Acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para a definición do marco xeral de actualización do mapa de titulacións do Sistema Universitario de Galicia para o período 2022-2026
Full text
ACORDO ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE E AS UNIVERSIDADES DA CORUÑA, SANTIAGO DE COMPOSTELA E VIGO PARA A DEFINICIÓN DO MARCO XERAL DE ACTUALIZACIÓN DO MAPA DE TITULACIÓNS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O PERÍODO 2022-2026 Santiago de Compostela [data/sinatura dixital] REUNIDOS Don Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, nomeado mediante o Decreto 112/2020, do 6 de setembro, en virtude da competencia atribuída polo artigo 34.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia. Don Julio Ernesto Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña, en virtude da competencia atribuída no artigo 35 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e o seu nomeamento mediante o Decreto 5/2020, do 9 de xaneiro. Don Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude da competencia atribuída no artigo 83 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, e o seu nomeamento mediante o Decreto 57/2018, do 31 de maio. Don Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo, en virtude da competencia atribuída no artigo 29 dos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, e o seu nomeamento mediante o Decreto 59/2018, do 31 de maio 1 CVE: shlP1ejeM8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
MANIFESTAN A Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, establece no seu artigo 43 que as Comunidades Autónomas efectuarán a programación da oferta de ensinanzas das universidades públicas da súa competencia e os seus distintos centros, de acordo con elas e conforme aos procedementos que establezan. O Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, atribúe esta competencia, no seu artigo 9, á Secretaría Xeral de Universidades que é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para a ordenación, planificación e execución das competencias en materia de universidades e ensinanzas universitarias correspondentes a esta consellería, e correspóndelle exercer, entre outras, a competencia e función de planificar a oferta de ensino universitario na Comunidade Autónoma de Galicia, en coordinación coas universidades galegas, incidindo na mellora continua do Sistema universitario de Galicia e na súa conexión e adaptación ao contorno, para dar resposta ás necesidades da sociedade actual. O Real decreto 1393/2007, do 29 do outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, flexibiliza a organización das ensinanzas universitarias, promovendo a diversificación curricular e permitindo que as universidades aproveiten a súa capacidade de innovación, as súas fortalezas e oportunidades, sen suxeición á existencia dun catálogo previo establecido polo goberno, obrigatorio ata ese momento. Esta flexibilidade, derivada da inexistencia dun catálogo de titulacións, unida á xa expresada competencia autonómica na autorización para a implantación das titulacións universitarias oficiais, avogan ao necesario exercicio de coordinación e planificación por parte da Comunidade Autónoma, desde o absoluto respecto á autonomía universitaria, de forma que as universidades poidan definir a 2 CVE: shlP1ejeM8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
organización, estrutura e contidos das ensinanzas universitarias oficiais, así como obter a garantía de que a oferta destas ensinanzas e títulos oficiais responde a criterios de calidade e a unha adecuada planificación. A nivel autonómico, a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia recolle no seu artigo 8 os criterios sobre a implantación de titulacións e centros, indicando que tanto a creación como a localización de novas titulacións e centros seguirán unha programación que atenda a demanda universitaria e a dispoñibilidade dos recursos humanos e materiais necesarios. Os criterios citados son os seguintes: a) Cubrir as necesidades de titulados e tituladas para o desenvolvemento cultural, científico, técnico e económico de Galicia. b) Achegar a oferta á demanda social e ás previsións profesionais e laborais. c) Afondar nunha singularización dos campus que recolla a demanda formativa do contorno. d) Evitar a reiteración de titulacións na comunidade autónoma, agás cando coincidan a demanda real de estudantes e a necesidade social de titulados e tituladas. e) Agrupar as titulacións por grandes áreas científicas para lograr un mellor aproveitamento dos recursos e a xeración de sólidas liñas de investigación. Así mesmo, o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 20 de marzo de 2012, de desenvolvemento do anterior, unidos ás sucesivas instrucións interpretativas e flexibilizadoras da normativa sinalada, configuran o corpus normativo autonómico no que se encadra a oferta de ensino universitario oficial no SUG. Neste contexto, o 20 de marzo de 2017, asinouse un acordo entre a entón Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades públicas galegas para definir os principios reitores da planificación académica universitaria para o período 2017- 2021. Este acordo, que foi e é pioneiro no sistema universitario español, determinou a paulatina introdución de vinte novos 3 CVE: shlP1ejeM8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
graos na oferta global do SUG, e puxo de manifesto a vontade de colaboración de todos os compoñentes do sistema co obxecto de acadar o principio de completude na oferta de títulos universitarios de grao e mestrado, co fin de que a poboación universitaria galega poida cursar na nosa comunidade a totalidade das titulacións significativas no eido científico e profesional. Unha vez rematado o período de referencia do amentado acordo, a consellería competente en materia de universidades, en exercicio das competencias que Ile son propias, e as tres universidades públicas galegas, no eido da súa autonomía, entenden necesario continuar na liña do anterior acordo e afondar na estratexia consensuada de actuación. Deste xeito, estiman chegado o momento de establecer unhas liñas e criterios que permitan unha ordenación do sistema de maneira racional e acorde coas necesidades da nosa comunidade e levar o ensino universitario de Galicia ás máis altas cotas de competitividade, calidade e excelencia. Tendo en conta o anterior ACORDAN PRIMEIRO - Liñas xerais da planificación da oferta de titulacións no SUG. 1. Planificación conxunta da oferta do SUG entre a Xunta de Galicia e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. É necesario manter unha visión global á hora de decidir sobre a aprobación e a implantación territorial das novas titulacións. Se unha universidade manifesta o seu desexo de colaboración cun proxecto de título doutra universidade e o xustifica axeitadamente, a universidade propoñente considerará a súa participación no novo título. 4 CVE: shlP1ejeM8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
2. Prioridades para a implantación de novos graos e mestrados no SUG - Atenderanse as necesidades de oferta formativa no SUG coa proposta de graos e mestrados inexistentes na actualidade. - As novas propostas deberán manter un equilibrio entre institucións. - As propostas deberán afondar na estratexia de especialización dos campus. - Teranse en conta as capacidades do profesorado dispoñible e a súa optimización, sen renunciar á captación de profesorado cuxa especialización permita garantir a calidade e excelencia das novas titulacións. - As novas propostas deberán adaptarse ás necesidades da sociedade e, se é posible, adiantarse aos continuos cambios da contorna, para dar resposta á demanda de profesionais. - As universidades terán en conta o tecido socioeconómico e manterán contactos constantes cos axentes implicados, incorporando as súas demandas e necesidades, implicándoos no deseño de novas titulacións e na modificación das existentes, co obxecto de acadar unha oferta que dea resposta á sociedade galega e que facilite a empregabilidade dos egresados do SUG. 3. Contidos básicos das propostas de novas títulacións As universidades comprométense a observar, de xeito estrito, os requisitos xerais e específicos previstos no Decreto 222/2011 e na Orde do 20 de marzo de 2012 en relación co contido das propostas, incluíndo en concreto: - Xustificación da demanda baseada en evidencias - Xustificación dos perfís profesionais a cubrir e as competencias a desenvolver - Xustificación da relación coa contorna social - Evidencia da participación de axentes externos na concepción e desenvolvemento do título 5 CVE: shlP1ejeM8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
- Prácticas externas obrigatorias, garantidas para o alumnado 4. Outras propostas As universidades sempre foron proactivas á hora de facer propostas de novos títulos. No marco temporal do novo mapa, os acordos acadados entre as universidades e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, non deben supor a paralización de propostas por parte das universidades de novos títulos de grao, mestrado e doutoramento. SEGUNDO - Graos universitarios O catálogo de graos ofertados é un elemento fundamental de definición de calquera mapa de titulacións, xa que estes títulos configuran a base estable do sistema, constituíndo ademais o factor principal de equilibrio entre as universidades e entre os campus que configuran o SUG. Debe terse en conta que a posta en marcha destas titulacións abrangue entre 6 e 8 anos dende a súa concepción ata o egreso da primeira promoción, polo que se debe chegar a un acordo estable para o período considerado, que permita a planificación adecuada da súa implantación por parte das universidades. 1. A oferta global de prazas de grao no SUG Partindo da realidade demográfica de Galicia e da situación de equilibrio actual do SUG, o incremento total de prazas de grao, derivado das novas propostas, non poderá superar en máis dun 10% as actualmente ofertadas. 2. Declaración de graos singulares para o SUG 6 CVE: shlP1ejeM8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
A Secretaría Xeral de Universidades, mediante resolución, e previa solicitude das universidades, poderá recoñecer o carácter singular de determinadas titulacións de grao atendendo aos seguintes criterios: - Ser imprescindible para a formación dos recursos humanos especializados que permitan dar cobertura ás necesidades do sistema educativo non universitario da comunidade autónoma. - Ter unha estrita vinculación coa especialización dun campus acreditado no que se imparte e constituír unha parte esencial das liñas estratéxicas en docencia e investigación desa especialización. - Os estudos da lingua, da literatura e da cultura galegas. - Estar directamente vinculados aos sectores considerados esenciais pola Xunta de Galicia no seu plan estratéxico ou no RIS3. A declaración de singularidade suporá, para as titulacións recoñecidas como tales, a exención temporal do cumprimento do esixido no artigo 6 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución de singularidade terá un período de vixencia de 5 anos, e substituirá a emitida con anterioridade á sinatura deste acordo. 3. Títulos de grao interuniversitarios do SUG A consellería competente en materia de universidades, fomentará a oferta de títulos de grao interuniversitarios entre as universidades do SUG ou entre estas e universidades de fóra do sistema. Esta medida aplicarase preferentemente, e de acordo coas universidades implicadas, a títulos duplicados ou cunha alta porcentaxe de solapamento en contidos e materias, cando polo menos un deles non acade o alumnado mínimo requirido pola normativa vixente. 7 CVE: shlP1ejeM8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
4. Redefinición de titulacións de grao con baixa demanda O novo mapa debe dar resposta a problemas estruturais nalgunhas titulacións que presentan baixa demanda, sen perspectivas de acadar, a curto ou medio prazo, o mínimo de estudantado esixido na normativa autonómica vixente En consecuencia, como parte do proceso de implantación de novas titulacións, as universidades galegas estudarán as posibilidade de mellora do mapa de titulacións no relativo á: - Reformulación de titulacións con baixa demanda. - Modificación ou eliminación de titulacións existentes. 5. Novos graos que completen a oferta do SUG Acadar a completude do sistema é un obxectivo desexable para evitar que alumnado galego teña que desprazarse fóra do SUG para cursar determinadas titulacións por non atopar ditos estudos na súa comunidade. Considérase importante completar a oferta de graos universitarios no SUG introducindo titulacións que se están a impartir actualmente no territorio nacional pero que non forman parte da oferta das tres universidades galegas. Dende 2017, data do anterior acordo, as universidades galegas fixeron un importante labor, dando entrada a numerosos graos inéditos e innovadores, na oferta do SUG. Na maioría dos casos obtiveron unha grande aceptación polo alumnado. Con todo, inda se pode avanzar máis neste eido, estimándose que ao redor de dez titulacións adicionais, das cinco ramas de coñecemento, poderían dar ao SUG unha visión de globalidade. TERCEIRO - Mestrados universitarios 8 CVE: shlP1ejeM8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
Os mestrados universitarios presentan unha maior flexibilidade para adaptarse aos cambios económicos e sociais, facilitando unha máis rápida implantación ou desaparición. Para racionalizar a oferta de mestrados universitarios por parte das universidades do SUG, esíxese o cumprimento dos mínimos de matrícula determinados na normativa vixente. Así mesmo, co obxecto de clarificar os criterios para a autorización de propostas de novas titulacións de mestrados universitarios así como para proceder á revogación e retirada da oferta dos xa existentes, a Secretaría Xeral de Universidades ditará as correspondentes instrucións, consensuadas coas tres universidades do SUG, para o período comprendido entre 2022 e 2026, cuxas determinacións virán respectadas polas partes e complementadas pola aplicación da normativa estatal e autonómica vixente en materia de titulacións universitarias. 1. Declaración de excepcionalidade de mestrado universitario no SUG De xeito excepcional, quedarán eximidos do cumprimento dos mínimos de matrícula establecidos na normativa vixente, as titulacións de mestrado universitario que cumpran algún destes requisitos: - estar vinculada directamente cunha liña de investigación de acreditada excelencia a nivel internacional - estar vinculada cos centros CIGUS recoñecidos pola Xunta de Galicia. - estar vinculada aos sectores considerados estratéxicos polo goberno da comunidade autónoma. A resolución de excepcionalidade terá unha validez de 5 anos. 2. Mestrados universitarios derivados do proxecto Galicia 2030 O proxecto Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades, realizado pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) 9 CVE: shlP1ejeM8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve