scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O patrimonio empresarial e a súa representación contable no inventario e no balance de situación

Taboada Mella, María Salomé

Abstract

Esta UD forma parte do contido do programa da materia “Contabilidade Xeral I” impartido no primeiro curso do Grado de Economía. A Contabilidade Xeral é unha ferramenta informativa obrigatoria sobre a empresa, que se ocupa de analizar, valorar, e rexistrar as operacións que esta realiza co exterior (compras, vendas, cobros, pagos, investimentos, etc.) ó longo do exercicio. A análise consiste en determinar se as operacións en cuestión afectan, ou poden afectar, ó patrimonio da empresa dun feito directo e concreto (feitos contables); a valoración supón aplicar os principios contables xeralmente aceptados e as normas de valoración obrigatorias, contidos no Plan Xeral de Contabilidade (2007); o rexistro consiste en anotar de forma cronolóxica, nos libros de contabilidade -obrigatorios e non obrigatorios- cada un de eses feitos contables, para, periodicamente, resumir esa información contable polo medio de inventarios, Balances de Comprobación, e Contas Anuais (Balance de Situación, Conta de Perdas e Ganancias, Estado de Fluxos de Efectivo, Estado de Cambios no Patrimonio Neto, e a Memoria). En primeiro lugar (UD 1) coñecemos o que é a Contabilidade, as súas tipoloxías (contabilidade interna, e contabilidade externa), que información ofrece (de costos, financeira, directiva), cales son os usuarios da mesma (internos e externos); en base as anteriores informacións, localizamos á Contabilidade Xeral, identificamos os requisitos que debe reunir a información que ofrece para que sexa útil para a toma de decisións, e enumeramos e definimos brevemente ós instrumentos por medio dos cales se materializa: inventarios, Balances de Comprobación, e contas anuais.

Full text

Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao de Economía Contabilidade Xeral María Salomé Taboada Mella 2 O patrimonio empresarial e a súa representación contable no inventario e no balance de situación 9788498 879704 Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais O patrimonio empresarial e a súa representación contable no inventario e no balance de situación 2 María Salomé Taboada Mella Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec-trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Dep. Legal: C 37-2013 ISBN 978-84-9887-970-4 © Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostea Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital O PATRIMONIO EMPRESARIAL - 3 MATERIA: CONTABILIDADE XERAL TITULACIÓN: 1º CURSO DO GRAO DE ECONOMÍA PROGRAMA XERAL DO CURSO UNIDADE 1: INTRODUCIÓN Á CONTABILIDADE. ¿Que é a contabilidade?. División da contabilidade. A Contabilidade Xeral. As contas anuais. Requisitos da información contable. UNIDADE 2. O PATRIMONIO EMPRESARIAL E A SÚA REPRESENTACIÓN CONTABLE NO INVENTARIO E NO BALANCE DE SITUACIÓN PATRIMONIO EMPRESARIAL. Definición de patrimonio. A composición do patrimonio. Os elementos patrimoniais. - Elementos activos ou de activo. - Elementos pasivos ou de pasivo. - Elementos do patrimonio neto. - Os ingresos e os gastos. As masas patrimoniais. A ecuación fundamental do patrimonio. Os elementos patrimoniais e a súa incorporación ás contas anuais. REPRESENTACIÓN CONTABLE DO ACTIVO, PASIVO E PATRIMONIO NETO. Inventario. Balance de situación. Diferenzas entre o Inventario e o Balance de Situación. UNIDADE 3. ANÁLISE DAS ESTRUTURAS ECONÓMICA E FINANCEIRA. Concepto e composición. A estrutura económica. - Activo fixo ou activo non corrente. - Activo circulante ou activo corrente. A estrutura económica no Balance de Situación. A estrutura financeira. - Patrimonio neto. - Pasivo non corrente. - Pasivo corrente. A estrutura financeira no Balance de Situación. UNIDADE 4. ANÁLISIS DOS RESULTADOS. Gastos e ingresos imputados ó resultado do exercicio. - Ingresos da explotación. - Gastos da explotación. - Ingresos financeiros. - Gastos financeiros. 4 - O PATRIMONIO EMPRESARIAL O resultado do exercicio: a Conta de Perdas e Ganancias. Os gastos e ingresos imputados ó patrimonio neto. O Estado de Cambios no Patrimonio Neto. UNIDADE 5. A CONTA COMO INSTRUMENTO DE REPRESENTACIÓN E O MÉTODO CONTABLE DE REXISTRO. Definición da conta. Tecnicismos das contas. Clasificación e convenios de cargo e abono das contas. - Contas de Balance. - Contas de xestión. - Contas de imputación ó patrimonio neto. Fases do rexistro contable. O método de rexistro. O principio de dualidade. Criterios de recoñecemento segundo o marco conceptual (PXC, 2007). As transaccións económicas. Os feitos contables. - Os feitos contables e a ecuación fundamental do patrimonio. UNIDADE 6. PLANIFICACIÓN E NORMALIZACIÓN CONTABLE Normalización da información contable. Estrutura do plan contable - O marco conceptual da contabilidade. - Os principios contables. - As normas de rexistro e valoración. - Criterios de valoración. - As contas anuais. - O cadro de contas. - Definicións e relacións contables. UNIDADE 7. O CICLO CONTABLE. Esquema do proceso contable. Disposicións normativas sobre libros e rexistros contables. - O Código de Comercio. Libros dos empresarios. A apertura da contabilidade. - O inventario inicial. - O asento de apertura. Os asentos de xestión. O Balance de Comprobación. O proceso de regularización. Asentos de axuste. - Asentos de regularización. O cerre da contabilidade. - O inventario final. - O asento de cerre. Elaboración das contas anuais. Depósito e publicación das contas anuais. O PATRIMONIO EMPRESARIAL - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................... 09 Os obxectivos ................................................................................................. 11 Contidos: o patrimonio empresarial e a súa representación contable no inventario e no balance de situación ...................................... 10 1. PATRIMONIO EMPRESARIAL .................................................................... 10 1.1. Definición de patrimonio .................................................................. 10 1.2. A composición do patrimonio. Os elementos patrimoniais ............. 10 1.2.1. Elementos activos ou de activo.................................................... 11 1.2.2. Elementos pasivos ou de pasivo ................................................. 12 1.2.3. Elementos do patrimonio neto ..................................................... 12 1.2.4. Os ingresos e os gastos ............................................................... 14 1.3. As masas patrimoniais. A ecuación fundamental do patrimonio .... 15 1.4. Os elementos patrimoniais e a súa incorporación ás contas anuais ......................................................................................... 16 2. REPRESENTACIÓN CONTABLE DO ACTIVO, PASIVO E PATRIMONIO NETO ........................................................................................ 16 2.1. Inventario ..................................................................................... 16 2.2. Balance de Situación .................................................................... 18 2.3. Diferenzas entre o Inventario e o Balance de Situación .............. 19 Metodoloxía e actividades propostas .......................................................... 19 Avaliación ........................................................................................................ 20 Bibliografía ...................................................................................................... 21 Anexos ............................................................................................................. 22 O PATRIMONIO EMPRESARIAL - 7 PRESENTACIÓN Esta UD forma parte do contido do programa da materia “Contabilidade Xeral I” impartido no primeiro curso do Grado de Economía. A Contabilidade Xeral é unha ferramenta informativa obrigatoria sobre a empresa, que se ocupa de analizar, valorar, e rexistrar as operacións que esta realiza co exterior (compras, vendas, cobros, pagos, investimentos, etc.) ó longo do exercicio. A análise consiste en determinar se as operacións en cuestión afectan, ou poden afectar, ó patrimonio da empresa dun feito directo e concreto (feitos contables); a valoración supón aplicar os principios contables xeralmente aceptados e as normas de valoración obrigatorias, contidos no Plan Xeral de Contabilidade (2007); o rexistro consiste en anotar de forma cronolóxica, nos libros de contabilidade -obrigatorios e non obrigatorioscada un de eses feitos contables, para, periodicamente, resumir esa información contable polo medio de inventarios, Balances de Comprobación, e Contas Anuais (Balance de Situación, Conta de Perdas e Ganancias, Estado de Fluxos de Efectivo, Estado de Cambios no Patrimonio Neto, e a Memoria). En primeiro lugar (UD 1) coñecemos o que é a Contabilidade, as súas tipoloxías (contabilidade interna, e contabilidade externa), que información ofrece (de costos, financeira, directiva), cales son os usuarios da mesma (internos e externos); en base as anteriores informacións, localizamos á Contabilidade Xeral, identificamos os requisitos que debe reunir a información que ofrece para que sexa útil para a toma de decisións, e enumeramos e definimos brevemente ós instrumentos por medio dos cales se materializa: inventarios, Balances de Comprobación, e contas anuais. Na UD 2, veremos que, por obriga legal, os inventarios débense elaborar polo menos dúas veces no ano: para reflectir con que conta a empresa ó inicio do exercicio (inventario inicial), e cal e o seu patrimonio á conclusión do mesmo (inventario final). De mesmo xeito, cada trimestre, tense que elaborar un Balance de Comprobación, para identificar a posición debedora ou acredora da empresa nese intre; e, anualmente, confecciónanse as contas anuais –Balance de Situación, Conta de Perdas e Ganancias, Estado de Fluxos de Efectivo, Estado de Cambios no Patrimonio Neto, e a Memoria-, que resumen a información rexistrada ó longo do exercicio pola contabilidade. Cada unha destas contas anuais ofrecerá ofrece unha información patrimonial diferente: - O Balance de Situación, indica cales son os bens, dereitos, recursos controlados economicamente pola empresa dos que espera obter un rendemento económico no futuro, as obrigas ás que ten que facer fronte a empresa, é, por diferenza entre uns e outros, o valor neto do patrimonio. - A Conta de Perdas e Ganancias, reflicte as vendas e ingresos obtidos durante o exercicio, e as compras e gastos realizados 14 - O PATRIMONIO EMPRESARIAL 1.2.4. OS INGRESOS E OS GASTOS: O feito de que os resultados acumulados logrados (positivos ou negativos) constitúan parte do patrimonio neto da empresa implica que os factores que o determinan (os ingresos obtidos e os gastos acometidos) tamén o son. Así, os ingresos son incrementos no patrimonio neto obtidos durante o exercicio -xa sexa en forma de entradas ou aumentos no valor dos activos, ou de diminución dos pasivos-, sempre que no teñan a súa orixe en contribucións, monetarias ou non, dos socios ou propietarios. Por exemplo, a empresa MERCASA aluga a construción adquirida como investimento, cobrando, por isto, anualmente 40.000€; este aluguer incrementa o diñeiro en caixa ou en banco, ou xera un dereito de cobro por ese importe. Así mesmo, esta cantidade pódese empregar para minorar a débeda bancaria. Mentres, os gastos constitúen decaementos no patrimonio neto da empresa acontecidos durante o exercicio –xa sexa en forma de saídas ou diminucións no valor dos activos, ou de recoñecemento ou aumento do valor dos pasivossempre que non teñan a súa orixe en distribucións, monetarias ou non, ós socios ou propietarios, na súa condición de tales. Por exemplo, a entidade contrata un servizo de limpeza por 5.000 euros, o que supón a diminución do diñeiro en caixa, en banco, ou a asunción de unha débeda co operario por esa cantidade. Ese ingreso, e este gasto, xunto con os que ademais obtivera ou realizara a empresa, determinarán o resultado (por diferenza Ingresos – Gastos). Os 40.000 euros de aluguer afectan positivamente ó resultado (increméntano), e os 5.000 do servizo de limpeza, negativamente (diminúeno). Se non houbese máis ingresos e gastos durante o período, o resultado sería positivo (beneficio) de 35.000 euros, o que aumenta, finalmente, a cantidade do neto en ese importe. Por iso, os ingresos son conceptos positivos na cuantificación do resultado, mentres que os gastos o son negativos; o resultado é un elemento patrimonial do patrimonio neto (Resultado do exercicio), polo que, por ende, pódese afirmar que ingresos e gastos, en sentido amplo, son elementos patrimoniais netos ou de neto. Ademais, este resultado positivo de 35.000€ (beneficio antes de impostos) obriga a MERCASA a liquidar o imposto sobre beneficios. Se o tipo impositivo fose do 30% do mesmo (Base Impoñible), a débeda (pasivo) que a entidade adquire con Facenda sería de 10.500€. Este pasivo será outro elemento integrante do patrimonio empresarial, en tanto non a pague. O Beneficio despois de impostos (24.500€) debe ser repartido. Debido a que no el exercicio anterior houbo una perda, MERCASA decide destinalo integramente a compensala. Non reparte ese beneficio entre os socios (en forma de dividendos), nin incrementa a reserva legal ou crea outra reserva. De facelo, xurdirían no seu patrimonio outros dous elementos patrimoniais, un de pasivo (dividendo activo a pagar) e outro de neto (reservas). O PATRIMONIO EMPRESARIAL - 15 1.3. AS MASAS PATRIMONIAIS. A ECUACIÓN FUNDAMENTAL DO PATRIMONIO: Se agrupamos elementos patrimoniais homoxéneos -con a mesma funcionalidade económica ou financeiraencontrarémonos con as masas patrimoniais. Así, - todos os elementos patrimoniais de activo (bens, dereitos e recursos controlados economicamente pola empresa) constitúen a masa patrimonial de activo; - os elementos patrimoniais de pasivo (obrigas de pago e provisións), na súa totalidade, constitúen a masa patrimonial pasiva ou de pasivo; e - a agrupación dos elementos patrimoniais de patrimonio neto conforma a masa patrimonial de neto. Por funcionalidade económica enténdense medios con os que leva a cabo a actividade; e por funcionalidade financeira, os recursos financeiros con os que conta –propios e alleos-, como veremos na UD 3. Por iso, se volvemos novamente o exemplo planeado nesta UD –empresa MERCASA-, as masas patrimoniais, tralo reparto do beneficio, quedarían configuradas como se recolle en la Táboa nº 6. TÁBOA Nº 6: AS MASAS PATRIMONIALES DE MERCASA. MASA PATRIMONIAL DE ACTIVO 737.100  (300) Mercadorías  (328) Material de oficina  (570) Caixa, €  (572) Banco c/c (*)  (211) Construcións  (216) Mobiliario  (220) Adaptación de terreos e bens naturais  (211) Investimentos en construcións  (250) Investimentos financeiros a longo prazo en instrumentos de patrimonio  (4300) Clientes, €  (460) Anticipos de remuneracións  (544) Créditos a corto prazo ó persoal  (4400) Debedores  (470) Facenda Pública, debedora por diversos conceptos  (218) Elementos de transporte 70.000 2.000 90.000 190.000 200.000 12.000 40.000 50.000 14.000 25.000 2.500 10.000 1.000 600 30.000 MASA PATRIMONIAL DE PASIVO 173.500  4000) Provedores, €  (401) Provedores, efectos comerciais a pagar  (523) Provedores de inmobilizado a curto prazo  (476) Organismos da S.S. acredores  (410) Acredores por prestacións de servizos (**)  (520) Débeda a curto prazo con entidades de crédito  (475) Facenda Pública acredora por conceptos fiscais (***)  (524) Acredores por arrendamento financeiro a curto prazo 30.000 2.000 9.000 30.000 12.000 50.000 10.500 10.000 20.000 16 - O PATRIMONIO EMPRESARIAL  (174) Acredores por arrendamento financeiro a longo prazo. MASA PATRIMONIAL DE PATRIMONIO NETO 563.600  (100) Capital social  (121) Resultado negativo de exercicios anteriores  (112) Reserva legal 567.100 (75.500) 72.000 (*) Supoñendo que o arrendamento da construcción se cobra con cheque bancario. (**) Supoñendo que o servicio de limpieza se deixa a deber. (***) Polo importe do imposto sobre beneficios. 1.4. OS ELEMENTOS PATRIMONIAIS E AS CONTAS ANUAIS: Os elementos patrimoniais descritos incorporaranse a unha conta anual ou a outra segundo a súa natureza, pois: - os elementos patrimoniais activos, pasivos e de patrimonio neto, conforman o Balance de Situación; mentres que, - os gastos e ingresos farán o mesmo na Conta de Perdas e Ganancias, ou, no seu caso, no Estado de Cambios do Patrimonio Neto. Así: - formarán parte da Conta de Perdas e Ganancias os gastos e ingresos vinculados á explotación e a maior parte dos de natureza financeira (investimentos de carácter extrafuncional); e, - constituirán o Estado de Cambios do Patrimonio Neto os derivados de determinados instrumentos financeiros manexados por sociedades o grupos empresariais que cotizan en mercados internacionais, subvencións, doazóns e legados non reintegrables de procedencia distinta a do propietario ou dos socios, e determinadas vantaxes fiscais que non forman parte da base impoñible do imposto sobre beneficios. 2. REPRESENTACIÓN CONTABLE DO ACTIVO, PASIVO E PATRIMONIO NETO: Os elementos activos, pasivos e de patrimonio neto teñen a súa representación contable conxunta en dous importantes estados contables: o Inventario e o Balance de Situación (conta anual). 2.1. INVENTARIO: O inventario é unha relación detallada de bens, dereitos e obrigas da unidade económica, que fixa -por diferenza entre eses activos e estes pasivos- a cantidade do neto patrimonial. Poden ser de diferentes tipos. Así: - atendendo a súa forma, poden ser analíticos (detallan todos os elementos cualitativa e cuantitativamente) e sintéticos (só agrupan os elementos activos e pasivos); O PATRIMONIO EMPRESARIAL - 17 - polo seu contido, poden ser xerais (conteñen todos os elementos) e parciais (refírense so a algúns elementos en concreto); e - a tenor do momento no que se realizan, cabe distinguir inventarios iniciais (realizados o principio do exercicio económico), finais (confeccionados ó cerre do exercicio) e extraordinarios (elaborados en cálquela momento diferente a os outros dous). Non existe un modelo formalizado para a súa elaboración, que se realiza nas seguintes tres fases: 1º) investigación: consistente en realizar un reconto físico, mecánico, documental, o por medio de programas informáticos de xestión, dos elementos que compoñen o patrimonio; 2º) valoración: é a fase máis complexa, na que haberá que aplicar as normas de valoración e os principios contables obrigatorios; e 3º) estruturación: aínda que non hai modelo oficial nin legal ó que debamos de axustarnos na elaboración do inventario, o modelo convencional estrutura ó Inventario nas seguintes tres partes: - Encabezamento: onde se indica o nome do titular do negocio, o número de inventario, tipo (xeral, parcial...), lugar, e data. - Corpo: no que se detalla, por separado, o activo e o pasivo da empresa. - Pé ou certificación: onde consta a firma do propietario da empresa ou do xerente certificando a certeza dos datos (pode asinar tamén o xefe de contabilidade ou auditor), expresando a cantidade do neto patrimonial en letra. Por exemplo, a estrutura do Inventario final do patrimonio da empresa MERCASA, elaborado a 31 de decembro do 200X, sería o que se reflexa na Táboa nº 7: TÁBOA Nº 7: INVENTARIO FINAL DA EMPRESA MERCASA. MERCASA. INVENTARIO Nº 4 -XERAL, SINTÉTICO, FINAL -. SANTIAGO DE COMPOSTELA, a 31/12/2008 ACTIVO PASIVO  (300) Mercadorías  (328) Material de oficina  (570) Caixa, €  (572) Banco c/c  (211) Construcións  (216) Mobiliario  (220) Adaptación de terreos e bens naturais  (211) Investimentos en construcións  (250) Investimentos financeiros a longo prazo en instrumentos de patrimonio  (4300) Clientes, €  (460) Anticipos de 70.000 2.000 90.000 190.000 200.000 12.000 40.000 50.000 14.000 25.000 2.500  4000) Provedores, €  (401) Provedores, efectos comerciais a pagar  (523) Provedores de inmobilizado a curto prazo  (476) Organismos de la S.S. acredores  (410) Acredores por prestacións de servizos  (520) Débeda a curto prazo con entidades de crédito  (475) Facenda 30.000 2.000 9.000 30.000 7.000 50.000 10.500 10.000 18 - O PATRIMONIO EMPRESARIAL remuneracións  (544) Créditos a corto prazo ó persoal  (4400) Debedores  (470) Facenda Pública, debedora por diversos conceptos  (218) Elementos de transporte 10.000 1.000 600 30.000 Pública acredora por conceptos fiscais  (574) Acredores por arrendamento financeiro a curto prazo  (174) Acredores por arrendamento financeiro a longo prazo 20.000 TOTAL ACTIVO 737.100 TOTAL PASIVO 173.500 Certifico a certeza dos datos que obran neste Inventario. A cantidade do patrimonio neto ascende a 563.600€, formado por: as contribucións, de 567.100€, realizadas polos socios; a reserva legal, de 72.000€; e os resultados negativos de exercicios anteriores (-75.500€). Asina: o xerente/auditor/xefe contabilidade. 2.2. BALANCE DE SITUACIÓN: O Balance de Situación é un estado contable informativo no que se mostran os bens, dereitos, e obrigas, así como o neto patrimonial da unidade económica. Describe, polo tanto, a situación económico financeira da empresa nun momento dado, ó recoller o estado dos seus investimentos (activo) e das súas fontes de financiamento (pasivo e neto). O seu contido e estrutura están legalmente establecidos -Código de Comercio, Lei de Sociedades Anónimas, PXC (2007)-. Consta de dúas partes: - cabeceira, que recolle o nome da entidade económica, e a data; e - corpo, dividido en: activo (parte esquerda), e pasivo e neto (parte dereita). Á súa vez, as partidas que integran o Balance de Situación clasifícanse da seguinte forma: - o activo, ordenado segunda a dispoñibilidade ou liquidez crecente dos elementos, relacionando primeiro os de menor dispoñibilidade; e - o pasivo ordenado segundo o criterio de esixencia crecente, relacionando primeiro os elementos de menor esixencia. Véxase modelo de conta anual no PXC (2007). O PATRIMONIO EMPRESARIAL - 19 2.3. DIFERENZAS ENTRE O INVENTARIO E O BALANCE DE SITUACIÓN: Tanto o Inventario como o Balance detallan, como sinalamos ó longo da UD, o (a) activo, o (b) pasivo, e o (c) patrimonio neto da empresa, polo que os seus contidos -se se elaboran no mesmo momentodeben de coincidir. Non obstante, ademais do seu distinto formato, presentan algunhas outras diferenzas. Así pois: - mentres que, o Inventario soe ser analítico, o Balance é sintético; - é obrigatorio elaborar un Inventario dúas veces no año (inicial e final), mentres que só é obrigatorio facer un único Balance de Situación (una das Contas Anuais); - na elaboración do inventario non se emprega información contable elaborada previamente, senón resultante do reconto dos elementos activos e pasivos, para obter por diferenza (A – P), a cantidade á que ascende o neto; porén, no Balance, o valor do patrimonio neto extráese directamente dos rexistros contables, non se calcula. - Nun inventario, as contas non soen aparecer agrupadas por masas patrimoniais, no Balance si. - Finalmente, os inventarios obrigatorios (inicial e final) e o Balance de Situación deben redactarse no mesmo libro de contabilidade: o “Libro de Inventarios e Contas Anuais”-, aínda que só o Balance de Situación debe ser depositado no Rexistro Mercantil -as sociedades obrigadas a facelo-. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES PROPOSTAS Para o aprendizaxe dos contidos desta UD procederemos, en primeiro lugar ó estudio dos conceptos teóricos, que, o mesmo tempo, se van exemplificando con os correspondentes casos prácticos. Todo iso terá lugar nunha clase expositiva (dúas horas). A continuación, nas clases interactivas (dúas, de 1,5 horas cada unha), practicaranse eses contidos con exercicios teóricos e prácticos que abordarán todas e cada unha das cuestións estudadas. As prácticas propostas son as que se conteñen nos anexos 1 e 2; no que respecta ás cuestións prácticas, algunha delas está parcialmente resolta, a efectos de servir de exemplo a seguir nas restantes. Ademais, dende o primeiro momento (xa na explicación da UD), emprégase a denominación contable dos elementos que se inclúen nestes exercicios segundo o PXC (2007). 20 - O PATRIMONIO EMPRESARIAL AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Os exercicios (teóricos e prácticos) que se realizarán conxuntamente coa UD servirán para a avaliación do nivel acadado polo alumno. Así, unha vez solucionados todos eles, serán presentados para a súa corrección por parte do profesor. A correcta resolución das cuestións correspondentes a esta e outras UD suporá o aprobado da materia. Así mesmo, os contidos desta UD, xunto cos correspondentes as outras do temario, serán obxecto dunha proba final, que permitirá –no seu casoincrementar a nota final. O PATRIMONIO EMPRESARIAL - 21 BIBLIOGRAFÍA Básica: TABOADA MELLA, M. S. (2008): Contabilidad Financiera. Una introducción teórico-práctica. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións. TABOADA MELLA, M. S. (2008): Ejercicios resueltos de Contabilidad Financiera (Introducción). Santiago de Compostela: Tórculo Edicións. Complementaria: CERVERA, M; GONZÁLEZ, A; ROMANO, J. (2008): Contabilidad Financiera (adaptada al nuevo PGC). Centro de Estudios Financieros. DOSSIER PRÁCTICO. NUEVO PLAN GENERAL CONTABLE (2007): 205 supuestos prácticos. Santiago de Compostela: Ediciones Francis Lefebvre. OMEÑACA GARCÍA, J. (2008): Contabilidad General. Barcelona: Deusto. REY POMBO, J. (2009): Contabilidad General. Madrid: Paraninfo. E, en xeral, calquera manual sobre contabilidade xeral publicado en data posterior a 2007. Textos legais: PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD (2007): Real Decreto 1514/2007, de 16 de noviembre, por el que se aprueba el Plan General de Contabilidad. Ministerio de Economía y Hacienda. PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD de PYMES (2007): Real Decreto 1515/2007, de 16 de noviembre, por el que se aprueba el Plan General de Contabilidad de Pequeñas y Medianas Empresas. Ministerio de Economía y Hacienda. Recursos informáticos: http://www.boe.es/boe/dias/2007/11/20/pdfs/C00001-00152.pdf http://www.boe.es/boe/dias/2007/11/21/pdfs/C00001-00096.pdf 22 - O PATRIMONIO EMPRESARIAL ANEXOS: ANEXO 1. CUESTIÓNS TEÓRICAS: EXERCICIO Nº 1: Define patrimonio empresarial. EXERCICIO Nº 2: ¿Que é un elemento patrimonial?. EXERCICIO Nº 3: Indica cales son os elementos de activo. EXERCICIO Nº 4: Sinala que son os elementos de pasivo. EXERCICIO Nº 5:¿Que constitúe o patrimonio neto?. EXERCICIO Nº 6: ¿Como se cuantifica o patrimonio neto?. EXERCICIO Nº 7:¿Que son os gastos?. EXERCICIO Nº 8: ¿Que son os ingresos?. EXERCICIO Nº 9: ¿Que elementos constitúen unha masa patrimonial?. EXERCICIO Nº 10: ¿Que tipo de masas patrimoniais poden conformar o patrimonio de unha empresa?. EXERCICIO Nº 11: Clasifica os elementos patrimoniais de activo, pasivo, neto, gastos e ingresos, de acordo a súa intervención nas contas anuais. EXERCICIO Nº 12: ¿Que é un inventario?. EXERCICIO Nº 13: Sinala as fases nas que se soe desenvolver a elaboración dun inventario. EXERCICIO Nº 14: Indica e define os tipos de inventario. EXERCICIO Nº 15: ¿Que describe o balance de situación?. EXERCICIO Nº 16: ¿Cal é a estrutura do balance de situación?. EXERCICIO Nº 17: ¿Como se ordenan as partidas que conforman o corpo do balance de situación?. EXERCICIO Nº 18: Sinala as diferenza entre inventario e balance de situación. ANEXO 2. CUESTIÓNS PRÁCTICAS: EXERCICIO Nº 1: Dados os seguintes elementos patrimoniais: I. Indica cales son de activo, pasivo ou de patrimonio neto; e II. Represéntaos contablemente de acordo á terminoloxía del PXC (2007). (1) Contribución dos socios a sociedades mercantís. (2) Edificacións propiedade da empresa, nas que se sitúa esta. (3) Bens propiedade da empresa e destinados á venda sen transformación. (4) Débedas con subministradores de bens obxecto da actividade da empresa, documentadas en facturas. (5) Débedas a longo prazo con subministradores de bens destinados de forma permanente á empresa. (6) Letras de cambio xiradas por los subministradores de bens obxecto do tráfico da empresa e aceptadas por esta. (7) Contribucións do empresario a empresas individuais. (8) Vehículos propiedade da empresa e destinados ó transporte externo. (9) Cantidades entregadas ós subministradores de bens obxecto do tráfico da la empresa a conta de futuros subministracións. O PATRIMONIO EMPRESARIAL - 23 (10) Créditos a compradores de bens obxecto do tráfico da empresa, documentadas en facturas. (11) Letras aceptadas polos compradores dos bens da empresa e obxecto do tráfico de esta. (12) Créditos con clientes e considerados de dubidoso cobro. (13) Créditos con compradores de servizos e que non teñan a consideración estrita de clientes. (14) Entregas a conta ó persoal da empresa. (15) Débedas da empresa con seu persoal en concepto de traballo prestado á mesma. (16) Débedas con a Facenda Pública por tributos non satisfeitos. (17) Débedas con a Seguridade Social por os servizos prestados por esta. (18) Débedas con entidades de crédito por préstamos recibidos de estas, a longo prazo. (19) Créditos concedidos a persoas alleas ó tráfico da empresa a curto. (20) Diñeiro dispoñible na empresa. (21) Diñeiro de dispoñibilidade inmediata en c/c bancarias. SOLUCIÓN EXERCICIO Nº 2: A) Neto: activo; activo; pasivo; pasivo; pasivo; neto; activo; activo; activo; activo; activo; activo; activo; pasivo; pasivo; pasivo; pasivo; activo; pasivo. B) Nº DENOMINACIÓN CONTABLE 1 (100) CAPITAL SOCIAL 2 (211) CONSTRUCIÓNS 3 (300) MERCADORÍAS 4 (400) PROVEDORES 5 (173) PROVEDORES DE INMOBILIZADO A LONGO PRAZO 6 (401) PROVEDORES, EFECTOS COMERCIAIS A PAGAR 7 (102) CAPITAL 8 (218) ELEMENTOS DE TRANSPORTE 9 (407) ANTICIPOS A PROVEDORES 10 (430) CLIENTES 11 (431) CLIENTES, EFECTOS COMERCIAIS A COBRAR 12 (436) CLIENTES DE DUBIDOSO COBRO 13 (440) DEBEDORES 14 (460) ANTICIPOS DE REMUNERACIÓNS 15 (465) REMUNERACIÓNS PENDENTES DE PAGO 16 (475) FACENDA PÚBLICA ACREDORA POR CONCEPTOS FISCAIS 17 (476) ORGANISMOS DA SEGURIDADE SOCIAL ACREDORA 18 (170) DÉBEDAS A LONGO PRAZO PLAZO CON ENTIDADES DE CRÉDITO 19 (542) CRÉDITOS A CURTO PRAZO 20 (570) CAIXA, € 21 (572) BANCO C/C Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao de Economía Contabilidade Xeral María Salomé Taboada Mella 2 O patrimonio empresarial e a súa representación contable no inventario e no balance de situación 9788498 879704 Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais