Full text
Andrés Seoane Pena Titora: Cristina Varela Portela Xuño 2023 EDUCACIÓN EN CONTEXTOS PENITENCIARIOS: UNHA ANÁLISE DENDE A PERSPECTIVA DO PROFESORADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas Traballo de Fin de Máster presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos. Traballo de Fin de Máster
Índice de contidos Resumo ................................................................................................................................................. 1 Resumen ............................................................................................................................................... 1 Abstract ................................................................................................................................................. 2 1. Introdución ................................................................................................................................... 3 2. Fundamentación teórica ........................................................................................................... 4 2.1. O sistema penitenciario español .................................................................................... 4 2.2. A poboación penal ............................................................................................................. 8 2.3. A educación como dereito das persoas penadas ................................................... 10 2.4. A educación en contextos penitenciarios ................................................................. 13 2.5. A Formación Profesional en prisión............................................................................ 16 3. Deseño e desenvolvemento da investigación .................................................................. 19 3.1. Metodoloxía ........................................................................................................................ 20 3.1.1. Período de estudo ...................................................................................................... 21 3.1.2. Ámbito de estudo ........................................................................................................ 21 3.1.3. Poboación e mostra ................................................................................................... 21 3.2. Instrumentos de investigación e recollida de datos ............................................... 22 3.2.1. Descrición e elaboración do cuestionario ............................................................... 22 3.2.2. Validación do cuestionario ........................................................................................ 23 3.3. Análise e procesamento da información ................................................................... 23 3.4. Descrición da mostra ...................................................................................................... 24 3.5. Resultados e discusión .................................................................................................. 28 3.5.1. Coñecementos do profesorado de FP en relación coa educación en contextos penitenciarios .............................................................................................................................. 28 3.5.2. Formación do profesorado de FP en relación coa educación en contextos penitenciarios .............................................................................................................................. 30 3.5.3. Percepcións do profesorado de FP en relación coa educación en contextos penitenciarios .............................................................................................................................. 31 4. Conclusións ............................................................................................................................... 34 5. Bibliografía ................................................................................................................................. 36 6. Anexos ........................................................................................................................................ 42
1 Resumo O artigo 25 da Constitución Española asume o ambicioso reto da reinserción social das persoas privadas de liberdade como un dos piares do noso sistema penal. Os cárceres, coma calquera lugar destinado a encerrar a persoas que están sometidas a algún tipo de castigo, son escenarios hostís para a educación. Non obstante, esta convértese nunha prestación necesaria que debe contribuír ao desenvolvemento integral das persoas internas. Nos últimos anos estase a ver na Formación Profesional unha oportunidade de ouro para lograr a futura inserción laboral e social dun colectivo extremadamente vulnerable, facendo efectivo o seu dereito fundamental á educación. O obxectivo principal desta investigación é coñecer a situación actual da educación en contextos penitenciarios dende a perspectiva do profesorado galego de Formación Profesional. Para acadar este cometido realizouse un estudo cuantitativo cun deseño non experimental, transversal e descritivo para o que se elaborou un cuestionario no que participaron 431 docentes. A análise dos datos mostra uns escasos coñecementos e unha falta de formación nos docentes pero tamén manifesta un elevado grao de interese e necesidade de formárense neste campo do ensino. Palabras chave: educación, prisión, Formación Profesional, profesorado, investigación. Resumen El artículo 25 de la Constitución Española asume el ambicioso reto de la reinserción social de las personas privadas de libertad como uno de los pilares de nuestro sistema penitenciario. Las cárceles, como cualquier lugar destinado a encerrar a personas que están sometidas a algún tipo de castigo, son escenarios hostiles para la educación. No obstante, esta se convierte en una prestación necesaria que debe contribuir al desarrollo integral de las personas internas. En los últimos años se está viendo en la Formación Profesional una oportunidad de oro para lograr la futura inserción laboral y social de un colectivo extremadamente vulnerable, haciendo efectivo su derecho fundamental a la educación. El objetivo principal de esta investigación es conocer la situación actual de la educación en contextos penitenciarios desde la perspectiva del profesorado gallego de Formación Profesional. Para alcanzar este cometido, se realizó un estudio cuantitativo con un diseño no experimental, transversal y descriptivo para el cual se elaboró un cuestionario en el que participaron 431 docentes. El análisis de los datos muestra unos escasos conocimientos y una falta formación en los docentes pero también manifiesta un elevado grado de interés y necesidad en formarse en este campo de la enseñanza. Palabras clave: educación, prisión, Formación Profesional, profesorado, investigación.
2 Abstract Article 25 of the Spanish Constitution takes on the ambitious challenge of the social reintegration of individuals deprived of liberty as one of the pillars of our penitentiary system. Prisons, like any place intended to confine people subjected to some form of punishment, are hostile environments for education. However, education becomes a necessary provision that should contribute to the development of prisoners. In recent years, Vocational Training has been seen as a golden opportunity to achieve future employability and social integration for this extremely vulnerable collective, carrying out their fundamental right to education. The main objective of this research is to know the current situation of education, in penitentiary contexts, from the perspective of Galician Vocational Training teachers. To achieve this goal, a quantitative study with a non-experimental, transversal, and descriptive design was performed, involving the participation of 431 teachers through a questionnaire. The data analysis reveals limited knowledge and a lack of training among teachers, but it also demonstrates a lot of interest for their part and the need to educate further in this field of teaching. Key words: education, prison, Vocational Training, teachers college, investigation.
3 1. Introdución Enténdese por investigación científica aquela actividade que permite obter coñecementos científicos, é dicir, coñecementos que se procura sexan obxectivos, sistemáticos, claros, organizados e verificables (Sabino, 1992). A investigación científica é, esencialmente, coma calquera tipo de investigación, só que máis rigorosa e coidadosamente realizada. Ademais, a investigación científica é un proceso, é dicir, estamos ante algo dinámico, cambiante e continuo. Este proceso está composto por unha serie de etapas ou fases que se atopan conectadas entre si de forma lóxica, secuencial e dinámica. En consecuencia, ao realizar un estudo ou investigación é moi importante non omitir as etapas nin alterar a súa orde (Hernández et al., 2006; Albert, 2007). De acordo a McMillan e Schumacher (2005), todo proceso de investigación comeza coa detección dun problema de investigación. Unha vez identificado, é necesario realizar unha revisión da bibliografía que permita coñecer o estado da cuestión para, posteriormente, formular as preguntas de investigación. De seguido, débese elixir unha metodoloxía que, ademais, debe ser acorde aos obxectivos de investigación xunto cun método de análise dos datos. Unha vez realizado todo isto é o momento de describir os datos e presentar os resultados obtidos antes de finalizar cunhas conclusións finais (McMillan e Schumacher, 2005; Albert, 2007). Seguindo estritamente estas pautas, elaborouse o presente Traballo de Fin de Máster que ten como obxectivo principal coñecer a situación actual da educación en contextos penitenciarios dende a perspectiva do profesorado galego de Formación Profesional (FP). Cabe destacar que a educación de adultos, en xeral, e de adultos en centros penais, en particular, é un ámbito moi pouco estudado (Lorenzo Galés, 2019, citado en Varela et al., 2020) e se centramos a atención na FP en contextos penitenciarios, o certo é que non existen traballos científicos que estuden esta cuestión polo que, con esta investigación, o que se pretende é dar resposta a esta lagoa de coñecemento. Este documento atópase dividido en catro bloques, sendo o primeiro deles o que nos ocupa neste intre, é dicir, a introdución. O segundo, está dedicado á fundamentación teórica para cuxa redacción se realizou unha fonda revisión bibliográfica sobre a temática a desenvolver: a educación nos contextos penitenciarios. Neste apartado, realizarase unha radiografía do actual sistema penitenciario así como da poboación penal que se atopa privada de liberdade no noso país. Tamén se abordará a educación como dereito das persoas penadas e procederase a analizar as limitacións e bondades da educación en contextos penitenciarios. Finalmente, acometerase a tarefa de analizar a situación da Formación Profesional neste contexto tan específico á par que complexo. O terceiro bloque presenta o deseño e o desenvolvemento da investigación realizada, comezando coa metodoloxía implementada así como os obxectivos específicos perseguidos coa mesma. Como ferramenta de recollida de datos empregouse o cuestionario que foi elaborado de forma expresa para
4 este estudo, entrando de cheo este capítulo no proceso seguido para a súa elaboración. Especifícase tamén o tipo de análise aplicada aos resultados obtidos a partir da aplicación do mencionado instrumento de recollida de datos e, se procede, a unha completa descrición da mostra para, finalmente, expor os resultados obtidos e proceder a unha discusión dos mesmos. O cuarto e último gran bloque recolle unhas pequenas conclusións a modo de síntese do Traballo de Fin de Máster. 2. Fundamentación teórica 2.1. O sistema penitenciario español Pódese definir o sistema penitenciario como a organización creada polo Estado para a execución das sancións penais (Vega, 1972). O sistema penitenciario español experimentou nas últimas décadas un cambio radical de orientación e concepto paralelo á evolución da sociedade española (Secretaría General de Instituciones Penitenciarias (En adiante, SGIIPP, 2014) deixando de utilizar os castigos por vinganza en favor dos sistemas de xustiza actuais (Casado, 2013, p. 42). O artigo 32 do Código Penal español (En adiante, CP) enuncia que “as penas que poden impoñerse conforme este Código, ben con carácter principal ben como accesorias, son privativas de liberdade, privativas doutros dereitos e multa”. Pola materia que nos ocupa, centrarase a atención nas penas privativas de liberdade que son definidas como aquela reclusión da persoa condenada nun establecemento penitenciario no que permanece privada, en maior ou menor medida, da súa liberdade e sometida a un específico réxime de vida (Fernández Bermejo, 2014b, p. 370). Na actualidade, o sistema de penas privativas de liberdade español está orientado cara á reeducación e reinserción social das persoas condenadas, tal e como establece a Constitución Española (CE) de 1978 no seu artigo 25.2: As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán encamiñadas á reeducación e reinserción social e non poderán consistir en traballos forzados. O condenado a pena de prisión que estea cumprindo esta gozará dos dereitos fundamentais deste capítulo, fóra dos que se vexan expresamente limitados polo contido da sentencia condenatoria, o sentido da pena e a lei penitenciaria. En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e mais ós beneficios correspondentes da Seguridade Social, así como ó acceso á cultura e ó desenvolvemento integral da súa personalidade. Na procura dunha definición, pódese entender por reinserir o feito de promover as condicións sociais que, independentemente das relacións co Estado, favorezan nos seres humanos o desenvolvemento integral da súa persoa; ou o que é o mesmo, implica volver a socializar, removendo os obstáculos para que poidan conseguirse as condicións propicias inherentes ao desenvolvemento integral da persoa, incorporando a un individuo de novo na
5 sociedade (Fernández Bermejo, 2014b). Pero reinserir tamén é dirixir a intervención nas prisións a contrarrestar na medida do posible o efecto da mesma decisión de privación de liberdade xa que estigmatiza e é separador. Doutra banda, a reeducación vén da man da reinserción, aspirando a que a prisión non interrompa o proceso de desenvolvemento da personalidade da persoa reclusa de acordo cos dereitos fundamentais recollidos na Constitución (de la Cuesta e Blanco, 1998). Deste xeito, a CE rompe co réxime anterior e proclama o noso país como un Estado Social, Democrático e de Dereito (Fernández Bermejo, 2014b), traendo consigo un xiro substantivo das penas privativas de liberdade ao outorgarlles un contido social e ao intentar humanizar as sancións e as condicións de cumprimento das mesmas (Rodríguez Yagüe, 2013). A reinserción social configúrase coma unha proxección que debe ser garantida para as persoas condenadas a pena de prisión, debendo o Estado remover aqueles obstáculos que puidesen atoparse no camiño da reinserción e poñendo en práctica todos os medios e instrumentos necesarios para que a tarefa de reinserción forneza os efectos esperados (Fernández Bermejo, 2014b, p. 373). A constitucionalización no artigo 25.2 CE do fin da reeducación e a reinserción social das penas privativas de liberdade e o recoñecemento dos dereitos fundamentais a favor do colectivo social das persoas reclusas fai que esteamos en presenza dun precepto orixinal e innovador que carece de parangón nos nosos textos constitucionais históricos, así coma nos dos países da nosa contorna cultural. Non obstante, dúas foron as cuestións fundamentais que xurdiron ao redor da interpretación do contido do inciso primeiro do art. 25.2 CE (Delgado, 2004): A primeira, se a reeducación e reinserción social van ser o único e exclusivo fin da pena e das medidas privativas de liberdade. Tradicionalmente, viñéronse mantendo dúas concepcións contrapostas en relación co fin das penas. Para unha delas, a finalidade da pena é a expiación ou retribución, é dicir, o castigo a impoñer á persoa que comete un delito é consecuencia do mal causado. Para a outra concepción, o fin da pena radica na prevención do delito, isto é, en disuadir, en facer desistir ao autor da perpetración de futuros delitos, resultado que pode lograrse por diferentes vías. A prevención pode ir dirixida a todo o colectivo de cidadáns que deixarán de cometer delitos pola intimidación que supón a ameaza da sanción (prevención xeral negativa) ou, desde unha perspectiva positiva, polo sentimento de fidelidade ao dereito que a norma pode crear na cidadanía (prevención xeral positiva). Igualmente, a mencionada prevención pode ir dirixida ao individuo que cometeu o delito co obxectivo de que a persoa condenada non cometa novos actos delituosos, xa sexa debido á intimidación que supón a aplicación dunha pena (prevención especial negativa), ou mediante a reeducación e a reinserción social a través do tratamento do infractor (prevención especial positiva) (Montero, 2019). Pois ben, a reeducación e reinserción social do art. 25.2 CE van formar parte integrante da finalidade da prevención especial positiva (Delgado, 2004, p. 343).
6 Con todo, o Tribunal Constitucional (En adiante, TC) entende que a norma suprema non se decanta pola prevención especial como fin da pena exclusiva nin lle outorga un carácter prioritario ou preferente xa que tan só é un dos diversos fins que se deben ter en conta para orientar a regulación das penas (Fernández Bermejo, 2014b). En consecuencia, a prisión vai ter ata tres obxectivos contraditorios xa que, ademais de reinserir ás persoas condenadas para que non volvan delinquir, tamén busca castigar aos delincuentes polo mal causado e intimidar tanto ás persoas reclusas coma ao resto da poboación para disuadilos de que cometan delitos (Castaño, 2014, p. 289). A segunda cuestión interpretativa que xurdiu en relación co artigo 25.2 CE é se a reeducación e reinserción social constitúen ou non un dereito fundamental das persoas condenadas ao se acharen reguladas dentro da Sección primeira do Capítulo segundo do Título primeiro da Constitución; é dicir, se estamos ante unha norma creadora dun principio dirixido aos poderes públicos para a consecución dun fin de interese xeral ou ante unha norma creadora dun dereito fundamental das persoas presas (Delgado, 2004). Aínda que parte da doutrina considera que se debe catalogar a reinserción como un auténtico dereito fundamental (Fernández Bermejo, 2014b) emanado do principio da dignidade humana do art. 10.1 CE (Delgado, 2004, p. 351), o TC, intérprete da norma constitucional, tamén resolveu a disputa considerando que se trata dun principio constitucional que ten como finalidade orientar a política penal e penitenciaria (Fernández Bermejo, 2014b). Agora ben, o artigo 1 da Ley Orgánica General Penitenciaria (En adiante, LOGP) si establece esa directriz como fin primordial do noso sistema penitenciario, sinalando que “as institucións penitenciarias reguladas na presente Lei teñen como fin primordial a reeducación e a reinserción social dos sentenciados a penas e medidas penais privativas de liberdade así como a retención e custodia de detidos, presos e penados”, converténdose nunha norma que garante e innova e que ofrece unha formulación progresista e revolucionaria en defensa da finalidade de reinserción das penas (Nistal, 2009). Pois ben, o instrumento utilizado polas institucións penitenciarias para a consecución deste obxectivo da reinserción é o que se coñece como tratamento penal (Gallardo, 2016), definido pola LOGP como o “conxunto de actividades directamente dirixidas á consecución da reeducación e reinserción social dos penados” (art. 59.1) e constituíndose como a columna vertebral da execución da pena privativa de liberdade (Montero, 2019). Débese destacar que o tratamento en prisión é voluntario, constituíndose coma un dereito de todas as persoas internas pero non unha obriga (Montero, 2019). Non obstante, o tratamento español representa, científica e sistematicamente, un dos maiores logros do texto orgánico conformándose coma a base do sistema penitenciario español e demostrando ser a mellor vía para evitar a reincidencia (SGIIPP, 2014). Porén, non está exento de dificultades na súa execución pois os equipos profesionais do tratamento enfróntanse a múltiples
7 obstáculos e dificultades que fan do seu labor un reto difícil de alcanzar (Montero, 2019). Isto débese, en parte, a que o art. 60 LOGP, engade que “os servizos encargados do tratamento esforzaranse por coñecer e tratar todas as peculiaridades de personalidade e ambiente do penado que poidan ser un obstáculo para as finalidades indicadas no artigo anterior”, é dicir, estamos a falar dun tratamento resocializador e individualizado que consiste en ofrecer diferentes programas de tratamento adaptados ás características persoais e necesidades de cada individuo (Montero, 2019) que son diagnosticadas polos equipos profesionais que atenden á persoa penada (Fernández Bermejo, 2014a) co obxectivo de lograr a futura reinserción (Montero, 2019). Ademais de individualizado, o noso sistema penitenciario é tamén científico pois baséase nas ciencias da conduta e é aplicado por especialistas nas mesmas: profesionais da psicoloxía, da educación etc. (Nistal, 2012, como se citou en Montero, 2019). Do artigo 72 LOGP extraemos que existen tres graos de tratamento, primeiro, segundo e terceiro que se corresponderían, respectivamente, cos réximes pechado, ordinario e aberto. Así, o primeiro grao está destinado ás persoas internas moi perigosas que non poden levar a cabo unha vida en réxime ordinario e está caracterizado polo endurecemento das medidas de control e de seguridade, cumpríndose normalmente en establecementos ou departamentos de réxime pechado. O segundo grao, denominado réxime ordinario, constitúe o réxime “estándar” no que se atopan clasificadas a maioría das persoas condenadas que cumpren pena de prisión en establecementos penais. O terceiro grao ou réxime aberto, consiste nun réxime de vida destinado a aquelas persoas capaces de levar a cabo un réxime de vida en semiliberdade no que as persoas internas normalmente pasan o día fóra do recinto penitenciario e fan noite entre semana nas dependencias penais, gozando xeralmente de permisos de saída todas as fins de semana. Aínda que a LOGP mencione un “cuarto grao”, hai acordo na actualidade no relativo a que a liberdade condicionada non constitúe en si un grao penal pois, tal e como esixe o artigo 90 do CP, requírese a clasificación previa en terceiro grao penal para poder optar a esta modalidade de liberdade (Montero, 2019). No sistema de individualización científica predomina a libre elección de grao no momento clasificatorio inicial, sendo determinantes para a progresión ou regresión os criterios que radican na persoa, é dicir, os elementos subxectivos (Fernández Bermejo, 2015). Ademais, a evolución no seu programa de tratamento determinará a progresión ou regresión da persoa penada na súa traxectoria penal pois, como sinala o art. 72.3 LOGP: “en ningún caso se manterá a un interno nun grao inferior cando pola evolución do seu tratamento fágase merecedor á súa progresión”. En conclusión, os principios de individualización científica, progresión de grao e o tratamento penitenciario rexen o sistema penitenciario español na actualidade (SGIIPP, 2014). Un sistema que se torna anticuado por descansar dun modo desproporcionado na pena privativa de liberdade e non ser capaz de desenvolver ata o
14 para así lograr a reinserción social mediante un cambio radical de conduta (Scarfó, 2002). Deste xeito, a nivel carcerario, o acceso á educación aparece moitas veces relegado fronte a outras finalidades do sistema penitenciario, no cal prima o obxectivo seguridade ante calquera outro fin, ocupando a educación un lugar subsidiario e postergado (Bassotti, 2022). Así o expresan Scarfó e Aued (2013) xa que para eles as cuestións de seguridade preséntanse como obstáculos permanentes ao tempo do funcionamento das escolas e as organizacións civís. A escola en contextos de privación da liberdade implica, en consecuencia, o desafío de poder articular prácticas e normas entre o sistema penal e o sistema educativo que posúen lóxicas diferentes, tarefa que na práctica resulta complexa e que require do deseño e implementación de políticas públicas (Bassotti, 2022, p.3). O certo é que os establecementos desenvolven as súas actividades nun campo de tensións permanentes xeradas non só pola particularidade do seu alumnado senón por un difícil contexto de funcionamento no que prevalecen as cuestións de seguridade (Echegaray, 2018). Isto demanda unha atención próxima e especializada que require do traballo multidisciplinar dun variado equipo de profesionais docentes que se conforman como actores esenciais deste proceso (Rangel, 2008 citado en Varela et al., 2020). Entre as condicións da prisión que poden entorpecer a efectiva aplicación do dereito á educación destacan as relativas ao tempo, aos espazos e á xestión do centro penal e do persoal. Polo que respecta á limitada xestión do tempo da propia institución carceraria, esta provoca solapamentos con outras actividades e a persoa interna atópase na posición de ter que elixir a cal acudir (Batchelder e Pippert, 2002). Sobre os espazos habilitados para o estudo, Caballero (1985) indica que, en ocasións, non existe un espazo adecuado para estudar ou ben porque a prisión non estaba inicialmente pensada para este cometido ou porque, na práctica, o espazo acábase usando para outros fins. No relativo á orde da prisión, Jacobs (1977) expresa as incomodidades que pode supoñer a xestión da entrada de persoas externas na prisión ou a desconfianza cara as actividades que se desenvolven na mesma (Ruiz e López-Riba, 2019). Finalmente, outro aspecto que demanda solución é a necesidade de garantir o acceso a dispositivos tecnolóxicos para o desenvolvemento e mellora da calidade das clases xa que os espazos educativos das unidades penais carecen de computadoras, acceso a internet e outros recursos técnicos que deveñen necesarios na era da información e a comunicación dixital para garantir unha educación inclusiva que reduza a fenda tecnolóxica que sofren as persoas privadas de liberdade (Scarfó et al., 2020). Nesta mesma liña, a maioría das investigacións internacionais sobre a educación media e universitaria en prisión destacan unhas carencias comúns: imposibilidade de acceder ás tecnoloxías, pouco material de apoio ou moi antigo, escaso profesorado e sen preparación pedagóxica específica para adaptarse ás situacións penais; pouca valoración destas actividades por parte das persoas responsables da prisión, carencia de espazos físicos
15 específicos e acceso limitado á información (Gutiérrez et al., 2010; López, 2010; Rivera, 2016; UNESCO, 2008, citados en Añaños et al., 2021). Estas necesidades deben ser atendidas polas administracións competentes que teñen a responsabilidade de responder aos dereitos e necesidades das persoas recluídas (Varela et al., 2020). Resulta obvio que os cárceres son escenarios hostís para a educación, ao igual que é calquera lugar destinado a encerrar e asegurar a persoas que estean sometidas a algún tipo de castigo (Caride e Gradaílle, 2013). Con todo, cando falamos do ámbito penitenciario, a educación convértese nunha prestación necesaria que debe contribuír ao desenvolvemento integral das persoas internas, tentando compensar así o déficit formativo que presenta a gran maioría destas persoas e que dificulta a súa integración na sociedade, sendo quen, ademais, de mellorar a súa calidade de vida, as súas expectativas e oportunidades vocacionais así como as súas relacións interpersoais (Rodríguez Yagüe, 2013). A escola non é o único espazo onde se desenvolve a intervención penitenciaria pero constitúe un dos piares fundamentais do tratamento (UTE Villabona, 2005) ao favorecer a adquisición de determinados hábitos e condutas, así como a xeneralización e mantemento das habilidades que se estiman necesarias para a vida en sociedade. Isto significa que non debemos acoutar a escola en prisión a un espazo de transmisión de coñecementos (Varela et al., 2020) senón que debe ser un motor de transformacións individuais e sociais (Scarfó, 2002). Ademais, o contacto coa academia tamén é proveitoso para a propia institución carceraria debido a que permite romper o seu illamento e faina máis transparente (Ruiz e López-Riba, 2019). Sobre os beneficios da educación en prisión, a literatura conclúe que os programas educativos teñen efectos positivos tanto durante a estancia na prisión coma trala excarceración. En canto aos efectos durante a condena, a participación en programas educativos mellora a percepción propia das persoas internas (Baranger et al., 2018), reduce as infraccións por motivos disciplinarios dentro da prisión (Gerber e Fritsch, 1995) e favorece o afastamento do universo dos crimes e dos aspectos negativos da vida carceraria (Caballero, 1985). Doutra banda, algúns beneficios que se manifestan tralo cumprimento da condena son: un descenso da reincidencia (Wilson et al., 2000), a promoción dunha identidade que fomenta a desistencia do delito (Runell, 2018), o aumento da probabilidade de conseguir un traballo e un salario máis elevado (Gerber e Fritsch, 1995); a redución da impaciencia e o aumento da aversión ao risco (Lochner e Moretti, 2004) así como a continuación da formación trala excarceración (Gerber e Fritsch, 1995; Runell, 2018). Todos estes beneficios levan á maioría dos estudos e informes europeos a apoiar de forma clara a presenza da educación formal ou escolarizada nas institucións penais ao considerar que é un factor de protección (Añaños et al., 2021). Ante esta situación, a función do docente é a de crear na aula o clima para que a pesar das diferenzas existentes se produzan espazos onde se vivan novas experiencias e as persoas penadas adquiran
16 experiencias educativas significativas. A educación dentro do sistema carcerario require coordinación entre dúas institucións distintas; predisposición e aceptación ás normativas do sistema carcerario. Deste xeito, ambas poderán desempeñar a súa tarefa específica sen tensións nin contradicións. Asocialas posibilitará crear e xerar propostas integrais, coherentes e fortalecedoras así como o desenvolvemento de estratexias innovadoras (Echegaray, 2018). Así pois, que dúbida cabe de que a educación é, ou debería ser, a pedra angular sobre a que virase a vida nos centros penais (Lorenzo et al., 2017). 2.5. A Formación Profesional en prisión A oferta formativa en prisión pode incluír desde a educación regrada obrigatoria (educación primaria e educación secundaria) ata a formación universitaria, que adquire máis presenza no sistema penal español a partir dos anos 2000 (Gutiérrez et al., 2010), pasando pola Formación Profesional e outro tipo de ensinos máis específicos (de idiomas, de saúde, para mozas, etc.) que cada vez gozan de maior presenza nos centros penitenciarios do noso país (Rodríguez Yagüe, 2013). Con todo, a colaboración entre o mundo académico e a prisión é algo relativamente recente e non é ata os anos sesenta do pasado século cando esta cooperación comece a gañar peso nos centros penitenciarios (Ruiz e López-Riba, 2019). Non obstante, será a Ley Orgánica General del Sistema Educativo, do 3 de outubro de 1990 (LOGSE), a norma que produza a plena normalización da educación no ámbito penal, configurándoa dentro do sistema educativo xeral. Concretamente, o artigo 51.4 establecía o acceso á educación da poboación recluída que se atopa cumprindo condena en establecementos penais. O proceso culmina co Real Decreto 1203/1999, do 9 de xullo que establece as normas de funcionamento das unidades educativas e integra no Corpo de Mestres aos funcionarios pertencentes ao Corpo de Profesores de Educación Xeral Básica de Institucións Penais (Rodríguez Yagüe, 2013). Desde entón, o profesorado de primaria e secundaria pode acceder a exercer a súa profesión nos centros penais mediante o concurso de traslados específico de adultos do mesmo xeito que se accede a calquera outro centro de ensino, sendo necesario ser funcionario de carreira. A partir da publicación desta norma, as administracións educativas das Comunidades Autónomas xestionan, no seu ámbito territorial, o servizo educativo en todos os niveis e modalidades de Educación Permanente de Adultos en función das necesidades e peculiaridades de cada establecemento (Castillo e Ruiz, 2007). Na actualidade, a nosa lexislación penitenciaria aposta por unha orientación do ensino na que se considera á persoa interna coma a calquera outro membro da sociedade, configurándose como unha prestación que permite ás persoas reclusas acceder á mesma formación que ao resto de persoas adultas libres. Neste sentido, a Administración Penitenciaria ten a obriga de deseñar programas de tipo formativo orientados a enriquecer os coñecementos das persoas internas, a mellorar as súas capacidades e a compensar as súas
17 carencias, axustándose o máis posible á lexislación vixente en materia de educación e de Formación Profesional. É dicir, a educación no sistema penitenciario parte da mesma concepción que as leis de ordenación xeral do sistema educativo español establecen para as persoas adultas (Rodríguez Yagüe, 2013). Tal e como vimos, para cumprir co dereito dos internos e internas no seu acceso á educación, a LOGP establece no seu artigo 55.1 que en cada establecemento existirá unha escola na que se desenvolverá a instrución das persoas internas. Ademais, no apartado segundo, maniféstase que os ensinos deberán axustarse no posible á lexislación vixente en materia de educación e Formación Profesional. A Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOMLOE) regula nos artigos 66 e seguintes a educación para adultos. Concretamente, establece que “ten a finalidade de ofrecer a todos os maiores de dezaoito anos a posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional” (art. 66.1). Do mesmo xeito, apunta que para o logro da finalidade proposta, as Administracións educativas poderán colaborar con outras Administracións públicas con competencias na formación de adultos (art. 66.2). É o precepto 67.6 o que sinala que “nos establecementos penais garantirase á poboación recluída o acceso a estes ensinos”. Ademais, as aprendizaxes das persoas adultas poderán adquirirse mediante ensinanzas regradas, non regradas ou a través da experiencia laboral ou actividades sociais (art. 66.4), podendo as Administracións educativas promover convenios de colaboración coas universidades, corporacións locais e outras entidades públicas ou privadas (art. 67.3). Desta maneira, nas prisións podemos distinguir as ensinanzas regradas das non regradas. Polo que respecta ao ensino regrado, segundo datos da SGIIPP (2022), o número de poboación penal matriculada en España ao 31 de outubro de 2021 era dun total de 13.340 persoas, é dicir, o 32,5% da poboación penitenciaria, dos cales 11.878 eran homes (31,5% do total de homes) e 1.462 mulleres (42,6% do total de mulleres). Entrando nun maior nivel de detalle observamos como dese 32,5%, tan só o 0,1% estaba cursando Formación Profesional básica, mesma porcentaxe que as persoas penadas que estaban a preparar as probas de acceso para un grao medio de FP e algo superior, o 0,2%, as persoas que estaban a cursar un grao medio. Estes datos tan baixos para a Formación Profesional poden atopar a súa razón na escasa oferta existente na actualidade nos centros penitenciarios onde a chegada destes estudos está a ser un fenómeno relativamente recente. Por exemplo, na Comunidade Autónoma de Galicia a única prisión que ofrece estudos regrados de FP é o Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo) que, no ano 2008, decidiu apostar pola mesma coma “unha oportunidade de ouro para lograr a reinserción social das persoas penadas” (La Voz de Galicia, 2022) e implantou o ciclo medio de madeira e moble que combina con absoluta normalidade clases teóricas e talleres prácticos (Dirección Xeral de Formación Profesional,
18 s.d.). Tamén podemos atopar algún exemplo noutros territorios como pode ser no centro penitenciario Las Palmas II que oferta o nivel básico de Agroxardinaría e Composicións Florais e os ciclos medios de Xardinería e Floraría así como o de Peiteado e Cosmética Capilar ou o de Cociña e Gastronomía. A prisión El Dueso (Cantabria) conta tamén co ciclo medio de Cociña e Gastronomía así como a formación básica en Agroxardinaría e Composicións Florais e no cárcere de Cáceres II ofrécese o ciclo básico de Fabricación e Montaxe. A pesar de que na actualidade son poucos os centros que contan con ensinanzas de FP regrada, é previsible que no futuro poida aumentar esta cifra tralas experiencias positivas que están a relatar os centros anteriormente mencionados (La Voz de Galicia, 2022). Pero tamén se debe falar das ensinanzas non regradas xa que os Establecementos Penais brindan ás persoas penadas a posibilidade de se formaren laboralmente durante o tempo que permanecen en prisión co obxecto de facilitar a súa integración na sociedade e afastárense do mundo do delito. Con este fin, a Institución Penal creou un itinerario formativo que contempla unha serie de accións paulatinas para conseguir a incorporación laboral no mercado de traballo das persoas sentenciadas a penas privativas de liberdade. Estas accións comprenden actividades de formación profesional para o emprego, adquisición de experiencia laboral en talleres produtivos penais, orientación laboral, acompañamento para a inserción laboral ou apoio para o autoemprego. Como se pode observar, os dous elementos básicos deste itinerario son a formación profesional para o emprego e o traballo produtivo penal, campos que están encomendados ao Organismo Autónomo de Trabajo Penitenciario y Formación para el Empleo, dependente da Dirección General de Instituciones Penitenciarias (Bartolomé e Sánchez, 2011) que financia anualmente numerosos cursos de formación profesional en múltiples prisións do noso país como pode ser o centro penitenciario El Acebuche de Almería, onde só no 2021 finalizaron catro cursos de manipulador de alimentos coa participación de 80 alumnos ou un curso de condutor de carretillas (Diario de Almería, 2021). Estes talleres formativos suscitan un gran nivel de interese entre as persoas internas xa que lles permite ir adquirindo coñecementos e práctica para unha posterior integración no medio laboral exterior, cuestión de vital importancia xa que un dos principais problemas aos que se enfrontan as persoas penadas cando saen ao exterior é o de atopar un traballo ou medio de vida que lle permita satisfacer as súas necesidades sen ter que volver delinquir nin depender exclusivamente das axudas sociais das distintas institucións (Martínez, 1999). Así mesmo, non se pode obviar o papel que desenvolve o docente. As relacións que se establecen entre o profesorado e o alumnado son de especial relevancia porque teñen importantes implicacións sobre a motivación dos internos e internas. Ademais, a capacidade de adaptación á contorna así como a súa implicación e os recursos cos que pode contar, son determinantes para o desenvolvemento da práctica educativa polo que, seguindo a Villanueva (2019), cada vez é máis necesaria a formación específica do corpo docente para actuar no
19 ámbito penal. Tamén coincide Redondo (1990) ao considerar que as prisións deberían contar con persoal cunha formación máis especializada. O certo é que o formador mantén coa persoa privada de liberdade unha relación que, a miúdo, pode ser diferente: non a vixía senón que a axuda a descubrir outras perspectivas, non a controla senón que estimula a súa imaxinación, é dicir, a persoa educadora non está aí por mor do pasado da persoa detida senón polo seu futuro (De Maeyer, 2002, citado en Echegaray, 2018). É necesario referir a importancia que para a poboación penal ten o acceso a cada un dos niveis do sistema educativo, constituíndo ademais dun dereito, unha das oportunidades máis notorias para garantir unha adecuada reinserción social (Scarfó, 2002). Sen esquecer a vital importancia da educación básica, que as persoas internas cursen estudos de nivel medio e superior é un claro factor de protección (Añaños et al., 2021) xa que máis alá de orientarse ao desenvolvemento de certas competencias académicas, contribúe á xeración de hábitos e habilidades que son imprescindibles para a promoción dunha conduta prosocial (Ross e Fabiano, 1985). Non hai dúbida de que calquera intento de aumentar as capacidades educativas das persoas privadas de liberdade terá un impacto na súa educación e emprego (Manger et al., 2006, citado en Gil, 2010). Os beneficios da educación investigáronse amplamente. Con todo, prestouse moi pouca atención aos beneficios específicos da Formación Profesional. As investigacións existentes evidencian os efectos positivos destes estudos na integración de grupos desfavorecidos, como poden ser as persoas privadas de liberdade cuxos baixos niveis de educación e limitadas perspectivas laborais indicaban que foran excluídos do mercado laboral ou estaban en risco de exclusión. Ademais, a FP é máis facilmente accesible que outros tipos de aprendizaxe e brinda a aquelas persoas cun baixo nivel de cualificacións a oportunidade de adquirir novas competencias. Tamén resulta máis atractiva que a educación xeral xa que a Formación Profesional está máis estreitamente vinculada ao mercado laboral e, polo xeral, inclúe prácticas profesionais no marco da aprendizaxe en lugar das clases teóricas impartidas nas aulas. No referido aos beneficios para as persoas penadas, a FP mellora as súas perspectivas laborais e, en consecuencia, a súa reinserción social (Centro Europeo para el Desarrollo de la Formación Profesional, En adiante, CEDEFOP, 2011). 3. Deseño e desenvolvemento da investigación Toda investigación leva asociada a idea de proceso, é dicir, conta cun conxunto de tarefas e accións ordenadas, seguindo a lóxica do método científico que se deseñan e realizan en fases sucesivas co obxectivo de acadar como resultado un coñecemento da realidade social (López-Roldán e Fachelli, 2015). McMillan e Schumacher (2005) enumeran diversas fases do proceso de investigación educativa que comeza coa identificación dun problema, neste caso, os coñecementos e a formación do profesorado de Formación Profesional en
20 relación coa educación en contextos penitenciarios. Seguindo cos mesmos autores, o seguinte paso é realizar unha revisión bibliográfica sobre o problema que nos permitirá coñecer o estado actual da cuestión e avanzar cara a seguinte fase que é a formulación das preguntas de investigación que no presente traballo de investigación serían as seguintes: conta con suficiente información e coñecementos o actual profesorado galego de FP respecto á educación en contextos penitenciarios? Está formado o profesorado galego actual de FP en relación coa docencia en contextos penitenciarios? A continuación, é o momento de determinar o deseño e a metodoloxía da investigación que é o conxunto de procesos que permiten a procura de novos coñecementos a través da aplicación de certos métodos e técnicas que tenden á solución de problemas (Rivas et al., 2016). A metodoloxía finalmente escollida debe gardar relación cos obxectivos de investigación formulados (Gómez, 2007) e a persoa que se encarga da investigación ten que decidir os suxeitos dos que se van obter os datos, como se van a seleccionar os devanditos suxeitos e tamén como se vai realizar a recollida dos datos. Precisamente, esta última cuestión será a que abordemos a continuación antes de proceder ás fases finais da investigación como poden ser a análise dos datos, presentación e interpretación dos resultados, discusión e conclusións finais (McMillan e Schumacher, 2005). 3.1. Metodoloxía No presente traballo de investigación realizouse unha investigación de corte cuantitativo, é dicir, aquela na que se recollen e analizan datos cuantitativos sobre variables aínda que se parte dunha exhaustiva revisión bibliográfica (Pita e Pértegas, 2002). Ao mesmo tempo, trátase dun deseño non experimental (ex post-facto) xa que é unha investigación na que non se manipulan deliberadamente variables. Isto é, obsérvanse fenómenos tal e como se dan no seu contexto natural. Non hai condicións ou estímulos aos cales se expoñan os suxeitos do estudo senón que son observados no seu ambiente natural, na súa realidade. Tamén é transversal porque os datos son recollidos nun só momento, nun tempo único co propósito de describir variables e analizar a súa incidencia e interrelación nun momento determinado. Así pois, é fundamentalmente descritivo, é dicir, busca indagar acerca da incidencia e os valores en que se manifesta unha ou máis variables a través da medición nun grupo de persoas ou obxectos e proporcionar a súa descrición. Do mesmo xeito, tamén é, en parte, correlacional-causal ao pretender relacións entre dúas ou máis variables descritas nun momento dado (Hernández et al., 2006). Por outra banda, con este deseño preténdese dar resposta aos seguintes obxectivos específicos: - Determinar se o profesorado galego de Formación Profesional conta con información en relación coa educación en contextos penitenciarios.
21 - Valorar o nivel de coñecemento do profesorado galego de FP sobre a educación en contextos penitenciarios. - Explorar a formación recibida polo profesorado galego de FP acerca da educación en contextos penitenciarios. - Descubrir se o profesorado galego de FP ten interese en recibir formación con respecto á educación en contextos penitenciarios. - Avaliar as percepcións do profesorado galego de FP en relación coa educación en contextos penitenciarios. 3.1.1. Período de estudo Este traballo de investigación desenvólvese entre os meses de xaneiro e xuño de 2023, ambos incluídos; por tanto, a duración total é de seis meses. No Anexo 1 pódese consultar o cronograma no que se detallan as distintas fases deste proceso. 3.1.2. Ámbito de estudo O ámbito de estudo da presente investigación encádrase no nivel educativo de Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia. En consecuencia, para acadar os obxectivos propostos contactouse co profesorado que imparte docencia en diferentes ciclos de Formación Profesional en Galicia. 3.1.3. Poboación e mostra Poucas veces se pode medir toda a poboación. Por este motivo, débese obter ou seleccionar unha mostra que é un subconxunto da poboación, a cal pretendemos que sexa un reflexo fiel do conxunto da poboación que queremos medir (Hernández et al., 2006). A poboación obxecto deste estudo é o corpo de profesores e profesoras que imparten docencia nos ciclos de Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, xa sexa en centros públicos, privados ou concertados. Para a selección da mostra realizouse unha mostraxe non probabilística ou dirixida, xa que a elección dos elementos non se baseou en fórmulas de probabilidade senón no proceso de toma de decisións dunha persoa ou grupo de persoas (Hernández et al., 2006). Nesta investigación, a mostra invitada é o total de profesorado de FP ao que se pode acceder a través da plataforma Outlook, espazo polo que se difunde o instrumento. En cambio, a mostra aceptante está conformada polo profesorado da mostra invitada que decidiu participar de xeito voluntario na investigación. Neste caso, resultou ser dun total de 431 persoas despois dun envío masivo de correos electrónicos a todos os centros educativos de Galicia que contan con algún ciclo formativo. Tras unha exhaustiva revisión das respostas recibidas, decidiuse non rexeitar ningunha persoa participante xa que das respostas rexistradas despréndese un cumprimento dos criterios previamente establecidos.
22 3.2. Instrumentos de investigación e recollida de datos Como instrumento de investigación elixiuse o cuestionario. Trátase dun conxunto de preguntas respecto a unha ou máis variables a medir, sendo probablemente a ferramenta máis empregada para a recollida de datos (Hernández et al., 2006). Neste caso, os obxectivos que se perseguen con este instrumento son: - Coñecer o perfil socioeducativo do profesorado de FP da Comunidade Autónoma de Galicia. - Afondar nos coñecementos do profesorado de FP de Galicia en relación coa educación en contextos penitenciarios. - Examinar a formación do profesorado de FP de Galicia no que respecta á educación en contextos penitenciarios. - Pescudar as percepcións do profesorado de FP de Galicia no referente á educación en contextos penitenciarios. Toda ferramenta de recollida de datos debe cumprir con tres requisitos fundamentais: a fiabilidade, a obxectividade e a validez. En primeiro lugar, a fiabilidade fai referencia ao grao no que unha aplicación repetida ao mesmo suxeito ou obxecto daría como resultado uns mesmos datos. En segundo lugar, a obxectividade é o grao no que o instrumento se ve influenciado por rumbos das persoas investigadoras que o aplican e interpretan. Finalmente, a validez refírese o grao no que o instrumento mide aquilo para o que foi deseñado (Hernández et al., 2006). Respecto a esta última, os mesmos autores sinalan que é posible ter tres tipos de evidencias: - Evidencia relacionada co contido ou validez de contido, que é o grao no que o instrumento mide adecuadamente as dimensións da variable. - Evidencia relacionada co criterio ou validez de criterio, que é o grao no que o instrumento mide aquilo para o que foi construído cando se compara con outros criterios externos. - Evidencia relacionada co constructo ou validez de constructo, que fai referencia ao grao no que o instrumento é consistente coa teoría subxacente ás variables que se están a medir. 3.2.1. Descrición e elaboración do cuestionario O cuestionario empregado no marco desta investigación (Anexo 2) consta de cinco seccións: características sociodemográficas (preguntas 1-13), coñecementos do profesorado de FP arredor da educación en contextos penitenciarios (preguntas 14-18), formación do profesorado de FP no que se refire á educación en contextos penitenciarios (preguntas 19- 22) e percepcións e interese do profesorado de FP sobre a educación en contextos penitenciarios (preguntas 23-26).
23 Trátase dun cuestionario autoadministrado e enviado por correo electrónico, é dicir, as persoas destinatarias contestan directamente ao instrumento marcando por si mesmas as respostas e sen existir unha persoa intermediaria. O cuestionario está composto por un total de vinte e seis preguntas das que dezanove son de resposta pechada (categorías ou alternativas de resposta que foron delimitadas) e as restantes de resposta aberta ao non delimitar de xeito previo as alternativas de resposta. Entre o total de preguntas de resposta pechada atopamos unha gran variedade ao existir preguntas dicotómicas, politómicas e de opción múltiple. Do mesmo xeito, conta con tres preguntas de escala Likert. Tamén se fixo uso da ramificación polo que hai preguntas excluíntes que fan que o cuestionario teña unha extensión menor para algunhas das persoas enquisadas. O cuestionario foi elaborado ex novo e de forma expresa para esta investigación. Para a súa elaboración baseámonos na literatura científica debidamente referenciada na presente investigación. É preciso mencionar que o cuestionario estivo aberto desde o 7 de marzo ata o 9 de maio de 2023, ambas xornadas incluídas. 3.2.2. Validación do cuestionario No deseño do cuestionario tivéronse en conta os tres requisitos que, de acordo a Hernández et al. (2006), debe posuír calquera ferramenta de recollida de datos: fiabilidade, obxectividade e validez. Polo que respecta á validez e á obxectividade do cuestionario pódese considerar que están garantidas en virtude do proceso seguido na construción do mesmo. Nun primeiro momento, realizouse unha exhaustiva revisión da bibliografía sobre a educación en contextos penitenciarios co obxecto de determinar as dimensións para recoller na investigación. Seguidamente, someteuse o cuestionario a unha revisión de persoas expertas cuxas achegas permitiron mellorar o instrumento a través da reformulación dalgunhas preguntas así como a modificación e ampliación das posibilidades noutros supostos. Tamén se procedeu á eliminación doutras preguntas que o equipo de persoas expertas consideraron superfluas ou que incorrían nalgunha reiteración, á fusión de preguntas co propósito de non excederse na duración do cuestionario e á adición doutras cuestións que acharon necesarias. Respecto da fiabilidade, considérase que tamén está garantida xa que se tivo en conta a estabilidade, a equivalencia e a consistencia interna. 3.3. Análise e procesamento da información Unha vez rematado o proceso de recollida dos datos, elaborouse a matriz de datos, que é unha táboa que contén os valores de cada suxeito en diferentes variables (Vilà e Bisquerra, 2009). Para elaborar a matriz utilizouse o paquete estatístico SPSS (Statistical Package for the Social Science) na súa versión 28 para codificar os datos, que consiste en asignar un valor numérico a cada un dos ítems que compón unha variable, outorgándolle así un significado (Hernández et al., 2006).
30 negativo. Son 406 (94,2%) as persoas que afirman non contar con eses coñecementos fronte ás 25 persoas (5,8%) que aseguran posuílos. Centrando a atención nas 25 persoas que afirmaron ter coñecementos, afondaremos a continuación no nivel de coñecemento que posúen (Figura 14). É necesario destacar que ningunha persoa conta cun coñecemento en profundidade e tan só tres contan con bastantes coñecementos (12,0%). A gran maioría atópase na parte baixa da escala con 12 persoas (48,0%) que teñen algúns coñecementos e 10 persoas (40,0%) que só conteñen coñecementos superficiais. Figura 13 Figura 14 Coñecementos educación prisión Grao de coñecemento O coñecemento das prisións, en xeral, e da educación en contextos penitenciarios, en particular, é practicamente inexistente entre o profesorado de FP. Unha situación que se corresponde co xa expresado polas diferentes investigacións que poñen de relevo que a educación nos centros penitenciarios é un fenómeno moi complexo e ademais moi pouco estudado no noso país (Varela et al., 2020), quedando o acceso á educación moitas veces relegado fronte a outras finalidades do sistema penitenciario (Bassotti, 2022). 3.5.2. Formación do profesorado de FP en relación coa educación en contextos penitenciarios Polo que respecta á formación inicial (Figura 15), é dicir, a que ofrece o sistema educativo formal e coa que se trata de preparar ás persoas para o desempeño dunha profesión (Mariño-Fernández et al., 2021), case a totalidade das persoas participantes declara non ter recibido ningunha formación. Só 4 persoas, o que se traduce no 0,9% do conxunto, afirman que recibiron algunha formación inicial sobre o contexto educativo en centros penitenciarios. Desas catro persoas obtívose unha maior información por parte de tres delas que informaron que esa formación inicial foi adquirida durante os estudos do Grao de Educación Social, no Grao de Pedagoxía e a través de formacións para ser formadora de persoas paradas. No caso da formación continua (Figura 16), que é a ferramenta de mellora 94,2% 5,8% Non Si 40,0% 48,0% 12,0% 0,0% 0 2 4 6 8 10 12 14 Coñecemento superficial Algún coñecemento Bastantes coñecementos Coñecemento en profundidade
31 da cualificación profesional ao servizo do desempeño laboral (Mariño-Fernández et al., 2021), tan só 2 persoas das 431 que conforman a mostra aceptante (0,5%) recibiu este tipo de formación. Con todo, non se obtiveron datos en relación co tipo de formación que recibiron esas dúas persoas participantes. Figura 15 Figura 16 Formación inicial Formación continua Ademais, descubríronse diferenzas estatisticamente significativas entre a presenza de formación inicial nas persoas entrevistadas e a formación de acceso ao corpo de docentes de FP (χ²= 22,319, p≤ 0,001). Tamén hai diferenzas entre a formación continua e a idade das persoas participantes no estudo (χ²= 23,604, p≤ 0,001) así como na formación continua en relación co máximo nivel de estudos acadado, debendo destacar que as únicas persoas que recibiron este tipo de formación foron aquelas que contaban con estudos de Formación Profesional (χ²= 12,424, p≤ 0,014). O estudo de Añaños et al. (2021) sinalou que a maioría das investigacións internacionais sobre a educación media e universitaria en prisión destacaban como unha carencia común o escaso profesorado e a falta de preparación pedagóxica específica para adaptarse ao complexo contexto penitenciario. Estes datos veñen a ser confirmados na presente investigación, na que se achou a falta de formación do profesorado de FP galego en relación coa educación neste particular contexto de intervención educativa. 3.5.3. Percepcións do profesorado de FP en relación coa educación en contextos penitenciarios Atendendo ao grao de interese que presentan as persoas entrevistadas para recibir formación sobre a educación en contextos penitenciarios (Figura 17), a diversidade de opinións é moi ampla. O 29,5% da mostra aceptante non está nada interesado en recibir formación (127 persoas) sendo o grupo máis numeroso pero seguido moi de preto polas 114 persoas que terían bastante interese (26,5%). O grupo menos numeroso é o das persoas que tería moito interese, con todo, logra acadar as 84 persoas (19,5%). O restante 24,6% amosa 99,1% 0,9% Non Si 99,5% 0,5% Non Si
32 algo de interese. Ben diferente é o grao de necesidade de incluír esta formación no alumnado que está a preparar a súa entrada ao corpo docente (Figura 18). Neste caso, as persoas entrevistadas móstranse moito máis favorables, sendo os grupos máis numerosos aqueles que opinan que sería bastante (38,3%) e moi necesario (32,3%). Pola contra, o grupo menos numeroso está conformado por 39 persoas que aseguran que non é nada necesario (9,0%) seguido das 88 persoas que opinan que é algo necesario (20,4%). Figura 17 Figura 18 Grao de interese Grao de necesidade Nesta ocasión, hai que facer mención ás diferenzas significativas atopadas e que se presentan neste caso entre o grao de interese do profesorado entrevistado á hora de recibir formación sobre a educación en contextos penitenciarios e a idade, que ven a sinalar que as persoas de maior idade mostran un menor interese (χ²= 38,775, p≤ 0,001). Moi similares as diferenzas estatisticamente significativas en relación coa experiencia e que veñen a apoiar que o profesorado cunha maior experiencia docente presenta un menor grao de interese en recibir este tipo de formación (χ²= 57,565, p≤ 0,001). Na mesma liña, o grao de interese en función da situación laboral actual das persoas entrevistadas, sendo os funcionarios de carreira aqueles que manifestan un menor interese en relación co corpo docente interino, substituto ou contratado (χ²= 47,041, p≤ 0,001). Ademais, é importante sinalar que hai correlación entre o grao de interese en recibir formación sobre a educación en contextos penitenciarios e o grao de necesidade de incluír esta formación naquelas persoas que están a preparar a súa entrada no corpo docente trala realización da proba de Correlación de Pearson (p≤ 0,001). 29,5% 24,6% 26,5% 19,5% 0 20 40 60 80 100 120 140 Nada de interese Algo de interese Bastante interese Moito interese 9,0% 20,4% 38,3% 32,3% 0 20 40 60 80 100 120 140 160 180 Nada necesario Algo necesario Bastante necesario Moi necesario
33 Partindo de que a formación inicial do corpo docente asenta as súas bases curriculares sobre a necesidade de adquisición de competencias didácticas e pedagóxicas básicas que lles permitirán impartir docencia (Mariño-Fernández et al., 2021) e sumado a que é imposible separar o proceso educativo do contexto en que este ten lugar (Scarfó 2022), cada vez é máis necesaria a formación específica do corpo docente para actuar no ámbito penal (Villanueva, 2019). Unha necesidade que tamén é identificada polo profesorado galego de FP entrevistado no presente estudo, que na súa maioría considera que sería convinte incluír esta formación no alumnado que está a preparar o seu acceso ao corpo docente. Por outra banda, a formación continua permite cubrir as necesidades formativas e laborais que o propio contexto demanda aos profesionais (Mariño-Fernández et al.,2021). Por este motivo, é lóxico e coherente que sexa o profesorado máis mozo e con menor estabilidade laboral o que estea máis interesado en se formaren para un contexto no que poderían chegar a intervir no seu futuro profesional. Finalmente, case hai unanimidade cando se lle pregunta ás persoas entrevistadas se consideran que a FP en centros penitenciarios favorece a futura inserción laboral das persoas penadas (Figura 19). Tan só 8 persoas (1,9%) opinan que non favorece esa futura inserción fronte a un gran 98,1% da mostra. Figura 19 Futura inserción laboral. A opinión maioritaria do profesorado participante no presente estudo coincide plenamente co marco teórico xa relatado. Ademais dun dereito, a educación en contextos penitenciarios constitúe un dos principais medios para garantir unha adecuada reinserción social (Varela et al., 2020) e en consecuencia, a futura inserción laboral das persoas privadas de liberdade (del Pozo, 2017). Isto gaña aínda máis peso no caso da Formación Profesional en prisión, que mellora de forma clara as súas perspectivas laborais e, en consecuencia, a súa reinserción social (CEDEFOP, 2011). 1,9% 98,1% Non Si
34 4. Conclusións Entrando na fase final da investigación, é agora o momento de realizar unha valoración do cumprimento dos obxectivos propostos. Polo que respecta ao obxectivo de determinar se o profesorado galego de FP conta con información en relación coa educación en contextos penitenciarios, este estudo evidencia que a información é escasa xa que practicamente a metade da mostra aceptante non sabía no momento de responder ao cuestionario que existían estudos de Formación Profesional nos centros penitenciarios. En relación coa valoración do nivel de coñecementos do profesorado galego de FP sobre a educación en contextos penitenciarios, a análise dos datos mostra que este coñecemento está presente nunha minoría do profesorado, sendo ademais, un coñecemento superficial ou escaso na maioría das respostas rexistradas. Do mesmo xeito, no relativo ao obxectivo de explorar a formación recibida polo profesorado galego de FP acerca da educación en contextos penitenciarios extraese que ter recibido formación sobre este contexto tan específico é a excepción tanto no que se refire á formación inicial como continua. Estes baixos datos de presenza de formación contrastan coas valoracións do propósito de descubrir se o profesorado galego de FP ten interese en recibir formación con respecto á educación en contextos penitenciarios. A investigación realizada manifesta que hai unha gran parte do profesorado participante interesado en recibir formación sobre a temática que estamos a tratar, sendo especialmente relevante no profesorado de menor idade. Finalmente, en relación coas percepcións do profesorado galego de FP sobre educación en contextos penitenciarios, a maioría do profesorado coincide en que é necesario incluír esta formación no alumnado que está a preparar a súa entrada no corpo docente e case a totalidade cre que a FP en contextos penitenciarios favorece a futura inserción laboral das persoas penadas. A realización deste traballo de investigación ofreceu a posibilidade de achegarse á investigación de campo, aprendendo a elaborar estratexias metodolóxicas propias deste tipo de traballos e mellorando a competencia relativa á elaboración de instrumentos de recollida de datos, neste caso, o cuestionario. Ao mesmo tempo, desenvolveuse a habilidade para traballar con programas estatísticos como o SPSS, frecuentemente empregado para analizar os datos nas investigacións científicas. Ademais, este estudo permitiu coñecer, a través dunha metódica revisión bibliográfica a situación actual do sistema penitenciario español e afondar no desenvolvemento do dereito a educación neste tipo de contextos, atendendo especialmente á Formación Profesional. Con todo, é necesario sinalar que a investigación contou con certas limitacións. A principal limitación non é outra que o conxunto de características do contexto que estamos a estudar, o penitenciario. O certo é que as prisións conforman un universo de moi difícil acceso, configurándose a institución carceraria como un armazón illado da sociedade que impediu acceder a datos e información que non chegan a facerse públicos ou a realización de
35 entrevistas persoais a profesorado e alumnado que cursa estudos de FP en centros penitenciarios. Ademais, como xa se apuntou, a oferta formativa actual de FP en contextos penitenciarios é especialmente baixa e polo tanto, non existen outras investigacións previas a este respecto que poidan axudar a realizar o presente estudo. O sistema penal e penitenciario español, como se extrae da fundamentación deste traballo, asume o ambicioso e difícil obxectivo da reinserción. Estas altas pretensións tiveron como consecuencia que a prisión, na actualidade, sexa unha institución social con obxectivos cada vez máis complexos e contraditorios, onde a Administración Penitenciaria vai ter que asumir non só a tradicional responsabilidade de protexer á sociedade do delincuente, mediante o peche e a vixilancia, senón tamén modificar a conduta e as actitudes deste, así como favorecer a súa reintegración social. Efectivamente, son moitas as ocasións nas que ambos os retos entran en conflito dada a súa contraditoria natureza; isto ocorre posto que o obxectivo é conseguir que as persoas recluídas adquiran un sentido da responsabilidade nun medio onde mesmo as actividades humanas máis simples están controladas (Gallardo, 2016), constituíndo a prisión un dos escenarios máis complexos do campo do ensino (Varela et al., 2020). A isto hai que engadir que o alumnado que asiste ás escolas nas unidades penais, caracterizado pola súa heteroxeneidade, foron e son suxeitos de múltiples exclusións ás que agora se suma unha nova: a privación da liberdade. Deste xeito, estudar no cárcere permite ás persoas encarceradas recuperar polo menos o dereito negado da educación (Echegaray, 2018). Non hai discusión ao afirmar que a carencia de formación é un obstáculo no proceso de integración social das persoas. Polo tanto, as actividades educativas que se desenvolvan no medio penitenciario deben ser útiles para a preparación das persoas internas de cara á súa futura vida en liberdade, misión para a que a FP podería ter un papel fundamental (Rodríguez Yagüe, 2013). Os grandes beneficios da FP para lograr a reinserción social e laboral das persoas penadas provocan que este sexa un tema de grande importancia para o profesorado de Formación Profesional, que podería rematar impartindo docencia destes estudos en centros penitenciarios do noso país. Por este motivo, devén necesaria unha maior información a este respecto e, sobre todo, unha maior formación do profesorado, o que pode favorecer unha educación de calidade das persoas privadas de liberdade, facendo efectivo, deste xeito, o seu dereito fundamental á educación.
36 5. Bibliografía Albert, M.J. (2007). La investigación educativa. Claves teóricas (1ªed.). McGraw Hill. Añaños F.T., Gil, F., Raya, R. e Soto, F. (2021). Estudiar en prisión: la situación actual de las mujeres en contextos penitenciarios españoles. Psychology, Society, & Education, 13(1), 115-125. https://ojs.ual.es/ojs/index.php/psye/article/view/3494 Añaños-Bedriñana, F., Fernández-Sánchez, M. P. e Llopis, J. J. (2013). Aproximación a los contextos en prisión. Una perspectiva socioeducativa. Revista Interuniversitaria de Pedagogía Social, 22, 13-28. https://acortar.link/O8Agj3 Añaños-Bedriñana, F.T. e Yagüe, C. (2013). Educación social en prisiones: planteamientos iniciales y políticas encaminadas hacia la reinserción desde la perspectiva de género. Pedagogía social: Revista Interuniversitaria, 22, 7-12. http://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/4275715.pdf Asamblea General de la ONU. (1948). Declaración Universal de los Derechos Humanos. Ayuso, A. (2003). Visión crítica de la reeducación penitenciaria en España. Nau Llibres. Baranger, J., Rousseau, D., Mastrorilli, M. E. e Matesanz, J. (2018). Doing Time Wisely: The Social and Personal Benefits of Higher Education in Prison. The Prison Journal, 98(4), 490-513. https://doi.org/10.1177/0032885518776380 Bartolomé, C. e Sánchez, A. I. (2011). La Formación para el Empleo en los Centros Penitenciarios. Innovación y formación, 6, 67-68. https://acortartu.link/0zxah Bassotti, M. E. (2022). Reflexiones sobre el derecho a la educación en ámbitos carcelarios. Revista Pensamiento Penal, 428, 1-7. https://acortar.link/QSZPzI Batchelder, J. S. e PippPPert, J. M. (2002). Hard time or idle time: Factors affecting inmate choices between participation in prison work and education programs. The Prison Journal, 82(2), 269-80. https://doi.org/10.1177/003288550208200206 Bedmar. M. e Fresneda, M. D. (2000). Excluidos y recluidos. Educación en la prisión. Pedagogía Social: Revista Interuniversitaria, 6-7, 12-145. https://acortartu.link/vpjdg Blazich, S. (2007). La educación en contextos de encierro. Revista Iberoamericana de Educación, 44(1), 53-60. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2372339 Caballero, J. (1985). El estudio en prisión como instrumento de tratamiento. Tratamiento penitenciario: su práctica, 159-171. https://acortartu.link/rnpid Caride, J.A. e Gradaílle, R. (2013). Educar en las cárceles: nuevos desafíos para la educación social en las instituciones penitenciarias. Revista de educación, 360, 36-47. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4098029 Casado, J. (2013). Visión del sistema penitenciario. Intervención psicoeducativa en la desadaptación social: IPSE-ds, 6, 41-54. https://acortar.link/7ZBkaT
37 Castaño, P. (2014). ¿Otra política penal es posible? Un estudio sobre la viabilidad de una política criminal alternativa al populismo punitivo. Estudios penales y criminológicos, 34, 561-638. https://acortar.link/if3fQA Castillo, J. e Ruiz, M. (2007). Un reto educativo en el Siglo XXI: La educación de delincuentes dentro del ámbito penitenciario. Una perspectiva de género. XXI, Revista de Educación, 9, 301-314. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2569428 Centro Europeo para el Desarrollo de la Formación Profesional [CEDEFOP] (2011). A pesar de sus numerosos beneficios, la formación profesional carece de reconocimiento [Arquivo PDF]. https://www.cedefop.europa.eu/files/9061_es.pdf Colom, A.J. e Núñez, L. (2001). Teoría de la Educación. Síntesis. Constitución Española [CE]. Boletín Oficial del Estado (BOE) núm. 311 de 29 de diciembre de 1978. Ref. BOE-A-1978-31229. de la Cuesta, J.L e Blanco, I. (1998). El Sistema Prisional en España. Eguzkilore: Cuaderno del Instituto Vasco de Criminología, 12, 243 – 272. https://acortar.link/2OFfsG del Pozo, F. J. (2017). La educación en las prisiones españolas: formación y acción socioeducativa con reclusas drogodependientes. Educación XX1: Revista de la Facultad de Educación, 20(2), 343-363. https://acortartu.link/moh3x del Pozo, F. J. e Añaños-Bedriñana, F. T. (2013). La Educación Social Penitenciaria: ¿De dónde venimos y hacia dónde vamos?. Revista Complutense de Educación, 24(1), 47- 68. https://doi.org/10.5209/rev_RCED.2013.v24.n1.41191 Delgado, L. E. (2004). El artículo 25.2 CE: Algunas consideraciones interpretativas sobre la reeducación y la reinserción social como fin de las penas privativas de libertad. Revista jurídica de Castilla y León, 1(Extra: 25 años de Constitución), 339-370. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=835214 Díez, J.L. (2011). Un diagnóstico y algunos remedios de la política criminal en España. Teoría y derecho. Revista de pensamiento jurídico, 10, 171 – 188. https://acortartu.link/3w5wo Dirección Xeral de Formación Profesional (s.d.). Buscador de ciclos FP con oferta sostida con fondos públicos. https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclos Echegaray, M.N. (2018). Educación en contextos de encierro. Análisis de los problemas de gobernabilidad. Archivos de Criminología, Seguridad Privada y Criminalística, 20, 7- 19. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6370958 Fernández Bermejo, D. (2014a). Individualización científica y tratamiento en prisión. Ministerio del Interior. Fernández Bermejo, D. (2014b). El fin constitucional de la reeducación y reinserción social: ¿un derecho fundamental o una orientación política hacia el legislador español? Anuario de derecho penal y ciencias penales, 67(1), 363-415. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5229718
38 Fernández Bermejo, D. (2015). El sistema de ejecución de condenas en España: el sistema de individualización científica. Estudios penales y criminológicos, XXXV, 125-187. https://revistas.usc.gal/index.php/epc/article/view/2259 Gallardo, R. M. (2016). Los programas y actividades del tratamiento penitenciario: la necesaria adaptación de la norma. Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, 20, 139-160. https://revistas.udc.es/index.php/afd/article/view/afdudc.2016.20.0.1918 Gallego, M., Cabrera, P.J., Ríos, J.C. e Segovia J.L. (2010). Andar 1 km en línea recta. La cárcel del siglo XXI que vive el preso. Universidad Pontificia Comillas Gerber, J. e Fritsch, E. J. (1995). Adult academic and vocational correctional education programs: A review of recent research. Journal of Offender Rehabilitation, 22(1-2), 119-42. https://doi.org/10.1300/J076v22n01_08 Gil, F. (2010). La acción pedagógica en las prisiones posibilidades y límites. Revista española de pedagogía, 68(245), 49-66. https://acortartu.link/k5swx Gómez, A. (2007). La investigación educativa. Claves teóricas (1ªed.). McGraw Hill. Gutiérrez, J.; Viedma, A. e Callejo, J. (2010). Estudios superiores en la educación penitenciaria española: un análisis empírico a partir de los actores. Revista de Educación, 353, 443-68. https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:208ee311-abbf- 4f9d-a1a5-7e70882d663b/re35316-pdf.pdf Hernández, R., Fernández-Collado, C. e Baptista, P. (2006). Metodología de la investigación (4ª ed.). McGraw Hill. Jacobs, J. B. (1977). Stateville. The Penitentiary in Mass Society. The University of Chicago Press. León, A. (2007). ¿Qué es la educación?. Educere, 11(39), 595-604. https://acortartu.link/5wj09 Ley Orgánica 1/1979, de 26 de septiembre, General Penitenciaria [LOGP]. Boletín Oficial del Estado (BOE) núm. 239 de 5 de octubre de 1979 (España). Ref. BOE-A-1979-23708. Ley Orgánica 1/1990, de 3 de octubre, de Ordenación General del Sistema Educativo [LOGSE]. Boletín Oficial del Estado (BOE) núm. 238, de 4 de octubre de 1990 (España). Ref. BOE-A-1990-24172. Ley Orgánica 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal [CP]. Boletín Oficial del Estado (BOE) núm. 281 de 24 de noviembre de 1995 (España). Ref. BOE-A-1995-25444. Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación [LOMLOE]. Boletín Oficial del Estado (BOE) núm. 340, de 30 de diciembre de 2020. Ref. BOE-A-2020-17264. Lochner, L. e Moretti, E. (2004). The effect of education on crime: Evidence from prison inmates, arrests, and self-reports. American Economic Review, 94(1), 155-89. https://doi.org/10.1257/000282804322970751
39 López-Roldán, P. e Fachelli, S. (2015). Metodología de la investigación social cuantitativa. Universitat de Barcelona. Lorenzo, M., Varela, C. e García, J. (2017). La universidad en un centro penitenciario una razón más para la Pedagogía. Revista de estudios e investigación en psicología y educación, 8, 62-67. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6349089 M.M. (7 de decembro de 2021). Formación Profesional entre rejas en Almería en pos de una nueva oportunidad. Diario de Almería. https://acortartu.link/z7p8f Marenales, E. (1996). Educación formal, no formal e informal. Temas para concurso de maestros. Editorial Aula. Mariño-Fernández, R., Barreria-Cerqueiras, E.M., Rego-Agraso, L. e Irmscher, M. (2021). La formación inicial y continua del cuerpo docente de FP: satisfacción y competencia percibida en tiempos de crisis. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 24(2), 193-209. https://doi.org/10.6018/reifop.470391 Martínez, P. (1999). Posibilidades y limitaciones de la formación desde los centros penitenciarios. Zerbitzuan: Gizarte zerbitzuetarako aldizkaria, 36, 65-71. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2698801 McMillan, J.H. e Schumacher, S. (2005). Investigación educativa. Una introducción conceptual. Pearson Educación, S. A. Montero, E. (2019). La reeducación y la reinserción social en prisión: el tratamiento en el medio penitenciario español. Educación y Exclusión Social, 7, 227-249. https://revistas.uca.es/index.php/ReSed/article/view/4421 Nikken, P. (1994). El Concepto de Derechos Humanos. Estudios Básicos de Derechos Humanos, 1-6. https://acortar.link/krilEh Nistal, J. (2009). 30 años de legislación penitenciaria bajo el prisma del Tribunal Constitucional. Un breve apunte. Diario La Ley, 7250(Sección Tribuna, 28 de septiembre). https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3045201 Pita, S. e Pértegas, S. (2002). Investigación cuantitativa y cualitativa. Cad Aten Primaria, 9, 76-78. https://acortar.link/ZMQ7ZI Placer, L. (18 de diciembre de 2022). Un día estudiando FP en la cárcel. La Voz de Galicia. https://acortartu.link/2is6s Real Decreto 1203/1999, de 9 de julio, por el que se integran en el Cuerpo de Maestros a los funcionarios pertenecientes al Cuerpo de Profesores de Educación General Básica de Instituciones Penitenciarias y se disponen normas de funcionamiento de las unidades educativas de los establecimientos penitenciarios. Boletín Oficial del Estado (BOE) núm. 173, de 21 de julio de 1999 (España). BOE-A-1999-15848
46
47
48
49
50