Full text
Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Veterinaria Ciencias Fundamentais Elvira A. Díaz Vizcaíno Departamento de Botánica Facultade de Veterinaria 4 Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas 9788498 877427 ISBN 978-84-9887-742-7
Morfoloxía e bioloxía UHSURGXWLYDGDVSODQWDV 4 Elvira A. Díaz Vizcaíno Departamento de Botánica Facultade de Veterinaria
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2011 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 2219-2011 ISBN 978-84-9887-742-7
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas - 3 MATERIA: Ciencias Fundamentais TITULACIÓN: Grao en Veterinaria PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Programa de Ciencias Fundamentais M Mó ód du ul lo o 1 1: : Z ZO OO OL LO OX XÍ ÍA A Unidade I. Zooloxía: aspectos xerais Morfoloxía, bionomía e sistemática dos animais de interese veterinario. Filoxenia, sistemática e concepto de especie. Reino Protoctista: os protozoos. Reino Animalia. Modelos de organización. Tipos de simetría e cavidades corporais. Unidade II. Zooloxía: diversidade animal Estudo dos taxons máis relevantes. Fauna silvestre galega. Módulo 2: BOTÁNICA Unidade III. Botánica: Principais grupos de organismos. Dominios e Reinos: Protistas, Fungos e Plantas. Características xerais e clasificación. Unidade IV. Botánica: Morfoloxía externa e Bioloxía reprodutiva das Plantas. Plantas sen semente. Plantas con semente: Ximnospermas e Anxiospermas, características xerais e clasificación, estudo dos taxons de interese veterinario. Módulo 3: QUÍMICA Equilibrio ácido-base. Ácidos e bases segundo Arhenius e segundo Brönsted-Lorry. Pares conxugados ácido-base. Equilibrio de autoionización e produto iónico da auga. Fortaleza dos ácidos e das bases. Constante de acidez-basicidad. Grao de disociación. Constantes de ionización de pares conxugados. Propiedades ácido-base das sales. Ácidos polipróticos. Desprazamentos do equilibrio. Disolucións reguladoras. Curvas de valoración ácidobase. Indicadores ácido-base. Módulo 4: FÍSICA Nocións de Biomecánica. Bases físicas do funcionamento do sistema circulatorio dos mamíferos. Nocións de Termodinámica Biolóxica. Electricidade e sistema nervioso. Física da vista e do oído.
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas - 5 ÍNDICE Presentación ............................................................................................................ 7 Os obxectivos .......................................................................................................... 7 A metodoloxía .......................................................................................................... 7 Os contidos .............................................................................................................. 8 1. Briófitos ..................................................................................................... 9 1.1 Musgos .................................................................................... 10 2. Plantas vasculares sen semente ............................................................ 11 2.1. Pteridófitos .............................................................................. 11 3. Plantas vasculares con semente ............................................................ 12 3.1 Ximnospermas ......................................................................... 14 3.1.1. Pinophyta ................................................................ 15 3.2 Anxiospermas .......................................................................... 17 3.2.1. Clasificación ............................................................ 18 3.2.1.1 Poaceae ............................................................. 20 3.2.1.2 Fabaceae ............................................................ 21 3.2.1.3 Rosaceae ........................................................... 22 3.2.1.4 Brassicaceae ...................................................... 23 . Actividades propostas .......................................................................................... 24 Avaliación da UD ................................................................................................... 25 Bibliografía ............................................................................................................. 26
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas - 7 PRESENTACIÓN As plantas son seres vivos cunhas particularidades morfolóxicas e biolóxicas polas que se inclúen no Reino Plantas. Forman parte da nosa vida cotiá (alimentos, bebidas, menciñas, materias primas como a madeira, papel, combustíbeis fósiles, entre outros), resultando indispensábeis para a vida animal e humana en particular. Son a principal fonte de fotosíntese na Terra (outros seres vivos fotosintetizadores como as algas, xunto coas bacterias fotosintetizadoras, o son en medios acuáticos), sustentando a vida xa que producen case todo o oxíxeno, achegan a enerxía nas cadeas tróficas e os compostos da construción da vida. As características morfolóxicas e reprodutivas das plantas reflicten unha progresiva mellora no proceso de adaptación e colonización do medio terrestre. Os brións atópanse entre as primeiras plantas que evolucionaron a partir de antepasados relacionados coas algas verdes. A grande maioría das plantas son plantas vasculares, que evolucionaron case no mesmo momento que os brións. Entre as plantas vasculares, os fentos non presentan sementes, e as ximnospermas e anxiospermas si. A maioría das plantas actuais posúen flores e sementes protexidas en froitos. Na Unidade Didáctica Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas preténdese amosar as bases do progreso evolutivo e diversidade das mesmas, con especial referencia ás de interese veterinario. A Unidade Didáctica desenvolverase en 3 horas de clases teóricas, 4,5 horas de prácticas, e media hora de titorías. OS OBXECTIVOS Ó finalizar a realización da unidade didáctica, o alumnado será capaz de. x Coñecer as características e diversidade das plantas. x Analizar e interpretar as características morfolóxicas e reprodutivas básicas dunha planta. x Comprender que a diversidade e a bioloxía das plantas garda relación coa súa importancia como seres vivos, e co seu interese veterinario. OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS Os contidos teóricos desenvolveranse en clases maxistrais, tres sesións dunha hora de duración, na aula en grupo completo. Utilizaranse presentacións para apoiar as explicacións e facilitar a comprensión por parte do alumnado, que serán facilitadas na USC virtual. Os contidos teóricos completaranse con tres clases prácticas dunha hora e media de duración, desenvolvidas no laboratorio en grupos reducidos (15-20 alumnos), tratando na medida do posible (organización docente por parte do Centro e dotación de equipamento de laboratorio por parte da área de Botánica)
14 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas 3.1 Ximnospermas Son plantas vasculares con sementes de porte leñoso con crecemento secundario en grosor, polo que o seu crecemento require moita enerxía e materia, e o seu ciclo vital é lento, resultando plantas pouco adaptadas para a colonización de novos ambientes; estas poderían ser as causas do seu declive a partires do Cretáceo. As ximnospermas de hoxe en día, menos de 1000 especies, son todas similares, leñosas e con sementes non protexidas, pero non están relacionadas filoxeneticamente, polo que representan liñas evolutivas distintas, e clasifícanse en catro divisións: Cycadophyta, Gynkgophyta, Pinophyta e Gnetophyta (Figura 6). Figura 5. Comparación das relacións gametófito-esporófito nas plantas sen semente e nas plantas con semente.
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas - 15 3.1.1 Pinophyta As Pinophyta, tamén chamadas Coniferophyta ou coníferas, son o grupo máis importante e coñecido de ximnospermas. Foron abundantes no Mesozoico e comezaron a diminuír no Cretáceo; hoxe en día continúan a ser abundantes en rexións húmidas e frías, onde forman bosques de grande importancia económica e ecolóxica, como a taiga. Son plantas leñosas, a maioría con follas perennes aciculares, longas e delgadas, resistentes e coriáceas. Case todas son monoicas, xa que presentan as estruturas reprodutoras masculina e feminina, os estróbilos ou conos, na mesma planta. O xénero Pinus é o máis numeroso, con case 100 especies. O piñeiro é un esporófito maduro heterospóreo e polo tanto produce esporas en conos diferentes (Figura 7). Os conos masculinos ou conos de pole, de pequeno tamaño, están formados por escamas ou esporófilos que levan esporanxios (microesporanxios ou sacos polínicos). Os conos femininos, ou conos de sementes, de tamaño maior, tamén están formados por escamas ou esporófilos e cada unha delas leva dous esporanxios (macroesporanxios ou megaesporanxios). Figura 6. Evolución das ximnospermas
16 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas Nos microesporanxios fórmanse por meiose as microesporas, as que forman os gametófitos masculinos dispersados nos grans de pole. Nos macroesporanxios fórmanse, tamén por meiose, as macroesporas, unha das cales desenvolve un gametófito feminino en cuxo arquegonio se forma un gameto feminino ou oosfera. A polinización, traslado dos graos de pole ata os conos femininos ocorre en primavera, e resulta facilitada polo vento. Cando un grao de pole se deposita sobre o cono feminino desenvolve o gametófito masculino ou tobo polínico, no que se forman dúas células espermáticas, unha das cales se fusionará coa oosfera para formar un cigoto, que se converte nun pequeno embrión dentro da semente. Todo este proceso reprodutivo dende a formación dos conos femininos ata a maduración das sementes transcorre ó longo do tempo, que pode ser un ano ou máis. No ciclo vital do piñeiro apréciase unha alternancia de xeracións, o esporófito é dominante, e o gametófito ten un tamaño moi pequeno (microscópico), dependendo totalmente do esporófito para nutrirse. O gametófito feminino produce arquegonios, pero o masculino non produce anteridios. Ademais, unha importante adaptación é a eliminación da necesidade de auga como medio de transporte na reprodución. Todas estas características indican que os piñeiros e outras coníferas son plantas cunha reprodución ben adaptada á vida terrestre. Fi g ura 7. Ciclo vital do p iñeiro.
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas - 17 3.2 Anxiospermas As anxiospermas son o grupo de plantas terrestres máis importante, con máis de 300.000 especies amosan unha ampla variedade de tamaños e formas, sendo as plantas dominantes no planeta. A súa orixe é no Cretáceo, hai máis de 130 millóns de anos, diversificándose rapidamente. Son plantas vasculares que se reproducen de forma sexual formando flores e sementes, que se orixinan tras un proceso único de dobre fecundación, incluídas dentro dun froito. As flores son brotes reprodutivos nos que tipicamente se observan catro tipos de pezas dispostas en verticilos: sépalos (cáliz), pétalos (corola), estames (androceo) e carpelos (xineceo) dispostos sobre unha base floral ou receptáculo (Figura 8). As catro partes florais son importantes na reprodución, pero os gametos só se forman nos estames e nos carpelos. Presentan grande variabilidade na súa disposición, forma, cor, número etc., relacionada sobre todo con diferentes modos de transporte do pole (polinización) e cos mecanismos de dispersión de froitos e sementes. As anxiospermas presentan ciclos de vida con alternancia de xeracións nas que o esporófito é tamén a xeración dominante, mentres que o gametófito é microscópico e depende do esporófito para nutrirse. Como as ximnospermas e outras plantas vasculares, son heterospóricas (producen microesporas e macroesporas). A reprodución sexual ten lugar na flor (Figura 9). No ovario localízanse os primordios ou óvulos, que conteñen un megasporanxio, no que por meiose se forman megasporas; unha delas divídese para formar un gametófito feminino ou saco embrionario. Este gametófito contén, entre outras células, unha oosfera e dous núcleos polares. Figura 8. Esquema dunha flor. Hipótese sobre a evolución dos estames e dos carpelos. a) Evolución dos estames a) Evolución dos carpelos Xineceo a) Evolución dos estames a) Evolución dos carpelos Xineceo
18 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas Nos estames localízanse os sacos polínicos ou microesporanxios, nos que por meiose se forman as microesporas; cada unha delas se transforma nun gametófito inmaturo ou gran de pole. Os grans de pole son transportados polo vento, a auga, os insectos ou outros animais polinizadores, ata o estigma dunha flor, formando o gametófito masculino maduro, cun tubo polínico que avanza polo estilo ata o ovario. O proceso de fecundación ten unha particularidade que non se observa noutras plantas, xa que é un proceso dobre posto que as dúas células espermáticas do gametófito masculino participan na fecundación. Unha delas fusiónase coa oosfera, formando un cigoto que dará lugar a un embrión. A outra fusiónase cos dous núcleos polares formando unha célula tripoide que se dividirá formando o endosperma, un tecido nutritivo que alimenta ó embrión. Como resultado da dobre fecundación, e do crecemento posterior, cada semente contén o embrión dunha nova planta e o tecido nutritivo (endosperma), rodeados dun tegumento protector. Ademais, a parede do ovario modifícase converténdose nun froito. 3.2.1 Clasificación de Anxiospermas. Familias de interese veterinario Os estudos filoxenéticos indican que as anxiospermas constitúen unha única liña evolutiva (grupo monofilético). A nivel taxonómico se agrupan na División Magnoliophyta. Fi g ura 9. Ciclo vital dunha anxios p erma.
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas - 19 As relacións entre os distintos grupos de anxiospermas non están completamente establecidas. A análise de carácteres morfolóxicos, químicos, xenéticos, anatómicos, fisiolóxicos e moleculares contribúe a elaborar unha sistemática fundamentada deste grupo. O sistema de clasificación APG III (do inglés Angiosperm Phylogeny Group, “grupo para a filoxenia das anxiospermas”), é a última versión do sistema de clasificación das anxiospermas con criterios filoxenéticos. Está baseado en: x Datos moleculares (secuencias de ADN do núcleo celular, da mitocondria e do cloroplasto) x Análise filoxenética, amosando as evidencias de acontecementos únicos na historia evolutiva das plantas Este sistema abarca categorías taxonómicas de especies e ordes; sen categorizar os taxons por enriba de orde, que se denominan aínda con nomes non suxeitos ó Código Internacional de Nomenclatura Botánica, polo que é máis apropiado chamarlles clados. Segundo a clasificación proposta, a primeira dicotomía separou as protoanxiospermas (anxiospermas basais) das euanxiospermas (Figura 10). As protoanxiospermas son un conxunto de linaxes con carácteres arcaicos, presentando os carpelos parcialmente fusionados (anxiospermia imperfecta). As euanxiospermas son o resto das anxiospermas, con carpelos completamente pechados; presentando dous grandes grupos: x As euanxiospermas con pole monoaperturado, entre as que se inclúen as dicotiledóneas primitivas e as monocotiledóneas. Figura 10. Diagrama simplificado que ilustra a árbore filoxenética das anxiospermas. Baseado en APG III.
20 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas x As euanxiospermas con pole triaperturado, verdadeiras dicotiledóneas, entre as que se inclúen as dicotiledóneas arcaicas, as dicotiledóneas atípicas, as rósidas e as astéridas. Entre estes grupos, as Monocotiledóneas presentan grans de pole monoaperturados, flores con verticilos trímeros e sementes cun cotiledón. Entre elas, as Commelínidas presentan o perianto diferenciado ou reducido, con familias adaptadas á polinización polo aire (anemofilia), destacando entre elas as gramíneas (Poaceae). 3.2.1.1 Poaceae As Poaceae son unhas 9000 especies de distribución cosmpolita herbáceas anuais ou perennes, estas últimas con frecuencia rizomatosas ou estolonífereas; cun caule de nós marcados e entrenós longos e ocos. As follas, con disposición alterna presentan, unha vaíña que rodea ó caule, unha lámina con nervación paralela, e unha lígula entre ambas. As flores son pouco vistosas, polinízanse polo vento, e preséntanse agrupadas en inflorescencias chamadas espículas. O froito (cariópside) é seco monospermo e indehiscente (Figura 11). De interese son numerosas plantas cultivadas para a alimentación humana e animal, os cereais como o trigo (Triticum sp.), a cebada (Hordeum vulgare), a avea (Avena sp.), o centeo (Secale cereale), o arroz (Oryza sativa), e o millo (Zea mays); as pratenses ballico (Lolium perenne), herba de Vigo (Lolium multiflorum), dactilo (Dactylis glomerata), holco (Holcus mollis) e festuca (Festuca sp.); así como a cana de azucre (Saccharum officinale), entre outras (Figura 12). Figura 11. Familia Poaceae. Características morfolóxicas e inflorescencia básica (espícula).
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas - 21 As Eudicotiledóneas son a maioría das anxiospermas (170.000 especies), que presentan grans de pole triaperturados en flores con verticilos pentámeros. Entre elas, as Rósidas presentan o perianto claramente diferenciado, e son dialipétalas. Entre as familias de interese veterinario, destacan neste clado as Fabaceae, Rosaceae e Brassicaceae. 3.2.1.2. Fabaceae As Fabaceae ou Leguminosae son unhas 19000 especies de grande importancia como alimento humano e animal, así como polo seu uso farmacéutico, ornamental e paisaxístico, e tamén por presentaren nas raíces nódulos con bacterias fixadoras de nitróxeno. Presentan follas alternas e divididas (compostas) con estípulas, e flores con frecuencia zigomorfas cun xineceo monocarpelar (Figura 13). O froito é unha legume. Entre as especies de interese destacan leguminosas de gran como o chícharo de raposo (Lupinus luteus), o garavanzo (Cicer arietinum), o chícharo (Pisum sativum), a faba loba (Vicia faba), a lentella (Lens sculenta), a faba ou feixón (Phaseolus vulgaris); e leguminosas forraxeiras como o trevo branco (Trifolium repens), o trevo violeta (Trifolium pratense) e a alfalfa (Medicago sativa). Fi g ura 12.Familia Poaceae. Es p ecies de interese.
22 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas 3.2.1.3. Rosaceae As Rosaceae son unhas 3500 especies de distribución cosmopolita, a maioría leñosas, con interese polos seus froitos, ou como ornamentais. Con follas alternas, simples ou compostas, estipuladas, ás veces con ramas espiñentas. As flores son regulares e bisexuais, o androceo con numerosos estames e o xineceo con numerosos carpelos. Os froitos son moi variados, secos ou carnosos (aquenio, folículo, drupa, pomo) (Figura 14). Figura 13. Familia Fabaceae. Características morfolóxicas e especie representativa (trevo pratense).
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas - 23 Entre as especies de interese, presentan froitos formados a partir de xineceos con numerosos carpelos libres os amorodos (Fragaria), framboseiros e silveiras (Rubus), así como as roseiras (Rosa); con froitos de tipo drupa a cerdeira (Prunus avium), a ameixeira (Prunus domestica), o pexegueiro (Prunus persica) e o abruñeiro (Prunus spinosa); e con froitos de tipo pomo a pereira (Pyrus communis), a maceira (Malus sylvestris) e a nespereira (Mespilus germanica). 3.2.1.4 Brassicaceae As Brassicaceae son unhas 4000 especies de distribución cosmopolita, especialmente abundantes nas rexións temperás do planeta, especialmente na Figura 14. Familia Rosaceae. Características morfolóxicas e diferentes tipos de froitos (polidrupa, drupa, cinorrodon, eterio, pomo).