Full text
TESE DE DOUTORAMENTO Busca de variantes raras en xenes asociados á esquizofrenia UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DEPARTAMENTO DE ANATOMÍA PATOLÓXICA E CIENCIAS FORENSES FACULTADE DE MEDICINA José Javier Suárez Rama 2017
O Doutor Angel Carracedo Álvarez, Catedrático de Medicina Legal da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, e o Doutor Javier Costas Costas, Investigador do Servizo Galego de Saúde no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. CERTIFICAN: Que o presente traballo que leva por título “Busca de variantes raras en xenes asociados á esquizofrenia”, realizado por José Javier Suárez Rama baixo a nosa dirección, foi revisado e está en disposición de ser presentado para optar ó grado de Doutor en Medicina molecular. E para que así conste, firmamos o presente certificado en Santiago de Compostela, a 20 de Xullo de 2017 Fdo: Dr. Ángel Carracedo Álvarez Fdo: Dr. Javier Costas Costas
iii RESUMO A esquizofrenia é unha enfermidade multifactorial complexa xa que na súa aparición interveñen tanto factores ambientais como xenéticos. Trátase dun trastorno mental grave, crónico e recorrente que xera unha gran carga social e familiar onde a súa prevaleza na poboación é dun 0,72% e na que, segundo estudos de epidemioloxía xenética, se estima unha herdabilidade entre o 65 e o 82%. Os estudos de GWAS (Genome Wide Association Studies), os cales están baseados na hipótese enfermidade comúnvariante común, conseguiron explicar parte da varianza da susceptibilidade a padecer da doenza, existindo unha gran proporción sen coñecerse. Unha hipótese complementaria á anterior é aquela que sostén que existen múltiples variantes pouco frecuentes na poboación, que teñen un risco asociado moderado e que estarían influíndo no desenvolvemento da esquizofrenia, sen que ningunha delas fora por si soa determinante para a doenza, denominada hipótese enfermidade común-variante rara. Este é o suposto no que se centra principalmente o presente traballo de tese. Un dos primeiros exemplos que apoiaba a hipótese enfermidade común-variante rara en esquizofrenia era o xene DISC1. Un estudo identificaba nunha familia escocesa unha translocación balanceada afectando a este xene e que cosegregaba cos individuos afectos de diferentes enfermidades psiquiátricas, entre as que se atopaba a esquizofrenia. A vista deste resultado, o primeiro estudo desta tese centrábase en estudar variantes codificantes a baixa frecuencia no xene DISC1 nunha mostra de orixe galego. Para isto secuenciabamos este xene nunha cohorte de casos e controis. A continuación xenotipabamos, no total da mostra dispoñible, as distintas variantes raras e non sinónimas atopadas na fase anterior, máis outras que atopabamos mediante buscas bibliográficas e nas bases de datos. Aínda que unha das variantes acadaba unha significación nominal, esta estratexia non nos permitía encontrar ningunha variante rara individual dunha forma robusta. Utilizando os datos de xenotipado dunha das variantes analizadas xunto con datos doutros estudos publicados anteriormente, levabamos a cabo unha metaanálise que nos permitía identificar unha posible variante funcional de risco que estaba situada na rexión 3´UTR de DISC1, podendo estar esta involucrada na regulación da expresión deste xene mediante os miARNs. No seguinte traballo, utilizando os datos de xenotipado dun GWAS levado a cabo previamente polo noso grupo, estudabamos o papel das variantes comúns, codificantes e de sentido incorrecto no interactoma de DISC1. Para isto utilizabamos a estratexia que se basea no estudo dos xenes como un conxunto. Mediante esta metodoloxía identificabamos unha sobrerepresentación das proteínas que forman parte do interactoma de DISC1, sinalando a este conxunto de xenes como un factor a ter en conta no risco a padecer esquizofrenia. Ademais viamos que sete dos xenes incluídos na análise eran os responsables desta sobrerepresentación, estando estes involucrados na organización neuronal do citoesqueleto e no transporte intracelular ó través dos microtúbulos do citoesqueleto, suxerindo que estes procesos poderían estar afectados en individuos esquizofrénicos. No estudo III da presente tese, tratabamos de buscar variantes raras cun risco asociado alto en xenes que formaban parte do interactoma de DISC1 e xenes que previamente foran asociados á esquizofrenia mediante estudos de GWAS ou CNVs. Utilizando a metodoloxía de ultrasecuenciación analizabamos 21 xenes nunha cohorte de 51 pools de casos e outras tantas de controis (153 individuos en cada unha das cohortes). Cos datos previos do estudo de GWAS e do estudo de DISC1, valorabamos o
iv funcionamento de distintos paquetes informáticos utilizados para a identificación de variantes en pools, concluíndo que o software VarScan é o que maior especificidade acadaba mantendo, a súa vez, unha alta sensibilidade. Cos datos das variantes atopadas mediante o VarScan viamos que existía un exceso de variantes funcionais a baixa frecuencia (MAF<5%), o cal podería estar indicando un posible papel deste tipo de variantes no desencadeamento da doenza. Despois de xenotipar, no total da mostra dispoñible, as variantes funcionais exclusivas dos casos, levabamos a cabo un estudo de asociación onde atopabamos unha variante cunha significación nominal presente no xene AKAP9. A continuación, mediante unha análise de acumulación de variantes, identificabamos unicamente dous xenes que obtiñan un valor de significación nominal, ZNF804A e NRXN1, existindo neste último xene un exceso de variantes en controis respecto ós casos. Por último, e a vista dos resultados obtidos no traballo anterior, decidiamos estudar máis polo miúdo os xenes ZNF804A e NRXN1. Para isto levabamos a cabo unha busca bibliográfica coa finalidade de atopar estudos onde analizaban estes dous xenes en casos e controis para levar a cabo unha metaanálise. Finalmente centrabámonos no xene NRXN1 xa que foi o único xene onde atopabamos os estudos suficientes para levar a cabo unha metaanálise. A maiores dos datos publicados utilizabamos as variantes atopadas mediante secuenciación deste xene nun total de 384 casos e o mesmo número de controis agrupados en pools de 4 mostras, e que posteriormente confirmabamos mediante xenotipado. A continuación agrupabamos as variantes segundo a súa frecuencia e a súa funcionalidade para logo levar a cabo unha metaanálise en cada un dos conxuntos, acadando unicamente valores significativos cando considerabamos unicamente as variantes codificantes de sentido incorrecto cunha frecuencia menor ó 1%, confirmando así a existencia dun exceso deste tipo de variantes en controis. Este resultado é contraditorio respecto ó publicado ata o de agora sobre NRXN1, o cal está implicado no balance sináptico inhibidorexcitador, polo que pequenos cambios sutís neste equilibrio poderían dar lugar a un efecto protector contra a doenza.
AGRADECEMENTOS Quería comezar dándolle as a grazas Ángel Carracedo por poder darme a inmensa oportunidade de forma parte deste grupo de investigación. Sempre lle estarei agradecido por permitirme coñecer o mundo da investigación podendo vivilo, desfrutalo e tamén sufrilo, como o fixen. Envexo a paixón con que vive e difunde a ciencia. Dende aquí quero recoñecerlle o traballo que fai día a día para que o laboratorio siga adiante. Agradecer, como non, a Xabi Costas por guiarme, tutelarme e aconsellarme dunha forma inapelable durante todos estes anos. Tamén pola paciencia que amosou cando as cousas non ían tamén como quixeramos. Incrible o traballo que amosa e desempeña como responsable do grupo de psiquiátricas. Agradecerlle a Inés todas esas “broncas” que me botaba para que espabilase e chegase a este punto da tese. En parte, grazas a iso estou finalizando este traballo. Tamén quería destacar a miña primeira “compi” de laboratorio: Noa. Foi a miña “iniciadora” no traballo de laboratorio e sempre me botou unha man no que necesitara nos meus inicios. Juan, María, Bea, Jorge… Todos vós colaboraches dun xeito ou doutro neste traballo, e axudáchesme a resolver moitos dos problemas que me ían xurdindo. Grazas. Álex, Kata, Eva, Julio, Xaquín, Peñas, Fátima e outra moita xente tamén, que fan que as horas que se pasan no laboratorio se fagan máis amenas, creando un ambiente de traballo agradable. Os meus pais, que dicir deles, sempre me aconsellaron dun xeito inmellorable, ademais de amosarme sempre o seu apoio nas decisións que tomase. Grazas a eles son a persoa que son a día de hoxe. Como non agradecer a miña compañeira eterna de viaxe, a que me escoita e me comprende. A que "sufriu" a tese en primeira persoa e que me aturou nos momentos difíciles deste largo proceso e que me soubo calmar e alentar. Grazas Anti, sen o teu apoio incondicional non sería quen de escribir esta tese. Por último, destacar a tódalas persoas que colaboraron aportando mostras, así como ós doentes e familiares, parte esencial e primordial para poder levar un estudo de investigación. Este traballo de púidose levar a cabo grazas o financiamento da Xunta de Galicia mediante o proxecto INCITE08PXIB9101149PR, do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) a través do proxecto FIS/FEDER 08/1522 e da Fundación Galega de Medicina Xenómica (FPGMX) en colaboración co Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
xiv ADN: Ácido desoxirribonucleico. AMPc: Adenosín monofosfato cíclico ANS: Ansiedade. ARN: Ácido ribonucleico. ARNm: ARN mensaxeiro. aSum: data-adaptative sum Test. C:Citosina. Ca: Caso. CADD: Combined Annotation Dependent Depletion. CAST: Cohort Allelic Sums Test. CEU: Colección de residentes en Utah con devanceiros do norte e oeste de Europa doCEPH CMC: Combined Multivariate and Collapsing Test. Co: Control. CEGEN: Centro Nacional de Genotipado. CEPH: Centre d´Etude du Polymorphisme Humain. CGH: Comparative genomic hybridization. CNV: Copy Number Variation. DI: Discapacidade Intelectual. Del: Deleción. DL: Desequilibrio de Ligamento. DM: Depresión Maior Dup: Duplicación. dNTP: desoxinucleotido trifosfato. EDTA: Ácido etilendiaminotetraacético. ENCODE: Encyclopedia of DNA Elements. EP: Epilepsia. ePCR: Emulsion PCR EREC: Estimated Regression Coefficient Test. ExAC: Exome Aggregation Consortium. FDR: False discovery rate FESD: Functional Element SNPs Database. FISH: Fluorescence In Situ Hybridization. FPGMX: Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. G: Guanina. GATK: Genome Analysis Toolkit. GO: Gene Ontology. GWAS: Genome Wide Association Studies. IC: Intervalo de confianza. ISC: International Schizophrenia Consortium. ISP: Ion Sphere™ Particle. Indel: Inserción/deleción. Kb: Quilobase. KBAC: Kernel-based Adaptive Cluster Test.
xv KEGG: Kyoto Encyclopedia of Genes and Genomes. LHD: Lugares de Hipersensibilidade a DNasa I. LINE1: Long interspersed nuclear elements type 1. LOF: Loss of function. MALDI-TOF MS: Matrix-Assisted Laser Desorption/Ionization- Time-Of- Flight Mass Spectrometry. MAF: Minor Allele Frequency. Mb: Megabase. MDS: Multidimensional Scaling. MgCl2: Cloruro de Magnesio. MGS: Molecular Genetics of Schizophrenia. MHC: Major Histocompatibility Complex. miRNA: Micro ARN. µL: Microlitro. MLPA: Multiplex ligation-dependent probe amplification. MSIGDB: Molecular Dignatures Database. NCBI: National Center for Biotechnology Information. ng: Nanogramos. NGS: Next Generation Sequencing. NHBLI ESP: National Heart, Lung, and Blood Institute Exome Sequencing Project. NS: Non Sinónimas OR: Odds Ratio. Pb: Pares de bases. PCA: Principal Component Analysis. PCR: Polymerase Chain Reaction. PGC: Psychiatric Genomics Consortium. PID: Pathway Interaction Database. qPCR: quantitative PCR. RES: reguladores exónicos de splicing RM-MC: Retraso Mental e Malformacións Conxénitas. S: Sinónimas. SAP: Shrimp Alkaline Phosphatase. SBE: Single Base Extension. SCZ: Esquizofrenia. SCZA: Trastorno Esquizoafectivo. SKAT: Sequence Kernel Association Test. SKAT-O: SKAT-Optimal Test. SNP: Single Nucleotide Polymorphism. SNV: Single Nucleotide Variation. SOLID: Sequencing by Oligonucleotide Ligation and Detection. SWG of PGC: Schizophrenia Working Group of the Psychiatric Genomics Consortium. TB: Trastorno Bipolar Tª: Temperatura. Taq: Thermus Aquaticus.
xvi TB: trastorno Bipolar TD: Trastorno depresivo. tdPCR: Touchdown PCR. TDV: Trastorno do Desenvolvemento. TE: Tris-EDTA. TEA: Trastorno do Espectro Autista. THDA: Trastorno de Hiperactividade e Déficit de Atención. TPH: Trastorno Pitt-Hokins. TSI: Tuscan in Italy. TVC: Torrent Variant Caller. T1000G: The 1000 Genomes Project. UCSC: University of California Santa Cruz. USC: Universidade de Santiago de Compostela. UTR: Untranslated Region. VT: Variable Threshold Test WSS: Weighted-Sum Statistic test.
1. INTRODUCIÓN
Introdución 3 1.1. A ESQUIZOFRENIA 1.1.1. Definición, orixe e sintomatoloxía A esquizofrenia é un trastorno caracterizado por un conxunto de síntomas psicóticos (destacando as alucinacións e delirios), alteración da afectividade, comportamento desorganizado e alteración da percepción da realidade. Os síntomas que presenta un afecto ó longo da súa vida poden variar. Ademais, diferentes pacientes non teñen por que presentar os mesmos síntomas. Todo isto danos unha idea da gran heteroxeneidade etiopatolóxica, sintomatolóxica e do curso do trastorno (Keshavan et al. 2008; Tandon et al. 2008). En 1857, Morel propoñía por primeira vez a teoría da herdabilidade nos trastornos mentais. Sostiña que estes trastornos son resultado de defectos biolóxicos innatos e a severidade das síndromes mentais aumenta de formar lineal nos descendentes. El acuñaba o termo démence précoce no 1852. Este termo non o utilizaba como unha categoría clínica senón que era utilizado simplemente dun xeito descritivo: Nel englobaba a pacientes xoves que presentaban unha demencia prematura (Adityanjee et al. 1999; Ban 2004). Kraepelin (1856-1926), seguindo a teoría de Morel, foi o primeiro clínico que comezaba a diferenciar as psicoses. Por unha banda distinguía "dementia praecox" para referirse ós casos nos que a aparición da enfermidade tiña lugar na adolescencia ou nos primeiros anos da idade adulta, por presentar tendencia ó deterioro, falta de lucidez mental e demencia. O outro grupo que diferenciaba era a loucura maníaca-depresiva, a cal estaba caracterizada pola súa episodicidade, ausencia de deterioro e por uns resultados máis favorables (Tandon et al. 2009). Era finalmente Bleuler (1857-1939) quen propoñía substituír "dementia praecox" co termo de esquizofrenia, definindo a enfermidade como un grupo de psicoses caracterizadas por un tipo específico de alteración do pensamento, emocións e relación có mundo exterior. Outra das contribucións destacadas de Bleuler era a creación dunha listaxe de síntomas. Diferenciaba síntomas fundamentais, os cales consideraba característicos da enfermidade e que debían de estar presentes nunha persoa ó longo de toda a vida, e síntomas accesorios que podían ou non estar presentes (Andreasen and Carpenter 1993). Por último, Schneider (1958) describía unha serie de se síntomas patognomónicos, ós cales chamaba síntomas positivos (Tandon et al. 2009). Polo tanto, ó longo do século XX era cando se asentaba o concepto de esquizofrenia definíndose este a partir da cronicidade de Kraepelin, os síntomas negativos de Bleuler e os síntomas positivos de Schneider (Tandon et al. 2009). Ata o de agora non se identificou ningún marcador biolóxico que caracterice a enfermidade dunha forma obxectiva, polo que o seu diagnóstico baséase na observación clínica do estado mental do afecto existindo unhas características clínicas xerais da enfermidade, as cales aparecen recollidas na quinta versión do Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais da Asociación Americana de Psiquiatría (DMS-5) (Braff et al. 2013) e na décima revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades da Organización Mundial da Saúde (ICD-10; World Health Organization, 1992). A esquizofrenia é un trastorno mental grave, crónico e cunha expresión moi variada na que os seus principais síntomas clasifícanse en:
Introdución 4 Os síntomas positivos: son exacerbacións de fenómenos normais. Inclúen delirios, alucinacións e outro tipo de distorsións da realidade. Poden ocorrer distintos tipos de delirios e alucinacións afectando a calquera dos 5 sentidos e ademais en diferente grao de persistencia ou sistematización. Este tipo de síntomas son os que mellor resposta teñen fronte a medicación antipsicótica (Tandon et al. 2009). Os síntomas negativos: Implican a redución ou perda dun rango de afectividade e da función conativa. Aquí inclúese incapacidade fronte a experiencias afectivas e expresión, abulia (falta de motivación), falta de empatía, empobrecemento da linguaxe, anhedonia (incapacidade para experimentar pracer), falta de iniciativa e conduta social reducida (Tandon et al. 2009). Os síntomas cognitivos son a diminución da capacidade para inferir e interpretar os sentimentos doutros, a tendencia a atribuír emocións negativas a outras persoas e a distorsión da atención, do procesamento da información, alteración do procesamento da fala e a fluidez verbal. Os síntomas de desorganización do pensamento e comportamento: Refírese á fragmentación da natureza lóxica e progresiva do pensamento normal, podendo variar en gravidade dende a circunstancialidade e tanxencialidade relativamente leve ata a incoherencia máis severa e mestura de palabras. Inclúe tanto o descarrilamento e neoloxismo (trastorno do pensamento formal positivo) como a pobreza do contido do pensamento (trastorno do pensamento formal negativo). Os síntomas psicomotores: Os doentes habitualmente manifestan anomalías tanto na extensión como na natureza da actividade psicomotora. As desordes da actividade psicomotora abranguen dende movementos de postura illados e simples ou manierismos ata patróns de movemento, como os observados en varios estados catatónicos (Tandon et al. 2009). Síntomas da conduta como hostilidade, impulsividade, illamento e conduta antisocial (Tandon et al. 2009). 1.1.2. Evolución da enfermidade A esquizofrenia é un trastorno mental grave, crónico e recorrente que xera unha gran carga social e familiar, tendo unha prevalencia na poboación de 0,72% (McGrath et al. 2008). O trastorno soe ter unha traxectoria secuencial que empeza coa fase premórbida na que os individuos que van a padecer a enfermidade sofren problemas cognitivos, emocionais e do desenvolvemento do comportamento, acompañados por discapacidade en funcións sociais e académicas. Entre as anormalidades resaltan o retraso no desenvolvemento motor, disfunción da atención, déficit na linguaxe receptiva, malos resultados académicos, illamento social e aplanamento emocional (Schenkel and Silverstein 2004). A seguinte etapa denomínase fase prodrómica e corresponde á fase anterior á aparición da doenza. Está caracterizada por síntomas positivos atenuados (síntomas básicos) e funcións decadentes, xunto cunha serie de signos clínicos: déficits cognitivos, síntomas negativos, síntomas do humor e un descenso da función (Cornblatt et al. 1999). Os síntomas cognitivos, negativos e depresivos aparecen, de media, sobre 5 anos antes do primeiro contacto clínico e a discapacidade social aproximadamente de 1 a 3 anos antes. Por outra banda, os síntomas positivos soen manifestarse un ano antes do primeiro contacto clínico (Tandon et al. 2009).
Introdución 5 A aparición do primeiro episodio psicótico marca o inicio da fase psicótica, que é cando realmente aparece o trastorno. O inicio desta é difícil de estimar debido ó proceso continuo da evolución da enfermidade dende a fase prodrómica á psicose e tamén debido as distintas definicións existentes na actualidade desta fase de inicio, entre as que destacan: a aparición dos primeiros signos de trastornos mentais, primeiros síntomas positivos, primeiras evidencias de disfunción social, primeiro contacto clínico ou primeira hospitalización (Beiser et al. 1993; Hafner 1998). Segundo o DSM-5 considérase que a enfermidade iníciase se o individuo presenta, ó longo dun mes, polo menos dous destes cinco síntomas: alucinacións, delirios, comportamento ou fala desorganizada ou síntomas negativos. Para a confirmación do diagnóstico é necesario que se manifeste, polo menos, un dos tres primeiros. Nesta fase acentúanse os síntomas positivos e os negativos fanse máis prominentes a medida que o trastorno vai evolucionando. A esquizofrenia tipicamente maniféstase na adolescencia ou no inicio da idade adulta, aínda que nas mulleres debuta, de media, de 5 a 7 anos máis tarde (Hafner 1998). Relacionado con isto dicir que a distribución da idade de aparición nos homes é unimodal mentres que nas mulleres é bimodal, amosando un pico nos dous xéneros entre os 18 e 30 anos e un segundo pico nas mulleres entre os 45 e 49 anos (Fig.1) (Hafner 1998; Hafner 2003). Figura 1. Distribución da idade de aparición da esquizofrenia. Adaptada de (Hafner 2003). Por último, o trastorno entra nunha fase estable ou de meseta onde os síntomas positivos tenden a ser menos severos e os síntomas negativos e o déficit cognitivo son cada vez máis predominantes (Tandon et al. 2009). Esta fase está caracterizada ou por unha remisión do trastorno ou por unha cronicidade, aínda que poden existir exacerbacións posteriores. Aínda que clasicamente divídese nestas fases, a evolución da esquizofrenia varía amplamente entre os pacientes e a separación destas fases moitas veces é imprecisa debido a gran heteroxeneidade do curso do trastorno. Ademais os síntomas prodrómicos e premórbidos non teñen valor para dar unha predición do diagnóstico xa que aparecen nunha gran variedade de alteracións do comportamento en individuos que posteriormente non padecen a enfermidade (Tandon et al. 2009).
Introdución 12 A principal limitación desta estratexia é que é ineficaz fronte a heteroxeneidade alélica, é dicir, a existencia de varios alelos presentes no mesmo xene asociados á patoloxía. Posto que a recombinación xenética ó longo das xeracións rompe as asociacións existentes entre marcadores contiguos, para os estudos de asociación é necesario utilizar marcadores xenéticos moi abundantes ó longo do xenoma. Esta característica cúmprena os SNPs. Estas variantes ocorren, aproximadamente, cada 300 pares de bases ó longo do xenoma. Ademais existe unha gran cantidade de SNPs que son comúns dentro dunha poboación, é dicir, máis do 5% da poboación é portadora dunha variación específica nun locus determinado. Todo isto fai que estas variacións sexan fáciles de estudar mediante os estudos de asociación. No xenoma humano existen distintos tipos de SNPs. Un deles son os SNPs non sinónimos que provocan un cambio na secuencia aminoacídica da proteína codificada polo xene, podendo así, afectar a actividade desta e a súa vez a susceptibilidade a padecer unha determinada patoloxía. Este tipo de SNPs ou ben poden dar lugar a substitucións dun aminoácido por outro na proteína codificada podendo afectar a actividade da proteína, sobre todo se o cambio ten lugar entre dous aminoácidos de propiedades fisicoquímicas moi distintas; ou ben poden dar lugar a un codón de parada que provoca o remate prematuro da tradución dando lugar a unha proteína truncada. Variantes deste estilo son as que se estudan no estudos de asociación directos (Hirschhorn and Daly 2005). Nestes estudos o que se fai é comprobar se existe unha distribución distinta entre casos e controis dunha variante funcional dun xene que estivese implicada na variación na susceptibilidade. Outro tipo de variantes que tamén poden ser obxecto de estudo mediante esta estratexia, pero de forma pouco habitual, son os SNPs intrónicos ou os sinónimos (substitucións na rexión codificante pero que non provocan cambios aminoacídicos). Os SNPs intrónicos poden afectar á expresión do xene por estar situadas en rexións promotoras de unión de factores de transcrición, ó procesamento do ARN mensaxeiro afectando ó corte de intróns e empalme de exóns ou a súa tradución, etc. Outro tipo de SNPs que hai que considerar son os que están sitos en rexións non codificantes, xa que estas variantes poden afectar a lugares de unión de factores de transcrición en promotores, zonas altamente conservadas ou rexións con modificacións epixenéticas, as cales tamén poden ser funcionais (Roussos et al. 2014). O principal problema da estratexia directa é a necesidade de coñecemento previo das variantes funcionais dos xenes a estudar. Isto resólvese usando o método indirecto, que asume que non se poden coñecer todas estas variantes funcionais previamente, polo que trata de identificar unha asociación entre un xene e unha patoloxía vendo se existen diferenzas significativas entre casos e controis para os SNPs marcadores, os cales poden ser os causantes directos da variación na susceptibilidade ou pode que se encontren en desequilibrio de ligamento (DL) cos causais (Hirschhorn and Daly 2005). Defínese o DL como a correlación entre dúas variantes próximas de tal xeito que, os alelos destes marcadores veciños (observados no mesmo cromosoma) están asociados nunha poboación con máis frecuencia que a esperada en función das súas frecuencias individuais (Hirschhorn and Daly 2005). O DL xurde coa aparición dunha nova mutación que, mentres non se produza recombinación, estará en DL co resto das variantes do cromosoma, formando así un novo haplotipo (combinación de variantes alélicas dun cromosoma). O DL pode variar dentro dunha mesma poboación ou entre poboacións como consecuencia da variabilidade rexional nos patróns de recombinación, deriva xenética, selección natural, conversión xénica, idade da mutación, diversidade étnica e mestura recente da poboación, taxa de mutación ou ós patróns de emparellamento na poboación (Carlson et al. 2004).
Introdución 13 Para medir o DL entre dous marcadores veciños existen varias medidas (Weiss and Clark 2002). Unha delas é o parámetro D, que mide a diferenza entre as frecuencias haplotípicas observadas e esperadas a partir das frecuencias individuais de cada alelo. Calcúlase do seguinte xeito: D = frec(A∩B) – frec(A)·frec(B) Onde A e B son os alelos de maior frecuencia de dous SNPs e a e b os menores. O problema deste parámetro é que depende da frecuencia dos distintos alelos, non sendo útil para comparar o DL entre rexións distintas. O problema anterior soluciónase utilizando D´ que se calcula axustando o valor de D en función do máximo ou o mínimo valor que pode alcanzar ás frecuencias alélicas concretas (Dmax): D’=D/Dmax Outra forma de calcular o DL é r2: r2=D2/[frec(A)·frec(a)·frec(B)·frec(b)] Ó igual que D’, r2 toma valores comprendidos 0 e 1. A diferenza é que D´ acada o valor de 1 se o alelo de menor frecuencia dun SNP está sempre asociado a un dos dous alelos do outro SNP, mentres que r2 só será 1 se cada un dos alelos dun SNP está asociado a un único alelo do outro SNP, é dicir, as frecuencias do alelo menor dos dous SNPs son idénticas e ademais atópanse no mesmo haplotipo. Polo tanto, r2 é unha medida máis restritiva que D’. O efecto que causa cada un dos SNPs asociados é medido mediante o odds ratio (OR) que é a razón de dous cocientes: número de pacientes portadores de alelo de risco (a) entre o número de afectos non portadores (c); e o número de controis portadores do alelo de risco (b) entre o número de controis non portadores (d) (OR= (a/c)/(b/d)). Se o valor de odds ratio é menor que 1 indica que o alelo é de protección. A potencia estatística dun estudo indica a probabilidade de que a hipótese nula sexa rexeitada cando a hipótese alternativa é verdadeira, é dicir, a probabilidade de non cometer un erro tipo II (aceptar a hipótese nula de non asociación sendo falsa). O cálculo da potencia estatística dun estudo permite ver se o deseño do estudo é o adecuado para poder atopar unha determinada asociación. Gran parte dos erros tipo II son debidos a que o tamaño mostral é insuficiente; aumentar o número de mostras nun estudo é a forma máis común de aumentar a potencia e, como consecuencia, reducir este tipo de erros. Outros parámetros que tamén se utilizan para a estima da potencia son a frecuencia e a magnitude do efecto atribuído a un alelo, o cal é medido polo OR, comentado anteriormente. O nivel de significación (α) tamén é necesario para o cálculo da potencia. Este parámetro indica o valor por debaixo do cal se considera que as diferenzas observadas non son debidas ó azar. O nivel de significación dun SNP ven dado polo valor-P que indica a probabilidade de obter un resultado polo menos tan extremo como o que se obtivo supoñendo que a hipótese nula fose certa. Hai que ter en conta que este umbral de significación vólvese máis restritivo cando no estudo se levan a cabo múltiples comparacións. O método máis habitual para corrixir isto é o método de Bonferroni, no que o nivel de significación calcúlase dividindo o valor α entre o número de probas. Este método asume que as distintas probas son independentes, cousa que non pasa case nunca nos estudos de asociación, pola presenza do DL entre SNPs, causando así erros de tipo II. Unha alternativa é o uso de permutacións. Mediante este método permútanse as etiquetas de casos e controis na mostra, xerando así pseudocasos e
Introdución 14 pseudocontrois, facéndose a continuación o contraste de frecuencias entre ambos pseudogrupos, e así para cada unha das réplicas, obténdose unha distribución empírica do estatístico ó chou para logo comparala co valor real. 1.2.2.2.1. Os Estudos de Asociación de Xenes Candidato Posto que, a diferenza dos estudos de ligamento, as asociacións non se estenden ó longo de grandes segmentos xenómicos, para os estudos de asociación é necesario estudar centos de miles de marcadores. Isto, ata o desenvolvemento das novas tecnoloxías de xenotipado non era posible levalo a cabo, polo que os primeiros estudos de asociación centrábanse en analizar xenes candidato, sendo así o número de marcadores a estudar moito menor. Nun principio a selección destes xenes facíase en función das súas características funcionais (xenes candidato funcionais), é dicir, xenes que, segundo coñecementos moleculares previos, poderían estar implicados en rutas metabólicas relacionadas coa enfermidade, levar a cabo unha función biolóxica clave na patoloxía, expresarse en rexións implicadas no trastorno, etc.; dito doutro xeito, as proteínas que codificaban estes xenes poderían desenvolver un papel importante na patofisioloxía da enfermidade. No caso da esquizofrenia existe o problema de que se coñece pouco sobre a súa patoxénese ou sobre a súa etioloxía, polo que a selección dos xenes era difícil (Williams et al. 2009). Existen numerosas publicacións con este tipo de estudos pero ningunha delas conseguía resultados consistentes (Farrell et al. 2015). A alternativa a estes estudos era analizar xenes situados en rexións que tiñan unha elevada probabilidade de estar relacionados na etioloxía da enfermidade, como poden ser xenes situados en rexións cromosómicas previamente asociadas con estudos de ligamento ou xenes que están alterados por aberracións cromosómicas implicadas na patoloxía. Son os chamados xenes candidato posicionais. Estes estudos, a pesares da non confirmación nas réplicas das asociacións atopadas cos estudos de ligamento, atopaban varios xenes asociados coa esquizofrenia, entre os que destacan Neuregulin 1 (NRG1) (Stefansson et al. 2002), Dystrobrevin-biniding protein 1 (DTNBP1) (Straub et al. 2002) e D-amino acid oxidase activator protein (DAOA) (Detera-Wadleigh and McMahon 2006). A pesares do descubrimento dalgunhas asociacións positivas, ningún dos xenes candidato estudados acadaba un nivel de significación convincente para asocialos a esquizofrenia. A falta de asociacións positivas neste tipo de estudos pode ser consecuencia do uso de tamaños de mostras moi pequenos, polo que os traballos non tiñan a suficiente potencia estatística para detectar efectos de pequeno tamaño, algo típico dos alelos comúns de enfermidades complexas (Williams et al. 2009). No 2008 publicábase un artigo que facía referencia a unha base de datos pública e de acceso libre chamada “SchizophreniaGene” (http://www.szgene.org/). Aquí recollíanse tódolos estudos de asociación xenéticos sobre a esquizofrenia publicados, incluíndo o número de mostras analizadas, orixe e datos xenotípicos. Ademais, levaban a cabo e incluían os resultados das meta-análises de tódolos polimorfismos dos que se dispoñían de, polo menos, datos de catro mostras caso-control independentes. Atopaban 24 variantes que alcanzaban un valor significativo nos xenes: APOE, COMT, DAO, DRD1, DRD2, DRD4, DTNBP1, GABRB2, GRIN2B,HP, IL1B, MTHFR, PLXNA2, SLC6A4, TP53 e TPH. Estes xenes tiñan un OR medio de 1,23. Sen embargo, se facían unha selección seguindo uns criterios propostos (Ioannidis et al. 2008) para avaliar a evidencia acumulativa dos estudos de asociación, só 4 destes xenes (DRD1, DTNBP1, MTHFR e TPH) amosaban unha elevada credibilidade epidemiolóxica (Allen et al. 2008).
Introdución 15 1.2.2.2.2. Os Estudos de Asociación do Xenoma Completo Posteriormente xurdían os estudos de asociación do xenoma completo (en inglés Genome Wide Association Studies, GWAS), nos cales se xenotipaban unha gran cantidade de SNPs situados ó longo do xenoma para avaliar a variación xenética común e cun efecto asociado baixo, coa finalidade de comprobar se algunha destas variantes actuaba como factor de risco dunha enfermidade. Os GWAS están baseados na hipótese enfermidade común-variante común que, como se comentou anteriormente, sostén que as variantes xenéticas comúns, presentes na poboación xeral, causan un risco moi baixo de xeito individual a desenvolver unha determinada enfermidade. Estes son posibles realizalos grazas ós avances nas tecnoloxías de xenotipado, ó coñecemento da secuencia completa do xenoma humano, ó rexistro de millóns de SNPs en base de datos públicas e ó proxecto internacional HapMap (International HapMap 2003). Este último permítenos coñecer os patróns de DL ó longo do xenoma e, por tanto, caracterizar a diversidade haplotípica existente nas distintas poboacións humanas (Hirschhorn and Daly 2005). Os GWAS tiveron gran aceptación debido a que xuntan as vantaxes dos estudos de asociación (permiten detectar pequenos efectos) e os de ligamento (non requiren un coñecemento específico da patoxénese) (Williams et al. 2009). Por outra banda, estes estudos necesitan un gran número de participantes para conseguir unha potencia estatística suficiente para atopar variantes con risco relativo baixo e cunha significación a nivel xenómico. De feito, o valor-P proposto para estes estudos é de 5x10-8, resultante de dividir un valor-P de 0,05 por un millón de test independentes segundo a corrección de Bonferroni (Risch and Merikangas 1996). A necesidade de grandes tamaños de mostras para alcanzar suficiente potencia estatística para detectar alelos comúns de pouco efecto mediante os GWAS (Táboa 1, páxina 21) fixo que se crearan diferentes consorcios, entre os que se atopan o International Schizophrenia Consortium (ISC), Molecular Genetics of Schizophrenia (MGS), SGENE e o Schizophrenia Working Group of the Psychiatric Genomics Consortium (SWG of PGC). A parte de permitir tamaños de mostras grandes, algúns destes consorcios permiten o acceso público dos datos resumo obtidos, co cal poden ser utilizados en posteriores análises. Un dos problemas asociados a estes consorcios é a diferente orixe das mostras recompiladas, facendo que un dos puntos críticos destes estudos sexa a estratificación poboacional. Esta fai referencia a posibilidade de obter resultados espurios debido as diferenzas ancestrais alélicas entre as sub-poboacións do estudo, no lugar de estar asociados ó trazo estudado (Bergen and Petryshen 2012). Para evitar este problema deberíase ter especial atención no emparellamento entre os casos e os controis segundo á súa orixe xeográfica. Aparte disto, hai métodos que permiten detectar e corrixir o problema da estratificación poboacional a partires dos datos de xenotipado obtidos. As dúas primeiras estratexias utilizadas eran o control xenómico (Devlin et al. 2001) e a asociación estruturada (Pritchard and Donnelly 2001). O control xenómico calcula o valor polo cal se incrementa o estatístico empregado para identificar a asociación como consecuencia da estratificación; mentres que a asociación estruturada intenta identificar cantas sub-poboacións existen na mostra, de xeito que asigna cada un dos individuos de dita mostra a unha sub-poboación antes de contrastar as frecuencias dos marcadores. Outros dous métodos que existen actualmente para avaliar a estratificación poboacional é a Análise de Compoñentes Principais (das súas siglas en inglés, PCA) e o Escalado Multidimensional (das súas siglas en inglés, MDS). A PCA identifica os compoñentes principais e úsaos como covariables na análise de asociación. Esta metodoloxía podería non axustar adecuadamente para estratificación poboacional se esta é debida á presenza de varias sub-poboacións discretas, xa que a PCA usa os
Introdución 16 vectores propios identificados como covariables continuas. Ademais, se hai outliers, os resultados baseados neste tipo de axuste poderían ser erróneos (Price et al. 2006). Por outro lado o MDS axusta para estratificación poboacional debido tanto a estrutura poboacional discreta como continua; ademais de funcionar ben tanto para GWAS de gran tamaño como para estudos de pequeno tamaño. Presenta o mesmo problema que o PCA cando hai presenza de outliers (Li and Yu 2008). Os primeiros GWAS publicados sobre a esquizofrenia (Táboa 1) estaban baseados no xenotipado de pools de mostras de ADN (Mah et al. 2006; Shifman et al. 2008; Kirov et al. 2009c). Mah e cols. xenotipaban inicialmente 320 esquizofrénicos e 325 controis, nos que atopaban o SNP rs752016 cun P=0,006 situado no xene PLXNA2. Este resultado era confirmado nunha mostra posterior que comprendía 531 casos de diferente orixe e 605 controis. Este xene pertence á familia dos receptores transmembrana semaforin que está implicado na guía axonal durante o desenvolvemento podendo modular a plasticidade neuronal. Por outra banda , Shifman e cols. atopaban evidencias bastante fortes dunha asociación específica entre RELN e mulleres con esquizofrenia nunha poboación Asquenazi xudía (P= 2.9 x 10-5), despois de analizar unha mostra inicial de 660 casos e 2271 controis e posteriores réplicas nun total de 2274 casos e 4401 controis. Este xene codifica unha proteína que é unha serín proteasa que actúa mediante un número de rutas metabólicas mediadas por receptores en neuronas ademais de desenvolver un papel clave na corticoxénese (Quattrocchi et al. 2002). Mutacións neste xene eran asociadas cunha forma autosómica recesiva de lisencefalia (trastorno pouco común da formación do cerebro que se caracteriza por microcefalia e axiria, que é a ausencia das dobreces normais dos cerebro). Por último, Kirov e cols. xenotipaban unha pool de 605 controis, unha segunda pool de 574 casos de esquizofrenia e unha terceira que comprendía os pais dos afectos. Unha vez analizados, o SNP rs1106478, situado no xene CCDC60, acadaba o valor máis significativo (P=1,2 x 10-6. Outro dos xenes que destacaban era o RBP1, que contiña ó SNP (rs893703) co terceiro valor-P máis significativo (P=0,00016), o cal fora previamente implicado na patoxénese da esquizofrenia. Destacar que nestes tres estudos non se alcanzaban niveis significativos de asociación a nivel xenómico coa esquizofrenia aínda que si suxerían algunha evidencia bastante forte. O primeiro estudo publicado sobre esquizofrenia (Táboa 1) no que se analizaban mostras individuais era o levado a cabo por Lencz e cols. Nel xenotipaban unha mostra composta por 178 afectos e 144 controis no que atopaban un SNP rs4129148 que alcanzaba un P=3,7 x 10-7 e que estaba situado nunha rexión próxima ó xene CSF2RA (Lencz et al. 2007). Ó ano seguinte, O´Donovan e cols. identificaban un sinal de asociación do SNP (rs1344706) sito no xene ZNF804A nunha mostra inicial de 479 esquizofrénicos e 2937 controis e nunha mostra réplica total de 6829 esquizofrénicos e 9897 controis. Unha vez que combinaban esta mostra con mostras de pacientes con trastorno bipolar a asociación aumentaba en dúas ordes de magnitude, acadando un nivel de significación xenómico (P= 9,96 x 10-9, OR=1,12). Este xene está localizado no cromosoma 2 e codifica unha proteína non caracterizada e sen función coñecida pero que contén dominios de unión ó ADN e a ións de zinc segundo predicións in silico, o cal suxire que pode ter un posible papel como regulador da expresión xénica (O'Donovan et al. 2008). Dende os primeiros estudos de asociación de xenoma completo ata a actualidade identificábanse gran cantidade de loci asociados á esquizofrenia, sendo o máis consistente de todos eles a rexión que abarca o Complexo Principal de Histocompatibilidade (en inglés Major Histocompatibility Complex, MHC). Esta rexión
Introdución 17 asociábase coa esquizofrenia en tres artigos distintos publicados ó longo 2009 ademais da meta-análise feita destes tres traballos (International Schizophrenia et al. 2009; Shi et al. 2009; Stefansson et al. 2009). O locus está sito no cromosoma 6 e abarca 6 millóns de pares de bases o que fai que, xunto co elevado desequilibrio de ligamento e a súa complexidade xenómica estrutural, sexa difícil determinar si un ou múltiples xenes están involucrados no trastorno. Aínda así, recentemente publicábase un artigo no que indicaban que parte da asociación do MHC coa esquizofrenia era debido a xenes que forman parte do compoñente 4 do complemento (C4) (Sekar et al. 2016). As principais hipóteses que apoian a relación do MHC coa esquizofrenia son as evidencias que amosan que existe relación entre a exposición a infeccións na época prenatal ou nos primeiros anos de vida (Brown 2006) e o feito de atopar unha elevada taxa de enfermidades autoinmunes e inflamatorias en individuos afectos (Eaton et al. 2006). Entre os xenes en DL situados neste locus, existen varios que non están relacionados coa inmunidade. De feito, hai xenes que desempeñan un papel na regulación (KDM5C) e reparación do ADN (DNMT1), no mantemento da estrutura da proteína (HMGN4), na regulación da transcrición (ABT1, ZNF322A e ZNF184), na sinalización do receptor acoplado a proteína G (FKSG83) e no complexo poro nuclear (POM121L2). Ademais existen moitos outros nos que a súa función no é ben coñecida (Shi et al. 2009). O Consorcio Internacional de Esquizofrenia chegaba a obter valores significativos no MHC despois de xenotipar, na fase inicial, 3322 individuos europeos con esquizofrenia e 3587 controis e na fase de réplica 4692 casos e 15493 controis. Neste artigo tamén avaliaban a contribución dos SNPs en masa no risco a padecer a esquizofrenia. Cos resultados do GWAS obtidos na mostra descubrimento, xeraban un modelo polixénico mediante a asignación dun valor de significación e un efecto do alelo de risco (OR) a cada un dos SNPs. A continuación calculaban o risco polixénico de cada un dos individuos nunha mostra diana, sumando o número de alelos de risco e ponderando polo seu efecto (como o logaritmo da OR) para cada un dos SNPs que alcanzaba un valor de significación por debaixo dun umbral de significación dado. Deste xeito detectaban a existencia de diferenzas significativas entre os casos e os controis, que acadaban valores máis significativos se consideraban umbrais de significación menos estritos na mostra descubrimento. Ademais amosaban que a compoñente polixénica tamén contribúe no risco a padecer trastorno bipolar pero non nas distintas enfermidades non psiquiátricas (enfermidade coronaria, enfermidade de Crohn, hipertensión, artrite reumatoide, diabete tipo I e tipo II) (International Schizophrenia et al. 2009). No traballo de Stefansson e cols., no que xenotipaban unha mostra inicial de 2,663 esquizofrénicos e 13,498 controis e unha réplica posterior de 10,282 casos e 21,093 controis. Destacar que parte das mostras que utilizabamos para levar a cabo o traballo de tese que posteriormente describirei, estaban incluídas neste estudo e no traballo levado a cabo por Steinberg e cols. (Steinberg et al. 2011a). A parte de atopar a asociación co MHC, identificaban dous SNPs con valores significativos a nivel xenómico. Un deles era o rs12807809, que a cada un P=2,4x10-9 e un OR=1,15 (Stefansson et al. 2009). Este polimorfismo estaba situado a 3457 bases augas arriba do xene Neurogranin (NRGN). Este xene exprésase exclusivamente no cerebro, concretamente nas espiñas dendríticas, sendo a expresión controlada por hormonas tiroideas. Codifica un substrato proteína quinasa postsináptico que une Calmodulina (CaM) en ausencia de calcio; exprésase de forma abundante en rexións importantes do cerebro para funcións cognitivas, e está especialmente enriquecido en neuronas piramidais CA1 no hipocampo. A principal función deste xene pode ser a de actuar
Introdución 18 como reservorio de CaM, regulando a súa dispoñibilidade nos compartimentos postsinápticos (Huang et al. 2007b). O outro dos SNPs (rs9960767) que alcanzaba valores significativos (P = 4,1x10-9, OR=1,23) está situado no intrón 4 do xene TCF4. Este xene é membro dunha familia hélice-bucle-hélice básica de factores de transcrición que se expresa altamente en varios tecidos adultos e no sistema nervioso central embrionario tendo un papel importante no desenvolvemento do sistema nervioso. Mutacións neste xene causan a síndrome Pitt-Hopkins, que é un trastorno do desenvolvemento autosómico dominante caracterizado por retraso motor severo e retraso mental, microcefalia, epilepsia e dismorfismo facial (Pitt and Hopkins 1978). Shi e cols. inicialmente analizaban unha mostra de 3967 esquizofrénicos e 3626 controis. Unha vez xenotipadas tódalas mostras, ningún dos SNPs alcanzaba valores significativos, polo que levaban a cabo unha meta-análise engadindo as súas mostras, 5327 casos e 16424 controis. Deste xeito, 7 SNPs, altamente ligados, obtiñan valores significativos, estando todos eles situados no MHC (cromosoma 6p22.1) (Shi et al. 2009). No 2011, o Schizophrenia Psychiatric Genome-Wide Association Study (GWAS) Consortium publicaba un artigo onde analizaban máis de vinte e unha mil mostras na primeira fase e case trinta mil na fase de réplica e no que atopaban 10 SNPs, situados en 7 loci, que alcanzaban valores significativos a nivel xenómico. Cinco dos anteriores non foran previamente descubertos (1p21.3, 2q32.3, 8p23.2, 8q21.3 e 10q24.32-q24.33) e dous xa foran asociados previamente: o locus 6p21.32-p22.1 que corresponde ó MHC e 18q21.2, no cal está situado o xene TCF4. O locus que acadaba o nivel de significación máis alto (1,59 x 10−11) era o SNP rs1625579 situado na rexión 1p21.3. Este SNP estaba dentro dun intrón pertencente ó xene MIR137. Este xene expresa un microARN implicado na regulación da neuroxénese adulta e na maduración neuronal. Curiosamente outros loci que acadaban valores significativos conteñen xenes (TCF4, CACNA1C, CSMD1 e C10orf26) que son preditos por ser diana do MIR137, suxerindo que unha mala regulación mediada por este xene podería dar lugar a esquizofrenia. Neste estudo usaban casos de distintas enfermidades para intentar aumentar a potencia estatística e tamén para identificar factores de risco xenético compartido xa que parece ser que o risco xenético é altamente pleiotrópico, é dicir, un xene ou un alelo pode afectar a múltiples trazos fenotípicos nun mesmo individuo. Analizaban conxuntamente individuos esquizofrénicos e afectos con trastorno bipolar, no que só tres xenes alcanzaban valores significativos a nivel xenómico (CACNA1C, ANK3 e ITIH3-ITIH4) (Schizophrenia Psychiatric Genome-Wide Association Study 2011). Neste mesmo ano, Steinberg e cols. levaban a cabo un estudo que era a continuación do feito no 2009 por Stefansson e cols. (Steinberg et al. 2011a). Aquí testaban tódolos SNPs cun valor-P inferior a 1x10-4 nunha mostra de 9246 casos e 22356 controis iniciais, e aqueles SNPs que alcanzasen un valor significativo a nivel xenómico despois dunha análise conxunta, eran investigados en 1014 casos e 1144 controis. Mediante esta metodoloxía confirmaban 3 loci previamente asociados (a rexión do MHC e os xenes NRGN e TCF4). Ademais atopaban novas variantes con significación xenómica: o SNP rs2312147 (OR = 1,09, P= 1.9 x 10-9) situado augas arriba de VRK2 e o SNP rs4309482 que está situado na rexión 18q21.2, entre CCDC68 e TCF4 (OR = 1.09, P= 7.8 x 10-9). Este último SNP está situado a 400 kb do SNP rs9960767, o cal era previamente asociado coa esquizofrenia por estes mesmos investigadores, pero entre ámbolos dous existe unha correlación moi débil, amosando que TCF4 é un claro exemplo dun locus que presenta varias variantes comúns de risco. O xene VRK2 está altamente expresado, cunha marcada expresión en células altamente
Introdución 19 proliferativas. Propúxose que xoga un papel importante no mantemento da correcta arquitectura nuclear e que está relacionado coa prevención da apoptose (Steinberg et al. 2011a). Outro GWAS publicado este ano era o feito por Yue e cols. Estes incluían na súa mostra inicial 746 individuos con esquizofrenia e 1599 controis, todos eles descendentes da poboación chinesa Han. Unha vez feito o xenotipado, seleccionaban 46 SNPs con valor-P menor a 1x10-5 e cunha MAF (frecuencia do alelo menor) >5% para replicar nunha segunda mostra de 4027 casos e 5063 controis. Destes SNPs, unicamente 6 amosaban unha asociación significativa nesta mostra, estando situados na rexión 6p21-p22.1 e 11p11.2. No locus 6p21-p22.1 identificábanse tres xenes (NKAPL, ZKSCAN4 e PGBD1) que non teñen función coñecida. Por outro lado, na rexión 11p11.2 estaba localizado o xene TSPAN18, que codifica un membro dunha gran familia de tetraspaninas, que son proteínas relacionadas con diversos procesos celulares, aínda que a que codifica este xene ten unha función descoñecida (Yue et al. 2011). Shi e cols. tamén levaban a cabo un GWAS usando unha mostra Chinesa Han que constaba de 3750 individuos con esquizofrenia e 6468 controis sans. Unha vez feito o xenotipado nesta mostra inicial, seleccionaban os SNPs cos valores máis significativos para analizalos nunha mostra réplica de 4383 casos e 4539 controis de poboación chinesa Han tamén. Aquí atopaban dous loci que alcanzaban valores significativos: 8p12 (rs16887244, P = 1,27 × 10−10) e 1q24.2 (rs10489202, P = 9,50 × 10−9) (Shi et al. 2011). No 2012, Carrera e cols. publicaban un traballo onde analizaban 5100 SNPs non sinónimos comúns cunha frecuencia superior ó 5% distribuídos ó longo do xenoma, utilizando como mostra descubrimento 447 controis e 476 doentes esquizofrénicos de orixe galega (a maior parte dos individuos desta mostra son os que procesamos e analizamos nesta tese) (Carrera et al. 2012). Posteriormente utilizaban unha mostra réplica que consistía en 4069 casos e 15128 controis de orixe europea. Neste estudo atopaban un SNP, rs13107325, que alcanzaba valores significativos (P= 2,7x10-6, OR= 1,32) despois da corrección por Bonferroni na mostra combinada. Este SNP está localizado no xene SLC39A8, que pertence a unha familia de transportadores de ións metálicos. Concretamente actúa no transporte de manganeso e zinc, o cal xoga un papel importante no desenvolvemento e funcionamento de moitos órganos, podendo ser tóxico a concentracións moi elevadas. Este xene exprésase altamente no cerebro e na placenta, polo que podería ser que estivese involucrado na homeostase de metais no desenvolvemento embrionario, actuando na barreira hematoplacentaria, así como na barreira hematoencefálica. Neste estudo tamén se confirmaba a existencia do risco polixénico. Mediante validacións cruzadas identificaban unha puntuación polixénica xerada a partir de SNPs con significación individual inferior a 0,1, obtendo unha distribución significativamente distinta entre os casos e os controis. No 2013, Ripke e cols. publicaban un estudo do xenoma completo no que inicialmente analizaban unha mostra composta de 5001 casos e 6243 controis suecos atopando 312 SNPs que alcanzaban valores significativos a nivel xenómico, e que estaban repartidos entre a rexión do MHC e o cromosoma 2. A continuación utilizaban os datos obtidos deste xenotipado inicial e os obtidos polo PGC (Psychiatric Genomics Consortium) no 2011 nunha mostra de 8832 casos 12067 controis, para levar a cabo unha meta-análise. Mediante esta identificaban 168 rexións xenómicas asociadas, que posteriormente intentaban replicar nunha mostra independente de 7413 esquizofrénicos e 19762 controis e 581 tríos. Finalmente vían que 22 loci alcanzaban valores significativos a nivel xenómico, 13 dos cales eran novos e un xa fora asociado ó
Introdución 20 trastorno bipolar previamente. Entre estes loci destacaban aqueles que afectaban ós canles de calcio, asociados anteriormente á esquizofrenia e trastorno bipolar noutros traballos. Utilizando estes datos intentaban clarificar parte da arquitectura xenética da esquizofrenia, chegando a conclusión de que unha cantidade elevada de SNPs comúns (entre 6300 e 10200) contribuían a etioloxía da esquizofrenia, explicando conxuntamente, polo menos, un 32% da varianza na susceptibilidade (Ripke et al. 2013). Un dos estudos de asociación do xenoma completo máis recente era o que levaba a cabo o PGC. Neste estudo analizaban na fase de descubrimento 34214 esquizofrénicos, 45604 controis e 1235 tríos. Unha vez xenotipadas todas estas mostras seleccionaban un subconxunto de SNPs independentes (r2<0,1 dentro dunha fiestra de 500 Kb) e cun P<1x10-6, que posteriormente estudaban nunha mostra réplica formada por 1513 casos e 66236 controis. Na análise final conxunta, 128 SNPs sobrepasaban o valor de significación a nivel xenómico, os cales estaban situados en 108 loci independentes dos que 83 nunca foran asociados previamente (Schizophrenia Working Group of the Psychiatric Genomics 2014). Ademais vían que as asociacións estaban enriquecidas en xenes expresados no cerebro, así como para tecidos relacionados coa inmunidade. Resaltar que neste artigo atopaban evidencias de asociación coa transmisión dopaminérxica, concretamente o xene asociado era DRD2, o cal é a diana de tódolos fármacos antipsicóticos efectivos, amosando a capacidade dos GWAS de identificar posibles dianas dos fármacos. Tamén vían que existía unha asociación cos xenes GRIA1, GRIN2A e GRM3, implicando á ruta glutaminérxica. Ademais amosaban unha asociación con xenes que codifican sub-unidades dos canles de calcio (CACNA1C, CACNB2 e CACNA1I), aumentando as evidencias da implicación desta familia de proteínas na susceptibilidade a padecer esquizofrenia e outros trastornos psiquiátricos. Estas últimas asociacións apoiaban ás hipóteses previas que sostiñan que a homeostase neuronal do calcio e a alteración da vía do glutamato poderían ser vías claves no desenvolvemento da esquizofrenia. Isto amosa que o número de novos loci de susceptibilidade situados en determinadas rutas biolóxicas segue en aumento, co cal a tendencia será a analizar estes loci como un conxunto en lugar de individualmente, mediante os distintos tests de análise de conxunto de xenes (comentados no apartado 1.3). Outro dos aspectos que destacaban os autores é o solapamento que atopaban entre as variantes comúns e raras, suxerindo que estas variantes son complementarias en vez de ser antagónicas. Por último, confirmaban, dunha forma robusta, que as puntuacións dos perfiles de risco calculados a partir dunha mostra descubrimento, permitían predicir o estatus de caso ou control nunha mostra independente. Co fin de estudar a relación xenética existente entre distintos trastornos psiquiátricos, no 2013 publicábase un artigo no que facían unha análise combinada de varias enfermidades psiquiátricas (esquizofrenia, trastorno bipolar, depresión maior, trastorno do espectro autista e trastorno de hiperactividade e déficit de atención). En total, a mostra estaba formada por 33332 casos e 27888 controis (nos que estaban incluídos psuedocontrois formados polos alelos non transmitidos no caso dos tríos). Cos datos desta mostra, atopaban tres loci asociados coa totalidade dos trastornos (ITIH3, AS3MT e CACNB2) ademais de confirmar o descubrimento anteriormente comentado do xene CACNA1C en esquizofrenia e trastorno bipolar. Por outra banda, utilizando puntuacións de risco, atopaban un solapamento do risco polixénico entre os tres trastornos adultos (esquizofrenia, trastorno depresivo e trastorno bipolar). Aínda que en menor medida, tamén existía un risco xenético solapado entre autismo, esquizofrenia e trastorno bipolar. Ademais, non detectaban un solapamento polixénico significativo
Introdución 21 entre trastorno depresivo e autismo ou entre trastorno de hiperactividade e calquera outro trastorno. Por último, facían unha análise de rutas metabólicas onde atopaban un enriquecemento en tódalas doenzas dun conxunto de xenes relacionados coa actividade de canles de calcio asociados coa catálise da difusión de ións calcio ó través dunha canle transmembrana (Cross-Disorder Group of the Psychiatric Genomics 2013). Autor Ano Mostra Inicial Mostra réplica Xene/ Rexión SNPs Valor-P Casos Controis Casos Controis Matha 2006 320 325 531 605 PLXNA2 rs752016 6,00E-03 Lencz 2007 178 144 NA NA CSF2RA rs4129148 3,70E-07 Shifmana 2008 660 2271 2274 4401 RELN rs7341475 9,00E-07 Kirova 2009 574 tríos 605 NA NA CCDC60 rs11064768 1,00E-06 RBP1 rs893703 1,60E-04 O'Donovan 2008 479 2,937 6829 9897 ZNF804A rs1344706 2,00E-07 Stefansson 2009 2,663 13,498 10282 21093 SPA17 -NRGN rs12807809 2,40E-09 TCF4 rs9960767 4,00E-09 MHC (HIST1H2BJ) rs6913660 1,10E-09 MHC (PRSS16) rs13219354 1,30E-10 MHC (PRSS16) rs6932590 1,40E-12 MHC (PGBD1) rs13211507 8,30E-11 MHC (NOTCH4) rs3131296 2,30E-10 ISC 2009 3,322 3587 4692 15493 MHC rs13194053 1,00E-08 Shi 2009 3967 3626 5327 16424 MHC rs13194053 1,00E-08 PGC 2011 9394 12462 8442 21397 TCF4 rs17512836 1,00E-06 MIR137HG rs1625579 2,00E-11 CSMD1 rs10503253 2,00E-08 Steinberg 2011 9246 22356 1014 1144 TCF4 rs4309482 7,80E-09 VRK2 rs2312147 1,90E-09 Yue 2011 746 1599 4027 5063 NKAPL rs1635 6,91E-12 ZKSCAN4 rs1233710 4,76E-11 PGBD1 rs2142731 5,14E-10 TSPAN18 rs11038167 1,09E-11 Shi 2011 3750 6468 4383 4539 LSM1 rs16887244 1,27E-10 BRP44 rs10489202 9,50E-09 Carrera 2012 447 476 4069 15128 SLC39A8 rs13107325 2,70E-06 Ripkeb 2013 13833 18310 7413 20343 MHC rs114002140 9,00E-14 DPYD, MIR137 rs1198588 2,00E-12 CACNA1C rs1006737 5,00E-12 CACNB2 rs17691888 1,00E-10 PGCa 2014 34214 1235 tríos 45604 1513 66236 CACNA1C rs2007044 3,00E-18 CACNB2 rs7893279 2,00E-12 DRD2 rs2514218 3,00E-11 Táboa 1. Principais resultados dos GWAS publicados sobre esquizofrenia. MHC= Complexo Principal de Histocompatibilidade. a Estudos nos que se analizaron pools de mostras. b SNPs situados nos loci destacados no traballo do total dos loci significativos.
Introdución 28 Figura 8. Esquema dalgunha das interaccións de DISC1, amosando a este como un xene central de diferentes funcións. Outra das funcións na que podería estar implicado DISC1 é na regulación da neuroxénese adulta e embrionaria, posto que este xene exprésase en grandes cantidades en zonas ventriculares ou subventriculares do córtex embrionario, onde se localizan as células proxenitoras neuronais (Mao et al. 2009). Neste estudo suxeríase que DISC1 desenvolve unha función de regulación na vía de sinalización Wnt-GSK3β/β-catenina, a cal é necesaria para a proliferación celular. Un dos xenes cos que interactúa DISC1 é o xene DIXDC1 regulando ambos o proceso de sinalización mediante a via Wnt- GSK3β/β-catenina e a proliferación de proxenitores neurais corticais (Singh et al. 2010). Outros xenes que interactúan con DISC1 son LIS1 e NDE1 (ou o seu parálogo NDEL1), os cales están directamente involucrados na regulación da neuroxénese (Burdick et al. 2008; Bradshaw et al. 2009). O complexo que forman este dous xenes regulan moitas funcións relacionadas co citoesqueleto ó través do seu efecto sobre a proteína motora dineína (Lam et al. 2010). DISC1 tamén podería ser clave na migración neuronal (Young-Pearse et al. 2010; Steinecke et al. 2012). Tamén se demostraba que os xenes comentados anteriormente, LIS1 e NDEL1, están ligados a migración neuronal (Sasaki et al. 2000). O xene DIXDC1, está implicado na migración neuronal durante o desenvolvemento do córtex, aínda que, a diferenza do comentado no parágrafo anterior, isto é independente da vía Wnt-GSK3β/β-catenina (Singh et al. 2010). DISC1 é requirida para a integración neuronal (incorporación de novas neuronas que xorden a partir de células nai neuronais adultas no circuíto excitador), de feito, suxeríase que esta proteína actúa como un regulador, controlando a sincronización da integración neuronal ó través das súas diferentes etapas: morfoxénese neuronal, migración, adquisición da excitabilidade intrínseca e a formación da sinapse (Duan et al. 2007). KIAA1212 e AKT, son outros dous xenes que interactúan con DISC1. Os tres forman parte dunha ruta metabólica que regula a maduración neuronal (Kim et al. 2009). Hai evidencias de que a sinalización do AMPc é outra ruta metabólica que
Introdución 29 modula a maduración neuronal. DISC1 está relacionado con esta vía, posto que esta proteína está relacionada directamente coa proteína PDE4B, a cal hidroliza o AMPc. Polo tanto, DISC1 pode regular a sinalización do AMPc mediante a modulación da actividade de PDE4B (Millar et al. 2005b). Neste artigo amosaban que o xene PDE4B é un factor de risco en esquizofrenia xa que atopaban unha translocación (t(1;16)) afectando a este xene e ó xene CDH8, nunha familia escocesa cun individuo afecto con esquizofrenia e outro diagnosticado con trastorno psicótico. Por outra banda, existen numerosos estudos que mostran que DISC1 está localizada nas sinapses desempeñando múltiples papeis. Algún destes estudos amosan que DISC1 está localizada nas espiñas dentríticas, concretamente na densidade postsináptica (Kirkpatrick et al. 2006; Bradshaw et al. 2008; Hayashi-Takagi et al. 2010; Wang et al. 2011b; Paspalas et al. 2013). Ademais, publicábase un estudo no que se identificaba un complexo no que se demostraba que DISC1 xoga un papel clave na modulación do tamaño e densidade das espiñas dendríticas. En resumo, DISC1 disocia a interacción entre KAL-7 e RAC1 reducindo a actividade deste último, o que produce un efecto na densidade e tamaño das dendritas xa que RAC1 é un modulador destas espiñas (Hayashi-Takagi et al. 2010). Tamén hai evidencias de que DISC1 modula a composición sináptica glutamatérxica mediante a interacción coa quinasa TNIK na densidade postsináptica (Wang et al. 2011b). A fosforilación e expresión desta proteína son dependentes da actividade do receptor do glutamato polo que TNIK podería estar relacionado coa tradución do sinal sináptico. Ademais das localizacións anteriores, DISC1 tamén está localizada en lugares perisinápticos e extrasinápticos (Paspalas et al. 2013). Demostrábase que DISC1 ten funcións presinápticas, xa que a sobreexpresión deste xene aumenta a probabilidade de liberación de glutamato na sinapse, mentres que o silenciamento de DISC1 ten un efecto oposto (Maher and LoTurco 2012). Diferentes experimentos demostraban que a expresión de DISC1 é dependente da activade sináptica (Namba et al. 2011; Ramsey et al. 2011). Ma e cols. amosaban que esta proteína pode modular a transmisión sináptica por medio da interacción coa encima racemasa serina (Ma et al. 2013). Hai varias evidencias que demostran que DISC1 está directamente relacionado coa regulación transcricional nuclear, xa que a proteína que codifica este xene está parcialmente distribuída no núcleo, onde ten lugar a transcrición activa (Sawamura et al. 2005; Malavasi et al. 2012). Nestes artigos tamén se comprobaba que DISC1 interactúa con dous factores de transcrición, ATF4 e AFT5, regulando a súa actividade transcricional. Demostrábase que DISC1 está localizada no centrosoma en liñas celulares cultivadas e en neuronas primarias (Kamiya et al. 2005; Bradshaw et al. 2008; Kamiya et al. 2008), sendo importante para o correcto funcionamento deste orgánulo (Shimizu et al. 2008). Outros traballos vían que DISC1 centrosomal está relacionada coa ancoraxe e recrutamento de varias proteínas esenciais no centrosoma. Unha delas é a proteína codificada polo xene PCM1, a cal a súa vez é necesaria para a localización doutras proteínas centrosomais (Kamiya et al. 2008) e para a correcta organización do conxunto de microtúbulos (Dammermann and Merdes 2002). DISC1 centrosomal tamén é necesaria para a ancoraxe do complexo motor de microtúbulos dineína (Kamiya et al. 2005). A presenza de DISC1 en neuronas estriadas e células NIH3T3 parece indicar que este xene está relacionado coa formación (cilioxénese) e funcións da estrutura dos cilios primarios, tales como o tráfico e modulación funcional de receptores D2 ciliares (Marley and von Zastrow 2010).
Introdución 30 Outros dos orgánulos nos que está presente DISC1 é a mitocondria, concretamente localizábana tanto en lugares inespecíficos da membrana mitocondrial (Ramsey et al. 2011; Paspalas et al. 2013) como na membrana mitocondrial externa (Park et al. 2010). DISC1 forma parte dun complexo multiproteico que une as membranas das cristas á membrana mitocondrial interna e promove a ensamblaxe do complexo da cadea respiratoria (Hoppins et al. 2011). Demostrábase que DISC1 modula o transporte e dinámica da mitocondria en dendritas e axóns neuronais (Park et al. 2010; Norkett et al. 2016). Por último, DISC1 desenvolve un rol directo no transporte intracelular baseado en microtúbulos tanto no transporte axonal anterógrado, no que interactúa con distintas proteínas (GRB2, LIS1, NDEL1, FEZ1 e 14-3-3Epsilon) (Miyoshi et al. 2003; Shinoda et al. 2007; Taya et al. 2007), como no transporte intracelular retrógrado (Kamiya et al. 2005). Esta función era detectada tanto en mitocondrias (comentado anteriormente) como nas vesículas sinápticas (Flores et al. 2011). Tódolos estudos sobre as funcións de DISC1 revelaban moito sobre os procesos que están afectados cando a proteína non funciona correctamente, pero aínda sigue sendo un reto intentar comprender como as rutas metabólicas nas que está implicado este xene poden contribuír ós trastornos psiquiátricos. 1.2.2.4.2. CNVs en Esquizofrenia Outro tipo de alteracións cromosómicas que apoian a hipótese enfermidade comúnvariante rara son as CNVs que están presentes a baixa frecuencia na poboación. Este termo define unha secuencia de ADN de polo menos 1 kb de tamaño que pode variar no número de copias en comparación cun xenoma de referencia e son o resultado dunha duplicación ou dunha deleción do material cromosómico (Williams et al. 2009). Unha CNV pode ser unha estrutura simple, como unha duplicación en tándem, ou pode abarcar ganancias ou perdas complexas de secuencias homólogas en múltiples lugares do xenoma, e a diferenza doutro tipo de variacións estruturais (inversións, translocacións recíprocas, etc.) poden ser non balanceadas, dando lugar a diferenzas no tamaño do xenoma entre individuos e alterando o equilibrio biolóxico nun locus determinado nun xenoma diploide. Unha CNV pode manifestar o efecto fenotípico a través dunha gran variedade de mecanismos estruturais e reguladores: (1) Unha CNV pode dar lugar a un cambio de dose dun ou máis xenes nunha rexión, podendo exercer un efecto na expresión dos xenes podendo causar un maior risco a padecer unha enfermidade (Hurles et al. 2008). Posto que un cambio na dose causada por unha duplicación é menos acusada que a causada por unha deleción, suponse que as duplicacións teñen, normalmente, un efecto fenotípico menor que as delecións; (2) unha CNV pode alterar a expresión hemicigótica dunha mutación recesiva ou exacerbar o efecto dunha variante funcional nun segmento cromosómico non delecionado (Lupski and Stankiewicz 2005); (3) estas variacións poden alterar a expresión xénica dun xene situado fora da CNV, podendo ter un efecto posicional ou alterar unha trans-regulación dun xene (Lupski and Stankiewicz 2005). Son variacións amplamente distribuídas ó longo do xenoma humano, representando unha das principais fontes de variación xenética (Iafrate et al. 2004; Sebat et al. 2004). Os mecanismos de formación deste tipo de variacións son inferidos normalmente a partir da información da secuencia nos sitios de rotura ou unión dos reordenamentos, e son principalmente 4 tipos: recombinación homóloga non alélica, que ocorre mediante un cruce entre dous lugares no xenoma que comparten rexións de secuencia homóloga,
Introdución 31 dando como resultado unha deleción e unha duplicación recíproca das secuencias implicadas; o segundo tipo é a unión de extremos non homólogos, que ten lugar como resultado de erros nos mecanismos de reparación dos extremos rotos da dobre cadea de ADN, tendo lugar habitualmente en elementos repetitivos; o terceiro é a parada na forcada de replicación e troco do molde o cal é un mecanismo de reordenación xenómica baseado na replicación e que está inducido por erros durante o proceso de replicación do ADN; o cuarto e último mecanismo é a retrotrasposición, que é levada a cabo por elementos nucleares intercalados largos tipo 1 (LINE1), que son a única clase activa de retrotrasposóns en humanos, e que se poden traspoñer a novas rexións xenómicas mediante un mecanismo de transcrición reversa (Malhotra and Sebat 2012). A primeira CNV confirmada como factor de risco para a esquizofrenia era a deleción situada na rexión 22q11.2 (Karayiorgou et al. 1995; Murphy et al. 1999). Este locus está afectado por dúas delecións máis frecuentes cun tamaño de aproximadamente 2,3 Mb e de 1,5 Mb, as cales están formadas mediante recombinación homóloga non alélica (Sharp et al. 2005). Esta asociábase previamente ó síndrome Velocardiofacial (VCFS), tamén coñecido como Síndrome DiGeorge ou Síndrome de Shprintzen (Shprintzen et al. 1978; Driscoll et al. 1992). A deleción ten unha prevalencia de 1 cada 4000 nacementos (Tezenas Du Montcel et al. 1996; Goodship et al. 1998), aparecendo como de novo no 72-92% dos portadores (Driscoll et al. 1993; Ryan et al. 1997). Os afectos que presentan esta deleción teñen un fenotipo moi variable incluíndo características como insuficiencia velofarinxeal, defectos conxénitos cardíacos, dificultades na aprendizaxe, inmunodeficiencia, estatura baixa e hipocalcemia. Moitos afectos presentan retraso mental ademais de alteracións cognitivas e de comportamento, e aproximadamente un 30% dos portadores da deleción desenvolven esquizofrenia (Murphy et al. 1999). Posteriormente ós estudos anteriormente comentados, nos que trataban de identificar as características clínicas dos portadores da deleción, levábanse a cabo estudos caso-control nos que analizaban un gran número de mostras coa finalidade de avaliar o risco de padecer esquizofrenia nos portadores desta deleción. Deste xeito, víase que esta variación aumenta o risco a padecer esta doenza (Levinson et al. 2011; Vacic et al. 2011; Szatkiewicz et al. 2014). Pola contra, un estudo publicado no 2014 amosaba que unha duplicación nesta rexión ten efecto protector contra a esquizofrenia (Rees et al. 2014a). Dependendo do tamaño da deleción, a rexión afectada inclúe entre 35 e 60 xenes coñecidos (Edelmann et al. 1999; Shaikh et al. 2000), estando moitos deles expresados no cerebro (Maynard et al. 2003). Aínda que non se coñece cales destes xenes están relacionados coa esquizofrenia, varios foron propostos como xenes candidato funcionais: COMT, PRODH, DGCR8, ZDHHC8 e GNBL1 (Tam et al. 2009). Ó longo de todos estes anos utilizáronse varias técnicas para a detección das CNVs; ó principio, o principal método para a detección das CNVs era a hibridación fluorescente in situ (FISH, en inglés Fluorescence In Situ Hybridization), a cal non tiña suficiente resolución para identificar a maior parte das CNVs; logo foron xurdindo outras novas metodoloxías moleculares como: a reacción en cadea da polimerasa cuantitativa (qPCR, das súas siglas en inglés), que permite detectar CNVs que afectan a un único exón, pero que, aínda que a súa capacidade é moi limitada para detectar múltiples dianas nun único ensaio, é útil para a validación de resultados atopados con técnicas de xenoma completo (Ceulemans et al. 2012); a hibridación xenómica comparada (CGH, das súas siglas en inglés) que permite a detección de CNVs mediante a comparación do ADN de mostras problema cunha mostra de referencia; e a técnica de amplificación múltiple dependente de ligazón (MLPA, das súas siglas en inglés) que se
Introdución 32 basea nun ensaio con múltiples sondas (hibridación das sondas, ligazón, PCR e separación dos fragmentos nun secuenciador capilar), cada unha das cales é específica dunha secuencia diferente de ADN para medir o seu número de copia (Stuppia et al. 2012). Nos últimos anos houbo grandes avances no desenvolvemento das tecnoloxías de microarrays de ADN de alto rendemento, facendo que, hoxe en día, a maioría dos estudos de CNVs en esquizofrenia estean baseados na análise de datos obtidos de microarrays de SNPs. O suposto é que a maior parte do xenoma ten dúas copias, e a intensidade do sinal dos marcadores do array ó longo do cromosoma é comparado entre os dous alelos dun marcador. Debido a que a intensidade de cada alelo e cada marcador varía, é necesario utilizar un grupo control para corrixir os datos xa que o comportamento de cada marcador é distinto. Cando a intensidade do sinal cambia dunha forma clara e continua durante un intervalo xenómico razoable, pódese inferir un cambio no número de copia. O normal é que estas CNVs inferidas necesiten ser verificadas experimentalmente mediante outras técnicas. Esta metodoloxía permite a identificación de CNVs distribuídos ó longo de todo o xenoma. Estes avances nas tecnoloxías permitían a identificación dun gran número de CNVs raras que causan un risco elevado a padecer esquizofrenia (Táboa 3 e Fig. 9): Deleción e duplicación en 1q21 A deleción 1q21.1 era das primeiras CNVs asociadas á esquizofrenia. Abrangue un tamaño de 1,35 Mb e ten un risco asociado (OR) de 8,35. Inicialmente, identificábase nunha mostra de 4718 esquizofrénicos e 41201 controis de distintos países (Stefansson et al. 2008). Esta asociación replicábase nun estudo levado a cabo polo Consorcio Internacional de Esquizofrenia no mesmo ano utilizando unha mostra de ancestralidade similar e no traballo levado a cabo por Rees e cols. (International Schizophrenia 2008; Rees et al. 2014c). Unha duplicación recíproca tamén era asociada coa esquizofrenia cun OR entre 3,45, suxerindo que calquera alteración na dose dos xenes que abrangue esta rexión pode conferir risco a padecer a enfermidade (Levinson et al. 2011; Rees et al. 2014c). Deleción 2p16.3 Esta deleción, cuxo tamaño é variable pero inferior a 1 Mb, abrangue unha rexión que afecta total ou parcialmente ó xene NRXN1. A primeira vez que esta CNV se asociaba á esquizofrenia era no 2008. Neste ano Kirov e cols. levaban a cabo un estudo no que utilizaban arrays de CGH para analizar 93 casos de esquizofrenia e 392 controis, nos que atopaban unha deleción nun único caso que afectaba a rexión promotora e o primeiro exón de NRXN1 (Kirov et al. 2008). Pouco despois deste traballo, Walsh e cols., utilizando a mesma metodoloxía que o anterior, identificaban unha deleción que afectaba ós exóns do extremo 3´deste mesmo xene, en dous xemelgos idénticos con diagnóstico de esquizofrenia, entre 233 casos e 268 controis (Walsh et al. 2008). Un ano máis tarde, Rujescu e cols., utilizando a tecnoloxía de microarrays, analizaban o xene NRXN1 en 2977 esquizofrénicos e 33746 controis. Así identificaban 7 CNVs nos casos e 5 en controis afectando ós exóns deste xene alcanzando valores significativos (P = 0,0027, OR = 8,97, 95% CI = 1,8–51,9) (Rujescu et al. 2009). No 2009 levábase a cabo unha meta-análise que apoiaba a asociación desta CNV coa esquizofrenia, alcanzando un P= 0,000037 e un OR de 7,44 (95% IC = 3,22–17,18) (Kirov et al. 2009b). Por último, nun estudo máis recente, analizaban unha mostra de 6882 esquizofrénicos e 6316 controis co fin de determinar a contribución das distintas CNVs asociadas
Introdución 33 previamente á esquizofrenia, entre as cales estaban as que afectaban a NRXN1. Estes identificaban 11 casos que portaban unha CNV alterando este xene. Con estes datos e cos previamente publicados, facían unha meta-análise confirmando a asociación (Rees et al. 2014c). Un dos aspectos que cabe resaltar desta CNV é que, a diferenza das outras que afectan a diferentes xenes, é das poucas CNVs que está asociada consistentemente á esquizofrenia e que ademais abrangue un único xene, amosando que o efecto desta CNV é causado por este xene (Kirov et al. 2009b). Tamén destacar que esta CNV non é recorrente, xa que se identificaban CNVs de diferente tamaño e localización afectando ó xene (rexión promotora e primeiro exón, extremo 3´ do xene, etc.). Isto é debido a que estas variantes non están flanqueadas por rexións repetitivas, típicas noutros reordenamentos cromosómicos que dan lugar a CNVs recorrentes mediante recombinación homóloga non alélica (Rujescu et al. 2009). Por outra banda, identificábase unha asociación significativa de CNVs que afectaban a NRXN1 con pacientes con trastorno do espectro autista (Kim et al. 2008; Glessner et al. 2009), sendo isto unha evidencia máis da idea da existencia dunha etioloxía e patoxénese común a ambas doenzas. Tamén suxería que estas CNVs alterando NRXN1 poderían ter consecuencias no desenvolvemento e función sináptica, sendo un exemplo da hipótese do neurodesenvolvemento en esquizofrenia. Esta hipótese é un modelo explicativo da esquizofrenia e postula que a doenza ten o súa orixe nas alteracións producidas durante o desenvolvemento do sistema nervioso e do cerebro, aínda que esta se manifeste na idade adulta (Weinberger 1987). NRXN1 codifica unha proteína de adhesión celular presináptica, a cal se une a proteínas postsinápticas chamadas neuregulinas xogando un papel importante na formación, mantemento e liberación de neurotrasmisores na sinapse (Sudhof 2008). O xene está involucrado na diferenciación, maduración, estabilización e plasticidade das sinapses inhibitorias e excitadoras (Bang and Owczarek 2013). Deleción 3q29 O papel desta CNV era reportado por primeira vez por Mulle e cols. (Mulle et al. 2010), sendo posteriormente confirmada (Levinson et al. 2011; Rees et al. 2014c). Esta deleción ten un tamaño de 1,6 Mb e abarca 22 xenes que codifican para proteínas, destacando entre eles os xenes PAK2, DLG1 e FBXO45, sendo propostos como xenes candidato para a esquizofrenia (Mulle 2015). O risco asociado é dos máis elevados alcanzando un OR de 41,1 nunha recente meta-análise (Mulle 2015), acadando nesta un nivel de significación global moi forte (P=5,8x10-8). Duplicación 7q36.3 Esta microduplicación de tamaño variable abrangue unha rexión de 362 kb e está localizada augas arriba e ó longo da rexión codificante do xene VIPR2. Era asociada por primeira vez á esquizofrenia por Vacic e cols. no 2011 (Vacic et al. 2011) e posteriormente replicada por Levinson e cols. (Levinson et al. 2011) aínda que, nun traballo posterior, onde analizaban 6882 esquizofrénicos e 6316 controis, non alcanzaba valores significativos (Rees et al. 2014c). VIPR2 codifica para proteína VPAC2, que é un receptor acoplado a proteína G, a cal se activa por un ligando iniciando unha cascada de sinalización neuronal (Piggins 2011). Este xene exprésase no cerebro, no núcleo supraquiasmático, hipocampo, amígdala e hipotálamo (Sheward et al. 1995), estando implicado na regulación da transmisión sináptica no hipocampo (Yang et al. 2009) e
Introdución 34 promove a proliferación de células proxenitoras neurais no xiro dentado (Zaben et al. 2009). Duplicación 7q11.23 A primeira vez que se publicaba a asociación entre esta duplicación e a esquizofrenia era no 2014 (Mulle et al. 2014), atopando aquí un risco asociado de 10,78 tras facer unha meta-análise de máis de catorce mil casos e entorno a vinte e oito mil controis. Este valor aumentaba a 11,35 tras engadir as CNVs atopadas no traballo de Rees (Rees et al. 2014c). Esta rexión, ademais de estar previamente asociada ó autismo (Van der Aa et al. 2009; Sanders et al. 2011), presenta unha deleción recíproca que causa a Síndrome de Williams-Beuren (Tassabehji 2003). Deleción 7q34–36.1 Esta CNV afecta ó xene CNTNAP2 e era identificada no 2008 por Friedman e cols. Estes publicaban un estudo no que atopaban 3 individuos afectos de esquizofrenia e/ou epilepsia que presentaban este reordenamento cromosómico non sendo atopado en 512 controis (Friedman et al. 2008). CNTNAP2 está asociado ao Síndorme de Pitt Hopkins (Zweier et al. 2009) ó igual que TCF4, o cal tamén está asociado á esquizofrenia (Stefansson et al. 2009; Steinberg et al. 2011a). Destacar que TCF4 codifica un factor de transcrición que se une no promotor de CNTNAP2 para regular a súa expresión (Forrest et al. 2012). Este xene da lugar a proteína Caspr2 (Proteína 2 asociada a contactina), a cal pertence á superfamilia de neurexinas, un grupo de proteínas transmembrana que media a interacción célula-célula no sistema nervioso. Esta proteína exprésase principalmente no sistema nervioso, na rexión iuxtaparanodal dos axóns de neuronas mielinizadas e nos oligodendrocitos (Poliak et al. 1999). Esta proteína é esencial para a localización de canles de voltaxe activados por K+ na rexión iuxtaparanodal dos axóns, o cal podería indicar que esta proteína esta implicada na estabilización da condución e na axuda a manter o potencial de repouso intermodal (Vabnick et al. 1999). CNVs en 15q Neste locus atopábanse varias asociacións positivas coa esquizofrenia. No ano 2008 publicábanse as primeiras delecións como factor de risco da enfermidade: a deleción 15q11.2 e a deleción 15q.13.3, tendo a primeira delas tamaño de 470 kb e un OR =2,73; e a segunda un tamaño de 1,58 Mb e un OR=11,54 (International Schizophrenia 2008; Stefansson et al. 2008). Estas dúas CNVs confirmábanse posteriormente como loci de susceptibilidade para a esquizofrenia (Kirov et al. 2009a; Levinson et al. 2011; Melhem et al. 2011; Grozeva et al. 2012; Rees et al. 2014c). Neste mesmo cromosoma identificábase unha duplicación de orixe materna no locus 15q11-q13, a cal tamén está asociada ao síndrome de Prader-Willi, como un factor de risco en varios individuos esquizofrénicos e esquizoafectivos (Ingason et al. 2011a). Trala análise combinada de aproximadamente 15 mil casos estimábase un OR asociado a esta duplicación de 13,2 (Rees et al. 2014c). Resaltar que esta duplicación está considerada como un dos factores xenéticos máis comúns para o trastorno do espectro autista aparecendo cunha frecuencia de 1 cada 500 casos (Moreno-De-Luca et al. 2013).
Introdución 35 CNVs en 16p O cromosoma 16 presenta varias CNVs asociadas á esquizofrenia. Unha delas é a duplicación no locus 16p11.2, que abarca 600 kb que contén 28 xenes (McCarthy et al. 2009), alcanzando un risco asociado superior a 11 (Rees et al. 2014c). Tanto duplicacións como delecións afectando esta mesma rexión tamén están asociadas ó trastorno do espectro autista (Weiss et al. 2008). A segunda das CNVs está situada nunha rexión máis distal da anteriormente comentada, tamén na rexión cromosómica 16p11.2, e era identificada inicialmente en dúas cohortes independentes de xudeus Ashkenazis e búlgaros, sendo replicada nunha mostra maior de Estados Unidos, Europa e Xapón, acadando un OR = 6,25 (Guha et al. 2013), confirmándose tamén posteriormente cun OR de 3,39 (Rees et al. 2014c). Outra das CNVs que afecta a este locus está situada en 16p12.1 e corresponde a unha deleción de 480 kb; esta asociación era descuberta no 2014 nunha mostra de 7000 casos (Rees et al. 2014b) e replicada neste mesmo traballo nunha cohorte de 15 mil casos. A deleción abrangue 7 xenes e está asociada a un risco de 2,72. O cromosoma 16 contén unha duplicación situada na rexión xenómica 16p13.11 que alcanzaba, inicialmente, un valor significativo coa esquizofrenia despois de analizar arredor de 4300 casos e aproximadamente trinta e cinco mil controis (Ingason et al. 2011b). A duplicación que afecta a esta rexión ten un tamaño de 1,5 Mb e está fortemente asociada á esquizofrenia cun OR de 7,27. Esta rexión contén ós xenes NTAN1, que está relacionado coa memoria, e ó xene NDE1 que interactúa con DISC1 estando ambos involucrados na neuroxénese (como xa comentamos anteriormente), e que posteriormente se asociaba coa esquizofrenia mediante o descubrimento dunha variante rara neste xene (Kimura et al. 2015). Hai outros estudos que apoiaban a asociación desta CNV coa esquizofrenia alcanzando OR de 2,3 (Kirov et al. 2009a; Ikeda et al. 2010; Rees et al. 2014c). Destacar que duplicacións e delecións nesta rexión cromosómica están asociadas con autismo e con retraso mental (Ullmann et al. 2007; Hannes et al. 2009). Deleción 17p12 e duplicación/deleción 17q12 O primeiro traballo que relacionaba ó locus 17p12 coa esquizofrenia era un estudo de ligamento en familias con individuos afectos (Park et al. 2004). Posteriormente Kirov e cols. atopaban unha asociación dunha deleción de 1,3 Mb coa esquizofrenia despois de analizar 5300 casos e 39 mil controis e cun OR = 10 (Kirov et al. 2009a). Por outra banda, a deleción 17q12, era observada entre os casos de esquizofrenia pero non estaba presente nos case 52500 controis estudados (Moreno-De-Luca et al. 2010). Esta deleción tiña una tamaño de 1,4 Mb e un OR estimado de 4,49. Estas dúas delecións comentadas eran replicadas no traballo de Rees e cols. (Rees et al. 2014c). Moi recentemente identificábase nesta mesma rexión unha duplicación con evidencias de estar asociada á esquizofrenia cun P = 0,018 e un OR de 4,16 (Szatkiewicz et al. 2014).
Introdución 36 Locus Tipo Frec SCZ (%) Frec. CO (%) OR IC 95% valor-P Outros trastornos asociadas 1q21 Del 0,17 0,02 8,35 (4,65–14,99) 4,1E-13 RM-MC, TEA, THDA 1q21 Dup 0,13 0,027 3,45 (1,92–6,20) 9,90E-05 RM-MC, TEA, THDA,TB 2p16.3 Del 0,18 0,02 9,01 (4,44–18,29) 1,60E-11 TEA, RM-MC 3q29 Del 0,082 0,0014 41,1 (5,6–1953,6) 5,80E-08 RM-MC, DI, TEA 7q11.23 Dup 0,066 0,0058 11,35 (2,58–49,93) 6,90E-05 TEA, RM-MC, THDA,ANS 7q36.3a Dup 0,11 0,069 1,54 (0,77–3,09) 2,70E-01 7q11.23b Del NA NA NA NA NA EP, SPH 15q11.2 Del 0,59 0,28 2,15 (1,71–2,68) 2,50E-10 RM-MC, THDA, TOC, EP 15q11-q13 Dup 0,083 0,0063 13,2 (3,72–46,77) 5,60E-06 RM-MC, TEA 15q.13.3 Del 0,14 0,019 7,52 (3,98–14,19) 4,00E-10 RM-MC, THDA, TEA, EP 16p11.2 Dup 0,35 0,03 11,52 (6,86–19,34) 2,90E-24 RM-MC,TEA, TB, THDA,ANS, DM 16p11.2 Del distal 0,063 0,018 3,39 (1,21–9,52) 1,70E-02 TEA,RM-MC 16p12.1 Del 0,15 0,057 2,72 (1,48–5,02) 1,60E-03 RM-MC, EP 16p13.11 Dup 0,31 0,13 2,3 (1,57–3,36) 5,70E-05 RM-MC, THDA 17p12 Del 0,094 0,026 3,62 (1,73–7,57) 1,20E-03 17q12 Del 0,036 0,0054 6,64 (1,78–24,72) 7,20E-03 RM-MC, TEA 17q12 Dup 0,072 0,017 4,16 (1,28-Inf) 1,80E-02 RM-MC,TEA 22q11.2 Del 0,29 0 NA (28,27-Inf) 4,4E-40 RM-MC,TEA, THDA, ANS, DM Táboa 3. Resumo das CNVs asociadas á esquizofrenia. Datos extraídos de (Friedman et al. 2008; Rees et al. 2014c; Mulle 2015). SCZ= Esquizofrenia; Co= Control; Del=Deleción; Dup=Duplicación; RM-MC=Retraso Mental e Malformacións Conxénitas; TEA=Trastorno do Espectro Autista; DI=Discapacidade Intelectual; ANS= Ansiedade; EP=Epilepsia; THDA=Trastorno de Hiperactividade e Déficit de Atención; DM=Depresión Maior, TB= Trastorno Bipolar, TPH=Trastorno Pitt-Hokins. a Esta CNV (7q36.3 dup) asociábase significativamente (P=0,006) coa esquizofrenia en estudos anteriores (Levinson et al. 2011; Vacic et al. 2011). b Esta CNV asociábase á esquizofrenia pero non dispoñemos de datos de frecuencia, risco asociado e valor de significación (Friedman et al. 2008).
Introdución 37 Figura 9. Representación gráfica da frecuencia poboacional das principais CNVs asociadas á esquizofrenia fronte ó risco asociado de cada unha. Unha das características das CNVs en esquizofrenia é a preponderancia de casos de novo. Estimábase que as CNVs de novo son 8 veces máis frecuentes en pacientes esquizofrénicos esporádicos comparado con controis, mentres que os casos só teñen 1,5 veces máis posibilidades de albergar CNVs herdadas que controis (Xu et al. 2008). Os riscos asociados (OR) a cada unha das CNVs son moi variables, sendo estes máis elevados cos asociados a loci comúns (Levinson et al. 2011). No 2011, Rees e cols. publicaban un traballo no que trataban de analizar o efecto na poboación xeral deste tipo de CNVs de gran tamaño, onde estimaban a taxa de aparición e presión selectiva; para isto centrábanse en CNVs que provocasen un risco a padecer esquizofrenia e atopaban que estas CNVs estaban baixo unha gran presión selectiva, alcanzado valores de s = 0,12-0,88, suxerindo que trala súa aparición, estas CNVs perduran poucas xeracións (non máis de 5 xeracións). En canto a taxa de mutación vían que era alta en comparación coa taxa de mutacións puntuais, alcanzando valores entre 1:3500 e 1:300000 (Rees et al. 2011), polo que esta elevada taxa é o que fai que as CNVs asociadas a esquizofrenia sexan recorrentes. Anteriormente e de forma similar, Itsara e cols. estimaban que as CNVs cun tamaño maior a 500 kb sufrían unha forte selección purificadora alcanzado valores de s=0,16 e unha taxa de mutación de 0,0065 por xenoma e por transmisión (Itsara et al. 2010). Por outra banda, a frecuencia destas variantes é moi baixa na poboación xeral, estimándose un frecuencia menor a 0,001. Todo isto fai que exista un equilibrio mutación-selección sobre as CNVs de risco, de xeito que canto maior risco cause unha CNV sobre un determinado trastorno psiquiátrico a súa frecuencia será menor (Fig. 9). Por último, resaltar que as CNVs, aínda que o tamaño do efecto é significativamente máis elevado que as variantes identificadas mediante GWAS, amosan unha penetrancia reducida e unha expresividade variable, tendendo a predispoñer, ademais da esquizofrenia, a un rango amplo de trastornos do neurodesenvolvemento como a epilepsia, autismo, discapacidade intelectual, etc. 0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 0 0,05 0,1 0,15 0,2 0,25 0,3 Odds Ratio Frecuencia Poboacional (%) Del 1q21 Dup 1q21 Del 2p16.3 Del 3q29 Dup 7q11.23 Dup 7q36.3 Del 15q11.2 Dup 15q11-q13 Del 15q.13.3 Dup 16p11.2 Del distal 16p11.2 Del 16p12.1 Dup 16p13.11 Del 17p12 Del 17q12 Dup 17q12
Introdución 44 Autor Xene/s Mostra inicial Mostra Réplica Resultado Nº Ca Nº Co Nº Ca Nº Co Moens (2011) DISC1,ATF, Grb2, FEZ1, LIS-1, PDE4B, NDE1, NDEL1, TRAF3IP1, YWHAE e ZNF365 80 80 486 514 Exceso de SNV raras nonsin. en casos Crowley (2013) COMT,DAOA, DISC1, DRD2, DRD3, DTNBP1, HTR2A, NRG1, SLC6A3 e SLC6A4 727 733 2191 2659 Ningún xene alcanzaba valores significativos Kenny (2013) 215 xenes 237 SCZ, 147 TEA 287 - - Exceso de SNVs LOF en casos Exceso de SNVs LOF na categoría de xenes de proteínas que interactúan con NRXN1e NLGN Thomson (2014) DISC1 240 SCZ, 221 TB, 192 DM 889 1802 DM 4017 rs16856199 a Hu (2014) 101 xenes 525 619 455 336 Exceso de SNVs sen sentido en casos Girard (2015) 102 xenes 235 233 - - Enriquecemento de SNVs privadas sen sentido entre os doentes Exceso significativo de variantes raras nos xenes EP300, MAPK14 e SHANK3 Ishizuka (2016) PCDH15 370 SCZ, 192 TEA - 1174 SCZ , 382 TEA 1197 Ningunha SNV alcanzaba valores significativos Táboa 5.Resumo dos resultados atopados mediante secuenciación de nova xeración de xenes diana. DM=Depresión Maior; TEA=Trastorno do Espectro Autista; SCZ=Esquizofrenia; TB= Trastorno Bipolar; LOF= Loss of function. a Este SNP apareceu como significativo en DM (Depresión Maior). Estudos de secuenciación de exoma caso-control mediante NGS No 2012 publicábase un artigo onde utilizaban a secuenciación do exoma ou xenoma de 166 esquizofrénicos ou trastorno esquizoafectivo e 307 controis atopando 337312 variantes, aínda que ningunha delas alcanzaba valores significativos despois da corrección por Bonferrroni (P< 1,5 x 10-7). Das variantes atopadas, seleccionábanse aquelas que alcanzaban un P <0,005 e as que eran exclusivas de casos. En total eran máis de 5000 variantes que se xenotipaban nunha mostra maior, composta de 2617 casos e 1800 controis. Os resultados amosaban que ningunha delas acadaba valores significativos utilizando un valor de significación de 1,5 x 10-7. Por último, destacar que segundo o estudo de potencia que facían, este traballo permitiríalles identificar variantes cunha frecuencia comprendida entre 1% e 5% e cun risco relativo entre 2 e 6. Polo tanto, a vista dos seus resultados e o cálculo de potencia descartaban a existencia de variantes moderadamente raras que tivesen un risco relativo moderado que estivesen asociadas á esquizofrenia (Need et al. 2012). Un ano máis tarde publicábase un traballo onde analizaban 5 familias cun total de 24 individuos afectos (18 de esquizofrenia, 4 de depresión e 2 de psicose non especificada) e 17 individuos sans. Estas mostras eran analizadas utilizando un chip feito a medida para buscar CNVs en rexións recorrentes de reordenamento con
Introdución 45 asociacións coñecidas a doenzas, non identificando ningunha. A continuación seleccionaban dous ou tres esquizofrénicos con menos relación de parentesco de cada familia facendo un total de 12 suxeitos para secuenciar o exoma de cada un deles. Así atopaban variantes raras que provocaban unha alteración na proteína en tres xenes que estaban relacionadas co receptor de glutamato NMDAR, sinalando que esta podería ser unha ruta metabólica clave na patofisioloxía da esquizofrenia (Timms et al. 2013). No 2014, Balan e cols. publicaban un experimento no que secuenciaban o exoma de dous individuos, un dos cales estaba diagnosticado de esquizofrenia e outro que non padecía ningunha enfermidade psicótica. Ámbolos dous eran portadores da deleción 22q11.2. Os resultados amosaban variantes xenéticas exclusivas do caso e que estaban relacionadas con funcións neuronais (Balan et al. 2014). Purcell e cols. no 2014, secuenciaban o exoma de 2536 esquizofrénicos e 2543 controis. Os resultados amosaban que existía unha carga polixénica debido a mutacións que afectaban a proteínas e que tiñan unha frecuencia do alelo menor inferior ó 0,5% ou singletons (alelos que estaban presentes unha vez en individuos heterocigotos) distribuídas ó longo de 2456 xenes pertencentes a distintas categorías previamente implicadas na doenza. Tamén vian que ningún dos xenes seleccionados individualmente amosaban un exceso significativo de mutacións raras en casos, pero si algún dos conxuntos seleccionados. Curiosamente outros dos resultados obtidos concordaban cun estudo sobre tríos publicado neste mesmo ano (Fromer et al. 2014), xa que atopaban un enriquecemento de mutacións daniñas raras nos complexos ARC (Activity-Regulated Cytoskeleton-associated protein) e NMDAR (N-methyl-D-aspartate receptor), e nas dianas de FMRP (fragile X mental retardation protein). Ademais este tipo de variantes estaban enriquecidas en xenes que codifican para proteínas de canles de calcio dependente da voltaxe. Neste artigo atopaban unha asociación nominal (non resistía a corrección de múltiples tests) nun conxunto de xenes candidato (2507) de autismo e discapacidade intelectual para variantes que alteraban a proteína e variantes non sinónimas que eran preditas como patoxénicas polos 5 preditores utilizados (Purcell et al. 2014). Aínda que este era o primeiro traballo de NGS que demostraba a existencia dunha compoñente polixénica debido a variantes raras, observábase que a contribución deste tipo de variantes era menor á que provocaban as variantes comúns (Schizophrenia Working Group of the Psychiatric Genomics 2014). Moi recentemente Singh e cols. publicaban un traballo onde secuenciaban inicialmente o exoma de 1745 esquizofrénicos e 6789 controis. A estes engadíanlle os datos de secuenciación dun estudo previo (Purcell et al. 2014), co fin de aumentar a potencia do estudo, facendo un total de 4264 casos e 9343 controis. Con estes datos confirmaban o enriquecemento de variantes raras de perda de función (LOF das súas siglas en inglés, que son variantes que alteran xenes que codifican proteínas e que teñen unha alta probabilidade de ser deletéreas e son de gran interese na etioloxía dunha doenza) nun conxunto de xenes candidato (2507) de autismo e discapacidade intelectual descrito por Purcell e cols. (Purcell et al. 2014). Coa finalidade de atopar algún xene de risco, a maiores incluían datos de 1077 tríos de esquizofrenia de diferentes estudos previos. Con todos estes datos e tendo en conta só variantes LOF raras (MAF<0,1%) o xene que alcanzaba o valor máis significativo (P=3,3 x 10-9) era SETD1A, o cal foi asociado á esquizofrenia por Takata e cols. no 2014 (artigo comentado posteriormente) (Takata et al. 2014). Este xene codifica unha metiltransferasa que cataliza a metilación dos residuos de lisina na histona H3. Este descubrimento unido ás evidencias de variantes comúns previas, suxería que unha mala regulación epixenética, especialmente
Introdución 46 no ruta metabólica da metilación de histonas H3K4, podería ser un mecanismo importante na patoxénese da esquizofrenia (Singh et al. 2016). Autor Mostra inicial Mostra Réplica Resultado Nº Ca Nº Co Nº Ca Nº Co Need (2012) 166 307 2167 1800 Ningunha SNV alcanzaba valores significativos Timms (2013)a 24 17 - - SNVs en 3 xenes relacionados co receptor de glutamato NMDAR Purcell (2014) 2536 2543 - - Existencia dun compoñente polixénico debido a variantes raras Enriquecemento de mutacións daniñas raras nos complexos ARC e NMDAR, e nas dianas de FMRP Balan (2014) 1 1 - - Existencia de SNVs exclusivas nos casos Singh (2016) 4264, 1077 tríos 9343 - - Enriquecemento de variantes LOF raras nun conxunto de xenesb Asociación significativa (P=3,3 x 10-9) de SETD1A coa SCZ Táboa 6. Resumo dos resultados atopados mediante secuenciación de nova xeración en estudos casocontrol. LOF= Variante de perda de función; SCZ=Esquizofrenia a Trátase dun estudo familiar no que a mostra de casos estaba composta de 18 esquizofrénicos, 4 afectos con depresión maior e 2 con psicose non especificada. b O conxunto de xenes era descrito por Purcell e cols. (Purcell et al. 2014). Estudos de secuenciación de exoma en tríos mediante NGS O estudo de tríos (é dicir, un individuo afecto e os seus pais) permite determinar se as variantes son herdadas ou de novo (mutacións que xorden esporadicamente nos gametos dos pais ou nas primeiras etapas do desenvolvemento embrionario), de xeito que unha variante de novo é máis probable que sexa patoxénica se ámbolos pais non están afectos. Esta estratexia era utilizada con éxito noutras doenzas, como a discapacidade intelectual (Vissers et al. 2010) e o trastorno do espectro autista (O'Roak et al. 2011). A hipótese subxacente a estes estudos é que o conxunto dos casos esporádicos probablemente terán unha acumulación de variantes raras de novo, o cal é reflexo dunha elevada taxa de mutación (Schreiber et al. 2013). Ó longo destes anos foron xurdindo traballos (Táboa 7) que utilizaban estes principios co fin de identificar variantes de novo asociadas a esquizofrenia. O primeiro estudo utilizando esta estratexia era levado a cabo por Girard e cols. no cal secuenciaban o exoma de 14 esquizofrénicos e os seus respectivos pais, e no que atopaban 15 variantes de novo en 8 dos esquizofrénicos. A taxa de mutación observada neste estudo excedía a taxa de mutación na liña xerminal predita ata o momento, a cal variaba de 1,1x10-8 a 3,8x10-8 por nucléotido e por xeración (Girard et al. 2011). Seguindo unha estratexia similar, aparecía un traballo no que tamén secuenciaban o exoma de 53 casos esporádicos, 22 controis e os seus respectivos pais; aquí atopaban 40 mutacións de novo en 27 casos, e que tiñan, segundo predicións in silico, un efecto funcional en 40 xenes. Vían que había un exceso de variantes de novo non sinónimas nos casos, o cal apoiaba a hipótese de que mutacións de novo xogan un papel importante no risco a padecer esquizofrenia (Xu et al. 2011). Ó ano seguinte Xu e cols. publicaban un artigo onde analizaban un total 795 exomas de 231 tríos de esquizofrenia así como 34 tríos non afectos, observando un exceso de variantes nucleotídicas non sinónimas en casos. Ademais vían que existía unha maior prevalencia en casos de variantes que afectaban a xenes respecto ós controis. Mediante este estudo tamén amosaban que había unha alta contribución das
Introdución 47 mutacións en xenes con maior expresión nas primeiras etapas da vida fetal (Xu et al. 2012). Co fin de avaliar a contribución de variantes de novo á esquizofrenia, Guipponi e cols. secuenciaban o exoma de 53 individuos con esquizofrenia esporádica e os seus pais non afectos. Vían que o número de variantes de novo por individuo afecto era de 0,88 dando lugar a unha taxa de mutación exónica puntual de 1,7x10-8 por nucleótido por xeración, vendo que o 34% dos seus casos esporádicos portaban algunha variante de novo predita por ser prexudicial. Ademais proporcionaban un listado de 18 posibles xenes candidato para a esquizofrenia (Guipponi et al. 2014). Takata e cols. utilizando os datos do traballo de secuenciación de Xu e cols. (Xu et al. 2012), no que secuenciaban 795 exomas de 231 tríos de esquizofrenia así como 34 tríos non afectos, analizaban as variantes LOF de novo. Concretamente centrábanse nas indels (insercións e delecións de pequeno tamaño). Estes autores vían que existía un exceso de indels LOF de novo en esquizofrénicos aínda que non alcanzaba valores significativos. Por outro banda, amosaban unha correlación entre o número de variantes LOF de novo e pacientes con historia de dificultades de aprendizaxe na adolescencia (P=0,0006). Tamén atopaban dúas indels LOF no xene SETD1A, sendo isto moi pouco probable por azar (P=0,035). Este xene era asociado á esquizofrenia nun traballo de Singh e cols. que se comentou anteriormente (Singh et al. 2016). Utilizando os seus datos e os de estudos previos de exoma en tríos seleccionaban un total de 62 xenes que eran intolerantes á variación e que presentaban variantes LOF, levaban a cabo unha análise de conxunto de xenes, alcanzando o valor máis significativo a función da regulación da cromatina. Por último vían, mediante unha análise de patróns de transmisión, que as variantes LOF eran máis probables de ser transmitidas a individuos afectos que a controis (Takata et al. 2014). Fromer e cols. levaban a cabo o maior estudo de mutacións de novo en esquizofrenia feito ata o momento. Nel secuenciaban o exoma completo de 534 esquizofrénicos, 89 pacientes afectados de trastorno esquizoafectivo e os pais de cada un deles. Os resultados atopados non evidenciaban un aumento total na taxa de mutacións de novo que causasen perda da función. Un resultado similar era atopado cando se analizaban as variantes non sinónimas. Isto suxería que as mutacións de novo xogan un papel menor do que era indicado en estudos previos na susceptibilidade a padecer esquizofrenia. Tamén estudaban varios conxuntos de xenes que foran previamente asociados a esquizofrenia (Kirov et al. 2012; Timms et al. 2013; Schizophrenia Working Group of the Psychiatric Genomics 2014). Entre estes atopaban un enriquecemento significativo de mutacións de novo non sinónimas nos xenes que codifican proteínas post-sinápticas glutamatérxicas que comprende a proteína asociada ó citoesqueleto regulada por actividade (ARC) e o complexo receptor N-metil-D- Aspartato (NMDAR). Ademais atopaban un enriquecemento de mutacións en xenes que codifican para proteínas que interactúan con complexos que modulan a resistencia sináptica, tales como proteínas que regulan a dinámica dos filamentos de actina e aqueles cuxos ARN mensaxeiros son diana de proteínas do retraso mental do X fráxil (FMRP). Por outra banda, facían unha análise sen unha hipótese previa para intentar atopar un mecanismo relacionado coa enfermidade non descuberto ata ese momento baseándose nas anotacións de Gene Ontology (GO). Só unha categoría alcanzaba valores significativos (Pcorrixido=0,032) despois da corrección para tódalas categorías de GO, e que correspondía cos xenes relacionados coa ensamblaxe dos paquetes de filamentos de actina. Outro dos aspectos que destacaban neste traballo era que trataban de ver se existía unha etioloxía xenética compartida entre a esquizofrenia, o trastorno do
Introdución 48 espectro autista e discapacidade intelectual. Para isto comprobaban se existía solapamento entre os xenes afectados por mutacións de novo entre estas tres doenzas, comparando os datos obtidos deste estudo con outros publicados anteriormente. Facendo isto vían que efectivamente xenes afectados por mutacións de novo en esquizofrenia tamén o estaban nas outras dúas enfermidades, evidenciando unha etiopatoxenia común entre os trastornos (Fromer et al. 2014). Recentemente Takata e cols. utilizando bases de datos públicas de secuenciación de exomas de tríos analizaban o papel de mutacións sinónimas de novo en diferentes tipos de funcións reguladoras de xenes. En total, incluían 1043 autistas, 1021 esquizofrénicos e 731 controis. Analizando este tipo de variacións vían que, por un lado, aquelas que estaban próximas ós lugares de splicing e que modificaban a reguladores exónicos de splicing estaban significativamente enriquecidas en individuos autistas. Utilizando unha análise de conxunto de xenes atopaban un enriquecemento destas variantes en autismo en xenes relacionados coas canles e co transporte de calcio, e coa localización e función neuronal. Por outro lado, atopaban que aquelas variantes situadas no cortex prefrontal derivadas de lugares de hipersensibilidade a DNasa I estaban asociadas á esquizofrenia. Por último, avaliaban aqueles xenes que estaban afectados por variantes prexudiciais de novo e por mutacións sinónimas potencialmente funcionais. En canto ó autismo, o xene que alcanzaba os valores máis significativos era RAB2A (P= 4,48 x 10-6), e no caso da esquizofrenia destacaban ó xene SETD1A (P= 1,79 x 10-6) que previamente xa era asociado a esta doenza (Takata et al. 2016).
Introdución 49 Autor Nº Tríos Resultado Ca Co Girard (2011) 14 - Exceso de mutacións de novo Xu (2011) 53 22 Exceso de mutacións de novo non sinónimas nos casos Xu (2012) 231 34 Exceso de variantes non sinónimas. Contribución de mutacións en xenes con maior expresión nas primeiras etapas da vida fetal Guipponi(2014) 53 Mutación exónica puntual de 1,7x10-8 por nucleótido por xeración Listado de 18 posibles xenes candidato Takata (2014) 231 34 Exceso non significativo de indels LOF de novo en esquizofrénicos Dúas indels LOF no xene SETD1A Enriquecemento significativo no xenes relacionados coa "función da regulación da cromatina" Maior probabilidade transmisión de LOF ós casos Fromer (2014) 534 SCZ, 89 SCZA - Taxa de mutacións de novo disruptivas non aumentada Enriquecemento de mutacións de novo en ARC e NMDAR Enriquecemento en xenes da regulación dos filamentos de actina e xenes con ARNm son diana de FMRP Etioloxía compartida entre CSZ, TEA e DI Takata (2016) 1043 TEA, 1021 SCZ 731 Mutacións de novo sinónimas situadas próximas ós lugares de splicing e que modifican reguladores exónicos de splicing asociadas a TEA Mutacións de novo sinónimas situadas no cortex prefrontal e derivadas de lugares de Hipersensibilidade a DNasa I asociadas á SCZ Enriquecemento en TEA en xenes relacionados cos canles e transporte de Ca, e coa localización e función neuronal Xene SETD1A asociado con SCZ Xene RAB2A asociado con TEA Táboa 7. Resumo dos resultados atopados mediante secuenciación de nova xeración en estudos de tríos. SCZ= Esquizofrenia; SCZA= Trastorno Esquizoafectivo., DI= Discapacidade Intelectual. Os estudos de secuenciación de nova xeración publicados ata este momento amosan unha falta de potencia estatística para implicar xenes específicos e mutacións raras na esquizofrenia. Sen embargo, permítennos concluír que as variantes raras, xunto cas comúns, xogan un papel importante na susceptibilidade a padecer esquizofrenia aínda que a contribución relativa das dúas clases de variantes non está nada clara e permanece pendente de estudos de secuenciación dun tamaño moito maior ademais de ver a contribución daquelas variantes que están sitas fora do exoma. 1.3. MÉTODOS DE ANÁLISE DUN CONXUNTO DE XENES Como xa se comentou anteriormente, os GWAS teñen por obxectivo identificar os mecanismos etiopatoxénicos das enfermidades complexas, as cales, a miúdo, son resultado dunha interacción de múltiples factores de riscos xenéticos e ambientais. Esta metodoloxía permite a identificación de variantes que explican só, individualmente ou en combinación con outras, unha pequena proporción da herdabilidade da esquizofrenia. Unha posible explicación a isto é que o gran número de polimorfismos xenéticos estudados nun GWAS e a elevada cantidade de tests levados a cabo provocan que asociacións débiles pero reais se perdan debido ó axuste por comparacións múltiples (Wang et al. 2011a). Unha das técnicas máis efectivas para solucionar este problema é o
Introdución 50 uso de análises baseadas en conxuntos de xenes xa que ó tratar ó grupo de xenes como un totdo consigue unha redución da dimensión. Este tipo de test xorde da idea de que o risco xenético das enfermidades complexas é principalmente debido a múltiples xenes cun efecto pequeno ou moderado que actúan dunha forma modular, máis que por mutacións de xenes individuais. Un exemplo tipo de enfermidades complexas que pode ser estudada mediante esta metodoloxía é a esquizofrenia, xa que debido a súa natureza altamente polixénica pode extrapolarse que a unidade que confire o risco a padecela podería ser unha ruta metabólica, no canto de ser un único xene (Sullivan 2012).Unha das consideracións a ter en conta cando levas a cabo este tipo de análise é a heteroxeneidade de locus, é dicir, alelos de loci distintos causan unha enfermidade en poboacións distintas, a cal fai que aumente a dificultade de replicar un marcador cunha determinada enfermidade. Xa que os métodos baseados en conxunto de xenes utilizan información de distintos loci nunha unidade funcional pode producir resultados máis robustos e estables que a análise de xenes individuais. Para levar a cabo este tipo de estudos é necesario tomar varias decisións. A primeira é elixir a estratexia a seguir para a elección do conxunto de xenes a estudar. Normalmente hai dúas estratexias: A primeira delas céntrase en conxuntos de xenes concretos. Estes defínense segundo unha hipótese a priori referente ó conxunto de xenes que probablemente estea involucrado na doenza. No noso traballo que comentaremos posteriormente a hipótese que barallamos é comprobar se o interactoma de DISC1 xoga algún papel no risco a padecer a esquizofrenia.(Cantor et al. 2010). A segunda estratexia consiste en analizar tódolos grupos de xenes que están recollidos nas diferentes bases de datos. Debido a que este método utiliza tódolos datos xenómicos dispoñibles, permite identificar relacións inesperadas entre o conxunto de xenes e a doenza. Por outra banda, este método é computacionalmente moi intenso, xa que require estritas correccións por múltiples comparacións, problema que se minimiza considerablemente cando se estudan conxunto de xenes concretos ó reducirse a dimensionalidade (Ramanan et al. 2012). O seguinte paso, e non menos importante, é seleccionar a base de datos máis axeitada para delimitar os xenes que forman o conxunto a estudar. Hai numerosas bases de datos que se utilizan para definir os grupos de xenes: "The Pathway Commons database" (Cerami et al. 2011), que é unha colección de datos de rutas biolóxicas públicas de diferentes organismos, que inclúe reaccións bioquímicas, ensamblaxes complexos, eventos de transporte e catálise, interaccións físicas nas que están implicadas proteínas, ADN, ARN, pequenas moléculas e complexos. Todo isto está recollido a partir de diferentes fontes e cunha linguaxe común e un formato estándar. "The Kyoto Encyclopedia of Genes and Genomes (KEGG) " (Kanehisa and Goto 2000) recolle rutas biolóxicas de referencia (mosaicos de varios organismos) e anotacións específicas de organismos, ademais de mapas de rutas biolóxicas ligados a xenes intimamente relacionados. Reactome (Croft et al. 2014) é unha base de datos de rutas biolóxicas que son recollidas mediante referencias cruzadas a PubMed, GO e outras fontes. Pode incluír datos de expresión e outros datos no mapa da ruta biolóxica. "The Gene Ontology" (Ashburner et al. 2000), é a maior base de datos cuxa estrutura é xerárquica (coméntase en detalle máis abaixo).
Introdución 51 Metacore (http://thomsonreuters.com/metacore) é unha base de datos que recolle rutas biolóxicas de enfermidades. Biocarta (www.biocarta.com) é unha base de datos que está dirixida mediante a entrada de usuarios con revisións expertas dalgunhas rutas biolóxicas. Proporciona interacción nas rutas biolóxicas en procesos celulares humanos. Molecular Dignatures Database (MSigDB) (http://software.broadinstitute.org/gsea/msigdb), é unha base de datos que compila conxuntos de xenes de GO e KEGG, ademais de outras fontes como bandas citoxenéticas e rexións cromosómicas, conxunto de xenes descritos na literatura, motivos reguladores cis e xenes asociados e co-expresados en cancro. Pathway Interaction Database (PID) (Subramanian et al. 2005), contén un amplo rango de rutas celulares, centrándose especialmente na sinalización do cancro. Permite xerar un mapa de interaccións a partir dunha lista de xenes. Ingenuity (www.ingenuity.com) é unha gran colección de rutas metabólicas canónicas, sendo os mapas das rutas de elevada calidade. STRING (Jensen et al. 2009) recolle interaccións proteína-proteína incluíndo tanto interaccións físicas como funcionais. Integra información de numerosas fontes, incluíndo repositorios experimentais, métodos de predición funcional e coleccións de textos públicos, polo que actúa como unha base de datos que mapea tódalas evidencias de interaccións nun conxunto común de xenomas e proteínas. DAVID (Huang et al. 2007a) caracterízase por aumentar e integrar anotacións de outras bases de datos. PANTHER (Thomas et al. 2003) é unha base datos que fai unha predición da función dunha proteína a partir dos datos de secuencia e de conservación. As definicións que máis se utilizan para limitar un conxunto de xenes son: Rutas biolóxicas: Trátase dun conxunto de xenes (ou os seus produtos) que xuntos levan a cabo unha función biolóxica específica. Unha ruta biolóxica debe incluír información sobre as entidades moleculares ás que afecta, así como a interacción entre estas. Recentemente propúxose a existencia de 5 tipos de rutas biolóxicas: ruta biolóxica molecular que fai referencia a accións bioquímicas nunha molécula ou composto; ruta biolóxica celular que abarca a regulación de procesos celulares máis globais, como por exemplo apoptose ou división celular; outros dous tipos son a ruta biolóxica de enfermidades e a rutas biolóxica de intervencións, as cales describen procesos de enfermidades as primeiras e respostas a determinadas intervencións, tipo resposta a medicamentos, as segundas. Estes dous últimos tipos refírense a colección de xenes previamente asociados a un fenotipo e non están baseados en coñecementos biolóxicos. Finalmente está a ruta biolóxica de sistemas ou órganos que fai referencia a funcións fisiolóxicas de orde superior (Ramanan et al. 2012). No campo das enfermidades neuropsiquiátricas, como é o caso da esquizofrenia, podería ser importante definir manualmente unha ruta biolóxica utilizando o coñecemento experto, xa que as bases de datos públicas poderían non ter anotados adecuadamente as rutas biolóxicas relacionadas coa función neuronal (Wang et al. 2010a). Un dos problemas das rutas biolóxicas é que representan modelos de procesos biolóxicos hipotéticos, non existindo unhas regras estandarizadas para construílos
Introdución 52 polo que estes modelos poden variar en función da fonte de datos utilizada. Isto pode provocar diferenzas á hora de interpretar e comparar os resultados (Mitrea et al. 2013). Por outra banda, outro dos problemas é a natureza xerárquica das rutas biolóxicas que pode implicar que algunhas destas rutas poidan representar un subconxunto dunha ruta biolóxica de maior tamaño (Mooney et al. 2014). Redes biolóxicas: Estas redes non describen unha función ou proceso biolóxico que se leva a cabo nun contexto biolóxico específico, senón que describen a relación biolóxica (interacción predita ou observada) entre múltiples xenes ou os seus produtos. Un exemplo son as redes de interacción proteína-proteína (Mooney et al. 2014). A principal diferenza entre as rutas e as redes biolóxicas son que as rutas inclúen regulación direccional e bifurcacións, pero están dirixidas cara un resultado final. Por outra banda, os elementos nunha ruta están conectados mecanicamente, mentres que os elementos dunha rede están conectados ó través de relacións compartidas que poderían non levar a cabo unha acción. Polo tanto, as redes non están dirixidas dende un punto inicial a un resultado final. As redes poden estar divididas en: sub-redes nas que tódolos elementos están conectados a un nodo central, e módulos que amosan unha gran densidade de conexións (Ramanan et al. 2012). Estas redes de interacción son construídas utilizando diferentes técnicas (cromatografía de afinidade, inmunoprecipitación, cross-linking, etc.). Entre todas elas destaca a técnica de dobre híbrido de fermento que se basea na actividade transcricional para medir a interacción proteína-proteína. Depende da natureza modular dos activadores transcricionais específicos de lugar, os cales constan dun domino de unión ó ADN e un dominio de activación da transcrición. O primeiro serve como diana do activador para un xene específico que será expresado e o segundo contacta con outras proteínas da maquinaria transcricional para que a transcrición teña lugar. O sistema de dobre híbrido está baseado na observación de que os dous dominios do activador non necesitan ligarse covalentemente e poden unirse mediante a interacción das dúas proteínas. A aplicación deste sistema require a construción de dous híbridos: Un dominio de unión ó ADN fusionado a unha proteína e un dominio de activación de transcrición fusionado a outra proteína. Estes dous híbridos son expresados nunha célula que conteña un ou máis xenes de interese. Se os híbridos interactúan, eles crearán un activador funcional mediante a unión do dominio de activación co dominio de unión ó ADN, podendo ser detectado mediante a expresión do xene de interese (Phizicky and Fields 1995). Un exemplo no que se utilizaba esta técnica para identificar unha rede de interaccións era o interactoma de DISC1 publicado por Camargo e cols. (Camargo et al. 2007). Gene Ontology: Unha das formas máis comúns para definir o conxunto de xenes a estudar é a base de datos de Gene Ontology (Ashburner et al. 2000), a cal intenta describir as funcións xénicas usando tres categorías xerárquicas: funcións moleculares, procesos biolóxicos e compoñentes celulares. Aínda que determinados xenes estean asignados a unha categoría particular de Gene Ontology non significa que se coñezan as relacións ou interaccións entre estes xenes. Ó igual que as rutas metabólicas, un dos problemas desta categoría é a súa natureza xerárquica que pode producir un solapamento significativo entre categorías provocando un solapamento dos xenes e unha información redundante entre os conxuntos de xenes, o cal ten as súas implicacións tanto a hora de analizar os datos como na interpretación dos resultados (Mooney et al. 2014). A gran vantaxe de Gene Ontology é que produce un vocabulario controlado e dinámico para describir o papel dos xenes e os seus produtos en calquera tipo de eucariota (Ashburner et al. 2000).
Introdución 53 Cabe resaltar que os resultados obtidos dun estudo usando un conxunto de xenes probablemente estean nesgados en función da base de datos a utilizar, de xeito que os resultados obtidos reflictan as diferenzas na información do conxunto de xenes incluída na fonte a utilizar e a maneira na que a información está organizada (Elbers et al. 2009). As recomendacións para intentar paliar isto é utilizar diferentes bases de datos para definir un único conxunto de xenes e incorporar un algoritmo para decidir se o conxunto de xenes está asociado cando os resultados son inconsistentes ó través das bases de datos (Cantor et al. 2010). Unha vez elixida a base de datos e delimitada o conxunto de xenes, compre asignar os SNPs dos GWAS a un xene específico que pertence a un dos grupos elixidos. O método máis simple para mapear un SNP a un xene é mediante a súa localización, é dicir, asignalo a un xene que está a unha distancia específica ou simplemente ó xene máis próximo. Outro método de asignación de SNPs é aquel que ten en conta o DL, de xeito que se consideran tódolos SNPs que están en DL co xene en cuestión. Con esta estratexia o que se pretende é cubrir tódolos marcadores que están ligados á variante causal dentro do mesmo bloque de DL. A principal desvantaxe deste segundo método é que tamén inclúe SNPs irrelevantes, facendo que dilúan a forza do sinal do conxunto de xenes e tamén aumente drasticamente a carga computacional, especialmente cando un ruta biolóxica está formada por un gran número de xenes (Wang et al. 2011a). Ademais usar o DL para mapear os SNPs pode crear problemas cando un SNP está correlacionado con múltiples xenes. Se estes xenes están no mesmo conxunto o SNP pode ser contado varias veces, inflando os valores de asociación (Sedeno-Cortes and Pavlidis 2014). A continuación hai que elixir o método de análise a usar. Ó longo de todos estes anos foron xurdindo gran variedade de métodos (Táboa 8), os cales se poden clasificar de diferente xeito. Un deles é segundo a estratexia para ter en conta a asociación a nivel de xene: Métodos dun paso: Aquí tódolos SNPs do conxunto de xenes son usados para calcular un nivel de asociación sen ter en conta o efecto a nivel de xene. Este tipo de métodos non son os adecuados cando un conxunto de xenes contén un número elevado de SNPs (máis SNPs que mostras)(Mooney et al. 2014). Métodos de dous pasos: O primeiro paso neste método é calcular o estatístico a nivel de xene, para logo agregalos todos para calcular un único estatístico para o conxunto de xenes. A forma máis simple é calcular o efecto de tódolos SNPs a nivel do xene, e logo seleccionar para cada un dos xenes o SNP co valor-P menor entre os SNPs mapeados dentro destes xenes. As principais desvantaxes deste método son: se un xene presenta varios sinais de asociación, agás un, o resto son desestimadas; ademais a puntuación de asociación dun xene depende da densidade e do tamaño do xene, definíndose o primeiro como o número de SNPs que hai nun xene e o segundo como o DL que existe entre estes SNPs. Isto fai que os xenes máis largos teñan máis probabilidade de albergar os valores de significación máis baixos. Este método pode inflar a taxa de erro tipo I para un conxunto de xenes que conteñan maior número de xenes longos. Este mesmo efecto ocorre con xenes de densidade elevada (Wang et al. 2011a; de Leeuw et al. 2016). Outra forma sería usar varios SNPs dentro dun mesmo xene para calcular o efecto a nivel xénico. Para isto hai dúas maneiras: Combinar os valores-P individuais de cada SNP ou o modelado de multi-SNP. No primeiro tódolos SNPs dun xene son individualmente testados para asociación e logo os tests estatísticos obtidos son combinados para obter medidas de asociación a
2. HIPÓTESES E OBXECTIVOS
Hipótese e Obxectivos 62 2.1. HIPÓTESES A susceptibilidade xenética a padecer esquizofrenia pode ser provocada por variantes que están a unha frecuencia baixa na poboación axustándose ó modelo de variante rara-enfermidade común. Segundo o equilibrio mutación-selección, as variantes que maior efecto causan sobre a esquizofrenia son variantes pouco frecuentes na poboación. Xa que os xenes non actúan dunha forma illada, é de esperar que as variantes implicadas na susceptibilidade a padecer esquizofrenia converxan en redes de interacción, polo que a acumulación de variantes comúns de sentido incorrecto no interactoma de DISC1 poderían aumentar a o risco a padecer esquizofrenia. Os xenes asociados á esquizofrenia identificados mediante estudos de GWAS ou de CNVs que afectan a un único xene poderían presentar tanto variantes de susceptibilidade con frecuencias comúns e pouco efecto como variantes raras cun risco elevado. O risco de padecer esquizofrenia poder ser debido a acumulación de variantes raras nun único xene ou ben nun conxunto de xenes que pertencen a unha vía concreta. 2.2. OBXECTIVOS No primeiro dos traballos presentados centrabámonos no xene DISC1 coa finalidade de analizar SNPs non sinónimos cunha frecuencia menor ó 5% que causen, por si mesmos, un aumento a padecer esquizofrenia na poboación galega. Outro dos obxectivos era comprobar se, nesta mesma poboación, existía unha acumulación de variantes raras non sinónimas que fose significativamente maior en casos respecto ós controis en DISC1. No segundo estudo presentado re-analizabamos datos dun estudo de asociación previo para ver se había unha sobre-representación do interactoma de DISC1 co fin de ver se este complexo proteico podería estar implicado na patofisioloxía da esquizofrenia. Centrabámonos en variantes comúns de sentido incorrecto e intentabamos ver se esta vía presentaba unha acumulación de variantes de predisposición á enfermidade. No terceiro traballo analizabamos as variantes identificadas en varios xenes asociados previamente á esquizofrenia mediante estudos de GWAS e CNVs, para ver se existía unha acumulación de variantes raras que causasen un incremento na predisposición a esquizofrenia considerablemente maior que as distintas variantes comúns de susceptibilidade descritas. Ademais avaliabamos o funcionamento de varios softwares de identificación de variantes utilizando os datos previos e os obtidos da secuenciación dos xenes. Por último, intentabamos confirmar a acumulación de variantes raras codificantes de sentido incorrecto en controis no xene NRXN1 mediante unha meta-análise, utilizando os datos obtidos da secuenciación de novas mostras e de buscas bibliográficas.
3. MATERIAL E MÉTODOS
Material e Métodos 66 3.1. MOSTRAS A colección de mostras utilizada neste estudo consistía nun total de 1157 individuos. Desta mostra 580 eran pacientes diagnosticados con esquizofrenia por psiquiatras experimentados seguindo os criterios do DSM-IV. As mostras dos pacientes procedían dos distintos centros hospitalarios da área de Santiago de Compostela e todos tiñan orixe galega. Todos estes pacientes amosaban unha diagnóstico estable polo menos durante dous anos. Entre os afectos non existía ningunha relación de parentesco. Tódolos pacientes con trastorno esquizoafectivo ou esquizofreniforme eran excluídos. Dispoñiamos dun consentimento informado por escrito de tódolos doentes incluídos que nos permitía engadilos a este estudo. Por outra banda, as restantes mostras que formaban a colección (577) son controis, os cales eran anonimizados e cuxa extracción de sangue foi feita no Centro de Transfusión de Sangue de Galicia. Co fin de evitar duplicados das mostras de sangue dos controis, estas eran recollidas nun espazo de tempo curto. Ademais estes donantes non recibían ningún tipo de remuneración, de xeito que era pouco probable que esta mostra estivera enriquecida en grupos con desvantaxes sociais, os cales poderían ter unha maior taxa de individuos afectos. Os traballos de investigación facíanse baixo a última versión da declaración de Helsinki. Ademais tódolos estudos eran aprobados polo Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia (CEIC), o cal é un organismo independente e acreditado pola Consellería de Sanidade. No caso do estudo de DISC1 (Estudo I) secuenciabamos mediante Sanger 47 casos e o mesmo número de controis. A media de idade das mostras secuenciadas era de 47 ±11 anos, tanto para casos como para controis. O número de varóns entre os pacientes era do 79%. Os casos seleccionados para a secuenciación elixíanse tanto pola precocidade da aparición dos primeiros síntomas da enfermidade así como pola presenza de historia familiar. As idades as cales aparecían os primeiros síntomas dos casos estaban situadas entre os 14 e os 22 anos, cunha media de 18 anos. Os 47 controis seleccionados para este estudo concordaban cos esquizofrénicos en idade e sexo. Para o traballo do interactoma de DISC1 utilizabamos os xenotipos de 476 pacientes, dos cales o 68% eran varóns, e 447 controis, sendo o 49% varóns. Todo eless foron previamente xenotipados utilizando a plataforma de Affymetrix usando o chip Affymetrix GeneChip® Human (Panels 1 & 2) 20K cSNP Kit. Despois de aplicar ós SNPs os correspondentes filtros de calidade indicados no traballo de Carrera e cols. (Carrera et al. 2012), utilizábamos 5100 SNPs de sentido incorrecto comúns para ver a relación críptica, é dicir, comprobar se existía algunha relación de parentesco entre as mostras, mediante cálculos de identidade por estado utilizando o software PLINK (Purcell et al. 2007). Ademais analizabamos 130 marcadores informativos de ancestralidade utilizados par a detección da estrutura poboacional empregando a ferramenta Structure v2.3.1 (Pritchard et al. 2000). Isto permitíanos desbotar 37 casos e 72 controis. Para o estudo de secuenciación de nova xeración mediante o SOLiD4 (Estudo III) elixiamos 306 mostras da colección completa (153 casos de esquizofrenia e 153 controis). A selección do 70% dos casos faciámola en base ós datos do porcentaxe do éxito de xenotipado que se levaba a cabo utilizando o chip Affymetrix GeneChip® Human (Panels 1 & 2) 20K cSNP Kit no traballo de Carrera et al. (2012), como indicativo da calidade do ADN. O restante 30% seleccionabámolo entre aquelas mostras
Material e Métodos 67 que tiñan unha porcentaxe de éxito de xenotipado maior á media e que, ademais, presentaban unha aparición da enfermidade temperán e/ou historia familiar con psicose. Seguiamos estes dous últimos criterios co fin de enriquecer a mostra en fenotipos extremos. No conxunto final de casos había 62 mostras con presenza de historia familiar e unha idade media de aparición do trastorno de 23,4±7,22, ademais o 70% eran varóns. En canto a mostra control, seleccionabamos aqueles controis que concordaban cos casos na porcentaxe do éxito de xenotipado, deste xeito tratabamos de evitar un nesgo metodolóxico debido ás diferenzas de calidade do ADN, sendo o 49% destes, homes. Para o estudo do xene NRXN1 (Estudo IV), escolliamos para secuenciar 384 pacientes esquizofrénicos e 384 controis que non eran previamente secuenciados co SOLiD4 no estudo previo, sendo o 67% e 49% varóns en casos e controis respectivamente. Os casos tiñan unha idade media de 55 anos e os controis 47. Nº Total Mostras Nº homes Nº mulleres % homes % mulleres Idade Media Ca Co Ca Co Ca Co Ca Co Ca Co Ca Co Estudo I 47 47 37 37 10 10 79 79 21 21 47 ±11 47 ±11 Estudo II 476 447 326 220 150 227 68 49 32 51 57 ±15 47 ±11 Estudo III 153 153 107 75 46 78 70 49 30 51 53 ±14 46 ±14 Estudo IV 384 384 258 190 126 194 67 49 33 51 55 ±16 47 ±11 Táboa 9. Resumo dos datos das mostras utilizadas en cada un dos estudos. A idade dos casos e controis era calculada segundo o ano 2015. 3.2. EXTRACCIÓN DO ADN As extraccións do ADN faciámolas a partir de sangue total. As mostras, tanto de casos como de controis, eran recibidas en forma de sangue fresco sendo conxeladas e almacenadas a -80ºC en tubos con anticoagulantes (EDTA). Para facelas extraccións utilizábamos o robot Chemagic Magnetic Separation Module I seguindo as instrucións do protocolo que indicaba Chemagen (Baesweiler, Alemaña) (Biopolymer Tecnologie Aktiengesellschaf http://www.chemagen.com/). Partíase dun volume inicial de sangue de 5 ml e facíamos roldas de extracción de 12 mostras. Unha vez extraído o ADN, este era cuantificado usando o espectrofotómetro Nanodrop, obtendo tanto valores cuantitativos, en forma de concentración, como cualitativos a través dos cocientes dos valores de absorbancia OD (260/280) e OD (260/230), permitíndonos valorar a pureza do ADN extraído.
Material e Métodos 68 3.3. SECUENCIACIÓN DE SANGER 3.3.1. Optimización da PCR (Polymerase Chain Reaction) Os deseños dos cebadores para levar a cabo as PCRs faciámolos co programa Primer3Plus (Untergasser et al. 2007). A partir da temperatura de desnaturalización (Tm), calculada con este programa, levábamos a cabo as distintas PCRs. O kit, o termociclador e as condicións da reaccións utilizadas eran as mesmas que se usaban para a secuenciación (descritas máis abaixo). O rango de temperatura utilizado na fase da unión do cebador para a posta a punto da PCR variaba en función dos cebadores utilizados. O valor máis baixo deste rango era a do cebador coa Tm menor e a partir desta aumentabamos 5 ºC, polo tanto probabamos a amplificar unha única mostra a seis temperaturas diferentes. No caso do exón 3 variabamos a concentración final de MgCl2 con fin conseguir unha correcta optimización da PCR. Os resultados destas amplificacións comprobábanse cargando as mostras no Agilent 2100 Bioanalyzer seguindo os pasos sinalados no protocolo que Agilent Technologies (Santa Clara, California) indicaba. Os resultados destes reflectían o tamaño do amplicón de interese e a concentración do ADN en función das distintas temperaturas utilizadas. A temperatura que seleccionabamos como Tm para a PCR da secuenciación era a que mostraba a maior concentración e o tamaño de amplicón esperado. 3.3.2. Amplificación do ADN 3.3.2.1. DISC1 (ESTUDO I) Neste estudo secuenciabamos tódolos exóns do xene DISC1, concretamente os 13 exóns da isoforma Lv (NM_001012957.1), o exón 3 da isoforma Es (NM_001012958.1), o exón 10 da isoforma S (NM_001012959.1) e o exón 11 da isoforma L (NM_018662.2). Isto era porque estes exóns destas isoformas son os únicos que son diferentes ós da Isoforma Lv. En total secuenciabamos 8509 bases codificantes. Para levar a cabo a PCR utilizabamos o kit de Promega (Wisconsin, USA), Gotaq® Flexi ADN Polymerase. Os exóns de DISC1 eran amplificados nunha reacción cun volume final de 25 μL (Táboa 10), empregando un termociclador Veriti 96 wells de Applied Biosystems (Carlsbad, California) utilizando unhas condicións determinadas para cada un dos amplicóns (Táboa 11) Os cebadores usados para esta amplificación (Táboa 12) eran normalizados á concentración requirida.
Material e Métodos 69 Reactivos Concentración inicial Concentración final V (μL)/ mostra Mestura de nucleótidos para PCR (dNTPs) 5 mM 0,2 mM 1 μL 5X Colorless Gotaq® Flexi buffer 5X 1X 5 μL Solución MgCl2 a 25 mM 2 mM 2 μL Cebador forward 10 μM 0,6 μM 1,5 μL Cebador reverse 10 μM 0,6 μM 1,5 μL Gotaq® ADN polimerasa 5 u/μL 0,025 u/μL 0,125 μL ADN 25 ng/μL 2 ng/μL 2 μL Táboa 10. Reactivos e volumes utilizados para a PCR. a No caso do exón 3 de DISC1 a concentración final da solución de MgCl2 era de 3 mM. Paso Temperatura Tempo Número de ciclos Desnaturalización Inicial 94 ºC 2 minutos 1 ciclo Desnaturalización 94 ºC 30 seg. 30 ciclos Anelamento 58-65 ºCa 45 seg. Extensión 72 ºC 1 minuto Extensión final 72 ºC 7 minutos 1 ciclo Final 4 ºC Indefinido 1 ciclo Táboa 11. Condicións do termociclador para PCR. a As temperaturas neste paso variaban en función do exón a secuenciar (Táboa 12).
Material e Métodos 76 Bola enriquecemento Bola con produto amplificado Centrifugado en gradiente de glicerol Sobrenadante con bolas con produto amplificado Precipitado con bolas sen produto amplificado Cebador Figura 12. Esquema dunha ePCR Trala amplificación, cuantificabamos os produtos da ePCR e faciamos un enriquecemento dos mesmos co fin de eliminar todas aquelas bolas magnéticas que non contivesen produto amplificado. Para isto, primeiro tiñamos que romper a emulsión utilizando butanol, de xeito que conseguíamos separar a fase oleosa da fase acuosa que contiña os produtos da PCR. A continuación, utilizando unhas bolas de enriquecemento e mediante unha centrifugación en gradiente de glicerol, conseguíamos separar as bolas co produto amplificado daquelas que non o tiñan. Isto era debido a que estas bolas de enriquecemento contiñan un cebador complementario ó cebador do extremo libre dos produtos amplificados, de xeito que unha destas bolas uníase a varias bolas co produto amplificado formándose un aglomerado. Isto permitíanos separar as bolas co produto amplificado do resto xa que se situaban no sobrenadante do glicerol unha vez centrifugado (Fig.13). Figura 13: Esquema do enriquecemento dos produtos da ePCR.
Material e Métodos 77 3.4.1.4. Secuenciación mediante SOLiD4 Tras depositar estas bolas magnéticas cos fragmentos amplificados sobre un portaobxectos, procedíase a levar cabo a secuenciación por ligazón no SOLiD4. Dado o tamaño das bibliotecas e a capacidade do SOLiD4 secuenciabamos varias mostras en paralelo usando códigos de barras, polo que o portaobxecto a utilizar era o que dispón dunha configuración en octeto. Debido ó número de mostras secuenciadas só utilizabamos 7 cuadrantes do portaobxecto, contendo cada un unha mestura de 15 pools, os cales eran incorporados ás mostras tralo enriquecemento mediante a captura por hibridación (Fig.14). Para evitar calquera tipo de nesgo á hora da secuenciación, cada cuadrante do octeto estaba formado por 7 pools de casos e 8 pools de controis ou 8 de casos e 7 de controis. Figura 14. Esquema da preparación das pools e deposición no portaobxecto. Como se comentou previamente, a secuenciación co SOLiD4 trátase dunha secuenciación por ligazón co método Pair-End Sequencing 50 + 35 bp, o que permite obter lecturas de 50 pb de lonxitude no sentido forward e lecturas de 35 pb no sentido reverse. Para isto utilízase ADN ligasa para ir incorporando sondas a un cebador (Fig. 15A). En primeiro lugar un cebador universal, complementario a un adaptador incorporado durante a preparación das bibliotecas, sirve de ancoraxe ás sondas que se van ir unindo por medio de reaccións sucesivas de ligazón. Unha mestura de sondas de 8 pb de lonxitude, marcadas no extremo 5´cun fluorocromo, conteñen tódalas combinacións posibles de bases nas posicións 1 a 5, as cales interrogan a secuencia molde. Só se une ó cebador universal á sonda que contivese as 5 primeiras bases complementarias á secuencia molde. O fluorocromo do extremo 5´está determinado polas dúas primeiras bases da sonda. Unha vez unida a sonda capturase unha imaxe e elimínase o extremo das bases 6 a 8 xunto co fluorocromo, para que así teña lugar o seguinte ciclo de ligazón no que se unirá o seguinte segmento tres posicións máis alá do que o fixo o anterior. Así o que se consegue é determinar a secuencia de forma salteada. Isto repítese ó longo de toda a rexión a secuenciar. Para completar a secuencia é necesario o uso de 5 combinacións distintas de cebadores que defiren entre si no punto de unión á cadea molde (cebador n, cebador n-1, ....,cebador n-4) (Fig. 15B). Isto permite combinar a información dos distintos cebadores e inferir a secuencia da rexión a analizar, ademais de que cada base está interrogada dúas veces, o que permite diminuír a taxa de erro. 306 mostras iniciais de casos e controis 51 pools de casos / 51 de controis de tres mostras cada un 51 bibliotecas de casos e 51 de controis con 15 códigos de barras distintos 7 agrupamentos formados cada un por 8 bibliotecas de casos e 7 de controis ou viceversa Portaobxecto con 8 cuadrantes … … … …
Material e Métodos 78 A) B) Figura 15. Esquema de secuenciación co SOLiD4. A) Figura da secuenciación por ligación. B) Esquema das 5 posibles combinacións de cebadores necesarios para completar a secuenciación 3.4.1.5. Análises bioinformáticas Unha vez obtidas as lecturas da secuencias co SOLiD4, estas eran mapeadas contra o xenoma humano de referencia (hg19, GRCh37), mediante un algoritmo contido dentro do paquete informático BioScope (Applied Biosystems) e usando os parámetros por defecto, desta forma obtiñamos os aliñamentos en formato .BAM. Unha vez obtidos os ficheiros dos aliñamentos utilizabamos 3 paquetes informáticos para a identificación das SNVs: BioScope (Applied Biosystems) por medio da ferramenta diBayes/small INDEL, modificando dous dos parámetros: "Call.stringency" que por defecto estaba a nivel Medium e nos elevámolo a nivel High (require que haxa lecturas do alelo alternativo nas dúas cadeas); e a opción "Het.min.allele.ratio" que tiña un valor por defecto de 0,15 pero que nos diminuíamos polo feito de utilizar pools de 3 mostras fixándoo a 0,025. GATK (DePristo et al. 2011): Esta ferramenta partía do mapeado e aliñado feito co BioScope. O primeiro paso era eliminar os duplicados mediante o Picard Tools. A continuación faciamos un realiñamento local e un recalibrado da Rolda de cebador Posición de lectura Indica a posición a interrogar Ciclo Ligación Cebador universal Cebador universal Cebador universal Cebador universal Cebador universal Cebador n Cebador n Cebador n Cebador n Cebador n-1 Ligasa Ligasa Bola Magnética Adaptador P1 Adaptador P1 Adaptador P1 Adaptador P1 Adaptador P1 Cadea Molde Cadea Molde Cadea Molde Cadea Molde Cadea Molde Ruptura 2ª bases interrogadas
Material e Métodos 79 calidade de mapeo e por último, identificabamos as variantes coa ferramenta GATK Unified Genotyper, obténdoas nun ficheiro VCF. VarScan (Koboldt et al. 2009; Koboldt et al. 2012): Esta ferramenta é especifica para traballar con pools. Parte de ficheiros con formato .PILEUP, os cales xerabamos a partir dos ficheiros .BAM utilizando o programa Galaxy (Giardine et al. 2005; Goecks et al. 2010). O único parámetro que modificábamos para a identificación de SNVs nesta ferramenta era o umbral de frecuencia mínima do alelo alternativo, fixándoo nun 5%. A anotación inicial das SNVs faciámola con Annovar (Wang et al. 2010b), aínda que tamén utilizabamos a ferramenta Emsembl Variant Predictor (Kircher et al., 2014) para obter a anotación funcional mediante a ferramenta CADD (Combined Annotation Dependent Depletion) da Universidade de Washington (http://cadd.gs.washington.edu/score). 3.4.2. Secuenciación de nova xeración de NRXN1 mediante Ion Proton™ System (Estudo IV) 3.4.2.1. Preparación das mostras Cada unha das mostras seleccionadas para este proxecto era cuantificada por triplicado de forma independente mediante fluorimetría utilizando como fluorocromo Picogreen e como lector Qubit (Invitrogen, Carlsbad, CA, USA) para posteriormente normalizarse a 50 ng/µl en función do valor medio de cuantificación. A continuación preparabamos pools de 4 mostras, sendo o número final 96 pools de casos e o mesmo número de pools de controis, mesturando a mesma cantidade de ADN de cada unha das mostras. A concentración final de cada pool era de 10 ng/µl e un volume de 30 µl. 3.4.2.2. Preparación das bibliotecas Para a preparación das bibliotecas usabamos o kit Ion AmpliSeq™ DNA Library Preparation (Life Technologies) partindo dunha cantidade inicial de ADN de 10 ng. A diferenza da secuenciación levada a cabo no SOLiD4, neste caso as rexións de interese eran capturadas mediante unha PCR, para a cal usabamos cebadores para amplificación das rexións exónicas do xene NRXN1. Concretamente, amplificábanse mediante dúas PCRs, unha delas cunha pool de 39 amplicóns e a outra con 38. Os cebadores da captura eran deseñados utilizando o software Ion AmpliSeq™ Designer (Life Technoloiges) (Fig. 16). O tamaño da rexión capturada era de 10,7 kb que incluía os exóns e as rexións flanqueantes, capturando un 98,95% do total da rexión de interese.
Material e Métodos 80 NRXN1 Figura 16. Imaxe do Genome Browser da UCSC onde se representa o deseño dos 77 amplicóns para a captura das rexións codificantes do xene NRXN1. Despois da PCR levábamos a cabo unha dixestión parcial dos cebadores, para evitar que fosen secuenciados, e a fosforilación dos extremos. A continuación, mediante unha ligación, engadiamos ós amplicóns uns adaptadores que contiñan uns códigos de barras que nos permitían diferenciar as mostras. Neste caso usabamos 96 códigos de barras (Fig.17). Logo purificabamos as bibliotecas coas bolas magnéticas AMpure® XP. Unha vez purificadas as bibliotecas, cada mostra era cuantificada mediante unha qPCR (PCR cuantitativa) co kit Ion Library Quantitation sen necesidade dunha amplificación adicional. Logo, en función dos valores obtidos, normalizabamos de forma equimolar as mostras obtendo dúas pools, estando cada unha delas formada por 96 mostras.
Material e Métodos 81 ADN Xenómico Amplificación das dianas usando Ion AmpliSeq™ Primer Pool Dixestión Parcial da secuencia dos cebadores X P1 XP1 Adaptadores con códigos de barras Biblioteca con códigos de barras Post Amplificación Engadir bolas magnéticas con estreptavidina Unión a un imán e lavado Desnaturalización de las ISP con NaOH ISP Biotina Bola magnética con estreptavidina Figura 17. Esquema da preparación de bibliotecas co kit Ion AmpliSeq™ DNA Library Preparation. Unha vez mesturadas as dúas pools utilizabamos o Ion Chef para levar a cabo: Unha amplificación clonal mediante unha ePCR (explicada anteriormente). Un enriquecemento das mostras coa finalidade de quedarnos unicamente coas esferas que conteñen ADN, para o que utilizabamos as Ion Sphere™ Particle Enrichment (Fig.18). A carga das mostra enriquecidas en dous chips (Ion PI™ Chip). Figura 18. Esquema do enriquecemento coas Ion Sphere™ Particle (ISP).
Material e Métodos 82 3.4.2.3. Secuenciación mediante Ion Proton As bibliotecas enriquecidas e cargadas nos chips eran secuenciadas ca tecnoloxía baseada en semiconductores na plataforma Ion Proton de Ion Torrent. O fundamento desta tecnoloxía consiste na detección de ións de hidróxeno liberados durante a polimerización do ADN. Para isto os 4 nucleótidos proporciónanse de forma secuencial durante a carreira en fluxos (Fig.19A). Cando o nucleótido proporcionado é complementario a base situada a continuación do cebador de secuenciación, este incorpórase mediante unha polimerasa. Isto provoca un aumento na lonxitude da secuencia do cebador nunha base (ou máis se se trata dun tramo homopolímero) o que provoca a hidrólise dun nucleótido trifosfato, e como consecuencia, a liberación dun pirofosfato e dun protón por cada un dos nucleótidos incorporados. A liberación do protón da lugar a súa vez a un cambio no pH da solución, que é proporcional ó número de nucleótidos incorporados durante un fluxo (Fig.19B). Esta variación é detectada por un sensor situado no fondo de cada pozo, converténdoa en voltaxe e sendo esta última dixitalizada (Fig. 19C). Figura 19 .Esquema de secuenciación co Ion Proton. 3.4.2.4. Análises Bioinformáticas As lecturas xeradas eran analizadas no Torrent Suite Server, onde o sinal producido durante a secuenciación era transformado en bases. Logo aplicabamos uns controis de calidade que consistían nun recorte e nun filtro das lecturas. O obxectivo do primeiro era eliminar tódalas aquelas asignación de bases erradas no extremo 3´da lectura. Pola contra, o filtrado trataba de eliminar: tódalas lecturas policlonais (é dicir, aquelas que proveñen de ISPs con máis dunha biblioteca), lecturas cun sinal baixo ou irrecoñecible, e lecturas de dímeros de cebadores. Unha vez pasados estes controis, as lecturas eran mapeadas contra o xenoma de referencia. Por último, mediante o Torrent Variant Caller (TVC) procediamos a detección de variantes, para o cal utilizabamos os parámetros para a detección de variantes somáticas xa que está opción utilizaba uns filtros moi laxos co fin de non perder ningunha variante, xa que posteriormente cada unha delas ía ser Polimerasa Polimerasa incorpora un nucleótido Liberación dun protón e un trifosfato Protón Pirofosfato Fluxo secuencial de dNTPs Sensor Sinal Sinal Proc. Proc. A) B) C) dNTP
Material e Métodos 83 confirmada mediante Sequenom. Finalmente as SNVs eran anotadas utilizando Annovar (Wang et al. 2010b). 3.5. XENOTIPADO 3.5.1. Selección de variantes a xenotipar Esta tecnoloxía non só nos permitía confirmar as SNVs atopadas mediante secuenciación de nova xeración senón que tamén podíamos estimar as frecuencias alélicas e xenotípicas, no total da nosa mostra, das variantes atopadas cos distintos métodos de secuenciación. En cada un dos estudos utilizabamos distintos criterios de selección de variantes: Estudo I: Para este estudo escollíamos tódalas variantes de sentido incorrecto que tiveran unha frecuencia inferior ó 5%. Ademais intentabamos validar posibles SNPs funcionais con frecuencia inferior ó 5% en mostras europeas de dbSNP e que seleccionabamos usando Functional Element SNPs Database (FESD) (Kang et al. 2005) e Patrocles (Clop et al. 2006; Hiard et al. 2009). A primeira utilizabámola para explorar os posibles lugares de unión a factores transcrición, illas CpG, lugares de splicing e sitios poly(A). Por outra banda, usando Patrocles podiamos ver se existían posibles lugares diana do miARN en rexións 3´UTR dos distintos tránscritos de DISC1. Para reducir a taxa de falsos positivos da predición de Patrocles, reduciamos a busca a aqueles posibles lugares diana preditos polas dúas fontes usadas por Patrocles (Lewis et al. 2005; Xie et al. 2005). Estudo III: Neste caso seleccionabamos aquelas variantes identificadas co SOLiD4 que eran non sinónimas, que estiveran presentes exclusivamente en casos e que eran preditas como prexudiciais por preditores in silico. Estudo IV: Escolliamos tódalas SNVs non sinónimas identificadas con Ion Proton e que estiveran a unha frecuencia menor ó 1%. 3.5.2. Sequenom Mass Array® System O xenotipado das mostras faciámolo utilizando espectrometría de masas (MALDITOF MS, Matrix Assited Laser Desorption Ionization-Time of Flight Mass Spectrometry) coa tecnoloxía MassArray de Sequenom (San Diego, CA), que determina o alelo do SNP segundo o peso molecular dos produtos formados na reacción de minisecuenciación. Para iso emprega a química iPLEX® Gold, na que a reacción de discriminación alélica é unha extensión de base única (SBE, Single Base Extension). Esta reacción baséase na capacidade da ADN polimerasa de incorporar, a partires dun cebador, os nucleótidos complementarios a unha secuencia de ADN molde. O cebador é deseñado de tal xeito que o extremo 3´ é complementario á base inmediatamente anterior ó SNP. A base polimórfica é determinada pola adición pola polimerasa dun dNTP (desoxinucleótidos trifosfato) complementario á base que queríamos determinar. Para esta fase as mostras de ADN normalizábanse a unha concentración de 20 ng/µl nun volume final de 40 µl. Antes de empezar coa parte experimental da tecnoloxía, era necesario facer o deseño do ensaio para o xenotipado. Para isto utilizabamos a ferramenta Assay Design
Material e Métodos 84 v4, que agrupa as variantes xenéticas en multiplex, é dicir, reaccións de xenotipado múltiples nunha única reacción. Ademais deseña a parella de cebadores para a amplificación inicial mediante a PCR de cada unha das variantes e o cebador para a reacción de extensión SBE. O proceso propiamente dito do xenotipado de Sequenom iPLEX comeza cunha reacción de amplificación na que as mostras sométense a unha PCR multiplex para amplificar as rexións de interese, utilizando unha mestura de cebadores. Trala PCR, lévase a cabo unha purificación encimática coa encima SAP (Shrimp Alkaline Phosphatase), coa finalidade de eliminar os dNTPs que non se incorporan, así evítase que se unan ás cadeas de ADN nas seguintes reaccións. A encima SAP é unha encima fosfatasa que modificaba o grupo -OH do grupo fosfórico dos dNTPs impedindo que se unan á cadea de ADN. O seguinte paso é a extensión que consiste nunha reacción de discriminación alélica por medio dunha reacción SBE. Para isto utilízanse nucleótidos terminadores modificados, de xeito que se incrementa a diferenza de masas entre os catro tipos de terminadores (nucleótidos terminadores de Adenina, Citosina, Guanina e Timina), que é o que se utiliza para a súa posterior identificación. Desta forma conséguese que a masa dos terminadores variase entre 16 e 79,9 Da. Antes de facer a lectura, os produtos da reacción de extensión purifícanse engadindo unha resina (Clean resin) co fin de eliminar os sales para que non interfiran na lectura. Os produtos da reacción de extensión purificados dispénsanse nun Spectro Chip para a súa análise coa tecnoloxía MALDI-TOF. A continuación introdúcese o chip no Autoflex, que é un espectrómetro de masas MALDI-TOF. Dentro do espectrómetro un láser volatiliza as mostras do chip, que voan unha por unha no interior dunha columna de baleiro. Cada molécula de ADN voa de xeito independente, e o tempo que tarda en chegar ó final da columna de baleiro é proporcional a súa masa. Na columna de baleiro xérase un campo eléctrico que acelera as moléculas de ADN que se detectan a medida que van chegando á parte superior, onde se atopa o detector. Dado que o tempo de voo na columna é proporcional á masa, e que cada produto de extensión ten unha masa diferente, este sistema consigue discriminar cada un dos alelos dos polimorfismos analizados no ensaio. A diferenza mínima de masa que pode discriminar a espectrometría de masas MALDI-TOF é de 15 Da, e o rango de masa dos produtos de extensión de tódolos polimorfismos vai de 5000 a 8500 Da. Para ver a relación masa/carga de cada unha das variantes analizadas utilízase o software Spectro Acquire, o cal xera un espectro de masas. Cada un dos espectros revisábanse manualmente utilizando o software TyperAnayzer v4 (Fig.20).
Material e Métodos 85 A) B) Figura 20. Exemplo das imaxes do TyperAnayzer v4 obtidas do xenotipado dun SNP. En A) aparece representado o espectro de masas dun SNP onde se pode diferenciar a posición do cebador (vermello) e a dos dous alelos do SNP C/T (verde). En B) represéntase a asignación de xenotipos para a variante onde cada punto representa unha mostra, sendo os laranxas homocigotos para un alelo, os verdes os heterocigotos e os azuis homocigotos para o outro alelo. A cada unha das mostras e cada un dos SNPs aplicábanselles uns controis de calidade. Para isto revisábase cada un dos clusters obtidos (Fig. 20 B) e eliminábanse aquelas variantes cunha baixa porcentaxe de xenotipado (<90%) ou que non cumprían o equilibrio Hardy-Weinberg. En canto as mostras, eliminábanse aquelas que amosaban unha baixa porcentaxe de xenotipado (<90%) ou que tiñan unha peor calidade. A modo de control interno, en cada un dos chips analizados incorporábase un trío de mostras Coriell (NIGMS Human Genetics Cell Repository, Coriell Institute for Medical Research, Camden, New Jersey, EEUU) para o que existían datos publicados e cos que se podían comparar os resultados obtidos e revisar a correcta transmisión de alelos de pais a fillos, co fin de comprobar a eficacia do xenotipado. O xenotipado das mostras era levado a cabo no Centro Nacional de Genotipado (CEGEN), no nodo de Santiago de Compostela.
Resultados 92 4.1. ESTUDO I: ANÁLISE DE VARIANTES RARAS NO XENE DISC1 4.1.1. Introdución Datos de xenética de poboacións suxiren que as variantes raras xogan un papel importante na susceptibilidade a enfermidades complexas (Kryukov et al. 2007; Barreiro et al. 2008; Gorlov et al. 2008). Baseándose en comparacións de datos de resecuenciación de humano e chimpancé, Kryukov e cols. (2007) amosaban que unha gran parte de mutacións de novo codificantes de sentido incorrecto que son medianamente deletéreas estaban suxeitas a selección negativa débil e que poderían chegar a alcanzar unha frecuencia elevada. Estes autores asumían que a maioría deste tipo de alelos deletéreos podían conferir risco a unha enfermidade, polo que concluían que numerosos SNPs raros e funcionais podían considerarse como a principal contribución na susceptibilidade a padecer unha enfermidade común (Kryukov et al. 2007). A esta mesma conclusión tamén chegaban diferentes investigadores despois de analizar a distribución da frecuencia relativa de SNPs codificantes de sentido incorrecto dependendo da súa probabilidade de alterar a función da proteína (Barreiro et al. 2008; Gorlov et al. 2008). Neste senso tamén se confirmaba un exceso de SNPs non sinónimos fronte a sinónimos cunha frecuencia entre 2-4% despois de resecuenciar 200 exomas humanos (Li et al. 2010). No ano 2000, Millar e cols. identificaban unha variante estrutural que estaba relacionada coa esquizofrenia, que consistía nunha translocación balanceada (1;11) (q42.1;q14.3) detectada nunha familia escocesa, a cal cosegregaba con varios trastornos mentais, como a esquizofrenia, trastorno esquizoafectivo, depresión maior recorrente e trastornos emocionais e da conduta (St Clair et al. 1990). Esta translocación afecta a un xene que codifica unha proteína localizada no cromosoma 1, chamada DISC1 (Disrupted In Schizophrenia 1) (Millar et al. 2000). Despois da identificación de DISC1, facíanse numerosos traballos para tratar de ver o seu papel a nivel molecular. Este xene presenta múltiples tránscritos (Nakata et al. 2009) e exprésase en diferentes tecidos (Millar et al. 2000). Ó longo destes anos realizábanse numerosos estudos que intentaban analizar os patróns de interacción de DISC1, amosando que é unha proteína central que está relacionada con numerosos procesos tales como: estabilización de microtúbulos, transporte de vesículas mediada por quinesinas, extensión de neuritas ou na regulación da proliferación dos proxenitores neuronais (Camargo et al. 2007; Chubb et al. 2008; Mao et al. 2009). En canto ós estudos xenéticos feitos sobre DISC1, resaltar en primeiro lugar unha meta-análise feita con 50 SNPs comúns en poboación europea utilizando tamaños de mostras que ían dende máis de 3500 ata uns 10000 individuos, no que atopaban un SNP común de susceptibilidade cun risco asociado de 1,27 (Schumacher et al. 2009). Posto que este SNP está situado nun intrón, era probable que fose un proxy dalgunha variante funcional indeterminada. Por outro lado, Song e cols. trataban de buscar variantes codificantes de sentido incorrecto ultra-raras, definidas como aquelas detectadas mediante secuenciación e/ou método multiplex de polimorfismo de conformación de cadea simple nunha cohorte de 288 pacientes esquizofrénicos e 288 controis pero que non se atopaban en 10000 controis adicionais. Este traballo revelaba un exceso
Resultados 93 significativo de variantes ultra raras codificantes de sentido incorrecto nos casos fronte ós controis (Song et al. 2008). Neste traballo intentabamos investigar o papel de variantes posiblemente funcionais de frecuencia baixa no xene DISC1 na susceptibilidade á esquizofrenia. Primeiro, utilizabamos ferramentas bioinformáticas, buscas bibliográficas e secuenciación de exóns nun subconxunto de mostras para identificar SNPs posiblemente funcionais a baixa frecuencia en DISC1. A continuación levabamos a cabo un estudo de asociación das variantes identificadas. Por último, faciamos unha meta-análise para conseguir conclusións máis robustas para aqueles SNPs dos que dispoñiamos de datos suficientes. 4.1.2. Busca bioinformática de posibles SNPs funcionais a baixa frecuencia Para esta busca utilizabamos FESD e Patrocles. Co primeiro viamos que non existía ningún SNP validado a frecuencia menor ó 5% en mostras europeas en dbSNP e que ademais afectase ós lugares de unión de factores de transcrición, illas CpG, lugares de splicing ou lugares poly(A). Por outra banda, utilizando Patrocles detectabamos un SNP que posiblemente afectase ó funcionamento dun microARN que regula a DISC1, rs11122396. O alelo menor deste SNP alteraba un posible lugar diana dos MIR135A1 e MIR135B. Este SNP estaba en completo desequilibrio de ligamento (r2=1) co rs3737597 nas mostras europeas en HapMap, é dicir, na poboación CEU (colección de residentes en Utah con devanceiros do norte e oeste de Europa do Centre d'Etude du Polymorphisme Humain, CEPH) e TSI (en inglés, Tuscan in Italy); e cun r2<0,90 nas diferentes poboacións asiáticas (Frazer et al. 2007). Ámbolos dous SNPs estaban situados na rexión 3´UTR da isoforma L e Lv separados por 2,4 kb. Seleccionabamos o SNP rs3737597 para xenotipar nas nosas mostras xa que este polimorfismo era anteriormente xenotipado por outros grupos ademais de ser un proxy perfecto do SNP rs11122396. 4.1.3. Secuenciación das rexións exónicas de DISC1 na mostra descubrimento Nesta fase do estudo secuenciabamos os diferentes exóns de DISC1 en 47 casos e 47 controis (todos eles de orixe galega e non emparentados) co fin de buscar variantes non sinónimas a baixa frecuencia (<5%). En total eran secuenciadas 8509 pb por cada mostra, nas que ían incluídas as partes codificantes da isoforma Lv de DISC1 máis as partes das secuencias exónicas das outras isformas (L, Es e S) que eran distintas á Lv. Aquí identificabamos 12 variantes (Táboa 17), das cales 7 eran non sinónimas, sendo 4 SNPs codificantes de sentido incorrecto e cunha frecuencia baixa (< 5%). Estes últimos estaban presentes en tres casos e tres controis. Resaltar que a variante C565F non fora identificada previamente.
Resultados 94 R37W S90L R418 H rs78792190 rs2893675 C565F T603I E751Q E1 E2 E3 E4 E5E6 E7 E8 E9 E10 E11 E12 E13 rs3737597 Variablea Exónb Posición cromosómicac Tipo SNP Casos (N=47) Controis (N=47) 2211 21 22 11 21 22 A220A 2 231.830.164 S 47 0 0 46 1 0 rs3738401 2 231.830.295 NS 23 19 5 18 23 6 rs3738402 5 231.903.010 S 39 8 0 43 4 0 rs28930675 5 231.902.975 NS 47 0 0 46 1 0 rs78792190 5 231.902.912 NS 46 1 0 47 0 0 rs2492367 6 231.906.589 S 36 10 1 37 10 0 C565F 8 231.935.858 NS 47 0 0 46 1 0 rs6675281 9 231.954.101 NS 38 6 3 34 12 1 rs12133766 9 231.954.145 S 41 6 0 38 8 1 rs821616 11 232.144.598 NS 27 15 5 24 19 4 E751Q 11 232.144.739 NS 45 2 0 46 1 0 P734P 11 232.144.690 S 46 1 0 47 0 0 Táboa 17. Variantes atopadas mediante secuenciación. En negriña están as variantes non sinónimas cunha MAF<5%. a Fai referencia ó tránscrito L (Secuencia de referencia do NCBI: NM_018662.2). b A posición cromosómica está baseada na versión do xenoma de referencia humano de febreiro do 2009 (GRCh37/hg19). c SNP sinónimo (S) ou non sinónimo (NS). 4.1.4. Estudo de asociación caso-control de SNPs funcionais a baixa frecuencia Nesta parte do estudo xenotipabamos, mediante a tecnoloxía de Sequenom iPLEX MassAarray, as catro variables que atopabamos na fase anterior que eran variantes codificantes de sentido incorrecto e cunha frecuencia baixa (< 5%) (rs28930675 (T453M), rs78792190 (P432L), E751Q e C565F) xunto con outras descritas na bibliografía e que tamén cumprían as características mencionadas anteriormente: R37W, R418H, S90L, T603I (Song et al. 2008), ademais do SNP rs3737597 localizado na rexión 3´UTR do xene e identificado mediante Patrocles (Figura 22). Nesta fase xenotipabamos un total de 499 casos e 533 controis que, como no paso anterior, eran de orixe galega e non estaban emparentados (Táboa 18). Figura 22. Localización exónica das variantes xenotipadas mediante Sequenom MassArray; as frechas verdes indican as variables que foron atopadas mediante secuenciación e as frechas azuis son as que están descritas na bibliografía e que foron incluídas na análise. Primeiro destacar que como control de calidade, entre as mostras xenotipadas, incluíamos os casos e os controis que tamén foran secuenciadas mediante Sanger. Viamos que existía unha concordancia do 100% entre as variantes das mostras atopadas
Resultados 95 mediante secuenciación e os resultados obtidos destas mesmas mostras mediante o xenotipado con Sequenom. De tódalas variables analizadas, tres (T603I, R37W e S90L) eran monomórficas para a nosas mostras. O resto das variantes detectabámolas en heterocigose (Táboa 18). De todas estas só a variante E751Q presentaba unha asociación positiva coa enfermidade, alcanzando un valor-P igual a 0,027 e cun OR de 2,72 (Intervalo de confianza do 95%, 0,99-8,63) despois de aplicar un test exacto de Fisher dunha cola, aínda que non alcanzaba un nivel significativo cando se aplicaba a corrección de múltiples tests. Os alelos raros constituían o 5,32% dos alelos totais para cada posición secuenciada dos casos (53 de 998) e o 5,44% dos alelos totais dos controis (58 de 1066), non existindo diferenzas significativas entre ámbolos dous grupos (Test 2, P=0,90). Variante ID Posición Cromosómica Rexión Alelosa Frec. Casos b (%) Frec. Controis b (%) Valor-P c C565F 231.935.858 Exón 8 G/A 0/998 (0) 2/1066 (0,19) 0,267 E751Q 232.144.739 Exón 11 C/T 15/998 (1,50) 6/1066 (0,56) 0,027 rs78792190 231.902.912 Exón 5 C/T 5/998 (0,50) 8/1066 (0,75) 0,332 R418H 231.885.807 Exón 4 G/T 1/998 (0,20) 2/1066 (0,56) 0,525 rs28930675 231.902.975 Exón 5 G/C 2/998 (0,20) 6/1066 (0,56) 0,166 rs3737597 232.172.838 3´UTR C/T 30/998 (3,01) 34/1066 (3,19) 0,455 Táboa18. Resultados do estudo de asociación caso-control. a Referencia a cadea positiva. O alelo en primeiro lugar é o alelo común b Frecuencia do alelo menor. c Valor-P do Test Exacto de Fisher alélico dunha cola. Resaltar que había tres casos nos que se atopaban dúas variables por individuo, cousa que non ocorría nos controis. Dous casos tiñan as mesmas variables (E751Q e P432L) e o outro unha combinación da variable E751Q e a situada na rexión 3´UTR (rs3737597). Con estes datos levabamos a cabo un test de tendencia de Cochran- Armitage para comprobar se existía un maior risco a padecer a enfermidade a medida que se ían acumulando variantes raras. Con este test non se alcanzaban valores significativos (Táboa 19). 0 variantes 1 variante 2 variantes Valor-P Casos 446 47 3 0,922 Controis 475 58 0 Táboa 19.Test de tendencia de Cochran-Armitage.
Resultados 96 Tamén aplicabamos o test exacto de Fisher dunha cola para comprobar se existían diferenzas significativas na acumulación de variantes raras en casos respecto a controis. Por medio desta análise víamos que non existían diferenzas significativas (Táboa 20). Presenza Non presenza Valor-Pa Casos 50 (11,2%) 446 (88,8%) 0,376 Controis 58 (12,2%) 475 (87.8%) Táboa 20. Acumulación de variantes raras en casos respecto ós controis. a Test exacto de Fisher dunha cola. 4.1.5. Meta-análise dos resultados de rs3737597 e E751Q Nesta parte primeiro levábamos a cabo unha meta-análise cos datos obtidos do xenotipado do SNP rs3737597 na nosa mostra e cos datos de tres traballos previos nos que analizaban este SNP en mostras caso-control. Saetre e cols. no 2008 xenotipaban este SNP en tres poboacións escandinavas diferentes, Zhang e cols. no 2005 analizábano nunha mostra xaponesa, e Schumacher e cols. no seu estudo do 2009 presentaban datos imputados para este SNP nunha mostra alemá (Zhang et al. 2005; Saetre et al. 2008; Schumacher et al. 2009). Polo tanto, levabamos a cabo unha metaanálise de seis poboacións a nivel alélico, nun total de 2423 casos e 3169 controis (Fig. 23A). Os resultados amosaban unha asociación marxinal. Segundo o modelo fixo obtiñamos un P = 0,04, cun OR = 1,21 (95% IC = 1,01-1,45); e segundo o modelo ó chou alcanzaba un valor-P de 0,06 (OR = 1,29, 95% IC = 0,99-1,68). Resaltar que a heteroxeneidade entre os estudos era elevada cun valor de I2 = 40,7% ( 95% CI 0,0- 76,5%). O SNP rs3737597 estaba a baixa frecuencia nas mostras europeas (1%-4%), mentres que acadaba unha frecuencia alta en asiáticos (entorno ó 20%). A vista destes datos repetiamos a meta-análise despois de eliminar os datos das mostras xaponesas, para así intentar reducir a heteroxeneidade (Fig. 23B). A mostra para esta segunda metaanálise estaba formada finalmente por 2112 esquizofrénicos e 2842 controis. Como era de esperar a heteroxeneidade reducíase dunha forma considerable a uns valores de I2 = 11,4% (95% CI 0,0-81,6%). Por outra banda, a asociación era máis significativa, cuns valores para o modelo fixo de P = 0,0047 (OR = 1,42, 95% CI=1,11-1,82) e para o modelo ó chou de P = 0,0084 e un OR = 1,43 (95% CI = 1,10-1,87).
Resultados 97 A) B) Figura 23. Representación gráfica da meta-análise de rs373597. En A) estaban incluídos os datos de tódalas poboacións dispoñibles. Na figura B) excluíamos a poboación xaponesa. Os ORs para cada poboación individual están representados como cadrados cun tamaño proporcional ó seu peso (estimas do modelo ó chou). As liñas horizontais representan os intervalos de confianza do 95% dos ORs. Os resultados conxuntos das poboacións europeas e de todas as poboacións están representados polos rombos.
Resultados 98 Por outra parte, levabamos a cabo unha meta-análise a nivel alélico utilizando os datos da variante e E751Q do noso traballo xunto cos datos doutros tres estudos onde identificaban esta variante (Song et al. 2008; Moens et al. 2011; Thomson et al. 2014) (Fig. 24). Para isto analizabamos un total de 3000 alelos de casos e 4372 alelos de controis vendo que a variante, segundo o modelo fixo, non acadaba unha asociación significativa (P = 0,0905). Comentar que non existía evidencia de heteroxeneidade entre os diferentes estudos (I2= 5,55 % , cun valor-P do test Q = 0,136). Figura 24. Meta-análise da variante E751Q. Os OR (en escala logarítmica) para os estudos individuais están representados polas caixas en gris cuxo tamaño é proporcional ó peso de cada traballo na metaanálise. As liñas horizontais representan os intervalos de confianza ó 95%. O resultado conxunto e o seu intervalo de confianza do 95% está representado polo rombo
Resultados 99 4.2. ESTUDO II: PAPEL DAS PROTEÍNAS QUE INTERACTÚAN CON DISC1 NO RISCO A PADECER ESQUIZOFRENIA A PARTIR DE DATOS DUN ESTUDO DE ASOCIACIÓN DO XENOMA COMPLETO DE SNPS CODIFICANTES DE SENTIDO INCORRECTO 4.2.1. Introdución Ó largo destes anos publicábanse varios GWAS sobre esquizofrenia nos que se identificaban variantes comúns que alcanzaban valores de significación moi restritivos (International Schizophrenia et al. 2009; Stefansson et al. 2009; Steinberg et al. 2011a; Ripke et al. 2013). Estes tamén revelaban a existencia de moitos SNPs de susceptibilidade pero que estaban lonxe de alcanzar valores de significación estatística (International Schizophrenia et al. 2009; Lee et al. 2012b). A análise baseada nun conxunto de xenes propúxose como unha maneira de obter información adicional dos resultados dos GWAS (Wang et al. 2007; Cantor et al. 2010). Dende o seu descubrimento, DISC1 foi un xene moi estudado para intentar ver a súa relación cos fenotipos psiquiátricos. Estes traballos amosaban que se trataba dun xene central de varias redes, é dicir, que era un nodo altamente conectado na súa rede de interacción proteína-proteína, estando involucrado en procesos como: organización de microtúbulos, transporte de vesículas mediadas por quinesinas, extensión de neuritas ou regulación da proliferación de proxenitores neurais (Millar et al. 2003; Miyoshi et al. 2003; Morris et al. 2003; Camargo et al. 2007; Chubb et al. 2008; Brandon et al. 2009). Varias das proteínas que interactuaban con DISC1 podían estar asociadas co risco a padecer esquizofrenia. Un exemplo era a proteína PDE4B, afectada por unha translocación balanceada nun paciente con esquizofrenia e nun familiar deste diagnosticado cunha enfermidade psiquiátrica crónica (Millar et al. 2005b). Ademais o SNP rs910694 situado neste xene, estaba asociado coa esquizofrenia segundo unha meta-análise (Allen et al. 2008). Por outro lado, tamén había evidencias de epistase entre DISC1 e xenes que interactuaban con el (Burdick et al. 2008; Nicodemus et al. 2010; Andreasen et al. 2011). Sen embargo, pouco se coñecía da relación entre a esquizofrenia e os xenes que interaccionaban con DISC1. Algúns modelos animais destes xenes amosaban comportamentos e fenotipos neuroanatómicos que estaban relacionados coa esquizofrenia (Ikeda et al. 2008; Sakae et al. 2008; Youn et al. 2009; Carlisle et al. 2011), os cales eran similares ós ratos mutantes de DISC1 (Brandon and Sawa 2011). Previamente o noso grupo levaba a cabo un estudo de asociación de xenoma completo centrado en SNPs codificantes de sentido incorrecto para intentar identificar SNPs específicos asociados que aumentasen o risco a sufrir esquizofrenia. Así identificabamos ó xene SLC39A8 como un novo xene de susceptibilidade a esquizofrenia (Carrera et al. 2012). No traballo comentado a continuación, partiamos da hipótese de que diferentes alteracións na rede de interacción de DISC1 poderían aumentar a susceptibilidade individual a desenvolver esquizofrenia; polo que analizabamos os datos do traballo previo para comprobar se existía algunha sobrerepresentación do conxunto de xenes do interactoma de DISC1 na parte alta da lista de xenes ordenados por nivel de significación. Para este fin utilizabamos o método Gene Set Enrichment Analysis, baseado en estudos previos de expresión xénica, e que estaba especialmente adaptado para estudos de GWAS nos que se analizan SNPs (Wang et al. 2007).
Resultados 100 4.2.2. Análise de conxunto de xenes a partires dos datos de xenotipado previos Neste traballo analizabamos dous conxuntos de xenes. O primeiro deles estaba composto por tódolos xenes dos cales dispoñiamos de datos de xenotipado e que ademais interactuaban con DISC1 segundo STRING, Entrez GENE ou buscas bibliográficas (interactoma total de DISC1). O outro estaba formado por aqueles xenes que interactuaban con, alomenos, dous xenes adicionais do interactoma de DISC1 descrito por Camargo e cols. (Camargo et al. 2007), ó cal chamabamos "interactoma central de DISC1". Os datos dos xenotipos a analizar consistía, despois de aplicar os correspondentes controis de calidade, en 5100 SNPs codificantes de sentido incorrecto con frecuencias maiores ó 5% que estaban localizados en 3751 xenes. De todos estes , viamos que só 21 xenes pertencían ó interactoma de DISC1 (Táboa 21). O valor-P máis significativo correspondía ó SNP rs587404, situado no xene MACF1 (valor-P do test de tendencia= 0,0123, cunha FDR (do inglés, False discovery rate) q= 0,71, ocupando a posición 85 no rango de significación). Utilizando o software GenGen detectabamos un enriquecemento significativo dos xenes do interactoma de DISC1 na parte superior da lista de xenes ordenados por nivel de significación (P= 0,0158), calculado mediante 5000 permutacións da etiqueta do fenotipo. A análise do “interactoma central de DISC1”, baseado só en datos de 8 xenes, confirmaba a significación deste conxunto (P = 0,021). Dous dos oito xenes do "interactoma central de DISC1 "non estaban incluídos no “interactoma total de DISC1”, mentres que 13 dos xenes do “interactoma total de DISC1” non estaban no “interactoma central de DISC1” (Táboa 21).
Resultados 101 Xene a Fonte Mellor SNP Valor-P test de tendencia Rango de SNPs b Valor-P PGC c MACF1d STRING rs587404 0,01226 85 0,039 UTRN STRING rs1534443 0,02349 148 0,18 DSTd STRING rs11758339 0,02388 151 0,83 DISC1d STRING, Entrez GENE rs821616 0,04879 303 n.d. KIF3A STRING rs3798130 0,05682 352 0,373 SYNE1 STRING, Entrez GENE rs998147 0,05763 358 0,075 AKAP9d STRING rs6964587 0,06354 386 0,484 PCM1 (Kamiya e cols., 2008) rs208753 0,1574 883 0,15 ZNF365 STRING rs7076156 0,2826 1496 0,063 DMD STRING rs1800280 0,347 1796 n.d. KIAA1267e (Camargo e cols., 2007) rs7220988 0,3508 1816 0,04 PPP4R1 STRING rs2306134 0,3616 1885 0,137 NUP160 STRING rs3816605 0,4192 2193 0,07 SPARCL1 STRING rs1130643 0,4504 2351 0,969 C14orf135d STRING rs167437 0,4614 2388 n.d. FAM190Be (Camargo e cols., 2007) rs11557865 0,5743 2966 0,464 CEP63d STRING, Entrez GENE rs9868985 0,6022 3096 0,012 CCDC141 STRING, Entrez GENE rs17362588 0,7121 3619 0,101 COL4A1 STRING, Entrez GENE rs3742207 0,8205 4174 0,622 PCNT STRING, Entrez GENE rs2073380 0,865 4427 n.d. FEZ1 Entrez GENE rs597570 0,8733 4480 n.d. Táboa 21. Lista dos xenes do interactoma de DISC1 que estaban presentes no conxunto dos datos. a Os xenes máis extremos están indicados en negriña. b Rango ordenado dos SNPs entre os 5100 SNPs baseados no test de tendencia de asociación. c PGC: Valores-P obtidos do Schizophrenia Psychiatric GWAS Consortium (Ripke et al., 2011). n.d., non dispoñible. d Xenes presentes tanto no "interactoma central de DISC1" como no do “interactoma total de DISC1”. e Xenes presentes no "interactoma central de DISC1" pero ausentes do “interactoma total de DISC1” debido a que non teñen unha interacción directa con DISC1.
Resultados 108 X0 X1 X2 X3 X4 X5 X6 0.0 0.2 0.4 0.6 0.8 1.0 No. alternative alleles expected Porportion of observed reads alternative alleles Proporción de lecturas do alelo alt. Obs. Nº de alelos alternativos esperados 02 14 356 Unha vez feita a escolma do paquete informático e as condicións deste a utilizar, faciamos comprobacións do funcionamento de VarScan. A primeira delas consistía na comparación das frecuencias observadas do alelo alternativo utilizando este software coas frecuencias esperadas obtidas mediante os datos de xenotipado e secuenciación de Sanger dos que dispoñiamos. Deste xeito obtiñamos unha correlación elevada entre ambas frecuencias (R2= 0,9844) (Fig. 30). Figura 30. Diagrama de caixas e bigotes no que se comparaba a frecuencia dos alelos alternativos observados mediante a secuenciación co Solid e o número dos alelos alternativos esperados. Outra das comprobacións era ver a eficacia de VarScan á hora de detectar SNVs raras funcionais, xa que estas estaban enriquecidas en erros de secuenciación (MacArthur and Tyler-Smith 2010). Para isto xenotipabamos, mediante Sequenom, 57 SNVs codificantes de sentido incorrecto presentes en tres ou menos pools. Estas SNVs aparecían en 67 de 71 pools totais, polo que obtiñamos así unha taxa de falsos positivos dun 5%. 4.3.4. Detección de variantes Utilizando o VarScan coas condicións comentadas anteriormente, identificabamos 510 posibles SNVs, das cales unha era unha variante sen sentido, 294 codificantes de sentido incorrecto (58%) e 215 sinónimas (42%). A SNV sen sentido (rs148806955), que era identificada nunha pool de casos e nunha de controis, estaba recollida nas base de datos públicas e está presente no xene PCM1 (Táboa 24. Ver material suplementario). Das variantes identificadas, 118 eran posible ou probablemente prexudiciais segundo PolyPhen2. Asumindo que cada unha das variantes identificadas pertencía a unha única mostra das que forman a pool, viamos que había 108 SNVs que tiñan unha MAF menor ou igual ó 5%., é dicir, estaban presentes en menos de 16 pools. Con estes datos facíamos unha comparación da relación de variantes non sinónimas fronte a sinónimas a diferentes frecuencias. Viamos que existía un exceso de variantes non sinónimas cunha MAF menor ó 1% , ou o que é o mesmo, que estaban presentes nunha, dúas ou tres pools; estas diferenzas tamén as detectabamos entre as variantes que
Resultados 109 0 50 100 150 200 250 <1% (1-3 pools) 1-5% (4-15 pools) >5% (>15 pools) Nº SNVS Frecuencia SNVS SNVs Non-sinonimas SNVs deletéreas SNVs sinónimas SNVs Beningnas detectabamos nun rango comprendido entre 4 e 15 pools, que era equivalente a que tiveran unha frecuencia do alelo menor entre o 1% e o 5%. Aplicando un test de tendencia de Conchran-Armitage obtiñamos un P=0,0052 (Fig.31). Figura 31. Distribución das SNVs por frecuencia e por predición bioinformática da funcionalidade segundo PolyPhen2. Definíamos as SNVs deletéreas como aquelas que eran consideradas como probable ou posiblemente prexudiciais segundo PolyPhen2. A continuación separabamos as variantes non sinónimas segundo eran preditas por ser prexudiciais ou benignas e repetimos as análises. Primeiro comparabamos as variantes prexudiciais fronte a SNVs sinónimas e obtiñamos un P = 2,2x10-4 mediante un test de tendencia de Conchran-Armitage. Por outra banda, con este mesmo tipo de test obtiñamos un P= 0,184 se analizabamos a relación entre as variantes sinónimas e benignas. En función destes datos podiamos concluír que o exceso era causado polas variantes funcionais. A maiores atopabamos que este efecto non só era causado por variantes cunha MAF<1%, xa que comparando as SNVs prexudiciais fronte a sinónimas e ademais que estiveran presentes entre 4 e 15 pools coas que estaban en máis de 15 pools, viamos que existía un exceso significativo das variantes funcionais cunha frecuencia menor a pesares de que o número de SNVs era moi baixo (P = 0,024 aplicando o test exacto de Fisher). Polo tanto, a vista destes resultados, para levar a cabo o estudo de asociación centrabámonos en analizar as variantes que estaban presentes en menos de 16 pools. 4.3.5. Estudo de asociación Entre as variantes atopadas, 33 eran non sinónimas, preditas como prexudiciais e exclusivas de casos, as cales eran xenotipadas en toda a nosa mostra. Destacar que dúas delas non se podían xenotipar xa que cando deseñabamos as plexes, a ferramenta Assay Design v4 non era capaz de incluílas no deseño. Nove destas variantes estaban presentes en mostras adicionais, entre as que se atopaban dúas que aparecían en dous casos a maiores pero ausentes en controis. Ademais, unha SNV que identificabamos en dous casos e en ningún control na mostra que secuenciabamos, non aparecía nas mostras restantes (Táboa 25). Destacar que estas tres variantes non se atopaban nin entre os 107 individuos de poboación ibérica de España que formaban parte da fase 3 de base datos
Resultados 110 1000 Genomes Project (McVean et al. 2012) , nin entre os 75 controis sans españois incluídos na da base de datos CIBERER Exome browser deseñada polo Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras Español (http://www.ciberer.es/bier/exome-server). No caso da variante que estaba no xene AKAP9, tamén podíamos confirmar a súa ausencia en 58 mostras españolas adicionais que formábana parte dunha base de datos interna da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, nas cales se buscaban mutacións en xenes involucrados en trastornos arritmoxénicos do corazón mediante secuenciación de nova xeración utilizando un panel que incluía AKAP9 (Os pacientes que presentaban síndrome de QT largo eran excluídos antes da análise, xa que mutacións no xenes AKAP9 estaban implicadas nesta síndrome). Resaltar que esta SNV alcanzaba un valor de significación nominal, cun P = 0,031 despois de aplicar un test exacto de Fisher. Chr:posicióna Xene dbSNP 141 Predición PolyPhen2 Frec. Secuenciaciónb Frec. Xenotipado T1000Gc NHBLI ESPd (N = 5008) (N = 6503) Chr1:66458661G>C PDE4B rs115074556 Posiblemente prexudicial 2/153 CA, 0/153 CO 0/419 CA, 0/398 CO 17 50 Chr2:185803657T>G ZNF804A rs199741095 Probablemente prexudicial 1/153 CA, 0/153 CO 1/419 CA, 0/398 CO 0 2 Chr7:91631849A>G AKAP9 Ausente Posiblemente prexudicial 1/153 CA, 0/153 CO 3/419 CA, 0/398 CO 0 0 Táboa 25. SNVs que aparecían en máis dun caso e ausentes nos controis. a Baseado na versión do xenoma GRCh37/hg19. b CA=pacientes de esquizofrenia; CO= controis. c Mostras con variantes no Proxecto 1000 Xenomas. d Mostras con variantes no NHLBI GO Exome Sequencing. Unha vez que viamos que os tests sobre variantes individuais non alcanzaban valores significativos, aplicabamos catro tests de análises de acumulación de variantes en cada xene individual, no conxunto total de xenes e nos xenes que formaban parte do interactoma de DISC1. NRXN1 presentaba 10 SNVs raras, 8 delas aparecían unha única vez en controis, unha aparecía unha única vez en casos, e a restante , rs56086732, estaba presente en catro pools de casos e dous de controis (Táboa 26). Con estas variantes atopabamos que este xene acadaba o resultado máis significativo despois de levar a cabo o test acumulativo C-Alpha cun P= 0,028 (Táboa 27).
Resultados 111 Chr:Posición a dbSNP135 Frec. CAb Frec. COb Predición Polyphen2c Puntuación Polyphen2 chr2:50699553C>T 0/51 1/51 D 0,998 chr2:50765421T>C 0/51 1/51 D 0,999 chr2:50765649T>G 0/51 1/51 D 1 chr2:51254790G>C rs200171245 0/51 1/51 P 0,793 chr2:51254843T>C rs200792504 0/51 1/51 P 0,564 chr2:50463941G>T 0/51 1/51 B 0,088 chr2:50765589T>C rs200074974 0/51 1/51 B 0,067 chr2:50780081A>C 0/51 1/51 B 0,141 chr2:51255090G>A rs199784029 1/51 0/51 B 0,029 chr2:50765412G>T rs56086732 4/51 2/51 P 0,799 Táboa 26. Listaxe das variantes que atopabamos en NRXN1. a Baseado na versión do xenoma GRCh37/hg19. b CA, pacientes de esquizofrenia; CO, controis. c Predición de PolyPhen2. B= Benigna; P= Posiblemente prexudicial; D= Probablemente prexudicial. Outros dous dos tests que levabamos a cabo amosaban dúas asociacións nominais. A primeira delas alcanzaba un P=0,031 para o xene NRXN1 despois de aplicar o test exacto de Fisher tendo en conta aquelas variantes que aparecían só nunha única mostra (singletons); e a segunda era no xene ZNF804A cun P= 0,038 unha vez feito o test C- Alpha ponderado (para esta ponderación utilizabamos as puntuacións obtidas coas predicións feitas con PolyPhen2), baseado nun total de 11 variantes raras non sinónimas. Aplicando estes mesmos tipos de análises ó conxunto de xenes do interactoma de DISC1 e a tódolos xenes xuntos, ningún acadaba un valor significativo, de feito, o valor-P máis baixo alcanzábase cando analizabamos tódolos xenes conxuntamente aplicando o test C-Alpha ponderado sendo o P= 0,40.
Resultados 112 Nonsinónimas raras Singletonsa Nº SNVs Valor-P C_Alpha Valor-P C_Alpha Ponder. Valor- P WSS Valor-P WSS_Polyp. Test Fisherb MACF1 50 0,408 0,453 0,716 0,63 - PDE4B 2 0,499 0,496 0,239 0,237 1 DISC1 7 0,204 0,291 0,201 0,413 0,243 NRXN1 10 0,028 0,051 0,968 0,945 0,031 VRK2 2 1 1 0,873 0,767 1 ZNF804A 11 0,124 0,038 0,244 0,191 0,118 TNIK 2 0,597 0,597 0,622 0,462 1 SLC39A8 2 0,432 0,432 0,824 0,886 - KIF3A 1 - - - - - DST 72 0,724 0,351 0,703 0,841 - AKAP9 21 0,295 0,831 0,663 0,941 - RELN 19 0,447 0,429 0,762 0,556 - CNTNAP2 8 0,531 0,343 0,198 0,204 - PCM1 14 0,372 0,956 0,253 0,617 1 SPTAN1 11 1 1 0,626 0,756 1 FEZ1 3 1 1 0,707 0,787 1 NDE1 6 0,327 0,464 0,07 0,763 1 NDEL1 4 1 1 0,336 0,19 1 TCF4 2 1 1 0,751 0,751 1 SCL39A3 2 0,494 0,494 0,253 0,253 0,495 Interactomac 193 0,542 0,582 0,601 0,929 - Total xenes 249 0,512 0,398 0,668 0,955 - Táboa 27. Valores de significación dos diferentes tests de carga aplicados. En negriña están indicados os valores que alcanzaban un resultado significativo. a Variantes que só aparecían nunha única mostra. b Test exacto de Fisher de dúas colas. c Grupo de xenes que interactuaban con DISC1.
Resultados 113 4.4. ESTUDO IV: RESECUENCIACIÓN DO XENE NRXN1 4.4.1. Introdución NRXN1 é un xene que codifica para unha proteína implicada na adhesión sináptica neuronal. Está localizada na rexión presináptica e interacciona con neuroliguinas (NLGN) postsinápticas nas sinapses inhibidoras e excitadoras no cerebro (Sudhof 2008). A primeira vez que este xene se relacionaba coa esquizofrenia foi no 2008, cando Kirov e cols. atopaban nun doente unha microdeleción que afectaba a rexión promotora e ó primeiro exón deste xene (Kirov et al. 2008). Estudos posteriores reforzaban este descubrimento (Walsh et al. 2008; Kirov et al. 2009b; Rujescu et al. 2009; Rees et al. 2014c). Unha das características máis destacables destas variantes é que son CNVs non recorrentes, ademais de ser unha das poucas que afectan a un único xene, polo que NRXN1 está implicado claramente no risco a padecer esquizofrenia. Contraditoriamente ó publicado ata o de agora, no Estudo III atopabamos que variantes raras codificantes de sentido incorrecto en NRXN1 eran máis frecuentes en controis. Coa finalidade de intentar analizar en maior detalle os resultados obtidos, secuenciabamos as rexións exónicas de NRXN1 na totalidade de mostras restantes que formaban parte da nosa colección, é dicir, incluíamos neste estudo aquelas mostras que non foran secuenciadas mediante o SOLID4 System. Das variantes atopadas mediante a secuenciación seleccionabamos aquelas que eran codificantes de sentido incorrecto cunha frecuencia inferior ó 1% e intentabámolas confirmar mediante Sequenom. Por último, facíamos unha busca bibliográfica na procura de estudos adicionais que analizasen NRXN1 en mostras diagnosticadas con esquizofrenia e en controis para así conseguir suficientes datos para poder levar a cabo unha meta-análise. 4.4.2. Análise de cobertura de NRXN1 Neste estudo secuenciabamos, mediante o Ion Proton, os exóns do xene NRXN1 coa finalidade de identificar e analizar a variación rara deste xene. Para isto analizabamos 384 doentes de esquizofrenia e 384 controis, en 96 pools de casos e outros tantos de controis, é dicir, cada pool constaba de 4 mostras. A rexión secuenciada era de 10,7 kb por mostra, a cal estaba cuberta por un total de 77 amplicóns. Antes de iniciar a identificación e análise das variantes, faciamos unha análise da cobertura do xene secuenciado. Mediante esta metodoloxía de secuenciación obtiñamos unha cobertura media de 8501X (Táboa 28). Mediante a comparación entre a cobertura de casos e controis viamos que non existían diferenzas significativas entre ámbolos dous grupos de mostras, de feito obtiñamos un P = 0,95 despois de aplicar o test de Mann-Whitney (Fig.32 e Fig.33).
Resultados 114 Cobertura media Proporción da rexión diana cuberta 25x 50x 75x 100x 125x 150x Mostra total 8501 0,9853 0,9700 0,9573 0,9472 0,9387 0,9324 Casos 8522 0,9877 0,9728 0,9609 0,9512 0,9426 0,9356 Controis 8201 0,9827 0,9672 0,9537 0,9432 0,9348 0,9293 Táboa 28. Datos da cobertura media e da porcentaxe da rexión de interese cuberta do total da mostra, dos casos e dos controis. Figura 32. Porcentaxe de rexión de interese cuberta comparando os casos cos controis. Figura 33. Diagrama de caixas e bigotes no que se comparaba a distribución de coberturas medias dos casos fronte ós controis. Se comparábamos os casos e os controis por amplicón (Fig. 34) viamos que si que existían diferenzas na cobertura entre os distintos amplicóns pero seguían os mesmos patróns tanto nos casos como nos controis. De xeito que se enfrontabamos a cobertura media dentro de cada amplicón dos casos fronte ós controis obtíñamos un factor de correlación de R2(cadrado do coeficiente de correlación de Pearson)= 0,998 (Fig. 35). 0,8400 0,8600 0,8800 0,9000 0,9200 0,9400 0,9600 0,9800 1,0000 1,0200 0 25 50 75 100 125 150 175 200 225 250 275 300 325 350 375 400 Proporción da rexión de interese cuberta Cobertura (nº lecturas) Casos Controis Cobertura Media Controis Casos
Resultados 115 Figura 34. Diagrama de caixas e bigotes no que se comparaba a cobertura de casos e controis nos 77 amplicóns secuenciados. Figura 35. Correlación que existía entre a cobertura dos casos fronte ós controis para cada un dos 77 amplicóns. 4.4.3. Detección de variantes e confirmación mediante Sequenom Para a identificación das SNVs utilizabamos Torrent Variant Caller, o cal nos permitía detectar 59 variantes, das cales 37 eran variantes non sinónimas sendo unha delas unha SNV que provocaba unha perda dun codón de parada. As restantes 22 eran variantes sinónimas. Como no anterior estudo, para ver as predicións funcionais das variantes codificantes de sentido incorrecto utilizabamos PolyPhen2, obtendo que 12 destas SNVs eran benignas, 7 eran posiblemente prexudiciais e 17 eran probablemente prexudiciais. Destacar que 10 destas variantes identificabámolas no estudo anterior. De tódalas variantes atopadas, seleccionabamos a sen sentido mailas non sinónimas que estaban a unha frecuencia inferior ó 1%, é dicir, que estaban presentes en 15 ou menos pools, para confirmar mediante Sequenom. En total 0 5000 10000 15000 20000 25000 05000 10000 15000 20000 25000 Cobertura media CO Cobertura media CA Número de lecturas Amplicóns Casos Controis
Resultados 116 eran 32 SNVs que estaban presentes en 63 pools. Unha vez feito o deseño co Assay Design v4, estas SNVs eran agrupadas en tres plexes para o seu procesado. Das variantes escollidas 17 eran confirmadas (53%) sendo as restantes falsos positivos (47%) (Táboa 29). Esta elevada taxa de falsos positivos era esperada xa que seleccionabamos uns filtros pouco esixentes cando utilizabamos o Torrent Variant Caller para a identificación de variantes, co fin de identificar tódalas variantes existentes. Chr:Posición a Confir.b dbSNP138 Frec. CAc Frec. COc Predición Polyphen2d Puntuación Polyphen2 T1000Ge ESP6500f ExACg chr2:50149084A>G n 0/384 1/384 S chr2:50149311C>A n 0/384 1/384 D 1 chr2:50149369C>T s rs200604893 1/384 0/384 B 0,087 0,0002 0,0001 chr2:50280432G>A n 2/384 0/384 P 0,492 chr2:50463928A>T s 1/384 0/384 D 0,999 chr2:50574086A>G n 0/384 1/384 B 0 chr2:50699488G>C n 0/384 1/384 P 0,781 chr2:50723114A>C n 4/384 5/384 D 0,981 chr2:50724562A>C n 1/384 0/384 D 0,949 chr2:50724569C>T n 1/384 1/384 D 0,993 chr2:50724753A>G s 0/384 1/384 D 1 chr2:50724765G>A s 1/384 1/384 D 1 chr2:50724817G>A s rs199784139 1/384 1/384 D 0,3845 0,0002 0,001 0,0006 chr2:50733693G>T s 0/384 1/384 D 1 chr2:50758365C>G n 0/384 2/384 P 0,818 chr2:50758515C>T s 0/384 1/384 B 0,138 chr2:50765405C>T s 0/384 2/384 B 0,354 chr2:50765538C>T n rs201731350 1/384 0/384 B 0,011 chr2:50779731G>C n 2/384 2/384 D 0,999 chr2:50780005C>A n 4/384 6/384 D 1 chr2:50847195G>A s rs78540316 1/384 3/384 D 0,999 0,0014 0,0028 0,0037 chr2:50848364C>T n 0/384 1/384 D 0,98 chr2:50850745C>T n 0/384 1/384 D 0,992 chr2:51149819G>A s 1/384 0/384 D 0,987 chr2:51253562T>C s rs144049982 1/384 0/384 B 0,001 0,0012 0,0011 0,0008 chr2:51254756G>T n 1/384 0/384 B 0,106 chr2:51254843T>C s rs200792504 1/384 0/384 P 0,597 0,0002 0,0009 0,0007 chr2:51255001C>A s 0/384 2/384 D 0,917 chr2:51255090G>A s rs199784029 0/384 1/384 B 0,087 0,0014 0,0014 0,0008 chr2:51255110G>C s rs200184823 1/384 0/384 D 0,999 0,0002 0,0002 0,0004 chr2:51255210G>A s 2/384 0/384 P 0,899 chr2:51255329C>T s 1/384 0/384 P 0,837 Táboa 29. Táboa das variantes non sinónimas que se xenotipaban para a súa confirmación. S=Stoploss. a Baseado na versión do xenoma GRCh37/hg19. b Confirmación mediante Sequenom. s=Si; n=Non. c CA, pacientes de esquizofrenia; CO, controis. d Predición de PolyPhen2. B=Benigna; P= Posiblemente prexudicial; D=Probablemente prexudicial. e Frecuencia das variantes no 1000 Genomes Project. f Frecuencia das variantes no NHLBI GO Exome Sequencing. g Frecuencia das variantes no Exome Aggregation Consortium.
Resultados 117 4.4.4. Estudo de asociación e meta-análise Coas variantes confirmadas anteriormente aplicabamos os mesmos tests de carga que no Estudo III. En total eran 17 SNVs presentes en 25 mostras, das cales 13 eran controis e 12 casos (Táboa 29). Ningún dos tests aplicados acadaba valores significativos (Táboa 30). Calpha Calpha_w WSS WSS_PolyPhen2 Nº SNVS NRXN1 0,397 0,408 0,536 0,513 17 Táboa 30. Valores de significación dos diferentes tests de carga aplicados. A vista dos resultados do Estudo III, no que atopabamos un exceso de variantes raras codificantes de sentido incorrecto no xene NRXN1, levabamos a cabo unha meta-análise na que incluíamos os datos do presente estudo, os do traballo anterior ademais de outros estudos publicados e que atopabamos despois de facer unha revisión bibliográfica. Mediante esta busca identificabamos sete artigos nos que se secuenciaban os exóns deste xene en doentes esquizofrénicos e en controis. Dous destes artigos non dispoñían dos datos dos que nós precisabamos (Need et al. 2012; Kenny et al. 2013), pero os outros cinco artigos si. No primeiro deles, Hu e cols. amosaban o número de variantes codificantes de sentido incorrecto ou que causaban unha perda de función a unha frecuencia inferior ó 5% nunha mostra descubrimento e nunha mostra réplica (Hu et al. 2014). Por outra banda, no artigo de Purcell e cols. podiamos obter os datos de variantes non sinónimas a unha MAF < 0,1% identificadas como prexudiciais mediante cinco métodos distintos de predicións bioinformáticas (Purcell et al. 2014). Girard e cols. recollían tódalas variantes que identificaban despois de secuenciar 40 xenes, entre os que se atopaba NRXN1 (Girard et al. 2015). Por último, Muhleisen e cols. por un lado, e Gauthier e cols. por outro, presentaban nos seus respectivos traballos todas as SNVs non sinónimas que foran capaces de identificar (Gauthier et al. 2011; Muhleisen et al. 2011). Polo tanto, para esta fase incluíamos os datos dispoñibles dos traballos de Hu e cols. e os de Purcell e cols., os datos das variantes codificantes de sentido incorrecto preditas como prexudiciais e que ademais estiveran a unha frecuencia menor ó 1% dos outros estudos, e aquelas identificadas nos dous traballos levados a cabo por nós e que cumprían estas condicións. Utilizando todos estes datos faciamos a meta-análise empregando distintos criterios de frecuencia (variantes singleton, é dicir, unha variante que aparece nun único individuo, ou variantes cunha MAF <1%) e/ou funcionalidade (Táboa 32).
Discusión 124 rs78792190, que os autores nomeaban como T453M e P423L respectivamente, e que nos tamén identificabamos na nosa mostra descubrimento (Táboa 17). Na segunda fase do Estudo I xenotipabamos as 4 variables anteriores máis outras que estaban descritas na bibliografía, en 499 casos e 533 controis. Concretamente incluíamos variables ultra-raras (é dicir, cada variable só aparecía nun caso pero en ningún control) e non sinónimas descritas no traballo de Song e cols. Neste estudo analizaban inicialmente DISC1 en 288 doentes esquizofrénicos e 288 controis nos que atopaban 8 variantes presentes exclusivamente nos casos. De todas estas, había 6 que estaban ausentes nos dez mil controis analizados na segunda fase deste traballo pasando a consideralas variantes ultra-raras. Este tipo de variantes amosaban un risco atribuíble combinado dun 2% (Song et al. 2008). Vendo isto decidiamos xenotipar estas variantes na nosa mostra, aínda que só podiamos incluír 4 delas (T603I, R37W, R418H e S90L), debido a problemas no deseño dos cebadores nas dúas restantes. A maiores incluíamos o SNP rs3737597 que estaba situado na rexión 3´UTR do xene DISC1, polo que podía chegar a ser funcional xa que variacións nesta rexión poderían alterar a expresión do xene. Outra das razóns para incluír este SNP era que ten unha frecuencia baixa (MAF= 0,04 en poboación CEU), ademais de estar asociado positivamente á doenza en estudos anteriores (Hennah et al. 2003; Saetre et al. 2008). De tódalas variantes analizadas só unha alcanzaba valores significativos (E751Q, P= 0,027), aínda que deixaba de selo se aplicabamos a corrección de Bonferroni para múltiples tests. Esta variante estaba localizada na rexión codificante da isoforma L, a cal difire da isoforma Lv no uso dun sitio donante de splicing alternativo no exón 11, dando lugar a unha extensión de 22 aminoácidos adicionais no final do exón (Taylor et al. 2003). A variante E751Q era un destes aminoácidos adicionais. Como esperabamos, segundo a nosa hipótese inicial de que as variantes a baixa frecuencia eran variantes de risco suxeitas a selección purificadora, o aminoácido de referencia nesta posición estaba conservado en mamíferos placentarios, xa que a isoforma L só existe nestes (Fig. 38), e probablemente en peixes (Taylor et al. 2003). Sen embargo, non estaba claro se a similitude entre mamíferos e peixes representaba conservación por homoloxía ou realmente se debía a unha evolución converxente, xa que só a parte distal do exón 11 da isoforma L amosaba homoloxía coa secuencia de peixes. Figura 38. Aliñamento dos 22 aminoácidos exclusivos do exón 11 da isoforma L de DISC1 en mamíferos placentarios. A frecha indica a posición da variante E751Q. Por outro lado, predicións bioinformáticas utilizando SIFT e PolyPhen2 suxerían que este E751Q podería alterar a funcionalidade da proteína (Ng and Henikoff 2003;
Discusión 125 Adzhubei et al. 2010). Dentro da proteína, esta variante está localizada na parte C- terminal. Esta rexión da proteína está relaciona coa localización de DISC1 no citoesqueleto e no centrosoma (Morris et al. 2003; Kamiya et al. 2005; Millar et al. 2005a). Hai estudos que inferían que tanto o centrosoma como os microtúbulos, os cales forman parte do citoesqueleto, están implicados na proliferación de células proxenitoras, na migración e diferenciación neuronal (Feng and Walsh 2001; Badano et al. 2005), polo que unha alteración nesta parte da proteína podería dar lugar a problemas nestes procesos celulares. Tamén comprobabamos se existía un exceso de portadores de variantes posiblemente funcionais raras nos casos. Na nosa mostra non atopabamos un exceso de variante raras nos casos, pero se aplicabamos este mesmo test ós datos de Song e cols. (2008), o cal non foi feito polos autores, viamos que existía un exceso de variantes nos casos. De feito, había 22 portadores entre os esquizofrénicos e 8 entre os controis, alcanzando un P =0,007 despois de facer un test exacto de Fisher dunha cola, cun OR= 2,89 e cun intervalo de confianza do 95% de 1,21-7,64. Cabía destacar que neste artigo identificaban dúas variantes (R418H e P432L) que describían como ultra-raras xa que non aparecían en ningún dos mil controis que analizaban, pero que si aparecían nos controis que nós analizabamos. Este feito reflectía o problema da elección do umbral de frecuencia para definir variantes raras, un problema destacado no contexto da secuenciación de nova xeración. Facendo unha busca bibliográfica identificabamos tres artigos dos que podíamos extraer os datos necesarios dunha variante rara posiblemente funcional que tamén era xenotipada nas nosas mostras e que nos permitía poder levar a cabo unha meta-análise. Esta variante era o SNP rs3737597. Este SNP non amosaba asociación coa esquizofrenia na nosa mostra, aínda que unha vez feita a meta-análise viamos que existía unha asociación positiva, polo menos en poboación europea (Fig. 23). Con tódolos datos recompilados, pertencentes a seis poboacións, viamos que a variante presentaba 271 alelos de risco entre os 2423 esquizofrénicos, estando 141 destes alelos presentes en 2112 doentes de orixe europea. Isto indicaba que o SNP estaba dentro do rango considerado como "cantidade moderada de evidencia" segundo as pautas suxeridas por Ioannidis e cols., as cales clasificaban as variantes en función da súa frecuencia na mostra a estudar. Segundo isto, unha variante considerábase como que amosaba unha "evidencia a gran escala" se presentaba máis de mil alelos na mostra; as que presentaban entre cen e mil alelos eran clasificadas como que amosaban "cantidade moderada de evidencia"(este é o noso caso); por último, se o alelo menor aparece menos de 100 veces considerábase variante con "con pouca evidencia" (Ioannidis et al. 2008). O alelo máis común deste SNP era infra-transmitido a esquizofrénicos en familias finesas (Hennah et al. 2003), resultado que era confirmado nun estudo caso-control de tres mostras adicionais escandinavas (Saetre et al. 2008). No caso dun estudo sobre unha mostra xermana, vían que existía unha tendencia á asociación no mesmo senso (Palélico = 0,067), aínda que os SNPs eran imputados en lugar de ser xenotipados (Schumacher et al. 2009). En cambio noutro artigo non atopaban asociación deste SNP coa esquizofrenia nunha mostra de orixe asiática onde o alelo menor alcanzaba unha frecuencia do 21%. Estes resultados enfrontados entre as poboacións europeas e asiáticas podían ser debidos as diferenzas existentes no desequilibrio de ligamento, xa que o SNP rs3737597 podería ser unha variante en desequilibrio de ligamento cunha variante funcional descoñecida en vez de ser a variante funcional relacionada coa esquizofrenia. Sen embargo, rs11122396, un SNP predito para alterar a unión dun miARN na rexión 3´UTR de DISC1, presenta valores elevados de desequilibrio de
Discusión 126 ligamento co SNP rs3737597 en poboacións asiáticas (r2=0,90) e europeas (r2=0,96). Polo tanto, esta explicación non era valida se o SNP funcional responsable da asociación era rs11122396. A principal limitación desta meta-análise era a posible existencia de nesgo nas publicacións, xa que normalmente só se publican traballos con tamaños de mostra pequenos que obtiveran resultados positivos quedando sen publicar aqueles que teñen tamaños de mostra pequenos e resultados negativos. Isto non podía ser avaliado debido ó número reducido de estudos. Do mesmo xeito que o SNP anterior, identificabamos a variante E751Q en varios estudos permitíndonos levar a cabo unha meta-análise. Con estes datos non podiamos confirmar unha asociación desta variante coa esquizofrenia. Esta variante atopábana nun estudo cunha frecuencia maior en individuos caucásicos afectados por esquizofrenia (6 de 576 alelos, 1,04%) ou trastorno bipolar (16 de 1008 alelos, 1,59%) que en controis (10 de 1152, 0,87%) (Song et al. 2008; Song et al. 2010), aínda que as diferenzas non acadaban valores significativos. Neste mesmo ano Moens e cols. publicaban un traballo onde, utilizando secuenciación de nova xeración, analizaban DISC1 xunto con outros dez xenes que interactúan con el. Secuenciaban as rexión codificantes destes xenes en 486 doentes esquizofrénicos e 514 controis. Neste estudo atopaban a variante E751Q cunha MAF nos casos de 1,45% e 0,80% en controis sendo as diferenzas entre ambas cohortes non significativas. Resaltar que neste estudo esta variante acadaba un valor de OR próximo a 2, similar ó que atopaban Song e cols. (Song et al. 2008; Moens et al. 2011). No 2014 Thomson e cols. secuenciaban o xene DISC1 identificando E751Q en 2 alelos de 460 doentes esquizofrénicos (0,4 %) e en 21 alelos de 1728 controis (1,2%) (Thomson et al. 2014). Outro dos traballos onde identificaban a E751Q era levado a cabo por Green e cols. Nel vían que esta variante aparecía en 23 alelos de 2422 controis (0,95%) e en 11 alelos de 1012 (1,09%) individuos esquizoafectivos. Os autores definían ós doentes esquizoafectivos como: individuos diagnosticados con esquizofrenia que tivesen alomenos un episodio de manía ó longo da súa vida; individuos con trastorno bipolar I con características psicóticas e incongruencias do estado de ánimo alomenos na metade dos episodios; e individuos que cumprían os Research Diagnostic Criteria (RDC) para o síndrome de alienación parental. Os datos das variantes que atopaban estaban publicados conxuntamente polo que non podíamos coñecer as variantes presentes unicamente en doentes esquizofrénicos, de xeito que non podíamos incluír os datos na meta-análise (Green et al. 2011). Deste primeiro estudo podiamos concluír que só atopabamos unha asociación débil da variante E751Q aínda que non podiamos confirmala mediante a meta-análise. Debido ás limitacións de potencia estatística polo tamaño de mostra utilizado non podemos desbotar a idea da implicación de variantes codificantes de baixa frecuencia en DISC1 no desencadeamento da esquizofrenia. As recentes melloras na tecnoloxía e nas ferramentas bioinformáticas permiten levar a cabo a secuenciación masiva do exoma completo ou dos exóns de determinados xenes candidato relacionados coa esquizofrenia (Estudo III), permitindo facer unha busca máis ampla de variantes raras que aumenten o risco a padecer a enfermidade. Por outra banda, este primeiro estudo tamén permitía identificar, trala meta-análise feita, unha posible variante funcional de risco na rexión 3´UTR de DISC1. Esta variante podería estar involucrada na regulación da expresión deste xene mediante os miARNs. Este primeiro estudo non nos permitía identificar unha asociación dunha variante individual dunha forma robusta, polo que unha alternativa era analizar os xenes como un conxunto. Por iso levamos a cabo o Estudo II da tese. Nel utilizabamos datos de 5100 SNPs codificantes de sentido incorrecto dun traballo previo (Carrera et al. 2012)
Discusión 127 co fin de ver se existía unha sobre-representación das proteínas que interactuaban con DISC1 entre os resultados máis destacados dunha lista de xenes ordenados segundo o valor de significación. Para isto utilizabamos unha análise baseada nun conxunto de xenes. Neste estudo, efectivamente identificabamos esta sobre-representación, amosando a importancia deste conxunto de xenes no desencadeamento da enfermidade. As características do deseño do noso traballo permitíanos detectar un enriquecemento do conxunto de xenes do interactoma de DISC1, sendo un dos poucos GWAS que, de xeito indirecto, amosaba evidencias dunha asociación positiva entre DISC1 e a esquizofrenia. Outro dos traballos que detectaban unha asociación entre este xene e a doenza usando datos dun GWAS era o levado a cabo por Jia e cols. Estes utilizaban un método para detectar redes de interacción proteína-proteína que localmente maximizaba a proporción de xenes con valores-P baixos en dous conxuntos de datos de GWAS. Deste xeito identificaban 205 xenes cun efecto conxunto significativamente asociados coa esquizofrenia. Entre estes xenes estaba DISC1, ademais de outros 7 que interactuaban directamente con el, incluíndo SYNE1, KIF3A, MACF1, e UTRN, os cales identificabamos na nosa análise como xenes máis significativos, liderando a asociación entre a doenza e o interactoma de DISC1, e ós cales chamamos xenes máis extremos (Jia et al. 2012). Estes xenes máis extremos do interactoma de DISC1 estaban relacionados coa organización e dinámica do citoesqueleto neuronal, afectando a procesos como a estabilidade do citoesqueleto ou ó transporte intracelular ó través dos microtúbulos do citoesqueleto, o cal estaba sobrerepresentado entre as proteínas que interactuaban con DISC1 (Camargo et al. 2007). UTRN únese á actina do citoesqueleto, ligándoa á matriz extracelular, suxerindo un papel no soporte estrutural das membranas neuronais (Perronnet and Vaillend 2010). AKAP9 é necesaria para a ensamblaxe dos microtúbulos nas membranas de Golgi (Rivero et al. 2009), e probablemente está involucrada no acoplamento citoesquelético de receptores de NMDA (Lin et al. 1998). KIF3A é un membro do complexo quinesina II, un complexo proteico motor relacionado co transporte anterógrado dos orgánulos membranosos ós axóns (Kondo et al. 1994; Hirokawa et al. 2009). DST é un factor de entrecruzamento de microtúbulos responsable da elevada estabilidade dos microtúbulos axonais, os cales son necesarios para o transporte de largas distancias (Yang et al. 1999). Unha alteración da súa asociación coa dinactina daba lugar a problemas no transporte axonal retrógrado (Sonnenberg and Liem 2007). MACF1 é tamén un factor de entrecruzamento de microtúbulos intimamente relacionado con DST. Ratos nos que se anulaba DST amosaban que existía unha compensación mediante MACF1 no sistema nervioso central, indicativo dalgunha redundancia funcional (Leung et al. 2002). DISC1 está involucrado no transporte ó longo dos microtúbulos ata a parte distal dos axóns, actuando como un receptor de carga no complexo quinesina-I (Shinoda et al. 2007; Taya et al. 2007). Por último, SYNE 1 forma parte do complexo LINC (do inglés, linker of nucleoskeleton and cytoskeleton), envolto na ancoraxe da cuberta á actina do citoesqueleto, xogando un papel na neuroxénese (Zhang et al. 2009). Un fragmento de SYNE únese á sub-unidade KIF3B do complexo quinseina II (Fan and Beck 2004). Destacar que unha meta-análise de GWAS de trastorno bipolar amosaba unha asociación con SYNE1 (Sklar et al. 2011), o cal tamén era confirmado e asociado en depresión maior (Green et al. 2013). Xu e cols. publicaban un artigo onde levaban a cabo un GWAS en 950 individuos con trastorno bipolar e 950 controis atopando evidencias da implicación de SYNE1 no desencadeamento do trastorno bipolar (Xu et al. 2014). No 2016, publicábase un traballo no que se analizaban 244 SNPs localizados en 34 xenes candidato en 100 individuos diagnosticados con esquizofrenia ou trastorno
Discusión 128 bipolar e 96 controis. Un dos SNPs que acadaba un valor significativo estaba situado no xene SYNE1 (Gasso et al. 2016). Máis recentemente, Sharp e cols. identificaban variantes non sinónimas raras despois de analizar do exón 14 ó 22 de SYNE1 en 937 doentes diagnosticados con trastorno bipolar. Estas estaban presentes en nove doentes que son heterocigotos compostos indicando que estas variantes poderían estar contribuíndo na arquitectura xenética da doenza (Sharp et al. 2017). Ademais, mediante a secuenciación do exoma de pacientes con autismo esporádico identificaban mutacións de novo de sentido incorrecto preditas con consecuencias funcionais en SYNE1 (O'Roak et al. 2011) e unha mutación de novo alterando DST (Iossifov et al. 2012). No 2013, Yu e cols. secuenciaban o exoma de familias consanguíneas con varios membros afectos con trastorno do espectro autista atopando unha mutación de sentido incorrecto posiblemente funcional en SYNE1 que cosegregaba coa enfermidade (Yu et al. 2013). Schuurs-Hoeijmakers e cols. secuenciaban o exoma de 19 familias con individuos afectos con discapacidade intelectual atopando mutacións patoxénicas en varios xenes, entre os cales se atopaba SYNE1 (Schuurs-Hoeijmakers et al. 2013). Tendo en conta que os factores xenéticos de susceptibilidade de trastornos psiquiátricos a miúdo son compartidos por diferentes enfermidades psiquiátricas (Gratacos et al. 2009; Malhotra and Sebat 2012; Cross-Disorder Group of the Psychiatric Genomics et al. 2013), entre os que está a translocación orixinal de DISC1 (St Clair et al. 1990), todos estes descubrimentos daban un apoio adicional ó noso resultado principal. Tres dos sete xenes máis extremos do interactoma de DISC1 (DST, MACF1 e SYNE1) codifican proteínas que se unen a DTNBP1 (Benson et al. 2001; Camargo et al. 2007; Guo et al. 2009). Destacar que os primeiros traballos publicados amosaban que DTNBP1 formaba un complexo con UTRN no cerebro, outro dos xenes máis extremos identificados na nosa análise (Benson et al. 2001), pero un estudo posterior non era capaz de replicar este resultado (Nazarian et al. 2006). DTNBP1 era considerado como outro posible xene de susceptibilidade á esquizofrenia. Straub e cols. identificaban por primeira vez este xene como un xene de susceptibilidade a doenza. Para chegar a este resultado primeiro levaban a cabo un estudo de ligamento onde identificaban un locus ligado á enfermidade e que posteriormente estudaban mediante unha análise de asociación na que se incluían 270 familias. Así atopaban varios SNPs que, independentemente ou en combinación, aumentaban o risco a padecer esquizofrenia (Straub et al. 2002). Anos máis tarde, Allen e cols. levaban a cabo meta-análises daqueles polimorfismos dos que se dispoñía de datos de, polo menos, catro mostras caso-control independentes. Atopaban 24 variantes que acadaban un valor significativo que estaban presentes en varios xenes, entre os que se atopaba DTNBP1 (Allen et al. 2008). DTNBP1 está envolto na organización do citoesqueleto e no transporte dende o corpo da célula neuronal ás terminais sinápticas como unha subunidade do complexo BLOC-1 (Kubota et al. 2009; Mead et al. 2010; Larimore et al. 2011). Destacar que a detección do enriquecemento detectado no interactoma de DISC1 foi debido a que neste estudo utilizabamos unha hipótese dirixida a un conxunto de xenes, a cal era unha estratexia recente para a análise de datos de GWAS como un conxunto, co fin de evitar unha carga excesiva de corrección por múltiples probas, algo que era intrínseco ó método de hipótese libre (Askland et al. 2011). Outra característica importante era que nos compilabamos manualmente o conxunto de xenes candidato, tendo a vantaxe da existencia dun gran número de estudos sobre os xenes que interactuan con DISC1. Isto é importante para enfermidades neuropsiquiátricas xa que as bases de datos de conxunto de xenes e de rutas metabólicas poderían non ter ben anotadas estas rutas para as funcións neuronais (Wang et al. 2010a). Aínda que os xenes
Discusión 129 exactos que forman parte do interactoma de DISC1 poderían ser materia de debate, a detección da sobre-representación significativa deste conxunto de xenes utilizando dous criterios distintos para a selección dos xenes amosaba que o noso resultado era robusto para o criterio de selección do conxunto de xenes. Por outra banda, o uso de SNPs codificantes de sentido incorrecto implicaba que podiamos asignar directamente un SNP a un xene, polo que se evitaban criterios arbitrarios á hora de asignar un SNP interxénico a un xene. Por último, mentres outros métodos para testar sobrerepresentación dun conxunto de xenes consideraban un umbral arbitrario de significación, o método de Wang e cols. tiña en conta tódolos valores-P. Considerando que non hai un consenso claro sobre cal é o mellor método para a análise dun conxunto de xenes, aconsellábase o uso de diferentes métodos para ver a consistencia dos resultados obtidos (Wang et al. 2010a). Seguindo esta apreciación nos utilizabamos PLINK para facer unha análise adicional do conxunto de xenes (Purcell et al. 2007). A diferenza de GenGen, con PLINK é necesario elixir varios parámetros que poderían ter un efecto considerable no resultado final. Utilizando parámetros intermedios á hora de elixir os SNPs que se teñen en conta para o cálculo do estatístico do conxunto de xenes obtiñamos resultados acordes ó GenGen, aumentando así a evidencia da asociación do interactoma de DISC1 coa esquizofrenia. Un dos principais resultados dos GWAS de esquizofrenia era a existencia dun importante compoñente polixénico común, cuantificado mediante unha puntuación polixénica, normalmente calculada como a suma do número de alelos de susceptibilidade de cada un dos SNPs ponderado polo seu OR (International Schizophrenia et al. 2009; Carrera et al. 2012). Esta puntuación polixénica explicaba unha maior proporción da varianza poboacional na susceptibilidade a padecer esquizofrenia se estivese baseada nun maior conxunto de SNPs no canto de só ter en conta os SNPs máis significativos. De feito, Purcell e cols. atopaban que a puntuación polixénica baseada en tódolos SNPs cun valor-P menor de 0,5 no seu GWAS explicaban a maior proporción da varianza na susceptibilidade a padecer esquizofrenia nunha mostra caso-control independente (International Schizophrenia et al. 2009). Isto suxería que moitas das variantes comúns de susceptibilidade non alcanzaban os valores de significación, aínda que os seus valores-P foran lixeiramente menores do esperado por azar. De acordo con isto, identificabamos unha tendencia á sobre-representación dos SNPs do interactoma de DISC1 analizados neste segundo traballo na parte alta da lista ordenada dos valores-P dos datos do PGC (Ripke et al. 2011). Unha das limitacións deste traballo era que a asociación de cada xene era resumida mediante o mellor valor-P, polo que este método non tiña en conta a posible heteroxeneidade alélica (Cantor et al. 2010). Ademais, os nosos datos de xenotipado incluían poucos xenes do interactoma de DISC1. Por outra banda, non dispoñiamos de datos adicionais para levar a cabo unha réplica. Para rematar, debemos ter en conta que a análise dun conxunto de xenes dun estudo de asociación permite, a priori, identificar os posibles mecanismos biolóxicos implicados na etiopatoloxía dun trastorno, pero para iso é necesario estandarizar un método para a análise dos datos, cousa que a día de hoxe aínda non se conseguiu. A pesares destas limitacións, no estudo II atopabamos unha asociación significativa entre un subconxunto de xenes do interactoma de DISC1 e a esquizofrenia, estando de acordo con achados previos (Jia et al. 2012). Este resultado podería ser relevante, sobre todo se temos en conta o suposto de que a esquizofrenia podería considerarse como unha enfermidade de rutas biolóxicas (Sullivan 2012).
Discusión 130 Os dous primeiros estudos comentados anteriormente poderían considerarse como unha fase previa do Estudo III, xa que no Estudo I faciamos unha primeira aproximación para a busca de variantes raras individuais asociadas á esquizofrenia, e no Estudo II amosabamos a existencia dunha asociación co interactoma de DISC1 mediante o estudo de variantes comúns. Polo tanto, o Estudo III é unha continuación dos anteriores xa que nel tratabamos de buscar variantes de baixa frecuencia cun efecto elevado en rexións codificantes de 9 xenes que formaban parte do interactoma de DISC1, ademais de noutros 11 xenes de susceptibilidade atopados mediante estudos de CNVs ou GWAS. Neste terceiro traballo da tese centrabámonos no estudo de variantes a baixa frecuencia seguindo a hipótese de variante rara-enfermidade común, que sostiña que as variantes de risco presentes nesta rexión estarían sometidas á selección purificadora non alcanzando unha frecuencia elevada (McClellan et al. 2007; Manolio et al. 2009). Este estudo consistía nunha fase inicial na que secuenciabamos, mediante a plataforma de ultrasecuenciación Solid4 System, as rexións codificantes (en total, 124,5 kb) de 21 xenes seleccionados por estar asociados a esquizofrenia mediante estudos de CNVs e GWAS. Analizabamos 153 pacientes diagnosticados con esquizofrenia e 153 controis, todos eles de orixe galega, agrupados en pools de tres mostras. A continuación, na segunda fase, xenotipabamos, nas mostras restantes dispoñibles (419 casos e 398 controis), as variantes posiblemente prexudiciais que aparecían unicamente nos casos. Antes de centrarnos nas variantes atopadas, faciamos unha análise da cobertura das rexións secuenciadas. Mediante esta viamos que o xene NRGN presentaba moi pouca cobertura e ademais as lecturas sempre estaban na mesma cadea, de xeito que non había solapamento entre as lecturas nos dous sentidos (Fig.25), polo que decidíamos descartalo das análises posteriores. Tamén faciamos unha comparación entre as lecturas dos controis e dos casos, vendo que non existía un nesgo significativo entre ámbalas dúas cohortes, polo que podiamos comparar dunha forma fiable as variantes atopadas entre ámbolos dous grupos de mostras. Por último, xa que dispoñiamos dos datos de secuenciación de Sanger e de xenotipado do Estudo I e Estudo II respectivamente, levabamos a cabo unha valoración da eficacia na identificación de variantes de tres softwares (BioScope, GATK e VarScan). Partindo da idea de que a meta era conseguir unha alta especificidade mantendo a sensibilidade elevada, viamos que o VarScan cos parámetros especificados na sección RESULTADOS era o paquete informático que mellor se atiña ó noso obxectivo. VarScan é un software especificamente deseñado para a identificación de SNVs en pools. Isto unido a que as pools que utilizabamos estaban formadas por moi poucas mostras, permitíanos reducir a existencia de falsos positivos, un dos principais problemas da secuenciación de nova xeración. O primeiro resultado que obtiñamos na análise das SNVs era un exceso de variantes funcionais a baixa frecuencia (MAF<5%) nos xenes das mostras secuenciadas, os cales probablemente estean involucrados na susceptibilidade a esquizofrenia. No noso traballo considerabamos como variantes funcionais aquelas que eran preditas por PolyPhen2 como probablemente ou posiblemente prexudiciais, as cales agrupabamos nun único grupo denominándoas como variantes deletéreas. A vista deste resultados, as seguintes análises estaban centradas neste tipo de variantes. As variantes codificantes raras xogan un papel importante no desencadeamento de moitas doenzas e contribúen a herdabilidade perdida dos GWAS, as cales son estudadas en maior profundidade grazas ós estudos de secuenciación de nova xeración. Estes estudos permiten o descubrimento de variantes non sinónimas, das cales, na súa gran maioría, coñécese pouco sobre a súa funcionalidade, sendo un reto conseguir o
Discusión 131 desenvolvemento de estratexias que axuden a predicir a probabilidade da patoxenicidade dunha variante. Na actualidade existen varias ferramentas bioinformáticas que poden facelo. Unha delas é a que nos utilizabamos: Polyphen2. Esta basea as súas predicións utilizando as características da secuencia e a información estrutural e filoxenética que caracterizan a substitución, pero existen outros moitas ferramentas como SIFT (Ng and Henikoff 2003), PROVEAN (Choi and Chan 2015), MutationAssessor (Reva et al. 2011), MutationTaster (Schwarz et al. 2014), LRT (Chun and Fay 2009), GERP (Cooper et al. 2010), SiPhy (Garber et al. 2009), phastCons (Felsenstein and Churchill 1996), etc. Estes algoritmos son útiles por si mesmos, pero as súas predicións as veces non son similares xa que cada un utiliza un algoritmo diferente aínda que parte da información que utilizan para as predicións é común. Aínda así non hai unha decisión unánime sobre se o convinte é utilizar unha ou varias destas ferramentas para priorizar as variantes nos diferentes estudos e así minimizar os erros nas predicións. No estudo de asociación de variantes individuais mencionar que ningunha delas alcanzaba valores significativos pero cabía destacar a SNV K873R situada no xene AKAP9. Estaba presente en 4 dos 572 casos e en ningún dos 791 controis, acadando un valor de significación nominal (P=0,031). Esta variante aparecía cunha frecuencia moi baixa en poboación latina (1,7 x10-4) e do sur de Asia (6,1 x 10-5) segundo a base de datos do Exome Aggregation Consortium (ExAC) aínda que estaba ausente en poboación europea. Ademais non aparecía no resto das bases de datos consultadas, incluíndo as 5008 mostras do The 1000 Genomes Project phase III e as 6503 mostras pertencentes ó NHBLI Exome Sequencing Project. A frecuencia dunha variante na poboación pode ser considerada como un criterio adicional na interpretación funcional desta. De feito, segundo as recomendacións do Colexio Americano de Xenética e Xenómica Médica e a Asociación de Patoloxía Molecular, cando estudas un trastorno e unha variante presenta unha frecuencia alélica maior a frecuencia poboacional esperada pode considerarse unha evidencia bastante forte para clasificar unha variante como benigna (Richards et al. 2015). Sen embargo, esta recomendación non da un valor detallado para determinar a frecuencia alélica esperada para considerar unha variante como patoxénica (Fig. 39). A publicación do ExAC, base de datos formada por datos da secuenciación de exomas de 60706 individuos, podería axudar a determinar un umbral de frecuencia a partir do cal unha variante pode ser considerada patoxénica. De feito, ExAC proporciona a maior base de datos que hai na actualidade para estimar a frecuencia alélica de variantes xenéticas codificantes, proporcionando un filtro importante para a análise de variantes patoxénicas.
Discusión 132 Número de variantes patoxénicas Moi raras Raras Comúns Frecuencia Alélica Figura 39 Distribución das variantes patoxénicas en función da súa frecuencia alélica. A, B e C representan tres supostos distintos. En A a variante descoñecida ten unha frecuencia onde se atopan as variantes patoxénicas coñecidas. No escenario B, a variante descoñecida ten unha frecuencia acorde con variantes patoxénicas coñecidas, pero a frecuencia desta é máis elevada que a maioría das mutación patoxénicas. Por último, en C a variante descoñecida ten unha frecuencia fora da distribución da frecuencia de variantes patoxénicas coñecidas. Figura adaptada de Kobayashi e cols. (Kobayashi et al. 2017). O aminoácido de referencia situado na posición da variante K873R está ben conservado ó longo da evolución agás en peixes(Fig. 38), indicando a importancia desta posición no funcionamento da proteína implicando que un cambio neste lugar podería alterar a función da proteína. Figura 38. Aliñamento dos aminoácidos situados entorno a variante K873R ó longo dos distintos niveis filoxenéticos. A frecha indica a posición da variante K873R da proteína que codifica o xene AKAP9. As predicións bioinformáticas feitas con PolyPhen2 sobre a variante K873R sinalaban que se trataba dunha mutación posiblemente prexudicial. AKAP9 actúa como unha proteína de andamiaxe postsináptica no cerebro, no cal forma un complexo co receptor NMDA xunto con outros compoñentes da ruta metabólica da sinalización do AMPc, tales como a proteína quinasa A (PKA), adenilil ciclasa ou as fosfodiesterasas PKA (Sanderson and Dell'Acqua 2011). K873R está situada nun lugar de unión a adenilil ciclasa 2 (ADCY2). Esta unión da lugar á inhibición de ADCY2 no cerebro
Discusión 133 (Piggott et al. 2008). Isto probablemente actúa como un mecanismo de modulación da plasticidade sináptica mediante a regulación de receptores NMDA (Sanderson and Dell'Acqua 2011; Edwards et al. 2012). No ano 2014 Muhleisen e cols. identificaban ADCY2 como un xene de risco do trastorno bipolar. Para chegar a este achado levaban a cabo un GWAS onde analizaban máis de 24 mil mostras, incluíndo controis e doentes diagnosticados con trastorno bipolar. En total, identificaban 56 SNPs que sobrepasaban o umbral de significación xenómica, os cales estaban situados en 5 rexións xenómicas, estando tres delas previamente asociadas á doenza (ANK3, ODZ4 e TRANK1) ademais do locus 5p15.31 (onde se situaba ADCY2) e a rexión entre MIR2113 e POU3F2 (Muhleisen et al. 2014). Máis recentemente, van Hulzen e cols. levaban a cabo unha meta-análise na que se incluían datos de xenotipado de 4609 individuos con trastorno de hiperactividade e déficit de atención e 9650 doentes de trastorno bipolar, ademais de 21363 controis. Deste xeito, identificaban unha asociación significativa a nivel xenómico no xene ADCY2, pero só cando se incluían datos de casos con trastorno bipolar na que a enfermidade debutase en idades temperáns (van Hulzen et al. 2016). Cabe a pena destacar isto debido a existencia do solapamento xenético entre o trastorno bipolar e a esquizofrenia (International Schizophrenia et al. 2009; Lichtenstein et al. 2009). Tamén mencionar que no 2014 publicábase un estudo no que secuenciaban o exoma de 623 tríos de esquizofrenia no que identificaban unha mutación de novo de sentido incorrecto no xene AKAP9 nun dos doentes (Fromer et al. 2014). A principal limitación deste traballo é a pouca potencia que tiñamos para a detección de variantes de risco a nivel individual. Intentabamos superar este problema utilizando diferentes tests estatísticos que nos permitían estudar o papel acumulativo das variantes raras nun determinado locus. Neste caso utilizabamos o test de carga WSS (do inglés, Weighted Sum Statistic), o cal nos permite ponderar as variantes, por un lado pola súa frecuencia, asumindo que as variantes máis raras teñen máis probabilidade de ser funcionais; e por outro lado pola súa predición de impacto na proteína utilizando as puntuacións obtidas mediante PolyPhen2 (Price et al. 2006; Madsen and Browning 2009). Ademais deste test, utilizabamos un test de compoñentes da varianza, o test C- Alpha, que, a diferenza dos tests de carga, considera a existencia tanto de alelos de risco, como protectores ou neutrais (Lin and Tang 2011; Neale et al. 2011). O cálculo do nivel de significación faciámolo mediante permutacións seguindo o noso deseño experimental (Fig. 21). As variantes eran agrupadas e analizadas en función do xene ó que pertencían, atopando que unicamente dous dos xenes analizados, NRXN1 e ZNF804A, acadaban valores significativos nominais. Ademais considerabamos DISC1 e as proteínas que interactuaban con el como un conxunto de xenes a estudar. A pesares de analizar máis de 94 kb de secuencia por cada unha das mostras, non eramos capaces de identificar novas evidencias da implicación do interactoma de DISC1 na esquizofrenia. En resumo, este terceiro traballo da tese, no que tratabamos de identificar variantes raras en 21 xenes candidato de susceptibilidade á esquizofrenia, amosaba a existencia de posibles variantes de risco en AKAP9 ademais dun papel acumulativo das variantes a baixa frecuencia e de sentido incorrecto en ZNF804A e NRXN1, actuando neste último como posibles factores de protección contra esquizofrenia. Os resultados máis salientables do Estudo III eran os que obtiñamos cando faciamos a análise conxunta das variantes, polo que decidiamos centrarnos nos xenes ZNF804A e NRXN1 e analizalos nunha mostra de maior tamaño. Para isto, primeiro faciamos unha busca bibliográfica intentando atopar datos de traballos nos que secuenciaban estes xenes, en individuos esquizofrénicos e en controis, co fin de