scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Xestión ambiental e control de calidade na industria forestal

Marey Pérez, Manuel

Abstract

Esta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Xestión Ambiental e Control de Calidade na Industria Forestal (G4071442)” do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural dentro do grupo de materias G4071M12 de Intensificación en Industrias Forestais. No primeiro módulo dedicado a xestión medioambiental da industria forestal consta de dous temas con cadansúa unidade didáctica. No primeiro tema (Ud1) preséntanse os conceptos básicos relativos as características e a posta en marcha dos sistemas de xestión medioambiental (SXMA) tanto para empresas como organizacións A continuación, no segundo tema (Ud2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas a utilidade e importancia e a normativa para a implantación das técnicas de Ecodeseño. No módulo II, dedicado ao control de calidade da industria forestal, estrutúrase en dous temas. No primeiro deles (Ud3) analízase a definición da calidade, a garantía na produción industrial, a normalización dos procesos produtivos e as ferramentas estatísticas utilizadas. No segundo tema do módulo (Ud4) aplícanse os conceptos do tema anterior a empresa analizando a forma máis efectiva de facelo xunto coa normativización do proceso que permite a súa certificación.

Full text

VICERREITORÍA DE ESTUDANTES, CULTURA E FORMACIÓN CONTINUA Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural Ecodeseño Manuel Francisco Marey Pérez Área de Proxectos de Enxeñaría Departamento de Enxeñaría Agroforestal Escola Politécnica Superior 2 Xestión ambiental e control de calidade na industria forestal 9788498 879995 Xestión ambiental e control de calidade na industria forestal 2 Manuel Francisco Marey Pérez Área de Proxectos de Enxeñaría Departamento de Enxeñaría Agroforestal Escola Politécnica Superior Dep. Legal: C 331-2013 ISBN 978-84-9887-999-5 © Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 3 MATERIA: Xestión Ambiental e Control de Calidade na Industria Forestal TITULACIÓN: Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica MÓDULO I: Medio ambiente Unidade 2. Sistemas de Xestión Mediambiental (SXMA) Introdución Evolución Histórica Que necesitamos saber? A mellora continua Estrutura e organización Exemplos de aplicación Unidade 2. Ecodeseño Marco lexislativo Introdución ao ecodeseño Análise do Ciclo de Vida (ACV) Metodoloxía para implantación do ecodeseño MÓDULO II: Control de Calidade Unidade 3. Introdución ao control de calidade Definición de calidade Garantía de calidade e control de aceptación A normalización como ferramenta Control estatístico de procesos Gráficos de control Unidade 4. Aplicación a empresa da xestión da calidade Interpretación de gráficos e estatísticas Límites e avisos Curvas características operativas Procesos de control de calidade Optimización económica do control de calidade Norma UNE EN-ISO 9000:2008 4 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 5 ÍNDICE Presentación ....................................................................................... 7 Obxectivos .......................................................................................... 7 Os principios metodolóxícos ............................................................ 8 Os contidos básicos .......................................................................... 8 1. Marco lexislativo .......................................................................... 8 1.1. Normativa Europea ............................................................. 8 1.2. Normativa Estatal ................................................................ 9 1.3. Normativa voluntaria ........................................................... 9 2. Introdución o ecodeseño ............................................................. 10 2.1. Que é o ecodeseño ............................................................. 10 2.2. Razóns para o uso do ecodeseño ...................................... 11 2.3. Niveis do ecodeseño..................................... ...................... 12 2.4. O ciclo de vida dun produto..................................... ........... 13 3. Metodoloxía para a implantación do ecodeseño ……………… .. 15 3.1. 1ª Etapa – Preparación do proxecto ................................... 18 3.2. 2ª Etapa – Análise ambiental .............................................. 28 3.3. 3ª Etapa – Ideas de mellora ................................................ 30 3.4. 4ª Etapa – Desen. de diferentes conceptos de produto ..... 30 3.5. 5ª Etapa – Desen. en profundidade do concepto elixido .... 32 3.6. 6ª Etapa – Plans de acción ................................................. 33 3.7. 7ª Etapa – Avaliación de resultados ................................... 34 Avaliación da UD ............................................................................... 35 Bibliografía ......................................................................................... 35 6 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño ÍNDICE DE FIGURAS E TÁBOAS Figura 1. Relación entre o ciclo de vida e os grados de liberdade dos proxectos .............................................................................................. 11 Figura 2. Fases do ciclo de vida dun produto...................................... 13 Figura 3. Etapas para a implantación do ecodeseño .......................... 14 Figura 4. Factores ambientais externos .............................................. 16 Figura 5. Factores ambientais internos ............................................... 17 Figura 6. Estrutura do análise ambiental ............................................. 18 Figura 7. Estrutura dunha matriz MET ................................................ 21 Figura 8. Fases xerais dun ACV .......................................................... 23 Figura 9. Esquema conceptual do ACV .............................................. 25 Figura 10. Estrutura da etapa de ideas de mellora. ............................ 28 Figura 11. Xeración de ideas de mellora……………………………….. 29 Figura 12. Estrutura da etapa de desenvolvemento de diferentes Conceptos…………………………………………………………………. . 30 Figura 13. Estrutura da etapa de desenvolvemento en profundidade do concepto elixido…………………………………………………………… 31 Figura 14. Estrutura da etapa de plans de acción……………………. . 32 Figura 15. Exemplo dun plan de acción………………………………... 33 Figura 16. Exemplo dunha roda LIDS para dous produtos…………... 34 Táboa 1.Principais bases de datos……………………………………… 24 Táboa 2.Principais programas de software para ACV………………... 25 UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 7 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Xestión Ambiental e Control de Calidade na Industria Forestal (G4071442)” do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural dentro do grupo de materias G4071M12 de Intensificación en Industrias Forestais. No primeiro módulo dedicado a xestión medioambiental da industria forestal consta de dous temas con cadansúa unidade didáctica. No primeiro tema (Ud1) preséntanse os conceptos básicos relativos as características e a posta en marcha dos sistemas de xestión medioambiental (SXMA) tanto para empresas como organizacións A continuación, no segundo tema (Ud2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas a utilidade e importancia e a normativa para a implantación das técnicas de Ecodeseño. No módulo II, dedicado ao control de calidade da industria forestal, estrutúrase en dous temas. No primeiro deles (Ud3) analízase a definición da calidade, a garantía na produción industrial, a normalización dos procesos produtivos e as ferramentas estatísticas utilizadas. No segundo tema do módulo (Ud4) aplícanse os conceptos do tema anterior a empresa analizando a forma máis efectiva de facelo xunto coa normativización do proceso que permite a súa certificación. OS OBXECTIVOS - Coñecer os conceptos fundamentais do control ambiental na industria forestal: diminuír o impacto ambiental, mellorar a imaxe da empresa, incrementar a eficiencia ambiental e económica. - Identificar e coñecer as diferentes metodoloxías para a implantar sistemas de xestión ambiental e ecodeseño en todo tipo de industria forestal. - Coñecer o significado, importancia do control de calidade na industria forestal - Identificar e coñecer as diferentes metodoloxías para implantar sistemas de control de calidade na industria forestal. - Coñecer as normativas que se aplican na implantación de sistemas de xestión de calidade, ambiental e no ecodeseño. OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS - Os principios teóricos e os contidos fundamentais presentaranse nas clases expositivas. Para iso, o profesor empregará os medios audiovisuais da aula para a realización de presentacións. - O alumno elaborará ao finalizar cada sesión un resumo dos contidos traballados, no que se recollan as súas reflexións sobre a temática abordada. 14 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño recoméndase contar con asesoramento externo especializado e con experiencia neste tipo de proxectos para este tamaño de empresa. Cooperación con universidades e centros de investigación. No caso de proxectos complexos e con importantes posibilidades de innovación, e consecuentemente de incerteza, é moi importante contar coa participación dos departamentos de universidades e centros de investigación con experiencia neste tipo de traballos o cal supón contar con persoal especializado en enxeñaría de deseño e medio ambiente. Durante o desenvolvemento do traballo é recomendable a utilización de ferramentas e técnicas como as de Dirección de Proxectos (Project Management) dada a súa compatibilidade para calquera tipo de proxecto permitindo definir con claridade o alcance e as metas a acadar, a programación temporal o seu seguimento e control de gasto, a comunicación interna e externa dos avances acadados e os resultados obtidos e a calidade dos mesmos. En tódolos casos será necesario optar por unha ou varias ferramentas específicas de ecodeseño. O ecodeseño non altera as etapas clásicas dun proxecto de deseño, o que fai e darlle un novo enfoque tendo en conta as condicións ambientais. A obtención desta información require de traballo extra. Na figura 3, amósanse a serie de etapas que se deben levar a cabo para completar o proceso. Figura 3. Análise dun rexistro de ondada baixo o criterio de paso ascendente por cero UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 15 3.1 Etapa 1 – Preparación do proxecto A posta en marcha deste tipo de proxectos require a definición dun grupo de traballo capaz de desenvolver as etapas necesarias para levalo a bo termo. A selección da equipa debe de caracterizarse pola busca dun número axeitado de participantes e a organización dos mesmos. Dúas características principais que van a incidir no traballo son: 7) Que o grupo este formado por persoas de diferentes áreas de coñecemento e unidades da empresa. 8) Que o grupo teña capacidade de decisión no seu traballo. Recoméndase que os departamentos que deberían participar de forma activa na posta en marcha do proxecto son: Dirección da empresa – o comezo do proceso require o compromiso explícito por parte da equipa directiva dado que será a responsable da posta en marcha de todo o traballo a desenvolver exercendo unha labor constante de liderado. A dirección debe de estar informada constantemente o longo de todo o proxecto dos avances que se estean a producir xunto cos problemas que se atopen no mesmo Área de enxeñaría e desenvolvemento do produto – en moitas empresas sóese denominar oficina técnica. A súa función no desenvolvemento do traballo será a de xerar solucións creativas na busca de novas alternativas de produto. Terá como función a de desenvolver a etapa de deseño propiamente dita de acordo co sistema implementado para o control de calidade da empresa no cal debe estar contemplado o ecodeseño. Área comercial e de márketing – a relación co cliente actual e potencial e clave para un bo desenvolvemento dun axeitado “márketing verde” dos produtos. A súa función será a de planificar a campaña de publicidade e posta en contacto co mercado. Área de compras e abastecemento – o desempeño no proxecto se fundamentará no seu coñecemento de provedores de novos materiais precisos para os produtos ou servizos a desenvolver. Debe de coñecer e ter en conta as implicacións medioambientais dos novos produtos, tanto por separado como de forma conxunta. Área de produción – normalmente nas empresas este departamento dispón de información relativa os custos de produción, materiais, enerxía, residuos e subprodutos xerados tanto dos procesos por separado como do conxunto do proceso produtivo. Representante da área de calidade e medio ambiente – esta área é de especial importancia para o bo resultado do traballo. As súas funcións principais son as de informar a lexislación e normativa que afecte tanto a empresa, en xeral, como o produto en particular (normativa ambiental, de seguridade, de calidade, etc.). Liderar os diferentes análises ambientais do produto (aspectos ambientais, ciclo de vida, viabilidade ambiental das alternativas propostas). Débese ter en conta, que independentemente de que tódolos membros da equipa de traballo non teñen porque participar en tódalas reunións, si que deben ter coñecemento constante da información que se está manexando en cada etapa. Será función do coordinador da equipa 16 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño facilitar o control do proceso, asegurando unha comunicación efectiva entre tódolos membros da equipa de proxecto. Na situación ideal o coordinador saría o responsable da área de enxeñaría de desenvolvemento do produto. Naqueles casos nos que non se dispón de experiencia neste tipo de metodoloxías resulta de grande interese contar con apoio externo por parte dun empresa ou consultor en innovación, un deseñador industrial ou un experto ambiental. Un paso crítico e a elección do produto. A selección do produto pode depender da demanda do mercado ou dalgunha motivación interna que implique aplicar esta metodoloxía como único criterio como saría o caso de cambios lexislativos. No caso daquelas empresas nas que se conta con liberdade para seleccionar o produto hai que ter en conta a morfoloxía e as súas características. Estas deben de ser axeitadas para realizar modificacións sobre o seu deseño. Nunca é conveniente elixir nun primeiro proxecto produtos demasiado complexos, por non seren capaces de abarcar, pero tampouco aqueles demasiado sinxelos de xeito que non nos deixan os suficientes “graos de liberdade”. Un dos criterios máis importantes a hora de levar a cabo a selección dun produto é a extensión da vida do produto. Aqueles que teñen un tempo de vida moi corto as melloras ambientais poden ser introducidas de forma rápida na empresa, en un par de meses. No caso contrario aqueles produtos que teñen un ciclo de vida de anos o proceso de implantación de melloras é moito máis longo e complicado polo que resulta de máis interese facer melloras parciais no mesmo que redeseñar todo de novo. En tódolos proxectos téñense que ter en conta unha serie de aspectos tanto de tipo interno como externo a empresa que pretende facer o seu desenvolvemento. Na figura 4 amósanse aqueles de tipo externo que en principio deben de ser considerados. Figura 4. Factores ambientais externos UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 17 As Administracións de todo o mundo expresan os seus intereses de xestión por medio da lexislación. Aquelas que se atopen en sociedades máis comprometidas co medio ambiente, se dúbida desenvolverán un marco regulador que incentive a posta en marcha de modelos de produción ambientalmente máis sostibles. Será tamén nos ámbitos sociais máis avanzados económica e educativamente nos que a preocupación polas cuestións ambientais sexan maiores, é por isto que os clientes pertencentes a estas sociedades sexan os que esixan os produtos e as empresas que os elaboran que evolucionen nesa dirección. A supervivencia no mercado está suxeita a capacidade competitiva. Os mercados con maior poder adquisitivo soen ser os máis competitivos pola maior cifra de vendas e marxe de beneficios, pero tamén é aí onde os competidores presentan os seus mellores produtos para facerse con cotas de mercado o que obriga a tódalas empresas a mellora ambiental da forma conxunta a eficiencia na produción, distribución e atención co cliente en todas as etapas. Cando as empresas se atopan asociadas, son estas organizacións as que impulsan a posta en marcha de proxectos innovadores. Na figura 5 amósanse os factores internos que axudan a impulsar os procesos de ecodeseño nas empresas. Figura 5. Factores ambientais internos Entre aqueles factores que internamente poden potenciala a decisión de apostar polo ecodeseño teríamos en primeiro lugar a preocupación polo incremento da calidade e a adaptación desta as necesidades cambiantes dos clientes e os seus criterios de selección. Na mesma liña que a anterior atoparíase a mellora da imaxe da empresa como reclamo de mercado. Un dos instrumentos cos que se pode visualizar o 18 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño compromiso da empresa co medio ambiente e consecuentemente coa mellora da súa imaxe o constitúen as eco-etiquetas. A optimización dos procesos vai aparellada a mellora ambiental. Este feito maniféstase na redución de custes que se produce en aspectos relevantes como é o caso da enerxía ou os custes de transporte, que en moitos procesos produtivos supoñen un factor competitivo de primeira magnitude. Por último, pero dunha gran importancia debido a súa correlación con outras prácticas de mellora implementadas nas empresas máis competitivas relacionadas co control de calidade e a seguridade dos empregados, o constitúe a motivación dos mesmos cun traballo ben feito. Deste xeito uns empregados con inquedanzas ambientais e sociais sentiránse mellor nunha empresa que teña tamén eses valores. Naqueles casos en que exista a posibilidade de desenvolver varios produtos e non se dispoña dun criterio de selección axeitado será preciso a elaboración dunha matriz de selección na que se coloquen os diferentes produtos alternativos e os diferentes factores internos e externos considerados seleccionando aquel que acade unha maior puntuación. 3.2 Etapa 2 – Análise ambiental Un aspecto ambiental dun produto é un dos seus aspectos ou funcións que poden interactuar co medio ambiente durante o seu ciclo de vida. Considérase como impacto ambiental calquera cambio no medio ambiente provocado total ou parcialmente por un produto durante o ciclo de vida. Na figura 6 amósase a estrutura deste apartado. Figura 6. Estrutura do análise ambiental É necesario que o iniciar o proxecto de implantación do ecodeseño ter unha visión global de aqueles aspectos ambientais que estean presentes no produto co fin de realizar as melloras correspondentes. Xeralmente será o responsable de medio ambiente, xunto coa colaboración do resto dos departamentos,o que será encargado de identificar os aspectos ambientais do produto. UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 19 Resulta moi interesante a realización de táboas (INPUT – OUTPUT) para determinar os fluxos de materiais e enerxía que se producen o longo de toda a vida do produto, analizado este como “sistema produto”, é dicir, non soamente como produto físico, senón tamén cando sexa aplicable a toda a totalidade do sistema que se necesita para asegurar o seu funcionamento. O clásico exemplo que se utiliza para explicar isto é o dunha lavadora, no cal hai que ter en conta o xabón, o suavizante, os filtros, a subministración de auga e de enerxía. No caso de produtos sen mantemento, como pode ser o caso dos móbeis, produto e sistema produto coinciden. Existen diferentes maneiras de clasificar as ferramentas destinadas o ecodeseño. Calow et al. (2001) propoñen dividilas en cualitativas e cuantitativas. Knight e Jenkins (2009) integra esta idea coa necesidade de usar métodos apropiados e unha linguaxe que poida ser recoñecida polos usuarios finais. Raigosa (2011) divide as ferramentas nos tres seguintes grupos. Directrices/guías Trátase de ferramentas que brindan soporte técnico e de procedemento. Poden ser aplicables como base xenérica ou ben para a utilización nunha determinada área. Un exemplo deste tipo de ferramenta son as 10 Regras de ouro do ecodeseño (10 Golden rules), aparecen detalladas na obra de Luttropp e Lagerstedt (2006). Esta guía foi desenvolta como unha ferramenta de formación para futuros ecodeseñadores a mediados dos anos 90 nas universidades en que comezou a darse formación nesta especialidade. As normas se corresponden co ciclo de vida dos produtos e son as seguintes: 1) Non usar sustancias tóxicas e utilizar ciclos cerrados para aquelas que sexan necesarias. 2) Minimizar o consumo de enerxía e recursos na fase de produción e transporte a través de melloras no proceso sen necesidade de inversión. 3) Facer uso de elementos estruturais e materiais de alta calidade para minimizar o peso dos produtos, sempre e cando estas eleccións non interfiran coa flexibilidade, resistencia ou outras prioridades funcionais. 4) Minimizar o consumo de enerxía e recursos na fase de uso, especialmente para produtos que teñan aspectos de maior relevancia nesta fase. 5) Promover a reparación e as melloras dos produtos, especialmente para produtos dependentes de sistemas ou software (móbiles, ordenadores). 6) Promover a longa vida dos produtos, especialmente para produtos para produtos que teñan aspectos ambientais relevantes por fora da súa vida útil. 7) Investir en mellores materiais, tratamento de superficies e melloras estruturais para protexer os produtos da sucidade, a corrosión e o uso, asegurando así un mantemento reducido e unha vida útil máis larga. 8) Planear con antelación aspectos como melloras, reparacións e reciclaxe do produto mediante o uso de etiquetas, deseño modular, puntos de desensamblaxe e manuais. 20 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño 9) Promover as melloras, reparacións e reciclaxe por medio do uso de materiais simples, reducidos, reciclados, que non sexan compostos ou aliaxes. 10) Usar poucos elementos de suxeición ou unións, facer uso de parafusos, adhesivos, soldadura, cerres xeométricos, entre outros, de acordo co escenario do ciclo de vida. Checklists Unha vez coñecida a técnica de ecodeseño e a súa aplicación a un área determinada permiten avaliar o nivel de cumprimento da mesma e a utilización dos tódolos elementos necesarios. De acordo o traballo presentado por Brezet e van Hemel (1997) desagrega nun total de 38 cuestións simples as que debe responder o avaliador agrupadas nos seguintes 6 apartados cos seus correspondentes obxectivos: 1) Análise de necesidades. ¿Como responde o seu produto as necesidades sociais? 2) Produción o obtención de materiais e compoñentes. ¿Que problemas poden xurdir durante a produción e obtención de materiais? 3) Produción. ¿Que problemas poden xurdir durante o proceso de produción dentro da súa empresa? 4) Distribución. ¿Que problemas poden xurdir durante a distribución do produto de cara o consumidor? 5) Utilización. ¿Que problemas poden xurdir durante o uso, mantemento e reparación do produto? ¿Que tipo de reparacións se necesitan? 6) Valoración e vertido. ¿Que problemas poden xurdir durante a valoración e vertido do produto? Outro tipo de ferramenta deste grupo o constitúe a matriz MET (Materiais, Enerxía e Emisións Tóxicas). Este método cualitativo é un método útil pois permite unha visión global das entradas (IMPUT) e das saídas (OUTPUT). Permite coñecer que material ten unha maior toxicidade e cal se está utilizando nunha maior cantidade. UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 21 Figura 7. Estrutura dunha matriz MET A utilización deste tipo de ferramentas é moi recomendable naqueles casos nos que se comeza a implantar sistemas de apoio o ecodeseño, posto que facilita a comprensión de todo o proceso e axuda a organizar de forma rápida e ordenadas tódalas etapas do ciclo de vida. Ferramentas analíticas Permiten unha análise detallada e sistemática nas fases específicas ou ben todo o desenvolvemento e ciclo de vida do produto (eco-indicadores, análise de impacto ambiental, análise de ciclo de vida (ACV), matriz de materiais, enerxía e toxicidade (MET), análise de custos de ciclo de vida (ACCV). Estas ferramentas presentas múltiples vantaxes pero o mesmo tempo antes de poñelas en marcha é necesario ter en conta que trátase de instrumentos complexos que deben ser ben coñecidos o que supón tempo e custes elevados. Autores como Bovea e Pérez‐Belis (2011), propoñen ademais tres factores claves que deben ter as ferramentas para o ecodeseño ao ser elixidas: 1) Integración temperá de aspectos ambientais no proceso de deseño do proxecto. 2) Enfoque de ciclo de vida, que considere como o proxecto pode afectalo medio ambiente en tódalas etapas. 3) Enfoque multicriterio. Algúns dos exemplos deste tipo de ferramentas son os seguintes: 22 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño - Análise de Ciclo de Vida (ACV) Life Cycle Assessment (LCA). É a ferramenta fundamental para a súa posterior utilización dentro do ecodeseño. Os ACV permiten identificar oportunidades para a mellora do desempeño ambiental dos produtos nas diferentes etapas do seu ciclo de vida, permitir melloras no deseño de produtos e procesos no seu conxunto, seleccionar indicadores ambientais relevantes, permitir realizar unha labor de mercadotecnia empresarial que axude a comercializar os produtos. Todos os ACV poden describirse por medio das seguintes características: 1) Análise no contexto do ciclo de vida, tendo en conta o conxunto da vida do produto (do berce á tumba) este é dende as etapas de obtención das materias primas, a enerxía necesaria para todo o proceso, as fases de produción, manofactura, uso, mantemento ata o desmantelamento. 2) Enfoque ambiental. Os ACV poden integrarse con outras ferramentas dedicadas o análise de cuestións ambientais e sociais que dan como resultado un completo análise multicriterio. 3) Enfoque a partir dunha unidade funcional. O estudio estrutúrase a partir dunha unidade funcional que permite parametrizar o que se avalía. 4) Enfoque interactivo. Organízase o estudo por fases que a súa vez se restruturan para permitir unha análise máis completa. 5) Transparencia. Garante unha apropiada interpretación dos resultados obtidos. 6) Información completa do proxecto funcionando como sistema e no sistema dado que se consideran aspectos do ámbito natural, do medio ambiente, da saúde humana e dos recursos. 7) Garantía científica polo gran despregamento mundial que ten este tipo de técnicas que garanten a súa evolución e avaliación por parte de expertos De acordo a norma ISO 14040:2006, que regula a realización dos estudios de ACV, como se amosa na figura 8, consta de 4 partes que van dende a definición dos obxectivos, o inventario dos datos, avaliación dos impactos ata a interpretación dos resultados. UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 23 Figura 8. Fases xerais dun ACV. Para o desenvolvemento do ACV é preciso dispor de bases de datos (BBDD) e de aplicacións informáticas específicas para o seu manexo. Cando se fala de bases de datos no marco dun ACV, pódense diferenciar dous tipos de elas en función dos datos que conteñan: 1) Bases de datos con entradas e saídas que se empregan para analizar o sistema analizado no Inventario do Ciclo de Vida (ICV). 2) Bases de datos cos datos e as metodoloxías de cálculo utilizados. As bases de datos están formadas por datos de moi diversos materiais e procesos, xeralmente agrupados segundo a fase do ciclo de vida e a que fagan referencia. A través destas BBDD é posible asignar a cada entrada/saída recollida no ICV unha serie de datos da BBDD que lle aportarán a información sobre o seu impacto ambiental, os factores de caracterización, normalización, etc. As BBDD de metodoloxías están formadas polos factores de caracterización, ponderación e demais datos que cada metodoloxía de Estudio do ICV necesita para levar a cabo os cálculos de obtención de resultados. A principal característica dos datos destas BBDD é a de estar recollidos nun formato pre-determinado e común, no que as ferramentas de ACV poden deseñarse para poder aceptalos datos nos formatos que decidan incluír. A norma “ISO/TS 14048:2002 Environmental management - Life cycle assessment – Data documentation format” posúe guías e requisitos especiais para a preparación, condución e revisión dos ACV, así como para a creación de BBDD. O formato de documentación de datos para un proceso divídese en tres partes diferenciadas: 1) Proceso que contén a descrición do proceso e as súas implicacións con respecto a tecnoloxía, a cobertura temporal e xeográfica. Esta parte 30 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño 3) Aspectos tecnolóxicos. Posibilidade de aplicar as ideas de mellora cos medios de produción dos que dispoña a empresa. 4) Cumprimento ou adaptación os factores de motivación da empresa para o cambio previsto. A realización dunha matriz de priorización pode resultar de gran axuda no proceso a cal nos dará como resultado a selección daquelas ideas mellores para os aspectos considerados. 3.4 Etapa 4 – Desenvolvemento de diferentes conceptos Nesta etapa éntrase na fase de reenxeñaría coa definición daquelas ideas que poidan servir para a posta en marcha dun novo produto. Na figura 12 amósase o esquema xeral da etapa. Figura 12. Estrutura da etapa de desenvolvemento de diferentes conceptos Como se observa na figura anterior, na primeira etapa é preciso describir con exactitude cales van a selos requisitos esixidos nas catro compoñentes de análise. O obxecto da etapa e obter multitude de solucións. Todas estas solucións serán avaliadas de novo por medio dunha matriz de valoración na cal se implementen os requisitos ambientais, funcionais, calidade, seguridade. 3.5 Etapa 5 – Desenvolvemento en profundidade do concepto elixido Nesta etapa lévase a cabo o definición final do produto ecodeseñado. Na figura 13 amósase a estrutura da etapa. UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 31 Figura 13. Estrutura da etapa de desenvolvemento en profundidade do concepto elixido Unha vez coñecido o modelo de produto que queremos desenvolver e que satisfaga os requisitos das etapas anteriores, é preciso facelo agora de forma detallada que permita a súa fabricación e comercialización. Nesta etapa obteremos un plano xeral do produto e da lista de materiais que aparecerán de forma desagregada en pezas necesarias e coa información das súas características, dimensións, tolerancias e materiais. Temos que determinar co máximo detalle os seguintes aspectos: 1) Materiais necesarios para a súa elaboración. 2) Despece do produto no que se indiquen as súas medidas, materiais, procesos de produción, etc. 3) Proceso produtivo preciso para levalo a cabo. 4) Impacto que vai causalo novo produto sobre o medio ambiente. No traballo a realizar van a estar involucrados diferentes departamentos como son: 1) Enxeñaría e desenvolvemento do produto. O seu desempeño vai ser moi importante nesta etapa do proxecto. Deste departamento van a depender aspectos como a preparación da lista de compoñentes, elaboración de deseños detallados (planos e cálculos), preparación das especificacións e pregos de características técnicas de materiais, produción e ensamblado. 2) Departamento de produción. Será o encargado de estudar as diferentes formas de implementar nas unidades produtivas de que dispoña a empresa as solucións propostas polo departamento de desenvolvemento de produto. Debe de avaliar a viabilidade técnico-económica como a ambiental no proceso de fabricación. 3) Departamento de compras. Encargado de buscar os novos provedores e produtos que sexan precisos para a fabricación atendendo os novos criterios ambientais establecidos nas etapas anteriores. 4) Departamento de medio ambiente e calidade. Vixiar o control da calidade e da vixilancia ambiental das diferentes etapas de fabricación do novo produto. En moitas das ocasións pode ser de grande utilidade fabricar un ou varios prototipos que nos permitan ter unha visión integral do produto a 32 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño obter e deste xeito poder seleccionar con maior nivel de información a mellor proposta. 3.6 Etapa 6 – Plans de acción Nas etapas anteriores analizáronse as accións a corto prazo. Na figura 14 amósase a estrutura desta etapa dos proxecto na que se analizan as accións a medio e a longo prazo. Figura 14. Estrutura da etapa de plans de acción Partindo de que na empresa xa se ten implementada a metodoloxía e preciso darlle continuidade de cara o futuro o cal se consigue establecendo obxectivos a medio e longo prazo e facendo que nos procesos de deseño de novos produtos se teñan en conta este tipo de técnicas. Os departamentos que teñen que xogar un papel máis destacado nesta etapa son: 1) Enxeñaría e desenvolvemento do produto. Vai a ser o encargado de coordinar o desenvolvemento dos plans de acción nos que se establezan aspectos tales como: accións, responsables, prazos e especialmente os recursos humanos, técnicos-económicos. Como en tódolos procesos que deben de ser avaliados resulta de especial interese establecer unha serie de indicadores que faciliten o seguimento do proceso. 2) Dirección. Vixiar todo o proceso e aprobar os plans de acción. Na figura 15 aparece un exemplo dun plan de acción na que se definen as actuacións que se teñen que levar a cabo, o departamento responsable de cada unha delas, os recursos que se deben dotar para acadar os resultados e finalmente o prazo de tempo que se dispón para a súa realización UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 33 Figura 15. Exemplo dun plan de acción 3.7 Etapa 7 – Avaliación dos resultados A avaliación final do proxecto sirve para coñecer en que medida a implantación das metodoloxías de ecodeseño serven para a posta en marcha dun novo produto que estea na liña dos factores de motivación que inicialmente tiña a empresa. Os resultados poden ser válidos para motivar os traballadores. Existen múltiples formas de avaliar os resultados obtidos no proxecto. En liñas xerais débense de ter en conta aspectos como os seguintes: 1) Comparar os aspectos ambientais do novo produto cos do anterior ou anteriores tomados de referencia. 2) Avaliar o nivel ou grao de cumprimento dos factores de motivación da empresa. 3) Determinar o impacto que o novo produto ten nos competidores ou nos consumidores. 4) Coñecer o custo económico do proceso. Unha das técnicas máis comunmente utilizadas para levar a cabo este tipo de avaliacións o constitúen as Rodas de Estratexias para o Deseño no Ciclo de Vida (LIDS dos termos en inglés Lifecycle Design Strategies) o que permite visualizar mediante un diagrama de tela de araña os diferentes parámetros analizados para o produto novo por separado ou en comparación con outro anterior do mesmo tipo. Na figura 16 amósase un exemplo do proceso comparativo entre dous produtos. 34 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño Figura 16. Exemplo dunha roda LIDS para dous produtos Cando se analiza a roda no sentido das agullas do reloxo obsérvase que hai unha progresión do máis simple o máis complexo. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Aspectos Criterios Instrumento Valor (%) Clases expositivas - Asistencia - Coñecementos teóricos - Folla de sinaturas - Control 20 Seminarios Interactivos - Asistencia - Participación - Capacidade de traballo en grupo - Formulación e resolución de exercicios e problemas - Folla de sinaturas - Observacións e anotacións - Entrega de problemas e exercicios 20 Prácticas - Asistencia - Aproveitamento das prácticas - Folla de sinaturas - Observacións e anotacións - Entrega e defensa de actividade proposta 20 Exame - Coñecementos teóricos - Formulación e resolución de exercicios e problemas - Proba escrita 40 UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño- 35 BIBLIOGRAFÍA PRINCIPAL Astrup, A.,Hoffman, L., Moller, B.T., Schmidt, A., Christiansen, K., Elkington, J. 1997. Life Cicle Assessment (LCA) A guide to approaches, experiences and information sources. Environmental Issues Series nº 6. European Environment Agency. Bruselas. Capuz, S. 2004. Situación Actual y Perspectivas del Ecodiseño en las Pymes de la Comunidad Valenciana. Comisión Europea. 2012. Eco-inovation action plan. En línea: http://ec.europa.eu/environment/ecoap/index_en.htm. 11 – 2012. CEPYME. 2007. Guía Práctica para la Aplicación del Ecodiseño. CEPYMEPRISMA.Zaragoza IHOBE. 2009. Análisis de Ciclo de Vida y Huella de Carbono. Dos maneras de medir el impacto ambiental de un producto. Ihobe, Sociedad Pública de Gestión Ambiental. Bilbao. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA Bovea, M.D. e Pérez-Belis, V. 2011. A taxonomy of ecodesign tools for integrating environmental requirements into the product design process. Journal of Cleaner Production, 20- 1, 61-71. Brezet, H. & van Hemel, C. 1997. Ecodesign, A promising approach to sustainable production and consumption. Edited by UNEP. Paris. Calow P., L. Holloway, A. Owen. 2001. Ecodesign from the ground up: taking steps without footprints. A step by step guide to greener product development. Brighouse: Shot in the Dark IHOBE. 2007. Manual Práctico de Ecodiseño. Operativa de Implantación en 7 pasos. Sociedad pública de gestión ambiental del País Vasco. En liña: www.ihobe.net. 09-2012. ISO 2006a. 2006. ISO 14040:2006, Environmental management-Life cycle assessment Principles and framework. International Organization for Standardization. ISO 2006b. 2006. ISO 14044:2006, Environmental management-Life cycle assessment Requirements and guidelines. International Organization for Standardization. Knight P. y J.O. Jenkins. 2009. Adopting and applying ecodesign techniques: a practitioners perspective. Journal of Cleaner Production 17, 549–558. Korevaar, G. 2011. Presentation Ecodesign tools. Material for the course: Design of sustainable Technological Systems, Master of Industrial Ecology. TUDelft. Jones, E. Harrison, D., McLaren, J. 2001. Managing Creative Ecoinnovation: Structuring outputs from Ecoinnovation projects. The Journal of Sustainable Product Design 1, 27–39. Luttropp, C. & Lagerstedt, J. 2006. EcoDesign and The Ten Golden Rules: generic advice for merging environmental aspects into product development. Journal of Cleaner Production 14, 1396-1408. 36 - UNIDADE DIDÁCTICA 2. Ecodeseño Raigosa, J. 2011. Desarrollo de una metodología dentro de la fase de ecodiseño en el proceso de fabricación e instalación de placas solares térmicas mediante modelos de análisis ambiental según la metodología ACV. Caso práctico. Proyecto Final de Master. Universidad Politécnica de Cataluña (UPC). Barcelona. Rupérez, J.A., Vela, N., García, A. 2008. Ecodiseño: Necesidad social y oportunidad empresarial. Cuadernos para la Sostenibilidad. Ecodes. Barcelona Rieradevall, J., Montmany, M. 2005. Ecoproducte/eccodisseny. Museo de las Artes Decorativas, Ayuntamiento de Barcelona y Generalitat de Cataluña. SME Funded Project. 2011. Ecodesign Toolbox. En línea: http://www.pctech.ise.polyu.edu.hk/ecodesign/Ecodesigntoolbox/. 09-2012. Wimmer, W., Züst, R., 2003. Ecodesign Product Investigation, Learning and Optimization (PILOT) Tool for Sustainable Product Development. Alliance for Global Sustainability Series Vol. 3, Kluwer Academic Publisher. London. VICERREITORÍA DE ESTUDANTES, CULTURA E FORMACIÓN CONTINUA Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural Ecodeseño Manuel Francisco Marey Pérez Área de Proxectos de Enxeñaría Departamento de Enxeñaría Agroforestal Escola Politécnica Superior 2 Xestión ambiental e control de calidade na industria forestal 9788498 879995