scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Un breve percorrido sobre a evolución histórica do concepto de función

Casas Fontán, Ángela

Abstract

[GL] Un breve percorrido sobre a evolución histórica do concepto de función trata sobre os diferentes momentos históricos polos que este concepto atravesa e como evoluciona segundo as diferentes necesidades ás que os matemáticos se van enfrentando. Este percorrido comeza hai 4000 anos, momento no que temos constancia das primeiras anticipacións ao concepto da man da civilización babilónica. A seguinte parada é Grecia, onde matemáticos como Euclides e demais xeómetras gardan, sen sabelo, o concepto de función dentro das súas denominadas proporcións. O seguinte paso que damos é a causalidade pola que o concepto emerxe na primeira metade do século XVIII. Esta causalidade pode resumirse en principalmente dúas vertentes: o interese polo movemento e a invención da xeometría analítica. Unha vez xerado, o concepto atravesa un período de cambio constante debido ás diferentes necesidades prácticas que xurden ao longo da segunda metade do século XVIII e a primeira do XIX. Problemas como o da corda vibrante ou a condución da calor poñen ao concepto no punto de mira, á espera de ser desenvolvido. É no século XIX cando o concepto, logo de ir adquirindo diferentes visións ao longo da súa evolución como son a xeométrica ou a analítica, se establece e estabiliza definitivamente. Así, no concepto de función termina por primar a visión de correspondecia inequívoca entre variables sobre as anteriormente citadas. Neste traballo resulta moi curioso como as diferentes definicións que aparecen do termo son superficialmente semellantes, mais toda a contextualización que hai detrás delas fai que as ideas que esconden nada teñan que ver as unhas coas outras. Tamén é de grande interese o papel que algunhas funcións concretas xogaron no desenvolvemento. Por este motivo adicarase un espacio ao acontecido e debatido sobre algunha destas funcións, como é o caso da función de Dirichlet e algunhas máis que se manterán en secredo polo momento.

Full text

Traballo Fin de Grao Un breve percorrido sobre a evolución histórica do concepto de función Ángela Casas Fontán 2018/2019 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA GRAO DE MATEMÁTICAS Traballo Fin de Grao Un breve percorrido sobre a evolución histórica do concepto de función Ángela Casas Fontán Xullo, 2019 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Traballo proposto Área de Coñecemento: Análise Matemática Título: Un breve percorrido sobre a evolución histórica do concepto de función Breve descrición do contido O concepto de función é, sen dúbida, un dos máis importantes das matemáticas, así como, tamén, un dos máis difíciles de aprehender. O obxecto deste traballo, cunha forte compoñente histórica, é trazar a evolución deste concepto, deténdose especialmente nalgúns momentos históricos relevantes nesta evolución e prestando tamén atención a algunhas funcións signicativas. Recomendacións Outras observacións iii Índice xeral Resumo vii Introdución ix 1. "Prehistoria" do concepto 1 1.1. Matemática prehelénica . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1 1.2. Matemáticahelénica............................... 2 1.3. IdadeModerna .................................. 3 2. Historia do concepto 5 2.1. Nacemento e primeiros pasos no concepto . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5 2.2. Problemas prácticos clave para o seu desenvolvemento . . . . . . . . . . . . 7 2.2.1. Acordavibrante............................. 7 2.2.2. O problema da condución da calor: as series de Fourier . . . . . . . . 10 2.3. Dirichlet e as funcións patolóxicas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12 2.3.1. Funcións analíticamente representables . . . . . . . . . . . . . . . . . 15 2.3.2. Pequeno comentario concluínte sobre a estabilización do concepto de función .................................. 17 3. Exemplos de funcións signicativas ao longo da Historia 19 3.1. Orixes históricas dalgunhas funcións elementais . . . . . . . . . . . . . . . . 19 3.2. AfunciónGamma ................................ 22 3.3. AfuncióndeDirichlet .............................. 23 3.4. A función de Weierstrass . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 24 3.5. AfuncióndeThomae .............................. 27 3.6. AfuncióndeCantor ............................... 29 Bibliografía 37 v Resumo Un breve percorrido sobre a evolución histórica do concepto de función trata sobre os diferentes momentos históricos polos que este concepto atravesa e como evoluciona segundo as diferentes necesidades ás que os matemáticos se van enfrentando. Este percorrido comeza hai 4000 anos, momento no que temos constancia das primeiras anticipacións ao concepto da man da civilización babilónica. A seguinte parada é Grecia, onde matemáticos como Euclides e demais xeómetras gardan, sen sabelo, o concepto de función dentro das súas denominadas proporcións. O seguinte paso que damos é a causalidade pola que o concepto emerxe na primeira metade do século XVIII. Esta causalidade pode resumirse en principalmente dúas vertentes: o interese polo movemento e a invención da xeometría analítica. Unha vez xerado, o concepto atravesa un período de cambio constante debido ás diferentes necesidades prácticas que xurden ao longo da segunda metade do século XVIII e a primeira do XIX. Problemas como o da corda vibrante ou a condución da calor poñen ao concepto no punto de mira, á espera de ser desenvolvido. É no século XIX cando o concepto, logo de ir adquirindo diferentes visións ao longo da súa evolución como son a xeométrica ou a analítica, se establece e estabiliza denitivamente. Así, no concepto de función termina por primar a visión de correspondecia inequívoca entre variables sobre as anteriormente citadas. Neste traballo resulta moi curioso como as diferentes denicións que aparecen do termo son supercialmente semellantes, mais toda a contextualización que hai detrás delas fai que as ideas que esconden nada teñan que ver as unhas coas outras. Tamén é de grande interese o papel que algunhas funcións concretas xogaron no desenvolvemento. Por este motivo adicarase un espacio ao acontecido e debatido sobre algunha destas funcións, como é o caso da función de Dirichlet e algunhas máis que se manterán en secredo polo momento. vii 2 CAPÍTULO 1. "PREHISTORIA" DO CONCEPTO Figura 1.1: Exemplos de táboas babilónicas do ceo e acostumaban a recoller, en táboas tamén, as observacións que facían para así logo poder predicir os fenómenos a vir. Por exemplo, observaban a posición de planetas, astros e outros obxectos astronómicos para poder logo calcular os períodos de visibilidade e posicións destes. 1.2. Matemática helénica Grecia é recoñecida e recordada como berce de saber. En Matemáticas en concreto, a cultura helénica aportou, sobre todo, un inmenso avance no que se rere ao sector xeométrico. Foi nese momento (aproximadamente os 1000 anos que transcorren dende o 500 a.C. ata o 500 d.C. ) onde este experimentou un lugar e importancia sen iguais, e problemas como a cuadratura do cículo ou a duplicación do cubo(que nun primeiro momento pensábase que era un problema plano, isto é, resoluble con regra e compás como se explica en [5], mais logo descubriuse que era sólido) ocuparon as mentes dos grandes lósofos da época como Arquímedes (285-212 a.C. ), Anaxágoras (510-429 a.C. ), Menecmo (380-320 a.C. ) ou Apolonio (262-190 a.C. ). É precisamente neste tipo de problemas, os xeométricos, nos que nos atopamos outra vez a idea de función; mais de novo nunca de forma explícita, simplemente reexada en táboas de lonxitudes, áreas, volúmenes... Os gregos denominaban a estas claras relacións funcionais as proporcións . Estas vémolas reectidas neste anaco pertencente aos Elementos de Euclides: as áreas dos círculos son unha á outra coma os cadrados dos seus radios". Outro exemplo notable é a proporción (relación) existente entre a lonxitude dunha corda pulsada e o sonido musical que esta producía. Cabe mencionar que neste período tamén xurden, sobre todo da man de Ptolomeo (100- 1.3. IDADE MODERNA 3 170) no seu Almaxesto , os elementos da Trigonometría que serán de enorme importancia en momentos posteriores ao desenvolvemento do concepto de función en si. Ademais, estes elementos trigonométricos como o seno e o coseno, dos que aparecen neste momento xa as primeiras táboas, gardan intrínseca e indiscutiblemente a noción de función. 1.3. Idade Moderna Dende Grecia ata o século XVI, pouco hai que destacar sobre o avance neste concepto. O único resaltable é o resultado en forma de gráco que no século XIV o francés Oresme(1323- 1382), na súa obra Tratactus de latitudinibus formarum , deu a un problema pertencente á corrente denominada latitude das formas , que consistía en, mediante o uso da matemática, resolver problemas físicos. Oresme representou grácamente o movemento uniformemente acelerado, intuíndo así dalgunha forma o que nos vindeiros séculos ía a pasar no desenrolo do noso concepto en cuestión. Mais é realmente nos séculos XVI e XVII onde se dan os factores decisivos para que, no século XVIII, a idea de función comece a ter forma. Un destes factores foi o interés que nese momento xurdiu polo movemento. O interese de Kepler polo movemento planetario ou Galileo polos problemas dinámicos, como o lanzamento parabólico, son claros exemplos do cambio de mentalidade que nesa época estábase a dar. A maior preocupación dos coetáneos da época xa non era a anterior, a da Grecia, a estática, senón que todo apuntaba a unha novo obxectivo: o movemento, o cambiable, variable. Pero sen dúbida, o factor clave foi a invención da xeometría analítica por Descartes (1596-1650) e Fermat (1601-1665). Como se explica en [1] a xeometría analítica, aínda que se lle adoita atribuír a Descartes directamente (así se pode asociar o nome dos eixos desta xeometría), a realidade é que, así como o cálculo compartiu creadores independentes, esta tamén. Isto débese a que, mentres que por parte de Descartes esta saíu publicada en 1637 no apéndice La géometrie , da obra Discours de la methode , Fermat non publicou ata nais dese século a obra na que procesos similares eran detallados, a pesares de telos xa desenvoltos con anterioridade. Ata ese momento, as curvas eran vistas de forma xeométrica. Isto é, as cónicas por exemplo eran vistas como a interxeción dun plano cun cono. A partir deste intre, as curvas pasarían a ser vistas como conxuntos de puntos que teñen en común aspectos analíticos, como sería a vericación dunha expresión analítica (concepto que xa examinaremos con profundidade no próximo capítulo). Foi así como empezou a coller forma a idea de "función" que hoxe en día temos, mais aínda quedaba moito caminõ por percorrer. Nese momento o interese suscitábano 4 CAPÍTULO 1. "PREHISTORIA" DO CONCEPTO en verdade moi poucas curvas, a máis importante do momento a cicloide. Antes de seguir cabe facer un pequeno comentario sobre o termo "curva": cando nas seguintes líneas o empreguemos estaremos a facelo no mesmo senso no que se facía nese tempo, polo que este non ten que cadrar co signicado que a palabra "curva" adquiriu logo e ten actualmente. Mais debido ao desenvolvemento do cálculo innitesimal a nais do século, cada vez xurdían máis e máis ecuacións alxébricas a estudar. De feito, foi Leibniz (1646-1716) quen a nais do século XVII modicou o nome que Descartes lle dera aos dous tipos de curvas do momento. Uns anos antes Descartes nomeou ás curvas que se podían caracterizar cunha expresión polinómica de dúas variables curvas xeométricas, mentres que ás que non podían pórse desta forma pasaban a ser as denominadas curvas mecánicas. Para el, as xeométricas eran as que realmente eran "dignas" de estudar dende o punto de vista xeométrico, dándolle así ás do segundo tipo un carácter pexorativo. En cambio Leibniz veu a estas últimas cun grande interese e deulle o valor que anteriormente Descartes lles negara. Para obviar o mínimo rastro dos aspectos negativos, renomeou aos dous tipos de curvas do seguinte xeito: as curvas xeométricas pasaron a denominarse alxébricas e as mecánicas, trascendentes. Reseñable tamén é o que xa no 1667 o escocés James Gregory (1631-1675) inclúe na súa obra Vera circuli et hyperbole quadrature : unha primeira denición de relación funcional: Dicimos que unha cantidade x está composta doutras cantidades a, b..., se x resulta de a,b..., polas catro regras elementais (suma, resta, produto e división), extracción de raíces ou por calquera operación imaxinable Así, xa acabamos o século XVII coa idea de relación funcional na cabeza e cun crecemento exponencial de curvas con expresións analíticas, momento idóneo para o verdadeiro comezo e posterior desenrolo do concepto de función, que trataremos no seguinte capítulo. Referencias bibliográcas Para a elaboración deste capítulo empregáronse as seguintes referencias bibliográcas: [1], [2], [3], [4] e [5]. Capítulo 2 Historia do concepto Neste capítulo trataremos os comezos e posterior desenvolvemento do concepto, que se deron nos séculos XVIII, XIX e XX. Para isto será necesario tratar algúns dos problemas máis importantes que deron lugar ao planteamento dos matemáticos da época do que realmente debía de ser unha función. Ao longo do capítulo seremos testemuñas de como o concepto foi variando e tamén como diferentes matemáticos tiñan diferentes concepcións del. Inclusive algúns matemáticos coma Euler (1707-1783) foron variando a concepción sobre o que unha función era segundo as necesidades coas que se ían atopando. Cabe destacar tamén que, aínda que a simple vista as denicións que vexamos sexan moi similares entre si, debemos ser conscientes de que tendo en conta as diferentes contextualizacións históricas destas, o que signican será moi diferente. Xa o puntualizaremos nas diferentes partes. Comecemos polo principio. Actualmente podemos atopar en calquera curso estándar de cálculo coa seguinte denición de función: Denición 1. Dicimos que f é unha función real de variable real denida nun conxunto S de números reais se a cada punto x de S lle asocia un único número real que denotamos por f(x) . Moitas veces faise tamén referencia ao carácter arbitrario de esta asociación pero, por que? Nas seguintes seccións veremos como nada é así por casualidade, senón que cada unha das palabras das que esta denición consta teñen unha razón de ser. 2.1. Nacemento e primeiros pasos no concepto A primeira denición de función xurdiu a comezos do século XVIII. Eran aínda os comezos do cálculo innitesimal e, a raíz das expresións que a xeometría analítica levaba 5 6 CAPÍTULO 2. HISTORIA DO CONCEPTO xa varias décadas producindo, expresións en forma de igualdade con variables, faltaban termos para referirse a elas. Como explica Kleiner en [2], esta falta de vocabulario é sinalada nunha parte da abundante correspondencia (máis de 200 cartas) entre Leibniz(1646-1716) e Johann Bernoulli (1667-1748). Se somos eis á verdade foi Leibniz o primeiro en empregar este termo, mais o sentido para el nada ten que ver co sentido do concepto ao que nós estamos a facer referencia. Para Leibniz, unha función era unha tanxente, unha normal... É dicir, Leibniz denominaba funcións ás diferentes características que dunha curva podía obter. A verdadeira primeira denición de función viu da man do segundo da anteriormente citada correspondencia, Johann Bernoulli, incluída nun artigo en 1718 a raíz dun problema isoperimétrico planteado polo seu irmán Jacques Bernoulli (1654-1705). Nel, Johann armaba que Unha función dunha variable é denida aquí como unha cantidade composta dalgunha forma por esta variable e por constantes. Como podemos obsevar, esta denición é demasiado pouco exacta. Aínda que podemos intuír máis ou menos o que a expresión "composta dalgunha forma" quere dicir, en ningún momento o autor deixa ningunha guía do que "dalgunha forma" pode ou non incluír. A pesares desta gran desvantaxe, si hai unha parte moi salientable desta primeira aproximación: mentres que os primeiros esbozos do concepto estaban cargados de tinteiros xeométricos, agora a vista estaba posta na parte alxébrica, nesa expresión con variables. O seguinte grande paso no desenvolvemento do concepto foi levado a cabo polo arriba nomeado Euler(1707-1783). Na súa afamada obra Introductio in Analysin Innitorum , considerada a primeira dentro da Análise Matemática, Euler intenta formular e reunir os conceptos matemáticos e métodos básicos que o desenvolvemento do cálculo estaba xerando. Nesta obra, o papel do concepto de función xoga un rol esencial, pois en palabras do propio Euler a Análise Matemática é a ciencia xeral das variables e as súas funcións. Así mesmo, nela tamén arma que A función dunha cantidade variable é unha expresión analítica composta dalgunha forma por esa cantidade variable e números ou cantidades constantes. Aínda que, coma no caso de Bernoulli, Euler non especica completamente a que se rere con expresión analítica, este si que explica cales serían as operacións permitidas para crear esta expresión analítica, sendo estas: as catro operacións elementais (suma, resta, multiplicación e división), exponenciais, raíces, logaritmos, elementos trigonométricos, derivadas e integrais. Tamén clasica as funcións segundo diferentes características: alxébricas 2.2. PROBLEMAS PRÁCTICOS CLAVE PARA O SEU DESENVOLVEMENTO 7 ou transcendentais (seguindo a clasicación de Leibniz), de valor único ou multivalores e implícitas ou explícitas. Outro resultado importante deste tratado é a armación de Euler de que calquera función pode poñerse como una serie de potencias. No traballo de Newton(1642-1727) xa se vira anteriormente como no seu método de uxións aparecían series de potencias. Pero agora Euler armaba que para calquera función era posible o desenrolo en serie de potencias. É interesante remarcar que a visión alxébrica prima aquí de novo, polo que podemos conrmar un abandono total do concepto coa súa vinculación xeométrica polo momento. Como podemos observar, a "densidade informacional" deste tratado é considerable. Malia que, como logo foi coñecido, moitas das armacións deste son inexactas e incluso erróneas, é un bo punto de partida pois abarca moitos aspectos e cuestións. Na seguinte sección do capítulo veremos como, movidos por certos problemas físicos do momento, esta idea debatirase e anarase. - 2.2. Problemas prácticos clave para o seu desenvolvemento Gracias á Introductio in analysin Innitorum , Euler puxo sobre a mesa o concepto de función como central dentro do desenvolvemento das matemáticas da segunda metade do século XVIII. Agora, este debería ser empregado para tratar os problemas do momento. O que aconteceu foi que, debido ás necesidades que os problemas tratados presentaban, o concepto foi obxecto de debate entre os diferentes matemáticos cuxas ideas non coincidían en relación a ditos problemas. Nesta sección seremos testemuñas deste debate en dous problemas concretos claves para o desenvolvemento deste concepto: a corda vibrante e a condución da calor. 2.2.1. A corda vibrante O problema da corda vibrante tivo lugar tamén nos anos centrais do século XVIII. Foi un problema que se prolongou no tempo e que non chegou a ningunha conclusión compartida por tódolos participantes nela. O problema consistía no seguinte: Unha corda elástica, poñamos de extremos 0 e l , está deformada nunha forma inicial e sóltase para deixala vibrar. O problema consiste en determinar a función que describe a forma da corda en calqueira momento t . x O problema foi atacado por varios matemáticos e físicos, mais nós centrarémonos esencialmente nos traballos de D'Alembert (1717-1783), Euler e Daniel Bernoulli (1700-1782), 8 CAPÍTULO 2. HISTORIA DO CONCEPTO pois é nas visións destes tres nas que vemos claramente como a concepción e importancia que cada un deles lle daba ao termo "función" diferencia completamente as suás respectivas solucións. Comecemos con D'Alembert, pois foi o primeiro que cronolóxicamente lle deu solución ao problema. D'Alembert deu en 1747 a que para el era a solución máis xeral deste problema: armaba que o movemento desta corda vinã dado pola ecuación diferencial parcial ∂2y ∂t2=a2·∂2y ∂x2 onde a é unha constante, suxeita a: y(x, 0) = f(x) ∂y ∂t |t=0 = 0 D'Alembert resolveu esta ecuación chegando á que a solución vinã dada por y(x, t) = ϕ(x+at) + ϕ(x−at) 2 para unha función arbitraria ϕ . Claro que desta solución séguese directamente que y(x, 0) = f(x) = ϕ(x)∀x∈(0, l) ϕ(x+ 2l) = ϕ(x) ϕ(x) = ϕ(−x) O maior problema desta solución ven dado por unha crenza que había nese tempo: se dúas expresións analíticas coincidían nun intervalo calquera, por pequeno que fose, entón tamén o farían sempre. Cabe mencionar que, aínda que máis tarde concluiríase que para nada isto era certo, non é raro que nese momento así o pensasen pois, tendo en conta que, para comezar, en ningún momento as expresións estaban restrinxidas a ningún conxunto concreto senón que por defecto se aplicaban para todos os números reais e, para seguir, como a idea de "expresión única" era a soa existente, os contemporáneos da época asumían isto como algo natural. Así, deducido directamente desta crenza seguíase que ϕ era impar e periódica de período 2l e, por conseguinte, tamén o era f , é dicir, a forma inicial da corda. Outra observación que podemos facer desta solución e que, para cumplir a ecuación, ten que ser dúas veces diferenciable... Vemos entón como, para D'Alembert, a forma inicial da corda está moi limitada debido a tódalas restricións que o seu espírito crítico matemático lle supoñen. 2.2. PROBLEMAS PRÁCTICOS CLAVE PARA O SEU DESENVOLVEMENTO 9 Mais Euler non podía admitir que deste xeito fose a solución de D'Alembert a máis xeral do problema. Non, porque restrinxía demasiado a forma inicial da corda. Aínda que a parte teórica creada por D'Alembert non lle supoñía ningún problema, a parte aplicada non lle convencía. Para el unha forma inicial válida sería, por exemplo, a que nos nosos días viría dada pola función f(x) = (x x ∈(0,1 2] −x+l x ∈(l 2, l) Pero esta forma triangulada da corda non entraría dentro do conxunto de solucións de D'Alembert. Así, como Euler tiña en mente moitas máis posibles formas iniciais da corda, viuse obrigado a aumentar o número de posibidades para dalas. Estas foron: diferentes expresións analíticas en diferentes subintervalos do orixinal ou directamente curvas debuxadas a man alzada. Pola crenza antes explicada, ningunha destas dúas posiblidades podían pórse en forma de expresión única, polo que Euler viuse obrigado a incluílas no seu concepto de función. Desta forma, Euler cambiaba este concepto que el mesmo dera nese mesmo ano (1748) na súa Introductio in Analysim Innitorum . Cabe mencionar tamén que para Euler o sentido de continuidade non era o mesmo que actualmente. Euler denominaba funcións descontinuas a aquelas que non se podían pór en forma de expresión única. Así, para el todas as funcións que si pudiesen ser postas cunha única expresión pasaban a ser denominadas continuas. Será máis adiante, no século XIX no que Cauchy (1789-1857) reconvertirá esta idea. Dúas consideracións son importantes neste punto. A primeira, a consideración por primeira vez das funcións denidas con distintas expresións en distintos trozos, é dicir, as funcións denidas a trozos. Cabe destacar que, aínda que o exemplo arriba posto de función a trozos valería como forma inicial da corda para Euler, a especicación do dominio, é dicir, a restrición a (0, l) todavía non sería real pois nese momento seguíase a considerar por defecto a expresión para todos os números. A segunda, a volta a unha concepción bastante xeométrica do concepto de función, relacionándoo coa curva, coa forma. O último en sumarse ao polémico problema foi Daniel Bernoulli quen en 1753 armaba que a solución era y(x, t) = ∞ X n=1 bn·sen(nπx l)·cos(nπax l) En Bernoulli a parte física pesaba moito máis que a matemática, polo que á hora de resolver o problema o que realmente lle interesaba era a parte práctica, a forma que a corda podía ter en cada instante t . Así, apoiado no traballo que anteriormente outros xeran sobre vibracións de cordas musicais, chegara a esta solución. 10 CAPÍTULO 2. HISTORIA DO CONCEPTO Dende o punto de vista matemático, como en t= 0 y(x, 0) consistía nunha serie de senos únicamente, pola crenza xa mencionada ao longo de toda esta subsección, deducíase que a f , a forma inicial, era periódica e impar. Respecto ao concepto de función, para Bernoulli este estaba totalmente mediado pola práctica do problema: así como para D'Alembert a concepción do que unha función era limitaba completamente a forma de ver e resolver o problema, para Bernoulli o termo non lle supoñía problema algún pois, aínda que empregado, era de forma baleira pois cada vez que o usaba en verdade na súa mente aparecía a palabra "forma". Vemos así como, dependendo do suxeito en cuestión, o concepto función é tratado de diferente forma. Mentres que para D'Alembert o concepto restrinxe as solucións do problema práctico, Euler pon a disposición da práctica o concepto, cambiándoo a favor das necesidades da física e Bernoulli emprégao indiferentemente prestando exclusivo interese pola física. Como explica Ravetz en [6], o debate aquí creado non é outro que o que acontece entre o mundo matemático de D'Alembert, o físico de Bernoulli e a "terra de ninguén" de Euler. Respecto ao concepto de función, recordemos antes de comezar o seguinte tema a nova situación creada a raíz deste problema: as funcións a trozos adhírense ao concepto e revive a parte xeométrica asociada a el, aínda que convivindo coa parte alxébrica antes acadada. 2.2.2. O problema da condución da calor: as series de Fourier O outro problema físico que signicou un grande avance no concepto de función foi o da condución da calor. A diferencia do que pasaba co da corda vibrante, neste o avance non se produciu polo debate que xurdiu entre diferentes cientícos segundo o enfoque do problema, senón que neste caso deuse pola aportación feita por un único traballo ao concepto. O traballo ao que facemos referencia é a Théorie Analytique de la chaleur de Fourier (1768-1780). Publicada en 1822, foi unha obra que impactou no mundo cientíco moi signicativamente debido aos numerosos e sorprendentes resultados dos que constaba. Cabe destacar que, aínda que moi falta de rigor e con moitas imperfeccións, nela había en xeral un incrible avance conceptual. Como explica Langer en [7], isto débese a que a súa despreocupación polo rigor permitiulle dar pasos conceptuais que outros talentos con máis espírito crítico non podían. No que respecta ao concepto de función, a visión que este tiña era a máis avanzada nese momento, mais sen innovar nada realmente. Para el, unha función f(x) representa unha sucesión de valores ou ordenadas cada un dos cales é arbitrario. Un innito número de valores dados á abscisa x , un número igual de ordenadas f(x) 2.2. PROBLEMAS PRÁCTICOS CLAVE PARA O SEU DESENVOLVEMENTO 11 (...) Non se suponen estas ordenadas suxeitas a ningunha lei común; elas sucédense dunha ou outra forma calqueira, e cada unha delas é dada coma se fose unha soa cantidade. Recordemos que, malia que esta denición se asemelle extremadamente á actual super- cialmente, debemos de contextualizar. Coa expresión "dunha ou outra forma calquera", Fourier non ten en mente calquera asociación lóxica realmente arbitraria. Agora ben, o que si creou un forte impacto na comunidade cientíca do primeiro terzo do século XIX foi un resultado relativo a funcións incluido no tratado: Teorema 2. Calquera función f(x) denida en (−l, l) é representable dentro deste intervalo mediante unha serie de senos e cosenos, f(x) = a0 2+ ∞ X n=1 [ancos(nπx l) sen(nπx l)] onde os coecientes an e bn venñen dados polas expresións an=1 lZl −l f(t) cos(nπt l)dt bn=1 lZl −l f(t) sen(nπt l)dt Este resultado foi acollido con sorpresa. Para convencer aos contemporáneos da veracidade do resultado, Fourier tiña dúas cousas que demostrar. A primeira era que estes coecientes an e bn existían para calquera función. A segunda, ver que efectivamente dentro do intervalo (−l, l) a serie converxía á función a que se quería aproximar. Para o primeiro, Fourier interpretou os coecientes como áreas, pois así evitaba os problemas que lle puidesen ocasionar as que non se puideran poñer en forma de expresión analítica. Para o segundo, calculou aproximacións de varias funcións para pequenos valores de n que amosaban que dentro do intervalo (−l, l) a aproximación tomaba valores moi achegados aos da f, mentres que, sen embargo, fora del, a aproximación nada tiña que ver con ela. Como se anticipaba no comezo da cuestión, este traballo supuxo, polo seu risco conceptual, un importante avance en numerosos campos. Para comezar, supuxo a revisión dos conceptos de converxencia e de integral que, anos despois, pasaría a ser central na preocupación pola búsqueda de rigor na matemática. Tamén supuxo o punto de partida para a teoría de conxuntos de Cantor. No campo das funcións, este tratado tivo tres consecuencias notorias. A primeira delas foi o descubrimento da falsidade da crenza de que se dúas expresións analíticas coincidían nun intervalo, entón coincidían en todas partes, que tan malas pasadas xogara durante o 18 CAPÍTULO 2. HISTORIA DO CONCEPTO Capítulo 3 Exemplos de funcións signicativas ao longo da Historia Neste derradeiro capítulo explicaranse algúns casos de funcións que, por diferentes razóns, foron, dalgunha forma, signicativas e destacadas ao longo da historia do concepto. Así, explicarase por exemplo a orixe de funcións elementais como as trigonométricas ou as logarítmicas. Tamén estarán neste capítulo seccións adicadas a casos concretos como son o da función de Dirichlet antes introducida, a de Thomae, a de Weierstrass ou a Gamma. Nestas seccións veranse tanto aspectos históricos (en referencia ao porqué da aparición destas funcións, isto é, á súa motivación de aparición) como aspectos matemáticos (isto é, características que estas funcións posúen e a proba destas). Para seguir algún criterio para a orde na que pór as funcións, seguiremos o da orde cronolóxica destas. 3.1. Orixes históricas dalgunhas funcións elementais Aquí describirase, supercialmente, a orixe dalgunhas das clases de funcións máis comúns e coñecidas. Abordaranse os casos das funcións trigonométricas e logarítmica. As funcións trigonométricas O que hoxe coñecemos como Trigonometría ten a súa orixe en dous sitios separados por 5771 quilómetros: Grecia e India. É curioso porque, aínda que separadas sicamente por todo ese espazo, a razón pola que apareceron foi a mesma en ambos casos: ser un apoio computacional á Astronomía. Así mesmo, non foi ata bastante despois que a Trigonometría se desenvolveu máis amplamente para triángulos planos, pois nun primeiro momento a maior parte das táboas e coñecementos que se tinãn era sobre os triángulos esféricos, ao seren estes os de maior utilidade para calcular posicións de astros. 19 20 CAPÍTULO 3. EXEMPLOS DE FUNCIÓNS SIGNIFICATIVAS AO LONGO DA HISTORIA En Grecia, esta ciencia de carácter complementario á Astronomía apareceu no século III a.C. , no que viviu Hiparco de Nicea, o cal é considerado o pai da trigonometría grega. Del son as primeiras táboas trigonométricas que se coñecen. Nelas asocia a un ángulo centrado con respecto a un diámetro da circunferencia a lonxitude da corda que este sustenta na circunferencia. Hiparco dividía o diámetro en 120 partes e por iso as lonxitudes destas cordas que serían os senos diren del na cantidade de 1 120 . Tamén se lle atribúe a división do círculo en 360 grados. O outro nome clave para o desenvolvemento desta disciplina foi Ptolomeo (II d.C. ) pois del é a autoría da obra Sintaxe matemática , máis comunmente coñecida como o Almaxesto . Este segundo nome débese á tradución que os árabes xeron da obra: para diferenciala do resto, chamáronlle a maior", de aquí o nome de Almaxesto . Neste compendio de trece libros atópanse numerosos resultados sobre xeometría: ademais de numerosas táboas do que logo chamaríamos razóns trigonométricas, atopamos a explicación dos métodos empregados para a elaboración destas e incluso fórmulas como as dos seno e coseno da suma de ángulos, da diferencia, do ángulo metade ou do ángulo dobre. Na India, pola súa banda, non sabemos exactamente cando xurdiu. Hai constancia de táboas hindúes de aproximadamente o século IV. Os hindúes, a diferencia dos gregos, medían os ángulos no que hoxe chamaríamos radiáns, consecuencia da división que facían en 21600 partes da lonxitude da circunferencia. Os árabes foron os que trouxeron a trigonometría hindú a Europa. O seno era unha creación hindú, mais no proceso de absorción e homoxeneización, introduciuse este nos traballos de Ptolomeo. A partir dese momento a Trigonometría seguiuse a desenrolar ata que no ano 1595 Bartholomeus Pitiscus emprega por primeira vez o termo Trigonometría". Logo, outros como Regiomontano (1436-1476) seguen a traducir e compactar todo o saber desta materia xerado ata ese momento. Precisamente é Regiomontano o que, cas súas obras De triangulis e Tabulae directorium condensa a maior cantidade de coñecementos sobre a materia visto nunca. A partir de aqu'i, os lósofos comezan a ver á Trigonometría como una materia independente, sen necesidade de estar soamente como apoio a outras. Así, vaise facendo e moldeándose, integrándose en diferentes sectores como logo sería o das funcións. A función logarítmica A función logarítmica sempre a vinculamos coa exponencial. É irremediable: é a súa inversa e precisamente por iso o que é unha ten moito que ver co que é a outra. Mais, historicamente, nada teñen que ver. A aparición dunha é completamente independente da da outra. De feito, cando aparecen os logaritmos a exponencial nin sequera existía. A razón da aparición dos logaritmos non é outra que a busca de simplicación, de comodidade. No Renacemento, a asimilación do sistema hindú-arábigo e os decimais deu como 3.1. ORIXES HISTÓRICAS DALGUNHAS FUNCIÓNS ELEMENTAIS 21 resultado unha mellora moi notable na precisión das operacións aritméticas. O problema desta mellora consistía na complicación para a manipulación das cifras, pois estas gozaban agora de moitos máis díxitos. Sobre todo había problemas cos produtos e as divisións. Nesa época, por exemplo, a navegación precisaba de numerosos e longos cálculos e esta situación non facía senón complicala máis. É nestas circunstancias nas que o aristócrata escocés John Napier (1550-1617) pensa en como facilitar este problema e como se cita en [1] describe: Nada hai que cause tantos problemas na práctica da Matemática nin que faga os cálculos máis molestos e problemáticos que as multiplicacións, divisións e extracción de raíces cadradas ou cúbicas de grandes números, que ademais dunha tediosa perda de tempo son na maioría dos casos suxeito de moitos erros escorregadizos. Véndoo así, empecei a considerar por cal verdadeiro arte eu podería evitar estes obstáculos. E habendo pensado a este propósito en moitas cousas, encontrei ao cabo de tempo algunhas excelentes e breves regras que serán tratadas de aquí en diante (...) Así, en 1614 Napier presenta os seus logaritmos, que tiñan a seguinte forma: Considérase un segmento AB e unha semirrecta que comeza no punto C; partindo de A e sobre o segmento AB móvese un punto P con velocidade proporcional á distancia de P a B e sobre a semirrecta, móvese un punto Q, que partiu de C á vez co punto P partiu de A con velocidade constante igual á velocidade inicial de P. Napier deniu a distancia CQ como o logaritmo da distancia PB e tomou a distancia de AB e tamén a velocidade inicial de P como 107 , obtendo así que CQ 107= log(P B 107) Esta denición cumpre dous puntos importantes: 1. Salvo unha homotecia de razón 107 corresponde cos logaritmos de base 1 e 2. Convirte produtos e divisións en sumas e restas salvo nunha lixeira variación debido á homotecia Poucos anos pasarían logo da publicación do libro de Napier sobre os logaritmos, ata que estes sofresen a súa primeira modicación. Suxerido por Henry Briggs, Napier cambia a base dos logaritmos: agora terán base 10 e serán coñecidos tamén co nome de logaritmos vulgares". Estes novos logaritmos xa non padecerán da homotecia anteriormente citada, pois calquera rastrollo dela será eliminado e así agora os productos e divisións serán estritamente equivalentes a sumas e restas neles. 22 CAPÍTULO 3. EXEMPLOS DE FUNCIÓNS SIGNIFICATIVAS AO LONGO DA HISTORIA Logo, por diversos motivos (como por exemplo que a área debaixo dunha hipérbole viña dada polo logaritmo), os logaritmos foron considerándose como curvas e espertou interese o seu estudo particular. Como posteriormente o termo curva" intersecou co termo "función", os logaritmos introducíronse neste campo tamén. 3.2. A función Gamma A función Gamma, Γ , apareceu por primeira vez nunha carta de Euler a Goldbach (1690-1764) con data de 1729. Esta carta viña motivada por un problema de interpolación que se estaba a desenvolver nese momento. Varias personalidades da época como Daniel Bernoulli ou Stirling (1692-1770), e incluso o mesmo Goldbach xa intentaran atopar a solución a dito problema, mais sen ningún éxito. O problema de interpolación que se lle planteu a Euler, ao cal este deu resposta na carta a Goldbach un 13 de outubro de 1729, foi o seguinte: 1,1·2,1·2·3,1·2·3·4,1·2·3·4·5, ... isto é, a sucesión dos factoriais. O que se quería saber era se se podía acadar una fórmula ou expresión para os factoriais, ver se estes podían interpolarse e así poder saber tamén canto sería un factorial dun número non enteiro como por exemplo 5,5! . A expresión que Euler buscaba debía de cumprir basicamente dúas condicións: ser o factorial para os enteiros positivos e xar o valor para o resto de posibles valores. Experimentando con produtos innitos chegou á seguinte expresión: h2 1n1 n+1ih3 2n2 n+2ih4 3n3 n+3i... =n! Esta expresión de aquí arriba era efectivamente o factorial para os enteiros positivos (nótese como os numeradores e denominadores das primeiras fraccións de cada termo entre corchetes vanse anulando). Pero un pormenor foi o que chamou a atención de Euler e xo que este dera outra volta á idea: cando se evaluaba esta expresión en n=1 2 , logo dun gran traballo de manipulación, chegábase a: h2 11 21 1 2+1ih3 21 22 1 2+2ih4 31 23 1 2+3 i... =2·2 1·34·4 3·56·6 5·7... =π 2 Euler observou que en máis casos o valor da expresión tiña relación con π . E π tiña relación con círculos e áreas destes; e as áreas, a súa vez, tíñana coas integrais... Así, seguiu a traballar co problema mais desta vez cun novo enfoque. Deste xeito, comezou coa integral R1 0xe(1 −x)ndx 3.3. A FUNCIÓN DE DIRICHLET 23 que xa fora manipulada por outros coetáneos da época como o antes mencionado Stirling. Expandindo sen dicultade a parte de (1 −x)n polo Teorema do Binomio chegou a R1 0xe(1 −x)ndx =1·2·3·4·...·n (e+1)(e+2)(e+3)...(e+n+1) que é coñecida habitualmente como a función Beta ou por algúns como a primeira integral euleriana. Ademais, esta Función Beta é comunmente escrita como β(m, n) = R1 0xm−1(1 −x)n−1dx Pero Euler tiña aínda que manipular un pouco máis esta integral, para poder manter o numerador, que era o factorial e polo tanto o que lle interesaba, separándoo así do denominador. Mediante substitucións, chegou nalmente a que n! = R1 0(−log x)ndx á que o matemático Legendre (1752-1833) chamaría segunda integral euleriana. Foi precisamente este último o que modicou esta integral e chamouna Gamma, adquirindo esta forma: Γ(x) = R∞ 0e−ttx−1dt Esta ten sentido cando x > 0 vericando ademais que: (Γ(n+ 1) = n!∀n∈Z+ xΓ(x) = Γ(x+ 1) ∀x > 0 Mais este non é senón o comezo pois a partir desta función produciuse un enorme desenvolvemento: así como o interese por estender o factorial aos números que se atopaban entre os enteiros positivos desencadeu o anteriormente explicado e culminou coa creación da función Gamma; o interese por estender esta función aos números negativos e incluso aos complexos suscitou un inmenso avance e incluso o desenvolvemento dunha nova área como a da teoría de funcións dunha variable complexa. 3.3. A función de Dirichlet Como xa se explicou no capítulo anterior, esta función foi clave no desenvolvemento do concepto de función e por isto adicaremos as seguintes líneas a ver algún aspecto desta. Veremos, a continuación, como esta función real de variable real non é continua en ningún punto de R . Recordemos que a función de Dirichlet defínese por: 24 CAPÍTULO 3. EXEMPLOS DE FUNCIÓNS SIGNIFICATIVAS AO LONGO DA HISTORIA D(x) = (c, x ∈Q d, x ∈I Sexa x0∈Q arbitrario. Probaremos que D non é continua neste x0 . Para isto empregaremos os dous seguintes resultados sobre a densidade de I en R e a caracterización da continuidade por sucesións: Teorema 4. Sexa f:A⊂R−→ R unha función real de variable real e sexa x0∈A . Entón f será continua en x0 se para toda sucesión {xn}n∈N tal que xn∈A∀n∈N e l´ım n→∞ xn=x0 se ten que l´ım n→∞ f(xn) = f(x0) Como conseuencia, se existe unha sucesión {xn}n∈N que verica que xn∈A∀n∈N e l´ımn→∞ xn=x0 pero l´ımn→∞ f(xn)6=f(x0) , entón f non será continua en x0 . Sexa x0∈Q . Como I é denso en R , entón existe unha sucesión {xn}n∈N tal que ∀n∈N , xn∈I e l´ımn→∞ xn=x0 Pero ∀n∈ND(xn) = d , o que implica que l´ımn→∞ D(xn) = l´ımn→∞ d=d6=D(x0) = c Ergo D non é continua en x0∈Q . Como este punto x0 escollido é arbitrario, D non é continua en ningún dos racionais. Para ver que non o é tampouco nos irracionais, razonamento e proba análogas. Conclúese, así, que a función de Dirichlet non é continua en ningún punto da recta real. 3.4. A función de Weierstrass Esta función ten como orixe o debate que, sobre todo a partir da segunda metade do século XIX, tivo lugar entorno á seguinte cuestión: a diferenciabilidade dunha función real de variable real que era continua en todos os seus puntos de denición. Foi a partir dese intre pois, anteriormente, estaba bastante xeneralizada a idea de que unha función deste tipo era diferenciable en todos os puntos salvo nunha cantidade nita deles. Como explica J.J. Dóniz en [10], esta era a crenza que entre outros tiñan Lagrange(1736-1813) ou Ampère(1775-1836). Outra opinión, pola contra, era a que gardaba Riemann. Para el, algunhas das funcións representadas por series non semellaban adaptarse ben a esta crenza. Así, en 1861 lanzou a seguinte conxectura que el xamais chegou a demostrar: a función 3.4. A FUNCIÓN DE WEIERSTRASS 25 Figura 3.1: Gáca dunha suma parcial da serie que dene á función de Weierstrass R:R−→ R x−→ R(x) = P∞ n=1 sen(n2·x) n2 era continua en todo punto mais non era diferenciable en ningún. Esta conxectura deu moito xogo pois, aínda que a continuidade foi rapidamente aceptada por ser consecuencia directa da proba M de Weierstrass , a cuestión da súa diferenciabilidade non convencía a todos. Foi así como mentres Weierstrass intentaba probala deu coa función que agora nós coñecemos como a función de Weierstrass cuxa forma é a seguinte: f(x) = ∞ X n=0 bncos(anπx) sendo b∈(0,1) , a un enteiro impar e con ab > 1 + 3 2π . Cabe mencionar que esta función é o primeiro exemplo de función sempre continua e nunca diferenciable do que se ten constancia, pois no 1916 o matemático británico Hardy(1877-1947) demostrou que a función R de Riemann si era diferenciable en algúns puntos e polo tanto a conxectura de Riemann era incorrecta. Co seguinte teorema probaremos este resultado. Teorema 5. Sexa b∈(0,1) e a un enteiro impar tales que ab > 1 + 3 2π . Tense entón que a función f(x) = ∞ X n=0 bncos(anπx) 26 CAPÍTULO 3. EXEMPLOS DE FUNCIÓNS SIGNIFICATIVAS AO LONGO DA HISTORIA é continua e non derivable en ningún punto. Demostración. Para probar a continuidade da función faremos uso de la proba M Weierstrass . Por ser b∈(0,1) temos que ∞ X n=0 bk=1 1−b<∞ Por outro lado tamén temos que supx∈R|bncos(anπx)|≤ bn . Empregando ambas aplicamos a proba M de Weiertrass, obtendo así que ∞ X n=0 bncos(anπx) converxe uniformemente á función f(x) = ∞ X n=0 bncos(anπx) sobre R , da que é consecuencia directa a continuidade da función. Pasemos entón a probar a non derivabilidade da función: Sexa x∈R . Entón temos f(x+h)−f(x) h=P∞ n=0 bncos(anπ(x+h))−cos(anπx) h= =Pm−1 n=0 bncos(anπ(x+h))−cos(anπx) h+P∞ n=m−1bncos(anπ(x+h))−cos(anπx) h =Sm(h) + Rm(h) Polo Teorema do Valor Medio teríamos que existiría certo c∈R tal que cos(anπ(x+h))−cos(anπx) h=−sen(anπc)anπ ⇒| cos(anπ(x+h))−cos(anπx) h|≤ anπ ⇒| cos(anπ(x+h)) −cos(anπx)|≤ anπ|h| polo que se |h|<1 teríamos que |Sm(h)|≤ m−1 X n=0 πanbn=πambm−1 ab −1< π ambm ab −1 3.5. A FUNCIÓN DE THOMAE 27 A partir de agora estimaremos |Rm(h)| por debaixo deste valor. Sexa amx=µm+vm , con µm enteiro, |vm|<1 2 e h=1−vm am⇒0< h < 3 2am e anπ(x+h) = an−mamπ(x+h) = an−mπ(µm+ 1) (3.1) Como a impar cos(anπx) = cos(an−mπ(µm+vm)) = cos(an−mπµm) cos(an−mπvm) =(-1) µmcos(an−mπvm) cos(anπ(x+h)) = (−1)an−m(µm+1) = (−1)µm+1 ⇒ Rm(h) = (−1)µm+1 h ∞ X n=m bn{1 + cos(an−mπvm)} Por seren todos os membros da serie positivos temos que |Rm(h)|>bm |h|>2 3ambm⇒ | f(x+h)−f(x) h|≥| Rm(h)|−|Sm(h)|>(2 3−π ab −1)ambm (3.2) O problema vén porque por hipótese tiñamos que ab > 1+2 3π e como m→ ∞ ⇒ h→0 , do que se segue que 2 3−π ab−1→ ∞ e polo tanto chegamos a que f0(x) non existe, é dicir, f non é derivable en x e como este é arbitrario, concluimos que f non é derivable en ningún x∈R . 3.5. A función de Thomae Esta función, tamén coñecida como función popcorn, ten como orixe a función anterior que, como xa é coñecido, non é Riemann-integrable en ningún intervalo, a pesares de ser acotada. O obxectivo de Thomae (7840-1921) consistiu en modicar un pouco a función de Dirichlet para conseguir unha que fose Riemann-integrable. Así, en 1875 publicou a seguinte función: T(x) =        0, x ∈I 1 q, x =p qsendo p e q primos entre si 1, x = 0 34 CAPÍTULO 3. EXEMPLOS DE FUNCIÓNS SIGNIFICATIVAS AO LONGO DA HISTORIA Demostración. Demostraremos que é unha sucesión de Cauchy uniforme en [0,1] , e como [0,1] compacto, teremos a converxencia da sucesión directamente. |Fn+1(x)−Fn(x)|=|Rx 0h3 2n+1 χCn+1(t)−3 2nχCn(t)idt |= |Rx aj 3nh3 2n+1 χCn+1(t)−3 2nχCn(t)idt |≤ R aj+1 3n aj 3n3 2n+1 χCn+1(t)dt +R aj+1 3n aj 3n3 2nχCn(t)dt =1 2n Sexa ε > 0 arbitrario, debemos atopar nε∈N tal que ∀m, n > nε , |Fm(x)−Fn(x)|< ε∀x∈[0,1] . Tomamos nε de xeito que ∞ X n=nε 1 2n−1< ε Se tomamos calesquera m, n > nε , supoñamos por exemplo que m>n , entón para calquera x∈[0,1] teríamos que |Fm(x)−Fn(x)|=|Fm(x)−Fm−1(x)+Fm−1(x)−Fm−2(x)+...−Fn+1(x)+Fn+1(x)−Fn(x)| ≤| Fm(x)−Fm−1(x)|+|Fm−1(x)−Fm−2(x)|+...+|Fn+1(x)−Fn(x)| ≤1 2m−1+1 2m+... +1 2n−1≤P∞ n=nε 1 2n−1< ε Ergo queda probado que esta sucesión {Fn}n∈N é de Cauchy e polo tanto converxe á función de Cantor F . Teorema 13. A función de Cantor, F: [0,1] →[0,1] é singular. Demostración. {Fn}n∈N sucesión de funcións crecentes ⇒ ∀x, y ∈[0,1] tal que x<y⇒ Fn(x)< Fn(y)∀n∈N . De aquí deducimos que l´ımn→∞ Fn(x) = F(x)<l´ımn→∞ Fn(y) = F(y) co que temos que F é crecente. Ademais, por ser a sucesión de funcións continuas Fn e F o seu límite uniforme, temos que esta F tamén é continua en [0,1] . Tamén vemos doadamente como, por estar F construida como está, que: ·F(0) = 0 ·F(1) = 1 · Como F constante en cada intervalo do complementario do conxunto de Cantor, temos que F0= 0 para casi todo punto. Ergo concluímos que esta función de Cantor é singular. 3.6. A FUNCIÓN DE CANTOR 35 Referencias bibliográcas Para a elaboración deste capítulo empregáronse as seguintes referencias bibliográcas: [1], [9], [10],[11] e [12]. 36 CAPÍTULO 3. EXEMPLOS DE FUNCIÓNS SIGNIFICATIVAS AO LONGO DA HISTORIA Bibliografía [1] Durán, J. A., Historia, con personajes, de los conceptos del cálculo , Alianza Editorial, 1996. [2] Kleiner, I., Excursions in the History of Mathematics , Springer Sciencie+Business Media, 2012, 103150 [3] Youschkevitch, A.P., The concept of function up to the middle of the 19th century , Arch. Hist. Exact Sci., 1976 [4] Kline, M., Mathematical Thought from Ancient to Modern Times , Oxford University Press, 1972 [5] Sastre, P., Rey, G. Boubée, C., El concepto de función a través de la Historia , UNIÓN, Revista iberoamericana de educación matemática, 2008 [6] Ravetz, J.R., Vibrating strings and arbitrary functions , The Free Press, 1961, 7188. [7] Langer, R.E., Fourier series: the genesis and evolution of a theory , The First Herbert Ellsworth Slaught Memorial Papel, 1947, 186 [8] Vallejo, F., Clases de Baire y el concepto de semicontinuidad , 2008 [9] Vásquez, L.M., Sobre la función gamma ( Γ ) , 1999 [10] Dóniz, J.J., Funciones raras en Análisis Real , Univerdidad La Laguna, 2017 [11] Gelbaum, B.R., Olmsted, J.M.H., Counterexamples in Analysis , Dover Publications, 2003 [12] Dovgoshey, O., Martio, O., Ryazanov, V., Vuorinen, M., The Cantor function , Science Direct, 2006 37