Full text
Verba ANEXO 69 Verba O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho Estudo e edición crítica de Déborah González Martínez 2012 Servizo de Publicacións e Intercambio Científico • UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Anexo 69 Anexo 69 O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho O trobador de orixe portuguesa Fernan Fernandez Cogominho desenvolveu o seu labor poético contra o terceiro cuarto do século XIII. O conxunto das súas cantigas perpetuouse nos dous códices confeccionados en Italia nos inicios do século XVI por orde do humanista Angelo Colocci: o Cancioneiro da Biblioteca Nacional, cód. 10991, tamén coñecido como Cancioneiro Colocci-Brancuti, identificado coa sigla B, e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, cód. 4803, ao que se lle fai corresponder a sigla V. Así pois, a obra poética de Fernandez Cogominho chega a nós a través de fontes elaboradas en tempos nos que a actividade trobadoresca galegoportuguesa xa desfalecera. A presente monografía ofrece unha edición crítica, elaborada segundo os parámetros da crítica textual máis rigorosa e actual, da produción lírica conservada nos devanditos cancioneiros con atribución ao trobador portugués. 9 788498 879315 ISBN 978-84-9887-931-5
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho ESTUDO E EDICIÓN CRÍTICA DE Déborah González Martínez Verba, ANUARIO GALEGO DE FILOLOXÍA ANEXO 69 2012 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
© Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Campus Vida 15782 Santiago de Compostela www.usc.es/publicacions DOI https://dx.doi.org/10.15304/9788498879360 ISSN 2341-1198 ISBN 978-84-9887-936-0 Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC- ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC- ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
A Bruno
Índice Limiar ...................................................................................................9 Biografía .............................................................................................13 Tradición manuscrita ..........................................................................45 Criterios de edición.............................................................................61 Cantigas. Edición crítica.....................................................................69 1. Non me queredes vós, senhor, creer ..........................................71 2. Ai, mia senhor, lume dos olhos meus!....................................... 86 3. Quen me vir e quen m[e] oir......................................................97 4. Muitos an coita d’amor............................................................113 5. Pois tan muit’á que mia senhor non vi..................................... 124 6. Non am’eu mia senhor, par Deus.............................................131 7. [V]eeronm’ora preguntar .........................................................144 8. Amigu’, e non vos nembrades .................................................152 9. Ir quer’og’eu, madre, se vos prouguer.....................................161 10. Amiga, muit’á que non sei.....................................................170 11. Meu amigo, se vejades........................................................... 180 Glosario.............................................................................................189 Rimario .............................................................................................220 Táboa de parellas rimantes ...............................................................222 Táboa de correspondencias...............................................................231 Reprodución dos manuscirtos...........................................................233 Bibliografía.......................................................................................245
Esta é unha versión revisada, actualizada e resumida do traballo de investigación que se presentou o 18 de maio de 2009 como Tese de Doutoramento baixo o título Fernan Fernandez Cogominho. Estudo biográfico, edición crítica, estudo lingüístico e literario, rimario e glosario, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O tribunal que avaliou ese estudo e lle deu a cualificación de sobresaliente cum laude estaba constituído polo Dr. José Luis Rodríguez Fernández, da Universidade de Santiago de Compostela (Presidente), o Dr. Gérard Gouiran, da Université Paul Valéry Montpellier III (Vocal), o Dr. António Resende de Oliveira, da Universidade de Coimbra (Vocal), o Dr. Carlo Pulsoni, da Università degli Studi di Perugia (Vocal) e a Dra. Mariña Arbor Aldea, da Universidade de Santiago de Compostela (Secretaria). A eles dirixo o meu agradecemento polas suxerencias e observacións feitas, que, con certeza, contribuíron na mellora do presente traballo. Desexo manifestar a miña máis fonda gratitude á Dra. Mercedes Brea López, directora da Tese de Doutoramento, entre outras razóns, porque en todo momento me alentou e en cada unha das fases de realización do traballo me guiou co seu consello e coas súas ensinanzas. Así mesmo, merece unha mención especial o Dr. António Resende de Oliveira, pola súa acollida cordial en Coimbra e a súa rigorosa supervisión nas investigacións que levei a cabo sobre Fernan Fernandez Cogominho durante a miña estadía en 2006 na Facultade de Letras da Universidade de Coimbra. Vaia tamén o meu recoñecemento para o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e, en especial, ao proxecto Arquivo Galicia Medieval, por permitirme, en numerosas ocasións, o acceso á consulta de materiais importantes en diferentes fases da confección do traballo. Por último, o meu agradecemento e abrazo amigo a todos aqueles familiares, amigos e compañeiros que de forma xenerosa e xentil me brindan o seu constante apoio.
Biografía 15 da relación deste individuo co movemento trobadoresco. En consideración a estes datos, a editora alemá mostrouse favorable á hipótese de que Fernan Fernandez Cogominho I fose o autor das composicións. Á mesma conclusión chegou anos máis tarde A. Resende de Oliveira (1994: 337-338). Este investigador indicaba que, malia que a obra do trobador se situase nas seccións xenéricas correspondentes e nunha zona onde predominan autores do segundo e terceiro cuarto do século XIII, a antigüidade da súa inclusión na compilación podía ser enxuízada debido á ausencia da súa produción amorosa no Cancioneiro da Ajuda. Porén, a reavaliación dos argumentos que presentara Michaëlis e a análise de novas informacións conduciron o historiador a defender que Fernan Fernandez Cogominho I sería o autor das cantigas transmitidas en B e V baixo ese nome. En síntese, as súas conclusións están baseadas na presenza de Fernan Fernandez Cogominho I na corte de Afonso III, un medio en que se relacionaría con coñecidos personaxes do panorama cultural trobadoresco e onde se sabe que desenvolveu cargos de certa relevancia, ficando proba desas actividades na documentación da época. A estes indicios, A. Resende de Oliveira sumou o testemuño ofrecido pola cantiga B366bis e a sátira B1560 de Afonso Mendez de Besteiros. Pola súa parte, V. Beltrán (2005: 302-331) expresou as súas dúbidas no tocante a que o primeiro dos Cogominho fose o autor dos textos que se transmiten nos apógrafos coloccianos. Na súa opinión, os argumentos de Michaëlis e Oliveira non son definitivos e, daquela, a cuestión non debería darse por resolta. Para este investigador, o feito de que Fernan Fernandez Cogominho I formase parte da corte de Afonso III e estivese en contacto co movemento trobadoresco que se promovía nela, non pode verse como un factor determinante nin definitivo en relación á autoría dos textos. Ademais, en vista de que as cantigas de amor de don Fernan Fernandez Cogominho non se transmiten no Cancioneiro da Ajuda, e considerando que na batalla de Chinchilla combateron outros trobadores a carón de Fernan Fernandez Cogominho II, como Pai Gomez Charinho e Estevan Perez Froian (que se relacionarían coa corte de Sancho IV, onde tamén se acolleu e favoreceu o trobadorismo), V. Beltrán concluíu que: a la vista de los datos, sin forzarlos y sin arrimar el ascua a la sardina de Sancho IV, no creo que la discusión deba darse por cerrada y cabe
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 16 la posibilidad de que nos hallemos ante un autor más tardío, el Fernan Fernandez Cogominho que murió luchando junto a las tropas de nuestro rey (Beltrán 2005: 307). En vista de que existen diferentes hipóteses na identificación da figura autorial, consideramos necesario efectuar unha revisión e reavaliación dos datos dispoñibles para cada un dos dous individuos chamados Fernan Fernandez Cogominho. Así mesmo, será preciso examinar a información que nos proporcionan os textos B366bis e B1560. 2. Fernan Fernandez Cogominho I A vida de don Fernan Fernandez Cogominho I pode estudarse en consideración a dous períodos: un primeiro momento de implantación señorial nas terras do norte de Portugal de onde era orixinario, e outro posterior, cando aparece na documentación relacionado sucesivamente con Sancho II e Afonso III. 2.1. Fernan Fernandez Cogominho I: Orixes familiares e implantación inicial Don Fernan Fernandez Cogominho descende da liñaxe dos Guedões, dominadores desde o século XII dunha ampla área periférica entre o Douro e o Miño; en orixe, esta familia procedía da terra de Chaves, onde se documenta o seu ascendente don Gueda o Velho a finais do século XI. Segundo J. Mattoso (1985a: I 152-153), era ese territorio unha zona propia de homes dedicados ao pastoreo e á agricultura de subsistencia, polo que non sería estraño que os descendentes desta estirpe buscasen maior poder e acomodo noutras terras. A liñaxe dos Guedões, iniciada por don Gueda o Velho, veríase xebrada en varias familias: Aguiar (de onde derivaron os Alcoforado e os Tenro-Carnes), Barroso (que foi a orixe común dos Basto e dos Vides) e Guedeão (avoengo dos Ribeiro, dos Cogominho, dos Guedaz e dos Arões)7. Fernan Fernandez Cogominho I foi bisneto de Gomez Mendez Guedeão e 7 Para máis información sobre cada unha destas familias, véxase Pizarro 1997: II 607-714 e Ventura 1992: II 633-638.
Biografía 17 Chamoa Mendez de Sousa, e neto de Gueda Gomez Guedeão e Urraca Henriques de Portocarreiro8. O pai de Fernan Fernandez Cogominho I foi Fernan Guedaz Guedeão, que segundo o Livro de Linhagens casou dúas veces: contraeu primeiras nupcias con Maria Fogaça, e con ela tivo a Fernan Fernandez Cogominho I, deducíndose disto que el sería, probablemente, o primeiro en levar o distintivo alcume Cogominho, que con posterioridade sería un sobrenome herdado polos seus descendentes. Despois do matrimonio con Maria Fogaça, Fernan Guedaz Guedeão casaría con Mor Martins de Calvelo, e deste enlace naceu Maria Fernandez Guedeão, quen, polo tanto, foi media irmá de Fernan Fernandez Cogominho I (Mattoso 1980: II/1 355, 358 [respectivamente, 30AT2 e 30BA3]). A sucesión nos casamentos de Fernan Guedaz Guedeão que acabamos de presentar é a comunmente aceptada; porén, de acordo coas explicacións de J. A. Pizarro (1997: II 648), existe a posibilidade de que haxa unha inversión na orde9, xa que no Livro de Linhagens do conde don Pedro se presenta a Maria Fogaça como a primeira muller de Fernan Guedaz Guedeão, e máis adiante indícase que esta dona foi barragá de Nuno Pires de Bragança unha 8 Por medio desta avoa, Fernan Fernandez Cogominho I tiña relación de parentesco cos Portocarreiro. Urraca Henriques de Portocarreiro era a irmá de Sancha Henriques de Portocarreiro e de Joan Henriques de Portocarreiro. Este último foi pai de Fernan Anes, Pero Anes, Martin Anes, Gonçalo Anes, Lourenço Anes e Rui Anes de Portocarreiro. Pola súa parte, Pero Anes foi pai de Martin Pires de Portocarreiro, sobranceiro cóengo de Braga, crego e privado de Afonso III; asentouse na corte ata 1279 e despois, segundo o Livro de Linhagens do Conde Don Pedro, marchou a Castela, onde foi privado de Sancho IV; morreu en 1289 nas loitas de poder entre o seu señor, Sancho IV, e Afonso III de Aragón. Gonçalo Anes de Portocarreiro aparece xunto a Fernan Fernandez Cogominho I en Toledo, ambos relacionados a Sancho II no momento da súa morte, como testemuñas do testamento do monarca en 1248. Aínda cómpre lembrar que pertencía a esta liñaxe o trobador Pero Gonçalves de Portocarreiro, de quen, segundo Oliveira (1994: 417-418), non é posible documentar a presenza en Portugal, xa que, probablemente, viviu vinculado á corte rexia castelá durante a segunda metade do século XIII, e talvez aínda chegase a vivir durante parte do século XIV. Para máis información sobre a familia Portocarreiro, véxase Pizarro 1997: II 909-940, Ventura 1992: I 345-348, II 686-689, e Ventura 2000. 9 Segundo Pizarro (1997: II 648), un cambio na sucesión dos casamentos de Fernan Fernandez Guedeão ten repercusións na orde de nacemento dos fillos, sen que se poida establecer de maneira determinante cal foi o descendente máis vello, en vista dos datos dispoñibles.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 18 vez viúva de Fernan Guedaz Guedeão, o que só podería ser certo se ela fose a segunda esposa do Guedeão. Ademais, nese episodio reproducido no Livro de Linhagens, dísenos que Maria Fogaça e Nuno Pirez de Bragança tiveron dous fillos, Rui Nunes e Fruilhe Nunes, que, por conseguinte, serían medio irmáns de Fernan Fernandez Cogominho I por vía materna: Este Nuno Pirez de Bragança, seendo casado com dona Elvira Meendez, filha de dom Meem Moniz de Riba de Doiro, depois que fez em ela dona Orraca Nuniz, leixou-a e nom curou mais dela, e roussou dona Maria Fogaça e teve-a por barregãa depois da morte de Fernão Gedaz, seu marido, e fez em ela Rui Nuniz e dona Fruilhi (Mattoso 1980: I/1 445 [38G6]). Considérase que o nacemento de Fernan Fernandez Cogominho I acontecería a principios do século XIII; Ventura (1992: II 633) propuxo que a data sería próxima a 1200, baseándose en que o sobriño de Fernan Fernandez Cogominho I, Nuno Martins de Chacim, naceu en 1218 aproximadamente10. Non dispoñemos de moitos datos da vida de Fernan Fernandez Cogominho I durante esta primeira etapa, pero podemos pensar que permanecería asentado na área xeográfica de orixe dos Guedões que, como xa anunciamos, estaba localizada no concello de Chaves e nas súas proximidades. Esta afirmación ten base nunha serie de datos illados relativos á obtención de propiedades e beneficios que, mediante diversos modos, Fernan Fernandez Cogominho I logrou neses anos anteriores á súa presenza na corte. As Inquirições de Afonso III son importantes para coñecer un pouco mellor este período inicial da vida do nobre. Mercé a esta fonte, sábese que Fernan Fernandez Cogominho I gozaba de dous casais na freguesía de San Pedro de Agostém, por medio de doazóns: un deses casais estaba situado no lugar de Paradela e fóralle outorgado por Ermigio Esteves (Inq. 1362b), e o outro atopábase en Sesmil e foi unha cesión do concello de Chaves (Inq. 1362b). O concello tamén o beneficiou con dous terzos dun casal na freguesía de Vilar de Nantes (Inq. 1353b, 1354a/b). Coñécese, así mesmo, que Fernan Fernandez Cogominho I recorreu ao amádego para ampliar o seu 10 Este Nuno Martins de Chacim era o fillo de Martin Pirez de Chacim e de Fruilhe Nunes, que, como acabamos de explicar, era media irmá de Fernan Fernandez Cogominho I.
Biografía 19 poder á igrexa de Friões, na freguesía de San Miguel de Cernadela, no xulgado de Mirandela (Inq. 1271b). As doazóns ou adquisicións non foron as únicas formas que tivo este Guedeão de incrementar as súas propiedades. A libre toma de posesión de moitos bens, situados en diversas freguesías, mais fundamentalmente dentro do concello de Chaves, denunciouse nas Inquirições ordenadas por Afonso III en 1258. Así, recóllese que Fernan Fernandez Cogominho I levou a cabo a usurpación dalgúns dominios reguengos, que, probablemente, fixera seus durante o desordenado reinado de Sancho II; en concreto, dentro dos límites do concello de Chaves, apoderouse dunha herdade en Loivos (Inq. 1363a) e doutra no lugar de Izei (freguesía de Samaiões) (Inq. 1361b), onde tamén tomou posesión dunha viña (segundo o cadro de bens de Fernan Fernandez Cogominho que reproduce Ventura 1992: II s/n)11. Fixo súas unha vila en Vilar de Nantes (Inq. 1354 a/b)12, unha igrexa na freguesía de San Julião de Montenegro (Inq. 1360b), e a ermida coñecida como Cela de Abadiom en Fermedo (na freguesía de Santa Maria de Fermedo) (Pizarro 1997: II 650- 651). Apropiouse dun casal reguengo no lugar de Vila Nova (na freguesía de San Estevão de Chaves) (Inq. 1364b), e doutro casal en San Pedro de Agostém (Inq. 1361b). As Inquirições de Afonso III, ademais de dar conta das cesións e usurpacións referidas, revelan a tenencia de bens por parte do nobre no concello de Vila Pouca de Aguiar e de media vila na freguesía de Valoura (Inq. 1373a). Na mesma fonte, existe unha referencia ao exercicio do poder de Fernan Fernandez Cogominho I como señor das terras que lindan entre Chaves e Soutelo; nese documento é mencionado xunto á súa irmá, Maria Fernandez, por prohibiren apañar leña, pastar o gando e cultivar cereal no interior dos seus límites (Inq. 1527b). 11 Ventura (1992: II s/n [nota 4 ao cadro de bens de Fernan Fernandez Cogominho]) indica que esta viña de Penso foi doada o 14 de agosto de 1288 ao arcebispo de Braga, quen a trocou pola viña de Marnel, na freguesía de S. Cristovão de Asperões (Braga), coa obriga de celebrar o aniversario pola súa alma e polas de Fernan Fernandez Cogominho e Joana Dias. 12 Tras a usurpación fíxose cunha quinta neste lugar, e esa quinta e a vila foron doadas pola súa viúva Joana Dias á Sé de Braga, segundo L. Ventura (1992: II s/n [nota 6 aos cadros de bens de Fernan Fernandez Cogominho]).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 20 Con probabilidade, Fernan Fernandez Cogominho I gozou dun pazo en Soutelo por dereito, segundo se deduce da presenza do escudo de armas da familia Cogominho gravado en pedra. O brasón desta liñaxe consistía en cinco chaves en prata dispostas sobre un fondo vermello; é probable que Fernan Fernandez Cogominho I fose o primeiro en levar este emblema, en tanto que as orixes da heráldica portuguesa se sitúan próximas aos mediados do século XIII13. 13 Para máis información sobre este escudo de armas, véxase o traballo de J. G. Calvão Borges (1994: 113-118). A reprodución que ofrecemos está tirada da edición de Borges (2000: 112).
Biografía 21 2.2. Fernan Fernandez Cogominho I: Presenza na corte, funcións e poderes O documento máis antigo que inclúe unha referencia a Fernan Fernandez Cogominho I é o testamento de Sancho II, que se asinou en Toledo con data do 3 de xaneiro de 1248, onde o nobre aparece nomeado en calidade de testemuña (Ventura 1992: II 637). Boa parte dos privados e cortesáns xa abandonaran o monarca portugués no momento da súa morte, polo que a presenza de Fernan Fernandez Cogominho I en Toledo pode entenderse como un indicio da súa vinculación e fidelidade a Sancho II nos anos precedentes á morte e ao exilio castelán en 1247. En vista disto, é posible que Cogominho I prestase o seu apoio ao rei contra o conde Afonso durante a guerra civil de 1245-124714. De acordo con L. Ventura (1992: II 637), os primeiros contactos de Fernan Fernandez Cogominho I coa corte portuguesa de Sancho II talvez poderían situarse nos inicios da década dos corenta, porque nesa altura se encontraban na corte varios parentes, membros da familia Portocarreiro: Lourenço Anes de Portocarreiro (a partir de 1239) e Gonçalo Anes de Portocarreiro (desde 1240). Ademais, algúns dos Portocarreiro foron importantes defensores de Sancho II; ese foi o caso de Martin Anes de Portocarreiro, que obtivo por beneficio do seu servizo doce casais na aldea de S. Pedro de Deão, en Geraz, no concello de Viana do Castelo (Ventura 2000: 99). A partir de xuño de 1253, Fernan Fernandez Cogominho I aparece na documentación portuguesa15 e permanecería de forma máis ou menos regular na corte de Afonso III, feito que se constata do seu exercicio como testemuña en diversos documentos emanados da chancelaría. Esta relación co novo monarca portugués podería ter que ver coa rápida e xeral aceptación, por parte da nobreza portuguesa, de Afonso III como herdeiro lexítimo despois da morte de Sancho II. Ademais, o Bolonhês soubo premiar a aqueles que, nos anos previos ao seu reinado, lle prestaran servizo durante a guerra, mais eses non foron os únicos beneficiados, xa que, por medio de 14 Para máis información sobre este convulso período, véxase Ventura 2009: 87-100. 15 A primeira documentación data de 1253, rexistrándose nun texto da chancelaría de Afonso III (Oliveira / Ventura 2006: I/1 22-23 [doc. 8]).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 22 concesións, o novo rei tentou atraer cara a si a outros nobres que apoiaran a Sancho II16. Ademais, o feito de que Afonso III non castigase os nobres que permaneceran fieis a Sancho II durante o conflito influíu, probablemente, en que non existise oposición desde os primeiros anos do seu reinado (Mattoso / Sousa 1993: II 132-133). Non se coñece cal foi o lugar de asentamento nin as actividades de Fernan Fernandez Cogominho I durante o período comprendido entre 1248, cando se rexistra como unha das testemuñas do testamento de Sancho II, e 1253, data en que o nobre reaparece na documentación portuguesa. É posible que, despois do falecemento de Sancho II, regresase ás súas terras de orixe e ficase alí durante ese tempo; tamén pode ser que permanecese en Castela ata 1253 e nese ano volvese a Portugal formando parte do séquito de dona Beatriz, xa que foi en maio de 1253 cando se celebrou en Chaves o casamento de Afonso III e a filla de Alfonso X. Sexa como for, o certo é que partir de 1253 encontramos frecuentes referencias a Fernan Fernandez Cogominho I nos documentos chancelerescos. En numerosas ocasións, o seu nome aparece conformando a lista de testemuñas, deixando constancia da súa presenza na corte de forma máis ou menos continua desde 1253 ata 1277; noutros casos, Fernan Fernandez Cogominho I é unha das partes interesadas nunha compra, venda ou cesión. Son numerosos os textos da chancelaría afonsina que durante ese período confirman o contacto entre Fernan Fernandez Cogominho I e importantes trobadores relacionados ao círculo cortesán de Afonso III, como Gonçalo Garcia, Joan Perez d’Aboin, Afonso Lopez de Baian, Men Rodriguez de Briteiros ou Joan Soarez Coelho. Fernan Fernandez Cogominho I desenvolveu varios cargos de poder: foi tenente do castelo de Chaves (1262) e do de Coimbra (1266)17, aínda que 16 Un caso paradigmático foi o de Gil Martins de Riba de Vizela, que acompañara no exilio a Sancho II, e a quen Afonso III nomeou mordomo-mor en maio de 1253; outro exemplo é o de Pero Anes de Portocarreiro, que xa aparece na corte de Afonso III en xaneiro de 1251 (Ventura 2000: 99 e 2009: 216). 17 «O historiador setecentista de Santarém, padre Inácio da Piedade e Vasconcelos, escreve que Fernando Fernandes foi senhor de Chaves e alcaide-mor de Coimbra e que a sua mulher foi senhora de Atouguia e prima do célebre S. Frei Gil de Santarém a quem mandou lavrar o túmulo e erguer capela no mosteiro de S. Domingos» (Beirante 1980: 83).
Biografía 23 «não se trata da tenência de terra, mas de castelo, dado que Fernão Fernandes Cogominho nunca atingiu a rico-homia» (Ventura 1992: II 633). Este Cogominho documéntase tamén como Alcaide-mor de Montemor-o- Velho en 1266 (Ventura 1992: II 633). Ademais, segundo Michaëlis, Fernan Fernandez Cogominho I foi privado de Afonso III, en vista da existencia de documentos en que aparece o nome do nobre «isolado nas immediações do monarca» e «em vista das formulas benevolas, empregadas em uma das cartas de doação do Bolonhês com respeito a Fernam Fernandes seu dilecto e fiel vassallo e sua esposa, clientula nostra, formulas que louvam os grandes serviços prestados por ambos á coroa» (Michaëlis 1990: II 552-553). Certamente, a expresión rege mandante per Fernandum Fernandi Cogominum rexistrada en documentos da chancelaría de Afonso III, con data de 1271 e 127218, parece confirmar a conxectura de dona Carolina. O nobre foi un dos correctores nomeados por Afonso III, en decembro de 1273, que tiñan por tarefa emendar certos agravios cometidos polo rei e por outros do seu reino; a carta tivo a súa orixe nunha disposición papal mediante a que se recomendaba que Afonso III corrixise as súas faltas contra o clero, a nobreza e os concellos19. No documento, a carón de Fernan Fernandez Cogominho I figuran os nomes de Afonso Lopez de Baian, Men Rodriguez de Briteiros, Nuno Martins (sobriño deste Cogominho) e Joan Soarez Coelho, entre moitos outros membros da corte designados para exercer esa función. No tocante aos vínculos fixados nesta segunda etapa da súa vida, é imprescindible facer referencia ao matrimonio de Fernan Fernandez Cogominho I con dona Joana Dias, señora de Atouguia, que era filla de Boa Peres e do miles Vicente Dias de Coimbra, alcaide de Coimbra en 1225 e so- 18 Aparece en dous documentos que corresponden aos textos 435 e 457 da edición de Oliveira / Ventura (2006: I/2 35, 56-57). 19 Na mesma carta, faise constar que «o papa enviava dizer e rogar que era saude de mha alma e onrra de meu corpo, e gram proee e grande assessegamento de meu stado e de meu reyno, e que o al poderia seer gram danno e gram perigoo meu e de meus filhos e de meus vassalos e de meu reyno, e sobr’esto mandey chamar meus ricos homees e as ordiis e os concelhos do meu reyno, e figi mha corte cum eles en Sanctaren» (Oliveira / Ventura 2006: I/2 171-173 [documento 590]).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 24 brexuíz do rei Afonso III desde 1250 ata 125620. O enlace debeu efectuarse despois da aparición do Guedão na corte de Sancho II, que, como indicamos, podería datarse na década de 1240, nos anos anteriores ao exilio do monarca. A primeira documentación en que aparecen nomeados conxuntamente o dilectus et fidelis vasalus de Afonso III e dona Joana Dias é unha doazón rexia que data de 12 de febreiro de 1257 (Oliveira / Ventura 2006: I/1 117- 118 [documento 107]), mediante a que o Bolonhês lles cedía media vila e media igrexa en Chacim, no concello de Macedo de Cavaleiros. O feito de que este sexa o primeiro texto en que aparecen referidos conxuntamente, fixo que unha parte da crítica pensase que esta cesión real se realizaría con motivo do casamento, e, daquela, o enlace dataría aproximadamente de 1257. Así, segundo L. Ventura: a doação régia da herdade de Chacim, apesar de não o deixar expresso, constituiu uma donatio propter nuptias. Além disso fundamenta esta minha hipótese o facto de em 1254 ainda Fernão Fernandes Cogominho ser referido sozinho no préstamo que lhe é concedido pela Ordem de Avis, enquanto pelo menos desde Fevereiro de 1258 está já com a sua esposa dispondo de bens do património dela, pouco depois da morte de seu pai, Vicente Dias (Ventura 1992: II 634). Porén, A. Resende de Oliveira (1994: 337-338) e J. A. Pizarro (1997: II 51) admitiron que o casamento puido ser anterior a mediados do século. Desde o noso punto de vista, existen dous motivos principais para defender esta hipótese: en primeiro lugar, segundo M. Â. V. da Rocha Beirante (1980: 83), hai un documento de 1268 que rexistra a venda dunhas casas que Fernan Fernandez Cogominho I e Joana Dias posuían na parroquia de Santo Estêvão de Santarém ao seu fillo Afonso Fernandez, con indicación expresa de que as 50 libras do beneficio desta venda fosen destinadas á compra doutra propiedade. Segundo o Livro de Linhagens (Mattoso 1980: II/1 355 [30AT4]), Afonso Fernandez Cogominho sería o terceiro fillo do matrimonio e, polo tanto, se o enlace se celebrase próximo a 1257, Afonso Fernandez Cogominho sería excesivamente novo para tomar parte nunha transacción deste tipo en 1268. 20 Para máis información sobre este nobre, véxase Ventura 1992: II 654-657.
Biografía 31 tenzas devolveron ao rei (Pizarro 1997: II 652). Na época en que se realizaron esas Inquirições, Fernan Fernandez Cogominho II debía ter arredor de 40 anos, se tomamos como data de referencia aproximada a do casamento de Fernan Fernandez Cogominho I e Joana Dias, que, como xa se explicou, debeu acontecer antes de mediar o século XIII. Por outra parte, o Livro de Linhagens do conde don Pedro informa do falecemento de Fernan Fernandez Cogominho II, que tería lugar en 1290: Este dom Fernam Fernandez Cogominho foi casado com dona Johana Diaz, filha de dom Vicente Diaz de Co[i]mbra, que foi mui rico e muito honrado, e fez em ela Fernam Fernandez Cogominho, que morreo na lide de Chinchela, como mui boo cavaleiro; e houve outro que houve nome Nuno Fernandez Cogominho, que foi mui boo cavaleiro, e foi almirante d’el rei dom Denis de Portugal; e houverom outro filho que houve nome Afonso Fernandez, que foi coonigo e tesoureiro de Lixboa e coonigo de Palença e arcediano de Cerato; e outro filho que houve nome Gonçalo Fernandez; e outro filho que houve nome frei Martim Fernandez, que foi frade de Sam Francisco. E o sobredito Fernam Fernandez Cogominho, que morreo na lide de [Chinchela], nom houve semel (Mattoso 1980: II/1 355 [30 AT4-5]). Malia que nesta fonte se declara que Fernan Fernandez Cogominho II non tivo descendencia, Pizarro, a partir das súas investigacións, atribúelle un fillo chamado Gil Fernandez27. No libro do conde don Pedro anúnciase que Fernan Fernandez Cogominho II «morreo na lide de Chinchela, como mui boo cavaleiro» (Mattoso 1980: II/1 355 [30 AT4]). Michaëlis identificou esa batalla coa loita de Cabrera, en Chinchilla28: 27 Pizarro (1997: II 652-653) documenta por primeira vez este individuo en 1305, xunto ao seu tío Afonso Fernandez Cogominho, Tesoureiro da Sé de Lisboa, en calidade de testemuña dunha compra efectuada polo deán da Sé. En 1319, Gil Fernandez reaparece nunha venda de bens que posuía en Urzelhe (concello de Miranda do Corvo), casado con Constança Fernandez Barreto. 28 No Livro de Linhagens a morte contextualizase primeiro na «lide de Chinchela» e, unhas liñas máis abaixo, aparece por erro a «lide de Chacim» (Mattoso 1980: II/1 355 [30 AT4- 5]). Michaëlis foi a primeira en advertir este lapsus, explicando que Chacim, lugar en que houbera unha célebre batalla, sería unha nota marxinal seguindo o nome Cogominho, dado que a familia tivo propiedades alí por doazón de Afonso III, de tal maneira que: «Um copista ignorante, presumindo que a nota se referia á batalha, introduziu posteriormente o passo grifado no texto» (Michaëlis 1990: II 552).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 32 A meu vêr, trata-se de Chinchilla de Albacete em Hespanha, nas margens do rio Júcar, onde o magnate rebelde D. Juan Nuñez de Lara desbaratou com 300 a cavalho todo o poder do formidando Sancho o Bravo, que passava de 1400 homens de armas, ganhando dezasete pendões e signaes que levou a Valencia de Aragão. Entre as mesnadas do rei castelhano iam dois fidalgos trovadores cuja vida já contei: Pay Gomes Charinho e o português D. Estevam Peres Froyam. Presumo que Fernam Fernandes Cogominho estava con eles. O caso deu-se em 1290, conforme o chronista (Michaëlis 1990: II 552). A historia dá conta da relación sempre tensa e inestable entre Juan Núñez de Lara e Sancho IV, de que é mostra a batalla de Chinchilla29. Mais a loita de Chinchilla non se produciu só pola rivalidade entre o nobre e o rei castelán, senón tamén pola intervención de terceiros, en especial dos conselleiros de Sancho IV, a quen M. Gaibrois denominou «partido portugalés», debido á afinidade coa lingua galego-portuguesa; entre eles, Gaibrois subliñou a presenza de «don Martín, obispo de Astorga; don Pay Gómez Charino, vuelto ya a la corte; Alfonso Godíanez y Esteban Pérez Florián» (Gaibrois de Ballesteros 1928: II 67). Non existe certeza de en cal dos dous bandos en contenda participaría Fernan Fernandez Cogominho II, se a carón de Sancho IV ou ao lado do Núñez de Lara. É posible que estivese nas filas que defendían os intereses do monarca, porque certos familiares dos Cogominho, membros da liñaxe Portocarreiro, prestaban servizo a este rei de Castela e exercían cargos de 29 Despois de amparar os orfos do príncipe herdeiro Fernando de la Cerda baixo a súa protección, o señor de Lara declarou abertamente a súa oposición ao infante don Sancho. A cuestión dificultouse cada vez máis, sobre todo debido ao gran poder e á violencia exercida por Juan Núñez. Nesta situación, Sancho IV, sendo xa rei de Castela, e aliándose con Pedro III de Aragón, decidiu confiscar a don Juan o señorío de Albarracín en 1284 (propiedade do magnate grazas ao seu matrimonio con dona Teresa Alvarez de Azagra). Daquela, Juan Núñez de Lara marchou para Francia e alá residiu, ata que en 1289 se presentou ante o rei castelán en Guadalajara, baixo o respaldo de embaixadores franceses. Malia o seu regreso, o nobre seguiu sen prestarlle a súa confianza a Sancho IV ata que se produciu a guerra entre Aragón e Castela. Rapidamente a poderosa e influínte posición do Núñez de Lara provocou envexa entre os cortesáns do monarca, dando lugar a unha trama que tería como consecuencia a referida batalla de Chinchilla en 1290 (Gaibrois de Ballesteros 1928: II 59- 82; Krus 1994: 232).
Biografía 33 poder e prestixio na corte30. Tamén se localizaba no medio cortesán castelán Afonso Godins, natural de Coimbra, que exercía de privado real, e a súa liñaxe estaba vinculada á familia Cogominho desde que Maria Godins de Coimbra casou con Pero Fernandez Cogominho. A presenza dun nutrido grupo portugués arredor de Sancho IV de Castela, e a vinculación a esta corte dalgúns coñecidos e parentes de Fernan Fernandez Cogominho II (en especial, a relación que mantiñan certos membros da familia Portocarreiro, por desenvolveren diversos cargos de relevancia), leva a hipotetizar que existise algunha relación entre este Cogominho e a corte de Sancho IV, así como que formase parte do exército rexio que loitou na batalla albaceteña. Indo máis alá na suposición: se Fernan Fernandez Cogominho II estivo vinculado á corte castelá e loitou no bando de Sancho IV, é probable que establecese contacto cos trobadores que se localizaban na corte. A pesar da breve duración do goberno deste monarca, que foi, ademais, un reinado caracterizado polas circunstancias de recesión económica e de frecuentes guerras civís, na corte desenvolveuse unha importante actividade trobadoresca, localizándose proximamente a Sancho IV un grupo de poetas relevantes pola súa produción literaria: o crego Airas Nunez, o abade de Valadolide don Gomez Garcia, Gil Perez Conde, Joan Vasquiz de Talaveira, Per’Eanes Marinho, Airas Paez, Caldeiron, Men Rodriguez Tenoiro e Rodrigu’Eanes Redondo, ademais de 30 Así, entre os parentes dos Cogominho que aparecen documentados con algunha función cortesá podemos referir a Joan Lourenço de Portocarreiro, que formou parte dunha comitiva enviada por Sancho IV de Castela a Francia en 1286. Tamén estaba nese séquito o fidalgo Martin Perez de Portocarreiro, que fora cóengo de Braga, privado de Afonso III e aio do infante Afonso; este Martin Perez morreu ao servizo do rei castelán en 1289, defendendo a fortaleza de Morón do ataque de Afonso III de Aragón. Outro membro dos Portocarreiro relacionado coa corte de Sancho IV foi Martin Fernandez de Portocarreiro I, que aparece como testemuña nun documento do mosteiro das Huelgas de Burgos en 1300; estivo presente na sentenza de don Dinis cando o rei desenvolveu o papel de mediador da paz entre Castela e Aragón en 1304. Ademais, este Portocarreiro casou con Ines Frederico de Lombardia e os seus fillos exerceron as funcións de privado e meiriño mor no Reino de Castela (Gaibrois de Ballesteros 1928: I 93; Pizarro 1997: II 934-937).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 34 Estevan Perez Froian e Pai Gomez Charinho, ambos partícipes na batalla de Chinchilla de 129031. En vista destas conxecturas, se Fernan Fernandez Cogominho II se encontraba na corte castelá de Sancho IV, puido establecer contacto cos trobadores que alí estaban, integrándose nun ambiente onde tamén se propiciou o trobadorismo. 4. O testemuño das composicións B366bis e B1560 A identificación do autor das composicións en estudo pasa igualmente pola análise de dúas cantigas que se transmiten no Cancioneiro da Biblioteca Nacional: a composición [V]eeronm’ora preguntar, B366bis, é da autoría de Fernan Fernandez Cogominho, e nela o trobador declara que perdeu o sén a causa dunha sobriña súa. A outra cantiga é O arraiz de Roi Garcia, B1560, de Afonso Mendez de Besteiros, que é unha sátira dirixida a Roi Garcia e, nun dos versos, inclúe unha mención a un Cogominho. 4.1. [V]eeronm’ora preguntar de Fernan Fernandez Cogominho Na composición [V]eeronm’ora preguntar alúdese, sen nomeala, a unha sobriña do trobador. A primeira en analizar esta cuestión foi C. Michaëlis, que pesquisou entre a xenealoxía da familia Cogominho cal podía ser a sobriña que inspirara o cantar, entendendo que a identificación desa muller sería un indicio útil para concretar cal dos dous homónimos foi o autor. Desde o traballo de Michaëlis ata a actualidade, o avance nos estudos das liñaxes portuguesas pon á nosa disposición datos que a editora alemá descoñecía, polo que cómpre facer unha reavaliación tendo en consideración esas novas informacións32. 31 Para máis información sobre a actividade literaria e cultural no período correspondente ao reinado de Sancho IV, véxase Alvar / Lucía Megías 1996, Beltrán 1993b, Beltrán 2005: 302-331; e sobre os trobadores arriba referidos, vinculados á corte castelá de Sancho IV, véxase Oliveira 1994: 318, 333, 350-351, 352-353, 373-374, 389-391, 400-401, 429-430. 32 Anteriormente, en González 2009b, avanzamos unha análise desta cuestión, presentando cales poderían ser as mulleres da familia Cogominho en quen se podería inspirar o autor para elaborar o cantar.
Biografía 35 Na árbore xenealóxica dos Cogominho, compróbase que para Fernan Fernandez Cogominho I existen varias sobriñas documentadas. Por un lado, a media irmá de Fernan Fernandez Cogominho I, dona Maria Fernandez Guedeão, estivo casada con Pero Pires de Vides, descendente da familia dos Barroso, e tiveron tres fillos: Aires Pires de Vides Farpas de Burel, Maria Pires de Vides e Teresa Pires de Vides. Estas dúas mulleres foron, polo tan- to, sobriñas de Fernan Fernandez Cogominho I e puideron deixar a súa pegada na cantiga. Por outra parte, seguindo as indicacións do Livro de Linhagens (Matoso 1980: II/1 443, 445 [38E6, 38G6]), Maria Fogaça, nai de Cogominho I, e Nuno Pirez de Bragança tiveron dous fillos: Rui Nunes de Bragança Coldre e Fruilhe Nunes de Bragança. Esta última dona estivo casada con Martin Pirez de Chacim, e os fillos do matrimonio foron: Nuno Martins de Chacim, Alvaro Martins de Chacim, Maria Martins de Chacim e Sancha Martins de Chacim. Estas dúas donas foron tamén sobriñas de Fernan Fernandez Cogominho I. En síntese, na actualidade coñecemos catro donas que foron sobriñas de Fernan Fernandez Cogominho I: Maria Pires de Vides, Teresa Pires de Vides, Maria Martins de Chacim e Sancha Martins de Chacim. De Maria Pires de Vides coñécese que estivo casada primeiro con Rui Vasques Quaresma, máis tarde con Diogo Gomes de Sandoval e que, por último, foi «raptada» por Men Cravo. Sábese que este foi tenente de Lanhoso e, durante o conflito entre Sancho II e o conde Afonso, posicionouse a favor do Bolonhês, pasando á historia como un dos traidores ao monarca. O Livro de Linhagens de don Pedro, conde de Barcelos, testemuña o importante papel que Rui Gomes de Briteiros33, nobre relacionado á familia dos Guedas, xogou nese feito: 33 Lembraremos, ademais, que, aproximandamente en 1230, Rui Gomes de Briteiros foi protagonista do sonado rapto de dona Elvira Anes da Maia, que deixou pegadas na produción trobadoresca con cantigas como Pois nom ei de Dona Elvira, atribuída ao propio Rui Gomes de Briteiros, e Pois bõas donas som desemparadas de Martin Soarez (Miranda 1996 e 2011). Para máis información sobre a importancia do rapto na época medieval e dalgunhas das pegadas que estes sucesos deixaron na lírica galego-portuguesa, remitimos a Miranda 1996.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 36 Este Meem Cravo, donde decendem estes suso ditos, teve o castelo de Lanhoso de mão de dom Godinho Fafez, a que fez menagem por ele. E dom Godinho Fafez tiinha o castelo d’el rei dom Sancho Capelo, a que fezera menagem por ele. E este Meem Cravo deu este castelo de Lanhoso a el rei dom Afonso, quando era conde de Bolonha, por preitesia que lhe trouve dom Rodrigo Gomez de Briteiros, que era parente de dona Maria Pirez de Vides, que o dito Meen Cravo rousara per foça, e tiinha-a no castelo. E ficou por treedor este Meem Cravo, pelo castelo que nom deu a dom Godinho Fafez, a que fezera menagem por ele, nem a el rei, cujo castelo era (Mattoso 1980: II/2 45 [47C4]). Segundo J. C. Ribeiro Miranda, «o rapto é uma acção que atinge uma inusitada frequência, mas dentro de uma cronologia bem restrita e precisa: do último terço do século XII até ao terceiro quartel do séc. XIII» (Miranda 1996: 14). Neste caso, pola información que brindan os Livros de Linhagens podemos situar o rapto de Maria Pires de Vides con certa anterioridade á traizón de Men Cravo durante o conflito entre Sancho II e o conde Afonso, xa que a dona aparece ao lado do alcalde de Lanhoso no momento en que este cede o seu castelo. Ademais, Roi Gomes de Briteiros era familiar de Maria Pires de Vides e intervén porque, segundo L. Ventura: «Tratar-se-ia, em última análise de uma troca: Mem Cravo passar-se-ia para o lado do conde e Rui Gomes fecharia os olhos ao rapto por ele perpetrado em Maria Peres de Vides» (Ventura 2009: 93). Outra das sobriñas de Fernan Fernandez Cogominho I foi Teresa Pires de Vides. Desta dona, sábese que casou con Martin do Monte I, que morreu na batalla de Poiares; despois casou con Fernan Baveca (talvez parente de Joan Baveca? Véxase Souto Cabo [no prelo]) e, por último, en terceiras nupcias contraeu matrimonio con Joan Rodriguez da Castanheira (Pizarro 1997: II 634, Michaëlis 1990: II 554). As outras dúas sobriña de Cogominho I foron: Maria Martins de Chacim, que foi a primeira esposa de Roi Perez Rebotim, que, tras a morte dela, volveu casar en segundas nupcias con Maria Martins de Condeixa (Mattoso 1980: II/1 450 [38U2], 370 [32A5]). Sancha Martins de Chacim estivo casada con Nuno Garcia de Touro e foi nai de Gomez de Touro e Tareija Nuniz de Touro (Mattoso 1980: II/1 450 [38V7]); despois de enviuvar entrou no mosteiro de Santos e figura na documentación como comendadeira entre 1278 e 1283 (Pizarro 1997: I 243-244, 440).
Biografía 37 A Fernan Fernandez Cogominho II coñécenselle dúas sobriñas: Maria Nunes e Ines Nunes, fillas de Nuno Fernandez Cogominho e de Margarida Alvernaz de Lisboa. Porén, Fernan Fernandez Cogominho II faleceu, probablemente, antes de que nacese (ou sería moi pequena) Maria Nunes, a máis vella das súas sobriñas, en vista de que os seus pais, Nuno Fernandez Cogominho e Margarida Alvernaz de Lisboa, aparecen xuntos por vez primeira nun documento de compra de 1307, e ela preséntase na documentación a partir de 1318 (Pizarro 1997: II 661). Maria Nunes casou con Joan Afonso Tição en 1320 e, máis tarde, en 1332 con don Afonso Pires de Aragón. Menos probable é aínda que a composición faga referencia á súa irmá menor, Ines Nunes, prioresa do mosteiro de Celas de Coimbra en 1326, e non documentada nos Livros de Linhagens (Pizarro 1997: I 65). Como dixemos, Michaëlis dispuña de menos informacións que as que se coñecen na actualidade, e unicamente considerou a posiblidade de que a dona aludida na cantiga fose Teresa Pires de Vides, sobriña de Fernan Fernandez Cogominho I, ou Maria Nunes, sobriña de Fernan Fernandez Cogominho II. A pesar de que os datos biográficos para Maria Nunes eran escasos, Michaëlis chegou á conclusión de que non podía ser ela a muller da cantiga por razóns cronolóxicas34, e considerou máis probable que fose Teresa Pires de Vides. Da mesma maneira que a editora alemá, vemos pouco probable que a sobrinha do cantar sexa Maria Nunes ou a súa irmá máis nova, Ines Nunes. Porén, actualmente, o abano de posibilidades ampliaríase a catro mulleres, todas sobriñas de Fernan Fernandez Cogominho I: Teresa Pires de Vides, a súa irmá máis vella Maria Pires de Vides, Maria Martins de Chacim e Sancha Martins de Chacim. Entre elas, distínguese Maria Pires de Vides, a quen «rousara per força» Men Cravo, un individuo que pasou á historia como un alcalde traidor a Sancho II, e as pegadas que deixou no Livro de Linhagens poderían verse, talvez, como un indicio da repercusión social que acadou este suceso. O rapto de Maria Pires de Vides e o posterior pacto entre Roi Gomes de Briteiros e Men Cravo podería ser razón para que, en datas próximas aos feitos, un familiar compuxese unha cantiga para lembrar esa 34 «É porém impossivel que esta Maria Nunes, filha do almirante Nuno Fernandes, esposa de um principe que nasceu depois de 1297, e portanto neta de Cogominho I, podesse ser celebrada por algum dos dois» (Michaëlis 1990: II 553).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 38 dona e, debido a que ela foi “moeda de cambio” no acordo dos nobres, o cantar aínda podería estar a conmemorar e denunciar, de forma indirecta, o indecoroso acto traidor. Se isto fose así, tendo en consideración que Fernan Fernandez Cogominho I foi, ademais, fiel partidario de Sancho II ata a súa morte en 1248, a suposición de que este puidese ser o autor da composición cobra maior forza. 4.2. O arraiz de Roi Garcia de Afonso Mendez de Besteiros O segundo dos testemuños literarios é, como xa anunciamos, unha cantiga de escarnio atribuída no Cancioneiro da Biblioteca Nacional a Afonso Mendez de Besteiros. Este cabaleiro portugués sería adulto na época da guera civil e aínda estaría vivo en 1290, data en que aparece como testemuña dunha doazón. Como trobador, estaría activo na década dos corenta, como se deduce dun dos seus escarnios políticos (B1559), onde se denuncia a traizón dun alcalde ao monarca durante os anos do conflito portugués; outra das súas sátiras (B1558) fai vilipendio da covardía dun cabaleiro non identificado, tendo, probablemente, contexto nas campañas andaluzas de Alfonso X. Malia estes desprazamentos da corte portuguesa de Sancho II á corte castelá de Alfonso X, a cantiga de escarnio que aquí nos interesa, O arraiz de Roi Garcia (B1560), remite á corte do Bolonhês, tanto pola figura do escarnizado, identificado con Roi Garcia de Paiva, conselleiro de Afonso III, como polos topónimos Leiria e Santarém, así como a mención a cas del-Rei. Ademais, na terceira cobra aludese a un Cogominho35. Tradicionalmente, o valor da sátira ficou escurecido pola presenza de varias expresións pouco transparentes (arraiz, desseino-o e enlinho-o), localizadas no incipit e nos versos do refrán intercalar. De aquí que a proposta textual de Lapa (1995: 58) incluíse unha emenda no segundo verso do refrán intercalar (corrección seguida por Lopes 2002: 115), consistente en enseino-o, entendendo que: «D. Rui Garcia, que teria relações homossexuais com um seu capitão: quando vivia com ele, desseinava-o, 35 Para máis información sobre as sátiras B1559 e B1558, véxase Beltrán 2007: 43-44, González 2012a e 2012b, Michaëlis 2004: 175-217, Santos 2009: 46-49. Para máis información sobre a sátira B1560, véxase González (no prelo) e 2012c, Oliveira 2002/2003.
Biografía 39 isto é, tirava-lhe a gordura; quando se ausentava, o arrais tornava a engordar, enseinava» (Lapa 1995: 58). Porén, esa emendatio é innecesaria e baséase nunha interpretación do texto que nos parece incorrecta. A expresión arraiz ten o valor ‘tecido producido en Arras’, como propuxo Oliveira anteriormente (2002/2003), e, desde a nosa perspectiva, os verbos desseinar e enlinhar equivalerían a ‘lavar’ e a ‘zurcir’, respectivamente (unha proposta crítica do texto acompañada dunha explicación detallada dos termos conflitivos, pode lerse en González [no prelo]). O arraiz de Roi Garcia que en Leirea tragia desseinoo; e pois vẽo outro dia, 5 enlinhoo. Non vos foi el de mal sén [e] serviusse del mui ben, desseinoo; e pois vẽo a Santaren, 10 enlinhoo. Non vos foi del mui mezquinho, per como diz Cogominho, desseinoo; e pois morreu don Martinho, 15 enli[nhoo.] Ainda vos eu máis direi per quant’eu del vej’e sei: desseinoo; e pois vẽo a cas del-Rei, 20 enli[nhoo.]
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 40 Desde o noso punto de vista, a orixe do escarnio parece residir no fei- to de que o escarnizado, Roi Garcia, cumpría co ritual de desseinar (‘lavar’) e enlinhar (‘zurcir’) o arraiz cada vez que se presentaba en cas del-Rei. Con probabilidade, unhas maneiras de «arranxarse» como as que se propoñen non se adecuarían ao «protocolo» da época, nin se adaptarían ao tacitamente establecido entre os nobres cortesáns. As razóns que obrigarían a Roi Garcia a reutilizar un pano en tales condicións son para nós descoñecidas, aínda que é posible que fosen máis ou menos evidentes para aqueles que se relacionaban con el na corte, de tal modo que poderían engadirse á crítica máis explícita e inmediata outros matices satíricos (como serían, por exemplo, os derivados dunha situación económica inestable ou os dedicados a unha personalidade mesquiña ou avarenta). Como se anunciou, o escarnecido identifícase con Roi Garcia de Pavia36, un nobre que se encontraría en Coimbra antes de 1248 defendendo ao rei Sancho II (Ventura 2009: 96-98), e, segundo Michaëlis (1990: II 561), no mesmo ano en que se produciu o pasamento de Sancho II tomaría parte no cerco de Sevilla, encontrándose o seu nome nos libros das reparticións andaluzas (David 1986). Anos máis tarde, Roi Garcia aparece integrado na corte portuguesa afonsina; o seu nome comeza a documentarse de forma máis ou menos continuada a partir de 1262, data en que casou en segundas nupcias con Berengaria Aires37. Foi conselleiro rexio e exerceu outros cargos, como o de tenente dos castelos de Marvão, Portoalegre e Arronches38. O seu nome aparece en documentos da chancelaría de Afonso III desde 36 A primeira en propoñer esta identificación foi C. Michaëlis (1990: II 561). A biografía completa deste nobre encóntrase, principalmente, en Ventura 1992: I 673-683, Oliveira 2002/2003: 285-295. 37 Esta alianza matrimonial puido ser a que lle proporcionase os contactos necesarios para integrarse no círculo cortesán, segundo Oliveira (2002/2003: 289). 38 O documento de confirmación, feito en Lisboa, data do 11 de outubro de 1271; entre os confirmantes figuran nomes coñecidos no medio trobadoresco: don Gonçalo Garcia, don Joan Perez d’Aboin (mordomo-mor do rei), don Afonso Lopez de Baian (tenente de Sousa), don Men Rodriguez de Briteiros (tenente da Maia), Joan Rodriguez de Briteiros, e como testemuña figura tamén don Fernan Fernandez Cogominho (Oliveira / Ventura 2006: I/2 85-87 [doc. 490]). Non obstante, existen certas dúbidas respecto desta tenencia, pois ben podía ser detentor destes castelos, ben o rei llos deu a gardar en nome do infante Afonso que daquela tiña só 9 anos (Ventura 1992: II 673; Ventura 2009: 187-188).
Tradición manuscrita 47 atendendo á sucesión cronolóxica dos autores. Por último, habería un último criterio de tipo sociolóxico, dado que os organizadores das primeiras compilacións terían levado a cabo unha selección dos materiais, coa intención de incluír exclusivamente autores nobres nas súas colectáneas (Oliveira 1994: 109-121, Gonçalves 1993d). Estes factores determinarían a anatomía do arquetipo, que herdarían as antoloxías que hoxe coñecemos da lírica galegoportuguesa. Dos dous códices manuscritos que transmiten a obra de Fernan Fernandez Cogominho, B defínese como o testemuño máis completo. O corpus poético do trobador, que consta de once composicións en B, repártese en dúas seccións xenéricas do cancioneiro: no sector das cantigas de amor encóntrase o ciclo de textos B361-B366bis, e no das cantigas de amigo localízase a serie B702-B705. O códice vaticano reproduce esas catro cantigas de amigo, V303-V306, que figuran copiadas, adecuadamente, no sector que corresponde a este xénero lírico. A produción de amor deste autor está ausente en V debido á acefalia deste códice, que o priva dos 390 primeiros textos en relación a B (V1 = B391)52. 52 Segundo A. Ferrari, esta lacuna sería un dos indicios da forma en que se copiou o cancioneiro a partir dun antecedente común ao de B: «A lacuna principal é a inicial (acefalia) que priva o cancioneiro de 390 cantigas (V1 = B391) e à qual alude uma ainda não esclarecida nota colocciana no fólio branco que precede o início dos textos («Manca da fol. ij, infino a fol. 43») e muitas outras lacunas existem ao longo de todo o cancioneiro, algumas das quais particularmente significativas na medida em que sendo conjugadas com lacunas de B, confirmam o sistema de «pecia» cruzada com o qual os dois cancioneiros coloccianos foram copiados de um mesmo antecedente» (Ferrari 1993b: 125). Porén, segundo Tavani: «Sarebbe certo eccesivo dedurre che le 42 o 40 carte di cui Colocci rileva la mancanza nel modello di V (secondo che nel computo egli abbia considerato assenti o presenti le due estreme) contenessero tutto il materiale testuale tràdito da B, e dunque non dovrebbe risultare fuori luogo congetturare che il modello di V presentasse già una lacuna rispetto al proprio antecedente: in altri termini, utilizzando le mal tollerate sigle del mio schema, se ζ era già portatore di una mutilazione di 40 o 42 carte, il suo esemplare (lo si chiami ε o rappresenti non più che una fase deteriore di α) doveva aver subito una parte almeno della mutilazione rivelata dal confronto con B. Per sostenere il contrario che cioè entrambi gli apografi derivano direttamente dal «livro di portughesi» occorre chiarire, con argomenti validi [...] come mai le due copie tratte da uno stesso antecedente divergano in un aspetto cruciale della trasmissione qual è appunto la trascrizione della parte iniziale dell’esemplare [...] ma è anche vero che la notevole lacuna iniziale di V non si può spiegare interamente con i problemi di avvio delle operazioni di copia, perché incide in modo troppo
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 48 O corpus poético de Fernan Fernandez Cogominho non presenta dificultades importantes nin problemas de atribución nos códices. Nos dous apógrafos italianos, as cantigas asígnanse ao autor por medio de rúbricas atributivas que van directamente encabezando as series. Así, no Colocci- Brancuti, escrita e subliñada polo humanista, figura a rúbrica Fernan Fernandez Cogominho, que vai precedendo a cantiga B361, afectando a un ciclo de sete textos, B361-B366bis, copiados na sección das cantigas de amor. Na parte destinada ás cantigas de amigo no interior do cancioneiro B, Colocci escribiu sobre a cantiga B702 Don Fernandez Cogominho, asignándolle as catro composicións que conforman a secuencia B702-B705. No códice vaticano, a rúbrica Dom Fernan Fernandez Cogominho que precede a cantiga V303, transcrita e subliñada de man do copista, faille atribución do conxunto das catro cantigas de amigo V303-V306. Colocci escribiu rúbricas e anotacións de diverso tipo nos apógrafos italianos53, sendo estas intervencións máis numerosas en B54 ca en V. Porén, marcato sulla struttura stessa del canzoniere. [...] L’unica risposta possibile e plausibile a entrambi i quesiti è, a mio avviso, che V deriva da un antecedente mutilo (ε o ζ, qui non importa), altro da δ del primo stemma (= β del secondo, o ancora = B del terzo), e che proprio tale mutilazione ha indotto Colocci a trovarvi rimedio, procurandosi una crestomazia della lirica galego-portoghese più integra o meno lacunosa di quella già esemplata, e commissionandone la riproduzione» (Tavani 2002: 26-27). Para máis información das distintas hipóteses da relación e confección destes dous códices, véxase d’Heur 1974 e 1984, Ferrari 1979, 1993a, 1993b, 2010, Gonçalves 1993d e 2007b, Tavani 1967, 1988, 1991, 1999, 2000, 2002 e 2008. 53 A crítica ten estudado a intervención do humanista nos dous apógrafos, entre os traballos existentes citaremos os de V. Bertolucci 1966 e 1972, M. Brea 1997, M. Brea e F. Fernández Campo 1993, Carregal 2007, G. Pérez Barcala 2008, Tavani 2008. 54 A nota máis frecuente é tornel, que podería ter orixe no verbo tornare (‘xirar’) ou no substantivo tornum (‘xiro’), por asociación coa melodía; talvez pertencía á mesma familia do substantivo provenzal tornada, segundo o sentido primitivo ‘xiro do rolo de pergameo’, e durante os séculos XV e XVI, aínda existía como voz viva na lingua italiana «ritornello» (Bertolucci 1966: 25). Probablemente, Colocci aplicou esta nota na fase de revisión e corrección de B para sinalar a existencia de refrán. En relación á copia das cantigas de Fernan Fernandez Cogominho, a nota tornel figura á beira de B361, B365 e en cada unha das cantigas da serie B702-B705, e sobre B362 escribiu tor (= tornel). A composición B364 acompáñase da indicación modificada artificioso tornel, malia que nós a consideramos unha cantiga de mestría caracterizada polo xogo paralelístico no que está vertebrada (sobre esta cuestión véxase González 2009a, así como as explicacións que acompañan á cantiga da
Tradición manuscrita 49 entre as notas que o humanista fixo constar no cancioneiro vaticano, sobresae un sistema de referencias numéricas de sentido aínda non ben esclarecido55. Estas referencias son de dous tipos: primeiramente, nos folios que abren o cancioneiro V encóntranse unha serie crecente pero discontinua de números romanos, entre os que se intercalan algúns guarismos árabes. A partir do f. 8v séguese exclusivamente unha numeración arábiga: esta iníciase co número 11056, a referencia seguinte é 11757, despois deste encóntrase cantiga 4). En B366 a nota colocciana amplíase a cõged da tornel para destacar a existencia de refrán e finda. En B704 utilizou a expresión 9ged (= congedo) para a finda, que marcou cun trazo vertical. Colocci deseñou un ángulo (┌) para advertir do comezo do refrán no interior das cobras en B361, B362, B364, B365, B366, B703, B704, na primeira cobra de B702 e de B705; esta marca non ofrece unha información redundante á apostila tornel, xa que resulta moi útil para saber que fragmentos identificaba Colocci co refrán. Aprécianse, aínda, outras notas na copia dos textos de Fernan Fernandez Cogominho: 2 versi e que ·i· quid na cantiga B362, que se explicarán no apartado correspondente que acompaña o texto crítico. 55 Na introdución á súa edición, Monaci fixo unha descrición destas referencias do códice vaticano, e advertiu da dificultade para darlle unha interpretación válida (Monaci 1875: VII-VIII). Para D’Heur, a numeración romana de V estaría vinculada ao sistema numérico presente no antecedente deste cancioneiro (γ), e as restantes referencias partirían do orixinal de B (D’Heur 1974: 12). Segundo Tavani (1967b), a numeración de V asociaríase a dúas foliacións diferentes: a romana remitiría a ζ (que segundo a súa proposta estemática, era antecedente directo de V), e a arábiga tería orixe nun cotexo posterior cun manuscrito diferente de V e do seu antecedente, a partir do cal se confeccionaría B. En 1988, o filólogo italiano retomou a cuestión, propoñendo que os números romanos estarían asociados cun manuscrito diferente de δ e ζ, e os arábigos asociaríanse á foliación de δ (Tavani 1988: 74- 80). Máis recentemente (Tavani 2008), afirmaba que algunhas cibras árabes e outras apostilas numéricas parecen ser resultado dun cotexo co cancioneiro B, mais non todas: así, no f. 3v, escribiuse fol.91 e debaixo 87 e no mesmo folio e nos sucesivos as cifras romanas parecen non ter correspondencia con B. Neste mesmo traballo, Tavani ofrece unha táboa coas referencias numéricas de V ata o f. 9r. Para máis información sobre esta dobre numeración en V, ademais dos traballos citados, véxase Ferrari 1993b, e para a cuestión da numeración presente en B, véxase Ferrari 1979: 74-80. 56 O número 110 sitúase xunto ao inicio da cantiga de don Dinis Nunca Deus fez tal coita qual eu ei no f. 8v, que se repite xunto a Da mia senhor que eu servi no f. 9r, tamén da autoría do rei portugués. 57 O 117 reprodúcese dúas veces no f. 16v, xunto ao incipit de dúas cantigas de don Dinis Assi me trax coitado e O gran vic’e gran sabor, que ten a súa última cobra copiada no folio seguinte, o f. 17r, e aí volve a acompañarse do 117. A referencia tamén se escribiu xunto ao comezo Senhor que de grad’og’eu querria, no mesmo f. 17r.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 50 un 140 no f. 48v, ao lado do incipit de Ai Deus u é meu amigo (V297) atribuída a Joan Lopez de Ulhoa, e, a partir dese 140, a numeración sucédese de forma máis ou menos correlativa (aínda que non faltan excepcións, repeticións dalgúns dos números e saltos) ata o final do códice. A carón do inicio da cantiga de amigo V303, que abre a serie das composicións atribuídas a Fernan Fernandez Cogominho en V escribiuse a referencia numérica 142, no f. 49v58. O nome Fernan Fernandez Cogominho ofrécese na Tavola Colocciana acompañándose do número 361. Esta cifra parece estar en correspondencia coa serie de cantigas transmitidas na primeira sección de B: 350. Johan Lopez d’Ulhoa. 361. Fernan Fernandez Cogominho. b 369. Pero Maffaldo. a 367. Rod[r]igu’Eanes de Vasconcellos. (Gonçalves 1976: 410-411) Como pode verse, Fernan Fernandez Cogominho está inmediatamente precedido por Joan Lopez de Ulhoa, a quen se lle asignou a cifra 350, e a continuación figuran Pero Mafaldo, co número 369, e Rodrigu’Eanes de Vasconcelos, co 367. Na sucesión destes dous últimos trobadores, verifícase unha alteración. Probablemente, este erro detectaríase facilmente no mesmo momento de elaboración do índice (considerando que Colocci, despois do 369, tivo que escribir 367); fose durante a confección do elenco ou durante a revisión, Colocci emendararía a disposición de Pero Mafaldo e Rodrigu’Eanes de Vasconcelos, aplicándolles as letras b e a, respectivamente. Porén, na parte asociable á sección das cantigas de amigo de B, o índice de Autori Portoghesi non reproduce o nome do trobador entre os autores Joan Lopez de Ulhoa e Gonçal’Eanes do Vinhal, como cabería esperar. 58 Despois do 140 que acompaña unha cantiga de Joan Lopez de Ulhoa, figura o 141, no f. 49r, á beira do cantar Que trist’og’eu and’e fazo gran razon, do mesmo trobador, que é o inmediatamente anterior no cancioneiro a Fernan Fernandez Cogominho (e a quen lle corresponde o 142). O número 143 figura no f. 51r, xunto a Amiga, por Deus vos venh’ora rogar, que está no medio do ciclo de Gonçal’Eanes do Vinhal, o trobador que segue a Fernan Fernandez Cogominho no cancioneiro.
Tradición manuscrita 51 Na lista sucédense os nomes Joan Lopez de Ulhoa, Estevan Reimondo e Gonçal’Eanes do Vinhal, dándose unha alteración na orde dos dous primeiros, que Colocci corrixiu novamente mediante as letras b e a59: b 695. Joham Lopez d’Ulhoa. a 693. Stevam Rreimondo. 706. Gonçal’Eanes de Vinhal. 713. Roy Queymado. (Gonçalves 1972: 414-415) Igual que no caso anterior, Colocci percibiría e corrixiría o erro na sucesión de Joan Lopez de Ulhoa (695) e de Estevan Reimondo (693), procedendo á súa reordenación. A omisión de Fernan Fernandez Cogominho neste lugar da Tavola non é fácil de determinar con certeza. É posible que, no momento de confección do índice, Colocci advertise o problema, porque despois de adxudicar o número 695 a Joan Lopez de Ulhoa pasaría a escribir o número 693 para Estevan Reimondo, e, obrando en consecuencia, engadiría as letras b e a con intención de reorganizar a secuencia. Pode ser que, despois de subsanar o erro, Colocci non continuase no mesmo lugar en que a interrumpira a copia, e pasase a escribir o nome Gonçal’Eanes de Vinhal, que se acompaña do número 706 no índice de Autori Portoghesi, en correspondencia con B, omitindo así involuntariamente a referencia ao ciclo das cantigas de amigo de Fernan Fernandez Cogominho que se encontra na parte correspondente no cancioneiro B60. No interior de B, o primeiro ciclo das cantigas atribuídas a Fernan Fernandez Cogominho localízase nos folios 82v e 83r / v do caderno 10 do 59 Nesta parte do cancioneiro B, atribúense dúas cantigas de amigo a Estevan Reimondo, B693-B694 (que corresponden a V294-V295), sete a Joan Lopez de Ulhoa, B695-B701 (V296-V302), e sete a Gonçal’Eanes do Vinhal B706-B712 (V307-V313). 60 E. Gonçalves tamén advertiu da omisión do nome de Fernan Fernandez Cogominho nesta parte de C: «Dopo Estevam Reimondo e prima di Gonçal’Eanes do Vinhal, compare in B nel recto del f. 154, il nome di un altro trovatore, «Don Fernãndez Cogominho», scrito dal Colocci. L’umanista non l’ha trascritto nella Tavola, per cui tra essa e il canzoniere B essiste un’altra divergenza d’assegnazione che coinvolge i testi 702-705» (Gonçalves 1972: 439).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 52 códice (ff. 73-86)61. O artífice da copia foi o que A. Ferrari (1979: 84-85) identificou como copista e, que empregou letra bastarda62. Colocci numerou seis das composicións, desde B361 ata B366, mais a sétima e última cantiga da serie ficou excluída da numeración, polo que hoxe se identifica como B366bis. No interior desta serie, sobresaen varios textos (B361, B364, B365 e B366) polo emprego da ironía, o equívoco e a negación, que, ocasionalmente, fai escapar a expresión do máis puramente convencional no xénero amoroso; ademais, a última cantiga da serie, B366bis, contaría coa particularidade de ser considerada un escarnio de amor, pois, aínda que o rexistro utilizado está moi próximo ao propio do xénero cortés, atentaríase abertamente contra o canon amoroso ao permitir a identificación da dama (véxase o comentario á cantiga). Non é estraño que composicións de matiz máis marcadamente contratextual e anticanónico aparezan ao final da serie das 61 Este, segundo A. Ferrari (1979: 109-110), é un heptanión resultante da unión dun caderno inicialmente programado do f. 75 ao f. 84, cunha serie de folios que foran ideados para conformar un caderno independente (os ff. 74 e 85 e os ff. 73 e 86); mais estes non contaban coa consistencia suficiente para acadar esa autonomía, pois só recibira texto o f. 85r / v e o f. 86r, en que a copia ficou interrompida tras a primeira composición atribuída a Pero Mafaldo (O meu amig’, amiga, que me gram ben fazia, B383), posiblemente pola perda ou deterioración de folios no antecedente. Estas serían as razóns polas que A. Colocci decidiría unilo ao primitivo caderno 10. 62 Segundo A. Ferrari (1979), este copista caracterízase por proceder con exemplaridade, e, como se comproba na copia dos textos de Fernan Fernandez Cogominho, traballou con regularidade e previsión. Esta pode ser a razón pola que B366bis carece de letra capital e no seu lugar se ofreza un espazo en branco, talvez ideado para a transcrición posterior da letra. O esmero deste copista tamén é apreciable na copia limpa e ordenada dos textos. Todos os versos están encabezados por maiúscula, polo que o inicio do refrán non se distingue graficamente no corpo da cobra. As capitais de cantiga sobresaen porque teñen maior grosor e tamaño, trazadas con claridade e sobriedade. Na copia do refrán, e procedeu coa práctica habitual seguida no cancioneiro: «Todos os copistas transcreveram integralmente o refrão na primeira estrofe, representando-o depois por um segmento de texto de tamanho variável a seguir a cada uma das coblas» (Correia 1992: 68). O copista e transcribiu o refrán completo na primeira cobra e nas cobras sucesivas abreviouno, copiando parcialmente o primeiro dos versos (agás na segunda cobra de B365 e de B366, onde o transcribiu completo). Como marca de abreviación de refrán, e utilizou frecuentemente un punto (en B361, cobras II e III, B362, cobras II e III, B365, cobra III, B366, cobras III e IV), aínda que non o empregou de forma sistemática (non o usou en B366bis, cobra II), e tampouco utilizou esa marca cando, nos refráns de dous versos, copiou o primeiro destes versos completo e abreviou o segundo (como en B365, cobra II, e en B366, cobra II).
Tradición manuscrita 53 cantigas de amor atribuída a Fernan Fernandez Cogominho en B, en vista de que este tipo de textos ocupan normalmente unha posición «marxinal» na copia do ciclo amoroso dun autor. Segundo as apreciacións de S. Brandão, no Cancioneiro da Ajuda, «apareciam copiados ao final de produção de um trovador, o que poderia ser indício da sua recepção como composições “diferentes” das demais». Confrontando as lacunas de A con B e V, a investigadora brasileira concluíu que «é possível encontrar alguns contratextos que, efetivamente, en B / V foram copiados na parte final das cantigas de amor de um trovador, ainda que o princípio não se cumpre de jeito absolu- to» (Brandão 2006: 545). A serie B361-B366bis precédese dun ciclo asignado mediante unha rúbrica atributiva a Joan Lopes de Ulhoa (B350-B360), e séguese das cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos (B367-B368bis); proximamente, encóntranse as composicións de Joan Soarez Coelho, Rodrigu’Eanes Redondo, Roi Paez de Ribela, Pero Mafaldo e Afonso Mendez de Besteiros63: Joan Soarez Coelho B319-B330 (ff. 75r-77r) Rodrigu’Eanes Redondo B331-B336 (ff. 77r-78r) Roi Paez de Ribela B337-B349 (ff. 78r-80r) Joan Lopez d’Ulhoa B350-B360 (ff. 80v-82v) Fernan Fernandez Cogominho B361-B366bis (ff. 82v-83v) Rodrigu’Eanes de Vasconcelos B367-B368bis (ff. 83v-84r) Pero Mafaldo B369-B374 (ff. 84r-85r) Afonso Mendez de Besteiros B375-B382 (ff. 85r-86r) Pero Mafaldo B383 (f. 86r) Neste códice, a copia das cantigas de amigo asignadas a Fernan Fernandez Cogominho localízase no interior do caderno 19 (ff. 149-158), 63 Para a datación e máis información sobre a obra de cada un destes autores, véxase Oliveira 1993c e 1994: 309, 366-367, 370-371, 419-421, 429-430, 434-435; Barbieri 1993b, Fernández Campo 1993, Gonçalves 1993c, Jensen 1993a, Ramos 1993.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 54 concretamente, no recto e no verso do f. 154. O responsable da copia é o que A. Ferrari (1979: 84-85) identificou coa letra d, que empregou un tipo de letra bastarda para a transcrición64. A estas composicións de Fernan Fernandez Cogominho, Colocci asignoulles os números 702, 703, 704 e 705. As cantigas de amigo do trobador encóntranse, tanto en B como en V, dispostas entre as series atribuídas a Joan Lopez de Ulhoa (B695-B701 e V296-V302) e Gonçal’Eanes do Vinhal (B706-B712 e V307-V313). Nas proximidades, aparecen as series asignadas a Joan Perez d’Aboin, Joan Soarez Coelho, Estevan Reimondo, Roi Queimado, Men Rodriguez Tenoiro, Estevan Coelho, Estevan Travanca, Rodrigu’Eanes de Vasconcelos e Afonso Mendez de Besteiros65. Concretamente, a sucesión dos autores e dos seus correspondentes ciclos nesta parte do cancioneiro B é a seguinte: Joan Perez d’Aboin B665bis-B677 (ff. 143r-150r) Joan Soarez Coelho B678-B692 (ff. 150r-152v) Estevan Raimondo B693-B694 (f. 152v) Joan Lopez de Ulhoa B695-B701 (ff. 152v-154r) Fernan Fernandez Cogominho B702-B705 (ff. 154r-154v) 64 Este copista distinguiu sempre a maiúscula do incipit por un tamaño e volume maior, ornamentouna co afán de dotala de vistosidade, aínda que, ocasionalmente, producíronse traspasos de tinta, como o que afecta a B705, e pola sobrecarga de tinta derivaron problemas na copia que realizaba na mesma face do folio, como acontecería en B703, onde a tinta da capital do texto se estendeu á liña de escritura inmediatamente inferior. Aínda que cun volume menor que o da inicial de cantiga, as cobras o refrán e a finda de B704 comezan con maiúscula. Deste modo, o refrán sobresae no interior do corpo da cantiga, dado que os versos restantes comezan por minúscula; para abrevialo, o copista seguiu a tendencia xeral no cancioneiro (para máis información sobre esta cuestión, véxase Correia 1992 e 1998: 267-290): transcribiuno completo na primeira cobra e parcialmente nas seguintes, copiando o primeiro dos versos de refrán (en B704 e B705) ou unha parte deste (en B702 e B703). Habitualmente, este copista non utilizou sinais para marcar a abreviación. 65 Para máis información sobre estes autores, véxase Oliveira 1994: 309, 328-329, 334-335, 353-354, 358-360, 366-367, 370-371, 389-391, 428-429, 435; Beltrán / Ventura 1993, Fernández Campo 1993, Gonçalves 1993c, Jensen 1993a e 1993b, Minervini 1993a 1993b, Oliveira 1993a, 1993b e 1993c, Víñez 1993.
Tradición manuscrita 55 Gonçal’Eanes do Vinhal B706-B712 (ff. 154v-156r) Roi Queimado B713-B715 (ff. 156r-156v) Men Rodriguez Tenorio B716-B719 (ff. 156v-157r) Estevan Coelho B720-B721 (ff. 157r-157v) Estevan Travanca B722-B725 (ff. 157v-158r) Rodrigu’Eanes de Vasconcelos B726-B728 (ff. 158r-158v) Afonso Mendez de Besteiros B729-B731 (ff. 158v-159r) A sucesión de trobadores que rodean as cantigas de amigo do trobador en B coincide coa do códice vaticano. En V66, as composicións atribuídas a Fernan Fernandez Cogominho esténdense nos folios 49v e 50r, e identifícanse hoxe cos números 303, 304, 305, 306, seguindo a numeración fixada por Monaci (1875) na súa edición paleográfica67. A serie de trobadores e ciclos nesta parte de V é como segue: Joan Perez d’Aboin V268-V279 (ff. 39r-43r) Joan Soarez Coelho V280-V293 (ff. 44r-47r) Estevan Raimondo V294-V295 (ff. 47r-48r) Joan Lopez de Ulhoa V296-V302 (ff. 48v-49v) 66 No tocante á reprodución das cantigas V303, V304, V305 e V306 observamos que o copista do cancioneiro iniciou todos os versos en minúscula, agás os primeiros de cada cobra, que comezan con maiúscula. No deseño das capitais de cantiga non fixo diferenzas, isto é, non as dotou dunha ornamentación característica nin as resaltou de entre as outras maiúsculas pola forma ou o tamaño. Esta forma de operar ten repercusións nas cantigas de refrán, en tanto que non se distinguiu graficamente no corpo da cantiga; e, respecto á maneira de abreviar o refrán, o copista non actuou con regularidade: en V303, V304 e V306 transcribiuno completo na primeira cobra e parcialmente nas seguinte, de acordo co xeito de abreviación adoptado habitualmente nos cancioneiros (Correia 1992: 45-76), pero en V305 copiouno enteiro en todas as cobras. 67 A diferenza do que sucede en B, as intervencións do humanista neste cancioneiro son moito máis limitadas e as composicións de V non foron numeradas no momento da elaboración ou revisión do códice. Para máis información sobre as anotacións neste códice, véxase Brea 1997 e Tavani 2008.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 56 Fernan Fernandez Cogominho V303-V306 (ff. 49v-50r) Gonçal’Eanes do Vinhal V307-V313 (ff. 50r-51v) Roi Queimado V314-V316 (f. 51v) Men Rodriguez Tenorio V317-V320 (ff. 52r-52v) Estevan Coelho V321-V322 (f. 52v) Estevan Travanca V323-V326 (ff. 52v-53r) Rodrigu’Eanes de Vasconcelos V327-V329 (ff. 53r-53v) Afonso Mendez de Besteiros V330-V332 (ff. 53v-54r) Atendendo á cronoloxía e orixe dos autores que teñen a súa obra copiada con proximidade á de Fernan Fernandez Cogominho nos sectores de amor e amigo de B e V, compróbase que unha parte importante deles eran trobadores de estrato social nobre, de orixe portuguesa68 e que estiveron activos no segundo e terceiro cuarto do século XIII, aproximadamente. Tendo en consideración isto e os criterios que rexerían a confección dos cancioneiros peninsulares, podemos pensar que a actividade lírica de Fernan Fernandez Cogominho se concentraría nun período cercano á desoutros autores. O grupo conformado por Estevan Reimondo, Estevan Travanca, Gonçal’Eanes do Vinhal, Joan Lopez de Ulhoa, Joan Perez d’Aboin, Joan Soarez Coelho, Men Rodriguez Tenoiro, Roi Paez de Ribela e Roi Queimado incluiríanse na tradición durante a chamada ‘recolla de trobadores portugueses’, en vista da orixe dos autores que se incorporarían, completando o primitivo Cancioneiro de Cavaleiros, na fase de constitución do chamado Segundo Cancioneiro Aristocrático69 (Oliveira 1994: 179-190). 68 De cronoloxía próxima pero de orixe galega son os trobadores Men Rodriguez Tenoiro e Joan Lopez de Ulhoa, aínda que este último se asentou en Portugal e mediante matrimonio estableceu lazos cunha familia portuguesa (sobre este último e a súa relación con trobadores portugueses, entre os que estaría Fernan Fernandez Cogominho, véxase Souto Cabo [no prelo]). 69 Na formación da tradición distínguese o Cancioneiro de Cavaleiros como a primeira colección vertebrada en tres seccións. O Segundo Cancioneiro Aristocrático, sería unha ampliación do anterior, adicionando a obra de trobadores de orixe portuguesa
Criterios de edición 63 consulta do lector interesado, pero respectando, en todo momento, a realidade da lingua do texto medieval80. Os criterios asumidos son os seguintes: 1. Desenvólvense as abreviaturas presentes nos testemuños sen ningún tipo de indicación tipográfica no interior do texto, xa que se dá conta das abreviaturas no aparato crítico, dentro da franxa correspondente. Todas as abreviaturas se desenvolven de forma convencional: d’s = Deus đs = Deus g*m = gran p = par (pti = parti, ptides = partides) ṕ = pre (ṕndy = prendi, ṕnder = prender). p ! = pro (p!uguer = prouger). q! = que (q! = que, q!r = quer, q!q!r q! = quequer que, q!redes = queredes). q! !! = quen. q! = quan. Contémplanse en aparato as palabras que inclúen de forma abreviada o e por medio dun trazo horizontal sobre a consoante inmediantamente anterior, que se presenta só en certas leccións de V; así: partirđs, sođs, tornađs, ueeđs (partirdes, sodes, tornades, veedes). O 9 equivale a -us ou -os. Así, ten o valor -us en: de9 = deus e me9 = meus; corresponde a -os en: olh9 = olhos, muit9 = muitos, namorad9 = namorados, coytad9 = coitados e amig9 = amigos. qal = qual. 80 Non existe unha proposta unanimentemente aceptada que defina todos os criterios de transcrición e fixación de textos medievais galego-portugueses. Porén, deben citarse as normas recollidas en Ferreiro / Martínez Pereiro / Tato Fontaíña 2008, así como tamén podemos salientar os criterios que se utilizaron en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (http://cantigas.fcsh.unl.pt), porque se aplicaron á totalidade da lírica profana galegoportuguesa e a Arte de Trovar, se reproducen en acceso libre na mesma base de datos e están baseados na norma do portugués actual, seguindo o Novo Acordo Ortográfico.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 64 gi = gui (gisa = guisa) qi = qui (daqi = daqui) O símbolo r adóptase convencionalmente como sinal de abreviatura de diversas marcas que, segundo o contexto, teñen valor de ar / ra (trdarã = tardarán; outr = outra), er / re (uiur = viver, uiura = viverá; p rgunteme = pregunteme) ou or (senhr = senhor). Nos casos en que aparece abreviada, a preposición desenvólvese sempre como por; esta represéntase no aparato crítico mediante pr, excepto en varios casos rexistrados en V onde se abrevia claramente como pe, e así se dispón no aparato de variantes. A pesar de que en inicio non tiñan os mesmos valores, debido a un proceso de confusión fonolóxica, na lingua medieval coexistiron as formas por e per en alternancia. Isto podería explicar que no ramo da tradición que representa A apareza por e en B e V figure ocasionalmente per abreviado (Lorenzo Gradín 2008a: 98-99). Nos textos de Fernan Fernandez Cogominho, documéntase ás veces per por extenso e par unha única vez, de tal xeito que estas formas aparecen reproducidas no texto con fidelidade aos manuscritos alí onde se rexistran. 2. No testemuño de B dificúltase a identificación do m, n, u, sobre todo cando se combinan entre si e / ou van seguidos ou precedidos dun i, pois con frecuencia son trazados (ou debuxados) do mesmo modo: unha serie de trazos verticais, sen unión ben definida na parte superior ou inferior. Coa finalidade de non incluír na categoría de erro aqueles casos que poden non selo, optamos por interpretar, nos contextos dubidosos, a letra que corresponde e unicamente consignamos ao aparato de variantes significativas aqueles casos que son, de forma máis evidente, un erro de copia. 3. Os criterios que seguimos na representación das consoantes nasais son os seguintes: Nos manuscritos, o til de nasalidade ( "), o trazo horizontal (-) ou diagonal (´) sobre unha vogal pode estar a marcar a nasalidade vocálica, ou representar unha consoante nasal implosiva abreviada sobre a vogal precedente. No aparato crítico, as dife-
Criterios de edición 65 rentes marcas serán convencionalmente representadas polo til de nasalidade ( ") sobre a vogal. Cando o til marca a nasalidade vocálica, seguindo a lección manuscrita, reprodúcese unha vogal nasal no texto. No caso de que o til teña valor consonántico, como abreviatura dunha consoante nasal, desenvólvese en <n> no texto, tanto en posición implosiva absoluta (alguẽ = alguen, caxã = ca x’an, cõ = con, coraçõ = coraçon, entõ = enton, grã = gran, nẽ = nen, nõ = non, sexestã = se x’estan, trdarã = tardarán, ueẽ = veen…), como implosiva interna (cõ[selhado] = con[selhado], mãdado = mandado, nũca = nunca, quãdo = quando, uĩgada = vingada…); non se rexistran, neste último contexto, exemplos de nasal implosiva abreviada seguida dunha consoante <p> ou <b>. O único exemplo no texto en que o til é empregado para marcar a resonancia nasal orixinada pola caída dun -N- intervocálico latino sobre a vogal anterior é dũa. Aparece repetidamente a expresión per bona fe, a pesar de que na lingua medieval a consoante xa se perdera no adxectivo, deixando unha resonancia na vogal precedente. Ante isto, pódese pensar que tal forma gráfica se debería á acción dun copista, e, en consecuencia, no texto crítico represéntase a nasalidade mediante un til sobre a vogal correspondente (per bõa fe). No artigo e determinante indefinido feminino represéntase a nasalidade mediante un til sobre a vogal velar (dũa = dũa; unha = ũa, algunha = algũa). Regularizamos graficamente as sílabas con consoante nasal implosiva, que se representa nos manuscritos mediante unha abreviatura sobre a vogal anterior, ou por medio das grafías <m> e <n>. No texto crítico utilízase <n> en todos os casos de nasal implosiva (afam = afan, am = an, gram = gran, pram = pran, [V]eherom = veeron…; an = an, ben = ben, coraçon = coraçon, non = non, ren = ren…), a excepción daqueles contextos en que a nasal implosiva vai inmediatamente seguida de <p> ou <b>, onde se emprega <m> (senpre = sempre, tenpo = tempo; nenbrades = nembrades).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 66 Utilízase <nh> para representar a consoante nasal palatal, conforme o uso do dígrafo nos códices B e V, xa que estes se copiaron a partir dun antecedente elaborado en territorio portugués que incorporou tal convención gráfica. En Portugal, o uso de dígrafos de orixe provenzal (<nh> para a nasal palatal e <lh> para a lateral palatal), parte da disposición de Afonso III o Bolonhês en 1265, para seren empregados nos documentos portugueses emitidos pola chancelaría real. Apesar de non se xeralizar inmediatamente, o hábito gráfico foi estendéndose pouco a pouco fóra das oficinas da corte (Mariño 1999: 117). 4. O dígrafo <lh> asume o valor de consoante lateral palatal no noso texto, seguindo nisto con fidelidade a grafía que se reproduce nos manuscritos. 5. Dado que o <v> e <u> se usaron sen distinción, regularizamos o uso destas grafías no texto, de tal maneira que <v> asume unicamente o valor consonántico e <u> o vocálico (uezes = vezes, catiuo = cativo, uiuer = viver, cuidaua = cuidava, ouuj = ouvi…). Por outra parte, respecto ás grafías <v> e <b> seguiremos a distribución que presentan nos textos. 6. Dado que na copia dos textos se utilizaron <i>, <y>, <j> e <h>, regularizamos esta diversidade gráfica a <i>, que asume exclusivamente valor vocálico ou semivocálico (coyta = coita, mays = mais, farey = farei; muj = mui, mj = mi, uj = vi; mha = mia, mhauen = mi aven). 7. Adoptamos o grafema <j> diante de <a>, <o> e <u> para representar a fricativa prepalatal sonora, que foi inicialmente africada, (ja = ja), e utilizamos <g> con este mesmo valor ante vogal palatal (fig’eu = fig’eu, longi = longi). En vista disto, efectuamos unha regularización gráfica nos casos en que este fonema se ofrece nos manuscritos mediante a grafía <i> (ia = ja, iurar = jurar, ueio = vejo, oi’eu = og’eu). Nos contextos en que a consoante oclusiva velar sonora aparece seguida de vocal palatal por mor dunha elisión vocálica, preséntase un <u> para marcar a natureza velar da consoante, coincidindo coa grafía do manuscrito: amigu’e, logu’i, digu’en. 8. Para a consoante fricativa predorsal xorda (antes do séc. XIII africada) emprégase <ç> diante de -a, -o, -u ([co]mecar = [co]meçar, coraçon
Criterios de edición 67 = coraçon), e <c> diante de -e e -i (naçer = nacer, padeçi = padeci, ensandeçi = ensandeci). 9. Simplifícanse todas as consoantes dobres, a excepción de <rr> e <ss> en posición intervocálica no interior de palabra, pois nestas a diferenza gráfica simple / dobre serve para representar unha distinción fonolóxica entre a vibrante simple e a múltiple e entre a fricativa sonora e a xorda. Simplifícanse os <ss> que se encontran en posición inicial de palabra, mesmo se resultan intervocálicos por fonética sintáctica, ou en contextos non intervocálicos. 10. A lectura <ir> presente en B será emendada por <rr> en todos aqueles casos en que sexa pertinente subsanar este erro de copia derivado da acción dos copistas de B (ueira = verra, moirer = morrer). 11. Elimínase o <h> non etimolóxico (hi = i, hir = ir, hu = u) e non se recupera naqueles casos en que, a pesar de ser etimolóxico, é omitido polos testemuños (por exemplo, auer = aver, ouui = ouvi). 12. Óptase pola segmentación das palabras segundo a norma ortográfica do galego moderno, o que implica non respectar as unións e separacións de palabras segundo figuran nos manuscritos (ca nũ cauolo = ca nunca volo, qui ser = quiser, en ssandeçi = ensandeci, amha = a mia). Con todo, nalgúns casos adoptaremos unha división aparentemente non coincidente coa segmentación actual (por exemplo: ja máis, á i e no caso da conxunción enquanto). Ademais, hai que ter en conta que as formas átonas enclíticas dos pronomes persoais van unidas directamente ao verbo (dizedemi, dizedemio, dixilhis, pregunteme…); sucede o contrario coas proclíticas (non me queredes, non mi creedes, quen me vir e quen m[e] oir…), que tamén se representan separadas entre si no caso de seren dúas as formas pronominais (mi a ouvi, que mi o non fara, non mi o neguedes), a excepción dos pronomes asimilados (volo juro, volo non digo…). 13. O guión non se emprega nos casos de asimilación (maila, mailo, poila e volo son os únicos exemplos documentados do fenómeno nos textos de Fernan Fernandez Cogominho). Utilízase, non obstante, na expresión el-Rei. 14. Emprégase o apóstrofo para indicar a elisión da vogal final dunha palabra, ao entrar en contacto coa vogal inicial da palabra inmediatamente
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 68 seguinte (quantafam = quant’afan, figeu = fig’eu, logu’i). Tamén o empregaremos para a aglutinación co’el. Para aqueles encontros vocálicos hoxe consolidados e vixentes na ortografía non se considera necesario o uso do apóstrofo (dela, del, dũa, do, da, dos, no…). 15. O acento gráfico ten finalidade diacrítica para diferenciar palabras homógrafas (a preposición / á verbo, e conxunción / é verbo, vos pronome átono / vós pronome tónico, este demostrativo / ést’ verbo). 16. Puntúase o texto seguindo as normas ortográficas actuais do galego. Isto implica que haxa un uso regularizado de maiúsculas e minúsculas conforme á práctica actual, e empregamos os signos de interrogación e exclamación de peche unicamente. 17. As integracións márcanse no texto a través das parénteses angulares [ ]. Esta é a práctica que adoptaremos para as restitucións e adicións correctivas en casos de expresións incompletas pola existencia dalgún problema na transmisión. Tamén se utilizan estes signos para marcar os segmentos de refrán que foron abreviados polos copistas (téñase en conta que, nestes casos, estamos ante abreviacións procuradas e non ante carencias ou erros derivados dunha omisión, por tanto, non se considera preciso consignalas no aparato crítico). 18. O refrán reprodúcese en itálica, con intención de diferenciar tipograficamente este(s) verso(s) dentro da cobra.
CANTIGAS Edición crítica
1. Non me queredes vós, senhor, creer B361, f. 82v, col. b Non me queredes vós, senhor, creer a coita que me fazedes levar, e, poila eu ja sempr’ei a sofrer, non mi ten prol de volo máis jurar; 5 mais Deus, que tolh’as coitas e as dá, 5 El dé gran coit’a quen coita non á. Non mi creedes qual coita sofri sempre por vós, nen quant’afan levei, e, v[e]ed’ora, que faredes i?, 10 ca nunca volo ja máis jurarei; 10 mais Deus, que [tolh’as coitas e as dá, El dé gran coit’a quen coita non á.] El a non tolha, enquanto viver seu ben, [ca sei] que viverá mui mal, 15 ca si fig’eu des que vos fui veer 15 e, pero volo juro, non m’i val; mais Deus, [que tolh’as coitas e as dá, El dé gran coit’a quen coita non á.] 7 Non] E non (E del.) 9 v[e]ed’ora] uedora 14 ca sei add. 16 non m’i val] nonmj mal 1 queredes] qveredes . vós] uos 2 coita] coyta . levar] leuar 3 poila] poyla . ja] ia . sempr’ei] senprey 4 mi] mj . de volo máis jurar] deuolo mays iurar 5 Mais] Mays . Deus] de9 . coitas] coytas 6 gran coit’a] gram coyta . coita] coyta 7 mi creedes] mj creedes . coita] coyta 8 sempre] Senpre . por] pr . vós] uos . nen] nẽ . quant’afan] quantafam .
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 72 levei] leuey 9 i] hi 10 nunca volo] nũ cauolo . ja máis jurarei] ia mays iurarey 11 Mais] Mays . Deus] de9 13 viver] uiur 14 viverá] uiura . mui] muj 15 ca si] Cassy . des que vos] des queu9 . veer] ueer 16 volo juro] uolo iuro . non mi] nõmj 17 Mais] Mays . Deus] de9 Repertorios: Tavani (1967a): 40,8; d’Heur (1973): 321. Edicións: Edición diplomática: Molteni 1880: 132 [nº 305]. Edición semidiplomática: Machado e Machado 1949-1964: II 136-137 [nº 301]. Edición críticas e interpretativas: Michaëlis 1990: I 830 [nº 420]; Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (http://cantigas.fcsh.unl.pt; data de consulta: 2-1-2012). Paráfrase I. Señora, non me queredes crer a coita que me facedes padecer, e, xa que a hei de sufrir por sempre, non me dá ningún beneficio xurárvolo máis; mais Deus, que quita as dores e as dá, El dea unha gran coita a quen non padece dor. II. Non credes a dor que sufrín sempre por vós, nin todo o pesar que padecín. E, agora vede, que faredes entón? Porque xa nunca volo xurarei máis; mais Deus, que quita as dores e as dá, El dea unha gran coita a quen non padece dor. III. El non a quite, mentres viva o seu ben, e sei que vivirá moi mal; que assi me sucedeu a min desde que vos fun ver, e por iso volo xuro, non me vale nisto; mais Deus, que quita as dores e as dá, El dea unha gran coita a quen non padece dor. Rúbricas, marcas e apostilas Na sección das cantigas de amor do cancioneiro B, encóntrase unha serie de sete textos con atribución a Fernã Fernãdez Cogominho, rúbrica escrita e subliñada por Colocci. A esta primeira composición, o humanista deulle o número 361. A característica de ser unha cantiga de refrán mereceulle, ademais, a anotación tornel, que se encontra sobre o incipit, na marxe dereita. Ademais, Colocci trazou un ángulo ao lado do v. 5 de cada cobra para marcar o inicio do refrán.
Cantigas 79 caracteriza os tempos verbais derivados dun tema de perfecto forte (Montero Santalla 2002: 139; Nunes 1960: 304-309; Williams 209-210). 14. O verso transmítese hipómetro por omisión de dúas sílabas e verifícase un problema gramatical, dado que se omitiu o verbo principal da estrutura subordinada. O problema podería derivar dun descoido do copista de B ou deberse a unha omisión de texto no antecedente, onde, talvez, a falta non sería de todo evidente, pois, habitualmente, o responsable da copia nesta parte do cancioneiro B, identificado coa letra e (Ferrari 1979), reservou espazos para aquelas lecturas difíciles ou ante outro tipo de inconvenientes que localizaba no modelo que estaba a transcribir, pero neste verso non adoptou esa medida. Para solucionar o problema métrico e gramatical, seguimos neste lugar a C. Michaëlis (como tamén se fixo en Cantigas Medievais Galego- Portuguesas), que integrou ca sei como rexente da subordinada que viverá. Os Machado conservaron o verso hipómetro, reproducindo B con fidelidade. 15. Optamos pola solución ca si no texto crítico e non c’assi, que adoptou Michaëlis, xa que, segundo os estudos de métrica galegoportuguesa, a partícula conxuntiva ca non sofre elisión vocálica debido á súa tonicidade (Arbor 2008: 23-24, Cunha 1961: 75-77, Lorenzo Gradín 2008b: 518-519 e Lorenzo Gradín 2009: 500). Priorizamos ca si fronte á posibilidade de editar ca’ssi, seguindo as seguintes explicacións de P. Lorenzo : «A presentación do texto por parte dos editores pode ás veces levar a engano ao lector e facerlle pensar que, cando ca entra en contacto cun vocábulo que comeza por a átona, esta última se elide ante a conxunción. Así, por exemplo, o seguinte verso da cantiga Dizen mi-as gentes por que non trobei foi editado por C. Michaëlis da seguinte forma: que eu i porrei – ca’ssi me conven (A183, f. 46, col. a, LPGP 75,7, v. 16). Dende a nosa perspectiva consideramos que neste caso –e noutros similares que abundan nos cancioneiros– non é necesario introducir o apóstrofo, pois este non parece ter outra función que a de indicar a elisión da forma adverbial assi. Tendo en conta que assi (con a analóxico pola influencia doutros adverbios como aquí, alí, afóra, etc.) alternaba na época medieval coa forma etimolóxica si (< SĪC), e bastaría editar a pasaxe en cuestión como: ca si me conven. Esta opción respecta a morfosintaxe do momento de produción da cantiga, ao tempo que evita unha elisión allea ao usus scribendi dos trobadores. O códi-
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 80 ce da Ajuda –único testemuño que reproduce o texto que os ocupa– presenta para o segmento citado a transcrición ca∫∫y, o que concorda co sistema gráfico empregado para a sibilante apico-alveolar xorda no galego e portugués medievais, pois como se lembrará, o alógrafo ∫∫ era a forma habitual de representalo en posición intervocálica (mesmo cando esa posición se producía por fonética sintáctica)» (Lorenzo Gradín 2008b: 519). Por outra parte, a lectura que se dispón en Cantigas Medievais Galego- Portuguesas corresponde a e assi fig’eu, que, ademais de apartarse da lección manuscrita, igualmente implica problemas métricos, dado que a conxunción copulativa e, seguida de vogal átona ou tónica, resiste á sinalefa debido á súa tonicidade. 16. Existe un erro na lección de B que, talvez, estaría inducido pola expresión mal localizada no v. 13. Michaëlis, aínda que edita val, parte da lectura iual, seguindo a Molteni. A diverxencia na lectura podería estar debida á imprecisión no trazado das grafías. A pesar de que A. Ferrari (1979: 84-85) cualificou este copista como rigoroso e coidadoso, parécenos importante advertir da dificultade que, a miúdo, entraña a identificación de certas grafías, principalmente <u> e <n> e as combinacións do tipo <iu>, <ui>, <in>, <ni>, <m>; ás veces, compróbase que houbo clara confusión, e así, no texto deste trobador consideramos erradas as leccións u uha e nnuca nos versos 5 e 7, Seupramey no v. 3 da cantiga 2, uyu no v. 13 da cantiga 4, Seuhor e uaçer nos versos 1 e 22 da cantiga 6. A permanencia do -l- no paradigma de valer obedecería, segundo Michaëlis (1920, s.v. ‘valer’), ao emprego frecuente do imperativo en expresións como Santa Maria val!, á existencia de formas con lateral palatal e ao pretérito arcaico valvi. Segundo Ferreiro (1999: 341), a consoante deberíase a unha reacción á evolución regular, pois nesta o verbo ficaría igualado a ver. É posible editar non m’i val ou non mi val, en tanto que ambas as expresións son correctas. Como teñen mostrado diferentes estudos de métrica galego-portuguesa (Arbor 2008: 16-21; Cunha 1961: 38, 91; Lorenzo Grandín 2008: 516-518 e 2009: 497), o encontro entre o pronome me / mi e unha vogal átona ou tónica resólvese normalmente con elisión da vogal pronominal, e no caso concreto de mi + i o resultado sería m’i (o único exemplo de sinalefa que localizamos no corpus é Beija-me y, beijar-t’ey eu
Cantigas 81 145,10 v. 9 I; este fragmento e os seguintes, seguen os textos e a numeración recollida na MedDB, data de consulta: 6-1-2012). Isto significa que, en casos como non mi val, a presenza do pronome adverbial i podería ficar escurecida, e noutros exemplos vemos que, ocasionamente, a selección entre mi e m’i parece depender do criterio do editor: «Mais en grave dia naci, / se Deus conselho non m’i der’» (106,1 vv. 1-2 II), «dizede-m’ ¿i quen dormirá / con tan gran prazer ou pesar?» (141,2 vv. 6-7 III), «Se morrer’, morrerei por vos, senhor; / se m’i-ar fezerdes ben, aque melhor!» (148,2 R), e resulta máis evidente nos versos «Viv’eu en tal mund’, e faz-m’i viver / ũa dona que quero muy gran ben» (94,18 vv. 1-2 IV). A partir dunha pesquisa na MedDB compróbase que o sintagma non mi val se rexistra en 12 textos, e da mesma maneira, nalgúns destes casos, pode entenderse que é resultado da preferencia do editor fronte ao sintagma non m’i val; así, entre outros exemplos, lese «o meu serviço non mi val» (12,2 v. 3 III), «E Deu’-lo sab’, e non mi val, / senhor, con mia morte por al» (104,10 f.I) e «E non mi val / Deus, non mi val» (143,4, vv.1-2 IV), onde tamén sería posible interpretar non m’i val. Ademais, no corpus encontramos outras expresións semellantes onde se contén claramente o adverbio pronominal i: e non mi val i Deus (70,41 v. 3 II), e non mi valrrá i Deus (104,6 v. 2 I), e non mi poden i valer (104,10 v. 4 I), e non mi val hi preyto nen menage (1201, 1 ), non mi val el i, nen vós (133,4 v. 4 I), e mha senhor non mi quer hi valer (154,7 v. 7 R); a estes podemos engadir non puid’eu i valer (143,18 v. 8 I). En conclusión, na cantiga de Fernan Fernandez Cogominho sería aceptable unha lectura do tipo non mi val ‘non me vale’, ‘non me socorre’, ou como a que propoñemos non m’i val ‘non me vale aí’, ‘non me socorre niso’, que semanticamente nos parece mellor acaída. Comentario retórico-literario Nesta primeira cantiga de amor desenvólvese o tema da coita amorosa, que reaparecerá nas seguintes cantigas de amor do trobador. Non é estraño o predominio deste asunto, xa que, como a crítica ten sinalado, a coita é un dos campos sémicos principais neste xénero (Tavani 1991: 109). Así mesmo, é probable que nesta priorización temática poida falarse dunha
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 82 diferenza esencial entre a escola provenzal e a galego-portuguesa no tocante á plasmación da experiencia amatoria82. No incipit da composición encóntrase a apóstrofe senhor, un termo que, os trobadores galego-portugueses tomaron da linguaxe feudal; nesta escola, consolidouse como a fórmula que permitía expresar metaforicamente a superioridade da muller ante o “servo” que a amaba. Nesta cantiga, o trobador diríxese a unha senhor que sempre permaneceu incrédula diante da confesión da coita; en vista disto, sufrindo por esta dama sens merce, o namorado admite abertamente a inutilidade de xurarlle a súa dor. Esta é a mensaxe da primeira cobra, que se retoma nas estrofas sucesivas, reiterándoa e dando énfase aos motivos temáticos principais. 82 Acéptase que, no proceso amoroso, os poetas provenzais fixaran catro etapas que o namorado debía seguir obrigatoriamente e de forma gradual, nun percurso que significaría o progresivo perfeccionamento ou purificación da alma e do corazón, coa aspiración de ser digno de acadar a mercé da muller. No primeiro chanzo, o namorado atoparíase en calidade de fenhedor que, temeroso ou tímido, suspiraría de lonxe sen atreverse a intentar unha maior aproximación; de dar un paso adiante, situaríase como pregador ante a dama, xa que lle declararía os seus sentimentos e lle suplicaría ser atendido; de se producir isto último e conseguir a aceptación da muller (manifestada na doazón dun presente), pasaría ao seguinte nivel: o grao de entendedor. Finalmente, acadaría o estado de drut se lograba un bico e a invitación ao leito. Desta maneira, o namorado provenzal podería ter a esperanza de acadar a felicidade ou joi «término que se impregna de connotaciones referidas a esa elevación plena de alegría que transforma el ser por la fuerza del deseo (el gauc quedaba reservado al placer puramente físico)» (Régnier-Bohler 2003: 25). Non obstante, é posible atopar na Provenza testemuños dun amor que produce dor e pesar, sobre todo nas composicións dos trobadors das últimas xeracións da escola, como a crítica especializada ten sinalado (Frank 1949, Ferrari 1984, Fidalgo 2005: 281-308); probablemente, segundo E. Fidalgo, isto «sexa a resposta válida tamén para explicar o éxito do motivo do sufrimento causado polo amor na escola galego-portuguesa, que se engancha ao último da escola provenzal ata facer del un tópico, o máis distintivo destoutra escola e responsable da común (e creo que inexacta) impresión de homoxeneidade e pobreza temática da cantiga de amor» (Fidalgo 2005: 283). Para máis información sobre a doutrina da fin’amors, ademais dos traballos referidos, véxase Jeanroy 1964, e Ron 2004; a propósito da súa expresión na lírica, véxase Cropp 1975 e Gutiérrez / Souto 2005; sobre a súa adaptación na escola galego-portuguesa, véxase Beltrán 1995: 17-72 e Meneses 1998 (especialmente o capítulo 2); para máis información sobre o concepto de joi e a súa aceptación na escola galego-portuguesa, véxase Fidalgo 1994.
Cantigas 83 Así, o sufrimento é un concepto que se ofrece expresivamente intensificado a través de diversos procedementos retóricos, como o hipérbato do v. 3 (poila eu ja sempr’ei a sofrer), e as repeticións léxicas, entre as que sobresae reaparición de coita: nos versos 2 e 7, e nos versos de refrán 6, 12 e 18, onde o substantivo ocorre dúas veces, a primeira delas intensificado mediante o epíteto gran. Ademais, en vista da inclusión da palabra coita nos versos 6 e 7, as cobras I e II son capfinidas ao refrán, ficando máis estreitamente unidas. O substantivo repítese nun poliptoto nominal, coita-coitas (que se inclúe en plural nos versos 5, 11 e 17 do refrán). A isto debe engadirse a raparición do concepto mediante o sinónimo afan, no v. 8. Formando parte do mesmo campo semántico encóntrase o poliptoto verbal ei a sofrer – sofri, que, en posición de rima nos versos 3 e 7, respectivamente, conforman unha rima derivada. Tamén coita levar – afan levei, que son dúas expresións sinónimas localizadas nos versos 2 e 8, favorecen un poliptoto verbal en posición de rima, consolidando unha rima derivada, útil para incidir na idea do padecemento que soporta o trobador. Porén, como xa dixemos, esta senhor mantense indiferente ante o padecemento do poeta, e isto transmítese e intensifícase no discurso por medio de varias técnicas retóricas: o poliptoto verbal non me queredes creer (no v. 1) e non mi creedes (no v. 7), así como o zeugma localizado no segmento contiguo (no v. 8), que reaviva a expresión e dá peso ás unidades explícitas: nen [mi creedes] quant’afan levei. A actitude que a senhor adopta cara ao estado do namorado responde, ademais, a un motivo temático secundario: a desmesura. Neste caso, na escola provenzal estariamos ante unha dama sens merce. Partindo da definición de R. Nelli, G. Cropp aceptou que a merce sería unha sorte de Compassion amoureuse […], pourvu que l’on se rappelle que cette compassion s’exprime en geste qui montrent à l’amoureux que son amour est bien placé et reconnu come tel. En fait, si la dame lui témoigne sa merce, qualité primordiale indispensable, elle n’est plus si éloignée, elle n’est plus si impitoyable, mais, par sa générosité et par sa sympathie, elle a récompensé l’amoureux de ses souffrances (Cropp 1975: 177). Na lírica galego-portuguesa, máis concretamente, a desmesura defínese, en palabras de Tavani, como a indiferencia da dama para facer ben ó amante, para corresponde-lo seu sentimento e para concederlle prol e galardon como calquera bo señor está
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 84 obrigado a facer –se ben coa necesaria prudencia e discreción– en favor do vasalo fiel que o honra e o serve (Tavani 1991: 119)83. Como se explicou anteriormente, na metáfora amorosa compréndese o xuramento. Nesta canción de Fernan Fernadez Cogominho, hai varias expresións que poden entenderse relacionadas a ese motivo. Non obstante, na súa formulación ofrécese certa orixinalidade, xa que se inclúe en enunciados negativos: no v. 4, non mi ten prol de volo máis jurar, e no v. 10, ca nunca volo ja máis jurarei. Dalgunha maneira, isto serve para que o trobador amose o seu rexeitamento á situación que vive e poña de manifesto a inutilidade de xurar a unha dama que actúa con desmesura, non prestándolle o auxilium agardado. O concepto repítese no v. 16, onde se xura a inutilidade da dor padecida. Todas estas manifestacións están enfatizadas no discurso por medio de diversas figuras: a repetición en poliptoto verbal de jurar, no v. 4, jurarei, no v. 10 (que conforman unha rima derivada), e juro, no v. 16. Ademais, as anástrofes de volo máis jurar, no v. 4, e nunca volo ja máis jurarei, no v. 10, son útiles para intensificar as declaracións do poeta. Non será esta a única composición de Fernan Fernandez Cogominho onde encontremos tópicos formulados en enunciados negativos. En realidade, ocasionalmente os trobadores recorreron á negación coa finalidade de dotar as súas composicións dunha nova carga expresiva. Mediante tal procedemento os poetas quererían intensificar, hiperbolizar ou dar maior credibilidade a motivos temáticos propios das cantigas de amor que, talvez, terían un uso excesivo na produción, e isto, a miúdo, conlevou a un desgaste expresivo. Na composición que nos ocupa, as declaracións encontrarían o seu auténtico significado máis alá da expresión literal. Na interpretación do texto, ten importancia a lectura que se pode facer do refrán. Nesta parte do cantar, o trobador expresa o desexo de que Deus faga padecer unha gran pena a todo aquel que non sofre coitas. Nisto podería apreciarse certo carácter de sentenza xeral, pero, tendo presente as negacións referidas anteriormente, tamén podemos entender que se quería aludir a esa senhor que actúa sen mesura e non coñece nin recoñece a coita. É o inicio estrófico da terceira cobra a que nos pode levar a priorizar a pri- 83 Para máis información sobre a merce e mesura nas cantigas de amor galego-portuguesas, véxase tamén Fidalgo 2004.
Cantigas 85 meira lectura proposta para o refrán. Dalgunha maneira, a cobra III continúa a mensaxe do refrán, e, nos versos seguintes, condúcese o enunciado sentencioso de aplicación xeral ao ámbito particular; desta maneira, o trobador insistiría e procuraría dar credibilidade ao estado de coita en que está desde o momento en que viu a dama. No verso 14, sobresae o xogo semántico baseado no uso de ben (como referencia á dama) e mal (enfatizado pola paronomasia con val, no v. 16), termos en que tamén descansaría a idea do sufrimento orixinado por unha dama sens merce.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 86 2. Ai, mia senhor, lume dos olhos meus! B362, f. 82v, col. b - f. 83r, col. a Ai, mia senhor, lume dos olhos meus! U vos non vir, dizedemi, por Deus: 20 3 Que farei? Eu que vos sempr’amei! Pois m’assi vi: u vos vejo, moir’én, u vos non vir, dizedem’ũa ren: 6 Que farei? Eu [que vos sempr’amei!] Eu, que nunca outra soubi servir 25 senon, senhor, vós; eu, u vos non vir, 9 que farei? Eu [que vos sempr’amei!] 3 sempr’amei] seupramey 4 moir’én] moirer 5 dizedem’ũa] dizedemu uha 7 nunca] nnuca 1 Ai] Ay . mia] mha . olhos meus] olh9 me9 2 U vos] Hu u9 . vir] uir . dizedemi] dizedemj . Deus] de9 3 farei] farey . vos] u9 4 vi] uj . hu vos vejo] hu u9 veio 5 u vos] Hu u9 . vir] uir 6 farei] farey 7 outra] outr . servir] seruir 8 vos] uos . u vos] hu u9 . vir] uir 9 farei] farey Repertorios: Tavani (1967a): 40,1; d’Heur (1973): 322. Edicións: Edición diplomática: Molteni 1880: 132-133 [nº 306]. Edición semidiplomática: Machado e Machado 1949-1964: II 137-138 [nº 302]. Edicións críticas e interpretativas: Michaëlis 1990: I 831 [nº 421]; Nunes 1970: 168 [nº XXVI]; Cantigas Medievais Galego- Portuguesas (http://cantigas.fcsh.unl.pt; data de consulta: 2-1-2012). Edicións divulgativas: Ferreiro e Martínez Pereiro 1996a: 60 [nº 45].
Cantigas 87 Paráfrase I. Ai, miña señora, vista dos meus ollos! Cando non vos vexa, dicídeme, por Deus, que farei? Eu que sempre vos amei! II. Porque me vin así: cando vos vexo, morro por isto, cando non vos vexa, dicídeme unha cousa: que farei? Eu que sempre vos amei! III. Eu, que nunca outra souben amar senón vós, señora; eu, cando non vos vexa, que farei? Eu que sempre vos amei! Rúbricas, marcas e apostilas Esta composición leva en B o número 362 por asignación de Colocci. Na marxe dereita, sobre o incipit, o humanista anotou 2 versi, para, probablemente, deixar constancia do número de versos que forman o corpo estrófico, excluíndo o verso de refrán, e a nota tor (equivalente a tornel), que se completa coa información que proporcionan os ángulos que sinalan o comezo do refrán. Na marxe inferior da columna b, Colocci escribiu que ·i· quid, que pode relacionarse co pronome que (procedente do pronome latino exclamativo ou interrogativo quid), nos versos 3, 6 e 9, que introduce unha estrutura interrogativa, e, como a crítica sinalou: «Algo que parece percibir correctamente Colocci é a diferente organización do sistema relativo, en canto que o gal.-port., frente ó italiano (e tamén ó provenzal), non mantén a forma tónica CUI: que nô cui (104ra), que quero ben nô cui (229va). Resalta tamén a forma interrogativa que .i. quid (82vb), que reproduce sen máis (que) en 315r, onde é adxectivo e introduce unha oración interrogativa indirecta» (Brea / Fernández Campo 1993: 45-46). Sinopse métrico-rímica Esta cantiga de amor de refrán componse de tres cobras singulares. Cada estrofa consta de 2 versos decasílabos agudos mais 1 verso de refrán eneasílabo agudo (véxase a nota aos versos 3, 6 e 9); a fórmula de rimas consiste nun dístico monorrimo (aa) seguido dun verso de refrán de rima diferente (B). Este modelo estrófico está amplamente documentado entre as cantigas galego-portuguesas, e é sobre todo frecuente no xénero de amigo
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 88 (Tavani 1991: 84-85). O número de esquema métrico outorgado por G. Tavani (1967a: 71) para esta cantiga é o 26:65 (10a 10a 10B). a a B a a B I 10 10 9 -εus -εus -ei II 10 10 9 -en -en -ei III 10 10 9 -ir -ir -ei Notas aos versos 1. O substantivo lume (segundo M. Ferreiro 1999: 227-228, de *LŪMĬNE, acusativo analóxico a partir de LŪMEN), era ‘lume’, ‘luz’, ‘claridade’ (Lorenzo 1977, s.v. ‘lume’), e tamén se documenta co valor metafórico ‘vista’. Así, nos Miragres de Santiago encóntranse expresións do tipo: cobrou logo moy bẽ o lume dos ollos; ca Santiago tolleu o lume dos ollos; Santiago [...] tornoume o lume dos meus ollos (Barreiro 1985, s.v. ‘lume’). Así mesmo, figura con este significado nas Cantigas de Santa Maria, como se exemplifica cos seguintes fragmentos: Santa Maria poder á / de dar lum’a queno non á (247.2 e 278.2); cobrou seu lume (314.2); avia perdudo o lume dos ollos (362.1) (Mettmann 1972, s.v. ‘lume’). A utilización de lume como metáfora neste texto e na lírica profana amorosa analizarase no comentario retórico. 2. A enunciación u vos non vir (que se repite de maneira idéntica no v. 5 e no v. 8) está encabezada polo adverbio u (que tamén aparece no v. 4, u vos vejo). En función do contexto, este adverbio pode ter valor locativo (‘onde’, ‘en qué lugar’) ou temporal (‘cando’). Na expresión u vos non vir sería admisible calquera dos dous valores; porén, damos prioridade ao sentido temporal en todos estes casos, en vista de que ese valor é o que nos parece máis plausible na ocorrencia do v. 4. 3, 6, 9. Existen diversos xeitos de puntuar o refrán, cada un deles válido desde o punto de vista semántico e sintáctico. Michaëlis optou por integrar nunha interrogación os versos 2 e 3 (¿u vus non vir’, dizede-mi, por Deus, / que farei eu que vus sempre amei?), da mesma maneira que cos versos 5 e 6 (¿u vus non vir’, dizede-m’ũa ren / que farei eu que vus sempre
Cantigas 95 medio de figuras de orde e repetición, como o poliptoto verbal vi e vejo, no v. 4, e vir, nos versos 2, 5 e 8. Alén disto, o sintagma u vos non vir permite identificar as cobras I e II como capdenais, que é un procedemento estreitamente relacionado coa anáfora, xa que se define como «a repetición dos constituíntes da parte inicial dun mesmo verso (unha palabra ou grupo de palabras) que se reproducían en idéntica posición nalgunha das estrofas sucesivas» (Lorenzo Gradín 1994: 81). Aínda que a repetición pode limitarse a unha partícula, esta técnica é moito máis efectiva e funcional cando os sintagmas reiterados están en relación directa co desenvolvemento temático do texto, como acontece nesta composición. Ver a dama por primeira vez significaba comezar a amar89 e, simultaneamente, representaba o inicio do sufrimento, encontrándose como motivo desde as primeiras manifestacións da lírica amorosa galego-portuguesa (Castellucci 2004: 334-336). Por esta razón, o trobador incluíu na cantiga unha hipérbole que foi frecuentemente utilizada polos poetas da escola: a morte por amor (pois m’assi vi: u vos vejo, moir’én, no v. 4). Como anunciamos, a ausencia da dama e a desorientación do trobador ante a idea de non vela conduce a outro tópico, a petición de consilium por parte do namorado. Este motivo ofrécese na cantiga por medio dunha communicatio, consistente na pregunta que farei?, que serve, así mesmo, para enfatizar as declaracións e dar veracidade discursiva. Esta cuestión, que se repite na parte inicial do refrán, sublíñase no interior do verso pola asonancia que establece con amei, palabra rimante do verso de refrán. Na esfera do eu entran en xogo as reiteracións do pronome persoal, que serven para acadar unha expresión plenamente subxectiva e íntima (nos versos 3, 6, 7, 8 e 9). A estas ocorrencias únense outras expresións, como o pronome adverbial u (nos versos 2, 4, 5 e 8), favorecéndose a aliteración do fonema /u/. Por medio desta figura recréase unha atmosfera de confusión e escuridade, ben acorde ao sentimento interior que o trobador quere transmi- 89 Na experiencia amatoria trobadoresca tamén se coñeceu o amor de lonh, unha vertente representada principalmente polo troubadour Jaufré Rudel. Para máis información sobre este motivo na literatura medieval, véxase Alvar 1988-1996, Fidalgo / Souto 1995, Vilhena 1976, Ynduráin 1983.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 96 tir. Así mesmo, na evocación da longa e triste traxectoria que o desorientado namorado percorre, colabora a aliteración do fonema /ọ/, que, evocando sons profundos e graves, configura unha dimensión esférica onde prima a sensación de tristeza e morte, e engádese a isto a repetición dos sons nasais /n/ e /m/, que suxiren un lento discorrer, distancia, lentitude e melancolía (Freixeiro 1998: 245-284).
Cantigas 97 3. Quen me vir e quen m[e] oir B363, f. 83r, col. a Quen me vir e quen m[e] oir que algũa molher amar, non se vaa dela quitar, 30 ca, pois que se dela partir, 5 sei eu mui ben que lhi verra coita que par non avera, des que se longi dela vir. E se m’ende [a]lguen pedir 35 a conselho, per bõa fe, 10 direilh’eu quan gran coita é; pero quen s’én quiser sair sera ja quite dũa ren, du a non vir, de veer ben, 40 e quite de nunca dormir. 15 E esto sei eu ben per mi, ca volo non digo por al, mais porque sei eu ja o mal que vén end’a quen s’én vai [i]; 45 ca muitas vezes perdi [-] 20 [- - - - - - - -] cativo, porque m’én parti. 1 m[e] oir] moyr 5 verra] ueira 8 e se m’ende [a]lguen] E ssemendelguen 15 per mi] per mj* 18 i add. 19 xassy del. 20 lac.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 98 1 vir] uir 2 algũa] algunha 3 vaa dela quitar] uaa dela quytar 4 pois] poys 5 sei eu mui] Sey eu muj 6 coita] Coyta . avera] auera 7 des que se] Des quesse . vir] uir 9 conselho] consselho . bõa] bona 10 direilh’eu] Direylheu . quan] q* . gran] gram . coita] coyta 11 quen] q* ! . sair] sayr 12 ja] ia 13 vir] uir; veer] ueer 15 sei] sey 16 ca volo] Cauolo . por] pr 17 mais] Mays . por] pr . sei] sey . ja] ia 18 ven] uen . end’a quen] enda q* ! . vai] uay 19 muitas] muytas . vezes] uezes 21 cativo] Catiuo . por] pr . parti] party Repertorios: Tavani (1967a): 40,10; d’Heur (1973): 323. Edicións: Edición diplomática: Molteni 1880: 133 [nº 307]. Edición semidiplomática: Machado e Machado 1949-1964: II 138-142 [nº 303]. Edicións críticas e interpretativas: Michaëlis 1990: I 832-833 [nº 422]; Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (http://cantigas.fcsh.unl.pt; data de consulta: 2-1-2012). Paráfrase I. Quen me vexa e me oia e ame algunha muller, non se vaia afastar dela, pois se se apartar dela, sei moi ben que lle sobrevirá unha dor sen comparación, desde que se vexa lonxe dela. II. E se alguén me pide consello sobre isto, a boa fe, direille a gran coita que é; por iso quen queira marcharse de alí será incapaz dunha cousa: onde non a vexa, de ver ben (correctamente / a felicidade) e será incapaz de durmir. III. Isto seino ben por min mesmo, que non volo digo por outra cousa, senón porque sei eu xa o mal que recae sobre quen se afasta dela; que moitas veces perdín [...], infeliz, porque marchei de alí. Rúbricas, marcas e apostilas Esta composición, terceira na serie das cantigas de amor do trobador, acompáñase do número 363, escrito por Colocci. Non hai ningunha outra nota aplicada ao texto no cancioneiro B. Sinopse métrico-rímica Esta cantiga de amor de mestría está conformada por tres cobras singulares, aínda que aI é igual a aII. O esquema métrico-rímico consiste en sete versos octosílabos agudos (véxanse as notas aos versos 1 e 8), que
Cantigas 99 combinan tres rimas: no tetrástico inicial articúlanse dúas rimas cruzadas (abba), seguindo un dístico monorrimo de rima diferente (cc), e un verso conclusivo que retoma a primeira rima (a). O modelo abbacca usouse amplamente na escola galego-portuguesa, xa que se documenta en 274 textos, segundo G. Tavani (1991: 84). A terceira cobra non se reproduce íntegra no manuscrito, e non parece posible reconstruír a rima c de forma satisfactoria (sobre esta cuestión, véxase a nota ao v. 18 e aos versos 19-21); alén disto, nesta estrofa o rimante mi é produnto dunha emenda (véxase a nota ao v. 15). O profesor Tavani deulle o número de esquema métrico 161:287 (7a 7b 7b 7a 7c 7c 7a), indicando que: «La III str. è mancante dell’ultimo v. Il testo della cant. è molto guasto e non si può stabilire con sicurezza se i vv. siano di 7 o di 8 silabe» (Tavani 1967a: 237). a b b a c c a a b b a c c a I 8 8 8 8 8 8 8 -ir -ar -ar -ir -a -a -ir II 8 8 8 8 8 8 8 -ir -ε -ε -ir -en -en -ir III 8 8 8 8 *8 *8 8 -i -al -al -i - - -i Notas aos versos 1. A métrica obriga á reposición da vogal no pronome átono de primeira persoa para igualar este verso aos restantes octosílabos (e, polo tanto, aquí non debe considerarse unha sinalefa no encontro vocálico de me e a vogal inicial da palabra en rima oir). Na súa recensión ao Cancioneiro da Ajuda, H. Lang (2010: 448-449) propuxo esta mesma solución, xa que a editora alemá, aínda que detectara o problema de anisosimetría comentándoo en nota, non efectuou ningunha emenda. O crítico deu exemplos útiles para xustificar o hiato no encontro vocálico me oir, fronte a solución maioritaria, consistente na elisión ou na sinalefa. 2. Seguindo os criterios que regulan esta edición, a forma gráfica que adoptamos para o indefinido feminino é algũa. Esta representación é coherente con dũa, no v. 12, que coincide coa grafía do manuscrito.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 100 3. O substantivo molher (do latín MŬLIEREM) non se emprega nesta cantiga para referir a aquela que o trobador ama, senón que é calquera outra dama que é pretendida por un home distinto do poeta. Esta maneira de designar a muller doutro puido empregarse en oposición consciente a senhor, que sería a quen el serve, como sucede nas cantigas 1, 2, 5 e 6 do autor, e é un termo máis estreitamente vinculado á linguaxe feudo-vasalática. Non obstante, esta distinción na maneira de aludir á dama propia fronte á dama doutros non é máis que hipotetizable, porque molher é o único substantivo no interior do texto para designar a figura feminina, de tal modo que o cotexo só se pode facer a partir dos outros textos, onde se prefire e se reitera senhor. En xeral, no conxunto da lírica profana, a expresión molher foi claramente minoritaria fronte a dona e senhor, segundo A. Pichel, «debido a que se saía dos plantexamentos lóxicos dos autores das cántigas, en canto que este tipo de denominación non presenta unha dimensión asimilable á doutrina amatoria cortés, pois as esixencias de fidelidade ó Código se impoñían» (Pichel 1987: 37). 5. Corríxese o erro de copia ueira por verra. Os Machado reproduciron ueira, sen emendar a lección errada de B. 6. Michaëlis e os Machado partiron dunha lectura errada, non non auera, que fora reproducida por Molteni. Compróbase que en B non existe esta duplicación do adverbio. 7. Huber (1986: 150, 255-256) explicou o resultado de longi como un cambio do -E latino final por estar precedido da consoante palatal. Esta forma coexistiu durante a época medieval con longe, non documentada no texto de Fernan Fernandez Cogominho. 8. Consideramos que a emenda e se m’ende [a]lguen é a resposta máis simple e adecuada ao problema de hipometría. Esta solución ofreceuna Michaëlis con anterioridade, e recóllese nas Cantigas Medievais Galego- Portuguesas, mais sen se sinalar a integración dos editores. Pola súa parte, os Machado ofreceron a lectura E se m end alguem. O latino ĬNDE deu lugar a ende e én, a forma apocopada (Lorenzo 1977, s.v. ‘en’ e ‘ende’). Michaëlis (1920, s.v. ‘en’) considerouno equivalente a un prononome demostrativo neutro precedido de preposición de (disto, diso, daquilo), e sería empregado cos verbos que rexían xenitivo na
Cantigas 101 lingua arcaica, como: dizer, enfadar, escapar, escoller, guardarse, prazer, quitarse, rogar etc. As variantes én e ende presentaban idéntico valor semántico, «sen que se poida encontrar unha xustificación clara á presenza dunha ou doutra como non sexan, en ocasións, necesidades métricas» (Brea 1988a: 185). 9. A solución que adoptaron Michaëlis e os Machado para o substantivo é conselho, integrado no sintagma pedir a conselho, que se rexistra tamén nas Cantigas de Santa Maria, onde se lle adxudicou o valor ‘consultar’ (foi pedir a conssello a hũa vella sorteira, 128.13), e noutra ocasión rexistra a consello como ‘baixo a garda’ ou ‘aos coidados’ (ata setembro meado a conssell’e a abrigo, 333.51) (Mettmann 1971, s.v. ‘consello’). O substantivo conselho (do latín CONSĬLĬUM) intégrase en diversos sintagmas en que non intervén preposición, como: (non) dar conselho, non (se) saber conselho, (non) aver conselho, (non) fillar conselho… Pode ser que este feito influíse na valoración de C. Michaëlis cando, no seu glosario, propuxo a rectificación seguinte: «parece-me melhor lermos aconselho do que a conselho, como imprimi» (Michaëlis 1920, s.v. ‘aconselho’). Esta é a forma do substantivo que se le na proposta de Cantigas Medievais Galego- Portuguesas. O verbo correspondente presentaba dúas variantes na Idade Media: consellar e aconsellar. A primixenia consellar foi común ao galegoportugués e ao castelán medieval; no século XIII, comeza a documentarse o emprego da forma aconsellar, resultante do engadido dun aprotético, aínda que o seu uso era minoritario e máis ben raro na lingua medieval. Posteriormente, acabou por impoñerse a consellar, que predominou ata o século XVI no galego, e só ata finais do século XV no castelán (Corominas / Pascual 1980: II 177, s.v. ‘consejo’; Lorenzo 1977, s.v. ‘aconsellarse’). No corpus lírico profano rexístrase aconselhar nunha cantiga de Pero da Ponte (120,1), e o adxectivo desaconselhado en textos de Pero da Ponte (120,1), Vasco Fernandez Praga de Sandin (151,21) e Pero Garcia Burgalês (125,52) (González 2010). Non obstante, a partir dunha pesquisa no RILG (11-1- 2012) vemos que o substantivo aconselho non se documenta noutros textos en galego-portugués, mentres que conselho aparece reiteradamente, polo que nos parece máis adecuado presentar pedir a conselho, e, aínda que non
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 102 sexa un factor determinante, coincidiría coa segmentación gráfica do sintagma en B. Seguindo os criterios de edición, representamos a nasalidade mediante un til sobre a vogal do adxectivo bõa, fronte á grafía bona (para máis información sobre a representación da nasalidade, véxase Ferreiro 2008). Michaëlis (1920, s.v. ‘bõa’) considerou bona unha forma italianizada polos copistas ao servizo de Colocci, xa que só a rexistrou nos cancioneiros B e V, e nunca en A (véxase a cantiga 5, nota ao v. 4, onde se fala do adxectivo boa, que aparece sen marca de nasalidade no manuscrito). A pesar das afirmacións da editora alemá, no Cancioneiro da Ajuda pode encontrarse un caso de bona, concretamente, no v. 7 de A87, que corresponde a unha cantiga de Pero Garcia Burgales: tan bona dona nunca ui. 10. A abreviatura q* equivale a quan (Chassant 1970: 78; Cappelli 1973: 303), así a desenvolvemos no noso texto, coincidindo con Michaëlis. Distinguíndose desta solución, os Machado desenvolveron que, que sería aceptable desde o punto de vista semántico, sintáctico e métrico, pero non se corresponde coa abreviatura que se reproduce no manuscrito. 11. A abreviatura q* ! ten o valor quen (Chassant 1970: 77; Cappelli 1973: 303). Nesta lectura, coincidimos con Michaëlis e diferimos da solución dos Machado, que tamén aquí, como no verso anterior, adoptaron que. Non obstante, no v. 18, desenvolveron a mesma abreviatura como quen. 12. A construción seer quite de, no v. 12, pode interpretarse semanticamente como ‘ser incapaz de’, ‘estar incapacitado para’, ‘non ter posibilidade de’. A expresión aparece noutros textos da lírica profana con eses valores, como se pode exemplificar cos versos de Martin Moxa: que esta coyta non á par: / non a veer; ca ja quit’é, / hu a non vir, d’en al cuydar / nen de pagar-sse d’outra ren, traducidos por L. Stegagno Piccio da seguinte maneira: «che questa pena non ha pari: non vederla; giacché, ove non la si veda, si è ormai incapaci di pensare ad altro né di contentarse di altra cosa» (Stegagno Piccio 1968: 144-146). Tamén se rexistra no refrán de Joan Airas de Santiago: e quero-vos end’eu desenganar: / se souberen que mi queredes ben, / quite sodes de nunca mi falar, que J. L. Rodríguez traduciu como «y os quiero sobre esto desengañar: si llegan a saber que me queréis bien, no tendréis nunca posibilidad de hablarme» (Rodríguez 1980: 213-214).
Cantigas 103 Neste sintagma, o futuro sera caracterízase por presentar unha única vogal no radical. Conforme se explicou anteriormente (véxase na cantiga 1, a nota ao v. 9), na produción trobadoresca, para os verbos que na súa evolución ao romance presentaban inicialmente dobre vogal no radical, documéntanse solucións con hiato (como forma tradicional e preferente) e con redución vocálica (como variante innovadora); ocasionalmente, a escolla dunha ou doutra podería estar condicionada por factores compositivos. No texto de Fernan Fernandez Cogominho, encontramos o infinitivo seer, na cantiga 6 v. 23 (mais debe computar unha sílaba para manter o equilibrio métrico, véxase a nota correspondente), fronte ao futuro sera que se le neste verso e serei (auxiliar na expresión pasiva vingada serei de vós, na cantiga 8). Segundo C. Maia (1986: 813), nos textos do século XIII é máis frecuente o infinitivo seer que ser, que só aparece de xeito esporádico e máis tardío (os exemplos que a investigadora documenta son principalmente do século XV); porén, a investigadora precisa: «para o infinitivo flexionado regista-se no século XIII a forma ∫∫er (1292 O 59) que revela estar já em curso a crase das duas vogais iguais em hiato. Outras abonações da forma com crase são conhecidas a partir do mesmo século: nas Cantigas de Santa Maria, por exemplo, alternam os dois tipos de formas. Também em castelhano e leonês a forma contracta começa a surgir em textos do século XIII, embora nessa época sejam mais frequentes as formas com hiato conservado» (Maia 1986: 813). Entre os exemplos que Maia (1986: 819) facilita, hai formas de futuro e de pospretérito con e sen crase vocálica; cando as vogais do radical eran átonas, localizándose nun contexto pretónico, é probable que a coalescencia se producise máis facilmente que cando unha delas era tónica, como acontecía no infinitivo. Alén disto, a alta recursividade das formas de futuro e postpretérito deste verbo podería ser outro factor do máis rápido afianzamento dos radicais con crase (Mariño 2006: 82-83). En conclusión, as formas verbais serei e sera presentes no texto de Fernan Fernandez Cogominho son lingüísticamente correctas e a súa inclusión pode xustificarse por necesidades métrico-formais, por tendencia ou por preferencia do trobador a este uso. 13. Segundo Huber (1986: 299), é posible establecer diferenzas entre o adverbio du, que tería sentido temporal (‘cando’, ‘en canto’ ou ‘mentres’), e o encontro d’u, onde o adverbio tería unicamente valor locativo e a función preposicional estaría vixente. Atendendo ao contexto, na cantiga de
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 104 Fenan Fernandez Cogominho priorizamos du, ‘mentres’, fronte a d’u, xa que o valor preposicional deste último non é adecuado sintacticamente. Esta solución reprodúcese na proposta dos Machado. Michaëlis optou pola emenda u a non vir’, porque a editora pensou que se podería tratar dun erro de copia por Hua. A corrección de Michaëlis adoptouse en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas. Neste verso pode pensarse que hai nun xogo semántico baseado na expresión veer ben, xa que hai dúas maneiras diferentes e igualmente válidas de interpretar ben: en función de adverbio que modifica o verbo significa ‘será incapaz de ver ben, correctamente’, e representa un dos síntomas da coita amorosa; como substantivo, ben ten función de obxecto directo de veer, polo que a expresión equivale a ‘non poderá ver o ben’, isto é, a dama e a felicidade derivada da súa visión. Este equívoco encóntrase noutros textos; un exemplo claro está na cantiga Dizen, senhor, que non ei eu poder (63 24), de Joan Airas, burgués de Santiago, onde ocorren os sintagmas veer ben e aver ben; sobre o primeiro, J. L. Rodríguez explica: «en veer ben hay un juego semántico, basado en la disemia de ben, como adv. o como sust., que aparece claro por ejemplo en el v. 6: “pois eu vos vejo, mui- to vejo ben”, en donde ben va referido al verbo y, a la vez, como sustantivo, evoca las cualidades físicas y morales de la dama que constituyen el gozo del poeta» (Rodríguez 1980: 66). 14. Neste verso ábrense dúas posibilidades de interpretación, quite ou quit’é. De entender un presente, habería unha ruptura modo-temporal en relación aos versos anteriores, expresados en futuro: sera ja quite dũa ren, / du a non vir, de veer ben, / e quit’é de nunca dormir. En cambio, quite, non desestabiliza a noción temporal en futuro que se transmite na estrofa, polo que nos parece mellor opción. Ademais, o v. 14 vincúlase de forma evidente ao v. 12 debido á presenza do mesmo adxectivo participal e, a partir da construción sera ja quite dũa ren, podemos sobreentender a elisión do verbo en futuro: e [sera ja] quite de nunca dormir. 15. No seu estudo sobre a rima entre vogais orais e nasais, Cunha (1961: 173-200) defendeu que min podía establecer correspondencias con outros elementos de rima -i. Posteriormente, Lapa admitiu e apoiou esa hipótese: «O professor brasileiro Celso Cunha, no seu livro, O Cancioneiro de Joan Zorro, Rio de Janeiro, 1949, págs. 7-20, impugnou com boas razões
Cantigas 111 quite e quite, respectivamente nos versos 12 e 14. Neste último verso, o zeugma dá fluidez á expresión, combinándose coa expolitio, útil para afondar na gravidade do sufrimento, anunciando cada un dos síntomas que recae sobre aquel que se afasta da muller amada. Desta maneira, o trobador ofrece e expón o seu consello a todo aquel que ame unha muller e necesite orientación. O conselho é un motivo temático coñecido e utilizado polos autores da escola galego-portuguesa, aínda que a función que ten nesta composición só pode compararse coa da cantiga Quen boa dona gran ben quer (78,20) de Joan Soarez Somesso, onde o trobador tamén asume o rol de conselleiro ante outros namorados. Este feito é o que xustifica o discurso tanto na cantiga de Somesso como na de Cogominho (González 2010). Pero ademais, na época medieval, concibíase que o único conselleiro bo e capaz de asesorar era aquel que tiña a sabedoría necesaria, que obrigatoriamente debía de estar baseada na experiencia individual91. Por esta razón, cando este trobador aconsella, debe recoñecer a súa experiencia no asunto, froito da vivencia persoal. Desta maneira, o coñecemento dá fiabilidade aos seus consellos e, recíprocamente, o uso deste motivo outorga veracidade ao seu sufrimento, conducíndonos á finalidade última do discurso: expor a gravidade da súa propia coita. Aínda que os síntomas se estenden ao longo do texto, é na terceira cobra onde o discurso gaña en subxectividade na expresión do propio sufrimento: a estrofa iníciase cuns versos que serven para asegurar o coñe- 91 O aconsellar e o aconsellarse sentíase, na mentalidade medieval, como unha necesidade, unha mostra de humildade para aquel que buscaba orientación e unha proba de sabedoría para quen a ofrecía; de aquí que o consello acadase unha gran trascendencia e a súa ocorrencia tivese ocasión nos escritos latinos e romances do medievo. Débese engadir que o consello gardaba unha estreita relación coa filosofía feudo-vasalática, pois o señor adquiría co servo a obriga de asesoralo e axudalo, o que tivo repercusións na súa aplicación como motivo literario. Por isto, non debe estrañar que nas composicións galegoportuguesas atopemos un namorado que, con desesperación, se declare desorientado, que pida consello a outros, ou que mesmo se dirixa á súa senhor coa necesidade de que ela o conduza espiritualmente polo camiño correcto. Neste último caso, o habitual é que a dama non lle proporcione o debido consilium et auxilium, «pois as relacións amorosas da lírica cortés son produto dunha constante tensión entre un amante que pide, que roga, e unha dama que se nega a corresponder» (Pichel 1987: 56). Para máis información sobre a concepción do consello na Idade Media, véxase Casagrande / Crisciani / Vecchio 2004.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 112 cemento do trobador (esto sei eu ben per min / ca volo non digo por al, / porque sei eu ja o mal, versos 15-17), e a primeira persoa cobra protagonismo a través da repetición pronominal (eu nos versos 15 e 17, me no v. 21, e mi no v. 15), dos verbos perdi e parti, e no v. 21 increméntase a subxectividade cando o trobador se autodenomina cativo. Nesta parte final, onde a orientación dada a outros parece quedar nun segundo plano fronte á exposición da vivencia individual, introdúcese unha referencia á segunda persoa (volo no v. 16), con que se procuraría gañar a implicación do auditorio na parte máis subxectiva da exposición.
Cantigas 113 4. Muitos an coita d’amor B364, f. 83r, cols. a-b Muitos an coita d’amor, maila do mundo maior 50 eu mi a ouvi sempre doita, ca x’á i coita de coita, 5 maila minha non é coita. Muitos vej’eu namorados e que son d’amor coitados, 55 maila mia coita x’é forte, ca x’á i morte de morte, 10 maila minha non é morte. Muitos mi vej’eu que an gran coita e grand’afan, 60 mailo meu mal, que[n] viu tal?, ca x’an eles mal de mal 15 mailo meu mal non é mal. 3 doita] doytal 8 mia] minha 13 que[n] viu] que uyn 1 Muitos] Muit9 . an coita] am coyta 2 Maila] Mayla . maior] mayor 3 Eu mia ouvi] E umha ouuj . sempre] senpre 4 ca x’á i] Caxa hi . coita de coita] coyta de coyta 5 maila] Mayla . coita] coyta 6 Muitos] Muit9 . vej’eu] ueieu . namorados] namorad9 7 coitados] coytad9 8 maila] Mayla . coita] coyta 9 ca x’á i] Caxa hi 10 maila] Mayla 11 muitos] Muyt9 . mi vej’eu] mj ueieu 12 coita] coyta . grand’afan] grandaffam 13 mailo] Maylo 14 ca x’an] Caxã 15 mailo] Maylo
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 114 Repertorios: Tavani (1967a): 40,6; d’Heur (1973): 324. Edicións: Edición diplomática: Molteni 1880: 133 [nº 308]. Edición semidiplomática: Machado e Machado 1949-1964: II 142-144 [nº 304]. Edicións críticas e interpretativas: Michaëlis 1990: I 834 [nº 423]; Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (http://cantigas.fcsh.unl.pt; data de consulta: 2-1-2012). Edicións divulgativas: Arias Freixedo 2003: 409-410 [nº 73]. Paráfrase I. Moitos sofren coita de amor, mais eu padecín sempre a maior do mundo, que hai coita de coita, mais a miña non é coita. II. Moitos vexo eu namorados e que están coitados de amor, mais a miña coita é forte, que hai morte de morte, mais a miña non é morte. III. Moitos vexo que sofren gran coita e gran penar, mais o meu mal, quen viu tal? Que sofren eles mal de mal, mais o meu mal non é mal. Rúbricas, marcas e apostilas A cuarta das cantigas de amor atribuídas a Fernan Fernandez Cogominho en B leva o número 364. O humanista italiano aplicoulle a nota artificioso tornel e trazou un ángulo no cuarto verso nas tres cobras da cantiga; non obstante, existen dúbidas a propósito da modalidade da composición. Na asignación da apostila tornel, Colocci puido basearse no antecedente de B, se o humanista estaba cotexando a copia e co seu modelo e nese manuscrito se distinguía a inicial do refrán por estar decorada ou pintada noutra cor. Tamén puido escribir tornel condicionado polo paralelismo que caracteriza os dous últimos versos de cada cobra, pois, como tivemos ocasión de comprobar nun traballo anterior (González 2009a), hai outros textos de B que se acompañan da nota tornel aínda que se particularizan polo uso do paralelismo. Ademais, Colocci distinguiu o tornel desta composición como artificioso. É a única vez que utilizou este adxectivo no cancioneiro B, aínda que artificiosa está presente noutros cancioneiros do humanista e parece que con esta expresión «pretendía destacar la estructura generada por la repetición de aquellos términos que, situados en el remate de los versos (incluso cuando la rima es interna), tienen valor equívoco» (Pérez Barcala 2008: 327).
Cantigas 115 Neste caso, en hipótese, poderíase aceptar que o xogo baseado na repetición de estruturas de estrofa a estrofa e a reiteración de substantivos dentro dunha mesma cobra conducirían a Colocci a escribir a apostila artificioso tornel. Sinopse métrico-rímica A maior parte da crítica considerou que a modalidade da cantiga sería a mestría (Tavani 1963a: 90, d’Heur 1975: 482, Arias Freixedo 2003: 409- 410; González 2010). Esta hipótese non ten os seus fundamentos no traballo do copista, porque non hai indicios útiles para determinar se os versos finais de cada estrofa corresponden a un refrán ou non. Os versos en cuestión aparecen transcritos completos, e todos os versos da cantiga comezan por maiúscula, conforme o hábito regular do copista e, «pelo que o início do refrão não se distingue graficamente do corpo da estrofe» (Correia 1998: 273-274). Segundo Correia, esta forma de transcribir o texto levaría a pensar que no antecedente todos os versos estarían comezados por maiúscula e a inicial do refrán se destacaría pola decoración ou por estar escrita noutra cor; pero os copistas a e e do cancioneiro B limitáronse a realizar a transcrición en tinta negra sen fixar diferenzas92. Determinar con certeza cal é a modalidade da composición non é tarefa simple, porque o límite entre o refrán93 e o paralelismo94 non é sempre 92 «A hipótese de todos os versos do antecedente começarem com maiúscula, estando a do primeiro do refrão destacada a cor, explicaria não só as divergências entre copistas, quanto aos modos de marcar o refrão, mas também as hesitações observadas, já que, durante o acto de cópia, os amanuenses terão tido de converter um sistema de marcação em outro, que não teriam sistematizado suficientemente» (Correia 1998: 281). 93 Para máis información sobre esta técnica de repetición, véxase Correia 1992, 1993 e 1998, e Meneghetti 1994; a propósito do seu uso na cantiga de amor, véxase Beltrán 1995: 83-99. 94 Este é, sen dúbida, un dos artificios máis característicos da cantiga galego-portuguesa. A definición e clasificación que seguimos é a de E. Asensio (1970: 67-119): o paralelismo semántico consiste na repetición da mesma idea mediante expresións equivalentes que implican variacións formais; o paralelismo literal ou verbal é a repetición dun sintagma e ofrécese sobre todo na parte inicial dos versos; o paralelismo estrutural repercute na estrutura sintáctica e rítmica. Para máis información sobre o paralelismo e a súa diversidade, véxase tamén Lapa 1982: 119-140 e Tavani 1993; sobre o seu uso na cantiga
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 116 claro e evidente. Entendemos que os dous procedementos son como as dúas caras dunha mesma moeda, utilizando esta acertada comparación de M. L. Meneghetti (1994: 335), porque coinciden substancialmente, ao seren manifestacións diferentes dun mesmo fenómeno. A cuestión é especialmente complexa cando se trata de identificar un refrán con variación, dado que este se particulariza por xogar coa previsibilidade do refrán estándar e a maior liberdade do paralelismo. Ademais, para a maior parte das cantigas galegoportuguesas non se conservan máis indicios que os que fornece o propio texto e as anotacións coloccianas, e ignoramos cal era a melodía, que talvez podería colaborar na identificación dun determinado segmento como refrán. No seu estudo, A. Correia (1998: 107-116) fixou un corpus de cantigas que se caracterizarían por incluír un refrán con variación; esta diversificación basearíase en diferenzas sintácticas e / ou semánticas no interior do contexto estrófico, ou estaría propiciada por razóns estilísticas. Para a investigadora serían refráns con variación aquelas secuencias repetidas en todas as cobras que, aínda que se caracterizasen por certas mudanzas no seu interior, serían recoñecidas como un refrán polos receptores da época; esas modificacións serían froito intencionado do autor, polo que serían excluídas do corpus aquelas composicións en que as diverxencias están causadas por erros ou problemas na transmisión manuscrita95. Se aplicamos isto a esta cantiga, vemos que, dunha cobra a outra, as mudanzas nos últimos versos son suficientemente importantes como para facernos dubidar de que realmente puidesen concibirse e percibirse como refrán, pois a pesar das evidentes coincidencias de tipo semántico e sintáctico, existen notables diferenzas e hai unha importante e ineludible independencia na rima dos versos en cuestión, dado que esta é distinta en cada cobra (a pesar de que o esquema rímico sexa idéntico nas tres estrofas). Por estas razóns, pensamos que a cantiga debe considerarse na mestría. Non obstante, a nosa hipótese baséase principalmente na parte textual da cantiga, e non podemos avaliar a melodía; talvez, se esta se conservase, de amor, Beltrán 1995: 128-174, e na cantiga de amigo Brea / Lorenzo Gradín 1998: 186- 196. 95 Recoñecemos que, por si só, este «criterio da recepción» non nos parece totalmente obxectivo nin determinante, e a consideración dunha cantiga con refrán variable pode só entenderse de maneira hipotética.
Cantigas 117 podería afirmarse con maior certeza se estamos ante unha cantiga de mestría ou unha cantiga de refrán caracterizado pola variación. A composición está constituída por tres cobras de cinco versos heptasílabos (véxanse as notas aos versos 3 e 8), graves e agudos na cobra I, só graves na II, e só agudos na III. Obedecendo ao modelo las cobras singulares, segue unha fórmula rímica consistente nun dístico monorrimo (aa) mais un trístico monorrimo (bbb). O número de esquema métrico que G. Tavani lle outorgou corresponde ao 42:21 para a cobra I (7a 7a 7’b 7’b 7’b), o 42:24 para a cobra II (7’a 7’a 7’b 7’b 7’b), e o 42:19 para a cobra III (7a 7a 7b 7b 7b) (Tavani 1963a: 90). a a b b b a a b b b I 7 7 7’ 7’ 7’ -or -or -oita -oita -oita II 7’ 7’ 7’ 7’ 7’ -ados -ados -ɔrte -ɔrte -ɔrte III 7 7 7 7 7 -an -an -al -al -al Notas aos versos 3. O encontro das vogais átonas (i+a) dos pronomes mi a resólvese en sinalefa. Na lírica galego-portuguesa, o pronome mi seguido dunha vogal átona computa unha única sílaba, normalmente por elisión da vogal pronominal diante de palabras iniciadas por e, i e u, ou por sinalefa diante das vogais a e o (Arbor 2008b: 19, Cunha 1961: 38, 91, Lorenzo Gradín 2008b: 516-518 e 2009: 497). Michaëlis, seguindo a Molteni, partiu da lectura daytal, en lugar de doytal, facilmente emendable a doita. Nesta proposta coindicimos con Michaëlis, os Machado e Arias Freixedo. A expresión doita (do latín DŬCTAM, participio feminino de DŪCĔRE) foi obxecto de comentario por parte de Lang na súa recensión ao Cancioneiro da Ajuda: «V. 9522 A palavra rimante doita, corretamente lida a partir das sílabas manuscritas transmitidas daytal, não foi considerada na tradução. Mas dificilmente porque seu significado seja óbvio. A expressão ocorre com frequência na linguagem arcaica e encontra-se também nos dialetos» (Lang 2010: 449-450).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 118 Porén, na lírica profana o adxectivo rexístrase só noutras dúas composicións: nunha cantiga satírica de Afons’Eanes do Coton (2,23), mais a velha non é doita da guerra, e nunha cantiga de amor de don Dinis (25,129), come molher com gram coita, / e que a pesar des quando / nacéra, nom fôra doita, onde, como se pode apreciar, aparece en posición de rima relacionada a coita, como sucede nesta composición de Fernan Fernandez Cogominho. Esta non é a única coincidencia no plano da rima entre estas dúas composicións, xa que a cantiga do rei portugués repite a asociación entre o adxectivo forte e o substantivo morte. Probablemente, isto non consiste nunha simple «coincidencia», e, dada a cronoloxía dos autores, poderíase pensar que sería o monarca portugués quen, a partir da canción de Fernan Fernandez Cogominho, utilizou unhas rimas xa coñecidas no interior da súa pastorela. Ademais, nestas cantigas, pode entenderse que a relación de paronomasia que se establece entre os rimantes doita - coita e forte - morte ten unha clara finalidade expresiva. 4, 9, 14. Nestes versos rexístrase o pronome átono de terceira persoa xe / xi. Segundo R. Lorenzo, tería a súa orixe nos contextos en que os pronomes se / si entraban en contacto con o / a, de tal forma que da combinación sjo / sja acabaría resultando xo / xa, e destes formaríanse xe e xi por analoxía cos pares me / mi e te / ti (Lorenzo 1977, ‘xe’; Ferreiro 1999: 252). A propósito da desaparición destas formas palatalizadas no portugués e no galego, F. Tato (1999, s.v. ‘xe’) recolleu a opinión de R. Álvarez, para quen, talvez, puido pesar a frecuencia de uso e un consonantismo diverxente fronte a outros s moi característicos da terceira persoa. No seu glosario, Michaëlis fixo constar diversas observacións de interese sobre o uso e o contexto de aparición deste pronome: 1) normalmente acompáñase doutro prononome na oración; 2) en moitos casos complementa verbos que ou aparecen construídos accidentalmente como reflexivos, ou aparecen con verbos auxiliares (como poder, querer, fazer ou saber); 3) frecuentemente aparece con función de dativo ético cos verbos ser, estar e aver (Michaëlis 1920, s.v. ‘xe’). Tendo presente estas consideracións, vemos que, efectivamente, nesta cantiga e nas restantes ocorrencias do pronome nos textos de Fernan Fernandez Cogominho aparece xunto ao verbo aver (ca x’á nos versos 4 e 9; ca x’an no v. 14) ou estar (x’é forte no v. 8; se x’estan no refrán da cantiga 10).
Cantigas 119 Nos versos 4 e 9, coita de coita (v. 4) e morte de morte (v. 9) son complemento do verbo á, que neste contexto equivale a ‘existe’ ou ‘hai’. Porén, no v. 14, a expresión non é impersoal, senón que hai un verbo expresado en terceira persoa do plural seguido dun suxeito explícito, polo que, neste caso, o verbo aver equivale a ‘ter’. As construcións coita de coita, morte de morte e mal de mal responden ao chamado superlativo hebraico. Esta estrutura introduciuse na lingua a través de obras relixiosas, encontrándose con frecuencia na Biblia, na fórmula rei de reis. Na literatura tería aceptación polo seu valor intensificador; un dos exemplos máis coñecidos na lírica galego-portuguesa pertence ás Cantigas de Santa Maria (CSM10) de quen se di: Rosa das rosas e Fror das frores / Dona das donas, Sennor das sennores (Mettman 1986: I 84). Nesta construción, os termos que se poñen en relación comparten a mesma esencia, mais, mediante a relación de subordinación, é posible expresar a categoría superior dun deles (Cruzeiro 1973: 384-390). 8. O verso transmítese hipérmetro: Mayla minha coyta x’é forte. A corrección do adxectivo posesivo a mia permite dar regularidade ao esquema métrico e, ademais, esta é a forma que adopta en todos os demais casos o adxectivo posesivo feminino no corpus do autor (na cantiga 2, v. 1; na cantiga 5 e versos 1 e 7; na cantiga 6, versos 1 e 16; na cantiga 7, versos 5 e 11). Así, fixaríase unha diferenza formal entre o adxectivo mia e o pronome posesivo minha, que se rexistra nos versos 5 e 10 desta mesma composición (estas ocorrencias no mesmo texto poderían ser indutoras do erro de copia). A nosa proposta apártase das lecturas feitas por editores anteriores: Michaëlis, aínda que suxeriu esta corrección, cualificouna de «menos boa» fronte á emenda que reproduciu no seu texto crítico: mai’-la minha coit’é forte, que é a que se adoptou en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas. Os Machado seguiron con fidelidade a lección de B, e Arias Freixedo suprimiu pronome dativo: mai-la minha coita é forte. 12. Neste verso rexístranse grand’afan e gran coita. Tanto R. Lorenzo como C. Michaëlis, explicaron que a maior parte das ocorrencias de grande se dá en contextos en que aparece illado ou diante dun substantivo iniciado por vogal (e, normalmente, con elisión vocálica segundo Michaëlis), aínda que existen excepcións (Lorenzo 1977, s.v. ‘gran’; Michaëlis 1920, ‘gran’).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 120 13. Considérase uyn un erro de copia, en tanto que a desinencia -n para a primeira persoa dos pretéritos dos verbos da segunda e terceira conxugacións no galego e nalgunhas falas dialectais do portugués comeza a documentarse desde o século XIII (Ferreiro 1999: 294, Souto 1993: 537). Sobre esta cuestión, Maia precisou o seguinte: «Quer se trate de uma mudança espontânea, quer de uma transformação fonética motivada por analogia com outras formas verbais, a análise dos documentos estudados permite fazer remontar esse tipo de formas, que hoje estão bastante divulgadas em galego, pelo menos, ao fim do século XIII, embora elas se tornem mais frequentes sobretudo nos séculos XV e XVI. Mesmo tendo em conta que a forma scriujn surge de modo totalmente isolado no século XIII, poder-se-á facilmente supor que, se tais formas ocorrem nos primeiros anos do século XV, em vários documentos de zonas geograficamente descontínuas e escritos por diferentes notários, elas deveriam ter já nessa época bastante vitalidade na linguagem falada da região, não sendo, portanto, ousado afirmar que essa alteração remonta a um período bastante anterior» (Maia 1986: 473-744). No corpus de Fernan Fernandez Cogominho, a primeira persoa do singular no pretérito corresponde a vi, como se exemplifica nas cantigas 2 e 5. Así pois, a forma uyn súmase aos casos de confusión entre as grafías <n> e <u> rexistrados na copia das cantigas do autor, e debe ser emendado a viu. Isto coincide coa lectura suxerida por Nobiling (2006: 216): mai-lo meu mal –quen viu tal?, xa que C. Michaëlis optou pola emenda: qu(e) ei, é tal. Os Machado reproduciron a lección de B sen cambios, Arias Freixedo reproduciu unha solución próxima á nosa, que[n] viu tal!, e en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas adoptouse tamén que[m] viu tal?. Comentario retórico-literario Esta cantiga exemplifica á perfección o percurso daquel que sofre por amor: o poeta inicia o seu discurso anunciando unha gran coita (cobra I), ata chegar ao extremo de verse morrer (cobra II), mais, como a morte non se produce, recae sobre el un pesar maior (cobra III). O desgaste do tópico do sufrimento, de elevanda recorrencia nas cantigas do xénero amoroso, obrigou aos trobadores a ofrecer un discurso
Cantigas 127 7. Na edición diplomática de Molteni preséntase pti, sen marca de abreviatura. A lección do manuscrito é clara neste lugar, polo que debemos pensar nun lapso por parte do editor. 9. No corpus lírico profano, o encontro aa da preposición a e artigo determinado feminino computa dúas sílabas na maior parte das ocorrencias localizadas na MedDB (7-1-2012) (16,1 v. 1 V, 38,3 v. 7 I, 56,9 v. 3 I, 77,10 v. 5 IV, 79,32 v. 4 I, 80,1 v. 8 III, 87,13 v. 3 III e v. 3 IV, 94,9 v. 4 III, 126,6 v. 3 f, 134,5 v. 1 I e II), a excepción de Maria Negra, deventuyrada de Pero Garcia Burgales (125,20 v. 4 I). Conforme a tendencia maioritaria, neste verso, o encontro vocálico aa computa dúas sílabas. Fronte a esta solución, en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (2-1-2012) optouse por considerar unha crase en aa, presentada como á no texto. Porén, para considerar un esquema métrico regular, téñase en conta que o encontro entre a vogal final do substantivo noite e o nexo copulativo e se resolve en sinalefa. Michaëlis propuxo nese lugar unha redución silábica noit(e) e como medida para acadar un verso decasílabo. O adverbio ar aparece como reforzo da expresión verbal. Lorenzo relacionou a súa orixe co prefixo re- (Lorenzo 1977, s.v. ‘ar’). Michaëlis viuno semanticamente equivalente á partícula de reforzo arre-, de ad + re, utilizado con frecuencia na formación e intensificación verbal (Michaëlis 1920, s.v. ‘ar’). Nos textos medievais ar coexiste co alomorfo er. Determinar a priori o valor deste adverbio non é fácil, porque, normalmente, o seu sentido se establece en función do contexto e tamén polo verbo que complementa, co que adoita presentar unha estreita relación de modificación. En xeral, significa ‘de novo’, ‘aínda’, ‘tampouco’, ‘agora’ ou ‘outra vez’. Brea (1988b) matizou, ademais, os valores desta partícula: pode equivaler a ‘volta a un estado orixinario’, e en relación a este sentido adquire ás veces o significado ‘repetición dunha acción ou estado polo mesmo individuo’, así como ‘unha acción ou estado repetido por unha persoa diferente á anterior’; debido á idea de repetición, pode significar ‘despois’, ‘tamén’, ‘ademais’. Como complemento de verbos de pensamento (coidar, pensar...) é útil para intensificar e engadir un matiz de repetición, e co verbo dizer equivale a ‘volver dicir’, ‘dicir ademais’, ‘engadir’, ‘dicir pola súa parte’ ou ‘responder’. En vista disto, neste verso, vemos que ar reforza o sentido de andar
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 128 ‘estar’, reforzando o sentido de continuación ou permanencia no mesmo estado: ‘vexo que aínda permanezo vivo’. 10. A reposición da vogal final en viv[o] é necesaria para preservar a isometría, xa que manter a elisión (viv’e) implicaría aceptar a irregularidade representada por un verso de nove sílabas dentro dunha composición de decasílabos. Coincidimos, así pois, coa solución de Michaëlis e de Cantigas Medievais Galego-Portuguesas. Os Machado seguiron fielmente a lección de B e ofreceron un verso hipómetro. 11. Molteni recolleu na súa edición nuca, aínda que na lección manuscrita se reproduce claramente unha nasal abreviada mediante un til sobre a vogal (nũca). 14. A locución adverbial de pran utilizouse unicamente na lírica trobadoresca. Segundo Michaëlis, formaríase a partir de PLANE, e, segundo Lorenzo Gradín, fixaríase na lingua a través do provenzal de plan (Michaëlis 1920, s.v. ‘pran’; Lorenzo Gradín 2008a: 96). A formación romance qualquer foi resultado da unión de qual, do latín QUĀLEM, mais a terceira persoa do verbo querer. Na lingua medieval, qualquer aparecía xa como adxectivo e como pronome indefinido. Maia (1986: 708) considerou posible que houbese consciencia da composición aínda nos textos do XIII ao XV, en base ás formas escritas por separado e mesmo con interposición dun substantivo entre os dous elementos; porén, a expresión tamén aparece graficamente unida en textos do mesmo século. Comentario retórico-literario Nesta cantiga, o tema principal é novamente a coita. A presentación dos tópicos mediante hipérboles e negacións pouco habituais no cancioneiro amoroso dota á composición de certa orixinalidade, en tanto que é posible percibir matices irónicos nas declaracións do poeta, apreciables, principalmente, na última estrofa e nos versos do refrán: ja máis por coita nunca ren darei, / ca, por gran coit’aver, non morrerei. Este tipo de manifestación pode lerse en relación cunhas explicacións de V. Beltrán a propósito do uso da ironía como medio para acadar unha nova expresividade nos tópicos:
Cantigas 129 trala monotonía das grandes liñas temáticas, subxace un evidente desexo de innovación, de ruptura dun esquema demasiado visto, que opera unhas veces a través da ironía, desde o tratamento cum granum salis daqueles motivos (don Denis, Joan Garcia de Guilhade) ata a parodia (Pedr’Amigo, basicamente), pero que outras veces actúa a través de pequenas innovacións que, sen altera-lo esquema fundamental, introducen matices expresivos, motivos subordinados (Beltrán 1995: 70). Así, nesta cantiga, o punto de partida é a imposibilidade de ver a amada, que desencadea un sufrimento tal, que o trobador pensará non sobrevivir a el. Na disposición destas ideas principais hai unha énfase expresiva favorecida polas figuras de orde: a anástrofe (que mia senhor non vi, v. 1; nunca ren darei, versos 5, 11, 17; por gran coit’aver, versos 6, 12, 18; pois tal coita padeci, v. 10), e o hipérbato (e me máis vejo no mundo viver, v. 2; e m’eu tan gran coita pudi sofrer, v. 3; quando m’eu da mia senhor parti, v. 7; qual mi Deus dar quiser, v. 15; pois, per esta, morte non prendi, v. 16). O poeta, véndose aínda vivo, con certa ironía, manifesta a súa sorpresa pola capacidade para sufrir unha gran coita, que é un concepto que domina no texto mediante a reiteración frecuente do substantivo (versos 3, 5, 6, 10, 11, 12, 15, 17 e 18), que, ocasionalmente, se acompaña do epíteto gran (nos versos 3, 6, 12 e 18). Desta maneira, faise énfase na intensidade do sufrimento do trobador, e coa mesma finalidade sucédense varias declaracións hiperbólicas, que ocasionalmente se dispoñen en encabalgamentos que incrementan a forza expresiva e o sentido de continuidade: Pois tan muit’á que mia senhor non vi, / e me máis vejo no mundo viver, nos versos 1-2; pois dela [da coita] non morri no v. 4; non cuidava esse dia chegar / viv’aa noite, e vejom’ar andar / viv[o], nos versos 8-10; ben devo, de pran, a sofrer qualquer / outra coita qual mi Deus dar quiser, nos versos 14-15; pois, per esta [coita], morte non prendi no v. 16. A estas figuras engádese o poliptoto verbal pudi sofrer (v. 3), sofri (v. 13) e devo a sofrer (v. 16); os dous primeiros, debido á súa posición privilexiada no interior do texto, propician unha rima derivada que subliña a noción do padecemento. Ademais, estes son sinónimos de padeci, tamén en posición de rima no v. 10, e, en conxunto, todas estas repeticións serven para insistir no sufrimento e dar verosimilitude ao discurso do poeta. En relación co tópico da coita amorosa, aparece o motivo da morte, que é unha hipérbole que por mor da recorrencia perdería a súa intensidade
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 130 primitiva96. De entre os numerosos autores que incorporaron o motivo da morte por amor nos seus textos, sobresae o trobador portugués Roi Queimado, que ben podería ser definido como o mestre na súa exploración e explotación (véxase Manero 1987, Pérez Varela 1993 e a edición crítica deste autor preparada por Lorenzo Gradín / Marcenaro 2010). Malia o uso frecuente deste tema por parte dos membros da escola galego-portuguesa, a morte por amor non pode considerarse orixinal dos trobadores peninsulares, pois xa aparecía na lírica provenzal, onde figuraba como unha das posibles consecuencias do desexo do poeta, do amor ou da actitude da dama (Cropp 1975: 312-316). Porén, como anunciamos, este texto marca diferenzas na plasmación da vivencia da coita e a percepción da morte; manifestacións como as recollidas na terceira cobra e as do refrán permiten apreciar certa ironía na presentación do tópico da dor e os seus efectos. Así, nos versos de refrán, o trobador insiste na “inutilidade” de soportar unha gran coita e, na última cobra, afirma ser capaz de sobrevivir a calquera padecemento que Deus queira dar, en vista de que non morreu da coita sufrida. O contraste entre o resultado esperado e a situación real acentúase mediante a disposición de termos antitéticos. Este procedemento non é orixinal de Fernan Fernandez Cogominho, senón que xa se utilizaba na escola provenzal para expresar a relación da vida e da morte, con frecuencia acompañada da oposición clásica da ledicia fronte ao pesar (Cropp 1975: 313-314). Na cantiga do trobador portugués rexístrase vivo (adxectivo reiterado en anáfora nos versos 9 e 10, nos dous casos formando parte dun encabalgamento), en relación de derivatio con viver (no v. 2); estes termos asócianse por oposición con morri (no v. 4), morrerei (nos versos 4, 6, 12, 18) e morte (no v. 16). Apréciese, ademais, que morri e morrerei ocupan un lugar preferente na estrutura da composición, conformando unha rima derivada. 96 Para máis información sobre este tema, pode consultarse: Beltrán 1995, Fidalgo 2005, Manero 1987, Meneses 1998 e Vilhena 1976.
Cantigas 131 6. Non am’eu mia senhor, par Deus B366 f. 83v, col. a Non am’eu mia senhor, par Deus, por nunca seu ben asperar, mais fui con ela [co]meçar; é ja assi, amigos meus, 85 5 que non ei eu end’al fazer enquant’ela poder viver. Non a amei, des que a vi, por nunca dela aver seu ben, mais, vedes, de guisa mi aven, 90 10 meus amigos, que ést’assi: que non ei eu end’al fazer [enquant’ela poder viver.] Non a amo, per bõa fe, por nunca seu ben aver ja, 95 15 ca sei ben que mi o non fara, mais mia fazenda ja assi é: que non ei [eu end’al fazer enquant’ela poder viver.] Ca demo m’e[n] cabo prender 100 20 fui, de pran, u a fui veer! Porque s’ela non quer doer de min, mal dia foi nacer!
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 132 E sei de min com’á de seer: viver coitad’, e pois morrer. 105 1 senhor] seuhor 3 ela [co]meçar] ela mecar 19 m’e[n] cabo] me cabo 22 naçer] uaçer 22-23 Que non ey del. (transcrito como refrán a continuación do v. 22) 24 morrer] moirer 1 mia] mha . Deus] de9 3 mais] Mays 4 ja] ia . assi] assy . amigos meus] amig9 meu9 5 non ei] non ey 6 viver] uiuer 7 amei] amey . vi] uj 8 por] Pr . aver] auer 9 mais] Mays . vedes] uedes . guisa] gisa . mi aven] mhauen 10 meus amigos] Me9 amig9 . assi] assy 11 non ei] non ey 13 bõa] bona 14 por] Pr . aver] auer . ja] ia 15 sei] sey . mio] mho 16 mais] Mays . mia] mha . ja] ia . assi] assy 17 non ei] non ey 19 prender] p’nder 20 pran] pram . u a fui veer] hua fuj ueer 21 porque] Pr que 22 de min] De mj* . foi] foy 23 e sei] E ssey . de min] demj* 24 viver] Viur . pois] poys Repertorios: Tavani (1967a): 40,7; d’Heur (1973): 326. Edicións: Edición diplomática: Molteni 1880: 134 [nº 310]. Edición semidiplomática: Machado e Machado 1949-1964: II 145-146 [nº 306]. Edicións críticas e interpretativas: Michaëlis 1990: I 836-837 [nº 425]. Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (http://cantigas.fcsh.unl.pt; data de consulta: 2-1-2012). Paráfrase I. Non amo a miña señora, por Deus, por nunca esperar o seu ben, mais comecei con ela. Así é xa, amigos meus, que non teño eu nada que facer mentres ela poida vivir. II. Desde que a vin non a amei, por non ter o seu ben, mais vedes, a maneira en que me sucede, meus amigos, é así: que non teño eu nada que facer mentres ela poida vivir. III. Non a amo, a boa fe, pon non ter xa o seu ben, e sei ben que non mo concederá, mais a miña situación é xa así: que non teño eu nada que facer mentres ela poida vivir. f.I. Que o demo me foi prender ao final, de verdade, cando a vin! f.II. Porque ela non quere compadecerse de min, en mal día fun nacer! f.III. E sei o que ha de ser de min: vivir coitado e despois morrer.
Cantigas 133 Rúbricas, marcas e apostilas Colocci deu a esta cantiga o número 366 e aplicoulle a apostila cõged da tornel, mediante a que, probablemente, quixo resaltar a vinculación entre a rima do refrán e da finda. Non obstante, na copia do texto só se individualiza a última finda, presentándose a primeira e a segunda findas agrupadas en forma de estrofa, a que se lles engadiría o refrán, que, seguindo o procedemento habitual, se escribiu parcialmente, marcando a abreviación cun punto (Que non ey·). Colocci sinalou o comezo do refrán nas cobras mediante un ángulo, e esta marca tamén foi a utilizada para destacar a que para nós é a terceira finda. Sinopse métrico-rímica Esta cantiga de refrán consta de tres cobras singulares, constituídas por seis versos octosílabos agudos (véxanse as notas aos versos 3, 8, 9, 15, 16, 23), que combinan tres rimas nun tetrástico de rimas cruzadas (abba) seguido dun dístico monorrimo que se corresponde co refrán (CC). O esquema complétase con tres findas que retoman a rima do refrán (CC) (véxase a nota aos versos 19-22). O número de esquema métrico que Tavani asignou a esta cantiga corresponde ao 160:341 para as tres primeiras cobras (8a 8b 8b 8a 8C 8C); o filólogo italiano considerou unha cobra IV (en lugar das findas 1 e 2), a que lle corresponde o esquema 3:1 (8a 8a 8a 8a 8A 8A) (Tavani 1967a: 49, 186). a b b a C C a b b a C C I 8 8 8 8 8 8 -εus -ar -ar -εus -er -er II 8 8 8 8 8 8 -i -en -en -i -er -er III 8 8 8 8 8 8 -ε -a -a -ε -er -er f.I 8 8 -er -er f.II 8 8 -er -er f.III 8 8 -er -er
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 134 Notas aos versos 1. Segundo Arias Freixedo (2004), os dous versos iniciais poderían entenderse de dous xeitos a partir da forma verbal. Para o investigador, dado que a vogal final está elidida por contacto coa vogal que inicia a palabra seguinte, sería posible pensar nun presente de indicativo, amo, ou nun presente de subxuntivo, ame. A primeira opción achegaría a expresión a unha declaración heterodoxa, pois o trobador negaría amar a súa senhor porque non espera ser correspondido, mentres que a segunda serviría para manifestar a vontade do trobador de non amala coa finalidade de esperar un beneficio amoroso, preservando o texto na ortodoxia. As tres cobras caracterízanse por un inicio paralelístico. Por isto, segundo Arias Freixedo, os dous primeiros versos das cobras II e III recollerían tamén unha negación aparentemente anticanónica, seguida dunha explicación equívoca, polo que as declaracións poderían percibirse como heterodoxas ou ortodoxas. Non obstante, nos versos 7-8 e 13-14, a ambigüidade non dependería do modo verbal (pois corresponde ao indicativo, amei e amo), senón do valor adxudicable á partícula por. Segundo as explicacións de Arias Freixedo, existe «unha afirmación categórica aparentemente heterodoxa á que segue unha explicación equívoca, pois podemos dubidar se a conxunción por ten valor final (na interpretación ortodoxa) ou causal (na interpretación atentatoria contra a tópica do xénero): ‘Non a amou porque desexase obter o ben dela’, no primeiro caso, ou ‘non a amou porque nunca obtivo o ben dela’ no segundo» (Arias Freixedo 2004: 386). Tendo en conta o paralelismo das tres cobras, e a pesar da interpretación de Arias Freixedo, priorizamos o presente de indicativo neste primeiro verso por varias razóns: en primeiro lugar, as cobras II e III comezan por unha negación e, en ambos os casos, o verbo principal está en indicativo (nos versos 7-8, Non a amei… por nunca dela aver seu ben, e nos versos 13-14, Non a amo… por nunca seu ben aver ja); considerando que as tres cobras se caracterizan por iniciarse cunha estrutura semellante, parece mellor opción apreciar un presente de indicativo na cobra I. Unha segunda razón por que priorizamos o indicativo no incipit baséase en que non parece que fose aceptable un presente de subxuntivo regular, como é ame, con elisión da vogal que distinguiría o modo, sendo este o marcado fronte ao modo indicativo. Así, segundo G. Massini-
Cantigas 135 Cagliari: «Além das restrições rítmicas às quais está a ocorrência da elisão sujeita, existem também condições de natureza fonotática, ou seja, concernentes à estrutura da sílaba, que devem ser seguidas, para que o processo da elisão possa se aplicar: é necessário que a vogal átona da primeira palavra pertença a uma sílaba com ‘onset’ preenchido. Do contrário, a elisão não pode se aplicar por questões de preservação de estrutura, uma vez que, caindo a vogal, nada sobraria da sílaba original –o que acarretaria problemas de ordem semântica, com conseqüências para a interpretação do enunciado» (Massini-Cagliari 2001). Ademais, encontramos algúns exemplos que corroboran a idea de que, en caso de ser un presente de subxuntivo regular, non habería elisión da vogal que distinguiría o modo verbal: na cantiga de Pero da Ponte Agora me part’eu mui sen meu grado (120,1) reitérase o verso non vyva eu se m’el hi non da consselho (v. 8 I e v. 1 II); o texto transmítese en A, B e V e, nos tres cancioneiros, o verso repítese nas dúas cobras reproducindo a vogal final do subxuntivo. No texto satírico Joan Garcia tal se foi loar (79,28), de Joan Soarez Coelho, lese non trobe en talho se non de qual for e dáse unha sinalefa no encontro vocálico entre trobe e en; na lección manuscrita de V, único códice que transmite o texto, reprodúcese a vogal que marca o modo verbal. Igual acontece na composición, trasmitida en B e V, Pero d’Ambroa, se Deus mi pardon (127,7), de Pero Gomes Barroso, onde o encontro vocálico recollido no verso como vos trobe i, mais saber-vos-ei se resolve en sinalefa (para máis información sobre estas cuestións da elisión na lírica galegoportuguesa, véxase Massini-Cagliari 2003 e 2011). A preposición par, que se reproduce na fórmula par Deus, ten a súa orixe na preposición latina PĔR, e que, segundo M. Ferreiro (1999: 361), entraría na lingua como galicismo e ficou empregada en fórmulas de xuramento. 2. O substantivo ben pode entenderse aquí o valor ‘amor da dama’ ou como ‘recompensa amorosa’; neste sentido, aparecen na lírica outras expresións sinónimas, como galardon, prol ou grado. Na lírica provenzal ben foi a expresión máis recorrente para expresar «le bénéfice de l’amour», en procurada relación de antítese con mal, «le mot le plus fréquemment utilisé pour designer les souffrances de celui qui aime» (Cropp 1975: 359).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 136 Como dixemos na nota anterior, Arias Freixedo (2004) analizou a ambigüidade nos primeiros versos das cobras I, II e III. Certamente, é posible interpretar eses versos de diferente maneira en función da lectura que se faga de por, e debemos aceptar que as expresións que se reproducen neste texto non se adecúan ao rexistro máis convencional das cantigas de amor galego-portuguesas, aínda que isto poida obedecer a unha finalidade retórica. 3. O copista deixou un pequeno espazo entre a copia do pronome ela e o verbo começar, que marcaría a falta dun pequeno segmento de texto, correspondente á primeira sílaba do infinitivo. O problema puido ter orixe nunha deficiencia xa presente no modelo a partir do que se copiou B, ou puido deberse á incapacidade do copista para interpretar o que había escrito no antecedente. A métrica apoia a reposición silábica. 4. Michaëlis practicou unha emenda que afecta, na súa proposta, aos versos 3-4: Mais, [pois] con ela [co]meçar / fui, é ja (a)ssi, amigos meus. Desde o noso punto de vista, estas intervencións ao texto son innecesarias: pódese interpretar que o v. 4 inicia cun sintagma (é ja assi) semellante ao que se reproduce nos versos 10 (que ést’assi) e 16 (ja assi é), que serve para introducir os versos de refrán. A mesma solución reprodúcese en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas. 8. O encontro das vogais átonas a+a, entre dela e aver, resólvese en sinalefa. 9. O encontro i+a, entre mi e aven, resólvese en sinalefa (véxase, na cantiga 4, a nota ao v. 3). A propósito da forma verbal vedes, véxase na cantiga 1 a nota ao v. 1. 10. A forma verbal éste (que se rexistra neste verso con elisión da vogal final) corresponde a un dos alomorfos existentes na lingua medieval para a terceira persoa do verbo ser. Segundo M. Ferreiro: «A P3 dispuña na lingua medieval dunha forma éste, foneticamente regular (considerando unha vogal paragóxica de apoio para resolver a secuencia -ST final [...]), concorrente coa maioritaria é, produto da analoxía coas P3 verbais que nunca presentan -s final (o resultado fonético normal sería *es), para alén da necesaria diferenciación formal coa P2» (Ferreiro 1999: 341). A lección manuscrita é válida tanto desde o punto de vista gramatical como métrico;
Cantigas 143 resalta no discurso por medio das repeticións e da disposición en anástrofe (seu ben asperar, no v. 2, dela aver seu ben, no v. 8, e seu ben aver ja, no v. 14). A serie de tres findas serven para pechar esta senlleira composición, pero só a terceira reúne a condición de devolver o sentido canónico a todo o texto, xa que as findas 1 e 2, como se explicou, presentan expresións ambiguas que poden lerse na heterodoxia. Apoiando unha lectura ortodoxa, interpretamos que na primeira finda se recolle o tópico da primeira visión da dama como inicio da coita, subliñándose o concepto mediante a rima derivada vi e veer (nos v. 7 e v. 20, respectivamente), e expresándose de forma metafórica e hiperbólica para focalizar a gravidade do mal: o demo aparecería como imaxe de todo o padecemento que sofre o trobador desde que viu por vez primeira a súa senhor (González 2005 e 2006). Na seguinte finda, podemos entender que, coa finalidade de intensificar a expresividade e de dar veracidade ao discurso, o coitado maldí o día do seu nacemento. Por último, na terceira finda, por medio do hipérbato (e sei de min com’á de seer), anúnciase hiperbolicamente a morte despois dunha vida de coitas. Dieu veille sur les amoureux courtois. Elle est empreinte d’une sensualité qui s’exprime surtout dans l’espoir que nourrit le poète-amoreux de recevoir des faveurs ou des récompenses. Le plaisir d’amour est le plus souvent évoqué comme un bienfait futur; parfois, le poète en a eu l’expérience au passé. Mais, si ce n’est qu’il le recrée en rêvant, le plaisir d’amour n’est, pour lui, jamais actuel» (Cropp 1975: 357). Pichel fala dun trobador enchido de amor con desexos de vincularse espiritualmente á dama, pero que non por iso deixaba de aspirar a unha unión carnal; sobre os distintos pareceres sobre a cuestión, indica «É tan exacta a postura dos que afirman unha cousa coma os que afirman outra. [...] O noso compromiso quedou do lado daqueles que admitían un servicio sensual. Dos que sosteñen que a recompensa é de carácter amoroso porque se dan unhas características precisas que permiten esta interpretación; admitindo que se inclúen accións espirituais propias da sensibilidade do namorado» (Pichel 1987: 94). E esta idea última é, se cadra, a que debemos soster nunha lectura das cantigas amorosas, aplicándoa tamén ao caso que nos ocupa. Para máis información sobre o uso da expresión nas cantigas de amor, véxase Beltrán 1995: 58-72; para a súa inclusión nas cantigas de amigo, véxase Brea / Lorenzo Gradín 1998: 103-111.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 144 7. [V]eeronm’ora preguntar B366bis, f. 83v, col. b [V]eeronm’ora preguntar meus amigos por que perdi o sén; [e] dixilhis assi, ca o non pudi [m]áis negar: 5 a mia sobrinha mi tolheu 110 o sén, por que ando sandeu. Quen ben quiser meu coraçon saber, por que ensandeci, pregunteme, ca ben logu’i 10 lhi direi eu assi enton: 115 a mia sobrinha [mi tolheu o sén, por que ando sandeu.] 1 [V]eeronm’ora] eherom ora 3 e] add. 4 pudi [m]áis] pudy ays 2 Meus amigos] Me9 amig9 3 assi] assy 4 pudi] pudy 5 mia] mha . mi] mj 8 por que] pr que . ensandeci] en ssandeçi 9 pregunteme] Prgunteme . logu’i] loguj 10 direi] direy . assi] assy 11 mia] mha Repertorios: Tavani (1967a): 40,11; d’Heur (1973): 327. Edicións: Edición diplomática: Molteni 1880: 134 [nº 311]. Edición semidiplomática: Machado e Machado 1949-1964: II 147 [nº 307]. Edicións críticas e interpretativas: Michaëlis 1990: I 838 [nº 426]; Lopes 2003: 139 [nº 101]; Cantigas Medievais Galego- Portuguesas (http://cantigas.fcsh.unl.pt; data de consulta: 2-1-2012). Edicións divulgativas: Ferreiro / Martínez 1996: 61 [nº 46].
Cantigas 145 Paráfrase I. Viñéronme agora preguntar os meu amigos por que perdín o sentido, e díxenlles así, porque non o puiden negar máis: a miña sobriña me quitou o sentido, por iso ando tolo. II. Quen ben queira coñecer a miña vontade, pregúnteme por que enlouquecín, e de inmediato entón lle direi así: a miña sobriña me quitou o sentido, por iso ando tolo. Rúbricas, marcas e apostilas Esta é a sétima e última composición da serie que se atribúe ao trobador na sección das cantigas de amor de B. A copia non se acompaña de anotacións: non hai apostilas nin marcas que sinalen a existencia de refrán e Colocci excluíuna da numeración, polo que hoxe se identifica co número 366bis. A capital de cantiga quedou sen transcribir; o copista deixou un espazo en branco destinado a unha escritura posterior da inicial, ou talvez esa letra xa non estaba presente no modelo que copiaba. Probablemente, a ausencia da maiúscula influíu na percepción do humanista, de tal maneira que deixaría o texto sen numerar. Esta é tamén a hipótese de E. Gonçalves (2007b: 3) para explicar a falta de numeración neste e noutros textos onde se verifíca unha casuística idéntica, como en B610bis, ou similar, como nas composicións B471bis e B1111bis, onde falta todo o incipit. Sinopse métrico-rímica Esta cantiga de refrán consta de dúas cobras de seis versos octosílabos agudos (véxase a nota ao v. 3), onde se combinan tres rimas: un tetrástico inicial de rimas cruzadas (abba) e un dístico monorrimo que se identifica co refrán (CC). A rima a segue o modelo das cobras singulares, mentres que b segue o das cobras unisonantes. Tavani asignoulle o número de esquema métrico 160:342 (8a 8b 8b 8a 8C 8C) (Tavani 1967a: 186). a b b a C C a b b a C C I 8 8 8 8 8 8 -ar -i -i -ar -eu -eu II 8 8 8 8 8 8 -on -i -i -on -eu -eu
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 146 Notas aos versos 1. Non se transcribiu a letra capital. No seu lugar aparece unha lacuna que podería explicarse por un hipotético problema no antecedente, se a letra xa non estaba deseñada nel, ou tamén é posible que estivese escrita no modelo, pero que non fose facilmente identificable para este copista de B, que reservaría un espazo ideado para unha futura transcrición da inicial. Reprodúcese a forma [v]eeron sen marca de nasalidade vocálica no radical, segundo aparece no manuscrito (igual que na cantiga 10 se rexistran, sen nasalidade, as formas veestes e veen nos versos 2, 5, 11 e 17). O étimo deste verbo incluía unha consoante nasal que, tras o seu debilitamento e desaparición, deixou resonancias na vogal que a precedía; nunha época temperá, poríase en marcha un proceso de desnasalización coas consecuentes repercusións gráficas (Mariño 2002a, Rodríguez / Varela 2007: 494- 500). Isto permite pensar que nesta forma verbal a ausencia de marca de nasalidade non ten que obedecer necesariamente a un erro, senón que pode verse como un indicio da extensión do fenómeno; por esta razón, séguese con fidelidade a lección de B, único testemuño da composición. 1-2. Nestes versos hai dúas interpretacións posibles, que levan asociados diferentes modos de puntuación. A escolla dun ou doutro implica presentar meus amigos como suxeito de [v]eeron preguntar, como dispoñen Michaëlis, os Machado, M. Ferreiro e C. P. Martínez, ou ben marcar entre comas o sintagma a modo de vocativo, como fixo G. Videira Lopes e como se presenta en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas. Aínda que as dúas lecturas son válidas, adoptamos a primeira opción porque noutras cantigas galego-portuguesas os amigos do trobador son os que aparecen preguntando sobre o seu estado ou a identidade da dama; así, nunha cantiga de Galisteu Fernandiz (51,4), dise: Meus amigos queren de min saber / quen é a senhor que en meu trobar / mi muytas vezes oyron loar / e non lhis quer’eu mais d’esto dizer (vv. 1-3, I); que lhis diga por quen trob’e quen é; / a meus amigos digo-lhis assy (vv. 2-4, II). Tamén nunha composición de Joan Airas (63,18), dise na terceira cobra: Os meus amigos, con que vou / falar, me preguntan assi: / ¿con mia senhor, com’eu estou?, / e non sei que lhis diga i (vv. 1-2 III). Nuno Fernandez Torneol di que moitos lle preguntan por quen ensandeceu, mais precisa: E Deu-lo sabe, quan grav’a mi é / de lhes dizer o
Cantigas 147 que sempre neguei; / mais pois me coitan, dizer lhe’-la-ei / a meus amigos, e a outros non (106,15) (MedDB 5-11-2011). 3. O verso transmítese hipómetro na lección manuscrita. Para dar solución ao problema métrico, optamos por introducir o conector textual e, coincidindo coa proposta de Michaëlis, os Machado, Lopes, Ferreiro e Martínez Pereiro, e Cantigas Medievais Galego-Portuguesas. Segundo as indicacións de Lorenzo (1977, s.v. ‘sen1’), sén procede do xermánico sĭnn, introducido na lingua a través o provenzal antigo. Foi unha palabra empregada sobre todo na lírica e debeu de caer en desuso no século XIV. Rexístrase comunmente como ‘sentido’, ‘xuízo’, ‘intención’ e ‘consciencia’. 5. O substantivo sobrinha procede do latín SŎBRĪNAM, que servía para referirse á ‘filla do curmán’ ou á ‘prima de grao afastado’; porén, produciuse un cambio semántico por influencia de CONSŎBRĪNA, ‘filla dunha irmá’, e de NĔPOS, ‘filla dun irmán’. Na evolución, CONSŎBRĪNA acabou por adoptar o valor de ‘prima’, o que, nun principio, reconduciu o sentido de SŎBRĪNA a ‘sobriña de segundo ou terceiro grao’, e posteriormente a ‘sobriña de primeiro grao’; nestes desprazamentos semánticos o vocábulo clásico NĔPOS foi substituído por SŎBRĪNUS. A forma sobrinha nesta cantiga representa a única ocorrencia do substantivo no conxunto da lírica profana (Corral 1996: 219-220). 4. No interior do verso o copista deixou un espazo precedendo a ays, talvez porque non deu identificado o signo que debía transcribir, ou porque o orixinal con que traballaba xa presentaba unha eiva neste lugar. A emenda á lección de B, consiste na reposición do <m> inicial do adverbio. 6, 12. Entendemos que por que ten valor consecutivo: ‘a miña sobriña me quitou o sentido, por iso ando tolo’. Tamén podería lerse porque, conxunción causal, para expoñer a xustificación do estado do trobador ante os seus interlocutores. 7. O termo coraçon procede do substantivo latino CŎR, CORDIS mais sufixo aumentativo (Lorenzo 1977, s.v. ‘curaçõ’). Na lírica galegoportuguesa non aparece no seu sentido orixinal (‘órgano do corazón’) senón que o máis frecuente é o emprego metafórico para referirse aos sentimentos ou ao interior do individuo (Vieira 2010). Neste verso, a expresión meu co-
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 148 raçon pode verse equivalente a ‘vontade’ ou ‘pensamento’, aínda que tamén pode lerse como referencia ao sentimento íntimo e interior, isto é, o ‘amor’. Nunes rexistrou o substantivo con este último sentido, e as expresións teer no coraçon, ‘amar’, ou partir o coraçon (de alguén), ‘deixar de amar’ (Nunes 1928, s.v. ‘coraçon’). Comentario retórico-literario Os trobadores galego-portugueses, que na súa poética deron prioridade á coita amorosa, recorreron con frecuencia aos motivos da morte e da tolemia, polarizándoas arredor do «personaxe que non vive senón abstraído nos seus sentimentos» (Beltrán 1995: 66). Aquí, o trobador fixo insistencia no tópico da loucura empregando expresións sinónimas ao longo de todo o texto, como perdi o sén, mi tolheu o sén, por que ando sandeu e ensandeci. Entre estes, sobresaen sandeu e ensandeci porque ocupan un lugar preferente na cantiga, conformando unha rima derivada, e as expresións perdi o sén e mi tolheu o sén aparecen dispostas en encabalmentos que dilatan a expresión dun verso a outro, e desta maneira se propicia a repetición do sintagma o sén en anáfora (nos versos 3, 6 e 12). Por medio destes procedementos, subliñouse o motivo da loucura no interior da cantiga. Neste estado, non sorprende a intervención dos amigos, que procuran saber a razón dos males que aflixen ao trobador. Normalmente, nas cantigas de amor, este respodía deféndendose de acusacións, recorría á mentira e á negación (Brea 1992). Porén, neste texto, o trobador deseña unha teimosa inquisición mediante o uso de diversos verbos de dicción: o poliptoto verbal veeronm[e] preguntar (v. 1) - pregunteme (v. 9) e dixilhis (v. 3) - lhi direi (v. 10); a estes xúntase a expresión en anástrofe non pudi máis negar (v. 4), que subliña a súa incapacidade para gardar silencio. Desta maneira, aínda que non se facilita o nome propio da muller, identifícase pola antonomasia a mia sobrinha, repetíndose nun lugar privilexiado, como é o inicio do refrán. A medida que avanza a exposición, apréciase unha diminución do compromiso co segredo amoroso por parte do trobador: así, na primeira cobra recorre a unha regressio para xustificar o discurso (dixilhis assi, / ca o non pudi máis negar, no v. 4), mentres que na seguinte estrofa se dirixe ao público xeral para que pregunte todo aquel que
Cantigas 149 desexe coñecer o seu coraçon (no v. 7, que, por metonimia, corresponde a aquilo que sente ou pensa o trobador), e anticipa a súa resposta. Nesta segunda cobra, a expresión dilátase mediante os encabalgamentos (nos versos 7 - 8, 9 - 10) e enfatízase por un forte hipérbato (dos versos 7 ao 9). Este cantar de Fernan Fernandez Cogominho particularízase, principalmente, por presentar os tópicos e expresións propias da cantiga de amor acompañándose da identificación da dama: a sobrinha do trobador (nos versos 5 e 11). Isto condúcenos ao incumprimento dunha das regras do xénero: o segredo amoroso. Como motivo, foi empregado polos autores da escola galego-portuguesa, pero non só101, pois «pendant le XIIe siècle dans les pays d’Oc, parmi les exigences que la doctrine de l’amour courtois imposait à l’amoureux figurait l’obligation de garder secrète l’identité de sa bienaimée» (Gutiérrez / Souto 2003: 411). Pensamos que a composición adopta a forma da cantiga de amor, utilizando motivos e fórmulas propias deste xénero, mais infrinxe unha das normas principais do amor cortés ao non preservar o segredo amoroso, revelando a identidade da dama. A causa disto, o texto afástase da máis estrita canonicidade da cantiga de amor. Porén, na clasificación xenérica desta cantiga, os investigadores non mostraron unha opinión unánime. Así, J.-M. D’ Heur (1975) incluíuna no xénero de amor, G. Tavani (1967a) cualificouna de «amor giocosa» e M. Barbieri definiuna como de «registo anticonvencional ou também irónico» (1993a). Nos estudos sobre os escarnios de amor, G. Vallín (1997), K. R. Scholberg (1971), F. R. Holliday (1962) e X. Filgueira Valverde (1947) non a tiveron en consideración nos seus respectivos corpora. Polo contrario, apareceu como escarnio de amor nos estudos de I. Rodiño (1999), de S. de Oliveira Brandão (2006) e de S. Gutiérrez (2006). Respecto ás edicións, vemos que M. Rodrigues Lapa (1995) non a recolleu nas Cantigas d’escarnho e maldizer dos cancioneiros 101 No seu tratado De Amore, André o Capelán deu indicación da necesidade de non dar a coñecer publicamente o amor: «Qui suum igitur cupit amorem diu retinere illaesum, eum sibi maxime praecavere oportet, ut amor extra suos terminos nemini propaletur, sed omni venire notitiam, statim naturalia deserit incrementa et defectum prioris status agnoscit» / «A aquél que desee mantener ileso su amor le conviene cuidarse sobre todo de no divulgarlo y de ocultarlo a todos, pues cuando el amor empieza a ser conocido por muchos, deja de crecer con naturalidad y conoce su declive» (Creixell 1985: 288-289).
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 150 galego-portugueses, mentres que G. Videira Lopes (2002) si a incluíu na súa edición, e en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (2-1-2012) defínese como de «género incerto». As diferenzas na opinión da crítica débense, por unha parte, a que non se empregou unha definición nin concepción común para a clasificación deste tipo de textos; por outra, pola diferente maneira en que se leu a confesión do trobador a propósito de andar tolo por unha sobriña, nun texto que se caracteriza polo uso de fórmulas e tópicos tradicionais da cantiga de amor. Desde o noso punto de vista, ao favorecerse a identificación da muller, incúmprese unha das principais regras do xénero de amor; a expresión transgride o canon, ademais, porque podería entenderse como a declaración dun amor ilícito, como explicou G. Videira Lopes: Esta curta cantiga, que poderá, aliás, estar incompleta, não faz parte do corpus satírico que Lapa recolheu. Parece-me, no entanto que ela deve ter aí o seu lugar: trata-se, de facto, de um tio que confessa os seus amores por uma sobrinha, de forma tão clara que contraria frontalmente todas as regras do amor cortês (e mesmo socialmente aceitável) (Lopes 2002: 139). Conforme se explicou no capítulo dedicado á biografía do autor, hai catro donas (coñecidas) que puideron ser causa desta composición; entre elas, distínguese Maria Pires de Vides, que foi raptada por Men Cravo, tenente de Lanhoso, e, segundo se relata no Livro de Linhagens, foi un dos alcaides traidores a Sancho II. En vista deste suceso, e sendo Fernan Fernandez Cogominho un vasalo fiel a Sancho II ata o momento da súa morte en Toledo, acaso non sería posible que o trobador celebrase esta dama nun cantar servíndose do modelo que lle ofrecía a cantiga de amor, e, indo máis alá nesta conxectura, que fose, de maneira indirecta, un ataque a Men Cravo polo seu indecoroso acto? En hipótese, cremos que pode darse o caso. Certamente, coñecemos a existencia doutros textos que tamén terían a súa orixe no rapto dunha dona, algún adaptando os esquemas da cantiga de amor (Miranda 1996). En síntese, opinamos que, valéndose da formulación propia do xénero da cantiga de amor, Fernan Fernandez Cogominho dedicaría un cantar a unha sobriña súa, talvez con finalidade lúdica ou talvez coa principal intención de enxalzar esta dona e, se cadra, denunciar uns feitos acontecidos nunha época concreta en que ela participou. Desde esta perspectiva, o texto
Cantigas 151 aproximaríanos a un mundo ben diferente do reflectido pola cantiga de amor, pois agocharía opinións ou sentimentos que escapan ao estrito cánon do xénero amoroso.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 152 8. Amigu’, e non vos nembrades B702, f. 154r, col. b; V303, f. 49v, col. b - f. 50r, col. a Amigu’, e non vos nembrades de mi, e torto fazedes; mais nunca per mi creades, 120 se mui cedo non veedes 5 ca sodes mal conselhado de mi sair de mandado. Non dades agora nada por mi, e pois vos partirdes 125 d’aqui; mais mui ben vingada 10 serei de vós, quando virdes ca sodes mal [conselhado de mi sair de mandado.] Non queredes viver migo 130 e moiro con soidade, 15 mais v[e]eredes, amigo, pois que vos digu’én verdade, ca sodes mal con[selhado de mi sair de mandado.] 135 7 agora] agor B 14 moiro] morro V 15 v[e]eredes] ueredes BV 16 digu’én] digueu V 1 non] nõ; vos] u9 . nembrades] nenbrades BV 2 de mi] demj B 3 mais] mays BV . nunca] nũca BV . per mi] per mj B 4 semuj B . non veedes] non ueedes B nõ ueeđs V 5 sodes] sođs V . conselhado] consselhado BV 6 de mi] demj B . sair] sayr BV 8 por] pr BV . mi] mj B . e pois vos] epoisu9 BV . partirdes] partirđs V 9 d’aqui] daqi BV . mais] mays BV .
Bibliografía 255 FERRARI, Anna (1984), «Linguaggi lirici in contatto: trobadors e trobadores», Boletim de Filologia XXIX, pp. 35-57. FERRARI, Anna (1993a), «Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Colocci- Brancuti)», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 119-123. FERRARI, Anna (1993b), «Cancioneiro da Biblioteca Vaticana», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 123-126. FERRARI, Anna (2010), «Perché non possiamo non dirci eterotopici ed eternomici», in M. Arbor / A. F. Guiadanes (eds.), Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 103-113. FERREIRA, M. do Rosário Ferreira (2010), «Aqui, alá, alhur: reflexões sobre poética do espaço e coordenadas do poder na cantiga de amigo», in M. Brea / S. López Martínez-Morás (eds.), Aproximacións ao estudo do vocabulario trobadoresco, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Centro Ramon Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 209-227. FERREIRO, Manuel (1999), Gramática histórica galega: I. Fonética e Morfosintaxe, Santiago de Compostela: Laiovento. FERREIRO, Manuel (2008), «Edición e historia da lingua: Sobre a representación da nasalidade no trobadorismo profano galego-portugués e as formas irmana e afíns», in M. Ferreiro / C. P. Martínez / L. Tato, A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza, A Coruña: Baía Edicións, pp. 77-96. FERREIRO, Manuel / Carlos Paulo MARTÍNEZ PEREIRO / Laura TATO FONTAÍÑA (eds.) (2008), Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa medieval, A Coruña: Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións. FIDALGO, Elvira (1994), «Joi d’amor na cantiga de amor galegoportuguesa», in E. Fidalgo / P. Lorenzo Gradín (coords.), Estudios galegos en homenaxe ó profesor Giuseppe Tavani, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro, pp. 65-78.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 256 FIDALGO, Elvira (1997), «A coita do amigo (para unha nova perspectiva da amiga)», Actas do congreso: O mar das cantigas, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, pp. 189-212. FIDALGO, Elvira (2004), «E desmesura fazedes / que de min non vos doedes: la reputación de la dama», in M. Brea (coord.), O Cancioneiro da Ajuda, cen anos despois; Actas do Congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Santiago de Compostela e na Illa de San Simón os días 25-28 de maio de 2004, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pp. 313-330. FIDALGO, Elvira (2005), «Os efectos do amor segundo os trobadores do Cancioneiro da Ajuda», in M. Brea (coord.), Carolina Michaëlis e o Cancioneiro da Ajuda, hoxe, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro, pp. 281-308. FIDALGO, Elvira / J. A. SOUTO (1995), «El amor de oídas desde la lírica gallego-portuguesa», in J. Paredes (ed.), Medioevo y literatura: Actas del V Congreso de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval, (Granada, 27 septiembre - 1 octubre 1993), Granada: Universidad, Servicio de Publicaciones, vol. II, pp. 313-327. FILGUEIRA VALVERDE, Xosé (1947), «Formas paródicas en la lírica medieval gallega», Las ciencias XII, 4, pp. 913-934. FRANK, István (1949), «Les troubadours et le Portugal», in Mélanges d’Études Portugaises offerts à M. Georges Le Gentil, Lisboa: Instituto para a Alta Cultura, pp. 199-226. FREIXEIRO, Xosé Ramón (1998), Gramática da lingua galega I. Fonética e Fonoloxía, Vigo: A Nosa Terra. GAIBROIS DE BALLESTEROS, Mercedes (1928), Historia del reinado de Sancho IV de Castilla, Madrid: Talleres “Voluntad”, 3t. GONÇALVES, Elsa (1976), «La Tavola Colocciana. Autori Portughesi», Arquivos do Centro Cultural Português, París: Fundação Calouste Gulbenkian, vol. X, pp. 387-448. GONÇALVES, Elsa (1984), «Quel da Ribera», Cultura Neolatina VIL, 3-4, pp. 219-224.
Bibliografía 257 GONÇALVES, Elsa (1993a), «Tavola Colocciana (C)», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 115-118. GONÇALVES, Elsa (1993b), «Colocci, Angelo», in G. Lanciani / G. Tava- ni (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 163-166. GONÇALVES, Elsa (1993c), «Rodrigu’Eanes de Vasconcelos», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 580-582. GONÇALVES, Elsa (1993d), «Tradição manuscrita da poesia lírica», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 627-632. GONÇALVES, Elsa (1994), «O sistema das rubricas atributivas e explicativas nos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses», in Ramón Lorenzo (ed.), Actas do XIX Congrerso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas. Universidade de Santiago de Compostela, 1989. VII. Sección IX. Filoloxía Medieval e Renacentista, A Coruña, Fundación «Pedro Barrie de la Maza, Conde de Fenosa», pp. 979-990. GONÇALVES, Elsa (2007a), «Sobre edições da lírica galego-portuguesa: uma reflexão», Edição de Texto: II Congresso Virtual do Departamento de Literaturas Românicas, Universidade de Lisboa [PDF: <http://www.fl.ul.pt/dep_romanicas /auditorio/ PDF/Elsa_Goncalves.pdf>] GONÇALVES, Elsa (2007b), «Sobre a tradição manuscrita da lírica galegoportuguesa: conjecturas e contrariedades», eHumanista, 8, pp. 1-27 [PDF: <http://www.ehumanista.ucsb.edu/volumes/volume_08/articles/1%20Elsa% 20Goncalves%20Article.pdf>]. GONZÁLEZ, Déborah (2005), «Reflexión sobre algúns elementos léxicos empregados por Fernan Fernandez Cogominho», in R. Alemany / J. Ll. Martos / J. M. Manzanaro (eds.), Actes del x Congrés Internacional de l’associació hispànica de literatura medieval, Alicante: Sympoisia philologica, pp. 810-812. GONZÁLEZ, Déborah (2006), Fernan Fernandez Cogominho. Edición crítica, rimario e glosario, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela [Memoria de licenciatura inédita].
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 258 GONZÁLEZ, Déborah (2007), «O demo na lírica galego-portuguesa», in A. López Castro / Mª L. Cuesta Torre (eds.), Actas del XI Congreso Internacional de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval (León, 20-24 de septiembre de 2005), Universidade de León: León, pp. 631-640. GONZÁLEZ, Déborah (2009a), «Unha aproximación ao estudo do paralelismo e refrán na lírica galego-portuguesa», in F. Brugnolo / F. Gambino (eds.), La lirica romanza del Medioevo. Storia, tradizioni, interpretazioni Atti del VI convegno triennale della Società Italiana di Filologia Romanza, Padova: Unipress, pp. 509-530. GONZÁLEZ, Déborah (2009b), «Fernan Fernandez Cogominho e a sobrinha que lle tolheu o sén (B366bis)», in E. Corral, L. Fontoira, E. Moscoso, A mi dizen quantos amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luís Couceiro, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 195-204. GONZÁLEZ, Déborah (2009c), «As rimas do corpus poético de Fernan Fernandez Cogominho», in M. Brea (dir.), Pola melhor dona de quantas fez nostro senhor. Homenaxe a Giulia Lanciani, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 263-275. GONZÁLEZ, Déborah (2010), «A expresión do conselho na lírica galegoportuguesa», in M. Iliescu, H. Siller-Runggaldier, P. Danler (eds.), Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (25. 2007. Innsbruck). Actes du XXVe Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes, Innsbruck 2007, Berlin: De Gruyter, VI, pp. 151-161. GONZÁLEZ, Déborah (2012 a), «Contribución ao estudo da cantiga de seguir nos cancioneiros galego-portugueses: os escarnios V1003 e B1559», Critica del Testo. GONZÁLEZ, Déborah (2012 b), «Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios V1003 e B1559», Revista de Filología Románica 29, 1. GONZÁLEZ, Déborah (2012 c), «Fernan Fernandez Cogominho na cantiga B1560 de Afonso Mendez de Besteiros», Revista de Literatura Medieval XXIV.
Bibliografía 259 GUTIÉRREZ, Santiago / Mónica SOUTO (2003), «Le senhal occitan et le secret de la dame en galicien-portugais», Revue des Langues Romanes CVII, pp. 411-428. GUTIÉRREZ, Santiago (2004), «A parodia de xéneros a través do léxico do sufrimento nos escarnios de amor galegoportugueses», in M. Brea (coord.), O Cancioneiro da Ajuda, cen anos despois; Actas do Congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Santiago de Compostela e na Illa de San Simón os días 25-28 de maio de 2004, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pp. 577-593. GUTIÉRREZ, Santiago / Mónica SOUTO (2005), «Contextualización histórica e ideológica de la lírica cortés: El léxico del sufrimiento amoroso y el pensamiento cristiano», Estudis romànics XXVII, pp. 147-160. GUTIÉRREZ, Santiago (2006), Amor e burlas na lírica trobadoresca. Un estudo das cantigas paródicas galegoportuguesas, A Coruña: Ediciós do Castro. HOLLIDAY, Frank R. (1962), «The frontiers of love and satire in the galician-portuguese mediaeval lyric», Bulletin of Spanish Studies XXXIX, pp. 34-42. HUBER, Joseph (1986), Gramática do português antigo, Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian [tradución ao portugués da ed. de 1933]. JEANROY, Alfred (1964), Amours courtois et “Fin’Amors” dans la littérature du XIIe siècle, Paris: Klincksieck. JENSEN, Frede (1993a), «Afonso Mendes de Besteiros», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, p. 20. JENSEN, Frede (1993b), «Roi Queimado», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 588-589. KRUS, Luis (1994), A concepção nobiliárquica do espaço ibérico. (1280- 1380), Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, Junta Nacional de Investigação Científica e Tecnológica.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 260 LANG, Henry R. (2010), «Sobre o Cancioneiro da Ajuda», Cancioneiro d’el rei dom denis e estudos dispersos, L. Márcia Mengelli, Y. Frateschi Vieira (orgs.), Niterói: Editora da UFF [tradución ao portugués de «Zum Cancioneiro da Ajuda», Zeitschrift für Romanische Philologie XXXII, 1908, pp. 129-160, 290-311, 385-399, 640]. LAPA, Manuel Rodrigues (1970), «Vocabulário Galego-Português. Extraído da edição crítica das Cantigas d’escarnho e de mal dizer», Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses, Vigo: Galaxia, in E. González Seoane (dir.), Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CD-ROM; versión electrónica 1.0], Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Anexo 57, 2006. LAPA, Manuel Rodrigues (1982), Miscelânea de Língua e Literatura Portuguesa Medieval, Coimbra: Coimbra editora, Universidade de Coimbra. LAZAR, Moshé (1964), Amour courtois et «fin’amors» dans la littérature du XIIe siècle, Paris, Librairie C. Klincksieck, Bibliothèque Française et Romane. Centre de Philologie romane de la Faculté des Lettres de Strasbourg. LÓPEZ, Mª Sol / Eduardo MOSCOSO (2007), «Morfoloxía do Cancioneiro da Ajuda», in Ana Isabel Boullón (ed.), A nosa lyngoage galega: A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega, Consello da Cultura Galega, pp. 558-577. LORENZO, Ramón (1977), La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Edición Crítica anotada, con introducción, índice onomástico y glosario, Ourense: Instituto de Estudios Orensanos «Padre Feijoo», vol. 2, in E. González Seoane (dir.), Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CD-ROM; versión electrónica 1.0], Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Anexo 57, 2006. LORENZO, Ramón (1987), «Algunhas consideracións sobre a História do Galego-Português de Clarinda de Azevedo Maia», Verba 14, pp. 441-488. LORENZO, Ramón (1988), «Consideracións sobre as vocais nasais e o ditongo -ão en portugués», in D. Kremer (ed.), Homenagem a Joseph M. Piel por ocasião do seu 85º aniversário, Tübingen: Max Niemeyer Verlag, pp. 289-326.
Bibliografía 261 LORENZO GRADÍN, Pilar (1994), «Repetitio trobadorica», in E. Fidalgo / P. Lorenzo Gradín (coords.), Estudios galegos en homenaxe ó profesor Giuseppe Tavani, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro, pp. 79-105. LORENZO GRADÍN, Pilar (1997), «El dobre gallego-portugués o la estética de la simetría», Vox Romanica 56, pp. 212-241. LORENZO GRADÍN, Pilar (2003), «Géneros y rúbricas en los cancioneros gallego-portugueses», in R. Beltrán, M. Haro, J. Ll. Sirera, A. Tordera (eds.), Cuadernos de Filología. Anejo L. Homenaje a Luis Quirante, vol. II, Estudios Filológicos, Valencia: Universidad de Valencia, pp. 625-236. LORENZO GRADÍN, Pilar (2003), «Las razos gallego-portuguesas», Romania 121, 1-2, pp. 99-132. LORENZO GRADÍN, Pilar (2008b), «Reflexións sobre os encontros vocálicos nas cantigas», in M. Brea / F. Fernández / X. L. Regueira (eds.), Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, pp. 513-521. LORENZO GRADÍN, Pilar (2009), «Sobre el cómputo métrico en la lírica gallego-portuguesa», F. Brugnolo / F. Gambino (eds.), La lírica romanza del Medioevo. Storia, tradizioni, interpretazioni Atti del VI convegno triennale della Società Italiana di Filologia Romanza, Padova: Unipress, pp. 493-508. LURKER, Manfred (1994), Diccionario de imágenes y símbolos de la Biblia, Córdoba: El Almendro. MAIA, Clarinda de Azevedo (1986), História do galego-português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde o século XIII ao século XVI (Com referência à situação do galego moderno), Coimbra: Fundação Calouste Gulbenkian / Junta Nacional de Investigação Científica e Tecnológica. MANERO, Mª Pilar (1987), «Técnicas poéticas en las cantigas de amor de Roy Queimado», Anuario de estudios medievales 17, pp. 149-169. MARIÑO, Ramón (1999), Historia da lingua galega, Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 262 MARIÑO, Ramón (2002a), «A desnasalización vocálica no galego medieval», Verba 29, pp. 71-118. MARIÑO, Ramón (2002b), «O cambio morfolóxico moiro> morro, moira> morra e a completa regularización do verbo morrer*», in R. Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 200-209. MARIÑO, Ramón (2006), «Heterosilabificación e coalescencia de hiatos en posición interior de palabra no galego medieval (séculos XIII-XVI)», Verba 33, pp. 49-68. MARIÑO, Ramón / Xavier VARELA (2005), «O uso dos signos gráficos <u>, <V> e <U> no Cancioneiro da Ajuda», in M. Brea (coord.), Carolina Michaëlis e o Cancioneiro da Ajuda, hoxe, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 309-374. MARTÍNEZ, Faustino (2010), «Lenguaje y derecho: una aproximación al léxico feudal de los trovadores», in M. Brea / S. López Martínez-Morás (eds.), Aproximacións ao estudo do vocabulario trobadoresco, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Centro Ramon Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 21-35. MARTÍNEZ PEREIRO, Carlos Paulo (2004), «Falad’amigo… Falade migo. Para a descrición e discreción dos usos paronomásicos no trobadorismo profano galego-portugués», in M. Brea (coord.), O Cancioneiro da Ajuda cen anos despois: Actas do Congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Santiago de Compostela e na Illa de San Simón os días 25-28 de maio de 2004, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pp. 403-425. MASSINI-CAGLIARI, Gladis (2001), «As dimensões rítmicas da elisão em Português Arcaico», Actas do 6º Congresso da Associação Internacional dos Lusitanistas (Rio de Janeiro, UFRJ, UFF, 8 a 13 de agosto de 1999), Rio de Janeiro: Associação Internacional de Lusitanistas. <http://members.fortunecity.com/prgalvao/zasdimensoesritmicasdaelisao.htm>. MASSINI-CAGLIARI, Gladis (2003), «Elisão nas cantigas profanas galegoportuguesas: processo obrigatório ou opcional?», in A. Vaz Leão e Vanda de Oliveira Bittencourt (orgs.), IV Encontro Internacional de Estudos Me-
Bibliografía 263 dievais da ABREM (4 a 7 de julho de 2001), Belo Horizonte: Pontifícia Universidade Católica de Minas Gerais, pp. 523-531. MASSINI-CAGLIARI, Gladis (2011), «Sobre a tipologia rítmica do Português Arcaico», Anais do VII Congresso Internacional da Abralin, Curitiba: Abralin, UFPR, pp. 1701-1715. MATTOSO, José (1980), Livro de Linhagens de Conde D. Pedro, Portugaliae Monumenta Historica. A saeculo octavo post crhristum usque ad quintumdecimum iussu academiae scientiarum olisiponensis edita, Lisboa: Publicações do II Centenario da Academia das Ciências, II/1. MATTOSO, José (1985a), Identificação de um país: Ensaio sobre as origens de Portugal, 1096-1325, Lisboa: Estampa, 2 vols. MATTOSO, José (1985b), «Os nobres nas cidades portuguesas da Idade Media», Portugal medieval. Novas interpretações, Lisboa: Imprensa Nacional, Casa da Moeda, pp. 273-291. MATTOSO, José / Armindo de SOUSA (1993), A Monarquia Feudal (1096-1480), Lisboa: Estampa [é o vol. 2 de História de Portugal, dirixida por J. Mattoso]. MedDB: Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa, Versión 2.0.3, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: <http://www.cirp.es>. MENEGHETTI, Maria Luisa (1994), «Les refrains romans: une question d’ensemble», Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Romanicas, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, vol. VII, pp. 331-338. MENESES, Paulo (1998), Trovadorismo galaico-português (voces & afectos), Cascáis: Patrimonia Literaria. METTMANN, Walter (1972), «Glossário», Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio, vol. IV, Coimbra: Universidade, in E. González Seoane (dir.), Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CD-ROM; versión electrónica 1.0], Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Anexo 57, 2006. MICHAËLIS DE VASCONCELOS, Carolina (1920), «Glossario do Cancioneiro da Ajuda», in Carolina Michaëlis de Vasconcelos (ed.), Cancioneiro da Ajuda. Edição critica e commentada por -, Lisboa: Impren-
O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho 264 sa Nacional - Casa da Moeda, 2 vols., 1990 [reimpr. da ed. de Halle de 1904, co glosario publicado na Revista Lusitana XXIII, 1-4, 1920], in E. González Seoane (dir.), Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CD-ROM; versión electrónica 1.0], Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Anexo 57, 2006. MICHAËLIS DE VASCONCELOS, Carolina (2004), Glosas Marginais ao Cancioneiro Medieval Português de Carolina Michaëlis de Vasconcelos, Coimbra: Universidade de Coimbra [ed. a cargo de Y. Frateschi Vieira, J. L. Rodríguez, M. Isabel Morán Cabanas, J. A. Souto Cabo]. MINERVINI, Vicenzo (1993a), «Estevan Reimondo», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 249-250. MINERVINI, Vicenzo (1993b), «Men Redorigues Tenoiro», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 454-455. MIRANDA, José Carlos Ribeiro (1996), Os Trovadores e a Região do Por- to. Sobre o Rapto de Elvira Anes da Maia, Porto, Edição do Autor. MIRANDA, José Carlos Ribeiro (2011), «O argumento da linhagem na literatura ibérica do séc. XIII», E-Spania. Revue interdisciplinaire d’études hispaniques mediévales 11 (número dedicado a: Légitimation et lignage) [http://e-spania.revues.org. Data de consulta 15-12-2011]. MONTERO SANTALLA, José Martín (2000), As rimas da poesia trovadoresca galego-portuguesa: catálogo e análise, A Coruña: Universidade da Coruña [Tese de doutoramento inédita], 3t. MONTERO SANTALLA, José Martín (2002), «Existe rima vogal aberta com vogal fechada na poesia trovadoresca galego-portuguesa?», Revista Galega de Filoloxía 3, pp. 107-143. MUSSAFIA, Adolfo (1983), «Sull’antica metrica portoghese: Osservazio- ni», in A. Daniele / L. Renzi (eds.), Scritti di filologia e linguistica, Padova: Editrice Antenore, pp. 302-340. NOBILING, Oskar (2004), «Acerca do Texto e da Interpretação do Cancioneiro da Ajuda», in As cantigas de D. Johan Garcia de Guilhade e estudos dispersos, Y. Frateschi Vieira (orgs.), Niterói: Editora da UFF [tradución ao
Bibliografía 271 VENTURA, Leontina (2009), D. Afonso III, Lisboa: Círculo de Leitores, Centro de Estudos dos Povos e Culturas de Expressão Portuguesa, Temas e debates. VIEIRA, Y. Frateschi (2010), «Os olhos e o coração na lírica galegoportuguesa», in M. Brea / S. López Martínez-Moras (eds.), Aproximacións ao estudo do Vocabulario trobadoresco, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 193-208. VILHENA, Mª da Concepção (1976), «L’amour lointain et les poetes iberiques», Cahiers d’Études Romanes 2, pp. 45-63 VÍÑEZ, Antonia (1993), «Gonçal’Eanes do Vinhal», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 299-300. YNDURÁIN, Domingo (1983), «Enamorarse de oídas», in E. Alarcos et alii (orgs.), Serta Philologica F. Lázaro Carreter. Natalem diem sexagestimum celebranti dicata, Madrid: Cátedra, pp. 589-603. WILLIAMS, Edwin Bucher (1994), Do latim ao português: fonologia e morfologia históricas da língua portuguesa, Rio de Janeiro: Tempo Brazileiro.