scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario

Fernández Villamarín, María

Abstract

Mediante a análise das cancións do grupo Ataque Escampe este artigo pretende pescudar se o seu discurso musical alberga unha actitude política. No caso de ser así, tratará de responder por que o grupo mantén este carácter crítico e resistente con respecto a certos conflitos sociopolíticos no contexto galego, onde conviven dúas culturas en desigualdade. Tamén busca entender se dentro deste contexto as identidades se atopan fragmentadas ou en vías de formación, e que función social exercen as cancións do grupo nese hipotético caso

Full text

Fernández Villamarín, María (2016). «Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario». Abriu, 5, 111-125. ISSN: 2014- 8526. e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.8. Received: 9-9-2015. Accepted: 24-12-2015. [email protected] Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario María Fernández Villamarín Universidade de Santiago de Compostela Resumo: Mediante a análise das cancións do grupo Ataque Escampe este artigo pretende pescudar se o seu discurso musical alberga unha actitude política. No caso de ser así, tratará de responder por que o grupo mantén este carácter crítico e resistente con respecto a certos confl itos sociopolíticos no contexto galego, onde conviven dúas culturas en desigualdade. Tamén busca entender se dentro deste contexto as identidades se atopan fragmentadas ou en vías de formación, e que función social exercen as cancións do grupo nese hipotético caso. Palabras clave: Música popular, Ataque Escampe, intertextualidade, resistencia, subversión. Ataque Escampe: thinking about resistance through music and literature Abstract: Through the analysis of the songs of the band Ataque Escampe this article aims to determine if their musical discourse harbors a political attitude. In this case, the article will explore how the band maintains this critical and resistant character regarding certain sociopolitical confl icts in the Galician context, where two cultures coexist in inequality. Furthermore, it seeks to understand if, within this context, identities are fragmented or in the making, and what kind of social function the songs of the band exert in that hypothetical case. Keywords: popular music, Ataque Escampe, intertextuality, resistance, subversion. O grupo galego Ataque Escampe vén desenvolvendo os seus traballos musicais dende o 2007, ano no que saía o primeiro disco (Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos) dos seis que hoxe teñen publicados. Os membros iniciais coñecéranse en Santiago de Compostela por aquel tempo, coincidían neste lugar mentres estudaban na universidade, e a maioría da banda compartía facultade, a de Filoloxía. É nesa primeira época na que o grupo comeza a traballar as súas cancións e comeza a refl exionar sobre o seu contexto dende unha perspectiva musical e literaria. Nos discos iniciais apréciase unha claro traballo das letras, chegando a manifestar un dos integrantes do grupo nunha entrevis- 16225_Abriu_5.indd 11116225_Abriu_5.indd 111 01/12/16 11:5901/12/16 11:59 112 María Fernández Villamarín Abriu, 5 (2016): 111-125 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.8 ta para o suplemento Protexta que «a outros músicos dálles igual o coidado das letras, preocúpanse máis pola música e chámalles a atención que [...] atendamos máis se cadra a unha palabra cá afi nación» (Salgado 2011: 14). A calidade do son destes dous primeiros álbums válelle a denominación de serie B que o grupo se impón e que parte dunha instrumentación variada e imaxinativa pero limitada tecnicamente. En Violentos anos dez, Noites de agosto e O disco vermello a parte musical terá máis presenza e importancia grazas aos arranxos e aos cambios na produción. Ataque Escampe empregará a cita literaria e os collages sonoros para a construción da súa mensaxe. Unhas ferramentas expresivas e artísticas a través das cales se nos transmite a súa visión e análise da situación sociopolítica galega. Para poder comprender mellor o que queren dicir, será preciso entender o contexto no que nacen e no que se desenvolven, cunha situación e un sistema cultural complexos. Ataque Escampe como grupo de pop (un xénero de procedencia anglosaxona aquí entendido dun xeito amplo) desenvólvese en Galicia e canta en galego. Isto é algo que non podemos obviar, xa que a maioría de grupos que se encontran dentro deste estilo en Galicia escollen o castelán (de Siniestro Total a Xoel López) ou o inglés (de Los Eskizos aos Samesugas) como linguas de expresión. Sen afondar moito máis, atopámonos aquí cun problema lingüístico. Na teoría dos polisistemas, Itamar Even-Zohar introducía xa certas problemáticas cando falaba de repertorios culturais. O teórico contrapoñía «repertorio fronte a repertorios», evidenciando que nunca haberá unha situación na que un único repertorio funcione de maneira illada. Unha postura que se aplica á situación de confl ito en Galicia, comunidade onde conviven dúas culturas (e dúas linguas) pero en desigualdade de condicións. Un factor de importancia que non só compón unha noción sistémica senón que inclúe a «idea de participación»: a cultura e a lingua como funcións necesarias para que os individuos dunha comunidade se relacionen e organicen as súas vidas en sociedade (Even-Zohar 1999: 32). Entón cumprirá valorar a elección da lingua galega fronte aos grupos que empregan un repertorio lingüístico maioritario. Neste sentido, cantar en galego será unha decisión refl exionada e intencional tal e como manifestan en cancións como «Móbel-bar»,1 onde o tema central é o problema lingüístico. 1 A letra di: «Palabra da palabra, todos os orfos temos sitio na casa, alén é unha palabra de por aquí [...] Auxilio, teño corazón. Auxilio, teño corazón. Auxilio, teño corazón. Palabra da palabra, dáme unha aperta pero deixa esta daga, eu son só outra palabra para ti». 16225_Abriu_5.indd 11216225_Abriu_5.indd 112 01/12/16 11:5901/12/16 11:59 113 Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario Abriu, 5 (2016): 111-125 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.8 No aspecto compositivo, o concepto de repertorio tamén designará ao musical e ao literario, partes propias da música popular cantada, que conforman as cancións. Estes dous repertorios precisarán funcionar xuntos para transmitir emoción e sensacións que xeren vínculos entre os individuos. Deste xeito, non é estraño que os individuos (os fans) tomen as cancións dos seus grupos preferidos como artefactos comunicativos2 para expresarse a través delas co resto de persoas. As maneiras de pensar a música (e o xénero pop) mudaron coa chegada dos cambios que modifi caron as formas de escoita e con Internet. Hoxe non se cuestiona que unha melodía pode conter emotividade ou o potencial expresivo dun pensamento, así como ser transmisor de valores e de críticas ao poder establecido. Segundo o sociólogo Simon Frith a música posúe certa forza inexplicable cando se vincula ao emocional, mais se se dá o efecto contrario, as cancións perden a súa efectividade ao non empatizar cos receptores. Se isto se produce, a música irá na contra da súa función social, que non é outra que exercer de constructo cultural e xerar unha experiencia de localización (Frith [1987] 2001: 6). O caso de Ataque Escampe é paradoxal se observamos o seu produto dende a perspectiva dos fl uxos comerciais musicais. O grupo desenvolvese no pop, un estilo canonizado e masifi cado no que se desenvolven a maioría dos grupos que escoitamos na actualidade, mais aínda así eles teñen a actitude de quen opera dende as marxes. Segundo o modelo sistémico de Even-Zohar existirá sempre o peso dunhas institucións que como organismos controladores da cultura, terán o poder para decidir que modelos e produtos son relevantes e que produtores e axentes están vetados. No caso que cómpre analizar, e dende o repertorio musical, serían as grandes industrias musicais que teñen os seus centros de decisión en España e no mundo anglosaxón (por exemplo, os centros de prensa musical que exercen a crítica atópanse en Madrid e Barcelona). Ou tamén dende un repertorio lingüístico, as institucións políticas que botando man dos recursos que traballan ao seu favor (medios de comunicación, campañas de promoción e publicidade), establecerán un repertorio como dominan- 2 Hoxe esta funcionalidade da música é recoñecida e estudada mais non sempre estivo exenta de certos debates. A música popular estivo suxeita á idea de que é un produto industrial máis dentro da cultura do ocio e destinado a un público masivo. Adorno negaba a posibilidade dunha arte de masas que non fora compracente co status quo: «junto con el deporte y el cine, la música de masas y la nueva escucha contribuyen a imposibilitar la evasión con respecto a la constitución infantil integral» (2009: 35). 16225_Abriu_5.indd 11316225_Abriu_5.indd 113 01/12/16 11:5901/12/16 11:59 114 María Fernández Villamarín Abriu, 5 (2016): 111-125 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.8 te apropiándose del segundo lle conveña, e ignorarán a outros, recluíndoos nas marxes.3 Estas dinámicas rematan por situar os discos do grupo como produtos alternativos que «puede ser utilizado a pleno rendimiento por otros grupos sociales diferentes que rechacen el repertorio dominante como indeseable» (Even-Zohar 1999: 33). Ataque Escampe, na súa postura de cara á sociedade, valeríase dunha obra con mensaxes signifi cativas e tendo o galego como lingua vehicular. Un discurso traballado que se distancia do que podemos oír na canonizada música de radiofórmula cantada noutras linguas e quizais máis baleira de contido, que ao fi nal consegue ocupar os principais espazos nos medios de comunicación. A actitude do grupo funcionará dende as marxes do sistema, tal e como remarca a fi losofía do it yourself, que Ataque Escampe aplica a unha infraestrutura de creación e de edición independente en Discos da Máquina, o colectivo autoxestionado no que o grupo publicou os seus dous últimos álbums e que funciona como un axente libre cuxo lema é: maquinando outra cousa.4 Polo tanto, Ataque Escampe tratará temas problemáticos para a realidade galega, ideas difíciles de manifestar socialmente tanto fóra como dentro da canción popular. Mediante un repaso ás letras do grupo localizaremos as pulsións dese carácter crítico e os confl itos sobre os que volven unha e outra vez: por exemplo, cal é o estado no que se atopa a identidade galega. Uns temas que traen ao primeiro plano o concepto de «resistencia» como unha característica distintiva da produción cultural galega como xa desenvolvera o teórico González Millán. Os estudos destas resistencias terán que realizarse non como «unha calidade de determinados actos ou políticas, senón como unha loita incesante coas estratexias do poder que están en constante transformación» (González Millán 2000: 134). Con respecto a esta actitude resistente será interesante coñecer fi nalmente cal é a funcionalidade social que recae no xénero pop e nas cancións do grupo. 3 No repertorio musical galego (e en xeral) rexéitanse os estilos musicais máis experimentais seguindo a idea que Attali expuña en Ruidos: «el ruido es en sí violencia: molesta. Hacer ruido es romper una transmisión [...], por otra parte, la música es simulacro de canalización del ruido e imagen de sacrifi cio» (1978: 53). Tamén debe contemplarse o emprego político que se fai dalgúns discursos musicais, neste caso, por parte de partidos de corte nacionalista. 4 Este ente funcionará ao xeito dun «micropoder» como diría Foucault (1978: 34) que traballa no corpo social, incorporando mecanismos de poder sen que as institucións os implementen de xeito coactivo e tendo máis liberdade de funcionamento ao moverse nesa dinámica centro-periferia. 16225_Abriu_5.indd 11416225_Abriu_5.indd 114 01/12/16 11:5901/12/16 11:59 115 Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario Abriu, 5 (2016): 111-125 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.8 A repetición no contexto da modernidade Cando se fala do pop ou do rock como xéneros cómpre saber que a maioría dos argumentos que se empregan constitúen xuízos de valor, resultado de condicionantes sociais e da manipulación comercial á que moitas veces é sometida a música. Certas valoracións son o resultado do mareo mediático ao que somos sometidos os individuos e que en realidade non serven para explicar o carácter irracional da música: non sabemos con certeza por que un determinado disco ou unha canción ten máis éxito comercial, á marxe das maquinarias promocionais, ou por que una canción nos emociona máis ca outra. Un síntoma desa forza social da música ou desas repeticións é o que experimenta un individuo cando canta unha frase ou unha liña melódica dunha canción ata o pun- to de non recordar o momento da escoita. Un efecto que o teórico Gary Burns chamou hook, «a musical or lyrical phrase that stands out and is easily remembered» (Burns 1987: 1). Burns explica que as reiteracións nas cancións5 teñen un carácter hipnótico que pretende seducir ao oínte (pode ser un ritmo bailable, unha melodía que permanece na memoria, un anaco de canción que conteña a acción dramática ou unha letra que nos conte unha historia dende un punto de vista (Burns 1987: 2). O pop nutrirase da identifi cación que nace entre o receptor/oínte e o que nos narra o emisor/cantante. O recoñecemento, o escoitar expresados nunha canción os teus propios sentimentos é o que fai do pop o xénero máis consumido. Ademais de asociárselle outras capacidades como a rexeneración de identidades fragmentadas, que no caso de Ataque Escampe serán unhas identidades que están unidas á lingua e á cultura galega. Eses hooks, pero sobre todo, a repetición serán os recursos que se empregarán para atraer a escoita e para aumentar as rendibilidades comerciais. Dende as refl exións feitas por Umberto Eco sábese que os membros dunha comunidade industrial de masas poden heterodirixirse cara a uns gustos, uns pensamentos e unhas ideas concretas. Control que tamén se exercerá a través da canción de consumo, un dos instrumentos máis efi caces de coacción ideolóxica, que utilizará a imitación de parámetros que «no nos revelan algo nuevo, 5 Burns divide os elementos de produción dunha canción en dúas categorías: textuais e non textuais. A primeira abarcaría a composición musical (ritmo, melodía e harmonía) e o texto e a letra; a segunda correspondería á performance (instrumentación, tempo, dinámica, improvisación, interpretación vocal) e a produción de estudio (gravación, mestura, efectos de sons, posprodución de audio). 16225_Abriu_5.indd 11516225_Abriu_5.indd 115 01/12/16 11:5901/12/16 11:59 116 María Fernández Villamarín Abriu, 5 (2016): 111-125 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.8 sino que nos repite lo que ya sabíamos, que esperábamos ansiosamente oír repetir y que nos divierte» (Eco 2011: 271). Unha afi rmación que en pleno séculoxx, cos cambios tecnolóxicos nas formas de gravación e na reprodución de dispositivos musicais, propiciaran cambios nos xeitos de escoita (antes da aparición dos primeiros tocadiscos ou do cassette, a experiencia musical era necesariamente colectiva excepto para os músicos). Estes novos efectos contribuíron, por un lado, a que a música se valorara como un ben artístico para ser vista dende a ollada material dentro da industrial cultural. É dicir, nin Umber- to Eco na súa Teoría da Cultura de Masas, nin Even-Zohar na teoría dos polisistemas entrarían a valorar estes aspectos porque non se prevía o contexto e a problemática que traería consigo a democratización do acceso á música popular nos ámbitos da creación e da recepción. Por un lado, e dentro dun contexto moderno, proporcionar a oportunidade de escoitar música no espazo íntimo de cada quen contribúe na formación dunha conexión e dun proceso de identifi cación entre oínte e grupo. Por outro, a relación que Ataque Escampe ten con Internet debe considerarse xa que o grupo dispón de todos os seus discos no soporte Bandcamp, que permite a escoita en streaming, sen necesidade de descarga e sen necesidade de posuíla como ben. É dicir, a conexión á rede fará que os colectivos ou grupos con menos poder e apoios se benefi cien polo menos deste equilibrio informativo. Deste xeito, chegados os anos 2000, prodúcese unha nova maneira de entender o concepto de repetición na chamada «década do re» como manifesta o crítico Simon Reynolds. Un tempo no que se reproducirán os esquemas das décadas anteriores: con eles veu unha retrospectiva infi nita cara ao pasado axudada pola capacidade que trouxeron as novas tecnoloxías para dispor dun grande abano de música a golpe de clic. O concepto de repetición dentro desta nova realidade comezaría a ser «expressed creatively through pastiche and citation» (Reynolds 2013: xii). A cita, o pastiche, a intertextualidade terá sentido dentro das mesmas cancións de Ataque Escampe, unha práctica que os recoloca dentro da posmodernidade, momento no que se fai máis evidente. O grupo rescata unhas prácticas que tiñan presenza no blues como parte da tradición oral ou que xa fi xeran realidade outros grupos galegos como Os Resentidos. E tamén empregará técnicas que existen no hip-hop a través do sampleo, un proceso de reinterpretación e mestura de audios empregados para a composición (Fernández Navazas 2009: 222) que na escena musical galega tamén utilizan grupos como Fluzo ou Malandrómeda. Ataque Escampe valerase desta ferramenta para construír mensaxes acústicas como mostran os 16225_Abriu_5.indd 11616225_Abriu_5.indd 116 01/12/16 11:5901/12/16 11:59 117 Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario Abriu, 5 (2016): 111-125 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.8 tracks de audio de «O amor en Acapulco» de Violentos anos dez ou «Sommernachtstraum» do disco Noites de agosto que inclúe un anaco das cancións que forman o total do disco máis algunha referencia musical como a abertura de «O soño dunha noite de verán» de Felix Mendelssohn. O trato do confl itivo na canción Dende os seus primeiros traballos Ataque Escampe empregará estruturas formais baseadas na cita e na intertextualidade, establecendo referencias a outras disciplinas (literatura, cine, videoxogos, refraneiro popular), coas que complementan a signifi cación das cancións. Unhas reapropiacións literarias e musicais que por estaren dentro dun contexto capitalista estarán sometidas a un réxime de propiedade intelectual. Mais o seu uso será totalmente intencional. En todos os seus discos o grupo manifestará que para eles «a propiedade intelectual é un roubo» (Ataque Escampe, textos de presentación de A grande evasión, Violentos anos dez e Noites de agosto, 2009, 2011, 2012), posicionándose ante unha dimensión política e económica, na que o poder intenta controlar os intercambios de información, coa que o grupo non está de acordo. Ao longo da súa discografía repítense temáticas e ambientes. Por exemplo, en cancións como «Pel de serpe» fálase do debate de Galicia como entidade nacional da mesma maneira que en «Arredor da cuestión nacional» do disco Galicia es una mierda. Se prestamos atención aos ambientes que se recrean nos seus dous primeiros traballos, apreciamos como en «Móbel-bar» ou «Vista Alegre» aparecen referencias explícitas a este barrio de Santiago de Compostela, espazo clave na súa cosmovisión, xa que é o lugar onde viviron os seus primeiros momentos como grupo. Vista Alegre terá unha dimensión inherentemente vivencial cun signifi cado complexo e íntimo. Dentro do seu xogo de referencias, Ataque Escampe reformula o coñecemento e o sistema de saber que vén dado en todas as súas citas. En cancións como «A cabana do tío Tom» o grupo canta «respect yourself,6 galegos de Alabama, tratade ben aos galegos: cando van, van para a cama pero acordan no caldeiro, pra uns máis negros, pra outros máis brancos, pero para todos uns traspoleirados. Hai sitio na cabana do Tío Tom tamén para os haitianos». Unha 6 En alusión ao tema «Respect Yourself» das The Staple Singers. 16225_Abriu_5.indd 11716225_Abriu_5.indd 117 01/12/16 11:5901/12/16 11:59 118 María Fernández Villamarín Abriu, 5 (2016): 111-125 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.8 letra que adapta unha glosa incluída en Follas Novas e uns versos de «Cas tellanos de Castilla» de Rosalía de Castro, poema que falaba dunha etapa histórica na que moitos galegos emigraban a Castela para traballar na seitura e soportaban duras condicións de traballo (González López 1986: 318-319). Mais na reinterpretación os versos extráense do seu sentido inicial e fanse ambiguos para enmarcarse dentro dun novo contexto cultural e moderno que lle dá outros signifi cados (Calabrese 1989: 104). No sentido no que Even-Zohar entendía a planifi cación da cultura, trataríase dunha maneira de resistencia que tenta reintegrar signifi cados históricos (aquí dentro das cancións) para crear, recuperar ou manter unha idea de identidade colectiva (Even-Zohar 1998: 482) como os pobos ou nacións sen Estado. Ataque Escampe, a través da súa obra, fai un esforzo para introducir cambios e abrir camiños que non teñen por que ser efectivos, pero si teñen unha vontade de xustifi car a existencia, separada e distinta, da comunidade galega. No mesmo retrouso da canción Ataque Escampe busca alertar sobre os perigos do autoodio (un factor que contribúe a xerar diferenzas sociais en contextos onde conviven varias culturas en desigualdade) cando se expresa aquilo de «respect yourself», respéctate a ti mesmo, mostrando que moitas veces os propios galegos somos os nosos propios inimigos.7 O concepto acuñado por Rafael L. Ninyoles serviu para analizar as tensións producidas dentro das minorías étnicas ou culturais e tamén «per a posar en relleu el fet que els confl ictes culturals i les col·lisions ètniques no sols es produeixen entre els grups distints en contacte, sinó també dins d’ells, és a dir: entre llurs membres individuals» (Ninyoles 1969: 75). O autoodio será unha arma de dobre fío. Por un lado, é un dos elementos máis efectivos de cara á negación ante calquera acto de autoafi rmación mais tamén é a evidencia de que dentro dunha minoría social se poden encontrar subgrupos que adopten posicións antagónicas diante de problemas comúns. Polo tanto, as citas que emprega o grupo permitirán «una operación de desplazamiento» dotando «a un hallazgo del pasado de un signifi cado a partir del presente» (Calabrese 1989: 194). Desta maneira, a través dos novos signifi cados resituados, Ataque Escampe buscará a refl exión sobre certos confl itos como o do autoodio mostrándolles aos oíntes os problemas que pode ter o abandono e o rexeitamento do propio. 7 Na entrevista que realiza Ana Salgado para o Protexta Ataque Escampe di «o galego é un lobo para o galego» (2011: 17). 16225_Abriu_5.indd 11816225_Abriu_5.indd 118 01/12/16 11:5901/12/16 11:59 119 Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario Abriu, 5 (2016): 111-125 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.8 O abano temático ábrese co álbum Violentos anos dez, que vén a esclarecer que «Galicia non é allea ao infl uxo dunha sociedade cultural, política e económica global que se move por unhas forzas de opresión contra os pobos máis débiles» (Táboas 2011: 4). Mediante unha analoxía entre territorios, situacións e épocas que se transmiten dende o texto de presentación do disco («o ritmo do baile son os latexos de milleiros de corazóns subalternos. Desta vez fi camos na periferia. O Haití é aquí [...] Doce fogar Alabama» (Ataque Escampe 2011), Ataque Escampe intenta expresar a problemática particular nacional-identita- ria galega, abrindo así novas vías de entendemento. Cando en «Once upon a time: A Terra Chá» cantan: [...] miña avoa dicía: nena, no mundo haiche un único azar: o dos brancos. Toda a vida fan igual, non saben parar. O do bar chora, conta as súas penas sen ningunha resposta, lágrimas rosas, os cherokee fan igual no Oklahoma Oriental. Non vou a festas e non teño paz, a guerra de secesión é un drama familiar. Son unha negra a camiñar un sábado en Vilalba sen ollar para atrás [...]. Estase a facer unha equiparación entre comunidades a través da fusión entre a realidade galega coa situación de marxinalidade, escravitude e represión do pobo cherokee. E, ao mesmo tempo, os individuos negros personifícanse cos galegos no retrouso da canción, é dicir, comunícasenos que compartimos unha mesma situación de alteridade. A letra mostra que a identifi cación dun mesmo signifi ca incorporar ao seu algo do Outro, e que este Outro será parte necesaria para a construción da identidade de calquera comunidade cultural. Unhas refl exións que nos últimos anos veñen defendendo académicos como Helena Miguélez-Carballeira8 que nesta lóxica engade que «this dialectical logic of cultural resistance helps us understand discourses of the nation in Galicia as a semantic body that cannot be studied in isolation from other adjacent national discourses or from the power dynamics informing their interaction» (Miguélez- -Carballeira 2013: 3). A formación dunha identidade cultural galega transcenderá máis alá da xeopolítica tradicional como tamén reforza José Colmeiro que 8 No ensaio Galicia, a sentimental nation Miguélez-Carballeira presenta o primeiro estudo sobre o tropo do sentimentalismo como un estereotipo feminizado e colonial (fundamental para a comprensión das interaccións culturais en contextos de opresión política e de dominación) manexando un aparato teórico composto por Edward Said, Frantz Fanon e Homi K. Bhabba. 16225_Abriu_5.indd 11916225_Abriu_5.indd 119 01/12/16 11:5901/12/16 11:59