scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Lugo : o tránsito cara a multiculturalidade dunha cidade galega

García Souto, Xoán Carlos

Abstract

O estudo da inmigración en Lugo revela un menor impacto inmigratorio, como no resto de Galiza, en relación co estado español. Algunhas conclusións do estudo sobre a integración na nosa cidade son: a existencia de diferentes graos de integración dependendo da nacionalidade, a importancia das persoas que dirixen as asociacións de inmigrantes (pois sen eles seguramente moitas delas non seguirían adiante) ou a imposición de lexislacións abusivas. En canto a pregunta se existe en Lugo unha integración real, pois semella que a resposta é negativa na maioría dos casos.

Full text

FACULTADE DE HUMANIDADES MESTRADO EN SERVIZOS CULTURAIS TRABALLO DE FIN DE MESTRADO LUGO: O TRÁNSITO CARA Á MULTICULTURALIDADE DUNHA CIDADE GALEGA Autor: Xoán Carlos García Souto Titor: Jesús Varela Zapata Curso 2014-2015 FACULTADE DE HUMANIDADES MESTRADO EN SERVIZOS CULTURAIS TRABALLO DE FIN DE MESTRADO LUGO: O TRÁNSITO CARA Á MULTICULTURALIDADE DUNHA CIDADE GALEGA Autor: Xoán Carlos García Souto Titor: Jesús Varela Zapata Curso 2014-2015 Quero agradecer ás persoas que me facilitaron a súa axuda para a realización deste traballo académico, tanto nas asociacións de inmigrantes como nas asociacións que traballan con eles: Ana Barba de “Aliad-Ultreia Lugo”, Fernando Pérez Lozano de “Dignidade Lugo”, Cheikh da “Asociación Senegalaise Dahira Nourou Dareyni Touba Lugo Galicia”, Randi Montero do “Foro Galego de Inmigracion” e do “Colectivo Sem Papeis”, Cristina García de “Cáritas”, Gerber Martínez da “Asociación Sociocultural Perú-Lugo”, Eduardo Romero do “Grupo de Inmigracion da Asociación Cambalache”, Fernando de “Sotermun USO”, Ana Mª Bereciartúa da “Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses”, Cheikh Mbacke da “Asociación Cheikh Senegal Lugo Galicia”, Merce Mourenza da CIG, Sara Valentín de “ASFEM”, Rebeca da Cruz Vermella, Waldir Sinisterra (avogado), Lea Escudero (arxentino residente en Lugo), Neves Pazos (traballadora social do ámbito sociosanitario no SERGAS), e Isabel Longarela, Isabel Ozores e Ana María González Abelleira do Concello de Lugo. ÍNDICE 1-Limiar...........................................................................................................1 2-Modelos de integración: asimilación, melting pot, mosaico........................5 3-Cambio social en España: da emigración á inmigración.............................11 4-Lugo como cidade receptora de inmigrantes...............................................28 5-Asociacións de inmigrantes e redes de apoio na cidade de Lugo................47 6-Conclusións..................................................................................................73 7-Bibliografía..................................................................................................75 8-Recursos online............................................................................................79 9-Apéndices.....................................................................................................82 Con malenconía miran para o mar os que noutras terras tén que buscar pan. (Rosalía de Castro: Foi a Pascoa enxoita) 1. Limiar As migracións son unha constante na historia do ser humano, constante fomentada hoxe en día polo sistema capitalista neoliberal, sempre na procura de man de obra barata en calquera sitio do planeta. O ser humano actual é herdeiro dos nómades, dos invasores, dos colonizadores e dos comerciantes de épocas pasadas. A primeira migración orixinouse en África, cando os homínidos, concretamente o Homo Ergaster, saíron dese continente cara a Asia fai uns 1,7 millóns de anos, e paseniño foron avanzando cara a Oceanía, Europa (co Homo Antecessor, que chegou aquí hai uns 700.000 anos) e América, por esa orde. Realmente non deixamos o nomadismo até hai uns 8.000 anos aproximadamente, cando comezamos a nosa etapa sedentaria, coincidindo co nacemento das primeiras civilizacións en Asia Menor. Botando unha ollada focalizada ás últimas décadas, temos que recoñecer que o fenómeno inmigratorio no estado español deu un salto cualitativo nos últimos anos, acadando unha trascendencia e unha visibilidade descoñecidas. Debemos afrontar este reto e chegar a 1 ser unha verdadeira sociedade plural, pois iso enriquece a tódalas culturas, tanto á receptora como á recén chegada. A primeira idea coa que afrontei este TFM era a de analizar a realidade cultural dos inmigrantes que viven en Lugo, sobre todo centrándome nas asociacións de persoas inmigrantes presentes na cidade lucense e nas súas prácticas culturais. Non tiven máis remedio que determe a ver tamén as súas problemáticas: a represión, o medo, o racismo, a falta de medios cos que acadar ou o acceso aos bens de consumo imprescindíbeis para vivir dignamente. A realización deste traballo académico deume unha boa oportunidade a nivel persoal para coñecer a algunhas persoas inmigrantes alén de clixés e de lugares comúns, tan perxudiciais para o desenvolvemento dunhas relacións e interaccións desexábeis para todos nós. Neste sentido debo recoñecer que tiven certa frustración, sobre todo cando comezaba a percorrer a cidade para facer as entrevistas, polas dificultades para acceder a algunhas das persoas coas que vía necesario falar, ben polas dificultades co idioma, ben pola desconfianza que algúns amosaban pola miña presenza, ben pola inexistencia de moitas das asociacións que figuraban na listaxe coa que o Concello de Lugo me fornecera. Para realizar este traballo empreguei diferentes métodos de estudo e análise. O primeiro paso foi a consulta do padrón municipal lucense, instrumento interesante porque axuda a visibilizar aos inmigrantes indocumentados, xa que para acceder aos servizos sociais municipais as persoas inmigrantes deben estar empadroadas. Sebastian Rinken, Director Técnico do Observatorio Permanente Andaluz de las Migraciones (OPAM) amosa o papel que xogan os padróns municipais como a pedra angular do modelo español na xestión da inmigración, na integración das persoas inmigrantes e no seu acceso aos servizos públicos (Rinken 2014: 488). Dese xeito, traballei cos datos extraídos do Padrón Municipal de Lugo que atinxen a seis anos: dende o 2009 até o 2014. Asemade, recollín datos estatísticos do Observatorio Permanente de la Inmigración, do Instituto Nacional de Estadística e da oficina do Defensor do Pobo. Procedín a elaborar unha serie de gráficas e táboas relativas á 2 presenza numérica das persoas inmigrantes no concello de Lugo, sempre baseándome nos datos que amosan os últimos padróns municipais lucenses, ademais doutras gráficas que amosan datos referentes ao conxunto do estado español e dos países que acollen máis poboación inmigrante a nivel global. Para realizar unha base teórica que complementase as entrevistas, estudei e analizei diferentes textos e bibliografía sobre a inmigracion, ademais de recoller ideas da rede en blogs, páxinas web, páxinas e perfís de facebook ou medios de comunicación. Dese xeito, as ideas de autores como Frantz Fanon, Ryszard Kapuściński, David-Sven Reher, Mauricio Rojas Mullor ou Göran Therborn compleméntanse coas de outros especialistas españois nas migracións e nas súas problemáticas asociadas, velaí a Eliseo Aja, Joaquín Arango, Alfonso Ortega ou Miguel Requena. O traballo de campo consistiu en visitas ás asociacións, quer as de persoas inmigrantes, quer as que colaboran con eles. Fixen unha serie de entrevistas para coñecer de primeira man os seus proxectos, mais tamén as súas inquedanzas e problemáticas. Tamén tiven presencia en actos sobre inmigración: “Derrubando Fronteiras” IX Asemblea aberta do Foro Galego de Inmigración; “As fronteiras invisíbeis”, mesa redonda organizada polo Colectivo Sem Papeis; IV Campeonato Intercultural de Fútbol 7 “Copa de la Amistad”; ou “Milonga al aire Libre”, Tango Liber na Praza Maior de Lugo. Algunha documentación dos actos aos que asistín foi tamén engadida aos apéndices deste traballo académico. 3 País Número total de inmigrantes Porcentaxe do total de inmigrantes do mundo Porcentaxe de inmigrantes respecto á poboación total Mundo 231.522.215 100 Estados Unidos 45.785.090 19,8 14,3 Rusia 11.048.090 4,8 7,7 Alemaña 9.845.244 4,3 11,9 Arabia Saudí 9.060.433 3,9 31,4 Emiratos Árabes Unidos 7.826.981 3,4 83,7 Reino Unido 7.824.131 3,4 12,4 Francia 7.439.086 3,2 11,6 Canadá 7.284.069 3,1 20,7 Australia 6.468.640 2,8 27,7 España 6.466.605 2,8 13,8 Italia 5.721.457 2,5 9,4 India 5.338.486 2,3 0,4 Ucraína 5.151.378 2,2 11,4 Pakistán 4.080.766 1,8 2,2 China 3.986.533 1,8 0,3 Tailandia 3.721.735 1,6 5,6 Kazajistán 3.476.233 1,5 21,1 Xordania 2.925.780 1,3 40,2 Irán 2.649.516 1,1 3,4 Malasia 2.469.173 1,1 8,3 Costa de Marfil 2.446.171 1,1 12 Xapón 2.437.169 1,1 1,9 Sudáfrica 2.399.238 1 4,5 Suiza 2.335.059 1 28,9 Táboa 1: Países por poboación inmigrante. Fonte: elaboración propia a partir do informe da ONU World Population Policies 2013. 4 Don't care where you come from As long as you're a black man, you're an African No mind your nationality You have got the identity of an African (Peter Tosh: African) 2. Modelos de Integración Hoxe en día o ser humano habita un planeta rexido pola cultura e a economía occidentais, nunha sorte de colonización. A característica que define ao mundo actual é a globalización, sempre entendida baixo o prisma neoliberal, quer dicir que se permite o libre tráfico de mercadorías e de capitais, mais non de persoas. Xa a comezos deste século, Eric Hobsbawn dicía que o mundo actual depende das corporacións multinacionais que operan á marxe das leis e dos impostos estatais, e que grazas á teoloxía dominante do libremercado, os estados deixaron de asumir actividades como o servizo postal ou as prisións, deixándoas en mans do sector privado (2006: 49-50). Antonio Doval Adán afirma que na actualidade vivimos unha realidade na que no económico presentásenos un mundo marcado pola intensificación dos fluxos financeiros e tecnolóxicos sen fronteiras; no cultural o modo de vida occidental, baseado esencialmente na potenciación do consumo, imponse de xeito progresivo a outras culturas; e no político detéctase unha clara tendencia cara á diminución do poder do Estado-nación en beneficio das Organizacións Supranacionais (xa sexan rexionais ou mundiais) e das grandes empresas multinacionais (2004: 299)1. 1 As traducións ao galego son de autoría propia. 5 Gráfica 1: evolución da poboación estranxeira censada en España entre 1981 e 2014. Elaboración propia con datos do INE. No caso galego, existen dous trazos que reflicten a realidade inmigratoria: a intensificación dos fluxos de inmigrantes e a diversificación das súas orixes xeográficas (González Pérez 2008: 86).En 1996 non había empadroada ningunha persoa de orixe estranxeira en 32 concellos galegos, mentres na maioría deles vivían entre 1 e 100 estranxeiros, e soamente en dous deles figuraban no padrón máis de 1.500 inmigrantes. Segundo o Observatorio Permanente da Inmigracion (OPI), o día 31 de decembro de 2006, residían en Galicia un total de 61.302 estranxeiros con tarxeta ou autorización de residencia en vigor, e nesas mesmas datas os datos provisionais do Padrón de Habitantes do 2007 (con data do 1 de xaneiro) contemplaban un total de 81.023 estranxeiros empadroados. Tomando como referencia ao INE, a 1 de xaneiro de 2015 temos un total de 90.354 estranxeiros en Galiza. 12 0,52%0,63% 0,91% 1,37% 1,60% 2,28% 3,33% 4,73% 6,24% 7,02% 8,46% 9,27% 10,00% 11,30% 12,00% 12,20% 12,20% 12,10% 11,70% 10,70% 0 1.000.000 2.000.000 3.000.000 4.000.000 5.000.000 6.000.000 7.000.000 1981 1986 1991 1996 1998 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Evolución dos estranxeiros censados en España Estranxeiros censados 1981 198042 0,52% 1986 241971 0,63% 1991 360655 0,91% 1996 542314 1,37% 1998 637085 1,60% 2000 923879 2,28% 2001 1370657 3,33% 2002 1977946 4,73% 2003 2664168 6,24% 2004 3034326 7,02% 2005 3730610 8,46% 2006 4144166 9,27% 2007 4519554 10,00% 2008 5220600 11,30% 2009 5598691 12,00% 2010 5747734 12,20% 2011 5730667 12,20% 2012 5711040 12,10% 2013 5546238 11,70% 2014 5000028 10,70% Táboa 2: Evolución da poboación estranxeira en España 1981-2014. Fonte: INE (2015) 13 Polo que atinxe á provincia de Lugo, os datos do INE a 1 de xaneiro de 2015 amosan un total 12.540 de estranxeiros; a 1 de xaneiro de 2015 os estranxeiros residentes no concello de Lugo conforman o 4,6% da poboación, mentres seis meses antes eran o 5,02%. Na capital lucense, con data do 30 de xuño de 2014, temos un total de 4.963 persoas de orixe estranxeira censados no padrón municipal, mentres seis meses antes, o 31 de decembro de 2013 eran 5.242, co que vemos un pequeno descenso. A socióloga Sánchez García (citada en Almoguera et al. 2010: 14) fala dunhas características comúns do modelo inmigratorio no sur de Europa (son os países situados no sur do continente os que acadan un meirande protagonismo no que atinxe á chegada de inmigración irregular), como son o factor de atracción que exerce a economía sumerxida, a concentración nuns poucos sectores económicos (agro intensivo, construción, turismo, e no sector servizos en xeral), o incremento da inmigración feminina, ou a segmentación segundo etnia e xénero nas dinámicas de traballo. En xeral, as persoas de orixe estranxeira que chegaron a España empregráronse na agricultura intensiva; na construción naquela época de dominio absoluto do ladrillo por mor do chamado boom inmobiliario; no turismo, tendo en conta a posición que ocupa España como un dos referentes turísticos a nivel internacional; e no servizo doméstico como consecuencia da chegada das mulleres españolas ao mercado laboral (Almoguera et al. 2010: 28-31). No ano 2011, antes da chegada ao goberno do PP, partido que restrinxiu as condicións para poder vivir legalmente en España, o escritor e historiador da economía Mauricio Rojas Mullor falaba de dúas causas centrais para explicar a chegada de inmigrantes: por unha banda a transformación de España nunha democracia consolidada e próspera necesitada de man de obra até a crise actual; pola outra as políticas migratorias liberais do anterior goberno presidido por Zapatero, quen regularizou a moitas persoas en situación irregular, e o feito de que incluso os inmigrantes sen papeis poideran acceder a prestacións sociais mediante o empadroamento (2011: 2-3). 14 Gráfica 2: Número de inmigrantes en España. 1996-2010. Fonte: INE (2010) Debemos sumar a isto as redes migratorias conformadas por familiares e veciños; a difusión de información característica do noso mundo globalizado; e a capacidade de financiamento da viaxe, aínda que nalgúns casos, velaí aos africanos subsaharianos, o custe dunha viaxe cara aos países do norte de África e dunha pasaxe nunha patera até o sur de Europa supoña anos de aforro, moitas vexes dunha familia enteira ou incluso de toda unha comunidade. Dese xeito, temos configurados os principais factores de atracción segundo a teoría Push-Pull, que tamén ten en conta os factores de expulsión. O primeiro e máis evidente e a fuxida da pobreza e da fame; as guerras e conflitos armados; a represión política e social; a persecución étnica ou relixiosa; a falta de perspectivas dunha vida digna en países inestábeis ou en estados fallidos; a inseguridade; o desemprego e a falta de desenvolvemento económico. O sociólogo Albert Mora Castro sinala que “as migracións forzadas son protagonizadas, xeralmente, por persoas que sufriron os efectos da desigualdade e a exclusión xa nos seus países de orixe e, en ocasións, nos países de tránsito, e que acaban de novo sendo excluidas nas sociedades de instalación” (2010: 136). Na mesma liña, o Director Técnico do “Observatorio Permanente Andaluz de las Migraciones” (OPAM), Sebastian Rinken, amosou que “o auxe inmigratorio español explicaríase, esencialmente, pola combinación entre a situación económica e 15 política nos países de orixe por unha banda, e a política española (e europea) de visados pola outra” (2014: 485). Podemos observar que as desigualdades están presentes no xerme que conforma a saída de millóns de persoas dos seus fogares coa fin de acadar unha vida que poida ser calificada de digna. Para o sociólogo Göran Therborn, hoxe en día existen tendencias sociais que seguen a xenerar máis desigualdade existencial: a deslocalización coa conseguinte desindustrialización, a inmigración, e a marxinación provocada polo funcionamento do mercado laboral. (2013: 96). Cómpre ter en conta que cando falamos de desigualdade existencial facemos mención a unha das tres clases de desigualdade propostas por Therborn: vital, existencial e de recursos. A primeira delas está relacionada coas desiguais oportunidades diante da vida, falamos de taxas de mortalidade, esperanza de vida, expectativa de saúde, indicadores de saúde infantil, etc. A existencial é a relativa á desigualdade persoal no que atinxe á autonomía, á dignidade, á liberdade e ao respecto, e ao desenvolvemento persoal. A de recursos é a que impide aos actores humanos acadar similares recursos para desenvolverse na vida (Therborn 2013: 58-59). En 1998 predominaban en España cinco nacionalidades entre os inmigrantes: marroquíes, franceses, alemanes, británicos e arxentinos. Dous anos máis tarde o cambio era substancial: romaneses, marroquíes, ecuatorianos, británicos e colombianos. Xa en xaneiro de 2015, destacan numericamente cinco países: Romanía e Marrocos sitúanse en primeiro e segundo lugar con 751.208 e 749.274 migrantes respectivamente, con cifras moito menores estarían Reino Unido, China e Italia. Tamén observamos un forte descenso numérico propiciado pola crise económica que seguimos a sufrir. Os padróns municipais amosan que a comezos de 2015 vivían entre nós 304.623 persoas de orixe estranxeira menos que en 2014. En 2013 deixaron España 545.000 inmigrantes, en 2012 foran 190.000 e en 2011 tan só marcharan 15.000 persoas (cifras do Instituto Nacional de Estatística do día un de xaneiro de 2015). 16 Referente á crise económica, podemos felicitarnos como sociedade ao comprobar que mentres as desigualdades sociais aumentaban e os recortes afogaban a moitas familias, a inmigración non chegou a ser identificada como un dos principais problemas do país. Segundo o Barómetro do CIS do mes de outubro de 2014, a preocupación cidadán atinxía por esta orde a: paro, corrupción e fraude, os problemas económicos, a política e os partidos e a sanidade. Aja, Arango e Oliver Alonso falan da “persistencia da paz social e da ausencia de especiais tensións”, lembrando que “a crise non mudou significativamente a atmosfera social na que se desenvolve a inmigración, nin tivo impactos políticos relevantes...o clima social que rodea á inmigración permanece sereno. Non hai indicios de grandes tensións sociais neste eido, nin se rexistraron incidentes graves dende o inicio da crise” (2012: 18). Normalmente, cando falamos de inmigrantes pensamos en persoas procedentes de países inestábeis, en conflito ou nunha situación de pobreza xeneralizada. Os países empobrecidos padecen os que Doval Adán chama os grandes problemas globais: a pobreza e o analfabetismo, as disputas territoriais e os conflitos bélicos, o narcotráfico e as redes internacionais de delincuencia e terrorismo e a contaminación e degradación do medio ambiente (2004: 300). Mais tamén habitan España migrantes de Europa Occidental. Unha boa parte deles son pensionistas (a chamada migración internacional de retiro, que en Europa soe dirixirse ao sur do continente). Arredor dun 20% deles son maiores de 65 anos, destacando os británicos, alemáns, suizos, escandinavos e belgas, que viven nas zonas de costa (sobre todo nas provincias de Alicante, Málaga, Santa Cruz de Tenerife e Baleares), teñen familias con menos membros, amosan uns niveis altos de educación e teñen empregos máis cualificados. Algo similar podemos dicir dos estadounidenses, canadienses, australianos e arxentinos, mentres que os portugueses e os italianos comparten características máis semellantes ás persoas procedentes de fóra da UE (Rojas Mullor 2011: 6). Estas persoas migrantes adoitan quedar fóra das problemáticas que atinxen aos inmigrantes no noso imaxinario colectivo, de feito o antropólogo Kuehn Dumpiérrez fala da súa invisibilidade na sociedade española, pois 17 a maioría dos españois non considera aos residentes de Europa Occidental como inmigrantes, categoría social que ten connotacións de outredade e estrañeza, como sinónimo de non europeo (e incluso de antieuropeo)...Neste discurso, a distancia social minimízase argumentando unha presunta proximidade cultural (son coma nós) e política (teñen os mesmos dereitos ca nós). (2009: 22). É curioso que unha boa parte destas persoas de orixe europea realmente non se integren entre nós, pois igual que os inmigrantes doutras nacionalidades, crean guetos e moitos non falan castelán nin as outras linguas do estado, dese xeito non podemos falar dunha integración real, aínda que ese non semella ser o seu obxectivo cando deciden virse a vivir entre nós, pois non precisan desa integración para desenvolverse sen maiores dificultades. Un caso singular é o de Portugal, pois os inmigrantes orixinarios dese país son percibidos en boa medida polos españois como pertencentes ao grupo dos extracomunitarios. Ben pode explicarse esta ollada cara a eles por mor da súa ocupación en postos de traballo semellantes aos que atinxen aos estranxeiros extracomunitarios ou do seu nivel formativo. É certo que os portugueses que viñeron a España tiñan unha motivación de índole laboral moi marcada, tendencia que comparten con italianos e gregos, ademais de ter maior presenza masculina e unha poboación máis nova (Kuehn Dumpiérrez 2009: 32), diferenciándose así dos residentes doutros países europeos e escenificando a diversidade existente no seu conxunto. 18 Gráfica 3: Distribución dos inmigrantes en España por rexión de orixen. Fonte: INE (2010). Cando falamos de fronteiras invisíbeis nos referimos a que adoitan ser invisíbeis para os españois, pois para as persoas de orixe estranxeira, sobre todo as que están nunha situación de falta de documentación, poden chegar a ser ben visíbeis e ben problemáticas. A Lei de Estranxeiría é como coñecemos á Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social, que tras algunhas modificacións rixe na actualidade. Esta lei tivo gran contestación social, velaí a “Plataforma papeles para todos y todas”, conformada por decenas de ONGs relacionadas coa inmigración. Entre outros aspectos, esta lei sanciona coa expulsión do noso país ás persoas migrantes que se atopen indocumentadas. Non é o noso propósito afondar na lexislación española, mais cremos que a devandita lei é un xerme de desigualdade legal. Sobre as desigualdades fixo a seguinte reflexión o sociólogo sueco Göran Therborn: a desigualdade é unha violación da dignidade humana, unha negación da posibilidade de desenvolvemento das capacidades humanas. Pode adoptar múltiples formas e ten múltiples consecuencias: morte prematura, mala saúde, humillación, subxugación, discriminación, exclusión do coñecemento ou da vida social predominante, pobreza, impotencia, estrés, inseguridade, ansiedade, falta de confianza nun mesmo e de amor propio e exclusión das oportunidades que ofrece a vida (2013: 11). 19 Unha das realidades que atopan os inmigrantes no noso país é a relacionada coa pobreza e coa esclusión social que esta conleva. Nesta época de crise económica que estamos a sufrir en España, debemos ter en conta que “as persoas migradas constituen un colectivo afectado de forma prioritaria polas restricións de dereitos e prestacións sociais advertidas nos últimos tempos, no contexto da crise económica” (Montilla Martos e Rodríguez Candela 2012: 192). Se as altas taxas de desemprego acadadas no estado español atinxen a todos, e aos mozos e mozas en particular, non podemos esquecer que o parón da industria da construción deixou sen traballo a boa parte dos nosos inmigrantes, e nalgunhas nacionalidades os retornos cara os seus países de orixe ou cara outros de Europa é máis que evidente hoxe en día. Para Doval Adán a política económica deseñada polos principais organismos internacionais (OCDE, OMC, BM e FMI) e polo propio Departamento do Tesouro dos Estados Unidos, en xeral apoiada e impulsada polo conxunto dos países máis desenvolvidos, ao servizo dos intereses das grandes corporacións multinacionais, é responsábel, en gran parte, das tremendas diferencias no nivel de vida dos cidadáns (2011: 65). Viñeta de El Roto sobre inmigración e pobreza Fonte: http://filosofia.laguia2000.com/filosofando/el-fenomeno-de-la-globalizacion 20 Existen medidas, sen dúbida represivas, sutilmente camufladas pero abondo dificultosas para as persoas migrantes. Por exemplo as altas taxas que os estranxeiros deben abonar á hora de acceder aos exames para acadar a nacionalidade española. Ademais, este tipo de exames dificilmente serían superados por moitos cidadáns españois, pois moitas das preguntas de “cultura xeral” que formulan non están ao alcance de todos en canto á súa resposta correcta. Outros eidos nos que as dificultades son evidentes para os migrantes son a burocracia; o acceso á vivenda, vetado en moitos casos se se trata dunha persoa estranxeira; ou o acceso á sanidade, con numerosos atrancos e humillacións, incluso aos nenos e ás mulleres embarazadas. Os profesionais da sanidade vense obrigados a facer pequenas trampas legais para axudarlles. Neste caso, atopamos a ruptura do principio de universalidade na atención sanitaria ao deixar fóra dela aos inmigrantes indocumentados. O Real Decreto Lei 16/2012 do 20 de abril de 2012 puxo atrancos aos inmigrantes empadronados en España sen permiso de residencia, limitando gravemente ou impedindo o seu dereito á asistencia sanitaria. Este feito implica o desvío da atención dos problemas de financiamento da sanidade pública, dese xeito a mala xestión pretende quedar oculta no suposto abuso que os estranxeiros fan da nosa sanidade, amosando claramente a aposta gobernamental polo modelo privatizador neoliberal. Outra das fronteiras invisíbeis é o descoñecemento do noso idioma. Julia Kristeva, citada por Varela Zapata, amosa que as carencias en materia de comunicación teñen parte de culpa do “estatus subalterno” que a sociedade de acollida outorga ao inmigrante (Varela Zapata 2009: 2). Cómpre deixar claro que detrás do racismo e da xenofobia que padecemos nas sociedades supostamente máis avanzadas, está situado o descoñecemento do Outro, o que ten o seu reflexo no noso medo ao diferente. Varela Zapata amosa que segundo a Encuesta de Estudios Sociólogicos as persoas de orixe africana despertan maior rexeitamento entre os españois que as de procedencia latinoamericana, porque “a pesar dos estereotipos sobre o Outro, o diferente ou exótico, os latinoamericanos comparten cos españois a 21 Este vaise i aquel vaise, e todos, todos se van (Rosalía de Castro: Pra A Habana) 4. Lugo como cidade receptora de inmigrantes Como xa dixemos anteriormente, o fenómeno inmigratorio na comunidade galega non acada o mesmo nivel numérico que noutras partes do estado español, feito explicado pola condición periférica da nosa terra, a cal condiciona unha menor presenza no debate político e social das problemáticas asociadas á inmigracion. Gráfica 4: nacionalidades máis presentes en Lugo 2009 Elaboración propia 28 0 200 400 600 800 1000 1200 Colombia Marrocos Brasil Rumanía República Dominicana Portugal Venezuela Cuba Arxentina Uruguai Perú Ecuador Series1 Até mediados dos anos noventa do pasado século non tivemos unha cantidade significativa de persoas estranxeiras vivindo no estado, e no caso galego a chegada de inmigrantes foi máis lenta e menos conflitiva que na media estatal. Segundo Jesús Manuel González Pérez, doutor en xeografía pola USC, “a experiencia galega nos movementos emigratorios é importante pero, pola contra, como sociedade de acollida aínda estamos en pleno proceso de aprendizaxe e adaptación” (2008: 21). Este mesmo autor sinala a concentración do colectivo inmigrante en varias zonas galegas: o Eixo Atlántico, as cidades e algunhas vilas do interior onde existe algunha oferta de emprego terciario e industrial. Gráfica 5: nacionalidades máis presentes en Lugo 2010. Elaboración propia É visíbel que os inmigrantes que se achegan a nós forman parte do grupo de traballadores non cualificados, e moitos veñen dos países menos desenvolvidos. Portugal foi o primeiro país en ter unha presenza inmigratoria na nosa terra, e co tempo foron os países latinoamericanos os que comezaron a deixar ver ás súas xentes nas nosas rúas, mais neste caso podemos diferenciar dous tipos de fluxo: o procedente de nacións relacionadas historicamente con Galiza, por mor da nosa antiga emigracion cara a eles (Arxentina, Uruguai, Venezuela, Brasil, Cuba, México), 29 0 200 400 600 800 1000 Colombia Marrocos Rumanía Brasil República Dominicana Portugal Cuba Venezuela Arxentina Bolivia Perú Uruguai Series1 e o procedente doutros países sudamericanos sen elos coa nosa terra nese sentido (Ecuador, Perú, Bolivia, Colombia, Paraguai). Gráfica 6: nacionalidades máis presentes en Lugo 2011 Elaboración propia Se facemos distinción entre xéneros, na cidade de Lugo estase a seguir o mesmo patrón que na nosa comunidade autónoma e que no conxunto do estado español. As mulleres de orixe inmigrante dedícanse maiormente ao servizo doméstico, á hostalería, e a coidar nenos e persoas maiores, destacando en número as mulleres de orixe latinoamericana, sen esquencer que algunhas delas están inmersas no submundo da prostitución, por ser vítimas de trata de brancas ou ao non ter outro xeito de gañala vida nestes tempos de crise. Os homes, pola súa banda, traballan no sector servizos, e até fai uns anos destacaban na construción. 30 0 200 400 600 800 1000 Colombia Marrocos Rumanía Brasil República Dominicana Portugal Cuba Venezuela Arxentina Perú Uruguai China Series1 Gráfica 7: nacionalidades máis presentes en Lugo 2012 Elaboración propia Gráfica 8: nacionalidades máis presentes en Lugo 2013 Elaboración propia 31 Colombia Marrocos Rumanía Brasil República Dominicana Portugal Venezuela Cuba China Arxentina Perú Uruguai 0 200 400 600 800 1000 Series1 0 200 400 600 800 Marrocos Rumanía Colombia Portugal República Dominicana Brasil Cuba Venezuela China Arxentina Perú Uruguai Series1 Gráfica 9: nacionalidades máis presentes en Lugo 2014 Elaboración propia Polo que atinxe aos países de Europa Occidental, no padrón municipal de 2014 atopamos estes datos: Alemaña ten 21 persoas censadas; Francia 28; Italia 85, bastantes comparados cos outros países europeos occidentais, pero cómpre ter en conta aos arxentinos que figuran no padrón como italianos ao posuir a dobre nacionalidade; Países Baixos 26; Portugal 412, moitos, de feito son a sexta comunidade por número de persoas; por último as cifras doutras nacións da Europa Occidental son ínfimas. Tamén é relevante saber que aproximadamente a metade das persoas procedentes de Europa Occidental que viven de forma permanente en España non están censadas no noso país por varias razóns: preguiza diante do trámite burocrático, descoñecemento, desconfianza, motivos fiscais ou causas emocionais como medo a desvincularse do seu país de orixe (Kuehn Dumpiérrez 2009: 24). Unha das características que amosa a poboación de orixe estranxeira é a súa concentración espacial en determinados barrios. Na cidade de Lugo destacan neste sentido A Milagrosa, Barrio Feijóo, Garabolos, A Piringalla, Paradai e San Roque; precisamente nestes barrios é onde as administracións teñen moito traballo aínda por facer. 32 0 200 400 600 800 Marrocos Rumanía Colombia Brasil República Dominicana Portugal Cuba Venezuela China Arxentina Uruguai Perú Series1 Moitos dos países con importante presenza numérica no padrón lucense non teñen asociacións culturais, velaí os exemplos de Romanía, Brasil, Cuba, Italia, Portugal, República Dominicana ou Venezuela. Por exemplo, os dominicanos residentes en Lugo non teñen asociación, non fan reunións, ás veces xúntanse para practicar deporte, e en xeral non teñen queixas da xente de Lugo. Na parroquia da Milagrosa puxeron a imaxe da súa patrona Nuestra Señora de Altagracia, e alí celebran a súa festa. O caso dos brasileiros é moi semellante. Gráfica 10: evolución da poboación dominicana en Lugo Elaboración propia Algunhas das persoas colombianas coas que puiden entrevistarme queren montar unha asociación e un equipo de fútbol, aínda que de momento non concretaron nada. Cómpre ter en conta que por culpa da crise marcharon moitos daqueles colombianos que chegaron a España, a asentarse primeiro nas grandes cidades e que co boom da construción achegáronse a Galiza. Dende que os Estados Unidos, paìs receptor de inmigrantes colombianos por excelencia, comezou a poñer trabas á inmigración, España xurdiu como destino preferido para os colombianos. A lingua común, as oportunidades de traballo e o feito de non necesitar visado até o ano 2002, atraeron a moitos colombianos cara ao noso país fuxindo da crise económica dos anos noventa e da conflitiva situación política e social que vivía Colombia. 33 390 400 410 420 430 440 450 460 470 480 490 2009 2010 2011 2012 2013 2014 República Dominicana República Dominicana Gráfica 11: evolución da poboación colombiana en Lugo Elaboración propia Os marroquíes que viven en Lugo tiñan dúas asociacións, pero hoxe ningunha delas é operativa. Basicamente xúntanse para xogar ao fútbol, para rezar na mesquita, nos enterros, nas festas e nas comidas durante o Ramadán. Tamén colaboran cando un compatriota morre e hai que pagar a súa repatriación. Din sentirse cómodos cos españois, mais tamén ven algunhas actitudes racistas en algúns de nós. A importancia da comunidade marroquí en España é ben coñecida, eran tradicionalmente o colectivo inmigrante máis numeroso até 2008, cando as persoas de orixe romanesa ocuparon ese posto. Foron realmente os marroquíes os que comezaron a facer de España un país receptor de inmigrantes, e até 1991 non se lles esixía o visado. 34 0 200 400 600 800 1000 1200 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Colombia Colombia Gráfica 12: evolución da poboación marroquí en Lugo Elaboración propia Romanía e outro país cunha forte presenza na capital lucense, e é outra desas comunidades que non configuran ningún movemento asociativo. Hoxe en día pesan sobre os romaneses, sobre todo entre os de etnia xitana, unha serie de estereotipos que condicionan seriamente a súa integración en España. O paso dos antigos países socialistas do leste de Europa ao capitalismo salvaxe, coa asunción do modelo neoliberal imperante, fixo que en países como Romanía ou Bulgaria as taxas de pobreza se elevasen até límites inmorais: no caso romanés, en 2003 dous terzos da súa poboación vivía por baixo do nivel de pobreza. Así é entendíbel a mobilidade xeográfica dos romaneses cara outros horizontes máis acolledores, sobre todo dende que en 2007 forman parte da Unión Europea e poden circular libremente pola UE. 35 0 100 200 300 400 500 600 700 800 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Marrocos Marrocos Gráfica 13: evolución da poboación romanesa en Lugo Elaboración propia Gráfica 14: evolución da poboación brasileira en Lugo Elaboración propia 36 0 100 200 300 400 500 600 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Brasil Brasil 0 100 200 300 400 500 600 700 800 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Romanía Romanía Gráfica 15: evolución da poboación chinesa en Lugo Elaboración propia Gráfica16 : evolución da poboación cubana en Lugo Elaboración propia 37 0 20 40 60 80 100 120 140 160 2009 2010 2011 2012 2013 2014 China China 135 140 145 150 155 160 165 170 175 180 185 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Cuba Cuba Gráfica 25: españois e estranxeiros 2012 Elaboración propia Gráfica 26: nacionalidades máis presentes en Lugo 2012 Elaboración propia 44 Poboación española; 93.543 Poboación estranxeira; 5.705 Colombia Marrocos Rumanía Brasil República Dominicana Portugal Venezuela Cuba China Arxentina Perú Uruguai Gráfica 27: españois e estranxeiros 2013 Elaboración propia Gráfica 28: nacionalidades máis presentes en Lugo 2013 Elaboración propia 45 Poboación española; 93.786 Poboación estranxeira; 5.242 Marrocos Rumanía Colombia Portugal República Dominicana Brasil Cuba Venezuela China Arxentina Perú Uruguai Gráfica 29: españois e estranxeiros 2014 Elaboración propia Gráfica 30: nacionalidades máis presentes en Lugo 2014 Elaboración propia 46 Poboación española; 93.790 Poboación estranxeira; 4.963 Marrocos Rumanía Colombia Brasil República Dominicana Portugal Cuba Venezuela China Arxentina Uruguai Perú 5-Asociacións de inmigrantes e redes de apoio na cidade de Lugo Neste apartado veremos as características dalgunhas das asociacións de inmigrantes na cidade de Lugo e doutros colectivos que traballan a prol dos dereitos das persoas migrantes. Moitas delas están fóra do eido cultural, feito normal nas persoas que teñen que vivir na ilegalidade e que teñen como reto principal sobrevivir. Basicamente só teñen algunha actividade de tipo cultural algunhas asociacións conformadas por latinoamericanos, en parte pola facilidade que representa compartir con nós a lingua castelá, en parte porque soen ser inmigrantes con papeis, e que non sufren tanto rexeitamento social por mor da súa cor de pel e a súa vestimenta. Os contidos deste apartado están baseados fundamentalmente en traballo de campo, entrevistas persoais e visitas ás sedes, formais ou informais, das diversas asociacións. 47 5.1-Asociacións de inmigrantes 5.1.1-Nigerian Community Lugo Esta asociación está formada só por persoas inmigrantes procedentes de Nixeria. Adoitan reunirse unha vez ao mes para facer unha comida en común, e non realizan ningunha actividade de tipo cultural. O idioma que usan entre eles como unha especie de lingua franca é o inglés, o idioma oficial dun país no que se falan máis de 500 linguas. Non existen datos concretos sobre o número de integrantes. Segundo eles síntense ben na sociedade lucense, mais a miña impresión persoal destaca a desconfianza e incluso o medo que amosaban diante dunha persoa descoñecida. De feito, non puiden acceder á suposta sede da súa asociación, que seguramente non é mais que senón un simple piso onde viven algúns deles, dese xeito a entrevista fíxena na rúa. 48 5.1.2-Asociación Senegalaise Dahira Nourou Dareyni Touba Lugo Galicia En palabras do seu voceiro, esta asociación leva tres ou catro anos funcionando. Está formada por 45 membros, basicamente senegaleses e mulleres españolas casadas con nacionais dese país. Reúnense para rezar, escoitar música senegalesa, ás veces fan algunha comida, falan da cultura española e fan deporte. Soen falar entre eles en wolof e tamén en castelán. Séntense ben tratados en Lugo, mais con algunha excepción. 49 5.1.3-”Asociación Cheikh Senegal Lugo Galicia” Esta asociación de inmigrantes senegaleses ten uns 15 socios, e é unha escisión doutra, concretamente da “Asociación Senegalaise Dahira Nourou Dareyni Touba Lugo Galicia”. O presidente é Cheikh Mbacke Fall. A agrupación fíxose para facilitar a integración dos senegaleses na sociedade galega. Reúnense, axúdanse cos trámites burocráticos ou en caso de enfermidade e dificultades económicas. Envían cartos, roupa e medicinas destinados aos nenos de Senegal. A solidariedade é o seu principal motor, a pesares de que estamos a falar de persoas con moitas dificultades para sobrevivir no día a día. Fan xestións como asistir a persoas privadas de liberdade no cárcere. Mesmo algúns conseguen a súa liberdade grazas á intermediación da asociación que mesmo abrangue a persoas persoas presas que non pertencen á asociación nen teñen lazos previos cos seus integrantes. A asociación celebra algunhas festas de orixe senegalesa, sobre todo as que atinxen ao ámbito relixioso, e entre eles falan en wolof e en francés. A relixión islámica ten gran importancia para estas persoas senegalesas, as cales acuden á mesquita cos fieis doutras nacionalidades, por exemplo cos marroquíes. Unha das problemáticas que máis lles afectan é a falta de papeis, velaí as tarxetas de residencia. O presidente desta asociación é un home mozo que gusta da cultura e da lingua galega, incluso é militante do BNG, organización onde di estar moi a gusto por mor da comprensión e da complicidade que di sentir neste partido nacionalista galego de esquerda. Realmente a Asociación Cheikh Senegal Lugo Galicia non organiza actividades de tipo cultural, coa excepción dalgúns concertos de djembé que organizaron na Praza de Santa María da capital lucense. Os integrantes desta asociación móstranse abertos a falar da mesma e non puxeron trabas para colaborar con este traballo de investigación. 50 5.1.4-Asociación Sociocultural Perú-Lugo Creada o 28 de febreiro de 2009, esta é unha das poucas asociacións de persoas inmigrantes que desenvolven actividades no ámbito cultural en Lugo. Houbo varias fases con chegadas dunha cantidade importante de persoas de nacionalidade peruana en España. Entre 1990 e 1992 viñeron moitos como exiliados por mor da conflitiva situación política que sufría Perú. Dende 1994 houbo unha chegada masiva, primeiro viñeron emigrantes cualificados e despois todo tipo de traballadores (Delgado e Lozano 2007: 242). Dende o ano 2009 viñeron moitos peruanos por continxente, quer dicir traballadores contratados no seu país de orixe. Actualmente viven en Galiza uns 6000 peruanos, 2000 deles en Vigo, pero na cidade lucense son só arredor dunhas cen persoas, de feito pasaron de ter de 68 a 26 socios por mor da crise. Existen 12 asociacións de peruanos en Galiza, todas elas forman a Federación de Asociaciones Peruanas en Galicia, presidida por Gerber Martínez, que a súa vez dirixe a asociación de Lugo, e actuou como informante para este traballo. As asociacións galegas celebran o día da Fiesta Patria do 28 de xullo. Cada tres anos fan eleccións para a súa presidencia, e a Federación é invitada a actos institucionais. O seu presidente faloume de que o feito de asociarse trae vantaxes coas administracións, velaí a consecución dun consulado en Vigo, cando antes só existía en Madrid. A Asociación Sociocultural Perú-Lugo fai labores de asesoría coas persoas que se achegan a ela, pero como deixou claro o seu presidente, non é unha ONG. Fixeron a asociación para non perder os seus costumes, celebracións, etc. Teñen un local cedido polo Concello de Lugo no Centro Social María Balteira, e fan fincapé na súa colaboración co Concello e viceversa. O presidente 51 desta asociación destacou a importancia para eles da relixión: crearon a Hermandad Peruana del Señor de los Milagros, e conseguiron pór a súa imaxe na igrexa de San Francisco Xavier e van alí a misa. Penso que ademais da relixión, esta presenza nesta parroquia lucense xoga un papel de axente sociabilizador e integrador. Algunhas das actividades que realizan son: -Día del Padre Peruano. Fan unha cea de confraternidade, este ano 2015 coincidiu coa festa do Arde Lucus, e algúns dos peruanos ían vestidos, quer de romanos, quer de castrexos, o que ao meu xuízo constata certa vontade integradora na sociedade lucense. Esta asociación pretende manter a súa ideosincrasia pero tamén conectar coa nosa cultura, costumes e gastronomía. -Día de la Madre Peruana. Un almorzo e agasallos para as nais da asociación. -Aniversarios da creación da asociación cun almorzo de confraternidade. -Chocolatada navideña. O día 21 de decembro os fillos dos socios reciben un agasallo de Nadal de mans de Papá Noel. -Cena de Navidad, o día 20 de decembro. -Actividades de tipo relixioso. Como por exemplo a bendición da imaxe e do estandarte do Señor de los Milagros, procesións, novenas e misas. -Fiestas Patrias con motivo do Día da Independencia peruana, o día 27 de xullo. Fan un almorzo de irmandade e despois gozan dunha tarde nunha área recreativa situada cerca da cidade lucense. -Campionato de Fútbol 7. Está organizado pola Asociación Sociocultural Perú-Lugo e pola Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Lugo. Este ano 2015 celebrouse o 5 de xullo o IV Campeonato Intercultural de Fútbol 7 “Copa de la Amistad”, e participaron os seguintes equipos: Rioplatenses (Arxentina e Uruguai), Lugo-España, Colombia, Perú, Brasil, Nixeria, Israel, Marrocos e República Dominicana; Ecuador non puido finalmente acudir á cita. Chamou a miña atención o feito de que participase neste 52 torneo unha selección de xogadores israelíes, cando segundo o padrón municipal lucense só dúas persoas con esa nacionalidade viven na nosa cidade, pero como o obxectivo do torneo é a integración, non tódolos futbolistas teñen que ser do país ao que representan. Polo que atinxe ao equipo Lugo-Galicia, o seu coordinador é o Mago Rafa, quen casou cunha muller arxentina filla do famoso mago René Lavand e recentemente falecido. A Asociación Sociocultural Perú-Lugo tamén participou en diversos actos como o almorzo de traballo organizado polo Concello de Lugo, con motivo do Día Internacional da Muller o día oito de marzo; tomou parte na iniciativa institucional do Concello de Lugo “Orzamentos Participativos” en xaneiro de 2015; ademais estiveron no “V Encontro das Culturas” no ano 2012, cun desfile de traxes típicos peruanos. Gráfica 31 : evolución da poboación peruana en Lugo Elaboración propia 53 0 20 40 60 80 100 120 140 160 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Perú Perú 2º-Realizar labores de prevención, especialmente entre aqueles colectivos máis susceptíbeis a ser vítimas da pobreza e/ou marxinación. Realizar labores de loita contra a degradación social, moral e de calquera forma ou tipo que menoscabe a dignidade das persoas en devanditas áreas. 3º-Contribuír á rehabilitación, readaptación e reinserción na sociedade das persoas obxecto de axuda, estimulando a superación das causas que provocan a situación de pobreza, marxinación e/ou exclusión social. 60 5.2.2-Sotermun É unha ONG de cooperación para o desenvolvemento vencellada ao sindicato USO (Unión Sindical Obrera). Realmente esta ONG fai proxectos cara fóra, mais tamén colaboran co Banco de Alimentos de Lugo. A súa prioridade é con América Latina, pero tamén actuan en África, Asia e na Europa do Leste. É salientábel que nestes últimos anos podamos constatar que “o papel desempeñado polas organizacións non gubernamentais (ONG) nas accións de cooperación para o desenvolvemento incrementouse de xeito vertixinoso durante os últimos anos, xa non só no noso país, senón tamén en todo o mundo” (Doval Adán 2011: 70). Segundo a súa páxina web, “coa finalidade de cooperación ao desenvolvemento e o fomento da solidariedade entre os pobos constituiuse legalmente, no mes de agosto de 1994, unha Organización Non Gobernamental de Cooperación ao Desenvolvemento (O.N.G.D) promovida pola Unión Sindical Obreira (U.S.O) denominada “Solidariedade cos traballadores e traballadoras dos países empobrecidos (SOTERMUN)”. 61 5.2.3-Cáritas Diocesana Segundo a avogada de “Cáritas” Cristina García, alí non teñen axudas ou actividades exclusivas para os inmigrantes. As persoas chegan alí a través das parroquias ou dos traballadores sociais do concello e da Xunta, e van individualmente. Os traballadores de Cáritas acompañan ás persoas a actividades culturais feitas para todos, por exemplo as visitas aos tellados da catedral. Unha actividade específica foi un obradoiro de cociña intercultural onde compartiron receitas de cada país entre persoas de varias nacionalidades, e tamén participaron en actividades como obradoiros de costura, perruquería ou informática. “Cáritas Diocesana” intenta integrar dalgún xeito aos inmigrantes por medio da súa presencia nos obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo. Tamén axudan aos estranxeiros co cuestionario para acceder á nacionalidade, do que a miña interlocutora opina que ten preguntas difíciles incluso para os españois, xa non digamos para as persoas de fóra. Teñen pensado pór en marcha unha Aula de Integración para axudarlles a aprobar o devandito exame. Un paso cara adiante que atopan en “Cáritas” é que o informe favorábel de integración que pide a Xunta para renovar os papeis agora tamén poden facelo as asociacións, cando antes só tiñan esta competencia os concellos. Sobre isto, a Xunta amosa que “este informe terá como contido mínimo a certificación, no seu caso, da participación activa da persoa estranxeira en accións formativas destinadas ao coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, dos valores estatutarios da Comunidade Autónoma onde resida, dos valores da Unión Europea, dos dereitos humanos, as liberdades públicas, a democracia, a tolerancia e a igualdade entre mulleres e homes, así como á aprendizaxe das linguas oficiais do lugar de residencia”. Esta organización ten a peculiaridade de que se nega a darlles roupa aos inmigrantes que están indocumentados. 62 5.2.4-”Servizo de Orientación Laboral e Inmigración” (CIG) O sindicato CIG mantivo este servizo en Lugo dende o ano 2007 até o 2014, pois hoxe está pechado por mor dos recortes que sufriron tamén os sindicatos. Aínda funciona o seu “Servizo de Emigración e Inmigración” nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, no que asesoran aos inmigrantes non só en temas laborais. Asemade, a CIG forma parte do “Foro Galego de Inmigración”. Neses anos nos que estivo activo o “Servizo de Orientación Laboral e Inmigración” na nosa cidade, os seus cometidos eran: o asesoramento a nivel laboral; o arraigo laboral e social; o reagrupamento familiar; a axuda na renovación da tarxeta de residencia; e as problemáticas das persoas inmigrantes presas. Traballaban a sensibilización social por medio de exposicións, publicación de traballos e panfletos. Relacionábanse con outros colectivos que traballan a prol dos dereitos das persoas migrantes e tiñan presencia en actos, institucionais ou non, relacionados coas problemáticas que atinxen aos estranxeiros en Lugo. Chegouse a dar pulo dende a sección lucense do sindicato a unha asociación marroquí, aos rioplatenses ou aos senegaleses. Referente aos inmigrantes marroquíes, a persoa coa que falei contoume o caso dun avogado desa nacionalidade vinculado ao sindicato CCOO, o cal foi detido por participar dunha rede de trata de persoas. Isto fixo que moitos marroquíes se achegasen á CIG, e tamén nos amosa as contradicións e as dificultades do colectivo de persoas migrantes, sexan do país que sexan, os cales ás veces se ven estafados e explotados tamén polos seus compatriotas. Tamén me contaron o caso dunha sindicalista, Laura Bugallo, quen estivo detida por unha suposta falsificación documental por axudar aos inmigrantes a regularizar a súa situación no noso país. Este feito fíxome pensar se é lexítimo rachar coas leis inxustas na procura da solidariedade, e evidentemente penso que si, e tamén valoro que na nosa terra existan persoas dispostas a axudar por riba de actuacións 63 policiais, xuízos, etc. Outro exemplo foi a axuda prestada a dúas mulleres que exercían a prostitución nun dos clubes investigados no famoso Caso Carioca; ámbalas dúas actuaron legalmente contra o dono do clube e ao final conseguiron gañar o xuízo. Este sindicato ten feito actividades a prol das persoas estranxeiras, por exemplo a campaña de sensibilización contra a xenofobia e o racismo “Emigrantes coma nós”, para non esquezermos que o galego é un pobo que tivo que emigrar masivamente noutras épocas non tan distantes. 64 5.2.5-”Asociación para el desarrollo Sociocultural Formación y Empleo” (ASFEM) Esta asociación lucense sen ánimo de lucro fundouse no ano 2000. O seu obxectivo era convertirse nun servizo social complementario á rede de recursos existentes, poñendo en marcha actividades formativas e socioculturais. Teñen colaborado nalgúns proxectos coa Universidade de Santiago de Compostela e coa Universidade de Vigo. En ASFEM traballan a inmigración dende a formación, acadando subvencións públicas para realizar cursos de formación. Aos migrantes que se achegan a eles facilítanlles cursos de formación lingüística, de asesoramento xurídico e de inmersión na sociedade de acollida. Son estes os tres aspectos fundamentais que tratan para as persoas de orixe estranxeira. Ademais, e tendo en conta as opinións e os intereses dos inmigrantes, fan cursos dirixidos a mulleres e homes. As mulleres piden cursos de servizo doméstico, camareira de piso, cociña, auxiliar de xeriatría ou costura. Os homes, pola súa banda, prefiren cursos de traballo forestal, operario de almacén, axudante de panadería, axudante de xardinería, limpeza industrial, carretilla elevadora, e tamén o carnet de manipulador de alimentos. Nesta división do traballo por xénero, atopamos unha visión sobre o rol de mulleres e homes que aínda perdura en boa parte do noso mundo. Nesta asociación tamén funcionan os chamados IPIS, Itinerarios Personalizados de Inclusión Social. Están deseñados para persoas inmigrantes ou non en risco de exclusión social, son programas personalizados e individuais, e neles traballan a autoestima e as competencias persoais co fin de insertarse no mercado laboral. Un exemplo disto son as persoas que padecen o chamado Síndrome de Ulises ou síndrome do emigrante, problema psicolóxico relacionado co estrés que padecen os inmigrantes ao cambiar de país, sociedade e cultura. 65 Os traballadores de ASFEM intentan mobilizar aos inmigrantes para que asistan a actos culturais; organizan moitos debates, por exemplo sobre algunha película que viran ou sobre relixión, tema moi importante para a maioría das persoas inmigrantes que viven no noso país. Por mor da crise e dos recortes sociais, víronse obrigados a desfacerse dun piso de acollida para inmigrantes que xestionaban anteriormente. Tamén desapareceron por motivos económicos os desfiles con traxes típicos, pero co tempo queren retomalos. Como noutros casos xa vistos neste traballo, a vocación das persoas que traballan neste eido semella fundamental, e un bo exemplo disto é Sara Valentín, antiga cooperante en Latinoamérica, a persoa que tan ben me atendeu e colaborou conmigo á hora de levar a bo porto este traballo. 66 5.2.6-Cruz Vermella “Integración de Inmigrantes” Na Cruz Vermella desenvolven un programa chamado “Integración de Inmigrantes”. As facetas nas que interveñen son variadas, todas elas dirixidas á integración. Unha das actividades que realizan neste eido son as clases de idioma castelán, das que participan maioritariamente os inmigrantes marroquíes, seguidos dos senegaleses. Hai distintos niveis adaptados á realidade idiomática das persoas migrantes con respecto ao castelán, pois mentres uns partían de cero, outros sabían falar castelán e aprendían ortografía. Teñen distintos horarios para homes e mulleres, de xeito que as mulleres van pola mañá e os homes pola tarde, mais cómpre ter en consideración que esta segregación por sexos é decidida polos propios usuarios, que desa forma reproducen aquí os roles que as mulleres e os homes xogaban no seu país de orixe. É unha realidade que moitos inmigrantes marroquíes relaciónanse sobre todo entre eles, coa conseguinte creación de guetos, existindo na práctica pouca integración real. Existe unha persoa marroquí vinculada a Cruz Vermella que fai de enlace entre os destinatarios e a organización. Ademais das clases de castelán, a Cruz Vermella xestiona un piso de acollida para inmigrantes e emigrantes retornados, o cal é propiedade do Concello de Lugo. Esta organización humanitaria axuda aos inmigrantes coa burocracia para renovar a documentación e dispensa axuda económica para pagar as taxas; axuda co acceso á sanidade e coa escolarización infantil; e ten un programa de emprego e media na preparación dos currículos e no acceso a cursos de formación. Outro aspecto que traballan na Cruz Vermella é o do reagrupamento familiar, pois axudan cos trámites burocráticos e financian a viaxe. Por último, non se esquecen das persoas migrantes que queren retornar voluntariamente ao seu país, pois nesta crise actual moitos deles deciden retornar sobre todo por motivos económicos. 67 5.2.7-UXT Lugo Na cidade lucense non teñen programas dirixidos á poboación de orixe estranxeira. A nivel estatal o sindicato UGT creou unha Aula Intercultural para axudar coa formación do profesorado, aportar materiais didácticos, investigación, obradoiros, publicacións ou campañas de sensibilización como “Stop Racismo”. É un proxecto de FETE-UGT, concretamente da Federación de Ensino do sindicato. Tamén teñen unha rede de centros interculturais dirixida aos docentes e ao alumnado co obxectivo de avanzar cara un modelo de escola intercultural e inclusiva. Desta rede participan varios colexios e institutos de distintas cidades españolas. 68 5.2.8-”Foro Galego de Inmigración” O “Foro Galego de Inmigración” leva uns dez anos funcionando e está conformado por varios colectivos, asociacións, ONG's, partidos políticos, sindicatos e persoas a nivel individual. O seu obxectivo é facer unha chamada de atención e a denuncia das problemáticas que padecen as persoas de orixe estranxeira, poñendo o foco nos inmigrantes indocumentados ao ser os máis vulnerábeis socialmente. O asesoramento, o apoio, ou a axuda na busca de aluguer son algunhas das actuacións que realizan, ademais da denuncia da falta de asistencia sanitaria ou da represión. Son parte dunha federación a nivel estatal, a “Campaña polo peche dos CIE's”, a cal organiza anualmente dous encontros dos colectivos inseridos nela, normalmente en grandes cidades como Madrid, Barcelona ou Valencia. Unha raiola de esperanza en forma de boa noticia é o probábel peche do CIE de Barcelona tras unha proposta aprobada polo parlamento catalán, aínda que as persoas indocumentadas que se deteñan con posterioridade serán enviadas a outro centro de internamento para estranxeiros situado noutra zona da península. Pola contra, unha mala noticia é a pretensión de expulsar aos inmigrantes indocumentados directamente dende o calabozo policial sen pasar polos CIE's, dese xeito as organizacións de axuda aos inmigrantes non se enterarán a tempo e se evitarán protestas e denuncias. A vixiancia desta organización é fundamental para facer chegar á sociedade a realidade da inmigración, por exemplo detectaron o día 2 de xullo deste ano 2015 o último voo de deportación que saíu cara a Senegal. Outro aspecto no que fan fincapé dende o “Foro Galego de Inmigración” é a censura na prensa e nas redes sociais da información relacionada co maltrato ás persoas inmigrantes, do que é un exemplo o vídeo gravado nun voo de deportación onde se apreciaba a agresión policial a un inmigrante dominicano; así vemos que a “Lei Mordaza” serve para engadir aínda máis medo aos colectivos máis desfavorecidos da nosa sociedade. 69 Fernández Herrero, Beatriz, Carme Silva Domínguez e Alexandre Veiga (eds.) (2011). Os dereitos humanos, unha ollada múltiple. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Gairín Sallán, Joaquín (2004). Organizar la escuela intercultural: una exigencia de futuro. Ponencia 10, Sección IV: Instituciones y escenarios para un curriculum intercultural. Valencia. XIII Congreso Nacional y II Iberoamericano de Pedagogía. González Pérez, Jesús Manuel (2008). Inmigración estranxeira e territorio en Galicia. A construción dun país social e culturalmente diverso. Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Inmigracion, Xunta de Galicia. Hobsbawn, Eric (2006). Guerra e paz no século XXI. Barcelona: Diario Público. Kapuściński, Ryszard (2004). Ébano. L´Hospitalet: Ed. Folio. Kuehn Dumpiérrez, Robert (2009). No sólo turistas y jubilados. Acerca de la (invisible) presencia de inmigrantes de Europa occidental en España. En David-Sven Reher e Miguel Requena Las múltiples caras de la emigración en España. Madrid: Alianza Editorial. López Hernández, Alfonso (2004). Multiculturalidad, interculturalidad y nueva alfabetización moral. Centro de Enseñanza Superior Don Bosco. [online dialnet acceso 02/02/15] Martínez de Pisón, José, e Joaquín Giro Miranda, (coord.) (2013). Inmigracion y ciudadanía: perspectivas sociojurídicas. Universidad de La Rioja. [online dialnet acceso 18/02/15] Micolta León, Amparo (2005). Teorías y conceptos asociados al estudio de las migraciones internacionales. Trabajo Social No. 7, pp 59-76, Revista del Departamento de Trabajo Social, Facultad de Ciencias Humanas, Universidad Nacional de Colombia. 76 Montilla Martos, José A. e José L. Rodríguez Candela (2012). Las normas generales del Estado en materia de inmigración en el año 2012. En Eliseo Aja et al. Inmigracion y crisis: entre la continuidad y el cambio. Anuario de la inmigracion en España, Barcelona: Cidob. Mora Castro, Albert (2010). Integrando la desigualdad: la normalización de la exclusión social de las personas inmigrantes. En Enrique Conejero e Alfonso Ortega Inmigración, integración, mediación intercultural y participación ciudadana. Alicante: Editorial Club Universitario. Portes, Alejandro e Min Zhou (1993). The New Second Generation: Segmented Assimilation and its Variants. The Annals of the American Academy of Political and Social Sciences, 530, 74 96.‐ Reher, David-Sven e Miguel Requena (eds.) (2009). Las múltiples caras de la emigración en España. Madrid: Alianza Editorial. Retortillo Osuna, Álvaro, Anastasio Ovejero Bernal, Fátima Cruz Sousa, Susana Lucas Mangas e Benito Arias Martínez (2006). Inmigracion y modelos de integración: entre la asimilación y el multiculturalismo. Revista universitaria de ciencias del trabajo, Nº 7, pp 123-139. Rinken, Sebastian (2014). Recensión de Inmigracion: ¿Integración sin modelo?, de Héctor Cebolla Boado e Amparo Glez. Ferrer (coords.), e de Políticas de control migratorio: Estudio comparado de España y EEUU, de Antonio Izquierdo e Wayne A. Cornelius (eds.). RIS, vol.72. nº 2, maio-agosto, pp 479- 500. Rojas Mullor, Mauricio (2011). España después de la gran inmigración. Balance y perspectivas. Fundación Ciudadanía y Valores, Simposio Internacional: Inmigracion y Globalización. [online funciva acceso 15/03/15] Sacco, Joe (2012). Reportajes. Barcelona: Random House Mondadori. Therborn, Göran (2013). La desigualdad mata. Madrid: Alianza editorial. 77 Tribalat, M. (1996). De l’immigration à l’assimilation. Enquête sur les populations d’origine étrangère en France. Paris: La découverte/Ined. Varela Zapata, Jesús (2009). Extrañamiento versus integración social: inmigrantes en el cine actual. Iberoamericana, IX, 34, pp 77-87. Žižek, Slavoj (2010). En defensa da intolerancia. Barcelona: Diario Público. 78 8. Recursos online http://asocrioplatenses.galiciaaberta.com/ http://madrepatria.blogspot.com.es/2014/11/espana-el-tercer-pais-de-la-ue-con- mas.html http://www.cidob.org/es/publicaciones/anuarios/anuario_de_la_inmigracion_en_espa na/inmigracion_y_emigracion_mitos_y_realidades_anuario_de_inmigracion_e n_espana_edicion_2014 http://www.cidob.org/es/publicaciones/anuarios/anuario_de_la_inmigracion_en_espa na http://extranjeros.mtin.es/es/general/DatosEstadisticos_index.html> https://www.defensordelpueblo.es/es/Mnp/InformesAnuales/informeAnual_MNP_20 14.pdf http://www.rebelion.org/mostrar.php?tipo=5&id=Eduardo%20Romero&inicio=0 http://periodismohumano.com/culturas/%C2%BFpor-que-se-ha-permitido-la-entrada- de-cinco-millones-de-inmigrantes-en-espana.html http://www.localcambalache.org/ http://www.ruct.uva.es/pdf/Revista%207/7106.pdf https://books.google.es/books? id=DMYxGRJPSo8C&pg=PA94&lpg=PA94&dq=Milton+Gordon+sociologia &source=bl&ots=29075_Uner&sig=exhshEDZO_-- RA1TBTtFMPyuhts&hl=gl&sa=X&redir_esc=y#v=onepage&q=Milton %20Gordon%20sociologia&f=false http://extranjeros.empleo.gob.es/es/ObservatorioPermanenteInmigracion/Anuarios/ 79 http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp? idioma=es&codigo=0201001002 http://www.ligaproderechoshumanos.org/html/inmigracion_es.html http://www.scielo.org.ar/scielo.php?pid=S1853- 001X2012000200004&script=sci_arttext http://www.eldiario.es/alternativaseconomicas/Inmigrantes-vayan- favor_6_225437468.html http://explotacion.mtin.gob.es/oberaxe/inicio http://www.empleo.gob.es/es/estadisticas/resumenweb/RUD.pdf http://www.ub.edu/geocrit/sn-94-101.htm http://politica.elpais.com/politica/2015/04/21/actualidad/1429611164_741481.html http://www.cis.es/cis/export/sites/default/- Archivos/Marginales/3040_3059/3041/es3041mar.pdf http://www.dignidade.es/abeiro.html https://www.google.com/search?q=sotermun+lugo&ie=utf-8&oe=utf-8#q=sotermun http://pendientedemigracion.ucm.es/info/nomadas/13/fsromero3.pdf http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Proxect os/Orde_procedemento_esforzo_integracixn_03022015_GAL.pdf http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/Ministerio/EscuelaDiplomatica/Documents/20 13-LOEX-Ref%5B1%5D.pdf http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/lo4-2000.html http://www.boe.es/boe/dias/2015/03/31/pdfs/BOE-A-2015-3442.pdf http://politica.elpais.com/politica/2014/12/11/actualidad/1418305773_390197.html 80 http://periodismohumano.com/migracion/espana-reconoce-la-caza-de-inmigrantes-a- domicilio-en-funcion-de-la-agenda-comercial-de-vuelos-de-deportacion-de- aireuropa.html http://www.galizacig.gal/migracion/emigrantes_coma_nos/enquisa_inicial.htm http://sli.uvigo.es/CTG/ctg.php?pescuda_no_ctg=organize&corpus=CTG http://www.ecosdosur.org/sanidad-lugo.html http://filosofia.laguia2000.com/filosofando/el-fenomeno-de-la-globalizacion 81 9. Apéndices Esquema da política migratoria. Fonte: “Derrubando Fronteiras” 82 Nota informativa do “Foro Galego de Inmigración” 83 Mesa redonda “As fronteiras invisibles” 84 “Derrubando fronteiras” 85