scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Indian Summer

Beltrán, Isabel

Full text

54 | EVOHÉ Indian Summer ISABEL BELTRÁN Un impulso vesperal empuxouna, medio adurmiñada, a vagabundear entre álamos, carballos e, inevitablemente, eucaliptos. Un desos estraños días de outono que recenden a castanas e a jazz, privado do branco e negro do inverno polas follas cor ocre e vermello desgastado, que caducas e aborrecidas da ledicia estival caen das árbores mainamente. Un frío crepuscular que apareceu sen previo aviso fíxolle encoller os ombros e afundir o pescozo dentro do gabán mentres apertaba o andar. Voltou á casa anticipándose á melancolía, que é en esa época do ano cando, inevitablemente, deixa unha pegada máis profunda sobre a alma sensible. Deixou caer a agulla sobre o disco do vinilo e acompañou, con voz taciturna mais tranquila, á guitarra sozinha: A lua, girou, girou… Atrévome a lembrar Aquela tarde onírica en Itapoa Nos ocupamos del mar Que o sol trocara en diminutos espellos Cativos cristais ardendo Porque ardíamos e ardíamos e ardíamos Al son que arde Itapoa. Inducíronnos visións esas pedras preciosas E criamos alcanzar a intelixencia libre Non foi un momento perfecto, non os hai Pero caeron as máscaras e, casualmente, atopámosnos Porque a vida é a arte do encontro E alí sentimos a Terra rodar —suspirou mentras a agulla seguía atravesando o disco— E agora, qué racanería, qué difícil todo EVOHÉ | 55 Cuán corto el placer… Á sombra da saudade —Porque non quixo sentir máis sol que o de Itapoa— Queda o resaibo de aquel encontro, que esgoto Musgo reverdecido e resistente Pegado firmemente á rocha de Itapoa Extraio até o último dos seus aromas E aínda podo sentir o tacto sobre a pel húmeda E esa complexidade rizomática fluíndo nos seus ollos Un vinilo tras outro, observo como xiran E imaxínonos a nós, xirando coa Terra Mivernina, tu não te lembra daquela tarde de sol, em que caíste em meus braços Lavadinha de suor? A agulla detense; atravesou todo o vinilo. Porén, fica o eco das nostálxicas voces melódicas, cuxa cadencia se repite unha e outra vez, e cada vez máis tenuemente, pero sen chegar a extinguirse. Falar de amor em Itapoa, falar de amor em Itapoa, falar de amor… Acompáñana mentres ela, concentrada, persiste no intento frustrado de sentir outra vez que xira coa Terra, que se ocupa do mar, ao son que arde Itapoa, aquela tarde de sol.