scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes

Miranda Castañón, Marta Inés; Rigueira Rey, Lucas

Abstract

Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas trátanse por especies. Dentro destas, estúdanse en primeiro lugar as patoloxías dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías do rume, do abomaso e de lactantes. Remata o bloque co estudo das patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias. Xustificación da unidade didáctica no contexto da materia e da titulación, requisitos previos e duración Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é fundamental para a clínica do gando vacún. Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e terapéutica e enfermidades infecciosas e parasitarias. O igual que noutras materias será moi útil ter coñecementos de inglés e informática. Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en cinco horas: dúas de docencia teórica e tres de prácticas clínicas.

Full text

Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Veterinaria Clínica Médica Veterinaria II Marta I. Miranda Castañón e Lucas Rigueira Rey Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias Facultade de Veterinaria 7 Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes 9788498 878981 ISBN 978-84-9887-898-1 Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes 7 Marta I. Miranda Castañón e Lucas Rigueira Rey Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias Facultade de Veterinaria ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1130-2012 ISBN 978-84-9887-898-1 UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes - 3 MATERIA: Clínica Médica Veterinaria II TITULACIÓN: Grao en Veterinaria PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Afeccións cardíacas. Afeccións do endocardio. Afeccións do miocardio. Afeccións do pericardio. Enfermidades cardíacas conxénitas. Estudo clínico das arritmias cardíacas Unidade II. Afeccións respiratorias. Afeccións das vías respiratorias. Afeccións do parénquima pulmonar. Afeccións da cavidade pleural. Unidade III. Dixestivo de pequenos animais. Afeccións orofarínxeas. Afeccións do esófago. Afeccións do estómago. Afeccións do intestino. Unidade IV. Dixestivo de pequenos animais: glándulas anexas. Afeccións hepatobiliares. Afeccións do páncreas. Unidade V. Dixestivo de ruminantes: alteracións retículo-ruminais. Timpanismo. Reticuloperitonite traumática. Indixestión vagal. Acidose ruminal e alcalose. Unidade VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso. Desprazamento de abomaso á esquerda (DAE), á dereita (DAD) e vólvulo (VA). Úlcera de abomaso. Impactación de abomaso. Dilatación-torsión de cego. Unidade VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes. Ruminal drinking. Abomasite. Indixestións á desteta. Diarrea neonatal ou infecciosa. Unidade VIII. Dixestivo de équidos. Cólico equino. UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 A metodoloxía ............................................................................................... 8 Os contidos ................................................................................................... 8 1. Recordo anatómico-fisiolóxico ................................................................... 9 2. Diarreas nutricionais ................................................................................... 9 2.1. Ruminal drinking (becerros que beben no rume) ............................. 10 2.2. Abomasite dos becerros lactantes ................................................... 11 2.3. Indixestión no período de desteta .................................................... 12 3. Diarrea neonatal en becerros (diarreas infecciosas) ............................... 12 Actividades propostas ............................................................................... 22 Avaliación da UD ........................................................................................ 22 Anexos ......................................................................................................... 23 Bibliografía .................................................................................................. 23 UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes - 7 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas trátanse por especies. Dentro destas, estúdanse en primeiro lugar as patoloxías dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías do rume, do abomaso e de lactantes. Remata o bloque co estudo das patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias. Xustificación da unidade didáctica no contexto da materia e da titulación, requisitos previos e duración Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é fundamental para a clínica do gando vacún. Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e terapéutica e enfermidades infecciosas e parasitarias. O igual que noutras materias será moi útil ter coñecementos de inglés e informática. Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en cinco horas: dúas de docencia teórica e tres de prácticas clínicas. OBXECTIVOS O obxectivo xeral que se pretende acadar nesta unidade didáctica é coñecer as principais patoloxías dixestivas dos lactantes. Polo tanto ao finalizar o estudo da mesma os alumnos deben: − Recoñecer na práctica clínica as diferentes patoloxías dixestivas dos tenreiros lactantes. − Coñecer a etiopatoxenia das diferentes patoloxías dixestivas, relacionando clinicamente a información obtida do animal enfermo e recoñecer os síntomas que padece o animal. 14 - UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes tipo secretor, e os virus e protozoos producen unha atrofia das velosidades intestinais: malabsorción. Figura 1. Consecuencias sistémicas da diarrea As consecuencias metabólicas da diarrea son debidas á perda de auga e electrólitos (sodio, potasio e cloruro), e diminúe a concentración de bicarbonatoÆAcidose metabólica. Ademais os niveis de lactato aumentan (glicólise anaerobia), e diminúe a excreción renal de protónsÆagravando aínda máis a acidose. A morte ocorre como consecuencia da deshidratación, a acidose e a hipercaliemia: malia as perdas de K+, estará aumentado porque sae ao fluído extracelular en grandes concentracións para tamponar os H+ libres. A hipercaliemia induce fallo cardíaco (hipercaliemias severas: bradicardia e arritmias, debilidade, letarxia). Cadro Clínico Alteración marcada do estado xeral: mal aspecto, pelo arrupiado, zona perineal manchada e húmida, e dor cólica (non sempre). Valoración/Diagnóstico 1. Exame físico: antes de determinar o tratamento e as súas pautas, hai que realizar un exame físico do animal para valorar o grao de deshidratación, a severidade da acidose, e se hai ou non hipotermia e hipoglicemia. • Grao de deshidratación: pola elasticidade da pel (ollo, pescozo) e afundimento do globo ocular. • Valoración estado acidose (3 signos): nivel de depresión, capacidade de incorporarse e manter estación e valorar o reflexo de succión. • Temperatura corporal: valorar o grao de hipotermia. • Frecuencia cardíaca: a existencia de bradicardia (< 90 latexos/ minuto) pode indicarnos a presenza tamén de hipotermia, hipercaliemia e hipoglicemia. • Condición corporal: valorar o estado físico do animal para determinar a existencia dun proceso diarreico crónico, animais inmaduros, etc. PERDA DE LÍQUIDO EXTRACELULAR Diminución da volemia Diminución da presión arterial Hipoperfusión renal Diminución da perfusión tisular Diminución da excreción de protóns Incremento do metabolismo anaeróbico ACIDOSE+HIPERCALIEMIA MORTE UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes - 15 • Examinar a posibilidade doutro proceso simultáneo: pneumonía, onfalite, artrite, etc. Hai diferentes formas segundo autores de valorar grado deshidratación e acidose: Tabla 2. Valoración deshidratación en becerros con diarrea (Smith GW, 2009). Deshidratación Comportamento Af undimento globo ocular P r egue cutáneo (s) <5% Normal NON <1 6-8% (media) Lixeiramente deprimido 2-4 mm 1-2 8-10% (moderada) Deprimido 4-6 mm 2-5 10-12% (severa) Comatoso 6-8 mm 5-10 >12% Comatoso/morto 8-12 mm >10 Contable et al. 1999: Constable PD, Walker PG, Morín DE, Foreman JH. Clinical and laboratory assessment of hydratation status of neonatal calves with diarrhea. J Am Vet Med Assoc. 1998; 212(7):991-996. % deshidratación= 1.7 x (mm enoftálmos) Becerro hidratado Becerro severamente deshidratado (8 mm) Figura 2. Valoración deshidratación globo ocular. 16 - UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes Valoración grao de acidose Figura 3. Valoración grao de acidose (Tomada de Smith, B.P. (2009) Large animal internal medicine. 4rd ed. Mosby Inc, St. Louis. ) 2. Anamnese (datos explotación, costros, manexo, outros animais afectados...). 3. Cadro clínico (estado xeral bastante afectado). Nas diarreas dietéticas: feces adoitan ser voluminosas e pastosas, o estado xeral do animal é mellor, e polo xeral manteñen o reflexo de succión. 4. Probas laboratoriais: Se existe a posibilidade de realizar análise de laboratorio é aconsellable tomar unha mostra de sangue antes de comezar o tratamento: • Hematócrito e proteínas totais (deshidratación). • Proteínas totais (valorar encostrado: transferencia pasiva de immunoglobulinas): <5.5g/dl mala transferencia • Gasometría sanguínea (valorar a acidoses): o inconveniente é que as mostras teñen que chegar pronto ao laboratorio e en frío. Os gasómetros portátiles son moi útiles. Test rápidos de diagnose de campo Probas laboratoriais máis complexas: toma mostras cultivos, coprolóxicos, PCR, ELISA, IF, anatomía patolóxica.... Tratamento O obxectivo inmediato é restablecer a volemia, corrixir a acidose e os desequilibrios electrolíticos e aportar enerxía. UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes - 17 Fluidoterapia-Rehidratación: Tratamento da deshidratación e acidose: A vía de administración estará condicionada ao estado do animal. En deshidratación de lixeira-moderada (<8%) sen alteración GI grave usarase a vía oral (RO). Se a deshidratación é de moderada a severa (> 8 %) e existe alteración GI marcada (diarreas víricas) a vía de elección será parenteral (SC, IP, e preferiblemente IV). Para corrixir a acidose adminístranse sustancias alcalinizantes. En casos de acidose moderada adoita corrixirse coa rehidratación, sen necesidade destas sustancias. Rehidratación oral (RO) • É a mellor opción en deshidratacións pouco severas, cando o animal mantén o reflexo de succión. Tamén se utiliza en animais moi afectados logo da fluidoterapia IV, unha vez que recuperan o reflexo de succión. • Se for preciso corrixir a acidose non se recomenda o uso de bicarbonato porque neutraliza a acidez do abomaso (interfire na coagulación e dixestión do leite) e non exerce o efecto esperado. É mellor administrar precursores do bicarbonato como acetato, citrato ou propionato. • Os rehidratantes orais deben ser o máis isotónico posibles, e adminístranse cada 8 horas a razón de 1.5-2 litros (4 l/día), mediante mamadeira, si o animal succiona, ou por sonda. • Restricción de leite?: Recoméndase normalmente a privación do leite durante 4 tomas como máximo, 12-24 horas (este punto está en discusión, algúns autores creen que agrava máis a hipoglicemia). • As solucións orais consisten en mesturas de sales (Na, K, Cl, Mg…), glicosa e alcalinizantes. Rehidratación intravenosa (IV) En deshidratacións que superen o 8% e en animais moi abatidos que non teñen reflexo de succión, afección GI grave, estado comatoso. 2 opcións: 1. Solucións isotónicas en grandes volumes e infusión lenta: inmobilizar becerro durante horas, ponse en vena auricular. O Ringer lactato é a primeira opción e é alcalinizante a medio prazo. (Si non temos RL serve o solución salina 0.9% CLNa) Para corrixir a acidose adminístranse solucións de bicarbonato isotónico (1.4%). 18 - UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes Cálculo dos requirimentos diarios en becerros con diarrea V(litros)= % deshidratación x PV Kg Mantemento=50 ml/Kg Perdas pola diarrea de 1 a 4 litros/día Total litros día Dh severa (10-12 %): 100 ml/kg PV/4-6 horas IV, continuando con terapia de mantemento adminístranse durante as 18-20 horas seguintes 130 ml/kg PV (As doses a administrar modificaranse, se fose necesario, en función do estado xeral do animal). Dh lixeira ou moderada (6-8 %), adminístrase a metade: 50 ml/kg PV/4-6 horas, complementada cunha hidratación de mantemento similar á anterior. Ex: Xato de 50 kg con deshidratación 10 %: 5 litros + 2.5 l (mantemento) +1-4 litros perdas Os requirimentos de bicarbonato calcúlanse en base ao déficit (gasometría ou estimación por exame físico): mmol ou mEq bicarbonato= déficit de bases (mmol ou mEq) x 0.6 x PV (kg) 2.5 mmol/kg PV/hora Se non dispoñemos dunha analítica é preferible dosificar por baixo (precaución). Para un tenreiro de 50 kg PV uns 450 ml dunha solución isotónica de bicarbonato (1.4%). 2. Solucións hipertónicas en infusión rápida: ponse en xugular. (Volume máx. 500 ml) OLLO!!!Require administración forzada de líquidos isotónicos por vía oral***. Fluído: hipertónico salino 7.5% NaCl Dose: 4-5 ml/Kg PV (xato de 50 kg: 200-250 ml). Velocidade de infusión 60 ml/kg PV/h Bicarbonato hipertónico 8.5% (máx. 6 mEq/kg): xato 50 kg: 250 ml Figura 4. Colocación catéter vea auricular. UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes - 19 Figura 5. Algoritmo de fluidoterapia en becerros deshidratados (Tomado de Berchtold J. Treatment of calf diarrhea: Intravenous Fluid Therapy. In:. Bovine neonatology. Veterinary Clinics of Noth America- Food Animal Practice. 25, 2009). 20 - UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes En animais comatosos: engadir un coloide como dextrano ao 6% pode ser moi efectivo. Induce un aumento rápido do volume plasmático, rendemento cardíaco e presión arterial. Se precisaramos suplementar glicosa en animais moi hipoglicémicos: engadirlla aos fluídos para conseguir unha concentración entre 2.5-5 %. Se despois da fluidoterapia o animal continúa deprimido indícanos que a acidose non se corrixiu. É importante que os fluídos estean quentes (temperatura corporal) e manter ao xato quente (foco calorífico, mantas...). Antibioterapia: este punto está en discusión!! si/non? Son útiles cando hai indicios de septicemia (non serven de nada para virus), pero como a maioría dos procesos son mixtos estaría xustificado o seu uso. Está xustificado en casos de febre, baixada apetito, melena, restos de moco en feces, outras infeccións concomitantes, etc. Pautas de 3-5 días. Antibióticos amplo espectro, principalmente fronte Gram (-). A elección é empírica en base a estudos experimentais, xa que o antibiograma neste caso non é moi útil. Tabla 3. Antibióticos indicados na diarrea neonatal Dose (mg/kg) Protocolo Vía administración Amoxicilina 10-20 24 h (3-5 días) IM Ampicilina 10-20 24 h (3-5 días) IM Cefalexina 7 24 h (3-5 días) IM Ceftiofur 1.1-2.2 24 h (3-5 días) SC Enrofloxacina 2.5 24 h (3-5 días) SC Marbofloxacina 2 24 h (3-5 días) SC/IM Florfenicol 20 48 h (2 veces) IM Florfenicol 40 Unha sola vez ou repetir 96 h SC Sulfadiazina/trimetropim 20-4 12 h (3-5 días) IM Xentamicina 2.2-6.6 12 h (3-5 días) IM Oxitetraciclina 10 24 h (3-5 días) IM Outros tratamentos: • AINES: flunixin meglumine (contrarrestar endotoxemia, antisecretor…) 2.2 mg/kg • Halofuginona: criptosporidios: administrar a todos os becerros nados • Coccidiostáticos (toltrazurilo, sulfamidas) • Adsorbentes e protectores da mucosa: caolin-pectina, carbón activado, subsalicilato de bismuto..., poden axudar a diminuír a diarrea. UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes - 21 • A utilización de espasmolíticos e modificadores da motilidade intestinal (anticolinérxicos, opiaceos) é delicada, de feito moitos autores considérano totalmente contraindicado. Prevención É moi importante. Os principios da prevención son: • Potenciar a inmunidade específica (vacinar nais) e inespecífica (inmunoglobulinas ao nacemento). • Asegurar unha adecuada inxestión de costros (se for preciso sondar). Medir proteínas totais para valorar. Inmpt. Ter costros conxelados reserva. • Reducir a posibilidade da introdución e diseminación dos axentes infecciosos. • Manexo adecuado: evitar amoreamento e estres, alimentación adecuada, etc. 22 - UNIDADE DIDÁCTICA VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes ACTIVIDADES PROPOSTAS • Propor un protocolo de manexo para unha explotación que reduza a incidencia de patoloxías dixestivas en neonatos.. Este control inclúe: • Vacinación das nais. • Valoración da calidade dos costros. • Control do encostrado dos becerros. • Control da desteta dos becerros. • Exploración dun becerro san. Exploración dun becerro con diarrea neonatal. • Colocación de catéter en xugular e auricular. • Fluidoterapia: elección de fluído e cálculo de volume. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Avaliación da unidade didáctica Unha vez rematada a unidade didáctica formularase un cuestionario de autoavaliación e un caso clínico na aula virtual para ser cuberto por cada alumno de xeito individual. Avaliación da materia Contidos teóricos: Exame escrito: 90% tipo test e 10% preguntas de resposta curta. As preguntas tipo test son de resposta única. As preguntas ben respondidas sumarán 1 punto, as mal respondidas restarán 0,50 puntos e as non respondidas/resoltas non computan. As preguntas de resposta curta serán de razoamento e suman un punto cando estean correctamente resolvidas e completas; no caso contrario cero puntos. O exame divídese por bloques que deben ser superados de forma independente. Contidos prácticos: A avaliación do aproveitamento dos contidos prácticos valorarase mediante un exame escrito de proxección de supostos prácticos máis o comportamento, habilidades e actitudes na prácticas. Cualificación global Superadas ambas as dúas partes para a cualificación final, os contidos teóricos terán un peso dun 80% e os contidos prácticos do 20%. Realizaremos avaliación continua da materia con probas na aula virtual e con controis do aproveitamento das prácticas.