A música na obra de Lois Pereiro
Full text
17 EVOHÉ A MÚSICA NA OBRA DE LOIS PEREIRO1 por Xoán Carlos García Souto No principio era a música, un eco intermitente; coma pensar nun tren que entra nunha estación sen chegar a deterse e nun retroceso de fotogramas escomenza de novo a súa aproximación; mais sendo cada vez menor o retroceso non chega nunca ó andén... Ou punk ferroviario a ritmo diesel, lús de gas, Earling Studios, pensións de contrabando, bloques de casas diesel, travesas negras de “norwegian wood”, e sempre nas túas mans o metal húmido dun viaxe a meia choiva, rock de vagón cisterna, droga dura. Sintirse en rock, sintirse en privilexio... LOIS PEREIRO Lois Pereiro ten a condición de poeta urbano, visceral, e cun ton punkarra 2. O poeta monfortino camiñaba pola corda frouxa, tanto na súa vida como na súa poesía. A súa é unha desas voces radicais, inconformistas, suburbiais, ao xeito de Leopoldo María Panero, de Charles Bukowski, de Edgar Allan Poe ou de Allen Ginsberg.3 Tampouco tiña a imaxe ou o perfil de poeta segundo o canon. Aquel home desgairado que andaba pola Praza Roxa á procura da calma das súas dores en forma de doses de heroína non podía selo, mais a realidade puido coa intolerancia dunha parte do establishment cultural galego. Iso non quita que, sendo Lois Pereiro un auténtico francotirador, unha voz senlleira, esteamos a falar do clásico que ten a literatura galega sen sabelo en palabras de Manuel Rivas (1993: 10). Principais influencias musicais na obra de Lois Pereiro The Velvet Underground e Lou Reed Unhas das referencias musicais que máis atopamos na obra de Lois Pereiro son Lou Reed e o seu antigo grupo The Velvet Underground. O grupo xurdiu na cidade de New York a mediados dos anos sesenta e sempre foron considerados un grupo de culto, sobre todo na España desa época. Tomaron o seu nome do título homónimo dun libro de Michael Leigh, que o irmán dun dos membros do conxunto atopara tirado na rúa. O seu manager era Andy Warhol, e os seus músicos máis coñecidos son Lou Reed e a cantante Nico. Asemade, os neoiorquinos son unha influencia fundamental na vida de Lois Pereiro (a súa moza Piedad Cabo chegou a dicir que “a culpa de todo tívoa Lou Reed”)4 . Non se pode negar que a Velvet é facilmente 1 Extracto do Traballo de Fin de Grao “A música na obra de Lois Pereiro”, dirixido por María Xesús Nogueira Pereira e presentado na Facultade de Humanidades de Lugo no 2014. 2 Velaí a famosa frase dun filme de Nicholas Ray: “live fast, die young and you¨ll keep a goodlooking corpse”, cita que Lois reproduce en “Conversa ultramarina” e que sempre estivo asociada ó movemento punk; a iso debemos sumar a imaxe e a estética de Lois e o seu gusto por grupos como Sex Pistols, Joy Division, PIL (Public Image Limited), The Clash, Parálisis Permanente ou Nina Hagen. 3 “Os poemas de Lois Pereiro son verdade, érao o seu fío de voz delgado, continuo e rebelde coma os pequenos regueiros que escoaban polas chabolas de Penamoa despois da borrasca. Son textos a sinalar a ruína, o esfragamento do social, do ético e do cultural, audible por fin desde un corpo roto que se sabe confortado polo único que lle queda, nin sequera o amor, senón a crónica dunha perda sen paliativos” (Cordal, 2013: 64). 4 No Boletín da Real Academia Galega, no número monográfico dedicado ó poeta, nun artigo titulado “A culpa foi de Lou Reed”, o escritor e xornalista Antón Lopo fai a seguinte reflexión: “Pereiro podería ser un dos personaxes de Lou Reed «que se nutría da contorna, como Warhol se nutría da cidade, sempre coa súa gravadora na man para captar unha explosión de xenialidade popular», pero pola contra Lou Reed nunca podería ser un personaxe
19 18 EVOHÉ identificable coa poesía, a estética e a vida de Lois Pereiro: a cor negra, esas letras entre decadentes e marxinais, a música por veces moi estridente, a heroína e outras drogas sempre presentes (cómpre lembrar que incluso chegaron a consumir heroína en pleno escenario), a súa actitude, etc. Todo iso hai que enmarcalo nunha época, as décadas dos 70 e dos 80, unha época de cambio e de desencanto na xuventude de todo o mundo occidental tras a morte inevitable do soño hippie. Lou Reed é tamén un dos músicos ós que Lois Pereiro foi ver nun dos seus concertos en Madrid. A música de The Velvet Underground evoca ó New York máis underground de finais dos anos sesenta. Escoitar temas como “Venus in furs” ou “All tomorrow´s parties” é como unha viaxe cara ó pasado, unha viaxe que nos leva a The Factory , o famoso estudo do artista neoiorquino Andy Warhol, punto de encontro para inconformistas como Mick Jagger, Bob Dylan, Truman Capote ou William Burroughs entre outros. Temos algúns exemplos da influencia de Lou Reed e de The Velvet Underground no poeta de Lemos. En Conversa ultramarina escribe: (E agora, en 1995, no Café do Museo soa Lou Reed, “New York”, e veñen os que latan clase no instituto, e algún que outro raro supervivinte, coma min). (Pereiro, 2010: 41) Mentres Lois escribe isto, está a lembrar tempos pasados cos seus amigos e coñecidos cascarilleiros da cidade herculina. No mesmo diario fai referencia ó tema “Venus in furs” citando un dos seus versos: Shiny, shiny, shiny boots of leather, shiny leather in the dark.. . From the ancient times living today, the Velvet Underground), Sleeping, almost, the dreams, the dreams to come... (Pereiro, 2010: 85) A separación do seu gran amor tamén se deixa sentir na prosa do autor monfortino. A despedida desta entrada de Conversa ultramarina , faina por medio da estrofa dunha canción de Lou Reed: “Good night ladies”: ...Lo cierto es que todo esto pretendía ser una carta, una plegaria por la ausencia de una persona amada, una conversación solitaria, y ahora creo que ya no soy capaz de separar mi escritura del mundo en que está escrita, ni ensordecer otras voces que resuenan en mi interior; sí, tal vez sea eso: otras voces, otros ámbitos. Lo único que sé es que ya no me motiva (solamente) tu ausencia. O tu existencia. ¿Es bueno o es peor, qué crees tú? Ça m’ est égal...Good night, Lady, Lady, good nigth. (Pereiro, 2010: 94-95) The Doors Cuantitativamente, The Doors non acadan moito espazo na obra de Lois Pereiro, pero cualitativamente si que tiveron a súa importancia. Os temas “Waiting for the sun”, do disco Morrison Hotel (1970), e “The end” do álbum The Doors (1967), aparecen en “Encontro con Piedad. Volta e retorno do sol. Eu amo, ti amas, il ama”. Se existe un músico representativo da faceta máis libertaria e radical dos anos sesenta, ese é Jim Morrison. O líder de “The Doors”, coñecido polo alcume de O Rei Lagarto , foi un rebelde que a semellanza de Lois Pereiro, viviu sempre en coherencia cos seus principios. Ó igual que o poeta monfortino, Jim Morrison pagou moi caro ese modo de vida perigoso, pois á idade de 27 anos abandonaba este mundo. A súa música, a súa poesía e a súa actitude sumaron para facer del un auténtico mito dos anos setenta do século pasado. En “Encontro con Piedad. Volta e retorno do sol. Eu amo, ti amas, il ama”, poema publicado na revista Loia , de Pereiro: o seu material é el mesmo, ten a súa propia ontoloxía, e utilizar o outro «alén do outro literario» pareceríalle nuns casos unha obscenidade, e noutros unha dimensión demasiado abstracta para interesarlle. E é que Lois Pereiro lle pode botar as culpas a Lou Reed da súa estética, da súa pulsión rockeira, da súa arroutada punk ou da adicción á heroína, pero nada máis” (Lopo, 2013: 99). que logo aparecería en Poemas para unha loia , Jim Morrison protagoniza uns versos: ...Eu amo, ti amas, il ama: Jim. Góstame a ollada homosexual. Eu amo, doce Jim, ti eres se ela me adeprendeu. A soavidade dos bicos do doce Jim pola noite. A dozura dos bicos do doce Jim pola noite. Noite, son as nove: esváiome Jim, ¿será doce o teu cadavre? Acoitélanme Cambea... (Pereiro, 2011: 26-27) Nese mesmo poema Morrison é interpelado por Lois Pereiro: “¿Quéresme? ¿Quéresme Jim?” (Pereiro, 2011: 27). Tamén en 1996, nunha entrevista de Díaz e Albo, o poeta pon a The Doors como exemplo do seu gusto pola música rock, unha das influencias que o autor monfortino recoñece que tiveron máis peso na súa obra: O rock é unha forma de cultura que marcou a miña vida. É lóxico que se meta na túa vida, que teñas vivencias e actitudes relacionadas coas letras do rock, Jim Morrison, por exemplo. Calquera persoa da miña xeración está influída por todo iso. Como dicía Wim Wenders, temos o subconsciente colonizado polo rock. (Díaz e Albo, 1996) Punk e afterpunk Na época dos anos setenta e comezos dos oitenta, o movemento punk xorde como a contestación natural das mozas e mozos ó aburrimento social e musical que imperaba naqueles anos. A xuventude occidental, farta de grupos sinfónicos e sen actitude revolucionaria, volvía a súa ollada ós grupos punk. O lema do it yourself estendíase polo imaxinario daqueles mozos rebeldes e contestatarios. Xa falamos da relación do punk con Lois Pereiro en canto a actitude, estética, etc. Con todo, debe quedar claro que Lois Pereiro non era un punk, senón que bebía das súas fontes e gustaba da súa música. De toda a obra do escritor, o libro Poemas 1981-1991 é o que máis referencias musicais garda relacionadas con esta música, pois as catro que aparecen nel están na órbita do punk ou do afterpunk. Dese poemario é a composición “Verschwende deine Jugend”: Será unha invasión máis ó mercurio inconstante do pasado afiados os coitelos da memoria nun presente salvaxe que me instrúe Chovendo pra ferir unicamente esta noite industrial definitiva de agullas líquidas en fero ataque unánime espetando a súa acústica blindada neste insonio ilegal de etcéteras. (Pereiro, 2011: 58) Outro bo exemplo de Poemas 1981-1991 é “A fina pel dun virus”, do que se reproduce este fragmento: Por tanto a vida esgállase en minutos ó adiantarse a si mesma un paso é indiferencia e logo nada A fina pel dun virus cando o sangue é visible a carne faise certa en perfís que se perden en canto pecho os ollos
21 20 EVOHÉ e deixo espacio virxe para outro intento (Pereiro, 2011: 91) Tamén sabemos que Lois Pereiro foi ós concertos de Killing Joke en Berlín e de The Clash en Madrid, e que escoitaba a The Cure, Nina Hagen ou Parálisis Permanente. Neil Young Se no apartado anterior falabamos de punk, agora tócalle a quenda ó folkrock. Neil Young foi membro de Buffalo Springfield e de Crosby, Stills, Nash & Young, logo liderou Crazy Horse e até hoxe toca baixo o seu nome, Neil Young. Sabemos que Lois Pereiro gozaba cos seus temas, aínda que a única mención concreta á música do guitarrista e cantante canadense é “Southern man” ( After the Gold Rush , 1970) en Conversa ultramarina . Neil Young foi unha referencia clara nos anos sesenta e setenta para os amantes do rock and roll. Nese contexto tamén se relacionou coas drogas e o alcohol, aínda que no seu caso é a marihuana e non a heroína a substancia a ter en conta. De feito, este famoso derivado do opio foi o causante da morte dalgúns dos seus amigos: unha sobredose matou ó guitarrista de Crazy Horse e a un dos seus roadies 5. A canción “The needle and the damage done” ( Harvest , 1972) foi composta por mor dos problemas coa heroína de Danny Whitten (guitarrista de Crazy Horse). En Conversa ultramarina , o noso poeta menciona dúas veces “Southern man”, o tema de 1970 no que Neil Young critica o racismo que sofre a poboación afroamericana no sur dos USA. Nunha ocasión escribe que paseando por Monforte escoita ó lonxe o solo de guitarra da canción, noutra laméntase de que se lle esgotan as pilas xusto no momento de escoitala durante a súa estadía no hospital. A segunda mención é a seguinte: E agora remátanse as pilas, cando ía escoitar “Southern Man” precisamente. Fuck off! Así son as cousas. Cando todo navega na vida con divina preguiza, calquera estupidez pode coa vida, co mundo, e coa preguiza divina. Amén. (Pereiro, 2010: 92) José Zeca Afonso José Zeca Afonso foi un cantautor e profesor portugués posicionado en contra da ditadura de Salazar, motivo polo que foi expulsado da docencia e tivo que centrarse na súa carreira musical. Compuxo cancións como “Os vampiros” ( Baladas de Coimbra , 1963) que se volveron símbolos do antifascismo portugués, aínda que o seu tema máis coñecido é “Grândola vila morena” ( Grândola vila morena , 1973). Este himno da Revolução dos Cravos foi o sinal escollido polo Movemento das Forzas Armadas para ser emitida en Radio Renascença no momento en que comezaba a revolución. Como curiosidade, a primeira vez que Zeca Afonso a tocou en directo foi en Compostela en maio de 1972, poucos meses despois de ser gravada. A relación de Lois Pereiro co músico luso vén dada por varios motivos. En Conversa ultramarina lembra uns versos de “Maio maduro maio” ( Cantigas do maio , 1971): maio maduro maio, quem te pintou? quem te quebrou o encanto, nunca te amou. raiava o sol já no sul e uma falua vinha lá de Istambul. (Pereiro, 2010: 95) Outra razón é que na escolma de temas que Lois Pereiro escolleu para acompañar ós seus poemas nun recital celebrado no Pub Moka da Coruña estaba “Tinha uma sala mal iluminada” ( Enquanto há força , 1978). 5 Os roadies son os técnicos que acompañan ós músicos nas xiras. Encárganse do escenario, do son, das luces e de calquera aspecto relacionado coa produción. Nese recital celebrado no pub coruñés en xaneiro de 1996, poucos meses antes da súa morte, o monfortino recitou trece poemas mesturados con confidencias sobre a súa biografía e a súa obra. Desta canción de Zeca Afonso temos uns versos en Conversa ultramarina : Agora esta voltando ao que era dantes. Mas se há um camarada á túa espera Nào faltes ao encontro sè constante. (Pereiro, 2010: 25) Por último, é relevante comentar que Lois Pereiro intentou visitar a José Zeca Afonso en Lisboa en 1984, aproveitando que o grupo no que tocaba o seu irmán Xosé Manuel estaba na cidade lusa gravando un disco, pero Zeca estaba no hospital, doente dunha enfermidade neurodexenerativa, e o encontro non chegou a ter lugar. A importancia da música na súa obra A importancia da música na vida e na obra de Lois Pereiro é moita. Na súa escrita as cancións non só son títulos de poemas, senón que tamén condicionan algúns deles e algunhas partes da súa narrativa. Respecto á súa vida, Lois Pereiro admitiu que a música rock a marcara. Dalgún xeito poesía e música retroalimentábanse en Lois Pereiro. O poeta monfortino escoitaba todo tipo de música, non só gozaba co punk ou o rock, tamén o facía coa música clásica (Wagner, Mozart), co flamenco (Camarón de la Isla, Lole y Manuel), co blues (John Lee Hooker, Billie Holliday), coa música de cantautor (José Afonso, Leonard Cohen), co estilo minimalista e repetitivo de Brian Eno & Robert Fripp, coa música paquistaní de Nusrat Fateh Ali Khan ou co krautrock ou rock experimental alemán (Can, Kraftwerk). Asemade, escoitaba música de varias épocas: da clásica (Anton Webern), dos cincuenta (Billie Holliday, John Lee Hooker), dos sesenta (Pink Floyd,The Beatles), dos setenta (Eric Clapton , Frank Zappa & The Mothers of Invention), dos oitenta (Killing Joke, Elvis Costello) e dos noventa (Sinnead O´Connor, Albert Pla). Bibliografía Bianciotto, Jordi (1997). La censura en el Rock . Valencia: La máscara. Cordal, Xabier (2013). “Lois Pereiro: a xeración sen rede”. Boletín da Real Academia Galega , nº 372, pp. 63-67. Feijoo, Carrero e Palau (2004). Guía esencial del Punk y la Nueva Ola . Madrid: Rock Indiana. Fernández Serrano, Jacobo (2011). Lois Pereiro. Breve encontro. Vigo: Xerais. Gimferrer, Pere (2013). “Lois Pereiro. Un poeta europeo”. Boletín da Real Academia Galega , nº 372, pp. 81-91. Herman, Gary (2006). Rock and Roll Babilonia . Barcelona: Ma Non Troppo. Janeiro, Darío (1996). “Lois Pereiro: ‘a poesía sálvame do meu espírito’”. O Correo Galego , “Revista das Letras”, 25 de xaneiro, p. 3. Juliá, Ignacio (1997). Geografía del Rock . Valencia: La máscara. Lopo, Antón (2013). “A culpa foi de Lou Reed”. Boletín da Real Academia Galega , nº 372, pp. 93-105. Martínez, Iago (2011). Lois Pereiro. Vida e obra . Vigo: Xerais. Nogueira, María Xesús (2011). Dicionario Lois Pereiro . A Coruña: Tresctres. Pereiro, Lois (1996). “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”. Luzes de Galiza , nº 27, pp. 14-18. Pereiro, Lois (2010). Conversa ultramarina . Compostela: Positivas. Pereiro, Lois (2011). Poesía completa . Vigo: Xerais. Pereiro, Xosé Manuel; Lino Braxe; Xurxo Souto (2010). Lois Pereiro. Fotobiografía sonora . Galiza: Ouvirmos. Recital do Pub Moka. Literalingua. <http://www.blogoteca.com/literalingua/index.php?cod=100405> [última consulta 25/06/2014] Rivas, Manuel (1993). “Tiras de piel. La poesía de un gallego contagiado de Thomas Bernhard”. El País , “Babelia”, 9 de xaneiro, p. 10. Rivas, Manuel (2011). “O rei de Galicia era punky”. El País , “Luces”, 17 de maio, p. 3. Romaní, Ana (1997). “Entrevista a Lois Pereiro sobre Poesía última de amor e enfermidade”. Dorna , nº 23, pp. 95-99. Salgado, Daniel (2011). “Lois Pereiro e os demais”. El País , “Luces”, 17 de maio, p. 6. Shapiro, Harry (2006). Historia del Rock y las drogas . Barcelona: Ma Non Troppo. Valiño, Xavier (2008). El gran circo del rock . Madrid: T&B.