scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Plan de Normalización Lingüística

Universidade de Santiago de Compostela. Claustro

Full text

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA VERSION FINAL NOVEMBRO 2001 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------2------------------ SUMARIO 1 LIMIAR:............................................................................................................................................ 3 2 ANÁLISE DA SITUACIÓN............................................................................................................. 4 2.1 O GALEGO NA USC. SÍNTESE...................................................................................................... 4 2.2 RECURSOS MATERIAIS E HUMANOS ............................................................................................. 5 2.2.1 Organización xeral. .............................................................................................................5 2.2.2 O Servicio de Normalización Lingüística. ........................................................................... 5 3 OBXECTIVOS XERAIS.................................................................................................................. 6 4 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E MEDIDAS ............................................................................... 6 4.1 ÁMBITO DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA ................................................................................. 6 4.1.1 Obxectivos principais...........................................................................................................6 4.1.2 Obxectivos específicos:........................................................................................................ 6 4.2 ÁMBITO DO ESTUDIANTADO........................................................................................................ 8 4.2.1 Obxectivos principais...........................................................................................................8 4.2.2 Obxectivos específicos ......................................................................................................... 8 4.3 ÁMBITO DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR...................................................................... 10 4.3.1 Obxectivos principais......................................................................................................... 10 4.3.2 Obxectivos específicos ...................................................................................................... 10 4.4 ÁMBITO DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS........................................................... 12 4.4.1 Obxectivos principais......................................................................................................... 12 4.4.2 Obxectivos específicos ....................................................................................................... 12 4.5 ÁMBITO DE PROXECCIÓN UNIVERSITARIA ................................................................................. 13 4.5.1 Obxectivos principais......................................................................................................... 13 4.5.2 Obxectivos específicos ...................................................................................................... 13 5 ANEXO I: ANALISE DA SITUACIÓN DO GALEGO NA USC .............................................. 16 5.1 ALUMNADO: ............................................................................................................................. 16 5.1.1 Competencia en galego...................................................................................................... 16 5.1.2 Uso do galego. ................................................................................................................... 16 5.1.3 Actitudes lingüísticas ......................................................................................................... 16 5.2 PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS (PAS):................................................................. 17 5.2.1 Competencia en galego...................................................................................................... 17 5.2.2 Uso do galego. ................................................................................................................... 17 5.2.3 Actitudes lingüísticas. ........................................................................................................ 18 5.3 PROFESORADO: ......................................................................................................................... 18 5.3.1 Competencia en galego...................................................................................................... 18 5.3.2 Uso do galego. ................................................................................................................... 18 5.3.3 Actitudes lingüísticas. ........................................................................................................ 19 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------3------------------ 1 LIMIAR A Comisión de Normalización Lingüística elixida polo Claustro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) estivo, desde a súa constitución, a traballar na elaboración dun Plan de Normalización Lingüística que partiu dos referentes legais e estatutarios (Estatuto de Autonomía de Galicia, Lei de normalización lingüística, Estatutos da USC, Programa de normalización lingüística, e Regulamento do uso do galego na USC), así como do traballo de normalización xa realizado na USC desde a aprobación dos primeiros Estatutos, no ano 1985, e do que veu sendo eixo vertebrador o Servicio de Normalización Lingüística e as Comisións de Normalización Lingüística de diversos Centros. O Plan que presenta a Comisión de Normalización Lingüística trata de conxugar os dereitos individuais (de cada un dos membros da institución) cos dereitos colectivos; así como as obrigas institucionais cos citados dereitos. Non pretende impoñer, senón convencer; non pretende castigar senón incentivar; non pretende violentar vontades senón garantir dereitos fundamentais; non pretende a substitución dunha lingua por outra, senón a coexistencia harmónica, sen discriminacións de ningunha caste, das dúas linguas oficiais da Universidade de Santiago de Compostela. A normalización da lingua nunha institución complexa, como a USC, require non soamente poder dispor de organismos técnicos que elaboren documentos, que formen lingüisticamente o personal e que realicen labores técnicos de normalización e de análise da situación; senón que máis importante que a creación dos órganos técnicos é conseguir a implicación progresiva de todos os colectivos universitarios neste proceso. Por iso, cómpre contar con dous factores imprescindibles para levar adiante o proceso de cambio: en primeiro termo, o compromiso e a vontade firme das autoridades académicas e, en segundo, un compromiso unánime co Plan por parte de todos os sectores e ámbitos da Universidade que, desde o Claustro, irradie cara a centros, departamentos e servicios da USC. A Comisión de Normalización Lingüística é consciente de que non é posible acadar a plena normalidade lingüística na USC se non se fai do obxectivo da normalización unha empresa asumida colectivamente. A normalización lingüística é un proceso complexo e dinámico que precisa fixar uns obxectivos concretos, deseñar un conxunto de accións interrelacionadas e facer balance do desenvolvemento das ditas accións e o grao de consecución dos obxectivos; todo isto coa perspectiva dun cambio progresivo da situación da lingua galega cara á súa plena normalización. Terá, amais, que analizar as eivas e reconsiderar os proxectos iniciados, de xeito que se poidan dar novos pulos que asenten os avances acadados e se atopen novos camiños coa vontade de progresar no cumprimento dos mandatos legais e estatutarios. O Plan de Normalización Lingüística parte dunha análise da situación do coñecemento e uso da lingua galega na Universidade. A partir da dita análise, fíxanse uns obxectivos xerais e específicos esenciais, de xeito graduado e progresivo, ata o ano 2010 (como un elemento máis do Plan Estratéxico da USC). Así mesmo, o Plan establece as medidas precisas para a consecución dos obxectivos. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------4------------------ 2 ANÁLISE DA SITUACIÓN 2.1 O galego na USC. Síntese Un dos máis graves inconvenientes para a elaboración dun Plan de normalización lingüística que resulte verdadeiramente efectivo é a inexistencia, a miúdo, de estudios rigorosos sobre a situación sociolingüística da comunidade sobre a que se pretende intervir. Parece lóxico que para propiciar un cambio lingüístico necesario para garantir o uso normal das linguas nunha comunidade dada, o coñecemento exhaustivo desa comunidade sexa a mellor ferramenta para deseñar con acerto as medidas que conduzan ó éxito. Por fortuna, no caso da USC, cóntase con esa ferramenta de partida1, e baseándose nela extractaranse algúns dos aspectos que se consideran máis relevantes para radiografar a situación e diagnosticar con tino aqueles eidos nos que as actuacións poden reportar maiores beneficios. Dos estudios levados a cabo 2 dedúcese que existe unha demanda moi clara dun maior uso do galego na universidade, tanto na docencia coma no seu funcionamento xeral. En concreto, o modelo que goza de maiores simpatías é o dun bilingüismo con predominio do galego. Cómpre insistir en que este modelo responde a unha demanda real da comunidade universitaria, non se trata dunha elaboración teórica. En definitiva, e como síntese de cara á formulación dun Plan de Normalización Lingüística cabe sinalar:  Os e as estudiantes permanecen na universidade relativamente pouco tempo e, segundo parecen indicar todos os estudios, a escolla de lingua adoita producirse en idade máis temperá, en calquera caso antes do ingreso na institución. Todo isto limita enormemente a capacidade de incidencia no seu comportamento lingüístico de forma directa. Agora ben, a súa conducta lingüística académica está moi influenciada pola opción lingüística do docente, en menor medida pola dos outros colectivos, PAS, etc., de modo que si se considera posible unha intervención indirecta. Tanto o seu coñecemento da lingua coma a súa actitude cara a ela son aceptables. Os usos lingüísticos son o terreo que sería necesario mellorar.  O persoal de administración e servicios mostra uns niveis de uso do galego bastante aceptables, o cal resulta lóxico se se ten en conta que é o colectivo ó que se dirixiron ata a data a maior parte dos esforzos. Segundo o estudio, e verbo dos coñecementos, resulta necesario seguir insistindo na formación lingüística. Respecto dos usos, aínda que o emprego do galego escrito é moi elevado, habería que consolidar os usos orais. As actitudes son positivas.  O persoal docente e investigador (PDI) semella ser a chave da futura normalización lingüística da universidade. É o colectivo que ofrece uns resultados máis baixos tanto nos 1 Referímonos a O idioma na Universidade de Santiago de Compostela, de Modesto Anibal Rodríguez Neira (coord.), Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, 1998. 2 Pódese consultar o estudio O idioma na USC, en concreto as páxinas 55-60 para o colectivo de estudiantes, as páxinas 109-113 para o PAS, e as páxinas 163-171 para o colectivo docente. Un extracto das conclusións recollidas no devandito traballo pódese consultar no ANEXO I deste Plan de Normalización. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------5------------------ coñecementos, coma nos usos ou nas actitudes, e por outra parte, o seu comportamento lingüístico condiciona en grande medida o do estudiantado. Partindo da actitude favorable ó uso do galego do PDI, todo parece indicar que o proceso de normalización da universidade de Santiago de Compostela debe contar como peza chave cun incremento significativo e progresivo no uso do galego nas tarefas propias do PDI para o cal se establecen neste plan un conxunto de medidas incentivadoras. 2.2 Recursos materiais e humanos 2.2.1 ORGANIZACIÓN XERAL A responsabilidade da política lingüística da Universidade deberá recaer nunha persoa designada polo Rector, a cal prsidirá a Comisión de Normalización Lingüística do Claustro. Para executar as directrices de normalización lingüística hase contar con:  A Comisión de Normalización Lingüística do Claustro, que deberá incluír, como membro nato, ó director técnico do Servicio de Normalización Lingüística.  O Servicio de Normalización Lingüística. Para lle dar soporte técnico ó Plan de Normalización Lingüística.  As comisións de normalización lingüística dos centros, que han ser as encargadas de velar pola aplicación, en cada centro, do Plan de Normalización Lingüística, de presentar propostas á xunta do centro e ós consellos de departamento, de canalizar suxestións á Comisión de Normalización Lingüística do Claustro. Han ser, alén diso, o ámbito directo de participación dos tres colectivos da Universidade no desenvolvemento do Plan. Deberían crearse en todos os centros durante o curso 2001-2002. 2.2.2 O SERVICIO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Os recursos materiais e humanos do Servicio de Normalización Lingüística (SNL) son fundamentais á hora de executar boa parte das accións que se inclúen neste Plan, e resulta evidente que sen a dotación suficiente de recursos materiais e humanos deste Servicio, o dito Plan non podería ser levado a cabo. O SNL, coma calquera servicio linguístico, traballa en tres áreas funcionais:  Na área de asesoramento desenvólvense basicamente tarefas de corrección e traducción de textos.  Na área de formación lévanse a cabo todas aquelas accións que se consideran convenientes para pular pola capacidade lingüística dos membros da comunidade universitaria, accións que se concretan basicamente na organización de cursos orientados a cada un dos tres colectivos: estudiantado, PDI e PAS  Na área de dinamización inclúense moitas outras actividades que pretenden dinamizar o uso da lingua: desde a organización de campañas de promoción do idioma ata a elaboración e difusión de vocabularios e léxicos de especialidade. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------6------------------ 3 OBXECTIVOS XERAIS 1) Garantir o cumprimento da lei en materia de normalización lingüística, nomeadamente o establecido no Estatuto de Autonomía de Galicia, na Lei de normalización lingüística, nos Estatutos da Universidade, e no Regulamento do uso do galego. 2) Propiciar que o galego sexa lingua normal de comunicación, expresión e traballo da comunidade universitaria. 4 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E MEDIDAS Para os efectos operativos sinalaranse cinco ámbitos de actuación: un primeiro, común, que acolle a todos os membros da comunidade universitaria, e outros tres orientados a cada un dos tres colectivos humanos que compoñen esta institución, isto é: estudiantado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servicios. Por último, un quinto ámbito que se denominará de proxección universitaria, con medidas destinadas a sectores non universitarios pero estreitamente relacionados coa institución. 4.1 Ámbito da comunidade universitaria. 4.1.1 OBXECTIVOS PRINCIPAIS  Potenciar as actitudes positivas da comunidade universitaria cara ó uso normal do galego.  Incrementar a implicación dos membros da comunidade universitaria no proceso de normalización lingüística.  Estimular o uso do galego en todos os ámbitos profesionais universitarios: a docencia, a investigación, a administración, a xestión e os servicios universitarios. 4.1.2 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: 4.1.2.1 Potenciar o uso do galego e as actitudes positivas verbo del. Medidas: 1) Realizar campañas dirixidas a incentivar o uso da lingua galega en tódalas actividades do ámbito universitario contando, na medida do posible, coas outras universidades galegas. 2) Poñer en marcha campañas específicas e puntuais destinadas á extensión do uso da lingua na docencia, na investigación, na xestión administrativa e nos servicios. 3) Difundir entre todos os membros da comunidade universitaria o presente Plan de Normalización Lingüística. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------7------------------ 4) Organizar reunións de traballo nos centros, contando coas comisións de normalización lingüística destes, para debater cómo executar o Plan en cada un, e procurar a maior implicación. 5) Establecer axudas para a elaboración de materiais orientados cara á formación lingüística. 6) Instar a que todas as páxinas web institucionais da USC ofrezan, polo menos, unha versión en galego, facilitando a súa elaboración. 7) Difundir a realidade lingüística de Galicia entre os membros da comunidade universitaria procedentes de ámbitos xeográficos non galegos, por medio de material informativo, cursos e material específico. 4.1.2.2 Promover o coñecemento e o respecto ós dereitos lingüísticos. Medidas: 1) Levar a cabo actividades de difusión de modo que os dereitos lingüísticos sexan coñecidos por todos os membros da comunidade universitaria. 2) Avaliar o grao de cumprimento do Regulamento de uso do galego, e instar, de ser o caso, ó seu cumprimento. 4.1.2.3 Potenciar as comisións de normalización lingüística de cada centro como o mellor sistema para a participación e implicación dos membros da comunidade universitaria no proceso de normalización lingüística. Medidas: 1) Propiciar a creación de comisións de normalización lingüística en todos os centros. 2) Estimular a súa actividade no marco do Plan e en colaboración coa Comisión de Normalización Lingüística do Claustro. 4.1.2.4 Facer uso das novas tecnoloxías para a normalización lingüística. Medidas: 1) Converter o sitio web do Servicio de Normalización Lingüística nunha fonte actualizada de difusión de información e iniciativas relacionadas coa normalización lingüística. 2) Empregar a Rede como elemento dinamizador do uso da lingua galega. 3) Proporcionarlles ós membros da comunidade universitaria correctores ortográficos, software en galego e, en xeral, todos os productos informáticos que contribúan a facilitar o uso normal da lingua galega. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------8------------------ 4) Fomentar a formación a distancia e a autoformación en lingua galega valéndose dos recursos técnicos de que dispón a USC. 5) Potenciar, na medida do posible, a elaboración e/ou traducción ó galego de productos informáticos. 4.2 Ámbito do estudiantado 4.2.1 OBXECTIVOS PRINCIPAIS  Facilitar e/ou mellorar os coñecementos de lingua galega do estudiantado da universidade co obxecto de avanzar no proceso de normalización lingüística, prestando especial atención ós alumnos non galegofalantes.  Consolidar a lingua galega como idioma de uso normal na vida académica.  Facilitarlle ó alumnado a integración no contorno socioeconómico e cultural en que está inmersa a USC. 4.2.2 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 4.2.2.1 Consolidar a competencia lingüística en galego do estudiantado Medidas: 1) Organizar anualmente cursos xerais e/ou específicos de lingua galega que respondan ás necesidades lingüísticas do estudiantado. 2) Ofrecer cursos de lingua galega para non galegofalantes dirixidos preferentemente ós e ás estudiantes que proveñan de fóra da área lingüística galega. 3) Convocar cursos específicos para os diferentes colectivos que se vaian perfilando, coa finalidade de facilitar a adquisición dos rexistros técnico-lingüísticos necesarios para o desenvolvemento normal en lingua galega do seu futuro profesional. 4) Fomentar a formación a distancia e a autoformación en lingua galega valéndose dos recursos técnicos de que dispón a USC. 5) Elaborar e difundir materiais específicos para consolidar a competencia lingüística dos estudiantes. 4.2.2.2 Incentivar a asistencia ás actividades de formación en lingua galega. Medidas: 1) Promover que os cursos de lingua galega computen como créditos de libre configuración para estudiantes que veñen doutros ámbitos educativos distintos do galego, ou se se trata de cursos de alta especialización e non constan no seu expediente académico. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------9------------------ 2) Propiciar o prezo reducido ou, de ser o caso, a gratuidade das actividades de formación en lingua galega. 3) Procurar que os horarios dos cursos faciliten a maior asistencia posible de estudiantes. 4) Implicar ós colectivos profesionais no deseño e desenvolvemento da formación lingüística do estudiantado para favorecer a súa inserción profesional. 4.2.2.3 Promover o emprego da lingua galega nos traballos de investigación realizados polos estudiantes, así como nos traballos de curso e nos exames. Medidas: 1) Convocar anualmente axudas para a realización de traballos de investigación en lingua galega, nomeadamente teses, memorias de licenciatura e proxectos de fin de carreira. 2) Arbitrar medidas para facilitar os coñecementos suficientes de cara á elaboración en lingua galega destes traballos. 3) Fomentar a utilización do galego nos traballos de curso, participación en clase, titorías, exames, etc.; agás as especificidades propias da ensinanza doutras linguas. 4.2.2.4 Facilitar a colaboración e integración dos estudiantes no proceso de normalización lingüística. Medida: 1) Incentivar a participación dos estudiantes nas comisións de normalización lingüística dos centros, como ámbito directo de participación dos membros da comunidade universitaria na extensión do uso da lingua galega. 4.2.2.5 Favorecer o uso da lingua por parte do colectivo estudiantil. Medidas: 1) Difundir os dereitos lingüísticos dos estudiantes. 2) Velar por que non existan discriminacións en razón de lingua. 3) Realizar campañas de extensión do uso da lingua galega dirixidas especialmente a este colectivo. 4) Incentivar o uso do galego por parte das asociacións estudiantís. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------16------------------ 5 ANEXO I: ANALISE DA SITUACIÓN DO GALEGO NA USC Segundo os tres colectivos universitarios, o estado da cuestión, á luz do estudio sobre O idioma na Universidade de Santiago de Compostela, parece poder resumirse do seguinte xeito: 5.1 Alumnado 5.1.1 COMPETENCIA EN GALEGO En xeral moi elevada: o 90,1% pode entender, falar, ler e escribir o galego. Non obstante, a autoavaliación de cada unha das destrezas por niveis baixo, medio e alto amosa algunhas diferencias. Os mellores resultados referidos loxicamente ó nivel máis alto corresponden ás máis pasivas: entender (81,2%) e facilidade para ler (65,1%); pola contra, as que implican un maior grao de actividade presentan porcentaxes menos favorables: soltura para escribir (41,4%), fluidez para falar (39,4%), coñecementos de gramática galega (32,7%) e da terminoloxía propia da súa carreira (18,7%). A competencia en galego tende a ser mellor nos usuarios habituais deste idioma, e nos estudiantes de CC. da Información, Filoloxía, Humanidades e CC. da Educación. Cómpre destacar que o alumnado considérase, en xeral, máis competente en castelán ca en galego. 5.1.2 USO DO GALEGO En conxunto, o galego é a lingua habitual de preto dun tercio do alumnado da USC (30,8%). Sen embargo, nos usos orais aprécianse importantes variacións segundo o idioma dominante en cada ámbito e, sobre todo, segundo a lingua do interlocutor, de xeito que a converxencia con este constitúe o trazo máis salientable do comportamento lingüístico do alumnado. Cun compañeiro galegofalante o emprego do galego supera os dous tercios (66,9%); en cambio, cun castelanfalante descende ó 18,6%. Por estudios, aínda que as diferencias son menores, destacan os estudiantes de Filoloxía, Humanidades, CC. da Información e, en xeral, os das diplomaturas. Os niveis máis baixos corresponden a Farmacia, Medicina, Bioloxía e Física, onde non se acada a quinta parte. Para os castelanfalantes, as razóns principais (85,3%) pola que usan este idioma son o costume, a comodidade e o feito de ser a lingua propia. Os usos escritos amosan porcentaxes moi baixas. Un 20% emprega o galego coa Administración universitaria, e só arredor dun 10% do alumnado o usa para tomar apuntamentos, redactar traballos, exames, etcétera. A variación na escrita segue pautas semellantes á distribución oral. O alumnado di non usar o galego como lingua de ciencia e cultura por non ser a súa lingua habitual (35,5%), un dominio deficiente (11,3%) ou non promovelo o profesorado (10,8%). Sorprende que o 56,1% non chegase a ler 10 libros en galego. Por outra banda, preto dun 60% do alumnado declara ter recibido menos dun 11% de clases en galego. A maior porcentaxe de docencia en galego corresponde a CC. da Información, Filoloxía e CC. da Educación, e a menor a Química, Veterinaria e Farmacia. Ó respecto, o 54% dos estudiantes considera que o número de clases recibidas en galego é insuficiente. Porcentaxe semellante (55,9%) cre que os profesores deberían usar máis o galego. 5.1.3 ACTITUDES LINGÜÍSTICAS En conxunto son moi favorables, tanto cara ó galego coma cara á súa extensión e promoción. Velaí algúns resultados significativos: a maioría está de acordo en que o galego debe de ser a lingua UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------17------------------ habitual na USC; só o 17,5% a rexeita. Tamén lle atribúe cualificacións altas á importancia do galego na USC (76,4%) e ó interese para o seu futuro profesional (62,3%) e algo inferiores á utilidade en xeral do galego (51,4%). Sobre o modelo lingüístico preferido para a docencia na USC, os estudiantes optan maioritariamente polo bilingüe en galego e castelán (42%); o maioritario ou só en galego foi escollido polo 39,3%. O 79,5% dos entrevistados estaría disposto a recibir máis clases en galego. De poder elixir entre unha clase en galego ou en castelán da mesma materia e profesor, o 45,9% optaría polo primeiro idioma e o 54,1%, polo castelán. Case a metade (47,3%) opina que a USC debería ofrecer cursos de lingua galega, sobre todo científico-técnicos de cada especialidade (41,6%). Por último o alumnado, aínda que entende que o grao de galeguización da USC debería ser máis alto, avalía positivamente as accións que está desenvolvendo a USC a prol do galego: só un 17,1% as considera negativas. En síntese, respecto ó estudio de 19883 sobre a antiga USC, malia as comparanzas seren sempre relativas, apréciase no alumnado unha notoria mellora en competencia (+28,4 puntos), uso cos compañeiros (+12,1 puntos) e actitudes (o galego, lingua da USC +12,4 puntos; preferencia polo galego para clases +10,6 puntos). 5.2 Persoal de Administración e Servicios 5.2.1 COMPETENCIA EN GALEGO Tres cuartas partes do PAS (75,5%) poden entender, falar, ler e escribir en galego. Como ocorre no alumnado, este colectivo presenta diferencias polo nivel máis alto de dominio de cada unha das destrezas. Os resultados son superiores nas pasivas contra as activas. O 74,8% declara ter unha alta competencia para entender a fala e o 55,2% boa facilidade lectora. Pola contra, o 44,1% pode falar o galego fluidamente, o 25,7% cre que posúe unha boa soltura para escribir; o 24,2% un alto coñecemento da terminoloxía propia do seu labor e só un 17,1% un elevado dominio da gramática do galego. Cómpre indicar que estas capacidades tenden a ser mellores nos que falan habitualmente en galego, nos homes, en quen posúe maior nivel de estudios, no PAS máis novo e no que acadou maior titulación. Tamén existen diferencias significativas a prol do galego escrito naquel persoal que realizou cursos de perfeccionamento en lingua galega. En xeral, as competencias tenden a ser peores en galego que en castelán. 5.2.2 USO DO GALEGO A diferencia do alumnado, a distribución da lingua habitual do PAS tende a ser máis equitativa. O 54,6% fala habitualmente en galego; o 45% en castelán. Os usos orais amosan considerables diferencias segundo os factores sociolingüísticos: o galego tende a aumentar coa maior procedencia rural, ó descender na escala profesional, co menor grao de estudios e coa maior consideración da lingua como elemento de indentidade. Tamén é superior nos homes, nos grupos dos extremos da escala de idade (menores de 30 e maiores de 50) e no PAS destinado nos centros docentes. Sen embargo, o trazo máis relevante, como ocorre no alumnado, é o alto índice de converxencia coa lingua do interlocutor: cun compañeiro galegofalante o uso do galego acada o 86,5%; cun castelanfalante redúcese ó 30%. Referido á atención ó público, os resultados son semellantes: 91% co galegofalante, 28,3% co castelanfalante. Non se aprecian diferencias significativas por continuo 3 Véxase Rodríguez Neira e López Martínez, 1988, O galego na universidade. Consello da Cultura Galega.Santiago de Compostela. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------18------------------ superior / subordinado. Quen non usa o galego no traballo declara que é por non ser a súa lingua habitual (42,1%) ou por deficiencias no dominio (26,2%). En cambio, o uso escrito en galego é moito máis elevado: O 77% redacta os documentos internos da USC en galego e o 11,9% nas dúas linguas. 5.2.3 ACTITUDES LINGÜÍSTICAS Son, en xeral, moi favorables. O 87,1% considera bastante ou moi importante a cuestión da lingua na universidade e o 77,7% atribúelle a mesma importancia para o exercicio da súa profesión. Sobre os modelos lingüísticos preferidos para a USC, o 73,1% está de acordo en que o galego debe ser a lingua habitual desta universidade. Verbo da administración, dous tercios (66,4%) optan maioritariamente ou só polo galego; o outro tercio (32,4%) polas dúas linguas. O PAS demanda materiais en galego e cursos de linguaxe administrativa, iniciación, perfeccionamento e reciclaxe. O 87% estaría disposto a asistir a eles. Cómpre destacar tamén que o PAS avalía moi favorablemente as accións da USC a prol do galego. Só o 9,1% amosa unha estimación negativa. Respecto ó citado estudio de 1988, se ben a comparanza é moito máis arriscada polos profundos cambios experimentados na estructura universitaria galega, convén destacar, a modo de indicio, unha considerable mellora en calquera dos tres parámetros: a competencia en 27,2 puntos; o uso habitual en 13,8 puntos (37 nos documentos internos) e as actitudes cara á preferencia polo galego como lingua habitual da USC en 12,7 puntos. 5.3 Persoal docente e investigador 5.3.1 COMPETENCIA EN GALEGO Algo máis da metade dos profesores (52,2%) pode entender, falar, ler e escribir o galego. Esta porcentaxe, a máis baixa dos tres estamentos, é 37,9 puntos inferior á do alumnado e 23,3 á do PAS. O coñecemento do galego tende a ser mellor no profesorado nado no rural, no máis novo — sobre todo nos menores de 30 anos— , no das categorías baixas da escala profesional (axudantes e asociados), nos que consideran a lingua como elemento de identidade e nos homes. Por centros, destaca a adscrición ós niveis máis altos da competencia en CC. da Información, CC. da Educación e en xeral nos que imparten diplomaturas; pola contra, os máis baixos corresponden a Farmacia, E. Politécnica, Química e Veterinaria. Tamén neste colectivo existen diferencias segundo o tipo de destreza. As pasivas adoitan ser mellores que as activas (en ambos os casos referidas ó nivel máis alto): comprensión oral, 79,2% e facilidade para ler, 54,9%; contra o 41,2% na fluidez ó falar, 26,6% no coñecemento da terminoloxía propia da área, 19,3% na soltura para escribir e só 14,1% no dominio da gramática do galego. O dominio do galego escrito adoita mellorar naqueles profesores que realizaron cursos de perfeccionamento neste idioma. En xeral, a competencia tende a ser menor en galego ca en castelán. 5.3.2 USO DO GALEGO De novo, os docentes amosan a porcentaxe máis baixa (21,9%) de uso do galego, 32,7 puntos menor que no PAS e 8,9 puntos que no alumnado. Esta lingua tende a unha maior presencia nos profesores nados no rural, nos que consideran a lingua como un elemento de identidade e nos homes. Por centros mantense a tendencia dominante na USC: CC. da Información, Filoloxía, Económicas e en xeral os que imparten diplomaturas; Veterinaria, Medicina e Farmacia ocupan o UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Plan de normalización lingüística 23/01/a ----------------19------------------ outro extremo da escala. De modo semellante ós outros estamentos, a lingua do interlocutor introduce variacións moi fortes no uso: cun compañeiro galegofalante o emprego do galego supera os dous tercios (66,5%); en cambio cun castelanfalante diminúe ata o 11,8%. Cos estudiantes o uso presenta diferencias parecidas. O profesorado castelanfalante declara falar esta lingua polo costume ou comodidade (42,9%), por ser a súa lingua habitual (31%) ou por incompetencia en galego (14,2%). Menos da quinta parte do profesorado (18,9%) explica en galego, se ben o uso desta lingua tende a incrementarse nas reunións de departamento (25,7%), Xuntas de Centro (28%), co persoal do negociado (37%) e cos conserxes (46,5%). No uso docente, a presencia do galego é maior entre os homes, e por centros destaca en CC. da Información, CC. da Educación, Económicas e Maxisterio; os índices significativamente máis baixos corresponden a Veterinaria, Medicina, Farmacia e Bioloxía. Respecto ós usos escritos en galego, o administrativo supera un tercio (33,9%); a redacción dos programas das materias acada o 20% e a dos exames o 16,4%. O emprego na investigación é máis baixo: traballos de investigación, 5,8% e publicacións, 4,3%. Os profesores din non usar o galego como lingua de ciencia e cultura, sobre todo, por non ser a súa lingua habitual (26,8%) ou non dominala axeitadamente. Os demais motivos son de moi distinta natureza. Máis da metade (55,1%) dos profesores non supera os 20 libros lidos en galego. 5.3.3 ACTITUDES LINGÜÍSTICAS A pesar de que neste estamento se rexistran valoracións máis baixas que nos outros dous, as actitudes cara ó galego son favorables. Case os dous tercios do profesorado (65,5%; 10,9 puntos menos que no alumnado e 21,6 que no PAS) considera que a cuestión da lingua na USC é bastante ou moi importante. Así mesmo, só preto dun tercio dos docentes (33,7%) entende que o galego carece de importancia para o seu exercicio profesional. Distribución semellante ofrece a avaliación da utilidade: só o 31% dos entrevistados lle atribúe un baixo grao de utilidade ó galego no mundo de hoxe. Verbo dos modelos preferidos para a USC, o 42,5% está bastante ou moi de acordo en que o galego debe ser a lingua habitual da USC, só o 18,5% rexeita esta proposta. Como ocorre no alumnado, o modelo lingüístico elixido maioritariamente para a docencia é o bilingüe galegocastelán (56,6%; 14,6 puntos máis que naquel colectivo); o 31,1% propón unha docencia en galego. A disposición a dar as clases en galego amosa, tamén, un reparto bastante equitativo: o 47% dos que responderon maniféstase favorable a esta idea; sen embargo, é significativo que case a cuarta parte da mostra (24,27%) non contestase a correspondente pregunta. Por outra banda, máis de dous tercios (67,8%) están de acordo en que a USC debe destinar recursos para normalizar o uso do galego, porcentaxe inferior en 18,2 puntos á do PAS. O profesorado tamén demanda servicios lingüísticos: Unha terceira parte (33,1%), cursos de lingua de iniciación, perfeccionamento e científico-técnico, outro tercio (31,8%), de corrección e traducción; e o 21,9% materiais de apoio. Máis da metade (57%), asistiría ós citados cursos. Por último, o 16,6% dos profesores maniféstase en desacordo coa actuación da USC no ámbito da lingua. O cotexo co devandito estudio de 1988 posúe só validez de indicio, dadas as fondas transformacións que ocorreron na universidade galega desde aquela data. Non obstante, pódese afirmar que os resultados do estamento docente son substancialmente mellores que daquela na competencia (8,4 puntos), e semellantes nos usos e nas actitudes.