scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Hexemonía, lexitimidade e democracia

Mendizábal Recuna, Pablo

Abstract

No presente Traballo de Fin de Grao pretendo clarificar unha perspectiva teórica sobre como se dan as relacións entre a hexemonía, a lexitimidade e a democracia. Deste xeito, abordarei a interrelación entre hexemonía e democracia nas súas dimensións normativas e funcionais. Á hora de abordar as interrelacións que se dan entre estes dous conceptos, o concepto de lexitimidade xoga un papel fundamental. Isto en tanto que a lexitimidade é a base sobre a que se sustenta a relación hexemonía-democracia para o marco teórico que aquí se propón. É dicir, que para o funcionamento da relación hexemonía-democracia a lexitimidade vai ser o “produto” da relación, entendendo que, en consecuencia, este “produto” é a vez un indicador sobre como é a relación entre hexemonía edemocracia.

Full text

Hexemonía, lexitimidade e democracia Pablo Mendizábal Recuna. Universidade de Santiago de Compostela. Traballo de Fin de Grao. ii Tódalas citas presentes neste Traballo de Fin de Grao foron traducidas ó galego polo autor coa finalidade de facilitar a comprensión do texto no seu conxunto e fomentar o uso do galego no ámbito académico. iii Índice Capítulo 1: Introdución ....................................................................................................... 1 Capítulo 2: Obxectivos 4 Capítulo 3: Unha perspectiva sobre a hexemonía 5 Capítulo 3.1: A concepción de Laclau 5 Capítulo 3.2: Os problemas na concepción de Laclau e as aportacións da mesma para a perspectiva política proposta 13 Capítulo 3.3: As aportacións marxistas e o encaixe nesta perspectiva teórica 17 Capítulo 3.3.1: Sobre o método de análise: debate materialismo-idealismo 17 Capítulo 3.3.2: A concepción marxista de clase, a infraestrutura 23 Capítulo 3.3.3: A concepción marxista de ideoloxía, a superestrutura 33 Capítulo 3.4: A construción teórica sobre a hexemonía 38 Capítulo 4: Democracia e competición política 46 Capítulo 4.1: Noción mínima dos conceptos elementais das democracias capitalistas 47 Capítulo 4.2: A dimensión funcional: os efectos das democracias capitalistas 53 Capítulo 5: Conclusións 62 iv Índice de figuras Figura 1. A agregación de demandas en Laclau .............................................................. 12. Figura 2. A disputa das demandas en Laclau 13. 1 1. Introdución. No presente Traballo de Fin de Grao pretendo clarificar unha perspectiva teórica sobre como se dan as relacións entre a hexemonía, a lexitimidade e a democracia. Deste xeito, abordarei a interrelación entre hexemonía e democracia nas súas dimensións normativas e funcionais. Á hora de abordar as interrelacións que se dan entre estes dous conceptos, o concepto de lexitimidade xoga un papel fundamental. Isto en tanto que a lexitimidade é a base sobre a que se sustenta a relación hexemonía-democracia para o marco teórico que aquí se propón. É dicir, que para o funcionamento da relación hexemonía-democracia a lexitimidade vai ser o “produto” da relación, entendendo que, en consecuencia, este “produto” é a vez un indicador sobre como é a relación entre hexemonía e democracia. A construción desta teoría política fundaméntase en diferentes aportacións teóricas desde a Ciencia Política e as teorías políticas clásicas. Os principais autores sobre os que se sustenta a perspectiva teórica que se propón son Karl Marx e Friéderich Engels (2006), Ernesto Laclau (2005), Antonio Gramsci (2013) e outros autores da Teoría Política como Ramón Máiz ou Arteta (2003). A premisa para a construción teórica a través de autores con posicións ideolóxicas claramente contrarias nalgúns aspectos parte do entendemento de que, para a Ciencia Política, a existencia de disenso entre autores debe servir para o avance conforme ás aportacións de cada autor. Non obstante, non van ser os únicos autores de referencia, xa que se abordarán diferentes autores da Ciencia Política coa finalidade de facer da teoría política proposta e o seu correspondente sistema de análise un sistema contrastable. Esta construción teórica pretende ser, ademais, o marco teórico sobre o cal desenvolver un sistema de análise cuxa finalidade é coñecer o funcionamento políticoideolóxico do sistema democrático-capitalista actual. Procúrase polo tanto a constitución dun sistema de análise específico para a análise do sistema socioeconómico actual e as 2 relacións dinámicas que se dan a nivel político e ideolóxico, que permiten e sustentan a “normalidade” política e ideolóxica no seo do sistema actual. Tendo en conta todo isto, estableceranse os preceptos teóricos do funcionamento dos sistemas democrático-capitalistas, entendido como un sistema dinámico que necesita de premisas políticas e ideolóxicas (dimensión normativa) para poder perpetuarse a nivel funcional. Procurarase explorar como o sistema democrático-capitalista efectúa a súa capacidade de intromisión capilar na conciencia colectiva e individual, así como os mecanismos que actúan para esta retransmisión bidireccional (arriba-abaixo, abaixoarriba), sustentando, como se comentaba anteriormente, a “normalidade” política no sistema democrático-capitalista. Non obstante, non debe entenderse que o establecemento dun sistema de análise para o sistema socioeconómico democrático-capitalista sexa un “estudo de caso”, senón que o sistema de análise pretende descubrir o dinamismo e peculiaridade de cada formación social que se estude e cuxas relacións económicas dominantes sexan as relacións de produción capitalistas. Por outra banda, tamén cabe destacar a peculiaridade dun sistema de análise que pretende achegar unha percepción dos sistemas democrático-capitalistas entendendo a súa rixidez -como un certo “programa de mínimos”- e a súa elasticidade e capacidade dinámica e adaptable a través de elementos subxectivos que favorecen a competición dentro dos marcos establecidos. A escolla deste tema de investigación veu motivada pola necesidade de entender como se dá esta relación (hexemonía-democracia) para comprender o funcionamento político e ideolóxico das democracias capitalistas. Neste senso, enténdese que a capacidade destes sistemas que -sobre todo en períodos de crisecoexisten con grandes manifestacións de malestar, desconfianza e frustración por parte de grandes sectores da poboación, radica precisamente na capacidade de canalizar estas demandas no seu interno sen modificar 3 substancialmente as normas básicas para o funcionamento do sistema. Tendo en conta todo isto, enténdese que é a través das operacións hexemónicas como se canalizan as demandas de xeito interno (e non externo) ó sistema; e a través dos mecanismos democráticos como se abren canles de competición entre novas (ou vellas) hexemonías, capaces de canalizar internamente os problemas e demandas alí onde antes se creara un certo “baleiro”, unha falta de correspondencia entre as demandas e unha interpretación sobre o por que das demandas que se situase no interno do sistema. Así e con todo, a estruturación do traballo vai ser tal que: primeiro, a formulación dos obxectivos do traballo e as principais preguntas que suscitan esta investigación en teoría política; segundo, a exposición das aportacións de Laclau con respecto da hexemonía, así como o xeito en que estas aportacións son engadidas na construción desta perspectiva teórica; terceiro, as aportacións marxistas e a solución ós problemas atopados na concepción laclauliana; cuarto, a dimensión normativa democracia e as súas implicacións sobre a dimensión funcional; quinto, a dimensión funcional de democracia e os seus efectos; sexto, a posta en común e relación dos conceptos; sétimo, unha aproximación sobre como se prevé o sistema de análise; e finalmente, as conclusións. Por último debe destacarse que, entendendo as limitacións dun Traballo de Fin de Grao, a construción teórica e o correspondente sistema de análise proposto enténdense de xeito “aberto”. É dicir, que se ben considérase que as aportacións son suficientemente ricas como para ser obxecto de TFG, debe entenderse que esta construción teórica e o sistema de análise propostos establécense con perspectiva dun enriquecemento posterior como campo de investigación. 4 2. Obxectivos. Neste punto imos intentar esbozar brevemente os obxectivos que se establecen para este Traballo de Fin de Grao. Sendo así, podemos desenvolver os seguintes puntos: • Primeiro, desenvolver unha perspectiva teórica homoxénea e coherente a partires de aportacións de diferentes autores e o desenvolvemento argumental propio sobre os mesmos. • Segundo, desenvolver, co primeiro obxectivo en mente, unha definición satisfactoria con respecto da finalidade deste traballo dos conceptos elementais para este traballo: hexemonía, lexitimidade e democracia. • Terceiro, traballar nunha argumentación propia que permita relacionar cada un dos puntos que imos tratar e establecer o xeito en que se dan estas relacións entre conceptos. • Cuarto, establecer unha perspectiva teórica que permita o desenvolvemento posterior en canto ó contido. Preténdese que a partires deste traballo de construción teórica podamos mellorar o contido presente e engadir novos contidos sobre a base de que este é un traballo coherente e baseado nuns mínimos que responden satisfactoriamente á pretensión teórica do traballo: entender as relacións entre a hexemonía, a democracia e a lexitimidade. • Quinto, na mesma dirección que o cuarto punto, pór de relevo como o sistema mínimo de análise se podería aplicar a outros ámbitos de estudo. 5 3. Unha perspectiva sobre a hexemonía. Neste punto desenvólvese a parte da teoría política correspondente ás aportacións de Laclau sobre a hexemonía e o encaixe teórico destas aportacións para o entendemento da hexemonía nos sistemas democrático-capitalistas. Por outra banda, realizarase unha crítica á concepción laclauliana engadindo, por tanto, as aportacións desde o marxismo. Estas aportacións pretenden dar solución ós problemas que presenta a perspectiva teórica laclauliana á hora de entender non só como se dan as relacións hexemónicas, senón, máis ben, cales son os motivos que levan á creación de identidades políticas froito dunha operación hexemónica. 3.1. A concepción de Laclau. Laclau establece principalmente en Hexemonía e estratexia socialista e en A razón populista a súa teoría sobre como se forman identidades políticas e a través de que mecanismos se forman estas identidades. Para a perspectiva teórica que aquí se propón isto é especialmente relevante, xa que este elemento vai ser o que permita unha definición completa do que é a hexemonía, delimitando o seu campo de actuación e a súa relevancia no establecemento de relacións democráticas dinámicas que, en consecuencia, constitúen a fonte de lexitimación sistémica e o seu normal funcionamento. Para entender a perspectiva de Laclau é interesante a súa concepción de discurso (Laclau, 2005): O discurso constitúe o terreo primario de constitución da obxectividade como tal. Por discurso non entendemos algo esencialmente restrinxido ás áreas da fala e da escritura [...] senón a un complexo de elementos no cal as relacións xogan un rol constitutivo. Isto significa que estes elementos non son preexistentes ó complexo relacional, senón que se constitúen a través del. Polo tanto “relación” e “obxectividade” son sinónimos. Saussure afirma que na linguaxe non existen 12 que estas supoñen: 1) a existencia dun elemento diferencial nas relacións sociais; 2) a existencia dun conxunto de demandas insatisfeitas; 3) a formación dunha cadea equivalencial, é dicir, a cohesión de demandas populares diferentes entre si en función dun elemento diferencial concreto; 4) este elemento diferencial é excluínte, constitúe unha explicación sobre como e por que se dan os fenómenos na realidade explicando unha diferencia excluínte con outro elemento ó que se refire; 5) aquí o elemento diferencial pasa a constituír unha base interpretativa; 6) o grupo busca a representación e a agregación de máis demandas (diferentes entre si), producindo e modificando o discurso a través do cal representa (con mitos, símbolos, etc.) esta diferencia que pretende explicar o por que dos fenómenos políticos e sociais; 7) a constitución de grupo, cada vez máis amplo, constrúe en si unha homoxeneidade mental (e polo tanto, emocional), que ordena en función dunha serie de símbolos (e outros elementos) a significación dos actos individuais en función desa diferencia particular, agrupando en si a universalidade das diferencias; 8) xerando, polo tanto, un horizonte totalizador en oposición ó elemento excluínte. Esta ordenación non debe entenderse como un proceso simple de relacións consecutivas, senón que simplemente sirve para a esquematización de como se da o proceso hexemónico de creación de identidades e as implicacións que esta creación ten. Tendo en conta todo isto, Laclau esquematiza a secuencia que sigue unha cadea equivalencial do seguinte xeito (Laclau, 2005): O exemplo que tiñamos antes en mente era o dun réxime opresivo -nese caso, o zarismoseparado por unha fronteira política das demandas da maioría dos sectores da sociedade (D1, D2, D3...). Cada unha destas demandas na súa particularidade é diferente de todas as outras [...] Porén, todas elas son equivalentes entre si na súa oposición ó réxime opresivo. (p.165) 13 Así, seguindo este exemplo, as “D” son as demandas, a D1 é a diferencia que asume a representación universal das diferencias en cada demanda, e Z é o réxime opresivo zarista. Agora ben, que pasa cando outra operación hexemónica entra en xogo? Entón existe unha pugna pola cal, a unha ou a diferentes demandas inscritas naquela outra operación hexemónica, son disputadas en canto á súa significación (Laclau, 2005): Como vemos, D1 está sometida á presión estrutural de dúas cadeas equivalenciais antagónicas representadas polas liñas puntuadas: a horizontal corresponde ó campo popular que se opón ó zarismo, como no noso primeiro diagrama. A diagonal, non obstante, establece un lazo equivalencial entre D1, que pertence ó campo popular e outras dúas demandas ás que este último se oporía por pertencer ó campo do zarismo. Así, temos dous xeitos antagónicos de constituír “pobo” como actor histórico. O modo no que se vai definir o sentido de D1 vai depender do resultado dunha loita hexemónica. (p.166) 3.2. Os problemas na concepción de Laclau e as aportacións da mesma para a perspectiva política proposta. Como vimos, na concepción laclauliana apóstase por un modelo de constitución de identidades en contraposición a un réxime opresivo. Así, as operacións hexemónicas consisten en establecer equivalencias entre demandas populares (polo tanto, insatisfeitas e enmarcadas fóra do sistema institucional) no marco dunha determinada identidade política que prima unha diferencia sobre outras. Esta diferencia, polo tanto, adquire o papel interpretativo dos fenómenos políticos. 14 Esta concepción presenta algúns problemas para esta perspectiva teórica, pois o obxecto desta perspectiva teórica consiste en estudar o papel hexemónico no interno dos sistemas democrático-capitalistas, e non fóra. Neste senso, non podemos falar de operacións hexemónicas en contraposición a un réxime opresivo, xa que as operacións hexemónicas circunscriben á identidade política que se constitúe nos límites do sistema establecido. Por outra banda, a diferenciación entre demandas populares e demandas democráticas tampouco é satisfactoria, xa que tal como é entendida esta en Laclau, as demandas populares son aptas para o traballo hexemónico por estar insatisfeitas e efectuar reclamos contra o sistema; mentres que as democráticas non o son por permanecer illadas e ser absorbidas polo sistema. Con respecto a esta problemática en Laclau sobre a constitución de identidades populares -que en Laclau forman unha oposición ó sistema-, é necesaria a súa correcta adaptación para o sistema proposto. Neste senso, pártese da idea de que a peculiaridade dos sistemas democrático-capitalistas consiste en que estes permiten un certo grao de disenso político entre as diferentes opcións políticas. Este disenso vai permitir a existencia de identidades políticas contrapostas con explicacións contrarias sobre o por que dos fenómenos políticos. Isto relaciónase coa idea de que cantas máis identidades políticas sexan representadas e maior disenso exista nas democracias capitalistas, maior capacidade de auto-lexitimación terá este mesmo sistema. Con respecto da caracterización das demandas populares e as demandas democráticas, unha diferencia importante con respecto da concepción de Laclau atópase en que nos sistemas democrático-capitalistas desenvoltos, estes teñen a capacidade de absorción no seu interno das demandas insatisfeitas, que en Laclau levan necesariamente a unha oposición ó réxime opresivo. Tendo en conta isto, as identidades políticas organizadas nos sistemas democrático-capitalistas comparten que, nas demandas realizadas cara ó sistema en función dun feito diferencial (nacional, cultural, de xénero, de sexualidade, etc.), estas non atopan unha confrontación directa cos principios elementais que fundamentan o 15 sistema democrático-capitalista, só van entrar en confrontación en certo grao. Neste senso, as identidades políticas van entrar nunha constante disputa por resolver e representar as demandas inscritas en si mesmas. Nesta pugna de hexemonías no interno do sistema democrático-capitalista, como veremos posteriormente, as estruturas democráticas van dotar de recursos a unha ou outra identidade en función da representación acadada (isto tamén o veremos posteriormente). Esta dotación de recursos desigual vai ser o fundamento das loitas hexemónicas, nas cales a través da base interpretativa (a diferencia fundamental) buscarase unha maior representación das identidades políticas tendo en conta que estas -nun contexto de normalidade política do sistema democrático-capitalista- non van producir en ningún caso unha oposición contundente contra os principios elementais do sistema democráticocapitalista, senón que, pola contra, van construír e reivindicar símbolos en oposición a outras identidades. Esta loita vai ser interior ó sistema, non van buscar a modificación dos principios elementais do sistema democrático-capitalista, senón que van buscar a modificación de elementos a través dos cales se privilexia unha ou outra diferencia social a través de loitas hexemónicas que acheguen unha maior representatividade dentro do mesmo. Se ben as diverxencias entre a concepción laclauliana e a perspectiva teórica ata o de agora eran propiamente de adaptación, existen outras diferencias coa concepción laclauliana, sinaladamente de carácter ontolóxico. Isto significa que para o sistema teórico proposto descártase que as operacións hexemónicas teñan unicamente por obxecto a constitución de identidades (ás que se lle agregan valores, relatos e elementos explicativos da realidade social). Proponse, polo tanto, que en toda relación social danse relacións políticas e ideolóxicas, sinaladamente nos lugares de traballo. Estas relacións polo tanto producen elementos de carácter político-económico e elementos de carácter cultural, ambos intimamente relacionados. Estes elementos van estar presentes nas diferentes fases que atravesan as identidades políticas (constitución, competición e destrución). Para desenvolver este argumento pártese da idea de que en calquera competición de identidades 16 atopamos unha serie de elementos compartidos, pero noutra boa parte os elementos deixan de ser compartidos e incluso estes están presentes nas identidades políticas categorizadas como “inimigas”. Estes elementos son tanto de carácter político-cultural (por exemplo, como deben ser as familias e os seus valores); ou ben de carácter político-económico (como debe xestionarse economicamente o sistema democrático-capitalista). Do anteriormente exposto despréndese loxicamente que a hexemonía non consiste tan só na configuración de identidades, senón que nestas identidades existen tamén elementos políticos, e polo tanto, isto permitiría explicar por que as identidades políticas tal e como son estudadas por Laclau son en contraposición a un réxime opresivo: porque as identidades categorizadas por Laclau son homoxéneas na súa oposición política e ideolóxica. Se ben na concepción laclauliana estes elementos políticos aparecen, estes son máis ben unha consecuencia: as identidades emerxen en función dunha diferencia común e insatisfeita a partir da cal “crean” política. Non obstante, o que aquí se propón é que as ideas políticas e culturais son precedentes ás identidades e polo tanto estas van ser substancialmente sometidas á rede política e cultural, se ben as identidades van ter á súa vez unha relativa capacidade de modificación destas ideas políticas e culturais: o campo do político é un campo extenso e polo tanto diferente do xogo de identidades, aínda que o xogo de identidades estea consubstancialmente circunscrito ó campo do político. A partires deste punto, a concepción cambia radicalmente. Os problemas da concepción laclauliana son superados en boa parte. Os restantes problemas consisten fundamentalmente na incapacidade do sistema laclauliano para dar unha explicación satisfactoria a por que as identidades se forman en función dunha diferencia e non doutra; nin tampouco da unha explicación satisfactoria sobre que motiva a que unha diferencia adquira unha significación propia que derive nunha articulación política en sentido forte. Para dar solución a este problema a perspectiva teórica proposta vai apoiarse de xeito fundamental no marxismo. 17 Para unha maior perspectiva sobre este debate recoméndase a lectura dos artigos de Boron (Boron, Atilio A., 2000) e de Cicchin sobre a crítica de Zizek a Laclau (Cicchin, Iván G., 2015), xa que neste punto non cabe desenvolver este debate con tanta precisión como nos artigos mencionados. 3.3. As aportacións marxistas e o encaixe nesta perspectiva teórica. Para abordar as aportacións marxistas e establecer finalmente un método de análise sobre o campo da hexemonía, imos ramificar por puntos os elementos máis relevantes do debate con respecto do da concepción laclauliana: 3.3.1. Sobre o método de análise: debate materialismo-idealismo. O debate sobre o materialismo e o idealismo versa sobre como se concibe a relación entre o “real”, “externo”, “material”; e o campo das ideas, as concepcións, ideoloxías e interpretacións. Non é obxecto deste traballo o pormenorizar os argumentos a favor do materialismo e o idealismo, senón máis ben esbozar uns puntos elementais no debate materialismo-idealismo, decantarse por unha destas dúas teorías filosóficas e entrar na categorización da concepción laclauliana dentro deste esquema. Por que é importante este debate para o presente traballo? Porque este traballo ocúpase da relación entre o obxectivo e o subxectivo, o sistema socioeconómico e a hexemonía. É necesario, polo tanto, situar con precisión como se dan as relacións políticas e ideolóxicas, como se forman ideas dominantes e por que; así como coñecer que é o que fai que unhas operacións hexemónicas triunfen e outras non (que anteriormente situabamos como unha das debilidades da concepción laclauliana). Así, o marxismo, materialista, considera a existencia dunha realidade obxectiva, a existencia do mundo externo fóra das conceptualizacións humanas sobre o mesmo. Esta realidade obxectiva vai ser unha “rede” que atrapa ó ser humano desde o seu nacemento e 18 que condiciona a súa existencia e os seus pensamentos. Para o marxismo a concepción materialista consiste polo tanto en estudar esta “rede” trasladando o método científico ó ser humano e o seu comportamento: A refutación máis contundente destas extravagancias, como de todas as demais extravagancias filosóficas, é a práctica, ou sexa, o experimento e a industria. Se podemos demostrar a exactitude do noso modo de concibir un proceso natural reproducíndoo nós mesmos, creándoo como resultado das súas mesmas condicións, e se, ademais, poñémolo a servizo das nosas propias fins, damos ó traste coa “cousa en si” inaprensible de Kant. As sustancias químicas producidas no mundo vexetal e animal seguiron sendo “cousas en si” inaprensibles ata que a “cousa en si” converteuse nunha cousa para nós. (Marx, Engels, 2006, p.21) Baixo esta tese os seres humanos estaríamos condicionados polos factores externos, a realidade material; e o cometido das teses materialistas sobre o ámbito do político, o ideolóxico e o económico consiste en descubrir como o “ente externo” condiciona o comportamento humano. Así, as nosas ideas estarían suxeitas a unha realidade tanxible, obxectiva e histórica: nas relacións materiais e sociais nas que participamos, o lugar que ocupamos nas mesmas e os medios que temos para que estas ideas cristalicen en efectos materiais. Neste senso, á hora de contrapoñer a posición materialista fronte a idealista, son útiles as teses II, III e VI sobre Feuerbach (Marx, Engels, 2006): II. O problema de se ó pensamento humano pode atribuírselle unha verdade obxectiva, non é un problema teórico, senón un problema práctico. É na práctica onde o home ten que demostrar a verdade, é dicir, a realidade e o poderío, a terrealidade do seu pensamento. O litixio sobre a realidade ou irrealidade dun pensamento que se illa da práctica, é un problema puramente escolástico. 19 III. A teoría materialista de que os homes son produto das circunstancias e da educación, e de que por tanto, os homes modificados son produto de circunstancias distintas e dunha educación modificada, esquece que son os homes, precisamente, os que fan que cambien as circunstancias, e que o propio educador necesita ser educado. Conduce, pois, forzosamente, á sociedade en dúas partes, unha da cal está por enriba da sociedade [...]. VI. Feuerbach non ve, polo tanto, que o “sentimento relixioso” é tamén un produto social e que o individuo abstracto que el analiza pertence, en realidade, a unha determinada forma de sociedade. (p.57) Non obstante, e seguindo a concepción que se pode entrever na tese III sobre Feuerbach, a diferencia entre o método científico sobre os procesos “naturais” e o método científico sobre os procesos “sociais” ten que ver co obxecto de estudo: [...] De canto acontece na natureza -o mesmo os innumerables fenómenos aparentemente fortuítos que afloran na superficie, que os resultados finais polos cales se comproba que esas aparentes casualidades réxense pola súa lóxica interna- , nada acontece por obra da vontade, con arranxo a un fin consciente. En cambio, na historia da sociedade, os axentes son todo homes dotados de conciencia, que actúan movidos pola reflexión ou pola paixón, perseguindo determinadas fins; aquí, nada acontece sen unha intención consciente, sen unha fin desexada. Pero, esta distinción, por moi importante que sexa para a investigación histórica, sobre todo a de épocas e acontecementos illados, non altera para nada o feito de que o curso da historia réxense por leis xerais de carácter interno [...], rara vez ocorre o que se desexa, e na maioría dos casos as moitas fins perseguidas entrecrúzanse uns con outras e se contradín, cando non son de suxo realizables ou insuficientes os medios de que se dispón para levalos a cabo. (Marx, Engels, 2006, p.43) 20 A partires desta concepción espérase dar unha solución satisfactoria á común crítica pola cal se interpreta ó marxismo como unha teoría que sobredetermina o obxectivo sobre o subxectivo: os pensamentos e comportamentos do ser humano non son unha consecuencia única e directa da existencia obxectiva de clase; senón que os pensamentos e comportamentos do ser humano están suxeitos ás relacións materiais (económicas, políticas, ideolóxicas), que orientan as ideas e comportamentos nunha dirección, así como están suxeitos ós medios dos que dispón para cristalizar estas vontades nunha realidade material (dereitos, capacidade de acción, acceso a medios de información diferentes ós oficiais, a educación, etc.). Todo isto será desenvolto posteriormente. Por outra banda, o pensamento idealista (partindo da argumentación marxista sobre o mesmo) consiste nunha certa “sobredeterminación” do papel das ideas. Así, as ideas, accións e pensamentos do ser humano non son froito das circunstancias materiais e históricas dunha determinada formación social, senón que a propia realidade obxectiva sobre a que actúan os seres humanos é froito dunha vontade, unha idea superior, directora da realidade obxectiva e capaz de modificala. A realización práctica desta tese filosófica consiste, polo tanto, en explicar a realidade en función de preceptos morais e/ou ideolóxicos xeralmente relixiosos; en vez de explicar a realidade con preceptos susceptibles de ser contrastados empiricamente. Nesta dirección Marx e Engels criticaban a Kant como aparece nas liñas citadas anteriormente, pois este consideraba que a materia non podería ser coñecida, perante o cal Marx e Engels responden que si pode ser coñecida, en tanto que podemos coñecer que transformacións e procesos sofre e podemos modificala en función da nosa vontade grazas á práctica. Por outra banda, son interesantes as críticas sobre os discípulos e seguidores de Hegel en Alemaña, xa que nesta crítica -brevemente esbozada nas seguintes liñas- Marx e Engels abordan o idealismo dun xeito práctico que permite entender facilmente as repercusións sobre a política desta tese filosóficas: E, como para estes mozos hegelianos as representacións, os pensamentos, os conceptos e, en xeral, os produtos da conciencia por eles substantivada eran considerados como as verdadeiras ataduras do home, exactamente o mesmo que os 21 vellos hegelianos vían neles os auténticos nexos da sociedade humana, era lóxico que tamén os mozos hegelianos loitaran e se creran obrigados a loitar soamente contra estas ilusións da conciencia. En vista de que, segundo a súa fantasía, as relacións entre os homes, todos os seus actos e o seu xeito de conducirse, as súas trabas e barreiras, son outros tantos produtos da súa conciencia, os mozos hegelianos formulan consecuentemente ante eles o postulado moral de que deben troca-la súa conciencia actual pola conciencia humana, crítica ou egoísta, derrubando así as súas barreiras. Este postulado de cambiar de conciencia vén ser o mesmo que o de interpretar doutro xeito ó existente, é dicir, de recoñecelo por medio doutra interpretación. A pesares da súa fraseoloxía que supostamente «fai estremecer o mundo», os mozos hegelianos son, en realidade, os maiores conservadores. Os máis mozos entre eles descubriron a expresión axeitada para designar a súa actividade cando afirman que só loitan contra «frases». Pero esquécense de engadir que a estas frases por eles combatidas non saben opoñer máis que outras frases e que, ó combater soamente as frases deste mundo, non combaten de xeito algún o mundo real existente. (Marx, Engels, 2006, p.64) Partindo de todo isto, o presente traballo ten aspiracións materialistas, en tanto que se ben tratamos da teoría e os esquemas de pensamento en abstracto, unha das finalidades deste traballo é establecer un marco teórico -que loxicamente trata de facer referencia ó “real” e “externo”, é dicir, ó que é independente da vontade individual do ser humanoque despois podamos operacionalizar e situar como contrastable. Para operacionalizar e dotar de contrastabilidade a este traballo, farase unha aproximación de todo-los ámbitos de estudo da Ciencia Política que se poderían relacionar co marco teórico actual entendendo que este traballo pretende abrir para o marco teórico que aquí se esboza (pola natureza do traballo, está limitado) un campo de investigación. Así pois, adscribindo este marco teórico á tese materialista, faise necesario desbotar os posíbeis trazos idealistas presentes en cada autor. Tendo en conta isto, a concepción laclauliana sobre o discurso é idealista en tanto que para Laclau o discurso constitúe o 28 Debe destacarse coa maior intensidade que ó non ser o obxecto deste traballo, o dito aquí resulta extremadamente pobre en relación á profundidade real da economía política marxista, e que se se quere coñecer o funcionamento do modo de produción capitalista entendido polo marxismo debe acudirse ós escritos de Marx -principalmente O Capital, pero tamén outros máis sinxelos e accesibles como Salario, Prezo e Ganancia; Traballo Asalariado e Capital- ou doutros autores como Paul Sweezy (2007) que resumen a teoría económica marxista. Todo o aclarado ata agora foi coa intención de dar unha noción mínima sobre como se da a relación entre o burgués e o proletario, as relacións políticas e ideolóxicas que se poden deducir minimamente desta relación económica (plusvalía), e por que esta relación é a determinante ó ser o núcleo sobre o que se sustenta a produción. Tendo xa definido nas cuestións máis elementais o concepto de clase na perspectiva marxista, podemos proceder a aclarar unha serie de puntos que resultan confusos e dan lugar a diversas interpretacións sobre o concepto de clase marxista. O primeiro elemento característico a destacar parte da concepción das clases como categorías sociais que para a súa existencia necesitan de oposición, é dicir, de contradición, con outra clase (Poulantzas, 1977): As clases sociais significan para o marxismo, nun único e mesmo movemento, contradicións e loita de clases: as clases sociais non existen primeiro, como tales, para entrar despois na loita de clases, o que faría supoñer que existen clases sen loita de clases. As clases sociais cobren prácticas de clase, é dicir, a loita de clases, e non se dan senón na súa oposición. (p.13) Noutro sentido, podemos seguir definindo as características propias da concepción de clase marxista e as diferencias con outras nocións, a través da seguinte afirmación: “non forman parte da clase obreira máis que os asalariados que dependen do capital produtivo, xa que é o único que produce plusvalor” (Poulantzas, 1977, p.87) que é o resultado dunha teoría sobre as clases sociais que as define en función da súa posición na produción (e non dunha definición que fai énfase no salario, por exemplo). Tendo en conta que a teoría 29 marxista define as clases sociais en función de cal é o papel dentro da produción, debemos definir con exactitude as diferencias elementais que as separan doutras clases. Para isto imos aportar dúas citas diferentes que se complementan e dan unha visión homoxénea sobre o criterio de designación das clases sociais en función do papel que xogan con respecto da plusvalía. Primeiro, Marx (citado por Poulantzas, 1977) explica o papel esencial do capital industrial con respecto do capital mercantil e o capital bancario dentro do do modo de produción capitalista: O capital industrial é a única forma de existencia do capital en que é función deste non só a apropiación da plusvalía ou do produto excedente, senón tamén a súa creación. Este capital condiciona, polo tanto, o carácter capitalista da produción, a súa existencia leva implícita a contradición de clase entre capitalistas e obreiros asalariados. O capital-diñeiro e o capital-mercancías, na medida en que aparecen, coas súas funcións, como expoñentes dunha rama propia de negocios ó lado do capital industrial, non son máis que modalidades das distintas formas funcionais que o capital industrial asume unhas veces e outras abandona dentro da órbita da circulación, modalidades substantivadas e estruturadas unilateralmente pola división social do traballo. (p.88) E en dirección semellante se pronuncia Poulantzas (1977): O papel determinante do capital produtivo no proceso de reprodución do conxunto do capital social [...] ten incidencias decisivas sobre a determinación das clases. En efecto, non é senón por este papel polo que poden comprenderse as análises de Marx sobre a clase obreira, que non se atopa circunscrita polo asalariado [...], senón que polo traballo produtivo, é dicir, baixo o capitalismo, polo cal produce directamente o plusvalor. Así, segundo Marx, non forman parte da clase obreira máis que os asalariados que dependen do capital produtivo, xa que é o único que produce plusvalor. (p.87) 30 Tendo en conta todo isto, a diferenciación entre burguesías (industrial, comercial e bancaria) vén dada polo papel que estas xogan na creación, distribución e monetarización da plusvalía; e, baixo o mesmo criterio, só é clase obreira a que crea plusvalía. Así e con todo, baixo a noción exposta nas dúas citas podemos condensar os elementos que determinan á clase obreira como clase revolucionaria: 1) que é a clase que produce o plusvalor; 2) o papel do capital industrial na reprodución do conxunto do capital social -é dicir, a reprodución das condicións necesarias para a produción e a súa posterior comercialización e monetarización, como a reprodución da forza de traballo e do capital constante-. Aclarada a cuestión das clases sociais para o marxismo, agora podemos proceder á cuestión da composición de clases das sociedades capitalistas. Coa composición de clase facemos referencia a como se distribúen e conforman as clases sociais dentro das sociedades capitalistas. Así e polo tanto distinguimos a categorización abstracta do modo de produción capitalista coa plasmación concreta deste nas diferentes sociedades: Cando falamos dun modo de produción que é un obxecto abstracto-formal, seguímonos situando nun nivel xeral e abstracto, aínda que o concepto mesmo de modo de produción cubre xa, como tal, á vez as relacións de produción, as relacións políticas e as relacións ideolóxicas. Pero estes modos de produción non se representan máis que en formacións sociais historicamente determinadas [...] sempre orixinais polo feito de ser obxectos reais-concretos e singulares. Agora ben, unha formación social comporta varios modos -pero tamén formasde produción, nunha articulación específica. [...] De feito, en toda formación social, compróbase o predominio dun modo de produción, predominio que produce efectos complexos de disolución-conservación sobre os demais modos e formas de produción [...]. 31 Pero volvamos ás clases sociais. Se nos atemos ós únicos modos de produción, cada un implica dúas clases [...]: a explotadora, política e ideoloxicamente dominante, e a explotada, política e ideoloxicamente dominada [...]. (p.21-22) Do aquí exposto interesa resaltar, polo tanto, os seguintes elementos: 1) a singularidade de cada formación social, singularidade histórica e polo tanto tamén política, ideolóxica e económica; 2) a existencia en cada formación social de varios modos de produción, e polo tanto, a existencia de máis de un tipo de relación económica, dando lugar á existencia de máis clases. Doutra banda, e xa para rematar con este punto, podemos pasar a como as relacións políticas e ideolóxicas se forman na infraestrutura (que poderíamos definir brevemente como o conxunto de relacións de produción, clases sociais e relacións entre as mesmas nunha formación social dada) a pesares de que adquiran unha “autonomía relativa” da mesma (como veremos no seguinte punto). Polo tanto, para comprender a relación obxectivo-subxectivo exposta no seguinte punto sen sobredeterminar o papel do obxectivo nin do subxectivo, imos expoñer o xeito en que as relacións políticas e ideolóxicas se constitúen sobre o material, o obxectivo, e, polo tanto, están en certo sentido restrinxidas polo mesmo (en tanto que son ideas que fan referencia ó material, a infraestrutura, e depende dos medios a disposición para que as ideas pasen do individual ó social, é dicir, que se constitúa como algo subxectivo). Así o explica Poulantzas (1977): Deste papel dominante das relacións de produción sobre as forzas produtivas e o proceso de traballo é de onde deriva o papel constitutivo das relacións políticas e das relacións ideolóxicas na determinación estrutural das clases sociais. As relacións de produción e as relacións que as compoñen (propiedade económica/posesión) maniféstanse en forma de poderes que derivan de aquelas, en suma, por poderes de clase: como tales, estes poderes están constitutivamente ligados ás relacións políticas e ideolóxicas que os consagran e os lexitiman. (p.21) 32 Do exposto aquí extráese que 1) da produción emanan relacións que fan referencia a como e para que se utilizan os medios; a través de que proceso de traballo; e sobre a posesión dos medios e a utilización dos mesmos; 2) isto constitúe o papel dominante sobre a vida política e social, xa que a produción constitúe o elemento nuclear da reprodución do capital social, é dicir, a reprodución da vida social como tal (satisfacción das necesidades) e o avance mesmo; 3) de todo isto extráese que a través do lugar que se ocupa na produción e das relacións de produción que se extraen deste lugar, constitúense relacións políticas e ideolóxicas (xa que, por forza material, estas diferencias implican diferentes obxectivos, diferentes necesidades, diferentes valores, etc.); e 4) que das relacións de produción saen poderes constituídos a través das relacións políticas e ideolóxicas e que, á vez, lexitiman as relacións de produción, as correspondentes relacións políticas e ideolóxicas, e tamén, a funcionalidade destes poderes baixo esa mesma lóxica. Os puntos 3 e 4 poden entenderse mellor baixo a seguinte cita (Poulantzas, 1977): Todo lugar obxectivo de clase no proceso de produción tradúcese necesariamente en efectos, no que concerne a esta clase, sobre o conxunto da súa determinación estrutural, é dicir igualmente por un lugar específico desta clase nas relacións políticas e ideolóxicas da división social do traballo. Dicir por exemplo que existe unha clase obreira nas relacións económicas, implica necesariamente un lugar específico desta clase nas relacións ideolóxicas e políticas [...]. Isto quere dicir que, en ditos casos, incluso se [a clase obreira] se atopa fortemente contaminada pola ideoloxía burguesa, a súa existencia económica maniféstase por prácticas políticoideolóxicas materiais específicas, que se traducen baixo o seu “discurso” burgués [...]. Dende logo, para comprender isto, hai que romper principalmente con toda unha concepción da ideoloxía como “sistema de ideas” ou “discurso” coherente, e concibila como conxunto de prácticas materiais”. (p.16) Así entendemos que 1) da proposición de que nas relacións de produción constitúense relacións políticas e ideolóxicas, non se debe supoñer unha relación unilateral e de completa causalidade entre o obxectivo e o subxectivo; e 2) que aínda que individuos de 33 clases diferentes compartan unha mesma ideoloxía ou un mesmo discurso, existe unha manifestación específica das relacións políticas e ideolóxicas para cada clase (digamos pois, por exemplo, que, baixo unha mesma ideoloxía, unha mesma posición política perante un problema, os individuos dunha clase poden ter obxectivos opostos ós individuos da outra clase). Tamén é interesante o que se di sobre a ideoloxía como “sistema de ideas” ou “discurso” coherente (...), mais esta cuestión deixarémola para a cuestión concreta da superestrutura. Por último neste punto, para dar lugar ó punto sobre a superestrutura, debemos distinguila da infraestrutura, sendo esta o conxunto produtivo (cos seus diversos modos de produción) e as relacións de produción que emanan do conxunto produtivo. Diferenciámola, polo tanto, do seguinte xeito: “esta determinación estrutural das clases, que non existe así máis que como loita de clases, debe ser distinguida da posición de clase na conxuntura: conxuntura que constitúe o lugar no que se concentra a individualidade histórica sempre singular dunha formación social” (Poulantzas, 1977, p13). Delimitamos, polo tanto o campo do obxectivo (determinación estrutural de clases) para dar lugar ó campo do subxectivo (posición de clase). 3.3.3. A concepción marxista de ideoloxía, a superestrutura. No punto actual intentaremos desenvolver unha aproximación da concepción marxista sobre o campo do subxectivo, é dicir, sobre o campo dos pensamentos. Tendo en conta a concepción materialista e a concepción de clase explicadas anteriormente, abordaremos esta cuestión de xeito material. É dicir, que entendemos que as ideas existentes -aquelas que rexen sociedades, políticas e grandes transformacións - están suxeitas a unha realidade material. Polo tanto, entendemos que estas ideas fan referencia á realidade material. Isto quere dicir que a capacidade de modificación e condicionamento da realidade material sobre as ideas existentes substantívase en moitos factores (modo de produción 34 dominante, relacións de produción, medios para a representación e divulgación das ideas, etc.) con graos diferentes de influencia. Este traballo en específico trata dos sistemas democrático-capitalistas, e, polo tanto, falaremos da realidade material dos sistemas onde o modo de produción e as relacións de produción capitalistas son dominantes. No mesmo senso, imos tratar a formación de ideas dentro destes sistemas, buscando dar conta da concepción marxista de ideoloxía, hexemonía e superestrutura. Para comezar podemos abordar a cuestión do subxectivo mencionando o texto Socialismo e cultura no cal Gramsci (2013) describe a importancia da cultura (un dos elementos que rexen e dan forma á superestrutura en cada formación social concreta) e o papel do subxectivo nos grandes cambios sociais: O home é sobre todo espírito, ou sexa, creación histórica, e non natureza. Doutro modo non se explicaría por que, existindo sempre explotados e explotadores, creadores de riqueza e egoístas consumidores dela, non se ten realizado aínda o socialismo. A razón é que só paulatinamente, estrato por estrato, ten conseguido a humanidade consciencia do seu valor e ten conquistado o dereito a vivir con independencia dos esquemas e dos dereitos de minorías que se afirmaron antes historicamente. E esa consciencia non se ten formado baixo o brutal estímulo das necesidades fisiolóxicas, senón pola reflexión intelixente de algúns, primeiro, e logo, de toda unha clase sobre as razóns de certos feitos e sobre os medios mellores para convertelos [...] en signo de rebelión e de reconstrución social. Iso quere dicir que toda revolución foi precedida por un intenso traballo de crítica, de penetración cultural. [...] O anterior período cultural, chamado da Ilustración e tan difamado polos fáciles críticos da razón teorética, non foi -non foi, polo menos completamenteese “revoloteo” de superficiais intelixencias enciclopédicas [...]; non foi, en suma, só un fenómeno de intelectualismo pedante e árido [...]. Foi unha revolución magnífica pola cal [...] se formou por toda Europa como unha consciencia unitaria, unha internacional espiritual burguesa sensible en cada unha das súas partes ás dores e ás desgracias comúns. (p.22-23) 35 O aquí exposto aporta unha gran riqueza á concepción marxista sobre a cultura e sobre a definición política e ideolóxica das clases e as súas alianzas. Así vemos como Gramsci trata o desenvolvemento da Ilustración como un traballo de reconstrución social; esta cuestión podemos abordala a través da concepción marxista de clase entendendo que existiu, de feito, unha heteroxénea alianza de clases na cal a burguesía tivo un papel predominante no político e no ideolóxico –en detrimento do resto de clasesque loitou conxuntamente pola superación do antigo réxime para instaurar un réxime político e ideolóxico con novos dereitos e mellores condicións materiais, e, en definitiva, a resolución do modo de produción capitalista como modo dominante no económico, pero tamén no político e no ideolóxico. Este traballo de reconstrución estivo fundamentado política e ideoloxicamente na cultura, nas infiltracións capilares das que o propio Gramsci fala noutros textos e que supoñen a incisión política e ideolóxica sobre o campo da cultura, incisións continuadas que supuxeron a lexitimación (a xustificación subxectiva) necesaria para a instauración radical de novas relacións de produción. En suma, Grasmci aborda a cuestión das relacións entre o material e o subxectivo que despois trataremos baixo a breve premisa marxista de que as constitucións políticas están en necesaria dependencia coa estrutura económica. Non obstante, antes de tratar estas cuestións debemos proseguir coa liña argumental iniciada no anterior punto sobre as clases e a plasmación política e ideolóxica da existencia das mesmas: “para o marxismo, o económico desempeña en efecto o papel determinante nun modo de produción e nunha formación social; pero o político e a ideoloxía, en suma, a superestrutura, teñen igualmente un papel moi importante” (Poulantzas, 1977, p.12-13). Aquí vemos, polo tanto, que o marxismo non concibe a determinación unidireccional obxectivo-subxectivo. Afondaremos máis adiante neste sentido a través da concepción de Gramsci, pero o que interesa desta noción presente en Poulantzas é que a ideoloxía e o campo do político son os elementos ós que se refire a superestrutura. Tamén debemos recalcar que as clases sociais non se definen unicamente polo seu papel dentro da produción, senón que se definen tamén por elementos políticos e ideolóxicos: “a 36 determinación estrutural de clase concerne en adiante á loita económica, política e ideolóxica de clase, xa que estas loitas exprésanse, todas, por posicións de clase na conxuntura” (Poulantzas, 1977, p.15). A importancia agregada ó campo do político e do ideolóxico vén de que as clases non son unicamente o determinado polo seu lugar dentro da produción, senón que dentro da formación social existen factores históricos; factores políticos concretos da formación social; acumulados de loitas de clases; elementos culturais e ideolóxicos; que, poderíamos dicir, cristalizan na existencia dun “clima” político e ideolóxico dentro do cal, no seu interno, seguen operando os elementos que dan forma e caracterizan ás hexemonías existentes nesa formación social. Tida en conta esta anotación persoal, a noción de posicións de clase na conxuntura (que vai ser fundamental para dar conta da concepción marxista sobre a ideoloxía, a hexemonía e a superestrutura), podemos entendela como a existencia de posicións políticas propias de cada clase, que teñen unha manifestación política e ideolóxica propia aínda que estas se podan adherir á mesma ideoloxía que a súa clase oposta (Poulantzas, 1977): Unha clase social [...] pode non ter unha posición de clase correspondente ós seus intereses circunscritos eles mesmos pola súa determinación de clase [...]. O exemplo típico é aquí o da aristocracia obreira, que ten precisamente, nas conxunturas, posicións de clase burguesa. (P.15) Con todo, cabe lembrar a concepción exposta sobre a ideoloxía no anterior punto pola cal a ideoloxía non é unha orde pechada e coherente, senón que é un sistema aberto. Esta concepción permítenos deseñar con maior claridade como se forman as posicións de clase na conxuntura, como se moldean, e os efectos estruturais que teñen. É, polo tanto, unha cuestión fundamental en tanto que entendemos o conxunto da superestrutura como un sistema de ideas que reflexa contradicións, posicións históricas de clase, elementos culturais e ideolóxicos históricos, correlacións de forzas entre clases, alianzas entre clases e un longo etcétera. Polo tanto, tamén podemos entender que a superestrutura, ademais de estar formada polo conxunto de elementos políticos e ideolóxicos, tamén da forma ós 37 mesmos e lexitima as modificacións no plano obxectivo. Isto enlaza coa concepción de Gramsci (2006) da que temos falado sobre a cuestión da constitución política: A verdade é que non existen dúas constitucións políticas iguais entre si, do mesmo xeito que non existen dúas estruturas económicas iguais. [...] Entre a premisa (estrutura económica) e a consecuencia (constitución política) hai relacións nada simples nin directas, e a historia dun pobo non se documenta só cos feitos económicos. [...] A cantidade (estrutura económica) convértese en calidade porque se fai ferramenta de acción en mans dos homes [...]. (p. 48) Así, pois, ata o de agora temos que 1) a determinación estrutural de clases nunha formación social concreta ten que dar conta das relacións políticas e ideolóxicas das mesmas; 2) polo tanto, enténdese que o xogo obxectivo-subxectivo non atende a relacións causais unidireccionais e “puras”, senón que entre a constitución do subxectivo a partir do obxectivo hai unha gran variedade de factores; 3) e así, podemos dar conta da “autonomía relativa” do aspecto subxectivo, pero o que é máis importante, que a través desta “autonomía relativa” do subxectivo é como se dan as transformacións no ámbito do obxectivo; por outra banda temos que 4) a concepción de posición de clase na conxuntura revela que a formación dun posicionamento político e ideolóxico nunha clase ten que ver con factores cambiantes dunha sociedade a outra, como poden ser a correlación de forzas entre unha clase e a súa oposta, categorías históricas e culturais propias da formación social e da clase dentro da mesma, as alianzas históricas e as alianzas existentes entre unhas clases e outras, a forma que adquire a superestrutura e a súa capacidade de dominación política e ideolóxica, e un longo etcétera; e 5) que o terreo da dominación política no canto do subxectivo, non ten que ver tampouco cunha clásica visión arriba-abaixo (a ideoloxía liberal baixa ó proletariado e domina o plano subxectivo do proletario), senón que reflexa contradicións e correlacións de forza entre clases ademais de acumulados históricos e culturais. Isto permitiranos desenvolver no seguinte punto unha concepción dinámica sobre a hexemonía. 44 ser homoxéneas en canto á oposición ó elemento excluído, pero diferéncianse no político como opcións políticas diferentes e no ideolóxico con interpretacións propias sobre os obxectivos do movemento hexemónico. 4) O papel das hexemonías consiste en incorporar demandas insatisfeitas á identidade política. Estas demandas insatisfeitas compítense durante as operacións hexemónicas; o emisor da demanda insatisfeita espera a súa resolución política a través da competición política na que está inserida a identidade política. 5) Destas pugnas hexemónicas resólvese que as demandas insatisfeitas deixan de ser resoltas dun xeito mecánico polo sistema capitalista; para ser introducidas por parte das hexemonías en pugna; esta absorción das demandas insatisfeitas da lugar a unha lexitimación do conxunto do sistema democrático-capitalista ó estar envoltas na competición política. 6) Dos procesos de competición política podemos extraer que nos mesmos preséntanse posicións e alianzas de clase que, coas correspondentes relacións políticas e ideolóxicas que se dan, compiten entre si para constituír a dirección política e ideolóxica do movemento hexemónico. Isto quere dicir que dentro das propias hexemonías existen contradicións e loitas entre as clases. Estas acoden á competición política (formal e informal) para intentar definir os elementos culturais (símbolos, relatos) e en suma ideolóxicos en función das posicións de clase (froito de alianzas entre clases); é dicir, buscan a predominancia das súas ideas dentro da propia identidade. 7) Debemos situar a importancia do concepto de cultura. A concepción que defendemos aquí vén dada da consideración gramsciana da cultura como unha ferramenta de modificación dos elementos subxectivos, ideolóxicos, dunha sociedade. Non pode entenderse, polo tanto, fóra da súa relación coa superestrutura e os medios superestruturais. Sendo así: 45 a) Definimos cultura como 1) un conxunto de símbolos, relatos, tradicións e ideas que 2) fan referencia a prácticas sociais, 3) dotando ás mesmas de significado e cohesión, 4) a través de elementos valorativos, é dicir, ideolóxicos. b) Damos conta de que os medios superestruturais definen á cultura a través da redefinición dos significados; á vez, os medios superestruturais están restrinxidos pola cultura existente. 8) Por todo isto entendemos que as hexemonías inciden sobre a superestrutura en tanto que as hexemonías pretenden a redefinición de significados no ámbito cultural, desenvolvendo un discurso para a redefinición cultural que é debedor da ideoloxía predominante na hexemonía. Se a hexemonía ocúpase de absorber demandas insatisfeitas a través da exaltación dunha diferencia dada, que actúa como pegamento na creación dunha identidade política; entón a súa aposta cultural debe pasar pola definición cultural (que símbolos son relevantes; que significado teñen os símbolos). A definición cultural é fundamental para o desenvolvemento da identidade, pois a identidade política refírese á existencia de diferencias en certas prácticas sociais. Se a cultura agrupa o conxunto de prácticas sociais, as diferencias deben estar presentes na cultura e deben ser relevantes; polo que se deduce o papel de definición cultural presente nas hexemonías. 9) Se na definición cultural dáse un proceso de redefinición (ou confirmación da definición previa) dos valores que guían as prácticas sociais (liberdade, igualdade, equidade, xustiza, competencia, desinterese, legalidade, etc.), a orientación dos valores ten que vir dada pola ideoloxía. Sobre este punto quero situar como exemplo a diferenciación entre liberdade negativa e liberdade positiva. A liberdade negativa, por exemplo, correspóndese ontoloxicamente coa teoría liberal. Así, este esquema de pensamento -do mesmo xeito que calquera outra ideoloxíada lugar a unha serie de consecuencias lóxicas derivadas da concepción negativa de liberdade, é dicir, da liberdade entendida como ausencia de coacción. Doutro xeito, a 46 concepción de liberdade dun xeito positivo correspóndese cunha definición de liberdade como a posibilidade de acción. Ata que punto isto é relevante? En tanto que cada elemento cultural está impregnado de definicións ideolóxicas. Así, todo elemento cultural (símbolos, relatos, historia) absorbe e reproduce ideoloxía en tanto que na súa definición como tal delimita cales son os valores a seguir, cales son as boas prácticas sociais, e como se definen estes valores (como liberdade). 10) Polo tanto: a) a hexemonía é diferente da cultura e da ideoloxía; b) dentro do movemento hexemónico existen relacións políticas e ideolóxicas e posicións de clase enfrontadas; c) a hexemonía actúa sobre o cultural; d) os elementos culturais conteñen definicións ideolóxicas; e) os medios superestruturais están restrinxidos pola cultura e á vez modifican a cultura. Agora ben, ata aquí non temos afrontado a cuestión do político. Isto terémolo que tratar no punto de democracia. 4. Democracia e competición política. Neste punto o que imos desenvolver é o punto final da argumentación teórica acudindo a autores como Sartori, Máiz ou Aurelio Arteta, pois estes autores vertebraran parte da argumentación aquí exposta sobre a democracia. Así pois, farémolo desde un punto de vista conceptual (como son ou como deberían ser os conceptos que fundamentan as democracias capitalistas) e tamén desde un punto de vista funcional (como os conceptos se reflexan na práctica. O segundo elemento da argumentación exposta ten que ver coa competición política, facendo referencia a como esta condiciona o comportamento democrático. 47 4.1. Noción mínima dos conceptos reitores das democracias capitalistas. Como comentabamos o que se tratará aquí é a democracia desde un punto de vista normativo e conceptual. Como vimos explicando no conxunto do traballo, as aspiracións deste traballo como estruturación mínima dun marco teórico para a análise en diferentes ámbitos de investigación; fan que as nocións non sexan todo o profundas que se podería ou se querería, mais preténdese que sexan nocións que sirvan para unha primeira lectura consistente que dea pe a unha maior profundización. Así, entendemos as democracias actuais como democracias debedoras en gran parte da tradición liberal. Así e polo tanto, debemos entender estas mesmas como a cristalización material da vontade liberal, entendendo isto desde a abstracción conceptual pertinente, pois as características concretas de cada formación social varían dunha a outra. Tendo en conta isto, enténdese que un dos conceptos reitores das democracias capitalistas, entendéndoas desde a súa fundamentación liberal, é o concepto de liberdade. Así, o concepto de liberdade, como xa foi comentado anteriormente, é entendido de xeito negativo: a liberdade entendida como a ausencia de coacción dos actos individuais. O argumento é, polo tanto, que nas democracias capitalistas a liberdade negativa debémola entender como un concepto que ten definido historicamente os elementos culturais das formacións sociais concretas nas que os sistemas democrático-capitalistas están xa consolidados. E por outra banda, este concepto defínese deste xeito de forma inherentemente ideolóxica, pois a vertebración deste concepto como tal para un esquema de pensamento supón o punto de comezo da ideoloxía liberal. Non obstante, seguindo co fío argumental anterior, sería incoherente derivar desta premisa a consideración de que en todo elemento cultural de cada formación social está inserido este concepto de liberdade e desde un punto de vista de máximos. Non, non podemos entendelo deste xeito porque 1) as superestruturas concretas de cada formación social están formadas por continxentes históricos e culturais propios, así como por un 48 acumulado de relacións políticas e ideolóxicas que forman e dan dinamismo ó corpo superestrutural, polo que considerar a persistencia dun concepto de xeito mecánico en cada un dos elementos culturais suporía unha negación do exposto no conxunto da argumentación deste traballo, ademais dun idealismo descarado; e 2) porque non podemos entender a liberdade negativa desde un punto de vista de máximos, xa que se a entendéramos polo tal, da consideración de 'non coacción' unha gran contradición co feito democrático, que ó formar maiorías supón a coacción da minoría (polo menos desde un punto de vista de máximos); ademais do feito de que o concepto de liberdade negativa non é capaz de abordar gran parte dos elementos culturais e as diferentes prácticas sociais. Como breve apuntamento persoal, considero que sería interesante abordar enunciados culturais como a estendida afirmación de que “o ser humano é egoísta por natureza”. Como breve exemplo da interpretación teórica que se deriva deste traballo poderíamos dicir que: 1) a esta noción cultural antecédelle unha definición ideolóxica; 2) que se esta noción está amplamente estendida debemos atender ó continxente de movementos hexemónicos, nos cales a dirección ideolóxica liberal foi, polo menos, unha peza moi relevante. Entendemos, polo tanto, que esta noción enteiramente simplista é derivada da consideración da liberdade negativa do individuo e sinaladamente o concepto de interese. Non debemos esquecer, polo tanto, que o concepto de interese resulta fundamental tamén na argumentación liberal, xa que demarca un 'como' e un 'por que' do comportamento humano e o conxunto de fenómenos sociais que se seguen do mesmo. Outro dos conceptos que resultan fundamentais é o termo “pluralismo”. Así, pois, apoiarémonos na conceptualización de Sartori (2003) do termo para entender a fundamentación ideolóxica das democracias capitalistas como tales: Cabe conceptualizar o termo pluralismo en tres niveis, isto é: i) o cultural; ii) o societal, e iii) o político. No primeiro nivel podemos falar dunha cultura pluralista cun sentido tan laxo como son as nocións paralelas de cultura securalizada e cultura homoxénea. A cultura pluralista sinala cara unha visión do mundo baseada, 49 fundamentalmente, na crenza de que a diferencia e a non semellanza, o disenso e a non unanimidade, o cambio e non a inmutabilidade, son as cousas que levan a unha vida agradable. [...] En canto ó segundo nivel, debe distinguirse do pluralismo societal da diferenciación societal. Ambas cousas son estruturas societales ou, en termos máis exactos, principios estruturais epitomizan configuracións socioestruturais. Pero se ben resulta que toda sociedade complexa está “diferenciada”, isto non implica no máis mínimo que todas as sociedades estean diferenciadas “pluralisticamente”. Nos meus termos anteriores, unha sociedade plural non é unha sociedade pluralista, pois esta última non é máis que un dos moitos tipos posíbeis de diferenciación social. Con respecto do terceiro nivel, cabe dicir que o pluralismo político sinala cara a diversificación do poder, e en termos máis exactos, cara a existencia dunha pluralidade de grupos que non son tan independentes como non inclusivos. (p.36- 37) O que se desprende desta conceptualización é que a fundamentación pluralista das democracias dáse primeiro en termos de secularización e modernización, o que nos da unha pista sobre o desenvolvemento das democracias como tal dentro da época que, como vimos anteriormente, Gramsci bautizou como a internacional espiritual burguesa; doutra banda, a fundamentación das democracias no disenso e nas diferencias; e por outra, a existencia dunha pluralidade equilibrada na que a “exclusividade” de cada parte dentro do xogo pluralista non conleve a independencia de cada unha das partes con respecto das outras. Por outra banda, Sartori (2003) continúa: “refírese a onde se atopa a perspectiva pluralista respecto do consenso e o conflito. Aburridos como estamos cun exceso de consenso e en presencia de tanto conflito, actualmente facemos fincapé en que a base da democracia non é o consenso, senón, de feito, o conflito” (p.37). Por último con respecto da concepción de Sartori podemos destacar que “o conflito en torno ós aspectos fundamentais da democracia non é unha base posible para a 50 democracia, nin de feito, para ningunha comunidade política” (Sartori, 2003, p.38). Do que se deriva que, en efecto, o conxunto de hexemonías en pugna que cohabitan nos sistemas democrático-capitalistas aceptan, de feito, as normas esenciais; pois senón non estaríamos falando de sistemas democráticos capitalistas que funcionan con normalidade. Doutra banda, en Sartori vemos tamén como da definición pluralista se deriva a concepción sobre os partidos e os sistemas de partidos. Así é que os partidos forman parte de un todo, no cal os partidos representan cada parte. Non obstante, as limitacións do sistema mesmo dan lugar ó que poderíamos denominar instrumentalmente como pluralismo reservado, pois o número de partidos relevantes nos sistemas democráticos son relativamente poucos, o que nos leva ó complexo conxunto político e ideolóxico dos partidos, nos que a dirección do partido dirímese entre as hexemonías que os atravesan, a súa ideoloxía, o conxunto superestrutural e unha conxunción de alianzas entre diferentes posicións de clase. Neste senso, debemos entender que, como di Sartori, a función principal dos partidos non é representar, senón canalizar: dar un programa de mínimos que, a través das operacións de marketing e de competición política, sexa capaz de crear grandes bloques que conglomeren a opinión común, devolvendo ós movementos hexemónicos unha dirección política difusa a través do efecto de canalización e a identificación co partido que o efecto de canalización supón. Como antes comentabamos, entendemos os sistemas democrático-capitalistas como debedores da modernización liberal. Neste senso, imos utilizar o exposto para Aurelio Arteta no capítulo sobre as paixóns políticas para entender minimamente a concepción liberal. Primeiro, sobre as paixóns, que tal e como entendemos e amosamos aquí, constitúen o terreo das prácticas sociais, e como tal, son disputadas ideoloxicamente na súa definición: “as paixóns comparecen como o primeiro material do que se fraguan os proxectos, accións, reximenes políticos. Tense chegado a escribir que “a lexitimidade nútrese máis de paixóns que de doctrinas” (Ferrero, 1998; 145). Desde este punto de vista, a política -como política afectiva realequivale a unha imparable produción y reprodución de sentimentos políticos” (Aurelio Arteta, Elena García Guitián, Ramón Máiz, et al., 2003). O que apreciamos aquí, 51 polo tanto, é que as paixóns como tal só son o froito da loita ideolóxica pola definición das prácticas sociais, é dicir, sobre o terreo do cultural. Non se desdeña o papel das emocións na política, senón, que pola contra, entendémolo como o resultante das contradicións e conflitos culturais, políticos e ideolóxicos sobre o campo da competición política nun contexto de sociedades politizadas. Seguindo o fío argumental podemos pasar ó segundo punto, é dicir, a concepción do liberalismo sobre as emocións “de ben”, as que deben rexer o comportamento político e individual de sociedades enteiras. Neste senso, esta concepción emocional, é loxicamente unha definición sobre os valores que deben persistir nas prácticas sociais, e, polo tanto, é intrinsecamente unha definición ideolóxica (tal como comenta Máiz) : Eles viron no interese, ese “suave desexo de riquezas e fortuna” ou “afán de ganancia” (Hume, Disertación sobre as paixóns, V; Tratado, III, 2ª,s. II) que induciría ó cálculo racional dos nosos apetitos, un calm passion capaz de controlar outras máis inquedas e feroces”. (Aurelio Arteta, Elena García Guitián, Ramón Máiz, et al., 2003, p.58) Unha concepción radicalmente definida en torno ó concepto de interese, e como veremos aquí, en contraposición a elementos valorativos que para estes autores liberais (como p propio Adam Smith) implican o “deterioro moral das sociedades”: Pois o pensamento liberal, como o de un Adam Smith, debía prohibir no seu mando calesquera emocións prestas á benevolencia. “Non é a benevolencia do carniceiro [...] a que nos procura o alimento, senón a consideración do seu propio interese” (Investigación sobre a natureza...:17). Fronte a unha relación social baseada na exacta contrapartida de valores equivalentes, o impulso da beneficiencia só podía dar lugar a efectos colectivos nefastos, xa sexan a ociosidade (Mandeville) ou a superpoboación e aumento de miseria (Malthus). Os sentimentos de simpatía non deben de traspasar o ámbito íntimo da moral privada, a asistencia ós pobres non é unha tarefa do Estado. A comunidade global é a do mercado, un espazo de relacións 52 impersoais onde só cabe o interese como vínculo entre os humanos. (Aurelio Arteta, Elena García Guitián, Ramón Máiz, et al., 2003, p.58). Dada a concepción aquí exposta, só cabe destacar a concepción mercantilista como a concepción que debe guiar o conxunto das prácticas sociais. Unha concepción que se ben non ten cristalizado baixo un sistema de máximos na sociedade (servizos públicos, intervención estatal, etc.), segue sendo unha concepción plenamente vixente nas diferentes sociedades democrático-capitalistas sobre boa parte das esferas económicas, mais tamén sobre parcelas culturais, sobre certas prácticas sociais e individuais, etc. A persistencia maior ou menor destas concepcións nas diferentes formacións sociais virá dada do continxente histórico, superestrutural, e sobre o campo da competición política. Por outra banda, podemos destacar a noción de interese que presenta a concepción que expuxemos agora. É polo tanto, o concepto de liberdade negativa e o concepto de interese conceptos integradores da concepción mercantil da sociedade, e polo tanto da democracia, da que resultan debedores os sistemas democrático-capitalistas desde o inicio dos mesmos. Por outra banda, na noción de pluralismo atopamos outro dos trazos definitorios destas democracias capitalistas. Polo tanto, mercado e pluralismo son o eixo normativo, conceptual, que serven de base para a competición política e o funcionamento normal dos sistemas democrático-capitalistas. Non desde un punto de vista de máximos, xa que non apuntamos sobre a apertura total da esfera mercantil, senón que só apuntamos que para a competición política, os partidos, que canalizan hexemonías, deben apostar pola persistencia das relacións mercantís (e polo tanto, a continuidade das relacións de produción). Así, como comentabamos, o pluralismo tampouco é entendido desde un punto de vista de máximos, senón que o denominamos pluralismo reservado. Entendemos polo tanto que o pluralismo de partidos existente non é un pluralismo a través do cal cada parte da sociedade é representada por un partido. Esta aventura ideolóxica é caracterizada por Máiz do seguinte xeito: “por outra parte, a teoría posmoderna radical da man da noción de diferencia, considera que a fragmentación das identidades sociais alumea unha dispersión 53 molecular do político” (Aurelio Arteta, Elena García Guitián, Ramón Máiz, et al., 2003, p.67). Do que podemos entender que os sistemas de partidos vixentes non representan unha multitude de pequenas partes, senón que, como se comentou anteriormente, a súa función é a da canalización das partes en conxuntos máis grandes (partidos). Para rematar este punto imos acudir ó desenvolvemento feito por Félix Ovejero en “Teoría Política: Poder, Moral, Democracia”, xa que ilustra ben a finalidade deste punto e o salto que queremos dar no seguinte: A democracia moderna só entende -xustifícase- instrumentalmente: é un sistema que, con certos graos de igualdade política e oportunidade de participación (nas votacións “cada un conta como un”), permite obter as mellores decisións colectivas [...] sen interferir na liberdade (negativa) dos cidadáns, isto é, sen esixir a súa disposición participativa nin inmiscuirse na súa vida privada. Na medida que responde a ese propósito, a democracia (de mercado) está xustificada. Este peculiar deseño da democracia responde a unha certa concepción -propia dunha importante tradición liberalda sociedade e das institucións; ou, máis exactamente, da natureza humana e da liberdade: a primeira é “egoísta e asocial”; a segunda enténdese como liberdade negativa, isto é, como ausencia de intromisións, de prohibicións: eu son libre para X, se ninguén me impide ou prohibe X. [...] Para ese liberalismo, o interese é a única raíz motivacional que inspira ós humanos. (Aurelio Arteta, Elena García Guitián, Ramón Máiz, et al., 2003, p.317- 318). 4.2. A dimensión funcional: os efectos das democracias capitalistas. Neste apartado procuraremos nomear algúns dos efectos e consecuencias da construción liberal das democracias actuais: como a dimensión normativa liberal ten definido o funcionamento das democracias e as súas lóxicas internas. Buscamos polo tanto consecuencias estruturais da construción democrática liberal. 60 1) Que o pluralismo reservado substantiva a existencia de desigualdades na participación política a partires dos procesos de canalización. 2) Que o pluralismo reservado, se ben substantiva as desigualdades, non debemos entendelo sinxelamente como unha consecuencia dos efectos de canalización. Senón que, máis ben, débese á existencia desigual das clases sociais e o conxunto infraestrutural. Isto é, a propia participación política ven delimitada pola capacidade de acción (os medios) de cada clase, o que leva a escenarios onde 1) por unha parte é necesaria unha gran heteroxeneidade de posicións de clase para a formación dun bloque con disposición a entrar na competición política; 2) por outra parte, a existencia doutras posicións de clase que perseguen diferentes fins a partires dos cales lles resulta rendible social ou economicamente a participación política, que, ademais, ten moitos máis recursos para participar na competición política. 3) Que non existe unha independencia entre os medios superestruturais e a competición política, senón que a competición política vén mediada pola existencia de medios superestruturais. Estes medios superestruturais poden ser incentivados ben a través de medios económicos alleos, ou ben polo interese propio derivado da súa participación mercantil. Unha participación mercantil da que, sendo en competencia, derívanse dúas cuestións: • A existencia do medio superestrutural como medio participante das relacións mercantís implica a busca da rendibilidade económica, polo que o medio superestrutural, que necesariamente reflexa posicións de clase, debe adaptarse ó seu público obxectivo, o cal substantiva a canalización partidaria das demandas sociais. • Que o medio superestrutural participe das relacións mercantís tamén implica que, na súa busca de rendibilidade económica, este 61 medio promova aquelas posicións políticas que favorezan a súa existencia. 4) Nas propias relacións de produción existen relacións políticas e ideolóxicas características de cada clase social, o que favorece ou desfavorece a participación política. 5) Que en tanto que os efectos do funcionamento democrático acentúan a existencia desigual; en tanto que na participación política exista unha das partes, unhas clases sociais que acoden á participación política cunha noción -explícita ou implícita, consciente ou inconscientede rendibilidade económica; en tanto que se dan estes factores, é claro que da existencia de clases sociais séguese loxicamente que os obxectivos polos cales participa cada clase son diferentes. Tendo en conta todo isto, entendemos que o concepto de interese -substantivado, ademais, pola propia ideoloxía liberalopera nas sociedades democrático-capitalistas. Posteriormente aclararemos conxuntamente de que xeito opera. Na mesma dirección, entendemos que o sistema democrático-capitalista reproduce na súa funcionalidade desigualdades inherentes ó propio sistema de partidos -entendendo que son sistemas de partidos que, coas súas peculiaridades, reproducen un pluralismo reservado. Isto non quere dicir que nos decantemos aquí por unha outra concepción normativa dos sistemas democrático-capitalistas como a dispersión molecular da política da que fala Máiz; senón que, pola contra, unicamente pretendemos establecer como operan os sistemas democrático-capitalistas en canto á competición política na súa dimensión funcional. 62 5. Conclusións. Despois de realizado todo o traballo de investigación podo concluír que, ó meu modo de ver, este traballo ten interese teórico por si mesmo, xa que ademais de avaliar novas hipóteses sobre como se forman os fenómenos políticos e como se traducen en movemento e dinamismo; entendo que supón unha aportación teórica que sobre o campo do marxismo intenta integrar novas visións e satisfacer teoricamente a visión sobre como se forma o subxectivo máis alá dunha determinación causal e unidireccional do obxectivo sobre o subxectivo. Considero así que a visión determinista do marxismo no campo do subxectivo non é inherente ó marxismo, senón que ten que ver cunha lectura ambigua do marxismo. Polo tanto, o que se pretendeu en parte neste traballo foi dar unha noción actual e sistemática sobre como abordar esta cuestión. Por outra banda, entendo que outra das aportacións presentes neste traballo ten que ver cos problemas existentes na noción de Laclau. A raíz de non identificar ningunha diferencia como elemento que incentiva á acción política, a concepción laclauliana perdía capacidade explicativa sobre por que unha diferencia adquire significación social e política, sendo unha teoría limitada ó ‘como’ sen deducir un ‘por que’. Neste senso, as aportacións materialistas dan solución a estes problemas poñendo énfase na relevancia material que adoptan estas diferencias. No mesmo senso, identificamos a creación de identidades políticas como un exercicio a través do cal o conxunto de aspiracións materiais (demandas) son canalizadas por unha diferencia que ten capacidade explicativa en tanto que é unha diferencia real (material) que ten unha relevancia social dada. Por último, fago énfase na dificultade teórica que ten suposto a cohesión das partes, identificando ó mesmo tempo as cuestións materiais e as cuestións subxectivas que dan forma ó conxunto dunha formación social. Sintetizando o traballo desenvolto podemos resolver o seguinte: 63 • Que para explicar como e por que se xeran as diferencias acudimos a unha realidade obxectiva coa finalidade de contrastar posteriormente as hipóteses propostas. Polo tanto, é a forza material das diferencias o que fai que estas adquiran ou podan adquirir significación social. • Despois de ter explicado como se xeran as diferencias puiden desenvolver grazas á teoría laclauliana o proceso de creación de identidades políticas e integrar esta explicación dentro do sistema democrático-capitalista. • Posteriormente propuxemos unha definición marxista das clases sociais e das súas relacións, entendendo a superestrutura non como un sistema de ideas illado, senón como froito da interacción coa produción (relacións de produción). • Disto temos deducido que a superestrutura (que está sostida por uns medios superestruturais) recibe o produto das relacións políticas e ideolóxicas existentes dentro das relacións de produción (polo tanto, relacións desiguais). Non obstante, non só recibe, senón que como continxente político e ideolóxico moldea propiamente as relacións políticas e ideolóxicas. • Posteriormente a este proceso, delimitouse o ámbito de actuación da ideoloxía, a hexemonía e a cultura. Sabendo que cada un dos elementos está presente nos outros elementos, estableceuse unha definición instrumental que servise analiticamente para a comprensión da realidade, dando conta da relación entre os tres conceptos. • A posteriori, delimitei minimamente o campo de actuación da democracia, entendéndoa desde a perspectiva xa desenvolta sobre construción subxectiva, dando conta de que o medio democrático ten sido un proceso xustificado no subxectivo a través da ideoloxía liberal, ideoloxía historicamente pertencente ás posicións burguesas de clase, que comezan a ser a ideoloxía dominante a partires da Ilustración. 64 • Tendo en conta isto, delimitei minimamente os efectos funcionais (materiais) do desenvolvemento das democracias -na dirección do que expuxen no anterior parágrafofacendo fincapé na desigualdade producida polas mesmas, sendo favorecedoras das posicións burguesas de clase. • Por último, procurei analizar como as hexemonías (en pugna) están compostas por alianzas difusas entre diferentes posicións de clase (onde gañarán a disputa aquelas que dispoñan dos medios); para despois ser canalizadas a través do mecanismo democrático, restrinxindo en boa parte á competición política a unha disputa na definición (ideolóxica) dos valores sobre como deben desenvolverse as prácticas sociais (cultura). • Polo que chegamos á confirmación teórica de que a relación entre as hexemonías (en pugna) co mecanismo democrático (inseridos ambos elementos dentro dunha formación social e a súa correspondente superestrutura) é o que permite a lexitimación (sustento) do conxunto do sistema democrático-capitalista. Por outra banda, á hora de analizar o desenvolvemento da perspectiva teórica, persoalmente considero que a construción é satisfactoria, pois temos cumprido os obxectivos previos de investigación: temos definido os conceptos elementais en cada parte; esclarecida a perspectiva teórica coa que se aborda cada relación proposta; temos desenvolto unha serie de relacións conceptuais relevantes para a consideración da perspectiva teórica como unha construción propia; e, segundo valoro persoalmente, tense aportado unha nova visión, o cal pode ser un precedente do enriquecemento teórico sobre a hexemonía e a súa relación coa democracia e a lexitimidade Así e con todo, tendo aclaradas as dificultades e solucións que existiron durante o proceso de traballo, quero realizar uns apuntamentos que considero relevantes á hora de comprender certos puntos que puideron ter quedado no camiño. 65 Con respecto do conxunto teórico do traballo quero subliñar que o concepto de interese opera politicamente, mais iso non quere dicir que no ámbito da competición e participación política non exista un dinamismo no cal os valores son moldeados, entran en conflito e son redefinidos; en efecto, a política baseada na oposición constante da lugar a cambios políticos e ideolóxicos, se non no conxunto dunha formación social, si sobre algunhas das posicións de clase. Polo tanto, o que se comprende neste traballo é que o concepto de interese opera porque, de feito, en moitos dos casos é unha necesidade material que da lugar a demandas sociais. Entendemos polo tanto que en primeiro termo a afluencia e competición dos movementos hexemónicos permite a absorción e canalización interna das demandas; e á vez a súa redefinición como demanda noutro movemento hexemónico se o primeiro non representa tal e como se desexa a demanda -ou ben se existen demandas que agregadas a un mesmo movemento hexemónico resultan mutuamente excluíntes propiciando a saída de polo menos unha delas-. Tal é así que entendemos que o cometido das identidades políticas é precisamente a canalización das demandas que, a partires do discurso e os elementos simbólicos, son diluídas nun conxunto diferencial que opera na competición política. Así, a s identidades políticas operan na competición cun programa de mínimos do cal os identificados procuran, ou máis ben, anhelan, a superación da situación inicial nun horizonte simbólico que representa a superación mesma das demandas sociais. A partires deste punto, é claro que a inscrición do individuo nunha identidade política deriva na redefinición ou confirmación dos valores que deben operar nas prácticas sociais, e, polo tanto, tamén supón unha redefinición, ou ben confirmación, do xeito en que se abordan as súas demandas sociais. . 66 O elemento principal do traballo ten sido como se da a relación hexemoníalexitimidade-democracia, para o cal entendemos que o percorrido teórico desenvolto foi satisfactorio para establecer unha noción sobre como esta relación opera; tal que: A pugna entre hexemonías resulta o elemento fundamental no proceso de competición democrática. Mentres que a pugna entre hexemonías permite o dinamismo político e valorativo a través da absorción de demandas; os partidos dentro dun sistema de partidos pluralista reservado teñen a capacidade de canalización das hexemonías. Nesta relación constitúese a lexitimidade, entendida como o elemento que permite o funcionamento normal do sistema democrático capitalista; e, por outra banda, a lexitimación sistémica permite a persistencia dunhas mesmas relacións políticas e ideolóxicas grazas ó continxente superestrutural, que inserido nun contexto de desigualdade, deriva no beneficio do que ten medios á súa disposición para participar politicamente e na continuidade respecto dos movementos hexemónicos máis semellantes ó contexto superestrutural previo (busca do beneficio a través do campo con maior público obxectivo). A gran cantidade de campos de investigación que permite abarcar esta perspectiva teórica de análise vén precisamente da consideración de que este traballo pretende ser, propiamente, unha apertura. Polo tanto, por último neste traballo, quero desenvolver minimamente os ámbitos de investigación ós que se podería referir e nos que se podería afondar a partires deste traballo. Se ben non son os únicos campos que se poden traballar, estes son algúns dos máis relevantes: • No ámbito da teoría política propiamente, esta perspectiva teórica podería ser mellorada e afondada a través dunha maior investigación teórica sobre cada un dos aspectos que temos tratado aquí. Serviría polo tanto para definir mellor cada concepto e como se dan as relacións entre conceptos; á vez que podería servir para unha redefinición sobre os conceptos ou as súas relacións se a través do estudo teórico atopásemos saídas máis satisfactorias nalgún dos aspectos aquí tratados. 67 • No ámbito dos sistemas políticos, a perspectiva teórica podería abordarse desde o estudo concreto de cada sistema político e a posible explicación dos propios cambios e funcionamento a través das relacións entre movementos hexemónicos, cultura política; etc. • No ámbito da opinión pública, esta perspectiva teórica que pretende establecerse como sistema de análise, podería abordar tanto a influencia do interese privado nos medios superestruturais; como abordar como se dan de feito os conflitos de valores no ámbito cultural, político e hexemónico a través do funcionamento dos medios superestruturais. Por outra banda, tamén sería interesante abordar desde esta perspectiva teórica elementos como os ‘issues’, ‘cleavages’ ou a ‘Agenda Setting’ e a súa posible relación coas relacións tratadas no ámbito infraestrutural e superestrutural. • No ámbito internacional, esta perspectiva teórica podería intentar explicar o por que dos fenómenos políticos de actualidade máis relevantes: auxe do feminismo; auxe de movementos populistas; fenómenos concretos, etc. • No ámbito do marketing político, sería interesante afondar nas cuestións de maior relevancia dentro do mesmo e a competición na que o marketing está inserido. É dicir, elementos como a identificación partidista, o estudo das emocións, etc. en relación coa existencia de movementos hexemónicos e do conxunto superestrutural. 68 Lista de referencias Laclau E. y Mouffe C. (1987). Hegemonía y estrategia socialista. Buenos Aires. Fondo de Cultura Económica. Laclau, E. (2005). La razón populista. Buenos Aires. Fondo de Cultura Económica. Gramsci, A. (2013). Antología, selección, traducción y notas de Manuel Sacristán. Madrid. Ediciones Akal. Marx, K., Engels, F. (2006). Ludwig Feuerbach y el fin de la filosofía clásica alemana. Madrid. Fundación de Estudios Socialistas Federico Engels. Arteta, A., García Guitián, E., Máiz, R, (2003). Teoría Política: Poder, moral, democracia. Madrid. Alianza Editorial. Poulantzas, N. (1977). Las clases sociales en el capitalismo actual. Madrid. Siglo veintiuno editores, S.A. Sartori, G. (2003) Partidos y sistemas de partidos. Marco para un análisis. Madrid. Alianza Editorial. Sweezy, P. (2007) Teoría del desarrollo capitalista: principios de la economía política de Marx. Barcelona. Editorial Hacer. Boron, Atilio A. (2000). 3- ¿Posmarxismo? Crisis, recomposición o liquidación del marxismo en la obra de Ernesto Laclau. En Tras el Búho de Minerva. Mercado contra la democracia en el capitalismo de fin de siglo. Buenos Aires: CLACSO, Consejo Latinoamericano de Ciencias Sociales. Recuperado de: http://biblioteca.clacso.edu.ar/clacso/se/20100614112826/4cap3.pdf Cicchin, Ivan G. (2015). La crítica marxista de Zizek a Laclau. Análisis de la defensa teórica del clasismo y de la necesidad de la ruptura revolucionaria mediante el Acto. I Congreso Latinoamericano de Teoría Social. Instituto de Investigaciones Gino Germani. Facultad de Ciencias Sociales, Universidad de Buenos Aires, Buenos Aires. Recuperado de: http://cdsa.aacademica.org/000-079/15