scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Guía para a elaboración de fontes orais: aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX

Alonso Alonso, Lucía; Cabana Iglesia, Ana; Cañón Voirin, Julio Lisandro; Díaz Geada, Alba; Enríquez García, María José; Gómez Rodríguez, Anjhara; López Fernández, Tamara; Mosteiro Cagide, Virginia; Plaza Moreno, Sara; Ribeiro de Matos, Vitor Gustavo

Abstract

O Proxecto estrutúrase a través do estudo de tres eixos interrelacionados: a comunidade, o conflito e as desigualdades, na Galiza rural do século XX. O obxectivo deste documento é recoller as nosas reflexións sobre as posibles contribucións da fonte oral ao estudo destes aspectos, particularmente no referido á investigación das desigualdades. Tentamos, así, ofrecer un material que poida contribuír nos procesos de elaboración de fontes orais, a partir destas liñas de pescuda.

Full text

Proxecto "Comunidad, conflicto y revuelta en la Galiza rural del siglo XX" GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE FONTES ORAIS P@o COREGAL Alba Díoz - Geada (coord.) GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE FONTES ORAIS: APROXIMACIÓN Á DESIGUALDADE SOCIAL NA GALIZA RURAL DO SÉCULO XX Guía para a elaboración de fontes orais: aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX © 2024 by Coordinación: Alba Díaz-Geada; Organización: Proxecto “Comunidad, conflicto y revuelta en la Galiza rural del siglo XX” (COREGAL) PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033; Autoría: Lucía Alonso Alonso, Ana Cabana Iglesia, Lisandro Cañón Voirin, Alba Díaz-Geada, María José Enríquez García, Anjhara Gómez Rodríguez, Tamara López Fernández, Virginia Mosteiro Cagide, Sara Plaza Moreno, Vitor Gustavo Ribeiro de Matos is licensed under CC BY-NC-ND 4.0. To view a copy of this license, visit https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ ÍNDICE DE CONTIDOS Introdución l 1 As preguntas l 8 A ficha das persoas informantes l 13 Cuestións éticas e legais l 14 A preparación das entrevistas l 15 Transcrición e arquivo l 16 Algunha bibliografía e repositorios de interese l 17 Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 1 1. INTRODUCIÓN Elaboramos este documento a partir do traballo conxunto, no marco do Proxecto de Investigación “Comunidad, conflicto y revuelta en la Galiza rural del siglo XX” – COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033. O Proxecto estrutúrase a través do estudo de tres eixos interrelacionados: a comunidade, o conflito e as desigualdades, na Galiza rural do século XX. O obxectivo deste documento é recoller as nosas reflexións sobre as posibles contribucións da fonte oral ao estudo destes aspectos, particularmente no referido á investigación das desigualdades. Tentamos, así, ofrecer un material que poida contribuír nos procesos de elaboración de fontes orais, a partir destas liñas de pescuda. Faise preciso comezar, sequera brevemente, por recordar algunhas das características propias do traballo con fontes orais. En primeiro lugar, cómpre sermos Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 2 conscientes do proceso de construción da propia fonte, particularmente cando participamos da súa creación a partir da realización de entrevistas orais, mais tamén cando consultamos entrevistas realizadas por outras persoas. Así, a construción da fonte oral está atravesada por distintas mediacións: desde as que establecen as nosas mesmas preguntas de pesquisa; pasando polas que parten da relación que exista ou se estableza entre as persoas que participan das entrevistas; ata os condicionantes dos contextos e momentos de creación da fonte. A fonte oral, ademais, constrúese a partir da memoria. Unha memoria que se atopa en permanente reconstrución, intermediada por distintas experiencias e distintos presentes. Unha memoria que non é, nin ten que ser, o relato fiel do pasado, senón unha reelaboración do mesmo, en constante mudanza. Atoparmos silencios, contradicións, paradoxos ou cambios no discurso, non invalida o testemuño co que traballamos. Ben ao contrario, esas pausas, Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 3 omisións, confusións ou recreacións, son todos elementos que achegan chaves interpretativas para comprender o noso obxecto de estudo. É necesario, desde logo, formarse tanto na escoita coma no traballo coa memoria e, por suposto, no coñecemento do tema a estudar (Portelli, 1989, 1990; Archila Neira, 1998: 286-292). A memoria, non só nos permite achegarnos ás vivencias de tempos pasados, senón que informa na súa propia arquitectura. Doutro modo, non só o que recordamos, senón como o recordamos, fala da nosa historia colectiva, das comunidades e grupos aos que pertencemos e das mudanzas que experimentaron, que se expresan na maneira mesma de construírse os recordos (Varela, 2004: 261-262). Na construción da memoria inciden os elementos relacionais e, tamén, a maneira como se perciben os tempos, e os distintos tempos a partir dos cales estruturamos os nosos recordos. Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 10 Vivían outras persoas na casa, de xeito permanente ou temporal? Onde e por que? ❖ Como recorda a súa infancia? Foi vostede á escola? Por que si ou por que non? Onde? Quen ía e quen non? Quen continuou os estudos e quen non? Que traballos facían as crianzas? Todas as crianzas do lugar facían eses traballos? Que traballos facían os nenos e cales as nenas? A que xogaban? Tiñan xoguetes? Se si: Cales? Cales eran os espazos de xogo? Había lugares onde non se podía xogar? Por que? Como e con quen? Metíanlle medo con algo? ❖ Que labraban nas terras? Foron mudando co tempo os cultivos? Como se traballaba no monte? Cando e como foi mudando o seu uso? Que terras traballaban? (Eran propias, arrendadas ou ambas as dúas, quen lle levaba as terras ou a quen lle levaba as terras, cando e como foi accedendo á propiedade dalgunha ou vendendo algunha outra?). ❖ Que traballos tiñan que levar adiante? (Tanto no referido ao traballo da terra, coma a outros labores). En que consistían? De que se ocupaba cada persoa? Para que traballos se precisaba da axuda doutros veciños e veciñas? Para levar adiante cada un deses traballos, a quen se chamaba? Como se organizaban? Quen acudía a vostede cando había que sacar adiante algún traballo? A que casas era obrigado ir e a cales non? Cal era o papel de cada persoa en Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 11 cada traballo? Despois deses traballos, había tempos de lecer? Como eran en cada traballo? Quen participaba deses festexos ou xantares compartidos? Aínda non habendo tarefas en común, ía á casa dalgún veciño botar un anaco ao cabo do día? A que casas ía e non ía? Ou, quen viña e quen non, e por que? ❖ Como eran as festas cando era meniño/a e mozo/a? Onde ían para divertirse? Ían os homes e as mulleres aos mesmos lugares? Ían os ricos aos mesmos lugares ca os demais? Recorda dalgún conflito durante as verbenas? Se si, pode contarme diso? Como se preparaba para ir á festa? Había outros momentos nos que se vestise de xeito especial? Cales e por que? Como chegaban e con quen ían? Como era o moceo no seu tempo? Casou? A que idade e con quen? Non casou? Por que? ❖ Migrou vostede ou algún membro da súa familia? Por que? Por que non? En caso afirmativo, a onde? (En caso negativo, o mesmo pero para as persoas migrantes que recorde). A que se dedicou alá? Contaba volver e/ou volveu? Se retornou, que lle supuxo á familia esa experiencia migratoria? En caso de que a persoa migrante enviara remesas á casa, en que se empregaron? E en que se empregaron os aforros ao regreso, no caso de habelos? No caso dos retornados, onde regresaron? (Á mesma/a ou a outra aldea/parroquia/vila/cidade, por que?). Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 12 En que linguas se expresaban en cada contexto? Coñece casos dalgún outro veciño ou veciña migrado ou retornado? ❖ A que se dedicou de maior? Que mudanzas se deron no eido laboral? Seguiu participando dos traballos en común e das xuntanzas/polavilas cos veciños? Houbo mudanzas na casa? Cales? E no traballo da terra e cos animais? E nos tempos e espazos de lecer? Se tivo fillos/as, tiveron posibilidade de estudar ou aprender un oficio? A que se dedican? ❖ Durante a súa infancia, recorda se había alguén que mandase máis na aldea/vila? Quen e por que? Tiña algún cargo político? Habían quen lle protestase? Quen e por que? Mantiveron esas persoas o seu poder ao longo do tempo? E os fillos deles? Ao longo da súa vida, recorda algunha protesta colectiva da veciñanza? 13 Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 3. A FICHA DAS PERSOAS INFORMANTES FICHA CATALOGACIÓN INFORMANTES Apelidos, Nome Entrevistador/a: Data de realización da entrevista: Apelidos, Nome Informante e pseudónimo: Alcume da casa: Data de nacemento: Estado civil: Lugar de nacemento: Lugar de residencia: Número de fillos e fillas: Dedicación/traballo/traxectoria laboral: Apelidos, Nome do pai: Lugar de nacemento: Dedicación/traballo/traxectoria laboral: Apelidos, Nome da nai: Lugar de nacemento: Dedicación/traballo/traxectoria laboral: Nome das irmás e dos irmáns: Dedicación/traballo/traxectoria laboral de cada un deles Apelidos, Nome do marido ou da muller: Dedicación/traballo/traxectoria laboral: Apelidos, Nome do avó paterno: Dedicación/traballo/traxectoria laboral: Apelidos, Nome da avoa paterna: Dedicación/traballo/traxectoria laboral: Apelidos, Nome do avó materno: Dedicación/traballo/traxectoria laboral: Apelidos, Nome da avoa materna: Dedicación/traballo/traxectoria laboral: Observacións: Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 14 4. CUESTIÓNS ÉTICAS E LEGAIS Neste apartado remitimos ao recollido na Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales, así como aos requirimentos establecidos polo Comité de Bioética da Universidade de Santiago de Compostela. Pode consultarse tamén en acceso aberto o “Protocolo de tratamento de datos persoais na recompilación de fontes orais para investigadores” (Gómez, 2024). 15 Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 5. A PREPARACIÓN DAS ENTREVISTAS Para elaborar entrevistas orais, amais de formarse nos temas obxecto de estudo e no traballo coa memoria, é preciso un coidadoso traballo de preparación. Recollemos na bibliografía algunhas referencias que poden sernos de axuda na fase de preparación. É necesario coidar o contacto previo coa persoa entrevistada, explicar de maneira clara por que queremos facerlle unha entrevista, acordar un lugar adecuado e tomar o tempo que faga falta antes de comezar o rexistro. Durante a entrevista, cómpre sabermos preguntar, formulando preguntas que conviden á narración e respectando os tempos e momentos da fala da persoa entrevistada. Cómpre tamén sabermos escoitar, mantendo a atención no relato que se nos comparte e acompañando oseu decurso. Convidamos a que a entrevista se realice en varias sesións, que se vaia dando conta á persoa entrevistada da evolución da investigación e que se compartan con ela os resultados. A entrevista non debe ser o fin dunha recolleita, senón o comezo dun proceso de coñecemento compartido. Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 16 6. TRANSCRICIÓN E ARQUIVO Unha vez realizadas as entrevistas, cómpre proceder á súa transcrición. O exercicio, laborioso, da transcrición, permitiranos un detido proceso de re-escoita da entrevista, que servirá á vez de análise previa. No referido ao arquivo da fonte, deberá atenderse ao requirido conforme á Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales, e ao establecido polo Comité de Bioética da USC. Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 17 7. ALGUNHA BIBLIOGRAFÍA E REPOSITORIOS DE INTERESE As referencias bibliográficas sobre fonte oral son abondosas, polo que a selección que segue non pretende ser exhaustiva. Remitimos á bibliografía das obras citadas, para paliar as limitacións desta escolma. Respecto das características da fonte oral e do traballo coa memoria, citamos os traballos de: Archila Neira, Mauricio (1998) “Fuentes orales e historia obrera”, en Lulle, Thierry; Vargas, Pilar e Zamudio, Lucero (coords.) Los usos de la historia de vida en las ciencias sociales I, Barcelona: Anthropos, 281-296; Bourdieu, Pierre (1989) “La ilusión biográfica”, Historia y Fuente Oral, 2, 27-33; Lobato, Zaida (2011) “La historia de la gente común”, charladebate ¿Dar voz a los sin voz? Los orígenes de la historia oral en la Argentina, Archivo Oral “Subjetividad, política y oralidad” da Biblioteca Utopía e a Asociación de Historia Oral de la República Argentina (AHORA), 23 de agosto de 2011; Portelli, Alessandro (1990) “Forma y significado de la representación histórica. La batalla de Evarts y la batalla de Crummies (Kentucky: 1931, 1941)”, Historia y Fuente Oral, 4, 79-99 e (1989) “¿Historia Oral? Historia y memoria: la muerte de Luigi Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 18 Trastulli”, Historia y Fuente Oral, 1, 5-32; Samuel, Raphael (1984) “Historia y Teoría”, en Samuel, Raphael (ed.) Historia popular y teoría socialista, Barcelona: Crítica; Schwarstein, Dora (2001) “Historia oral, memoria e historias traumáticas”, História Oral, 4, 73-83 e Schwarstein, Dora (1991) La historia oral. W. Moss, A. Portelli, R. Fraser y otros, Buenos Aires: Centro Editor de América Latina; Thompson, Paul (1988) La voz del pasado. Historia oral, València: Edicións Alfons el Magnànim. Institució Valenciana d’Estudis i Investigació; Varela, Julia (2004). A Ulfe: Socioloxía dunha comunidade rural galega, Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. Neste primeiro apartado, mencionamos tamén a obra de Edward Palmer (1979) “Tiempo, disciplina de trabajo y capitalismo industrial”, en Thompson, Edward Palmer, Tradición, revuelta y consciencia de clase. Estudios sobre la crisis de la sociedad preindustrial, Barcelona: Crítica e Williams, Raymond (2001) El campo y la ciudad, Buenos Aires: Paidós. Sobre as desigualdades sociais na Galiza do século XX, mencionamos os traballos de José María Cardesín (1992) Tierra, trabajo y reproducción social en una aldea gallega (S. XVIII-XX): muerte de unos, vida de otros, Guía de traballo para a elaboración de fontes orais: Aproximación á desigualdade social na Galiza rural do século XX. Proxecto COREGAL PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033 19 Madrid: Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, (2005) “La sociedad gallega en el franquismo”, en De Juana, Jesús e Prada, Julio (coords.) Historia contemporánea de Galicia, Barcelona: Ariel, (1999) “Mercado, Estado e aldea: a construcción do campesiñado en Galicia”, en Gondar Portasany, Marcial (coord.) O feito diferencial galego. Antropoloxía III, Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego. Para o contexto galego, tamén: Cabana Iglesia, Ana (2011) "Memoria colectiva y 'Revolución Verde'. Más allá del cambio productivo y ecológico", en Lanero, Daniel e Freire, Dulce (coords.) Agriculturas e innovación tecnológica en la Península Ibérica (1946-1975), Madrid: Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, 191-212. Sobre o tempo da fame: Conde Caballero, David e Mariano Juárez, Lorenzo (2019) Cuando el pan era negro. Recetas de los años del hambre en Extremadura, SEPAD e Junta de Extremadura. Para o guión de preguntas, seguimos o clásico de Paul Thompson (1988) La voz del pasado. Historia oral, València: Edicións Alfons el Magnànim. Institució Valenciana d’Estudis i Investigació. No referido ás cuestións éticas e legais, remitimos a Anjhara Gómez (2024) “Protocolo