Full text
Traballo Fin de Grao Controlabilidade e observabilidade en sistemas dinámicos lineais Iago Padín Domínguez 2020/2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
GRAO DE MATEMÁTICAS Traballo Fin de Grao Controlabilidade e observabilidade en sistemas dinámicos lineais Iago Padín Domínguez Xullo 2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Traballo proposto Área de Coñecemento: Matemática aplicada Título: Controlabilidade e observabilidade en sistemas dinámicos lineais Breve descrición do contido Considéranse sistemas dinámicos lineais en dimensión nita (ecuacións diferenciais ordinarias) con control (input) e observación (output). Deniranse os conceptos de controlabilidade e observabilidade e daranse resultados que garanten a vericación destas propiedades. Programaranse métodos numéricos para facer experimentos con ordenador en casos de aplicación. iii
Índice xeral Resumo viii Introdución xi 1. Sistemas dinámicos 1 1.1. Modelo espazo de estados . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1 1.2. Caso constante e función de transferencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6 2. Teoría de realización 11 2.1. Problema de realización . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11 2.1.1. Controlabilidade ............................. 15 2.1.2. Observabilidade.............................. 18 2.1.3. Minimalidade............................... 21 3. Teoría de realización para sistemas invariantes no tempo 25 3.1. Patrón de ponderacións estacionario . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25 3.2. Función de transferencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 33 4. Estabilidade 47 5. Sistemas dinámicos discretos 51 6. Exemplos 53 6.1. Exemplo1..................................... 53 6.2. Exemplo2..................................... 54 6.3. Exemplo3..................................... 55 6.4. Exemplo4..................................... 56 6.5. Exemplo5..................................... 57 v
vi ÍNDICE XERAL A. Programación con MATLAB 61 A.1.Programa1.................................... 61 A.2.Programa2.................................... 62 A.3.Programa3.................................... 63 A.4.Programa4.................................... 64 A.5.Programa5.................................... 64 Bibliografía 67
2 CAPÍTULO 1. SISTEMAS DINÁMICOS Denición 1.2. Dado un modelo de tipo espazo de estados dun sistema dinámico lineal continuo, distínguense os seguintes elementos: O estado, x(t)∈Rn , que permite coñecer o comportamento do sistema ante futuras alteracións ou estímulos. O control ou input, u(t)∈Rp , que representa a entrada ao sistema que produce tales alteracións ou estímulos. A observación ou output, y(t)∈Rq , que indica a saída do sistema unha vez se producen as alteracións pertinentes. Segundo isto, xorde outra nova clasicación dos sistemas dinámicos lineais. Así pois, poderanse atopar sistemas cun único input e un único output, isto é, u(t), y(t)∈R , aos que se lles denominará sistemas SISO polas súas siglas en inglés (Single Input - Single Output); e sistemas con máis dun input e máis dun output, é dicir, u(t)∈Rp con p > 1 e y(t)∈Rq con q > 1 , os cales se denominarán sistemas MIMO (Multiple Input - Multiple Output). Á súa vez, xorden tamén as posibles combinacións dun único input e máis dun output que dan lugar a sistemas SIMO, e de máis dun input e un único output, que xeran sistemas MISO. En xeral, traballarase co caso MIMO agás cando non sexa posible, nos que se especicará o uso de sistemas SISO. Observación 1.3 . Cabe notar que o estado x(t) vén dado pola ecuación diferencial ordinaria e matricial (1.1). Pode ocorrer nalgunha situación que o conxunto de EDOs que denen o estado inclúa algunha ecuación diferencial de segundo orde ou superior. Nese caso é posible reducir todas esas ecuacións a primeiro orde, coa única consecuencia de aumentar a dimensión do estado. En efecto, se a compoñente j do estado vén dada por por unha EDO de orde n, x(n) j(t) = f(xj(t), x(1) j(t), ... , x(n−1) j(t), t), basta considerar o cambio zi=x(i−1) j para i= 1,2, ... , n e obtense ˙z1(t) = z2(t) ˙z2(t) = z3(t) ... ... ... ... ... ˙zn(t) = f(z1(t), z2(t), ... , zn(t), t). Porén, como se considerarán sistemas MIMO, isto non supón ningún inconveniente. Por este mesmo motivo, a ecuación (1.1) considerarase unha ecuación diferencial ordinaria e matricial de primeiro orde sen perda de xeneralidade.
1.1. MODELO ESPAZO DE ESTADOS 3 O obxectivo agora é tratar de resolver a ecuación (1.1). Para iso débense considerar, en primeiro lugar, unhas condicións iniciais que permitan construír unha solución única do sistema e polo tanto caracterizar o estado x(t) . Sexan, logo, as condicións iniciais x(t0) = x0 onde x0∈Rn , considérase o seguinte problema de valor inicial para t≥t0 : ˙x(t) = A(t)x(t) + B(t)u(t) x(t0) = x0. Grazas á continuidade de A(t) e de B(t) , garántese a existencia e unicidade de solución, o que permite proceder coa resolución. Aplícase, pois, o coñecido método de variación de constantes . Comézase considerando a ecuación homoxénea asociada á ecuación (1.1), isto é, ˙x(t) = A(t)x(t), e considérase a matriz X(t)∈ Mn×n(R) como a matriz fundamental deste sistema homoxéneo. Por denición, trátase da matriz cuxas columnas forman unha base do espazo de solucións da EDO homoxénea, co cal verica que ˙ X(t) = A(t)X(t) e ademais as súas columnas son linealmente independentes, polo que se ten que det[X(t)] 6= 0,∀t . Polo tanto, dedúcese que a solución de ˙x(t) = A(t)x(t) para x(t0) = x0 é x(t) = X(t)X−1(t0)x0. Agora, débese calcular unha solución particular da ecuación completa (1.1). Para iso suponse A(t)=0 , co cal se obtén ˙x(t) = B(t)u(t) e integrando, x(t) = x0+Zt t0 B(τ)u(τ)dτ. Considérase o cambio de estado z(t) = X(t0)X−1(t)x(t) , o que implica que ˙z(t) = X(t0)X−1(t)B(t)u(t) e polo tanto, z(t) = z(t0) + Zt t0 X(t0)X−1(τ)B(τ)u(τ)dτ. Finalmente, desfacendo o cambio conclúese que x(t) = X(t)X−1(t0)x0+Zt t0 X(t)X−1(τ)B(τ)u(τ)dτ. (1.3) Todo este razoamento resúmese no seguinte teorema.
4 CAPÍTULO 1. SISTEMAS DINÁMICOS Teorema 1.4 (Fórmula de variación de constantes) . A solución da ecuación ˙x(t) = A(t)x(t) + B(t)u(t) pasando por x0 en t0 vén dada por x(t) = X(t)X−1(t0)x0+Zt t0 X(t)X−1(τ)B(τ)u(τ)dτ, onde X(t) é unha matriz fundamental para a ecuación homoxénea asociada, ˙x(t) = A(t)x(t) . Como se pode apreciar, a matriz fundamental X(t) resulta de vital importancia para a análise dos sistemas dinámicos lineais. É por iso que xorde a seguinte denición. Denición 1.5. Dada a matriz fundamental, X(t) , asociada á ecuación homoxénea ˙x(t) = A(t)x(t) , defínese a matriz φ(t, τ)∈ Mn×n(R) como φ(t, τ) := X(t)X−1(τ). Dita matriz denomínase matriz de transición de estados posto que permite calcular o paso do estado dende un instante τ ata outro instante t . Observación 1.6 . Nótese que, tal e como está denida, a matriz de transición verica que ∂ ∂tφ(t, τ) = A(t)φ(t, τ), pois tense que ∂ ∂tφ(t, τ) = ˙ X(t)X−1(τ) = A(t)X(t)X−1(τ) = A(t)φ(t, τ). Como se pode ver en [1], a matriz de transición pódese calcular como a suma dunha serie de matrices. Dita serie denomínase serie de Peano-Baker , cuxa expresión é a seguinte: φ(t, t0) = I+Zt t0 A(τ1)dτ1+Zt t0 A(τ1)Zτ1 t0 A(τ2)dτ2dτ1+... (1.4) A matriz de transición indica o paso do estado dende o instante t0 que proporcionan as condicións iniciais, ata o instante t que se desexe. Cabe destacar que, se A(t) é un escalar, é dicir unha matriz 1×1 , entón dita serie pódese sumar e obtense φ(t, t0) = exp Zt t0 A(τ)dτ. Menciónanse a continuación tres propiedades importantes da matriz de transición que serán de utilidade ao longo do traballo e cuxa demostración se pode ver en [1]. A primeira indica como calcular o determinante de tal matriz, o cal permite saber cando este é distinto de 0 , é dicir, se a matriz de transición é invertible.
1.1. MODELO ESPAZO DE ESTADOS 5 Teorema 1.7 (Abel-Jacobi-Liouville) . Sexa φ a matriz de transición de ˙x(t) = A(t)x(t) , entón tense que det φ(t, t0) = exp Zt t0 trA(τ)dτ e polo tanto, det φ(t, t0) é distinto de cero se Rt t0trA(τ)dτ é nita. Agora ben, nótese que Rt t0trA(τ)dτ será sempre nita grazas á hipótese de que A(t) é unha matriz continua. Así pois, a matriz de transición será sempre invertible. A seguinte propiedade amosa a regra de composición para as matrices de transición. Teorema 1.8. Se φ é unha matriz de transición, entón satisfai a seguinte ecuación: φ(t, t0) = φ(t, t1)φ(t1, t0). Así pois, a transición do estado do instante t0 ao instante t é igual á transición do estado primeiramente dende t0 ata outro instante t1 e logo dende tal instante ata o instante t . Finalmente, a terceira propiedade indica como se comporta a matriz de transición ante cambios de coordenadas. Porén, antes de que se introduza, débese considerar a notación φA para identicar a matriz de transición asociada á ecuación ˙x(t) = A(t)x(t) . Logo, tense o seguinte teorema. Teorema 1.9. Sexa φA a matriz de transición asociada a ˙x(t) = A(t)x(t) , considérase o cambio de coordenadas z(t) = P(t)x(t) . Se a matriz P é diferenciable e se P−1 existe, entón φA(t, t0) = P−1(t)φ[P AP −1+˙ P P −1](t, t0)P(t0). Unha vez caracterizado o estado x(t) e a matriz de transición que permite calculalo, o novo obxectivo agora é tratar de calcular a resposta completa, tamén coñecida como observación ou output, do modelo espazo de estados a un input u(t) para as condicións iniciais x(t0) = x0 . Para iso, reescríbese primeiramente a ecuación (1.3) en función da matriz de transición do seguinte xeito: x(t) = φ(t, t0)x0+Zt t0 φ(t, τ)B(τ)u(τ)dτ. Tendo en conta isto último xunto coa ecuación (1.2), dedúcese entón que y(t) = C(t)φ(t, t0)x0+Zt t0 C(t)φ(t, τ)B(τ)u(τ)dτ +D(t)u(t). (1.5) Esta ecuación amosa a relación existente entre o input e o output do modelo. Ademais, como se pode ver, o termo D(t)u(t) que se lle suma ao output na ecuación (1.2) ten o
6 CAPÍTULO 1. SISTEMAS DINÁMICOS mesmo efecto de adición na resposta completa do modelo espazo de estados. É por iso que se pode resolver o modelo sen perda de xeneralidade para o caso D(t)=0 . En caso de que sexa distinto de cero, basta con sumarllo ao output nal. Polo tanto, considerarase a partir de agora que D(t)=0 agás cando se especique. Así mesmo, obsérvase que a resposta nal obtida está caracterizada pola matriz que multiplica ao input dentro da integral, co cal dita matriz xoga un papel importante e defínese como segue. Denición 1.10. A matriz H(t, τ)∈ Mq×p(R) dada por H(t, τ) := C(t)φ(t, τ)B(τ) denomínase patrón de ponderacións ou resposta ao impulso do modelo espazo de estados e caracteriza a relación input-output deste sistema. Finalmente, como é posible supoñer D(t)=0 sen perda de xeneralidade, cabe notar que, posto que o patrón de ponderacións caracteriza totalmente o sistema, entón este está tamén denido polas tres matrices A(t), B(t) e C(t) , o que dá lugar á seguinte denición. Denición 1.11. Dise que unha matriz H(t, τ) dada é realizable como patrón de ponderacións dun sistema dinámico se existen matrices A(t), B(t), C(t) tales que H(t, τ) = C(t)φ(t, τ)B(τ), onde φ(t, t0) é a matriz de transición da ecuación homoxénea ˙x(t) = A(t)x(t) para x0 en t0 . Dise que a tripla (A(t), B(t), C(t)) é unha realización de H(t, τ) . Con isto, remátase a caracterización do modelo espazo de estados e da súa solución. O seguinte paso consiste en tratar un caso signicativo do modelo e que dará lugar a unha nova representación. 1.2. Caso constante e función de transferencia Un caso de especial importancia no estudo dos sistemas dinámicos lineais ten lugar cando as matrices que denen o sistema no modelo espazo de estados son matrices constantes, é dicir non dependen do tempo. Deste xeito, o modelo espazo de estados do sistema pasa a ser ˙x(t) = Ax(t) + Bu(t) (1.6) y(t) = Cx(t) + Du(t), (1.7)
1.2. CASO CONSTANTE E FUNCIÓN DE TRANSFERENCIA 7 onde as matrices A, B, C e D teñen a mesma dimensión que antes. Baixo estas condicións, a solución da ecuación que proporciona o estado varía con respecto ao caso xeral. Para comezar, a matriz fundamental asociada á ecuación homoxénea ˙x(t) = Ax(t) é neste caso etA . Así pois, a solución da ecuación (1.6) pasando por x0 no instante t0 vén dada por x(t) = e(t−t0)Ax0+Zt t0 e(t−τ)ABu(τ)dτ. (1.8) Seguindo a denición do caso xeral, dedúcese que a matriz de transición para o caso de coecientes constantes está dada de forma explícita por φ(t, τ) = eA(t−τ). Así mesmo, a serie (1.4) toma a seguinte forma se A é unha matriz constante: φ(t, t0) = I+A(t−t0) + A2(t−t0)2 2! +··· Do mesmo xeito, a resposta completa do modelo espazo de estados tamén cambia, de forma que, se se supón que a matriz D é distinta de cero, obtense y(t) = Ce(t−t0)Ax0+Zt t0 Ce(t−τ)ABu(τ)dτ +Du(t). Co cal, o patrón de ponderacións, tamén coñecido como resposta ao impulso, ten a seguinte expresión: H(t, τ) = Ce(t−τ)AB. Unha vez particularizados todos os conceptos ao caso constante, xorde unha nova caracterización da relación input-output que resulta de gran interese. Agora ben, para introducila é preciso empregar unha transformada integral, máis concretamente a transformada de Laplace. Así pois, en primeiro lugar denirase este operador e veranse algunhas propiedades que serán de utilidade tal e como se amosa en [6] e [7]. Denición 1.12. A transformada de Laplace é un operador que leva unha función de variable real, f(t) , tal que está denida ∀t > 0 , é continua a pedazos e |f(t)|< Kect ∀t para certas constantes K e c , nunha función de variable complexa, F(s) , da seguinte maneira: L[f(t)] := Z∞ 0 f(t)e−st dt =F(s). A función complexa que se obtén está denida en {z∈C: Re z > c} , sendo c a constante xa mencionada.
8 CAPÍTULO 1. SISTEMAS DINÁMICOS Agora, enúncianse algunhas propiedades importantes da transformada de Laplace. Proposición 1.13. Sexan a, b escalares e f(t), g(t) dúas funcións, entón tense que a transformada de Laplace verica: 1. Linearidade: L[af(t)±bg(t)] = aL[f(t)] ±bL[g(t)]. 2. Translación en tempo: L[f(t−a)] = e−asF(s). 3. Translación en s : L[e−atf(t)] = F(s+a). 4. Diferenciación: L[˙ f(t)] = sF(s)−f(0). Para o caso dunha derivada de orde n , tense que L[f(n)(t)] = snF(s)−sn−1f(0) −sn−2f(1)(0) − ··· − f(n−1)(t). 5. Integración: Se se supón que as condicións iniciais son cero, entón LZt 0 f(τ)dτ=F(s) s. 6. Valor inicial: l´ımt→0f(t) = l´ıms→∞ sF(s). 7. Valor nal: l´ımt→∞ f(t) = l´ıms→0sF(s). Agora procédese coa obtención da nova representación da relación input-output. Para iso, pártese da resposta ao impulso no caso constante e aplicando a transformada de Laplace, obtense o seguinte. Denición 1.14. Dada a resposta ao impulso, H(t, τ) , dunha realización constante (A, B, C) , a súa transformada de Laplace denomínase función de transferencia e trátase dunha matriz de funcións racionais estritamente propias, é dicir, cada elemento da matriz é unha función racional cuxo denominador ten grao maior que o do numerador. Ademais, dita función de transferencia está dada por: G(s) = C(Is −A)−1B. Véxase agora que a función de transferencia está ben denida. En primeiro lugar, considérase o modelo espazo de estados dado polas ecuacións (1.6) e (1.7), supoñendo que a matriz D é nula. Así pois, aplicando a transformada de Laplace á primeira ecuación, obtense, en virtude das propiedades 1 e 4 enunciadas na Proposición 1.13 que sˆx(s)−x(0) = Aˆx(s) + Bˆu(s),
1.2. CASO CONSTANTE E FUNCIÓN DE TRANSFERENCIA 9 sendo ˆx(s) e ˆu(s) as transformadas de Laplace de x(t) e u(t) respectivamente. A partir disto, dedúcese que ˆx(s) = (Is −A)−1Bˆu(s)+(Is −A)−1x(0). Aplicando isto á transformada de Laplace da segunda ecuación do modelo espazo de estados, obtense que ˆy(s) = C(Is −A)−1Bˆu(s) + C(Is −A)−1x(0), sendo, igual que antes, ˆy(s) a transformada de Laplace de y(t) . Agora ben, para poder observar a relación entre o input e o output transformados, suponse que as condicións iniciais son nulas. Polo tanto, chégase ao seguinte ˆy(s) ˆu(s)=C(Is −A)−1B=G(s). Así pois, a función de transferencia representa a relación entre o input e o output do sistema como se agardaba. Ademais, pódese comprobar que esta expresión é a transformada de Laplace do patrón de ponderacións. Para iso, supóñase de novo que as condicións iniciais son nulas e en virtude da linearidade da transformada de Laplace tense que L[H(t, 0)] = L[CetAB] = CL[etA]B. Aplicando a propia denición da transformada de Laplace no caso de matrices, calcúlase L[etA] como segue: L[etA] = Z∞ 0 etAe−Ist dt =Z∞ 0 e−(Is−A)tdt = = l´ım b→∞ Zb 0 e−(Is−A)tdt = l´ım b→∞ h−e−(Is−A)t(Is −A)−1ib 0= = l´ım b→∞ −e−(Is−A)b(Is −A)−1+ (Is −A)−1= (Is −A)−1. En conclusión, obtense que L[H(t, 0)] = C(Is −A)−1B=G(s) tal e como se establece na denición anterior. Por outra banda, tamén é certo que G(s) está formada por funcións racionais, pois xa se viu que é o cociente do output entre o input, ambos transformados. Así mesmo, posto que G(s) = C(Is −A)−1B , pódese observar que cando |s| tende a innito, o valor da función de transferencia tende a 0 , o que implica que o grao do denominador das funcións racionais que forman a función de transferencia ten que ser estritamente maior que o do numerador. Polo tanto, verifícase que estas funcións racionais son estritamente propias.
10 CAPÍTULO 1. SISTEMAS DINÁMICOS Observación 1.15 . No caso de que D6= 0 , tense que a función de transferencia vén dada por G(s) = C(Is −A)−1B+D. Co cal pódese comprobar que a matriz D segue a ter o mesmo efecto de adición. Por outra parte, se D non é nula, G(s) é racional propia mais non estritamente propia, xa que, nese caso, cando |s| tende a innito, o valor da función de transferencia tende á matriz constante D . Finalmente, grazas ás limitacións de que a matriz G(s) debe estar formada por funcións racionais e propias, pódese ver que calquera matriz que cumpra estes requirimentos vaise poder escribir como na denición anterior. Isto é o que se coñece como problema de realización e que será o obxecto de estudo a continuación. Agora ben, esta suposición, permite que a función de transferencia sexa unha matriz cuxos elementos tamén se poidan escribir como b1sm+b2sm−1+··· +bms+bm+1 sn+a1sn−1+a2sn−2+··· +an−1s+an , onde m≤n e os coecientes bi(i= 1, ... , m + 1) e aj(j= 1, ... , n) son constantes. Isto dá lugar a unha última representación dos sistemas dinámicos. Denición 1.16. Un sistema dinámico dise que está descrito por un modelo de ganancia cero-polo, se está descrito por unha matriz cuxos elementos son funcións racionais propias da forma K(s+z1)(s+z2)··· (s+zm) (s+p1)(s+p2)··· (s+pn), onde K é a ganancia do sistema, −zi(i= 1, ... , m) son os ceros e −pj(j= 1, ... , n) son os polos do sistema. Nótese que esta forma de representar un sistema dinámico é tan só a forma factorizada da función de transferencia. Así pois, os sistemas dinámicos quedan totalmente caracterizados tanto no caso xeral como no caso de matrices constantes. O próximo propósito é tratar de resolver o xa mencionado problema de realización así como analizar outras propiedades dos sistemas dinámicos.
Capítulo 2 Teoría de realización Este novo apartado céntrase, como xa se dixo, no problema de realización. A medida que se vaian resolvendo cuestións entorno a el, irán xurdindo novos conceptos como ben son as realizacións mínimas, a controlabilidade ou a observabilidade, que destacan pola súa gran utilidade. Para poder desenvolverse ao longo deste capítulo, son de especial interese [1], [5] e [7] xa que conteñen información importante para este proceso. 2.1. Problema de realización O problema de realización consiste en pasar dunha descrición da relación input-output como ben pode ser o patrón de ponderacións ou, no caso constante a función de transferencia, ao modelo espazo de estados. Como xa se viu, a operación inversa resólvese ao calcular a resposta nal do modelo espazo de estados, pois esta xa proporciona unha relación entre o input e o output caracterizada polo patrón de ponderacións. Porén, o problema de realización non é tan sinxelo, xa que non ten unha solución única. Proposición 2.1. Se H(t, τ) é un patrón de ponderacións realizable, entón este ten máis de unha realización. Demostración. Sexa H(t, τ) un patrón de ponderacións, por ser realizable tense que existen matrices A(t), B(t) e C(t) tales que, se φ(t, t0) é a matriz de transición de ˙x(t) = A(t)x(t) para x(t0) = x0 , entón H(t, τ) = C(t)φ(t, τ)B(τ). Búscase agora outra realización de H(t, τ) . Sexa P(t) unha matriz non singular e diferenciable, considérase o cambio de estado z(t) = P(t)x(t) . Entón, se o modelo espazo de 11
18 CAPÍTULO 2. TEORÍA DE REALIZACIÓN 1. W(t0, t1) é simétrica. 2. W(t0, t1) é semidenida positiva para t1≥t0 . 3. W(t0, t1) satisfai a ecuación diferencial matricial lineal para W(t1, t1)=0 , d dtW(t, t1) = A(t)W(t, t1) + W(t, t1)AT(t)−B(t)BT(t). 2.1.2. Observabilidade A teoría de observación ten como obxectivo coñecer a causa ou causas que producen un certo output que se observa durante un intervalo de tempo. Logo, trátase de determinar se existe un estado, e en caso de existir, determinar se é o único, que xere o output coñecido nun intervalo de tempo concreto. Dado, entón, o modelo espazo de estados ˙x(t) = A(t)x(t) + B(t)u(t) y(t) = C(t)x(t), para as condicións iniciais x(t0) = x0 con t∈[t0, t1] , xa se demostrou que o output do sistema está dado por y(t) = C(t)φ(t, t0)x0+Zt t0 C(t)φ(t, τ)B(τ)u(τ)dτ. Agora ben, cabe notar que non hai diferenza entre identicar o estado x(t) e a condición inicial x0 , pois a condición inicial é a que permite integrar e resolver a ecuación (1.1) con unicidade de solución e obter o estado. Así, se x0 é único, entón x(t) tamén é único. Polo tanto e como se pode observar na expresión do output, se y(t) é coñecido en [t0, t1] , determinar se existe un único estado x(t) que o proporciona é o mesmo que determinar se existe un único estado inicial x0 que permite calcular tal output. Por outra banda, na expresión do output tamén se pode apreciar que a cantidade Zt t0 C(t)φ(t, τ)B(τ)u(τ)dτ é coñecida e só depende do input, co cal, non interre no cálculo do estado inicial e pódese supoñer u(t) = 0 . En consecuencia, á hora de analizar a observabilidade dun sistema dinámico lineal, é suciente con considerar o sistema homoxéneo asociado ˙x(t) = A(t)x(t) y(t) = C(t)x(t).
2.1. PROBLEMA DE REALIZACIÓN 19 En resumo, a teoría de observación intenta, unha vez coñecida a función y(t) e supoñendo un input u(t) nulo, determinar se existe, e se é único, o estado inicial x0 que a produce. Con este obxectivo en mente, faise a seguinte denición. Denición 2.13. Un sistema dinámico lineal en forma espazo de estados dise que é completamente observable no intervalo [t0, t1] se e só se é posible determinar de forma única a condición inicial x(t0) = x0 unha vez coñecido o output y(t) en [t0, t1] e supoñendo que u(t)=0 no mesmo intervalo. Para saber cando un sistema é observable, nótese que, partindo dun modelo espazo de estados con input nulo e output coñecido, o estado inicial x0 está dado pola expresión y(t) = C(t)φ(t, t0)x0, t ∈[t0, t1]. Logo, determinar o estado inicial de forma única é equivalente á inxectividade da aplicación lineal L:Rn−→ Cq[t0, t1] x0 L(x0)(t) = C(t)φ(t, t0)x0=F(t)x0 onde F(t) é unha matriz de funcións continuas respecto da variable t . Analogamente ao caso da controlabilidade, para xar un criterio de observabilidade é preciso un resultado que caracterice, neste caso, o núcleo dunha aplicación lineal como a anterior. Por ese motivo, enúnciase o seguinte lema cuxa demostración se poder ver en [1]. Lema 2.14. Sexa F(t) unha matriz de dimensión q×n cuxos elementos son funcións continuas en t∈[t0, t1] . Entón o núcleo da aplicación L(x)(t) = F(t)x coincide co núcleo de M(t0, t1) = Zt1 t0 FT(τ)F(τ)dτ. De novo, xorde unha nova matriz que neste caso é M(t0, t1) , e cuxo rol na análise da observabilidade será crucial. Denición 2.15. A matriz dada por M(t0, t1) := Zt1 t0 FT(τ)F(τ)dτ =Zt1 t0 φT(τ, t0)CT(τ)C(τ)φ(τ, t0)dτ denomínase Gramiano de observabilidade e serve para establecer un criterio de observabilidade dos sistemas dinámicos lineais. Así pois, estase en disposición de establecer un criterio de observabilidade dun sistema dinámico lineal e faise no seguinte teorema.
20 CAPÍTULO 2. TEORÍA DE REALIZACIÓN Teorema 2.16. Dado o sistema homoxéneo ˙x(t) = A(t)x(t) y(t) = C(t)x(t), onde A(t), C(t) e y(t) son coñecidos en t∈[t0, t1] , é posible determinar o estado inicial x(t0) = x0 agás pola suma dun vector que se atopa no núcleo do Gramiano de controlabilidade M(t0, t1) . En particular, é posible determinar x0 de forma única se M(t0, t1) é non singular. Ademais, coñecendo y(t) , é imposible diferenciar un estado inicial x1 de outro estado inicial x2 se x1−x2 está no núcleo de M(t0, t1) . Demostración. A partir do sistema homoxéneo dado, xa se viu que se obtén que y(t) = C(t)φ(t, t0)x0. Multiplicando por φT(t, t0)CT(t) e logo integrando no intervalo t∈[t0, t1] , dedúcese que Zt1 t0 φT(t, t0)CT(t)y(t)dt =Zt1 t0 φT(t, t0)CT(t)C(t)φ(t, t0)x0dt =M(t0, t1)x0. Agora ben, por hipótese, a expresión da esquerda é coñecida, polo tanto, é posible calcular x0 salvo pola suma dun vector constante que se atopa no núcleo de M(t0, t1) . Por outra banda, se M(t0, t1) é non singular, a súa inversa existe e entón x0 pódese calcular de maneira única como x0=M−1(t0, t1)Zt1 t0 φT(t, t0)CT(t)y(t)dt. Finalmente, supóñase que x1−x2 se atopa no núcleo de M(t0, t1) e sexan y1 e y2 as respostas correspondentes a cada estado inicial. Dedúcese que Zt1 t0 ||y1(t)−y2(t)||2dt =Zt1 t0 ||C(t)φ(t, t0)x1−C(t)φ(t, t0)x2||2dt = = (x1−x2)TZt1 t0 φT(t, t0)CT(t)C(t)φ(t, t0)dt (x1−x2) = = (x1−x2)TM(t0, t1)(x1−x2) = 0. Co cal, conclúese a demostración. Así pois, obtívose un criterio que permite comprobar a observabilidade dun sistema dinámico lineal. Así mesmo, cabe destacar que dito criterio só depende de A(t) e C(t) , posto que ao supoñer un input nulo, B(t) non intervén na análise da observabilidade. Por último, conclúese este apartado con algunhas propiedades do Gramiano de observabilidade que resultan de gran interese.
2.1. PROBLEMA DE REALIZACIÓN 21 Proposición 2.17. Sexa M(t0, t1) o Gramiano de observabilidade asociado á realización (A(t), B(t), C(t)) , tense que verica: 1. M(t0, t1) é simétrica. 2. M(t0, t1) é semidenida positiva para t1≥t0 . 3. M(t0, t1) satisfai a ecuación diferencial matricial lineal para M(t1, t1)=0 , d dtM(t, t1) = −AT(t)M(t, t1)−M(t, t1)A(t)−CT(t)C(t). 2.1.3. Minimalidade Retomando de novo o obxectivo de calcular a realización mínima asociada a un patrón de ponderacións, pódese apreciar agora a necesidade dos conceptos de controlabilidade e observabilidade. En efecto, pois o cálculo da realización que fai mínima a dimensión do vector de estados dependerá tanto do input como do output do sistema e, como xa se viu, na análise da controlabilidade interveñen só as matrices A(t) e B(t) , co cal unicamente se analiza a relación entre o estado e o input do sistema; mentres que na observabilidade só se empregan as matrices A(t) e C(t) , o que indica a relación entre o estado e o output. Así pois, ambos conceptos son, efectivamente, necesarios como se amosa no seguinte teorema. Cabe destacar ademais, que a demostración deste teorema proporciona un método para minimizar a dimensión do estado, é dicir, un método para calcular a realización mínima asociada a un patrón de ponderacións. Teorema 2.18. Sexa (A(t), B(t), C(t)) unha realización do patrón de ponderacións H(t, τ) = C(t)φ(t, τ)B(τ) , entón dita realización é mínima se e só se o Gramiano de controlabilidade W(t0, t1) = Zt1 t0 φ(t0, τ)B(τ)BT(τ)φT(t0, τ)dτ e o Gramiano de observabilidade M(t0, t1) = Zt1 t0 φT(τ, t0)CT(τ)C(τ)φ(τ, t0)dτ son denidos positivos para algún par (t0, t1) . Demostración. En primeiro lugar compróbase que é condición suciente. Para iso amósase que, se a realización non é mínima, entón W(t0, t1) e M(t0, t1) non poden ser ambas denidas positivas para ningún t0 nin t1 .
22 CAPÍTULO 2. TEORÍA DE REALIZACIÓN Supóñase logo que a realización (A(t), B(t), C(t)) non é mínima e que a súa dimensión é n . Sexa (F(t), G(t), E(t)) unha realización de H(t, τ) de dimensión menor, isto é, de dimensión v < n , tense polo Teorema 2.3 que o patrón de ponderacións é separable como H(t, τ) = ϕ(t)ψ(τ), onde ϕ(t) ten v columnas e ψ(τ) ten v las. Dedúcese agora que C(t)φ(t, τ)B(τ) = C(t)φ(t, t0)φ(t0, τ)B(τ) = H(t, τ) = ϕ(t)ψ(τ). Se se multiplica pola esquerda por φT(t, t0)CT(t) e pola dereita por BT(τ)φT(t0, τ) obtense que φT(t, t0)CT(t)C(t)φ(t, t0)φ(t0, τ)B(τ)BT(τ)φT(t0, τ) = =φT(t, t0)CT(t)ϕ(t)ψ(τ)BT(τ)φT(t0, τ). Agora ben, integrando esta igualdade sobre t∈[t0, t1] e τ∈[t0, t1] , obsérvase que á esquerda da igualdade chégase ao produto do Gramiano de observabilidade polo Gramiano de controlabilidade asociados á realización (A(t), B(t), C(t)) , é dicir, M(t0, t1)W(t0, t1) = Zt1 t0 φT(t, t0)CT(t)ϕ(t)dt Zt1 t0 ψ(τ)BT(τ)φT(t0, τ)dτ. Polo tanto, grazas á dimensión de ϕ(t) e de ψ(τ) , dedúcese que o lado dereito da anterior igualdade ten un rango menor ou igual que v . En consecuencia, non é posible que tanto M(t0, t1) como W(t0, t1) sexan denidas positivas para algún t0 e algún t1 , como se quería ver. Véxase agora que é condición necesaria. Considérense t0 e t1 xos. Agora, por ser H(t, τ) un patrón de ponderacións realizable tense que H(t, τ) = T(t)G(τ) e como se coñece a realización (A(t), B(t), C(t)) , xa se viu que é posible tomar T(t) = C(t)φ(t, t0) G(τ) = φ(t0, τ)B(τ). Segundo isto, verifícase que os Gramianos de controlabilidade e observabilidade son da forma W(t0, t1) = Zt1 t0 φ(t0, τ)B(τ)BT(τ)φT(t0, τ)dτ =Zt1 t0 G(τ)GT(τ)dτ M(t0, t1) = Zt1 t0 φT(t, t0)CT(t)C(t)φ(t, t0)dτ =Zt1 t0 TT(t)T(t)dt.
2.1. PROBLEMA DE REALIZACIÓN 23 A continuación, xa que as matrices M(t0, t1) e W(t0, t1) son simétricas e semidenidas positivas, tense, por un resultado de análise matricial coñecido como Teorema de congruencia, que existen matrices non singulares P , Q e matrices signatura S1 , S2 (matrices diagonais cuxa diagonal é a signatura da matriz, isto é, está formada por 1,−1 e 0 onde o número de entradas non nulas é igual ao rango da matriz) tales que S2 1=S1, S2 2=S2 de xeito que W(t0, t1) = PS1PT M(t0, t1) = QTS2Q. Pois ben, en virtude destas dúas últimas igualdades, tense para t, τ ∈[t0, t1] que PS1P−1G(τ) = G(τ) T(t)Q−1S2Q=T(t). En efecto, véxase por exemplo a igualdade para a matriz G(τ) : Zt1 t0 [PS1P−1G(τ)−G(τ)][PS1P−1G(τ)−G(τ)]Tdτ = =Zt1 t0 PS1P−1G(τ)GT(τ)PT−1S1PTdτ −Zt1 t0 PS1P−1G(τ)GT(τ)dτ− −Zt1 t0 G(τ)GT(τ)PT−1S1PTdτ +Zt1 t0 G(τ)GT(τ)dτ = =PS1P−1W(t0, t1)PT−1S1PT−PS1P−1W(t0, t1)−W(t0, t1)PT−1S1PT+W(t0, t1) = =PS1P−1PS1PTPT−1S1PT−PS1P−1PS1PT−PS1PTPT−1S1PT+PS1PT= =PS1PT−PS1PT−PS1PT+PS1PT= 0. Analogamente, verifícase para a matriz T(t) . Polo tanto, multiplicando ambas expresións dedúcese que o patrón de ponderacións pódese expresar como H(t, τ) = T(t)G(τ) = T(t)Q−1S2QPS1P−1G(τ). Botando man de novo da análise matricial, emprégase agora un corolario do coñecido como Teorema de equivalencia de matrices, resultado segundo o cal existen matrices N1, N2 tales que o número de columnas de N1 coincide co número de las de N2 así como co rango de S2QPS1 e que verican que S2QPS1=N1N2. Polo tanto, aplicando isto á expresión do patrón de ponderacións que xa se tiña, obtense H(t, τ) = T(t)Q−1S2QPS1P−1G(τ) = T(t)Q−1N1N2P−1G(τ).
24 CAPÍTULO 2. TEORÍA DE REALIZACIÓN De aquí dedúcese que o rango de S2QPS1 é igual ao número de las de G(τ) se e só se S1 e S2 son non singulares. Agora ben, recórdese que W(t0, t1) = PS1PT e M(t0, t1) = QTS2Q , polo tanto isto ocorre só e só se M(t0, t1) e W(t0, t1) son as dúas non singulares. Nótese agora que G(τ) = φ(t0, τ)B(τ) , co cal o número de las desta matriz é o mesmo que a dimensión do vector estado e, en consecuencia, que a dimensión da realización. Así mesmo, como W(t0, t1) e M(t0, t1) son semidenidas positivas e S1 e S2 son as súas matrices signatura, tense que as entradas na súa diagonal só poden estar formadas por 1 e 0 e como o número de entradas non nulas na diagonal da matriz signatura é igual ao rango da matriz asociada, conclúese que se S1 e S2 son non singulares, entón todas as súas entradas na diagonal están formadas por 1 e polo tanto os Gramianos de controlabilidade e observabilidade son denidos positivos. En resumo, só é posible realizar unha redución na dimensión da realización para t∈ [t0, t1], τ ∈[t0, t1] se W(t0, t1) e M(t0, t1) non son denidos positivos, pois nese caso S1 e S2 posuirían algún elemento nulo na diagonal e entón, a partires da expresión H(t, τ) = T(t)Q−1S2QPS1P−1G(τ) = C(t)φ(t, t0)Q−1S2QPS1P−1φ(t0, τ)B(τ), podería obterse unha realización de menor dimensión xa que as compoñentes nulas das matrices signatura amosarían aquelas compoñentes do vector estado que son redundantes ou innecesarias para o estudo do sistema. Finalmente, como t0 e t1 foron elixidos de xeito arbitrario, conclúese a demostración. A demostración da condición necesaria amosa, como xa se dixo, un método para reducir a dimensión dunha realización dada e que sexa non mínima a unha realización mínima. Dito proceso realízase nun só paso a partir da expresión do patrón de ponderacións en función da realización dada. O que se fai é descompoñer o Gramiano tanto de controlabilidade como de observabilidade segundo o Teorema de congruencia para obter H(t, τ) = C(t)φ(t, t0)Q−1S2QPS1P−1φ(t0, τ)B(τ). Así, as matrices signatura S1 e S2 asociadas a ambos Gramianos indican coas súas entradas nulas as compoñentes da realización que son redundantes ou innecesarias e que se poden eliminar para reducir a dimensión da mesma ata o mínimo. Neste intre, xa se resolveu o problema de realización e xa se obtivo un criterio para comprobar cando unha realización é mínima grazas aos conceptos de controlabilidade e observabilidade. Máis concretamente, para obter unha realización mínima, é preciso que esta sexa controlable e observable á vez. Agora, o obxectivo céntrase en repetir este proceso no caso constante, pois, como xa se amosou, existe outra representación da relación inputoutput, a función de transferencia, cuxo estudo tamén é de gran interese.
Capítulo 3 Teoría de realización para sistemas invariantes no tempo Unha vez resolto o problema de realización no caso xeral, xorde de maneira directa a cuestión de como se procede con tal problema se o sistema a considerar é invariante no tempo. Ademais, é de especial interese como se centra esta análise na xa citada función de transferencia, que representa a relación input-output. As ideas xerais entorno ás que se van realizar este desenvolvemento poden verse en [1], [7] e [5]. Recórdese que o problema de realización consiste en pasar dunha representación da relación input-output a un modelo espazo de estados. Pois ben, o obxectivo agora baséase en buscar un modelo espazo de estados que sexa invariante no tempo. En primeiro lugar, deducirase, se é posible, como se vai dende un patrón de ponderacións ata tal modelo e logo farase o propio para a función de transferencia. 3.1. Patrón de ponderacións estacionario O feito de poder traballar cun modelo invariante no tempo permite en moitos casos non só simplicar os cálculos senón tamén as ideas a tratar. Así pois, é importante saber cando un patrón de ponderacións dado posúe unha realización constante. O seguinte teorema amosa unha condición necesaria e suciente para resolver este asunto. Teorema 3.1. Dado un patrón de ponderacións H(t, τ) realizable, tense que posúe unha realización invariante no tempo da forma (A, B, C) se e só se é posible expresalo como H(t, τ) = T(t)G(τ) onde T(t) e G(τ) son diferenciables e ademais H(t, τ) = H(t−τ, 0). 25
26 CAPÍTULO 3. TEORÍA DE REALIZACIÓN PARA SISTEMAS INVARIANTES NO TEMPO Demostración. Véxase que é condición necesaria. Supóñase que, en efecto, H(t, τ) ten unha realización invariante no tempo (A, B, C) . Logo, é posible escribir o patrón de ponderacións como H(t, τ) = CeA(t−τ)B=CeAte−Aτ B. Polo tanto, tomando T(t) = CeAt e G(τ) = e−Aτ B , tense que ambas matrices son diferenciables, H(t, τ) = T(t)G(τ) e H(t, τ) = CeA(t−τ)B=CeA((t−τ)−0)B=H(t−τ, 0). Véxase agora a suciencia. Supóñase que H(t, τ) = T(t)G(τ) con T(t) e G(τ) diferenciables e que H(t, τ) = H(t−τ, 0) . Entón, en virtude da demostración do Teorema 2.18, por ser H(t, τ) realizable tense que W(t0, t1) = Zt1 t0 G(τ)GT(τ)d(τ) M(t0, t1) = Zt1 t0 TT(t)T(t)d(t), onde ambas matrices son denidas positivas para t0 e t1 adecuados. Por outra banda, posto que H(t, τ) = H(t−τ, 0) , dedúcese que d dtH(t, τ) = d dtH(t−τ, 0) = −d dτ H(t−τ, 0) = −d dτ H(t, τ). En consecuencia, tense que 0 = d dtH(t, τ) + d dτ H(t, τ) = d dt[T(t)G(τ)] + d dτ [T(t)G(τ)]. Segundo isto, multiplicando por GT(τ) pola dereita, chégase a d dtT(t)G(τ)GT(τ) + T(t)d dτ G(τ)GT(τ) = 0. Agora, integrando con respecto a τ entre t0 e t1 obtense que d dt[T(t)]W(t0, t1) + T(t)W1(t0, t1)=0 onde W1(t0, t1) = Zt1 t0d dτ G(τ)GT(τ)dτ. E resolvendo esta última ecuación diferencial, tense que T(t) = T(0)eAt con A=−W1(t0, t1)W−1(t0, t1) .
3.1. PATRÓN DE PONDERACIÓNS ESTACIONARIO 27 Agora ben, empregando de novo que H(t, τ) = H(t−τ, 0) xunto con H(t, τ) = T(t)G(τ) dedúcese o seguinte: T(t)G(τ) = T(t−τ)G(0). Polo tanto, en virtude de que T(t) = T(0)eAt , chégase a T(t)G(τ) = T(0)eA(t−τ)G(0). Así pois, conclúese que [A, G(0), H(0)] é unha realización de H(t, τ) e próbase así a su- ciencia. Deste xeito, tense visto cando un patrón de ponderacións posúe unha realización constante. Ditos patróns de ponderacións defínense da seguinte maneira. Denición 3.2. Un patrón de ponderacións ou resposta ao impulso, H(t, τ) , dise que é estacionario se posúe unha realización invariante no tempo. Así pois, xa se resolveu o problema de realización para un patrón de ponderacións dado no caso invariante no tempo. Parece lóxico agora, tratar de calcular a realización mínima constante asociada a unha dada. De novo, antes de poder facer isto, son precisos os conceptos de controlabilidade e observabilidade, pero esta vez no caso invariante no tempo. Comézase, pois, coa controlabilidade, cuxo obxectivo xa se sabe que é tratar de atopar un input, u(t) , que leve o estado dende un instante inicial t0 ata outro instante desexado t1 . Para acadar esta idea, é preciso calcular ou coñecer o rango do Gramiano de controlabilidade tal e como se di no Teorema 2.9. Porén, para un sistema constante, o rango de W(t0, t1) pódese obter dun xeito lixeiramente distinto ao xeral. En concreto, tense a seguinte condición de controlabilidade. Teorema 3.3. Dadas dúas matrices constantes A∈ Mn×n(R) e B∈ Mn×p(R) , tense que o rango e o núcleo do Gramiano de controlabilidade, W(t0, t) con t>t0 , coincide co rango e co núcleo da matriz n×n WT= [B, AB, ... , An−1B][B, AB, ... , An−1B]T. Así mesmo, para calquera vector x0 e calquera instante t>t0 verifícase que Rank[W(t0, t), x0] = Rank[(B, AB, ... , An−1B), x0]. Demostración. Comézase probando que o núcleo de W(t0, t) , con t>t0 , é igual ao núcleo de WT . En concreto, véxase que o núcleo de W(t0, t) está contido no de WT .
34 CAPÍTULO 3. TEORÍA DE REALIZACIÓN PARA SISTEMAS INVARIANTES NO TEMPO onde p(s) = sr+pr−1sr−1+··· +p1s+p0 . Así mesmo, defínese a matriz B como B= 0m 0m . . . 0m Im e a matriz C como C= (G0, G1, ... , Gr−2, Gr−1). Semella lóxico entón tratar de probar que G(s) = C(Is −A)−1B . Nótese en primeiro lugar que a solución da ecuación (Is −A)ˆ X=B é a matriz ˆ X= (Is −A)−1B . Agora ben, esta ecuación é equivalente a sˆ X−Aˆ X=B. Logo, se se realiza unha partición desta matriz solución, ˆ X , de acordo coa denición que se xo de A , e se substitúen tanto a matriz A como a matriz B , obtense que sˆ X1 sˆ X2 . . . sˆ Xr−1 sˆ Xr − 0mIm0m··· 0m 0m0mIm··· 0m ··· ··· ··· ··· ··· 0m0m0m··· Im −p0Im−p1Im−p2Im··· −pr−1Im · ˆ X1 ˆ X2 . . . ˆ Xr−1 ˆ Xr = 0m 0m . . . 0m Im . Dedúcese, pois, que para i= 1,2, ... , r −1 verifícase que sˆ Xi=ˆ Xi+1. Aplicando isto á última ecuación que involucra a sˆ Xr , chégase ao seguinte (sr+pr−1sr−1+··· +p1s+p0)ˆ X1=Im. Polo tanto, tense que p(s)ˆ X1=Im . Posto que C(Is −A)−1B=Cˆ X , empregando tanto a denición de C como o feito de que sˆ Xi=ˆ Xi+1 e p(s)ˆ X1=Im , conclúese que C(Is −A)−1B=Cˆ X= (G0, G1, ... , Gr−2, Gr−1)· ˆ X1 ˆ X2 . . . ˆ Xr−1 ˆ Xr = =1 p(s)(G0+G1s+··· +Gr−1sr−1) = G(s).
3.2. FUNCIÓN DE TRANSFERENCIA 35 Con isto remátase a demostración. A realización de G(s) que se deniu na anterior demostración resulta de gran interese e denomínase realización controlable estándar. Ademais, este nome débese a que se satisfai o criterio de controlabilidade que proporciona a Denición 3.4. En efecto, pois a matriz (B, AB, ... , Ar−1B) = 0m0m··· 0mIm 0m0m··· Im∼ ··· ··· ··· ··· ··· 0mIm··· ∼ ∼ Im∼ ··· ∼ ∼ , onde ∼ denota entradas non triviais que habería que calcular pero que son distintas de cero, ten rango rm . A continuación, realízase outra demostración alternativa deste teorema que tamén dá lugar a unha realización especial. Demostración 2. Sexan, de novo, p(s) o mínimo común múltiplo mónico dos polinomios que forman os denominadores dos elementos de G(s) e r o seu grao. Emprégase agora o que se coñece como serie de Laurent centrada en s=∞ , cuxa denición se amosa máis adiante na Denición 3.10. Así pois, aplicando esta expansión á función de transferencia, obtense G(s) = L0s−1+L1s−2+L2s−3+··· onde L0, L1, L2, ... denotan os coecientes da serie. Igual que antes, denótanse por 0q e Iq ás matrices de ceros e identidade respectivamente cuxa dimensión é q×q . Defínese entón a matriz A∈ Mrq×rq como A= 0qIq0q··· 0q 0q0qIq··· 0q ··· ··· ··· ··· ··· 0q0q0q··· Iq −p0Iq−p1Iq−p2Iq··· −pr−1Iq así como a matriz B , B= L0 L1 . . . Lr−2 Lr−1 ,
36 CAPÍTULO 3. TEORÍA DE REALIZACIÓN PARA SISTEMAS INVARIANTES NO TEMPO e a matriz C , C= (Iq,0q, ... , 0q,0q). Trátase agora que comprobar que G(s) = C(Is −A)−1B . Para iso, nótese que a serie de Laurent de C(Is −A)−1B centrada en 0 está dada por C(Is −A)−1B=CBs−1+CABs−2+CA2Bs−3+··· Pois ben, débese comprobar que os coecientes desta expansión coinciden cos coecientes da expansión de G(s) . En primeiro lugar, aplicando as denicións das matrices C e A , tense que C= (Iq,0q, ... , 0q,0q) CA = (0q, Iq, ... , 0q,0q) ··· ··· ··· ··· ··· ··· ··· ··· ··· ··· CAr−1= (0q,0q, ... , 0q, Iq). Polo tanto, se tamén se ten en conta a denición de B , a expansión de C(Is −A)−1B resulta ser C(Is −A)−1B=L0s−1+L1s−2+L2s−3+··· +Lr−1s−r+··· Así pois, xa se ten a coincidencia nos primeiros r termos de ambas series. Véxase agora que ocorre co termo r+ 1 . Por un lado, posto que p(s)G(s) é unha matriz de polinomios, o coeciente asociado a s−1 debe anularse se multiplicamos a expansión de G(s) por p(s) . É dicir, na expansión p(s)G(s) = (sr+pr−1sr−1+··· +p1s+p0)(L0s−1+L1s−2+L2s−3+··· ), o coeciente asociado a s−1 debe ser 0 , logo p0L0+p1L1+··· +pr−1Lr−1+Lr= 0. Por outra banda, obsérvese que det(Is −A) = det sIr−A00r··· 0r0r 0rsIr−A0··· 0r0r ··· ··· ··· ··· ··· 0r0r··· sIr−A00r 0r0r··· 0rsIr−A0
3.2. FUNCIÓN DE TRANSFERENCIA 37 onde A0= 010··· 0 001··· 0 ··· ··· ··· ··· ··· −p0−p1−p2··· −pr−1 . Polo tanto, p(s) é o polinomio mínimo da matriz A , é dicir, que p(s) é o polinomio de grao mínimo tal que p(A)=0 . Multiplicando isto polas matrices C e B , tense que Cp(A)B=p0CB +p1CAB +··· +pr−1CAr−1B+CArB= 0. En conclusión, como xa se viu que Li=CAiB para i= 0,1, ... , r −1 , dedúcese que Lr=CArB e entón tamén coincide o termo r+ 1 das expansións de G(s) e de C(Is −A)−1B . Repetindo este proceso, agora tendo en conta que o coeciente de s−2 debe ser 0 , chégase a que Lr+1 =CAr+1B . Así pois, se se continúa repetindo este razoamento, obtense que CAiB=Li para todo enteiro non negativo. Co cal, tense probada a igualdade G(s) = C(Is −A)−1B e remátase a demostración. Neste caso, a realización de G(s) que se deniu denomínase realización observable estándar. Este nome débese a que se satisfai o criterio de observabilidade que proporciona a Denición 3.6. Así é, pois a matriz (C;CA;... ;CAr−1) = Iq0q··· 0q0q 0qIq··· 0q0q ··· ··· ··· ··· ··· 0q0q··· Iq0q 0q0q··· 0qIq ten rango rq . Neste intre,tense visto que calquera matriz formada por funcións racionais e propias pode ser considerada unha función de transferencia ademais de coñecer xa dúas realizacións asociadas de interese como son a realización controlable estándar e a realización observable estándar. Porén, en xeral, ningunha destas dúas é unha realización mínima, pois para que isto ocorra é preciso que se den a controlabilidade e a observabilidade ao mesmo tempo, como xa se dixo. Así pois, dada unha función de transferencia, para obter unha realización mínima e constante débese empregar o coñecido como Algoritmo de Ho-Kalman. Agora ben, antes de explicar este algoritmo é preciso introducir algúns conceptos previos que serán necesarios. Nótese que ao ser a función de transferencia a transformada de Laplace do patrón de ponderacións, trátase dunha matriz de funcións de variable complexa. Así, en primeiro
38 CAPÍTULO 3. TEORÍA DE REALIZACIÓN PARA SISTEMAS INVARIANTES NO TEMPO lugar, cabe falar da serie de Laurent dunha función complexa, a cal xa se empregou na segunda demostración do Teorema 3.9 e cuxa denición tamén se pode ver en [3]. Denición 3.10. Sexa f unha función de variable complexa e analítica nunha coroa circular de radio interior ri , radio exterior Re e centrada nun punto z0 . A serie de Laurent de f centrada en z0 defínese como f(s) = ∞ X n=−∞ an(s−z0)n para os puntos s que se atopan na coroa circular e onde os coecientes an están dados por an=1 2πi Zγ f(ζ) (ζ−z0)n+1 dζ sempre que o camiño sobre o que se integra, γ , se atope dentro da coroa circular. Porén, nalgúns casos non é preciso calcular os coecientes da serie de Laurent dese xeito, senón que existen métodos máis sinxelos. Neste caso, xa se viu que a función de transferencia será unha matriz de funcións racionais e propias, polo tanto, os seus elementos serán da forma b1sm+b2sm−1+··· +bms+bm+1 sn+a1sn−1+a2sn−2+··· +an−1s+an , onde m≤n e os coecientes bi(i= 1, ... , m + 1) e aj(j= 1, ... , n) son constantes. Así pois, e expansión en serie de Laurent da función de transferencia centrada en s=∞ ten a seguinte expresión G(s) = ∞ X i=1 Li−1s−i. Os coecientes Li denomínanse parámetros de Markov, como se pode ver en [7], e pódense calcular de xeito que, como G(s) = C(Is −A)−1B , obtense para i= 0,1,2, ... que Li=CAiB. Ditos parámetros resultan de gran importancia, xa que con eles formarase un tipo especial de matrices, as matrices de Hankel, cuxa denición é a seguinte. Denición 3.11. Unha matriz de Hankel é unha matriz da forma H= a0a1a2a3··· a1a2a3a4··· a2a3a4a5··· a3a4a5a6··· . . .. . .. . .. . .... , é dicir, unha matriz cuxas entradas dependen unicamente da suma das súas coordenadas, máis concretamente, a entrada (j, k) depende só de j+k .
3.2. FUNCIÓN DE TRANSFERENCIA 39 Así pois, tendo en conta que cada parámetro de Markov é unha matriz, constrúese con eles unha matriz de Hankel por bloques do seguinte xeito: H= L0L1L2L3··· L1L2L3L4··· L2L3L4L5··· L3L4L5L6··· . . .. . .. . .. . .... . (3.1) Cabe destacar que, se Hi,j denota a matriz de Hankel de i las e j columnas, isto é, a matriz de Hankel xerada polos primeiros i parámetros de Markov en las e os primeiros j parámetros de Markov en columnas, entón esta cumpre o seguinte Hi,j = (C;CA;... ;CAi)(B, AB, ... , AjB). Así é, pois basta substituír a expresión de cada parámetro de Markov na denición de Hi,j para ver a igualdade. En concreto, cúmprese que Hn−1,n−1 é igual ao produto do Gramiano de observabilidade polo Gramiano de controlabilidade. Agora ben, o que se obtén é unha matriz de Hankel innita, pois os coecientes da serie de Laurent son innitos. Porén, é posible considerar unha submatriz de xeito que ao engadirlle unha nova la ou columna, o seu rango non aumente, é dicir, a partires dun certo índice (i, j) dado, cumprirase que o rango de Hi,j é igual ao rango de Hi+k,j+l para k, l = 1,2,3... Así pois, será posible considerar unha matriz de Hankel nita, e isto só ocorrerá se e só se a función de transferencia é racional. En efecto, así o amosa Teorema de Kronecker que se pode ver en [4] xunto coa súa demostración e que di o seguinte. Teorema 3.12. Sexa unha función f(s) e o seu desenvolvemento en serie de Laurent f(s) = Pj≥0ajsj . Entón a matriz de Hankel xerada polos coecientes aj é nita se e só se f(s) é unha función racional. Logo, levando isto ao caso de estudo, a matriz de Hankel dada en (3.1) poderá restrinxirse a unha submatriz nita, pois un dos requisitos da función de transferencia é que sexa racional. Con todo, falta por indicar a dimensión desa submatriz e, por conseguinte, o rango desta. Dito rango está estreitamente relacionado coa realización mínima que se está a procurar. Amósase, en primeiro lugar, esta relación no seguinte resultado, que se pode ver en [5] e que ao mesmo tempo ilustra o xa mencionado Algoritmo de Ho-Kalman na súa demostración. Teorema 3.13. Sexan G(s) unha función de transferencia realizable e Hi,j a matriz de Hankel de dimensión i×j que se obtén cos parámetros de Markov da serie de Laurent
40 CAPÍTULO 3. TEORÍA DE REALIZACIÓN PARA SISTEMAS INVARIANTES NO TEMPO de G(s) . Entón tense que existen α e β números enteiros tales que o rango de Hβ,α é igual ao rango de Hβ+1,α+j para j= 1,2, ... Ademais, este rango coincide coa dimensión da realización mínima asociada á función de transferencia e, nese caso, Hβ,α trátase do produto do Gramiano de observabilidade polo Gramiano de controlabilidade. Demostración. En primeiro lugar, posto que G(s) é unha función de transferencia realizable, tense que é unha matriz formada por funcións racionais estritamente propias. Polo tanto, en virtude do Teorema 3.12, a matriz de Hankel formada polos parámetros de Markov da serie de Laurent de G(s) , pode considerarse nita. Isto é, pode restrinxirse a matriz de Hankel á primeira matriz Hi,j tal que o seu rango é igual ao de Hi+k,j+l para k, l = 1,2, ... En particular, é posible restrinxirse á matriz de Hankel Hi,j tal que o seu rango é igual ao de Hi+1,j+l para l= 1,2, ... Sexa entón Hβ,α tal matriz e supóñase que o seu rango é n . Tense así probado primeira armación do teorema. Para probar as restantes armacións, constrúese de xeito explícito unha realización mínima de G(s) . Sexa, logo, γi,j o elemento (i, j) da matriz de Hankel, tense, por como se dene a propia matriz, que verica que γi+q,j =γi,j+p para todo i, j = 1,2, ... onde, recórdese que, p e q son a dimensión do input u(t) e do output y(t) respectivamente. Por outra banda, segundo como se elixiu Hβ,α , dedúcese que Rank[Hβ+i,α+j] = n, ∀i, j = 1,2,3... (3.2) Sexa entón Gα a submatriz formada polas primeiras n las de Hβ,α que son linealmente independentes. Sexa ademais G∗ α a submatriz de Hβ+1,α que se atopa q las por debaixo de Gα , é dicir, que se a i -ésima la de Gα é a j -ésima la de Hβ+1,α , entón a i -ésima la de G∗ α trátase da (j+q) -ésima la de Hβ+1,α . Baixo estas dúas novas matrices que se escollen, defínense de forma única as seguintes catro submatrices de Hβ+1,α : F : Matriz non singular de dimensión n×n formada polas primeiras n columnas de Gα que sexan linealmente independentes. F∗ : Matriz de dimensión n×n que ocupa exactamente as mesmas columnas en G∗ α que as que ocupa F en Gα . F1 : Matriz de dimensión q×n que ocupa as mesmas columnas en H1,α que as que ocupa F en Gα . F2 : Matriz de dimensión n×p que ocupa as primeiras p columnas de Gα .
3.2. FUNCIÓN DE TRANSFERENCIA 41 Considérase logo A=F∗F−1 e en virtude de (3.2) dedúcese, para j= 1,2, ... , que G∗ j=AGj, onde Gj e G∗ j representan a extensión ou restrición de Gα e G∗ α a Hβ+1,j respectivamente. Así mesmo, tamén se verica que Gj+1 = (F2, G∗ j). En efecto, pois na matriz de Hankel Hi,j , a submatriz que se atopa p columnas á dereita dunha dada coincide coa submatriz que se atopa q las por debaixo desa dada. Polo tanto, combinando as dúas últimas igualdades tense que Gj+1 = (F2, AF2, AG∗ j−1). Se se repite isto último j−1 veces e se dene B=F2 , obtense que Gj= (B, AB, ... , Aj−1B). Por outra banda, defínese C=F1F−1 . Ademais, en virtude, de novo, da ecuación (3.2), tense que Gj ten o mesmo rango por las que Hβ, j para j≥α , polo que se cumpre que H1,j =CGj= (CB, CAB, ... , CAj−1B). Agora ben, tense denido H1,j = (L0, L1, ... , Lj−1) . Polo tanto, non só se verica que Li=CAiB para i= 0,1, ... , senón que tamén se obtén unha realización denida a partir de submatrices de Hβ+1,α e que é a seguinte (F∗F−1, F2, F1F−1). Esta realización é dimensión n , co cal coincide co rango de Hβ,α e ademais é mínima, pois, tal e como está denida é controlable e observable. En efecto, xa que tanto o Gramiano de controlabilidade como o Gramiano de observabilidade son de rango n . Finalmente, tamén se verica que Hβ,α é igual ao produto de ambos Gramianos. Polo tanto, conclúese o teorema. Tense visto así a relación entre o rango da matriz de Hankel nita e a realización mínima asociada á función de transferencia coa que se traballa. Porén, para poder explicar o Algoritmo de Ho-Kalman de xeito completo, falta denir explicitamente a dimensión que debe acadar tal matriz de Hankel. Pois ben, isto pódese ver no seguinte teorema, cuxa demostración aparece en [1].
42 CAPÍTULO 3. TEORÍA DE REALIZACIÓN PARA SISTEMAS INVARIANTES NO TEMPO Teorema 3.14. Sexa G(s) unha función de transferencia realizable, á hora de calcular unha realización mínima asociada, é suciente considerar a matriz de Hankel Hr−1,r−1 que se obtén a partir dos parámetros de Markov de G(s) , sendo r o grao de p(s) , o mínimo común múltiplo mónico dos polinomios que forman os denominadores dos elementos da función de transferencia. En denitiva, o Algoritmo de Ho-Kalman, que é aquel que permite obter unha realización mínima e constante asociada a unha función de transferencia, segue os seguintes pasos: En primeiro lugar é preciso calcular a expansión en serie de Laurent da función de transferencia, cuxos coecientes son os coñecidos como parámetros de Markov. A continuación, constrúese unha matriz de Hankel cos primeiros r−1 parámetros, sendo r o grao do mínimo común múltiplo mónico dos polinomios que forman os denominadores dos elementos da función de transferencia. Unha vez obtida a matriz de Hankel, que é igual ao produto do Gramiano de observabilidade polo Gramiano de controlabilidade, basta con tomar as matrices F, F∗, F1 e F2 como se denen na demostración do Teorema 3.13 e xa é posible obter a realización mínima (F∗F−1, F2, F1F−1) . Agora ben, ademais desta última manipulación que se fai da matriz de Hankel nita, existen outras formas de empregar tal matriz que dan lugar a diferentes versións do Algoritmo de Ho-Kalman para obter unha realización mínima . Por ese motivo, xorde a descomposición de rango completo, que se dene como segue. Denición 3.15. Dada unha matriz M∈ Mq×p(C) de rango n , dirase que M posúe unha descomposición de rango completo se existen matrices Y∈ Mq×n(C) e Z∈ Mn×p(C) de rango n tales que M=Y Z. Observación 3.16 . Cúmprese que toda matriz M∈ Mq×p(C) con rango non nulo posúe innitas descomposicións de rango completo. Ademais, se M=Y Z =ˆ Yˆ Z son dúas destas descomposicións, entón existe unha matriz P∈ Mn×n(C) tal que Y=ˆ Y P Z=P−1ˆ Z. Así pois, dedúcese que é posible obter a descomposición de rango completo da matriz de Hankel nita que se debe manipular, pois non ten rango nulo. Ademais, esta factorización permite obter unha realización mínima da función de transferencia orixinal como amosa o seguinte resultado. Teorema 3.17. Sexa G(s) unha función de transferencia realizable e Hr−1,r−1 a matriz de Hankel nita que se debe considerar para aplicar o Algoritmo de Ho-Kalman. Se Hr−1,r−1
3.2. FUNCIÓN DE TRANSFERENCIA 43 posúe a descomposición de rango completo Hr−1,r−1=Y Z con Y∈ Mrq×n(C) e Z∈ Mn×rp(C) , entón existen matrices A∈ Mn×n , B∈ Mn×p e C(t)∈ Mq×n tales que Y= (C;CA;... ;CAr−1) Z= (B, AB, ... , Ar−1B). En consecuencia, (A, B, C) é unha realización mínima de G(s) . Demostración. En primeiro lugar, tense que G(s) posúe realizacións mínimas, pois é unha función de transferencia realizable e tense visto xa, alo menos un método para obter unha realización mínima en tal caso. Supóñase que (ˆ A, ˆ B, ˆ C) é unha desas realizacións mínimas. Entón, posto que Hr−1,r−1 é igual ao produto do Gramiano de observabilidade polo Gramiano de controlabilidade, tense que Hr−1,r−1= ( ˆ C;ˆ Cˆ A;... ;ˆ Cˆ Ar−1)( ˆ B, ˆ Aˆ B, ... , ˆ Ar−1ˆ B). Se se denen ˆ Y= ( ˆ C;ˆ Cˆ A;... ;ˆ Cˆ Ar−1) e ˆ Z= ( ˆ B, ˆ Aˆ B, ... , ˆ Ar−1ˆ B) , tense unha descomposición de rango completo da matriz de Hankel da forma Hr−1,r−1=ˆ Yˆ Z . Agora ben, en virtude da observación anterior, posto que se ten a descomposición Hr−1,r−1=Y Z , existe unha matriz invertible P∈ Mn×n(C) tal que Y=ˆ Y P e Z=P−1ˆ Z . Logo, considerando A=P−1ˆ AP B=P−1ˆ B C=ˆ CP, tense que Y=ˆ Y P = ( ˆ C;ˆ Cˆ A;... ;ˆ Cˆ Ar−1)P= (C;CA;... ;CAr−1) Z=P−1ˆ Z=P−1(ˆ B, ˆ Aˆ B, ... , ˆ Ar−1ˆ B)=(B, AB, ... , Ar−1B). Así pois, tense probado a existencia das matrices A, B e C e ademais cúmprese que Hr−1,r−1= (C;CA;... ;CAr−1)(B, AB, ... , Ar−1B), polo tanto, (A, B, C) é unha realización mínima da función de transferencia G(s) .
50 CAPÍTULO 4. ESTABILIDADE A traxectoria que segue G(jω) denomínase gráca de Nyquist. Con esta representación gráca xa se está en disposición de enunciar o criterio de Nyquist tal e como se amosa en [7]. Teorema 4.9. Un sistema de lazo pechado, cuxo sistema de lazo aberto asociado está representado pola función de transferencia G(s) , será estable se a gráca de Nyquist de G(s) rodea en sentido antihorario ao punto (−1, j0) tantas veces como polos teña na metade dereita do plano complexo. É de destacar a gran utilidade deste último teorema debido á importancia que teñen os inputs con retroalimentación na práctica. Con isto, téñense visto diferentes tipos de estabilidade para o modelo espazo de estados e para a función de transferencia, así como un xeito de analizar a estabilidade para o caso da retroalimentación. Antes de introducir algúns exemplos nos que se apliquen as ideas vistas ao longo do traballo, preséntanse os sistemas dinámicos discretos, para os que se poderán ver as semellanzas e diferenzas cos sistemas continuos que se acaban de analizar.
Capítulo 5 Sistemas dinámicos discretos Entre os moitos motivos polos que os sistemas discretos son importantes cabe destacar o feito de que, aínda que os procesos que se desexan estudar son continuos en tempo, moitas veces só é posible obter resultados en certos instantes concretos, ou mesmo que á hora de tratar os datos nun ordenador, este só pode traballar con datos puntuais. En consecuencia, neste apartado trátanse de amosar de forma breve diferentes representacións dos sistemas dinámicos discretos ademais de explicar a súa relación cos sistemas continuos. Con estes propósitos en mente, serven de referencia tanto [2] como [7]. Así pois, como xa se dixo, os sistemas discretos son aqueles para os que o tempo só se mide en certos instantes. Polo tanto, en lugar do input continuo u(t) que se tiña, agora obterase unha sucesión {uk}n k=1 cos valores do input tomados nos instantes {tk}n k=1 . O mesmo ocorre coas demais compoñentes do modelo. Logo, as ecuacións diferenciais que se tiñan que resolver para os sistemas continuos, deben aproximarse mediante fórmulas de derivación numéricas para obter o que se coñece como ecuacións en diferencias. Deste xeito, un sistema dinámico pasa a estar representado no caso discreto da seguinte maneira. Denición 5.1. Un sistema dinámico lineal e discreto está representado en forma de modelo espazo de estados discreto se se expresa como xk=Ak−1xk−1+Bk−1uk−1 (5.1) yk=Ckxk+Dkuk, (5.2) onde cada termo das ecuacións anteriores está medido nos instantes de tempo {tk}n k=1 . Así denido, trátase dun modelo espazo de estados discreto de orde 1, xa que en cada ecuación soamente intervén o valor no instante anterior. Ademais, cabe notar que para poder resolver o modelo son precisas unhas condicións iniciais que permitan xar un punto de partida para comezar a operar. 51
52 CAPÍTULO 5. SISTEMAS DINÁMICOS DISCRETOS Por outra banda, a sucesión de estados {xk}n k=1 obtense de forma directa da ecuación (5.1), pois neste caso as fórmulas de derivación numérica empregadas dan lugar a un método explícito. Posteriormente, esta sucesión permitirá calcular os outputs do sistema, co cal o patrón de ponderacións, que indica a relación entre a sucesión de inputs, {uk}n k=1 , e a sucesión de outputs, {yk}n k=1 , será tamén unha sucesión de matrices. En efecto, pois para cada instante de tempo tk , existirá unha matriz que denirá a relación entre uk e yk . Se se considera o caso invariante no tempo, isto é, o caso no que os coecientes que acompañan ao estado e ao input son constantes, xk=Axk−1+Buk−1 (5.3) yk=Cxk+Duk, (5.4) tense que non é posible aplicar a transformada de Laplace ao patrón de ponderacións, pois é unha sucesión de matrices. Ante este inconveniente, xorde a transformada Z, que leva unha sucesión nunha función de variable complexa. Denición 5.2. A transformada Z converte unha sucesión de valores discretos, {xk}∞ k=−∞ , nunha función de variable complexa do seguinte modo: Z[{xk}∞ k=−∞] := ∞ X k=−∞ xkz−k=X(z). Esta transformación xoga o mesmo papel que a transformada de Laplace no caso continuo. Polo tanto a transformada Z do patrón de ponderacións denomínase función de transferencia do sistema discreto. Ademais, en virtude de como se dene tal transformada, a función de transferencia trátase dunha matriz cuxas compoñentes son funcións racionais estritamente propias que se poden escribir de xeito xeral como se amosa en [7]: b0zm+b1sm−1+··· +bm−1z+bm a1zn+a2zn−1+··· +anz+an+1 z−d, onde m−d≤n . A consecuencia disto último, pódese ver que o problema de realización resólvese do mesmo xeito que no caso continuo e ademais, é posible aplicar o Algoritmo de Ho-Kalman sen modicacións. Polo tanto, para o caso invariante no tempo, é posible obter unha realización mínima a partir dunha función de transferencia dada. Pola contra, para o caso xeral, é preciso estender as nocións de controlabilidade e observabilidade así como a minimalidade ao caso de sucesións. Finalmente, obsérvese que, aínda que é posible pasar dun sistema dinámico continuo a outro discreto, a función de transferencia que se obtén do modelo continuo non será a mesma que se deduce do modelo discreto, xa que cando se pasa dun sistema a outro, cométese un erro de aproximación.
Capítulo 6 Exemplos Neste capítulo amósanse exemplos de sistemas dinámicos analizados empregando a linguaxe de MATLAB. Para levar a cabo isto, serven de referencia [2] e [7] no que se rere aos exemplos así como ao traballo con MATLAB. Os programas realizados poden verse no Apéndice. 6.1. Exemplo 1 Considérase como primeiro exemplo o sistema dinámico MIMO con coecientes constantes dado polo modelo espazo de estados ˙x(t) = 2,25 −5−1,25 −0,5 2,25 −4,25 −1,25 −0,25 0,25 −0,5−1,25 −1 1,25 −1,75 −0,25 −0,75 x(t) + 4 6 2 4 2 2 0 2 u(t) y(t) = 0 0 0 1 0 2 0 2 !x(t). Empregando MATLAB, obtense a función de transferencia asociada, que é a seguinte: G(s) = s2+3s+2,25 s4+4s3+6,25s2+5,25s+2,25 4s3+14s2+22s+15 s4+4s3+6,25s2+5,25s+2,25 2s3+6,5s2+7,75s+3,75 s4+4s3+6,25s2+5,25s+2,25 12s3+32s2+37s+17 s4+4s3+6,25s2+5,25s+2,25 !. Así mesmo, obsérvase que o sistema a considerar é controlable e observable, pois é posible calcular os Gramianos de controlabilidade e observabilidade e obter os seus rangos. En consecuencia, é un sistema de dimensión mínima. En canto á estabilidade deste, se se calculan os polos da función de transferencia vese que todos eles posúen parte real negativa, co cal o sistema é estable. Porén, isto pódese 53
54 CAPÍTULO 6. EXEMPLOS comprobar gracamente na seguinte representación. Nótese que as cruces serven para denotar a posición dos polos, mentres que os círculos denotan os ceros dos numeradores da función de transferencia. 6.2. Exemplo 2 Sexa agora o sistema dinámico MIMO con coecientes constantes e D6= 0 , dado polo modelo espazo de estados ˙x(t) = −5 8 0 0 −4 7 0 0 0004 0 0 −2 6 x(t) + 4 −2 2 1 u(t) y(t) = 2−2−2 2 x(t)+2u(t). Pois ben, este modelo non é mínimo xa que se obtén que o rango do Gramiano de controlabilidade para o caso invariante no tempo é 3 e o do Gramiano de observabilidade, 2 . Polo tanto, ambos son menores que número de variables estado, que é 4 . Ademais, MATLAB informa ao usuario de que, ao calcular a realización mínima asociada, dúas
6.3. EXEMPLO 3 55 variables estado son eliminadas. Deste xeito, a realización mínima asociada é ˙z(t) = −1−1,777e−16 3,267e−15 2 !z(t) + 4,243 2,236 !u(t) y(t) = 2,828 −0,8944 z(t)+2u(t). Nótese que en lugar de ceros, o programa proporciona valores signicativamente pequenos. Por outro lado, se se calcula a función de transferencia do sistema , tense que G(s) = 2s4−6s3−62s2+ 306s−360 s4−8s3+ 17s2+ 2s−24 . Logo, representando os polos desta función igual que antes, conclúese que este sistema non é estable. En efecto, pois existen polos cuxa parte real é positiva. 6.3. Exemplo 3 Neste exemplo pártese do modelo continuo dado pola seguinte función de transferencia: G(s) = 3s2+ 21s+ 36 s4+ 5s3+ 10s2+ 10s+ 4. O obxectivo agora é observar a relación entre un modelo continuo e discreto. Calcúlase, pois, o sistema discreto asociado cun parámetro de discretización temporal de 0,1 segundos. Por defecto MATLAB emprega o método de retención de orde cero para realizar a discretización, co que se obtén G1(z) = 0,0159z3−0,005465z2−0,01606z+ 0,008429 z4−3,524z3+ 4,663z2−2,745z+ 0,6065 .
56 CAPÍTULO 6. EXEMPLOS Agora ben, tamén é posible utilizar o método de Tustin para discretizar en tempo, e chégase a que G2(z) = 0,00811z4+ 0,004819z3−0,0107z2−0,003408z+ 0,003996 z4−3,524z3+ 4,662z2−2,744z+ 0,6063 . Se se realiza a conversión inversa, é dicir, o paso destes dous modelos discretos que se obteñen a un modelo continuo, obsérvase que o modelo continuo asociado a G1(z) é o mesmo que o modelo inicial. Porén, o asociado a G2(z) non é igual ao modelo inicial debido, como xa se dixo, ao erro que se comete ao discretizar e aproximar o problema. Finalmente, tamén é posible obter o modelo en forma espazo de estados discreto. Por exemplo, para G1(z) , tense que é xk= 3,524 −1,166 0,6863 −0,3033 4 0 0 0 0 1 0 0 0 0 0,5 0 xk−1+ 0,125 0 0 0 u(t) yk=0,1272 −0,01093 −0,03211 0,03372 xk. 6.4. Exemplo 4 Considérase agora a función de transferencia continua G(s) = s+ 8 s(s2+ 0,2s+ 4)(s+ 1)(s+ 3), cuxos polos están situados como segue:
6.5. EXEMPLO 5 57 Obsérvase que é un modelo estable, aínda que posúe un polo criticamente estable no punto (0, j0) , pois ten multiplicidade un. Ademais, trátase dun modelo de dimensión mínima como se comproba con MATLAB. Pois ben, se G(s) se considera o sistema de lazo aberto asociado a un sistema con retroalimentación, é dicir, a un sistema cuxo input nun instante de tempo depende do estado ou do output no instante de tempo anterior, é posible realizar a gráca de Nyquist de G(s) , que resulta ser a seguinte: En concreto, esta gráca está modicada, de xeito que o eixo imaxinario está levemente ampliado para poder observar mellor o comportamento da función. Logo, en virtude de que non se rodea o punto (−1, j0) en ningún momento e de que tampouco existen polos inestables en G(s) , conclúese que o sistema de lazo pechado é estable. Dito sistema de lazo pechado correspóndese con G(s) cando o input realiza unha achega negativa proporcional ao output do sistema. 6.5. Exemplo 5 Neste último exemplo amósase unha aplicación práctica do estudo realizado no traballo. Considérase entón un circuíto eléctrico RLC en serie, é dicir, un circuíto formado por unha resistencia eléctrica, unha bobina e un condensador eléctrico conectados en serie. Tómase
58 CAPÍTULO 6. EXEMPLOS como input do sistema a voltaxe de entrada ao circuíto, u(t) , e como output a voltaxe no condensador, uc(t) . Baixo estas hipóteses, a intensidade de corrente, i(t) , do circuíto satisfai i(t) = Cduc(t) dt , sendo C a capacidade eléctrica do condensador. Así mesmo, a voltaxe verica a ecuación u(t) = Ri(t) + Ldi(t) dt +uc(t), onde L denota a indutancia da bobina e R a resistencia. Pois ben, substituíndo a intensidade de corrente nesta última ecuación chégase a u(t) = LC d2uc(t) dt2+RC duc(t) dt +uc(t). Tras obter esta EDO de segunda orde, defínense as variables estado x1 e x2 como a voltaxe uc(t) e a intensidade de corrente i(t) . Segundo isto, a EDO anterior pode reescribirse do seguinte xeito ˙x1 ˙x2!= 01 C −1 L −R L!· x1 x2!+ 0 1 L!u. Polo tanto, obtense a primeira ecuación dun modelo espazo de estados para o circuíto RLC en serie. Agora ben, a segunda ecuación do modelo espazo de estados obtense de xeito trivial, pois o output que se considera non é máis que unha compoñente do estado. uc=1 0 · x1 x2!. Supóñase agora que R= 25Ω , L= 0,1H e C= 10µF . Entón, o modelo espazo de estados para estes datos é ˙x1 ˙x2!= 0 0,1 −10 −250 !· x1 x2!+ 0 10 !u uc=1 0 · x1 x2!. Facendo as operacións necesarias con MATLAB, obtense que o modelo é controlable. Polo tanto, se se desexa unha voltaxe especíca no condensador, é posible elixir unha voltaxe de entrada ao circuíto adecuada e que proporcione o output buscado. Por outro lado, este sistema tamén é observable, co cal, coñecido a voltaxe do condensador, é posible
6.5. EXEMPLO 5 59 calcular a voltaxe inicial que o xerou. Así mesmo e en consecuencia, estase ante un sistema de dimensión mínima. En canto á función de transferencia asociada, trátase de G(s) = 1 s2+ 250s+ 1. Logo, se se representan os polos desta función, dedúcese que se trata dun modelo estable, xa que posúe dous polos, un con parte real negativa e outro no eixo imaxinario, mais con multiplicidade un. É dicir, que para voltaxes de entrada acoutados, o output do modelo será tamén acoutado.
66 APÉNDICE A. PROGRAMACIÓN CON MATLAB
Bibliografía [1] Brockett, R. W. (1970). Finite dimensional linear systems. John Wiley & Sons. [2] Franklin, G., Powell, J., & Workman, M. (1998). Digital Control of Dynamic Systems (3rd ed.). Addison Wesley Longman. [3] Márquez Albés, I., & Nieto Roig, J. (2017). Variable Compleja. [4] Peller, V. (1998) An Excursion into the Theory of Hankel Operators. Holomorphic Spaces. MSRI Publications, Volume 33. [5] Silverman, L. M. (1971). Realization of Linear Dynamical Systems. IEEE Transactions on Automatic Control, 16(6), pp.554567. [6] Srivastava, H. M., Saigo, M., & Raina, R. K. (1993). Some Existence and Connection Theorems Associated with the Laplace Transform and a Certain Class of Integral Operators. Journal of Mathematical Analysis and Applications, 172, pp.110. [7] Xue, D., Chen, Y., & Atherton, D. (2007). Linear Feedback Control: Analysis and Design with MATLAB. SIAM. 67