Acordo do Consello de Goberno do 26-01-2023, que aprobou a Normativa pola que se establece o procedemento de atención á conciliación da vida persoal e profesional do profesorado no proceso de asignación de docencia
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xaneiro de 2023 aprobou a Normativa pola que se establece o procedemento de atención á conciliación da vida persoal e profesional do profesorado no proceso de asignación de docencia, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B520-500D-47F1-B285 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B520-500D-47F1-B285 1 / 7
1 NORMATIVA POLA QUE SE ESTABLECE O PROCEDEMENTO DE ATENCIÓN Á CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL E PROFESIONAL DO PROFESORADO NO PROCESO DE ASIGNACIÓN DE DOCENCIA (Aprobada polo Consello de Goberno o día 26 de xaneiro de 2023) A normativa estatal en materia de conciliación prescribe que “os dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral recoñeceranse aos traballadores e ás traballadoras en forma que fomenten a asunción equilibrada das responsabilidades familiares, evitando toda discriminación baseada no seu exercicio” (Lei Orgánica para a Igualdade efectiva de mulleres e homes, art. 44.1). O Estatuto dos Traballadores recoñece o dereito á adaptación da distribución da xornada de traballo para facer efectivo o dereito á conciliación (Real Decreto Lexislativo 2/2015 do 23 de outubro, art. 34.8) e o Estatuto Básico do Empregado Público recolle o dereito á adopción de medidas que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral (Real decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, art. 14 apartado j). A lexislación autonómica galega presta especial atención aos dereitos de conciliación na asignación de docencia (Lei 6/2013, do Sistema Universitario de Galicia, art. 95 e 96). No mesmo sentido, o III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC. 2021-2024, na área de actuación de Conciliación corresponsable, inclúe entre as accións “Establecer un procedemento de atención ás solicitudes de acollerse aos dereitos de conciliación da vida persoal e profesional do profesorado nos procesos de elaboración de horarios e de asignación de docencia”. O Regulamento de Planificación Académica establece, no seu artigo 25.11, que os Departamentos deberán favorecer medidas de conciliación entre a vida laboral e familiar de acordo coas accións recollidas no Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Deste xeito, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) é responsable de promover as condicións para que a igualdade das persoas sexa real e efectiva, e a estes efectos debe poñer en marcha accións que intenten dar solucións ás situacións que presentan maiores dificultades de conciliación, desenvolvendo medidas facilitadoras dun equilibrio entre a vida persoal, familiar e laboral. Para estes efectos procede aprobar unha normativa que concrete o procedemento para atender as necesidades de conciliación do profesorado no proceso de programación académica. Polo indicado anteriormente, o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, na súa reunión do 26 de xaneiro de 2023, acorda: 1.- OBXECTO Esta normativa ten por obxecto establecer un procedemento para incorporar nos procesos de elaboración de horarios e de asignación de docencia as necesidades de conciliación da vida familiar e profesional do profesorado, especialmente para aquel que acredite ter ao seu cargo menores en idade previa á escolarización obrigatoria e/ou persoas dependentes. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B520-500D-47F1-B285 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B520-500D-47F1-B285 2 / 7
2 Dado que a docencia se imparte en múltiples centros e titulacións e que a casuística en canto á planificación docente é moi variada, faise necesario establecer un procedemento para asegurar un recoñecemento dos dereitos de conciliación do PDI en termos de homoxeneidade. 2.- SITUACIÓNS QUE DAN DEREITO Á SOLICITUDE DE CONCILIACIÓN FAMILIAR Poderá solicitar a conciliación: a. O persoal docente e investigador con dedicación a tempo completo que, dentro do curso académico correspondente, teña ao seu cargo un fillo ou unha filla menor de doce anos. b. O persoal docente e investigador con dedicación a tempo completo que teña ao seu coidado exclusivo e conviva no mesmo domicilio con familiar ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade/afinidade, e de grao III de dependencia acreditado por órgano competente . 3.- PRELACIÓNS No caso de que existan varios solicitantes nunha mesma área de coñecemento no curso académico, establécese a seguinte orde de prelación na atención ás necesidades de conciliación: 1. Quen teña ao seu cargo un fillo ou filla menor de 3 anos ou unha persoa dependente de grao III. 2. Quen teña ao seu cargo un fillo ou filla maior de 3 anos e menor de 12. Para cada un destes dous supostos establécese a seguinte prelación: Os membros de familias monoparentais terán preferencia sobre o resto Os que teñan docencia nos dous períodos académicos terán preferencia sobre os que a teñan nun único período Os que teñan docencia en quenda de mañá e tarde terán preferencia sobre os que a teñan nunha única quenda. 4.- PROCEDEMENTO 4.1 As solicitudes realizaranse a través da Sede Electrónica, dirixidas ao decanato/dirección do centro onde a persoa solicitante teña o maior encargo docente, no formulario electrónico establecido para estes efectos no Anexo 1 desta normativa. A solicitude deberá estar debidamente argumentada e acompañarase da documentación xustificativa (véxase Anexo 2) de estar nunha das situación establecidas no apartado 2 desta normativa, indicando a franxa horaria da xornada que presenta dificultades de conciliación. A presentación de solicitudes deberá realizarse no prazo de dez días hábiles desde a data establecida no calendario de programación académica para o comezo do proceso de elaboración da PDA por parte da vicerreitoría con competencias en organización académica. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B520-500D-47F1-B285 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B520-500D-47F1-B285 3 / 7
3 A unidade de apoio á xestión de centros e departamentos comprobará a solicitude e a documentación presentada, e poderá, en calquera momento, requirir documentación acreditativa adicional. A non presentación desta documentación no prazo requirido, entenderase como desistencia da solicitude. 4.2 Unha vez que a unidade de apoio á xestión de centro e departamentos comprobe que a persoa interesada cumpre os requisitos establecidos para a conciliación, enviará a solicitude ao departamento correspondente. O departamento, de ser o caso, informará desta situación ao resto de decanatos ou direccións de centro afectados. 4.3 O Departamento e o Centro ou Centros afectados analizarán as solicitudes presentadas e, de ser o caso, convocarán ás persoas implicadas para estudar cada caso de xeito individualizado. 4.4 Á vista da análise precedente o centro/s xunto co departamento elaborará/n unha proposta debidamente motivada sobre a solicitude de conciliación, que lle será comunicada á persoa solicitante. Esta proposta tomará como referencia a docencia asignada no curso ou cursos anteriores, atendendo á coherencia da programación académica dos estudos, á racionalidade na ordenación dos horarios, e á viabilidade das posibles solucións. 4.5 Se como consecuencia do proceso xeral de asignación de docencia no departamento se modificase a asignación inicial de docencia da persoa solicitante, o centro e o departamento deberán revisar a situación para facela compatible, na medida do posible, coas necesidades de conciliación expresadas na solicitude. 4.6 O acto administrativo de aprobación do POD polo departamento porá fin ao procedemento. 4.7 Se, como consecuencia dunha modificación sobrevida do POD, se tivera que modificar a asignación docente e/ou os horarios, o departamento/centro deberá/n ter en conta, na medida do posible, a petición de conciliación realizada. 4.8 Os dereitos de conciliación recoñecidos deixarán de ter efecto ao finalizar o curso académico para o que se concederon. 5.- ENTRADA EN VIGOR A presente normativa entrará en vigor o dia seguinte ao da súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B520-500D-47F1-B285 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B520-500D-47F1-B285 4 / 7
1 SOLICITUDE DE CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL E PROFESIONAL DO PROFESORADO NO PROCESO DE ASIGNACIÓN DE DOCENCIA (RR DO XX/11/2022) ANEXO 1 – SOLICITUDE DATOS IDENTIFICATIVOS DA PERSOA SOLICITANTE Apelidos e nome: DNI: Correo-e: Tf. Contacto: Departamento: Área de coñecemento: Categoría profesional: Centro/s onde imparte docencia: SOLICITUDE Curso académico: Motivo da solicitude: Fillo/a menor de 3 anos Fillo/a maior de 3 e menor de 12 anos Descendente/ascendente con dependencia de grao III acreditada Franxa horaria na que precisa realizar o coidado do/da familiar: Breve motivación da solicitude: Documentación que se achega: Conciliación familiar por fillos menores de 12 anos - Fotocopia de todas as páxinas escritas do Libro de Familia. - Fotocopia do DNI dos membros da unidade familiar maiores de 14 anos. - Documentos acreditativos da situación familiar. Conciliación familiar por coidado de familiares con dependencia - Fotocopia do Certificado de Discapacidade emitido polo Equipo de Valoración e Orientación, dependente da Delegación Territorial da Consellaría de Política Social e Xuventude. - Fotocopia del DNI dos membros da unidade familiar maiores de 14 anos. - Volante colectivo de empadroamento onde consten os datos de todas as persoas que convivan no domicilio. - Documentos acreditativos da situación familiar. Outra documentación - (nota: a solicitude debe presentarse mediante a Sede Electrónica da USC) Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B520-500D-47F1-B285 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B520-500D-47F1-B285 5 / 7
1 SOLICITUDE DE CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL E PROFESIONAL DO PROFESORADO NO PROCESO DE ASIGNACIÓN DE DOCENCIA (RR DO XX/11/2022) ANEXO 2 – DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTARSE Documentación acreditativa a presentar en cada un dos casos: a) Conciliación familiar por fillos menores de 12 anos: - Fotocopia de todas as páxinas escritas do Libro de Familia. - Fotocopia do DNI dos membros da unidade familiar maiores de 14 anos. - Documentos acreditativos da situación familiar. b) Conciliación familiar por coidado de familiares con dependencia - Fotocopia do Certificado de Discapacidade emitido polo Equipo de Valoración e Orientación, dependente da Delegación Territorial da Consellaría de Política Social e Xuventude. - Fotocopia del DNI dos membros da unidade familiar maiores de 14 anos. - Volante colectivo de empadroamento onde consten os datos de todas as persoas que convivan no domicilio. - Documentos acreditativos da situación familiar. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B520-500D-47F1-B285 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B520-500D-47F1-B285 6 / 7
Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 03/02/2023 21:26:56. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 03/02/2023 15:55:07. CSV: B520-500D-47F1-B285 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B520-500D-47F1-B285 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B520-500D-47F1-B285 7 / 7