Referentes femininos en Galipedia, un recurso para introducir a perspectiva de xénero
Abstract
Nesta comunicación amósase como podemos empregar Wikipedia, en particular Galipedia a versión en galego da enciclopedia libre, para introducir a perspectiva de xénero na docencia. Por un lado, Wikipedia é unha fonte de información que nos permite amosar as contribucións das mulleres á ciencia e tecnoloxía e proporcionar modelos de referencia femininos ao noso alumnado. Por outro lado, elaborar entradas enciclopédicas en Galipedia sobre mulleres destacadas na disciplina pode ser un recurso docente, axudando ao alumnado a mellorar as competencias lingüísticas e informacionais, e tamén a construír unha enciclopedia libre de nesgos.
Full text
Referentes femininos en Galipedia, un recurso para introducir a perspectiva de xénero Encina Calvo Iglesias
Referentes femininos en Galipedia, un recurso para introducir a perspectiva de xénero https://igualtat.upc.edu/ca/recursos/dones-referents
Referentes femininos en Galipedia, un recurso para introducir a perspectiva de xénero Estas biografías poderían empregarse para visibilizar as mulleres nas disciplinas CTEM “os titulados superiores en carreiras tecnolóxicas, é dicir, o subconxunto da poboación que se supón está máis formado nestas disciplinas, descoñecen mesmo ás mulleres máis brillantes da historia da tecnoloxía” (Hernández, 2019)
•Elaborar a biografía en formato Wikipedia dunha científica o unha enxeñeira. Referentes femininos en Galipedia, un recurso para introducir a perspectiva de xénero
Referentes femininos en Galipedia, un recurso para introducir a perspectiva de xénero Actividade voluntaria a través da aula virtual Obxectivos: Facer visibles as contribucións das mulleres á Ciencia e Enxeñería. Mellorar as competencias do alumnado. Conectar con outras materias. Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Física Santiago 2021 Frances Northcutt Elizabeth Rasekoala