Full text
Ensinanzas Técnicas SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA MATERIA Portos e Costas TITULACIÓN Grao en Enxeñaría Civil unidade didáctica 5 Análise a longo prazo da ondada Mario López Gallego, José Miguel Veigas Méndez, Rodrigo Carballo Sánchez Área de Enxeñería Hidráulica Escola Politécnica Superior
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño e maquetación J. M. Gairí Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela ISBN 978-84-15876-44-1 Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 2 ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 3 MATERIA: Portos e Costas TITULACIÓN: Grao en Enxeñaría Civil PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica MÓDULO I: Clima Marítimo Unidade 1. Vento e xeración das ondas Introdución Circulación atmosférica Caracterización do vento Xeración das ondas Previsión da ondada Unidade 2. Ondas de gravidade Unidade 3. Mecánica ondulatoria Introdución Propagación da ondada Rotura da ondada Modelización Numérica Unidade 4. Análise a curto prazo da ondada Introdución Análise no tempo Análise espectral Unidade 5. Análise a longo prazo da ondada Introdución Caracterización do réxime medio Caracterización do réxime extremo Unidade 6. Mareas e niveis do mar MÓDULO II: Procesos litorais Unidade 7. Xeomorfoloxía costeira Unidade 8. Correntes litorais Unidade 9. Transporte de sedimentos MÓDULO III: Actuacións no litoral Unidade 10. Actuacións na costa Unidade 11. Obras portuarias Unidade 12. Xestión integrada da zona costeira ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 4 ÍNDICE Presentación Os obxectivos A metodoloxía Os contidos 1. Introdución 1.1. Xeneralidades 1.2. Datos de partida 2. Caracterización do réxime medio 2.1. Definición e obxectivo 2.2. Función de distribución 2.3. Operatividade portuaria 3. Caracterización do réxime extremo 3.1. Definición e obxectivo 3.2. Selección de temporais 3.3. Función de distribución 3.4. Período e altura significantes de retorno 3.5. Período e altura significantes de retorno 3.6. Altura significante de deseño Actividades propostas Avaliación da UD Bibliografía
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 5 UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a curto prazo da ondada- 7 PRESENTACIÓN A presente Unidade Didáctica, Análise a longo prazo da ondada, encádrase dentro do Módulo I (Clima Marítimo) da materia de Portos e Costas do Grao de Enxeñería Civil. Neste primeiro módulo trátase a caracterización dos axentes climáticos que condicionan os procesos litorais e o deseño das actuacións no litoral, estes son: o vento, as ondas e as mareas. Seguidamente, no Módulo II (Procesos litorais) expóñense os principais procesos naturais que teñen lugar na costa e que determinan a xeomorfoloxía e a dinámica costeira. Finalmente, no Módulo III (Actuacións no litoral) abórdanse as diferentes tecnoloxías propias da enxeñaría de costas e portos. A ondada é un dos axentes climáticos máis significativos e complexos á hora de deseñar calquera actuación na costa. Para abordar o tema con suficiente grao de detalle, dedícanselle varias Unidades Didácticas na materia de Portos e Costas. Ó longo da Unidade Didáctica I defínese o seu mecanismo de xeración. Posteriormente, ó longo das Unidades II e III defínense os mecanismos físicos que interveñen na súa transformación e propagación cara a costa. Finalmente, nas Unidades IV e V trátanse as principais técnicas de análise que axudan á súa descrición e caracterización, necesarias para determinar as accións de cálculo nun proxecto de enxeñería de costas e portos. Unha vez definidas na unidade anterior as técnicas que determinan as características da ondada a curto prazo, esta Unidade dedícase ás técnicas de análise a longo prazo da ondada. Os contidos que aquí se desenvolven son necesarios para que o alumnado poida definir e/ou interpretar os réximes medio e extremo das ondas nunha localización determinada. Ó mesmo tempo, o alumnado adquirirá o coñecemento necesario para a resolución de dous problemas de enxeñería típicos: a estimación da operatividade portuaria e a estimación da ondada de proxecto dunha obra marítima. A Unidade Didáctica desenvólvese nun total de sete (7) horas ECTS (Sistema Europeo de Transferencia de Créditos), repartidas en tres clases expositivas e catro interactivas. Ó longo das tres horas expositivas, preséntanse os principais contidos teóricos. As catro horas interactivas restantes dedícanse a seminarios interactivos que se van desenvolver en aulas de informática, durante os cales se aplican os coñecementos teóricos adquiridos a varios casos prácticos mediante técnicas informáticas. OS OBXECTIVOS Posto que a partires da análise a longo prazo da ondada se definen os parámetros e as accións básicos que rexen o deseño dunha actuación no litoral, o obxectivo principal desta Unidade é que o alumnado comprenda e interprete tanto o réxime medio coma o réxime extremo das ondas. Os obxectivos secundarios que se derivan son: — obxectivo 1, coñecer os fundamentos da análise a longo prazo da ondada; ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 6 8 - UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a longo prazo da ondada — obxectivo 2, caracterizar o réxime medio da ondada a partires de rexistros paramétricos de estados de mar; — obxectivo 3, caracterizar o réxime extremo da ondada a partires de rexistros paramétricos de estados de mar; — obxectivo 4, determinar a operatividade portuaria en base ó réxime medio da ondada; — obxectivo 5, determinar a ondada de deseño dunha obra marítima en base o réxime extremo da ondada. A METODOLOXÍA Ó longo desta Unidade Didáctica conxúganse métodos didácticos afirmativos con métodos didácticos de elaboración. A continuación expóñense os métodos e os contidos abordados en cada unha das sesións dunha hora de duración que se contemplan para esta Unidade. Os principios teóricos e os contidos fundamentais trátanse nas tres clases expositivas. Na primeira sesión, interrógase ó alumnado e foméntase o debate sobre os posibles xeitos de afrontar a análise a longo prazo da ondada. Nas seguintes dúas sesións teóricas, o profesorado expón os contidos teóricos necesarios para a caracterización do réxime medio e do réxime extremo, empregado unha hora para cada un. Ó remate de cada unha destas dúas sesións, aplícanse os contidos teóricos na resolución de sinxelos casos prácticos. Durante as catro horas de seminarios interactivos, o alumnado resolve casos prácticos nos que analiza varios rexistros históricos de parámetros a curto prazo da ondada para obter os réximes medio e extremo da ondada. Os datos serán facilitados polo profesor ou profesora e, na medida do posible, serán reais, de xeito que o alumnado teña sempre presente a utilidade das técnicas aprendidas. Posto que será preciso empregar follas de cálculo ou ben programas matemáticos para a resolución dos casos prácticos, os seminarios realizaranse nas aulas de informática do centro. O profesorado supervisará o traballo do alumno resolvendo todas aquelas cuestións teóricas que poidan xurdir durante a súa resolución. Finalmente, o alumnado deberá realizar durante as horas non presenciais un informe de resultados final que deberá ser entregado dentro dun prazo máximo preestablecido. A claridade, a exactitude, o contido e a estrutura do informe serán avaliados e contabilizados na cualificación final dos alumnos e alumnas. UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a curto prazo da ondada- 7 PRESENTACIÓN A presente Unidade Didáctica, Análise a longo prazo da ondada, encádrase dentro do Módulo I (Clima Marítimo) da materia de Portos e Costas do Grao de Enxeñería Civil. Neste primeiro módulo trátase a caracterización dos axentes climáticos que condicionan os procesos litorais e o deseño das actuacións no litoral, estes son: o vento, as ondas e as mareas. Seguidamente, no Módulo II (Procesos litorais) expóñense os principais procesos naturais que teñen lugar na costa e que determinan a xeomorfoloxía e a dinámica costeira. Finalmente, no Módulo III (Actuacións no litoral) abórdanse as diferentes tecnoloxías propias da enxeñaría de costas e portos. A ondada é un dos axentes climáticos máis significativos e complexos á hora de deseñar calquera actuación na costa. Para abordar o tema con suficiente grao de detalle, dedícanselle varias Unidades Didácticas na materia de Portos e Costas. Ó longo da Unidade Didáctica I defínese o seu mecanismo de xeración. Posteriormente, ó longo das Unidades II e III defínense os mecanismos físicos que interveñen na súa transformación e propagación cara a costa. Finalmente, nas Unidades IV e V trátanse as principais técnicas de análise que axudan á súa descrición e caracterización, necesarias para determinar as accións de cálculo nun proxecto de enxeñería de costas e portos. Unha vez definidas na unidade anterior as técnicas que determinan as características da ondada a curto prazo, esta Unidade dedícase ás técnicas de análise a longo prazo da ondada. Os contidos que aquí se desenvolven son necesarios para que o alumnado poida definir e/ou interpretar os réximes medio e extremo das ondas nunha localización determinada. Ó mesmo tempo, o alumnado adquirirá o coñecemento necesario para a resolución de dous problemas de enxeñería típicos: a estimación da operatividade portuaria e a estimación da ondada de proxecto dunha obra marítima. A Unidade Didáctica desenvólvese nun total de sete (7) horas ECTS (Sistema Europeo de Transferencia de Créditos), repartidas en tres clases expositivas e catro interactivas. Ó longo das tres horas expositivas, preséntanse os principais contidos teóricos. As catro horas interactivas restantes dedícanse a seminarios interactivos que se van desenvolver en aulas de informática, durante os cales se aplican os coñecementos teóricos adquiridos a varios casos prácticos mediante técnicas informáticas. OS OBXECTIVOS Posto que a partires da análise a longo prazo da ondada se definen os parámetros e as accións básicos que rexen o deseño dunha actuación no litoral, o obxectivo principal desta Unidade é que o alumnado comprenda e interprete tanto o réxime medio coma o réxime extremo das ondas. Os obxectivos secundarios que se derivan son: — obxectivo 1, coñecer os fundamentos da análise a longo prazo da ondada; ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 7 UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a curto prazo da ondada- 9 OS CONTIDOS 1. Introdución 1.1. Xeneralidades Como xa se apuntou nas Unidades Didácticas anteriores, a ondada é un fenómeno que evoluciona no tempo e no espazo. Na Unidade Didáctica anterior introduciuse o concepto de estado de mar, os cales poden ser caracterizados mediante uns poucos parámetros (descritores a curto prazo). Aplicando as técnicas de análise a curto prazo podemos simplificar os rexistros da ondada, pasando de longas series temporais da evolución da superficie libre, a unha sucesión de estados de mar caracterizados por uns poucos parámetros. Cada estado de mar é comunmente caracterizado cunha dupla de parámetros característicos do mesmo: unha altura e un período. Os parámetros máis comúns son a altura significante, Hs, e o período de pico, Tp, aínda que tamén se poden considerar outros parámetros xa descritos na Unidade 4. Ademais, para ter en conta a direccionalidade da ondada, considérase en moitos casos un parámetro representativo da mesma, como pode ser a dirección media de procedencia das ondas, Θm. Na Figura 1 ilústrase un exemplo de serie temporal de valores de Hs dun ano de duración para unha situación da costa en concreto. Figura 1: Exemplo de rexistro anual da Hs nun punto do mar nas proximidades de Estaca de Bares (Puertos del Estado). ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 8 10 - UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a longo prazo da ondada Figura 2: Histograma de H s correspondente á serie temporal da Figura 1 (Puertos del Estado). A partires da serie temporal dun ou varios parámetros da ondada pódese determinar a súa frecuencia de ocorrencia. Para iso elabóranse histogramas como o da Figura 2, que corresponde á serie temporal da Figura 1. Por exemplo, nese ano e para ese punto do mar en concreto, as alturas significantes máis comúns foron as comprendidas entre 1.5 e 2 m, representando máis do 18% dos estados de mar. Figura 3: Rosa de ondada, con H s en m (Puertos delEstado). ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 9 UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a curto prazo da ondada- 11 Se dispoñemos dun rexistro suficientemente longo, pódese efectuar tamén unha avaliación da estacionalidade dos parámetros da ondada, é dicir, como varía a probabilidade de ocorrencia dos mesmos de acordo á estación ou o mes do ano que consideremos. Por exemplo, pódese observar na Figura 1 que, para ese ano e esa situación, os maiores valores da altura significante se producen nos meses do outono e do inverno. Outra análise que podemos facer é o estudo da frecuencia de ocorrencia dun parámetro en función doutro ó longo dun período de tempo dado. Por exemplo, pódense estudar conxuntamente as alturas e períodos ou as alturas e as direccións de procedencia da ondada. O máis común é estudar as alturas en función doutros parámetros, posto que estas son representativas da enerxía das ondas. As rosas de ondada coma a da Figura 3 son unha representación gráfica da distribución das alturas en función das direccións da ondada. A partir da rosa media de ondada podemos definir cal é a dirección reinante e a dirección dominante da ondada nun determinado lugar do mar. A dirección dominante da ondada será a correspondente ós estados de mar con maiores alturas, mentres que a dirección reinante da ondada será a máis repetida entre tódolos estados de mar rexistrados. Por exemplo, para o lugar e o período de tempo correspondentes á rosa de ondada da Figura 3, pódese dicir que a dirección reinante é a NW (noroeste) e a dirección dominante a WNW (oeste-noroeste). Unha vez que dispoñemos dos rexistros históricos dos parámetros da ondada nunha localización dada, coa análise das ondas a longo prazo determínase a probabilidade de ocorrencia deses parámetros (tanto de forma individual coma conxunta). Axustando eses datos a unha distribución teórica coñecida, en lugar de empregar o histograma, pódese obter unha expresión compacta que suaviza e interpola a información proporcionada polo histograma. Figura 4: Boia para a medición das ondas. UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a curto prazo da ondada- 11 Se dispoñemos dun rexistro suficientemente longo, pódese efectuar tamén unha avaliación da estacionalidade dos parámetros da ondada, é dicir, como varía a probabilidade de ocorrencia dos mesmos de acordo á estación ou o mes do ano que consideremos. Por exemplo, pódese observar na Figura 1 que, para ese ano e esa situación, os maiores valores da altura significante se producen nos meses do outono e do inverno. Outra análise que podemos facer é o estudo da frecuencia de ocorrencia dun parámetro en función doutro ó longo dun período de tempo dado. Por exemplo, pódense estudar conxuntamente as alturas e períodos ou as alturas e as direccións de procedencia da ondada. O máis común é estudar as alturas en función doutros parámetros, posto que estas son representativas da enerxía das ondas. As rosas de ondada coma a da Figura 3 son unha representación gráfica da distribución das alturas en función das direccións da ondada. A partir da rosa media de ondada podemos definir cal é a dirección reinante e a dirección dominante da ondada nun determinado lugar do mar. A dirección dominante da ondada será a correspondente ós estados de mar con maiores alturas, mentres que a dirección reinante da ondada será a máis repetida entre tódolos estados de mar rexistrados. Por exemplo, para o lugar e o período de tempo correspondentes á rosa de ondada da Figura 3, pódese dicir que a dirección reinante é a NW (noroeste) e a dirección dominante a WNW (oeste-noroeste). Unha vez que dispoñemos dos rexistros históricos dos parámetros da ondada nunha localización dada, coa análise das ondas a longo prazo determínase a probabilidade de ocorrencia deses parámetros (tanto de forma individual coma conxunta). Axustando eses datos a unha distribución teórica coñecida, en lugar de empregar o histograma, pódese obter unha expresión compacta que suaviza e interpola a información proporcionada polo histograma. Figura 4: Boia para a medición das ondas. ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 16 18 - UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a longo prazo da ondada 3.5. Período de pico asociado a temporais Para réxime extremo, unha vez seleccionados os temporais, establécese unha relación empírica entre o período de pico, Tp, e a altura significante das ondas axustando por mínimos cadrados a fórmula do tipo: =() c p s E T aH Onde: E(Tp) é o valor estimado ou probable para un temporal de altura significante Hs; e a máis c son os parámetros a obter do axuste. Figura 8. Vidas útiles mínimas para as obras ou instalacións de carácter definitivo (en anos), extraído da ROM 02/90. ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 17 UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a curto prazo da ondada- 19 3.6. Altura significante de deseño A altura de onda significante de deseño dunha instalación costeira, Hd, está determinada polo grao de seguridade co que se proxecta a obra. Á súa vez, o grao de seguridade da instalación ben determinado polos custos económicos e sociais dun posible faio da mesma. Para poder definir o valor de Hd é preciso introducir dous conceptos: a vida útil e o risco admisible. A vida útil (L) é o tempo durante o cal é necesario garantir a permanencia en servizo dunha instalación. O seu valor dependerá do carácter da infraestrutura e do nivel de seguridade requirido. Estas dúas variables son cualitativas, polo que a ROM 02/90 estipula os seus valores nunha táboa, a cal se acompaña na Figura 8. O risco admisible (E) é a probabilidade de que ó menos un temporal supere a altura de deseño dentro da vida útil e exprésase como: λ λ =− − 1 11 L r ET. O seu valor tamén se pode determinar en función de: — o risco de iniciación de avarías na infraestrutura ou de destrución total da mesma, — a repercusión económica se a instalación se chega a inutilizar, e — a posibilidade de perdas humanas. A ROM 02/90 recomenda uns valores para o valor de E en función distes tres criterios, os cales se amosan na Figura 9. Para obter a altura significante de deseño temos que seguir o seguinte procedemento: 1º, calcular o réxime extremo das ondas; 2º, definir un risco admisible e unha vida útil; 3º, calcular o período de retorno tendo en conta E, L e λ; 4º, obter, mediante o réxime extremo, a altura significante de retorno correspondente ao período de retorno obtido. Esta altura será a nosa altura significante de deseño. Poderemos ademais obter o seu período de pico asociado, coa fórmula exposta no apartado anterior. Se os datos empregados para realizar a análise extrema se corresponden cos datos no emprazamento, diremos que obtemos a altura de deseño no emprazamento. Porén, non sempre dispoñemos dos datos históricos no emprazamento, polo que moitas veces temos que acudir ós datos en augas profundas. Nese caso, a altura de deseño no emprazamento non se corresponde coa altura de deseño en augas profundas, posto que como se viu nas Unidades anteriores, a ondada transfórmase na súa propagación cara a costa. Teranse que estudar, mediante a simulación da propagación das ondas, cales son aqueles estados de mar en augas profundas que se corresponden cos estados de mar máis desfavorables no emprazamento. Para iso temos que ter en conta a direccionalidade da ondada e tamén as variacións do nivel medio do mar, que poden afectar ás propagacións. Finalmente, realizarase unha análise estatística multivariable que determine a altura de onda de deseño no emprazamento. ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 18 20 - UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a longo prazo da ondada Figura 9. Riscos máximos admisibles en fase de servicio e condicións extremas, extraído da ROM 02/90. ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 19 UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a curto prazo da ondada- 21 ACTIVIDADES PROPOSTAS Durante as horas expositivas, o profesor ou a profesora expoñerá e resolverá sinxelos casos prácticos nos que se aplican os contidos teóricos da Unidade Didáctica. Nalgúns casos pode que se requira da participación do alumnado ou se propoñan pequenos cálculos que estimulen a atención e melloren a aprendizaxe dos alumnos e alumnas. Ademais, propóñense dúas actividades prácticas para á súa resolución por parte do alumnado. Estas actividades teñen como fin a maduración dos coñecementos teóricos expostos durante as clases expositivas, pero tamén pretenden familiarizar ó alumnado cos procedementos necesarios para a aplicación da análise a longo prazo da ondada. Para dar continuidade e coherencia os contidos das diferentes Unidades Didácticas da materia, parte das metodoloxías necesarias para a resolución destas actividades corresponden a Unidades Didácticas anteriores. Na primeira práctica aplicaranse os contidos da Unidade Didáctica referentes ó réxime medio da ondada e consistirá en: — Obter o réxime medio direccional para unha localización en augas profundas a partires dos rexistros históricos de parámetros da ondada. — Obter os valores da altura de onda en augas profundas que limitan a operatividade dunha dársena portuaria próxima. Terase en conta a batimetría da área costeira e tódolos procesos de transformación da ondada dende augas profundas ata a costa. — Estimar a operatividade debido á ondada da dársena. — Elaboración dun informe que inclúa tanto os resultados obtidos coma as metodoloxías aplicadas. Na segunda práctica aplicaranse os contidos da Unidade Didáctica referentes ó réxime extremo da ondada e consistirá en: — Identificar, co método POT, os temporais (sucesos excepcionais) dentro dun rexistro de alturas significativas da ondada. — Caracterizar e tabular os temporais identificados cos seus parámetros da ondada correspondentes. — Axustar a probabilidade de excedencia a unha función de distribución de Weibull. — Estimar a altura de deseño no emprazamento a partires do réxime extremo obtido para unha instalación cunhas características dadas. — Elaboración dun informe que inclúa tanto os resultados obtidos coma as metodoloxías aplicadas. Estes supostos prácticos será resoltos, na medida do posible, durante as horas de seminarios interactivos baixo a supervisión do profesorado. Empregaranse medios informáticos para a súa resolución, polo que os seminarios terán lugar nunha aula de informática do centro. Todo o material necesario será proporcionado polo profesorado no seu debido momento. Os informes serán elaborados polo alumnado durante as horas non presenciais e presentados en formato dixital antes dunha data previamente anunciada. ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 20 22 - UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a longo prazo da ondada AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA A avaliación desta Unidade Didáctica faise conxuntamente co resto da materia de forma continuada. Os aspectos avaliados e os criterios e instrumentos empregados, así como o seu valor na cualificación final dos alumnos e alumnas recóllense na táboa que se acompaña. Aspectos Criterios Instrumento Valor (%) Clases expositivas - Asistencia - Coñecementos teóricos - Folla de sinaturas 20 Seminarios Interactivos - Asistencia - Participación - Capacidade de traballo en grupo - Formulación e resolución de exercicios e problemas - Folla de sinaturas - Entrega de problemas e exercicios 40 Exame - Coñecementos teóricos - Formulación e resolución de exercicios e problemas - Proba escrita 40 ÍNDICE
Unidade didáctica 5Análise a longo prazo da ondada 21 UNIDADE DIDÁCTICA 5: Análise a curto prazo da ondada- 23 BIBLIOGRAFÍA PUERTOS DEL ESTADO (2009): ROM 1.0-09 Recomendaciones del diseño y ejecución de las Obras de Abrigo PUERTOS DEL ESTADO (1999). ROM 3.1-99: Proyecto de la configuración marítima de los puertos, canales de acceso y áreas de flotación. Puertos del Estado, 2000. PUERTOS DEL ESTADO (1991): ROM 0.3-91 Acciones Medioambientales I: Oleaje. PUERTOS DEL ESTADO (1990). ROM 0.2-90: Acciones al proyectar Obra Marítima y Portuaria. Puertos del Estado, 1994. GŌDA, Y. (2010): Random seas and design of maritime structures. World Scientific Publishing Company Incorporated, 2010. KAMPHUIS, J. W. (2000): Introduction to Coastal Engineering and Management. World Scientific Publishing Company Incorporated. KINSMAN, B. W. (2002): Wind Waves. Dover Publications ÍNDICE
Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade VICERREITORÍA DE ESTUDANTES, CULTURA E FORMACIÓN CONTINUA