Resolución reitoral pola que se establece o réxime transitorio para a nova Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS).
Full text
RESOLUCIÓN REITORAL POLA QUE SE ESTABLECE O RÉXIME TRANSITORIO PARA A NOVA ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA USC (EDIUS). Unha vez publicado o Decreto 118/2019, do 19 de setembro, polo que se crea na Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) e se suprime a Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, a Escola de Doutoramento Internacional Campus Terra, a Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias da Saúde e a Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias e Tecnoloxía, creadas polo Decreto 91/2017, do 21 de setembro no que se autoriza á USC á creación da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), e tendo en conta que o Acordo de creación da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e de supresión da das catros Escolas creadas polo Decreto 91/2017 (Consello de Goberno do 29 de xullo de 2019), establece que debe ser o Consello de Goberno o que aprobe o réxime transitorio da nova Escola, é necesario ditar unha norma que regule a actuación en materia de doutoramento ata que se aprobe o citado réxime transitorio e se constitúan estes órganos. Dado que existen procedementos administrativos abertos nos que é necesario adoptar acordos de forma urxente, faise preciso establecer un réxime especial en tanto o Consello de Goberno non determine o réxime transitorio e se constitúan os seus órganos. Por todo o anterior esta Reitoría, RESOLVE: PRIMEIRO.- En tanto non se aprobe o réxime transitorio da EDIUS e se constitúan os órganos de goberno temporais, continuarán exercendo as competencias de informe e resolución para os procedementos abertos os órganos da anterior organización dos estudos de doutoramento, e dicir, os órganos do CIEDUS e das catro Escolas creadas no Decreto 91/2017. SEGUNDO.- Durante este período a dirección do EDIUS será asumida provisionalmente polo Director do CIEDUS. TERCEIRA.- Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Taboleiro Electrónico da USC e estará vixente ata a data de constitución dos órganos transitorios. O Reitor Antonio López Díaz Documento firmado digitalmente conforme a la Ley 39/2015 de 1 de octubre, del procedemento administrativo común de las administracións públicas (BOE nº 236 del 2 de octubre de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/E556-74C5-4F68-9BF9 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: E556-74C5-4F68-9BF9 1 / 2
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10/10/2019 16:17:38. CSV: E556-74C5-4F68-9BF9 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/E556-74C5-4F68-9BF9 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: E556-74C5-4F68-9BF9 2 / 2