scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Boletín do CEDE da USC. 2024, Vol. 6 (xuño)

Full text

BOLETÍN DO CEDE DA USC ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) CONTIDOS Actualidade 1 Oportunidades 6 Prácticas remuneradas 6 Emprego 7 Financiamento 9 Participación dos cidadáns 11 Consultas públicas aos cidadáns 11 Actos xurídicos 12 Actos lexislativos 12 Outros actos 13 Sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE 14 Estatísticas do Eurostat 17 Indicadores económicos 17 Outros datos 17 Publicacións do Tribunal de Contas da UE 19 Sondaxes do Eurobarómetro 20 Suxestións bibliográficas 21 Obras dispoñibles na biblioteca da USC 21 Outras obras 22 Para recibir un correo electrónico co anuncio de cada novo Boletín do CEDE, subscríbase á lista de distribución. Para máis información sobre este boletín e sobre o CEDE da USC, visite a nosa páxina web. Edición: Jesús M. Saavedra Carballido. Elaboración dos contidos propios: Jesús M. Saavedra Carballido e Adrián Dolan García. Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) ACTUALIDADE Eleccións ao Parlamento da UE As eleccións ao Parlamento Europeo acabaron coa vitoria dos conservadores do partido Popular Europeo. Segundo os resultados provisorios, a dereita e, sobre todo, a extrema dereita soben, en canto a esquerda, o centro-esquerda e, sobre todo, os verdes e os liberais perden forza. No entan- to, en xeral o equilibro básico de forzas fica inalterado. • Xa comezou o proceso de negociación para elixir as persoas que ocuparán a presidencia do Consello Europeo e das que integrarán da Comisión (incluíndo a que ocupará a súa presidencia). Para a presidencia do Consello Europeo, os xefes de estado e de gobernos dos estados membros, reunidos no Consello Europeo, elixiron o socialdemócrata portugués António Costa; para ser a presidenta da Comisión por segunda vez consecutiva, os estados propón a conservadora alemá Ursula von der Leyen. Alén diso, a liberal estoniana Kaja Kallas é a preferida dos estados para ser a alta representante da UE para as Relacións Externas e a Política de Seguranza. Resultados provisorios das eleccións no sitio web do Parlamento Europeo. Máis información na BBC (en inglés), no Le Monde (en francés) e no EuroEFE-Euractiv. Análise dos resultados no The Guardian e no Politico (en inglés), no Le Monde (en francés) e na BBC. Evolución da composición da Eurocámara desde 1979 no Le Monde (en francés). Comunicado de prensa sobre a repartición de altos cargos no sitio do Consello Europeo. Máis información sobre a repartición de altos cargos no Politico (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Futuro da Política de Cohesión Máis de 60 millóns de cidadáns da UE viven en rexións cun PIB per cápita inferior ao do ano 2000, un terzo dos 450 millóns de cidadáns habitan en zonas que «ficaron atrás lentamente» desde o comezo do século e 75 millóns desenvolven as súas vidas en zonas con crecemento económico inexistente. Son datos do relatorio do grupo de especialistas de alto nivel nomeado pola Comisión Europea sobre o futuro da Política de Cohesión que, segundo o texto, «debe ser reformada» para tornarse nunha «ferramenta dinámica que libere o potencial económico mentres reduce as desigualdades e consolida o modelo de economía social». Comunicado de prensa no sitio da Comisión. Máis información no EuroEFE-Euractiv. Asilo, refuxio e inmigración Polo menos 64 persoas que tentaban chegar á UE polo Mediterráneo están desaparecidos após o naufraxio da embarcación en que viaxaban a unhas 110 millas náuticas da costa de Calabria (sur de Italia), o que eleva a máis de 800 as persoas mortas e desaparecidas no Mediterráneo durante 2o24, segundo revelaron diversas axencias da ONU. • A UE adoptou un sistema común para xestionar a migración e o asilo que entrou en vigor no 11 de xuño de 2024. Agora, a Comisión presentou o Plano de Execución Común do Pacto sobre Migración e Asilo, con dez piares fundamentais, a fin de garantir que todo estea preparado para xuño de 2026 e que os actos lexislativos se tornen unha realidade palpable. A Comisión impulsa así os labores colectivos destinados a pór en prácti- 1 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) ca as normas acordadas. Antes de que 2024 termine, os estados da UE terán que deseñar os seus planos de execución, nos cales presentarán medidas concretas e explicarán como van transformar a lexislación en acción. • O Tribunal de Xustiza da UE condenou Hungría a pagar unha multa millonaria por non executar deliberadamente unha sentenza anterior sobre protección internacional de migrantes, o que o tribunal cualificou de «violación inédita e excepcionalmente grave» do dereito da UE. Segundo a sentenza, Hungría non executou deliberadamente unha sentenza de decembro de 2020 sobre protección internacional de migrantes e por iso condena ese estado a pagar unha cantidade fixa de 200 millóns de euros e a unha multa coercitiva dun millón de euros por cada día de atraso. • Marrocos, Tunisia e Mauritania desenvolveron un «sistema» contra a inmigración en que «millares de persoas de pel negra son detidas, secuestradas e abandonadas en zonas desérticas», segundo unha investigación dun consorcio internacional de xornalistas: «A UE sábeo e financia os responsables». Máis información sobre o naufraxio no EuroEFE-Euractiv. Comunicado de prensa sobre o novo sistema de asilo no sitio da Comisión. Máis información sobre o novo sistema de asilo no EuroEFE-Euractiv. Más información sobre a condena a Hungría no EuroEFE-Euractiv e na sección sobre sentenzas neste boletín. Máis información sobre o finamento da UE aos estados do Norte de África no EuroEFE-Euractiv. Taxas de xuros na eurozona O Consello de Goberno do Banco Central Europeo (BCE) decidiu baixar os seus tres taxas de xuros oficiais en 25 puntos básicos. Baseándose nunha avaliación actualizada das perspectivas de inflación, a dinámica da inflación subxacente e a intensidade da transmisión da política monetaria, achou que era apropiado moderar o grao de restrición da política monetaria após nove meses en que as taxas de xuros se mantiveron sen variación. Desde a reunión do Consello de Goberno en setembro de 2023, a inflación descendeu máis de 2,5 puntos porcentuais e as perspectivas de inflación melloraron notablemente. A inflación subxacente tamén se moderou, o que reforza os sinais que indican que as presións inflacionistas se debilitaron, e as expectativas de inflación reducíronse en todos os horizontes. Comunicado de prensa no sitio do BCE (en inglés). Máis información no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Lei de restauración da natureza O Consello adoptou formalmente o Regulamento sobre a Restauración da Natureza, a primeira lei deste tipo xamais adoptada. O regulamento ten por obxecto establecer medidas para restaurar polo menos 20 % das zonas terrestres e marítimas da UE de aquí a 2030 e, de aquí a 2050, todos os ecosistemas que precisen de restauración. O albo do regulamento é mitigar a mudanza climática e os efectos das catástrofes naturais. Espérase que axude a UE a cumprir os seus compromisos internacionais en materia de ambiente e a restaurar a natureza do bloque comunitario. Comunicado de prensa no sitio do Consello. Máis información no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. 2 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) Directiva do dereito á reparación O Consello adoptou unha directiva que promove a reparación de bens avariados ou defectuosos, a coñecida como «Directiva do Dereito á Reparación». A lexislación aprobada espera facilitar que os consumidores decidan reparar un produto en lugar de substituílo, e aumentar a accesibilidade, a transparencia e o atractivo dos servizos de reparación. Comunicado de prensa no sitio do Consello. Rede transeuropea de transportes O Consello da UE adoptou definitivamente as novas directrices para culminar en 2030 a rede transeuropea de transporte (RTE-T), que inclúe estradas, ferrocarrís, pontes e túneles transfronteirizos e abarca aos corredores mediterráneo e atlántico. O Consello da UE ratificou un novo regulamento, que actualmente inclúe proxectos como a liña ferroviaria de alta velocidade Lisboa- Madrid, o ferrocarril Báltico que conecta Helsinqui e Varsovia, e o túnel base de Brenner entre Austria e Italia. O obxectivo é que os principais proxectos da rede básica da RTE-T estean finalizados antes do final de 2030, a fin de contar cun despregamento de infraestrutura amplo xa en 2050. Comunicado de prensa no sitio da Comisión (en inglés). Máis información no EuroEFE-Euractiv. Regras para a Intelixencia Artificial O Consello adoptou unha modificación do Regulamento da Empresa Común Europea de Informática de Alto Rendemento (EuroHPC) para pór a súa capacidade ao servizo de peme e empresas emerxentes de Intelixencia Artificial (IA), coñecidas como «fábricas de IA». Co regulamento adoptado, a empresa común EuroHPC promoverá e explotará fábricas de IA, instalacións que deberán incluír un supercomputador de IA, un centro de datos asociado e servizos de supercomputación orientados á IA. As actividades cubertas polas fábricas de IA estarán abertas a usuarios públicos e privados, con condicións de acceso ad hoc para novas empresas e peme. As entidades anfitrioas das fábricas de IA terán dereito a recibir axuda financeira da UE para cubrir até 50 % dos custos de adquisición dos supercomputadores de IA, e até 50 % dos seus custos de funcionamento. Os supercomputadores de IA serán usados principalmente para desenvolver e probar modelos, aplicacións e solucións de formación en IA. Comunicado de prensa no sito do Consello. Máis información no EuroEFE-Euractiv. Axudas do Banco Europeo de Investimentos O Banco Europeo de Investimentos (BEI) aprobou 12.800 millóns de euros de novo financiamen- to para mellorar o transporte sustentable, aumentar o uso de enerxía renovable, construír novas vivendas para estudantes, mellorar a protección contra terremotos e inundacións, e axudar á expansión das empresas. «Estes investimentos mellorarán vidas e sinalan o compromiso do Grupo BEI de continuar a apoiar investimentos específicos que impulsarán a resiliencia, o crecemento da produtividade e a innovación en Europa». afirmou a presidenta do BEI, a española Nadia Calviño. Comunicado de prensa no sitio do BEI (en inglés). 3 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) Sancións contra Rusia Os estados membros, reunidos no Consello, aprobaron un novo paquete de sancións contra Rusia por invadir a Ucraína, o décimo cuarto, que inclúe restricións á transferencia de gas natural licuado ruso en portos da UE. O acordo, alcanzado após superar as reticencias de Alemaña, tamén contempla medidas contra a chamada «flota na sombra» rusa que transporta petróleo e axuda a esquivar sancións xa impostas ao cru ruso. O Consello tamén acordou outorgar á Ucraína un primeiro pagamento de 1.400 millóns de euros procedentes dos beneficios extraordinarios dos activos rusos inmobilizados pola sancións comunitarias, que se destinarán a comprar material militar para a defensa contra Rusia. Comunicado de prensa sobre as sanción no sitio do Consello (en inglés). Máis información sobre as sancións no Politico (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Máis información sobre o financiamento no EuroEFE-Euractiv. Impostos para os vehículos eléctricos chineses A UE notificou á China a intención de impor impostos alfandegarios de até 38 % ás importacións de vehículos eléctricos chineses, o que provocará unha probable guerra comercial con China. Os impostos aplicaranse provisoriamente a partir de xullo de acordo coas regras da Organización Mundial do Comercio, que dan á China catro semanas para impugnar calquera evidencia que a UE proporcione para xustificar os impostos introducidos. A China respondeu de inmediato, prometendo tomar «todas as medidas necesarias para defender firmemente os dereitos e intereses lexítimos das empresas chinesas». Máis información no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Academia de Cero Emisións Netas A Comisión puxo en marcha a Academia Solar Europea, a primeira dunha serie de academias comunitarias que se crearán en virtude da Lei sobre a Industria de Cero Emisións Netas (NZIA, polas siglas en inglés), a fin de dispor das capacidades necesarias ao longo das cadeas de valor das tecnoloxías de cero emisións netas. O papel das academias NZIA é desenvolveren contidos e programas de aprendizaxe xunto coa industria, a fin de garantir que a cadea de valor conte con suficientes capacidades e man de obra. Comunicado de prensa no sitio da Comisión. Relatorio sobre drogas As substancias sintéticas potentes, que ás veces se venden de forma enganosa e mesturadas con outras drogas e medicamentos, teñen unha presenza crecente na UE, onde o «policonsumo» se tornou «habitual». É a principal conclusión do relatorio anual publicado polo Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías (EMCDDA, polas súas siglas en inglés), con sede en Lisboa, que constatou de que a dispoñibilidade de substancias no continente «continúa a ser alta». Os cidadáns da UE están expostos a unha gama máis ampla de psicotrópicos, polo xeral «de gran potencia e pureza ou en novas formas, mesturas e combinacións», segundo o EMCDDA, que sinalou que os consumidores poden non ser conscientes do que toman e acabar cunha intoxicación potencialmente mortal. Comunicado de prensa no sitio do EMCDDA (en inglés) Máis información no EuroEFE-Euractiv. 4 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) Calidade das augas de baño Segundo o relatorio anual sobre as augas de baño publicado pola Axencia Europea do Ambiente xuntamente coa Comisión, en 2023 a gran maioría (85,4 %) das zonas de augas de baño da UE cumpriron as normas de calidade máis estritas e foron cualificadas de «excelentes». Aínda que unha gran maioría cumpra as normas máis estritas de calidade para o baño, case 96 % das augas de baño declaradas oficialmente na UE cumpren polo menos as normas mínimas de calidade. Só 1,5 % recibiu a cualificación de «pobre» (321 das 22 081 zonas de baño), o que significa que presentan riscos para a saúde dos bañistas. Comunicado de prensa no sitio da Comisión. Premio Rexión Emprendedora Europea para Galicia Galicia recibiu o premio Rexión Emprendedora Europea, que recoñece os territorios da UE que teñen unha estratexia empresarial «destacada e innovadora», polo seu «compromiso exemplar» co fomento do espírito empresarial para revitalizar as zonas rurais e contrarrestar o despoboamento e o envellecemento dos seus habitantes. Máis información no EuroEFE-Euractiv. 5 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) OPORTUNIDADES Selección das convocatorias recentes consideradas máis relevantes. Prácticas remuneradas Para unha lista máis completa de posibles ofertas, pode consultarse este documento. •Para estudantes de ciencias, a través de Euraxess (buscando traineeship e trainee) (en inglés). Varios prazos. •Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos. •yBanco Central Europeo (BCE). Varios prazos. •Autoridade Europea dos Valores Mobiliarios e dos Mercados (ESMA). Varios prazos. •Servizo Europeo para a Acción Externa (EEAS). Varios prazos. •Comité Económico e Social (CESE, EESC). Prazo até 30 de setembro. •Banco Europeo de Investimento (BEI) e Fondo Europeo de Investimento. Prazo até 1 de xullo. •Centro de Satélites da UE (SatCen). Prazo até 1 de xullo. •Servizo Europeo de Policía (EuroPol). Prazo até 8 de xullo. •Axencia Europea para a Xestión Operacional de Sistemas Informáticos de Grande Escala no Espazo de Liberdade, Seguranza e Xustiza (eu-LISA). Prazo até 15 de xullo. •Comité das Rexións (CdR, CoR). Prazo até 15 de xullo. •Tribunal de Xustiza da UE (TXUE). Prazo até 15 de setembro. •Autoridade Bancaria Europea (EBA). Sen prazo. 6 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) Emprego Para unha lista máis completa de posibles ofertas, pode consultarse este documento. •Empregos para investigadores financiados polas accións Marie Skłodowska-Curie en diferentes campos científicos (sección Job vacancies, en inglés). Varios prazos. •Empregos para investigadores no Centro Común de Investigación da Comisión (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos. •Empregos para investigadores científicos ofrecidos por Euraxess (en inglés). Varios prazos. •Procesos de selección da EPSO para a Comisión e diferentes institucións, organismos e axencias da UE. Varios prazos. •Servizo Europeo para a Acción Externa (EEAS). Varios prazos. •Axencia Europea das Substancias Químicas (ECHA). Varios prazos. •Servizo Europeo de Policía (EuroPol). Varios prazos. •Banco Europeo de Investimento (BEI) e Fondo Europeo de Investimento. Varios prazos. •Axencia Europea para a Xestión Operacional de Sistemas Informáticos de Grande Escala no Espazo de Liberdade, Seguranza e Xustiza (eu-LISA). Varios prazos. •Axencia para a Cooperación entre os Organismos Regularadores da Enerxía estatais (ACER). Varios prazos. •Fiscalía da UE (EPPO). Varios prazos. •Axencia Europea de Defensa (AED, EDA). Varios prazos. •Axencia Executiva para as PeME (EISMEA). Varios prazos. •Instituto Universitario Europeo de Florencia. Varios prazos. •Autoridade Europea dos Valores Mobiliarios e dos Mercados (ESMA). Varios prazos. •Axencia Executiva do Consello Europeo para a Investigación (ERCEA). Prazo até 1 de xullo. •Axencia da UE para o Programa Espacial (EUSPA). Prazo até 2 de xullo. •Centro de Satélites da UE (SatCen). Prazo até 4 de xullo. •Empresa común para o Ferrocarril en Europa (antiga Shift2Rail). Prazo até 5 de xullo. •Autoridade Bancaria Europea (EBA). Prazo até 8 de xullo. •Comité Único de Resolución (CUR, SRB). Prazo até 8 de xullo. •Autoridade Europea dos Seguros e Pensións de Xubilación (EIOPA). Prazo até 8 de xullo. •Instituto Europeo para a Innovación e a Tecnoloxía (EIT). Prazo até 10 de xullo. •Axencia Ferroviaria Europea (ERA). Prazo até 13 de xullo. 7 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) •Axencia Executiva para a Saúde e o Dixital (HaDEA). Prazo até 15 de xullo. 8 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) mínimas de seguranza a ningún apátrida de orixe palestina, residente no sector da zona de operacións da UNRWA en que o solicitante tiña a súa residencia habitual. Resumo da sentenza. O Tribunal de Xustiza, na sentenza relativa ao asunto C-352/22, resolveu que a concesión do estatuto de refuxiado nun estado membro se opón á extradición do interesado para o seu estado de orixe. En canto a autoridade que concedeu ese estatuto non o revogue ou retire, o interesado non pode ser extraditado, con independencia dos motivos subxacentes á petición de extradición. Resumo da sentenza. O Tribunal de Xustiza, na sentenza relativa ao asunto C-753/22, resolveu, sobre o estatuto de refugiado, que un estado membro non está obrigado a recoñecer automaticamente o estatuto de refuxiado concedido noutro estado membro. Resumo da sentenza. Libre prestación de servizos O Tribunal de Xustiza, na sentenza relativa aos asuntos acumulados C-662/22 e C-667/22, C-663/22, C-664/22 e C-666/22, e C-665/22, resolveu, no dominio do comercio electrónico, que un estado membro non pode impor obrigacións adicionais a un prestador de servizos en liña establecido noutro estado membro. Resumo da sentenza. Concorrencia O Tribunal de Xustiza, na sentenza relativa ao asunto C-221/22 P, resolveu que a Comisión debe pagar xuros sobre as multas que impuxese indebidamente en materia de concorrencia e cuxos montantes percibise con carácter provisorio. A finalidade deses xuros é indemnizar cunha cantidade fixa a empresa afectada pola privación do gozo do montante en cuestión. Resumo da sentenza. Axudas de estado O Tribunal de Xustiza, na sentenza relativa ao asunto C-441/21 P, confirmou, no dominio da Covid-19, a decisión da Comisión pola cal se autorizou o Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas españolas. Ryanair impugnara esa decisión, relativa a un réxime de axudas cun importe de 10.000 millóns de euros. Resumo da sentenza. Fiscalidade O Tribunal de Xustiza, na sentenza relativa ao asunto C-110/23 P, resolveu que o treito autonómico do imposto especial sobre hidrocarburos que se aplicou en España entre 2013 e 2018 era ilegal, e confirmou que a exención total do imposto de sociedades da que se beneficiou o porto de Bilbao tampouco se axustaba á lei. Máis información no EuroEFE-Euractiv. 15 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) Emprego O Tribunal de Xustiza, na sentenza relativa aos asuntos acumulados C-331/22 e C-332/22, avalou avalou tornar os interinos en traballadores con contrato indefinido como medida sancionadora contra o abuso de contratos temporais, coa condición de que «non implique unha interpretación do dereito estatal contraria á lei». Máis información no EuroEFE-Euractiv. 16 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) ESTATÍSTICAS DO EUROSTAT Todas as estatísticas son en inglés. Indicadores económicos •Produción na construción. •Inflación anual na eurozona. •Custo da man de obra na eurozona. •Oferta de emprego na eurozona. •Superávit do comercio internacional de mercadorías na eurozona. •Produción industrial. •PIB e emprego na eurozona. •Produción no sector dos servizos. •Volume de comercio retallista. •Prezos da produción industrial. •Desemprego na eurozona. Outros datos •Moedas usadas no comercio extracomunitario. •Consumo familiar e prezos. •Peticións de asilo. •Superficie de cultivo ecolóxico. •Risco de pobreza e exclusión social. •Risco de pobreza. •Consumo individual efectivo. •Estatísticas chave. •A EU e as metas de desenvolvemento sustentable. •Débeda pública bruta. •Taxa de emprego. •Fluxos do mercado de traballo. •Mulleres empregadas no sector da ciencia e a tecnoloxía. 17 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) •Persoas mozas que nin traballan nin estudan. •Gasto en pensións. •Empregos no sector das finanzas e os seguros. •Persoas con protección temporal. •Pernoitas turísticas. •Investimento en protección ambiental. •Uso de enerxía das familias. •Comercio interno na UE. •Persoas que podían votar nas eleccións ao Parlamento da UE: •Comercio de bicicletas. •Participación en consultas ou votacións en liña. •Produción de leite. •PIB da UE no mundo. •Horas de traballo semanais. •Verificación de contidos en liña e competencias dixitais básicas. •Emprego no sector turístico. •Uso de Intelixencia Artificial na empresas. •Demanda de gas natural. •Gasto en prestacións familiares. 18 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) PUBLICACIÓNS DO TRIBUNAL DE CONTAS DA UE •Relatorio Especial 09/2024: Seguranza do abastecemento de gas na UE. 19 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) SONDAXES DO EUROBARÓMETRO Actitudes sobre o comercio e a política comercial da UE 62 % das persoas consultadas di que se beneficia do comercio internacional, por razóns como unha maior variedade de opcións para o consumidor e produtos máis accesibles. O apoio ao papel central da UE na negociación e defensa dos intereses dos estados membros segue sendo forte: 74 % dos cidadáns concorda que a UE é máis eficaz á hora de defender os intereses comerciais dos estados membros que os estados membros que actúan por si sós. Páxina web da sondaxe (en inglés). Actitudes sobre o tabaco e os produtos afíns A sondaxe do Eurobarómetro sobre as actitudes perante o tabaco e os produtos relacionados fornece información sobre a prevalencia e o consumo de tabaco e de produtos relacionados na UE, alén de sobre as actitudes dos cidadáns da UE sobre as políticas de control do tabaco, os cigarros electrónicos e os produtos de tabaco quentado. Segundo o inquérito, en xeral os cidadáns da UE son a favor de medidas destinadas a controlar o uso destes produtos. Páxina web da sondaxe (en inglés). 20 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) SUXESTIÓNS BIBLIOGRÁFICAS Obras dispoñibles na biblioteca da USC Almudí Cid, José Manuel, e Miguel Ángel Martínez Lago, eds. 2023. Comentarios a la Ley 11/2021 de medidas de prevención y lucha contra el fraude fiscal. A Coruña: Editorial Colex. Un dos principais problemas que os sistemas tributarios encaran na actualidade é o da fraude fiscal. Este fenómeno vese acentuado pola globalización da economía, os novos modelos de negocios e a aparición de avances tecnolóxicos disruptivos. Isto torna necesaria unha estratexia integral e internacional de loita contra a fraude fiscal. Neste contexto aprobouse a Lei 11/2021, de 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, de transposición da Directiva (UE) 2016/1164, do Consello, de 12 de xullo de 2016, pola cal se establecen normas contra as prácticas de elusión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interno, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulación do xogo. Esa lei introduce modificacións en diversos dominios do ordenamento español, nomeadamente en materia tributaria, cunha finalidade dupla. Por un lado, para proceder á incorporación do dereito da UE ao ordenamento interno no ámbito das prácticas de elusión fiscal. Polo outro, para incorporar mudanzas na regulación dirixidas a asentar uns parámetros de xustiza tributaria e facilitar as actuacións tendentes a previr e loitar contra a fraude reforzando o control tributario. Fuentes Naharro, Mónica. 2023. La digitalización del derecho de sociedades: la directiva 2029/1151 y trasposición al derecho español. Cizur Menor: Aranzadi. A implementación da Directiva (UE) 2019/1151, de 20 de xuño de 2019, relativa á utilización de ferramentas e procesos dixitais no ámbito do dereito de sociedades, pola cal se reforma a Directiva 2017/1132 de sociedades (versión consolidada ou codificada), exixe incorporar algunhas reformas relevantes no ordenamento societario español. A este fin responde a recentemente aprobada Lei 11/2003 de transposición (ómnibus) de directivas europeas en virtude da cal se aborda a dixitalización de actuacións notariais e rexistrais. As reformas que exixe a correcta implementación da directiva comportan principalmente (aínda que non só) posibilitar a constitución integramente electrónica de, polo menos, sociedades de responsabilidade limitada, alén da presentación tamén integramente electrónica — e o outorgamento previo das correspondentes escrituras — no Rexistro Mercantil de todos aqueles actos xurídicos e todas as indicacións relevantes que afectan o ciclo vital da sociedade. Por último, a directiva tamén exixe avanzar na información e efectos transfronteirizos (intracomunitarios) dos administradores inhabilitados. Esta obra analiza o réxime da directiva e da súa lei de transposición ao dereito de sociedades español, alén daqueles aspectos do seu réxime aínda pendentes de seren implementados. Guerrero Palomares, Salvador, ed. 2023. Tratado sobre la Fiscalía Europea y el procedimiento penal especial de la L.O. 9/2021, de 1 de julio. Cizur Menor: Aranzadi. A Fiscalía Europea, creada polo Regulamento (UE) 2017/1939, do Consello, de 12 de outubro, ten como función investigar e, se for o caso, axuizar, os supostos responsables da comisión de delitos contra os intereses financeiros da UE establecidos na Directiva 2017/1371, do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de xullo. Ao longo de vinte e oito capítulos distribuídos en dez bloques temáticos, especialistas de diversos ámbitos — entre eles integrantes da propia Fiscalía Europea española — dan un tratamento integral ao novo órgano comunitario, e ao procedemento penal especial para a investigación e exercicio da acción penal nos delitos de competencia da Fiscalía Europea en España. 21 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 6 (xuño) Outras obras Ceron, Matilde, Thomas Christiansen, e Dionyssis G. Dimitrakopoulos, eds. 2024. The Politicisation of the European Commission’s Presidency: Spitzenkandidaten and Beyond. Cham: Springer. https://doi.org/10.1007/978-3-031-48173-4. Esta obra é o primeiro esforzo sistemático para investigar as ramificacións da introdución do proceso de Spitzenkandidaten para a elección da presidenta da Comisión Europea. Faino examinando as dúas primeiras aplicacións do proceso de Spitzenkandidaten cunha perspectiva histórica, xurídica e política. Este proceso estimulou o debate sobre o seu impacto nas eleccións da UE e o sistema político da UE, mais aínda non foi analizado exhaustivamente polos especialistas académicos. Este libro fornece un marco conceptual para analizar o impacto do proceso de Spitzenkandidaten, fai un balance das súas repercusións internas, interinstitucionais e constitucionais, e avalía as súas perspectivas futuras. De natureza interdisciplinaria, o libro trata varios temas importantes, incluíndo as eleccións comunitarias, a formulación de políticas da UE, o liderado, a lexitimidade, o supranacionalismo e a integración comunitaria. Campins Eritja, Mar, e Xavier Fernández-Pons, eds. 2024. Deploying the European Green Deal Protecting the Environment Beyond the EU Borders. Londres: Taylor & Francis. https://doi.org/10.4324/9781003390510. Este libro explora como está a ser implementado o Pacto Verde Europeo e analiza como a UE tenta promover a protección do ambiente en terceiros estados. Comeza avaliando a estado da cuestión en termos conceptuais e analiza iniciativas sectoriais que son particularmente relevantes para o despregamento das dimensións externas do Pacto Verde Europeo. Entre elas están o Mecanismo de Axuste de Carbono en Fronteira, a acción regulatoria da UE no control das emisións marítimas, a Estratexia de Biodiversidade 2030, a Iniciativa de Deforestación, a Iniciativa de Contaminación Cero, a Iniciativa do Prado ao Prato e a Iniciativa de Neutralidade Climática e Enerxía Limpa no contexto do Tratado sobre a Carta da Enerxía. A seguir, abórdanse aspectos horizontais do Pacto Verde Europeo que tamén teñen dimensións externas, como a Diplomacia do Pacto Verde, a Contratación Pública Verde, as medidas de financiamento, as iniciativas relacionadas coa sustentabilidade corporativa e a debida dilixencia, e a implementación e cumprimento dos acordos da lexislación ambiental da UE. Este volume conclúe cunha análise transversal de como a UE pode fortalecer o impacto do seu poder normativo na gobernación ambiental internacional, e das súas limitacións. Högenauer, Anna-Lena, e Matúš Mišík, eds. 2024. Small States in EU Policy-Making: Strategies, Challenges, Opportunities. Oxford: Routledge. https://doi.org/10.4324/9781003380641. Este libro analiza como os estados pequenos utilizan unha sere de estratexias para condicionaren a formulación de políticas da UE. As contribucións a este volume estudan como os estados pequenos poden exercer influencia nas diferentes institucións, argumentando que, de feito, seguen diferentes estratexias dependendo do contexto institucional. Os estudos de casos sobre as políticas externa e de seguranza da UE confirman estes achados: os estados pequenos poden ter influencia na formulación de políticas da UE e poden crear situacións nas que se satisfagan as súas necesidades. Teñen máis probabilidades de ter éxito cando crean coalicións de política externa, cando anticipan acontecementos económicos importantes e cando conseguen adquirir un alto nivel de experiencia nunha área política concreta. Con todo, os estudos de casos tamén mostran que existe o risco de os estados pequenos tornárense en seguidores de políticas nos casos en que non poden ofrecer ningún liderado en termos de ideas e experiencia e/ou non conseguen xerar peso político a través de coalicións. 22