grant, M. J., e Booth, A. (2009). A typology of reviews: an analysis of 14 review types and associated methodologies. Health Information & Libraries Journal, 26(2), 91-108. Guarnieri, R., Brancucci, A., D'Anselmo, A., Manippa, V., Swinnen, S. P., Tecchio, F., e Mantini, D. (2020). A computationally efficient method for the attenuation of alternating current stimulation artifacts in electroencephalographic recordings. Journal of Neural Engineering, 17(4), 046038-2552/aba99d. 10.1088/1741- 2552/aba99d Guo, X., Li, Z., Zhang, L., e Liu, Q. (2021). Modulation of Visual Working Memory Performance via Different Theta Frequency Stimulations. Brain Sciences, 11(10), 1358. doi: 10.3390/brainsci11101358. 10.3390/brainsci11101358 Hanslmayr, S., Axmacher, N., e Inman, C. S. (2019). Modulating Human Memory via Entrainment of Brain Oscillations. Trends in Neurosciences, 42(7), 485-499. 10.1016/j.tins.2019.04.004 Hayama, H. R., Johnson, J. D., e Rugg, M. D. (2008). The relationship between the right frontal old/new ERP effect and post-retrieval monitoring: specific or non-specific? Neuropsychologia, 46(5), 1211-1223. 10.1016/j.neuropsychologia.2007.11.021 Hosseinian, T., Yavari, F., Kuo, M., Nitsche, M. A., e Jamil, A. (2021). Phase synchronized 6 Hz transcranial electric and magnetic stimulation boosts frontal theta activity and enhances working memory. NeuroImage, 245, 118772. 10.1016/j.neuroimage.2021.118772 Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 48 Stimulation. Frontiers in Systems Neuroscience, 16, 827353. 10.3389/fnsys.2022.827353 Vossen, A., Gross, J., e Thut, G. (2015). Alpha Power Increase After Transcranial Alternating Current Stimulation at Alpha Frequency (α-tACS) Reflects Plastic Changes Rather Than Entrainment. Brain Stimulation, 8(3), 499-508. 10.1016/j.brs.2014.12.004 Vosskuhl, J., Huster, R. J., e Herrmann, C. S. (2015). Increase in short-term memory capacity induced by down-regulating individual theta frequency via transcranial alternating current stimulation. Frontiers in Human Neuroscience, 9, 257. 10.3389/fnhum.2015.00257 Vosskuhl, J., Strüber, D., e Herrmann, C. S. (2018). Non-invasive Brain Stimulation: A Paradigm Shift in Understanding Brain Oscillations. Frontiers in Human Neuroscience, 12, 211. 10.3389/fnhum.2018.00211 Wischnewski, M., Alekseichuk, I., e Opitz, A. (2023). Neurocognitive, physiological, and biophysical effects of transcranial alternating current stimulation. Trends in Cognitive Sciences, 27(2), 189-205. 10.1016/j.tics.2022.11.013 Wolinski, N., Cooper, N. R., Sauseng, P., e Romei, V. (2018). The speed of parietal theta frequency drives visuospatial working memory capacity. PLoS Biology, 16(3), e2005348. 10.1371/journal.pbio.2005348 Woods, A. J., Antal, A., Bikson, M., Boggio, P. S., Brunoni, A. R., Celnik, P., Cohen, L. G., Fregni, F., Herrmann, C. S., Kappenman, E. S., Knotkova, H., Liebetanz, D., Miniussi, C., Miranda, P. C., Paulus, W., Priori, A., Reato, D., Stagg, C., Wenderoth, N., e Nitsche, M. A. (2016). A technical guide to tDCS, and related non-invasive Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 49 brain stimulation tools. Clinical Neurophysiology: Official Journal of the International Federation of Clinical Neurophysiology, 127(2), 1031-1048. 10.1016/j.clinph.2015.11.012 Wu, L., Liu, T., e Wang, J. (2021). Improving the Effect of Transcranial Alternating Current Stimulation (tACS): A Systematic Review. Frontiers in Human Neuroscience, 15, 652393. 10.3389/fnhum.2021.652393 Yonelinas, A. P. (2001). Components of episodic memory: the contribution of recollection and familiarity. Philosophical Transactions of the Royal Society of London.Series B, Biological Sciences, 356(1413), 1363-1374. 10.1098/rstb.2001.0939 Zeng, L., Guo, M., Wu, R., Luo, Y., e Wei, P. (2022). The Effects of Electroencephalogram Feature-Based Transcranial Alternating Current Stimulation on Working Memory and Electrophysiology. Frontiers in Aging Neuroscience, 14, 828377. 10.3389/fnagi.2022.828377 Zhang, D., Moraidis, A., e Klingberg, T. (2022). Individually tuned theta HD-tACS improves spatial performance. Brain Stimulation, 15(6), 1439-1447. 10.1016/j.brs.2022.10.009 Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 50 Índice de figuras Figura 1 ................................................................................................................................... 20 Figura 2 ................................................................................................................................... 20 Figura 3 ................................................................................................................................... 22 Figura 4 ................................................................................................................................... 27 Figura 5 ................................................................................................................................... 29 Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo Áurea Antía Sóñora Rivas 51 Índice de táboas Táboa 1 .................................................................................................................................... 18 Táboa 2 .................................................................................................................................... 28