scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 10 de xuño de 2024 que aprobou a modificación do acordo do Consello de Goberno do 27 de maio de 2010, sobre criterios de admisión por cambio de universidade e/ou estudos universitarios nos estudos de grao

USC. Acordo Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICO, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria do día 10 de xuño de 2024 aprobou a modificación do acordo do Consello de Goberno do 27 de maio de 2010, sobre criterios de admisión por cambio de universidade e/ou estudos universitarios nos estudos de grao, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D930-3BA5-436C-9E34 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D930-3BA5-436C-9E34 1 / 6 Acordo do 10 de xuño de 2024 do Consello de Goberno, polo que se aproba a modificación do Acordo do Consello de Goberno do 27- 05- 2010, sobre criterios de admisión por cambio de universidade e/ou de estudos universitarios nos estudos de grao. O Real decreto 412/2014, do 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao establece no artigo 29 Cambio de universidade e/ou de estudos universitarios oficiais españois que “as solicitudes de prazas de estudantes con estudos universitarios oficiais españois parciais que desexen ser admitidos noutra universidade e/ou estudos universitarios oficiais españois e se lles recoñeza un mínimo de 30 créditos ECTS de acordo co disposto no artigo 6 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, serán resoltas polo reitor da universidade, de acordo cos criterios que para estes efectos determine o Consello de Goberno de cada universidade”. A derrogación do Real decreto 1393/2007 polo Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, xunto co tempo transcorrido desde a adopción do Acordo de Consello de Goberno do 27-05-2010, sobre criterios de admisión por cambio de universidade e/ou estudos universitarios nos estudos de grao, fan necesaria a revisión e actualización dos criterios de continuación de estudos en graos con límites de prazas. En consonancia co anterior, resulta preciso recoller expresamente a necesidade de exixir o recoñecemento mínimo de 30 ECTS para todos os casos de continuación de estudos en grao, establecendo unha serie de criterios específicos aplicables aos casos de titulacións nos que existan cotas de prazas para os traslados. Nestes supostos, óptase por establecer un sistema de prelacións por grupos de estudantes, nos que se aplicará un criterio de ordenación que dependerá da nota media do expediente académico expresada en base 10, á que se sumará unha puntuación adicional no caso daqueles estudantes que teñan realizado as probas de acceso á universidade en Galicia. Finalizado o procedemento de ordenación, procederá outro de asignación de prazas no que se priorizará a aqueles estudantes que soliciten o traslado desde outra universidade pública do Sistema Universitario de Galicia. Asemade, o presente Acordo serve para derrogar o criterio CUARTO, relativo á continuación de estudos en títulos de grao sen límite de prazas, categoría inexistente na actualidade. Por todo o anterior, e en virtude da potestade estatutaria conferida, o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, na súa reunión do 10 de xuño de 2024, acordou aprobar a seguinte modificación do Acordo de Consello de Goberno do 27-05-2010: ÚNICO. Modificación do criterio TERCEIRO. O criterio TERCEIRO pasa a ter o contido que segue: “TERCEIRO.- Continuación de estudos en graos con límite de prazas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D930-3BA5-436C-9E34 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D930-3BA5-436C-9E34 2 / 6 1. Para continuar estudos en titulacións de Grao o estudantado deberá ter recoñecidos como mínimo 30 ECTS na titulación na que solicite cursar estudos na Universidade de Santiago de Compostela . 2. No caso de titulacións con cota de prazas para traslados, a ordenación das solicitudes establecerase conforme á seguinte prelación: Grupo I. a) Se os estudos habilitan ou son condición necesaria para o exercicio dunha profesión regulada en España segundo as directrices do ministerio competente, terán preferencia aqueles estudantes procedentes de estudos de grao que habiliten ou sexan condición necesaria para o exercicio da mesma profesión que acrediten unha nota de admisión nos seus estudos de procedencia igual ou superior á nota de corte no curso inmediatamente anterior nos estudos da Universidade de Santiago de Compostela nos que solicitara ingresar, no cupo de admisión que lle tivera correspondido en función da súa vía de acceso. b) Se os estudos de grao non habilitasen para ningunha profesión regulada, terán preferencia os estudantes procedentes de estudos de grao con competencias, resultados de aprendizaxe e contidos iguais ou similares aos expresados no plan formativo do grao, conforme determine, á vista das solicitudes, o centro responsable da titulación, cando acrediten unha nota de admisión nos seus estudos de procedencia igual ou superior á nota de corte no curso inmediatamente anterior nos estudos da Universidade de Santiago de Compostela nos que solicitara ingresar, no cupo de admisión que lle tivera correspondido en función da súa vía de acceso. Grupo II. Posteriormente, terán preferencia os estudantes procedentes de estudos de grao pertencentes ao mesmo ámbito de coñecemento que os estudos para os que se solicita admisión, cando acrediten unha nota de admisión nos seus estudos de procedencia igual ou superior á nota de corte no curso inmediatamente anterior nos estudos da Universidade de Santiago de Compostela nos que solicitara ingresar, no cupo de admisión que lle tivera correspondido en función da súa vía de acceso. Grupo III. Tras os estudantes que teñan preferencia de acordo cos dos dous criterios anteriores, poderán acceder aqueles estudantes que non acrediten unha nota igual ou superior á nota de corte no curso inmediatamente anterior nos estudos do mesmo ámbito de coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela nos que solicitara ingresar, no cupo de admisión que lle tivera correspondido segundo a súa vía de acceso. Neste caso respectaranse tamén as prelacións establecidas nos criterios anteriores. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D930-3BA5-436C-9E34 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D930-3BA5-436C-9E34 3 / 6 Grupo IV. Tras os estudantes que teñan preferencia de acordo cos tres criterios anteriores, situaranse todos os estudantes procedentes de estudos de grao doutros ámbitos de coñecemento que acrediten unha nota de admisión nos seus estudos de procedencia igual ou superior á nota de corte no curso inmediatamente anterior nos estudos da Universidade de Santiago de Compostela nos que solicitara ingresar, no cupo de admisión que lle tivera correspondido en función da súa vía de acceso. Grupo V. Finalmente, situaranse todos aqueles estudantes doutros ámbitos de coñecemento que non acrediten unha nota de admisión nos seus estudos de procedencia igual ou superior á nota de corte no curso inmediatamente anterior nos estudos da Universidade de Santiago de Compostela nos que solicitara ingresar, no cupo de admisión que lle tivera correspondido en función da súa vía de acceso As notas de corte, xunto coas prazas ofertadas para traslado de expediente en cada estudo, publicaranse para cada curso académico nunha resolución da Xerencia. As solicitudes do estudantado ordenaranse en cada grupo pola nota media do expediente académico expresada en escala de 0 a 10. Adicionalmente, o estudantado que teña realizado as probas de acceso á universidade en Galicia e así o acredite, recibirá 0,5 puntos adicionais que se sumarán á nota media do expediente académico. A puntuación final obtida, que determinará a ordenación das solicitudes en cada grupo, virá dada pola nota media do expediente académico á que se sumará, no seu caso, a puntuación adicional por ter realizado as probas de acceso á universidade en Galicia. Na asignación final das prazas, terán preferencia dentro de cada grupo no chamamento a ocupar as prazas ofertadas os solicitantes que acrediten proceder dunha universidade pública do Sistema Universitario de Galicia, ofertándose, en segundo lugar, as prazas vacantes a aqueles estudantes que soliciten o traslado desde outras universidades. 3. O estudantado que teña cursado estudos na Universidade de Santiago de Compostela e trasladara o seu expediente a outra universidade, poderá reingresar directamente para continuar os estudos orixinais nos que estivese matriculado na Universidade de Santiago de Compostela, sempre que non incorra nalgún impedimento recollido normativa sobre permanencia para continuar neses estudos. No caso de tratarse dunha titulación con cota para traslados, non detraerán prazas das ofertadas polo centro. Disposición adicional única. Desenvolvemento normativo Habilítase á Xerencia a ditar as instrucións precisas para a execución do presente acordo. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D930-3BA5-436C-9E34 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D930-3BA5-436C-9E34 4 / 6 Disposición transitoria primeira. Ramas de coñecemento Ata a adaptación das titulacións impartidas na Universidade de Santiago de Compostela ao disposto no Anexo I. Ámbitos do coñecemento do Real decreto 822/2021, as referencias contidas no texto aos ámbitos de coñecemento entenderanse practicadas ás ramas de coñecemento. Disposición transitoria segunda. Plans non estruturados en ECTS No caso de solicitude de traslados para cursar una titulación de grao con límite de prazas para o ingreso, con ou sen cota de prazas para traslados, o estudantado que teña cursado estudos en plans que se rixan por directrices anteriores aos estudos de grao, ten que acreditar ter superados como mínimo 60 créditos propios da titulación (troncais, obrigatorios ou optativos), ou, no caso de plan non estruturados en créditos, ter superado o primeiro curso completo da titulación. Disposición derrogatoria. Derrogación Queda derrogado o punto CUARTO do Acordo do Consello de Goberno do 27-05-2010 sobre criterios de admisión por cambio de universidade e/ou de estudos universitarios nos estudos de grao, así como todas aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao previsto neste acordo. Disposición derradeira. Entrada en vigor Este acordo entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Taboleiro da USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D930-3BA5-436C-9E34 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D930-3BA5-436C-9E34 5 / 6 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18/06/2024 12:52:39. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17/06/2024 19:54:37. CSV: D930-3BA5-436C-9E34 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D930-3BA5-436C-9E34 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D930-3BA5-436C-9E34 6 / 6