Full text
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade de Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática. Pensamento sistémico con enfoque “One Health” na aprendizaxe de problemas de saúde en Secundaria Pensamiento sistémico con enfoque “One Health” en el aprendizaje de problemas de salud en Secundaria Systems thinking from the One Health perspective in the learning of health issues in High School Curso académico 2021-2022 Autora Inés Martínez Pena Directora Blanca Puig Mauriz
INÉS MARTÍNEZ PENA 1 ÍNDICE 1. RESUMO..................................................................................................................... 2 2. RESUMEN .................................................................................................................. 2 3. ABSTRACT ................................................................................................................ 3 4. INTRODUCIÓN ......................................................................................................... 4 5. MARCO TEÓRICO .................................................................................................... 6 5.1. Pensamento sistémico no ensino de ciencias ....................................................... 6 5.1.1. O pensamento sistémico aplicado á noción “Unha soa Saúde” (One Health) 8 5.2. Pensamento futuro e crítico para a acción socio-científica ................................ 10 6. METODOLOXÍA ...................................................................................................... 15 6.1. Contexto didáctico, participantes e enfoque metodolóxico ............................... 15 6.2. Proposta didáctica “Aplicar a perspectiva One Health na análise da pandemia de COVID-19” .......................................................................................................................... 16 6.3. Rexistro e análise de datos ................................................................................. 23 7. RESULTADOS ......................................................................................................... 25 7.1. Aplicación do pensamento sistémico na identificación de posibles causas da pandemia de COVID-19. ...................................................................................................... 25 7.2. Pensamento temporal en relación á pandemia de COVID-19. ........................... 29 7.3. Tipos de accións para previr futuras pandemias. Acción socio-científica. ........ 34 8. DISCUSIÓN .............................................................................................................. 36 9. CONCLUSIÓNS E VALORACIÓN CRÍTICA ....................................................... 39 10. BIBLIOGRAFÍA ....................................................................................................... 41 11. ANEXO I. Somos expert@s! Casos prácticos (elaboración propia) ......................... 49 12. ANEXO II. Figuras Suplementarias .......................................................................... 61 13. AGRADECEMENTOS ............................................................................................. 64
INÉS MARTÍNEZ PENA 2 1. RESUMO A noción “Unha soa Saúde” (One Health) fai referencia a existencia de relacións interdependentes entre a saúde humana, a saúde animal e a dos ecosistemas. Esta perspectiva resulta clave para a comprensión integral de problemáticas de saúde complexas, como a pandemia de COVID-19. Malia a súa relevancia, existen escasas investigacións de aula que aborden este enfoque na ensinanza de problemas de saúde na aula de ciencias. Este TFM sitúase nesta liña de investigación emerxente na didáctica das ciencias, sobre pensamento sistémico e futuro para a acción socio-científica. Os participantes son unha aula de 3º de ESO (N=18) dun centro público. Os obxectivos de investigación son: 1) Examinar o pensamento sistémico do alumnado en relación á pandemia de COVID-19; 2) Analizar o pensamento temporal (retrospectivo e/ou prospectivo) que aplican neste contexto; 3) Identificar o tipo de accións que propoñen para previr futuras pandemias. A análise dos obxectivos mostra que a maioría dos participantes aplican o pensamento sistémico e temporal para identificar posibles causas da pandemia de COVID-19. Ademais, o alumnado é quen de propoñen accións colectivas para previr futuras pandemias. Da análise cualitativa derivan implicacións educativas relativas á importancia de incorporar a perspectiva “Unha soa Saúde” na ensinanza de problemáticas socio-científicas. Palabras chave: Unha saúde; COVID-19; pensamento sistémico; pensamento futuro; acción socio-científica. 2. RESUMEN La noción “Una sola Salud” hace referencia a relaciones interdependientes entre la salud humana, la animal y la de los ecosistemas. Esta perspectiva es clave para la comprensión integral de problemas sanitarios complejos, como la pandemia de COVID-19. A pesar de su relevancia, existen escasas investigaciones de aula que aborden este enfoque en la enseñanza de cuestiones de salud en el aula de ciencias. Este TFM se sitúa en esta línea de investigación emergente en la didáctica de las ciencias, sobre el pensamiento sistémico y futuro para la acción sociocientífica. Los participantes son un aula de 3º de ESO (N=18) de un colegio público. Los objetivos de investigación son: 1) Examinar el pensamiento sistémico en relación con la pandemia de COVID-19; 2) Analizar el pensamiento temporal (retrospectivo y/o prospectivo) aplicado en este contexto; 3) Identificar el tipo de acciones que proponen para prevenir futuras pandemias. El análisis muestra que la mayoría de los participantes aplican pensamiento sistémico y temporal para identificar posibles
INÉS MARTÍNEZ PENA 3 causas de la pandemia de COVID-19. Además, proponen acciones colectivas para prevenir futuras pandemias. Del análisis cualitativo derivan implicaciones educativas relacionadas con la importancia de incorporar la perspectiva “Una sola Salud” a la enseñanza de problemáticas sociocientíficas. Palabras clave: Una salud; COVID-19; pensamiento sistémico; pensamiento futuro; acción socio-científica. 3. ABSTRACT The One Health approach involves the existence of interdependent relationships between human health, animal health and the health of ecosystems. This approach is essential for a suitable understanding of complex health issues, such as the COVID-19 pandemic. Despite its relevance, there is a limited number of research focused on this perspective related to health issues learning in science education. This TFM is related to this emerging research line in the science education, which is about systems thinking and future thinking for agency. The participants of this TFM were a 3rd year classroom of high school (N=18) of a public school. The research objectives are: 1) Assessing the kind of systems thinking regarding the COVID-19 pandemic; 2) Analysing students’ temporal thinking (retrospective and/or prospective) exhibited in this context; 3) Identifying the type of actions proposed by students to prevent future pandemics. The analysis of these objectives showed that the majority of participants were able to use systems thinking and temporal thinking to identify potential causes of the COVID-19 pandemic. In addition, students proposed collective actions to prevent future pandemics. This qualitative analysis has educational implications regarding the relevance of including the One Health perspective during teaching socio-scientific issues. Keywords: One Health; COVID-19; systems thinking; future thinking; agency.
INÉS MARTÍNEZ PENA 4 4. INTRODUCIÓN A perspectiva “Unha soa Saúde” (do inglés, One Health) foi unha visión proposta pola Organización Mundial da Saúde (OMS) que consiste en considerar que a saúde humana, a saúde animal e a saúde ambiental se atopan interrelacionadas entre si. Esta interdependencia implica que será necesario desenvolver accións multi-sectoriais colectivas para acadar o equilibrio entre cada unha das partes que interveñen neste complexo sistema de interaccións. A actual pandemia de COVID-19 pon de manifesto a relevancia da visión “Unha soa Saúde” para a comprensión e a abordaxe de problemas sanitarios globais. A pesar da súa relevancia, existen escasas publicacións científicas que analicen a perspectiva “Unha soa Saúde” dende un enfoque educativo e o seu uso no ámbito escolar, en relación coa saúde. Ademais, para a axeitada comprensión de problemas complexos, como é o caso da pandemia de COVID-19, é necesario desenvolver e aplicar outras habilidades, como o pensamento futuro (PF) e a competencia para a acción socio-científica. Deste xeito, o PF permite analizar diferentes escenarios futuros, mentres que o desenvolvemento de habilidades relacionadas coa acción socio-científica promoven a adquisición dun compromiso de acción coa fin de materializar aquel escenario futuro considerado como desexable. O presente traballo correspóndese cun estudo de caso que ten por obxectivo principal a análise do pensamento crítico (PC) e do PF na aula dende a perspectiva “Unha soa Saúde” para a comprensión da saúde como unha cuestión global, empregando a pandemia de COVID-19 como un marco contextual, real e relevante para os escolares. Trátase entón, dun proxecto aliñado co desenvolvemento competencial do actual marco curricular, así como cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), propostos polas Nacións Unidas. Para acadar este obxectivo xeral, propuxéronse as seguintes preguntas de investigación: P1. Cal é a capacidade do alumnado para aplicar o pensamento sistémico (PS) na identificación de posibles causas da pandemia de COVID-19? P2. Que pensamento temporal presenta o alumnado en relación a pandemia de COVID- 19? Especificamente, como é o seu pensamento prospectivo e retrospectivo respecto á pandemia? P3. Que tipo de accións propoñen os/as estudantes para previr futuras pandemias? A metodoloxía empregada é de corte cualitativo, sendo o contido das respostas escritas do alumnado analizadas en relación ás preguntas de investigación formuladas. Os resultados da primeira pregunta de investigación mostran que o alumnado presenta un limitado grao de
INÉS MARTÍNEZ PENA 5 desenvolvemento do PS á hora de identificar posibles causas da orixe da pandemia de COVID- 19. Ademais, presentan dificultades para diferenciar causas e consecuencias derivadas deste problema de saúde pública e, en caso de identificar posibles causas da pandemia, amosan un pensamento de tipo causal simple. Respecto á segunda pregunta de investigación, a análise mostra que a maioría do alumnado amosa un pensamento temporal de tipo prospectivo, en comparación co pensamento retrospectivo, que aparece en menor medida nas respostas escritas. A análise da terceira pregunta de investigación amosa que a maioría das accións propostas polo alumnado para evitar a aparición de futuras pandemias son de tipo colectivo. Non se identificaron propostas exclusivamente individuais, nas que o alumnado se identifique como axente de cambio. En resumo, os resultados obtidos neste TFM poñen de relevo a necesidade de incorporar o PS baixo un enfoque de “Unha soa Saúde”, e temporal, na ensinanza de Bioloxía en Educación Secundaria. Abordar fenómenos complexos como a actual pandemia da COVID- 19 é necesario aplicar PS e futuro, cuxo desenvolvemento require de tarefas específicas que impliquen a súa práctica e a acción crítica.
INÉS MARTÍNEZ PENA 6 5. MARCO TEÓRICO 5.1. Pensamento sistémico no ensino de ciencias O pensamento sistémico (PS) defínese como a capacidade de identificar os compoñentes dun sistema e de reflexionar sobre as relacións existentes entre eles, así como a relación con outros sistemas, coa finalidade de desenvolver unha visión e comprensión integral do funcionamento do mundo e do entorno que nos rodea (Gilissen, Knippels, & van Joolingen, 2020). O PS resulta esencial nun mundo e nunha sociedade como a actual, tremendamente dinámica, que experimenta cambios e fenómenos de adaptación constantes (Ben-Zvi-Assaraf & Orion, 2010; Tripto et al., 2013). No ensino de ciencias o do PS non só resulta crucial para entender como a sociedade se relaciona coa natureza e coa tecnoloxía, senón que tamén constitúe unha habilidade fundamental para determinar o papel que como individuos/as podemos desenvolver dentro desta complexa rede de interaccións natureza-tecnoloxía- sociedade-individuo. En consecuencia, na actualidade existe unha tendencia cara o desenvolvemento dunha práctica docente cada vez máis asentada na perspectiva do PS. Ademais, existen diversos estudos que mostran os beneficios de incorporar o PS ao ensino de ciencias, en comparación con dinámicas de ensinanza tradicionais, fundamentadas en habilidades memorísticas e aproximacións reducionistas que limitan o grao de comprensión de fenómenos complexos (Blatti et al., 2019; Jacobson & Wilensky, 2006; Orgill et al., 2019; York et al., 2019). O PS permite abordar problemáticas complexas na aula de ciencias de maneira holística, identificando os elementos/factores que interveñen, así como as relacións de interdependencia entre eles (Ben-Zvi-Assaraf & Orion, 2010). A investigación, o desenvolvemento e a posta en práctica do PS require a realización dunha serie de asuncións xerais que propoñen diferentes autores (Ben-Zvi-Assaraf & Orion, 2010; Goldstone & Wilensky, 2008): i) Moitos sistemas naturais funcionan a múltiples niveis de organización; ii) Os sistemas implican, en moitos casos, interaccións non lineais, como retroalimentacións positivas e/ou negativas; iii) As descricións macroscópicas xenéricas resultan de utilidade, incluso en aqueles sistemas onde as interaccións se producen unicamente entre os elementos individuais que compoñen o sistema; iv) Os patróns de funcionamento e interaccións a nivel de sistema xéranse pola auto-organización das interaccións que se establecen entre os múltiples compoñentes do sistema, é dicir, non dependen dunha forza que opere explicitamente para dar lugar a ese patrón sistémico; v) O patrón dinámico dos sistemas
INÉS MARTÍNEZ PENA 7 complexos adoita ser isomórfico, isto é, o mesmo patrón de funcionamento pode ser identificado en diversos dominios, sendo por tanto, útil para a descrición xenérica de diferentes sistemas e para a determinación de aspectos comúns entre eles (figura 1). Figura 1. Características do pensamento sistémico (elaboración propia). Ademais das asuncións xerais propostas por estes autores e que se centran nos aspectos macroscópicos do PS, consideramos que é necesario ter en conta outras dimensións de carácter microscópico para a correcta comprensión de certos fenómenos dende a perspectiva do PS, como a aparición e o desenvolvemento de pandemias. Ata a data, a aplicación do PS en relación coas ciencias da saúde centrouse, fundamentalmente, no desenvolvemento dunha visión máis global das enfermidades no ámbito sanitario, especialmente das enfermidades de tipo crónico, coa fin de mellorar o manexo clínico das mesmas (incremento na prevención das enfermidades, mellora na detección temperá, etc.), así como para incrementar a eficiencia dos sistemas nacionais de saúde (Conte & Davidson, 2020; Haynes et al., 2020; Pescud et al., 2021; Sturmberg, 2018). A investigación educativa sobre o PS no ámbito educativo focalizouse, ata onde podemos saber, na adopción de enfoques de tipo teórico e na análise das metodoloxías docentes (Boersma et al., 2011; Gilissen, Knippels, & van Joolingen, 2020; Gilissen, Knippels, Verhoeff, et al., 2020; Riess & Mischo, 2010; Verhoeff et al., 2018). En relación ós contidos empregados para a análise do PS no ensino da bioloxía e xeoloxía destacan os relacionados coa Terra como un exemplo de sistema complexo, dinámico e cambiante; como o ciclo das rochas e outros aspectos da xeoloxía en relación co cambio climático (Kali et al., 2003; Orion & R. Ault, 2007). Os estudos de PS para analizar as relacións entre saúde e medio ambiente, como é o caso de este TFM son escasos (Jiménez- Aleixandre & Puig, 2022; Puig & Uskola, 2021).
INÉS MARTÍNEZ PENA 8 Tal e como mostran Orit Ben-Zvi Assaraf e Nir Orion (2005) a través dunha revisión bibliográfica, a aplicación do PS implica o desenvolvemento dun conxunto secuencial de pasos ou etapas, de xeito que cada paso constitúe a base para o desenvolvemento da seguinte etapa. Nesta secuencia de etapas inclúense: 1) Identificación de compoñentes e procesos do sistema; 2) Identificación de relacións entre os compoñentes constituíntes do sistema; 3) Capacidade de organizar os elementos e procesos do sistema nun contexto de relacións; 4) Capacidade de obter ideas de carácter xeral; 5) Identificación de relacións dinámicas no sistema; 6) Identificación dos patróns e dimensións menos evidentes do sistema; 7) Comprensión da natureza cíclica dos sistemas naturais; 8) Desenvolvemento do pensamento temporal, é dicir, reflexión retrospectiva e prospectiva, asumindo que o sistema é o resultado de diversas interaccións que tiveron lugar no pasado e que o futuro será o resultado das interaccións que se están a desenvolver no presente (figura 2). O grao de dominio que o alumnado pode acadar nas distintas etapas que forman parte do PS ven determinado polas características cognitivas de cada estudante, así como polo nivel de implicación dos discentes no proceso, entre outros factores (Assaraf & Orion, 2005). Figura 2. Desenvolvemento secuencial das características do pensamento sistémico (elaboración propia). 5.1.1. O pensamento sistémico aplicado á noción “Unha soa Saúde” (One Health) A aplicación do PS ó ámbito da saúde tivo como resultado o desenvolvemento da perspectiva “Unha soa Saúde”. A aproximación “Unha soa Saúde” foi proposta pola Organización Mundial da Saúde (OMS) co obxectivo de levar a cabo unha abordaxe integral e multidisciplinar da saúde a nivel político, lexislativo e sanitario (Who, 2017). Esta perspectiva, considera que a saúde e o benestar humano, a saúde animal e a saúde ambiental están
INÉS MARTÍNEZ PENA 15 6. METODOLOXÍA 6.1. Contexto didáctico, participantes e enfoque metodolóxico Este TFM aborda un estudo de caso (Simons, 2011), correspondente a un grupo-clase de 3º da ESO levado a cabo na materia de Bioloxía e Xeoloxía nun centro público do núcleo urbano de Santiago de Compostela. Este centro conta con alumnado de perfil socio-económico medio ou medio-alto, residente en Santiago de Compostela, ou ben, nos concellos próximos a esta localidade. Respecto ó contexto de aula, é importante salientar que, en xeral, se corresponde cun grupoclase participativo, que responde de xeito positivo ás dinámicas de aula relacionadas coa construción progresiva e colectiva do coñecemento. Igualmente, os participantes deste estudo mostraron unha boa predisposición para a realización de dinámicas de grupo, motivación, interese e curiosidade (figura 4, a). Concretamente, o grupo-clase que participou na presente investigación educativa componse de 18 escolares, dos cales 10 (56%) son alumnas e 8 (44%) son alumnos (figura 4, b). Figura 4. a) Alumnado durante o desenvolvemento das actividades; b) Participantes (N = 18) (elaboración propia). Nota: As imaxes do alumnado foron tomadas coa autorización do pai/nai/titor. A presente investigación constitúe un estudo de carácter cualitativo, é dicir, correspóndese coa recolección e interpretación de datos nos que se produce unha comunicación humana significativa, en relación coa comprensión da pandemia de COVID-19 dende un enfoque integral e multidisciplinar, como a visión “Unha soa Saúde” (Gibbs, 2012).
INÉS MARTÍNEZ PENA 16 O obxectivo principal desta investigación é o estudo do PS e do PC e futuro na aula dende a perspectiva “Unha soa Saúde” para a comprensión da saúde como unha cuestión global, empregando unha situación real e relevante, como a pandemia de COVID-19, como marco contextual. Por tanto, as preguntas de investigación que guían este traballo pretenden por unha parte, analizar a presenza do PS para identificar as causas da pandemia de COVID-19 (táboa 1, P1). Así mesmo, tamén se pretende determinar o tipo de pensamento temporal que posúen os alumnos en relación coa pandemia de COVID-19 (táboa 1, P2). A terceira pregunta desta investigación fai referencia ás accións que identifican os estudantes para previr futuras pandemias, sendo esta unha aptitude relacionada, principalmente, coa acción socio-científica (táboa 1, P3). Táboa 1. Preguntas de investigación (elaboración propia). P1- Cal é a capacidade do alumnado para aplicar o pensamento sistémico na identificación de posibles causas da pandemia de COVID-19? P2- Que pensamento temporal presenta o alumnado en relación a pandemia de COVID-19? Especificamente, como é o seu pensamento prospectivo e retrospectivo respecto á pandemia? P3- Que tipo de accións propoñen os/as estudantes para previr futuras pandemias? Esta proposta de investigación levouse a cabo dentro do período de realización do Práctium II, incluíndose no bloque temático de “Saúde e enfermidade”. A nivel curricular, esta proposta relaciónase principalmente co bloque de saberes básicos “H. Saúde e enfermidade”, do RD 217/2022, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Secundaria Obrigatoria (Real Decreto 217/2022, de 29 de Marzo, Por El Que Se Establece La Ordenación y Las Enseñanzas Mínimas de La Educación Secundaria Obligatoria., 2022). Cabe destacar que, do mesmo xeito ca o currículo vixente, esta proposta didáctica fomenta o desenvolvemento competencial e integral dos estudantes e ademais, atópase en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), incluídos na axenda 2030 das Nacións Unidas (Naciones Unidas, n.d.). 6.2. Proposta didáctica “Aplicar a perspectiva One Health na análise da pandemia de COVID-19” O desenvolvemento desta investigación educativa integrouse dentro da proposta didáctica titulada “Aplicar a perspectiva One Health na análise da pandemia de COVID-19”, a cal foi deseñada durante o período de prácticas correspondente ó Prácticum II.
INÉS MARTÍNEZ PENA 17 Esta proposta didáctica inclúe de 9 actividades, distribuídas en 5 sesións didácticas de 50 minutos de duración. As catro primeiras sesións leváronse a cabo de xeito continuo, durante dúas semanas (2 sesións/semana) entre o 28 de marzo e o 8 de abril, mentres que a sesión 5 tivo lugar o día 25 de abril, tras o período non lectivo de Semana Santa. A táboa 2 mostra un resumo da secuencia de actividades e a súa distribución en sesións, os seus obxectivos de aprendizaxe, as competencias específicas a desenvolver, así como os aspectos que se traballan e analizan en relación aos obxectivos de investigación do traballo. Táboa 2. Actividades da proposta didáctica (elaboración propia). Sesión Actividades Obxectivos Competencias específicas Aspecto a analizar/traballar 1 (28/03/22) T1.1. Que é para ti a saúde? Identificar os aspectos chave que definen a saúde e os factores que inflúen no estado de saúde dos individuos. 1. Interpretar e transmitir información e datos científicos, argumentando sobre eles e utilizando diferentes formatos, para analizar conceptos e procesos das ciencias biolóxicas y xeolóxicas. - T1.2. Cales son os axentes causais das enfermidades infecciosas? Discriminar os distintos axentes infecciosos e o xeito de tratalos, especialmente entre virus e bacterias (antivirais e antibióticos). 2. Identificar, localizar e seleccionar información, contrastando a súa veracidade, organizándoa e avaliándoa criticamente, para resolver preguntas relacionadas coas ciencias biolóxicas e xeolóxicas. - 2 (30/03/22) T2.1. Cal é a situación actual da COVID-19? Identificar as características máis importantes das enfermidades infecciosas. 2. Identificar, localizar e seleccionar información, contrastando a súa veracidade, organizándoa e avaliándoa criticamente, para resolver preguntas relacionadas coas ciencias biolóxicas e xeolóxicas. - T2.2. Que factores influíron na aparición da pandemia de COVID-19? Identificar os principais factores que inflúen na aparición de pandemias e as relacións existentes entre eles. 4. Utilizar o razoamento e o pensamento computacional, analizando criticamente as respostas e solucións e reformulando o procedemento, se fora necesario, para resolver problemas ou dar explicación a procesos da vida cotiá relacionados coa bioloxía e a xeoloxía. Pensamento sistémico 3 (04/04/22) T3.1. Que aprendemos da pandemia de COVID-19? Identificar os principais factores causantes da actual pandemia por COVID-19 e a relación entre eles. Aplicar o pensamento futuro á pandemia de COVID-19 e a posible aparición de futuras pandemias. 3. Planificar e desenvolver proxectos de investigación, seguindo os pasos das metodoloxías científicas e cooperando cando sexa necesario, para indagar en aspectos relacionados coas ciencias xeolóxicas e biolóxicas. 4. Utilizar o razoamento e o pensamento computacional, analizando criticamente as respostas e solucións e reformulando o procedemento, se fora necesario, para resolver problemas ou dar explicación a procesos da vida cotiá relacionados coa bioloxía e a xeoloxía. Pensamento retrospectivo e presente Pensamento prospectivo T3.2. Coñecedes outras pandemias ou outras enfermidades que poden Identificar outros exemplos de enfermidades que poden ser potencialmente pandemias. 1. Interpretar e transmitir información e datos científicos, argumentando sobre eles e utilizando diferentes formatos, para analizar conceptos e procesos das ciencias biolóxicas y xeolóxicas. -
INÉS MARTÍNEZ PENA 18 chegar a xerar unha pandemia parecida á do COVID-19? 4 (06/04/22) T4.1. Facilitamos os humanos a aparición de novas enfermidades infecciosas? Reflexionar sobre as consecuencias da actividade humana sobre a saúde pública. Relacionar a saúde humana coa saúde animal e a saúde do medio ambiente. 4. Utilizar o razoamento e o pensamento computacional, analizando criticamente as respostas e solucións e reformulando o procedemento, se fora necesario, para resolver problemas ou dar explicación a procesos da vida cotiá relacionados coa bioloxía e a xeoloxía. 5. Analizar os efectos de determinadas accións sobre o medio ambiente a saúde, baseándose nos fundamentos das ciencias biolóxicas e da Terra, para promover e adoptar hábitos que eviten ou minimicen os impactos medioambientais negativos, sexan compatibles cun desenvolvemento sostible e permitan manter e mellorar a saúde individual e colectiva. - T4.2. Somos expert@s! Analizar criticamente a información proporcionada no caso práctico. Identificar as interrelacións entre os humanos, os animais e o medio ambiente que explican o caso práctico. 5. Analizar os efectos de determinadas accións sobre o medio ambiente a saúde, baseándose nos fundamentos das ciencias biolóxicas e da Terra, para promover e adoptar hábitos que eviten ou minimicen os impactos medioambientais negativos, sexan compatibles cun desenvolvemento sostible e permitan manter e mellorar a saúde individual e colectiva. Acción sociocientífica SEMANA SANTA (11/04/22 – 18/04/22) 5 (25/04/22) T5.1. Avaliación Aplicar o aprendido para a resolución das cuestións propostas. 2. Identificar, localizar e seleccionar información, contrastando a súa veracidade, organizándoa e avaliándoa criticamente, para resolver preguntas relacionadas coas ciencias biolóxicas e xeolóxicas. - Nota: As competencias específicas que se especifican para cada actividade correspóndese coas incluídas no RD 217/2022. A elaboración desta proposta didáctica fundamentouse e inspirouse parcialmente en traballos previamente publicados na literatura. Concretamente, a inclusión de cuestionarios (actividade “T3.1. Que aprendemos da pandemia de COVID-19?”) inspirouse no traballo de Levrini e colaboradores, publicado no ano 2021, sobre o PF e a acción socio-científica en estudantes de Educación Secundaria (Levrini et al., 2021). Ademais, o enfoque adoptado para a abordaxe da análise do PF tamén se inspirou nas ferramentas virtuais dispoñibles na web “Teach the Future”, dispoñible en https://www.teachthefuture.org/ a cal ten accesibles diversos recursos e actividades para desenvolver habilidades relacionadas co PF (Teach the Future, 2022). Así mesmo, os casos prácticos propostos na actividade “T4.2. Somos expert@s” inspiráronse na lectura e revisión dun recurso desenvolvido pola MSU Extention 4-H Animal Science, da Universidade Estatal de Michigan, denominada “Be a Zoonotic Disease Detective Activity Book (4H1671)” (MSU Extention 4-H Animal Sicence, n.d.).
INÉS MARTÍNEZ PENA 19 Esta proposta didáctica posúe un enfoque transversal e pretende fomentar unha aprendizaxe significativa de contidos relacionados coas pandemias, para formar cidadáns críticos, responsables e conscientes do relevante papel que desempeña o ser humano na emerxencia de enfermidades infecciosas. Así mesmo, preténdese que o alumnado adquira conciencia das accións que pode levar a cabo para minimizar o risco de emerxencia de novas enfermidades (acción socio-científica). Tódalas actividades, excepto o esquema (actividade “T2.2. Que factores influíron na aparición da pandemia de COVID-19?”), o cuestionario (actividade “T3.1. Que aprendemos da pandemia de COVID-19?”) e a actividade de avaliación (actividade “T5.1. Avaliación”) foron actividades grupais (3-6 persoas/grupo), ou ben de posta en común entre todos os integrantes do grupo-clase. Para abordar as preguntas de investigación do presente traballo analízanse as actividades T2.2; T3.1; e T4.2 (táboa 2). En concreto, a abordaxe da primeira pregunta de investigación, “Cal é a capacidade do alumnado para aplicar o pensamento sistémico na identificación de posibles causas da pandemia de COVID-19?” realizouse a partir da análise da actividade “T2.2. Que factores influíron na aparición da pandemia de COVID-19?”, a cal se describe a continuación. T2.2. Que factores influíron na aparición da pandemia de COVID-19? O obxectivo principal desta actividade é que o alumnado identifique os factores que inflúen na aparición de pandemias, como a actual pandemia de COVID-19 e de ser posible, identificar a interrelación existente entre eles. Para iso, propúxose a elaboración individual dun esquema ou diagrama no que se inclúan os factores que influíron na aparición da pandemia de COVID- 19 e a posible interconexión entre eles (figura 5, a). A pesar de que a elaboración do diagrama foi individual, fomentouse o debate en pequenos grupos (3-5 discentes/grupo) para darlle máis dinamismo á actividade (figura 5, b). O enfoque adoptado nesta actividade permite analizar a posible presenza de trazos relacionados co PS no grupo-clase.
INÉS MARTÍNEZ PENA 20 Figura 5. a) Enunciado da actividade; b) Imaxe representativa do alumnado durante o desenvolvemento da actividade (elaboración propia). Nota: As imaxes do alumnado foron tomadas coa autorización do pai/nai/titor. A segunda pregunta de investigación, “Que pensamento temporal presenta o alumnado en relación a pandemia de COVID-19? Especificamente, como é o seu pensamento prospectivo e retrospectivo respecto á pandemia?”, fai referencia ó pensamento temporal e foi analizada a partir da actividade “T3.1. Que aprendemos da pandemia de COVID-19?” que se describe máis detalladamente a continuación. T3.1. Que aprendemos da pandemia de COVID-19? Esta actividade propúxose coa fin de que o alumnado reflexionase e identificase os factores causantes da actual pandemia de COVID-19, así como para que aplicasen o PF respecto á actual pandemia e a posible aparición de novas pandemias no futuro. Nesta actividade propúxose un cuestionario que cada alumno/a respondeu individualmente. O cuestionario constaba de doce preguntas relacionadas con tres aspectos ou dimensións: experiencia persoal; pensamento retrospectivo e presente; e pensamento prospectivo. Formúlanse catro preguntas relacionadas con cada unha das tres dimensións (táboa 3).
INÉS MARTÍNEZ PENA 21 Táboa 3. Preguntas do cuestionario “Que aprendemos da pandemia de COVID-19?” (elaboración propia). Categoría Pregunta Experiencia persoal 1. Como che afectou a pandemia de COVID-19 persoalmente? 2. Que tipo de medidas tomas para previr o contaxio? 3. Como cres que podes axudar a romper a cadea de infección da COVID-19? 4. Que accións individuais cres que poden axudar a evitar novas pandemias, como a COVID-19? Pensamento retrospectivo e actual 5. Cres que esta pandemia de COVID-19 foi un evento puntual ou cres que poden ocorrer máis pandemias no futuro? Explica o por que. 6. Cal ou cales cres que son as causas que orixinaron a actual pandemia de COVID-19? 7. Cres que as accións do ser humano influíron na aparición da pandemia de COVID-19? 8. Que tipo de accións pensas que poden afectar a aparición dunha pandemia como a da COVID-19? Pensamento prospectivo 9. Como cres que afectará a actual pandemia á sociedade no futuro? 10. Como cres que evolucionará a pandemia de COVID-19 e a nosa relación co virus? 11. Cres que o ser humano pode anticiparse á aparición de novas pandemias? 12. Cres que o ser humano podería evitar a aparición de novas pandemias? Razoa a túa resposta. En caso afirmativo, como poderías evitalas? A actividade ten como fin que o alumnado mobilice habilidades relacionadas co pensamento temporal en relación coa pandemia. En concreto, a análise do pensamento retrospectivo centrouse no estudo das respostas á pregunta 5 por constituír a pregunta nuclear e máis informativa dentro deste grupo de cuestións. As restantes preguntas da parte de “pensamento retrospectivo e actual” foron empregadas para corroborar a clasificación das respostas realizada a partir da cuestión 5. Seguindo este mesmo criterio, o estudo do pensamento prospectivo neste grupo-clase realizouse a partir das cuestións 9 e 10, mentres que as preguntas 11 e 12 foron empregadas para corroborar a coherencia da categorización das respostas. A terceira pregunta de investigación, “Que tipo de accións propoñen os/as estudantes para previr futuras pandemias?”, require a análise da actividade “T4.2. Somos expert@s!”, que se describe a continuación. T4.2. Somos expert@s! Somos expert@s! consistiu na resolución en grupos pequenos, de 3 a 6 persoas, dun caso práctico relacionado coa emerxencia de enfermidades infecciosas, empregando a perspectiva de “Unha soa Saúde” (One Health) (figura 6). Propuxéronse catro casos prácticos diferentes, un por cada grupo de traballo. O Anexo I “Somos expert@s!. Casos prácticos (elaboración propia)” recolle os casos resoltos por parte
INÉS MARTÍNEZ PENA 22 dos/as estudantes. Todos os casos foron contextualizados en situacións verosímiles que representasen problemas relevantes e auténticos para o alumnado. Figura 6. Estudantes durante a resolución dos casos prácticos (elaboración propia). Nota: As imaxes do alumnado foron tomadas coa autorización do pai/nai/titor. A actividade implicou a análise crítica da información para a resolución dun caso práctico e consistiu en responder a 6-7 preguntas finais. Estas preguntas pretenden que o alumnado estableza conexións entre a saúde humana, a saúde animal e a saúde ecosistémica. Así mesmo, tamén se pretende que reflexionen sobre os efectos que as accións humanas (tanto individuais, como colectivas) poden chegar a ter sobre a saúde do medio ambiente, a saúde animal e a propia saúde humana. Cada grupo recibiu un caso práctico distinto, de xeito que as 3-4 primeiras preguntas foron cuestións especificamente contextualizadas en cada caso, mentres que as 3 últimas cuestións foron comúns en tódolos casos. Estas 3 últimas preguntas considéranse nucleares e nelas traballáronse contidos básicos relacionados coa acción socio-científica (agency), dende a perspectiva “Unha soa Saúde”. Consecuentemente, a análise do cuestionario e a clasificación de cada grupo de traballo nas destituínas categorías levouse a cabo a partir das respostas ás 3 preguntas finais de cada caso práctico. As 3-4 primeiras preguntas (dependentes do contexto empregado en cada caso) foron utilizadas para corroborar a coherencia da clasificación realizada.
INÉS MARTÍNEZ PENA 23 6.3. Rexistro e análise de datos O rexistro de datos realizouse mediante a recollida dos documentos escritos elaborados polos escolares durante as diferentes actividades, así como a través da gravación dos debates realizados na aula. Ademais, a análise das actividades de posta en común levouse a cabo mediante o rexistro de notas de campo tomadas por parte da docente. En particular, para responder á primeira pregunta de investigación, “Cal é a capacidade do alumnado para aplicar o pensamento sistémico na identificación de posibles causas da pandemia de COVID-19?”, levouse a cabo o rexistro de datos, mediante a elaboración do documento escrito por parte dos estudantes (esquema), durante a actividade “2.2. Que factores influíron na aparición da pandemia de COVID-19?”. A táboa 4 mostra a rúbrica e os criterios de análise empregados para o estudo desta primeira pregunta de investigación. Esta análise céntrase en estudar en que medida se consideran os distintos compoñentes da perspectiva “Unha soa Saúde” para explicar a orixe da pandemia de COVID-19, o cal implica o uso do PS. A rúbrica elabórase en interacción cos datos, sendo a agrupación de respostas en dúas grandes categorías en base ó criterio de identificación de posibles causas de aparición da pandemia de COVID-19. Os datos necesarios para responder á segunda pregunta de investigación, “Que pensamento temporal presenta o alumnado en relación a pandemia de COVID-19? Especificamente, como é o seu pensamento prospectivo e retrospectivo respecto á pandemia?”, foron obtidos mediante a análise das respostas dos estudantes a cada unha das preguntas formuladas na actividade “3.1. Que aprendemos da pandemia de COVID-19?”. As respostas do alumnado codificáronse en base ó tipo de pensamento temporal existente respecto á pandemia de COVID-19. A táboa 5 mostra a rúbrica elaborada. Co obxectivo de obter unha visión integral do tipo de pensamento temporal que posúe este grupo de estudo, levouse a cabo unha análise do pensamento temporal global, analizando conxuntamente o pensamento retrospectivo e prospectivo de cada estudante. A táboa 6 presenta as categorías consideradas para abordar esta análise. Finalmente, os datos necesarios para a abordaxe da terceira pregunta de investigación, “Que tipos de accións propoñen os/as estudantes para previr futuras pandemias?”, obtivéronse a partir da interpretación das respostas que cada grupo proporcionou no documento
INÉS MARTÍNEZ PENA 24 escrito do caso práctico (actividade “4.2. Somos expert@s!”). A táboa 7 mostra as categorías establecidas de maneira iterativa na análise do contido das respostas.
INÉS MARTÍNEZ PENA 31 [En resposta á pregunta 5: cres que a pandemias de COVID-19 foi un evento puntual, ou cres que poden ocorrer máis pandemias no futuro? Explica o por que] Estudante 1: “As pandemias son eventos periódicos e seguirán sendo sempre, ademais a superpoboación do mundo axuda moito a que estes acontecementos vólvanse máis comúns”. Estudante 2: “Penso que esta pandemia non é algo excepcional xa que xa ocorreu algo similar en distintos momentos da historia como por exemplo coa gripe ou coa peste. Tamén penso que isto é algo que poderá volver ocurrir con outros virus por exemplo, se non se melloran as medidas sanitarias en certos lugares onde é moi fácil que un virus se propague”. Nestes exemplos pode observarse como se xustifica a conexión pasado-presente (afirmando que “as pandemias son eventos periódicos” e que “xa aconteceron noutros momentos da Historia”), se aportan exemplos (“a gripe, a peste”) e ademais identifícanse factores que explican a súa aparición (“a superpoboación”, “a falta de controis e medidas sanitarias”) para xustificar que poidan aparecer máis no futuro. O estudo do pensamento de tipo prospectivo mostrou que 2 estudantes dos 18 considerados no estudo non fixeron predicións sobre o futuro da pandemia de COVID-19. Estes estudantes, clasificados na categoría C, mostran unha falta de pensamento prospectivo (táboa 5, categoría C. Ausencia de pensamento prospectivo). Os seguintes correspóndese con exemplos de resposta incluídas nesta categoría: [En resposta á pregunta 9: como cres que afectará a actual pandemia de COVID-19 no futuro?] Estudante: “Non o sei” [En resposta á pregunta 10: como cres que afectará a actual pandemia de COVID-19 no futuro?] Estudante: “Espero que se mellore e se acabe o virus”. Estas respostas non fan predicións sobre o futuro da pandemia, senón que evidencian a incerteza relacionada coa situación sanitaria (“non o sei”), ou expresan desexos persoais cara o futuro (“espero que se mellore [...]”). En contraposición, 16 dos 18 estudantes fixeron predicións sobre o futuro da pandemia de COVID-19, mostrando algún tipo de pensamento prospectivo e sendo clasificados na categoría D (táboa 5, categoría D. Presenza de pensamento prospectivo). Dentro desta categoría, 4 estudantes afirmaron que a pandemia de COVID-19 será considerada como un evento do pasado e que non afectará significativamente no futuro (táboa 5, subcategoría d.1. Baixo grao
INÉS MARTÍNEZ PENA 32 de pensamento prospectivo). O seguinte é un exemplo ilustrativo das respostas incluídas nesta subcategoría: [En resposta á pregunta 9: como cres que afectará a actual pandemia de COVID-19 no futuro?] Estudante: “Pois darase no instituto como algo dunha materia. E os maiores (os que a viviron) contaranllo aos seus descendentes”. [En resposta á pregunta 10: como cres que afectará a actual pandemia de COVID-19 no futuro?] Estudante: “Considerarase unha gripe ata a súa extinción”. Estas respostas evidencian que o alumnado considera que a COVID-19 chegará a desaparecer nalgún momento e que poderemos volver a unha situación sanitaria igual á anterior á pandemia. É dicir, crese que volveremos a vivir como se a pandemia de COVID-19 non tivese acontecido, sendo este un escenario pouco probable no futuro. Os 12 estudantes restantes incluídos dentro da categoría D, postularon que conviviremos coa COVID-19 no futuro, que estará máis normalizado e que haberá máis concienciación ó respecto (táboa 5, subcategoría d.2. Alto grao de pensamento prospectivo). A seguinte transcrición constitúe un exemplo representativo do tipo de respostas clasificadas nesta subcategoría: [En resposta á pregunta 9: como cres que afectará a actual pandemia de COVID-19 no futuro?] Estudante: “Supoño que sucederá como coa gripe e periódicamente a xente con problemas respiratorios ou maiores, deban vacinarse para previr consecuencias graves por se padeceran a enfermidade”. [En resposta á pregunta 10: como cres que afectará a actual pandemia de COVID-19 no futuro?] Estudante: “Penso que o virus seguirá con nós por moito tempo pero grazas á inmunización provocada polas vacunas, será un virus máis, de menor importancia. Algo similar a unha gripe. E isto fará que non sexan necesarias todas as actuais medidas”. As respostas incluídas dentro deste subgrupo mostran unhas predicións futuras realistas ó postular que o virus non vai desaparecer pero que nos adaptaremos a convivir con el. Finalmente e co obxectivo de obter unha visión global do tipo de pensamento temporal existente neste grupo de estudo, analizouse conxuntamente o pensamento retrospectivo e prospectivo de cada alumno. A táboa 6 e a figura suplementaria 3 (ver: “Anexo II. Figuras Suplementarias”) recollen os resultados derivados desta análise.
INÉS MARTÍNEZ PENA 33 Táboa 6. Análise global do pensamento temporal (retrospectivo e prospectivo) (N = 18) (elaboración propia). Categoría Descrición Frecuencia (N = 18) Porcentaxe (%) Categoría A. Ausencia de pensamento temporal. Falta de pensamento temporal. 1/18 5,6 % Categoría B. Pensamento temporal incompleto. Pensamento temporal incompleto. 9/18 50,0 % Categoría C. Pensamento temporal parcial. Pensamento temporal parcial. 6/18 33,3 % Categoría D. Pensamento temporal completo. Pensamento temporal completo. 2/18 11,1 % Este análise permitiu clasificar as respostas dos estudantes en 4 categorías diferentes. A categoría A correspóndese con aquelas respostas que non mostraron evidencias de pensamento retrospectivo (pensamento retrospectivo: categoría A) nin de pensamento prospectivo (pensamento prospectivo: categoría C). Neste caso, só 1 dos 18 estudantes que participaron neste estudo mostrou falta de pensamento temporal a nivel global (táboa 6, categoría A. Ausencia de pensamento temporal). Por outra banda, 9 respostas, é dicir, a metade dos alumnos incluídos neste estudo mostraron pensamento temporal incompleto. Esta categoría correspóndese con aquelas respostas que mostraron indicios dun tipo de pensamento temporal (retrospectivo ou prospectivo) pero non do outro. Por tanto, trátase de respostas que presentaron un perfil de pensamento temporal retrospectivo/prospectivo do seguinte tipo: A/_, ou _/C (táboa 6, categoría B. Pensamento temporal incompleto). Ademais, 6 respostas presentaron ambos tipos de pensamento temporal, prospectivo e retrospectivo, con diferentes grados de desenvolvemento. Por tanto, esta categoría inclúe ás respostas cos seguintes perfís de pensamento temporal retrospectivo/prospectivo: b1/d1; b1/d2; e b3/d1 (táboa 6, categoría C. Pensamento temporal parcial). A última categoría, a categoría D, correspóndese con aquelas resopstas que mostraron indicios de pensamento temporal completo, isto é, que se clasificaron nas categorías de máximo grao de desenvolvemento de pensamento retrospectivo e prospectivo, mostrando un perfil retrospectivo/prospectivo de tipo b3/d2 (táboa 6, categoría D. Pensamento temporal completo).
INÉS MARTÍNEZ PENA 34 7.3. Tipos de accións para previr futuras pandemias. Acción socio-científica. Este último conxunto de resultados correspóndese co estudo da terceira pregunta de investigación, “Que tipo de accións propoñen os/as estudantes para previr futuras pandemias?” e centrouse na análise de aspectos relacionados coa acción socio-científica. Os resultados obtidos a partir do estudo desta pregunta de investigación inclúense na táboa 7 e na figura suplementaria 4 (ver: “Anexo II. Figuras Suplementarias”). Táboa 7. Tipos de accións propostas para previr futuras pandemias (N = 4 grupos de traballo) (elaboración propia). Categoría Descrición Frecuencia (N = 4) Categoría A. Accións individuais. Só identifica actividades humanas individuais. 0/4 Categoría B. Accións colectivas. Só identifica actividades humanas colectivas. 1/4 Categoría C. Accións individuais e colectivas. Identifica accións humanas individuais e colectivas. 3/4 Dos catro grupos de traballo analizados, todos eles identificaron e propuxeron accións orientadas a previr futuras pandemias. Non obstante, non houbo ningún grupo de traballo que identificase exclusivamente accións humanas individuais (táboa 7, categoría A. Accións individuais). Pola contra, 1 dos 4 grupos propuxo só accións antrópicas de tipo colectivo para poder previr futuras pandemias (táboa 7, categoría B. Accións colectivas). O seguinte exemplo ilustra esta categoría: “A realización de rigurosos e periódicos controis sanitarios, ser respetuosos co medio ambiente...”. As accións propostas neste exemplo evidencian que se trata de intervención humanas de tipo colectivo, que serán eficaces cando se produce un cambio no conxunto da sociedade. Os 3 grupos restantes, elaboraron un listado de accións humanas mixtas, tanto individuais como colectivas para tratar de previr futuras pandemias (táboa 7, categoría C. Accións individuais e colectivas). O seguinte é un exemplo representativo das respostas clasificadas dentro desta categoría: “Manter os ecosistemas, respectar as indicacións médicas, aos animais domésticos sometelos a controis veterinarios, facer controis sanitarios aos alimentos que proveñen de animais...”.
INÉS MARTÍNEZ PENA 35 Neste exemplo é posible observar tanto accións humanas individuais (como manter o axeitado estado sanitario das mascotas ou respectar as indicacións médicas), como colectivas (facer controis sanitarios de alimentos de orixe animal para comprobar o seu estado de cara ó consumo humano).
INÉS MARTÍNEZ PENA 36 8. DISCUSIÓN Os resultados correspondentes á primeira pregunta de investigación, “Cal é a capacidade do alumnado para aplicar o pensamento sistémico na identificación de posibles causas da pandemia de COVID-19?”, mostran que a maioría do alumnado neste estudo presenta dificultades para diferenciar entre as causas e as consecuencias derivadas da pandemia de COVID-19. Así mesmo, entre aqueles que identificaron as posibles causas que poden potencialmente explicar a orixe da pandemia de COVID-19, puidemos identificar que a maioría presenta un pensamento causal simple, xa que o atribúen a pandemia a un único factor causal. O alumnado amosa un escaso grao de desenvolvemento do PS en relación á pandemia. Estes resultados están en concordancia cos dun estudo recente (Puig & Uskola, 2021), no que se mostra que a maioría do alumnado se centra en factores relacionados coas medidas sanitarias aplicadas tras a aparición da pandemia de COVID-19 e que non identifican claramente as causas deste problema sanitario global. Ademais, a maioría presenta unha visión causal simple en relación á posible orixe da pandemia de COVID-19. Na presente investigación, unicamente 1 dos 18 alumnos mostrou un PS completo, o que significa que ser capaz de incorporar factores das tres esferas consideradas dentro da perspectiva “Unha soa Saúde” como posibles causas da pandemia, sendo quen de relacionar as tres esferas. A maioría dos estudos relacionados co PS en Bioloxía e Xeoloxía céntranse noutras cuestións, como a comprensión do funcionamento do corpo humano (Snapir et al., 2017), a ecoloxía (Mambrey et al., 2020; Riess & Mischo, 2010), ou a xeoloxía (Batzri et al., 2015). A análise do PS relacionado con outras áreas de Bioloxía e da Xeoloxía, como o corpo humano (Snapir et al., 2017), a ecoloxía (Mambrey et al., 2020; Riess & Mischo, 2010), ou a xeoloxía (Batzri et al., 2015), entre outros, mostra, en xeral, un maior grao de desenvolvemento desta habilidade, en comparación co nivel de PS observado neste grupo de estudo. Isto pode ser debido a complexidade da pandemia de COVID-19, a cal constitúe, ademais, un evento e experiencia completamente nova para os/as estudantes. Dada a importancia do PS para a comprensión e aprendizaxe significativa en ciencias, existe un aumento de interese no desenvolvemento de estudos que potencien estas habilidades. Nun traballo recente elaborado por Momsen e colaboradores (2022) propón o uso do PS para unificar a aprendizaxe de fenómenos complexos en Bioloxía, baseándose na síntese e extensión das contribucións de traballos previos (Assaraf & Orion, 2005, 2009; Momsen et al., 2022; Sommer & Lücken, 2010). Así mesmo, publicacións como a de Zvi Assaraf e Knippels (2022) salientan a gran importancia do estudo do PS para acadar a educación para o desenvolvemento
INÉS MARTÍNEZ PENA 37 sostible, así como para a axeitada alfabetización científica dos escolares (Zvi Assaraf & Knippels, 2022). A abordaxe da segunda pregunta de investigación, “Que pensamento temporal presenta o alumnado en relación a pandemia de COVID-19? Especificamente, como é o seu pensamento prospectivo e retrospectivo respecto á pandemia?”, permítenos afirmar que a metade dos participantes non aplican o pensamento retrospectivo, mentres que a outra metade amosa distintos graos de desenvolvemento de pensamento temporal retrospectivo. En relación co pensamento prospectivo, a maioría elaborou e emitiu predicións sobre o futuro da pandemia, sendo, en xeral, as súas predicións realistas e fundamentadas na situación actual. Ademais, foi posible identificar un maior número de estudantes que presentaban algún grao de pensamento prospectivo, en comparación coa presenza do pensamento retrospectivo neste grupo-clase. Este resultado indica unha maior facilidade por parte do alumnado para elaborar e emitir predicións cara o futuro que para analizar o pasado como recurso para poder explicar o presente. Este resultado está en concordancia co feito de que a metade do grupo mostrase un pensamento temporal incompleto na análise conxunta do pensamento temporal (pensamento retrospectivo + prospectivo). Existen publicacións previas que mostran unha correlación entre a capacidade de recrear eventos do pasado e o grao de PF en adolescentes (Gott & Lah, 2014). Tanto os resultados deste traballo como as publicacións previas existentes na literatura resaltan a importancia de promover o pensamento temporal entre os escolares, como parte esencial da alfabetización científica. A terceira pregunta de investigación, “Que tipo de accións propoñen os/as estudantes para previr futuras pandemias?”, mostra que todos os escolares foron quen de propoñer accións para previr pandemias no futuro. A maioría propuxeron acción antrópicas tanto individuais, como colectivas. Non obstante, a maioría das propostas foron accións de tipo colectivo, o que evidencia que a identificación de medidas colectivas para previr futuras pandemias resulta máis sinxelo para estes escolares que a identificación de accións de tipo individual. As limitadas propostas de accións humanas individuais poñen de manifesto a necesidade de traballar máis en profundidade a dimensión individual da acción socio-científica. A mellora deste aspecto permitiría mostrar ó alumnado a idea de que as accións individuais propias posúen repercusións relevantes no benestar colectivo e que as decisións persoais definen en boa medida as accións e decisións tomadas na propia comunidade. Para acadar este obxectivo Cavagnetto e colaboradores destacan a importancia de considerar a relación coste-beneficio para poder
INÉS MARTÍNEZ PENA 38 comprender axeitadamente o nivel de compromiso que os estudantes mostran en relación a unha determinada cuestión socio-científica (Cavagnetto et al., 2020). Neste senso, a implicación activa dos escolares nos procesos de indagación e na toma de decisións relacionadas con problemas socio-científicos fomenta de xeito significativo o seu compromiso e a súa noción de acción socio-científica. Con esta dinámica promóvese que os escolares se sintan escoitados e co-partícipes na abordaxe conxunta de problemas socio-científicos, o que incrementará o seu interese e a súa implicación na resolución de problemas sanitarios globais (Cook-Sather, 2020; Roth & Lee, 2004). Alén disto, cómpre realizar estudos exhaustivos que permitan identificar os factores de maior influencia na acción socio-científica en relación coa pandemia de COVID-19 para poder adquirir un maior grao de comprensión deste problema socio-sanitario. En definitiva, os resultados deste TFM evidencian a necesidade de incluír a perspectiva temporal na ensinanza de problemáticas socio-científicas en Educación Secundaria para a mellora da comprensión de eventos complexos, como a pandemia de COVID-19, o que favorece o desenvolvemento do PS, así como unha maior conciencia de acción (acción sociocientífica), en consonancia con traballos previos (Gott & Lah, 2014; Laherto & Rasa, 2022; Nan & Qin, 2019).
INÉS MARTÍNEZ PENA 39 9. CONCLUSIÓNS E VALORACIÓN CRÍTICA O presente traballo de investigación posibilitou a obtención de diversas conclusións en relación coa comprensión da pandemia de COVID-19 por parte dos escolares, todas elas extrapolables a outros eventos e problemas sanitarios globais que poidan xurdir no futuro. En primeiro lugar, este traballo permitiu observar a relevancia do desenvolvemento e aplicación do PS para a comprensión da orixe da pandemia de COVID-19. Esta aproximación mostrou que a maioría dos estudantes posúen dificultades para identificar factores dentro das relacións causa-consecuencia e de identificalos, presentan un pensamento causal simple. Deste xeito, os resultados obtidos en relación a esta cuestión evidencian a necesidade de traballar e promover as habilidades relacionadas co PS nas aulas de Bioloxía e Xeoloxía, especialmente en relación con temáticas de saúde pública, onde existe unha escasa investigación (Puig & Uskola, 2021). Neste senso, o presente traballo expón o gran potencial que posúe a visión “Unha soa Saúde” para a mellora da aprendizaxe de fenómenos complexos nas aulas de Bioloxía, así como para promover unha aprendizaxe orientada cara o desenvolvemento sostible (Naciones Unidas, n.d.). Por outra banda, a comprensión integral e global de fenómenos complexos, como a pandemia de COVID-19, non só depende do PS, senón que tamén ven influenciado polo pensamento temporal, podendo diferenciar entre pensamento retrospectivo e prospectivo. Os resultados do presente traballo poñen de manifesto que existe un maior grao de pensamento prospectivo que retrospectivo en relación á comprensión da pandemia de COVID-19. Así mesmo, a metade dos escolares mostraron un pensamento temporal global incompleto, ó posuír un único tipo de pensamento temporal (retrospectivo ou prospectivo). Non obstante, publicacións previas defenden a existencia dunha correlación entre o pensamento retrospectivo e prospectivo (Gott & Lah, 2014). Por tanto, serán necesarios estudos adicionais para dilucidar esta discrepancia. A pesar disto, tanto este traballo como a literatura existente neste ámbito defenden a importancia da incorporación do pensamento temporal ás aulas para a mellora da aprendizaxe de ciencias. Finalmente, a abordaxe da capacidade de acción socio-científica amosou a existencia dun certo grao de conciencia de acción en relación coa pandemia de COVID-19. A conciencia sociocientífica deste grupo de estudo manifestouse fundamentalmente a través da proposta de accións humanas de tipo colectivo para a prevención de futuras pandemias, sendo minoritarias as propostas relacionadas con accións humanas individuais. Esta observación indica a necesidade
INÉS MARTÍNEZ PENA 40 de mostrar a relevancia das accións e decisións individuais e propias sobre o conxunto da sociedade. Para fomentar o compromiso dos escolares, será necesario facelos partícipes activos na resolución de problemas de saúde pública, co fin de que o equilibrio coste-beneficio se incline cara a implicación na acción socio-científica (Cavagnetto et al., 2020; Cook-Sather, 2020; Roth & Lee, 2004). Considero que tanto a intervención didáctica realizada no Prácticum II, como a escritura do presente TFM contribuíron a enriquecer a miña formación como futura docente. Ademais, a elección do tema de investigación aportou unha perspectiva integral sobre como abordar os problemas da Bioloxía e concretamente, da saúde pública, dun xeito relevante para os estudantes. A compartimentalización de fenómenos biolóxicos resulta útil como primeira aproximación ós mesmos, para poder comprendelos de maneira progresiva. Non obstante, este proxecto reforzou a idea de que non debemos perder a perspectiva do fenómeno obxecto de estudo dende un punto de vista sistémico, considerándoo como un todo. Unicamente alternando ambas perspectivas (unha máis macroscópica ou sistémica e outra máis microscópica ou secuencial) será posible obter unha aprendizaxe integral e profunda do obxecto de estudo. Debo recoñecer que este enfoque para a aprendizaxe e comprensión de contidos relacionados coa Bioloxía non me resulta alleo, posto que a miña formación previa a nivel científico e de investigación biomédica require o uso simultáneo das perspectivas macroscópicas e microscópicas. Así mesmo, considero que a miña formación previa me aportou facilidades para a análise do proxecto proposto neste TFM. Do mesmo xeito, as reflexións derivadas deste TFM non só posibilitaron a aproximación da miña formación á innovación en Bioloxía e Xeoloxía, senón que tamén favoreceron o desenvolvemento de reflexións profundas sobre a epistemoloxía desta disciplina científica. Considero que estas reflexións epistemolóxicas deberían ser a base de calquera docente de Educación Secundaria para poder proporcionar unha ensinanza de calidade ós seus futuros seus alumnos.
INÉS MARTÍNEZ PENA 47 school biology students – a longitudinal study. International Journal of Science Education, 39(15), 2092–2127. https://doi.org/10.1080/09500693.2017.1364445 Sommer, C., & Lücken, M. (2010). System competence – Are elementary students able to deal with a biological system? Nordic Studies in Science Education, 6(2), 125–143. https://doi.org/10.5617/nordina.255 Sturmberg, J. P. (2018). Embracing complexity in health and health care-Translating a way of thinking into a way of acting. Journal of Evaluation in Clinical Practice, 24(3), 598–599. https://doi.org/10.1111/jep.12935 Teach the Future. (2022). Tea. https://www.teachthefuture.org/ Tripto, J., Assaraf, O. B.-Z., & Amit, M. (2013). Mapping What They Know: Concept Maps as an Effective Tool for Assessing Students’ Systems Thinking. American Journal of Operations Research, 03(01), 245–258. https://doi.org/10.4236/ajor.2013.31A022 Verhoeff, R. P., Knippels, M.-C. P. J., Gilissen, M. G. R., & Boersma, K. T. (2018). The Theoretical Nature of Systems Thinking. Perspectives on Systems Thinking in Biology Education. Frontiers in Education, 3. https://doi.org/10.3389/feduc.2018.00040 Vidergor, H. E., Givon, M., & Mendel, E. (2019). Promoting future thinking in elementary and middle school applying the Multidimensional Curriculum Model. Thinking Skills and Creativity, 31, 19–30. https://doi.org/10.1016/j.tsc.2018.10.001 Vieira, R. ., Tenreiro-Vieira, C. ., & Martins, I. (2011). Critical Thinking: Conceptual Clarification and Its Importance in Science Education. Science Education International, 22(1), 43–54. https://eric.ed.gov/?id=EJ941655 Vieira, R. M., & Tenreiro-Vieira, C. (2016). Fostering Scientific Literacy and Critical Thinking in Elementary Science Education. International Journal of Science and Mathematics Education, 14(4), 659–680. https://doi.org/10.1007/s10763-014-9605-2 Wear, A. (2008). Place, Health, and Disease: The Airs, Waters, Places Tradition in Early Modern England and North America. Journal of Medieval and Early Modern Studies, 38(3), 443–465. https://doi.org/10.1215/10829636-2008-003 Who. (2017). One health. https://www.who.int/news-room/questions-and-answers/item/onehealth
INÉS MARTÍNEZ PENA 48 York, S., Lavi, R., Dori, Y. J., & Orgill, M. (2019). Applications of Systems Thinking in STEM Education. Journal of Chemical Education, 96(12), 2742–2751. https://doi.org/10.1021/acs.jchemed.9b00261 Zanwar, P. (2021). One Health and Averting the Next Pandemic: Concept, Origin, Evolution, and Challenges. SSRN Electronic Journal. https://doi.org/10.2139/ssrn.3865704 Zvi Assaraf, O. Ben, & Knippels, C. P. J. (2022). Fostering Understanding of Complex Systems in Biology Education (O. Ben Zvi Assaraf & M.-C. P. J. Knippels (eds.)). Springer International Publishing. https://doi.org/10.1007/978-3-030-98144-0
INÉS MARTÍNEZ PENA 49 11. ANEXO I. Somos expert@s! Casos prácticos (elaboración propia) Caso práctico 1
INÉS MARTÍNEZ PENA 50
INÉS MARTÍNEZ PENA 51
INÉS MARTÍNEZ PENA 52 Caso práctico 2
INÉS MARTÍNEZ PENA 53
INÉS MARTÍNEZ PENA 54
INÉS MARTÍNEZ PENA 55 Caso práctico 3
INÉS MARTÍNEZ PENA 56
INÉS MARTÍNEZ PENA 63 Figura suplementaria 3. Clasificación das respostas en categorías: pensamento temporal global (retrospectivo + prospectivo) (N = 18) (elaboración propia). Figura suplementaria 4. Clasificación das respostas en categorías (N = 4) (elaboración propia).
INÉS MARTÍNEZ PENA 64 13. AGRADECEMENTOS Gustaríame darlle un recoñecemento especial a Blanca Puig, directora deste traballo, polo seu compromiso e a súa implicación durante todo o proceso de elaboración deste TFM. Foi un gusto poder traballar con alguén tan comprometido coas persoas que tutela. Por outra banda, tamén me gustaría agradecer ós estudante de 3º de ESO as súas ganas e a súa participación. Este traballo non sería posible sen vós. Grazas tamén por ensinarme tanto sobre a docencia durante o tempo que compartimos na aula. Grazas a Manuel Antonio polos seus consellos durante as miñas estadías no colexio. Sen dúbida, tereinos en conta para o futuro. Por último, grazas á miña familia, amigos e parella por mostrarme sempre o voso apoio incondicional.