scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 29-06-2022, que ratifica o Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Enxeñaría Química

USC. Acordo Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xuño de 2022 acordou ratificar o Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Enxeñaría Química, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 1 / 16 2 REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO DEPARTAMENTO DE ENXEÑARÍA QUÍMICA Aprobado SROR Consello de Departamento RGHPDLRGH 5DWLILFDGRSROR&RQVHOORGH*REHUQRRGH[XxRGH Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 2 / 16 3 INDICE: TÍTULO PRELIMINAR TÍTULO I. DA ESTRUTURA E FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO Capítulo 1. Da estrutura do Departamento Capítulo 2. Das funcións do Departamento TÍTULO II. DO GOBERNO DO DEPARTAMENTO Capítulo 1. Do Consello do Departamento Capítulo 2. Da Comisión Permanente Capítulo 3. Da Comisión de Docencia e de Calidade Capítulo 4. Do/a director/a Capítulo 5. Da/o secretaria/o TÍTULO III. DA DOCENCIA TÍTULO IV. DA INVESTIGACIÓN TÍTULO V. DO RÉXIME ECONÓMICO TÍTULO VI. DA REFORMA DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DISPOSICIÓNS ADICIONAIS DISPOSICIÓN FINAL Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 3 / 16 4 TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1. Definición O Departamento de Enxeñaría Química é a unidade básica encargada da programación e do desenvolvemento do ensino e da investigación na área de coñecemento de Enxeñaría Química. Artigo 2. Réxime xurídico O Departamento rexerase polo presente regulamento de réxime interno, no que se determinan os distintos aspectos do seu funcionamento, polo Decreto 14/2014, de 30 de xaneiro, no que se aproban os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, e polas demais normas que lle sexan de aplicación. TÍTULO I. DA ESTRUTURA E FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO Capítulo 1. Da estrutura do Departamento Artigo 3. Membros O Departamento está constituído polo profesorado e persoal investigador da área de coñecemento de Enxeñaría Química e o cadro de Persoal de Administración e Servizos adscrito. A sede do Departamento localízase na Escola Técnica Superior de Enxeñería no Campus de Santiago. Artigo 4. Órganos do Departamento 1. Son órganos de dirección do Departamento: o Consello de Departamento, o/a director/a e a/o secretaria/o. 2. De acordo co previsto no artigo 105.2 dos Estatutos da USC, establécese no presente regulamento a Comisión Permanente e a Comisión de Docencia e de Calidade do Departamento. Capítulo 2. Das funcións do Departamento Artigo 5. Funcións do Departamento Son funcións do Departamento: 1. A programación, desenvolvemento e seguimento de: a) As ensinanzas propias da área de coñecemento de Enxeñaría Química, graos e másteres, de acordo coa organización xeral dos centros nos que estas se impartan. b) Cursos de posgrao, especialización e de formación continua. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 4 / 16 5 2. Participar na elaboración dos planos de estudo sempre que así llo soliciten os centros responsables e a elaboración dos planos de organización docente (POD) nas materias da súa competencia. 3. Distribuír e asignar ao profesorado a docencia das materias dentro da súa área de coñecemento, conforme aos criterios que estableza o Consello de Departamento. 4. A coordinación da actividade investigadora. 5. O rexistro actualizado do cadro de persoal do Departamento, actividade docente, actividade investigadora e a súa xestión. 6. Fomentar a formación dos seus profesorado e o persoal investigador. 7. Participar nos procedementos de avaliación da calidade das actividades de docencia e investigación, así como nos de certificación e acreditación que afecten a ditas actividades. 8. A iniciativa ou, no seu defecto, informe previo, para a creación, mantemento, minoración ou cambio de denominación de prazas de persoal docente e investigador, funcionario ou contratado, así como, de ser o caso, a proposta dos membros das comisións encargadas de resolvelas. 9. A elaboración e seguimento da planificación estratéxica do Departamento. 10. Calquera outra actividade encamiñada ao axeitado desenvolvemento da actividade docente e investigadora que non corresponda a outros órganos. TÍTULO II. DO GOBERNO DO DEPARTAMENTO Capítulo 1. Do Consello do Departamento Artigo 6. Competencias do Consello de Departamento. 1. Corresponderalle ao Consello de Departamento: a) A elección do/a director/a e, de ser o caso, a proposta ao/á reitor/a da súa remoción mediante unha moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada por maioría absoluta dos membros do Consello de Departamento. b) A aprobación da planificación e xestión da actividade docente e a xestión da actividade investigadora do Departamento, así como o control do seu cumprimento. c) A validación de programas docentes e sistemas de avaliación das materias das que sexa responsable. d) A formulación e aprobación das demandas de profesorado, de acordo coas necesidades docentes dos centros, dos seus programas de investigación e de doutoramento, e a decisión sobre a procedencia do mantemento, minoración ou cambio de denominación ou categoría dunha praza. e) A aprobación do balance anual de peche de exercicio no cuadrimestre posterior ao ano natural. f) Formulación e aprobación do orzamento anual, no que se detallarán os ingresos e gastos e a súa proposta de distribución, no primeiro cuadrimestre do ano. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 5 / 16 6 g) A elaboración, modificación e aprobación do seu regulamento de réxime interno. h) A creación de comisións para o mellor desenvolvemento das súas funcións. i) A promoción do perfeccionamento da actividade docente. l) A solicitude de convocatoria a concurso das prazas de corpos universitarios e persoal docente contratado, así como as propostas de membros das comisións correspondentes, consonte a lexislación vixente. m) A emisión dos informes preceptivos sobre a actividade docente e investigadora do seu profesorado e persoal investigador ou sobre o rendemento académico do seu estudantado. n) A adopción das decisións que a normativa vixente lle atribúa sobre os estudos de doutoramento. o) Calquera outra competencia que lle atribúan os Estatutos da USC, o presente regulamento e a lexislación vixente. p) O seguimento e xestión da prevención de riscos nos espazos da súa dependencia. Artigo 7. Composición do Consello de Departamento 1. O Consello de Departamento estará composto por: a) Os doutores membros do Departamento. b) Unha representación do resto do persoal docente e investigador e persoal investigador en formación, que non excederá do 10% do total de membros. c) Unha representación do estudantado do ámbito de docencia do departamento, , que suporá o 25% do total dos membros do Consello de Departamento. Desta porcentaxe, o 10% corresponderá ao estudantado de grao e máster e o 15% ao estudantado de doutoramento. d) Un representante do persoal de administración e servizos. Artigo 8. Elección de representantes no Consello de Departamento 1. A convocatoria para a elección dos membros do Consello de Departamento será realizada pola Comisión Electoral Central da Universidade de Santiago de Compostela. Os membros elixidos dos órganos colexiados serano por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto dos seus respectivos colexios electorais. 2. Para a elección de representantes no Consello de Departamento seguirase a normativa electoral ao respecto da USC. 3. Todos os representantes elixidos serano por dous anos, agás os estudantes que o serán por un ano. A condición de membro do Consello de Departamento perderase ao cesar a vinculación co departamento, ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que se foi elixido. Artigo 9. Funcionamento do Consello de Departamento. 1. O Consello de Departamento reunirase por iniciativa do director ou a pedimento dun terzo dos seus membros. Neste último caso deberase cursar á dirección do Departamento unha solicitude de convocatoria debidamente razoada, facendo constar nela o/s tema/s Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 6 / 16 7 que se van tratar, e asinada pola totalidade dos demandantes. O Consello de Departamento celebrará, polo menos, tres sesións ordinarias durante o curso académico en período lectivo.  A convocatoria das sesións ordinarias será realizada polo/a director/a e nela deberá constar: lugar de reunión, data, hora e orde do día. A convocatoria deberá ser notificada, cando menos, cunha antelación de cinco días hábiles. Considerarase como medio ordinario de notificación o correo electrónico dirixido ao enderezo que cada membro do Consello debe ter na USC.  As reunións realizaranse presencialmente, para os membros do Departamento asignados no Campus de Santiago, permitindo a asistencia mediante medios telemáticos daqueles membros asignados ao Campus de Lugo.  Aqueles membros do Consello de Departamento do Campus de Santiago, que xustifiquen unha conciliación familiar ou desfruten dunha licenza concedida de desprazamento ou ano sabático, poderán asistir tamén de forma telemática. En todo caso solicitaran a súa asistencia telemática, xustificando debidamente a causa, cun mínimo de 24 h de antelación, na secretaría do Departamento. O secretario ou o director de Departamento dará fe desta circunstancia ao inicio de cada Consello.  O Consello de Departamento poderá reunirse con carácter extraordinario, calquera díahábil, cando a importancia ou urxencia do/s asunto/s que se vaian tratar así o requira, benpor iniciativa do/a director/a ou a pedimento dun terzo dos seus membros. Neste caso, aconvocatoria deberá ser notificada, cando menos, con GRXVGtDV de antelación,correspondentes a días hábiles.  A documentación relativa aos asuntos que se van tratar remitirase coa convocatoria ouestará a disposición dos membros do Consello na secretaría do Departamento desde omomento da convocatoria.  A orde do día será elaborada polo director/a do Departamento, asistido polo seu secretario/a. Tamén se incluirán na orde do día os puntos que, previamente á convocatoria, solicite calquera dos membros do Consello.  O Consello de Departamento constituirase validamente, en primeira convocatoria, coaasistencia da metade máis un dos seus membros e en segunda, que se celebrará media horadespois, coa presenza dun 25% dos seus membros. En todo caso, é necesaria a asistenciado/a director/a e da/o secretaria/o ou dos membros do Consello que legalmente ossubstitúan.  Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que estean presentes a totalidade dos membros do Consello de Departamento e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría dos seus membros..  O Consello de Departamento poderá invitar asistir ás súas reunións para discutir asuntos específicos, con voz pero sen voto, a calquera membro da comunidade universitaria.  Cando a natureza dos asuntos o requira o/a director/a do Departamento, por propia iniciativa, a instancia dos membros do Consello ou por un requirimento específico, poderá convocar a calquera persoa que poida informar ou colaborar co Departamento neses temas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 7 / 16 8  Os acordos poderanse tomar por asentimento ou por votación. Os acordos tómanse por votación, a cal pode realizarse a man alzada ou manifestarse por asentimento. Serán secretas con caracter excepcional cando o solicite calquera dos membros do Consello e afecten a persoas concretas.  Se unha vez debatido un punto da orde do día procede a votación, só os presentespoderán participar. A votación decidirase por maioría simple, excepto nos casos en que anormativa de aplicación impoña outras maiorías  En caso de empate decidirá o voto de calidade do/a director/a do Departamento.  Os membros que discrepen do acordo maioritario poderán formular un voto particularpor escrito no prazo de GRXVGtDV, voto que se incorporará ao texto aprobado.  As decisións do Consello de Departamento adoptarán a forma de acordos.  Os acordos do Consello de Departamento serán susceptibles de recurso de alzada ante oConsello de Goberno da Universidade.  As actas aprobaranse na mesma ou na seguinte sesión ordinaria do Consello de Departamento.  O Consello de Departamento arbitrará os mecanismos necesarios para que os seusmembros estean puntualmente informados dos acordos que se adopten, tanto no seu plenocomo nas comisións. Capítulo 2. Da Comisión Permanente Artigo 10. Competencias da Comisión Permanente 1. Son competencias da Comisión Permanente: a) Coñecer e decidir sobre asuntos de trámite. b) Adoptar acordos sobre os asuntos que lle fosen delegados polo Consello de Departamento. c) A redacción das normativas relacionadas co Departamento previa a súa presentación no Consello de Departamento para ser debatidas e aprobadas. d) A elaboración da proposta de asignación anual da actividade docente entre os membros do Departamento de acordo coa normativa para elaboración do POD da Universidade e os acordos do Consello de Departamento ao respecto, e a elaboración de posteriores propostas de modificación, coas mesmas condicións. e) A elaboración da proposta de orzamento e distribución de ingresos e gastos. f) Asesorar en todas as cuestións que o/a director/a do Departamento lle formule no exercicio das súas competencias. 2. O/A director/a do Departamento informará ao Consello de Departamento na primeira sesión ordinaria que este celebre, con posterioridade á última celebrada pola Comisión Permanente, de todos os actos e acordos da Comisión Permanente que deberán ser aprobados polo mesmo. Artigo 11. Composición da Comisión Permanente 1. De acordo co previsto no artigo 4 do presente regulamento, establécese unha Comisión Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 8 / 16 9 Permanente integrada por membros do Consello de Departamento tal como se indica a continuación: a) Sete doutores membros do Departamento, nos que se incluirá ao/á director/a, quen a presidirá, e a/o secretaria/o do Departamento, que realizará as funcións de secretario/a , garantindo que polo menos un deles teña a docencia maioritaria no Campus de Lugo e outro no Campus de Santiago. b) Un representante do resto do persoal docente e investigador e persoal investigador en formación. Tres representantes do estudantado do ámbito de docencia do Departamento, dos cales un corresponderá a estudantado de grao, un a máster e un ao estudantado de doutoramento. c) Un representante do persoal de administración e servizos. Artigo 12. Elección de representantes na Comisión Permanente 1. A elección de representantes na Comisión Permanente terá lugar en sesión de Consello de Departamento convocada polo/a director/a. 2. Os representantes serán propostos por cada un dos sectores e ratificados polo Consello de Departamento. Artigo 13. Funcionamento da Comisión Permanente 1. A Comisión Permanente reunirase por convocatoria do/a director/a ou pola solicitude dun terzo dos seus membros. Nela deberá constar: lugar de reunión, data, hora e orde do día. A convocatoria deberá ser notificada, cando menos, con 24 horas de antelación, correspondentes a días hábiles. Considérase como medio ordinario de notificación o correo electrónico dirixido ao enderezo que cada membro do Consello debe ter na USC. 2. A Comisión Permanente constituirase validamente coa presenza dun terzo dos seus membros. En todo caso, é necesaria a asistencia do director/a e da/o secretaria/o ou dos membros do Consello que legalmente os substitúan. 3. Os apartados 3 e 4 e do 8 ao 13 do artigo 9 aplicaranse tamén ao funcionamento da Comisión Permanente. 4. As sesións da Comisión Permanente realizaranse de modo presencial ou telemática, a iniciativa da dirección do Departamento. Poderán excepcionalmente convocarse sesións por correo electrónico para tratar asuntos de trámite que así o aconsellen. , 5. Os membros da Comisión Permanente cesarán no momento en que perdan a súa condición de membros do Consello de Departamento ou debido a falta inxustificada de polo menos un 60% das reunións que se desenvolvan nun ano, de xeito que se ha proceder á elección da/o substituta/o dentro do sector correspondente no prazo de tempo máis breve posible. Capítulo 3. Da Comisión de Docencia e de Calidade Artigo 14. Competencias da Comisión de Docencia e de Calidade 1. Son competencias, referentes a docencia, da Comisión de Docencia e de Calidade: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 9 / 16 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 06/07/2022 11:00:31. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 06/07/2022 10:14:53. CSV: 7345-88B9-40EE-872F Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7345-88B9-40EE-872F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7345-88B9-40EE-872F 16 / 16