scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Novas metodoloxías docentes no dereito

Castro Carredoira, María

Full text

335 A2-13 VI Xornada Universitaria Galega en Xénero NOVAS METODOLOXÍAS DOCENTES NO DEREITO PENAL: TWITTER NO ENSINO UNIVERSITARIO DA VIOLENCIA DE XÉNERO Castro Corredoira, María Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa Universidade de Santiago de Compostela maria.castro.corredoir[email protected] RESUMO Na procura dunha efectiva aproximación do estudantado universitario á realidade da violencia contra a muller, é preciso elaborar un plan de traballo que suscite o seu interese pola materia. Co fin de fomentar o interese do alumnado do Graos en Dereito e en Criminoloxía pola formación específica en violencia de xénero, valorouse o emprego de redes sociais na metodoloxía docente. Para isto, levouse a cabo unha recopilación de información sobre as redes sociales que, na actualidade, gozan dun maior número de usuarios, en idades comprendidas entre os 18 e os 30 años. Con resultados obtidos, concluiuse o emprego da plataforma Twitter para formar ao alumnado dos Graos en Dereito e Criminoloxía, nos aspectos xurídico-penais da violencia contra a muller, dun xeito dinámico, que promovese a interacción entre o alumnado, o seu interese polos coñecementos nesta materia, e a súa efectiva aprendizaxe. Con todo, valoránrose algunhas propostas de traballo cunha doble perspectiva: unha máis xenérica, de xénero e, integrada nesta, unha máis específica, de carácter xurídico penal, orientada á formación en contidos específicos: a definición da violencia de xénero; a identificación 336 María Castro Corredoira VI Xornada Universitaria Galega en Xénero dos tipos penais e conductas típicas relacionados coa violencia de xénero e o estudo das penas asumibles nestes casos. PALABRAS CLAVE: Violenciametodoloxía docenteviolencia de xénero- ensinanza universitaria. INTRODUCIÓN O estudo e abordaxe da violencia de xénero require dunha visión global, integral, interdisciplinar e plural, que fomente o tratamento de todos os aspectos que conforman e configuran dita lacra. Previr, sensibilizar e formar son, na actualidade, obxectivos prioritarios no tratamento desta materia, sobre todo si temos en conta que moitos comportamentos e condutas que a integran se atopan moi normalizadas, o que dificulta, en gran medida, a súa identificación (Castro Corredoira, 2017). Dende un punto de vista educativo e formativo, é a propia lexislación vixente a que introdución, dunha sólida perspectiva de xénero, na educación en xeral e, na formación universitaria en particular. Boa mostra disto dá o conglomerado normativo que se ten desenvuelto nos últimos tempos, á luz do principio de igualdade consagrado na nosa Constitución Española de 1978 . NORMATIVA ESTATAL DE REFERENCIA Tomando como punto de partida este marco normativo de primer nivel, son varios os textos lexislativos que se foron aprobando durante as últimas décadas, co obxec- to de crear un sólido entramado legal de resposta ao fenómeno que nos ocupa. Neste senso, as normas de obligada referencia son: a Lei Orgánica 11/2003, de 29 de setembro, de Medidas Concretas en Materia de Seguridade Ciudadana, Violencia Doméstica e Integración Social dos Extranxeiros; a Lei Orgánica 15/2003, de 25 de novembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro do Código Penal; a Lei 27/2003, de 31 de xullo, reguladora da Orde de Protección das víctimas da violencia doméstica; a Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, 337 NOVAS METODOLOXÍAS DOCENTES NO DEREITO PENAL: TWITTER NO ENSINO UNIVERSITARIO DA VIOLENCIA DE XÉNERO VI Xornada Universitaria Galega en Xénero de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero; e a Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes. De entre todos estes textos normativos, foi a Lei Orgánica 1/2004, a que se erixiu, dende a súa aprobación e entrada en vigor, até a actualidade, como pedra de toque da regulación española en materia de violencia de xénero. Dito instrumento legal integra, no seu Título I, unha serie de medidas de sensibilización e intervención no ámbito educativo. É importante, nese sentido, a redacción do seu artigo 4, porque incide na importancia de fomentar unha serie de principios e valores no eido educativo e, máis en concreto, no eido universitario, esixindo que as Universidades inclúan e fomenten, en tódolos ámbitos académicos e de xeito transversal, a formación, a docencia e a investigación en igualdade de xénero e a non discriminación. OBXECTIVOS Nos últimos anos fomentouse o coñecemento e a loita contra a violencia de xénero. Isto contribuiu a crea a necesidade de aproximarnos máis ao fenómeno, para poder ter unha visión global deste. No ámbito do dereito, o peso da explicación desta violencia cae no eido do dereito penal e, particularmente, no eido do dereito penal especial, como consecuencia, quizáis, do especial marco de protección penal reforzada do que dotou o lexislador español a violencia de xénero (de xeito fundamental, coa LO 1/2004). Co fin de que o alumnado chegue a comprender e contextualizar debidamente a violencia de xénero, é primordial achegalo á realidade do fenómeno dun xeito sinxelo. Por este motivo, co traballo proposto se procura a consecución dunha serie de obxectivos: • Promover o interese do estudantado pola cuestión analizada. • Evitar a docencia puramente teórica, achegando ao alumnado á realidade práctica, a través do acceso aos “casos reais”. • Fomentar a participación activa, deixando de lado as metodoloxías meramente expositivas, co fin de promover o traballo autónomo do alumnado (por ejemplo, que en atención ás actividades propostas, procuren as súas propias informa- 338 María Castro Corredoira VI Xornada Universitaria Galega en Xénero cións, documentos, sentencias e noticias, de cara a exponer a motivación a súa elección, incentivando a súa intervención e implicación no desenvolvemento das sesións presenciais da materia de dereito penal especial . METODOLOXÍA Para a consecución dos obxectivos reseñados, unha adecuada e cuidada selección de ferramentas pedagóxicas (Vázquez-Portomeñe Seijas, 2014)pode ser moi útil, procurando sempre suscitar e fomentar o interese e a curiosidade do alumnado pola materia en cuestión. Na actualidade, á hora de valorar, na selección de ferramentas pedagógicas, a súa adecuación, debemos ter en conta que vivimos na sociedade da información e da tecnoloxía, polo que é interesante avanzar e desenvolver a docencia á par que a sociedade. É por isto que parece idóneo trasladar os contidos dalgunhas materias, como a aquí proposta, a plataformas que poidan ser máis interesantes para o alumnado, polo atractivo que lles suscitan (Poza-Lujan, Calduch-Losa, Albors, Cabrera, Teruel, Rebollo, Diéz Somavilla, 2014). Os avances tecnolóxicos acadados nas últimas décadas propiciaron a proliferación dunha amálgama ampla de plataformas virtuais que, empregadas debidamente, constitúen un instrumento adecuado para fomentar o intereses dos máis novos pola adquisición de coñecementos específicos, dunha forma práctica. Con isto, procúrase que poidan chegar a identificar e razoar, debidamente, as nocións explicadas na aula (neste caso, as cuestións de xénero e, de xeito máis específico, a violencia de xénero). As redes sociais nos brindan opción interesantes no ámbito docente universitario, co fin de fomentar o interese do alumnado do Graos en Dereito e en Criminoloxía pola formación específica en violencia de xénero. Co fin de acadar dito obxectivo, levouse a cabo unha recopilación de información sobre as redes sociales que, na actualidade, gozan dun maior número de usuarios, en idades comprendidas entre os 18 e os 30 años. Con resultados obtidos, concluiuse o emprego da plataforma Twitter. Unha vez trazadas esas liñas xerais, procedeuse ao estudo, análise e evaluación das opcións que dita rede social confire para a consecución do obxectivo anteriormente reseñado. Neste senso, pondeourse a posibilidade de formar ao alumnado dos Graos en Dereito e Criminoloxía, nos aspectos xurídicopenais da violencia contra a muller, dun xeito dinámico, que promovese a interacción entre o alumnado, o seu interese polos coñecementos nesta materia, e a súa efectiva aprendizaxe. 339 NOVAS METODOLOXÍAS DOCENTES NO DEREITO PENAL: TWITTER NO ENSINO UNIVERSITARIO DA VIOLENCIA DE XÉNERO VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Con todo, valoránrose algunhas propostas de traballo cunha doble perspectiva: unha máis xenérica, de xénero e, integrada nesta, unha máis específica, de carácter xurídico penal. Deste xeito, procurouse o deseño de actividades orientadas á formación en contidos moi específicos, como por exemplo, a definición da violencia de xénero, da violencia doméstica e da violencia contra a muller, a identificación dos tipos penais e conductas típicas relacionados coa violencia de xénero e o estudo das penas asumibles nestes casos (co seu respectivo análise de criterios de prevención xeral e especial). Asemade, plantexouse o estudo do interese e adecuación das medidas acordadas durante o proceso penal (vgr. evaluacións de risco, peligrosidade delictiva; gravidade dos feitos penais) así como o tratamento e rigor informativo dos medios de comunicación. Dita proposta encaixa debidamente coas necesidades de aprendizaxe descritas na Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, das Universidades, e coas guías docentes de Grao verificadas pola ANECA. O presente traballo céntrase nas posibilidades que o emprego da rede social Twitter pode outorgar á ensinanza, educación e aprendizaxe en materia de violencia de xénero dun xeito xenérico e, de xeito maís específico, a súa ensinanza dende unha óptica xurídico-penal . Serán así obxecto de presentación e tratamento as diferentes posibilidades que o emprego de Twitter pode aportar á sensibilización e aproximación do alumnado universitario á realidade e complexidade do fenómeno que nos ocupa. CONTIDOS A formación xurídico-penal en violencia de xénero require dunha abordaxe profunda, onde se analicen cuestión específicas do eido que nos atinxe, como por exemplo: a análise das medidas acordadas no proceso penal; a fundamentación das resoluciónns xudiciais; a aplicación de tipos penais a casos de violencia doméstica e de xénero; o estudo das penas impostas; o análise das evaluacións de risco; o estudo de posibles perfís de víctimas e de agresores; ou os patróns de conduta sexista. A rede social Twitter é unha plataforma “microblogging” que permite emitir mensaxes que non excedan de 140 caracteres (aínda que isto se pode trampear, por exemplo, mediante o anexo dunha foto con texto). Con este límite, procúrase que a información sexa concreta e concisa, o que nos suxire a primeira posibilidade para traballar co alumnado: potenciar a súa capacidade de síntese e a súa axilidade. 340 María Castro Corredoira VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Outro elemento moi interesante fai referencia á intimidade persoal. No caso de Twitter, falamos de “seguir” (en inglés “follow”) a outras persoas (familiares, amigxs, coñecidxs, famosxs, xente á que admiramos, etc.) para coñecer a súa actividade e as súas publicacións. Porén, para as propostas que se van facer non é preciso que xs alumnxs “se sigan” entre eles, polo que non se teñen que ver, en ningún caso, condicionados a compartir a súa intimidade cos demais compañeirxs ou co profesorado. Unha boa opción neste senso é a creación dun perfil de traballo para o grupo no que se imparta a docencia. Permitir o acceso (con usuario e contrasinal) a todxs, posibilítase a libre intervención no grupo de traballo. En materia de violencia de xénero, as opción que nos pode brindar esta rede social son amplas. Como é sabido, non últimos tempos, dita plataforma erixiuse como una canle libre para expresar opinións de todo tipo . Así, a búsqueda de tweets lanzados con etiquetas (coñecidas como “hastag” e simbolizadas con “#”-almohadilla) permite agrupar os tweets ou mensaxes que, por razón do seu contido, versan sobre o mesmo tema. É aquí onde se plantexa unha opción interesante. Cando procuramos “hastags” relativos a cuestión de xénero, observamos tweets de moi diverso talante, e isto permite un certo xogo dente unha óptica pedagóxica, pois traballamos dende dous puntos de vista. Por unha banda, a xuventude, á hora de procurar mensaxes das índoles propostas, están a poñer en práctica os seus coñecementos na materia. Por outra banda, durante a posta en común de contidos, si alguén non identificou a opción correcta, é máis fácil explicarlle, en base ao texto do tweet (vgr. descritivo dunha conduta, unha opinión puntual), as cuestiónns de xénero. Con todo, o dinamismo da actividade favorece a adquisición de coñecementos, á par que promove a sensibilización na materia. É dicir, o fin primordial pasaría por formar e, de xeito paralelo, sensibilizar á xuventude, ó estudantado, nas cuestión de xénero e, sobre todo, na violencia de xénero. Outra posibilidade pasaría por propoñerlles tweets concretos, para realizar unha posta en común do que observan, facendo un análise do contido deses 140 caracteres (vgr. si se trata dunha idea sexista, si se esgrime unha opinión en relación a un suposto xudicial máis ou menos mediático; si se está a xulgar, de xeito mediático, a unha persona (ben sexa agresor ou víctima) e os efectos que isto pode ter na persoa). 341 NOVAS METODOLOXÍAS DOCENTES NO DEREITO PENAL: TWITTER NO ENSINO UNIVERSITARIO DA VIOLENCIA DE XÉNERO VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Outra opción pasaría por recabar toda a información posible sobre un caso de violencia de xénero: consultar as diferentes fontes periodísticas e analizar o tratamento que lle confiren ao caso específico (rigurosidade da información, emprego de linguaxe xurídico adecuado, etc.). As opción para configurar actividades formativas son moi amplas, sendo posível, por exemplo, proponer a búsqueda de información sobre o delito apreciado nun caso concreto (explicación dos elementos configuradores do ilícito en cuestión); a idoneidade das medidas adoptadas durante o proceso (vgr. medida cautelar de afastamento e avaliación do risco) e a valoración das penas impostas; a fundamentación das resolución; o estado da cuestión, etc. CONCLUSIÓNS Resulta innegável que un axeitado coñecemento e emprego das redes sociais confire amplas opcións de aprendizaxe, a pesar do intenso debate pedagóxico e metodolóxico existente sobre a necesidade e idoneidade do seu uso particular no contexto das TIC. O seu emprego, considerando que pode promver activamente o compromiso e interese do alumnado pola materia estudada, comulga perfectamente coas necesidades de aprendizaxe expresadas na Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, as gúias docentes de Grao verificadas pola ANECA, así como a forma de educar promovida polo Espazo Europeo de Educación Superior no seu Documento-Marco. BIBLIOGRAFÍA Acero Fraile, I., Gutiérrez Ilarduva, J., e Vela Jiménez, M. J. (2014): El uso de Twitter, Facebook y otras TIC en la docencia. En J. L. Alexandre Marco (coord.), Buenas prácticas en la docencia universitaria con apoyo de TIC: experiencias en 2013. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. Alonso Sáez, I., Legorburu Fernández, I., e García Gallego, I. (2016): Jóvenes locales autogestionados y uso de redes sociales: algunos datos para orientar la acción so- 342 María Castro Corredoira VI Xornada Universitaria Galega en Xénero cioeducativa. En R. Roig Vila (coord.), Tecnología, innovación e investigación en los procesos de enseñanzaaprendizaje. Alicante: Octaedro. Belanche Gracia, D., Flavián Blanco, C., e Guinalíu Blasco, M. (2014): Aplicación de Twitter como herramienta de aprendizaje colaborativo en la enseñanza. En J. L. Alejandre Marco (coord.), Buenas prácticas en la docencia universitaria con apoyo de TIC: experiencias en 2013. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. Castro Corredoira, M. (2017): Aproximación al fenómeno de la violencia de género a través de las novelas como recurso didáctico. En E. Pillado González (coord.), Docencia en derecho y proceso: hacia un aprendizaje de calidad en la universidad. Madrid: Dykinson. Espuny Vidal, C., González Martínez, J., Lleixà Fortuño, M., e Gisbert Cervera, M. (2011): Actitudes y expectativas del uso educativo de las redes sociales en los alumnos universitarios. RUSC: Universities and Knowledge Society Journal, vol. 8, nº 1, 2011, 171-185. Guinarte Cabada, G., Rodríguez Río, X. A., e Vázquez-Portomeñe Seijas F. (coords.) (2015): Vocabulario de criminoloxía. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. Guinarte Cabada, G. (2014): Violencia de género: Derecho Penal y tolerancia social. Reflexiones a partir de un ejemplo de la literatura española de la Edad Media. En Vives Antón, T. S., Carbonell Mateu, J. C., González Cussac, J. L., Alonso Rimo, A., e Roig Torres, M. (coords.), Crímenes y castigos: miradas al Derecho penal a través del arte y la cultura. Valencia: Tirant lo Blanch. Iglesias García, M., e González Díaz, C. (2013): El uso de Facebook como herramienta para la interacción en el proceso de enseñanza-aprendizaje. En M. T. Tortosa Ybáñez, e N. Pelín Buades, IX Jornadas de Redes de Investigación en Docencia Universitaria [Recurso electrónico]: Retos de Futuro en la Enseñanza Superior: Docencia e Investigación para alcanzar la excelencia académica. Alicante: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Alicante. Justicia Arráez, A., e Rodríguez Vallecillos, A. (2012): Nuevos entornos de aprendizaje: la aplicación de Facebook, Twitter y Flipboard al ámbito educativo. En D. Cobos Sanchiz, A. Jaén Martínez, E. López-Meneses, A. H. Martín Padilla, e L. Molina García (dirs.), I Congreso Virtual Internacional sobre Innovación Pedagógica y Praxis Educativa Innovagogía. 343 NOVAS METODOLOXÍAS DOCENTES NO DEREITO PENAL: TWITTER NO ENSINO UNIVERSITARIO DA VIOLENCIA DE XÉNERO VI Xornada Universitaria Galega en Xénero López Zapico, M. A., e Tascón Fernández, J. (2013): El uso de Twitter como herramienta para la enseñanza universitaria en el ámbito de las ciencias sociales. Un estudio de caso desde la Historia económica. Education in the knowledge society [en línea], 2013, vol. 14, nº 2, 316-345. Poza- Lujan, J. L., Calduch-Losa, A., Albors, A., Cabrera, M., Teruel, D., Rebollo, M., e Díez Somavilla, R. (2014): Propuesta de parámetros y caracterización de los grupos de las redes sociales orientados a la docencia universitaria: experiencia y resultados. RED: Revista de Educación a Distancia, 2014, nº 144, 1-18. Rodríguez, H., e Restrepo Betancur, L. F. (2015): Conocimientos y uso del Twitter por parte de estudiantes de educación superior. Revista Sophia, 2015, vol. 11, nº 1, 44-52. Dispoñible en: http://revistas.ugca.edu.co/index.php/sophia/article/view/298 Vázquez-Portomeñe Seijas, F. (2014): La caja 507 y el régimen jurídico-penal de los incendios forestales: (o sobre el cine como recurso didáctico en la enseñanza del Derecho Penal). En T. S. Vives Antón, J. C. Carbonell Mateu, J. L. González Cussac, A. Alonso Rimo, e M. Roig Torres. Crímenes y castigos. Miradas al Derecho penal a través del arte y la cultura. Valencia: Tirant lo Blanch. Vázquez-Portomeñe Seijas, F., e Castro Corredoira, M. (2017): El cine como opción pedagógica en la enseñanza del derecho penal. En E. Pillado González (coord.), Docencia en Derecho y Proceso: hacia un aprendizaje de calidad en la universidad. Madrid: Dykinson. Villalba Sánchez, A. (2014): La perspectiva de género en la docencia universitaria: el derecho del trabajo. Revista Internacional de Investigación e Innovación en Didáctica de las Humanidades y las Ciencias [en línea], 2014, nº 1, 37-47.