scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución do 30-04-2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Abstract

Publicado no DOG nº 90 o luns 11 de maio de 2020

Full text

DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19795 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios. O artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) determina as competencias do reitor, quen, como máxima autoridade académica e de representación daquela, exerce a súa dirección, goberno e xestión, así como o desenvolvemento das liñas de actuación aprobadas polos órganos colexiados. Esa amplitude de atribucións ao reitor fai necesario que sexan delegadas estas funcións noutros órganos universitarios, principalmente nos vicerreitores e vicerreitoras, que deben asumir, en primeira instancia, as decisións e asinar os actos administrativos nas materias da súa competencia, coas excepcións pertinentes e sen prexuízo do dereito do titular das competencias de revogalas en calquera momento. Pola súa banda, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, regula a delegación de competencias no seu artigo 9 e establece que os órganos das distintas administracións públicas poderán delegar o exercicio das competencias que teñan atribuídas noutros órganos da mesma Administración. Paralelamente determina as prohibicións de delegación, así como a imposibilidade de delegar competencias que xa se posúan por delegación. Logo da elección do reitor e do seu nomeamento polo Decreto 57/2018, do 31 de maio, polo que se nomea reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Antonio López Díaz, estableceuse por resolución a estrutura de goberno da Universidade coa denominación das vicerreitorías e fíxose pública a Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018 (DOG do 29 de xuño) coa relación das competencias delegadas que asumiría cada unha das vicerreitorías, así como outros órganos da USC. Por Resolución reitoral de 9 de marzo de 2020 pola que se determina o número e denominación das vicerreitorías da USC, modificouse a estrutura do equipo de goberno da Universidade, coa creación dunha nova vicerreitoría e o cambio de denominación e atribucións doutras catro. Resulta preciso, polo tanto, modificar a Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19796 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Por todo o anterior, esta Reitoría, no uso das atribucións conferidas polos artigos 20 da Lei orgánica de universidades, e 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, RESOLVE: I. Delegación de competencias en favor dos/das vicerreitores/as. Primeiro. Sen prexuízo das delegacións específicas que se fagan a cada un deles, queda delegada nos/nas vicerreitores/as da Universidade, dentro do ámbito da actividade que a cada un deles/as se lle encomende, a facultade de resolveren os expedientes e asuntos con competencia atribuída ao reitor, a de asinaren os documentos necesarios para o efecto, a de elaboraren propostas de normas, así como a de coordinación e dirección dos servizos da súa competencia. Segundo. Esta delegación abrangue tanto os actos administrativos de simple xestión ou trámite como os definitivos que poñan fin aos procedementos administrativos. Terceiro. Os/as vicerreitores/as poderán realizar todo tipo de actos de xestión, de comunicación e de trámite en materias propias da súa vicerreitoría. Cuarto. A Vicerreitoría de Investigación e Innovación asume por delegación as seguintes competencias específicas: 1. A promoción, a dirección e a avaliación da produción científica e das actividades de I+D+i da USC, impulsando a excelencia e a mellora da calidade da investigación. 2. A promoción e a dirección de iniciativas e programas de seguimento da produción científica, ademais da dirección dos procesos de valorización dos resultados de investigación, de transferencia de coñecemento e de emprendemento. 3. A planificación, a coordinación e o desenvolvemento das infraestruturas e servizos científico-técnicos de apoio á produción científica e á investigación. 4. O apoio e a promoción dunha organización eficiente, competitiva e sustentable de grupos de investigación, unidades científico-tecnolóxicas ou redes de investigadores. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19797 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 5. A definición, a dirección e o seguimento dos procesos de rexistro, protección, promoción e comercialización de resultados I+D+i, así como o impulso e apoio á creación de empresas con base en resultados de investigación. 6. A proposta e a formalización de actividades realizadas ao abeiro do artigo 83 da LOU por importe inferior a 80.000 euros e a proposta de convenios en que se estableza a realización ou colaboración por parte do profesorado da USC en traballos de carácter científico, técnico ou artístico, aprobadas pola Comisión de Actividades e Servizos de I+D segundo o seu regulamento, así como a resolución das reclamacións relativas ás devanditas actividades que non superen o dito importe. 7. A proposta de contratación de persoal investigador ou de apoio á investigación con cargo ás actividades de I+D+i. 8. A concesión de permisos e licenzas, con motivo de estadías de investigación, ao persoal contratado con recursos captados por I+D+i. 9. A proposta á Xerencia do nomeamento do persoal de administración e servizos para colaborar en actividades e proxectos de I+D+i. 10. A autorización de pagamentos dos complementos retributivos establecidos na normativa vixente ao persoal docente e investigador, ao persoal contratado con cargo a actividades e proxectos de I+D+i e aos colaboradores externos, pola súa participación en actividades e proxectos de I+D+i. 11. A representación legal da Universidade nas solicitudes e xestión de proxectos e outras axudas de investigación, calquera que sexa a institución convocante, informando periodicamente a Reitoría das devanditas solicitudes e a súa resolución. 12. A elaboración dos informes necesarios para concorrer a convocatorias de axudas doutros organismos, así como a conformidade nos informes de seguimento e informes finais dos proxectos e accións de investigación con cargo ao financiamento externo. 13. A autorización da participación de investigadores da USC en concursos públicos ou licitacións de entidades públicas. 14. As convocatorias públicas de selección de persoal para colaborar en actividades e proxectos de I+D+i mediante contrato en réxime temporal e o nomeamento das súas comisións de selección. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19798 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 15. A supervisión dos institutos, centros propios de investigación, estacións científicas, plataformas, bibliotecas universitarias, Arquivo Histórico e calquera outra estrutura de investigación. 16. A supervisión das áreas e servizos dependentes da Vicerreitoría. 17. A promoción de accións orientadas a mellorar a proxección internacional dos grupos e estruturas de investigación, en coordinación coa Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional. 18. A planificación e promoción da participación da USC nas convocatorias de cooperación internacional, en coordinación coa Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional. Quinto. A Vicerreitoría de Profesorado asume por delegación as seguintes competencias específicas: 1. A proposta de planificación anual, de relación de postos de traballo e da oferta de emprego público do persoal docente e investigador. 2. A convocatoria de prazas de persoal docente e investigador contratado temporal. 3. A convocatoria de listas de agarda de persoal docente e investigador contratado para cubrir necesidades temporais. 4. O nomeamento dos membros das comisións de selección de persoal docente e investigador, así como a apreciación de causas que impidan a actuación dos membros, coa excepción dos supostos de abstención e recusación. 5. A aprobación e publicación de listas provisionais e definitivas de candidatos/as a prazas de persoal docente e investigador funcionario e contratado. 6. A presidencia da Comisión de Revisión. 7. O nomeamento de persoal docente e investigador interino e contratado temporal, así como a sinatura dos seus contratos. 8. As convocatorias de asignación de prazas de promoción. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19799 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 9. A concesión de permisos e licenzas do persoal docente e investigador non delegadas nos/nas directores/as de departamentos. 10. A concesión de permisos e licenzas dos/das decanos/as e directores/as de centros e directores/as de departamento e de instituto, con independencia da súa duración. 11. Todos os actos previos derivados da xestión e tramitación dos procedementos de xubilación do persoal docente e investigador, agás a autorización dos cesamentos e das citadas xubilacións. 12. A proposta e informe sobre autorización ou recoñecemento de compatibilidade do persoal docente e investigador cando lle corresponda a súa resolución ao reitor. 13. Os recoñecementos de venia docendi e da actividade desenvolvida como colaborador docente. 14. A autorización do desfrute das vacacións do persoal docente e investigador fóra do período ordinario. 15. Todos aqueles actos relativos a situacións administrativas do persoal docente e investigador que non figuren atribuídos a outros órganos universitarios, así como a reorganización docente que implique cambio de campus (Compostela-Lugo) do persoal docente e investigador universitario. 16. A coordinación e dirección da avaliación docente do persoal docente e investigador. 17. A dirección da negociación en convenios colectivos e outros pactos legalmente formalizados que afectan o persoal docente e investigador. Sexto. A Vicerreitoría de Titulacións e Captación Internacional asume por delegación as seguintes competencias específicas: 1. A coordinación dos procesos de elaboración, modificación e implantación de titulacións oficiais da USC. No caso de titulacións organizadas a través de programas internacionais, a súa tramitación realizarase coa colaboración da Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional. 2. A coordinación dos procesos de elaboración, modificación, implantación e seguimen- to da oferta de estudos propios. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19800 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 3. A elaboración da proposta de oferta de prazas das titulacións da USC. 4. A dirección e coordinación dos procesos para a elaboración das guías docentes no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). 5. A supervisión da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e do Centro de Estudos Propios (CEP). 6. A expedición e sinatura de diplomas e acreditacións dos estudos propios. 7. A promoción de accións orientadas a mellorar a proxección internacional da oferta docente, en coordinación coa Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional. Sétimo. A Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos asume por delegación as seguintes competencias específicas: 1. A coordinación das accións en materia de igualdade. 2. A coordinación das accións de patrimonio histórico e cultural. 3. A dirección dos servizos de orientación laboral para estudantes. 4. A coordinación e a dirección en materia de participación e integración universitaria. 5. A supervisión da Oficina de Igualdade de Xénero. 6. A supervisión da Área de Cultura. 7. A supervisión do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. 8. A supervisión da Escola Infantil Breogán, a convocatoria para a asignación de prazas e a resolución das reclamacións en materia de admisión. 9. A supervisión do servizos das cafetarías e comedores universitarios. 10. A supervisión da Área de Deportes e as relacións coa Fundación da Universidade de Santiago de Compostela MP. 11. A coordinación dos servizos de información da Universidade. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19801 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 12. A coordinación das accións de promoción e difusión universitaria. 13. A convocatoria dos cursos de verán, en coordinación coa Vicerreitoría de Titulacións e Captación Internacional e a súa acreditación. 14. A supervisión do cuarto ciclo universitario, así como a convocatoria e resolución de axudas á súa matrícula. Oitavo. A Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional asume por delegación as seguintes competencias específicas: 1. A presidencia do xurado nas bolsas da convocatoria xeral do ministerio competente en materia de educación superior. 2. A participación en nome da Universidade nos procesos selectivos das bolsas destinadas á comunidade universitaria non atribuídos especificamente a outras vicerreitorías. 3. A convocatoria e resolución doutras bolsas convocadas por esta vicerreitoría. 4. A convocatoria e resolución das axudas e subvencións de prezos públicos da Universidade de Santiago de Compostela para todos os seus estudantes de títulos oficiais. 5. A coordinación do Servizo Universitario de Residencias (SUR), así como as convocatorias e resolucións relativas ao proceso de selección para aloxamento no SUR e a resolución de reclamacións. 6. A convocatoria e a resolución das bolsas de comedor e de proxectos de colaboración do SUR. 7. A coordinación das relacións internacionais da USC. 8. A coordinación coas vicerreitorías de Investigación e Innovación e de Titulacións e Captación Internacional, respectivamente, na promoción de accións orientadas a mellorar a proxección internacional dos grupos e estruturas de investigación e da oferta docente da USC. 9. A planificación e a promoción de programas de intercambio. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19802 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 10. A convocatoria de axudas para mobilidade de estudantes, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos. 11. A convocatoria de axudas pre e posdoutorais para estudantes estranxeiros e as que correspondan para persoal docente estranxeiro invitado para colaborar en programas de doutoramento. 12. A participación en nome da USC nos procesos selectivos das bolsas relacionadas coa mobilidade de estudantes, docentes e investigadores. 13. A coordinación das accións relacionadas co asociacionismo estudantil, así como a convocatoria e resolución das axudas a este. 14. A xestión do seguro escolar. Noveno. A Vicerreitoría de Organización Académica asume por delegación as seguintes competencias específicas: 1. A xestión e a aprobación do plan docente anual (PDA) dos centros e do plan de organización docente (POD) dos departamentos. 2. A resolución de reclamacións en relación coa elaboración do PDA e do POD. 3. As resolucións de autorización do persoal da área externa. 4. A autorización ao persoal docente e investigador para impartir docencia en campus distinto ao da súa praza. 5. A autorización para impartir docencia ao persoal pre e posdoutoral. 6. A formalización de convenios para a realización de prácticas en empresas ou institucións das/dos alumnas/os, tramitados pola USC ou a través do seu Consello Social. 7. A convocatoria de prácticas en empresas ou institucións cando non sexa da competencia doutros órganos. 8. A coordinación de programas que impulsen a impartición de docencia en linguas estranxeiras nos estudos oficiais de grao, máster e doutoramento, de acordo coa Vicerreitoría de Titulacións e Captación Internacional. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19803 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 9. A supervisión do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) e a formación e innovación educativa. 10. A supervisión do Centro de Linguas Modernas (CLM). Décimo. A Vicerreitoría de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade asume por delegación as seguintes competencias específicas: 1. A elaboración e o seguimento dos plans estratéxicos. 2. A organización e dirección de actividades de divulgación científica. 3. A elaboración do proxecto de programación plurianual, de acordo coa Xerencia. 4. A formulación, implantación e seguimento de accións orientadas á visibilización nos ránkings nacionais e internacionais. 5. A coordinación das accións de mecenado, micromecenado e cátedras institucionais. 6. A dirección estratéxica en materia de tecnoloxías da información e das comunicacións, en coordinación coa Xerencia e o apoio á transformación dixital na USC. 7. As competencias en materia de normalización lingüística. 8. A elaboración da memoria de responsabilidade social corporativa. 9. Promover e fortalecer as accións de sustentabilidade, aliñándoas cos principios da economía circular e cos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2030. Undécimo. A Vicerreitoría de Calidade asume por delegación as seguintes competencias específicas: 1. A coordinación dos procesos de seguimento e acreditación de titulacións oficiais de grao, mestrado e programas de doutoramento da USC, coa colaboración da Vicerreitoría de Titulacións e Captación Internacional. 2. A organización e publicación de datos e estatísticas. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19810 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 18. A autorización de asistencia a cursos de selección, formación e perfeccionamento. 19. As adscricións provisorias, as comisións de servizos e as atribucións temporais de funcións ao persoal. 20. A concesión dos permisos e licenzas non delegados nos/nas directores/as de centros e xefes/as das distintas unidades administrativas. 21. Os actos derivados da xestión e tramitación dos procedementos de xubilación, salvo as certificacións que correspondan. 22. Os cesamentos e xubilacións de persoal contratado temporal e interino. 23. A tramitación dos procedementos seguidos ante a Seguridade Social, así como as reclamacións previas á vía xudicial ou recursos que non esgoten a vía administrativa. 24. A proposta e informe sobre a autorización ou recoñecemento de compatibilidade cando lle corresponda a súa resolución ao reitor. 25. A comunicación das resolucións reitorais en materia de persoal. 26. Os actos de administración e de xestión ordinaria do persoal que non figuren atribuídos a outros órganos universitarios. E) En materia de persoal docente e investigador delégase a tramitación dos procedementos seguidos ante a Seguridade Social ou Muface, así como as reclamacións previas á vía xudicial ou recursos que non esgoten a vía administrativa. F) En materia de patrimonio da Universidade, deléganse as funcións, actos e tramitación de expedientes relativos á súa xestión, así como a obriga de velar polo seu debido mantemento. G) En coordinación co/coa vicerreitor/a de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, as funcións directivas e de programación en materia de tecnoloxías da información e comunicación. H) En coordinación co/coa vicerreitor/a de Calidade, os sistemas de xestión da calidade dos servizos administrativos. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19811 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Décimo sétimo. Os/as vicexerentes poderán realizar encomendas de xestión ou asinar por delegación previa de sinatura no eido das funcións delegadas do/da xerente. Sen prexuízo do anterior, enténdese que os/as vicexerentes teñen delegada con carácter xeral a sinatura dos actos de trámite correspondentes ao seu ámbito de actuación. Décimo oitavo. En caso de ausencia, imposibilidade de actuar ou enfermidade, o/a xerente será substituído/a polo/pola vicexerente/a que el/ela designe e, de non mediar designación, polo que corresponda segundo a orde de creación das vicexerencias. IV. Delegación en favor dos/das xefes/as de área, servizo e outras unidades administrativas en materia de permisos do persoal de administración e servizos. Décimo noveno. Delégase nos/nas xefes/as das distintas unidades administrativas a concesión de permisos e licenzas ao PAS nos seguintes casos: 1. Por falecemento, por accidente ou enfermidade grave dun familiar. 2. Por traslado de domicilio. 3. Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou representación do persoal e deberes inescusables de carácter público ou persoal, polo tempo indispensable. 4. Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais. 5. Permisos por asuntos particulares, atendendo sempre ás necesidades do servizo. Vixésimo. Os/as xefes/as das unidades terán a obriga de informar sobre os permisos concedidos sempre que así o requira a Xerencia. Vixésimo primeiro. As restantes solicitudes de obtención de permisos ou licenzas, retribuídas ou non, deberán formularse ante a Xerencia, cunha antelación mínima de quince (15) días á da data do seu comezo, co obxecto de que poidan ser resoltas en tempo e forma. Exceptúanse aquelas que se poidan producir por circunstancias imprevisibles que se acrediten, que se tramitarán por un procedemento de urxencia. En todo caso, a concesión do permiso será requisito necesario para que o solicitante poida ausentarse do seu posto de traballo. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19812 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia V. Delegación en favor dos/das directores/as de departamento en materia de permisos do persoal docente e investigador. Vixésimo segundo. Os/as directores/as de departamento poderán concederlle ao persoal docente e investigador licenzas por estudos ou investigación de ata sete (7) días hábiles, conforme o procedemento establecido. VI. Delegación en favor do/da xefe/a do Servizo de Xestión Académica. Vixésimo terceiro. Deléganse no/na xefe/a do Servizo de Xestión Académica as competencias relativas a resolucións definitivas en materia de xestión académica, en particular a resolución de peticións presentadas fóra de prazo, anulacións de matrícula, admisión de alumnos/as en titulacións con límite de prazas, validación parcial de estudos estranxeiros, admisión en convocatorias anticipadas de máster e doutoramento, así como calquera outro acto de trámite ou instrución dos procedementos que sexan competencia do Servizo, e as resolucións de inadmisión a trámite ou declarativas de desistencias ou renuncias. VII. Competencias do reitor. Vixésimo cuarto. Exceptúanse da delegación outorgada nos puntos anteriores e, polo tanto, continúan a ser competencias do reitor: 1. Os asuntos que se refiren ás relacións cos órganos e institucións da Administración do Estado e da Administración autonómica galega, agás os de simple trámite. 2. Os que teñen relación co Consello Social, Claustro Universitario e Consello de Goberno. 3. Os actos que supoñan o exercicio da excepcionalidade da súa eficacia retroactiva. 4. Os actos sancionadores e os referidos ao exercicio da potestade disciplinaria. 5. Os que dean lugar á adopción de resolucións reitorais de carácter xeral. 6. A resolución dos incidentes de abstención e recusación. 7. A coordinación dos servizos de comunicación e das accións de imaxe institucional da USC. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19813 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 8. A proposta e formalización de actividades realizadas ao abeiro do artigo 83 da LOU por importe igual ou superior a 80.000 euros, aprobadas pola Comisión de Actividades e Servizos de I+D segundo o seu regulamento, así como a resolución das reclamacións. 9. En materia de PDI funcionario e contratado con vinculación permanente: a) O seu nomeamento ou sinatura do contrato. b) A autorización dos cesamentos e xubilacións. 10. En materia de persoal de administración e servizos: a) O nomeamento de persoal funcionario de carreira. b) A sinatura dos contratos do persoal laboral fixo. c) A autorización dos cesamentos e xubilacións. d) A convocatoria de probas selectivas para persoal laboral fixo e para o acceso a escalas de funcionarios. e) A declaración das situacións administrativas. f) O recoñecemento, adquisición e cambio de grao. g) A interposición de recursos, demandas ou iniciación de procedementos xudiciais. 11. En materia de contratación pública: a) A formalización de contratos administrativos suxeitos a regulación harmonizada. b) A resolución das impugnacións que se presenten contra os procedementos de adxudicación. c) O acto definitivo de revogación ou de resolución dos contratos administrativos tras o procedemento instruído para o efecto. 12. En materia económico-financeira e patrimonial: a) As resolucións de carácter xeral. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19814 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia b) A interposición de recursos ou iniciación de procedementos xudiciais. c) A sinatura de convenios e acordos de carácter patrimonial con outras administracións públicas. d) Aquelas competencias que non son propias do Consello Social ou doutros órganos universitarios. VIII. Delegación de sinatura. Vixésimo quinto. A presente resolución dítase sen prexuízo da posibilidade de realizar delegacións de sinatura ao abeiro do artigo 12 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Neste sentido, as vicerreitorías, a Xerencia e a Secretaría Xeral poderán realizar delegacións de sinatura en órganos da súa dependencia, que deberán ser publicadas no taboleiro electrónico da USC. Así mesmo, o/a xefe/a de Servizo de Xestión Académica poderá realizar delegacións de sinatura en unidades, seccións ou negociados da súa dependencia. Disposición adicional primeira Os actos ditados en virtude desta delegación non poderán exceder os límites previstos nela, e declararanse, en caso contrario, nulos de pleno dereito. Cando se diten actos e resolucións en uso da delegación de atribucións contida nesta resolución, farase constar así expresamente e consideraranse como ditados pola autoridade reitoral. Disposición adicional segunda En ningún caso poderán delegarse as competencias delegadas nesta resolución. Disposición adicional terceira En calquera momento o reitor pode avocar para si o coñecemento e resolución de cantos asuntos considere oportunos en relación coas atribucións delegadas. CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1 DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19815 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Disposición adicional cuarta As expresións referidas a cargos académicos e a outras responsabilidades entenderanse nun sentido xeral, sen identificación de sexo, polo que abranguen tanto o xénero feminino como o masculino. Disposición derrogatoria Esta resolución derroga a Resolución do 20 de xuño de 2018 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios. Disposición derradeira Esta resolución entrará en vigor na data de publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 30 de abril de 2020 Antonio López Díaz Reitor da Universidade de Santiago de Compostela CVE-DOG: 6iborpp4-e6u5-uh46-sld8-kmgbjmjowot1