Bandeiras, pastillas e océanos azuis. A cooperación galega de cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia de outubro de 2012
Abstract
A seguir presentamos unha escolma de pensamentos e análises sobre a cooperación galega ao desenvolvemento no horizonte das incertezas e inquedanzas que representa a vindeira IX lexislatura en Galicia. Este documento artéllase arredor dun ramallo de preguntas: Que aconteceu nestes últimos tres anos e medio en Galicia? Cal foi o impacto da cicloxénese explosiva que arrombou coa cooperación autonómica en España? Podemos imaxinar escenarios de futuro ou celebraremos en breve un funeral conxunto pola cooperación galega e española? Existen oportunidades realistas de innovación e experimentación para a cooperación galega?
Full text
Serie Documentos de Traballo DT 4 Outubro 2012 Bandeiras, pastillas e océanos azuis. A cooperación galega de cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia de outubro de 2012. José Luis Pastoriza Rozas A seguir presentamos unha escolma de pensamentos e análises sobre a cooperación galega ao desenvolvemento no horizonte das incertezas e inquedanzas que representa a vindeira IX lexislatura en Galicia. Este documento artéllase arredor dun ramallo de preguntas: Que aconteceu nestes últimos tres anos e medio en Galicia? Cal foi o impacto da cicloxénese explosiva que arrombou coa cooperación autonómica en España? Podemos imaxinar escenarios de futuro ou celebraremos en breve un funeral conxunto pola cooperación galega e española? Existen oportunidades realistas de innovación e experimentación para a cooperación galega? 1.Adro Contido: 1. Adro ……...…………………………………………………………………………………………………………………………………………………... 1 2. Unha VIII lexislatura (2009-2012) sen bandeiras azuis na loita contra a pobreza ….….…………………………………. 2 3. Pastillas azuis e o efecto búmerang: a depresión da cooperación autonómica en España ………………………….. 3 4. Tres escenarios e un funeral da cooperación galega para o bienio 2013-2014: Quod nihil scitur! .................. 5 5. Os programas electorais dos principais partidos políticos no eido da cooperación ao desenvolvemento……. 6 6. Océanos azuis: cando a imaxinación e a innovación importan ……………………………………………………………………. 7 Principais datos: Na VIII lexislatura acadouse no 2009 o cumio histórico de financiamento da AOD da Xunta de Galicia, cun total de 12,3 millóns de euros, un 0’1% do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia. Ao tempo asinouse o Pacto Galego contra a Pobreza e aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia o II Plan Director da Cooperación Galega (2010-2013). Desde 2010 os axustes orzamentarios perpetuaron a fenda de financiamento da cooperación galega, reduciron a dotación das convocatorias públicas e aguzaron a depresión política e financeira da política pública de cooperación por mor da atonía e desinterese dos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia. Esta precariedade da cooperación galega aconteceu no contexto do desmantelamento financeiro e institucional da cooperación ao desenvolvemento no resto de Comunidades Autónomas e no Goberno de España. Isto significou a perda dunha década de progresos e o retorno a niveis orzamentarios de 2006 no caso de Galicia e de 2002 de promedio no res- to de Comunidades Autónomas. A cooperación galega abandonou no 2011 o furgón de cola da cooperación autonómica situándose no posto 10º por volume de fondos e no 11º por esforzo inversor. Cara ao bienio 2013-2014 o novo equipo xestor da cooperación galega deberá abordar un novo ciclo de planificación que dependerá dos escenarios de financiamento así como da vontade política respecto da conservación da dignidade orzamentaria e estratéxica da política pública de cooperación en Galicia. Desde a experiencia histórica da cooperación galega é posible detectar fortalezas e oportunidades de innovación que deben de servir de punto de partida para unha reflexión estratéxica concertada e participativa que forneza un itinerario de reforma e poña en valor os esforzos da cidadanía galega a través da Xunta de Galicia a prol da solidariedade global e a loita contra a pobreza.
2 O vindeiro 21 de outubro celebraranse as eleccións ao Parlamento de Galicia trala convocatoria anticipada realizada polo Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo. Estas novas eleccións terán lugar no contexto da maior crise económica e fiscal da democracia española xunto cunha profunda crise política en relación ao modelo de estado, tanto no seu deseño institucional e territorial coma no alcance e cobertura das súas políticas públicas. No eido da cooperación ao desenvolvemento esta lexislatura moveuse nun espectro ciclotímico. O primeiro período entre abril do 2009 e outubro de 2010 caracterizouse por: a) O cumio financeiro da cooperación galega: no ano 2009 acadouse o seu maior investimento histórico cun total de 12.300.000€ desembolsados, o que representou o 0’1% do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia. b) A segunda modernización estratéxica: o 16 de xuño de 2010 aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia o II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2010-2013) que profundaba na modernización da cooperación galega e o seu aliñamento coa axenda de eficacia da axuda. c) O degoirado pacto político: o 16 de outubro de 2010 e a proposta da Coordinadora Galega de ONGD asinábase o Pacto Galego contra a Pobreza por parte dos voceiros parlamentarios do PPdG, PSdG-PSOE e BNG e ante a expectación das ONGD, que culminaban neste acto solemne no Salón Nobre da Universidade de Santiago de Compostela o seu Camiño polo Pacto contra a Pobreza. A partir desta data e entre finais de 2010 e 2012 comezou un longo proceso de depresión política e financeira da cooperación galega para o desenvolvemento onde asociaron as súas forzas dous procesos: en primeiro lugar, o minguamento entre 2010 e 2012 do 47% do seu orzamento respecto do ano 2009 cunha perda total de recursos de 5.281.000€ e que tivo un senlleiro efecto negativo sobre a dotación das convocatorias públicas de axudas; e, en segundo lugar, unha paralela crise institucional e de sostenibilidade no sector das ONGD que ten afectado con profundidade á periferia autonómica do sistema español de cooperación e que aguzou a dramática descapitalización de recursos humanos das ONGD en Galicia. A nivel institucional, esta lexislatura caracterizouse polo abaixamento institucional da cooperación exterior da Xunta de Galicia que pasou a depender da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE co rango de Subdirección Xeral. Por outra banda, a finais de 2010 procedeuse á extinción da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia. A nivel estratéxico e instrumental, o II Plan Director logrou endereitar algunhas das inercias da cooperación galega pero ficou apreixado polo fenda de financiamento que atrancou o despregue dalgunhas das súas medidas máis innovadoras (creación da Axencia Galega de Cooperación, unha máis ambiciosa convocatoria de programas no exterior, etc.). De todos os xeitos, existiu unha clara vontade nos responsables políticos e técnicos da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE por respectar o seu marco de resultados e indicadores naqueles eidos técnicos cunha maior autonomía respecto dos niveis superiores de decisión política e apostando polas ONGD como principais entidades canalizadoras da axuda galega ao desenvolvemento. A nivel político esta lexislatura caracterizouse unha outra volta pola atonía e perfil baixo da cooperación ao desenvolvemento entre os partidos políticos galegos. Malia os lóstregos de mobilización social e mediática liderada polas organizacións sociais e que lograron facer ecoar entre a opinión pública o impacto que os recortes orzamentarios teñen sobre as persoas e comunidades coas que traballa a cooperación galega nos países empobrecidos, non existiu unha acollida pública activa nin xenerosa entre os representantes políticos do malestar da sociedade civil. Se ben esta VIII lexislatura naceu entre o escepticismo das ONGD, estas souberon respostar aos temores cunha participación activa no novo ciclo de planificación, coa recuperación das amizades e alianzas de traballo con outras entidades sociais, e mais cunha renovada enerxía a prol da mobilización social e a incidencia que cristalizou no Pacto Galego contra a Pobreza. Mais como na vertixe dun eterno retorno, esta lexislatura coin- 2. Unha VIII lexislatura (2009-2012) sen bandeiras azuis na loita contra a pobreza
3 3. Pastillas azuis e o efecto búmerang: a depresión da cooperación autonómica en España Esta precariedade da cooperación galega acontece no seo dun paralelo desmantelamento da cooperación ao desenvolvemento como política pública a nivel estatal. En efecto, entre 2009 e 2012 a cooperación ao desenvolvemento das Comunidades Autónomas tense transformado nun profundo val de bágoas. Practicamente, en dous anos, derrubouse coma un castelo de naipes a configuración institucional e a dotación orzamentaria dunha política pública alentada e agarimada pola sociedade civil especialmente a través das ONG de Desenvolvemento. Como podemos comprobar no seguinte gráfico, o compromiso dos gobernos autonómicos coa cooperación ao desenvolvemento esborrallouse dramaticamente nos últimos dous anos.(1) Gráfico 1: Evolución da AOD das Comunidades Autónomas por volume de fondos, 2006-2011 (milleiros de euros) O regreso ao pasado da cooperación autonómica ao desenvolvemento a través dun particular efecto búmerang ten implicado o retorno a cifras semellantes ás do ano 2002. No caso da cooperación española este retroceso é semellante ao da cooperación galega: o ano de retorno en volume de fondos vén sendo 2006. Xa que logo, e sen poder determinar con cifras exactas o drama do ano 2012, arestora estariamos a falar dunha década perdida de progresos na consolidación dunha política pública de cooperación moderna, eficaz e de calidade, homologable á dos nosos socios europeos. Gráfico 2: Evolución da AOD da Xunta de Galicia por volume de fondos, 2006-2011 (1) Os datos dos gráficos e cadros proveñen do Informe de seguimento do Plan Anual de Cooperación Internacional do período 2006-2011. cidiu coas anteriores en rematar co mesmo sentimento de frustración e decepción mais coa novidade dunha profunda indignación entre as ONGD. Xa que logo, o pleno despregue das medidas contidas no II Plan Director sen atrancos de financiamento tería permitido, sobre o papel, que a cooperación galega puidese izar unha bandeira azul que gabase a maior calidade e eficacia da nosa axuda oficial ao desenvolvemento (AOD). Porén, o incumprimento dos criterios mínimos esixibles a unha política pública de cooperación, especialmente os de natureza orzamentaria, arredaron calquera posibilidade de que Galicia acadase a devandita bandeira azul en cooperación. Ademais, a curto e medio prazo cómpre sermos escépticos respecto desta posibilidade entrementres a cooperación galega siga adoecendo pola ausencia dunha política pública de cooperación que reconcilie a retórica política e planificadora cunha aposta real pola loita contra a pobreza global, tal e como demandan as organizacións sociais.
4 Cadro 1: Evolución da AOD das Comunidades Autónomas por volume de fondos desembolsados e posición relativa e global e variación interanual, 2010-2011 (millóns de euros) Esta profunda disfunción orgánica da evolución da cooperación autonómica aconteceu no seo das inercias derivadas do exuberante crecemento orzamentario anterior que se traduciu en sofisticados marcos estratéxicos e operativos así como en complexas estruturas de xestión. Malia todo, esta proliferación aconteceu nun contexto de baixa orixinalidade e de mimetismo con respecto da cooperación española. Deste xeito, en troques de profundar nas súas emerxentes vantaxes comparativas e valor engadido a cooperación autonómica apostou por replicar na súa propia escala e dimensión as inercias e atrancos da cooperación española: unha arquitectura institucional inadaptada e insostible; unhas febles capacidades e escasos recursos humanos; un marco estratéxico e operativo disfuncional, atomizado, fragmentado, disperso e pouco eficiente; e mais un deficiente sistema de rendición de contas e avaliación.(2) Cadro 2: Esforzo inversor das Comunidades Autónomas, 2010-2011 (2) OLIVIÉ, I. (coord.) (2011), Nunca desaproveches una buena crisis: hacia una política pública española de desarrollo internacional, Informes Elcano nº 13, Madrid: Real Instituto Elcano. 2010 2011 2010-2011 % variación 2010/2011 Comunidade Autónoma Total Posición relativa Total Posición relativa Total 2010-2011 Posición global 2010-2011 Andalucía 80,66 1 14,59 5 95,25 1 -82 Cataluña 56,73 2 33,00 2 89,73 2 -42 País Vasco 44,35 3 44,91 1 89,26 3 1 Madrid 35,84 5 10,65 7 46,49 4 -70 Castela- A Mancha 38,13 4 0,36 16 38,49 5 -99 Navarra 20,51 7 18,26 3 38,77 6 -11 C. Valenciana 23,24 6 15,05 4 38,29 7 -35 Estremadura 14,40 8 9,17 8 23,57 8 -36 Asturias 12,15 9 11,37 6 23,52 9 -6 Castela e León 10,51 13 9,15 9 19,66 10 -13 Aragón 11,26 11 6,90 11 18,16 11 -39 Galicia 10,75 12 7,00 10 17,75 12 -35 Canarias 12,05 10 2,40 14 14,45 13 -80 Baleares 9,87 14 1,66 15 11,53 14 -83 A Rioxa 4,22 15 3,18 13 7,40 15 -25 Cantabria 2,04 17 3,93 12 5,97 16 93 Murcia 2,19 16 0,25 17 2,44 17 -89 Melilla 0,13 18 0,00 18 0,13 18 -100 Promedio 21,61 10,66 32,27 -42 2010 2011 2010-2011 Comunidade Autónoma % AOD/ orzamento total consolidado AOD € por habitante Posición relativa esforzo inversor % AOD/ orzamento total consolidado AOD € por habitante Posición relativa esforzo inversor % AOD/ orzamento total consolidado AOD € por habitante Navarra 0,47 32,2 1 0,44 28,4 1 0,45 30,3 País Vasco 0,43 20,4 2 0,42 20,6 2 0,43 20,5 A Rioxa 0,31 13,1 4 0,25 9,9 4 0,28 11,5 Asturias 0,26 11,2 7 0,26 10,5 3 0,26 10,9 Estremadura 0,26 13,0 6 0,18 8,3 5 0,22 10,6 Castela-A Mancha 0,40 18,2 3 0,00 0,2 17 0,20 9,2 Aragón 0,20 8,4 8 0,13 5,1 7 0,17 6,7 Baleares 0,29 8,9 5 0,05 1,5 14 0,17 5,2 Andalucía 0,24 9,6 9 0,05 1,7 13 0,14 5,7 Cataluña 0,17 7,6 11 0,10 4,4 9 0,13 6,0 C.Valenciana 0,16 4,6 12 0,11 2,9 8 0,13 3,8 Cantabria 0,08 3,4 16 0,16 6,6 6 0,12 5,0 Madrid 0,19 5,6 10 0,06 1,6 12 0,12 3,6 Castela e León 0,10 4,1 14 0,09 3,6 10 0,10 3,8 Canarias 0,15 5,7 13 0,03 1,1 15 0,09 3,4 Galicia 0,09 3,8 15 0,07 2,5 11 0,08 3,2 Melilla 0,05 1,7 17 0,00 0,0 18 0,03 0,9 Murcia 0,04 1,5 18 0,01 0,2 16 0,02 0,8 Promedio bienio 0,22 9,6 0,13 6,06 0,17 7,8
4. Tres escenarios e un funeral da cooperación galega para o bienio 2013-2014: Quod nihil scitur! 5 No ano 1580, o filósofo galego-portugués Francisco Sánchez publicou en Lyon a súa máis coñecida obra De multum nobili et prima universali scientia. Quod nihil scitur (Do máis nobre e universal primeiro saber. Que nada se sabe). Nas actuais circunstancias políticas e económicas, semella prudente incorporar unha alta dose de escepticismo e sentenciar cun “que nada se sabe” calquera exercicio de futuroloxía. O escarmento da experiencia, a vaguidade dos compromisos, a febleza das promesas políticas e das previsións planificadoras teñen esnaquizado as certezas e abaixado o noso xuízo a un cativo debullar de probabilidades. No marco destas cautelas debemos situar, logo, o seguinte bosquexo verbo dos escenarios da cooperación galega para o vindeiro bienio 2013-2014, no que finaliza a vixencia do actual II Plan Director da Cooperación Galega e se iniciará o terceiro ciclo de planificación.(3) Escenario A: Optimista (quizais demasiado) Escenario B: Realista a) Aumento do orzamento da cooperación galega até o 0’1% do orzamento total consolidado. b)Total: 8.481.000€. a) Conservación da actual porcentaxe de gasto: 0’07% do orzamento total consolidado. b)Total: 5.937.000€ Escenario C: Mimético Escenario D: Funesto a) Redución do orzamento nun 40% até o 0’05% do orzamento total consolidado. En 2013 tan só se asumen os compromisos de gasto, os gastos de funcionamen- to e persoal e capítulo VI. b) Total: 3.961.000€ a) Supresión da cooperación ao desenvolvemento como política pública da Xunta de Galicia. b) Descanse en Paz. Como podemos comprobar, as nosas previsións realistas albiscan unha redución do 10% do orzamento da cooperación galega no ano 2013. Esta redución implicaría que entre 2010 e 2013 se tivese reducido nun 57% a AOD galega con respecto do ano 2009. Esta porcentaxe situaría á cooperación galega nun promedio de descenso inferior ao da cooperación española. Neste escenario sería preciso axustar a dotación orzamentaria das convocatorias de axuda para o ano 2013-2014. As opcións pasarían pola redución da súa dotación orzamentaria, pola suspensión da convocatoria dalgún dos instrumentos, pola redución do máximo subvencionable por proxecto, pola suspensión das convocatorias plurianuais, etc. Estas posibilidades de natureza política e técnica quedarán a decisión do novo equipo responsable da xestión da cooperación galega así como dos responsables políticos da acción exterior da Xunta de Galicia. De todos os xeitos, o escenario denominado mimético configuraríase como unha etapa de transición por mor dos compromisos de desembolso xa existentes e representaría o auténtico test de esforzo e proba de resistencia para as ONGD en Galicia xa que este escenario obrigaría á suspensión das convocatorias de axudas para o 2013. Agora ben, na ucha do peito degoiramos que as nosas predicións erren e que non teñamos que botar brindes e celebrar cabodanos pola memoria e eterno descanso da cooperación galega ao desenvolvemento no ano 2014. Xa que logo, neste contexto depresivo xeralizado da economía galega e española resulta acaído preguntarse que pastillas azuis dotarán dun vigor renovado á disfuncional cooperación autonómica. O risco radica en ficar nun perpetuo estado de barbeito financeiro, ermo político e desafección e desconfianza da opinión pública e da cidadanía. Os perigos que nos asexan (a emerxencia de discursos e prácticas recentralizadoras, a submisión da política de cooperación aos intereses xeoestratéxicos da política exterior e de internacionalización da economía española, as reaccións nacionalizadoras da solidariedade sobre a base da falsa oposición entre os “nosos pobres” e os “outros pobres”, etc.) demandarán un activo traballo ás organizacións sociais e solidarias para refrear o risco real dun descenso aos infernos do nihilismo en termos de política pública e de invisibilidade no imaxinario solidario da cidadanía. (3) O cálculo das porcentaxes tense feito sobre o teito de gasto da Xunta de Galicia (8.481 millóns de euros) anunciado a comezos do agosto pasado.
6 5. Os programas electorais dos principais partidos políticos no eido da cooperación ao desenvolvemento Analizando os programas electorais dos principais partidos políticos galegos detectamos con inquedanza toda unha serie de vaguidades e falla de compromisos tanxibles coa cooperación galega. Como é habitual, a cooperación ao desenvolvemento oscila entre o ser (máis ben discreto) no narrativo dos programas e a nada. O PPdG presenta un programa electoral orientado á xestión da cooperación ao desenvolvemento que encadra dentro das “relacións institucionais” das institucións de autogoberno. Fundamentalmente céntrase no vindeiro novo ciclo de planificación establecendo unha serie de principios para o III Plan Director da Cooperación Galega: especialización da cooperación galega aproveitando as súas vantaxes comparativas e a experiencia nalgúns eidos, cooperación participativa, aumento da eficacia e impacto das actuacións, maior concentración sectorial e xeográfica, coordinación e complementariedade con outras administracións e mais busca de fontes alternativas de desenvolvemento. No programa electoral non se sinala ningún tipo de indicador orzamentario e/ou económico anque se laia da falta de apoio orzamentario á cooperación ao desenvolvemento por mor do contexto económico e reitera a necesidade da solidariedade para loitar contra a pobreza e a fame. O PSdG-PSOE encadra á cooperación ao desenvolvemento dentro da súa liña programática de “mellor democracia e participación”. Tralo repaso das problemáticas asociadas á desigualdade e interdependencia como son a pobreza, fame, a morte por doenzas curables e a falla de acceso á auga potable, o programa electoral lembra o avance na política de cooperación durante o goberno de D. Emilio Pérez Touriño na VII lexislatura e critica o impacto das medidas de austeridade sobre a cooperación galega e o abandono da cooperación ao desenvolvemento por parte do PPdG, situación que cualifica de irresponsabilidade e acto inhumano. En canto ás medidas concretas, o PSdG comprométese a manter a cooperación ao desenvolvemento e a elaborar un calendario de financiamento baseado na realidade e a partir da revisión do II Plan Director da Cooperación Galega pero non se sinala tampouco, coma no caso do PPdG, ningún indicador orzamentario e/ou económico. Ao tempo promoverá a sinatura de Pactos Locais contra a Pobreza que introduzan nos orzamentos dos concellos e deputacións partidas para o financiamento da cooperación ao desenvolvemento. Por último, o PSdG promoverá unha Mesa Sectorial da Cooperación Galega ao Desenvolvemento integrada pola Xunta de Galicia, Coordinadora Galega de ONGD e FOGACOSOL e que terá coma un dos seus principais obxectivos o seguimento e control do II Plan Director da Cooperación Galega. O BNG sitúa á cooperación ao desenvolvemento na súa liña programática de “con poder para defender o noso” e dentro do apartado de “unha política exterior e de cooperación solidaria e de defensa da paz e dos dereitos humanos”. En concreto, o BNG asume os principios da cooperación ao desenvolvemento que figuran no Pac- to Galego contra a Pobreza de xeito que defenderá o aumento progresivo do financiamento da cooperación co obxectivo de chegar ao 0,7%, promoverá a difusión e sensibilización sobre o comercio xusto e consumo responsable e deseñará políticas coherentes cos devanditos principios. A través da cooperación ao desenvolvemento o BNG procurará que se forneza de coñecementos, investimentos e auxilio urxentes aos pobos máis desfavorecidos. En relación ao resto de partidos políticos aos que as enquisas outorgan certas probabilidades de representación no Parlamento de Galicia, no acordo programático de Alternativa Galega de Esquerdas e nos programas de Unión Progreso y Democracia e Sociedad Civil y Democracia coinciden en non mencionar á cooperación ao desenvolvemento. No caso de Esquerda Unida, integrada na Alternativa Galega de Esquerdas, demanda nas súas bases programáticas dentro do “internacionalismo solidario” a democratización e mellora da cooperación galega ao desenvolvemento, a centralidade dos Dereitos Humanos, a coherencia e ética nos programas a desenvolver e mais o cumprimento do Pacto Galego contra a Pobreza para acadar o 0,7% do PIB. Por último, cómpre salientar pola súa calidade técnica no eido da cooperación ao desenvolvemento o programa electoral de Compromiso por Galicia. Este programa presenta unha análise cabal e unhas propostas realistas e acaídas do sistema galego de cooperación inspiradas no II Plan Director e que convidamos a ler nas súas páxinas 15 e 16. (4) (4) http://compromisoxgalicia.org/wp-content/uploads/2012/10/PROGRAMA-ELECTORAL.pdf
7 6. Océanos azuis: cando a imaxinación e a innovación importan Unha vez comprobada a relativa penuria dos programas electorais, cómpre facermos un exercicio de imaxinación para albiscar, entre o lusco e fusco da situación actual, pequenas alboradas que axuden a alumear o futuro. No seu libro A estratexia do Océano Azul os profesores de INSEAD, W. Chan Kim e Renée Mauborgne, reflexionan sobre como xerar estratexias innovadoras que permitan xerar valor e que denominan “estratexias de océano azul”. Logo, nun entorno como o da cooperación galega ao desenvolvemento: é posible xerar estratexias de océanos azuis? É posible relanzar as oportunidades estratéxicas e operativas da cooperación galega nun marco de minguamento financeiro? Existen illas de excelencia ou inéditos viables na cooperación galega? Ao noso entender, deberiamos analizar os posibles océanos azuis da cooperación galega bosquexando algunhas das súas fortalezas e debilidades. Debilidades Fortalezas Marco estratéxico demasiado xeralista con demasiados países prioritarios e sectores de intervención. Limitadas capacidades de xestión debido á proliferación de intervencións e fragmentación dos desembolsos. Existencia dun músculo operativo demasiado amplo. Baixa porcentaxe destinada a educación para o desenvolvemento. Baixa articulación estratéxica e operativa coas escasas entidades locais con accións de cooperación ao desenvolvemento. Baixa concertación cos actores privados de desenvolvemento nos eidos de especialización: pesca e acuicultura, agricultura e desenvolvemento rural. Insuficiente coordinación coas administracións locais con iniciativas de cooperación. Especialización sectorial en pesca e acuicultura, agricultura, desenvolvemento rural, educación, abastecemento de auga e saneamento. Experiencia no traballo en alianzas locais de desenvolvemento multiactor e multisectorial, como son as Iniciativas de Desenvolvemento Integral. Experiencia en fortalecemento institucional e servizos sociais básicos con actores locais en Cabo Verde. Traballo especializado xeográfica e sectorialmente na provincia de Cabo Delgado en Mozambique con novas vías de financiamento e a través dunha alianza interdepartamental. Financiamento de programas e proxectos de cooperación no exterior con marcos de financiamento máis amplo. Experiencia das ONGD no desenvolvemento de accións de educación para o desenvolvemento. Capacidade para o diálogo e interlocución cos actores galegos de cooperación a través de espazos de participación formal e informal. Solvencia financeira Se contrastamos as fortalezas sinaladas coas liñas de reflexión para unha orientación pragmática da cooperación descentralizada realizadas desde a ONGD Alboan,(5) detectaremos un amplo abano de oportunidades para poñer en suspenso temporalmente a vocación hipercrítica dos actores sociais e realizar un exercicio de autoestima da cooperación galega na súa traxectoria histórica. En concreto coidamos que a cooperación galega pode gabarse de ter camiñado modestamente nos seguintes eidos: a. O traballo a prol da democratización con enfoque de dereitos e de fortalecemento da sociedade civil e dos socios locais de desenvolvemento mediante a promoción da apropiación local democrática. b. Un estilo de cooperación baseado no acompañamento, a confianza e a xeración de alianzas. c. O diálogo activo cos actores galegos de cooperación así como a promoción da súa participación na xestión da cooperación galega (planificación, avaliación, rendición de contas, etc.) d. A aposta pola innovación desde proxectos piloto. e. A especialización en sectores produtivos, servizos sociais básicos e fortalecemento da sociedade civil. f. O fomento da educación para o desenvolvemento en chave de participación social e empoderamento para a construción dunha cidadanía global comprometida e solidaria desde o local. (5) EGUIZÁBAL, I. (2010) La cooperación descentralizada en un contexto de crisis. Un enfoque desde las ONGD, Alboan.
8 Rúa dos Basquiños 33 1º A 15704 Santiago de Compostela 981 585 189 618 626 627 [email protected] www.galiciasolidaria.org Permitida a reprodución total e parcial dos contidos desta publicación coa mención da fonte. Descarga gratuíta na web da Coordinadora Galega de ONGD. Depósito legal: C 2108 2012 Xa que logo, ao noso entender, o vindeiro equipo político responsable da cooperación galega deberá profundar nun itinerario de reforma da cooperación galega nun marco de realismo e solvencia financeira, sostenibilidade institucional e de corresponsabilidade entre os diferentes actores galegos de desenvolvemento. Este itinerario de reforma debería de seguir os seguintes pasos aproveitando a previsible redución da carga de xestión do departamento responsable da cooperación galega: a. Iniciar un amplo proceso participativo de avaliación de calidade do marco institucional e normativo da cooperación galega así como das súas actuacións de cooperación garantindo a súa difusión pública. Nas devanditas avaliacións deberán de integrarse a pares e a socios de desenvolvemento. b. Desenvolver planos de mellora en base ás devanditas avaliacións. c. Sistematizar aquelas boas prácticas ou illas de excelencia detectadas. d. Iniciar un diálogo amplo e inclusivo cos actores e socios de desenvolvemento sobre as vantaxes comparativas da cooperación galega a nivel xeográfico, sectorial e instrumental. e. Fomentar o aliñamento crítico da cooperación galega coa cooperación española de xeito que se respecte a nosa especificidade e valor engadido. f. Tomar decisións de concentración sectorial e xeográfica avanzando cara a un modelo de alianzas territoriais de desenvolvemento. g. Reasignar a axuda desde as relacións menos significativas e relevantes cara ás máis significativas. h. Realizar un maior investimento para mellorar a capacidade institucional a nivel de recursos humanos, avaliación e investigación para o desenvolvemento. Para rematarmos, cómpre salientar que o pasado non vai retornar. A actual crise estase asañando con dureza sobre os valores da solidariedade global, mais cómpre sermos ecuánimes á hora de recoñecer que as inercias, ideoloxías e atrancos do pasado facilitaron a actual deconstrución da política pública de cooperación ao desenvolvemento. Cara ao futuro tan só nos resta desexar que a cidadanía e os responsables políticos non renuncien á solidariedade e á xustiza global; que sexamos quen de desaprender con humildade e modestia das hipotecas pasadas e dos modelos institucionais de baixo valor; que a imaxinación nos axude con afouteza a apostar polo desenvolvemento de inéditos viables e mais a experimentar coas posibilidades insuficientemente exploradas da cooperación galega, e que incorporemos a innovación como actitude, valor e garantía dunha cooperación descentralizada cómplice da cidadanía e da sociedade civil. Por todo isto, confiamos en que a cooperación galega nesta nova lexislatura poida mudar nun espazo fértil para a experimentación de iniciativas e alternativas de desenvolvemento que loiten contra a pobreza, promovan a dignidade das persoas, realicen os dereitos humanos e garantan o ben común e o goce en mancomún da nosa Terra global. Para saber máis: BANDEIRA, P., (2010), Informe sobre la calidad de la ayuda del Gobierno de España, Madrid: DeCiDe. GUZMÁN, M.T. (2011), La cooperación descentralizada que proponemos las ONGD, Alboan. LARRÚ, J.M. (2011), Informe II: La AOD española: diagnóstico sobre su calidad y cantidad. Hacia un libro blanco de la política española de desarrollo, Madrid: CIECODE. MARTÍNEZ, I. (2011), Por una cooperación descentralizada de calidad: reflexiones para avanzar hacia una mayor eficacia, Valencia: Universitat Jaume I. MARTÍNEZ, I., y SANAHUJA, J.A. (2009), La agenda internacional de eficacia de la ayuda y la cooperación descentralizada en España, Documento de trabajo nº 38, Madrid: Fundación Carolina-CeALCI. PASTORIZA ROZAS, J.L (2012) AOD en educación en Galicia: la cooperación gallega en el período 2006-2010, Santiago de Compostela: Campaña Mundial pola Educación. PASTORIZA ROZAS, J.L., y TEIJO GARCÍA, C. (2012) “Crisis en la cooperación descentralizada española: ¿oportunidad o negra sombra?” en Tiempo de Paz, nº 105, verano 2012. TORRES BOUZA, X.M., e MARTIN ROCHA, F. (2009), ‘A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto’ en Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009, pp. 113-137.