Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia: unha cartografía
Abstract
Habitualmente non se refi re a literatura infantil e xuvenil como unha das áreas de incidencia do movemento feminista. Porén, dende os seus comezos, á literatura dirixida a infancia e a mocidade apúxoselle un condicionamento instrutor que a situou, en moitas ocasións, no ámbito educativo. Así, o movemento feminista ocupouse, no marco das prácticas a prol da coeducación, de revisar moitos dos textos que a compoñen. O ámbito galego non foi unha excepción a isto, polo que este traballo pretende revisar cales foron as angueiras levadas a cabo polas feministas para analizar as obras existentes e pular por unha nova literatura infantil e xuvenil.
Full text
Pena Presas, Montserrat (2016). « Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia: unha cartografía». Abriu, 5, 97-109. ISSN: 2014-8526. e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.7. Received: 14-4-2016. Accepted: 30-9-2016. [email protected] Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia: unha cartografía Montserrat Pena Presas Universidade de Santiago de Compostela Resumo: Habitualmente non se refi re a literatura infantil e xuvenil como unha das áreas de incidencia do movemento feminista. Porén, dende os seus comezos, á literatura dirixida a infancia e a mocidade apúxoselle un condicionamento instrutor que a situou, en moitas ocasións, no ámbito educativo. Así, o movemento feminista ocupouse, no marco das prácticas a prol da coeducación, de revisar moitos dos textos que a compoñen. O ámbito galego non foi unha excepción a isto, polo que este traballo pretende revisar cales foron as angueiras levadas a cabo polas feministas para analizar as obras existentes e pular por unha nova literatura infantil e xuvenil. Palabras clave: movemento feminista, literatura infantil, contexto galego. The feminist movement and children’s literary criticism in Galicia: a cartography Abstract: Normally, we do not refer to children’s and young adult literature as an area infl uenced by the feminist movement. However, since the beginning, an instructive conditioning was attributed to children’s and young people’s literature, placing it often in the educational fi eld. Thus, the feminist movement dealt with the revision of many of these texts, within the context of activities in favour of coeducation. Galician literature was not an exception, so this paper aims to review the tasks carried out by feminists in order to analyze the existing books and strengthen a new children’s and young adult literature. Keywords: feminist criticism, children’s literature, Galician context. 1. Introdución: a orixe do interese do movemento feminista pola literatura infantil Non é convencional atopar nos manuais sobre a cuestión que o movemento feminista levou a cabo unha práctica activa no referido á literatura infantil e xuvenil (LIX). Efectivamente, este campo literario nunca estivo entre as súas angueiras programáticas principais. Non obstante, dada a importancia que para 16225_Abriu_5.indd 9716225_Abriu_5.indd 97 01/12/16 11:5901/12/16 11:59
98 Montserrat Pena Presas Abriu, 5 (2016): 97-109 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.7 o movemento tivo a educación das rapazas e das mulleres, as feministas si que se ocuparon da literatura infantil e xuvenil, ao consideraren que as fi ccións ás que accedían delimitaban fortemente as súas expectativas á hora de pensarse a si mesmas. Por iso, falar dos vencellos de literatura infantil e xuvenil e de feminismo supón tamén referir as angueiras de múltiples mestras que, vencelladas, infl uenciadas ou participantes activas do movemento, e en certos casos formando parte á vez das correntes de renovación pedagóxica, denunciaron materiais existentes, revisaron as súas prácticas na aula e crearon novas propostas para poñelas en práctica. Así, no ámbito galego, a procura da coeducación desenvolverá un papel importante especialmente como marco contextualizador. A literatura infantil e xuvenil non podía aparecer, inicialmente, como un dos intereses principais das feministas galegas nestes tempos porque estaba nunha fase de xestación. Na década que abrangue entre 1975 e 1985, que se ten sinalado como unha das máis activas para o movemento feminista (Folguera 2007: 195) a nivel global e a nivel estatal, tíranse do prelo aproximadamente trinta libros de literatura infantil e xuvenil1 en galego, un número abondo reducido como para reparar no impacto social deste tipo de textos dende unha perspectiva feminista. Dado que a memoria do movemento feminista se encontra moi dispersa, para trazar as interaccións entre este movemento, a coeducación como marco contextualizador e a LIX optouse polo baleirado de diferentes publicacións periódicas dende a súa fundación ata a actualidade, que foron as que permitiron cartografar os vencellos entre feminismo, coeducación e literatura infantil. Por unha banda revisáronse voceiros do movemento feminista, como Andaina, A Saia e Festa da Palabra Silenciada; e pola outra recorreuse a revistas de cariz pedagóxico e literario, como son a Revista Galega de Educación e Fadamorgana. Como se verá nas vindeiras páxinas, foron as primeiras as que se encargaron de dar espazo e visibilidade a esta cuestión. 1 No cálculo non se inclúen volumes de autoría colectiva (comúns na época) —que recollían textos moi heteroxéneos e adoito mesturaban xéneros literarios—, relatos da autoría das propias nenas e nenos (tamén bastante habituais) ou recompilacións de contos populares. 16225_Abriu_5.indd 9816225_Abriu_5.indd 98 01/12/16 11:5901/12/16 11:59
99 Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia Abriu, 5 (2016): 97-109 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.7 2. O contexto: colectivos feministas e grupos de mestras a prol da coeducación Carmen Blanco (1995: 132-133) indica tres momentos básicos no decorrer do feminismo galego: o de conformación (arredor de 1975, onde se comezan a artellar os primeiros grupos), o de eclosión (nos últimos setenta e primeiros oitenta, caracterizado pola posta en funcionamento de campañas unitarias, basicamente centradas no divorcio e no aborto) e o de transformación, ata os anos noventa, marcado pola diversifi cación de intereses e atención a problemáticas concretas, polo que as campañas teñen un carácter máis minoritario. Segundo o isto, a conformación de grupos de mulleres interesadas na educación concentraríase maioritariamente no último destes períodos. Aínda así, non hai que entender estas tres etapas como compartimentos illados, xa que a conformación de grupos no seo do movemento feminista foi algo bastante habitual xa antes dos anos noventa e, como sinala Mariño (2007: 69), o seu desenvolvemento non foi homoxéneo ao longo do territorio galego, senón que tivo máis forza nas localidades máis poboadas do país. En demasiadas ocasións, a dispersión da memoria feminista, a mutabilidade dos colectivos que se crearon nun tempo de grande mobilidade social, os habituais cambios de nomes de moitos deles ou as difi cultades para atopar material édito das súas iniciativas fan que sexa moi complexo artellar un mapa que amose a rede existente nun tempo concreto. Non obstante, a partir dos datos recollidos en Mariño (2013), ofrécese a continuación unha clasifi cación, que divide os grupos de traballo en catro grandes bloques: • Os colectivos derivados de grupos de feministas independentes. Así, tanto a Asociación Galega da Muller (AGM), constituída nos fi nais de 1975, como as Asambleas de Mulleres (AM) contarán coas primeiras comisións de ensino, que se irán independizando das organizacións primixenias paseniño. Xa na década dos oitenta, xurdirán tamén colectivos como o Grupo Feminista Donicela en Vigo e existirán diversos grupos de mulleres universitarias, que variarán dependendo das especialidades. • Os grupos xurdidos no seo de partidos políticos, que seguirán aparecendo aínda ao longo dos anos oitenta, como a Unión Popular de Mujeres de Galicia (que forma parte da rede do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota), o Colectivo Feminista de Esquerda Galega (integradas 16225_Abriu_5.indd 9916225_Abriu_5.indd 99 01/12/16 11:5901/12/16 11:59
100 Montserrat Pena Presas Abriu, 5 (2016): 97-109 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.7 neste partido), as Mulleres Nacionalistas Galegas (creadas no seo do BNG), etc. • Os grupos creados no interior dun sindicato, asociación de base educativa, ou mesmo no seo da propia administración, nos que se incluirían, a Secretaría da Muller do Sindicato Galego de Traballadores do Ensino (SGTE), a Secretaría da Muller do Sindicato de Traballadores do Ensino Galego (STEG), ou o Grupo «María Castaña», dependente do CEFOCOP (Centro de Formación Continuada do Profesorado) de Santiago. Outras asociacións, como a AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), o Movemento Cooperativo da Escola Popular, Colectivo Avantar, Nova Escola Galega ou o Seminario Galego de Educación para a Paz, non contarán con grupos ou secretarías específi cas, pero compartirán e participarán en ocasións en iniciativas que teñan en conta reivindicacións feministas. • Os grupos independentes de mestras que contemplaban unha ollada claramente feminista. Polo momento, téñense documentado os seguintes: o «Colectivo de Mulleres Ensinantes Pro Educación da Coruña» (establecido sobre 1984), o «Colectivo pola Coeducación da Coruña», o grupo de mulleres ensinantes do Instituto de Formación Profesional de Ribeira, o grupo de mulleres ensinantes do Instituto de Bacharelato de Betanzos, o grupo de mestras da montaña de Lugo, o Colectivo de Mulleres Ensinantes de Santiago e o Colectivo de Mulleres Ensinantes «Do Rosa ao Violeta». A confl uencia de intereses entre o movemento feminista e os movementos de renovación pedagóxica en Galicia deixou unha importante herdanza de tentativas, experiencias e estratexias a prol da coeducación, que se poden traducir, logo de revisar o material xerado nas citadas publicacións, nas seguintes liñas de actuación: • A revisión, a crítica e o debate de diferentes marcos educativos (os xa existentes e os que se foron implantando ao longo do tempo). • O estudo das institucións educativas dende unha perspectiva de xénero. • A análise do acceso das mulleres a diferentes estudos e etapas educativas. • Achegas e experiencias para implementar a educación sexual e a educación emocional na escola e na formación do profesorado. 16225_Abriu_5.indd 10016225_Abriu_5.indd 100 01/12/16 11:5901/12/16 11:59
101 Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia Abriu, 5 (2016): 97-109 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.7 • O estudo do sexismo lingüístico e a procura dunha linguaxe inclusiva. • A investigación sobre a marxinación das mulleres en diferentes áreas de coñecemento e a posta en funcionamento de estratexias para acabar coa mesma. • A implementación de diferentes técnicas para acadar a coeducación en diferentes etapas educativas e disciplinas. • A elaboración de propostas didácticas a partir de títulos de LIX considerados igualitarios. 3. As protagonistas, os materiais: crítica de LIX e feminismo Neste contexto, en que se pode apreciar que importaban signifi cativamente as achegas vencelladas á coeducación, na década dos oitenta comezan a xurdir en Galicia, especialmente na revista Festa da Palabra Silenciada (FPS), e máis esporadicamente noutras publicacións feministas, materiais que permiten cinguir especifi camente a literatura infantil e o movemento feminista. Unha característica propia do ámbito galego é que a crítica militante e a crítica académica xorden practicamente á par, basicamente porque as persoeiras que as levan a cabo son as mesmas. Esta simbiose entre ambas as dúas tipoloxías de estudo supón tamén que a crítica prescritiva (normalmente máis asociada ás achegas militantes) e a xinocrítica (que adoita vencellarse tanto á crítica militante como a máis académica, aínda que ten unha maior incidencia nesta última) estean presentes xa na década dos oitenta. A xinocrítica é anterior no marco galego ca no hispánico (Pena Presas 2016), mais non hai que perder de vista que esta posibilitaba non só deitar unha perspectiva feminista sobre os textos e recuperar os nomes de autoras esquecidas pola historia literaria, senón tamén lexitimar o campo da LIX galega e, polo tanto, o propio sistema. Era necesario, entón, que as autoras que estaban innovando ao labrar nun terreo literario no que tiñan escasos referentes, se visen referendadas tanto polo apoio na recepción dos seus libros, como polo descubrimento dunha tradición literaria tan escasa ata o momento como descoñecida. No ámbito galego é máis preciso apuntar cara a estudos e iniciativas de mulleres concretas (nomeadamente Carmen Blanco e Sabela Álvarez) ou de grupos de mulleres (poderíase falar da FIGA, as Feministas Independentes Galegas, como colectivo que está detrás da FPS) que de liñas de acción xerais. 16225_Abriu_5.indd 10116225_Abriu_5.indd 101 01/12/16 11:5901/12/16 11:59
102 Montserrat Pena Presas Abriu, 5 (2016): 97-109 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.7 Non hai traxectorias previas, polo que o seu labor é a de creadoras: creadoras dunha linguaxe para achegarse aos textos infantoxuvenís —téñase en conta que neses momentos non existía tampouco unha tradición crítica de LIX no contexto ibérico— con precisión e dende unha perspectiva feminista e, alén diso, xeradoras dunha liñaxe de escritoras en galego, como resultado das diferentes tarefas de recuperación. A achega inaugural para a recuperación de autoras de literatura infantil atopámola xa en 1982 no primeiro número d’A Saia da man de Carmen Blanco, que nun breve texto rescata os nomes de diferentes escritoras en lingua galega, entre os que se atopan algúns vencellados á LIX, como Pura e Dora Vázquez e Xohana Torres, da que se destaca o seu labor en diferentes xéneros para público adulto e as súas angueiras vencelladas cos libros infantís. Mais o grande fi to no estudo da literatura infantil e xuvenil galega dende a perspectiva feminista foi a publicación do quinto número da FPS, que viu a luz en 1988, titulado signifi cativamente «Nenas». A contribución fundamental para a cuestión abordada é tamén de Carmen Blanco (1988: 4-24), que fai un repaso polas obras de literatura infantil galegas publicadas por mulleres. Nel recupera para a historia literaria, seguindo criterios cronolóxicos, escritoras bastante descoñecidas no sistema literario (Edelmira Cacheda, Emilia Estévez) que colaboraron á construción do proxecto común e ilusionador que naqueles anos era o de xerar libros para a infancia e a mocidade en galego. Á vez que pon en valor os nomes de mestras que estaban en pleno proceso creativo, como Concha Blanco, Helena Villar ou Ana María Fernández, nun estudo que se verá ampliado no seu Literatura galega da muller (1990). Nese especial da FPS, atópase xa a contribución doutra autora moi implicada coa cuestión de feminismo e LIX: Sabela Álvarez, que se sitúa no ámbito da crítica prescritiva afondando na polarización das personaxes de mulleres como exemplo do ben e do mal. Así, os caracteres da bruxa e da fada son dúas caras da mesma fi gura e resultado directo do machismo imperante. Á vez, insiste en que unha das funcións da literatura clásica infantil «é a de confi rmación de modelos xa interiorizados polos nenos e nenas ó estaren eses contos cheos dos valores patriarcais» (1988: 30), polo que esixe estudos centrados na relación entre os sexos e na construción dos xéneros, que rematen con esa transmisión de modelos anquilosados. O outro texto de entidade deste especial da FPS é da autoría de Concha Báez, que repasa a historia da literatura infantil portuguesa centrándose no papel protagónico desenvolto polas mulleres (escritoras, ilustradoras, investiga- 16225_Abriu_5.indd 10216225_Abriu_5.indd 102 01/12/16 11:5901/12/16 11:59
103 Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia Abriu, 5 (2016): 97-109 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.7 doras) especialmente durante os anos oitenta. A partir de distintas investigacións, constata unha maior identifi cación dos rapaces con actitudes tradicionalmente masculinas e das rapazas con actitudes tipicamente femininas. Neste número da FPS aínda teñen cabida recensións de libros ou coleccións, mais unha antoloxía de textos escritos por autoras galegas e outra creada a partir de composicións de rapazas. Deste xeito, esta especial revista supón o chanzo máis signifi cativo para acadar que os libros para a infancia presenten unha compoñente coeducativa clara e para que se recoñeza o labor das autoras galegas na construción da LIX galega. As recensións de libros de literatura infantil serán unha constante nos primeiros números da FPS, estando a grande maioría asinadas por Sabela Álvarez (1990, 1991, 1994), que se manifesta como unha peza clave na visibilización da literatura infantil e xuvenil e da súa análise dende a crítica feminista. Os pasos das feministas galegas (resulta complexo falar dun programa cando o grupo implicado era tan cativo) en relación á LIX eran máis ou menos claros: tratábase de crear unha rede de produtoras de textos, de denunciar as ausencias de nenas e de mulleres dos mesmos e de visibilizar as creacións literarias para a infancia e a mocidade que colocasen ás rapazas en roles protagónicos activos. Nesta liña, para as recensións escóllense os textos cunha ideoloxía claramente feminista ou que se prestan a unha interpretación nesta liña, como A formiga coxa, A expedición do Pacífi co ou Nogard de Marilar Aleixandre ou Rapazas de Agustín Fernández Paz. Nestas análises contémplanse algúns dos trazos clásicos da crítica de imaxes de mulleres, que se centra nas personaxes femininas e manifesta interese pola nena lectora, desta volta non para denunciar senón para pór de relevo o coidado enfoque autorial sobre as protagonistas. Se ben este tipo de contribución era propio da década dos setenta noutros contextos, Álvarez Núñez tamén incorpora, dun xeito indirecto, a refl exión sobre como o feminismo deixou a súa pegada nas autoras de literatura infantil (un trazo característico dos estudos feministas de literatura infantil durante os anos oitenta, tanto no ámbito anglófono coma no hispánico). Por exemplo, sitúa tanto a escrita de Fernández Paz como a de Aleixandre dentro das obras «a favor das nenas»2 (Álvarez Núñez, 1990: 57; 1994: 97), á vez que salienta os riscos marcadamente feministas de cada un destes textos. 2 Coa mención das obras «A favor das nenas», a autora refírese á colección homónima creada por Adela Turín e ilustrada por Nella Bosnia, de orixe italiana e moi popularizada en 16225_Abriu_5.indd 10316225_Abriu_5.indd 103 01/12/16 11:5901/12/16 11:59
104 Montserrat Pena Presas Abriu, 5 (2016): 97-109 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.7 As revistas feministas galegas continuaron incidindo no tema, polo que deixaron pequenas pegadas, aquí e alá, para contribuír ao xuízo crítico das letras para a infancia. O feminismo militante continuará moi presente durante a década dos noventa en Galicia e a esta súmase o interese renovado dos axentes educativos nos valores, debido á transversalidade dos mesmos establecida pola LOXSE. Nesta liña vai o breve artigo de Marga Seoane e AGM-Santiago (1990: 23) en Andaina, que incide na ausencia de protagonistas feministas e nunha asignación tradicional de roles. Igualmente, a achega engade unha concisa bibliografía de libros non sexistas. Popularizaranse tamén neste momento as bibliografías, que no contexto anglófono e no hispánico aparecen durante a década dos setenta, basicamente porque neste tempo se conta xa cun corpus signifi cativo de libros infantís en lingua galega. Así, cómpre destacar a incluída na unidade didáctica elaborada por Campos, Pérez e Castro para o concello de Santiago e CCOO en 1992, con obras da literatura universal entre as que destaca a colección «A favor de las niñas»; a incluída na unidade didáctica Libros e xoguetes para min, realizada coa colaboración de Agustín Fernández Paz para a Concellería da Muller da cidade de Vigo en 1994 e, sobre todo, a trazada por Rosa Santorum (1994: 40-41) no especial sobre coeducación de Andaina, que conta xa cunha nómina de títulos signifi cativa en galego3. A investigadora propón unha grande variedade de títulos, entre os que abundan as traducións doutras linguas e se pode apreciar a constancia de certos nomes na listaxe autorial. Do lado galego resaltan voces como as de Agustín Fernández Paz, Sabela Álvarez Núñez, Antonio García Teijeiro, Helena Villar Janeiro e Úrsula Heinze; mentres que na beira das traducións os nomes de dúas clásicas contemporáneas da literatura infantil e xuvenil universal son os que sobresaen con meirande forza: Alice Vieira e Christine Nöstlinger. Igualmente, recóllense textos teóricos sobre a coeducación. Álvarez Núñez volverá sobre a LIX en 1997, no especial sobre sexismo na lingua da revista Andaina. O máis singular do estudo fronte a achegas anteriores é que desta volta parte dende as narracións máis populares para analizar os modelos imperantes no presente. Ao refl exionar sobre certas constantes en re- España na década dos oitenta grazas á súa publicación en Lumen. A serie de libros que nela se inclúen achegan personaxes femininas que se rebelan ante o establecido e rachan as normas xenéricas. 3 A realizada por Fernández Paz tamén o fai e coincide coa de Santórum nun número signifi cativo de títulos. 16225_Abriu_5.indd 10416225_Abriu_5.indd 104 01/12/16 11:5901/12/16 11:59
105 Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia Abriu, 5 (2016): 97-109 ISSN: 2014-8526, e-ISSN: 2014-8534. DOI: 10.1344/abriu2016.5.7 lación ao sexismo, observa que as esferas dentro/fóra responden a unha división sexual do traballo; incide no protagonismo masculino que domina a maioría dos textos; sinala a maioría de caracterizacións negativas que rodean aos personaxes femininos e denuncia a ocupación da muller exclusivamente en tarefas de coidado e do mundo da casa e da familia. A autora conclúe que a imaxe das mulleres que amosa a literatura contemporánea non é moi diferente da que amosaban os contos tradicionais, pois a segregación sexual continúa (Álvarez 1997: 31). A crítica das imaxes de mulleres, prescritiva (a que indica qué debe aparecer nas obras literarias e qué non, qué se debe ler e qué non), segue ocupando o espazo central nas revistas feministas. Isto parece amosar unha tendencia á ancoraxe crítica na cuestión de sexismo e literatura infantil nas publicacións galegas, como corroboran artigos como o de Macarena Pena (2006) que reivindica, case como novidosa, a colección «A favor de las niñas». Dende outros ámbitos xa se comezara a pór en solfa o feito de que o tipo de libros «a favor das nenas», que adoitaba establecer unicamente unha simple inversión de roles sexuais, puidese funcionar no campo dun lectorado que os concibía como estraños (ao presentar mundos reais que eran totalmente contrarios á realidade na problemática dos sexos), pero tamén como moralizantes e didácticos en exceso. Isto parece indicar un desleixamento por este ámbito de estudo no campo galego que mantén estáticas as expectativas dende os anos oitenta e non ten en conta as novidades. Tamén deste tempo é o volume Educar para a igualdade a través da literatura infantil (1998) do que son autoras Pilar Bar, Josefa Lago, María Pereiras e Mercedes Rey, que se sitúa a medio camiño entre o traballo coeducativo e a análise crítica de obras infantoxuvenís. Dado que pola súa contribución é claro que estaban infl uenciadas polos presupostos feministas, pescudouse a posibilidade de que constituísen un dos colectivos de mestras feministas sinalados. Porén, semella que ningunha estivo vencellada activamente ao movemento feminista4, se ben se consideran ideoloxicamente achegadas aos seus presupostos, polo que formarían parte do que Blanco chamou «feminismo social» (1995: 133), é dicir, a herdanza que o movemento feminista como tal deixou na sociedade. Non obstante, si estaban implicadas en correntes de renovación pedagóxica, pois pertencían todas a Nova Escola Galega agás Zas Rey. 4 Segundo información facilitada por Mercedes Zas por correo electrónico á autora deste traballo. 16225_Abriu_5.indd 10516225_Abriu_5.indd 105 01/12/16 11:5901/12/16 11:59