Full text
Ciencias Sociais e Xurídicas SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA MATERIA Dereito Penal (Parte Xeral) TITULACIÓN Grao en Dereito unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada Natalia Pérez Rivas Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa Facultade de Dereito
Unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada 2 © Universidade de Santiago de Compostela, 2020 Deseño e maquetación J. M. Gairí Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela usc.gal/publicacions ISBN 978-84-17595-90-6 DOI https://dx.doi.org/10.15304/9788417595906 Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl ÍNDICE
Unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada 3 MATERIA: Dereito Penal, Parte Xeral TITULACIÓN: Grao en Dereito PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica INTRODUCIÓN 1. Concepto de Dereito penal I. Concepto e caracteres do Dereito penal. II. Natureza. III. Relacións do Dereito penal: A) Coas ciencias xurídicas, B) Coas ciencias criminolóxicas, C) As chamadas ciencias auxiliares do Dereito penal. 2. As fontes do Dereito penal I. A lei. II. O principio de legalidade. III. Posibilidade de admitir outras fontes. IV. A interpretación da lei penal: A) Clases e regras de interpretación. B) A analoxía. C) Concurso aparente de normas penais. 3. A lei penal no tempo I. Eficacia temporal das leis penais. II O principio xeral: irretroactividade da lei penal. III. A excepción: retroactividade da lei penal máis favorable. 4. A lei penal no espazo I. Principios reguladores. II. Lugar de comisión do delito. III. A extradición. A orde europea de detención e entrega. TEORÍA XURÍDICA DO DELITO 5. O delito I. Concepto do delito. II. Suxeitos e obxectos do delito: A) Suxeito activo e pasivo. B) Obxecto material e xurídico. III. Clasificacións do delito. 6. A acción I. Formas da acción: acción en sentido estrito e omisión. II. As diversas concepcións da teoría da acción. III. A acción e os seus elementos. IV. A omisión: concepto e natureza. V. As clases de omisión: A) A omisión simple. B) A comisión por omisión. VI. Ausencia de acción: A) Movementos reflexos. B) Estados de plena inconsciencia. C) Forza irresistible. ÍNDICE
Unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada 4 7. A tipicidade e a antixuridicidade I. A tipicidade: A) Concepto. B) Elementos. C) Funcións do tipo. II. Ausencia de tipicidade. III. A antixuridicidade: Concepto. Os elementos subxectivos do inxusto. IV. Ausencia de antixuridicidade: A) Lexítima defensa. B) Estado de necesidade. C) Cumprimento dun deber e exercicio lexítimo dun dereito, oficio ou cargo. D) O consentimento do ofendido. 8. A culpabilidade I. Concepto e estrutura. II. Natureza: as distintas teorías. III. A imputabilidade: Concepto. Momento da imputabilidade: “actiones liberae in causa”. IV. Ausencia de imputabilidade: A) Anomalía ou alteración psíquica. Trastorno mental transitorio. B) Intoxicación plena por bebidas alcohólicas ou drogas. Síndrome de abstinencia. C) Alteración grave da conciencia da realidade. V. A responsabilidade penal do menor. 9. A culpabilidade (continuación). VI. As formas de culpabilidade: A) O dolo: Concepto. Elementos. Clases. B) A culpa: Concepto e clases. VII. Ausencia de formas de culpabilidade: o erro. VIII. A esixibilidade de conduta adecuada á norma: a súa significación xurídicopenal. IX. Ausencia de esixibilidade. Causas de inculpabilidade baseadas no principio de non esixibilidade: A) Estado de necesidade subxectivo. B) Medo insuperable. 10. A Punibilidade I. Significación dogmática da punibilidade. II. As condicións obxectivas de punibilidade. III. Ausencia de punibilidade: As escusas absolutorias. 11. O “iter criminis” I. Actos internos. II. Actos preparatorios: A) Tipos construídos especificamente sobre actos preparatorios. B) Conspiración, proposición e provocación para delinquir. III. Actos de execución: a tentativa. IV. A consumación. 12. A participación no delito I. Autoría: autoría directa, coautoría e autoría mediata. II. As formas de participación: indución, cooperación necesaria e complicidade. III. Supostos especiais. 13. Unidade e pluralidade de delitos I. Pluralidade de accións e unidade de delito: A) Delito continuado. B) Delito permanente. C) Delito habitual. II. Pluralidade de accións e de delitos (concurso real). III. Unidade de acción e pluralidade de delitos (concurso ideal). ÍNDICE
Unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada 5 14. As circunstancias que modifican a responsabilidade criminal I. Cuestións comúns ás circunstancias atenuantes e agravantes. II. Atenuantes: A) Eximentes incompletas. B) Atenuantes xenéricas. C) Atenuantes por analoxía. III. Agravantes. IV. A circunstancia mixta. AS CONSECUENCIAS XURÍDICAS DO DELITO 15. A pena I. Concepto. II. Fundamento e fins: as diversas teorías. III. A clasificación das penas no Código penal. 16. As penas privativas de liberdade I. Clases e cumprimento: prisión, localización permanente e responsabilidade persoal subsidiaria. II. Formas substitutivas da execución das penas privativas de liberdade e da liberdade condicional. 17. As penas privativas de dereitos I. Concepto e clases. A pena de multa I. Multa proporcional e sistema de días-multa. Consecuencias accesorias I. Especial referencia ao comiso. 18. A determinación da pena I. Individualización legal, xudicial e administrativa. II. A determinación da pena no Código penal: A) A metade superior e inferior. A pena superior e inferior en grao. B) Regras para a determinación da pena: a) O grao de execución. b) A forma de participación. c) A concorrencia de circunstancias modificativas. d) O concurso de delitos. e) Supostos especiais. 19. A extinción da responsabilidade criminal I. Causas. II. Cancelación de antecedentes penais. 20. A responsabilidade civil e as custas procesuais I. A responsabilidade civil nacida de delito ou falta: A) Contido. B) Persoas civilmente responsables. II. As custas procesuais. III. Cumprimento da responsabilidade civil. 21. As medidas de seguridade I. Concepto. Fundamento. Clases. II. Penas e medidas de seguridade. III. As medidas de seguridade na lexislación española. ÍNDICE
Unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada 6 ÍNDICE PRESENTACIÓN OS OBXECTIVOS OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS OS CONTIDOS BÁSICOS 1. Delimitación conceptual 2. Ámbito obxectivo 3. Procedemento de imposición 3.1. Réxime de imposición 3.1.1. Réxime de imposición imperativo 3.1.2. Réxime de imposición potestativo 3.2. Proceso de individualización 3.3. Audiencia previa 4. Ámbito temporal 5. Procedemento de revisión 6. Incumprimento das obrigas ou prohibicións ACTIVIDADES PROPOSTAS AVALIACIÓN BIBLIOGRAFÍA ÍNDICE
Unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada 7 PRESENTACIÓN A presente unidade didáctica titulada «A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada» concentra os coñecementos básicos sobre unha lección da materia «Dereito Penal — Parte Xeral», impartida non segundo curso do Grao de Dereito. A súa duración será de corenta e cinco minutos que se distribuirán da seguinte forma: vinte minutos corresponderanse cunha clase expositiva e os restantes vinte e cinco minutos dedicaranse á realización dunha actividade práctica. A preocupación polo tratamento dos denominados delincuentes perigosos é unha constante no noso ordenamento penal. Nas primeiras tentativas de elaboración dun novo texto punitivo, trala promulgación da CE, contíñase un tratamento diferenciado para eles que combinaba a aplicación conxunta dunha pena de prisión e dunha medida de seguridade privativa de liberdade (internamento nun centro de terapia socia). Non obstante, o Código Penal de 1995 limitou a imposición das medidas de seguridade a dúas categorías de estado perigoso: i) os declarados inimputables por aplicación das eximentes previstas nos números 1ª, 2ª e 3ª do art. 20 CP (arts. 101 a 103 CP); ii) os declarados semiimputables por aplicación da eximente incompleta do art. 21.1ª CP en relación coas eximentes plenas dos números 1ª, 2ª e 3ª do art. 20 CP (art. 104 CP). Posteriormente a xurisprudencia ampliou este réxime aos supostos nos que concorre a atenuante do art. 21.2ª CP, así como as denominadas «atenuantes de contido psíquico» —as resultantes da posta en conexión da atenuante analóxica (art. 21.7ª CP) coa eximente incompleta do art. 21.1ª CP—. España constituía unha especie de «istmo» respecto dos países da súa contorna cultural, ao non incorporar medida ningunha para o control dos delincuentes perigosos unha vez cumprida a pena de prisión. Apostábase en exclusiva pola introdución de mecanismos que incidían ben na determinación da pena, ben na súa execución. Ante este estado de cousas, a doutrina española tiña reclamado a creación dunha categoría de estado perigoso para imputables, argumentando que unha pena axustada simplemente a súa culpabilidade non era o instrumento axeitado para facer fronte á ameaza que representaban. No entanto, foi a alarma social causada pola saída de prisión do violador do Vall d’Hebron e do terrorista De Juana Chaos o que serviu de estímulo final ao lexislador para promover a articulación dunha medida que permitise controlar, unha vez cumprida a correspondente pena de prisión, a aqueles delincuentes con relación aos que a prisión fracasara no seu labor de resocialización. De entre os diversos modelos que ofrece o dereito comparado, o lexislador español decidiuse por unha solución dualista creando a nova medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada. A este respecto sinálase no apartado IV da Exposición de Motivos da Lei Orgánica 5/2010, de 22 de xuño, que «a opción inocuizadora, que se traduciría na prolongación ilimitada e indiscriminada da privación de liberdade, choca (...) con principios elementais do Dereito Penal que a Constitución ampara». Polo tanto, era necesario «contemplar outras solucións que, sen cesar no esforzo rehabilitador que debe seguir inspirando o tratamento penitenciario, permitan conciliar as referidas esixencias constitucionais con outros ÍNDICE
Unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada 8 valores non menos dignos de tutela, como son a seguridade e a liberdade do resto dos cidadáns, potenciais vítimas do delincuente non rehabilitado que o sistema penitenciario devolve á sociedade». Esgotada a dimensión retributiva da pena, a perigosidade subsistente do suxeito atoparía a súa resposta idónea «nunha medida de seguridade». OS OBXECTIVOS Ao rematar esta unidade didáctica o alumnado será capaz de: • Comprender os diversos estados de perigosidade que se describen no Código Penal. • Coñecer os requisitos esixidos para a imposición da medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada. • Identificar os principais problemas prácticos que se derivan da súa regulamentación. • Manexar con destreza os textos legais, a xurisprudencia, as monografías e as revistas científicas como ferramentas de información que faciliten a resolución das dúbidas. • Expoñer, argumentar e defender unha idea con razoamentos xurídicos. OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS A exposición teórica sobre a medida de seguridade de liberdade vixiada abarcará os seguintes aspectos: o seu contido, o seu ámbito obxectivo, o seu procedemento de imposición e revisión, a súa duración e as consecuencias do seu incumprimento. Non obstante, temos que subliñar que se ensinar equivale a transmitir un conxunto de coñecementos sobre o que «é», tamén implica provocar a reflexión sobre por que isto é así e fomentar o pensamento crítico sobre se debe ser dese xeito. Para a consecución deste obxectivo considérase axeitado acudir ao debate como ferramenta de aprendizaxe. En suma, trátase de ofrecer ao alumnado unha visión clara e sistemática da liberdade vixiada mais, ao propio tempo, evidenciar cales son os específicos problemas prácticos e político-criminais que supón e os mecanismos de que dispoñen os operadores xurídicos para resolvelos. OS CONTIDOS BÁSICOS 1. Delimitación conceptual A liberdade vixiada consiste no sometemento do condenado a un control xudicial a través do cumprimento pola súa parte dalgunha das seguintes medidas: a) a obriga de estar sempre localizable mediante dispositivos electrónicos que permitan ÍNDICE
Unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada 9 o seu seguimento; b) a obriga de presentarse periodicamente no lugar que o órgano xudicial estableza; c) a obriga de comunicar inmediatamente cada cambio de lugar de residencia así como do lugar ou posto de traballo; d) a prohibición de ausentarse do lugar onde resida ou dun determinado territorio sen autorización do órgano xudicial; e) a prohibición de aproximarse á vítima, ou a aqueles dos seus familiares ou outras persoas que determine o órgano xudicial; f) a prohibición de comunicarse coa vítima, ou con aqueles dos seus familiares ou outras persoas que determine o órgano xudicial; g) a prohibición de acudir a determinados territorios, lugares ou establecementos; h) a prohibición de residir en determinados lugares; i) a prohibición de desempeñar determinadas actividades que poidan ofrecerlle ou facilitarlle a ocasión para cometer feitos delituosos de similar natureza; j) a obriga de participar en programas formativos, laborais, culturais, de educación sexual ou outros similares; k) a obriga de seguir un tratamento médico externo ou de someterse a un control médico periódico. Estas prohibicións e obrigas poden clasificarse en asegurativas e correctoras. Entre as primeiras incluiríanse aquelas que restrinxen a liberdade ambulatoria (art. 106.1.a, b, c, d, e, f, g, h) ou privan de determinados dereitos (art. 106.1.i); en tanto que na categoría das medidas con finalidade correctora enmarcaríanse a obrigas contempladas nas letras j) e k) deste art. 106.1 CP. 2. Ámbito obxectivo A imposición da medida de liberdade vixiada só cabe nos casos en que así o dispoña expresamente o texto punitivo (art. 106.2 CP). En atención ao contexto mediático no que a medida foi promulgada, o seu ámbito de aplicación limitouse inicialmente aos delitos sexuais (arts. 178 a 194 CP) e de terrorismo (arts. 572 a 580 CP). Esta opción do lexislador foi obxecto de diversas críticas, entre elas, a de non incluír no seu ámbito de aplicación perfís de delincuentes cunha probada inclinación ao delito. Por esta razón, o lexislador de 2015 procedeu conceptuar como imputables perigosos, ademais dos suxeitos anteriormente mencionados, aos condenados pola comisión dalgún dos seguintes feitos: i) delitos comprendidos no título I («do homicidio e as súas formas») do Libro II do CP; ii) delitos abarcados no título III («das lesións») do Libro II do CP, cando a vítima sexa algunha das persoas mencionadas no art. 173.2 CP, é dicir, nos casos de violencia de xénero e violencia doméstica; iii) delito de maltrato habitual (art. 173.2 CP). No entanto, non se entende por que se esta medida ten por fin a prevención especial, o seu ámbito de aplicación se circunscribe a concretos tipos delituosos. O lóxico sería que se xeneralizase a súa posible imposición con relación a calquera tipo penal e se concretase a súa execución conforme a un xuízo positivo de perigosidade do suxeito sobre a base de criterios tales como a gravidade do feito cometido, a habitualidade na súa comisión, etc. A actual opción reguladora lévanos a dar a razón a aqueles que estiman que estamos ante unha manifestación propia do dereito penal do inimigo. Isto concrétase na admisión da imposición dunha medida de seguridade con posterioridade ao cumprimento dunha pena de prisión dándose prioridade —sobre ÍNDICE
Unidade didáctica 21 A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada 16 JIMÉNEZ MARTÍNEZ, Custodia (2012): “La libertad vigilada en el CP de 2010. Especial mención a la libertad vigilada para imputables peligrosos”, Revista de Derecho Penal y Criminología, 3ª Época, núm. 7, pp. 13-50. MARTÍNEZ GARAY, Lucía (2014): “La libertad vigilada: regulación actual, perspectivas de reforma y comparación con la Fürungsaufsicht del Derecho penal alemán”, Revista General de Derecho Penal, núm. 22, pp. 1-74. PÉREZ RIVAS, Natalia (2018): “Imputables y peligrosidad: la medida de libertad vigilada en el sistema penal español”, Cartapacio de Derecho, núm. 33. REBOLLO VARGAS, Rafael (2010): “Libertad vigilada: artículos 100.3, 106.2 y 106.4 CP”, en F.J. Álvarez García y J.L. González Cussac (dirs.)., Consideraciones a propósito del proyecto de ley de 2009 de modificación del Código penal. (Conclusiones del Seminario interuniversitario sobre la reforma del Código penal celebrado en la Universidad Carlos III de Madrid), Valencia: Ed. Tirant lo Blanch, Valencia. —(2010): La llibertat vigilada: pena accessòria o mesura de seguretat contra els condemnats per delictes sexuals i delictes de terrorismo, Barcelona: Centre d’Estudis Jurídics i Formació Especialitzada. SALAT PAISAL, Marc (2016): “Regulación actual de la medida de seguridad de libertad vigilada y su aplicación por parte de los tribunales”, Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, vol. 20, pp. 161-187. —(2015): La respuesta jurídico-penal a los delincuentes imputables peligrosos: especial referencia a la libertad vigilada, Pamplona: Ed. Aranzadi. SANTANA VEGA, Dulce María (2010): “La pena de libertad vigilada en casos de delitos de terrorismo: lo viejo, lo nuevo, lo útil y lo inútil. Análisis del anteproyecto de 2008 de reforma del Código penal de 1995”, en S. Mir Puig y Joan J. Queralt Jiménez (dirs.)., La seguridad pública ante el derecho penal, Madrid: Ed. Edisofer. SANZ MORÁN, Ángel José (2011): “La nueva medida de libertad vigilada: reflexión político-criminal”, en F.J. Muñoz Conde, J.M. Lorenzo Salgado, J.C. Ferré Olivé, E. Cortés Bechiarelli, M.Á. Núñez Paz (dirs.)., Un derecho penal comprometido: libro homenaje al prof. Dr. Gerardo Landrove Díaz, Valencia: Ed. Tirant lo Blanch, pp. 997-1028. —(2010): “Reflexiones en torno a la idea de libertad vigilada”, en C. Arangüena Fanego (dir.)., Espacio europeo de libertad, seguridad y justicia: últimos avances en cooperación judicial penal, Valladolid: Ed. Lex Nova, Valladolid, pp. 289-301. SIERRA LÓPEZ, María del Valle (2013): La medida de libertad vigilada, Valencia: Ed. Tirant lo Blanch, Valencia. TORRES ROSELL, Nuria (2012): “Libertad vigilada y seguimiento continuado de penados: contenido e implicaciones político criminales”, Revista Electrónica de Ciencia Penal y Criminología, 14-06, pp. 1-45. En <http://criminet.ugr.es/ recpc/14/recpc14-06.pdf> ÍNDICE
Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade