scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Unha lingua de signos galega?

González Abelaira, Cristina

Abstract

A publicación no ano 2007 da Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva ou xordo-cegas, supuxo o recoñecemento oficial da lingua de signos española (LSE) e da lingua de signos catalá (LSC), así como o dereito a aprendelas e usalas ó lado doutros medios de comunicación orais. Logo dunha reivindicación histórica por parte do colectivo xordo, a lexislación admite a existencia de dúas linguas de signos en España. Ademais, a LSC é oficial en Cataluña dende o ano 2006, a partir da publicación do Estatuto de Autonomía Catalán. Tamén no ano 2010 se publica a Lei 17/2010, de 3 de xuño, da lingua de signos catalá. Porén, nin no ámbito autonómico, nin no estatal se recoñeceu oficialmente unha lingua de signos galega (LSG). Todo apunta a que a diferenciación soamente de dúas linguas de signos no estado español non atende a criterios lingüísticos internos, senón máis ben políticos e sociais. Unha análise histórica e émica do proceso de planificación lingüística en Galicia a través dunha metodoloxía etnográfica permite observar como se organizou a diversidade lingüística na comunidade e lévanos a concluír que tras a oralización en castelán do colectivo xordo, buscouse unha uniformización lingüística que conduciu á falta de recoñecemento das diferentes variedades lingüísticas, entre elas a galega

Full text

Cristina González Abelaira Universidade de Santiago de Compostela [email protected] Recibido o 14/01/2016. Aceptado o 05/04/2016 Resumo A publicación no ano 2007 da Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva ou xordo-cegas, supuxo o recoñecemento oficial da lingua de signos española (LSE) e da lingua de signos catalá (LSC), así como o dereito a aprendelas e usalas ó lado doutros medios de comunicación orais. Logo dunha reivindicación histórica por parte do colectivo xordo, a lexislación admite a existencia de dúas linguas de signos en España. Ademais, a LSC é oficial en Cataluña dende o ano 2006, a partir da publicación do Estatuto de Autonomía Catalán. Tamén no ano 2010 se publica a Lei 17/2010, de 3 de xuño, da lingua de signos catalá. Porén, nin no ámbito autonómico, nin no estatal se recoñeceu oficialmente unha lingua de signos galega (LSG). Todo apunta a que a diferenciación soamente de dúas linguas de signos no estado español non atende a criterios lingüísticos internos, senón máis ben políticos e sociais. Unha análise histórica e émica do proceso de planificación lingüística en Galicia a través dunha metodoloxía etnográfica permite observar como se organizou a diversidade lingüística na comunidade e lévanos a concluír que tras a oralización en castelán do colectivo xordo, buscouse unha uniformización lingüística que conduciu á falta de recoñecemento das diferentes variedades lingüísticas, entre elas a galega. Palabras chave Variedade lingüística, planificación lingüística, lingua de signos, lingua oral, comunidade xorda, colexios de xordos Sumario 1. Introdución. 2. O recoñecemento oficial das linguas de signos españolas. Antecedentes. 3. A Lei 27/2007, de 23 de outubro. 4. Os colexios de xordos galegos 5. Unha variedade lingüística propia en Galicia 6. Consideracións finais. Abstract The passage in 2007 of Law 27/2007 of October 23, which recognizes Spanish sign language and regulates the means of communication support for deaf, hearing-impaired or deaf and blind people, marked the beginning of official recognition for Spanish sign language (LSE) and Catalan sign language (LSC), and the right to learn and use them alongside other oral media. Following a historical process of campaigning by the deaf community, the new legislation acknowledges two sign languages in Spain. LSC has also received official recognition within Catalonia in the Catalan Statute of Autonomy since 2006. In 2010, Law 17/2010 of June 3 was passed; this is also concerned with Catalan sign language. However, a Galician sign language (LSG) has received no recognition at either regional or state level. Spain’s recognition of only two distinct sign languages seems to be based not on internal linguistic arguments but rather political and social ones. A historical and emic analysis of the language planning process in Galicia through ethnographic methods reveals how linguistic diversity was managed in the community, showing that following Spanish oralization of the deaf community, linguistic uniformity was sought, resulting in a lack of recognition for different variants, including a Galician one. Keywords Linguistic variety, language planning, sign language, oral language, deaf community, deaf schools Contents 1. Introduction. 2. Official recognition for Spanish sign languages. Background. 3. Law 27/2007 of October 23 4. Schools for the deaf in Galicia. 5. A specific language variety in Galicia. 6. Final considerations. A Galician sign language? © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106, ISSN 1889-2566 Estud. lingüíst. galega 8 (2016): 89-106 DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.8.3065 O presente artigo forma parte dun traballo de investigación máis amplo que leva por título “La planificación lingüística de la lengua de signos en el ámbito educativo de la comunidad autónoma de Galicia: perspectivas histórica y émica”. Trátase dun proxecto de tese froito dun contrato predoutoral da Xunta de Galicia dentro do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011/2015 (Plan 12C). C. González Abelaira 90 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 1. IntroducIón A diversidade lingüística é natural e inherente a calquera comunidade, incluída a comunidade xorda. Porén, a organización da dita diversidade varía dunhas comunidades a outras, principalmente, en función da política lingüística desenvolvida a través da planificación da lingua. Para analizar o proceso de planificación lingüística da lingua de signos no ámbito educativo galego adoptáronse nesta investigación as perspectivas histórica e émica1, é dicir, a investigación levouse a cabo partindo dun estudo diacrónico, pois pretendíanse recoller os cambios que tiveron lugar ó longo da historia con respecto á intervención sobre a lingua de signos; pero tamén hai un enfoque émico, pois o punto de vista do signante e dos actores sociais principais implicados na súa educación inflúen no proceso planificador. Polo tanto, ademais da consulta de diferentes documentos e arquivos históricos, neste traballo empregouse un método etnográfico: a investigadora inseriuse dentro da comunidade xorda, durante un período de tempo determinado, recibindo formación sobre a lingua e cultura xorda, tomando datos, recollendo a información que se expón a continuación e facendo entrevistas en profundidade. O procedemento de análise citado permitiu observar como, durante séculos, a política lingüística do estado español e, máis concretamente, a planificación lingüística levada a cabo no eido educativo, se caracterizou por apostar polo monolingüismo na lingua oral castelá. A comunidade xorda española, e tamén a galega, foi oralizada en castelán dende a súa entrada nos centros educativos. As linguas de signos foron ignoradas e quedaron relegadas ó seu uso nun contexto informal, fóra das aulas, e foi neste eido onde se desenvolveron e foron xurdindo distintas variedades lingüísticas. A comunidade xorda non viu recoñecida a súa lingua ata o século XXI, coa publicación da Lei 27/2007, de 23 de outubro, pero incluso nese momento, a diversidade lingüística propia da comunidade foi ignorada e a organización da mesma fíxose atendendo a criterios políticos e sociais. Recoñecéronse soamente dúas linguas, a LSE e a LSC, pero seguindo a Moreno Cabrera, todas as variedades lingüísticas eran susceptibles de ser recoñecidas como linguas, incluída a galega, e impedilo “vale lo mismo, en las comunidades de dominio y sometimiento, que negar a las comunidades que las hablan su derecho a ver reconocida su variedad como instrumento de comunicación y de cultura” (Moreno Cabrera 2000: 60). A raíz da publicación da lei citada, o colectivo xordo erixiuse como principal actor da planificación da súa lingua e creouse o Centro de Normalización da Lingua de Signos Española (CNLSE), aínda que xa anteriormente a comunidade xorda viña reclamando un papel protagonista no proceso a través da Confederación Estatal de Xordos (CNSE), e precisamente a CNSE dende Madrid foi a entidade que liderou a proposta de planificación en toda España, a excepción de Cataluña. A falta de recoñecemento oficial da variedade galega e o proceso planificador levado a cabo conduciron, en Galicia, a unha uniformización da diversidade lingüística característica da comunidade xorda. 2. o recoñecemento ofIcIal das lInguas de sIgnos españolas. antecedentes O recoñecemento oficial a nivel lexislativo das linguas de signos españolas (LSE e LSC) veu propiciado polo proceso de reivindicación política que iniciou a comunidade xorda froito dunha serie de factores coincidentes que se produciron na década dos 90. Por unha banda, teñen lugar cambios a nivel lexislativo que propician un cambio tamén no modelo educativo. Dun modelo que segrega ó alumnado en centros específicos pásase a outro que busca a plena inclusión educativa, social e laboral. 1 Os termos “émico” e “ético” foron introducidos por primeira vez polo lingüista Kenneth Pike (1971), e posteriormente o seu uso estendeuse ás ciencias sociais, distinguindo “émico” como o punto de vista do nativo e “ético” como o punto de vista do estranxeiro (Nattiez 1990). Unha lingua de signos galega? 91 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 A publicación da Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) causará unha revolución na educación especial ó apostar pola integración2 en centros ordinarios como resposta educativa ás “necesidades educativas especiais (NEE)”, termo que introduce esta lei e que supón tamén un cambio na concepción das persoas afectadas por problemas que requiren unha atención específica. En moitas comunidades, como Cataluña, as consecuencias da aplicación deste novo modelo educativo inclusivo foron radicais coa desaparición de moitos colexios de xordos (Gras 2006: 220). En Galicia, porén, este cambio foi máis paulatino. Os colexios de xordos non se pecharon, na súa maioría seguen funcionando na actualidade. O proceso foi máis lento, fóronse transformando e alterando as súas programacións ata chegar á situación actual. En todos os casos foron perdendo alumnado progresivamente e víronse obrigados a reconverterse en centros de educación especial. Ademais do cambio cara á inclusión ten lugar, de modo paralelo, un cambio na concepción da diversidade funcional, en xeral, e da xordeira, en particular, que se reflicte no uso dunha nova terminoloxía. Da visión das persoas xordas como “anormais”, “deficientes”, “inadaptados”, “diminuídos” ou “minusválidos”, pásase a unha denominación menos pexorativa e discriminatoria, pero aínda derivada dunha percepción patolóxica da diversidade. Fálase de “persoas con discapacidade”, termo empregado comunmente na lexislación educativa actual xunto con “alumnado con necesidades educativas especiais” (Lei Orgánica 8/2013). Hoxe en día o colectivo prefire no canto de “discapacidade”, a denominación “diversidade funcional”3, ó entender que os termos anteriores veñen derivados dunha concepción médica, segundo a cal se trata de persoas bioloxicamente imperfectas que hai que rehabilitar para restaurar uns teóricos patróns de normalidade. Porén tales patróns non existiron nunca e é pouco probable que existan nun futuro debido ós avances médicos. Fronte a esta perspectiva eríxese un novo modelo social, que entende que a sociedade é diversa e intrinsecamente imperfecta e a normalidade constitúea, precisamente, a diversidade nas persoas (Romañach / Lobato 2005). Por outro lado, algúns autores falan de “barreiras na aprendizaxe e participación” en vez de etiquetar ó alumnado como “alumnado con necesidades educativas especiais”, posto que se defende que a segunda consideración pode derivar en que se xeren expectativas máis baixas por parte dos docentes. Ademais pode ser tamén unha barreira para o desenvolvemento de prácticas inclusivas nas aulas, cando as dificultades educativas se están atribuíndo á xordeira do alumnado en si, e non á concepción do propio modelo educativo (Domínguez Gutiérrez / Alonso Baixera 2004: 22). Ademais de todos estes cambios, prodúcense avances claves na investigación lingüística. En 1953 Bernard Tervoort, da Universidade de Amsterdam, presenta a primeira descrición lingüística dun sistema signado utilizado por un grupo de nenos xordos holandeses (Jarque 2012: 34), pero considérase que a investigación lingüística moderna das linguas de signos non comeza ata 1960 coa publicación de Sign Language structure. The first linguistic analysis of American Sign Language de William Stokoe. Este profesor inglés de persoas xordas, lingüista norteamericano da Universidade de Gallaudet, realiza unha descrición gramatical da lingua de signos americana e menciona dous aspectos da lingua de signos que se consideraban claves para entender o que era unha lingua: a súa sistematicidade e o seu carácter simbólico (Morales López 2000: 128). Na década dos 70 e 80 a investigación sobre a lingua de signos encóntrase nunha etapa inicial. A análise lingüística que se realiza ten como obxectivo a comprobación dos modelos teóricos dominantes, principalmente da teoría chomskiana. A lingua de signos estudada é case exclusivamente a lingua de signos americana (Morales López 2000: 129). Desta etapa son os estudos de Klima e Bellugi (1979) orientados a establecer o status da lingua de signos como verdadeira lingua. En 1978 celébrase o Primeiro Simposio Internacional sobre Investigación en Lingua de Signos en Escandinavia, dous anos máis tarde, en 1980, ten lugar o Congreso Interna- 2 É necesario realizar aquí unha precisión terminolóxica. O termo “integración” foi utilizado ata a década dos 90 para facer referencia ó modo no que a escola debe dar resposta á diversidade. Posteriormente, coa Lei 2/2006 do 3 de maio de Educación, comézase a usar “inclusión”, entendendo a diversidade como fonte de riqueza e como parte da escola, que debe saber adaptarse a ela. 3 É a denominación empregada neste artigo. C. González Abelaira 92 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 cional de Hamburgo, que celebraba o centenario do Congreso de Milán e que recoñece que a condena cara á lingua de signos carecía de rigor científico e que o oralismo4 puro fracasara como metodoloxía na educación das persoas xordas (Rodríguez Ortiz 2005: 45). En España, nos anos 70, celébrase o Primeiro Congreso Nacional de Educadores de Xordos, onde a raíz dos pobres resultados académicos das persoas xordas, álzanse voces cuestionando os métodos utilizados ata o momento na súa educación. Nos anos 80, Álvaro Marchesi comezou a investigar o desenvolvemento lingüístico e cognitivo dos nenos e nenas xordos e pensou seriamente na alternativa da lingua de signos, espertando o interese sobre o tema no noso país (Marchesi 1987). Xa na década dos 90 iníciase un cambio na perspectiva teórica e metodolóxica na lingüística da lingua de signos. Agora a investigación céntrase en determinar as características definitorias das linguas de signos e comeza o estudo de linguas de signos de diferentes ámbitos xeográficos, entre elas, a LSE (Morales López 2000: 130). Así, en 1992 publícase Lenguaje de signos de María Ángeles Rodríguez, a primeira descrición da LSE. Por outra banda, a nivel europeo, publícanse unha serie de documentos encamiñados á defensa da diversidade de linguas e o recoñecemento dos dereitos lingüísticos. En 1988 o Parlamento Europeo publicara unha Resolución na que se aceptaban as linguas de signos de cada país como linguas naturais das persoas xordas. Ese mesmo ano en Viena debátense os dereitos humanos das persoas con diversidade funcional e, como conclusión, apróbase unha resolución ó respecto que afirma que se deben considerar as linguas de signos na educación das persoas xordas, así como proporcionar servizo de interpretación. Esta resolución foi aprobada pola ONU o 10 de decembro de 1993 (Resolución 48/96) dando lugar á publicación das Normas Uniformes sobre a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade. Posteriormente, en 1998 o Parlamento Europeo puxo en marcha un proxecto en toda Europa para fomentar o cumprimento da Resolución de 1988. En 1992 o Consello de Europa publica A carta europea das linguas rexionais ou minoritarias co obxectivo de protexer e salvagardar as linguas non oficiais das minorías e manter a diversidade lingüística que caracteriza a Europa. En 1994, no artigo 21 da coñecida Declaración de Salamanca, afírmase que as políticas educativas deben garantir que todos os nenos xordos teñan acceso á ensinanza en LSE (UNESCO 1994). Ademais en 1996 a UNESCO fai pública a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos. Tamén o Senado en 1999 aproba unha moción para a progresiva inclusión da lingua de signos no sistema educativo español, que despois se concretaría no Libro Branco da Lingua de signos no sistema educativo español (Confederación Estatal de Persoas Xordas 2003a). Esta conxunción de factores propiciou que o colectivo xordo comezara a tomar conciencia de que o seu sistema tradicional de comunicación xestual, en realidade, era unha lingua. Empezaba así, de acordo con Esperanza Morales “una nueva función de este sistema signado (...) convertido en instrumento de poder simbólico e identidad de una nueva minoría lingüística” (2008: 29). A comunidade xorda, agrupada a través do movemento asociativo, empeza a reclamar os seus dereitos no ámbito educativo e o recoñecemento oficial da súa lingua, a lingua de signos. De feito, na década dos 90, fálase do inicio dunha nova etapa máis reivindicativa no ámbito político por parte das asociación de xordos, logo dunha etapa anterior que se denominou pre-política ou “socio-asistencial” (Ferreiro Lago / Fernández Aroca 2008: 693). As persoas xordas, dende unha nova perspectiva sociolóxica, asumen que comparten unhas características que lles permiten ser tratadas como colectivo ou comunidade: a comunidade xorda. Teñen unha lingua e cultura propias, pero ademais reclaman unha consideración da xordeira máis alá da discapacidade. Rexeitan a perspectiva médica que as considera persoas enfermas que deben recibir un tratamento ou rehabilitación. Tamén se opoñen ó uso de termos que non son, de ningún modo, neutros, senón que poñen a énfase nas súas carencias auditivas. Claro exemplo disto foi o acontecido nunha conferencia en 1993 cun grupo de adultos xordos da asociación Altatorre de Madrid, na que se intentaban aclarar os conceptos cos que se facía 4 O termo oralismo fai referencia ó uso dunha metodoloxía oral na educación das persoas xordas, é dicir, ó emprego da lingua oral fronte a lingua de signos. Unha lingua de signos galega? 93 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 alusión á xordeira; neste contexto unha muller xorda ergueuse e fixo a seguinte observación: “¿por qué tanto término, por qué tanta confusión, no creéis que el tema es mucho más sencillo; por qué non nos llamáis simplemente sordas?” (Domínguez Gutiérrez / Alonso Baixera 2004: 22). A comunidade xorda recoñécese como minoría lingüística e cultural e agrupada a través das súas diferentes asociacións comeza a esixir a aceptación da súa lingua como oficial e a inclusión da mesma no ámbito educativo, todo isto contando cun aval a nivel europeo. Prodúcese un cambio fundamental, pois a poboación xorda eríxese neste momento como protagonista do proceso planificador da súa lingua e como consecuencia da súa loita política publícase a Lei 27/2007 que se analiza a continuación. 3. a leI 27/2007, de 23 de outubro No ano 2007 publicase a Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas. Hai que precisar que na redacción da Lei 27/2007 así como no proceso de discusión que se levou a cabo para a súa aprobación final, participaron algúns membros da Rede Interuniversitaria para a Investigación e a Docencia das Linguas de Señas (RIID-LLSS). Posteriormente, os días 29 e 30 de novembro de 2007, celebrábanse na Universidade Complutense de Madrid as segundas xornadas desta entidade na que participaban varios representantes da política lingüística de rexións españolas bilingües (Cataluña, Galicia e País Vasco), así como a Universidade de Vigo. A doutora Inmaculada Báez Montero moderaba a conferencia titulada “Normalización de las lenguas orales: una experiencia histórica” (Universidade Complutense de Madrid 2007). Neste evento déronse a coñecer algunhas das resolucións que se plasman na Lei 27/2007 e que se analizan a continuación. A lei outorgou oficialidade a dúas linguas de signos: a LSE e a LSC. Isto supuxo aceptar a LSE como a lingua oficial de Galicia e do resto de España, agás Cataluña, o cal conduciu a que o proceso de planificación derivara na asimilación lingüística das variedades minoritarias, como a galega, á variedade española, a cal acadou un novo status e maior prestixio. O proceso planificador da lingua de signos en Galicia virá determinado, polo tanto, dende Madrid, baixo a coordinación da CNSE, que xa no ano 2003 propoñía abrir un proceso formal de planificación lingüística encamiñado á obtención dun status legal e social para a lingua de signos (Confederación Estatal de Persoas Xordas 2003b: 13). O recoñecemento das linguas de signos en España aparece vinculado na lei ó ámbito educativo e á historia da educación das persoas xordas. Dende o seu mesmo título a Lei 27/2007 recolle as dúas opcións existentes na educación lingüística das persoas con xordeira: a comunicación oral e o uso da lingua de signos. Ademais, seguindo un principio de liberdade de elección na forma de comunicación e tomando en consideración a diversidade do colectivo, establécese que o uso dunha ou doutra modalidade comunicativa debe responder a unha elección libre e individual por parte da persoa xorda ou dos seus pais ou titores se son menores (Lei 27/2007 preámbulo, punto I). A lei acepta o tradicional desacordo en canto ós métodos de ensinanza das persoas xordas e a razón pola cal se recoñecen as dúas vías comunicativas garda relación co argumentado polo profesor Storch de Gracia nas xornadas da RIID-LLSS citadas, ó defender que o dereito ó uso dunha lingua, de acordo co seu significado xurídico, é inherente ó individuo e non ó grupo, en consecuencia na lei considéranse as necesidades de cada individuo e non do colectivo (Universidade Complutense de Madrid 2007). Non se supera, polo tanto, a dicotomía existente na educación lingüística do alumnado con xordeira, lingua oral/lingua de signos, senón que se sitúan nun mesmo plano as dúas opcións. O movemento pendular que dominou a educación das persoas xordas dende as súas orixes deu lugar a unha polarización nas posturas que derivou nunha situación de conflito. A lóxica binaria, pola cal a súa ensinanza lingüística debía seguir un método oralista ou debía fomentarse a lingua de signos, tal e como recolle a Lei 27/2007, non contribúe á superación da confrontación existente entre os defensores dunha ou outra lingua. Na lei garántese a liberdade de elección e aválanse os dereitos lingüísticos das persoas signantes e non signantes, pero a presentación C. González Abelaira 94 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 dicotómica supón unha simplificación do problema e perpetúa a división entre os responsables da súa educación. Sería preciso, polo tanto, adoptar na lexislación unha perspectiva máis complexa que permita integrar varias linguas na educación lingüística das persoas xordas e que busque desenvolver no alumnado competencias plurilingües e non bilingües. Por outra banda, o preámbulo da lei contén no seu punto II unha xustificación histórica e mostra unha revisión diacrónica da educación das persoas xordas. Neste apartado menciónanse personaxes históricos de gran relevancia en España como Pedro Ponce de León, Ramírez de Carrión, Hervás e Panduro ou Vilabrille (Lei 27/2007 preámbulo, punto II), os cales foron considerados, entre outros, pioneiros na educación xorda e a eles atribúeselles, posteriormente, o uso dunha metodoloxía oralista que se opoñería á manual5, cuxo principal representante foi o Abade francés L´Epée. A lei outorga unha orixe histórica á LSE e a propósito do dicionario do que fora profesor do Colexio Nacional de xordos de Madrid, Vilabrille, afírmase: “Sen dúbida, trátase do paso máis importante cara á estandarización da lingua de signos española dado ata o momento, e unha demostración do carácter non só natural, senón histórico, da lingua de signos española” (Lei 27/2007 preámbulo, punto II). Considérase ademais que as linguas de signos española e catalá se desenvolven ó abeiro do acontecido no ámbito educativo, especialmente no século XIX, ó establecérense en España os primeiros colexios de xordos e posibilitarse así a institucionalización da educación das persoas xordas e xordo-cegas, coa consecuente interacción lingüística e social entre elas (Lei 27/2007 preámbulo, punto II). A diferenciación de dúas linguas de signos vincúlase á existencia dos colexios de xordos de España e, aínda que non se mencionan explicitamente, dous son os centros principais por pioneiros, o Real Colexio de Xordo-mudos de Madrid e a Escola Municipal de Xordo-mudos e cegos externos de Barcelona. Estes centros determinarían o xurdimento de dúas variedades lingüísticas distintas, unha española e outra catalá. As linguas, ás que a lei outorga un rango oficial e define como “protolinguas de signos”, desenvolveríanse de maneira natural a través do contacto lingüístico de persoas xordas nun mesmo colexio (Lei 27/2007 preámbulo, punto II). Logo do preámbulo e a xustificación histórica que contén a Lei 27/2007, aparece un Título Preliminar, onde se recoñece e se regula a LSE; así mesmo recoñécese e regúlase a LSC, pero ademais dise: “Todas as alusións que esta Lei fai á lingua de signos española entenderanse feitas ás demais linguas de signos españolas, para o seu ámbito territorial propio, sen prexuízo do que estableza a normativa propia das respectivas comunidades autónomas no exercicio das súas competencias” (Lei 27/2007 Título Preliminar, artigo 1). A lei acepta a existencia de dúas linguas de signos en España, porén nas liñas citadas alúdese a outras linguas de signos en España que puideran ser recoñecidas dentro do seu ámbito territorial. Chama a atención o emprego do plural para o sintagma “ás demais linguas de signos españolas”. Se a lei menciona explicitamente a LSE e nese momento se refire soamente á LSC, por que se emprega o plural e se fala de “ás demais linguas de signos españolas”? Parece que a lei deixa a porta aberta ó recoñecemento doutras linguas de signos nas súas comunidades autónomas. Por outra banda, anótase que as outras linguas de signos españolas diferentes á LSE, só teñen recoñecemento oficial no seu territorio. A LSC só é oficial en Cataluña e non no resto do estado, co cal apóstase polo binomio lingua-nación. O obxectivo da lei non é protexer a diversidade lingüística natural da comunidade xorda en España, senón facer efectivo un dereito social de acceso á información, co cal a lexislación céntrase en desenvolver os principios establecidos na Lei 51/2003, de 3 de decembro, de Igualdade de Oportunidades, non Discriminación e Accesibilidade Universal das Persoas con Discapacidade. A súa vez preténdese dar resposta a unha constante reclamación por parte da comunidade xorda de recoñecemento da súa lingua propia e dos seus dereitos lingüísticos, así como se busca cumprir co imperativo legal por parte de Europa de recoñecer como oficiais as linguas minoritarias. Tras o Título Preliminar, que contén seis artigos onde se precisa o obxecto da lei e se definen os termos sobre os que se lexisla e os ámbitos de actuación, atópase o Título Primeiro e Capítulo 5 A metodoloxía manual, fronte ó oralismo ou metodoloxía oral, é aquela que fai uso da lingua de signos. Unha lingua de signos galega? 95 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 I: “Aprendizaxe, coñecemento e uso das linguas de signos españolas”. Ó final do primeiro capítulo, proponse a creación do Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española (CNLSE) que terá unha importancia fundamental no devir do proceso planificador da lingua de signos, pois actualmente é este órgano o que coordina e dirixe a normalización e normativización da lingua de signos. A continuación vén o Título Segundo, Capítulo II, que leva por título: “Aprendizaxe, coñecemento e uso dos medios de apoio a comunicación oral”. Recoñécense así dúas opcións comunicativas xa citadas: lingua de signos e lingua oral. No caso de optar polo uso da lingua de signos, garántese que: “As Administracións educativas ofertarán nos centros que se determinen, entre outros, modelos educativos bilingües” (Lei 27/2007 capítulo 1, artigo 7.1) e afírmase tamén: “Os plans de estudo poderán incluír, así mesmo nos centros anteriormente citados, o aprendizaxe das linguas de signos españolas como materia optativa para o conxunto do alumnado” (Lei 27/2007 capítulo 1, artigo 7.3). Este último punto corrobórao a lei educativa actual, a Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, de mellora da calidade educativa (LOMCE), que se desenvolve no Real Decreto 126/2014 que establece o currículo básico da Educación Primaria e no Real Decreto 1105/2014 que establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. No primeiro deles indícase: “Entre as áreas a determinar, as Administracións educativas e no seu caso os centros poderán ofrecer, entre outras, materias relacionadas coa aprendizaxe do sistema braille, a tiflotecnoloxía, a autonomía persoal e as linguas de signos” (Real Decreto 126/2014 artigo 8.4). Ademais, no Real Decreto 1105/2014 afírmase: “Entre as materias a determinar, as Administracións educativas e no seu caso os centros poderán ofrecer, entre outras, materias relacionadas coa aprendizaxe do sistema braille, a tiflotecnoloxía, a autonomía persoal, os sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, incluídos os produtos de apoio á comunicación oral e as linguas de signos” (Real Decreto 1105/2014 artigos 13, 14, 27 e 28). A LOMCE contempla, polo tanto, ó igual que a Lei 27/2007 a inclusión da materia lingua de signos. Nótese que no Real Decreto 1105/2014, publicado o 3 de xaneiro de 2015, engádese á información xa presente no anterior, o 126/2014, o seguinte: “os sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, incluídos os produtos de apoio á comunicación oral e as linguas de signos” (Real Decreto 1105/2014 artigos 13, 14, 27 e 28), o cal pode interpretarse como un intento de manter a coherencia co establecido pola Lei 27/2007. Non se quere dar preferencia a ningunha das dúas opcións existentes na educación lingüística das persoas con xordeira, a comunicación oral ou o uso da lingua de signos. Na comunidade galega, con competencias propias en materia educativa, publicábanse tamén recentemente os correspondentes decretos desenvolvendo a LOMCE: o Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Porén, en ningún deles se menciona a posibilidade de incluír unha materia relacionada coa lingua de signos, a diferenza dos Reais Decretos estatais. A día de hoxe en Galicia, e salvo soadas excepcións6, ningún centro educativo oferta a materia LSE. Polo tanto o dereito lingüístico que avala a Lei 27/2007 non ten aplicación efectiva. O alumnado xordo segue sen recibir actualmente na comunidade galega formación regrada sobre a súa lingua propia. Tampouco tiveron en Galicia aplicación efectiva os puntos 4 e 5 do artigo 7 da Lei 27/2007, posto que os profesionais que a CNSE propoñía para a ensinanza da lingua de signos, asesor xordo ou especialista en lingua de signos, non se incorporaron ás aulas galegas7 e a adminis- 6 En Galicia tan só dous centros da provincia de Pontevedra ofrecen ó seu alumnado, entre o cal se atopan persoas xordas, a materia lingua de signos (Graña Menduiña 2015: 67-76). A raíz destas iniciativas outros centros galegos buscan na actualidade aplicar o mesmo modelo nas súas aulas (Camiña García / Muíños Martínez / Serén Bouzas 2015: 77-88), porén trátase en todos os casos de accións illadas e iniciativas innovadoras xestionadas por profesionais implicados na materia. 7 Tan só tres, dos oito especialistas de lingua de signos que traballan na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) entran en algúns centros educativos galegos das provincias de Pontevedra, Lugo e da Coruña, pero fano de maneira esporádica para realizar actividades lúdicas como contacontos, impartir talleres de lingua de signos ou traballar co alumnado, puntualmente, a lingua de signos. C. González Abelaira 96 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 tración educativa non determinou aínda cales son as titulacións necesarias para dispoñer de profesionais debidamente cualificados para a ensinanza destas linguas. Así mesmo, os Plans e Programas para a formación do profesorado que atende ó alumnado xordo non se articulan dende a Administración Pública, e nos centros educativos onde se organizaron, parten de iniciativas individuais do propio profesorado ou do centro e, en moitos casos, realízanse no tempo libre dos profesionais. A Lei 27/2007 promove a presenza de intérpretes de lingua de signos8 nos diferentes ámbitos públicos e privados: formación e emprego, saúde, cultura, ocio e deporte, sanidade, transportes, participación política, relación coa administración ou medios de comunicación social (Lei 27/2007 capítulo II). Non se fomenta a formación en lingua de signos dalgúns dos profesionais que traballan nas distintas áreas públicas ou a presenza de persoal xordo, especialista en lingua de signos, nestes ámbitos, senón que se opta por impulsar a figura do intérprete de lingua de signos para garantir o acceso á información e a eliminación de barreiras de comunicación. Compénsase así o déficit do alumnado xordo e convértese o dereito lingüístico ó uso da lingua de signos nun dereito social de acceso á información. Este modelo obedece ó desenvolvemento por parte da administración dunha política compensatoria do déficit auditivo. En contraposición, en canto ó uso de medios de apoio á comunicación oral, a outra opción que a lei avala (Lei 27/2007 capítulo II), hai que dicir que as administracións educativas galegas impulsaron a dotación de recursos humanos e económicos que facilitaran o acceso das persoas xordas á lingua oral. Entre os recursos humanos encóntranse, tal e como a lei indica, os “Logopedas e Mestres/as Especialistas en Audición e Linguaxe: Profesionais especializados en sistemas alternativos e/ou sistemas aumentativos de apoio á comunicación oral, que estimulan e facilitan o desenvolvemento da mesma” (Lei 27/2007 Título Preliminar, artigo 4.l). A publicación da Lei 27/2007 marcou un fito para a comunidade xorda en España, ó dar resposta a súa loita polo recoñecemento dos seus dereitos lingüísticos e foi moi celebrada polo colectivo xordo, porén a difusión e a repercusión da mesma non foron as esperadas, cando menos en Galicia. A lei daba lexitimidade ó uso dunha lingua que recoñecía como propia das persoas xordas, a lingua de signos, pero as medidas propostas para a súa aplicación no ámbito educativo non foron, en moitos casos, efectivas na comunidade galega e a día de hoxe o colectivo xordo segue reclamando, nos centros educativos onde hai alumnado que así o solicita, a inclusión desta lingua ó mesmo nivel que as outras linguas orais que forman parte do sistema educativo galego. Ademais, séguese demandando unha maior presenza de intérpretes de linguas de signos en todos os ámbitos públicos. Por outra banda, a aceptación de dúas linguas de signos non estivo exenta de polémica. No ano 2005 a CNSE presentaba un proxecto de Lei titulado: “Proxecto de Lei pola que se recoñece e regula a lingua de signos española e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas con discapacidade auditiva”. Porén este proxecto de lei finalmente aprobouse como: “Proxecto de Lei pola que se recoñecen e regulan as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas con discapacidade auditiva”, cunha pluralización moi significativa do sintagma “a lingua de signos española”. Foi o traballo dos políticos cataláns, que formaban parte do comité que levaba a cabo o proceso de recoñecemento da lingua de signos (Comité de Traballo e Asuntos Sociais), así como a loita da Federación de Persoas Xordas de Cataluña (FESOCA), da Plataforma LSC, ara! e da Academia Catalá de Ciencias e Humanidades (Institut d´Estudis Catalans) o que permitiu, finalmente, o cambio citado no proxecto de lei (Quer 2012: 572-573). A FESOCA e, máis tarde, outras asociacións reclamaron en Cataluña os dereitos da LSC e dos seus usuarios, fronte á crecente influencia da LSE na comunidade. Ademais, a comunidade xorda catalá identificouse e recoñeceuse como comunidade lingüística signante, incluso antes que a CNSE, ó mesmo tempo que a LSC ía consolidando a súa presenza no ámbito académico. Foi moi 8 No ano 1995 publicábase o Real Decreto 2060/1995, polo que se establecía o título de Técnico superior en Interpretación de Lingua de Signos e as correspondentes ensinanzas mínimas e no 1997 sae á luz o Real Decreto 1266/1997, polo que se establece o currículo formativo de grao superior correspondente ó título de Técnico superior en Interpretación de Lingua de Signos. Unha lingua de signos galega? 97 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 importante tamén o aumento das investigacións científicas que tiveron por obxecto a LSC, así como a súa presenza no Ethnologue, en foros internacionais, en varias universidades catalás e na formación dos intérpretes (Quer 2012: 569-570). Esperanza Morales e os seus colaboradores suxiren ademais que a identificación da LSC como unha lingua diferente da LSE tivo moito que ver coas actitudes nacionalistas vinculadas á defensa e normalización da lingua oral catalá, actitudes que terían sido adoptadas pola comunidade xorda catalá liderada pola FESOCA (Morales et al 2002: 154). Xa no ano 2006 no Estatuto de Autonomía Catalán se recoñece como oficial a LSC: “Os poderes públicos deben garantir o uso da lingua de signos catalá e as condicións que permitan acadar a igualdade das persoas con xordeira que opten por esta lingua, que debe ser obxecto de ensinanza, protección e respecto” (Estatuto de Autonomía Catalán artigo 50.6). Ademais no ano 2010 publicase en Cataluña a Lei 17/2010, de 3 de xuño, da lingua de signos catalá. Trátase dunha lei ben diferente á Lei 27/2007, pois dende o mesmo título trata de desvincularse da lei estatal e non inclúe aspectos relacionados coa accesibilidade, xa que se considera que deben ser obxecto doutro tipo de textos legais. A Lei 17/2010 outorga o rango de lingua oficial á LSC: “A lingua de signos catalá é a lingua das persoas xordas e xordo-cegas signantes de Cataluña. Trátase dunha lingua natural de modalidade xestual e visual utilizada polo colectivo de persoas xordas e xordo-cegas como sistema lingüístico primario” (Lei 17/2010 preámbulo). Ademais no preámbulo establécese un marco normativo que serve de referencia para a nova publicación e enuméranse tamén unha serie de textos legais onde se fai referencia á LSC. Na citada lei remárcase que “en Cataluña as persoas que utilizan a lingua de signos como medio de comunicación fano coa lingua de signos catalá, é dicir, que na lingua de signos non se produce un réxime de bilingüismo equiparable ó das linguas orais faladas no mesmo territorio” (Lei 17/2010 preámbulo). Esta afirmación constitúe un intento de desvincular a situación sociolingüística das linguas de signos en Cataluña á situación sociolingüística das linguas orais. Segundo o exposto, a comunidade xorda catalá signante non emprega a LSE, é monolingüe, polo que na comunidade autónoma só se recoñece como oficial a LSC. A lei diríxese a un colectivo concreto, á comunidade xorda signante, e vincúlase ó ámbito estritamente lingüístico. Recoñece a dicotomía existente na educación das persoas xordas lingua de signos/ lingua oral e deféndese no ámbito educativo un modelo bilingüe que, de acordo co indicado, inaugura a Escola Municipal de Xordos de Cataluña. Cataluña eríxese como pioneira en España na protección legal da lingua de signos e marca como obxecto da lei regular a LSC como sistema lingüístico propio das persoas xordas e xordo-cegas signantes de Cataluña (Lei 17/2010 capítulo I, artigo 1). Establécense como finalidades: o seu recoñecemento; a regulación da ensinanza e a protección; a regulación da súa aprendizaxe, docencia e interpretación; e a súa investigación como garantía da igualdade e a difusión da súa existencia (Lei 17/2010 capítulo I, artigo 2). A diferenza do acontecido en Cataluña, en Galicia non se deu o contexto socio-político axeitado para posibilitar a aceptación oficial dunha variedade galega, a LSG. Non abondaban os estudos lingüísticos sobre a lingua de signos en Galicia, nin sobre a variación lingüística da lingua de signos na comunidade galega. Ademais, a comunidade xorda de Galicia representada pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) non apoiou o recoñecemento dunha lingua de signos propia. Tampouco desde a esfera política nin desde as distintas agrupacións de xordos, salvo excepcións, se avalou unha posible diferenciación. De feito, no ano 2012 tivo lugar en Compostela unha reunión convocada polo subdirector xeral de Promoción de Autonomía Persoal, Modesto Rouco Villar, co obxectivo de establecer en Galicia liñas de desenvolvemento da Lei 27/2007, de 23 de outubro. Nesta reunión, e de acordo coa información recollida nas actas, Rouco Villar, buscou en primeiro lugar a opinión dos asistentes en canto á oportunidade de elaborar unha lei de signos galega, no caso de considerar a existencia dunha lingua de signos propia de Galicia. Todas as persoas presentes eran representantes das distintas formacións convocadas: a FAXPG, a Asociación de Pais e Nais de Nenos Xordos de Galicia (ANPANXOGA), o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI-GALICIA), a Asociación Coruñesa de Promoción do Xordo (ACOPROS), C. González Abelaira 104 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 Estas iniciativas por parte de diferentes profesionais xordos e oíntes que traballan con persoas xordas no ámbito educativo, confirman que a variedade galega de lingua de signos non contou co apoio necesario para o seu recoñecemento e hoxe en día está condenada a desaparecer, de feito, unha parte importante da comunidade segue cuestionado a súa existencia. 6. consIderacIóns fInaIs Tras unha primeira fase na que a política lingüística nacional se caracterizou polo monolingüismo en castelán, ó redor da cal xirou a educación lingüística das persoas xordas; parece que se aplicou, con respecto ás linguas de signos, unha política de asimilación lingüística de acordo coa cal “in societies in which there are multiple natural sign languages utilized by the Deaf, efforts to unite these sign languages into a single norm” (Reagan 2001: 162). Así, en Galicia, a día de hoxe, está estendida a LSE, que é a que se utiliza de maneira oficial en todos os ámbitos, a que transmiten as asociacións de xordos galegas e a que adoptou a FAXPG de maneira oficial. Os intérpretes de lingua de signos formados nas aulas galegas, a través do ciclo superior de Técnico en Interpretación de lingua de signos14 tamén empregan exclusivamente a variedade española. Ante a situación descrita, pódese afirmar que o que sucedeu en Galicia coas linguas orais, entre o castelán e o galego, reproduciuse coas linguas de signos, xerando así unha relación asimétrica entre a lingua de signos maioritaria, a española e as outras variedades, neste caso, a galega. Nunha situación de contacto lingüístico entre dúas variedades, a LSE e a LSG, formúlase un proceso xeral de substitución lingüística, posto que unha das variedades, a LSE, está recoñecida legalmente e goza de maior prestixio a nivel social, mentres que a outra, a LSG, considérase inferior e é relegada ó seu uso en asociacións de xordos locais ou en contextos illados. Esta situación diglósica conduce á desaparición da variedade inferior. Non xurdiu, porén, polo momento, ningunha práctica, máis alá das tímidas iniciativas analizadas, que intentara frear o proceso de substitución. Tampouco a administración, nin o movemento asociativo, como xa se explicou, desenvolveron, ata agora, ningunha política revitalizadora encamiñada á recuperación da variedade galega. agradecementos A todas as persoas que dunha ou doutra maneira me descubriron a lingua e a cultura xordas, especialmente a todos os informantes que participan nesta investigación, por achegarme unha nova perspectiva, sen a cal a miña quedaría coxa. Grazas. referencIas bIblIográfIcas 14 Hai que aclarar que, a partir do curso 2015/2016, en Galicia desaparece da oferta de Formación Profesional o ciclo de Técnico Superior en Interpretación de Lingua de Signos. Extínguese definitivamente á espera da súa reconversión en Grao Universitario a través da proposta liderada pola Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo (Báez Montero / Fernández Soneira 2015: 183-195). Alonso, Pilar / Marian Valmaseda (1993): “Los sistemas alternativos de comunicación sin apoyo”, en Sotillo, María (coord.), Sistemas alternativos de comunicación. Madrid: Trotta, 88-155. Alonso García, Juan Ramón (2006): Cóntamo con signos. O acceso ao currículo ordinario a través de contos tradicionais signados para deficientes auditivos. Ferrol: CFR Ferrol. Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (2008): As Nosas Mans, 4 vol. Santiago: Xunta de Galicia. Báez Montero, Inmaculada Concepción / Ana Fernández Soneira (2015): “El grado de LSE en la universidad española: lingüística y traducción e interpretación de LSE”, en Inmaculada Concepción Báez Montero / Herminda Otero Doval (eds.), Buscando respuestas en lengua de signos. Lugo: Axac, 183-195. Camiña García, Verónica / Alejandra Muíños Martínez / Lidia Serén Bouzas (2015): “Experiencias docentes con LSE en el CEIP Santo Paio De Abaixo de Redondela” en Inmaculada Concepción Báez Montero / Herminda Otero Doval (eds.), Buscando respuestas en lengua de signos. Lugo: Axac, 77-88. Unha lingua de signos galega? 105 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 Confederación Estatal de Persoas Xordas (2003a): Libro Branco da lingua de signos española no sistema educativo. Madrid: Confederación Estatal de Persoas Xordas. Confederación Estatal de Persoas Xordas (2003b): III Congreso de la CNSE. Un nuevo impulso a la participación. Madrid: Confederación Estatal de Persoas Xordas. Consello de Europa (1992): Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Estrasburgo: Consello de Europa. Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 9 de setembro). Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 29 de xuño). Deputación Provincial de Lugo (1958): Lucus, vol. 1. Lugo: Deputación Provincial de Lugo. Deputación Provincial de Lugo (1984): Comunicado del traslado de niñas al nuevo Colegio de Sordomudos. Lugo: Deputación Provincial de Lugo. Domínguez Gutiérrez, Ana Belén / Pilar Alonso Baixera (2004): La educación de los alumnos sordos hoy. Perspectivas y respuestas educativas. Málaga: Ediciones Aljibe. Fariña Jarmardo, José / Miguel Pereira Figueroa (1986): La Diputación de Pontevedra: 1836-1986. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. Ferreiro Lago, Emilio / Eva Fernández Aroca (2008): “Cambio cultural, normalización lingüística de la lengua de signos española”, en Fundación CNSE (ed.), Actas del VIII Congreso de Lingüística General. Madrid: CNSE, 690-701. González Abelaira, Cristina (2016): “Historia de la educación de las personas sordas en Galicia: factores y aspectos determinantes de su educación lingüística”, en Perspectivas lingüísticas:enseñanza y adquisición de lenguas, lingüística aplicada, filología clásica y léxico. Editum: Murcia. Graña Menduiña, Eva (2015): “La normalización de la LSE en el CEIP Escultor Acuña de Vigo”, en Inmaculada Concepción Báez Montero / Herminda Otero Doval (eds.), Buscando respuestas en lengua de signos. Lugo: Axac, 87-76. Gras Ferrer, Victoria (2006): La comunidad sorda como comunidad lingüística: panorama sociolingüístico de la/s lengua/s de signos en España. Barcelona: Universidade de Barcelona. Jarque, María José (2012): “Las lenguas de signos: su estudio científico y reconocimiento legal”, Anuari de Filologia. Estudis de Lingüística 2, 33-48. Klima, Edward / Úrsula Bellugi (1979): The signs of language. Cambridge. MA: Harvard University Press. Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) (BOE de 4 de outubro). Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das mulleres e homes con discapacidade (BOE de 3 de decembro). Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE) (BOE de 4 de maio). Lei Orgánica 6/2006, de 19 de xullo, de reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña (BOE de 20 de xullo). Lei 27/2007, de 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva ou xordo-cegas (BOE 24 de outubro). Lei 17/2010, de 3 de xuño, da lingua de signos catalá (BOE de 28 de xuño). Lei Orgánica de 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) (BOE de 10 de decembro). López Navalón, Manuel (1867): Memoria sobre el estado actual del colegio de Sordo-mudos y Ciegos de Santiago, mejoras de que es susceptible para su futuro progreso y prosperidad. Santiago: Real Sociedad Económica de Amigos del País. Marchesi, Álvaro (1987): El desarrollo cognitivo y lingüístico de los niños sordos. Madrid: Alianza. Morales López, Esperanza (2000): “La lingüística de la lengua de signos: perspectiva histórica”, en Carlos Hernández Sacristán / Montserrat Veyrat Rigalt (eds.), Lenguaje, cuerpo y cultura. Valencia: Universidad de Valencia, 125-142. Morales López, Esperanza et al. (2002): “Deaf People in Bilingual speaking Communities: The Case of Deaf People in Barcelona”, en Ceil Lucas (ed.), Turn-Taking, Fingerspelling, and Contact in Signed Languages. Washington D.C.: Gallaudet University Press, 107-155. Morales López, Esperanza (2008): “La lengua de signos como vehículo de comunicación y capital simbólico”, en Àngels Massip (coord.), Les llengua i identitat. Barcelona: Universitat de Barcelona, 29-36. C. González Abelaira 106 © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 89-106 Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas. Madrid: Alianza. Nattiez, Jean-Jacques (1990): Music and Discourse: Toward a Semiology of Music. Princeton: Princeton University. Nebreda y López, Carlos (1870): Memoria relativa a las enseñanzas especiales de los sordo-mudos y de los ciegos. Madrid: Imprenta del Colegio Nacional de sordo-mudos y ciegos. Peón Blanco, Olga (2015): De Sanatorio Gil Casares a Pousada de A Lanzada. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. Pike, Kenneth Lee (1971): Language in relation to a unified theory of structure of human behavior. The Hague: Mouton. http://dx.doi.org/10.1515/ 9783111657158. Quer, Josep (2012): “Legal Pathways to the Recognition of Sign Languages: A comparaison of the Catalan and Spanish Sign Languages Acts”, Sign Languages Studies 4, 565-582. http://dx.doi.org/ 10.1353/sls.2012.0012. Reagan, Thimothy (2001): “Language planning and policy”, en Ceil Lucas (ed.), The sociolinguistics of sign languages. Cambridge: Cambridge University Press, 145-180. http://dx.doi.org/10.1017/ CBO9780511612824.008. Real Decreto 2060/1995, por el que se establece el título superior de Técnico superior en Interpretación de Lengua de Signos y las correspondientes enseñanzas mínimas (BOE de 23 de febrero). Real Decreto 1266/1997, por el que se establece el currículo formativo de grado superior correspondiente al título de Técnico superior en Interpretación de Lengua de Signos (BOE de 11 de septiembre). Real Decreto 126/2014, de 28 de febrero, por el que se establece el currículo básico de la Educación Primaria (BOE de 1 de marzo). Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato (BOE de 3 de enero). Resolución 48/96, de 20 de diciembre de 1993, por la que se aprueban las normas uniformes sobre la igualdad de oportunidades para las personas con discapacidad. Resolución del Parlamento Europeo sobre las Lenguas de Signos de 17 de junio de 1988 (Documento A2-302/87). Rodríguez González, María Ángeles (1992): Lenguaje de signos. Madrid: CNSE. Rodríguez Ortiz, Isabel de los Reyes (2005): Comunicar a través del silencio: las posibilidades de la lengua de signos española. Sevilla: Universidad de Sevilla. Romañach, Javier / Manuel Lobato (2005): “Diversidad funcional, nuevo término para la lucha por la dignidad en la diversidad del ser humano”, Foro de vida independiente 8. http://www.forovidaindependiente.org/files/documentos/pdf/ diversidad_funcional.pdf. Stokoe, William (1978): Sign Language structure. The first linguistic analysis of American Sign Language. Silver Spring, MD: Linstok Press. UNESCO = United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization (1994): Declaración de Salamanca. Marco de acción sobre las necesidades educativas especiales. Salamanca: UNESCO. UNESCO = United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization (1996): Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos. Conferencia Mundial sobre dereitos lingüísticos. Barcelona: UNESCO. Universidade Complutense de Madrid (2007): “Crónica de las II Jornadas de la RIID-LLSS, Madrid, 29 y 30 de noviembre de 2007”. http:// www.cultura-sorda.eu/resources/Cronica_II_ Jornadas_RIID_LLSS.pdf.