scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O traballo por proxectos: unha alternativa de enriquecemento curricular para o alumnado de altas capacidades

Recarey Rama, Milena

Abstract

O alumnado de altas capacidades precisa respostas activas para as necesidades específicas que presentan debido ás súas características cognitivas, madurativas e socioafectivas dentro da escola. O traballo por proxectos pode chegar a palialas, xa que se trata dunha metodoloxía que busca dar resposta ás necesidades de todo o alumnado en xeral de maneira participativa, inclusiva e significativa, onde o rol que desempeña o docente é de guía dun proceso interdisciplinar no que os alumnos/as son os verdadeiros/as protagonistas. Tomando como referente o SEM (Schoolwide Enrichment Model) de Renzulli, neste traballo preséntase un deseño dunha proposta didáctica baseada no traballo por proxectos que promove o pensamento indutivo e a motivación intrínseca do neno/a cun nivel cognitivo superior, ao mesmo tempo que incentiva o traballo cooperativo na aula. O obxectivo principal do SEM é proporcionar unha aprendizaxe enriquecida para o desenvolvemento do talento a partir do interese do propio/a alumno/a e, ese mesmo, é o que se pretende desenvolver nesta proposta didáctica, que está dirixida a un grupo de 2º curso de educación primaria do CP Plurilingüe “A Inmaculada” de Santiago de Compostela

Full text

O TRABALLO POR PROXECTOS: UNHA ALTERNATIVA DE ENRIQUECEMENTO CURRICULAR PARA O ALUMNADO DE ALTAS CAPACIDADES Traballo Fin de Grao [G3141425] Mención en Atención á Diversidade Grao en Mestre/a de Educación Primaria Curso 2016/2017 Convocatoria de xullo 2017 Autora: Milena Recarey Rama Titora: Carmen Mª Pomar Tojo Universidade de Santiago de Compostela Facultade de Ciencias da Educación O TRABALLO POR PROXECTOS: UNHA ALTERNATIVA DE ENRIQUECEMENTO CURRICULAR PARA O ALUMNADO DE ALTAS CAPACIDADES EL TRABAJO POR PROYECTOS: UNA ALTERNATIVA DE ENRIQUECIMIENTO CURRICULAR PARA EL ALUMNADO DE ALTAS CAPACIDADES PROJECTS BASED LEARNING: A CURRICULUM ENRICHMENT ALTERNATIVE FOR THE GIFTED STUDENTS RESUMO O alumnado de altas capacidades precisa respostas activas para as necesidades específicas que presentan debido ás súas características cognitivas, madurativas e socioafectivas dentro da escola. O traballo por proxectos pode chegar a palialas, xa que se trata dunha metodoloxía que busca dar resposta ás necesidades de todo o alumnado en xeral de maneira participativa, inclusiva e significativa, onde o rol que desempeña o docente é de guía dun proceso interdisciplinar no que os alumnos/as son os verdadeiros/as protagonistas. Tomando como referente o SEM (Schoolwide Enrichment Model) de Renzulli, neste traballo preséntase un deseño dunha proposta didáctica baseada no traballo por proxectos que promove o pensamento indutivo e a motivación intrínseca do neno/a cun nivel cognitivo superior, ao mesmo tempo que incentiva o traballo cooperativo na aula. O obxectivo principal do SEM é proporcionar unha aprendizaxe enriquecida para o desenvolvemento do talento a partir do interese do propio/a alumno/a e, ese mesmo, é o que se pretende desenvolver nesta proposta didáctica, que está dirixida a un grupo de 2º curso de educación primaria do CP Plurilingüe “A Inmaculada” de Santiago de Compostela. PALABRAS CHAVE: altas capacidades, modelo SEM, traballo por proxectos (ABP), enriquecemento curricular, talento. RESUMEN El alumnado de altas capacidades requiere de respuestas activas para las necesidades específicas que presentan debido a sus características cognitivas, madurativas y socioafectivas dentro de la escuela. El trabajo por proyectos puede llegar a paliarlas, ya que se trata de una metodología que busca dar respuesta a las necesidades de todo el alumnado en general de manera participativa, inclusiva y significativa, donde el rol que desempeña el docente es de guía de un proceso interdisciplinar en el que los alumnos/as son los verdaderos/as protagonistas. Tomando como referente el SEM (Schoolwide Enrichment Model) de Renzulli, en este trabajo se elabora un diseño de una propuesta didáctica basada en el trabajo por proyectos que promueve el pensamiento inductivo y la motivación intrínseca del niño/a con un nivel cognitivo superior, al mismo tiempo que incentiva el trabajo cooperativo en el aula. El objetivo principal del SEM es proporcionar un aprendizaje enriquecido para el desarrollo del talento a partir del interés del propio alumno/a y, ese mismo, es el que se pretende desarrollar en esta propuesta didáctica, que está dirigida a un grupo de 2º curso de educación primaria del CP Plurilingüe “La Inmaculada” de Santiago de Compostela. PALABRAS CLAVE: altas capacidades, modelo SEM, trabajo por proyectos (ABP), talento, enriquecimiento curricular. ABSTRACT High-ability students require active responses to the specific needs they present due to their cognitive, maturational and socio-affective characteristics within the school. Work by projects can help to alleviate them, since it is a methodology that seeks to respond to the needs of all students in general in a participatory, inclusive and meaningful way, where the role of the teacher is guiding a process Interdisciplinary in which students are the real protagonists. Taking as a reference the Renzulli Schoolwide Enrichment Model (SEM), this paper elaborates a didactic proposal based on work by projects that promotes the inductive thinking and the intrinsic motivation of the child with a higher cognitive level, at Cooperative work in the classroom. The main objective of the SEM is to provide enriched learning for the development of talent based on the interest of the student himself, and that is the one that is intended to be developed in this didactic proposal, which is directed to a group of 2º course of education Primary of the Plurilingual CP "La Inmaculada" of Santiago de Compostela. KEY WORDS: giftledness abitilies, SEM model, projects based learning, talent, curricular enrichment. ÍNDICE INTRODUCIÓN ............................................................................................................ 1 PARTE I: Marco teórico ................................................................................................ 6 1. Conceptualización da alta capacidade ...................................................................... 6 1.1. Aproximación histórica ........................................................................................... 6 1.2. Diferenciación conceptual .................................................................................. 7 1.3. Modelos explicativos do alto rendemento intelectual .......................................... 8 1.3.1. Modelos baseados no rendemento .............................................................. 9 1.3.2. Modelos socioculturais ................................................................................. 9 1.3.3. Modelos cognitivos .................................................................................... 10 2. O alumnado de altas capacidades .......................................................................... 14 2.1. Características do alumnado con altas capacidades ........................................ 14 2.2. Resposta educativa para o alumnado con altas capacidades ........................... 16 3. Intervención educativa para a alta capacidade na aula ordinaria ............................ 19 3.1. Schoolwide Enrichment Model (SEM) .............................................................. 19 3.2. O traballo por proxectos (ABP) ......................................................................... 23 3.3. SEM e ABP: poden combinarse? ..................................................................... 25 PARTE II: Proposta de intervención e innovación educativa ....................................... 26 1. Xustificación e contextualización ............................................................................. 26 2. Deseño da intervención .......................................................................................... 29 2.1. Obxectivos ....................................................................................................... 29 2.2. Competencias .................................................................................................. 30 2.3. Contidos ........................................................................................................... 32 2.4. Metodoloxía ...................................................................................................... 33 2.5. Recursos .......................................................................................................... 34 2.6. Temporalización ............................................................................................... 34 2.7. Actividades ....................................................................................................... 34 3. Procedementos de avaliación ................................................................................. 36 3.1. Autoavaliación .................................................................................................. 37 3.2. Criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe ........................................ 37 REFLEXIÓNS E CONCLUSIÓNS FINAIS .................................................................. 37 REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS ............................................................................ 39 ANEXOS ..................................................................................................................... 41 1 INTRODUCIÓN A sociedade actual persiste na concepción estereotipada que persegue ao termo altas capacidades, aludindo, exclusivamente, a aquela persoa que presenta unha capacidade intelectual e cognitiva superior á media. En pleno século XXI o coñecemento das altas capacidades segue sendo un feito pouco asentado, sobre todo dentro das familias e dos centros educativos. Existe unha imaxe moi extendida que concibe ás persoas con superioridade intelectual como individuos que “xa o saben e coñecen todo” ou que “teñen acceso directo á información e contidos de maneira espontánea”. Esta visión xeralizada acerca das altas capacidades intelectuais provoca, na maioría dos casos, o descoñecemento ou desinformación por parte do profesorado, feito que pode provocar unha situación desfavorable para o desenvolvemento dos alumnos/as que presentan un rendemento superior. Ben sexa pola escasa presenza ou tratamento do termo na lexislación educativa vixente, ben pola pobre formación do profesorado ao respecto, a situación dos nenos/as valorados con altas capacidades nas aulas segue sendo dificultosa. Por outro lado, xa non se pode considerar a valoración cuantitativa da capacidade intelectual fundamentada unicamente con probas estandarizadas que miden o cociente intelectual (CI), senón que para falar de altas capacidades tamén hai que ter en conta outros aspectos do desenvolvemento do neno/a que van máis alá das variables cognitivas, valorando, tamén, as variables sociais, emocionais e motivacionais en referencia ao contexto que o/a rodea. Baseándome nas miñas aspiracións e inquedanzas persoais, a educación inclusiva debe ser un feito. Todo o alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo ten dereito a recibir unha resposta educativa acorde coas súas propias características dentro da aula ordinaria. Ás veces, tamén é necesario que estes nenos/as poidan recibir apoios por parte dos mestres/as especialistas en Pedagoxía Terapéutica (PT) ou en Audición e Linguaxe (AL), mais cómpre que todo o alumnado poida adquirir un desenvolvemento integral de maneira global integrado nun grupo de aula. A educación inclusiva pretende realmente iso: ofrecer as mesmas oportunidades e apoios educativos a todo o alumnado por igual dentro do grupo de aula mediante o traballo conxunto dos mestres/as titores/as co resto do profesorado especialista, facendo fincapé nas característica cognitivas, sociais e emocionais de cada un dos nenos/as que conforman a clase. Nesta liña, o meu Traballo Fin de Grao (TFG) intenta ser un exemplo que materialice esta definición presentando a continuación a elaboración dun deseño de innovación educativa dirixida ao alumnado de altas capacidades que ten como obxectivo principal alcanzar o maior desenvolvemento cognitivo, social e 8 senón un conxunto de factores interrelacionados, pero autónomos”, de maneira que unha persoa poida despuntar nalgunhas áreas e, mesmo, ser mediocre noutras distintas. Nesta liña, podemos atoparnos con persoas que son brillantes nunha área do coñecemento en concreto ou con outras que destacan de modo excepcional en varios factores da intelixencia. No primeiro dos casos estariamos a falar de talento simple e no segundo de talento combinado ou complexo. ● Superdotación. Baixo esta denominación recóllese un perfil máis homoxéneo. É o resultado maior da intersección entre as tres variables (creatividade, motivación pola tarefa e superioridade cognitiva) polas que se define a alta capacidade. Neste sentido o alumnado superdotado presenta un rendemento intelectual moi superior á media no que se refire a unha ampla gama de capacidades e habilidades que lle permiten ter unha gran e distinta facilidade á hora de aprender calquera área ou materia. As persoas con superdotación “enfróntase á realidade dun modo diferente porque a propia percepción desta resulta até selectiva e pouco realista; resolve dun modo pouco convencional os problemas e case nunca é mentalmente lineal, pola contra adoita ser circular”. ● Prodixio. Esta palabra engloba a aqueles suxeitos que realizan unha actividade fóra do común para a súa idade. Elaboran ou crean producións admirables, equiparables aos adultos e que adoitan presentar competencias prematuras en áreas específicas. ● Potencial. É un concepto que suxire capacidades van ser desenvolvidas en oposicións ás capacidades que xa o están. ● Creatividade. Defínese como a capacidade para producir novas ideas, combinalas ou transformar as que xa existen de maneira que resulten socialmente útiles. 1.3. Modelos explicativos do alto rendemento intelectual Como se pode intuír, o concepto de superdotación e de alta capacidade non están claros, aínda e a pesar dun longo estudo desde finais do XIX ata o noso século actual. Segue habendo confusión conceptual e falta de acordo (Pomar, 2014, p. 7). Nos últimos anos atopamos unha multitude de definicións para referirse á superdotación ou á alta capacidade, desde enfoques que dan importancia á execución actual, á herdanza e á precocidade, ata novas perspectivas nas que se inclúen varios compoñentes esenciais nas novas definicións das altas capacidades, tendo en conta aspectos cognitivos, sociais, culturais, etc. O concepto foi evolucionando nos últimos anos atribuíndolle un significado máis amplo e concreto. Neste sentido, autores como Renzulli (1978) introducen un novo 9 termo para identificar ás persoas que se encadran dentro deste colectivo: “gifted”, traducido ao galego, “dotado, regalado con talento”. Isto débese á concepción da alta capacidade como o compendio entre as tres variables: creatividade, motivación pola tarefa e habilidades cognitivas superiores á media; véndose afectadas ou moduladas polos factores externos do propio individuo, como son o ambiente e as oportunidades que lle proporciona o seu contexto ou a súa contorna. Para darlle resposta á conceptualización teórica que abrangue a alta capacidade é preciso diferenciar distintas liñas de estudo que tratan de explicar os compoñentes necesarios que basean o nivel de capacidade intelectual superior. Entre eles, os que máis destacan son: os modelos baseados no rendemento, os modelos socioculturais e os modelos cognitivos. 1.3.1. Modelos baseados no rendemento Estes modelos recoñecen a necesidade de posuír un determinado grao de capacidade ou talento, mais non é o único criterio que se contempla para alcanzar un alto rendemento. A alta capacidade resulta do compendio de varios aspectos, considerando que a intelixencia por si mesma é un factor múltiple e non unitario, sendo esta a razón pola que non pode ser suficiente para explicar as altas capacidades. Desde esta perspectiva, é dicir, desde a Teoría dos tres aneis de Renzulli (ANEXO I), as persoas con altas capacidades caracterízanse por posuír ou desenvolver un conxunto de características ou habilidades que son capaces de aplicar con éxito a distintos ámbitos da vida. Porén, a persoa talentosa mostraría un potencial considerable nalgunhas das variables de forma independente e non unha combinación entre elas. 1.3.2. Modelos socioculturais Ademais dos modelos baseados no rendemento como o anterior, existen outras teorías que explican a alta capacidade intelectual, como son os modelos socioculturais ou cognitivos. Os primeiros, incorporan novos aspectos fundamentais a ter en conta á hora de concibir a intelixencia humana: o contexto, a sociedade e a cultura. Os modelos socioculturais consideran que a cultura e a sociedade establecen o que se considera “talento especial en dita situación”, engadindo ademais o contexto social e familiar como favorecedores, ou non, do correcto e axeitado desenvolvemento do suxeito con altas capacidades. Outórganlle un papel importante á influencia do ambiente no rendemento intelectual dunha persoa, criticando que nos modelos tradicionais non se consideraron os papeis da familia ou da sociedade como aspectos que repercuten no desenvolvemento dos individuos cun rendemento intelectual superior. Desta forma, os modelos socioculturais representan un gran reto nas 10 capacidades e no mesmo rendemento, xa que cuestionan a súa estabilidade e fiabilidade. Tannenbaum (1986, 1997, en Miguel e Moya, 2011) considera que o rendemento superior resulta de cinco factores determinantes: - Capacidade xeral (“factor g”). - Aptitudes específicas excepcionais. - Factores non intelectuais como motivación e autoconcepto. - Contextos familiares e escolares como estimulantes e influíntes. - E, a sorte como un factor importante a ter en conta. Así pois, o modelo de Tannenbaum xira en torno a que para que resulte un bo rendemento superior debe contemplarse a coordinación perfecta entre o talento específico da persoa cun ambiente social favorable que lle permita desenvolvelo e coa capacidade da sociedade para valoralo. Desta maneira, considera que é a sociedade e a cultura a que determina o desenvolvemento pleno dun individuo cunha capacidade intelectual superior. Mönks (1992) revisa a teoría dos tres aneis de Renzulli desde unha perspectiva social e cultural desenvolvendo o chamado “Modelo Triádico da Sobredotación”, no que introduce tres novos factores: a familia, a escola e os compañeiros/iguais, que interactúan cos tres anteriores (habilidades cognitivas superiores á media, compromiso na tarefa e creatividade). Nesta nova tríada ofrécense as oportunidades principais de interacción para coñecer outras persoas e aprender delas, punto moi significativo para o desenvolvemento integral dun ser humano. 1.3.3. Modelos cognitivos Os modelos cognitivos fundaméntanse nos principios da psicoloxía cognitiva e tratan de identificar que procesos e estratexias cognitivas se poñen en marcha á hora de realizar tarefas de nivel superior. Encádrase dentro desta premisa a Teoría Pentagonal Implícita de Sternberg (1986), que pretende presentar unha explicación que facilite o coñecemento do funcionamento intelectual das persoas con alta capacidade. Para este autor unha persoa superdotada debe reunir a lo menos cinco criterios dos seguintes: - Criterio de excelencia: predominio superior nun ou máis ámbitos en comparación cos seus iguais. - Criterio de rareza: alto nivel de execución nalgún aspecto pouco común con respecto ao resto de persoas. - Criterio de produtividade: nun campo específico, capacidade superior no desempeño dun traballo ou dunha tarefa. 11 - Criterio de demostrabilidade: a capacidade superior debe avaliarse e demostrarse mediante probas válidas e fiables. - Criterio de valor: anteo coñecemento da existencia desa capacidade superior, a sociedade debe recoñecela e valorala. Sternberg (1985, 1988) corrobora a través da súa teoría triárquica da intelixencia, costituída por tres subteorías que son componencial (analítica), experiencial (creativa) e contextual (práctica), que as altas capacidades son un feito complexo e que se pode manifestar de diversas formas, dándose en maior ou menor grao, como un fenómeno de natureza plural e non singular. Deste modo, a sua Teoría Implícita Pentagonal (Sternberg, 1986, 1997) constitúe unha boa base para entender con máis amplitude e precisión as altas capacidades. No ano 1983 Howard Gardner publica a súa obra Estruturas da Mente, na que recolle a súa teoría das Intelixencias Múltiples e, por ende, asume unha perspectiva máis ampla e pragmática da intelixencia humana que vai máis alá da mera medición cuantitativa do cociente intelectual (CI) mediante os tests psicométricos. Gardner (1983) propón que os tests de intelixencia non avalían de forma precisa a estrutura mental do individuo, senón que certas aptitudes necesitan prodecementos diferenciados e diversos para poder ser avaliadas. A Teoría das Intelixencias Múltiples alude á variedade das capacidades cognitivas e afástase da idea de que a intelixencia sexa un mero proceso de razoamento; polo que o autor postula totalmente en contra da visión clásica da intelixencia. Desta maneira, o psicólogo estadounidense non só se aparta da concepción unitaria da intelixencia, senón que tamén rexeita o modo de identificala por medio de probas psicométricas. O seu enfoque non está baseado na indagación empírica e cuantitativa, senón nunha análise cualitativa. Para o autor a intelixencia é “a capacidade para resolver problemas ou de crear produtos que sexan valiosos nun ambiente cultural particular” (en Gómez e Pomar, 2012, p. 174), por ese motivo establece unha concepción multidimensional da mesma. No enfoque orixinal da súa teoría baséase, facendo alusión a que a intelixencia pode tomar moitas formas das que el propón, na existencia de sete intelixencias e, posteriormente, engade unha oitava: ● Intelixencia lingüística. É a capacidade de usar a linguaxe de maneira efectiva, en forma oral ou escrita. Inclúe varias habilidades necesarias para a linguaxe (sintaxe, fonética, semántica,...). Está relacionada co potencial para estimular e persuadir por medio da palabra. 12 ● Intelixencia lóxico-matemática. É a capacidade relacionada co razoamento abstracto, a computación numérica, a derivación de evidencias e de resolución de problemas lóxicos. ● Intelixencia viso-espacial. Constitúe a capacidade utilizada para enfrontar problemas de desplazamento e orientación no espazo, así como para recoñecer situacións, escenarios ou rostros. Esta capacidade permite que unha persoa reteña imaxes e poida traballar mentalmente con elas: transformándoas, modificándoas, analizándoas. ● Intelixencia musical. É aquela capacidade para producir e apreciar o ton, ritmo e timbre da música. Pódese percibir no canto, na execución dun instrumento, na composición, dirección orquestral ou na apreciación musical. ● Intelixencia corporal-cinestéstica. Trátase da capacidade para usar o corpo, total ou parcialmente, como medio para expresar ideas e sentimentos. Implica controlar os movementos corporais (coordinación, equilibrio, flexibilidade), así como manipular obxectos e lograr efectos no ambiente. ● Intelixencia interpersoal. O prefixo “inter” alude a “aquilo que se dirixe de dentro cara fóra”. Por esta razón, a intelixencia interpersoal é a capacidade para entender aos demais e actuar en situacións sociais, para percibir e discriminar emocións, motivacións ou intencións. Implica ter unha boa capacidade para mostrar empatía polos demais, entendendo e interaccionando adecuadamente coas persoas. ● Intelixencia intrapersoal. Neste caso, o prefixo “intra” fai referencia a “aquilo que vai de fóra cara dentro”. As persoas que posúen unha boa intelixencia intrapersoal é aquela que ten a capacidade para comprenderse a si mesma, recoñecer os estados persoais, as propias emocións, ter claridade sobre as razóns que levan a reaccionar dun xeito ou doutro, e comportarse de maneira que resulte axeitado para as súas propias necesidades, metas e habilidades. ● Intelixencia naturalista (agregada por Gardner en traballos máis recentes que a súa obra orixinal). Trátase da capacidade para percibir a relación existente entre varias especies ou grupos de obxectos e persoas, así como recoñecer e establecer se existen distincións e semellanzas entre eles. Nas últimas actualizacións o psicólogo introduce a intelixencia espiritual e existencial, que estarían relacionadas con cuestións cósmicas, logros dun estado do ser ou coas características existenciais da condición humana. 13 1.3.4. Novas perspectivas Os tres modelos explicativos da alta capacidade anteriores foron e son as teorías iniciais que apareceron para tratar de definir este termo. Nos últimos anos foron aparecendo outros novos máis globais como: ● Modelo diferenciado de superdotación e talento (Gagné, 1999; citado en Tourón, 2004). Baixo a perspectiva deste modelo cómpre diferenciar de maneira moi precisa os termos “superdotación” e “talento”. O primeiro vocablo alude a aqueles suxeitos que presentan competencias naturais que non son entrenadas e aparecen espontaneamente, mentres que co segundo, se fai referencia ao dominio de habilidades dunha área específica. Presentan cinco dominios de aptitude ou capacidades que compoñen a superdotación: intelectual, creativo, socioafectivo, sensiomotriz... ● Modelo global da superdotación (Pérez, 2002; citado en Miguel e Moya, 2011). Resulta da revisión dos modelos teóricos xurdidos ata o momento, das teorías da intelixencia e de numerosas investigacións. Poderíase dicir que este modelo é unha combinación entre Renzulli e Gardner, posto que a base teórica e primeiro compoñente desta proposta está baseada no modelo do primeiro e os relaciona con sete núcleos de capacidade (matemática, lingüística, motriz, artística, espacial e interpersoal). Trátase dun modelo que combina, polo tanto, distintas variables sobre unha base máis cualitativa que cuantitativa, que considera que o cociente intelectual (CI) non basta para desenvolver unha capacidade intelectual superior e, cuxos elementos principais para iso chegan da man do contexto do individuo e das súas características persoais (motivación, autocoñecemento, autocontrol). ● Modelo psicosocial de “filigrana”. Tannenbaum (en Miguel e Moya, 2011) fai unha revisión (1986) do seu propio modelo, que se encaixa nos modelos socioculturais. Introduce nel alguhas modificacións, tales como: capacidade xeral, considerada como factor G, aptitudes específicas como habilidades mentais primarias; factores non intelectuais, como a motivación e o autoconcepto; influxos ambientais, familiares e escolares; e, o factor sorte. Estes cinco factores deben darse todos de forma interrelacionada, porque se falta un, os restantes non o compensan. O autor considera que a creatividade é o froito das variables anteriores, non un factor máis. Segundo el, a superdotación soamente podería observarse e valorarse en persoas adultas, xa que a comprende como unha consecuencia da produción creativa con certo valor para o mundo social. 14 ● Modelo explicativo da superdotación (Prieto y Castejón, 2002, citado en Miguel e Moya, 2011). Presenta unha explicación moi aberta e flexible sobre a superdotación intelectual. Os autores consideran que existen catro compoñentes esenciais que deben estar presentes na súa definición. Son independentes, mais precísase un nivel mínimo de todos eles: habilidade intelectual xeral, capacidade de manexo do coñecemento, personalidade e ambiente. 2. O alumnado de altas capacidades O alumnado que presenta un rendemento intelectual superior e que é diagnosticado con altas capacidades é un colectivo que presenta necesidades específicas de apoio educativo. Cando se fala de atención á diversidade nas aulas e nos centros educativos adóitase a agrupar baixo esta denominación ao alumnado con discapacidade intelectual ou con trastornos específicos do desenvolvemento (TDAH ou TEA) que impliquen presentar dificultades notables de aprendizaxe, sen outorgarlles demasiada importancia, sexa por descoñecemento ou despreocupación, aos alumnos/as que teñen altas capacidades. Estes nenos/as, denominados tamén superdotados/as, necesitan dunha intervención educativa específica e adaptada ás necesidades de cada caso, que lles permitan desenvolver ao máximo o seu potencial e, finalmente, alcanzar un desenvolvemento integral como persoa. 2.1. Características do alumnado con altas capacidades Os nenos/as con altas capacidades son unha poboación moi heteroxénea, polo que se intenta elaborar un listado coa totalidade de características que reúne este colectivo resulta moi dificultoso. Non só se caracterizan por un alto rendemento intelectual, senón por destacar nun conxunto de aspectos, como son a intelixencia, a creatividade, a implicación na tarefa, etc. Tendo en conta a guía para profesorado elaborada por Pomar (2014), os nenos/as destas características son así: - Adquiren e reteñen rapidamente a información. - Demostran actitude activa para investigar e curiosidade intelectual. - Presentan habilidade para conceptualizar, abstraer, sintetizar e resolver problemas. - Gozan organizando o cousas e persoas na súa orde e estrutura. - Posúen un amplo vocabulario e capacitación verbal. - Posúen gran información en temas complexos. - Son creativos e imaxinativos, gústalles experimentar. 15 - A súa concentración é intensa e, mesmo, obsesiva nos seus temas de maior interese. - Desenvolven elevada sensibilidade e empatía (ás veces mal entendida) unidas a un gran desexo de aceptación. - Teñen elevada enerxía e viveza (ás veces confundida con hiperactividade). - Adoitan ser individualizados e independentes. - Adoitan ter especial sentido do humor. O estudo tradicional da cognición superior vinculouse á idealización dun perfil meramente intelectual, no que non se tiñan en conta outros elementos que non fosen o procesamento da información e a súa aplicabilidade na resolución de problemas. Porén, coa nova aparición da intelixencia emocional e ante unha sociedade cada vez máis heteroxénea, resulta case imposible referirse ao ser humano unicamente como un ser pensante, senón que vai máis aló. Existen tres perfís a ter en conta co alumnado de altas capacidades: cognitivo, motivacional e de personalidade. A combinación dos tres xuntos de forma única, exclusiva e identificativa tería como resultado un único perfil que o define. Comprender os perfís resulta imprescindible para “detectar, comprender e axudar ao alumnado con altas capacidades” (Pomar, 2014). Cómpre coñecer a heteroxeneidade duns casos de altas capacidades a outros, porque aínda que o colectivo comparta a mesma denominación, as características e necesidades son propias e intransferibles. O perfil cognitivo fai alusión á casuística e ás variables que definen a capacidade intelectual superior. As altas capacidades poden incluír casos precoces, de talento ou de superdotación; aínda que estes termos poden ser un pouco arbitrarios dado que aínda non hai unha terminoloxía clara e concisa para referirnos ao caso. Por outro lado, co perfil motivacional estamos referíndonos á relación existente entra o nivel de motivación do neno/a con altas capacidades e o seu rendemento académico acadado. No tocante a esta relación, cómpre coñecer a realidade de cada alumno/a porque, desafortunadamente, o seu logro académico non se desenvolve favorablemente ás súas capacidades. Este é un dos extremos dunha ponte que o une co potencial intelectual, infraestrutura que sostén a denominada motivación de logro. A motivación de logro defínese con tres variables (Siegle, 2002, citado en Pomar, 2014, pp. 17-18): expectativas de éxito (percepción ambiental), confianza nas capacidades dun mesmo para executar unha tarefa (autoeficacia) e valor dado á tarefa e/ou resultado (interese significativo). Nas aulas cómpre estar alerta a este fenómeno, posto que as altas capacidades non son un sinónimo de logro académico. Os nenos/as con altas capacidades, en moitas ocasións, poden presentar o “Síndrome do Baixo Logro”, cos que se debe, unha vez detectado, desenvolver un programa de actuación concreto que 16 permita remitilo. Para evitar ou combater dita situación é preciso marcarlles e ofrecerlles boas expectativas aos nenos/as e, sobre todo, metas realistas. Ademais, é importante distinguir o perfil de personalidade de cada alumno/a con altas capacidades. Ao falarmos de perfil de personalidade estamos referíndonos ao estilo de aprendizaxe. Segundo Sternberg (1997), os estilos de pensamento son fundamentais para acometer con éxito os desempeños da vida diaria, sobre todo sento estes relacionados coa aprendizaxe. Os estilos de aprendizaxe serían “as formas de aprender”, é dicir, o método que a cada persoa lle resulta máis doado adquirir coñecementos. Existen tres tipos de estilos de aprendizaxe: executivo (analítica), lexislativa ou xudicial. O alumnado con altas capacidades non presentaría un estilo de aprendizaxe executiva, senón lexislativa ou xudicial. Trátase dun colectivo non necesita de demasiadas reiteracións, rexeitan o exceso de exemplos e vense atafegados por unha práctica esaxerada en procedementos, operacións ou tarefas. Cómpre tamén, coñecer a tendencia mental que teñen os alumnos/as de altas capacidades: aberta ao cambio (novidade) ou tendencia ao peche (normas explícitas, procedementos establecidos e certa familiarizade coas tarefas). 2.2. Resposta educativa para o alumnado con altas capacidades Considérase que unha persoa se define con sobredotación intelectual cando presenta unha puntuación igual ou superior a 130 puntos no test psicométrico da escala Weschler. Así tamén o recolle o marco legal educativo español, no que se especifica que lle “corresponde ás Administracións educativas adoptar as medidas necesarias para identificar ao alumnado con altas capacidades intelectuais e valorar de forma temperá as súas necesidades” (LOMCE 8/2013, art. 72). Desde os anos 70 vense extendendo unha sensibilización xeralizada sobre o tratamento da diversidade ou, o que é o mesmo, pola atención educativa personalizada. Na lexislación educativa española (Peralta et al., 1998), o punto de inflexión en termos de atención ao alumnado con necesidades educativas especiais (NEES) culminou coa implantación da Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOGSE, 1/1990 do 3 de outubro), xa que se supuxo, por un lado, unha mentalidade máis aberta e flexible na incorporación de novas propostas educativas; e, por outro, unha infraestrutura axeitada de recursos materiais e humanos a disposición da investigación e das necesidades que van xurdindo na práctica, entre as que cabe destacar, a atención aos alumnos/as con altas capacidades. Neste sentido a promulgación do Real Decreto para a Ordenación da Educación de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais (RD 696/1995 do 28 de abril, BOE nº 131, do 2 de xuño) así como a Orde do 24 de abril de 1996 (BOE nº 107, do 3 de 17 maio), marcan un fito importante en relación coa atención á diversidade no noso país, na medida en que inclúen na mesma ao alumnado con altas capacidades. Nesta última regúlanse as condicións e o procedemento para flexibilizar, con carácter excepcional, a duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos/as con sobredotación intelectual (Alonso, Renzulli e Benito, 2003). Por outro lado nese mesmo ano, no 1996, a Resolución da Secretaría de Estado de Educación determina os procedementos a seguir para orientar a resposta educativa aos alumnos/as con necesidades educativas especiais asociadas á sobretodación. É neste momento cando se establecen as bases da atención psicoeducativa deste tipo de alumnado, cuxos trazos principais se teñen en conta na lexislación actual. Nesta resolución concretáronse da seguinte maneira: - A atención a estes alumnos/as debe realizarse de acordo coas medidas ordinarias de atención á diversidade que se recollan no Proxecto Curricular do centro educativo. - Poderase flexibilizar o período de escolarización obrigatoria, ben mediante a anticipación do inicio da escolarización obrigatoria ou a redución do período de escolarización. - Utilizaranse como resposta educativa medidas curriculares, tales como: a adaptación curricular, que require do enriquecimento dos obxectivos e contidos, a flexibilización dos criterios de avaliación, a utilización dunha metodoloxía acorde ao estilo de aprendizaxe destes alumnos/as e ao seu contexto; e a aplicación de fórmulas organizativas flexibles que faciliten a incorporación do alumnado a grupos de distinto nivel de competencia curricular ao que lles corresponde por idade. Despois da LOGSE (1990), sucedéronse distintas leis educativas no noso marco lexilativo, sendo as máis recentes a Lei Orgánica de Educación (LOE, 2006) e a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE, 2013); cuxos currículos se caracterizan por ser abertos e flexibles. A adopción dun plantexamento curricular destas características proporciona os medios para que o tratamento da diversidade sexa un feito. As principais medidas de atención á diversidade recollidas no marco legal actual (Decreto 229/2011, art. 8 y 9) considéranse “aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado”. Distínguense entre: ● Medidas ordinarias. Son aquelas que facilitan a adecuación do currículo prescriptivo, sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás 24 No ABP, alumnos/as e mestres/as asumen unha estratexia de reflexión e acción sobre a súa propia realidade máis próxima (Martín, 2016). Os docentes indagan sobre os recursos, o papel que desempeñan e as posibilidades que teñen de facer máis efectiva o seu labor de mediar na aprendizaxe cos alumnos/as. Eles/as descubren os seus intereses de aprendizaxe en relación a temas que precisan de ferramentas que ofrecen distintas áreas curriculares e realizan unha investigación sobre elas. O ABP parte dunha pregunta que suscite o interese de todo o alumnado. Pode xurdir na aula espontaneamente ou pode ser inducida polo docente e provocar que ao alumnado lle interese a temática que a engloba. Unha vez que se produce unha preocupación sobre un tema concreto, os nenos/as deseñan xunto co seu mestre/a un proceso de indagación que intente dar resposta a un problema, a unha pregunta. Segundo Garritz (2010), a indagación pode constituirse principalmente de tres formas: - Estruturada: cando se proporcionan preguntas e procedementos e o alumnado xera unha explicación apoiada en datos que van recoller e obter. - Guiada: o profesor/a proporciona a pregunta e o alumnado xera o procedemento para respondela. - Aberta: é o propio alumnado o que xera preguntas, deseña os procedementos. leva a cabo as investigacións pertinentes e comunica os resultados. Este proceso de investigación e acción non supón un camiño racional a desenvolver na aula, senón que crea un compromiso de acción por parte do alumnado á hora de participar nun proxecto común que se vai construíndo pouco a pouco a medida que se vai avanzando na pregunta inicial que se marquen. O ABP permite a construción do coñecemento desde unha perspectiva multidimensional que combina o traballo mutuo entre distintas áreas curriculares ofrecendo ao alumnado unha aprendizaxe máis significativa e contextualizada, tendo en conta sempre os coñecementos e experiencias previos dos nenos/as. Así pois, segundo Pereira (2015) os elementos básicos do ABP serían sete: un reto ou pregunta que desfaía e estimula, unha investigación profunda, autenticidade, descisións tomadas polos alumnos/as, reflexión, crítica e revisión e un produto final público. O traballo por proxectos considérase unha metodoloxía que se adecúa a todo o alumnado, tamén daquel que posúe unha capacidade intelectual superior. Peralta et al. (1998) sinalan algunhas das razóns polas que esta forma de traballo se adecúa ás características e necesidades do alumnado con alta capacidade: - Adecúase ao ritmo máis rápido de aprendizaxe. - Fomenta a aprendizaxe autorregulada (capacidade de autodirección e autoaprendizaxe). 25 - Favorece a curiosidade intelectual e a reflexión na aprendizaxe (autoavaliación). - Promove a motivación centrada na aprendizaxe, xa que supón un desafío estimulante no proceso non so no resultado. - Desenvolve o pensamento diverxente, xa que ofrece a posibilidade de xerar ideas orixianais. - Fomenta a interdisciplinariedade, polo que se capta a interrelación entre o coñecemento. - Permite a aplicación de habilidades e de coñecementos anteriores a través da resolución de problemas e a utilización de métodos de investigación, que implicar a busca de información, proposición de preguntas, resultados abertos e incertidume ante as conclusións. - Facilita a utilización de habilidades intelectuais para as que están altamente dotados: análise, organización e síntese das experiencias de aprendizaxe. - Supedita a dispersión de intereses e curiosidade intelectual á hora de tomar decisións co obxecto de alcanzar un resultado, pois orienta o esforzo e o compromiso no proceso. 3.3. SEM e ABP: poden combinarse? O método baseado en proxectos pode compartir algunhas características co modelo SEM, sobre todo se se alega a unha analoxía entre as actividades Tipo III e os procesos que basean a aprendizaxe baseada en proxectos. En palabras de Renzulli e Reis (2016, p. 118): O método baseado en proxectos, tamén descrito na literatura como modelo de investigación grupal, comparte algunhas características co estudo independente non guiado. Este método relaciónase coas actividades tipo III. A aprendizaxe baseada en proxectos caracterízase ben por actividades individuais ou ben por grupos de alumnos que traballan conxuntamente. Nalgúns casos, o proxecto pode ter a súa orixe nun traballo asignado polo profesor en torno a un problema ou desafío, pero con frecuencia os estudantes van máis aló do requerido orixinalmente dando pé á creación dun produto con aplicacións no mundo real. Noutros casos, o proxecto pode ser orixinado en colaboración cos propios alumnos. É ben certo que, o modelo SEM e a metodoloxía ABP poden complementarse, de maneira que conxuntamente conformen unha estratexia de ensino e aprendizaxe (E- A) que teñan como obxectivo dar resposta ás necesidades do alumnado de altas capacidades, ao mesmo tempo que se dirixe ao todo grupo de aula. Baixo unha mirada 26 analítica das súas características, pódense apreciar semellanzas (ANEXO II, táboa 1) e algunhas diferenzas (ANEXO II, táboa 2) entre ambos. As primeiras atópanse sobre todo na base de cada un deles, mentres que as características dispares están agochadas no seu transfondo. O SEM constitúe un plan organizativo do proceso de ensino e aprendizaxe (E- A) que procura ofrecer un modelo de ensinanza que desenvolva ao máximo o potencial do alumnado con altas capacidades, mentres que o ABP é unha das metodoloxías de traballo de aula das que se nutre este modelo. O modelo SEM, dentro dun marco organizativo, pode contemplar o traballo cooperativo, o emprego das novas tecnoloxías da información e da comunicación na aula, o traballo por proxectos, entre outros; polo que estrutura o modo en que se desenvolve o proceso de ensino e aprendizaxe (E-A). Ambos os dous termos poden englobarse nun obxectivo común: dar resposta ás necesidades educativas que presenten os alumnos/as con alta capacidade intelectual encadrándose na aula ordinaria co resto de compañeiros/as. Os rasgos semellantes que presentan poden empregarse de maneira que se estableza na aula un método de traballo que atende a todas as características dos nenos/as que conforman o grupo de clase, outorgándolle a cada un un rol importante dentro do proceso de ensino e aprendizaxe (E-A), porque parte dos seus intereses, coñecementos previos e da súa contorna máis próxima. Desta comparación entre o Schoolwide Enrichment Model (SEM) e a metodoloxía do traballo por proxectos ou baseada en problemas (ABP) conxúgase a seguinte proposta didáctica. Propón o deseño dun proxecto de aula que se fundamenta na organización e estrutura do SEM e que se desenvolve mediante o traballo por proxectos. PARTE II: Proposta de intervención e innovación educativa 1. Xustificación e contextualización A continuación vaise presentar o deseño dun proxecto interdisciplinar baseado no modelo SEM de Renzulli e na metodoloxía ABP. Leva por nome Por que a terra é redonda?, sendo esta a pregunta da que o alumnado partirá para a súa posterior elaboración. Dita proposta didáctica está dirixida a un grupo de 2º curso de educación primaria pertencente ao centro educativo CP Plurilingüe “A Inmaculada” da cidade compostelá, na provincia de A Coruña. Establécese como referente este colexio partindo da base que este curso académico (2016-2017) ten incorporado o SEM ás aulas de todos os niveis educativos, desde 4º curso de educación infantil ata o último de educación 27 primaria, despois de anos de formación do profesorado grazas ao proxecto Talento 3.0 dirixido academicamente pola equipa da Unidade de Atención Educativa en AC da USC. Este cambio aporta a este documento un contexto xa consolidado no desenvolvemento curricular baseado no modelo citado, polo que o seu tratamento non require dun esforzo por parte do profesorado nin do alumnado, que xa están habituados a él. Tamén o está, a comunidade educativa, dado que ao longo deste curso académico se foi implantando paulatinamente no colexio de maneira global en todos os niveis educativos. Así pois, este contexto é propicio para o desenvolvemento dun proxecto que se rexe baixo as premisas do Schoolwide Enrichment Model (SEM). O grupo ao que vai dirixido está conformado por un total de 23 alumnos/as, dos que 15 son nenos e 8, nenas. Este grupo en concreto cursa agora o primeiro nivel de educación primaria e, en base a isto, a presente proposta de innovación adecúase ás súas características para o próximo curso académico. Segundo as aportacións da titora do grupo, aportadas a través dunha entrevista que tivo a amabilidade de realizar (ANEXO III), podemos salientar que o alumnado constitúe unha clase con moi boas capacidades en xeral, que presenta un bo rendemento académico, así como un bo desenvolvemento a nivel social, dado que son moi afíns entre eles/as e mostran moi boas relacións entre si. Neste sentido, podería darse o caso de que o grupo descrito presenta tan bo desenvolvemento social e académico na aula ben, porque xa de por si son un grupo de ditas características, ou ben poque o modelo de traballo na aula (SEM) co que estiveron en contacto todo o curso propiciou este bo clima. Cómpre resaltar que neste conxunto de aula existen seis casos de altas capacidades, 4 nenos e 2 nenas que presentan unha capacidade cognitiva superior á media (ANEXO IV). Todos eles/as tiveron ata o momento unha escolaridade normal e foron detectados na aula. O protocolo que se seguiu para confirmar ou refutar a presenza das altas capacidades nestes nenos/as foi o mesmo: en primeiro lugar, poñerse en contacto coas súas respectivas familias; e, despois, informar ao departamento ou equipo de orientación do centro escolar para avaliar e clarificar as pertinentes necesidades específicas de apoio educativo que puidesen necesitar. Nesta liña, dos 6 casos apreciados na aula, soamente están totalmente valorados a nivel psicopedagóxico os 4 nenos; dos que ningún ten antecedentes familiares. No caso delas, aínda están en proceso, xa que se detectaron posteriormente a eles. Destes alumnos, cómpre destacar algunha das súas características máis salientables como o bo e amplo razoamento lóxico, a comprensión das situacións sociais ou o algo grao de creatividade que posúen. Ante este contexto de aula, elabórase a continuación un exemplo de proxecto que se podería desenvolver cos alumnos/as de maneira que conforme unha alternativa 28 de enriquecemento curricular para o alumnado de altas capacidades. Dadas as súas características, o deseño deste proxecto permite desenvolver as súas capacidades e potenciar os seus puntos fortes tendo en conta os débiles, de maneira que ao levalo a cabo non só se beneficien estes nenos/as, senón todo o grupo de clase. Trátase dunha proposta de elaboración dun proxecto relacionado coa concepción do noso planeta. A pesar de que os contidos sobre o universo non aparecen de maneira explícita no currículo ata o terceiro curso desta etapa educativa, resulta moi interesante desenvolver un proxecto relacionado con contidos que o engloben porque, desta maneira, os nenos/as aínda non teñen unha referencia académica xa adquirida anteriormente. Este feito pode resultar moi motivante para o alumnado, posto que, aínda que os alumnos/as teñan nocións previas sobre o planeta Terra, ben sexa polos medios televisivos, Internet, a literatura infantil ou as experiencias dalgún irmán/á ou amigo/a; non adquiriron anteriormente un coñecemento académico sobre a temática en si. Tendo en conta o marco de referencia europeo de educación, inténtase promover nas aulas as competencias científicas da argumentación, modelización e indagación; sendo esta última o eixe principal no que se sustenta o proxecto Por que a terra é redonda?. Tendo en conta a perspectiva do currículo, preténdese promover na aula unha aprendizaxe contextualizada e significativa de contidos e aspectos científicos mediante a aprendizaxe baseada na adquisión de competencias. No noso marco lexislativo indícase que a finalidade do proceso de E-A é desenvolver as competencias. Un proxecto de índole científica permite alcanzar perfectamente esta pesquisa. As ciencias e o razoamento lóxico e matemático adoitan ser moi motivantes para todo o alumnado, tamén para o de altas capacidades, xa que lles supón un reto ou un desafío estimulante para o seu desenvolvemento cognitivo, social e emocional. Por esta razón é que se elabora un exemplo de proxecto interdisciplinar baseado no traballo por proxectos cunha organización análoga ao modelo SEM. Esta metodoloxía e este modelo organizativo permiten perfectamente o compendio entre a aprendizaxe competencial e a contextualizada e significativa do alumnado. O ABP e o SEM promoven a aprendizaxe espontánea dos nenos/as dentro da aula para a elaboración posterior dun proxecto baseado nesa mesma, de maneira que sexan eles/as mesmos/as os que decidan como e de que forma realizalo. No tocante a iso, o deseño que se mostra a continuación é un exemplo de proxecto que se podería desempeñar nunha aula de primaria sobre unha temática que os nenos/as poden atopar facilmente na súa vida cotiá, por exemplo en Internet. A temática non xorde deles directamente, pero os mestres/as debemos, ás veces, propiciarlles incentivos que os leven a inducir o dirección do timón dun barco que van a levar polo océano da aprendizaxe. 29 2. Deseño da intervención Por que a terra é redonda? é deseño dun proxecto que exemplifica o compendio entre o traballo por proxectos (ABP) e o modelo Schoolwide Enrichment Model (SEM) para o 2º curso de educación primaria. Recóllense nel un conxunto de actividades organizadas baixo as premisas do modelo SEM (actividades Tipo I, Tipo II e Tipo III), realizándose o proxecto mediante o traballo cooperativo na aula a través do desenvolvemento do ABP. Trátase dun proxecto interdisciplinar, principalmente entre as materias de ciencias sociais, da que se extraen os contidos específicos da temática a traballar; e de ciencias da natureza, da que proveñen aqueles relacionados co desenvolvemento da indagación científica que se deseña neste proxecto. Baseándose nestas premisas, adáptase o currículo en función das características dos propios nenos/as, do centro e do contexto. 2.1. Obxectivos Os obxectivos xerais da etapa de educación primaria que están relacionados coa posta en práctica do proxecto Por que a terra é redonda? son: a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática. b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe e espírito emprendedor. c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan. e) Coñecer e utilizar de maneira apropiada a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas linguas. h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia. i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico antes as mensaxes que reciben e elaboran. 30 j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais. Neste proxecto, é realizar un traballo de investigación que parta do establecemento de conxeturas, da observación, experimentación e da contrastación de información para obter conclusións de maneira crítica e reflexiva é o obxectivo principal ou xeral que se pretende alcanzar neste deseño didáctico. O eixo do traballo por proxectos debería ser o desenvolvemento do pensamento crítico e reflexivo ante calquera temática para que os nenos/as poidan, posteriormente, potencialo nas súas vidas cotiás. Xa que se trata dunha proposta relacionado coas competencias científicas do marco de referencia europeo, concretamente co desempeño dun proceso de indagación científica, os obxectivos específicos do mesmo son: - Coñecer as características, pasos e repercusión social da actividade científicas. - Obter información de maneira axeitada empregando distintos soportes escritos, audiovisuais ou en liña. - Desenvolver técnicas de selección, organización e verificación da información. - Describir as principais características do planeta Terra: localización, compoñentes, movementos e consecuencias. - Traballar de maneira cooperativa, respetando aos compañeiros/as, o material e as normas in de convivencia. 2.2. Competencias O Parlamento Europeo (2006) define as competencias como “unha combinación de coñecementos, capacidades e actitudes adecuadas ao contexto” (Figel, 2007). A finalidade do traballo por competencias nas aulas refléxase no afán por acadar un coñecemento práctico, aplicable e contextualizado para que o alumnado poidan adquirir un desenvolvemento integral pleno en sociedade. A nova concepción do proceso de E- A intenta propiciar contextos de aprendizaxe onde os nenos/as non soamente coñezan contidos conceptuais e teóricos (“saber”), senón que eles/as poidan tamén aplicalos en distintas situacións para poder resolver problemas, actividades ou situacións determinadas (“saber facer”) e, ademais, iso lles permita adquirir e desenvolver valores e actitudes que os definan como individuos que forman parte dun eido social (“saber ser”). Tomando como referente o noso currículo actual, esta proposta pretende desenvolver unha aprendizaxe competencial do alumno/a. Neste caso, no proxecto vanse traballar e potenciar as sete competencias que nos marca o currículo de maneira indirecta, máis aquelas de vital importancia e que cobran un gran peso nel son, sobre todo, a que se expoñen a continuación: 31 - Competencia matemática e competencia en ciencias e tecnoloxía (CMCCT). O alumnado deseñará e realizará unha indagación científica na aula partindo dun escenario proporcionado polo/a docente que lles guíe para dar resposta á pregunta Por que a terra é redonda? (ANEXO V). Ao partir dela, os nenos/as deberán realizar unha pequena investigación científica cos seus respectivos pasos (pregunta, hipótese, probas, comprobación, discusión, conclusión e comunicación de resultados) coa que estarán moi relacionados con contidos de índole científica e matemática. Ademais, o proxecto permitiralles que desenvolvan a súa capacidade de razoamento indutivo, dado que o proxecto está fundamento na aprendizaxe indutiva. Están moi presentes as tres competencias científicas que se establecen no marco de referencia europeo: a ingacación, a argumentación e a modelización. - Competencia lingüística (CL). Os pequenos/as estarán en continuo contacto coa busca e contraste de información en distintos soportes, ben sexa escritos, audiovisuais ou en liña; que expresen dita información en formato oral ou escrito. Sexa en galego, castelán ou en inglés (menos), o alumnado deberá desenvolver a comprensión do código lingüístico oral ou escrito ademais de producilo. Estas accións están integramente relacionadas coa obtención de probas e comunicación de resultados da súa propia investigación. - Competencia social e cívica (CSC). O traballo cooperativo desenvólvese na aula para a realización desta investigación. O alumnado non só tratará a importancia da ciencia en sociedade, senón que desenvolverá actitudes e valores que melloren o seu rendemento académico e as súas relacións interpersoais, de forma que adquiran experiencias que lles permita ser activos, reflexivo e críticos coa realidade. - Competencia aprender a aprender (CAA). Ao mesmo tempo, os nenos/as poderán adquirir e desenvolver distintas técnicas de traballo en grupo e habilidades para que cada vez vaian sendo máis autónomos no proceso de E-A. Esta competencia é unha das máis importantes para o alumnado ao longo de toda a etapa de educación primaria, posto que a súa adquisición suporá un dos piares máis importantes para o desenvolvemento integral da persoa, outorgándolle na medida do posible unha vida satisfatoria. - Competencia dixital (CD). Para o proceso de E-A será preciso o emprego activo e responsable das tecnoloxías da información e comunicación. O alumnado traballará con recursos materiais, audiovisuais e en liña que lles requira coñecer o funcionamento dos aparellos tecnolóxicos na aula, para desempeñar un bo uso despois na seu día a día. Na sociedade actual, isto debe ser un feito. 32 A finalidade do traballo por competencias favorece a que o alumno/a non adquira unicamente un saber teórico, senón tamén práctico e actitudinal. Este enfoque está moi relacionado co feito de establecer un vínculo nítido entre os contidos académicos e o contexto real do neno/a, sendo este tamén un dos piares do deseño deste proxecto. 2.3. Contidos Como contidos, inténtanse potenciar algúns xerais, enmarcados na materia de ciencias da natureza e que engloban practicamente a totalidade do proxecto; e outros máis específicos, máis relacionados coas ciencias sociais e que se conxugan coa temática de transfondo de Por que a terra é redonda? Esta proposta didáctica é interdisciplinar principalmente entre estas dúas áreas curriculares, aínda que tamén se poden achegar aos campos de coñecemento das demais como educación artística, a parte de educación plástica e visual, ou lingua estranxeira inglés. Os contidos principais do desenvolvemento deste proxecto están encadrados no primeiro bloque de contidos da materia de ciencias da natureza de 2º curso de educación primaria recollido no currículo. Trátanse daqueles expostos no Bloque 1: Iniciación á actividade científica, sendo os eixos deste proxecto: B1.1. Iniciación á actividade científica. B1.2. Realización de proxectos con guía na súa estrutura e presentación de resultados. B1.3. Búsqueda guiada de información en Internet e noutros soportes. B1.4. Elaboración guiada de textos escritos básicos, murais, paneis, esquemas ou representacións para reunir conclusións. B1.5. O traballo cooperativo. B1.6. Iniciación ás técnicas de traballo. Recursos e técnicas de traballo intelectuais. B1.7. Hábitos de traballo, esforzo e responsabilidade. No currículo actual de educación primaria da nosa Comunidade Autónoma pódese apreciar que os contidos relacionados co universo e co noso planeta non aparecen ata o 3º curso da etapa na materia de ciencias sociais. Estes recóllense dentro do Bloque 2: O mundo que nos rodea, relacionándose concretamente con este deseño os seguintes: B2.1. Sistema solar: o Sol e os planetas. B2.2. O planeta Terra e a Lúa, o seu satélite. Características. B2.3. Os movementos da Terra e a Lúa e as súas consecuencias: as estacións do ano, o día e a noite. B2.4. Formas de representar a Terra. Planos, mapas, planisferios e globos 33 terráqueos. Así pois, o eixe principal do proxecto encádrase na materia de ciencias da natureza cos contidos estipulados do primeiro bloque para 2º curso da etapa. Porén, os contidos do transfondo, que se recollen no segundo bloque de contidos de 3º curso da área de ciencias sociais, son adaptados para un curso inferior para que sexa posible a realización deste proxecto. Como mestres/as debemos seguir e ter como referente o noso marco lexislativo, neste caso o currículo de educación primaria, para elaborar as distintas programacións didácticas que desenvolvamos co noso futuro alumnado. Mais, tendo isto en conta, nós podemos decidir adoptar ou adaptar o currículo en función dos nosos deseños. Esta última opción é a que caracteriza esta proposta: adaptar o currículo ás características e necesidades dos alumnos/as aos que vai dirixida a presente proposta, de maneira que a súa aprendizaxe sexa o máis enriquecedora e axustada posible. 2.4. Metodoloxía Como xa se veu adiantando ao longo do presente documento, este proxecto está enmarcado nun eido construtivista, onde os nenos/as son os protagonistas do proceso de E-A e o mestre/a un mero guía do mesmo. Cómpre destacar, que a metodoloxía pola que se define o proxecto Por que a terra é redonda? está baseada no ABP. Pártese da pregunta que lle dá nome a esta proposta para incitar o interese dos alumnos/as a coñecer e indagar sobre a temática presentada. Neste caso, a proposta é un mero exemplo de actividades que se poden realizar, porque no ABP o proceso de E-A parte da xeración espontánea por parte do alumnado para crear e deseñar eles/as mesmos/as o proxecto, aínda que a pregunta sexa proporcionada polo/a docente. Este é un proxecto de indagación científica na aula dirixida ao alumnado de altas capacidades dándolle resposta ás súas características dentro da aula ordinaria, polo que os beneficiarios/as non son soamente eses 6 alumnos/as do grupo, senón todos os membros do mesmo. Trátase dunha opción de enriquecemento curricular que se basea nunha metodoloxía de traballo caracterizada por ser inclusiva, activa e significativa que se materializa a través da realización das distintas actividades que se integran neste proxecto. Ademais, con este tipo de proposta promóvese na aula o desenvolvemento do talento de todo o alumnado, feito polo que se relaciona estreitamente coa Teoría das Intelixencias Múltiples de Gardner (1983). No tocante á organización e secuenciación das actividades que definen o presente deseño didáctico, séguese a estrutura que propón o modelo SEM porque as actividades están artelladas segundo actividades Tipo I, Tipo II e Tipo III. Estas sumérxense no traballo cooperativo para a súa realización e na creación dun produto 40 identificación y estrategias educativas. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra, S.A. (EUNSA). Pereira, M. (2015, agosto 31). “7 elementos esenciales del ABP”. Recuperado de: http://cedec.educalab.es/es/noticias-de-portada/2304-7-elementos-esenciales- del-abp Pomar, C. (2001). La motivación de los superdotados en el contexto escolar. La desmotivación como realidad en la marcha académica del superdotado (pp. 129- 165). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Pomar, C. (2014). O triángulo máxico das altas capacidades. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Pomar, C. e Gómez, D. (2012). Diferencias Cognitivas en el Desarrollo. En Dosil, A., Desarrollo Cognitivo, afectivo, lingüístico y social (pp. 151-200). Madrid: UDIMA. QuantumFracture. (13 de abril de 2017). Puedo convencerte de que la Tierra es plana. [Vídeo]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=YxELlBMP6W4&t=214s Real Academia Galega (2017). Intelixencia. Dicionario da Real Academia Galega. Recuperado de: http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/intelixencia Renzulli, J.S. (2010). El rol del profesor en el desarrollo del talento. REIFOP, 13 (1), pp. 33- 40. Recuperado de: http://www.aufop.com/aufop/uploaded_files/articulos/1268615182.pdf Renzulli, J.S. e Reis, S.M. (1997). The Schoolwide Enrichment Model: A comprehensive plan for educational excellence. Mansfield Center: Creative Learning Press. Renzulli, J.S. e Reis, S.M. (2008). Enriching Curriculum for all Students, Thousand Oaks: Corwin Press. Renzulli, J.S. e Reis, S.M. (2016). Enriqueciendo el currículo para todo el alumnado. Madrid: Ápeiron Ediciones. Tourón, J. (2004). De la superdotación al Talento: evolución de un paradigma. En Jiménez, C. (Coord). Pedagogía Diferencial y Equidad (pp. 369-400). Madrid: Pearson Educación. Recuperado de: http://dadun.unav.edu/bitstream/10171/19959/1/De%20la%20superdotacion%2 0al%20talento.pdf Vergara, J.J. (2015). Aprendo porque quiero. El Aprendizaje Basado en Proyectos (ABP), paso a paso. Madrid: Ediciones SM. 41 ANEXOS ANEXO I: OS TRES ANEIS DA ALTA CAPACIDADE DE RENZULLI (1976) ANEXO II: SEMELLANZAS E DIFERENZAS ENTRE SEM E ABP ANEXO III: INFORMACIÓN PROPORCIONADA POLA DIRECTORA DO CP PLURILINGÜE “A INMACULADA” DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ANEXO IV: CARACTERÍSTICAS DOS ALUMNOS/AS DE ALTAS CAPACIDADES DO GRUPO DE REFERENCIA ANEXO V: GUIÓN E PASOS DUNHA INDAGACIÓN CIENTÍFICA ANEXO VI: CRONOGRAMA. TEMPORALIZACIÓN DO PROXECTO ANEXO VII: DRA. BLACK. INFORME CIENTÍFICO SOBRE A TEORÍA TERRAPLANISTA ANEXO VIII: EXEMPLOS DOS MODELOS SOBRE O PLANETA TERRA ANEXO IX: AUTOAVALIACIÓN DOS NENOS/AS ANEXO X: CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E AS SÚAS CORRESPONDENTES RÚBRICAS ANEXO XI: REFLEXIÓN DA FORMACIÓN DE SEM PARA O PROFESORADO. LAURA FERNÁNDEZ (30/03/17) ANEXO XII: REFLEXIÓN DA VISITA DE NICOLE WAICUNAS (19/05/17) ANEXO I: OS TRES ANEIS DA ALTA CAPACIDADE DE RENZULLI (1976) Figura 1. Variables que inflúen e caracterizan a alta capacidade Fonte: elaboración propia a partir da Teoría dos tres aneis, de Renzulli (1978). ANEXO II: SEMELLANZAS E DIFERENZAS ENTRE SEM E ABP Táboa 1 Semellanzas entre SEM e ABP The Schoolwide Enrichment Model (SEM) O traballo por proxectos (ABP) Enfoque Construtivista. Papel do alumnado O alumno/a desempeña un papel moi activo no proceso de E-A. O alumnado é o centro ou o foco principal da aprendizaxe. Función do/a docente O mestre/a desenvolve un rol de guía, mediador ou de mentor. Ocúpase de orientar ao alumnado de cara a aprendizaxe, de maneira que este sexa o protagonista do proceso. Relación alumnadoprofesorado Comunicación bidireccional e retroalimentación continua. Modelo curricular Céntranse no desenvolvemento do currículo ordinario e focalízase na adquisición de competencias, máis que de contidos. Promove a interdisciplinariedade e a presenza dos contidos transversais. Modelo de aprendizaxe Aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe significativa (Ausubel, 1998) coa que se teñen en conta os coñecementos previos do neno/a e a súa motivación, sobre todo intrínseca. Destinatarios Diríxense a todo o grupo de aula ou clase, para todo o alumnado. Avaliación A avaliación baséase na adquisición final de competencias. Céntrase máis no desenvolvemento do proceso de aprendizaxe que no resultado final. Por iso, cómpre establecer tres momentos para a avaliación: inicial, continua ou formativa e final ou sumativa. Fonte: elaboración propia. Táboa 2 Diferenzas entre SEM e ABP The Schoolwide Enrichment Model (SEM) O traballo por proxectos (ABP) Definición Plan organizativo Metodoloxía Desenvolvemento e estrutura Estrutura e organización fixa na secuenciación xerárquica das actividades: tipo I, tipo II e tipo III. É flexible, non ten unha estrutura marcada. Orixe e esencia Fíxase de cara estándares de rango superior. O seu obxectivo principal é dar resposta ao alumnado con altas capacidades, aínda que estea destinado a toda a escola. Diríxese de forma xeral a todo tipo de alumnado, sen preferencias ou fixacións. Fonte: elaboración propia. ANEXO III: INFORMACIÓN PROPORCIONADA POLA DIRECTORA DO CP PLURILINGÜE “A INMACULADA” DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Figura 2. Entrevista á directora do colexio. Datos xerais sobre o grupo de clase Figura 3. Información acerca do suxeito A. Figura 4. Información acerca do suxeito B. Figura 5. Información sobre o suxeito C. ANEXO VII: DRA. BLACK. INFORME CIENTÍFICO SOBRE A TEORÍA TERRAPLANISTA Figura 9. Informe científico da Dra. Black ANEXO VIII: EXEMPLOS DOS MODELOS SOBRE O PLANETA TERRA Os alumnos/as poderán tomar como referencia para elaborar os seus modelos sobre o planeta distintas nocións sobre o mesmo como os seguintes, que se expresan a través das imaxes que se presentan a continuación: https://www.youtube.com/watch?v=YxELlBMP6W4&t=214s Figura 10. Modelo terraplanista da Dra. Black http://www.clker.com/clipart-203767.html Figura 11. Modelo actual https://www.youtube.com/watch?v=99Yz1U4yisg Figura 12. Modelo da Terra plana que refutou Galileo ANEXO IX: AUTOAVALIACIÓN DOS NENOS/AS Figura 13. Ficha de autoavaliación para os nenos/as Que aspectos do proxecto vos gustaron máis? Por que? Que aspectos, pola contra, foron os que menos vos gustaron? Por que? Cita algún contido ou tema que non coñeiades e que vos chamase a antención: Que contidos xa coñeciades antes de realizar este proxecto? Fai un debuxo, esquema ou texto (o que queirades) sobre o que supuxo para vós elaborar este proxecto: Que emoticono sería o que se correspondería coa vosa implicación neste proxecto? Debúxao aquí á dereita. ANEXO X: CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E AS SÚAS CORRESPONDENTES RÚBRICAS Táboa 3 Criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe do proxecto Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe 1. Recoñer as características e pasos dunha investigación científica. 1.1. Establece conxeturas de sucesos ou situacións da contorna cotiá. 1.2. Distingue e coñece os pasos necesarios para a realización dunha investigación científica: pregunta, hipótese, probas, comprobación, discusión, conclusión e comunicación de resultados. 2. Coñecer a repercusión e importancia da ciencia na sociedade. 2.1. Valora o papel da ciencia na sociedade actual. 2.2. Mostra espírito crítico e reflexivo. 3. Desenvolver técnicas e habilidades de selección, organización e verificación da información. 3.1. Consulta e utiliza documentos escritos, imaxes ou soportes audiovisuais. 3.2. Selecciona e organiza a información importante. 3.3. Realiza composicións escritas e orais sinxelas para transmitir información. 3.4. Emprega correcta e responsablemente as TIC. 4. Distinguir as principais características do planeta Terra. 4.1. Identifica e localiza os elementos principais do Sistema Solar. 4.2. Describe os movementos terrestres. 4.3. Recoñece e compara as distintas formas de representación posibles da Terra. 5. Establecer un bo clima de traballo e de relación na aula. 5.1. Respeta as normas de convivencia establecidas na escola. 5.2. Participa activamente na realización de actividades individuais e de grupo. 5.3. Amosa unha actitude respetuosa e tolerante cos compañeiros/as, co persoal docente e non docente do centro educativo e consigo mesmo/a. 6. Desempeñar habilidades de traballo autónomo. 6.1. Reflexiona sobre o traballo realizado. 6.2. Infire ou saca conclusións sobre o traballo que fixo. 6.3. Elabora estratexias para seguir aprendendo ou para desenvolver a aprendizaxe. 6.4. Utiliza estratexias para traballar de forma individual. 6.5. Emprega estratexias para traballar de maneira grupal. 6.6. Manifesta autonomía na planificación e na execución das accións e das tarefas. 6.7. Mostra iniciativa na toma de decisións. Fonte: elaboración propia, tendo como referente o Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo de educación primaria para a Comunidade Autónoma de Galicia. Táboa 4 Rúbrica da avaliación aplicable ao proxecto presentado ÍTEMS 2 3 4 5 Establece conxeturas de sucesos ou situacións da contorna cotiá. Distingue e coñece os pasos necesarios para a realización dunha investigación científica: pregunta, hipótese, probas, comprobación, discusión, conclusión e comunicación de resultados. Valora o papel da ciencia na sociedade actual. Mostra espírito crítico e reflexivo. Consulta e utiliza documentos escritos, imaxes ou soportes audiovisuais. Selecciona e organiza a información importante. Realiza composicións escritas e orais sinxelas para transmitir información. Emprega correcta e responsablemente as TIC. Identifica e localiza os elementos principais do sistema solar. Describe os movementos terrestres. Recoñece e compara as distintas formas de representación posibles da Terra. Respeta as normas de convivencia establecidas na escola. Participa activamente na realización de actividades individuais e de grupo. Amosa unha actitude respetuosa e tolerante cos compañeiros/as, co persoal docente e non docente do centro educativo e consigo mesmo/a. Reflexiona sobre o traballo realizado. Infire ou saca conclusións sobre o traballo que fixo. Elabora estratexias para seguir aprendendo ou para desenvolver a aprendizaxe. Utiliza estratexias para traballar de maneira individual. Emprega estratexias para traballar de maneira grupal. Manifesta autonomía na planificación e na execución das accións e das tarefas. Mostra iniciativa na toma de decisión. Marcar o emoticono segundo corresponda: 1: Suspenso; 2: Aprobado; 3: Notable; 4: sobresaliente Cómpre amosarlles aos nenos/as os mínimos estándares de aprendizaxe que deben alcanzar apara poder superar con éxito á aprendizaxe e, polo tanto, conseguir un rendemento académico superior ao aprobado. Se os nenos/as coñecen os mínimos, van a potenciar moito máis todas as súas aptitudes e habilidades. Este sería un cartafol exposto na aula para que todo o alumnado coñeza as pautas mínimas de traballo, implicación e actitude de cara a súa aprendizaxe: MÍNIMOS QUE DEBEDES CUMPRIR PARA ALCANZAR O ÉXITO ;) - Ser respetuoso/a e tolerante cos compañeiros/as, co persoal docente e non docente do centro educativo e consigo mesmo/a. - Respetar as normas de convivencia. - Seleccionar e organizar a información de maneira axeitada, crítica e reflexiva independendetemente do soporte no que se conteña (documentos, imaxes, novas de prensa, material audiovisual ou en liña). - Identificar, localizar e coñecer os componentes esenciais do Sistema Solar e as características básicas do noso planeta. Figura 14. Cadro de referencia para o alumnado sobre a súa propia avaliación. ANEXO XI: REFLEXIÓN DA FORMACIÓN DE SEM PARA O PROFESORADO. LAURA FERNÁNDEZ (30/03/17) O penúltimo día do mes de marzo, Laura Abucide e máis eu, as dúas alumnas de TFG de Carmen Pomar, asistimos a unha sesión formativa sobre SEM impartida por Laura Adela Fernández e que tivo lugar no CP Plurilingüe “A Inmaculada”. Ela, ademais de mestra en exercicio, é formadora do profesorado dado que o seu labor constitúe un eixe moi importante para a promulgación do modelo SEM nas aulas e colexios galegos. Nesta formación, Laura recordou que a esencia do modelo se atopa na concepción do alumnado como protagonista dentro do proceso de E-A. Os nenos/as deben ter a posibilidade e a capacidade de dedicir en que vai consistir un proxecto e como se vai a levar a cabo. Eles/as teñen un papel moi activo dentro da aula, polo que para traballar SEM cómpre ter esta premisa como orientación prioritaria. A través do enriquecimento curricular os alumnos/as adquiren unha aprendizaxe competencial. Este é o fin do mestre/a na aula: que os nenos/as desenvolvan competencias, coñecementos, habilidades e actitudes que lles permitan resolver un contido aplicado a un problema. Isto é, preparalos en última instancia de cara a súa vida futura dunha forma autónoma e auténtica. Ante a realización dun proxecto débese ter moi claro cales van ser os pasos que se necesitan seguir para desenvolvelo. Cómpre lembrarse da estrutura de actividades que propón o modelo SEM: actividades Tipo I, Tipo II e Tipo III. Estas poden estar entrelazadas entre si, aínda que os alumnos/as son os que teñen o papel activo no proceso de realización dun proxecto. É moi positivo que os nenos/as teñan a iniciativa e que sexan eles/as mesmos/as os que se organicen. Isto implica que será o propio alumnado o que ten o máximo poder de decisión. O/a docente desenvolve un rol de mediador, de guía. Dita función é a base de que o proxecto se desenvolva plenamente de acordo aos principios do modelo SEM. O proxecto nace da aprendizaxe espontánea na aula por parte dos nenos/as, aínda que tamén pode xurdir da idea do mestre/a sempre e cando o proxecto se elabore polos propios alumnos/as. Para o deseño e o desenvolvemento dun proxecto baixo o modelo SEM é moi importante que na aula se desempeñe un traballo cooperativo entre o alumnado, de maneira que así todos/as poderán participar de igual forma. Este método de traballo resulta moi positiva para a aula, dado que os nenos/as melloran o seus vínculos interpersoais cos seus compañeiros/as e adquiren unha responsabilidade individual e grupal de cara a realización do traballo. Traballar con este modelo permite abrir as aulas ao resto da comunidade educativa. Resulta moi enriquecedor para o alumnado que a súa aprendizaxe estea vinculada dalgunha maneira coa realidade que os rodea, xa que isto fai que sexa moito máis significativa. A conexión entre as familias e as escolas é moi importante e, mediante o traballo con SEM, pode fortalecerse e potenciarse de maneira exponencial. Os proxectos escolares que se encadren dentro da denominación SEM deben presentar as seguintes características: implicación total de todo o alumnado, orixinalidade, impacto social e unha estrutura de actividades moi marcada (Tipo I, Tipo II e Tipo III). Desempeñar unha metodoloxía docente baixo estas premisas consideraríase innovación educativa. En canto á avaliación, se o alumnado coñece o sistema polo que vai ser avaliado os seus resultados académicos van a ser mellores, dado que os nenos/as xa coñecen cales son os mínimos que deben alcanzar. Ao facelo, mellórase a súa motivación, polo que o seus resultados serán sorprendentemente maiores. Para avaliar aos nenos/as resulta moi útil deseñar unhas rúbricas que se correspondan cos estándares de aprendizaxe recollidos no noso currículo. Pódese elaborar as rúbricas en base a catro niveis, sendo o 1 o suspenso, o 2 aprobado, o 3 o notable e o 4 o sobresaliente. Para elaborar unha rúbrica debemos recordar os contidos, o proceemento e o contexto. Cómpre, lembrarse que os docentes non rubrican a tarefa, senón o estándar de aprendizaxe que se materializa no proceso de E-A. Figura 15. Formación de SEM no CP Plurilingüe “A Inmaculada”. Laura Abudice e eu na sesión formativa de Laura. ANEXO XII: REFLEXIÓN DA VISITA DE NICOLE WAICUNAS (19/05/17) Nicole Waicunas é mentora educativa en Estados Unidos e investigadora na Universidade de Connecticut. No mes de maio visitou Galicia para coñecer de preto os proxectos SEM que se desenvolveron neste curso académico 16/17 nos colexios galegos que están participando no proxecto Talento 3.0 dirixido academicamente pola equipa da Unidade de Atención Educativa en AC da USC. Grazas á nosa titora de TFG e á acollida do CP Plurilingüe “A Inmaculada”, Laura Abucide e máis eu puidemos coñecela. A súa visita a este centro educativo non tiña como único obxectivo coñecer os proxectos que se desenvolveron alí este ano, senón que tamén desenvolveu unha sesión formativa sobre o modelo SEM onde o profesorado puido achegarlle as súas análises, percepcións ou inquedanzas sobre a súa primeira toma de contacto co modelo ao longo deste curso. Todos/as concordaban en que a dificultade maior coa que se atopan á hora de desenvolver un proxecto SEM nas súas aulas e co seu alumnado radica no compendio entre a realidade educativa e as esixencias que marca o currículo. Nesta liña, Nicole recalcou que a esencia do SEM é adecuar ao alumnado, dirixir a el, o proceso de E-A o máximo posible de maneira que o currículo sustente o proceso. Aínda que ás veces ceñirse ao marco legal de referencia sexa dificultoso, non se debe apreciar como un impedimento, senón todo o contrario. O currículo pode ser estable, mais é unha oportunidade. Hai que xogar con el para adecualo ás nosas perspectivas e obxectivos como mestres/as deseñando propostas educativas diferentes que potencien que os nenos/as sexan máis competentes. Para iso, o mestre/a é o que debe crer nas súas posibilidades e tamén na súa forma de ensino. Desta maneira, como guías, chegarase a adquirir unha aprendizaxe máis auténtica e, polo tanto, máis significativa para o alumnado. Nicole incidiu moito nisto porque un modelo de enriquecemento para toda a escola que busca potenciar os talentos de todos os nenos/as funciona porque o/a docente tamén cre nas súas fortalezas, feito que lles transmite continuamente aos seus alumnos/as. Tratouse de novo a necesidade de mostrarlles aos nenos/as o procedemento polo que van ser avaliados dándollo a coñecer ao comezo da elaboración do proceso de aprendizaxe. Isto crearalles expectativas positivas de cara o seu traballo e, sobre todo, vai incentivar a súa propia autoavaliación. Segundo un mestre do colexio, nominado ao premio Mellor profesor do ano (2017), “a avaliación crea realidade” e isto ocorre cando os alumnos/as coñecen perfectamente os seus puntos fortes e débiles e potencian, a través da autoavaliación, o descubrimento dos seus talentos. Se coñecen