scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Proposta de liñas xerais do regulamento electoral xeral

Universidade de Santiago de Compostela. Claustro

Full text

1 PROPOSTA DE LIÑAS XERAIS DO REGULAMENTO ELECTORAL XERAL (Aprobadas polo Pleno do Claustro do 26 de xuño de 2015) A promulgación dos Estatutos da USC por Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 12 de febreiro), fai necesario axustar o Regulamento Electoral, para adaptar as súas disposicións ao texto estatutario. Non obstante, ese axuste é de tal calado que as modificacións propostas nestas liñas xerais suporían a dicir verdade a elaboración dun novo Regulamento. O procedemento previsto na norma estatutaria pide ao Claustro Universitario a aprobación de ditas liñas xerais [artigo 78.g)] e ao Consello de Goberno a do seu texto articulado nun regulamento [81.j)]. Como o máis próximo en termos xurídicos á expresión “liñas xerais” é un documento de bases, preséntase ante o Claustro Universitario o presente para a súa emenda, debate e, de ser o caso, votación. BASE PRIMEIRA Ámbito de aplicación Un.- Amplíase o número de procesos electorais sometidos ao Regulamento Xeral Electoral coa incorporación do relativo aos membros dos comités de dirección das escolas de doutoramento. Dous.- Refórzase a función do Regulamento Electoral Xeral como dereito supletorio na Universidade de Santiago de Compostela. Tres.- Segundo o anterior, os procesos electorais comprendidos no Regulamento Electoral Xeral son: a) Elección de reitor. b) Elección de membros do Claustro Universitario, das xuntas de facultade e de escola, dos consellos de departamento e dos comités de dirección das escolas de doutoramento. c) Elección de decanos de facultade, directores de escola e directores de departamento. d) Elección de representantes dos directores de departamento, institutos universitarios de investigación, escolas de doutoramento e doutras estruturas universitarias, no Consello de Goberno. 2 BASE SEGUNDA Electores Catro.- Redefínese a condición de elector para a súa adaptación aos artigos 12, 32, 36.2 e 75 dos Estatutos. Cinco.- Serán electores na condición de profesorado doutor con vinculación permanente en servizo activo: os catedráticos de universidade, profesores titulares de universidade, catedráticos de escola, profesores titulares de escola con título de doutor, profesores contratados doutores e profesores colaboradores con título de doutor. Seis.- Serán electores na condición de outras categorías de persoal docente e investigador: - O profesorado funcionario non doutor. - Os axudantes. - O profesorado axudante doutor. - O profesorado colaborador. - O profesorado asociado. - O profesorado interino de substitución. - O persoal investigador en formación. - O profesorado emérito. - O profesorado visitante. - O persoal para lectorados de linguas modernas ou estranxeiras. - O persoal doutor contratado pola Universidade de Santiago de Compostela consonte a lexislación vixente con cargo a programas competitivos de incorporación ás universidades de investigadores e/ou docentes, sempre que o contrato permita a impartición de docencia. - Aqueloutras persoas contratadas pola Universidade de Santiago de Compostela mediante concurso público que realicen labores docentes ou investigadoras e que cumpran os requisitos, entre outros os de permanencia e dedicación que se establezan neste Regulamento. No caso de profesorado con vinculación temporal coa Universidade de Santiago de Compostela ou do persoal citado na alínea anterior, será requisito para considerarse elector a acreditación do vínculo coa Universidade, que debe ser superior a un ano dentro dos últimos dezaoito meses, e con dedicación polo menos a media xornada. Sete.- Serán electores na condición de estudantes o alumnado matriculado nas titulacións oficiais da Universidade. Oito.- Serán electores na condición de persoal de administración e servizos o devandito persoal se é retribuído con cargo ao capítulo I das normas orzamentarias e ten unha antigüidade igual o superior a un ano dentro dos últimos dezaoito meses e unha dedicación a tempo parcial equivalente a metade da xornada dun traballador ou dun funcionario a tempo completo comparable. 3 BASE TERCEIRA Colexios e circunscricións electorais Nove.- Cómpre indicar que o colexio electoral no caso de eleccións a membros dos comités de dirección das escolas de doutoramento será o conxunto de electores inscritos no censo da respectiva escola de doutoramento. Nas outras estruturas universitarias de investigación estarase ao disposto nos seus propios regulamentos. Dez.- Da mesma maneira, cómpre indicar que as circunscricións electorais no caso de eleccións a membros dos comités de dirección das escolas de doutoramento serán as propias escolas. BASE CUARTA Competencias da Comisión Electoral Central Once.- Con fin de adaptar o Regulamento Electoral Xeral á Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, cómpre ampliar as competencias da Comisión Electoral Central neste senso. Doce.- Son competencias da Comisión Electoral Central no eido dos procedementos electorais suxeitos ao voto electrónico as seguintes: - Nomear, tras o correspondente sorteo, os membros titulares e suplentes das mesas electorais. - Nomear aos delegados da Mesa Electoral Electrónica nas sedes establecidas para a emisión do voto electrónico no caso de terse elixido este sistema de votación. - Decidir o sistema de votación, manual ou electrónica, para cada proceso electoral e o sistema de acreditación da identidade dixital no caso de votacións electrónicas. BASE QUINTA Disposicións xerais sobre o censo electoral Trece.- Introdúcese a referencia aos censos das escolas de doutoramento e convértese en deber o que estaba configurado, pola redacción dada ao precepto, nunha opción de actualización dos censos pola Secretaria xeral. Catorce.- Os censos dos órganos de goberno colexiados das facultades, escolas, departamentos, institutos de investigación e escolas de doutoramento deberán ser actualizados pola Secretaría Xeral respecto das incorporacións ou baixas que non requiran eleccións. Esta actualización non alterará a composición dos demais sectores, con 4 independencia das proporcións asignadas a cada un deles nos Estatutos, en tanto non se celebren as correspondentes eleccións. BASE SEXTA Adscrición ás circunscricións Quince.- Con fin de adaptar o Regulamento Electoral Xeral aos artigos 2, 4, 31 e concordantes da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, cómpre modificar a adscricións ás circunscricións electorais. Dezaseis.- Os membros do persoal docente e investigador (PDI) estarán censados no departamento ao que pertenzan e no centro no que presten a maior parte dos seus servizos. Todos eles deberán estar censados nun único centro e nun único departamento. Así mesmo teranse en conta as seguintes regras: a) Quen teñan un encargo docente anual no POD igual ou superior a noventa horas en dous ou máis centros, poderá censarse en calquera deles. b) Quen teña un encargo docente anual no POD inferior a noventa horas en cada un dos centros nos que imparta docencia, poderá censarse en calquera deles. c) Os membros do PDI poderán solicitar ser censados no centro no que tiveran a súa docencia maioritaria nos dous últimos anos nun centro, sempre que manteñan nel algún encargo docente no POD. d) Os membros do PDI con exención de docencia por cargo académico, ano sabático ou algunha outra causa que non implique perda do dereito de sufraxio, continuará censado no centro e departamento aos que pertencía. Non obstante, poderán solicitar ser censados no centro no que tiveran a súa docencia maioritaria nos dous últimos anos e) Opcionalmente, os membros do PDI poderán censarse no centro onde teña a súa sede o Departamento no que desenvolven a meirande parte das súas actividades. Dezasete.- Os membros das restantes categorías do persoal docente e investigador detalladas na Base segunda, seis, agás os investigadores en formación, estarán censados así mesmo nunha das cinco grandes áreas (Ciencias da Saúde, Ciencias, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura e Arte e Humanidades), tendo en conta a respectiva adscrición a elas do departamento ao que pertenzan, e de ser necesario tendo en conta tamén o centro no que estean censados. Dezaoito.- Co fin de adaptar o Regulamento Electoral Xeral ao colexio electoral do sector II (art. 75 dos Estatutos), cómpre modificar a situación censual dos investigadores en formación, que pasarán a estar censados nun único campus (Santiago de Compostela ou Lugo), nun único departamento e, se é o caso, tamén nun centro, segundo as seguintes regras: 5 a) Estarán censados no departamento ao que estean vinculados. Presumirase a vinculación dos investigadores en formación ao departamento no que estean rexistrados. b) Os investigadores en formación estarán censados, de ser o caso, no centro no que impartan docencia, sendo de aplicación as regras para a asignación de centros establecidas para o PDI. c) No caso de non ter docencia, estarán censados na escola de doutoramento responsable do programa de doutoramento no que estean matriculados. Dezanove.- Co fin de adaptar o Regulamento Electoral Xeral ao colexio electoral do sector III (art. 75 dos Estatutos), os estudantes de titulacións oficiais estarán censados no centro ou centros responsables da titulación ou titulacións en que estean matriculados e nos departamentos que teñan a súa docencia asignada ás materias nas que estean matriculados, excepto os estudantes de doutoramento. Os estudantes de doutoramento censaranse na escola de doutoramento responsable do programa de doutoramento no que estean matriculados e nos departamentos ao que pertenza o seu titor de tese. Vinte.- Para os efectos de constituír o comité de dirección das escolas de doutoramento, estarán censados nas respectivas escolas: a) O persoal docente e investigador da USC en servizo activo vinculados aos programas de doutoramento adscritos á escola nos termos que determina o Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC. b) Os estudantes matriculados nos programas de doutoramento adscritos á escola. c) O persoal de administración e servizos que desenvolva nela a súa actividade. Vinte bis.- Para os efectos de elixir representantes do persoal de administración e servizos nas xuntas de centro e nos consellos de departamento determinarase os membros deste colectivo vinculados respectivamente a cada centro e a cada departamento. BASE SÉTIMA Votos válidos, nulos e en branco Vinte e un.- Por aplicación do voto electrónico, cómpre indicar que non existirá nas eleccións electrónicas o voto nulo Vinte e dous.- Para os casos de voto en branco, cómpre engadir que terá tal condición o da papeleta que dea a opción de votar en branco. BASE OITAVA Cómputo de prazos e procedemento Vinte e tres.- Consonte o punto primeiro do Acordo de Consello de Goberno do 2 de maio de 2013, sobre duración do curso académico e convocatoria dos órganos colexiados, nas eleccións do reitor ou reitora, dos representantes en órganos colexiados e dos decanos 6 e directores de centro e directores de departamento, serán inhábiles o período de exames oficiais en toda a Universidade segundo o calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Considéranse, con carácter xeral, inhábiles os meses de xullo e agosto, así como os días dos mes de setembro anteriores ao inicio do curso académico, consonte ao establecido no calendario académico. BASE NOVENA Convocatoria das eleccións Vinte e catro.- Con fin de adaptar o Regulamento Electoral Xeral á Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, procede ordenar que a convocatoria de eleccións e os actos derivados da mesma publicaranse no Taboleiro de Anuncios Electrónico da Universidade. Así mesmo, a data de referencia para os efectos de cómputo de prazos e cumprimento do disposto neste Regulamento será a da publicación no devandito Taboleiro Electrónico. BASE DÉCIMA Publicación e impugnación do censo electoral Vinte e cinco.- Con fin de adaptar o Regulamento Electoral Xeral á Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, convén ordenar que as listas do censo, ademais de expoñerse publicamente nas sedes centrais da Universidade e nos centros, podan publicarse temporalmente no Taboleiro Electrónico de Anuncios. O censo ten que ser publicado de xeito completo incluso no caso de utilizar para tal fin o Taboleiro Electrónico da Universidade. BASE UNDÉCIMA Presentación de candidaturas Vinte e seis.- Con fin de adaptar o Regulamento Electoral Xeral á Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, a presentación das candidaturas poderá facerse no Rexistro Xeral da Universidade ou no seu Rexistro Electrónico. BASE DUODÉCIMA Interventores Vinte e sete.- (Supresión) Vinte e oito.- Convén engadir que os interventores exercerán o seu dereito de sufraxio na mesa ante a que estean acreditados, agás no caso de votacións electrónicas. BASE DÉCIMO TERCEIRA 7 Votación Vinte e nove.- Co fin de distinguilos dos artigos dedicados a votación electrónica, nos epígrafes dos que se relacionan de seguido deberá aparecer a expresión “en procesos electorais non electrónicos”, quedando deste xeito: - Artigo 34. Xornada de votación en procesos electorais non electrónicos - Artigo 35. Mantemento da orde en procesos electorais non electrónicos - Artigo 36. Identificación dos electores en procesos electorais non electrónicos - Artigo 37. Emisión do voto en procesos electorais non electrónicos - Artigo 38. Escrutinio en procesos electorais non electrónicos - Artigo 39. Fin do reconto en procesos electorais non electrónicos - Artigo 40. Acta de escrutinio en procesos electorais non electrónicos - Artigo 41. Acta da sesión en procesos electorais non electrónicos - Artigo 42. Expediente electoral en procesos electorais non electrónicos BASE DÉCIMO CUARTA Ponderación do voto nas eleccións a reitor/a Trinta.- De acordo co artigo 83.2 dos Estatutos, a ponderación do voto nas elección a reitor queda como segue: - Sector I, profesorado doutor con vinculación permanente: 51 % - Sector II, restantes categorías de persoal docente e investigado: 11 % - Sector III, alumnado matriculado en titulacións oficiais: 28 % - Sector IV, persoal de administración e servizos: 10% Trinta e un.- Para os efectos da ponderación do voto, a Comisión Electoral procederá do seguinte xeito: a) Unha vez coñecido o número de votos validamente emitidos a candidaturas no sector de profesorado doutor con vinculación permanente (VPD), calcularase o número total de votos ponderados (VPT), de acordo coa seguinte fórmula: VPT= VPD x 100 /51. b) Unha vez coñecido o número total de votos ponderados (VPT), calcularase o número de votos ponderados que corresponde a cada sector en función das porcentaxes atribuídas a cada un deles, tendo en conta que o número de votos ponderados correspondente ao sector de profesorado doutor con vinculación permanente é equivalente ao número de votos validamente emitidos a candidaturas nese sector. c) Coñecidos os votos ponderados que corresponden a cada un dos sectores, calcularase o coeficiente que debe aplicarse aos votos realmente emitidos neles, utilizando catro decimais. Este coeficiente será a resultante de dividir o número de votos ponderados que corresponden a cada sector entre o número de votos emitidos nel, e nunca poderá ser superior a 1. d) O número de votos ponderados totais de cada candidatura será o resultado da suma dos votos validamente emitidos ao seu favor polo profesorado doutor 8 con vinculación permanente e dos votos validamente emitidos ao seu favor polos demais sectores multiplicados polo seu respectivo coeficiente de ponderación. e) En cada sector o número de votos redondearase á unidade mais próxima. Se o primeiro decimal fose inferior a 5 manterase a mesma unidade; e se o primeiro decimal fose 5 ou superior a 5 redondearase a unha unidade superior. BASE DÉCIMO QUINTA Eleccións de representantes no Claustro Universitario: sectores Trinta e dous.- Consonte o artigo 75 dos Estatutos, cómpre adaptar o Claustro Universitario aos sectores e subsectores que o conforman para constituír os colexios electorais do xeito seguinte: - Sector I: cincuenta e un por cento de profesorado doutor con vinculación permanente, é dicir, 153 membros. - Sector II: once por cento de membros das restantes categorías de persoal docente e investigador, é dicir, 33 membros. O persoal investigador en formación constituirá un subsector ao que lle corresponderá un número de postos proporcional ao seu número de electores. - Sector III: vinte e oito por cento de alumnado matriculado en titulacións oficiais, é dicir, 84 membros. - Sector IV: dez por cento de membros do persoal de administración e servizos, é dicir, 30 membros. Trinta e tres.- A súa vez, o sector II estará formado polas seguintes categorías: - O profesorado funcionario non doutor. - Os axudantes. - O profesorado axudante doutor. - O profesorado colaborador. - O profesorado asociado. - O profesorado interino de substitución. - O persoal investigador en formación. - O profesorado emérito. - O persoal doutor contratado pola Universidade de Santiago de Compostela consonte a lexislación vixente con cargo a programas competitivos de incorporación ás universidades de investigadores e/ou docentes, sempre que o contrato permita a impartición de docencia. - Aqueloutras persoas contratadas pola Universidade de Santiago de Compostela mediante concurso público que realicen labores docentes ou investigadoras e que cumpran os requisitos, entre outros os de permanencia e dedicación que se establezan neste Regulamento. No caso de profesorado con vinculación temporal coa Universidade de Santiago de Compostela ou do persoal citado na alínea anterior, será requisito para considerarse elector a acreditación do vínculo coa Universidade, que debe 9 ter unha antigüidade igual ou superior a un ano dentro dos últimos dezaoito meses e a unha dedicación a tempo parcial equivalente, ao menos, a un P6. Trinta e catro.- O sector III estará integrado por todos o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela matriculado en titulacións oficiais de grao, máster ou doutoramento que cumpra as condicións que estipule o presente Regulamento e que non teñan o dereito a pertencer a outro colexio electoral. Trinta e cinco.- Consonte o disposto no artigo 31 dos Estatutos e para os efectos deste Regulamento, considéranse investigadores en formación e pertencerán ao sector II aquelas persoas con titulación universitaria que estando a realizar a tese de doutoramento, sexan beneficiarios de programas de axuda dirixidos ao desenvolvemento de actividades de formación e especialización científica, técnica, artística ou humanística, de acordo co establecido na normativa deste tipo de persoal, e cuxa bolsa ou contrato estea vinculado á Universidade de Santiago de Compostela. Trinta e seis.- O colexio electoral do sector IV estará integrado polo persoal de administración e servizos con cargo ao capítulo I das normas orzamentarias e teña unha antigüidade igual o superior a un ano dentro dos últimos dezaoito meses e unha dedicación a tempo parcial equivalente a metade da xornada dun traballador ou dun funcionario a tempo completo comparable. BASE DÉCIMO SEXTA Sectores e subsectores electorais nas eleccións de representantes nas xuntas de centro Trinta e sete.- Co fin de adaptar o Regulamento Electoral Xeral ao artigo 95 dos Estatutos, cómpre incorporar a nova composición en sectores e subsectores das xuntas de centro de maneira que quedarán integradas por: a) O persoal docente e investigador e o persoal investigador en formación con docencia no centro e censado nel, así como o non censado que teña neste un encargo docente igual ou superior ao 35% da capacidade docente dun profesor a tempo completo, de xeito que: - O profesorado con vinculación permanente á Universidade representará o 51%. - O resto non excederá do 10% do total da Xunta. b) Unha representación do estudantado do 32% de grao e máster. c) Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 7% do total da Xunta, cun mínimo de dous membros. Trinta e oito.- Por indicación do citado artigo 95 dos Estatutos, atribúese ao regulamento de réxime interno de cada centro, de ser o caso, a determinación do número de subsectores e a representación de cada un, respectando sempre que: