scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Control de calidade e seguridade en laboratorios de microbioloxía

Santos Rodríguez, Ysabel; Muñoz Crego, Ángeles; Seoane Prado, Rafael

Abstract

A materia “Análise biolóxica e diagnóstico de laboratorio II” está vinculada a dúas áreas de coñecemento, Microbioloxía e Parasitoloxía, ten carácter troncal e impártese durante o segundo cuadrimestre no cuarto curso da Licenciatura en Farmacia. Está por tanto dirixida a alumnos que xa teñen coñecementos básicos de Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Anatomía, Citoloxía, Histoloxía, Inmunoloxía e Bioquímica. A presente unidade didáctica é a primeira do programa da materia impartida pola área de Microbioloxía. Nesta unidade didáctica abórdanse temas cuxo coñecemento é básico para o bo funcionamento do laboratorio de microbioloxía e para garantir a protección do seu persoal, da comunidade e do medio. O coñecemento da estrutura xeral dun laboratorio de microbioloxía clínica e a correcta aplicación das normas de calidade e seguridade permitirán que o laboratorio de microbioloxía sexa un lugar seguro, eficiente e cómodo

Full text

Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Licenciatura en Farmacia Análise Biolóxica e Diagnóstico de Laboratorio II Ysabel Santos Rodríguez, Ángeles Muñoz Crego e Rafael Seoane Prado Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía Facultade de Farmacia 14 Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía 9788498 876475 ISBN 978-84-9887-647-5 Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía 14 Ysabel Santos Rodríguez, Ángeles Muñoz Crego e Rafael Seoane Prado Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía Facultade de Farmacia ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2011 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 452-2011 ISBN 978-84-9887-647-5 UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía- 3 MATERIA: Análise Biolóxica e Diagnóstico de Laboratorio II TITULACIÓN: Licenciatura en Farmacia PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade Didáctica 1. O diagnóstico en Parasitoloxía. Unidade Didáctica 2. Métodos para a identificación morfolóxica de parasitos do aparato dixestivo (I). Unidade Didáctica 3. Métodos para a identificación morfolóxica de parasitos do aparato dixestivo (II) Unidade Didáctica 4. Métodos para a identificación morfolóxica de parasitos do aparato dixestivo (III) Unidade Didáctica 5. Métodos para a identificación morfolóxica de parasitos do aparato dixestivo (IV) Unidade Didáctica 6. Métodos especiais para a identificación morfolóxica de parasitos do aparato dixestivo Unidade Didáctica 7. Métodos para a identificación de parasitos do aparato xenitourinario Unidade Didáctica 8. Métodos para a identificación de parasitos hemáticos e tisulares Unidade Didáctica 9. Busca e identificación de parasitos en mostras de esputo e aspirados Unidade Didáctica 10. Métodos inmunolóxicos na identificación de microorganismos e parasitos Unidade Didáctica 11. Técnicas inmunolóxicas in vitro para a detección de antíxenos e/ou anticorpos (I). Unidade Didáctica 12. Técnicas inmunolóxicas in vitro para a detección de antíxenos e/ou anticorpos (II). Unidade Didáctica 13. Outros métodos aplicables á identificación parasitolóxica Unidade Didáctica 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía Unidade Didáctica 15. Técnicas de diagnóstico microbiolóxico I: bacterias e fungos Unidade Didáctica 16. Técnicas de diagnóstico microbiolóxico II: virus Unidade Didáctica 17. Técnicas de bioloxía molecular aplicadas ao diagnóstico Unidade Didáctica 18. Obtención e procesado de mostras ambientais e de alimentos para análise microbiolóxica. Unidade Didáctica 19. Obtención de mostras clínicas para análise microbiolóxica Unidade Didáctica 20. Cultivo e identificación de microorganismos a partir de mostras clínicas Unidade Didáctica 21. Sensibilidade dos patóxenos a axentes antimicrobianos UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía- 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 1. Situación da unidade docente na Licenciatura de Farmacia ....................................................................................... 7 2. Xustificación ................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 8 1. Obxectivos xerais da materia ....................................................... 8 2. Obxectivos específicos da unidade didáctica ............................... 8 Metodoloxía docente .................................................................................... 9 1. Docencia expositiva ...................................................................... 9 2. Docencia práctica ......................................................................... 9 3. Aula Virtual ................................................................................... 9 Contidos ...................................................................................................... 10 1. Organización dun laboratorio de Microbioloxía Clínica ............... 10 2. Principios básicos da seguridade biolóxica ................................. 10 2.1. Clasificación dos axentes biolóxicos polo seu grupo de risco ..................................................................... 12 2.2. Actuacións sobre os axentes biolóxicos ............................. 13 2.3. Niveis de contención ou seguridade biolóxica .................... 14 2.3.1. Barreiras primarias ................................................... 17 2.3.2. Barreiras secundarias ............................................... 20 2.4. Normas xerais de seguridade e hixiene no traballo ................................................................................ 21 2.5. Almacenamento, transporte e envío de material biolóxico .............................................................................. 22 2.6. Eliminación de materiais e refugallos contaminados ...................................................................... 24 3. Control de calidade en Microbioloxía clínica ............................... 25 3.1. Calidade e aseguramento da calidade ................................ 25 3.2. Métodos e áreas de control de calidade ............................. 26 3.2.1. Mostras ..................................................................... 26 3.2.2. Medios de cultivo ...................................................... 26 3.2.3. Reactivos de identificación ....................................... 27 3.2.4. Cepas control ............................................................ 27 3.2.5. Control de aparatos .................................................. 27 3.2.6. Persoal ...................................................................... 28 3.3. Control de calidade intra e interlaboratorios ....................... 29 Avaliación da UD ........................................................................................ 30 Ideas clave da unidade didáctica ............................................................. 30 Cuestionario para o repaso ...................................................................... 31 Bibliografía .................................................................................................. 31 UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía- 7 PRESENTACIÓN 1. Situación da unidade docente na Licenciatura A materia “Análise biolóxica e diagnóstico de laboratorio II” está vinculada a dúas áreas de coñecemento, Microbioloxía e Parasitoloxía, ten carácter troncal e impártese durante o segundo cuadrimestre no cuarto curso da Licenciatura en Farmacia. Está por tanto dirixida a alumnos que xa teñen coñecementos básicos de Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Anatomía, Citoloxía, Histoloxía, Inmunoloxía e Bioquímica. A presente unidade didáctica é a primeira do programa da materia impartida pola área de Microbioloxía. Nesta unidade didáctica abórdanse temas cuxo coñecemento é básico para o bo funcionamento do laboratorio de microbioloxía e para garantir a protección do seu persoal, da comunidade e do medio. O coñecemento da estrutura xeral dun laboratorio de microbioloxía clínica e a correcta aplicación das normas de calidade e seguridade permitirán que o laboratorio de microbioloxía sexa un lugar seguro, eficiente e cómodo. 2. Xustificación Entre as competencias da licenciatura en Farmacia destaca a capacidade para realizar actividades relacionadas coa fabricación e o control de calidade dos medicamentos e produtos sanitarios, así como para realizar intervencións diagnósticas e terapéuticas que contribúan a mellorar a protección e promoción da saúde. É importante que o alumno coñeza a estrutura xeral e as normas básicas de seguridade dun laboratorio de microbioloxía clínica, que comprenda a importancia que ten o control de calidade no laboratorio de microbioloxía e coñeza os métodos e áreas de control de calidade e que sexa consciente da necesidade de traballar con métodos, equipamento, reactivos e normas de seguridade e calidade que garantan os resultados das análises microbiolóxicas e a preservación da saúde do analista e do resto dos membros da comunidade. A duración da unidade estímase en 2 horas de docencia expositiva e 1 hora de prácticas específicas durante as cales se fai unha introdución ao concepto de seguridade biolóxica. A continuación, descríbese a estrutura xeral dos laboratorios de microbioloxía clínica, a clasificación dos axentes biolóxicos segundo o seu grupo de risco, os fundamentos e os niveis da seguridade biolóxica así como as normas xerais de seguridade e hixiene no traballo. Finalmente, introdúcese o alumno nos métodos e áreas de control de calidade. O coñecemento por parte do alumnado das normas de seguridade e control de calidade nun laboratorio de microbioloxía é esencial para o correcto desenvolvemento do resto do programa da materia no que se explican técnicas moleculares e serolóxicas aplicadas ao diagnóstico clínico así como á análise de mostras de auga, alimento e ambientais. 14 - UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía 2.3. Niveis de contención ou de seguridade biolóxica O artigo 15 do Real decreto 664/1977 establece que os laboratorios que emprendan traballos que impliquen a manipulación de axentes biolóxicos dos grupos 2, 3 ou 4 con fins de investigación, desenvolvemento, ensino ou diagnóstico deberán establecer medidas de contención de conformidade co anexo IV deste Real decreto, co fin de reducir ao mínimo o risco de infección. Atendendo ao risco relativo que entrañan os microorganismos que neles se manipulan, os laboratorios clasifícanse en catro niveis de seguridade biolóxica, niveis de contención biolóxica 1, 2, 3 e 4, para traballar, respectivamente, con axentes biolóxicos pertencentes aos grupos de risco 1, 2, 3 e 4. A seguridade biolóxica fundaméntase en tres elementos: as técnicas de laboratorio, o equipo de seguridade ou barreiras primarias e o deseño da instalación ou barreiras secundarias. O termo seguridade biolóxica emprégase para describir os métodos que fan seguro o manexo de materiais infecciosos no laboratorio, para reducir ao mínimo a exposición do persoal. Na Táboa 2 móstranse exemplos de tipo de laboratorio e de microorganismos para cada un dos niveis de seguridade biolóxica. Táboa 2. Niveis de seguridade biolóxica en relación con algúns microorganismos e tipos de laboratorio. Nivel 1: Os laboratorios de nivel de contención biolóxica 1 non están directamente contemplados polo Real decreto 664/1997. Requiren instalacións básicas e o uso de prácticas microbiolóxicas estándar. Trabállase con microorganismos coñecidos, non patóxenos ou patóxenos oportunistas (Ex: Escherichia coli, Bacillus subtilis, etc). Microorganismos con escaso risco individual e comunitario que teñen poucas probabilidades de provocar enfermidades en humanos ou en animais. Corresponde a laboratorios de ensino de Microbioloxía. Neste nivel deben observarse as seguintes normas: UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía- 15 a) As portas do laboratorio permanecerán pechadas mentres se traballa. b) Hai que realizar unha desinfección diaria das mesas de traballo ao finalizar o traballo e cada vez que sexa necesario (derramo de mostra...). c) O material contaminado debe ser esterilizado antes de desbotalo. d) Hase de traballar con bata que se quitará ao saír do laboratorio. e) Non se debe pipetear directamente coa boca senón utilizar dispositivos axeitados. f) Non comer, fumar, aplicarse cosméticos, morder os lapis ou bolígrafos ou ter alimentos no laboratorio. g) Lavar as mans despois de traballar con microorganismos e ao rematar a xornada. h) Realizar as técnicas correctamente evitando a produción de aerosois. i) Os materiais que non poidan ser esterilizados no mesmo laboratorio trasladaranse en colectores pechados ata o lugar onde se encontre a autoclave que debe ser no mesmo edificio. l) Deben levarse a cabo programas de desinfección e desratización. m) O deseño do laboratorio debe permitir unha doada limpeza deste entre os mobles que deben ser resistentes aos ácidos, álcalis e relativamente ao lume así como de superficie impermeable. n) Cada laboratorio ou sección debe ter un lavabo. ñ) Nos laboratorios onde as ventás se poidan abrir deben estar protexidas con mosquiteiros. Nivel 2: Microorganismos con risco individual moderado e risco comunitario baixo, que poden provocar enfermidades en humanos ou en animais, pero teñen poucas probabilidades de entrañar un risco grave no persoal de laboratorio, a comunidade, os animais e o medioambiente. A exposición no laboratorio pode provocar infección grave, pero disponse de medidas eficaces e o risco de propagación é limitado. É o caso de laboratorios de hospitais ou centros de saúde primaria. Ademais das de nivel 1, comprende as seguintes normas: a) É obrigatorio o uso de pixamas ou batas que non deben usarse fóra do laboratorio, especialmente no comedor ou cafetaría ou fóra do edificio. b) As técnicas serolóxicas con antíxenos sen capacidade infectante poden realizarse nas mesas de traballo. c) O acceso ao laboratorio debe estar limitado. Non está permitida a entrada a persoas alleas, especialmente nenos, embarazadas ou persoas con calquera tipo de inmunosupresión. Nas zonas onde se traballa con produtos ou animais potencialmente perigosos débese colocar o símbolo de perigo biolóxico. d) Débense utilizar luvas en todas as técnicas en que se manexen animais ou produtos potencialmente perigosos. 16 - UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía e) Cando aconteza un accidente de exposición a produtos contaminados (derramamentos, picadas, etc) débese: comunicar ao responsable do laboratorio, escribir un informe da acontecido, realizar unha avaliación médica e poñer o tratamento axeitado. f) Débese tomar unha mostra de soro a todo o persoal cando empece a traballar que se arquivará como soro base. g) Existirá un manual no laboratorio de normas de seguridade que todo o mundo debe coñecer e onde estea exposto que facer en caso de accidente. h) Traballarase con cabinas de seguridade de nivel I, II ou III cando se utilicen técnicas que poidan producir aerosois como centrifugación, homoxeneización de mostras, axitación vigorosa, sonificación, apertura de viais con microorganismos liofilizados, sementa ou procesamento de mostras en xeral. Nivel 3: Microorganismos con risco individual elevado e risco comunitario baixo, que adoita provocar enfermidades graves en humanos ou en animais pero que xeralmente non se propaga dun individuo infectado a outro. Disponse de medidas eficaces e de prevención. Comprende as normas dos niveis 1 e 2 e ademais: a) Todas as actividades con microorganismos ou produtos potencialmente patóxenos realizaranse en cabinas de seguridade, ningunha nas mesas de laboratorio. b) Utilizaranse batas abertas polas costas que non deben usarse fóra do laboratorio. Utilizaranse luvas cando se traballe con material contaminado ou animais que se esterilizarán antes de desbotalos. Nos cuartos onde se teñen os animais utilizaranse máscaras ríxidas. c) No laboratorio non debe de haber plantas nin animais que non se utilicen no traballo. Nivel 4: Este nivel só se establece en laboratorios de experimentación e non en laboratorios de microbioloxía clínica. Necesítase ese nivel para manexar microorganismos de alto risco ou exóticos nese país, especialmente virus. UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía- 17 2.3.1. Barreiras primarias As barreiras primarias inclúen os equipos ou roupa de protección persoal e as cabinas de seguridade biolóxica. As boas técnicas microbiolóxicas son así mesmo unha barreira primaria de contención (figura 2). Entre os equipos de protección individual (EPI) que poden ser necesarios, nalgún momento, nun Laboratorio de Microbioloxía Clínica atópanse: os protectores dos ollos e da cara (lentes de seguridade, pantallas faciais), os protectores das vías respiratorias (máscaras), os protectores de mans e brazos (luvas, manguitos), os protectores da totalidade do corpo (batas) e os protectores do oído (tapóns, cascos). É infrecuente que neste ámbito laboral se precise algún tipo de calzado de seguridade, pero si é necesario coñecer que deben evitarse os modelos que non cubran por completo o pé e, ademais, que esta peza é unha fonte importante de arrastre de contaminación. As cabinas de seguridade son cámaras de circulación forzada do aire que, segundo as súas especificacións e deseño, proporcionan diferentes niveis de protección. É necesario distinguir entre as cabinas de fluxo laminar e as cabinas de seguridade biolóxica. As cabinas de fluxo laminar son recintos que empregan un ventilador para forzar o paso de aire a través dun filtro HEPA (High Efficiency Particulate Air) varrendo a superficie de traballo. O fluxo de aire pode ser vertical ou horizontal. Estas cabinas ofrecen protección unicamente ao material que se manexa no seu interior, pero nunca ao operador polo que non son recomendables para o traballo con material biolóxico. As cabinas de seguridade biolóxica (CSB) son recintos ventilados deseñados para limitar ao máximo o risco do persoal do laboratorio exposto a axentes infecciosos. Ademais, algunhas delas, ofrecen protección ao material que se manipula. As CSB dispoñen de dous sistemas que impiden a saída de contaminación: as barreiras de aire e os filtros. A barreira de aire créase permitindo que este flúa nunha soa dirección e a unha velocidade constante dando lugar a unha verdadeira "cortina" de aire, sen turbulencias, que se coñece como fluxo de aire laminar. Os filtros HEPA teñen como finalidade atrapar as partículas contidas neste fluxo de aire. Existen tres tipos de CSB: Clase I (figura 3), Clase II (figura 4) e Clase III (figura 5). 18 - UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía Fig. 2 . Barreiras primarias e secundarias. UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía- 19 Fig. 3. Esquema xeral dunha cabina de seguridade biolóxica Clase 1. Fig. 4. Esquema xeral dunha CBS clase II. 20 - UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía Fig. 5. Esquema dunha CSB Clase III. 2.3.2. Barreiras secundarias Ten que ver co deseño e construción da instalación (figura 2). O deseño e construción dun laboratorio contribúe á protección do propio persoal do laboratorio, proporciona unha barreira para protexer as persoas que se localizan fóra do laboratorio (resto do edificio) e as persoas da comunidade fronte a posibles escapes accidentais de axentes infecciosos. A magnitude das barreiras secundarias dependerá do axente infeccioso en cuestión e das manipulacións que con el se realicen. Virá determinada pola avaliación de riscos. En moitos dos grupos de traballadores nos que o contacto con este tipo de axentes patóxenos sexa secundario á súa actividade profesional, cobran principalmente relevancia as normas de traballo e os equipos de protección persoal, mentres que cando a manipulación é deliberada entrarán en xogo, tamén, con moita máis importancia, as barreiras secundarias. UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía- 21 2.4. Normas xerais de seguridade e hixiene no traballo No noso país, a protección dos traballadores fronte aos riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos está regulada polo Real decreto (RD) 664/97 e a adaptación contida en a Orde de 25 de marzo de 1998. Segundo este decreto o responsable inmediato da Seguridade e as Condicións de Traballo no Laboratorio é o xefe do laboratorio. Debe supervisar e manter actualizado o Manual de Seguridade propio que debe ser entregado a todos os traballadores do laboratorio. As normas xerais son comúns para as distintas áreas do laboratorio. Seguridade  O persoal do laboratorio debe implicarse no cumprimento das normas de seguridade.  Acceso ao laboratorio está limitado a persoal autorizado.  As portas de acceso ao laboratorio e á área de traballo deben estar debidamente marcadas coa sinalización internacional de risco biolóxico e o seu nivel de contención biolóxica. Tamén se sinalizarán os conxeladores e refrixeradores utilizados para gardar microorganismos de risco de tipo 2.  As portas e ventás deben permanecer pechadas para manter a axeitada contención biolóxica.  O laboratorio estará separado do corredor de circulación por un vestíbulo.  O laboratorio debe ser aireado regularmente.  Todas as superficies de traballo se limparán e desinfectarán diariamente e sempre que se produza un derramo.  Os residuos e mostras perigosas que van ser incinerados fóra do laboratorio deben ser transportados en colectores pechados, resistentes e impermeables, seguindo as normas específicas para cada tipo de residuo. A área do laboratorio debe permanecer limpa e ordenada.  A Unidade deberá dispoñer dun lavabo para o lavado das mans que funcionará premendo co cóbado ou co pé.  O transporte de mostras dentro ou entre laboratorios realizarase en caixas herméticas ou neveiras transportables debidamente rotuladas e que non poderán utilizarse para outros fins. Baixo ningún concepto se transportarán mostras en man.  Todo o persoal debe evitar o contacto da pel con materiais potencialmente infecciosos. As luvas sempre serán desbotadas antes de saír da área de traballo e inmediatamente realizarase un lavado de mans.  Usaranse lentes protectores e máscaras faciais se existe risco de salpicaduras ou aerosois.  Os derramamentos e accidentes serán informados inmediatamente ao supervisor ou xefe do laboratorio e faranse constar por escrito. 22 - UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía  Está rigorosamente prohibido pipetear coa boca.  Na zona de traballo non debe colocarse material de escritorio nin libros xa que o papel contaminado é de moi difícil esterilización.  É necesario dispoñer de autoclave.  As centrífugas deben ser de peche hermético e con tubos de seguridade. Hixiene  Persoal co cabelo longo debe levalo recollido.  Comer, beber, fumar e aplicarse cosméticos está formalmente prohibido na área de traballo do laboratorio, así como o almacenamento de comida ou bebida.  O persoal debe lavar as mans frecuentemente durante as actividades rutineiras, tras rematar a xornada laboral e sempre antes de abandonar o laboratorio. Utilizarase xabón antiséptico e o secado realizarase con papel.  As feridas e cortes nas mans, se se producen no laboratorio, comunicaranse ao responsable de Sección así como ao supervisor, que o rexistrará facendo constar todas as circunstancias.  As feridas serán vendadas convenientemente antes de poñer as luvas. 2.5. Almacenamento, transporte e envío de material biolóxico O material infeccioso debe almacenarse en zonas de acceso restrinxido para minimizar a posibilidade de contaminación do persoal e do ambiente. Aínda que non se encontran descritos casos de enfermidades atribuíbles a infeccións producidas polo transporte de mostras biolóxicas, existen distintas recomendacións de seguridade destinadas á protección dos transportistas e dos receptores das mesmas de cara a evitar o uso de embalaxes defectuosas ou a deterioración destes, co conseguinte risco para os intervenientes no proceso e o público en xeral. Como norma xeral, está prohibido o envío de materias infecciosas sen identificar e as compañías aéreas prohiben rigorosamente transportar a man materiais infecciosos, así como o seu envío por valixa diplomática. Na clasificación de mercadorías perigosas da Organización das Nacións Unidas (ONU), os materiais que conteñen axentes biolóxicos perigosos clasifícanse como "substancias infecciosas" na clase 6.2, e teñen asignados distintos números ONU. Para o seu envío debe aplicarse a instrución de embalaxe 620 do regulamento de transporte por estrada (ADR), ferrocarril (RID) e marítimo (IMDG) e a 602 da Organización de Aviación Civil Internacional (OACI) e Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA) (Táboa 3). Defínense como substancias infecciosas aquelas que conteñen microorganismos viables (bacterias, virus, rickettsias, parasitos, fungos ou recombinantes, híbridos ou mutantes) que, con certeza ou sospeita razoable, poden causar enfermidades tanto no home coma nos animais. UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía- 23 Aínda que esta definición non inclúe os prións causantes da Encefalopatía Esponxiforme Transmisible, xa que se trata de proteínas, o sentido común preventivo indica que deben considerarse incluídos. Se afectan a humanos identifícanse co número ONU 2814, mentres que se afectan soamente a animais se identifican co número ONU 2900. As mostras (espécimes) para diagnóstico son materiais de orixe humana ou animal consistentes, entre outras cousas, en excretores, secrecións, sangue e os seus compoñentes, tecidos, e líquidos tisulares, enviados con fins de diagnóstico; exclúense os animais vivos infectados. Corresponden ao número ONU 3373. Para o seu envío debe aplicarse a instrución de embalaxe 650 de ADR, RID e OACI. Tamén é recomendable empregar, se é o caso, o símbolo referente a material biolóxico perecedoiro. As embalaxes para o envío de substancias infecciosas e as mostras de diagnóstico constan de tres capas: a) un recipiente primario estanco no que se coloca a mostra; b) un recipiente secundario estanco que contén material absorbente en cantidade abondo para absorber todo o líquido da mostra en caso de fuga; c) unha envoltura exterior para protexer o recipiente secundario das influencias exteriores (deterioración física e auga) durante o transporte (Figura 6). O recipiente secundario debe levar adherido na súa parte exterior un exemplar do formulario de datos relativos á mostra, así como indicacións que permitan identificala ou describila. Fig. 6. Embalaxe para o envío de substancias infecciosas e as mostras de diagnóstico. 30 - UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Avaliación da UD Unha vez rematada a unidade didáctica formularase un cuestionario de autoavaliación en liña na aula virtual para ser cuberto por cada alumno de xeito individual. Avaliación da materia Terase en conta:  A asistencia e participación na clase (ata o 10% da nota final).  A asistencia e participación nas clases prácticas e o seu aproveitamento mediante exame escrito (ata 20% da nota final).  Exame escrito dos contidos (ata o 70%). O exame incluirá tanto preguntas de resposta curta como preguntas de resposta múltiple cunha soa resposta correcta. As respostas incorrectas puntúan negativo. IDEAS CLAVE DA UNIDADE DIDÁCTICA Ao finalizar esta unidade didáctica o alumno ha de ter claras as seguintes ideas: 1) As áreas ou seccións básicas (toma de mostra, recepción e rexistro de mostras, almacén...) e as áreas ou seccións especializadas (bacterioloxía, parasitoloxía, bioloxía molecular...) das que consta un laboratorio de microbioloxía clínica. 2) Os laboratorios de microbioloxía estrutúranse en 4 niveis de seguridade biolóxica, segundo o risco dos microorganismos cos que se traballa. Nivel 1: microorganismos non patóxenos e patóxenos oportunistas. Nivel 2: microorganismos e mostras cun potencial de risco de moderado a alto. Nivel 3: microorganismos e mostras de alto risco. Nivel 4: microorganismos de alto risco. 3) O control de calidade nos laboratorios de Microbioloxía serve para:  Garantir a fiabilidade das técnicas que se realizan no laboratorio.  Asegurar resultados rápidos, precisos e útiles clinicamente.  Controlar a calidade das mostras.  Aumentar a profesionalidade do persoal do laboratorio e a confianza dos clínicos nos resultados que reciben. 4) Nos medios de cultivo débese controlar a esterilidade, calidade e caducidade. 5) Os reactivos de identificación débense utilizar sempre cun control positivo e negativo. UNIDADE DIDÁCTICA 14. Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía- 31 6) A participación en probas de aptitude intra e interlaboratorios permite ao laboratorio avaliar de forma obxectiva as súas actividades e demostrar a fiabilidade e precisión dos resultados obtidos cos seus métodos analíticos. CUESTIONARIO PARA O REPASO 1.Cite dúas normas de seguridade que se deben seguir nun laboratorio de nivel 1 e nun laboratorio de nivel 2. 2. Indique que nivel de seguridade se require para traballar con: Escherichia coli Virus da hepatite B Brucella Salmonella typhi S. aureus 3. Cite que tipos de control deben realizarse aos medios de cultivo. 4. O control de calidade no laboratorio de microbioloxía ten por obxecto asegurar................................................................................................... 5. Cite tres áreas e métodos de control de calidade. BIBLIOGRAFÍA (Libros e recursos recomendados) DHARAN, M. Control de calidad en los laboratorios clínicos. (2002). Editorial Reverté SA, 2º reimpresión. FERNÁNDEZ ESPINA, C. Gestión de la calidad en el laboratorio clínico. Confederación Latinoamericana de bioquímica clínica. (2005). Camilo fernan dez espina y daniel mazziota 1ª Ed. Médica Panamericana. ISBN: 950-06-0426-4. FLEMING, D.O., D. L. HUNT. Biological safety: Principles and Practices 3rd ed (2000). ASM Press, American Society for Microbiology, Washington D.C.. ISBN-1-555-81-180-9. Miller, J. M. A Guide to Specimen Management in Clinical Microbiology. A.S.M Press, 1998, American Society for Microbiology. Washington DC. SÁEZ RAMÍREZ, S., GÓMEZ-CAMBRONERO, LUIS G. (2006). Sistema de mejora continua de la calidad en el laboratorio: Teoría y Práctica. Universidad de Valencia. ISBN10: 84-370-6548-8. Recursos na Internet: http://www.seimc.org/documentos/protocolos/microbiologia/cap10.pdf. http://fcm.uncu.edu.ar/joomla/downloads/OMS.pdf Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Licenciatura en Farmacia Análise Biolóxica e Diagnóstico de Laboratorio II Ysabel Santos Rodríguez, Ángeles Muñoz Crego e Rafael Seoane Prado Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía Facultade de Farmacia 14 Control de calidade e seguridade en laboratorios de Microbioloxía 9788498 876475 ISBN 978-84-9887-647-5