scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Integración das Competencias en Información nas Ciencias da Saúde

Rodríguez Dopazo, José; Méndez García, Concepción

Abstract

Descríbense os resultados das actividades de formación en competencias en información realizadas pola Biblioteca de Medicina e Odontoloxía / Biblioteca de Enfermaría no curso académico 2019-2020

Full text

Biblioteca de Medicina e Odontoloxía | Biblioteca de Enfermaría José Rodríguez Dopazo Concepción Méndez García Integración das Competencias en Información nas Ciencias da Saúde Curso 2019/2020 1 INTEGRACIÓN DAS COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN NAS CIENCIAS DA SAÚDE: INFORME DA BIBLIOTECA DE MEDICINA E ODONTOLOXÍA / BIBLIOTECA DE ENFERMARÍA PARA O CURSO 2019- 2020 • José Rodríguez Dopazo |Director das bibliotecas da Facultade de Medicina e Odontoloxía e da Facultade de Enfermaría da USC | jose.rodriguez.d[email protected] • Concepción Méndez García | Axudante de biblioteca das Facultades de Medicina e Odontoloxía e da Facultade de Enfermaría da USC | [email protected] Resumo Descríbense os resultados das actividades de formación en competencias en información realizadas pola Biblioteca de Medicina e Odontoloxía / Biblioteca de Enfermaría no curso académico 2019-2020. Palabras chave Competencias en Información, Ciencias da Saúde, Medicina, Odontoloxía, Enfermaría, Biblioteca Universitaria, Universidade de Santiago de Compostela Táboa de contidos 1. INTRODUCIÓN 2. DESENVOLVEMENTO DOS CURSOS 2.1. Marco normativo 2.2. Marco competencial 2.3. Cursos 2.4. Metodoloxía de aprendizaxe 2.5. Matrícula e acreditación 3. RESULTADOS 3.1. Por curso 3.2. Por titulación 3.3. Totais 3.4. Enquisas de satisfacción 4. CONCLUSIÓNS 5. BIBLIOGRAFÍA 2 1. INTRODUCIÓN As competencias en información, entendidas como un conxunto de coñecementos, de habilidades, de actitudes e de valores que permiten xestionar a información necesaria para un propósito determinado, constitúen unha competencia básica e tranversal a todas as titulacións que se imparten na USC. A Biblioteca Universitaria, na súa misión de colaborar coa Universidade no cumprimento dos seus fins, contribúe á adquisición destas competancias por parte da comunidade universitaria. Os principais obxectivos deste informe son: 1. Presentar os resultados das actividades de formación en competencias en información realizadas pola Biblioteca de Medicina e Odontoloxía / Biblioteca de Enfermaría no curso académico 2019- 2020. 2. Poñer en valor a función formadora da biblioteca e mostrar a súa capacidade de formación en competencias en información. Este informe realízase no marco das funcións da Dirección da Biblioteca dos centros de responsabilizarse da execución da política bibliotecaria no centro, realizar os informes que sexan necesarios e avaliar e difundir as actividades realizadas pola biblioteca. A metodoloxía de realización do informe é descritiva. 2. DESENVOLVEMENTO DOS CURSOS 2.1. Marco normativo • O Plan Estratéxico da USC 2011-2020 indica a necesidade de potenciar a orientación dos servizos académicos á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe, convertindo á BUSC nun Centro de Recursos para a Docencia, a Aprendizaxe e a Investigación (CRAI), que contribúa á adquisición de Competencias en Información na comunidade universitaria. • A Universidade de Santiago de Compostela (USC) ofrece a través da súa Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC) un Programa de Formación en Competencias en Información. • O apartado 6.3 do acordo do Consello de Goberno do 10 de xullo de 2018 sobre o recoñecemento de créditos nos estudos de Grao dos Cursos de Competencias en Información organizados pola BUSC ao abeiro do artigo 12.8 do Real Decreto 1393/2007, establece que por Resolución Reitoral aprobarase a programación dos cursos recoñecibles a proposta da BUSC. • En relación aos cursos propostos pola BUSC para o curso 2019/2020, nos que se enmarcan os avaliados neste informe, o 3 de setembro de 2019 publícase a Resolución Reitoral que aproba devanditos cursos para o seu recoñecemento como ECTS nos expedientes do alumnado de Grao da USC e para o seu recoñecemento no sistema de Xescampus a efectos de matrícula, emisión e xestión de actas. 2.2. Marco competencial a) Nivel Básico O curso de Nivel Básico de Competencias en Información desenvólvese dentro do marco competencial do DIGCOMP. Este proxecto DIGCOMP do Joint Research Center da Comisión Europea iniciouse no 2010 co obxectivo de identificar as chaves necesarias (coñecementos, habilidades e actitudes) para ser dixitalmente competente e elaborar un marco de referencia a nivel europeo para 3 as devanditas competencias. Como resultado deste traballo publícase en 2013 o informe DIGCOMP: A framework for Developing and Understanding Digital Competence in Europe. A Unión Europea integra as Competencias en Información dentro da Competencia Dixital, e define esta como unha das competencias fundamentais que todo estudante debe ter adquirido ao rematar a súa formación académica. O alumnado asume que saber xestionar información é unha práctica transversal que debe completar o seu proceso de formación na universidade, práctica que lle facilita o estudo, axúdalle a investigar e a realizar traballos académicos cunha metodoloxía científica. O DIGCOMP establece 21 competencias dixitais repartidas en cinco áreas: • ÁREA 1: Información e tratamento de datos. • ÁREA 2: Comunicación e colaboración. • ÁREA 3: Creación de contido dixital. • ÁREA 4: Seguridade. • ÁREA 5: Resolución de problemas. b) Nivel Avanzado Este curso de Nivel Avanzado sitúase dentro do marco competencial establecido por REBIUN no seu documento Definición de Competencias Informacionales (CI) (2014). O Decálogo CI2 comeza co Documento marco de Competencias Informáticas e Informacionais (CI2) nos estudos de Grao (2009), que marca as pautas e directrices formativas neste eido, pero será no 2014 coa Definición de Competencias Informacionais, mencionada anteriormente, cando as CI se artellen en cinco competencias, establecendo para cada unha delas as realizacións competenciais e os indicadores, coñecementos, procedementos e actitudes necesarios para alcanzar a devandita competencia : • CINFO1 - Buscar información: recoñecer unha necesidade de información, coñecer os recursos nos que esta información se pode localizar e realizar estratexias de busca de maneira eficaz e eficiente. • CINFO2 – Avaliar a información: avaliar a información e as súas fontes de forma crítica e incorporar a información seleccionada á súa propia base de coñecemento e ao seu sistema de valores. • CINFO3 - Organizar e xestionar eficazmente a información reunida. • CINFO4 – Usar, publicar e difundir a información respectando as normas éticas e legais : usar a información e publicar e difundir o novo coñecemento xerado, respectando a lexislación e normas éticas aplicables. • CINFO5 – Manterse ao día e compartir información en rede: coñecer e utilizar os diferentes servizos de actualización de información científica ou especializada e compartir información usando as ferramentas de traballo en rede de forma cívica e segura. c) Nivel Experto Os cursos a Nivel Experto ofrecidos polas bibliotecas de Medicina e Odontoloxía e Enfermaría, adscríbense no mesmo marco competencial que os de Nivel Avanzado, só que neste nivel, agárdase que o alumnado adquira as competencias citadas nun Nivel Experto. As competencias que o alumnado debe adquirir neste nivel son: • Saber xestionar información, xa que é unha práctica transversal que debe completar o seu proceso de formación na universidade, que lle facilita o estudo, axúdalle a investigar, e a realizar traballos académicos cunha metodoloxía científica. 4 • Buscar información, localizar, seleccionar, analizar e construír novos coñecementos de forma autónoma, construtiva e ética de acordo cos seus propósitos. • Aprender a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade, a través dos seus traballos académicos e das redes sociais. Coñecer os seus dereitos de autor e aprender a evitar o plaxio. • Saber como aumentar a visibilidade da súa investigación, creando o seu perfil dixital e publicando e acceso aberto. 2.3. Cursos a) Nivel Básico O Nivel Básico estivo dirixido ao alumnado de 1º curso de Grao das titulacións de Medicina, Odontoloxía e Enfermaría. Realizáronse dúas edicións de catro semanas de duración cada unha, para facilitarlles a quenda que lle resultase máis acaída ás súas necesidades. A primeira edición tivo lugar entre o 1 de novembro e o 4 de decembro de 2019 e a segunda entre o 16 de decembro de 2019 e o 7 de febrero de 2020. Consta de dez módulos teóricos, coas súas tarefas correspondentes e incluíu unha visita obrigatoria á biblioteca da facultade ao comezo do curso, onde se lles deu a coñecer o espazo e os principais servizos da biblioteca. O curso contou ademáis cun Test de Coñecementos Previos (TCP) e cun Test de Avaliación Final (TAF) coas mesmas preguntas para poder analizar a curva de aprendizaxe. Este curso tamén achega unha Enquisa Inicial e unha Enquisa de Valoración Final: a primeira ten como finalidade saber se o alumnado recibiu algún tipo de formación en competencias nos seus estudos previos ao acceso á universidade e a segunda, pretende obter unha valoración de carácter cualitativo sobre a formación recibida; solicitáselle ao alumnado que aporte suxestións e críticas construtivas sobre o curso, que serán tidas en conta para futuras edicións. Os módulos teóricos que se tratan son: • 0: Introdución ao curso. • 1: A biblioteca e os recursos TIC da USC. • 2: Como buscar e usar a información. • 3: Buscar no Catalogo da BUSC. • 4: Buscar na web da BUSC. • 5: Buscar información en Internet. • 6: Como facer un traballo académico. • 7: Citar a información e evitar o plaxio. • 8: Traballando na rede. • 9: Seguridade Informática. Protéxete. No Grao de Medicina a formación estivo asociada á materia de primeiro curso Iniciación á investigación. No apartado de Sistema de Avaliación do seu programa indícase textualmente: “valorarase tamén a adquisición de competencias informacionais para o que o alumno deberá realizar o curso ofertado ao respecto en colaboración coa biblioteca e as probas que se deriven do mesmo. O curso ten o seguinte nome: CURSO BÁSICO EN COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN, é un curso en liña aloxado no Campus virtual da USC. O alumnado adquirá habilidades para buscar, 5 localizar, seleccionar e analizar información e construír a partir dela novos coñecementos. Ademais aprenderá a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade”. No caso do Grao de Enfermaría a materia Estatística e Metodoloxía da Investigación de primeiro curso, informa no seu programa, que a avaliación terá en conta a superación con éxito do Curso de Competencias en Información. Nivel Básico como parte da avaliación da materia. No Grao de Odontoloxía o curso está vencellado á materia Historia da Odontoloxía e Documentación que no seu programa sinala que : “Para o desenvolvemento das competencias informacionais ofrécese, en colaboración coa Biblioteca, un Curso Básico en Competencias en Información, curso en liña aloxado no Campus virtual da USC e que supón un traballo estimado en 25 horas. O alumnado adquirirá habilidades para buscar, localizar, seleccionar e analizar información e construír con ela novos coñecementos. Ademais aprenderá a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade”. b) Nivel Avanzado Dirixido ao alumnado dos últimos cursos do Grao das titulacións de Medicina, Odontoloxía e Enfermaría e orientado á realización do Traballo de Fin de Grao. Igual que no Básico, ofrecéronse dúas edicións de catro semanas de duración cada unha, para facilitarlle ao alumnado a súa realización na quenda que lle resultase máis oportuna. A primeira edición tivo lugar entre o 1 e o 30 de novembro de 2019 e a segunda entre o 24 de febrero de 2020 e o 1 de abril de 2020. Estrutúrase en seis módulos teóricos, coas súas tarefas correspondentes e impartíronse clases presenciais para apoiar alumnado na parte práctica do curso. O curso contou ademáis cun Test de Coñecementos Previos (TCP) e cun Test de Avaliación Final (TAF). Solicítaselle ao alumnado que cubra unha Enquisa Inicial e unha Enquisa de Valoración Final: a primeira ten como finalidade saber se o alumnado recibiu algún tipo de formación en competencias nos seus estudos universitarios e na segunda, preténdese obter unha valoración de carácter cualitivo sobre o curso recibido. Os módulos teóricos deste curso de Nivel Avanzado son: • 1: Que necesito aprender e para que? • 2: A Biblioteca Universitaria (BUSC). Recursos TIC á túa medida. • 3: Buscar información. • 4: Avaliar e organizar a información. • 5: Tratar a información. Como elaborar un Traballo de Fin de Grao (TFG). • 6: Comunicar e difundir a información. c) Nivel Experto Realizáronse dous cursos: un adscrito ao Máster en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados e ao Máster en Xerontoloxía para alumnado de Enfermaría e outro para o alumnado de posgrao de Odontoloxía. A formación a nivel experto dirixida ao alumnado dos másters de Enfermaría desenvolveuse nunha edición de oito semanas de duración, que tivo lugar entre o 21 de outubro e o 15 de decembro de 6 2019. Este mesmo curso, dirixido ao alumnado de Odontoloxía, ofreceuse tamén nunha única edición entre o 28 de xaneiro e 27 de marzo de 2020. A inversión de tempo por parte do alumnado para a realización do curso tivo un carácter estimado de 25 horas e organizouse en sete módulos, cos seus contidos teóricos e tarefas correspondentes de carácter obrigatorio: • 0: A biblioteca universitaria (BUSC). Recursos TIC da USC á túa medida • 1: Que necesito aprender e para que • 2: Buscar información • 3: Avaliar e organizar a información • 4: Avaliar a ciencia • 5: Uso e tratamento da información. Como elaborar un traballo de investigación • 6: Comunicar e difundir a información 2.4. Metodoloxía de aprendizaxe Os cursos dos tres niveis (Básico, Avanzado e Experto) desenvolvéronse a través do Campus Virtual da Universidade de Santiago de Compostela e tiveron como soporte a plataforma Moodle. Os niveis Avanzado e Experto tiveron un carácter semipresencial. No caso do Nivel Avanzado impartiuse unha sesión presencial voluntaria de catro horas de duración, para cada edición, cos seguintes contidos: • Como estruturar un traballo científico. • Como realizar buscas en bases de datos especializadas. • Como usar o xestor de referencias bibliográficas RefWorks. • Como citar e como redactar correctamente referencias bibliográficas. O material de apoio empregado para estas clases prácticas foi posto a disposición do alumnado do curso a través da plataforma Moodle. O alumnado de Nivel Experto de Enfermaría e Odontoloxía recibiu as clases prácticas, de carácter obrigatorio e de catro horas de duración en dúas sesións, os días 11 e 12 de novembro de 2019. O alumnado de Odontoloxía recibiunas os días 11 e 18 de febreiro de 2020. Os contidos tratados nestas sesións foron: • Buscas de información • Traballo científico • RefWorks • Calidade O material empregado para estas clases prácticas foi posto a disposición do alumnado do curso a través da plataforma do mesmo. Os cursos foron impartidos polo persoal da biblioteca da Facultade de Medicina e Odontotoloxía e da biblioteca da Facultade de Enfermaría. Os niveis Básico e Avanzado estiveron titorizados por cinco membros do persoal das bibliotecas das dúas facultades implicadas: dous da Escala de Auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos e tres da Escala de Axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas. 7 O Nivel Experto estivo titorizado por por tres membros do persoal das dúas bibliotecas, pertencentes á Escala de Axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC. 2.5. Matrícula e acreditación A matrícula para os cursos de Nivel Básico e Nivel Avanzado realizouse con procedemento de automátricula a través da Secretaría Virtual da USC. Desde o curso académico 2018-2019 a USC recoñece esta actividade formativa cun crédito ECTS, que a persoa interesada debe solicitar a través da Unidade de Xestión Académica da USC unha vez pechado o periodo oficial de actas do semestre correspondente. A matrícula no curso de Nivel Experto para o Máster en Xerontoloxía e para o Máster en Atención sanitaria, xestión e coidados está integrado nos propios másters. No caso do alumnado do posgrao de Odontoloxía a matrícula realízaa a bibiloteca, previa solicitude do alumnado. Estes cursos están recoñecidos con 25 horas e pódese solicitar o Diploma á Biblioteca Universitaria, que o entregará previa solicitude por escrito do alumno ou alumna e firmado pola dirección da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela. 3. RESULTADOS No curso 2019/2020 as bibliotecas da Facultade de Medicina e Odontoloxía e da Facultade de Enfermaría formaron a un total de 829 alumnas e alumnos dos 951 matriculados nos tres niveis ofrecidos de Cursos de Competencias en Información: Nivel Básico, Nivel Avanzado e Nivel Experto. 3.1. Por curso ALUMNADO MATRICULADO ALUMNADO APTO ALUMNADO FORMADO Nivel Básico CI 540 479 88,70 % Nivel Avanzado CI 353 308 87,25 % Nivel Experto CI 58 42 72,41 % 3.2. Por titulación MEDICINA ALUMNADO MATRICULADO ALUMNADO APTO ALUMNADO FORMADO Nivel Básico CI 348 320 91,95% Nivel Avanzado CI 313 281 89,77% Nivel Experto CI Non se oferta Non se oferta Non se oferta 8 3.3. Totais CURSOS EN COMPETENCIAS EN CIENCIAS DA SAÚDE CURSO 2019/2020 ALUMNADO MATRICULADO 951 ALUMNADO APTO 829 ALUMNADO FORMAD O 87,17% 3.4. Enquisas de satisfacción a) Nivel Básico A Enquisa de Satisfacción Final consta de 15 preguntas. En 13 solicítase a puntuación dos ítems consultados cunha valoración de 1 a 5, onde 1 é o grao mínimo ou moi baixo e 5 é o grao máximo ou moi alto. Na última pregunta ou ítem solicítaselle ao alumnado a súa opinión sobre o curso a través dunha caixa de texto libre, na que pode deixar constancia das súas críticas e suxestións para a mellora do mesmo. Esta enquisa foi contestada por 469 alumnos dos 540 matriculados. Queremos destacar o grao de satisfacción respecto a catro ítems concretos, tomando como mostra o número de respostas con valoración de 3 a 5, e a súa porcentaxe con respecto ao número de enquisas respostadas: ODONTOLOXÍA ALUMNADO MATRICULADO ALUMNADO APTO ALUMNADO FORMADO Nivel Básico CI 33 27 81,81% Nivel Avanzado CI 9 6 66,66% Nivel Experto CI 16 13 81,25% ENFERMARÍA ALUMNADO MATRICULADO ALUMNADO APTO ALUMNADO FORMADO Nivel Básico CI 159 132 83,01% Nivel Avanzado CI 31 21 67,74% Nivel Experto CI 42 29 69,04%