scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

James Joyce na obra e na biblioteca de José Ángel Valente

Paz Fentanes, Laura

Full text

Monográfico CARMEN BLANCO | 111 James Joyce na obra e na biblioteca de José Ángel Valente por Laura Paz Fentanes José Ángel Valente co traxe académico de Master of Arts en Oxford 112 | EVOHÉ En 1922, James Augustine Aloysius Joyce (Dublín, 1882-Zúrich, 1941) publicaba Ulysses , novela da que en 2022 se celebrou o seu centenario e con el, cen anos de lecturas, relecturas, interpretacións e reinterpretacións da obra do irlandés. O seu Ulysses marcou un antes e un despois non só na literatura irlandesa de expresión inglesa, senón tamén na universal. Coa súa lectura xurdiron influxos que perduran até a actualidade. Isto está presente na obra, sobre todo ensaística, do poeta ourensán José Ángel Valente, de quen se pode dicir que acadou un carácter universal debido ó seu interese por múltiples disciplinas e por culturas de todos os espazos e de todos os tempos: Además, la riqueza de contenidos, formas, géneros, lenguas y diálogos multiartísticos que presenta su obra, tan variada como coherente, está doblemente fundamentada en la profunda asimilación de la tradición más canónica, de la heterodoxia más singular y de la vanguardia más disolvente, pues de algún modo supone el ensamblaje de la maestría renacentista y barroca española; del arte de la meditación de las ascéticas y de las místicas cristianas, judías y musulmanas, y del espíritu de ruptura del más radical Romanticismo alemán, del Simbolismo francés e inglés y de las vanguardias europeas del siglo XX (Rodríguez Fer, 2018, 19-20). Nesas vangardas europeas do século XX é onde encaixa a figura de James Joyce e a inclinación de José Ángel Valente polo irlandés. Así pois, son numerosas as ocasións en que Valente menciona a Joyce ou a súa obra, o Ulysses . Concretamente, o galego cítao de forma explícita en ata nove ensaios e, en todos eles, de forma eloxiosa e positiva. A primeira referencia de Valente a Joyce atópase no ensaio «Lorca y el caballero solo», en Las palabras de la tribu (1955-1970), onde Joyce aparece posto en palabras de Juan Ramón Jiménez 1 para falar do influxo irlandés sobre a literatura de Federico García Lorca 2 e sobre a literatura que estaba a escribirse nesa época na Península: «El propio Juan Ramón Jiménez cita al lado de los grandes nombres irlandeses (Joyce, Yeats, Synge) el de Lord Dunsany, lo 1 Juan Ramón Jiménez (Huelva, 1881-San Juan de Puerto Rico, 1958) foi un poeta español, creador da poesía pura e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1956. Sobre el, José Ángel Valente escribiu numerosos artigos, entre eles: «Juan Ramón Jiménez, en la tradición poética del medio siglo» en Índice de artes y letras, Madrid, n. 97, febreiro 1957, pp. 5-6 e 10, incluído logo en Las palabras de la tribu; «El yo y la máscara» en A Juan Ramón Jiménez, Aula Cultural, CSIC, Madrid, 1981, p. 116; «Very tipical: Platero y yo, Juan Ramón Jiménez. Los libros del siglo» en ABC, Madrid, 2 xullo 1997; e «Juan Ramón Jiménez en su nuestra luz» en ABC, Madrid, 14 marzo 1999, p. 63. Pola súa parte, Juan Ramón Jiménez interesouse en numerosas ocasións pola obra e vida de James Joyce. O poeta español, ademais, foi un dos numerosos escritores que firmou en contra da censura do Ulysses (para máis información vid. «The Impact of James Joyce on the Work of Juan Ramón Jiménez» de Marisol Morales Ladrón, en Papers on Joyce, n. 2, 1996, pp. 47-64). 2 Federico García Lorca (Granada, 1898-1936) foi un poeta, dramaturgo e prosista andaluz da Xeración do 27. A propósito do centenario do nacemento do poeta granadino, Valente escribiu o artigo «La sangre derramada: García Lorca, cien años» en ABC Cultural, Madrid, 5 xuño 1998, p. 17. Amais dese, Valente tamén lle adicou, entre outros, os artigos «Pez luna». Trece de nieve, Madrid, n. 1-2, 1976, pp. 191-201, e, en galego, «Bodas de sangre», El Progreso, Lugo, 7 febrero 1997, p. 3. Na carta citada na nota a rodapé 5, Juan Ramón Jiménez menciona tamén, máis adiante, a Lorca. Monográfico CARMEN BLANCO | 113 que tal vez dé algún indicio de la presencia que este escritor -muerto hace pocos añospudo tener entonces en el medio peninsular» (Valente, 2008, 130). No III apartado de Notas de un simulador (1989-2000), «A propósito del vacío, la forma y la quietud», Valente cita novamente unha serie de autores entre os que destaca Joyce. A este menciónao a propósito dun dos temas que máis lle atraía do escritor e que logo será explicado, a epifanía: «M’ILLUMINO / d’immenso»: Ungaretti. Imprevista y súbita y total fulguración del objeto poético, que Joyce creía también posible en la prosa y a la que proponía llamar epifanía (Valente, 2008, 463). Nese mesmo libro de aforismos, no seguinte apartado, «Imágenes», Valente interésase polo contexto histórico que Joyce, como escritor, tivo que vivir: «Durante la guerra, Joyce está entregado a la escritura de la primera parte del Ulises . / El tiempo del escritor no es el tiempo de la historia. Aunque el escritor, como toda persona, pueda ser triturado por ella» (Valente, 2008, 465). En Elogio del calígrafo (Ensayos sobre arte) (1972-1999), no ensaio «Mediterráneo: la oscura luz del engendramiento», Valente abre o artigo con cinco citas, todas elas relacionadas co mito de Ulises. Unha das que escolle, a cuarta, é de Ulysses: A Short History 3 de Richard Ellmann 4 , quen di o seguinte de Joyce e do seu propio Ulysses : «As a boy, when asked his favourite hero, / Joyce replied, «Ulysses»» (Valente, 2008, 572). Nese mesmo ensaio, o propio Valente menciona a Joyce e a súa obra ata en dúas ocasións máis. En ambos casos para comparar o tratamento do mito na tradición clásica co tratamento que lle dá Joyce. Así, no primeiro caso di: La historia de Odiseo, de sus navegaciones y naufragios, es el mito fundante del Mar Interior. El combate de Odiseo no es el combate entre héroes de la Ilíada. Ahí reside toda la diferencia. Es el rudo combate del hombre con la naturaleza y, sobre todo, con el mar. Y esa epopeya, un texto fundamentalmente narrativo, es a la vez la primera novela de Occidente, y como tal la consideró T. E. Lawrence. En el otro extremo del tiempo, en la luminosa disolución del género, se sitúa muchos siglos más tarde otro Odiseo, el Ulysses de Joyce, que transcurre ciertamente en Dublín, pero que está escrito entre Trieste - una de las llaves del Adriático, cruce fecundo de culturas-, Zúrich y París (Valente, 2008, 576). E, no segundo: Los dos héroes se baten con las aguas, con las aguas del Mar Interior, a las que -en ese combate cuerpo a cuerpodan su forma mítica, que ha sido y es la forma cultural, poética, natural del Mediterráneo, 3 Obra que, como poderá comprobarse máis adiante, pode atoparse na biblioteca persoal de José Ángel Valente. 4 Richard David Ellmann (Michigan, 1918-Oxford, 1987) foi un crítico literario e é considerado o mellor biógrafo de James Joyce. Ademais da biografía do irlandés, escribiu outras sobre máis autores anglófonos destacados como, por exemplo, Oscar Wilde. 114 | EVOHÉ tanto en el período hispano-véneto de la época de Felipe II, que tan exhaustivamente estudió Braudel, como en la nuestra. La última forma del mito todavía se destruye-construye en el Ulysses de James Joyce (Valente, 2008, 578-579). Novamente, en «Inocencia y memoria», en La experiencia abisal (1978-1999), o poeta galego volve citar a Joyce a propósito, unha vez máis, da epifanía: En el poema el enigma se significa como tal. Nos pide entender con el inentendimiento, saber con la insapiencia. Fulgurante aparición de lo oscuro con todo el poderío de la luz. Imprevista y súbita fulguración del objeto en el poema, a la que Joyce -que, por supuesto, la creía también posible en la prosapropuso llamar epifanía . Y, en efecto, la palabra en el poema no dice propiamente, sino que se manifiesta o se presenta, dejando en suspenso el decir: «Estamos como / de otoño / sobre los árboles / las hojas» («Soldados», Bosque de Courton, julio 1918) (Valente, 2008, 623-624). Entre os textos dispersos ou que se mantiveron inéditos ata o ano 2008 encóntrase «La enfermedad del cine», onde Valente fala da invasión dunha mitoloxía, a proxectada nos cines da época, fronte á europea. Por iso considera que «Nuestro espectador sería mal lector de la novela de Joyce, por ejemplo; no soportaría un monólogo de Shakespeare, y a pesar de su agilidad, se encogería de hombros ante el diálogo de Shaw, como hemos visto estos días» (Valente, 2008, 766). A última mención escrita que fai Valente a Joyce é a do ensaio «El viejo Ez plegó sus mantas», escrito con motivo da morte de Ezra Pound 5 . Neste artigo, o galego rememora a vida de Pound e, por conseguinte, o influxo que este tivo en Joyce: Ese mismo año se estableció en Londres, donde inició una infatigable actividad de escritura propia y de apoyo a la ajena (la de Joyce y Eliot, sobre todo) que, por oposición violenta al «medio artrítico» de las letras postvictorianas, hizo entrar a la poesía anglosajona en su modernidad. No por otra razón escribió T. S. Eliot en 1954: «La revolución de la poesía en el siglo XX debe más a Mr. Pound que a ninguna otra persona» (Valente, 2008, 1181). 5 Ezra Weston Loomis Pound (Idaho, 1885-Venecia, 1972) foi un escritor da Xeración Perdida e o gran promotor da obra de James Joyce e doutros autores importantes do momento como Yeats e T. S. Eliot. Valente recolle, en Las palabras de la tribu, o que Juan Ramón Jiménez, nunha carta que enviou o 27 de maio de 1945 a Alberto Jiménez Fraud, di a propósito de Pound: «Una escritura muy técnica, con muchas citas del latín, del griego, de Dante, de Safo (en sus idiomas propios) y mucha imajinería. Esto vino de T. S. Eliot, Ezra Pound, etc., que tienen un gran talento, pero que no han determinado una gran poesía» (Valente, 2008, 264). Noutros artigos, como «Ezra Pound, il miglior fabbro», é Valente quen, directamente, escribe sobre a figura do promotor do Ulysses: «Pound es uno de los grandes creadores de la moderna poesía de lengua inglesa. Su influencia ha sido extraordinariamente poderosa, y encabeza, por derecho propio, una renovación poética que ha dado frutos tan plenos como su propia obra o la de T. S. Eliot.» (Valente, 2008, 1060-1061). Monográfico CARMEN BLANCO | 115 A través destas mostras pódese concluír que os temas esenciais polos que José Ángel Valente máis se interesou por Joyce e que o levaron a citalo nalgúns dos seus ensaios son principalmente tres: Joyce como novo intérprete do mito de Ulises, a cuestión da epifanía e o influxo e as repercusións da obra de Joyce na literatura. No primeiro caso, Valente non pode evitar falar da Odisea de Homero 6 sen mencionar, dalgunha forma, o Ulysses de Joyce ( vid . Valente, 2008, 576 e 579). De forma inversa, pensar en Joyce lévao a pensar na Odisea , pero, a diferenza da épica heroica presente na Odisea , no Ulysses a épica moderna é antiheroica. No segundo dos casos, o poeta galego erixe a Joyce como autor capaz de acadar a epifanía no xénero prosaico ( vid . Valente, 2008, 463 e 624). A epifanía, entendida como revelación, é posible para Valente na poesía, a que define como coñecemento a través da palabra. Non obstante, para o ourensán Joyce é o pioneiro da epifanía prosaica, mais a epifanía de Joyce é, novamente, antiheroica, xa que no Ulysses non hai grandes revelacións, senón que o que se descobre é deprimente. No terceiro e último dos casos, Valente analiza o influxo da obra de Joyce na literatura ( vid . Valente, 2008, 130, 572, 766 e 1181). Así, Joyce non só influíu na literatura anglosaxoa de escritores como Pound e Ellmann, senón que tamén tivo a súa repercusión na española de, por exemplo, Federico García Lorca. Ademais, Valente pensa tamén na recepción que tería o Ulysses no momento actual en que el escribe. Con todo, a presenza de James Joyce na obra de José Ángel Valente non é a única pegada que se pode atopar do autor irlandés no poeta galego. Así, na biblioteca da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, localizada na biblioteca da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, hai abundantes libros de e sobre James Joyce e a súa obra literaria 7 . Isto é proba do interese que Valente puido ter por ambos. Entre os case 10.000 libros presentes na biblioteca do autor galego pódense atopar ata seis de volumes de James Joyce en distintas linguas 8 : A portrait of the artist as a young man (1964), Middlesex, Penguin Books 9 ; Ulysses (1969), Middlesex, Penguin Books 10 ; Ulysse (1970), París, Gallimard, D.L. 11 ; 6 Valente interesouse tamén noutras ocasións polas reinterpretacións, adaptacións ou traducións do autor clásico, vid. «Homero: La Odisea. Traducción en verso de Fernando Gutiérrez» en Arbor, n. 86, febreiro 1953, pp. 269-270. 7 A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética fundouse no ano 2000 grazas ó donativo que fixo o propio escritor da súa biblioteca persoal, dos seus arquivos e do seu epistolario. Ó director da Cátedra, Claudio Rodríguez Fer, agradezo a súa dispoñibilidade para consultar a información precisa para a elaboración deste artigo e a súa axuda ó longo do proceso. 8 José Ángel Valente coñecía, polo seu traballo como tradutor para a Organización das Nacións Unidas, moitos idiomas polo que na súa biblioteca poden atoparse non só libros sobre distintas culturas, senón tamén en múltiples e diversas linguas, dende, por exemplo, o galego, o español e o inglés até o chinés. 9 Primeira novela de James Joyce, cuxo protagonista é un mozo, Stephen Dedalus. Este personaxe inspiraría, trece anos despois da súa publicación, o relato Dedalus en Compostela de Vicente Risco, co que Valente tamén mantivo unha moi boa relación (para máis información vid. «Un iceberg que sinala a Atlántida: a correspondencia entre José Ángel Valente e Vicente Risco» de Olga Novo, en Valente epistolar (Correspondencia de José Ángel Valente con sus amistades), de Claudio Rodríguez Fer, ed., Santiago de Compostela, 2021, 103-114). 10 O Ulysses de James Joyce con Ulysses: a short history por Richard Ellmann. 11 O Ulysse é a tradución integral do inglés ó francés do tradutor Auguste Morel. 116 | EVOHÉ Escritos críticos (1975), Madrid, Alianza 12 ; Stephen le héros: fragment de la première partie de Dedalus (1975), París, Gallimard 13 ; e A shorter Finnegans Wake (1978), London, Faber and Faber 14 . Por outra banda, os libros sobre a obra e a figura de Joyce que poden atoparse na Cátedra son cinco: James Joyce par lui-même (1958) de Jean Paris, París, Éditions du Seuil 15 ; James Joyce (1965) de Richard Ellmann, Oxford, Oxford University Press 16 ; Sobre Joyce (1971) de Ezra Pound, Barcelona, Barral 17 ; James Joyce: a portrait of the artist (1982) de Stan Gébler Davies, London, Granada 18 ; e Valle-Inclán y James Joyce: nuevo acercamiento a Luces de bohemia (1989) de Darío Villanueva, Pisa, Giardini 19 . E, por suposto, na biblioteca de José Ángel Valente tamén se conservan traballos sobre a obra de Joyce, como: James Joyce’s Ulysses: a study (1969) de Stuart Gilbert, Harmondsworth, Penguin Books 20 ; e Ulysses: the mechanics of meaning (1982) de David Hayman, Madison, University of Wisconsin Press 21 . En conclusión, James Joyce e José Ángel Valente pertenceron a dous mundos distintos, mais unidos polo afán universalista do poeta galego, quen se interesou tanto polo Ulysses como pola figura do autor irlandés. Para fechar este artigo remito ás palabras do propio José Ángel Valente sobre Juan Ramón Jiménez e este, á súa vez, sobre Federico García Lorca e James Joyce. Con esta espiral inspirada arredor de James Joyce e do Ulysses poden seguir escoitándose (ou léndose) os ecos homéricos do mito de Ulises, os modernos da reinterpretación do mito e do influxo de Joyce na literatura, os universais da obra de José Ángel Valente e os centenarios do Ulysses . 12 Escritos críticos, con introdución e selección de Ellsworth Mason e Richard Ellmann, é un compendio variado de distinto tipo de textos escritos por James Joyce en diferentes etapas da súa vida e baixo distintos xéneros, onde trata dende temas máis persoais a outros de índole profundamente literaria. 13 Stephen le héros: fragment de la première partie de Dedalus, traducido do inglés por Ludmila Savitsky e con introdución de Theodore Spencer, retoma a autobiografía de Stephen Dedalus nos seus anos universitarios, os seus intereses culturais e o seu ánimo espiritual. 14 A shorter Finnegans Wake, editado por Anthony Burgess, conta coa selección das partes máis relevantes, na opinión do editor, e a síntese daquelas que elimina. 15 Biografía sobre James Joyce, con abundante material gráfico. 16 Biografía por excelencia do escritor irlandés, coa que Ellmann gañou o Premio Nacional do Libro no ano 1960. É considerada unhas das mellores biografías do século XX, polo que obtivo o recoñecemento internacional. 17 Un espazo máis no que Pound destaca a figura de James Joyce; edición e comentarios de Forrest Read e tradución de Mirko Lauer. 18 Unha nova biografía da vida e obra de James Joyce. 19 Darío Villanueva, quen foi reitor cando se investiu como Doctor Honoris Causa da Universidade de Santiago de Compostela (1999) a José Ángel Valente e cando se creou a Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética (2000), interésase pola relación, especialmente a literaria, entre Valle-Inclán e James Joyce. Valle-Inclán, como Juan Ramón Jiménez e moitos outros autores, firmou contra a censura e a piratería á que estivo sometido o Ulysses. 20 Guía para o estudo e a análise do Ulysses, baixo a autorización do propio James Joyce. 21 Un dos estudos máis citados e relevantes na análise profunda do Ulysses. Esta é a nova edición, revisada e aumentada. Monográfico CARMEN BLANCO | 117 Bibliografía: – Redondo Abal, F. X. e García Candeira, M. (2016): Biblioteca de José Ángel Valente , Santiago de Compostela, Cátedra Valente de la USC. – Rodríguez Fer, C., (2018): «Todos los géneros, todas las lenguas», en Valente infinito (Libertad creativa y conexiones interculturales) , Santiago de Compostela, Cátedra Valente de la USC, 17-109. – Valente, J. Á.: Obras completas (II: Ensayos) , Barcelona, Círculo de Lectores-Galaxia Gutenberg, 2008. Edición de Andrés Sánchez Robayna e recompilación e introdución de Claudio Rodríguez Fer. Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente, co exemplar da novela Ulysses , de James Joyce, que posuía o poeta José Ángel Valente. Detrás, imaxes no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela con motivo do centenario da publicación do Ulysses