scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 9-11-2018, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, para o desempeño das funcións e competencias que legal e estatutariamente se lle encomenden, rexerase polo presente REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1 Ao abeiro das previsións legais contempladas na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e en calquera outra norma que lle sexa de apl i cación, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela rexerase polo presente Regulamento de réxime i nterno. Artigo 2 A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela é o centro académico de ensino superior que ten encomendada a definición, planeamento, organización, xestión e impartición da docencia universitaria en materias de Ciencia Económica, Administración e Dirección de Empresas e calquera outra que acorde encomendarlle a Universidade de Santiago de Compostela, conducentes á obtención de títulos académicos oficiais, así como outros diplomas e títulos. Tamén poderá informar a creación de centros que poidan afectar ás devanditas materias ou a titulacións relacionadas. Artigo 3 Consonte o artigo 3 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, a li ngua galega é a lingua propia da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. TÍTULO PRIMEIRO Das funcións Artigo 4 De acordo co previsto nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais correspóndenlle as seguintes funcións: a) A elaboración dos plans de estudos das titulacións impartidas polo centro e a participación na elaboración daqueloutras compartidas por varios centros. b) A organización e a xestión dos servizos docentes que lle correspondan. c) A coordinación, a supervisión e o control da actividade docente desenvolvida no centro, das prácticas tuteladas externas e/ou practicum recollidos nos plans de estudos e a participación nos procedementos que estableza a Universidade para a avaliación da calidade docente. d) A elaboración dun calendario de actividades lectivas para cada curso, que se deberá facer público con anterioridade á apertura da matrícula. e) A promoción de programas de intercambio. f) A promoción e implantación de medidas para a realización de prácticas externas. g) A realización das actividades de xestión académica que lles encomende a Universidade. h) A administración dos espazos, servizos, equipamentos e recursos do centro e o control da súa calidade. i) Ter coñecemento da actividade investigadora que se desenvolva no centro. j) A realización de actividades de formación permanente ou de extensión universitaria no seu ámbito de competencia. k) Calquera outra que, de acordo con este Regulamento, lle encomende a Xunta de Facultade. TÍTULO SEGUNDO Dos órganos de goberno Artigo 5 O centro terá os seguintes órganos de goberno: a) A Xunta de Facultade. b) O/a decano/a. c) Os/as vicedecanos/as. d) O/a secretario/a. Capítulo primeiro Da Xunta de Facultade Artigo 6 A Xunta de Facultade, como órgano colexiado de goberno do centro, aproba as l i ñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión. Artigo 7 A Xunta de Facultade está composta por: a) O/a decano/a. b) Os/as vicedecanos/as. c) O/A secretario/a, que tamén o será da Xunta. d) O/a responsable da unidade de apoio á xestión de centro e departamentos. e) O/a director/a da biblioteca do centro. f) O seguinte persoal docente e investigador e persoal investigador en formación con docencia no centro e censado nel, así como o non censado que teña neste un encargo docente igual ou superior ao 35% da capacidade docente dun profesor a tempo completo. − Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que representará o 51% do total da Xunta de Facultade. − Unha representación do profesorado sen vinculación permanente, que suporá o 8% do total da Xunta de Facultade. − Unha representación do profesorado asociado con adicación a tempo parcial, que representará o 2% do total a Xunta de Facultade. g) Unha representación do estudantado do 32%. O estudantado de grao representará o 25% e o de máster e doutoramento o 7%. h) Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 7% do total da Xunta, cun mínimo de dous. Todos os representantes elixidos serano por dous anos, agás os estudantes, que o serán por un ano. A condición de membro da Xunta perderase ao cesar a vinculación co centro ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo cal foi elixido. Poderá asistir á Xunta de Facultade quen, aínda que non posúa a condición de membro, poida verse afectado polos acordos que se adopten, sempre e cando o solicite expresamente cunha antelación mínima de 72 horas ou por invitación expresa do/a presidente/a. Nestes casos, permitiráselle a asistencia con voz pero sen voto. Artigo 8 A asistencia ás sesións da Xunta constitúe un dereito e un deber para todos os seus membros. Artigo 9 Son competencias da Xunta de Facultade: a) A elección do decano ou decana ou do director ou directora e, de ser o caso, a súa remoción mediante unha moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada polo maioría absoluta dos membros da Xunta de Facultade. b) A elaboración e a aprobación do seu regulamento de réxime interno. c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro. d) A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudos das titulacións adscritas ao centro, consonte a lexislación vixente e as normas xerais emanadas do Claustro Universitario. e) A aprobación das l iñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións oficiais, de creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e de organización das ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos. f) A organización dos servizos docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, e igualmente a supervisión do seu cumprimento. g) A programación dos espazos, servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión. h) A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ao centro e o control da súa aplicación. i) O informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación. j) A organización de actividades de formación permanente e de extensión. k) A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades. l) Calquera outra competencia que lle atribúan estes estatutos ou que lle encomende un órgano competente ou a lexislación vixente. Artigo 10 A Xunta de Facultade reunirase, con carácter ordinario, polo menos tres veces durante o curso académico en período lectivo e, con carácter extraordinario, tal e como se dispón neste Regulamento de réxime interno. As convocatorias realizaranse cunha antelación mínimo de corenta e oito horas, en período lectivo e en horario laboral ordinario, nos locais do propio centro. Se a convocatoria tivese carácter extraordinario, a i niciativa da convocatoria poderá xurdir do/da decano/a, da Comisión Permanente ou mediante a petición escrita e asinada por un grupo de membros da Xunta de Facultade equivalente cando menos a un sexto do número total dos seus membros. Cando a iniciativa da convocatoria non xurda do/da decano/a, este/a deberá realizar a convocatoria extraordinaria nun prazo non superior a quince días hábiles desde a formulación da súa solicitude. Nas reunións extraordinarias da Xunta de Facultade poderá recollerse máis dunha cuestión na orde do día se está debidamente xustificado polo súa urxencia, polo que nin se aprobarán as actas anteriores nin haberá asuntos de trámite ou rogos e preguntas. As reunións da Xunta de Facultade serán convocadas en primeira e segunda convocatoria, fixada esta para qu i nce minutos despois da primeira. A Xunta poderá celebrarse en primeira convocatoria cando na hora e no lugar sinalados estean presentes o/a decano/a e o/a secretario/a e a metade máis un do número total dos seus membros; de non ser así, celebrarase en segunda convocatoria e estará validamente constituída se están presentes o/a decano/a e o/a secretario/a ou quen legalmente os substitúa, e un número non inferior a un quinto do número total dos seus membros. De non alcanzar o quórum sinalado, a Xunta deberá ser novamente convocada para un día posterior. Correspóndelle ao/á decano/a presidir as reunións da Xunta de Facultade, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causa xustificada; neste caso poderá continuar a reunión en sesión de tarde na mesma xornada ou, como moito, ao día seguinte. A documentación sobre os temas que se van debater na Xunta de Facultade estarán dispoñibles na páxina web da Facultade cunha antelación mínima de 48 horas para que calquera membro a poida consultar. Artigo 11 As decisións da Xunta de Facultade adoptaranse mediante a emisión de voto dos seus membros titulares presentes. Ordinariamente votarase a man alzada, a non ser que un número non inferior a un terzo dos asistentes solicite que se faga mediante voto secreto. O voto secreto aplicarase sempre que se trate da elección ou da remoción de cargos ou de calquera outra cuestión que teña efectos persoais individualizables . En cada caso demandarase a emisión de votos a favor, en contra, e as abstencións que houbera sobre a proposición correspondente, resultando esta aprobada ou rexeitada segundo recibira, respectivamente, máis votos a favor que en contra. Se a opción abstencionista resultase maioritaria entre os presentes, o/a decno/a poderá acordar que o asunto se volva tratar nunha reunión posterior da Xunta de Facultade do mesmo carácter que esta en que se acorda adialo. Se se tratase de escoller entre propostas alternativas sobre unha mesma cuestión, demandarase a emisión de votos a favor de cada unha delas, resultando aprobada aquela que recibira un maior número de votos. En calquera caso, o voto do/a decano/a ou da persoa que legalmente o/a substitúa na presidencia da Xunta abondará para desfacer un empate. Non se admite a delegación de voto nin o voto anticipado. Artigo 12 Redactarase unha acta de canto se trate nas reunións da Xunta de Facultade, co resumo da expresión literal dos acordos e referencias dos debates, a non ser que se faga solicitude expresa de que tamén estes sexan recollidos na súa integridade. Cada acta deberá ser aprobada nunha reunión ordinaria da Xunta de Facultade posterior a aquela en que se redacta. A convocatoria dunha reunión ordinaria da Xunta de Facultade incluirá o texto das actas das reunións anteriores sobre as que se teña que pronunciar. As actas non teñen por que recollerse nun libro de actas manuscrito, senón que poden redactarse en soporte electrónico e reproducirse coas sinaturas, dilixencias e contidos legais precisos. Encadernaranse para a súa conservación e arquivo coa periodicidade que se determine. O devandito libro, que será elaborado e custodiado polo/a secretario/a, poderá ser consultado por calquera membro da Xunta de Facultade. No caso de que se demande unha certificación do seu contido, esta deberá ser solicitada polo/a interesado/a por escrito, especificando o asunto sobre o que verse a consulta. Artigo 13 As convocatorias das reunións da Xunta de Facultade e das dos outros órganos do centro, realizaranse a través do correo electrónico da USC, e as comunicacións por outro medio que os interesados soliciten deberán ser sempre no centro. Capítulo segundo Do/a decano/a Artigo 14 O/a decano/a representa á Facultade, exerce a súa dirección e a xestión ordinaria e convoca, preside e coordina a actuación dos órganos colexiados de goberno do centro, executando os seus acordos, sobre a base do exercicio das seguintes competencias: a) Representar á Facultade. b) Presidir as reunións da Xunta de Facultade e a de calquera outro órgano colexiado dela, así como executar os seus acordos. c) Vixiar o cumprimento da legalidade en todas as actuacións da Facultade. d) A dirección académica de todas as titulacións oficiais adscritas á Facultade. e) A dirección económica das actividades organizadas polo centro. f) A proposta ao reitor do nomeamento e cesamento do secretario/a da Facultade e dos/das vicedecanos/as, dentro do límite que sinale o Consello de Goberno. g) A vixilancia do respecto dos dereitos e do cumprimento dos deberes de todos os membros da comunidade universitaria que desenvolven o seu labor no centro. h) Controlar o cumprimento das obrigas docentes e discentes. i) Controlar o adecuado mantemento do patrimonio do centro. j) Exercer as restantes funcións que se deriven do seu cargo, así como aqueloutras que sinalen os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela ou a lexislación universitaria. As competencias do/a decano/a estenderanse a todos os asuntos relativos ao goberno e administración da Facultade, de non seren atribuídos expresamente a outros órganos. Artigo 15 A Xunta de Facultade elixirá o/a decano/a de entre o profesorado con vinculación permanente á Universidade censado no centro. De non se poder levar a cabo a elección por falta de persoas candidatas que reúnan os requisitos esixidos, o Consello de Goberno, tras a proposta do reitor, encargaralle provisoriamente as funcións de decano/a a un profesor ou profesora con vinculación permanente á Universidade censado no centro. Rematado o curso académico, convocaranse novas eleccións. Artigo 16 O mandato do/a decano/a será de catro anos e non poderá desempeñar este cargo máis de dous mandatos consecutivos. Artigo 17 O/a decano/a cesará por esgotamento do seu mandato, por dimisión, pola disolución do órgano colexiado que o/a elixiu ou pola súa remoción a través dunha moción de censura. Agás neste último caso, que seguirá o procedemento que se indica no artigo 18, o/a decano/a que cesa promoverá nun prazo máximo dun mes o inicio das actuacións que conclúan coa elección do/a novo/a decano/a. Artigo 18 Poderán promover unha moción de censura ao/á decano/a os membros da Xunta de Facultade que representen un número non inferior ao 20% do seu total mediante proposta escrita formulada en período lectivo, asinada por todos eles e sinalando quen será o voceiro ou o representante do colectivo, no que recaerá tamén a condición de aspirante alternativo ao decanato. Unha vez recibida a proposta, o/a decano/a, nun prazo non superior a quince días, convocará unha reunión da Xunta de Facultade de carácter extraordinario para debater a proposta. O debate dunha moción de censura ao/á decano/a abrirase cunha rolda de trinta minutos a cargo do candidato alternativo ao decanato, seguida doutra igual para o/a decano/a. Logo abriranse ata seis roldas a favor da iniciativa e outras tantas na súa contra, cunha duración máxima de dez minutos cada una delas. Finalmente, tanto o/a candidato/a alternativo/a como o/a decano/a poderán dispor dunha rolda adicional de quince minutos cada un para responder e concluír. Rematado o debate procederase á votación, e é preciso o voto favorable da metade máis un do censo para que a moción prospere. De non prosperar a moción de censura, os seus promotores non poderán promover outra no mesmo curso académico. Capítulo terceiro Do/a secretario/a Artigo 19 O secretario da Facultade dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do centro e, como tal , ten encomendada a custodia das actas e a expedición das certificacións dos acordos e de todos os actos ou feitos que consten nos documentos oficiais do centro. Ademais, exercerá aqueloutras función que lle encomenden o decano ou a decana, a lexislación vixente e os estatutos da USC. Artigo 20 O secretario será nomeado polo reitor, segundo a proposta do decano ou decana ou director/a, de entre o profesorado ou funcionariado dos subgrupos Al e A2 censados no centro. O/A secretario/a cesará por decisión do reitor ou reitora, tras a proposta do/a decano/a ou por petición propia. Capítulo cuarto Dos/das vicedecanos/as Artigo 21 É labor dos/das vicedecanos/as coordinaren ou dirixiren, baixo a autoridade do decano ou decana, a área ou áreas de competencias que este/a lles encomende, sen prexuízo de que as funcións técnico-administrativas correspondan ao persoal de administración e servizos. Artigo 22 Os/as vicedecanos/as son nomeados polo reitor, a proposta do/da decano/a, de entre os membros da comunidade universitaria censados no centro e que cumpran os requisitos previstos nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. Cesarán ao finalizar o mandato do/da decano/a, por pedimento propio ou por decisión do reitor a proposta do/da decano/a. Artigo 23 Se houbese no centro máis dun/dunha vicedecano/a, o/a decano/a designará de entre eles a aquel que deba substituílo/a en caso de ausencia ou de enfermidade.