scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Unha aposta meteórica para abolir as matemáticas do xurásico

Rey Vázquez, Alba

Abstract

Neste traballo de fin de grao de mestre/a de educación primaria preséntase unha proposta didáctica innovadora para traballar as matemáticas dentro dun contexto interdisciplinario. Partindo dun tema de interese para o alumnado, esta proposta foi concibida para abordar, principalmente, contidos relacionados coas magnitudes e a súa medida, aínda que tamén se traballan contidos doutras materias. A metodoloxía empregada no desenvolvemento da proposta está baseada na aprendizaxe colaborativa e segue un enfoque STEAM. Os resultados obtidos revelan a necesidade de introducir este tipo de actividades na aula para que os nenos e as nenas sexan quen de adquirir o sentido da medida. Ademais, partir do seu centro de interese axuda a incrementar a súa motivación

Full text

Alba Rey Vázquez Unha aposta meteórica para abolir as matemáticas do xurásico Facultade de Ciencias da Educación Xuño 2022 Traballo de Fin de Grao presentado na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao de Mestre/a de Educación Primaria. Traballo de fin de grao A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO UNHA APOSTA METEÓRICA PARA ABOLIR AS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO UNA APUESTA METEORÍTICA PARA ABOLIR LAS MATEMÁTICAS DEL JURÁSICO A METEORITE BET TO ABOLISH JURASSIC MATHEMATICS A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 3 Resumo Neste traballo de fin de grao de mestre/a de educación primaria preséntase unha proposta didáctica innovadora para traballar as matemáticas dentro dun contexto interdisciplinario. Partindo dun tema de interese para o alumnado, esta proposta foi concibida para abordar, principalmente, contidos relacionados coas magnitudes e a súa medida, aínda que tamén se traballan contidos doutras materias. A metodoloxía empregada no desenvolvemento da proposta está baseada na aprendizaxe colaborativa e segue un enfoque STEAM. Os resultados obtidos revelan a necesidade de introducir este tipo de actividades na aula para que os nenos e as nenas sexan quen de adquirir o sentido da medida. Ademais, partir do seu centro de interese axuda a incrementar a súa motivación. Palabras clave: magnitudes, medida, STEAM, centro de interese, aprendizaxe colaborativa. Resumen En este trabajo de fin de grado de maestro/a de educación primaria se presenta una propuesta didáctica innovadora para trabajar las matemáticas dentro de un contexto interdisciplinario. Partiendo de un tema de interés para el alumnado, esta propuesta fue concebida para abordar, principalmente, contenidos relacionados con las magnitudes y su medida, aunque también se trabajan contenidos de otras materias. La metodología empleada en el desarrollo de la propuesta está basada en el aprendizaje colaborativo y sigue un enfoque STEAM. Los resultados obtenidos revelan la necesidad de introducir este tipo de actividades en el aula para que los niños y las niñas sean quien de adquirir el sentido de la medida. Además, partir de su centro de interés ayuda a incrementar su motivación. Palabras clave: magnitudes, medida, STEAM, centro de interés, aprendizaje colaborativo. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 4 Summary In this final degree project of primary education teacher, an innovative didactic proposal is presented to work mathematics within an interdisciplinary context. Starting from a topic of interest to students, this proposal was conceived to address, mainly, contents related to the magnitudes and their measurement, although contents of other subjects are also worked. The methodology used in the development of the proposal is based on collaborative learning and follows a STEAM approach. The results obtained reveal the need to introduce this type of activities in the classroom so that children are the ones who acquire the sense of measurement. In addition, starting from their center of interest aid to increase your motivation. Keywords: magnitudes, measurement, STEAM, center of interest, collaborative learning. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 5 Índice Resumo ................................................................................................................................. 3 Índice .................................................................................................................................... 5 Índice de abreviaturas ........................................................................................................... 7 Índice de táboas .................................................................................................................... 8 Índice de figuras .................................................................................................................... 8 1. Introdución ..................................................................................................................... 9 2. Marco Teórico ................................................................................................................ 9 2.1. O Centro de Interese ............................................................................................... 9 2.2. As Competencias STEAM ......................................................................................11 2.3. A Intelixencia Lóxico-Matemática ...........................................................................14 2.4. A Adquisición da Idea de Magnitude ......................................................................15 2.5. Erros e Dificultades na Adquisición das Magnitudes e a súa Medida .....................19 3. Deseño da Proposta de Innovación Pedagóxica ...........................................................20 3.1. Introdución .............................................................................................................20 3.2. Contexto .................................................................................................................21 3.3. Contidos .................................................................................................................21 3.4. Obxectivos e Competencias ...................................................................................23 3.5. Metodoloxía ...........................................................................................................24 3.6. Secuencia de Actividades ......................................................................................24 3.6.1. Actividades Iniciais Previas ao Proxecto .........................................................24 3.6.2. O Proxecto dos Dinosauros.............................................................................27 3.7. Procedementos de Avaliación ................................................................................33 4. Reflexión da Proposta ...................................................................................................36 A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 6 5. Conclusións e Contribución á Mellora das Competencias Profesionais .........................39 Referencias ..........................................................................................................................41 Anexos .................................................................................................................................45 Anexo I. Rúbricas de avaliación dos dinosauros ...............................................................45 A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 7 Índice de abreviaturas Abreviatura Significado ABP Aprendizaxe Baseada en Proxectos LOMCE Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa STEAM Do inglés Science, Technology, Engineering, Arts & Mathematics STEM Do inglés Science, Technology, Engineering & Mathematics TDAH Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade TFG Traballo de Fin de Grao TIC Tecnoloxías da Información e da Comunicación A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 8 Índice de táboas Táboa 1 Contidos conceptuais. ............................................................................................22 Táboa 2 Contidos procedimentais. .......................................................................................22 Táboa 3 Contidos actitudinais. .............................................................................................23 Índice de figuras Figura 1 Resumo do proxecto dos dinosauros. ....................................................................27 Figura 2 a) Folio pintado de diversas cores. b), c) e d) Exemplo de nome, peso e altura, respectivamente, escritos sobre o folio de cores e pegado sobre cartolina negra. ...............30 Figura 3 Modelo exemplo do mural a realizar. .....................................................................31 Figura 4 a) Autoavaliación intermedia. b) Autoavalación final. .............................................34 Figura 5 Rúbrica para avaliar de forma xeral ao alumnado na proposta. .............................35 Figura 6 a) Neno e nena comparando a súa altura nun espello. b) e c) Neno sopesando coas mans o peso de dúas mochilas. ...........................................................................................37 Figura 7 a) Nenos e nena realizando a medida do longo da mesa e dialogando entre eles/a. b) Nenas lendo os retos para logo poder resolvelos en equipo. ...........................................38 Figura 8 a) Nenas medindo a banda amarela, utilizando a banda negra de patrón. b) Nenos e nenas realizando a medida do ancho da mesa con regretas. c) Neno medindo o seu peso nunha báscula. .....................................................................................................................39 Figura 9 Rúbrica de avaliación da área de matemáticas. .....................................................45 Figura 10 Rúbrica de avaliación da área de lingua galega. ..................................................46 Figura 11 Rúbrica de avaliación da área de educación artística - educación plástica. .........47 Figura 12 Rúbrica de avaliación da área de ciencias da natureza e ciencias sociais. ..........48 A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 9 1. Introdución O presente documento constitúe o Traballo de Fin de Grao (TFG) do grao de Mestre/a de Educación Primaria na Universidade de Santiago de Compostela. Enmárcase dentro da modalidade de deseño dun proxecto de intervención ou dunha proposta de innovación pedagóxica. Atópase dividido en varios apartados, seguindo a Guía do Traballo de Fin de Grao para o curso académico 2021/2022. Este traballo consiste nun proxecto didáctico que vai dirixido a unha aula de segundo curso de educación primaria dun centro público situado na contorna urbana de Santiago de Compostela, cun total de 25 nenos e nenas. Durante o período de prácticas de cuarto curso do grao de Mestre/a de Educación Primaria, tiven a oportunidade de traballar unha parte das magnitudes e a súa medida. Tras un período de observación na aula, vin que un dos temas que lles interesaba aos rapaces e ás rapazas eran os dinosauros, polo que decidín que esta proposta xirase en torno a iso. Aínda así, o punto de partida deste proxecto ten como punta da lanza a ensinanza das matemáticas, concretamente as magnitudes e a súa medida, pero, considerando unha boa oportunidade realizalo a través dunha proposta interdisciplinaria, decidín realizalo desta maneira. Este traballo ten, como fin principal, presentar unha proposta para abordar a ensinanza e aprendizaxe das magnitudes lonxitude e masa dunha maneira contextualizada e innovadora, afastada do ensino tradicional. Así, as competencias do grao de Mestre/a de Educación Primaria que se desenvolven con este traballo son: deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula; coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria; e promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais. 2. Marco Teórico 2.1. O Centro de Interese O centro de interese constitúe un método pedagóxico baseado nun conxunto de contidos e actividades que xiran en torno a unha temática central. Resultan moi significativos para o alumnado xa que tratan aspectos da realidade na que viven (Castro, 1971), espertando a súa curiosidade, interese e motivación por aprender (L. F. García, 2015). Foi Decroly quen desenvolveu este novo método, centrado na globalización como un principio pedagóxico baseado nos intereses e percepcións do/a neno/a como o elemento principal do seu desenvolvemento (A. I. Serrano, 2013). Ademais, os centros de interese reflexan unha realidade; neles desenvólvense contidos aos que logo os/as alumnos/as poden darlles un sentido práctico na súa vida e na sociedade. O/a neno/a traballa nun só ambiente e escenario, A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 16 capacidade, tempo e diñeiro, ademais de desenvolver habilidades como a estimación, a medición, a conversión e o cálculo (Valdivia-Hernández et al., 2021). Durante a etapa de educación infantil, os nenos e as nenas deben ter o primeiro contacto con algunhas das magnitudes, como a lonxitude, a masa ou o tempo (Canals, 2001). Deben realizar unha primeira comparación de obxectos, ordenalos, facer composicións e descomposicións dunha lonxitude ou dun peso en outras máis pequenas, á vez que comparan unha magnitude a medir cunha determinada unidade, para saber cantas veces se atopa esta no obxecto e asignarlle un número (Canals, 2001). Por iso, nos dous primeiros cursos da etapa de educación primaria deberán ampliar todos estes coñecementos, comprendendo máis amplamente as magnitudes e as súas medidas, descubrindo, ademais, a importancia de realizar unha medición precisa e utilizando correctamente os instrumentos de medida (Albarracín et al., 2018). É así como o/a neno/a vai adquirindo a idea de medida de forma progresiva. Piaget foi quen estableceu os estadios de desenvolvemento da idea de medida do/a neno/a (M. González, 2006). O primeiro deles é o da comparación perceptiva directa, na que o rapaz/a fai percepcións visuais directas e globais; non sente a necesidade de aproximar os obxectos para comparalos senón que o fai coa aparencia (M. González, 2006). De feito, nesta primeira etapa, os nenos e as nenas fan un uso inadecuado dos sentidos da vista e do tacto, levándoos/as a xerar respostas incorrectas (Gusmão et al., 2012). No segundo estadio de comparación por desprazamento de obxectos, o/a rapaz/a xa fai uso do desprazamento manual ou dun termo medio (M. González, 2006), superpoñendo directamente os obxectos ou empregando un intermediario para comparalos (M. J. González, 2015). Ademais, tal e como indica este mesmo autor, moitos/as nenos e nenas teñen dificultades á hora de medir obxectos cun intermedio máis pequeno. M. González (2006) e M. J. González (2015) din que o neno ou a nena nesta etapa xa é capaz de utilizar a propiedade transitiva das cantidades de magnitude, na que se un obxecto é maior que un segundo e este é maior que un terceiro, entón o primeiro vai ser maior que o terceiro. Tras finalizar este estadio, o neno ou a nena xa será capaz de desenvolver e perfeccionar a idea de unidade de medida (M. González, 2006). É importante ter en conta todo o anterior á hora de planificar os procesos de ensinanzaaprendizaxe das magnitudes e a súa medida, que se deben levar a cabo en diferentes fases. A primeira delas é a percepción da magnitude, na que o alumnado debe recoñecer, entre todas as características dun mesmo obxecto ou situación, aquela que vai ser medida, sendo capaz de distinguilas entre todas as demais (Moreno et al., 2015). De igual forma, a través da experimentación coa mesma, o/a rapaz/a relaciona esa medida e a necesidade da mesma co seu entorno cotiá. É por iso que antes de falarlle a un neno ou a unha nena sobre a lonxitude ou sobre a masa, entre outras magnitudes, teñen que experimentar con elas tocando, A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 17 comparando, collendo... (Biniés, 2008). Así mesmo, Dubreucq-Choprix e Fortuny (1988) destacan que os nenos e as nenas, mediante a observación, identifican as características sensoriais dos obxectos así como as similitudes e diferenzas entre os mesmos. Para percibir e identificar unha calidade medible dun determinado obxecto ou situación, téndese, de forma natural, a realizar comparacións deste mesmo atributo noutros obxectos ou situacións que tamén o conteñen (Moreno et al., 2015). Polo tanto, tras a percepción e experimentación coa magnitude, o seguinte paso será establecer esas relacións e comparacións entre diferentes obxectos, podendo clasificalos, agrupándoos en función das características, ou ordenalos, establecendo unha secuencia determinada (Biniés, 2008). Estas comparacións, que se poden dar de forma manipulativa, visual ou perceptiva mediante accións como tocar, mirar ou saborear, permiten relacionar e identificar as propiedades medibles dun obxecto sen a necesidade de ter unha habilidade numérica previa para poder experimentar esta fase (Godino et al., 2002; Moreno et al., 2015). Estas comparacións poden darse de dúas maneiras: ben aproximando os obxectos a comparar ou situando un encima doutro (comparación directa) ou ben precisando dun referente, que funciona como intermediario, para poder comparar ambos obxectos que non se poden aproximar (comparación indirecta) (Moreno et al., 2015). Ademais, todo este proceso de observación e asociación de obxectos permite ao alumnado adquirir e desenvolver un amplo vocabulario científico-matemático por medio da expresión oral e escrita (Dubreucq-Choprix e Fortuny, 1988). A necesidade que xorde á hora de realizar comparacións nas que se precisa empregar un referente ou intermediario, require utilizar unha unidade de medida que funcione como referente (Moreno et al., 2015) e que se empregue para poder medir esas magnitudes nos obxectos (Godino et al., 2002). Para iso, comezarase por empregar unidades estándar non convencionais que sirvan como referentes antes de achegarse ás unidades oficiais (Barrantes et al., 2020). Os primeiros referentes que deben empregar os rapaces e as rapazas son obxectos próximos a eles/as, comezando por partes do corpo (unidades antropométricas) para logo seguir con obxectos do seu entorno (Moreno et al., 2015). Co uso das unidades arbitrarias de diferentes magnitudes, o alumnado realiza estimacións, aprende distintas técnicas para estimar e reflexiona sobre a importancia que teñen na súa vida cotiá (Barrantes et al., 2020). Tras a fase na que empregan as unidades arbitrarias, chegará un momento no que descubran que, utilizando estas unidades de medida non convencionais, a medida obtida para un mesmo obxecto é diferente dependendo da unidade de medida empregada, polo que será necesario A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 18 buscar unhas novas que poidan ser usadas por máis dunha persoa e cuxos resultados sexan sempre os mesmos (Biniés, 2008). Por iso, aínda que os referentes non convencionais empregados sexan moi útiles, é certo que o/a mestre/a debe guiar ao alumnado a que empreguen os estándares de medida (Moreno et al., 2015). É así como se chega á última fase de aprendizaxe das magnitudes, aquela na que xa se utilizan as unidades unificadas ou convencionais. Como se chegou aquí por necesidade, o uso destas unidades vai servir para poder resolver situacións reais que lles poidan suceder na vida cotiá aos/ás rapaces/as xa que lles posibilitan comunicar unha determinada medida de forma sinxela e directa. Ademais, con elas poden establecer medidas precisas que sexan entendibles en diferentes lugares e zonas xeográficas, é dicir, que sexan universais, ademais de invariables no tempo (Biniés, 2008; Moreno et al., 2015). Nun primeiro momento, traballarase co sistema internacional de unidades, comezando por aquelas que son máis comúns e manipulables polo alumnado, como o metro, o centímetro ou o quilogramo, para logo ir a aquelas menos usuais e que resultan máis difíciles de comprender, como o milímetro ou o miligramo (Barrantes et al., 2020). Ademais, tal e como indican Godino et al. (2002), a medición debe traballarse desde un punto de vista afectivo, no que os nenos e as nenas vexan a importancia que ten na súa vida e na sociedade e que desfruten, sendo capaces de medir por eles/as mesmos/as. Desta maneira, estarán desenvolvendo a autoconfianza (Godino et al., 2002), ademais de obter unha gran satisfacción por ter realizado un bo traballo de medición (Moreno et al., 2015). Para poder desenvolver correctamente as ideas de magnitude e de medida, os nenos e as nenas non só teñen que adquirir os conceptos de unidades de medida e das relacións entre as unidades dunha mesma magnitude, senón tamén unha serie de procedementos (Valdivia- Hernández et al., 2021). Segundo recolle o currículo, nos dous primeiros cursos de educación primaria deben coñecer e saber usar diferentes instrumentos de medida, como, por exemplo, a cinta métrica ou a regra para a lonxitude, ou a balanza e a pesa para a masa. Ademais, tal e como indican Moreno et al. (2015), estes instrumentos débense empregar en situacións variadas para que os/as alumnos/as sexan capaces de percibir que a precisión das medidas realizadas vai depender tanto do instrumento de medida empregado como da maneira en que o utilicen. Isto é importante traballalo con eles/as xa que hai nenos e nenas que fan un uso e manexo inadecuado dos instrumentos, o que os leva a realizar unha medida incorrecta (Gusmão et al., 2012). Tamén deben ser capaces de estimar, é dicir, de establecer comparacións mentais dun obxecto cunha determinada unidade de medida para coñecer a medida dese obxecto sen empregar ningún instrumento. Máis adiante, serán capaces de expresar unha cantidade de magnitude noutra unidade diferente da mesma magnitude, así como realizar cálculos e resolver problemas que poidan xurdir. Estas accións mentais, A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 19 descritas por Valdivia-Hernández et al. (2021), débense traballar moito para que o alumnado sexa capaz de interiorizalas. 2.5. Erros e Dificultades na Adquisición das Magnitudes e a súa Medida Á hora de aprender as matemáticas, ou calquera outra disciplina, o erro debe ser visto como algo natural (Arce et al., 2019). En especial, se nos centramos nas medidas, sempre se comenten erros nas medicións xa que nunca podemos saber cal é a medida exacta do que se mide; pódese facer unha elección incorrecta das unidades axeitadas ou da interpretación dos resultados, ademais de que os instrumentos teñen un certo grao de precisión que fan cometer pequenos erros (Albarracín et al., 2018). Un dos principais erros que soen cometer os nenos e as nenas é pensar que dous ou máis obxectos que teñen a mesma cantidade dunha magnitude implica que teñan a mesma cantidade doutras magnitudes; por exemplo, dous obxectos que teñen a mesma masa, necesariamente para eles/as teñen o mesmo volume, cando, en xeral, non é así (Carrillo et al., 2016), ou pensan que dous ou máis obxectos que teñen o mesmo perímetro implica que teñan tamén a mesma superficie (M. J. González, 2015). Outro dos erros principais está relacionado coa reiteración ou iteración da unidade, é dicir, sumar unha mesma unidade un número determinado de veces (Moreno et al., 2015), xa que o neno ou a nena suponlle un gran esforzo comprender que a unidade de medida que se emprega para medir reitérase sobre o obxecto ata cubrilo todo (Carrillo et al., 2016). Moitos/as rapaces/as non reutilizan a unidade e din que non poden medir ese obxecto (M. J. González, 2015), producindo erros naquelas situacións nas que as unidades de medida que posúe o neno ou a nena non son suficientes para cubrir todo o obxecto a medir. Pero tamén cando ocorre o contrario: se o/a rapaz/a ten máis unidades de medida das que precisa para cubrir o obxecto, tende a empregalas todas, superpoñendo unhas sobre outras (Carrillo et al., 2016). Outro dos erros máis comúns está relacionado co uso das unidades de medida en canto a que tenden a empregar unidades de distinto tamaño para medir así como a pensar que un obxecto mide máis que outro porque o número de unidades de medida é maior, sen ter en conta o tamaño da unidade (Carrillo et al., 2016; M. J. González, 2015). Neste último caso, por exemplo, se hai dous segmentos de igual tamaño, pero un conta con 9 unidades e outro con 5, pero as do primeiro son máis pequenas e as do segundo máis grandes, o neno ou a nena pode pensar que o de 9 unidades é máis grande porque 9 é maior que 5, pero non ten en conta o tamaño da unidade (M. J. González, 2015). Ademais, á hora de ter que elixir a A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 20 unidade adecuada para realizar unha medición, soen ter dificultades ou cometer erros niso (Gusmão et al., 2012). Son varios/as autores/as os/as que comentan outros erros a destacar. En primeiro lugar, relacionado coa conservación da cantidade de magnitude, o alumnado relaciona a magnitude dun obxecto coa súa aparencia visual ou coa posición na que se atopa, producindo erros nos que, por exemplo, pensan que un obxecto con máis volume pesa máis que outro menos voluminoso, ou que unha figura máis longa ten máis superficie que unha máis curta (Carrillo et al., 2016; M. J. González, 2015). Por outra banda, os nenos e as nenas soen ter dificultades á hora de realizar estimacións, ben porque non están familiarizados coa magnitude a traballar ou ben porque teñen dificultade para percibir a cantidade de magnitude presente nese obxecto, en especial naquelas que son ou moi grandes ou moi pequenas (Carrillo et al., 2016). Non obstante, tal e como indica Albarracín (2018), estas dificultades e erros que cometen os nenos e as nenas á hora de estimar pódense mellorar mediante o ensaio-erro. Tamén o uso de unidades antropométricas como referentes fai que, co paso do tempo, as cantidades de magnitude varíen xa que os/as nenos/as maduran e cambian fisicamente moi rápido (Carrillo et al., 2016). Por último, outro erro que destaca M. J. González (2015) fai referencia ao uso dos instrumentos de medida; os/as nenos/as que cometen erros nisto débese, fundamentalmente, a que cando colocan a cinta métrica sobre o obxecto a medir, comezan no 1 en vez de no 0, ou se está rota, non son capaces de calcular a lonxitude dese obxecto se comeza por outro número distinto ó 0. 3. Deseño da Proposta de Innovación Pedagóxica 3.1. Introdución Nesta proposta didáctica exponse un proxecto centrado no traballo das magnitudes e a súa medida desde un enfoque STEAM, baseado no centro de interese do alumnado: os dinosauros. Nel téñense en conta as características e necesidades dos/as rapaces/as. Todas as actividades que se van realizar están orientadas ao traballo en equipo e ao desenvolvemento da autonomía do alumnado. Antes de desenvolver as actividades propias do proxecto, implántanse algunhas previas para traballar as magnitudes lonxitude e masa, coas que se pretende que o alumnado perciba e recoñeza ambas magnitudes e aprenda diversas estratexias para poder medir cantidades das mesmas. Tras esta primeira toma de contacto do alumnado con ambas magnitudes, farase a secuencia de actividades propias do proxecto, nas que se integran diferentes áreas do A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 21 currículo, como as matemáticas, a lingua galega, as ciencias sociais, as ciencias da natureza e a educación plástica, fomentando así o traballo interdisciplinario mediante as STEAM. Ao longo desta proposta didáctica comentaranse os contidos, obxectivos e competencias que se van traballar, a metodoloxía empregada, a secuencia de actividades e, por último, os métodos de avaliación utilizados (autoavaliación e rúbricas individualizadas). Primeiro explicaranse, resumidamente, as actividades previas ao proxecto para logo profundar naquelas do proxecto propiamente dito. Dentro da proposta tamén se indican a temporalización, os recursos e materiais que se necesitan e as actividades explicadas unha por unha. 3.2. Contexto A proposta de intervención foi deseñada para levar a cabo nunha aula de 2º de Educación Primaria do colexio CEIP Pío XII, situado na contorna urbana de Santiago de Compostela. Esta aula consta de 25 nenos e nenas, dos cales un neno ten Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) e outro mostra indicios de falta de atención grave. O funcionamento da clase ten como base a inclusión, na que todo o alumnado ten dereito a adquirir unha aprendizaxe profunda e unha educación acorde ás súas necesidades individuais de aprendizaxe. É por isto que as actividades que se realizan parten das necesidades dos nenos e das nenas que teñen máis dificultades, xa que se estes/as as entenden tal e como se lles presentan, os demais nenos e nenas non deberían ter maior dificultade. Desta forma, todos e todas poden traballar de forma autónoma co material que se lle entrega. 3.3. Contidos Tendo como base os contidos curriculares para a etapa de educación primaria, establecidos no Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, os contidos que se abarcarán nesta proposta de carácter interdisciplinario están relacionados coas áreas de matemáticas, lingua galega, educación artística, ciencias da natureza e ciencias sociais. Nas táboas que figuran a continuación, poden verse os contidos clasificados en conceptuais, procedimentais e actitudinais. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 22 Táboa 1 Contidos conceptuais. Contidos conceptuais. CONTIDOS CONCEPTUAIS ▪ Unidades de medida non convencionais para as magnitudes lonxitude e masa. ▪ Unidades de medida convencionais para as magnitudes lonxitude (metros e centímetros) e masa (quilogramos e gramos). ▪ Idea de proporcionalidade. ▪ Características e comportamentos dos réptiles, especialmente, dos dinosauros. ▪ Escala, tanto a xeográfica como a real. Táboa 2 Contidos procedimentais. Contidos procedimentais. CONTIDOS PROCEDIMENTAIS ▪ Uso adecuado de instrumentos de medida axeitados para as magnitudes lonxitude e masa. ▪ Uso de libros sobre dinosauros, presentes na biblioteca de aula, para buscar información sobre eles. ▪ Presentación, en diferentes formatos visuais, da información sobre dinosauros. ▪ Recompilación de datos para a creación dunha breve descrición escrita sobre os dinosauros. ▪ Representación sobre un mural de toda a información atopada sobre dinosauros, utilizando diferentes formatos. ▪ Recoñecemento da profesión de paleontólogo/a. ▪ Comprensión do mapamundi e capacidade para situar aos dinosauros no lugar onde viviron. ▪ Emprego de robots sinxelos programables. ▪ Desenvolvemento no emprego das TIC e outras fontes para obter información sobre os dinosauros e os seus fósiles. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 23 Táboa 3 Contidos actitudinais. Contidos actitudinais. CONTIDOS ACTITUDINAIS ▪ Valoración da importancia da información que nos poden dar os fósiles para o estudo dos dinosauros. ▪ Valoración da utilidade da medida para resolver problemas da vida real. ▪ Autonomía e iniciativa para resolver as actividades e os problemas que se presenten. ▪ Interese por aprender os diferentes contidos relacionados cos dinosauros. 3.4. Obxectivos e Competencias En base aos obxectivos xerais establecidos no currículo de educación primaria, os obxectivos específicos que se queren desenvolver ao longo de toda a proposta son: • Adquirir, de forma significativa, o concepto de unidade de medida para as magnitudes lonxitude e masa. • Utilizar, de forma axeitada, as bibliotecas de aula, as TIC e outras fontes para buscar información. • Compoñer textos orais e escritos sinxelos a través dun bo proceso e resultado. • Elaborar debuxos, colaxes e outras representacións artísticas empregando diversas ferramentas e recursos. • Identificar as características principais propias dos dinosauros. • Situar diferentes países no mapamundi a través do emprego das TIC. Partindo destes obxectivos, as competencias que se van traballar ao longo das actividades desta proposta e que aparecen descritas na Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, son: a Competencia Matemática e Competencias Básicas en Ciencia e Tecnoloxía, porque o alumnado aplicará e desenvolverá coñecementos matemáticos relacionados, principalmente, coas magnitudes lonxitude e masa, ademais de contidos científicos sobre os dinosauros e os seus fósiles; a Competencia en Comunicación Lingüística, xa que van reforzar a expresión oral e escrita realizando unha exposición oral e unha descrición escrita sobre dinosauros; a Competencia Aprender a Aprender, porque van levar a cabo, de forma autónoma, todo o proxecto, tanto individual como colectivamente; a Competencia Dixital, xa que van usar ordenadores para buscar información pero tamén robots programables para realizar un percorrido sobre un mapamundi; e a Competencia en Conciencia e Expresións Culturais, A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 24 fomentando e utilizando a creatividade ao longo de todo o proxecto, pero, en especial, para a realización da exposición do dinosauro e dun mural sobre estes animais. 3.5. Metodoloxía Esta proposta didáctica consta de 23 sesións que poden estruturarse en dúas partes. A primeira deles conta cun total de oito actividades distribuídas ao longo de catro sesións. Estas servirán de introdución ao traballo matemático que deberán levar a cabo os discentes dentro da segunda parte da proposta, que consistirá no desenvolvemento do proxecto dos dinosauros e ao que se dedicarán dezanove sesións. Esta segunda parte da proposta céntrase en favorecer o traballo interdisciplinario a través da metodoloxía STEAM. Para a realización desta proposta, as actividades céntranse no traballo colaborativo en equipos, buscando o desenvolvemento da autonomía dos estudantes. Para iso, a aula distribúese en 6 pequenos equipos, dos cales 5 contan con 4 persoas cada un e o restante está formado por 5. Cada membro do equipo ten unha función determinada, que vai rotando cada semana: hai un/ha organizador/a e encargado/a de anotar/a, un/ha portavoz, un/ha encargada de controlar o volume e un/ha encargado/a de material. Cando traballan en equipos, o/a organizador/a é quen organiza o traballo e reparte os papeis ou roles de cada membro, de forma que todos teñan un papel importante no traballo. Esta mesma persoa é quen anota os resultados ou resposta final á que chega o equipo. Se fai falta material, é a persoa encargada do material a que ten que ir buscalo, organizalo e, ao final, recollelo e devolvelo ao seu sitio. Tamén está o/a encargado/a de controlar o volume do equipo xa que, se están a falar moi alto ou armando barullo, esta persoa ten que intentar controlalo, aínda que os demais membros teñen que colaborar para que así sexa. Por último, cando teñen algunha dúbida ou a actividade xa está rematada e hai que dicir ou transmitir o resultado final, é a persoa portavoz a encargada de facelo. Aínda que cada membro ten unha función que desempeñar, á hora de realizar as actividades, todos os membros teñen un papel igual de importante xa que en todo momento teñen que colaborar e desenvolver algunha tarefa. 3.6. Secuencia de Actividades 3.6.1. Actividades Iniciais Previas ao Proxecto Duración: 4 sesións, ampliable a unha máis se fose necesario. Recursos e materiais: tarxetas de información e descrición das actividades, un espello, seis bandas de cartolina azul de 32 x 3’5 cm, seis bandas de cartolina amarela de 40 x 3’5 cm, seis bandas de cartolina azul de 50 x 3’5 cm, seis bandas de cartolina amarela de 50 x 3’5 A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 25 cm, corenta bandas “patrón” de cartolina negra de 12 cm x 5 mm, papel reutilizado, lapis, goma, tesoiras, regretas Cuisenaire, cinta métrica ou regra. Descrición: Antes de iniciarse no proxecto dos dinosauros, vanse realizar unhas actividades iniciais previas para introducir ao alumnado na percepción das magnitudes lonxitude e masa. A cada equipo entregaráselles varias tarxetas nas que se explica cada unha das actividades ou retos a realizar, que son os que se describen a continuación: Reto 1. Medíndonos Os membros do equipo teñen que ordenarse de maior a menor segundo a súa altura. Primeiro fano falando entre eles/as para despois mirarse nun espello e comprobar se a orde que puxeron é a correcta. Reto 2. Xogo de Comunicación A idea desta actividade xorde de Godino et al. (2002). Cada equipo de catro persoas divídese en dúas parellas. No equipo de cinco hai unha parella e un trío. A unha delas entrégaselle unha banda de cartolina azul e dúas bandas negras. Á outra parella dáselle unha banda de cartolina amarela e dúas bandas negras. En primeiro lugar, teñen que empregar as dúas bandas “patrón” negras para medir a lonxitude da cartolina de cor: unha azul e unha amarela. Logo, teñen que escribir unha mensaxe nun papel no que indiquen a medida da banda correspondente. Tras isto, faise o intercambio de mensaxes e de bandas entre as dúas parellas: a que tiña a amarela faille entrega desta e da mensaxe correspondente á outra parella e esta segunda entrégalle a azul á primeira, xunto coa mensaxe. Despois, dáse á parella que ten a banda azul unha nova da mesma cor e á parella que ten a amarela, entrégaselle unha nova amarela, pero desta vez ambas son máis longas que as primeiras. O que teñen que facer é construír unha tira que teña a mesma lonxitude que a de referencia, seguindo as indicacións que figuran na mensaxe. Así, a parella que na primeira parte tivo que medir a banda azul, desta vez ten que construír unha banda amarela utilizando a mensaxe da outra parella. Da mesma forma, a parella que inicialmente mediu a banda amarela, nesta segunda parte ten que construír unha banda azul utilizando a mensaxe da outra parella. Finalmente, cada equipo ao completo ten que comprobar se as dúas bandas azuis (a de referencia e a construída) son iguais, e o mesmo coas amarelas, dando unha pequena marxe de erro de 1 cm. De ser que non, teñen que reflexionar sobre o motivo de por que son diferentes. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 32 outro tan só 5 mochilas ou 2 nenos/as, que sexan conscientes da gran diferenza que hai entre un e outro dinosauro. Actividade 7. Vamos ser paleontólogos e paleontólogas por un día! En primeiro lugar, vamos situar aos nenos e ás nenas dicíndolles o seguinte: “o Museo de Historia Natural da cidade precisa da nosa axuda. Queren construír unhas réplicas de varios dinosauros a escala real. Para iso, necesitan contar con especialistas en fósiles e dinosauros, polo que pensaron en nós. Queren que lles mostremos cal sería o tamaño real dos dinosauros e que escollamos nós que dinosauros queremos. Polo tanto, vamos ser paleontólogos e paleontólogas por un día!”. Tras isto, comentarase co alumnado que é ser paleontólogos ou paleontólogas e comezaranse a pensar ideas de como podemos mostrarlle ás persoas do museo canto miden os dinosauros. Tamén se comentará que, como nos deixaron a nós libre elección de que dinosauros facer a réplica para o museo, sería boa idea coller os seis que xa se trataron nas actividades anteriores, dos que xa temos moitos datos, entre eles a altura de cada un. Posteriormente, indícaselles aos nenos e ás nenas que temos que buscar opcións de como mostrarlles ás persoas do museo canto mide un dinosauro, máis alá de darlle unha medida en metros ou centímetros, posto que esta medida xa eles/as mesmos/as poden atopala buscando en libros ou en internet. O obxectivo que o alumnado ten nesta actividade é facilitarlles o traballo no museo para construír esas réplicas, de aí a necesidade de buscar outros métodos de medida. Entre eles, pode ser empregar unhas cordas, coa medida de cada un dos dinosauros, e entregarllas ao museo. Para iso, pídeselles a cada un dos equipos que collan unha corda, que busquen canto mide o dinosauro e que empreguen unha cinta métrica para realizar esa medida sobre a corda e recortala. Despois, teñen que poñer nun papel o nome do dinosauro e pegalo á corda, para que as persoas do museo saiban a que dinosauro pertence a lonxitude desa corda. Unha vez todos os equipos teñen feito isto, e antes de entregarlle estas medidas ao museo, vanse tender as cordas no chan, unhas ao lado doutras, comezando todas no mesmo extremo, para poder comparar a altura dos seis dinosauros e ver as diferenzas entre uns e outros. Ademais, cada alumno/a ten que coller un anaco de corda coa medida da súa propia altura, medida previamente cunha cinta métrica, para que comparen tamén a altura do dinosauro coa súa propia e vexan a gran diferenza que pode haber. En relación a isto último, tendo en conta a altura de cada neno e nena, teñen que dar resposta á seguinte cuestión: “Cantos/as (nome do neno/a) de (idade) anos farían falta para ser tan A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 33 alto/a coma un (nome do dinosauro)?”, facendo referencia á altura do/a neno/a e á do dinosauro, polo que teñen que calcular cantos/as nenos/as como el/a fan falta para medir o mesmo que o dinosauro. Neste caso, cada membro do equipo establece a comparación co dinosauro do seu equipo. Polo tanto, xa se teñen, polo menos, dúas medidas ou comparacións realizadas. Por un lado, as cordas coa lonxitude da altura e o nome de cada un dos dinosauros. Por outro, a comparación de cada neno/a cun dinosauro. Con isto, farase pensar ao alumnado sobre como presentarlle estes resultados ás persoas do Museo de Historia Natural, sendo unha opción explicarlles que “cada unha das cordas ten o nome dun dinosauro e a lonxitude da mesma é a altura do animal. Se precisasen doutro dato, poderían ir os/as nenos/as para comparar a altura do/a mesmo/a coa do dinosauro, ben utilizando as cordas coa medida de cada un/ha ou ben co propio/a neno/a”. Aínda que estas dúas opcións de medidas para saber as dos dinosauros son posibles, intentarase que sexan os/as propios/as nenos/as os/as quen dean ideas e opcións para realizar estas medidas, así como logo comunicarlle ao museo as diversas opcións escollidas e a explicación correspondente. 3.7. Procedementos de Avaliación A avaliación da proposta didáctica realizarase empregando dous procedementos diferenciados. En primeiro lugar, mediante a autoavaliación, para que cada neno e nena avalíe a súa propia aprendizaxe. Realizaranse dúas autoavaliacións debido a que a proposta abarca varias sesións. Unha delas será intermedia, despois da actividade 4, e outra final, para que avalíen, en xeral, todo o progreso da súa aprendizaxe ao longo do proxecto e, en particular, as últimas actividades realizadas, máis centradas na área das matemáticas e das ciencias. Ao ser rapaces e rapazas de 2º curso, a autoavaliación terá un aspecto rechamante para chamar a súa atención, ademais de ser breve e sinxela de entender. No caso da autoavaliación intermedia (ver figura 4a), consiste nunha serie de afirmacións e, ao lado, tres caras: unha triste, unha normal e outra feliz. Os/as nenos/as terán que marcar, para cada afirmación relacionada coa súa propia aprendizaxe e cos seus gustos, unha das caras, segundo estean felices por saber un dos aspectos ou por lle gustar moito, que estean regular por saber máis ou menos sobre iso, ou tristes porque aínda non o dominan, non o teñen claro ou non lles gustou. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 34 Figura 4 a) Autoavaliación intermedia. b) Autoavalación final. a) Autoavaliación intermedia. b) Autoavalación final. a) b) A autoavaliación que se vai realizar ao final do proxecto ten outro formato xa que consta dunha diana de autoavaliación (ver figura 4b). Nela, o alumnado ten que colorear da cor correspondente cada ítem segundo o traballo realizado en cada un ou si lle gustou moito ou pouco o que indica o ítem correspondente. Indo de dentro da diana cara fóra, indicarán o nivel de cumprimento de cada ítem, sendo a parte central o nivel máis baixo de logro e os extremos o máis alto. Por outra banda, a mestra avaliará o traballo realizado por cada neno e nena de forma individual, pero tamén en equipo, mediante unhas rúbricas, cinco en total: catro 1 nas que se avalían, en cada unha, as diferentes áreas que se traballan: matemáticas, lingua galega, educación artística (educación plástica) e as ciencias, tanto as sociais como as da natureza. Por último, tamén se fai uso dunha rúbrica que avalía as actitudes e aprendizaxes do neno ou da nena ao longo de toda a proposta. Esta última podémola ver na seguinte imaxe: 1 No “Anexo I. Rúbricas de avaliación dos dinosauros” poden verse as rúbricas que se empregan para avaliar ao alumnado no proxecto dos dinosauros. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 35 Figura 5 Rúbrica para avaliar de forma xeral ao alumnado na proposta. Rúbrica para avaliar de forma xeral ao alumnado na proposta. Non todas as rúbricas son iguais, xa que as hai desde aquelas que teñen só 2 ítems ata outras con 6, como a de matemáticas. Aínda así, todas elas funcionan da mesma maneira: constan de catro niveis de puntuación, outorgando 4 puntos se o neno ou a nena o fixo excelente, 3 se o fixo bastante ben, 2 se é suficiente pero pode mellorar moito máis e 1 punto se non o fixo ben e ten que seguir incidindo niso. Para ter todas as partes aprobadas débese ter, como mínimo, un suficiente ou regular en todos os estándares. Aínda así, a mestra fará un estudo individualizado dos resultados de cada neno e nena xa que ter un aprobado, é dicir, un regular en cada ítem, non significa que o rapaz ou a rapaza saiba os diferentes conceptos e procedementos, senón que hai que seguir insistindo para que siga avanzando na súa propia aprendizaxe. Polo tanto, a mestra deberase fixar en cada estándar da rúbrica de cada neno/a para decidir en que aspectos ten que seguir incidindo, tanto de forma xeral para toda a clase como de forma individual para cada rapaz/a. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 36 4. Reflexión da Proposta Esta proposta foi deseñada para levala a cabo integramente durante o Practicum II do grao de Mestre/a de Educación Primaria. Non obstante, só puiden realizar as actividades iniciais previas debido á limitación de sesións para a súa execución. Aínda que o proxecto dos dinosauros non o puxen en práctica, se eu fose a docente da aula, realizaríaa desta maneira porque, tal e como di L. F. García (2015), traballar con temas de interese para o alumnado fai que estes/as se sintan motivados/as e mostren curiosidade polo mesmo. Ademais, ao longo da carreira mostráronnos a importancia de realizar propostas de ensinanza-aprendizaxe interdisciplinarias. Neste caso, pareceríame moi interesante poñer en práctica este proxecto xa que permite que o alumnado adquira coñecementos e habilidades de diversas disciplinas ao mesmo tempo que estaría desenvolvendo outras habilidades transversais, así como conectar a realidade da aula coa realidade fóra dela, seguindo as indicacións de autores/as como English (2016), Fernández et al. (2017), E. Sánchez (2019) ou Santillán et al. (2016). Relacionando este proxecto co ámbito das matemáticas, este TFG nace coma unha proposta para deixar de traballar dita materia de maneira descontextualizada, con exercicios mecánicos e algorítmicos, para facelo a través de actividades contextualizadas e realistas. De acordo con Valdivia-Hernández et al. (2021), esta proposta foi deseñada para que os nenos e as nenas xogasen un papel protagonista e activo no proceso de aprendizaxe e empregasen a intelixencia lóxico-matemática razoando os problemas para resolvelos. Seguindo as recomendacións de Moreno et al. (2015), a proposta recollida neste documento avoga por traballar a medida afastándose da mera realización de contas e da conversión e memorización de unidades de medida, xa que isto non da lugar á correcta adquisición da idea de magnitude e da súa medida. Por iso, a proposta anteriormente descrita conta con actividades nas que se traballan as diferentes fases de aprendizaxe do concepto dunha maneira máis significativa e manipulativa. Exemplo disto é o uso de cordas para poder percibir a altura dos dinosauros e logo establecer comparacións entre eles ordenándoos por alturas, para que así poidan percibir e comparar a magnitude e logo empregar unidades de medida diversas, tanto arbitrarias como convencionais. Nas actividades previas do proxecto, nas que o alumnado ten que desenvolver a intelixencia lóxico-matemática, houbo tres nenos que dixeron que non lles gustaron as actividades xa que están acostumados a traballar as matemáticas de forma mecánica. De feito, son os que mellores notas sacan niso, polo que á hora de realizar estas actividades máis manipulativas e de utilizar o razoamento, non desfrutaron tanto porque lles costaba máis. Non obstante, aqueles nenos e nenas aos que o traballo mecánico lles resulta máis complexo, con estas A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 37 actividades sentíronse moi a gusto e motivados/as, obtendo moi bos resultados. Ademais, aos nenos e ás nenas gustoulles moito as actividades relacionadas coa masa. Isto debeuse, principalmente, a que todos os retos seguían o mesmo fío condutor co uso do mesmo material en todas elas (as mochilas e o seu propio corpo) (ver figura 6b e 6c). Con estas valoracións persoais dos nenos e das nenas, puiden ver a importancia que ten o traballo e a ensinanza deste tipo de actividades, nas que se emprega a lóxica, e facéndoo dende un principio, sen que os/as rapaces/as traballasen de antemán con aquelas actividades máis mecánicas. Figura 6 a) Neno e nena comparando a súa altura nun espello. b) e c) Neno sopesando coas mans o peso de dúas mochilas. a) Neno e nena comparando a súa altura nun espello. b) e c) Neno sopesando coas mans o peso de dúas mochilas. a) b) c) Polo xeral, todas as actividades iniciais de ambas magnitudes xiraban en torno ao uso do propio corpo dos/as rapaces/as e de diferente material manipulativo (regretas -ver figura 7a-, instrumentos de medida como a cinta métrica ou a báscula...), para poder resolvelas e lograr os obxectivos. Os resultados obtidos coa posta en práctica desta actividades concordan co recollido por Armstrong (2009) e Alsina (2015), que fan alusión ao traballo con enigmas para desenvolver a intelixencia lóxico-matemática e ao uso de situacións cotiáns e de material manipulativo, respectivamente. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 38 Figura 7 a) Nenos e nena realizando a medida do longo da mesa e dialogando entre eles/a. b) Nenas lendo os retos para logo poder resolvelos en equipo. a) Nenos e nena realizando a medida do longo da mesa e dialogando entre eles/a. b) Nenas lendo os retos para logo poder resolvelos en equipo. a) b) Ademais, todas as actividades ou retos baseábanse nas diferentes fases de aprendizaxe das magnitudes e da súa medida, aínda que ben é certo que non todas elas se levaron a cabo ou algunha repetíase en dúas actividades. Coa posta en práctica das mesmas, puiden comprobar, de primeira man, o reflexado por Moreno et al. (2015) en relación a que os nenos e as nenas deben seguir, por orde, estas fases de aprendizaxe, para adquirir, de forma correcta, a noción de magnitude e da súa medida. Á hora de realizar estas actividades da proposta, ocorreu que os nenos e as nenas xa coñecían as unidades convencionais previamente, polo que non eran capaces ou tiñan moita dificultade para ver que calquera obxecto podía empregarse como unidade de medida arbitraria. Así, na actividade 2, na que tiñan que medir a banda orixinal cunhas bandas negras patrón e logo construír unha nova banda de cor, a maioría dos/as rapaces/as escribían na mensaxe para a outra parella o número de bandas patrón empregadas e engadían “centímetros”. Unha resposta foi, por exemplo, “mide 43 cm de longo”, supoñendo eles/as o que podía medir a banda, polo que se pode confirmar un dos erros que comenta Gusmão et al. (2012) en relación á elección da unidade axeitada. Tamén á hora de ter que realizar medidas coas regretas, había algún grupo que no resultado poñían o número de regretas de cada cor empregadas, mentres que na maioría dos equipos escribían o resultado en centímetros, xa que sabían a equivalencia de cada regreta co sistema métrico. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 39 Figura 8 a) Nenas medindo a banda amarela, utilizando a banda negra de patrón. b) Nenos e nenas realizando a medida do ancho da mesa con regretas. c) Neno medindo o seu peso nunha báscula. a) Nenas medindo a banda amarela, utilizando a banda negra de patrón. b) Nenos e nenas realizando a medida do ancho da mesa con regretas. c) Neno medindo o seu peso nunha báscula. a) b) c) Na actividade 2, quizais a máis complexa para o alumnado, había algunha nena ou neno que tiña dificultades para medir a banda de cor empregando a banda “patrón” como referente, xa que tan só dispoñían de dúas e tiñan que reiterar a unidade. Houbo un par de nenas que empregaban só as dúas bandas das que dispoñían. Unha delas pegou as bandas negras sobre a banda azul que estaba medindo, pensando que podería empregar máis se lles facía falta, polo que despois tivemos que darlle dúas novas porque as outras xa non servían. A outra nena díxonos ás mestras: “fannos falta máis bandas negras porque non nos chegan para cubrir a banda amarela”, comprobando aquí a dificultade que teñen algúns/has nenos/as á hora de ter que reiterar unha unidade, tal e como comentan Carrillo et al. (2016) e M. J. González (2015). Neste caso, as mestras tivemos que intervir para explicarlles a ambas que tan só podían empregar as dúas bandas “patrón” que se lles entregou e que podían reutilizalas se lles facía falta. 5. Conclusións e Contribución á Mellora das Competencias Profesionais A realización deste Traballo de Fin de Grao axudoume a profundar nos coñecementos sobre a medida e as magnitudes, ademais de mostrarme a importancia que ten a aprendizaxe significativa e manipulativa nas matemáticas. Con isto, aprendín como podo tratar mellor esta temática cando a teña que levar a cabo nunha aula no futuro. Xunto con isto, na materia do grao chamada Ensino e Aprendizaxe da Medida, Probabilidade e Estatística, ensináronnos, na primeira parte, como traballar as magnitudes dunha maneira manipulativa, na o alumnado adquira unha aprendizaxe significativa das mesmas. Tamén nos mostraron as fases de aprendizaxe das magnitudes e da súa medida así como posibles actividades que se poden realizar. Grazas a iso, decidín escoller esta temática para a realización do traballo de fin de A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 40 grao e poñer en práctica todo o que aprendín nesa materia. Foi de aí de onde collín ideas para as actividades previas ao proxecto, relacionadas coa ensinanza e a aprendizaxe da lonxitude e da masa. A maior parte foron creadas por min, aínda que a titora da aula na que estiven durante as prácticas orientábame sobre como podía facelas xa que ela coñecía máis ao alumnado e ó colexio, polo que sabía, de antemán, os materiais e posibilidades que podía ter para poder realizar as actividades pensadas. Durante os estudos do grao, insístesenos en traballar de forma transversal, creando unidades didácticas nas que se integren diferentes disciplinas para unha aprendizaxe máis significativa, na que o alumnado vexa a relevancia e relación que teñen os diversos temas coa súa vida, polo que intentei que esta proposta seguise eses principios. É por iso que o proxecto deste traballo de fin de grao está orientado ao traballo coas competencias STEAM, nas que se integran as ciencias, a tecnoloxía, a enxeñaría, as artes e as matemáticas que, xunto coa lingua galega como lingua vehicular, o alumnado adquire un coñecemento transversal tendo como tema principal os dinosauros. Ademais, durante o período de prácticas, un dos aspectos que máis me chamou a atención e que apliquei neste proxecto foi o traballo colaborativo. Resultoume moi interesante a forma de traballar en equipos que mostraron na aula ao longo da miña estancia, por iso collín a idea da metodoloxía empregada para esta proposta, xa que puiden apreciar, de primeira man, a importancia que ten o traballo colaborativo en pequenos equipos. A modo de conclusión final, tal e como se puido observar ao longo deste traballo, é necesario que o alumnado adquira o sentido da medida dunha forma manipulativa e significativa, xa que o/a neno/a, se o fai mecanicamente a través de operacións aritméticas, vai presentar dificultades á hora de aplicar os diferentes conceptos ou mesmo non será capaz de entender o significado da unidade de medida. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 41 Referencias Albarracín, L., Badillo, E., Giménez, J., Vanegas. Y. e Vilella, X. (2018). Aprender a enseñar matemáticas en la educación primaria. Síntesis. Alsina, A. (2015). Cómo fomentar el aprendizaje de las matemáticas en el aula: ideas clave para la Educación Primaria. Casals. Arce, M., Conejo, L. e Muñoz, J. M. (2019). Aprendizaje y enseñanza de las matemáticas. Síntesis. Armstrong, T. (2009). Multiple intelligences in the Classroom. ASCD. Barrantes, M., Barrantes, C. e Zamora, V. (2020). Didáctica de la medida en Primaria. Universidad de Extremadura. Biniés, P. (2008). Conversaciones matemáticas con Maria Antònia Canals: O cómo hacer de las matemáticas un aprendizaje apasionante. Graó. Canals, M. A. (2001). Vivir las matemáticas. Octaedro. Carrillo, J., Contreras, L. C., Climent, N., Montes, M. A., Escudero, D. I., Flores, E., Artés, M., Badillo, E., Blanco, L. J., Bruno, A., Callejo, M. L., Camacho, M., Amparo, J., Diego, J. M., Fernández, C., Fernández, T., Fortuny, J. M., Moriel, J. G., González, M. T.,... Socas, M. (2016). Didáctica de las matemáticas para maestros de educación primaria. Paraninfo. Castro, L. (1971). Centros de interés renovados. ¿Qué son? ¿Cómo se planifican?. Kapelusz. Colucci-Gray, L. & Burnard, P. (2020). Prelude: (Re-)Configuring STEAM in Future-Making Education. En P. Burnard & L. Colucci-Gray (Eds.), Why Science and Art Creativities Matter. (Re-)Configuring STEAM for Future-Making Education (pp. 1-13). Brill Sense. Conesa, P. J. (2021). La mentalidad de crecimiento: el antídoto para superar las barreras que se encuentran en las disciplinas STEM. En M. P. Prendes, I. M. Solano e M. M. Sánchez, Tecnologías y pedagogía para la enseñanza STEM (203-222). Pirámide. Decreto 105/2014 de 2014 [Consellería De Cultura, Educación e Ordenación Universitaria]. Polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. 9 de setembro de 2014. A ABOLICIÓN DAS MATEMÁTICAS DO XURÁSICO 48 Figura 12 Rúbrica de avaliación da área de ciencias da natureza e ciencias sociais. Rúbrica de avaliación da área de ciencias da natureza e ciencias sociais.