scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Aplicación da intelixencia artificial na elaboración de artigos científicos de review: uso do software VOSviewer coas redes bibliométricas

Feijoo Costa, Gumersindo; Arias Calvo, Ana; Moreira Vilar, María Teresa

Abstract

Nos últimos 30 anos tivo lugar un troco copernicano na xestión bibliográfica da investigación, pois a liña de tempo dende o primeiro envío á revista científica ata a súa publicación acurtouse vertixinosamente, cunha redución de máis dun 200%. Así dende que se enviaba o artigo por primeira vez á revista, a análise de revisión e publicación final, o tempo medio era de nove meses (aínda que existían casos de ata dous anos); agora ben, este tempo minorouse na actualidade ata practicamente un mes pola axilidade da xestión editorial grazas á mellora tecnolóxica das plataformas en liña

Full text

Novembro 2022 APLICACIÓN DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL NA ELABORACIÓN DE ARTIGOS CIENTÍFICOS DE REVIEW USO DO SOFTWARE VOSVIEWER COAS REDES BIBLIOMÉTRICAS COLECCIÓN CRETUS – BIOGROUP nº 3a 2 Autores Gumersindo Feijoo Grupo de Biotecnoloxía Ambiental. Departamento de Enxeñaría Química Centro Interdisciplinar de Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) Universidade de Santiago de Compostela Correo-e: [email protected] LinkedIn & Twitter: @feijoo_costa Portal de Investigación: GUMERSINDO FEIJOO COSTA - Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal) Ana Arias Grupo de Biotecnoloxía Ambiental. Departamento de Enxeñaría Química Centro Interdisciplinar de Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) Universidade de Santiago de Compostela Correo-e: [email protected] LinkedIn & Twitter: @anaariascalvo María Teresa Moreira Grupo de Biotecnoloxía Ambiental. Departamento de Enxeñaría Química Centro Interdisciplinar de Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) Universidade de Santiago de Compostela Correo-e: [email protected] Portal de Investigación: MARIA TERESA MOREIRA VILAR - Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal) Páxinas web: Biogroup: www.usc.gal/biogroup CRETUS: www.usc.gal/cretus INDICE 3 Índice 1. BIG DATA NAS PUBLICACIÓNS 4 2. REDES BIBLIOMÉTRICAS 6 3. VOSVIEWER 8 3.1. Caso A. Elaboración de redes con palabras claves 9 3.2. Caso B. Elaboración de redes con autores 25 3.3. Caso C: Elaboración de mapas de densidade de redes colaborativas, citas de artigos… 31 4. REFERENCIAS 34 BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 4 1. BIG DATA NAS PUBLICACIÓNS Nos últimos 30 tivo lugar un troco copernicano na xestión bibliográfica da investigación, pois a liña de tempo dende o primeiro envío á revista científica ata a súa publicación acurtouse vertixinosamente, cunha redución de máis dun 200% (Figura 1). Así dende que se enviaba o artigo por primeira vez á revista, análise da revisión e publicación final o tempo medio era de 9 meses (aínda que existían casos de ata 2 anos); agora ben, este tempo minorouse na actualidade ata practicamente un mes pola axilidade da xestión editorial grazas a mellora tecnolóxica das plataformas en liña. Figura 1. Liña de tempo no envío dun artigo a unha revista científica para a súa publicación Esta vantaxe da xestión editorial xunto cun maior orzamento e melloras no equipamento de laboratorio aplicados á I+D+i supuxo un aumento moi importante do número de publicacións científicas e técnicas, pasando dun millón no ano 2000 a 2,5 millóns no ano 2018 (Figura 2). . Debemos destacar especialmente a incorporación de China como unha potencia mundial en ciencia, cun crecemento exponencial, ao pasar no mesmo período de 50.000 a 530.000 documentos, o que supuxo superar a EUA no ano 2017 e practicamente atinxir os valores da BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 5 UE no ano 2018. No caso de España acádase unha chaira e, incluso un pequeno decrecemento a partir da crise na década do 2010, pois o máximo número de publicacións ten lugar no ano 2014 con case 56.000 documentos e comeza un decrecemento constante que leva a ter no ano 2018 un valor de 54.500. Figura 2. Evolución no número de publicación científicas e patentes. Fonte dos datos: Banco Mundial 1 . 1 https://datos.bancomundial.org/indicator/IP.JRN.ARTC.SC BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 6 2. REDES BIBLIOMÉTRICAS O termo bibliometría aparece por primeira vez nun artigo do ano 1969 na revista Journal of Documentation derivado do grego “biblion” (libro) e “metron” (medida) (Pritchard, 1969). A bibliometría aplica métodos matemáticos e estatísticos á literatura científica e aos autores que a producen, co obxectivo de estudar e analizar a actividade científica. Os indicadores bibliométricos son as medidas que proporcionan información sobre os resultados da actividade científica. As redes bibliométricas nacen de xeito inherente ao termo bibliométrica, pois se trata de relacionar e visualizar os indicadores da investigación para ter unha representación da investigación dende un punto de vista cualitativo e cuantitativo (Ball, 2021). Existen dous tipos principais de redes: (i) redes sobre a autoría e impacto (autores e citas) e (ii) redes que abordan o contido texto do documento (fundamentalmente títulos e resumos). En consecuencia, as redes bibliométricas empréganse como redes sociais ou redes temáticas. Nas redes sociais interesa atopar patróns de relación entres autores (por exemplo, co elemento da co-autoría). As redes temáticas tratan de identificar temas (isto é, “palabras clave”) de investigación nos diferentes ámbitos. Figura 3. Nodos e conectores nas principais tipos de redes bibliométricas BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 7 Así, unha páxina web clásica para determinar o círculo de interaccións en Twitter é a de Chirpty 2 . É tan sinxelo como escribir o nome da conta e premer a icona “Generate” (Figura 4). Non é estritamente necesario que sexa a conta persoal de cada quen, con introducir o nome do usuario da conta é suficiente. Os valores que amosan corresponden ao volume de interaccións do último mes. Figura 4. Circulo creado por Chirpty da conta de twitter do Departamento de Enxeñaría Química (@EnxQuim_USC). Amosa tres círculos concéntricos de maior a menor interacción. Agora ben, non é obxectivo deste informe entrar no detalle sobre os algoritmos nin os aspectos de deseño dos sistemas baseados en intelixencia artificial (Mueller e Massaron, 2022) que permiten a construción das redes bibliométricas, xa que un elemento interesante de investigación na literatura científica (Perianes-Rodríguez e col. 2016), senón que a principal meta é describir como se emprega un dos softwares máis comúns na elaboración das redes: VOSviewer. 2 Chirpty BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 8 3. VOSviewer VOSviewer é un software gratuíto desenvolvido por Nees Jan van Eck e Ludo Waltman do CWTS Leiden University (The Netherlands) para construír e visualizar redes bibliométricas (Figura 5). Estas redes poden ser de revistas científicas, investigadores ou publicacións individuais, baseadas na citación, a co-citación ou as relacións de coautoría. VOSviewer tamén ofrece unha funcionalidade de minaría de textos que pode empregarse para construír e visualizar redes de concorrencia de termos extraídos de textos da literatura científica. Este último aspecto, é unha ferramenta moi interesante para poder facer un artigo de revisión sobre unha determinada temática. Figura 5. Pantalla principal do software VOSviewer (https://www.vosviewer.com/) A principais funcionalidades do VOSviewer son: • Mapas baseados en datos da rede (Web of Science, Scopus, PubMed, etc.). Mapas de redes de artigos e revistas científicas, organizacións ou palabras clave (Figura 6). Os nexos destas redes poden ser ligazóns de co-autoría, concorrencia ou citación. • Visualizar e explorar mapas en base a tres opcións: a visualización da rede, a visualización da superposición e a densidade visualización. BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 9 Figura 6. Mapa de palabras clave realizada con VOSviewer (Arias e col., 2021) 3.1. Caso A. Elaboración de redes con palabras claves Cando se elabora unha revisión bibliográfica, unha das alternativas na procura de artigos de investigación é seleccionar ou identificar aquelas palabras claves que se consideran relevantes para un primeiro cribado das publicacións dispoñíbeis nunha determinada área de coñecemento. Isto é o que nos podemos encontrar en bases de datos como ScienceDirect, Scopus ou Web of Science (Figura 7), entre outras, onde unha das opcións para realizar a busca é “Keywords”. Dada a importancia das keywords nos artigos de investigación, a ferramenta de VOSviewer permite obter unha visión global das palabras clave que foron seleccionadas polos autores nos seus artigos. Desta forma, pódense identificar cales destas palabras claves teñen unha maior tendencia en ser empregadas, así como a relación entre as mesmas. VOSviewer proporciona unha rede de interconexión, un mapa de visualización, incluíndo as palabras claves que foron empregadas nos artigos de investigación seleccionados, a través de clústeres (cada un deles está representado cunha cor diferente), onde se inclúen grupos de relación entre palabras clave. BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 16 O seguinte cadro de diálogo inclúe a selección do tipo de análise e do método de contaxe. Ao tratarse da avaliación de palabras clave, deberase seleccionar a opción de “Co-occurence”, para o caso do tipo de análise, e “Full counting” para o método de contaxe, e prémese de novo “Next” (Figura 12). Figura 12. Cuarto cadro de diálogo: Selección do tipo de análise e do método de conteo A continuación, procédese a establecer o límite ou umbral empregado para a avaliación da ligazón e nodos de conexión entre as palabras clave dos artigos seleccionados. A forma de facelo é indicando cal debe ser o número mínimo de palabras clave interconectadas entre si que deben aparecer no mapa de visualización. O programa denomina a esta “interconexión” como occurrences. Ademais, o programa tamén mostra o número de palabras que cumpren co límite de ocurrences establecido polo usuario, o cal permite saber o grao de extensión do mapa de visualización creado (a maior número de palabras clave que cumpran o límite establecido, maior volume do mapa de visualización). Para unha primeira visión global do mapa de visualización, débese reducir o límite preestablecido polo programa, neste caso reducirase a 2, e prémese de novo “Next” (Figura 13). BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 17 Figura 13. Quinto cadro de diálogo: Establecemento do mínimo número de ligazóns entre as palabras clave No seguinte cadro de mensaxe non se require modificación, polo tanto directamente premerase “Next”. Mesmo procedemento para o cadro de mensaxe que aparece a continuación, onde se pode observar unha primeira visualización das palabras clave que aparecerán no mapa de visualización, en forma de lista, así como o número de “occurrences” e a “forza de enlace”, que fai referencia á forza total dos vínculos entre as palabras claves relacionadas. A maior número de “ocurrences”, maior será a forza de enlace (Figura 14). Este é o ultimo paso previo a visualización do mapa, polo tanto, prémese “Finish”. BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 18 Figura 14. Sexto e sétimo cadro de diálogo. Non se require modificación. BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 19 Nalgunhas ocasións pode aparecer un cadro de diálogo previamente a observar a visualización, onde se indica que algunhas das palabras clave non están conectadas entre si, e que polo tanto, se reduce o número de “ocurrences”(Figura 15). Se isto acontece, débese seleccionar a opción de “Yes”, para que simplemente se vexan as palabras claves que, efectivamente, están conectadas. Figura 15. Mensaxe de advertencia previo á visualización do mapa. A continuación xa se observa o mapa de visualización de palabras clave (Figura 16), no cal cada unha das cores representa un “clúster”, é dicir, unha categoría de clasificación das palabras clave. Para que este concepto sexa máis claro, veremos unha forma sinxela de interpretalo. Na Figura 14, pódese ver a palabra “mechanical properties”, de color morado, se no VOSViewer prememos sobre esa palabra, observaremos a conexión coas outras palabras claves (Figura 17). Isto quere dicir que, nos artigos seleccionados, a palabra clave “mechanical properties” foi empregada xunto con “wood adhesives”, “water resistance”, “wood bio-adhesives”, “plywood”, “soy bio-adhesives”, entre outras. E desta forma, a partir deste cribado de uso común de palabras clave, o programa vai xerando todos os “clústeres”. BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 20 Figura 16. Mapa de visualización preliminar. BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 21 Figura 17. Selección do clúster “mechanical properties”. BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 22 VOSViewer tamén permite ver a clasificación e visualización do mapa de palabras clave categorizadas por ano de publicación do artigo no que aparecen. Para iso, en lugar de localizarse sobre a ventá “Network visualization”, habería que seleccionar a de “Overlay Visualization”. Por outra parte, a modificación do estilo da visualización pode facerse na ferramenta de edición localizada na parte dereita da ventá principal no programa. Pódese modificar a escala, o tamaño dos clústeres de das liñas, así como as cores. Por outra parte, na parte esquerda da pantalla, pódense ver cada un dos clústeres representados, así como as palabras claves que forman parte de cada un deles, na pestana “Items” (Figure 18). Figura 18. Visualización dos clústeres e palabras clave representadas no mapa de visualización. Como se comentou previamente, pódese establecer un número máis alto do mínimo de palabras que teñen que cumprir o límite establecido de nodos de conexión (Figura 13). BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 23 Nesta ocasión, o mapa de visualización obtido ten unha densidade adecuada para poder visualizar os clústeres de forma correcta, pero non sempre acontece desta forma e, a densidade de clústeres creados pode imposibilitar a visualización correcta das palabras clave. Nesta ocasión o que se faría sería incrementar o número mínimo de “occurrences” (Figura 13). Para visualizar o cambio, incrementouse o número mínimo de 2 (representado na Figura 16) a 5 (representado na Figura 19). Como se pode observar, o número de clústeres é inferior, así como a densidade e número de palabras clave do mapa de visualización. BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 24 Figura 19. Visualización dos clústeres no mapa de visualización empregando un número mínimo de 5 occurrences BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 25 3.2. Caso B. Elaboración de redes con autores O procedemento para a avaliación do mapa de visualización correspondente aos autores das publicacións é análogo ao caso anterior. A única diferencia é que, en lugar de escoller no tipo de análise a opción de “Co-ocurrence”, escollerase a de “Co-authorship” (Figura 12). Dada a semellanza no procedemento, neste apartado inclúese outra ferramenta, ou truco, para poder traballar cos mapas de visualización e adaptar a información que mostra ao que o usuario require. Na Figura 20 móstrase o mapa de visualización das conexións entre os autores da lista de referencias bibliográficas seleccionadas previamente. Pódense observar dúas cousas: en primeiro lugar a falta de analoxía do formato de nomeamento de autores (algúns aparecen co nome completo, outros coa inicial e punto) e, en segundo lugar, a repetición de, polo menos, un autor: “pizzi, antonio e pizzi, a.”. Para poder arranxar isto, é necesario traballar cos clústeres e grupos de visualización xerados polo software. Figura 20. Mapa de visualización por autores O primeiro paso é gardar o documento .txt correspondente tanto ao mapa de visualización como á network dos clústeres. Para iso, premerase a opción de “Save…” e aparecerá na pantalla o seguinte cadro de mensaxe (Figura 21). BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 32 Figura 30. Exportación das referencias seleccionadas Unha vez o arquivo está dispoñíbel, o procedemento para a creación do mapa de visualización é o análogo ao descrito previamente para o Caso A de estudo. A única diferencia é que, na selección do tipo de análise e do método de contaxe, as opcións para escoller son máis amplas, tal como se observa na Figura 31. Figura 31. Opcións de tipo de análise e método de conteo cando se traballa cun documento de datos bibliográficos de base de datos. BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 33 A continuación, móstranse algúns mapas de visualización que poderían crearse, na Figura 32 o referente a artigos de colaboración entre países e na Figura 33 o mesmo concepto pero entre organizacións. Figura 32. Mapa de visualización representativo da colaboración de diferentes países nos artigos seleccionados Figura 33. Mapa de visualización representativo da colaboración de diferentes organizacións nos artigos seleccionados BIG DATA BIBLIOMETRIA VOSVIEWER REFERENCIAS 34 4. REFERENCIAS Arias, A., González-Rodríguez, S., Vetroni Barros, M., Salvador, R., de Francisco, C.A., Moro Piekarske, C., Moreira, M.T. (2021). Recent developments in bio-based adhesives from renewable natural resources. Journal of Cleaner Production 314:127892 Ball, R. (2021). Handbook Bibliometrics. De Gruyter, Berlin. Mueller, J.P., Massaron, L. (2022). Artificial Intelligence for Dummies. John Wiley & Sons, Hoboken (EUA) Perianes-Rodriguez, A., Waltman, L., va Eck, N.J. (2016). Constructing bibliometric networks: A comparsion between full and fractional counting. Journal of Informetrics 10:1178- 1195 Pritchard, A. (1969). Statistical Bibliography or Bibliometrics?. Journal of Documentation 25(4):348-349