scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución Reitoral do 14-02-2024 pola que se publica a Convocatoria anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con titulacións de acceso de países alleos ao EEES. Curso académico 2024-2025

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

1 CONVOCATORIA DE MATRÍCULA ANTICIPADA NOS ESTUDOS DE MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL PARA O ALUMNADO CON TITULACIÓNS DE ACCESO DE SISTEMAS EDUCATIVOS ALLEOS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR. CURSO 2024/2025. A Universidade de Santiago de Compostela considera necesaria a realización dunha convocatoria anticipada, de carácter especial e restrinxida para o alumnado alleo ao Espazo Europeo de Educación Superior coa finalidade de que este alumnado poida ter unha admisión e matrícula con tempo suficiente para poder obter os permisos necesarios no seu país antes de iniciar o curso académico en España. Deste xeito, en uso das atribucións conferidas nos Estatutos da Universidade, esta Reitoría resolve publicar a convocatoria de matrícula anticipada en estudos universitarios oficiais de máster universitario para o curso académico 2024/2025, de acordo coas seguintes bases: 1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN 1.1.- Conforme ao disposto nesta convocatoria poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Máster da USC para cursar estudos no curso 2024/2025 as persoas tituladas de sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que teñan un título homologado a un título universitario oficial español, ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES ou un título declarado equivalente polo Ministerio competente en materia de universidades, e que faculte en ambos casos para o acceso aos estudos de máster. 1.2.- Tamén poderán acceder os/as graduados/as de sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologar o seu título nin de obter a declaración de equivalencia polo Ministerio, previa comprobación pola Universidade de que o título da persoa interesada acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que faculta no país expedidor para acceder ás ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implica, en ningún caso, a homologación do título previo da persoa interesada nin o seu recoñecemento a outros efectos que o estudo das ensinanzas de máster. 1.3.- Quedan excluídos desta convocatoria os/as estudantes que teñan residencia en España e os/as que estean ou tiveran estado matriculados/as en calquera titulación das universidades galegas. Tamén quedan excluídos os/as estudantes procedentes de sistemas educativos do EEES. Este alumnado poderá solicitar a admisión no seu caso pola cota xeral. 1.4.- O alumnado incluído no ámbito de aplicación desta convocatoria poderá solicitar a admisión nos másteres que figuran no ANEXO, sempre que cumpra todos os requisitos de acceso e no seu caso de coñecemento de idioma requiridos para o máster concreto no que desexe matricularse. 1.5.- Os másteres incluídos no ANEXO constitúen a oferta oficial prevista. Excepcionalmente podería condicionarse a admisión e a matrícula nos estudos de máster oficial á efectiva impartición dos mesmos en función da autorización da Comunidade Autónoma e do cumprimento dos requisitos para isto, en particular, a superación do número mínimo de estudantes que se estableza. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/ED99-6394-4CC5-9D5A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: ED99-6394-4CC5-9D5A 1 / 15 2 1.6.- De conformidade co establecido no Acordo do Consello de Goberno de 28 de febreiro de 2019, cada máster poderá esixir ao alumnado procedente de países cuxo idioma oficial non sexa o español ou o portugués o nivel de coñecemento de lingua española ou galega requirido para acceder aos estudos correspondentes. Pode consultarse na seguinte ligazón do Centro de Linguas Modernas as certificacións de español e galego que se recoñecen: https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/titulos.html. De non posuír o título requirido, a USC realizará a este alumnado unha proba de coñecementos de castelán ou galego antes do inicio dos estudos, debendo estar pendente das datas de inscrición que se publicarán na páxina web do Centro de Linguas Modernas. No caso de non superar a proba, o alumnado deberá modificar a súa matrícula e só poderá matricularse dun máximo do 25 por cento dos créditos do primeiro semestre, debendo realizar ao mesmo tempo un curso intensivo obrigatorio de español ou de galego ata a superación do nivel requirido, que será necesario para matricularse no segundo semestre. Efectuarase de oficio a anulación total da matrícula ao alumnado que non se matricule no curso obrigatorio ou non o supere. 2.- PRAZAS 2.1.- Os másteres nos que se pode solicitar a admisión e o número de prazas ofertadas para cada un deles desta convocatoria anticipada, son os que se recollen no ANEXO. 2.2.- A admisión farase por orde de solicitude ata cubrir as prazas dispoñibles. 2.3.- Para garantir o dereito de igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, no caso de que se presenten solicitudes de admisión por parte de estudantes afectados/as por un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento, e non resulten admitidos/as segundo os criterios xerais establecidos nesta convocatoria, habilitarase un aumento de ata o 5 por cento das prazas ofertadas na titulación correspondente, co mínimo dunha praza. Neste caso, no momento de formalizar a solicitude, o/a estudante deberá presentar documento acreditativo, expedido pola autoridade competente, do grao de discapacidade. 2.4.- Os/As solicitantes que non puidesen matricularse a través desta convocatoria por estar cubertas as prazas, poderán solicitar praza na convocatoria xeral de admisión nos estudos de máster para o curso 2024/2025 cos mesmos criterios de selección que o resto de estudantes. A tal efecto, a súa solicitude para esta convocatoria anticipada rexistrarase no sistema informático desde onde se notificará á persoa interesada a apertura da nova data límite de solicitude e os extremos relevantes da nova convocatoria. 2.5.- No caso de que non se cubran as prazas dispoñibles, as vacantes agregaranse á oferta xeral que se publique. 3.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN 3.1.- A solicitude de admisión poderá presentarse desde o día 21 de febreiro de 2024 ás 10:00 horas ata o día 12 de abril de 2024 ás 23:59 horas e deberá realizarse por medios electrónicos no enderezo https://www.usc.gal/gl/servizos/area/xestion-servizos-academicos/admision-matricula/admision- Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/ED99-6394-4CC5-9D5A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: ED99-6394-4CC5-9D5A 2 / 15 3 matricula-masteres . A información do sistema informático mostrarase en galego, español e inglés. Os datos solicitados deberán ser cubertos en galego ou español. 3.2.- Xunto coa solicitude, os/as estudantes deberán achegar a seguinte documentación: − Copia do pasaporte, NIE ou DNI. − Acreditación da súa residencia no estranxeiro, no caso de que o/a solicitante teña nacionalidade española. − Copia do título que dá acceso aos estudos de máster. − Certificación académica dos estudos universitarios realizados, na que se inclúa, como mínimo, a duración dos estudos, anos académicos, materias cursadas, carga lectiva de cada materia (horas ou créditos), cualificacións e escala de cualificacións. − No caso de que sexan solicitantes da Bolsa de Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME), xustificación de tela solicitado. − No caso de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento, documento acreditativo expedido pola autoridade competente. 3.3.- Na solicitude, ademais dos datos persoais e académicos requiridos, os/as solicitantes deberán incluír un enderezo de correo electrónico que será o medio utilizado pola universidade para enviar as comunicacións derivadas deste proceso. Tamén, deberán incluír un teléfono de contacto para a recepción de calquera comunicación por vía SMS. De non ser posible a comunicación por algún destes medios, as notificacións faranse a través do taboleiro de anuncios da Sede Electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/index.htm). 3.4.- Calquera omisión ou falsidade nos datos declarados sobre a titulación de acceso ou do expediente académico, poderá dar lugar á exclusión do/a solicitante do proceso de adxudicación de prazas, e, no seu caso á anulación da matrícula, independentemente das sancións administrativas ou penais que correspondan. 3.5.- A tramitación das solicitudes (consistente na verificación dos datos, especificamente os estudos de acceso, e a súa idoneidade para os estudos solicitados, así como o control e cómputo de prazas) corresponde ao Servizo de Xestión Académica. No caso de que se cubriran as prazas reservadas para estudantes con estudos de países de fóra do EEES non se emitirá a resolución de non admisión e informarase á persoa solicitante de que pode facer unha nova solicitude na convocatoria xeral e dos requisitos que debe cumprir para participar nela. En caso de dúbida, solicitarase informe da comisión do máster sobre a idoneidade dos estudos declarados para acceder. 3.6.- A notificación da resolución de admisión incluirá a data límite para matricularse, e indicará: a) A cantidade que o/a alumno/a debe pagar no prazo fixado e que terá a consideración de prezo de xestión da reserva de praza. No caso de formalizar a matrícula definitiva, ese importe destinarase ao pagamento dos prezos públicos fixados pola Comunidade Autónoma para o curso 2024/2025. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/ED99-6394-4CC5-9D5A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: ED99-6394-4CC5-9D5A 3 / 15 4 O importe da xestión de reserva de praza será de 400 € . Non procederá a súa devolución no caso de anulación de matrícula por calquera motivo, incluída a denegación do recoñecemento de nivel de formación da titulación de acceso recollida no apartado 5, nin no caso de que o/a estudante non formalice a matrícula definitiva. Os/As alumnos/as que xustifiquen ter solicitado a BEME non terán que pagar o importe da reserva ata a resolución da concesión da citada bolsa. b) A necesidade de solicitar recoñecemento por parte da USC de que os estudos de acceso acreditan un nivel de formación que permita acceder a máster, no seu caso, e a forma de facelo especificando os documentos que se precisan e os requisitos destes. c) Información sobre o prezo total estimado por curso dos estudos que o/a solicitante pretende realizar, así como as modalidades de pago ás que se pode acoller. d) A necesidade de contratación dun seguro, en caso de non telo feito con anterioridade. e) O calendario académico previsto, número de créditos a matricular e toda a información relevante respecto dos estudos que se considere necesaria. f) Información sobre os másteres que esixen un nivel determinado de coñecemento de español ou galego. 3.7.- Todas as comunicacións relacionadas coa solicitude redactaranse nunha das linguas oficiais da USC e, no posible, incluirase a súa tradución oficial ao idioma inglés. 4.- MATRÍCULA 4.1.- Recibida a carta de admisión, o/a alumno/a deberá matricularse dentro do prazo fixado na resolución, debendo facer efectivo o pagamento dos prezos que figuran na mesma. Os/As estudantes admitidos/as que non se matriculen neste prazo ou non aboen os prezos fixados perderán o seu dereito sobre a praza adxudicada. 4.2.- A matrícula formalizarase e notificarase á persoa solicitante a través do sistema informático, incluíndo as advertencias necesarias sobre a actualización dos prezos públicos e os cambios académicos que poidan xurdir con posterioridade. 4.3.- Os/As estudantes inscritos/as poderán anular a matrícula formalizada nos termos e condicións establecidos pola Convocatoria Xeral de Matrícula sen dereito á devolución do prezo de xestión da reserva de praza. 4.4.- As disposicións da Convocatoria Xeral de Matrícula para o curso 2024/2025 serán de aplicación ao alumnado matriculado a través desta convocatoria anticipada, a excepción dos límites dos cambios de matrícula, que non lles son de aplicación. Todos os cambios de matrícula informados favorablemente polas coordinacións dos mestrados nos prazos xerais serán aceptados. 5.- RECOÑECEMENTO DO NIVEL DE FORMACIÓN PARA ACCEDER A ESTUDOS DE MÁSTER 5.1.- A admisión e a matrícula terán carácter provisional condicionadas á comprobación por parte da USC Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/ED99-6394-4CC5-9D5A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: ED99-6394-4CC5-9D5A 4 / 15 5 de que a titulación de acceso acredita unha formación equivalente aos estudos españois de grao, de conformidade co disposto no artigo 18.2 do Real decreto 822/2021 con respecto ao alumnado incluído no punto 1.2 desta convocatoria. Ademais a admisión e a matrícula tamén estarán condicionadas ao cumprimento dos demais requisitos específicos que se establezan para cada máster. Para o recoñecemento do nivel de formación da titulación de acceso, as persoas interesadas deberán presentar antes de que finalice o prazo ordinario de matrícula, preferiblemente a partires do 1 de setembro de 2024, a correspondente solicitude no Servizo de Xestión Académica, xunto cos documentos académicos debidamente legalizados e traducidos e, no seu caso, os documentos orixinais pertinentes que acrediten o cumprimento dos requisitos específicos. 5.2.- A resolución desestimatoria motivada na falta de recoñecemento do nivel de formación da titulación de acceso para o ingreso nos másteres oficiais suporá a anulación de todos os actos que se derivan da admisión e da matrícula. Tamén procederá a anulación cando non se acredite o cumprimento dos requisitos específicos establecidos para a admisión no máster concreto. DISPOSICIÓN FINAL.- ENTRADA EN VIGOR E EFECTOS A presente convocatoria entrará en vigor na data de publicación no taboleiro electrónico oficial da USC, e terá efectos para a matrícula do curso 2024/2025. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contenciosoadministrativo perante o Xulgado do Contencioso-administrativo de Santiago de Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da data de publicación oficial no taboleiro electrónico, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei reguladora da xurisdición contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo. Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. O Reitor, Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). TABOLEIRO ELECTRÓNICO DA USC Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/ED99-6394-4CC5-9D5A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: ED99-6394-4CC5-9D5A 5 / 15 1 ANEXO OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2024/2025 NOS MÁSTERES UNIVERSITARIOS OFICIAIS PARA ALUMNOS CON ESTUDOS DE PAÍSES ALLEOS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR Máster Prazas Acuicultura 3 Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade 5 Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp Clínica) 1 Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp. Xestión) 1 Avogacía e Procuradoría 10 Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión 2 Bioloxía Mariña 3 Computación de Altas Prestacións 2 Presencial/1 A distancia Condicionantes. Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento. NUTRENVIGEN G+D Factors 5 Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais 5 Desafíos das Cidades 2 Desenvolvemento Económico e Innovación 2 Dirección de Actividades Educativas na Natureza 3 Dirección de Empresas [Lugo] 3 Dirección de Empresas[Santiago] 3 Dirección de Proxectos 20 Dirección e Xestión Contable e Financeira 3 Economía 2 Enerx ías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable 8 Enxeñaría Agronómica 5 Enxeñaría Ambiental 5 Enxeñaría de Montes 5 Enxeñaría Química e Bioprocesos 1 Estudos da Literatura e da Cultura 3 Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións 5 Estudos Internacionais 3 Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos 3 Filosofía: Coñecemento e Cidadanía 4 Física 8 Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras 5 Historia Contemporánea 3 Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI - XVIII 3 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/ED99-6394-4CC5-9D5A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: ED99-6394-4CC5-9D5A 6 / 15 2 ANEXO OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2024/2025 NOS MÁSTERES UNIVERSITARIOS OFICIAIS PARA ALUMNOS CON ESTUDOS DE PAÍSES ALLEOS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias 10 Intelixencia Artificial 3 Investigación Biomédica 5 Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos 3 Investigación en Ciencias da Visión 2 Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario 9 Investigación Química e Química Industrial 5 Lingüística Aplicada 2 Matemática Industrial 5 Matemáticas 3 Nanociencia e Nanotecnoloxía 3 Neurociencia 3 Optometría 3 Planificación e Xestión Territorial (Lugo) 3 Planificación e Xestión Territorial (Santiago) 3 Procesos de Formación 4 Psicoloxía 3 Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica -Forense 3 Psicoxerontoloxía 3 Qu ímica na Fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais 5 Química Orgánica 5 Química Teórica e Modelización Computacional 3 Saúde Pública 4 Servizos Culturais 3 Sistemas Aéreos non Tripulados 2 Técnicas Estatísticas 5 Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data 1 Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política 5 Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas 5 Visión por Computador 2 Xenómica e Xenética 3 Xerontoloxía 7 Xestión e Dirección Laboral 3 Xestión Sostible da Auga 3 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/ED99-6394-4CC5-9D5A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: ED99-6394-4CC5-9D5A 7 / 15 1 Versión español CONVOCATORIA DE MATRÍCULA ANTICIPADA EN LOS ESTUDIOS DE MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL PARA EL ALUMNADO CON TITULACIONES DE ACCESO DE SISTEMAS EDUCATIVOS AJENOS AL ESPACIO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR. CURSO 2024/2025. La Universidad de Santiago de Compostela considera necesaria la realización de una convocatoria anticipada, de carácter especial y restringida para el alumnado ajeno al Espacio Europeo de Educación Superior con la finalidad de que este alumnado pueda tener una admisión y matrícula con tiempo suficiente para poder obtener los permisos necesarios en su país antes de iniciar el curso académico en España. De esta forma, en uso de las atribuciones conferidas en los Estatutos de la Universidad, este Rectorado resuelve publicar la convocatoria de matrícula anticipada en estudios universitarios oficiales de máster universitario para el curso académico 2024/2025, de acuerdo con las siguientes bases: 1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN 1.1.- Según lo dispuesto en esta convocatoria podrán acceder a las enseñanzas oficiales de Máster de la USC para cursar estudios en el curso 2024/2025 las personas tituladas de sistemas educativos ajenos al Espacio Europeo de Educación Superior (EEES) que tengan un título homologado a un título universitario oficial español, o a otro expedido por una institución de educación superior perteneciente a otro estado miembro del EEES o un título declarado equivalente por el Ministerio competente en materia de universidades, y que faculte en ambos casos para el acceso a los estudios de máster. 1.2.- También podrán acceder los/las graduados/as de sistemas educativos ajenos al EEES sin necesidad de homologar su título ni de obtener la declaración de equivalencia por el Ministerio, previa comprobación por la Universidad de que el título de la persona interesada acredita un nivel de formación equivalente a los correspondientes títulos universitarios oficiales españoles y que faculta en el país expedidor para acceder a las enseñanzas de posgrado. El acceso por esta vía no implica, en ningún caso, la homologación del título previo de la persona interesada ni su reconocimiento a otros efectos que el estudio de las enseñanzas de máster. 1.3.- Quedan excluidos de esta convocatoria los/las estudiantes que tengan residencia en España y los/las que están o hubieran estado matriculados/as en cualquier titulación de las universidades gallegas. También quedan excluidos los/las estudiantes procedentes de sistemas educativos del EEES. Este alumnado podrá solicitar la admisión en su caso por el cupo general. 1.4.- El alumnado incluido en el ámbito de aplicación de esta convocatoria podrá solicitar la admisión en los másteres que figuran en el ANEXO, siempre que cumpla todos los requisitos de acceso y en su caso del conocimiento de idioma requerido para el máster concreto en el que desee matricularse. 1.5.- Los másteres incluidos en el ANEXO constituyen la oferta oficial prevista. Excepcionalmente podría condicionarse la admisión y la matrícula en los estudios de máster oficial a su efectiva impartición en función de la autorización de la Comunidad Autónoma y del cumplimiento de los requisitos, en particular, Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/ED99-6394-4CC5-9D5A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: ED99-6394-4CC5-9D5A 8 / 15 2 Versión español la superación del número mínimo de estudiantes que se establezca. 1.6.- De conformidad con lo establecido en el Acuerdo del Consejo de Gobierno de 28 de febrero de 2019, cada máster podrá exigir al alumnado procedente de países cuyo idioma oficial no sea el español o el portugués el nivel de conocimiento de lengua española o gallega requerido para acceder a los estudios correspondientes. Puede consultarse en el siguiente enlace del Centro de Lenguas Modernas las certificaciones de español y gallego que se reconocen: https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/titulos.html. En caso de no poseer el título requerido, la USC realizará a este alumnado una prueba de conocimiento de castellano o gallego antes del inicio de los estudios, debiendo estar pendiente de las fechas de inscripción que se publicarán en la página web del Centro de Lenguas Modernas. En caso de no superar la prueba, el alumnado deberá modificar su matrícula y solo podrá matricularse de un máximo del 25 por ciento de los créditos de primer semestre, debiendo realizar al mismo tiempo un curso intensivo obligatorio de español o de gallego hasta la superación del nivel requerido, que será necesario para matricularse en el segundo semestre. Se efectuará de oficio la anulación total de la matrícula al alumnado que no se matricule en el curso obligatorio o no lo supere. 2.- PLAZAS 2.1.- Los másteres en los que se puede solicitar la admisión y el número de plazas ofertadas para cada uno de ellos en esta convocatoria anticipada, son los que se recogen en el ANEXO. 2.2.- La admisión se realizará por orden de solicitud hasta completar las plazas disponibles. 2.3.- Para garantizar el derecho de igualdad de oportunidades de las personas con discapacidad, en el caso de que se presenten solicitudes de admisión por parte de estudiantes afectados/as por un grado de minusvalía igual o superior al 33 por ciento, y no resulten admitidos/as de acuerdo con los criterios generales establecidos en esta convocatoria, se habilitará un aumento de hasta el 5 por ciento de las plazas ofertadas en la titulación correspondiente, con un mínimo de una plaza. En este caso, en el momento de formalizar la solicitud, el/la estudiante deberá presentar el documento acreditativo, expedido por la autoridad competente, del grado de discapacidad. 2.4.- Los/Las solicitantes que no se pudiesen matricular a través de esta convocatoria por estar cubiertas las prazas, podrán solicitar plaza en la convocatoria general de admisión en los estudios de máster para el curso 2024/2025 con los mismos criterios de selección que el resto de los estudiantes. A tal efecto, su solicitud para esta convocatoria anticipada se registrará en el sistema informático desde donde se notificará a la persona interesada de la apertura de la nueva fecha límite de solicitudes y los extremos relevantes de la nueva convocatoria. 2.5.- En el caso de que no se cubran las plazas disponibles, las vacantes se acumularán a la oferta general que se publique. 3.- SOLICITUD DE ADMISIÓN 3.1.- La solicitud de admisión podrá presentarse desde el día 21 de febrero de 2024 a las 10:00 horas hasta el día 12 de abril de 2024 a las 23:59 horas y deberá realizarse por medios electrónicos en el enlace Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/ED99-6394-4CC5-9D5A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: ED99-6394-4CC5-9D5A 9 / 15