Dinámica das dunas e xestión do espazo costeiro na praia de Laxe
Abstract
O traballo consiste nun estudio da dinámica das dunas, a vexetación e o crecemento urbano na praia de Laxe. O obxectivo principal é analizar se a evolución recente das dunas responde a un proceso exclusivamente natural ou resultado de intervencións antrópicas. Ademais, preténdese avaliar a dicotomía entre a restauración e a renaturalización como opcións de xestión para a área. A partir do uso de cartografía evolutiva mediante imaxes aéreas e documentación técnica histórica das obras acometidas no porto de Laxe, analízanse as principais modificacións na área de estudo, o seu papel na problemática existente, e consideraranse medidas de xestión.
Full text
FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA Traballo de fin de grao Dinámica das dunas e xestión do espazo costeiro na praia de Laxe ANXO VIGUERET SANTABAYA Traballo dirixido por: Ramón Blanco Chao Xuño 2023
2 ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN .................................................................................................... 5 1.1. Factores na dinámica dunar.......................................................................... 5 1.2. Modificacións antrópicas nos sistemas dunares............................................ 8 1.3. A problemática do caso de Laxe.................................................................... 9 1.4. Dicotomía restauración ou renaturalización................................................. 12 1.5. Obxectivos.................................................................................................. 14 2. ÁREA DE ESTUDO............................................................................................... 14 3. METODOLOXÍA.................................................................................................. 19 4. RESULTADOS..................................................................................................... 21 5. DISCUSIÓN E PROPOSTAS.................................................................................. 29 6. CONCLUSIÓNS................................................................................................... 36 7. BIBLIOGRAFÍA................................................................................................... 36 8. ANEXO I............................................................................................................. 39
3 RESUMO E PALABRAS CHAVE Resumo: O traballo consiste nun estudio da dinámica das dunas, a vexetación e o crecemento urbano na praia de Laxe. O obxectivo principal é analizar se a evolución recente das dunas responde a un proceso exclusivamente natural ou resultado de intervencións antrópicas. Ademais, preténdese avaliar a dicotomía entre a restauración e a renaturalización como opcións de xestión para a área. A partir do uso de cartografía evolutiva mediante imaxes aéreas e documentación técnica histórica das obras acometidas no porto de Laxe, analízanse as principais modificacións na área de estudo, o seu papel na problemática existente, e consideraranse medidas de xestión. Palabras chave: Dunas, Galicia, vexetación, renaturalización, cartografía evolutiva. Resumen: El trabajo consiste en un estudio de la dinámica de las dunas, la vegetación y el crecimiento urbano en la playa de Laxe. El objetivo principal es analizar si la evolución reciente de las dunas responde a un proceso exclusivamente natural o es resultado de intervenciones antrópicas. Además, se pretende evaluar la dicotomía entre la restauración y la renaturalización como opciones de gestión para el área. Mediante el uso de cartografía evolutiva a través de imágenes aéreas y documentación técnica histórica de las obras realizadas en el puerto de Laxe, se analizan las principales modificaciónes en el área de estudio, su papel en la problemática existente, y se plantean medidas de gestión. Palabras clave: Dunas, Galicia, vegetación, renaturalización, cartografía evolutiva.
4 Abstract: The study focuses on analysing the dynamics of the dunes, vegetation, and urban growth in Laxe Beach. The main objective is to determine whether the recent evolution of the dunes is a natural process or a result of anthropogenic interventions. Additionally, the dichotomy between restoration and renaturalization as management options for the area is evaluated. By using evolutionary cartography through aerial images and historical technical documentation of the works carried out in the port of Laxe, the main modifications in the study area, their role in the existing issues are analysed, and management measures are proposed. Kew words: Dunes, Galicia, vegetation, renaturalization, evolutionary cartography.
5 1. INTRODUCIÓN 1.1 Factores na dinámica dunar As dunas son un tipo de formación sedimentaria característica das zonas costeiras e desérticas, cuxa dinámica está influenciada por unha serie de factores, principalmente o vento, a dispoñibilidade e granulometría do sedimento e, de xeito moi destacado, a vexetación (Hesp, 2002). A comprensión destes factores é moi importante para poder analizar a evolución das dunas e determinar se a súa dinámica é un proceso natural ou require medidas de xestión. Un dos principais factores que inflúen nesta dinámica dunar é o vento. O vento actúa como forza dominante transportando e depositando os sedimentos que forman as dunas. A orientación da costa respecto á dirección e velocidade do vento son determinantes na forma e na disposición das dunas, pero tamén na súa migración ao longo do tempo. A cantidade de area dispoñible na área e a súa granulometría tamén inflúen na resposta das dunas ao vento. A tipoloxía ou perfil morfodinámico da praia permite unha aproximación á dispoñibilidade de area que vai poder transportar o vento. Depende isto do tamaño do gran, da pendente da praia ou das ondas. Nas praias con perfís disipativos, é dicir, cando temos un gran fino e unha baixa pendente, danse as características perfectas para a aparición de dunas ao dispoñer dunha ampla superficie de area exposta en marea baixa. Pola contra, as praias reflectivas, cunha pendente máis grande e uns grans de tamaño medio-groso, non soen presentar estas formacións dunares complexas (Sanjaume et al., 2011). A vexetación tamén desempeña un papel importantísimo na dinámica dunar. As especies que se adaptan ás condicións deste tipo de sistemas, estabilizan os sedimentos grazas ás súas raíces, axudando ante a erosión e favorecendo a acumulación da area ao actuar como elementos que interfiren co vento reducindo a súa capacidade de transporte. Esta vexetación actúa coma un elemento esencial na dinámica de transporte eólico, favorecendo a sedimentación e a estabilidade dos sistemas dunares. Porén, a
6 presión da actividade humana e o crecemento urbano cara o mar, afectan negativamente á vexetación, facendo desta forma que non sexa tan efectiva estabilizando sedimentos, alterando deste xeito a dinámica natural. Outra consecuencia da vexetación sobre as dunas é o crecemento vertical. As plantas pioneiras como as psammófilas e as halófitas están adaptadas a contornas areosas e a ter unha cantidade de nutrientes limitada. Unha mínima modificación na cantidade desta vexetación pode provocar a aparición ou desaparición de diferentes tipos de dunas (Short et al., 1982). Inda que as condicionantes climáticas como a precipitación, a temperatura ou a humidade teñen un impacto na densidade da vexetación, o efecto do vento fai que a esta tamén sexa vulnerable ante a erosión. Sobre todo no caso de que as raíces das plantas queden ao descuberto. Pola contra cando temos un incremento significativo na cobertura vexetal, paralízase o transporte eólico e prodúcese unha estabilización das dunas. Estas pioneiras como Ammophila arenaria, Elymus factus ou Honkenia pleploides, fixan a area e desencadean o desenvolvemento dunha sucesión vexetal. As especies que se dan adaptado ás condicións dunares vanse dispoñendo en franxas segundo se afastan do mar. Deste xeito, dependendo do nivel de evolución da duna, das condicións as que está sometida e da distancia ao mar, podemos ter dunas primarias (preto da beira do mar e sen abundancia de vida) ou secundarias (máis lonxe e moito máis estabilizadas, con vexetación asentada). Cabe destacar tamén o papel deste tipo de vexetación como refuxio e fonte de alimento para diversas especies animais coma insectos, aves e réptiles. As follas e talos ofrecen sombra e cobertura, o que xera microhábitats favorables para a reprodución, nidificación e alimentación de diversas especies, contribuíndo así á biodiversidade e ao equilibrio do ecosistema dunar. As variacións nos parámetros climáticos coma a precipitación e a temperatura poden polo tanto afectar á vexetación dunar, por exemplo xerando situacións de stress hídrico por unha redución da dispoñibilidade de auga para as plantas, o que pode afectar ao seu
7 crecemento e supervivencia. Igualmente, cambios no réxime térmico poden ser importantes especialmente para a evapotranspiración (ETP), aínda que en ambientes por definición áridos coma os dunares, a ETP está máis condicionada pola intensidade do vento (Provoost et al., 2011). Aínda que os parámetros climáticos coma precipitación e temperatura son considerados habitualmente coma importantes no grao de actividade eólica e para a fitoestabilización, o vento segue sendo o factor primordial. Por esta mesma razón, calquera diminución da cobertura vexetal dunha duna, ben por causas naturais coma antrópicas, pode desembocar nunha reactivación eólica e a desestabilización dun sistema dunar. Unha das posibles causas naturais de desestabilización dos sistemas dunares costeiros son os eventos de tormenta, nos que a acción da ondaxe pode chegar a afectar máis alá dos cordóns primarios, por procesos de tipo overwash ou rebasamento, ou provocar o retroceso de toda ou boa parte da fronte dunar (Flor et al., 2014). A súa vez, a dinámica da ondaxe na praia modifica o seu perfil e consecuentemente a dispoñibilidade de sedimento. Ao mesmo tempo, os sistemas dunares constitúen unha boa reserva de sedimento para manter a integridade das praias en situacións de erosión e retroceso. Neste senso, o actual ascenso do nivel do mar polo cambio climático, é un dos factores que pode afectar directamente ás dunas. Un incremento do nivel do mar pode resultar na posta en marcha de procesos erosivos nas frontes dunares, ademais de outros efectos coma unha maior intrusión de auga salgada no sistema dunar. Pero como se acaba de mencionar, os sistemas dunares costeiros representan unha defensa natural fronte aos cambios no réxime de ondaxe, e supoñen un stock de area para manter a integridade do sistema, sempre que exista espazo de acomodación suficiente. Os cambios na intensidade e dirección do vento tamén son como xa se mencionou, chave xa que poden ter un impacto significativo na formación e evolución das dunas costeiras. En primeiro lugar, a dirección predominante do vento xa que esta determinará a morfoloxía e orientación das dunas, e en segundo lugar a intensidade xa que determina a capacidade de transporte. Porén, un sistema fitoestabilizado non
8 experimenta facilmente procesos de reactivación e desestabilización, xa que como indica Tsoar (Tsoar, 2005) “A desestabilización dunha duna require moita máis enerxía, en termos de stress eólico para a destrución da vexetación, que para a súa estabilización”. Temos entón, un resultado dunha iteración moi complexa entre varios factores. O vento, a vexetación, os factores climáticos e a influencia humana son elementos chave que determinan a forma, o movemento e a estabilidade das dunas. 1.2 Modificacións antrópicas nos sectores dunares As accións do ser humano poden ter un impacto enorme neste tipo de sistemas. A medida que as zonas de costa van desenvolvéndose e urbanizándose, chéganse a facer intervencións que alteran a dinámica natural das dunas. Algunhas das máis comúns son as seguintes: A construción de infraestruturas e a urbanización. O crecemento urbano trae consigo edificios, estradas e infraestruturas que teñen efectos negativos cando se executan sen ningún control, o que pode levar á destrución da vexetación, a eliminación da capa superficial da area e a alteración dos patróns do vento. Isto debilita a capacidade das dunas para resistir a erosión costeira e aumenta a súa vulnerabilidade ás tormentas e a inundación. A extracción de area das dunas para usos na construción ou outros fins, reduce de xeito significativo o volume dispoñible para a formación e o mantemento das dunas. Aínda que actualmente é un proceso case inexistente grazas á protección ambiental dos sistemas dunares. O recheo e drenaxe de humidais, que nalgúns casos se atopan en zonas dunares. Isto soe realizarse para aumentar a superficie edificable ou tamén crear superficies para usos agrícolas. O equilibrio hidrolóxico das dunas é crucial polo papel na retención da auga, o filtrado de sedimentos e a conservación da biodiversidade, polo que a súa desaparición trae sen dúbida consecuencias negativas.
9 O turismo masivo e as actividades recreativas en zonas dunares poden xerar perturbacións nestes ecosistemas. As infraestruturas turísticas como hoteis, restaurantes ou aparcamentos, alteran a paisaxe dunar e provocan a degradación da vexetación. Ademais, a influencia de visitantes pode levar á compactación da area e a destrución dos hábitats fráxiles. Tamén hai que ter en conta, que todas estas modificacións mencionadas, non afectan so directamente as dunas, se non tamén aos ecosistemas costeiros asociados, coma os humidais, as praias ou os estuarios. Todos estes tamén desempeñan un papel crucial na protección da costa, a mitigación do cambio climático e a conservación da biodiversidade. Hai que mencionar tamén, as últimas tendencias observadas nas dunas costeiras como posibles consecuencias do cambio climático. En diferentes rexións do mundo, estase a dar un proceso de aumento da vexetación nestas zonas como consecuencia dun aumento da temperatura e dos cambios nos patróns de precipitación. Este aumento da cobertura vexetal é coñecido como greening ou verdización das dunas (Jackson et al., 2019). Este fenómeno pode ter impactos positivos como negativos nos ecosistemas costeiros. Por un lado, o aumento da vexetación pode axudar a estabilizar as dunas, protexelas contra a erosión e promover a biodiversidade ao proporcionar hábitats para diversas especies de plantas e animais. Porén, isto tamén produce un desafío, xa que afecta á morfoloxía e dinámica das dunas, podendo alterar os patróns de erosión e a disposición dos sedimentos. 1.3 A problemática do caso de Laxe Nas últimas décadas comezouse a percibir unha certa preocupación entre a veciñanza, os partidos políticos e diferentes asociacións que piden medidas moi distintas e teñen puntos de vista contrarios en canto a que hai que facer coas dunas (Táboa 1). Sinálase que se está a producir unha acumulación excesiva preto do paseo de laxe, e que a orixe desta pode estar nas obras realizadas no porto. Ademais, tamén se di que as inundacións
16 baía aberta ao Atlántico orientada cara o nor-nordeste cunha lonxitude duns 1.500 metros. A enseada vese encadrada ente a punta da Laxe ou da Insua e a Punta do Cabalo. A vila de Laxe forma parte da comarca de Bergantiños, que se localiza na Costa da Morte, unha rexión costeira de paisaxes impresionantes e abruptos. Conta con bos accesos por estrada, o que fai que sexa facilmente accesible dende outras localidades preto dela. A estrada AC-430 é a principal vía de acceso a Laxe, conectándoa con Santiago de Compostela e A Coruña. A nivel xeolóxico, enmárcase nunha franxa lonxitudinal con orientación nordestesuroeste de rochas graníticas Hercínicas de idade Paleozoica (IGME, 2002). Neste caso, atópase nunha zona de baixa pendente e preto da desembocadura dun pequeno curso fluvial denominado Río San Amedio, que alimenta un sistema hidromorfo, Brañas Mouras, situado no sector oriental tras o complexo dunar. É importante destacar para o estudo, a importancia do réxime de ondaxe, xa que precisamente se ve afectado pola construción destas infraestruturas. Inda que non hai datos directos do interior da ría, podemos facer unha caracterización derivada dos conxuntos de puntos SIMAR 3008032 e 3012030 (Puertos del Estado, 2023). Figura 2: Rosas de ondaxe dos puntos SIMAR 3012030 e 3008032
17 O punto SIMAR 3008032 atópase en posición de augas abertas, reflexando o réxime de ondaxe característico da Costa da Morte. Figura 3: Histograma referido á altura significativa en metros do punto SIMAR 3008032 Pódese apreciar no histograma (Figura 3) como neste punto, a gran maioría das ondas van dende 1.5 ata 4 metros de altura significativa. En canto ás porcentaxes acumuladas, un 34% das ondas están por debaixo dos 2 metros, un 53.7% entre os 2 e os 4 metros e un 12.4% por enriba dos 4 metros de altura significante. A ondaxe inferior a 2 metros ten unha compoñente dominante (86.23) do N ao NNO, a mesma que para as ondas entre 2 e 4 metros (69.7%) aínda que aumentando a frecuencia de ondas procedentes do NNE (21.5%). As ondas máis enerxéticas (>4 metros) aproxímanse do NNO ao OSO. No punto SIMAR 3012030, obtemos datos dunha posición máis interna da Ría de Come e Laxe, reflexando a modificación da ondaxe causada pola protección da Punta do Roncudo e a Punta da Insua. 0 5 10 15 20 25 0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5 5.5 6 6.5 7 7.5 8 8.5 9 % Hs (m)
18 Figura 4: Histograma referido á altura significativa en metros do punto SIMAR 3012030 Obsérvase no histograma (Figura 4) que a gran maior parte das ondas encádranse entre 1 e 4 metros de altura significante. Podemos resaltar que o 53.5% das ondas son de menos de 2 metros de altura, o 40.2% están entre os 2 e os 4 metros e o 6.2% por enriba dos 4 metros. A compoñente de aproximación da ondaxe queda restrinxida practicamente ao O-NNO para as ondas de menos de 2 metros (95.8%) e case exclusivamente compoñente ONO e NNO para as ondas de entre 2 e 4 metros (93.5%) e de máis de 4 metros (98%). Tras a praia, atópase o núcleo urbano de Laxe, que conta cunha poboación permanente que aumenta de forma notable durante o verán. Edificios residenciais, comercios e equipamentos municipais e turísticos localízanse a escasos metros da praia. Ao ser un destino turístico atopamos unha ampla dotación de hoteis, restaurantes, bares, tendas e servizos dirixidos aos visitantes. A maior densidade urbana atópase preto da liña de costa, mentres que cara ó interior o grao de urbanización redúcese dando paso a áreas máis rurais e paisaxes naturais. 0 5 10 15 20 25 0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5 5.5 6 6.5 7 7.5 8 8.5 % Hs (m)
19 O porto de Laxe emprázase no sector NO da praia, a resgardo da ondaxe máis enerxética. Xunto á urbanización, a construción do dique do porto nos anos XX foi posiblemente unha das modificacións antrópicas máis importantes levadas a cabo na zona de estudo, pola afección directa que potencialmente tivo na morfodinámica do sistema da praia e dunas. 3. METODOLOXÍA A metodoloxía empregada neste estudo basease na obtención e análise dunha cartografía evolutiva do sector da praia de Laxe. Para isto leváronse a cabo as seguintes actividades: - Solicitude de cartografía e planos de obra a Portos de Galicia (Anexo I, Figuras 1- 7) relacionados coas distintas intervencións levadas a cabo nas infraestruturas portuarias e elaboración de cartografía. Esta información proporcionada pola entidade responsable da xestión portuaria permite ter unha visión detallada das intervencións realizadas na zona e a súa relación coa evolución das dunas e a vexetación (Táboa 2). - Análise diacrónica coa elaboración de cartografía evolutiva da zona de estudo mediante o uso de imaxes aéreas no período 1945-2020. Mediante o uso de fotogramas aéreos de diferentes datas analizouse e comparouse a evolución da zona ao longo do tempo. Estas imaxes permitiron identificar cambios na configuración das dunas, a cobertura vexetal e as estruturas asociadas ao desenvolvemento urbano. - Cartografía do proceso de urbanización. - Cartografía da cobertura vexetal. Realizouse unha cartografía detallada da cobertura vexetal presente na zona de estudo mediante o uso de técnicas de fotointerpretación e análise de imaxes de alta resolución. Esta información é crucial para comprender a dinámica da vexetación e a súa relación coas dunas. - Cartografía da fronte dunar para poder avaliar o avance deste ao longo dos anos.
20 DATA DESCRICIÓN 1935 Obras no porto 1944 Porto na enseada 1964 Rampla varadoiro 1965 Reparación de avarias por temporal 1979 Reparación de avarias por temporal 1981 Escollera amortiguadora no espigón interior 1983 Dragado na rampla de descarga 1983 Reparación de danos por temporais 1986 Reforzo do dique 1988 Rampla e espigón 1988 Espigón de contención de areas 1990 Peirao 1997 Dragado no porto 2004 Reforzo do dique de abrigo 2017 Dragado no porto de Laxe Táboa 2: Cartografía e planos de proxecto DATA TAMAÑO PIXEL (M) FONTE 1945 1 Voo Americano Serie A do IGN (1) 1956 1 Voo Americano Serie B do IGN (1) 1985 1 Voo Interministerial do IGN (1) 1985 0.3 Voo Nacional do IGN (1) 1990 0.2 Voo de Costas do IGN (1) 1997 0.5 Instituto de Estudos do Territorio (2) 1999 0.5 Instituto de Estudos do Territorio (2) 2003 1 Voo Quinquenal do IGN (1) 2005 0.5 Voo PNOA do IGN (3) 2008 0.25 Voo PNOA do IGN (3) 2010 0.25 Voo PNOA do IGN (3) 2014 0.25 Voo PNOA do IGN (3) 2017 0.25 Voo PNOA do IGN (3) 2020 0.15 Voo PNOA do IGN (3) Táboa 3: Imaxes aéreas empregadas para a cartografía. (1) ® Instituto Geográfico Nacional, (2) Instituto de Estudos do Territorio, (3) PNOA® Instituto Geográfico Nacional
21 A combinación destes enfoques metodolóxicos permitirá obter unha visión completa da evolución das dunas, a vexetación e o crecemento urbano na praia. A cartografía evolutiva xerada a partir destas actividades serve como base para analizar e avaliar a dinámica actual das dunas, determinar a influencia das modificacións e considerar posibles medidas de xestión ou renaturalización na área de estudo. 4. RESULTADOS Neste apartado mostraranse os resultados obtidos a partir da interpretación dos procesos anteriormente mencionados. Para isto mostrarase a evolución do sistema mediante catro marcadores significativos como son: a cobertura vexetal, a morfoloxía do espigón e cambios no porto, o nivel de urbanización e o avance da fronte dunar. Estes catro factores están relacionados en maior ou menor medida e moitos resultados dos que imos observar son explicados mediante os cambios nun ou noutro marcador. Comezando co aumento progresivo que se dou nos arredores da praia de Laxe (Figura 5, Anexo I Figuras 27-35), pódese observar como o núcleo urbano foi medrando dende o peirao cara o SE. Isto é algo lóxico pois esta zona é a máis resgardada da ondaxe, polo tanto tamén a mellor para establecer tanto a zona residencial coma a construcción do porto. A construción dun paseo que segue a liña da praia fai de peche polo interior desta, e a partir dese punto, xa comeza a urbanización. Pasouse de ocupar unha pequena porción situada ao NO das terras circundantes á praia a ter, hoxe en día, tan so unha pequena fracción exenta de construcións (quitando o paseo) que se encadra arredor do río San Amedio.
22 1945 1985 1997 2003 2005 2010 Figura 5: Evolución da superficie urbana construída arredor da praia de Laxe A evolución en termos absolutos (Figura 6) pasa dunha superficie aproximada de 114.528 metros cadrados no ano 1945 a unha de máis de 571.724 metros cadrados no ano 2010 (tendo en conta tan so as áreas situadas ao redor da praia e non as edificacións máis dispersas na periferia). A partir deste ano e na última década, a superficie segue
23 estable pois na contorna da praia xa non hai case espazo para a construción de novos edificios. Así pois, entre o 1945 e o 2010 o aumento foi de aproximadamente 457.195 metros cadrados, quintuplicando case de maneira exacta a superficie urbana. Isto significa que o aumento foi de arredor dos 6900 metros cadrados por ano durante 65 anos. Figura 6: Evolución da superficie que ocupa a área urbanizada na contorna da praia de Laxe 0 100000 200000 300000 400000 500000 600000 700000 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2010 2020 Sup. área urbanizada (m2) Anos
24 1945 1956 1985 (voo Nacional) 1985 (voo Interministerial) 1997 Figura 7: Evolución da morfoloxía do porto En canto aos cambios que foi sufrindo o porto ao longo dos anos (Figura 7, Anexo I Figuras 1-7, 21-26), podemos ter en conta os rexistros de planificación das súas obras dende o 1935, estes puideron supoñer modificacións importantes na dinámica e morfoloxía da propia praia xunto co seu sistema dunar.
25 Dende os anos 40 ata a actualidade, no porto realizáronse diversas obras para mellorar a súa capacidade e productividade (Figura 7). Os maiores cambios que se poden observar ocorren nos anos 40 e 80. Nunha primeira etapa para a construcción dun dique de abrigo e nunha segunda para o seu elongamento. Na comparativa (Figura 8), pódese apreciar como con cada modificación que se foi sucedendo, aumenta a zona de abrigo. Figura 8: Comparativa entre as diferentes etapas do porto Dende a década dos 40 onde a infraestrutura medía uns 65 metros de lonxitude, pasamos á actualidade onde o dique esténdese uns 440 metros, adentrándose máis de 400 metros no mar. Tamén se pasou de menos de 20 metros de ancho, a unha construción que chega case aos 80 metros nalgún punto a día de hoxe.
32 No caso de Laxe, o avance da fronte dende a construción da ampliación do porto púidose ver de forma clara nos primeiros 5 anos despois desta. O feito de que a difracción das ondas causada polas estruturas de recente construción reforcen a deriva litoral cara o propio dique e a súa posterior vexetación tampouco é algo exclusivo nesta praia, se non que é bastante común en todos os lugares nos que se realizaron operacións de características similares (Flor-Blanco et al., 2015). En Laxe, como xa se comentou nos resultados, en todo este período de progradación e fitoestabilización dunar, houbo dous momentos nos que o sistema dunar sufriu unha recesión. No caso do acontecido no 2014, é facilmente xustificable pola acción das tormentas deste ano, xa que moitos sistemas tamén se viron afectados por estes períodos tormentosos (Flor-Blanco et al., 2015), feito verificable en que foi no sector este da praia, o sometido á maior enerxía das ondas, o que experimentou un retroceso da fronte dunar. En tanto ao acontecido entre os anos 1997 e 1999 a explicación non parece estar tan clara, xa que se detecta unha redución da superficie previamente vexetada no sector NO, a zona claramente de acumulación preferente e de desenvolvemento dunar. A falta de máis información, todo apunta que, coma noutros casos semellantes nos que estas recesións non son xustificables mediante este tipo de perturbacións meteorolóxicas, o máis probable é que se deba a acción humana (Gómez- Pina et al., 2002). En canto á superficie vexetada, xa se comentou a tendencia xeral que hai a nivel global da estabilización dunar (Jackson et al., 2019). Isto fai que aumente a cobertura vexetal, nalgúns casos como é o de Laxe, en cuestión de décadas. É incluso máis sorprendente cando esta situación se dá en zonas nas que antes había unha superficie núa (como ocorre na marxe setentrional da praia de Laxe), sen dunas nin vexetación. Este proceso acontece tamén en partes do mundo tan distantes como en Australia, máis concretamente nos campos de dunas no istmo de Woolamai, onde esta estabilización pode deberse a unha resposta biomorfolóxica ante diferentes perturbacións do clima como o cambio climático (Gao et al., 2021).
33 Un exemplo máis deste fenómeno de crecemento da vexetación é o que ocorre na costa Irlandesa (Jackson et al., 2011). Alí está ocorrendo o mesmo proceso de “greening” pero dunha forma moito máis dramática xa que os cambios están sendo extremadamente rápidos. Nalgúns casos chegou a aumentar un 80% da superficie en menos dunha década. Estes cambios parecen estar impulsados en boa parte polas variacións na temperatura. Segundo as previsións futuras, vaise seguir dando un aumento nas temperaturas, o que provocará que este fenómeno se incremente aínda máis. O resultado será que moitos dos sistemas dunares se inmobilicen. Outra explicación que tamén pode influír no aumento da superficie vexetada é a diminución da intensidade do vento que se leva estudando na costa NO de España xa dende os últimos anos da década de 1950, como ocorre na praia de Doniños (González- Villanueva et al., 2023). Este feito que aumenta notablemente a cobertura vexetal, tamén pode xogar na súa contra pois con menores intensidades redúcese a capacidade de recuperación nas dunas primarias ao diminuír a transmisión de area procedente da praia cara a duna. Ante esta situación, preténdese ditaminar con que procedemento se debe actuar en Laxe. A resposta é clara se se teñen en conta outras intervencións en casos similares: a mellor opción para esta problemática é a renaturalización. Como xa se mencionou anteriormente, isto require o menor número de intervencións humanas sobre o estado actual do sistema para que este se autoregule. Exemplos coma os de Corrubedo, onde a introdución de infraestruturas e maquinaria provocou degradacións importantes e un empeoramento da saúde do sistema (Pérez-Alberti et al., 2020) contrástano, mentres que outros estudos en sistemas como os de Pantín, Sieira e Xuño, tamén evidencian que o potencial de estabilización e as posibilidades de rexeneración non necesitan da acción humana, que nestes casos non sería recomendable (Gómez-Rey et al., 2019). Pero claro está, isto ten unha serie de implicacións que se deben respectar se se quere ser consecuente coa situación.
34 A) B) C) Figura 14: Posibles medidas para a xestión. A) Zonas a acordoar e sinalizar, e pasarelas a retirar. B) Exemplo de cordón disuasorio. C) Sinalización disuasoria. Entre as posibles medidas de xestión para a praia propóñense 3 medidas (Figura 14) que se pasan a describir. En primeiro lugar é necesario incrementar o espazo de acomodación das dunas na parte N da praia. Unha explanada ocupada actualmente por un campo de fútbol-praia e unhas redes de volley, impiden un desenvolvemento completo do sistema. A retirada destes elementos sería chave para conseguir a estabilización completa nesta parte da praia. Para isto sería necesario tamén quitar accesos mediante pasarelas. Primeiro porque a praia conta con demasiados, algúns innecesarios, pero concretamente os tres que se
35 sinalan (Figura 14), son especialmente prexudiciais. Os dous máis cara o norte atópanse nun dos principais accesos, polo que se recomenda ou ben desprazar un máis cara o N e eliminar o outro ou, o que sería mellor solución, recomendar entrar pola rampla de acceso que hai pegada ao porto e polas escaleiras de nova construción situadas a poucos metros da mesma. As pasarelas existentes deben prolongarse ata a fronte dunar, reducindo o pisoteo. Hai que destacar tamén a mala localización actual do sistema de drenaxe pluvial, que se atopa na zona de expansión da duna, o que puido provocar as dificultades de evacuación da auga. A parte de provocar inundacións periódicas, tamén pode impedir o correcto desenvolvemento da renaturalización. A solución require necesariamente unha intervención de maior magnitude, ben prolongando os emisarios ata cotas máis profundas, o que implicaría a necesidade de enterramento na praia coa afección ao sistema dunar creado, ou modificar toda a rede de pluviais para reconducilas cara ao porto. Estas son sen dúbida accións moi custosas pero que non teñen máis remedio ante a situación actual. A limitación dos accesos, especialmente no sector occidental evitaría unha maior invasión das dunas por parte dos visitantes, daríase unha recuperación do espazo ocupado polas pasarelas e na zona actualmente ocupada polas actividades deportivas. Dende a evidencia do proceso de fitoestabilización do sistema, nun prazo de tempo curto reduciríanse e incluso desaparecerían os problemas de invasión de area no paseo marítimo e rúas de Laxe. O establecemento de cordóns disuasorios e sinalización no perímetro das dunas, especialmente no sector norte no que se espera o incremento da superficie estabilizada, resulta unha solución eficaz para a redución do pisoteo e usos sobre as dunas. Estas zonas son as máis delicadas ante as modificacións e, ao mesmo tempo, lugares que a xente emprega para estender as toallas e cruzar para a praia. Non andar uns metros de máis ou querer desfrutar da praia cando as condicións non son as óptimas para o seu desfrute como son as fortes rachas de vento, non deben ser
36 impedimentos para unha correcta xestión destas áreas tan susceptibles ante estas accións. 6. CONCLUSIÓNS As principais conclusións que podemos sacar en limpo deste estudo son: - O rápido crecemento das dunas debido a acumulación de area a partir da década dos 80 é debido á ampliación do dique, e o consecuente reforzamento da deriva sedimentaria E-O. - O crecemento do sistema dunar, especialmente na metade occidental da praia produciuse ao mesmo tempo que o inicio da fitoestabilización. O proceso de aumento da cobertura vexetal forma parte dunha tendencia a nivel global no que os efectos do cambio climático son partícipes mediante o aumento da temperatura. - As medidas que se deben tomar para unha correcta xestión da praia terían que ser o menos intervencionistas posibles, decantándose pola renaturalización do sistema. Isto incluiría a retirada de pasarelas, darlle espazo ás dunas eliminando posibles obstáculos e acordoando sectores específicos impedíndolle o paso aos usuarios. BIBLIOGRAFÍA Alonso, A., Lorenzo, F., & Pagés, J. L. (2000). Dinámica litoral y erosión en la ría de El Barquero: factores antrópicos y procesos naturales. Geogaceta, 28: 7-10. Flor, G., Flor-Blanco, G., & Flores-Soriano, C. (2014). Cambios ambientales por los temporales de invierno de 2014 en la costa asturiana (NO de España). Trabajos de Geología.K 34: 97-123. Flor-Blanco, G., Flor, G., Pando, L., & Abanades, J. (2015). Morphodynamics, sedimentary and anthropogenic influences in the San Vicente de la Barquera estuary (North coast of Spain). Geologica Acta, 13: 279-295.
37 Flor-Blanco, G., Pando, L., Morales, J. A., & Flor, G. (2015). Evolution of beach-dune fields systems following the construction of jetties in estuarine mouths (Cantabrian coast, NW Spain). Environmental Earth Sciences, 73: 1317-1330. Gao, J., Kennedy, D., Konlechner, T. M., McSweeney, S., Chiaradia, A., & McGuirk, M. (2021). Changes in the vegetation cover of transgressive dune fields: A case of study in Cape Woolamai, Victoria. Earth Surface Processes and Landforms, 47: 778-792. Gómez-Pina, G., Muñoz-Perez, J. J., Ramírez, J. L., & Carlos, L. (2002). Sand dune management problems and techniques. Journal of Coastal Research, 36: 325- 332. Gómez-Rey, G., & Blanco Chao, R. (2019). Progradación de sistemas dunares de la costa Atlántica de la Península Ibérica. En R. Durán, L. Guillén y G. Simarro (Eds) X Jornadas de Geomorfología Litoral. Libro de ponencias. Castelldefels, 4- 6 septiembre 2019. 292 p González-Villanueva, R., Pastoriza, M., Hernández, A., Carballeira, R., Sáez, A., & Bao, R. (2023). Primary drivers of dune cover and shoreline dynamics: A conceptual model based on the Iberian Atlantic coast. Geomorphology, 423: 1-13. Hesp, P. A. (2002). Foredune and blowout: initiation, geomorphology and dynamics. Geomorphology, 48: 245-268. IGME. (2002). Mapa Xeolóxico e Memoria da Folla nº43 (Laxe). Mapa Xeolóxico de España 1:50.000 (2ª Serie). Madrid: IGME. Jackson, D. W., & Cooper, J. A. (2011). Coastal dune fields in Ireland: rapid regional response to climate change. Journal of Coastal Research, 64: 293-297. Jackson, D., Costas, S., González-Villanueva, R., & Cooper, A. (2019). A global ‘greening’ of coastal dunes: An integrated consequence of climate. Global and Planetary Change, 182: 103026
38 Pérez-Alberti, A., Gómez-Pazo, A., & Otero, X. L. (2020). Natural and Anthropogenic Variations in the Large Shifting Dune in the Corrubedo Natural Park, NW Iberian Peninsula (1956-2017). Applied Sciences, 11: 1-17. Provoost, S., Jones, M. M., & Edmonsdson, S. E. (2011). Changes in landescape and vegetation of coastal dunes in northwest Europe: a review. Journal of Coastal Conservation, 15: 207-226. Puertos del Estado. (Junio de 2023). Clima Medio de Oleaje. Nodos SIMAR 3008032 y 3012030. Obtenido de www.puertos.es Sanjaume, E., Gracia, F. J., & Flor, G. (2011). Introducción a la geomorfología de sistemas dunares. En E. Sanjaume Saumell, & F. J. Gracia Prieto, Las dunas en España. Cádiz: Sociedad Española de Geomorfología. Pp 13-67 Short, A. D., & Hesp, P. A. (1982). Wave, beach, and dune interaction in southeast Australia. Marine Geology, 48:259-284. Tsoar, H. (2005). Sand dunes mobility and stability in relation to climate. Physica: A Statistical Mechanics and its aplications, 37: págs. 50-56.
39 ANEXO I Figura 1: Obras 1935 Figura 2: Porto reformado 1956
40 Figura 3: Porto 1960 Figura 4: Reforzo escollera 1979
41 Figura 5: Escollera amortiguadora 1981 Figura 6: Reforzo escollera 1986
48 Figura 19: Fronte dunar 2017 Figura 20: Frontes dunares (Comparación)
49 Figura 21: Morfoloxía do porto (Comparación) Figura 22: Morfoloxía do porto 1945
50 Figura 23: Morfoloxía do porto 1956 Figura 24: Morfoloxía do Porto 1985 (Nacional)
51 Figura 25: Morfoloxía do porto (Interministerial) Figura 26: Morfoloxía do porto 1997
52 Figura 27: Superficie urbanizada 1945 Figura 28: Superficie urbanizada 1956
53 Figura 29: Superficie urbanizada 1985 Anexo 30: Superficie urbanizada 1997
54 Figura 31: Superficie urbanizada 1999 Figura 32: Superficie urbanizada 2003
55 Figura 33: Superficie urbanizada 2005 Figura 34: Superficie urbanizada 2008
56 Figura 35: Superficie urbanizada 2010 Figura 36: Cobertura vexetal 1985
57 Figura 37: Cobertura vexetal Figura 38: Cobertura vexetal 1999 1997