Entrevista a Lois Pérez Díaz
Abstract
Ao ritmo dos clásicos e caña en man, co seu característico humor chega ao Jazz&Beer o poeta, narrador de historias, mestre e, ante todo, bluesman incondicional Lois Pérez (Lugo, 1979) para falarnos do seu novo libro, Long Play (Xerais, 2017).
Full text
EVOHÉ | 35 Entrevista a Lois Pérez Díaz EILÚN DEL PAZO «Amar en caso de incendio / Arder en caso de amor» Ao ritmo dos clásicos e caña en man, co seu característico humor chega ao Jazz&Beer o poeta, narrador de historias, mestre e, ante todo, bluesman incondicional Lois Pérez (Lugo, 1979) para falarnos do seu novo libro, Long Play (Xerais, 2017). Os seus inicios literarios teñen raizames nos primeiros cursos da escola, aínda que non foi ata a súa etapa como xogador de fútbol sala cando comeza a enviar os seus textos ao programa da Radio Galega do dramaturgo Quico Cadaval, gañando incluso no ano 2008 un premio de Teatro Radiofónico grazas a Saltimbanqui, dirixida e adaptada polo mesmo Cadaval, quen tamén a interpretaría xunto a Xan Cejudo e Xosé Olveira Pico. Dita obra atópase publicada nun libro-CD pola editorial Xerais. A súa carreira como locutor non remata aí: traballa para openradio.es e ademais, ocasionalmente, é cronista de rock and roll para a revista “Ruta 66”. Colaborou no grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade e na Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, así como no ensino mediante a coordinación de proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola polos que recibiu numerosos premios do 2008 ao 2011. O seu primeiro poemario vería a luz en 2013 baixo o título de LP por Emerxente. «Escribo / porque / me / sae / así / porque / aquí / abaixo / na / escrita / aquí / onde / todo / é / subterráneo / dei / co / meu / lugar / e / síntome / invencíbel / fuxindo / da / morte» Na súa escrita cóntanos que inflúen múltiples actores destacando a poesía na nosa lingua da poeta de Illinois, Anne Marie Morris, ademais de outros tan obvios como Curros, Cunqueiro, Pondal ou o mesmo Lois Pereiro. Cabe destacar a Antón Reixa, Camilo Valdehorras, e o libro Unicornio de cenorias que cabalgas os
36 | EVOHÉ sábados (rise ao recordalo) da rompente da Xeración Ronseltz de Cordal e Xoan Carlos Rodríguez; sen esquecer a Yolanda Castaño, Vicente Huidobro, Borges, Boris Vian, Lydia Davis ou a música dos Rolling Stones e as súas amadas blueswoman. Cando falamos das recomendacións menciona de forma moi especial un libro que describe cando menos como estraño e fermoso, o Diccionario jázaro de Milroad Pavic, os contos de Mia Couto ou, na poesia, Ferreira Gullar e Alfonso Pexegueiro. En música, Malandrómeda ou discos como Blood on the tracks do gran Dylan ou The Folk Singer’s Blues. «A miña terra é Siniestro total» «As cancións e os poemas son os dous soportes, ó mesmo tempo máis antigos e modernos, ca civilización se deu a si mesma para transmitir o que somos como cultura». Con esas palabras expresa a relación entre a música e a literatura, pois varía o xeito, pero non a esencia. El mesmo escribe con música de fondo deixándose influenciar, sempre guitarra en man rompendo a liña esvaradía poema–canción. Recórdanos tamén a profunda conexión que existe entre os cantos das mulleres labregas das nosas terras ou rusas coa ledicia triste das grandes blueswoman como Odetta, Etta James ou LaVern Baker entre outras: «ambas letras cheas de paralelismos, ironía amarga e certo humor». Todo isto resúltalle © Alba DÍAZ
EVOHÉ | 37 inspirador levándoo ao surrealismo e o agromar da imaxinación provocado polo blues e o rock. «A xente debería escoitar blues ou rock para deitarse de día, blues para sentirse bluesman ou blueswoman, rock para ir cego a un concerto sentindo coma retumba o baixo no peito…». É que, como recalca Lois, emocionarse fainos mellores persoas, máis tolos. Non escoitar música, para el, é unha forma de ignorancia, tendo en conta ademais que estes estilos poden levarnos a lugares inimaxinábeis. Imposible esquecérselle a historia do panorama musical galego con grupos como Siniestro Total, Os Resentidos, Nicho Varulla, Xelís de Toro ou máis actuais como Xiao Berlai, Uxía e Sés, entre outros. «Nacerá a esperanza moito tempo despois de todas nós / entre as cinzas dos versos que incendiaron o poema / na cega repartición dos nosos corpos aló / nas / entrañas / da / terra» Durante varios anos traballou no eido da Normalización Lingüística da Lingua Galega na escola, por este motivo non pode evitar sobresaír o ton de indignación cando fala da substitución lingüística e da agresión constante por aqueles que, segundo el, se amparan baixo a bandeira do bilingüismo e carácter apolítico para ocultar que realmente lles molesta a cultura e lingua como a nosa tan rica e histórica. «O contexto do galego é cando menos complicado e perigoso, necesitando tecer unha rede de artellos sociais e fornecer a lingua, pois isto é o que fai que un pais ou cultura perviva ou desapareza», destaca. Máis positivo se mostra falando do panorama da poesía galega, onde nota un certo rexurdir de voces novas e unha mellora das que xa existían, levando á variedade de estilos e a unha esperanza para a literatura da nosa terra. «Nós a contra. Contra nós. / Sen nós. Para nós. Por nós e / nunca atrás»
38 | EVOHÉ «Fundamental en cada momento histórico que ademais da verdade establecida haxa voces que nos falen do que aconteceu, da intrahistoria e o pequeno relato que perviviron en nos e informan da esencia relato marxinal». Salienta que a misión do narrador de historias é transmitir, desde a emoción e o humor, de xeración e xeración para evitar o crecemento da desmemoria. Non nos queda outra ca esperanza, no seu punto de vista, que a da xente nova e vella comprometida e en contacto, cubrindo a necesidade de conservar o espírito e a confianza en que as cousas irán a mellor. «Un poeta pode sobrevivir sen bufanda ou fular. / Nunca sen poesia» Se preguntamos polo máis importante da poesía insiste en que «convirte en enigma o que revela e revela o que converte en enigma», poñéndonos en contacto co que somos, a nosa esencia máis profunda e verdadeira, sendo a boa poesía a que chega a un e axuda a entender o que nos rodea facéndonos mellores persoas. Para ser libres na escrita hai que ser libres no xeito de vivir, sen caer nos estereotipos ou facer caso ao que oímos por aí. Ese é un dos consellos que o autor pode regalar aos que aínda están comezando a subir nos chanzos do mundo literario, para os que cada un debe atopar o seu xeito de camiñar e moverse sen calcular en exceso cada un dos pasos. «Son a dor que coñecín /.../ son o medo atrás de min» Se lemos Long Play non podemos evitar saborealo coma o faríamos cun vinilo de Dylan sentindo cada unha das voltas da agulla na nosa propia pel. Long Play é máis cas súas inicias, fala da súa propia busca, unha viaxe interior que non entende de seguir canons poéticos, senón simplemente mostrar o que el é desde a propia imaxe autocredencial da portada ata a desconexión suicida da última páxina. En palabras textuais do autor «os bos discos, os grandes discos, todos tiñan unha cara A e unha cara B, pódeslle dar a volta e non trataban dunha cousa en cuestión, trataban ao mellor de moi diversas cousas: intoxicación, de amor, de
EVOHÉ | 39 sexo, de desexo, de música, de morte, de introspección é isto é o que é o libro». Non entende a monotemática de certos poemarios, senón ao través da banda deseñada, da poesía ás veces clásica, o roce coa canción, a prosa e o seu particular toque de humor. «Intentei darlle unha cadencia subindo de ritmo e meténdote nunha cousa a outro terreo para os que se lanzan, para os que chegaron á segunda parte e ao final intentei ofrecer o libro que a min me gustaría ler conforme á miña verdade e ao que eu son», engade. © Alba DÍAZ