scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Difusión de novos contidos en Minerva: alertas, últimos envíos e RSS

Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Universitaria

Full text

Difusión de novos contidos: alertas, últimos envíos e rss Repositorio institucional da USC Data de actualización: outubro 2016 Biblioteca Universitaria da USC Contido 1. Alertas .................................................................................................................................................. 1 2. Últimos envíos ...................................................................................................................................... 2 3. Sindicación de contidos RSS ................................................................................................................. 3 3.1. Como subscribirse empregando Mozilla Firefox? ........................................................................ 3 3.2. Como subscribirse empregando Google Chrome? ...................................................................... 5 1 1. Alertas Os usuarios poden subscribirse para recibir alertas diarias sobre novos documentos engadidos nas coleccións do seu interese a través do correo electrónico. Para subscribirse deberá:  Identificarse coas súas credenciais entrando en "Acceder"  Premer no botón "Perfil” do menú “ A miña conta” Na opción “Subscricións” elixir a colección do seu interese e premer “Engadir”. Repetir esta acción para todas as coleccións que desexe 2 2. Últimos envíos Nas páxinas das comunidades e das coleccións aparecen sempre os enlaces aos cinco últimos envíos. 3 3. Sindicación de contidos RSS RSS é un formato de distribución de contidos en Internet que permite estar ao tanto das novidades producidas en diferentes páxinas web sen necesidade de visitalas. As versións actuais dos principais navegadores inclúen a posibilidade de agregar fontes RSS sen necesidade de software adicional. Para subscribirse a unha comunidade ou colección determinada abonda con premer na icona RSS que se atopa na parte inferior da páxina e, na pantalla seguinte, premer "Subscribirse a esta fonte". 3.1. Como subscribirse empregando Mozilla Firefox? 1. Visitar a páxina da comunidade ou colección que se desexa subscribir e premer no símbolo de “Marcadores” de Mozilla para ter a opción “Subscribirse a esta página” 2. Premer “Subscribirse ahora” para engadir o marcador: 4 3. Indicar un nome que permita identificar correctamente a fonte ou empregar o nome por defecto 4. A icona quedará engadida na barra de marcadores e facendo clic nela poderá consultar os últimos documentos depositados. O mesmo proceso pode realizarse premendo directamente na icona RSS que se atopa na parte inferior dereita das páxinas de Minerva. 5 3.2. Como subscribirse empregando Google Chrome? Google Chrome non inclúe por defecto un visor de fontes RSS polo que é necesario instalar unha aplicación ou extensión axeitada. O procedemento será o seguinte: 1. Acceder á páxina Google Web Store. Tecleando na caixa de busca o termo “RSS” comprobaremos que existen multitude de extensións e aplicacións que permiten ler fontes RSS. Polo feito de ser especialmente sinxela eliximos neste exemplo a aplicación "RSS feed reader", pero o proceso de instalación é sempre moi similar e pódese escoller a aplicación que se considere máis oportuna. Unha vez seleccionada premer “Añadir a Chrome” 6 2. Seguir as instrucións da instalación. 4. Unha vez finalizada a instalación a icona aparecerá na barra de ferramentas. O seguinte paso será a selección das fontes ás que desexa subscribirse. Existen dúas opcións: 7 A) Utilice o navegador para abrir a páxina da comunidade ou colección elixida. O enlace RSS atópase na parte inferior dereita das páxinas do repositorio Unha vez seleccionada a fonte prema “Suscribirse ahora”