Incubadora de proxectos culturais: Proposta de diversificación do tecido económico local no Concello de Rianxo
Abstract
[ES]El fin principal de este Trabajo Fin de Máster es el diseño de una acción concreta para un plan de desarrollo local de mayor envergadura en el Ayuntamiento de Rianxo mediante la creación de una incubadora de proyectos culturales. Un proyecto que busca obtener un impacto positivo en los principales indicadores locales: actividad económica, contexto demográfico, oferta sociocultural, educación y otros.
Full text
FACULTADE DE HUMANIDADES MÁSTER EN SERVIZOS CULTURAIS TRABALLO FIN DE MÁSTER INCUBADORA DE PROXECTOS CULTURAIS: PROPOSTA DE DIVERSIFICACIÓN DO TECIDO ECONÓMICO LOCAL NO CONCELLO DE RIANXO Autor: Iago Hermo Martínez Titor: Dº Antonio Doval Adán XULLO DE 2021
RESUMO O fin principal deste Traballo Fin de Máster é o deseño dunha acción concreta para un plan de desenvolvemento local de maior envergadura no Concello de Rianxo mediante a creación dunha incubadora de proxectos culturais. Un proxecto que busca obter un impacto positivo nos principais indicadores locais: actividade económica, contexto demográfico, oferta sociocultural, educación e outros. O proxecto divídese en dúas partes: por un lado, unha residencia artística. Unha proposta de apoio a creadores e colectivos artísticos para a creación de novas propostas culturais co apoio da administración local mediante a cesión de espazos, asistencia técnica e axuda económica. Polo outro lado, un viveiro de empresas culturais. Un espazo que ofreza as condicións necesarias de espazo, equipamento, asistencia técnica e administrativa, acceso a financiación e inclusión nos mercados culturais para todas aquelas empresas e entidades que operan no sector cultural. PALABRAS CLAVE Desenvolvemento local endóxeno; Rianxo; política cultural activa; administración local; desenrolo das industrias culturais; residencia artística; viveiro de empresas culturais RESUMEN El fin principal de este Trabajo Fin de Máster es el diseño de una acción concreta para un plan de desarrollo local de mayor envergadura en el Ayuntamiento de Rianxo mediante la creación de una incubadora de proyectos culturales. Un proyecto que busca obtener un impacto positivo en los principales indicadores locales: actividad económica, contexto demográfico, oferta sociocultural, educación y otros. El proyecto está dividido en dos partes: por un lado, una residencia artística. Una propuesta de apoyo a creadores y colectivos artísticos para la creación de nuevas propuestas culturales con el apoyo de la administración local mediante la cesión de espacios, asistencia técnica y ayuda económica. Por el otro lado, un vivero de empresas culturales. Un espacio que ofrezca las condiciones necesarias de espacio, equipamiento, asistencia técnica y administrativa, acceso a financiación e inclusión en los mercados culturales para todas aquellas empresas y entidades que operan en el sector cultural. PALABRAS CLAVE Desarrollo local endógeno; Rianxo; política cultural activa; administración local; desarrollo de las industrias culturales; residencia artística; vivero de empresas culturales
ABSTRACT The main goal for this Master's Final Project is the design of a specific action within a broader local development plan for the Municipality of Rianxo through the creation of a cultural projects incubator. A project that aims to make a positive impact in the main local indicators: economic activity, demographic context, sociocultural offer, education and others. The project is divided in two parts: in one hand, an artistic residence. A proposal to support creators and artists collectives for the creation of new cultural proposals with the support of the local administration through the offer to use spaces, technical help and economic support. In the other hand, a cultural business incubator. A space offering the necessary conditions of space, equipment, technical and administrative assistance, funding access and a connection to the cultural market for all those companies and organizations working within the cultural field. KEYWORDS Endogenous local development; Rianxo; active cultural policy; local administration; development of the cultural industries; artistic residency, cultural business incubator
ÍNDICE ÍNDICE DE FIGURAS 1- INTRODUCIÓN E XUSTIFICACIÓN 2- O CONTEXTO TERRITORIAL E CULTURAL: DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN 2.1 Dinámica territorial 2.2 Dinámica sectorial 2.3 Análise DAFO 3 OBXECTIVOS DO PROXECTO 4 METODOLOXÍA SEGUIDA 5 PROPOSTAS BÁSICAS DE ACTUACIÓN 5.1 Residencia artística 5.2 Creación dun viveiro de empresas culturais 6 ESTRATEXIA DE INTERVENCIÓN TERRITORIAL 6.1 Localización xeográfica 6.2 Destinatarios 6.3 Actividade e funcionamento 6.4 Captación de recursos económicos e xestión financeira 6.5 Recursos materiais e técnicos 6.6 Estrutura organizativa e de recursos humanos 6.7 Estratexia de comunicación 6.8 Cronograma previsto 6.9 Seguimento e avaliación 7 IMPACTO SOCIAL, ECÓNOMICO E CULTURAL ESPERADO 8 CONCLUSIÓNS 9 DOCUMENTACIÓN E BIBLIOFRAFÍA 3 4 8 12 14 15 16 17 23 23 23 24 24 25 26 28 31 40 41 42 43 45 47 50
3 ÍNDICE DE FIGURAS Fig. 1. Forma xurídica dos enquisados Fig. 2. Localización xeográfica Fig. 3. Valoración dos enquisados sobre a evolución do seu sector nos últimos tempos Fig. 4. Ingresos e orzamento medio anual Fig. 5. Principais consumidores de bens e servizos dos enquisados Fig. 6. Valoración dos principais problemas do sector a nivel autonómico. Fig. 7. Valoración das principais vantaxes do sector a nivel autonómico. Fig. 8. Valoración sobre os problemas de desenvolver a actividade no rural (Rianxo). Fig. 9. Valoración sobre as principais vantaxes de desenvolver a súa actividade no rural galego (Rianxo). Fig. 10. Pregunta sobre os principais elementos a ter en conta de cara a poñer en marcha un viveiro no rural (Rianxo). Fig. 11. Pregunta sobre as razóns para non establecer a súa actividade no rural (Rianxo). Fig. 12. Fotografía da entrada do Centro Sociocultural de Rianxo Fig. 13. Vestíbulo principal do Centro Sociocultural de Rianxo Fig. 14. Vestíbulo principal do Centro Sociocultural de Rianxo Fig. 15. Vista do escenario do Auditorio Municipal dentro do centro sociocultural Fig. 16. Fotografía dunha representación teatral no Auditorio Municipal. Fotografía da Concellería de Cultura do Concello de Rianxo Fig. 17. Fotografía frontal do antigo edificio de Servizos Sociais e as súas dúas plantas, potencial sede do viveiro de empresas. Fig. 18. Vista do acceso principal ao edificio. Fig. 19. Plano do soto do teatro municipal Fig. 20. Plano do escenario e patio de butacas do teatro Fig. 21. Plano transversal de altura do fondo do teatro Fig. 22. Plano transversal do escenario e patio de butacas Fig. 23. Detalle da tremoia do escenario 19 19 20 20 20 21 21 21 21 22 22 32 32 33 33 34 34 35 36 36 37 37 40
4 1. INTRODUCIÓN E XUSTIFICACIÓN Para ser honestos, nunca antes pensara que nalgún punto da miña vida escribiría unha proposta como a que aquí redacto. Comecei o que máis tarde sería a miña carreira (a música) aos 8 anos, asistindo ás clases da Escola de Música de Rianxo, a miña vila natal. Sen realmente ser consciente por completo, durante os meus anos de estudo no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e, posteriormente, no Conservatorium Maastricht (Países Baixos) decateime da importancia de integrar a acción artística coa planificación e xestión cultural. E todo isto por ver, cos meus propios ollos, os efectos de organizar e dirixir concertos e festivais contando cos meus compañeiros como protagonistas. Moitas son as experiencias obtidas disto, e precisamente destas experiencias foi onde adquirín a espiña de achegarme á xestión cultural. Precisamente por formar parte do campo que pretendo xestionar é polo que considerei importante desenvolver unha proposta na que conectase as miñas propias vivencias artísticas, coas necesidades de “supervivencia” da vila que me veu medrar e que me fixo quen son na actualidade: Rianxo. Aproveitando o gran coñecemento obtido na materia de Desenvolvemento Local, combinado con conceptos e ideas doutras materias, decidín sintetizar nun só proxecto as ideas anteriormente mencionadas e o desenrolo socioeconómico local. Aí xurde a idea de crear unha incubadora de proxectos e industrias culturais. Esta idea deuse por varios motivos. Ver como empeora a situación económica do meu pobo natal foi a principal. Unha situación que, de non producirse un cambio profundo no modelo local, non fará máis que empeorar. Tamén a necesidade de mellorar as perspectivas e calidade do sector cultural. A miña experiencia de 4 anos e medio residindo nos Países Baixos permitiume ver o enorme atraso que levamos en Galicia en comparación con rexións moito máis desenvolvidas, nas que se da un maior apoio (e dende múltiples fontes) á creación e profesionalización do sector cultural. Neste texto tentei, dentro das limitacións impostas para o formato de traballo da vía profesional, desenvolver de xeito xeral aquelas cuestións que semellaron máis importantes na miña opinión. Primeiramente, o traballo sobre as bases contextuais, onde recollo e sintetizo aqueles indicadores, aquela información e datos relevantes para o sector cultural e o seu impacto na economía. A partir de aí, no resto do traballo desenvolvo elementos concretos do propio proxecto: dende a súa localización, destinatarios, o contexto das políticas culturais nos que se atopan, os recursos económicos, materiais e técnicos, as distintas vías de acción, a comunicación,
5 as necesidades de avaliación... En resumo, todos aqueles elementos necesarios para a posta en marcha do proxecto. É importante salientar o feito de que este proxecto, de ser posto en marcha, precisa ser incorporado nunha proposta integral na que se incorporen outras áreas para o seu desenvolvemento, así como unha planificación no longo prazo na que se inclúan accións futuras e posibles cambios de obxectivos e métodos. Se ben o proxecto en si pode ser funcional de forma independente, este obterá os seus mellores resultados cando se amplifique a acción local neste sentido. Xustificación Nun contexto de continuo descenso da actividade económica no concello de Rianxo, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (s.f.-a), acrecentado polo impacto da actual pandemia do COVID-19 no momento no que se escribe este traballo, sería por si mesma xustificación suficiente para a elaboración deste proxecto. As políticas locais de promoción e desenvolvemento socioeconómico, de impacto máis ben puntual e reducido, fan imprescindible a elaboración dun plan integral e integrante de gran calado que, primeiramente, deteña a situación de decrecemento local, e segundo, asente as bases e estruturas sólidas precisas para un desenrolo sustentable para o futuro. Aproveitando esta necesidade de desenvolvemento do tecido socioeconómico local, e aproveitando o auxe sostido no tempo (se ben interrompido pola actual crise sanitaria) do sector cultural no conxunto de Galicia (Observatorio da Cultura Galega, 2019), do estado (División de Estadísticas y Estudio, Secretaría General Técnica, 2020), e a nivel internacional, quixen aproveitar para integrar nunha soa proposta dúas necesidades moi actuais. Por un lado, a xa mencionada necesidade de mellora económica e social da vila, e por outro lado, ofrecer ás industrias e organizacións culturais un punto de inicio, desenrolo e innovación coa asistencia da administración pública local e outros axentes involucrados. Todos xuntos en colaboración para acadar un obxectivo fundamental para un mundo globalizado e que ofrece boas opcións aos diversos sectores económicos que decidan asentarse fóra dos focos xeográficos habituais de actividade económica (principalmente grandes cidades). Ofrecer esta incubadora para industrias e organizacións do tecido cultural nunha vila como Rianxo supón a posibilidade de atallar diversos problemas do ámbito local a través dun proxecto simple na súa concepción, pero eficaz. Sobre todo se temos en conta como un viveiro destas
6 características afecta á actividade cultural local, mellora a formación e participación da sociedade e apoia o desenvolvemento económico dun territorio destas características.
7 INCUBADORA DE PROXECTOS CULTURAIS: PROPOSTA DE DIVERSIFICACIÓN DO TECIDO ECONÓMICO LOCAL NO CONCELLO DE RIANXO
14 proxectos empresariais e culturais para unha eurorrexión duns 6,5 millóns de habitantes (IGE, s.f.-b; INE, s.f.). Rexión que se ampliou coa incorporación doutras dúas comunidades autónomas en España (Asturias e Castela e León), e a Rexión Centro de Portugal. En definitiva, o potencial a nivel local/comarcal, así como a través da franxa do Eixo Atlántico e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, supoñen unha boa oportunidade para o desenvolvemento dun proxecto destas características, situado nunha realidade territorial rexional cun incremento da actividade económica, do PIB e dos salarios. Polo tanto, unha localización con potencial para esta proposta. 2.2-Dinámica sectorial O sector cultural, polo xeral, conta cunhas circunstancias particulares que deben ser tidas en conta á hora de poñer en marcha unha incubadora destas características. Co sistema autonómico de estruturación do estado, son as comunidades autónomas as que incorporan as competencias en cultura. No caso galego, recollido no artigo 27 Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 (Estatuto de Autonomía, 1981). Se ben o goberno autonómico conta coas competencias en cultura, son sobre todo as administracións locais as que xestionan o groso da acción cultural na actualidade. Este sector, cun carácter maioritariamente urbano, tende a posuír certa inestabilidade inherente ao sector: impacto inmediato en momentos de crise (DEESGT, 2020) certa dependencia das administracións públicas (no caso galego por ser os concellos os que solicitan maioritariamente os seus servizos), temporalidade no emprego e, segundo a área de emprego, menores salarios. Aínda así, hai certos datos, recollidos tanto no Anuario de Estadísticas Nacionales 2020 do Ministerio de Cultura, así como no Anuario SGAE de las Artes Escénicas, Musicales y Audiovisuales 2020 realizado pola Fundación SGAE, que proban unha mellora cuantitativa e cualitativa do sector nos últimos 10 anos. Entre as melloras coas que nos atopamos, podemos ver: un aumento do emprego no sector cultural, un incremento no número de empresas dedicadas á cultura, un maior investimento público (sobre todo local e autonómico) no sector, un incremento na recadación e das exportacións, un gran incremento e estabilización no número de estudantes (tanto profesionais como non profesionais) rexistrados en disciplinas artísticas, un aumento considerable da demanda de bens e servizos culturais, e tamén un incremento no número de espectadores en xeral (DEESGT, 2019, 2020; Granados Martínez, P.,
15 Guitérrez del Castillo, R., Marcos Torres, N., Sánchez Albardíaz, S., Sausor Cortés, M., 2020; OCG, 2020). Estes datos vense apoiados no incremento do emprego no sector cultural (OCG, 2019), pasando de 25,1 mil traballadores no 2005 a 34,1 mil traballadores no ano 2019 (IGE, s.f.-d). Así mesmo, dende o ano 2009 ata o 2019 prodúcese un incremento do número de empresas cuxa actividade económica está relacionada co sector cultural, pasando 5.439 a 7.033 (IGE, s.f.-c). Ante a actual situación de crise económica por mor da pandemia do COVID-19, o ritmo de creación de empresas culturais sufriu unha baixada respecto a anos anteriores, mais o feito de non tratarse dunha crise económica sistémica, a xestión social da mesma e a chegada de fondos europeo para paliar os seus efectos (Comisión Europea, s.f.), supoñen un aliciente para poder recuperar esa senda de crecemento e, por tanto, ofrecer un proxecto como o aquí exposto. Para apoiar esta información con datos relacionados coas demandas directas do sector, incorporáronse na enquisa realizadas diversas cuestións relacionadas coa situación do sector, así como as vantaxes e desvantaxes de realizar a súa actividade nun territorio específico 2.3-Análise DAFO Unha vez analizadas as dinámicas territoriais e sectoriais, é imprescindible realizar unha análise DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) para establecer as distintas liñas de actuación que mellor se adapten á realidade local e que axuden a establecer unha estratexia eficaz para unha óptima realización deste proxecto. DEBILIDADES AMEAZAS -Falta de mantemento das instalacións públicas locais. - Falta de iniciativa e posta en marcha de políticas culturais e desenvolvemento local de calado. - Conexións deficitarias por transporte público. -Localización do concello no rural galego. -Actividade económica local en descenso. -Discrepancias políticas entre administración local e autonómica. -Existencia dun proxecto similar en Santiago de Compostela. -Posible redución do orzamento de cultura. -Cambios de prioridades do goberno local e cambio de goberno. - Abandono do mantemento e melloras das instalacións públicas (en especial o teatro). -Posta en marcha de propostas similares en concellos da contorna. - Preferencia das industrias culturais por asentarse en cidades.
16 FORTALEZAS OPORTUNIDADES -Alto investimento público para cultura nas partidas do orzamento municipal (Gobierto, s.f.-a, s.f.-b) -Interese do actual goberno local por levar a cabo propostas de carácter cultural. - Dispoñibilidade de diversos edificios públicos para albergar o proxecto. - Existencia dun teatro municipal cunhas dimensións, equipamentos e calidade óptimas. -Prezos reducidos de aluguer e residencia en comparación con núcleos urbanos de maiores dimensións. - Tecido cultural e educativo local de gran actividade (escola de música, agrupacións teatrais amateur, etc.) -Baixa iniciativa de políticas culturais en concellos da contorna (situación recorrente en Galicia) - Inexistencia dunha proposta similar na contorna. -Aumento da actividade cultural profesional no contexto galego e do estado español. - Mellora gradual da profesionalización do persoal técnico cultural da administración pública. -Aumento sostido no tempo da demanda de produtos e servizos culturais por parte da sociedade , administración, empresas e outras organizacións. 3. OXECTIVOS DO PROXECTO A integridade do proxecto está deseñado atendendo a unha serie de obxectivos que supoñan unha mellora e cambio de paradigma da situación social, económica, educativa e cultural de Rianxo. Sendo consciente do enorme esforzo que supón a posta en marcha deste proxecto, así como da obtención de resultados reais no medio/longo prazo (de funcionar de forma óptima), tento marcar unhas liñas de actuación atendendo aos obxectivos prioritarios marcados a continuación: OBXECTIVOS EDUCATIVOS / SOCIAIS • Ofrecer formación diversa e de calidade no ámbito cultural a persoas e entidades locais, da comarca do Barbanza e da contorna. • Desenvolver hábitos de participación activa e consumo cultural na poboación local e da contorna. • Promover o desenrolo do asociacionismo cultural participativo. • Establecer e promover unha comunidade de participación cultural activa na vila.
17 OBXECTIVOS ARTÍSTICOS / CULTURAIS • Fomentar e facilitar a creación artística local de calidade. • Fomentar o desenrolo de iniciativas e propostas culturais no ámbito local. • Aumentar e diversificar a programación artística e cultural no concello de Rianxo. OBXECTIVOS TÉCNICOS / PROFESIONAIS / ECONÓMICOS • Ofrecer espazos, equipamentos e medios para o desenrolo das iniciativas e proxectos que se desenvolvan no abeiro deste proxecto. • Dotar de medios suficientes para a realización das distintas propostas culturais na vila. • Asistir ás entidades locais para lograr desenvolver as súas actividades nas mellores condicións posibles. • Promover o desenrolo das industrias culturais e de outras organizacións de carácter cultural e educativo. • Desenvolver a profesionalización do sector (persoas e institucións). • Dotar de medios e asistencia técnica, financeira e empresarial ás empresas, asociacións e demais entidades do campo cultural no ámbito local. A maiores destes obxectivos, e segundo se desenvolvan as distintas propostas deste proxecto co paso do tempo, será imprescindible avaliar a consecución dos mesmos e analizar a necesidade de modificar obxectivos e engadir outros novos. 4. METODOLOXÍA SEGUIDA O traballo para a realización desta proposta de incubadora de proxectos e industrias culturais require organizar o traballo en distintas fases atendendo ás necesidades estruturais e puntuais para o seu desenvolvemento. É por isto que o traballo de preparación e planificación está dividido en fases e procedementos específicos. A preparación inicial do proxecto requiriu un traballo dobre: por un lado, obter a información “en bruto” á que aterme para o desenrolo do proxecto. Comprobar as bases de datos existentes respecto ao sector cultural en Galicia e en España, en especial aquelas con maior impacto no proxecto como os anuarios da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), as enquisas de hábitos culturais do Ministerio de Cultura, os datos existentes no Instituto Galego de Estatística (IGE) e outras fontes relevantes. Polo outro lado, o meu período de prácticas na área de cultura, museos e mocidade; festas e centros socioculturais no Concello de Rianxo foron fundamentais
18 para poder analizar de primeira man os métodos de traballo desta concellería e dos seus técnicos, o estado e dispoñibilidade das distintas instalacións e equipamentos municipais dedicados á cultura, así como acceso ás bases de datos locais no que respecta á actividade económica local. O seguinte paso consistiu tamén en dúas tarefas consecutivas. Primeiro, analizar casos existentes de viveiros semellantes na contorna. Para isto, tomei como referencia o centro de emprendemento para as industrias culturais existente no Gaiás (Santiago de Compostela) e xestionado pola Fundación Cidade da Cultura. Con este exemplo existente, levei a cabo a seguinte parte do proceso: deseñar unha enquisa destinada a autónomos, empresas e entidades do sector cultural en Galicia (centrándome naquelas cunha actividade o máis estable e constante posible ao longo do tempo), usando a información obtida tanto das bases de datos anteriormente mencionadas, da información do persoal técnico do concello, e do exemplo existente en Santiago de Compostela, para así deseñar unha enquisa na que poida obter a información máis relevante en canto á situación das industrias culturais e as súas necesidades de cara a poñer en marcha un proxecto destas características. A enquisa establece 12 preguntas destinadas a obter información sobre as condicións dos axentes enquisados, o contexto cultural e para delimitar as preferencias e necesidades do sector de cara a deseñar todo este proxecto. As respostas obtidas permitiron contextualizar e afinar os potenciais axentes participantes, usuarios directos deste proxecto, así como obter información sobre aqueles elementos máis importantes que repercutan nunha mellor oferta de servizos considerados relevantes polos mesmos (financiamento, desenrolo de públicos, acceso a instalacións e equipamentos...) Os resultados pódense consultar a continuación: -Respostas á pregunta En que campo operades? (teatro, música, artesanía, artes plásticas, audiovisual, xestión cultural...): • Teatro (6 respostas) • Música (3 respostas) • Industrias culturais dos ámbitos das artes escénicas, audiovisual e música • Artes escénicas (teatro / danza) • Xestión cultural • Teatro e cuestión cultural • Música e arte dixital • Sector editorial • Audiovisuais e teatro
19 • Teatro • Cine, arquivo fílmico, xestión cultural • Xestión cultural, música, maxia Fig. 2. Localización xeográfica Fig. 1. Forma xurídica dos enquisados
20 Fig. 3. Valoración dos enquisados sobre a evolución do seu sector nos últimos tempos Fig. 4. Ingresos e orzamento medio anual Fig. 5. Principais consumidores de bens e servizos dos enquisados
21 Fig. 6. Valoración dos principais problemas do sector a nivel autonómico. Lista de parámetros: 1) Profesionalización e formación, 2) Financiamento, 3) Apoio das Institucións, 4) Infraestruturas e equipamentos (teatros, salas, etc.), 5) Redes establecidas (rede de teatros, programadores, etc.), 6) Público/mercado estable e regular, 7) Taxas e impostos e 8) Acceso a otros mercados (España, Unión Europea, internacionais) Fig. 7. Valoración das principais vantaxes do sector a nivel autonómico. Mesmos parámetros que na pregunta anterior. Fig. 8. Valoración sobre os problemas de desenvolver a actividade no rural (Rianxo). Mesmos parámetors que nas preguntas anteriores. Fig. 9. Valoración sobre as principais vantaxes de desenvolver a súa actividade no rural galego (Rianxo). Mesmos parámetros que nas preguntas anteriores.
22 Fig. 10. Pregunta sobre os principais elementos a ter en conta de cara a poñer en marcha un viveiro no rural (Rianxo). Lista de parámetros: 1) Infraestrutura adaptada (oficinas, teatro, salas…), 2) Equipamentos (técnicos, de son, informáticos…), 3) Transporte e boas conexións, 4) Formación, 5) Apoio administrativo (xestoría, técnicos…), 6) Axudas á creación de empresas (fiscais, financeiras…), 7) Acceso a financiamento e 8) Contactos e redes. Fig. 11. Pregunta sobre as razóns para non establecer a súa actividade no rural (Rianxo). Mesmos parámetros que na pregunta anterior. Deste xeito, os distintos pasos levados a cabo para a obtención da máxima información posible, permitiron sintetizala nesta proposta, deseñada especificamente para ofrecer e cubrir todas aquelas necesidades (dentro do posible) para facer desta incubadora unha proposta atractiva para o sector. En canto á posta en marcha do proxecto en si, a metodoloxía variará segundo as decisións que se tomen en canto á súa posta en marcha. É imprescindible levar a cabo unha boa planificación para a posta en marcha deste proxecto, evitando improvisacións e malas prácticas (voluntarias ou involuntarias) que poidan supoñer un fracaso para a incubadora. Por iso resulta fundamental contar cunha organización e equipo estable e funcional que poida aplicar todos os procedementos necesarios para poder comezar a operar e atraer a todos os actores potencialmente interesados en incorporarse. Unha vez a organización e o equipo estean resoltos, será preciso planificar os procesos de asistencia, formación, residencias artísticas e demais en actividades concretas e organizadas no tempo para o seu desenrolo óptimo. Deste xeito, garantirase unha estabilidade administrativa
23 e de actividade atractiva para persoas, empresas e organizacións que desexen emprender e desenvolver a súa actividade cultural e económica. 5. PROPOSTAS BÁSICAS DE ACTUACIÓN A incubadora de proxectos culturais que se propón neste traballo é unha ferramenta integral para acadar un maior grao de desenvolvemento (tanto endóxeno como esóxeno) do concello de Rianxo (A Coruña). Este proxecto, centrado no ámbito cultural, debe servir de modelo para un proxecto maior de desenrolo local a través da creación dunha incubadora de empresas e proxectos de desenvolvemento. Neste marco, a incubadora de proxectos culturais conta con dúas vías de acción principais, que buscan obter distintos tipos de resultados: 5.1- Residencia artística. Consistente nunha plataforma de apoio a creadores e colectivos artísticos para o deseño, planificación, produción, financiamento e distribución das súas creacións. Con convocatorias anuais, os proxectos seleccionados contarán con espazos de traballo nas instalacións culturais de Rianxo, así como coa asistencia de profesionais do sector, asistencia técnica e achegas financeiras para o desenvolvemento dos seus proxectos e a súa incorporación no mercado cultural. A residencia artística, polo tanto, servirá de laboratorio de ideas e espazo de traballo con asistencia técnica e financeira para artistas e colectivos de creadores que non conten con espazo propio. 5.2-Creación dun viveiro de empresas culturais. Pensado para o apoio á creación e desenrolo de proxectos empresariais e de organizacións culturais. Obtendo acceso a espazos de traballo (oficinas e espazos coworking) en espazos da localidade, recibirán asistencia técnica e profesional, formación, acceso a eventos do sector, información e financiamento, etc. Deste xeito, as empresas e organizacións participantes poderán desenvolver a súa actividade co apoio inicial das institucións.
30 un proxecto destas características resultaría atractivo para os plans (e, polo tanto, orzamentos) da propia administración provincial. • Colaboración e axuda da Xunta de Galicia. Se ben semella existir unha certa animadversión do goberno autonómico coa actual administración local de Rianxo (baseando esta frase na aparente falta de entendemento constante entre as dúas administracións nos proxectos locais), esta podería ser unha fonte de colaboración e financiamento directo importante. De xeito indirecto, a través de entidades coma o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) ou o AGADIC, é posible acadar financiación para as propias empresas e proxectos que se desenvolvan dentro do propio viveiro. • Cotas e comisións de empresas e entidades. É difícil xustificar o uso de instalacións e equipamentos públicos por parte de empresas e iniciativas privadas cuxo fin último é a obtención de beneficios. Para poder solucionar este feito, así como sufragar parte dos custos da incubadora, é importante establecer unha cota ás empresas, organizacións e entidades que saquen proveito das vantaxes ofertadas por acceder a esta incubadora. • Servizos ofertados. Unha potencial vía de obtención de ingresos propios é a oferta de servizos profesionais do persoal propio da incubadora. Por incorporar servizos de xestoría, asesoría, comunicación e marketing (entre outros), é posible ofertar eses servizos a empresas e axentes externos que precisen dos servizos profesionais que o persoal técnico da incubadora poida ofrecer. Así mesmo, as actividades formativas e eventos organizados ou coa colaboración da incubadora poden supoñer unha fonte de ingresos considerable, sempre que consiga atraer a atención de axentes alleos á incubadora en si mesma. • Alugueiro de equipamentos. Grazas a tratarse dun proxecto de gran calado e cun enorme impacto directo na mellora dos equipamentos culturais locais, isto posibilita o alugueiro das instalacións e equipamentos para o uso de terceiros. Así, non só a incubadora logra obter certos ingresos, senón que o cobro de taxas por parte do concello posibilita obter ingresos extra para a área de cultura. • Micro mecenado. Se ben esta proposta de financiación non está destinada á faceta máis empresarial da incubadora, si resulta interesante para a parte de desenrolo de proxectos culturais. Público xeral poderá optar a exercer de “mecenas” das distintas producións/residencias artísticas realizadas no marco da incubadora, logrando así un pequeno incremento da financiación de creadores e entidades culturais, así como mellorar (por pura necesidade) a súa visibilidade de cara ao público. • Outras fontes. Tratándose dun apartado moi xeral, aquí poderemos engadir todas aquelas fontes de ingresos puntuais ou, cando menos, de carácter non estable no longo prazo, que
31 poidan chegar á incubadora. Aquí poderemos incluír a obtención de premios, acceso a fondos europeos, préstamos, doazóns, etc. Todas as planificacións sobre execucións orzamentarias e propostas económicas deberán estar planificadas minuciosamente, como mínimo con carácter anual, e garantindo os principios de eficiencia, sustentabilidade económicas e medioambiental, e de impacto positivo no tecido socioeconómico local. 6.5-Recursos materiais e técnicos Unha incubadora de empresas e proxectos culturais require a existencia e acceso a unha serie de instalacións e equipamentos axeitados para desenvolver este tipo de actividade. Para as iniciativas emprendedoras, acceso a un espazo en boas condicións para traballo e xuntanzas, mobiliario acorde á actividade a desenvolver, acceso a internet, enderezo postal, etc. Pola outra banda, para os proxectos culturais é imprescindible contar con instalacións acorde ás distintas actividades que se propoñan. O acceso ao teatro municipal e aos seus equipamentos resulta imprescindible para poder desenvolver proxectos artísticos das artes escénicas. Contar con espazos para traballo audiovisual, por tratarse dunha das actividades culturais de máis peso económico dentro do sector cultural (Granados Martínez et al, 2020) así como espazos de exposición e salas de reunións son imprescindibles para poder poñer en marcha ditas actuacións. • Edificios e instalacións. O Concello de Rianxo conta, na actualidade, cunha serie de edificios e instalacións suficientes para o comezo deste proxecto. Entre os edificios principais podemos atopar o propio Centro Sociocultural de Rianxo, situado no porto (a escasos 5 minutos a pé dende o edificio do concello e no propio casco urbano), e que conta con varios dos elementos principais necesarios para esta proposta de incubadora: a propia sala do teatro, cunha capacidade arredor das 285 persoas e un escenario amplo e de boa calidade. Este edificio conta, así mesmo, con espazo para exposición, diversas salas de xuntas, salas para actividades formativas, unha sala polivalente e unha aula de informática. Este é un edificio especialmente relevante para o proxecto pois alberga tamén aos técnicos da área de cultura e mocidade do propio concello. A continuación amósanse fotografías do edificio e teatro:
32 Fig. 12. Fotografía da entrada do Centro Sociocultural de Rianxo. Fotografía de Certo Xornal Fig. 13. Vestíbulo principal do Centro Sociocultural de Rianxo. Fotografía de Novais (pintora)
33 Fig. 14. Vestíbulo principal do Centro Sociocultural de Rianxo. Fotografía de Novais (pintora) Fig. 15. Vista do escenario do Auditorio Municipal dentro do centro sociocultural. Pódese apreciar parcialmente a configuración do escenario, así como parte do equipamento musical. Fotografía de David Hermo
34 Fig. 16. Fotografía dunha representación teatral no Auditorio Municipal. Fotografía da Concellería de Cultura do Concello de Rianxo Outros edificios relevantes, neste caso máis enfocados á parte do viveiro de empresas, son, entre outros, o antigo edificio dos servizos sociais municipais. Edificio sen contido no momento no que se escribe este traballo, e que está situado fronte ao propio centro sociocultural. Fig. 17 Fotografía frontal do antigo edificio de Servizos Sociais e as súas dúas plantas, potencial sede do viveiro de empresas. Fotografía tomada de Google Maps
35 Fig. 18. Vista do acceso principal ao edificio. Fotografía tomada de Google Maps Outros edificios como o antigo centro de saúde (Casa do mar, que alberga servizos administrativos), así como o recentemente adquirido Pazo de Rianxiño, poderían ser instalacións potenciais para o desenrolo destes proxectos. • Equipamentos. Debido a que varios dos edificios mencionados no apartado anterior se atopan en pleno proceso de reforma no momento no que se escribe este traballo, mencionarei unicamente os equipamentos cos que conta o edificio principal deste proxecto. O Centro Sociocultural de Rianxo conta con equipamentos básicos para a realización da actividade emprendedora e cultural: mobiliario e equipos de oficina, conexión telefónica e á internet, recepción, equipo de seguridade, equipos de primeiros auxilios... Entre os equipamentos máis salientables están os que atopamos nos planos e ficha técnica do auditorio e teatro municipal. Equipamentos de iluminación, de sonorización, cabreados, tremoia, equipamentos para o escenario... Perfectos para o desenvolvemento de proxectos artísticos, e que se amosan a continuación:
36 Fig. 19. Plano do soto do teatro municipal Fig. 20. Plano do escenario e patio de butacas do teatro
37 Fig. 21. Plano transversal de altura do fondo do teatro Fig. 22 Plano transversal do escenario e patio de butacas
38 Entre os equipamentos do auditorio atopamos, segundo a ficha técnica provista polo propio concello, cos seguintes elementos: AFORO : 285 butacas máis prazas minusválidos (4) ILUMINACIÓN: • Mesa LT Piccolo 36 • 60 CH de dimer strand 6 pack de 10 A • Spliter DMX Work 6 saídas • 4 Varas electrificadas de 12 circuítos • 4 torres de calle de 6 circuítos • 36 circuítos distribuídos en 3 caixas detrás do telón de fondo e 12 na troneira • Pach de dimers con conectores power com • 20 PC teatro tecluma 1.000W con viseiras • 20 Recortes E.T.C source four jr 25-50, 575W • 12 Cuarzos asimétricos 1.000W • 12 Botes de par con lámpada cp-62 (nº5) 1.000W • 1 Canón de seguimento teatro tecluma HMI 1.200W con coitelas iris e 5 cores SON: • 1 Mesa Yamaha 01V96 • 12 Conexións de XLR na esquerda do escenario + 2 auxiliares • 1 Spliter de audio Altair • 5 SM 58 de Shure • 3 SM 57 de Shure • 3 Micrófonos de atril • 4 micrófonos inalámbricos, 1 de man, 1 de solapa e 2 de diadema • Equipo de P.A line array D.A.S. Variant composto por subgrave 18A e 3 caixas 112A voadas por lado. • Monitoraxe composto por sidefils HSD 4 top M-12P+ 2sub 15´/ 400W de cada top mais 1.000W de cada sub • 7 Pes de micro Guild • Cd /Md Tascam • Cd Dennon
39 TRAMOIA: • 4 Varas motorizadas correspondentes as electrificadas • 10 Varas contrapesadas 3 de 500Kg 7 de 250Kg • 8 Tiros manuais TELAS: • Bambalinon de boca en tiro manual Rosco, color mid night blue 012 • Cortina americana en vara contrapesada Rosco, color mid night blue 012 controlada desde cabina por mando a distancia e desde o escenario por botoneira • Cámara negra formada por 6 patas 3 bambalinas e telón de fondo en dúas pezas • 4 Telas de 6 por 4 • Pantalla de proxección ESCÉNICO: • 12 Tarimas guild de 2 por 1 • 6 Tarimas de madeira de 3,1 por 1,8 • 1 Atril • Cadeiras e mesas para congresos, presentacións, e.t.c • 2 torres carga – altura 5,40 – carga 350 kg • 12 m trust
46 • Infraestruturas e equipamentos locais. As propias características do proxecto implican un investimento en instalacións e equipamentos acordes. Co aumento da actividade económica, outras infraestruturas deberán ser incorporadas ou melloradas para atender as novas circunstancias. • Oferta cultural. A través dos proxectos e intervencións da residencia artística ofertarase unha maior variedade de produtos e servizos culturais para a poboación local e da contorna. • Formación. Os programas formativos especializados ofertados para este proxecto permitirán afondar na mellora da calidade dos servizos e traballo realizado. A innovación e eficiencia como piares fundamentais do desenrolo. • Educación. Ante as necesidades de perfís concretos para traballar nas distintas empresas que se asenten no viveiro, este levará consigo a un incremento máis acelerado do nivel educativo medio da poboación local (unha condición habitual para o desenvolvemento endóxeno) • Turismo. As melloras na actividade económica e infraestruturas, así como o incremento da oferta cultural, atraerán a un corpo de turistas atraídos por unha vila en alza e dinámica. • Relacións rexionais. Potencialmente Rianxo poderíase converter, no longo prazo, nun pequeno polo económico, educativo e cultural para os concellos da contorna, exercendo así de “locomotora” para o desenvolvemento, non só local, senón comarcal e rexional.
47 8. CONCLUSIÓNS O continuo descenso da actividade económica en localidades do rural galego como Rianxo, cuestión que tamén sucede en moitos países do chamado “hemisferio occidental” por un menor peso do sector primario na xeración de emprego e un descenso gradual da actividade do comercio polo impacto do comercio electrónico (entre outros), supoñen un problema para a sustentabilidade económica, demográfica e social de vilas destas características. Se ben a situación de Rianxo non é ideal en moitos aspectos, como o baixo nivel de ingresos medios da poboación ou a preeminencia de sectores económicos coma o primario e o comercio, hai certas cuestións que si levan a pensar no enorme potencial que este concello das Rías Baixas ten. A situación xeográfica da vila nunha área con máis de 350.000 habitantes, situado no medio do Eixo Atlántico de Galicia, a súa proximidade con Santiago de Compostela, os baixos custos de vida e unha mellora do nivel educativo da poboación (sen falar xa da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e os seus máis de 6 millóns de habitantes), permítennos entrever un gran potencial económico para unha rexión e un concello que, agás na actual situación de pandemia e nos efectos da última crise, non pararon de crecer. Tendo en conta estes elementos, unha política pública clara e concisa a prol do desenvolvemento local semella ser unha opción ideal para mellorar as condicións socioeconómicas locais (e rexionais), así como garantir a sustentabilidade no longo prazo deste pobo duns 11.000 habitantes. Por iso, enmarcado nesta proposta de traballo de fin de máster, a planificación e desenvolvemento dun plan coma o desta incubadora de proxectos e industrias culturais semella idóneo. Máis cando a situación do sector cultural, se ben aínda non ideal, leva experimentando un crecemento gradual e estable da maioría dos indicadores analizados (número de espectadores, recadación, demanda de bens e servizos culturais...) na última década. E isto sen ter en conta os pasos de xigante en xestión e política cultural dende o establecemento do goberno autonómico e a potenciación das competencias locais. A posta en marcha dun proxecto destas características supón unha gran innovación para o panorama galego. Este tipo de iniciativas non son habituais, e agás o caso do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, teñen certa tendencia a ser moi específicos ou demasiado dispersos en obxectivos. Ao non existir unha “tradición” na creación de programas similares, esta proposta xoga, cando menos no momento no que se escriben estas palabras, coa vantaxe de ser dos primeiros plans amplos na materia.
48 Resulta especialmente importante o feito de integrar dúas propostas distintas, mais que deberan estar relacionadas dende un primeiro momento. Por un lado, a residencia artística. Unha proposta moi habitual noutros países cun sector cultural máis dinámico (coma os Países Baixos, por poñer un exemplo baseado na experiencia propia). Unha proposta que permite a creadores e colectivos artísticos desenvolver as súas ideas e propostas artísticas sen as constricións da falta de coñecemento e financiación. Polo outro lado, o viveiro de empresas culturais. Unha ferramenta na que cabe destacar a necesidade de estar integrada nun viveiro xeral. Unha proposta que xere actividade económica, atraia poboación e xere emprego nunha localidade necesitada deste tipo de cambios estruturais. A capacidade de xerar empresas apoiando a emprendedores e persoas, con proxectos capaces de supoñer unha transformación do tecido socioeconómico local, supón unha garantía de desenrolo sustentable. Feito imprescindible nun entorno no que boa parte das políticas de desenrolo consisten no desenvolvemento de proxectos turísticos (sector que, polo xeral, tende a xerar máis empregos pouco remunerados e de baixa cualificación). Evidentemente, unha proposta deste tipo implica a existencia dunha serie de condicións indispensables para o seu funcionamento. Neste caso, a necesidade de ofrecer unhas instalacións e equipamentos decentes para o traballo dos axentes participantes é básico. Tratándose dunha proposta que poida ser pouco atractiva para empresas e entidades asentadas en zonas urbanas de maior tamaño, é fundamental desenvolver outras facetas do proxecto que poidan resultar máis atractivas: un bo programa formativo, unha asistencia técnica e xurídica de boa calidade, acceso a fondos para financiamento, así como a capacidade de desenvolver proxectos propios en condicións óptimas. Para isto, o Concello de Rianxo, así como as outras administracións e entidades colaboradoras a través da organización xestora, deberán garantir o maior nivel de calidade na oferta desta proposta. Finalmente, hai dous elementos que deben ser moi tidos en conta pola organización xestora: por un lado, un gran traballo de comunicación e marketing para lograr facer funcionar a incubadora de forma óptima e atraer a atención daqueles potenciais participantes e emprendedores para o proxecto. Polo outro lado, a necesidade de avaliacións útiles e recorrentes. Obter información que permita solucionar calquera mínimo problema e mellorar todos aqueles aspectos que precisen melloras son esenciais si o que se pretende é acadar os obxectivos marcados e manter o correcto funcionamento do proxecto no longo prazo. En definitiva, este é un proxecto que, se ven debe salvar certas dificultades iniciais durante os primeiros anos de existencia, compensa cos enormes efectos socioeconómicos beneficiosos
49 no medio e longo prazo, cun gran impacto no desenvolvemento local da vila de Rianxo. Un proxecto cunha gran carga de traballo, pero fundamental para acadar un cambio de paradigma social e cultural nunha Galicia que semella non superar certos problemas estruturais importantes. Este proxecto non é máis que un camiño cara o futuro para unha vila como a “Atenas de Arousa”, mais un camiño que conecta coas principais rutas de coñecemento e desenrolo globais.
50 9. DOCUMENTACIÓN E BIBLIOGRAFÍA -División de Estadísticas y Estudio, Secretaría General Técnica. (2020). Anuario de estadísticas culturales 2020. Ministerio de Cultura y Deporte. https://www.culturaydeporte.gob.es/dam/jcr:52801035-cc20-496c-8f36- 72d09ec6d533/anuario-de-estadisticas-culturales-2020.pdf -División de Estadísticas y Estudio, Secretaría General Técnica. (2019). Encuesta de hábitos y prácticas culturales 2018-2019. Ministerio de Cultura y Deporte. https://www.culturaydeporte.gob.es/dam/jcr:1712f192-d59b-427d-bbe0- db0f3e9f716b/encuesta-de-habitos-y-practicas-culturales-2018-2019.pdf -Granados Martínez, P., Guitérrez del Castillo, R., Marcos Torres, N., Sánchez Albardíaz, S., Sausor Cortés, M. (2020). Anuario SGAE de las artes escénicas, musicales y audiovisuales 2020. Sociedad General de Autores y Editores. http://www.anuariossgae.com/anuario2020/frames.html -Observatorio da Cultura Galega. (2019). O emprego cultural en Galicia. Consello da Cultura Galega. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4348 -Observatorio da Cultura Galega. (2020). Hábitos e prácticas culturais en Galicia. Consello da Cultura Galega .http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4353 -Instituto Galego de Estatística. (s.f.-a). Información municipal. Rianxo 2020. https://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002003001&c=- 1&ruta=fichas%2Fbdmunicipal_tablas.jsp%3FESP%3D15072 -Instituto Galego de Estatística. (s.f.-b). Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos. 2020. http://www.ige.gal/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=1558&R=9915[1 502]&C=0[2020]&F=&S=&SCF= -Instituto Galego de Estatística. (s.f.-c). Empresas culturais segundo actividade económica principal 2020. http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=6202&R=2[all];0[ 0]&C=9924[12];1[0]&F=&S=&SCF=
51 -Instituto Galego de Estatística. (s.f.-d). Emprego cultural 2020. http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=6203&R=1[all]& C=9924[12];0[0]&F=&S=&SCF= -Oficina Europea de Estatística [EUROSTAT]. (s.f.) Population on January 1st 2021. https://ec.europa.eu/eurostat/databrowser/view/tps00001/default/table?lang=en -Instituto Nacional de Estatística de Portugal [INE]. (s.f.). Populaçao média anual residente. Região Norte. 2020 https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_unid_territorial&menuBOUI=1%E2%8 0%A6 -Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa (s.f.). Presentación. https://barbanzarousa.gal/presentacion/gl/ -Gobierto. (s.f.-a). Presupuestos Municipales de Rianxo, 2020. https://presupuestos.gobierto.es/places/rianxo/2020 -Gobierto. (s.f.-b). Presupuestos Municipales de Rianxo, 2019. https://presupuestos.gobierto.es/places/rianxo/2019 -Comisión Europea (s.f.). Plan de Recuperación para Europa. https://ec.europa.eu/info/strategy/recovery-plan-europe_es -Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia. (1981). Boletín Oficial del Estado, 101 de 28/04/1981. https://www.boe.es/eli/es/lo/1981/04/06/1/con -Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. (1985). Boletín Oficial del Estado, 80 de 03/04/1985. https://www.boe.es/buscar/pdf/1985/BOE-A-1985-5392- consolidado.pdf -Cidade da Cultura de Galicia. (s.f.-a). Emprendemento. https://www.cidadedacultura.gal/gl/emprendemento -Cidade da Cultura de Galicia. (s.f.-b). REGA / Residencias artísticas do Gaiás, Cidade da Cultura. https://www.cidadedacultura.gal/es/evento/rega-residencias-artisticas-del-gaias- cidade-da-cultura -Via ZUYD. (s.f.). Over VIA ZUID. https://www.viazuid.com/over-ons/ -Axencia Galega das Industrias Culturais [AGADIC]. (s.f.). Subvencións ao sector cultural. Convocatorias 2021. http://www.agadic.gal/axudas
52 - Deputación Provincial de A Coruña. (s.f.). Rede Cultural da Deputación da Coruña 2021. https://www.dacoruna.gal/cultura/redecultural/?utm_source=MenuGlobal&utm_campaign=MenuCabecera&utm_medium=Web