Full text
Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Bioloxía Fitopatoloxía Antonio Segura Iglesias e Francisco Luís de la Torre Noya Departamento de Fisioloxía Vexetal Facultade de Bioloxía 3 A defensa das plantas fronte a patóxenos 9788498 879087 ISBN 978-84-9887-908-7
A defensa das plantas fronte a patóxenos 3 Antonio Segura Iglesias e Francisco Luís de la Torre Noya Departamento de Fisioloxía Vexetal Facultade de Bioloxía
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1143-2012 ISBN 978-84-9887-908-7
UNIDADE DIDÁCTICA IV. A defensa das plantas fronte a patóxenos- 3 MATERIA: Fitopatoloxía TITULACIÓN: Grao en Bioloxía PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Conceptos xerais Factor adverso. Enfermidade. Patóxenos. Parasitismo e patoxenicidade. Procesos patoxénicos. Patóxenos bióticos. Estrutura e función. Enfermidades abióticas Unidade II. Interaccións hospedeiro-patóxeno Localización. Penetración. Colonización. Invasión. Factores de patoxenicidade. Degradación de cubertas vexetais. Degradación encimática da parede celular. Toxinas específicas e non específicas. Modo de acción Unidade III. A defensa das plantas fronte a patóxenos Defensas químicas e estruturais preexistentes. Defensas inducidas Resposta hipersensitiva. Fitoalexinas. Elicitores. Resistencia sistémica adquirida. Xenética das relacións hospedeiro-patóxeno. Xenes e enfermidade. Variabilidadexenética. O concepto xene por xene. Resistencia e enxeñería xenética Unidade IV. Fisioloxía da planta enferma Ambiente e enfermidade Papel das hormonas na expresión de síntomas. Alteracións na permeabilidade. Desequilibrio hídrico Cambios no metabolismo do carbono. Desaxustes na actividade respiratoria e na fotosíntese Unidade V. Epidemioloxía das enfermidades das plantas Dinámica da interacción entre poboacións de patóxeno e hóspede. Modelos. Predición Control das enfermidades das plantas Unidade VI. Fitopatoloxía descritiva Enfermidades producidas por fungos e organismos semellantes Enfermidades producidas por procariotas: mollicutes e bacterias Enfermidades producidas por virus e viroides Plantas superiores parasitas Nematodos como fitopatóxenos
UNIDADE DIDÁCTICA IV. A defensa das plantas fronte a patóxenos- 5 ÍNDICE Presentación ....................................................................................... 7 Obxectivos .......................................................................................... 7 Metodoloxía e actividades ................................................................. 8 Contidos .............................................................................................. 9 1. Defensa Vexetal ............................................................. 9 1.1. Defensa pasiva ou constitutiva ....................... 9 1.2. Defensa activa ou inducible ............................ 10 2. Resposta hipersensitiva................................................. 11 2.1. Concepto de hipersensibilidade ..................... 11 2.2. Especies reactivas de osíxeno....................... 12 2.3. Proteínas relacionadas coa patoxenicidade... 12 2.4. Fitoalexinas..................................................... 12 2.5. Resposta defensiva sistémica........................ 12 3. Xenética da relación hospedeiro-patóxeno .................... 12 3.1. Xenética e enfermidade .................................. 13 3.2. Xenética da virulencia .................................... 13 3.3. Xenes de resistencia...................................... 13 3.4. Variabilidade en plantas e patóxenos............ 13 3.5. Modelo xene por xene de Flor ........................ 14 3.6. Resistencia e enxeñería xenética .................. 14 Avaliación………………. ………………………………………. ............. 14 Bibliografía ..................................................................... 16
UNIDADE DIDÁCTICA IV. A defensa das plantas fronte a patóxenos- 7 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica inclúese na materia Fitopatoloxía que se imparte no cuarto curso do grao en Bioloxía, cunha carga lectiva de 4.5 créditos ECTS. Os destinatarios son alumnos de último curso de Grao. A Fitopatoloxía, que estuda as enfermidades das plantas, está especialmente relacionada con outras materias do Grao, como Botánica, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal, Bioquímica e Xenética. O alumnado adquirirá coñecementos fundamentais para entender as interaccións entre os organismos patóxenos e os vexetais como consecuencia das cales aparecen as enfermidades. A docencia desta materia repártese en 36 horas de clases presenciais, 10 horas de laboratorio e dúas de titorías. Dentro do programa teórico da materia, esta unidade didáctica impartirase despois da introdución xeral da materia e da descritiva dos procesos de patoxenicidade na interacción hóspedepatóxeno. A Fitopatoloxía é unha disciplina que estuda os patóxenos vexetais e a súa interacción coas plantas (enfermidade), e o medio ambiente; neste sentido, resulta imprescindible para comprender a fisioloxía da disfunción asociada ao proceso de patoxenicidade, coas súas fondas repercusións para a economía agrícola e a alimentación dos seres humanos. Asemade, a Fitopatoloxía é a disciplina encargada da prevención e da administración de medidas fitosanitarias para reducir, na medida do posible, as consecuencias asociadas á aparición e a diseminación das enfermidades das plantas. Neste contexto, esta Unidade Didáctica engloba a ampla variedade dos procesos defensivos dos vexetais, de necesaria compresión para entender a fisioloxía da enfermidade. OBXECTIVOS Obxectivos xerais da materia: • Coñecer e manexar vocabulario específico da materia. • Adquirir coñecementos básicos acerca dos organismos causantes das enfermidades das plantas. • Adquirir coñecementos avanzados da interacción plantapatóxeno, e das defensas das plantas fronte ás enfermidades. • Adquirir coñecementos avanzados relacionados ca descritiva das enfermidades das plantas. • Identificar as enfermidades máis relevantes no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia. • Coñecer e utilizar as técnicas de laboratorio empregadas habitualmente nas ciencias da vida. • Valorar a importancia socioeconómica das enfermidades das plantas. Obxectivos específicos da unidade didáctica: • Adquirir coñecementos sobre as defensas químicas, estruturais
14- UNIDADE DIDÁCTICA IV. A defensa das plantas fronte a patóxenos están asociados a orgánulos citoplasmáticos (mitocondrias e plastos) tamén son herdados e xogan papeis importantes no proceso de resistencia á enfermidade. Os fungos teñen fontes de variación xenética adicionais como a heterocariose e o parasexualismo. A mutación é unha fonte de variación común a tódolos organismos, pola que se poden modificar tanto os xenes nucleares como os citoplasmáticos dos organismos eucariotas, e é a fonte de variabilidade principal en procariotas e virus. As bacterias poden absorber ADN do seu ambiente, intercambiar plásmidos e transferir xenes vía bacteriófagos, aínda que con menor frecuencia que a mutación. Os patóxenos teñen vantaxe fronte as plantas, en termos de variabilidade xenética, xa que os seus ciclos de vida mais curtos e a súa rápida capacidade reprodutiva multiplican a frecuencia de variabilidade. 3.5. Modelo xene por xene de Flor A interpretación moderna do modelo xene por xene enunciado por H.H. Flor hai xa máis de cincuenta anos, baséase en que as plantas teñen xenes dominantes de resistencia (R) complementarios aos xenes de avirulencia dos patóxenos (avr), cuxos produtos interaccionan formando o complexo elicitor-receptor, que determinará o resultado final de compatibilidade (enfermidade) ou incompatibilidade (resistencia). Pódese afirmar que os estudos de Flor, que deron como froito o modelo xene por xene, sentaron as bases das investigacións actuais sobre as interaccións moleculares e xenéticas entre as plantas e os seus patóxenos. 3.6. Resistencia e enxeñería xenética Os avances da bioloxía molecular melloraron a nosa capacidade para identificar e manipular os xenes R e avr, permitindo investigar novas aproximacións para crear, vía modificación por enxeñería xenética, novas plantas resistentes ou deseñar novas estratexias para o control das enfermidades. AVALIACIÓN Na primeira clase expositiva, as preguntas iniciais estarán orientadas a establecer unha avaliación dos coñecementos dos alumnos en canto á existencia de mecanismos de defensa por parte dos vexetais e a súa condición de mecanismos inducidos ou preexistentes. Durante o desenvolvemento das clases expositivas realizaranse cuestións para avaliar a comprensión por parte do alumno de que as plantas son entes activos no proceso patoxénico. A avaliación da parte práctica desta unidade didáctica, farase visualmente e mediante cuestións orais valorando a capacidade do alumnado na comprensión e manexo de técnicas de laboratorio e do vocabulario específico da materia. As respostas grupais no quiz de Excel desenvolvido ao termo do primeiro tema da unidade didáctica tamén se terán en conta como parte da avaliación procesual. A avaliación final fundamentarase sobre todo no exame de seis
UNIDADE DIDÁCTICA IV. A defensa das plantas fronte a patóxenos- 15 preguntas curtas que se levará a cabo ao remate da materia de Fitopatoloxía, onde haberá unha parte importante relacionada con esta unidade didáctica. Neste exame, cunha valoración do 60% da cualificación final, avaliaranse os coñecementos adquiridos, facendo especial fincapé na capacidade do alumnado para relacionar os contidos desta unidade didáctica co resto da materia e cos coñecementos previos das materias Fisioloxía Vexetal I e II do terceiro curso do grao en Bioloxía. Adicionalmente o alumnado fará, de xeito obrigatorio e baixo a tutela do profesor, un traballo bibliográfico de calquera tema relacionado coa materia. Este traballo consistente nunha breve presentación que resuma os principais puntos abordados, deberá presentarse na aula aos compañeiros e profesor, dedicándolle un valor do 30% sobre a nota final. Terase en conta na avaliación dos traballos, a habilidade de afondar nos contidos máis relevantes do tema así como a capacidade de exposición e síntese. Dedicaremos unha valoración do 10% á participación activa tanto nas clases expositivas como nas de laboratorio e titorías.
16- UNIDADE DIDÁCTICA IV. A defensa das plantas fronte a patóxenos BIBLIOGRAFÍA AGRIOS, G.N. (2005). Plant Pathology, Academic Press. BAUDOIN, A.B.A.M. (1988). Laboratory Exercises in Plant Pathology: an Instructional Kit, APS Press. BUCHANAN, B. B., GRUISES W., JONES R.L.(2000) Biochemistry and Molecular biology of Plants, ASPP Rockville Maryland. GOODMAN, R.N. , KIRALY, Z. (1986). The Biochemistry and Physiology of Plant Disease, University of Missouri Press. LUCAS, J. A. (1998) Plant pathology and plant pathogens. Blackwell Science. FRITIG, B., LEGRAND, M. (1992). Mechanisms of Plant Defense Responses, Kluwer Academic Publishers. LLACER, G., LÓPEZ, M.M., TRAPERO, A., BELLO, A. (1996) Patología Vegetal. Sociedad Española de Fitopatología. MALOY, O.C.,MURRAY T. D. (2001) Encyclopedia of Plant Pathology, John Wiley & Sons Inc. MILLS, D., KUNOH, H., KEEN N.T., MAYAMA, S. (1996). Molecular aspects of Pathogenicity and resistance: requirement for signal transduction, APS Press. SCHEFFER, R.P. (1997). The nature of disease in Plants, Cambridge University Press. SCHUMAN,G.L., D’ARCY C.J. (2006). Essential Plant Pathology, APS Press. SMITH, I.M. , DUNEZ, J., JELLIOT R.A., PHILLIPS, D.H., ARCHER, S.A.(1988). Manual de enfermedades de las plantas. Mundi Prensa STRANGE , R.N. (2003) Introduction to Plant Pathology, John Wiley & Sons Ltd. England. TRIGIANO, R. ,WINDHAM, M.T. , WINDHAM A.S. (2008). Plant Pathology: Concepts and Laboratory Exercises, CRC Press, Florida USA. Citas de recursos en internet Páxina web da Sociedade Española de Fitopatoloxía: www.sef.es [citado 18 abr 2012] Páxina web da Sociedade Americana de Fitopatoloxía. Recursos educativos [en inglés]: www.apsnet.org [citado 18 abr 2012] Páxina web da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Centro de investigación e diagnóstico de enfermidades de plantas da Diputación de Pontevedra: www.efa-dip.org [citado 18 abr 2012] Páxina web da Organización Europea sobre Protección de Plantas [en inglés] : www.eppo.org [citado 18 abr 2012] Normativa sobre Produción Integrada (PI) da Xunta de Galicia: http://mediorural.xunta.es/areas/agricultura/horta/producion_integrad a/regulamentos_tecnicos/[citado 18 abr 2012] Rexistro de produtos fitosanitarios Xunta de Galicia: http://mediorural.xunta.es/areas/agricultura/sanidade_vexetal/rexistr o_fitosanitarios/[citado 18 abr 2012] The plant pathology internet guide book (o libro da patoloxía vexetal en internet) : www.pk.uni-bonn.de/ppigb/ppigb.htm[citado 18 abr 2012] Vademecum de fitosanitarios:www.infoagro.com/agrovademecum/[citado 18 abr 2012].
UNIDADE DIDÁCTICA IV. A defensa das plantas fronte a patóxenos- 17 Páxina web da Universidade de Davis, (California, USA) sobre patoloxía vexetal: www.ipm.ucdavis.edu/PMG/crops-agriculture.html [citado 18 abr 2012] Páxina virtual do INRA (Francia) sobre protección vexetal: www.inra.fr/Internet/Produits/HYP3/index.html[citado 18 abr 2012] Páxina web da Universidade Politécnica de Valencia: www.etsmre.upv.es/pcult/ [citado 18 abr 2012]
Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Bioloxía Fitopatoloxía Antonio Segura Iglesias e Francisco Luís de la Torre Noya Departamento de Fisioloxía Vexetal Facultade de Bioloxía 3 A defensa das plantas fronte a patóxenos 9788498 879087 ISBN 978-84-9887-908-7